PREGO DE PRESCRICIÓNS TÉCNICAS DO CONTRATO DO SERVIZO DE ... · Un na Facultade de Veterinaria no...

31
- 1 - PREGO DE PRESCRICIÓNS TÉCNICAS DO CONTRATO DO SERVIZO DE TELEFONÍA MÓBIL DA USC. 2011

Transcript of PREGO DE PRESCRICIÓNS TÉCNICAS DO CONTRATO DO SERVIZO DE ... · Un na Facultade de Veterinaria no...

- 1 -

PREGO DE PRESCRICIÓNS TÉCNICAS DO CONTRATO DO SERVIZO DE TELEFONÍA MÓBIL DA USC. 2011 �

- 2 -

1. OBXECTO............................................................................................................. 3 2. SITUACIÓN ACTUAL............................................................................................ 3

2.1 Descrición da rede de telefonía fixa da USC ................................................... 3 2.2 Interface coa rede de telefonía da USC........................................................... 42.3 Extensións e terminais móbiles ....................................................................... 4 2.4 Datos de tráfico ............................................................................................... 6

3. DESCRICIÓN DO SISTEMA................................................................................. 6 3.1 Servizos de voz ............................................................................................... 6 3.2 Servizos de mensaxeira .................................................................................. 7 3.3 Servizos de datos............................................................................................ 8 3.4 Servizo Blackberry empresas (BES)................................................................ 8

4. IMPLANTACIÓN DO SERVIZO........................................................................... 10 5. XESTIÓN DA REDE DE TELEFONÍA MÓBIL E OUTROS ASPECTOS TÉCNICOS ............................................................................................................. 12

5.1 Xestión da configuración ............................................................................... 12 5.2 Xestión do rendemento.................................................................................. 13 5.3 Mapas de cobertura....................................................................................... 13

6. MANTEMENTO DA REDE DE TELEFONÍA MÓBIL............................................ 14 6.1 Altas .............................................................................................................. 14 6.2 Baixas ........................................................................................................... 16 6.3 Novos terminais............................................................................................. 16 6.4 Avarías .......................................................................................................... 17

6.4.1 Avarías dos enlaces primarios ................................................................ 17 6.4.2 Avarías dos terminais móbiles ................................................................ 17

7. FACTURACION .................................................................................................. 18 7.1 Facturas de consumo .................................................................................... 18 7.2 Facturas de terminais .................................................................................... 19 7.3 Aplicación de facturación da USC ................................................................. 19 7.4 Prazos ........................................................................................................... 22

8. CALIDADE DE SERVIZO.................................................................................... 23 8.1 Parámetros xerais ......................................................................................... 23 8.2 Resolución de avarías ................................................................................... 23

8.2.1 Degradación do servizo de grao 1. Incomunicación da USC.................. 24 8.2.2 Degradación do servizo de grao 2 .......................................................... 24 8.2.3 Degradación do servizo de grao 3 .......................................................... 24 8.2.4 Degradación do servizo de grao 4 .......................................................... 24

8.3 Cortes programados...................................................................................... 24 9. SOPORTE Á USC............................................................................................... 25 10. ADAPTACIÓN DA APLICACIÓN DE TELEFONÍA MÓBIL ................................ 28 11. OUTRAS MELLORAS NOS SERVIZOS. SERVIZOS ADICIONAIS DE TELEFONÍA MÓBIL ................................................................................................ 28 12. MEMORIA......................................................................................................... 29 ANEXO 1. ESQUEMAS DA REDE DE VOZ............................................................ 30 �

- 3 -

1. OBXECTO �O obxecto deste prego de prescricións técnicas é definir as condicións técnicas e económicas que rexerán a contratación do servizo de telefonía móbil da Universidade de Santiago de Compostela (en adiante USC), nos seus campus de Santiago de Compostela e Lugo.

O obxecto do contrato a licitar por procedemento aberto, inclúe todo o tráfico cursado dende os terminais móbiles así como o realizado dende as extensións fixas a calquera operador de telefonía móbil.

As condicións que se obteñan da resolución deste procedemento aberto, sempre que a USC así o decida, poderán ser aplicadas a empresas e institucións das que é partícipe (UNIXEST, UNINOVA, UNIEMPRENDE, RedEmprendia, Cursos Internacionais, Fundación ROF CODINA de Lugo, etc.).

O propoñente deberá acreditar o título habilitante para prestar os servizos obxecto desta contratación.

Ningunha das fases do proxecto definido neste prego (implantación, portabilidades, probas,..), ata a recepción da obra, terá custo para a USC, debendo repercutir o operador todos os custos no plan de prezos ofertado. �

2. SITUACIÓN ACTUAL �A USC dispón dun servizo de telefonía móbil corporativa integrado coa rede de telefonía fixa, comportándose os terminais móbiles a efectos de numeración como extensións fixas da rede. �

2.1 Descrición da rede de telefonía fixa da USC

�A rede corporativa está baseada en centrais propietarias Philips SOPHO IS-3070 con paquete software 810 Sopho Call@Net, situadas en diversos edificios dos campus de Lugo e Santiago de Compostela, e formando unha única rede de comunicacións. Ademais, dispón dunha central na Estación de Bioloxía Mariña da Graña en Ferrol integrada na rede cun enlace IP e doutra funcionando en modo autónomo na estación de Hidrobioloxía do Encoro do río Con (Castrogudín – Vilagarcía).

