Premio Ensino Secundario Eurorrexión 09

8
Premio de Ensino Secundario EURORREXIÓN 2009 BASES

description

Convocatoria

Transcript of Premio Ensino Secundario Eurorrexión 09

Page 1: Premio Ensino Secundario Eurorrexión 09

Premio de Ensino Secundario

EURORREXIÓN 2009 BASE

S

Page 2: Premio Ensino Secundario Eurorrexión 09

A cátedra da eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, coa �nalidade de fomentar a

identidade eurorrexional, convoca o II Premio de Investigación Eurorrexión Galicia-

Norte de Portugal para Ensino Secundario, suxeito ás seguintes bases:

Page 3: Premio Ensino Secundario Eurorrexión 09

OBXECTIVOS

• Espallar a idea de eurorrexión entre os estudantes de ensino secundario de Galicia

e da rexión Norte de Portugal.

• Achegar á poboación máis nova as posibilidades de desenvolvemento da

eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.

• Incrementar o interese social polos asuntos eurorrexionais e fomentar a

identidade eurorrexional.

• Incrementar o coñecemento da realidade e dos problemas eurorrexionais en

todas as dimensións.

• Contribuír a superar as diferenzas culturais entre a poboación máis nova de

ambas as dúas comunidades.

TEMAS DOS TRABALLOS

Os traballos serán orixinais e deberán referirse a aspectos do pasado, presente ou

futuro da eurorrexión Galicia-Norte de Portugal. Poderán desenvolver calquera

tema: natureza, mar, campo, industria, comercio, turismo, folclore, historia,

xeografía, arte, economía, sociedade etc.

Page 4: Premio Ensino Secundario Eurorrexión 09

PARTICIPANTES

En Galicia: estudantes de segundo ciclo de ensino secundario, estudantes de

bacharelato ou estudantes de ciclos medios de formación profesional.

Na rexión Norte de Portugal: estudantes de terceiro ciclo de ensino básico e

estudantes de ensino secundario.

Os traballos poden presentarse a título individual ou colectivo (cun máximo de

catro autores por traballo).

CARACTERÍSTICAS DOS TRABALLOS

• Admitiranse traballos orixinais e inéditos.

• Deberán tratar sobre a eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.

• Os traballos que se presenten non poden ter sido premiados en ningún outro

certame ou concurso anterior.

• Tanto os traballos como a documentación obrigatoria deberán presentarse en

galego, portugués ou español.

Page 5: Premio Ensino Secundario Eurorrexión 09

PRESENTACIÓN DOS TRABALLOS

Os orixinais presentaranse en papel e en soporte informático. Na documentación

achegada farase constar o nome, o enderezo postal, o enderezo electrónico, o

teléfono e os demais datos do autor ou autores, así como o nome do centro

educativo en que está ou están matriculados.

Todos os traballos quedarán a disposición da cátedra da eurorrexión Galicia–Norte

de Portugal, que poderá darlles a difusión que estime oportuna.

Os traballos:

• Deben ter unha extensión máxima de 50 páxinas con espazado simple, incluídos

táboas, gráficos, debuxos, notas, bibliografía e apéndices.

• As páxinas deben estar numeradas.

• O formato será o seguinte

-Tamaño do papel: DIN A4

-Letra: Times New Roman 12

-Espazado entre liñas: simple

Prazo de presentación:

Ata o 31 de Decembro de 2009

Page 6: Premio Ensino Secundario Eurorrexión 09

Lugar de presentación:

En sobre pechado, entregado en man ou por correo certificado con aviso de

recibimento no seguinte enderezo:

Cátedra da eurorrexión Galicia-Norte de Portugal

Edi�cio CACTI, 1.º andar

Campus de Vigo

36310 Vigo (Pontevedra)

Teléfono de información: 986 813 438

DOTACIÓN ECONÓMICA DOS PREMIOS

Establécense catro premios:

-Dous premios dotados cunha cantidade económica de 1000 euros cada un deles,

para estudantes que cursen bacharelato ou ciclo medio de formación profesional

en Galicia ou ensino secundario na rexión Norte de Portugal.

-Dous premios dotados cunha cantidade económica de 500 euros cada un deles,

para estudantes que cursen segundo ciclo de ensino secundario en Galicia ou

terceiro ciclo de ensino básico na rexión Norte de Portugal.

Tendo en conta que o que se premia é o traballo, o pagamento realizarase a partes

iguais entre os autores, no caso de que sexan varios.

Dado que os traballos premiados serán editados pola cátedra da eurorrexión

Galicia- Norte de Portugal, é ineludible a cesión gratuíta de todos os dereitos de

Page 7: Premio Ensino Secundario Eurorrexión 09

autor, necesarios para proceder a súa publicación no soporte, impreso ou

informático, que a cátedra decida no seu momento, sen limitación de prazo,

territorio nin tipo de soporte; polo que a presentación e sinatura da solicitude

supón a aceptación da totalidade das bases e especialmente da cesión dos dereitos

de autor. Non obstante, a cátedra comprométese a facer mención do autor ou

autores dos traballos. Estes premios están sometidos á tributación por IRPF

segundo establece a lexislación vixente.

XURADO

O xurado estará presidido polo Excmo. e Magfo. Sr. Reitor da Universidade de Vigo,

ou persoa en que el delegue, polo Sr. Presidente de Caixanova, ou persoa en que el

delegue, e formado por cinco vogais de recoñecido prestixio no ámbito da

investigación da realidade e dos problemas eurorrexionais. A decisión do xurado

tomarase por maioría simple. O fallo será inapelable. O xurado poderá declarar

desertos todos ou algúns dos premios, así como outorgalos ex aequo se o considera

oportuno.

ACEPTACIÓN DAS BASES

O feito de concursar implica a aceptación destas bases.

Page 8: Premio Ensino Secundario Eurorrexión 09

CATEDRA

EURORREXIONGALICIA - NORTE DE PORTUGAL

Universidade de Vigo