A rede corporativa do Campus de Santiago está formada por 6 centrais IS-3070 unidas con enlaces IMP (protocolo propietario de Philips) redundantes a 2 Mbps. No Campus de Lugo existen 3 centrais IS-3070 con enlaces IMP. De cada unha das centrais dependen un ou varios módulos remotos. Tanto a unión das centrais entre

- 4 -

si como a destas cos seus módulos remotos faise mediante fibra óptica propiedade da USC. O enlace dos campus de Lugo e Santiago de Compostela lévase a cabo mediante unha emulación de circuítos a través dun enlace ATM e utilizando tamén o protocolo IMP, xestionado pola Rede de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia (RECETGA) e pertencen á Xunta de Galicia e doutro circuíto a 2 Mbps propiedade do Operador público que presta o servizo de telefonía fixa. enlaces que unen as dúas cidades son.

No Anexo 1 pódense ver os esquemas da rede nos campus de Santiago de Compostela e Lugo. Nos esquemas non aparecen os enlaces co operador de telefonía fixa, tan só os da móbil. �

2.2 Interface coa rede de telefonía da USC

�Na actualidade, a interface coa rede de telefonía da USC está formada por 4 accesos primarios: �

� Un no Pavillón de Servizos do Campus Sur de Santiago de Compostela

� Un na Casa da Balconada, na zona monumental

� Un na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, no Campus Norte de Santiago de Compostela

� Un na Facultade de Veterinaria no Campus de Lugo �A solución proposta deberá contemplar unha infraestrutura similar á actual, permitíndose unicamente o cambio de situación do primario da Casa da Balconada por un no Pazo de Fonseca. �Todos os custos necesarios para instalar, operar e manter o equipamento necesario, así como os elementos accesorios, obra civil requirida, HW e SW e configuración das centrais Philips da USC necesarios para a prestación do servizo aquí definido, será por conta do adxudicatario..

Posto que o tráfico deste lote crece ano tras ano, deberán realizarse estatísticas continuas, como moito cada 3 meses, para detectar posibles conxestións, instalando de ser necesario novos primarios. As posibles ampliacións non terán custo para a USC. �

2.3 Extensións e terminais móbiles

�Na actualidade na rede de voz da USC hai activas unhas 4.800 extensión fixas e unhas 850 móbiles. Dentro dos terminais móbiles distinguimos 8 categorías distintas: �

1. Terminais de gama media. Tipo Nokia C5, Samsung Galaxy 3

- 5 -

�Terán polo menos as seguintes características: �

� Tribanda � Altofalante mans libres � Bluetooth � GPRS � Aviso de chamada por vibración � Axenda � Cámara fotográfica de 2 Mpixel

2. Terminais de gama alta. Tipo Nokia E72, Sony Ericson Vivaz �Ademais das anteriores: cámara de 3 Mpixel, 3G e WIFI �

3. Terminais de gama premiun (smartphones). Tipo Nokia X16, Sony Ericsson X10, Samsung Galaxy S, HTC Desire HD, Apple Iphone 4 32Gigas

�Coas características dos terminais de gama alta e ademais: �

� Soporte de correo electrónico � GPS � Permite a instalación de programas de terceiros � Utiliza interfaces para a introdución de datos: teclados QWERTY ou pantallas

táctiles � Axenda dixital e administración de contactos � Contarán con algún dos sistemas operativos lideres no mercado: Microsoft

Windows Mobile, Symbiam, Android, Palm OS, OS X, � Permitirán ler documentos en distintos formatos: PDF, arquivos e Microsoft

Office.

4. Blackberry gama media. Tipo BB 8520, Blackberry Pearl 3G 9105

5. Blackberry gama premium. Tipo BB Bold 9780, BB 9800 Trophy, BB 9800 Torchlackberry gama premium. Tipo BB Bold 9780, BB 9800 Trophy, BB 9800 Torch

6. Dispositivos de datos ata 7,2 Mbps

7. Dispositivos de datos ata 21,4 Mbps 8. Routers WIFI

�As 850 liñas das que dispón a USC, distribúense de forma aproximada nos seguintes segmentos: �

� 625 terminais móbiles

- 6 -

� 70% gama media. � 20% gama alta. � 10% gama premium.

� 115 blackberrys

� 60% gama media/alta. � 40% gama premium.

� 110 dispositivos de datos

� 70% modems USC ata 7,2 Mbps � 25% modems USB ata 21,6 Mbps � 5% routers WIFI�

�O adxudicatario, de ser necesario, deberá proceder á súa liberalización ou substitución por modelos equivalentes. �

2.4 Datos de tráfico

�Os datos de tráfico aparecen no prego de cláusulas administrativas particulares �

3. DESCRICIÓN DO SISTEMA �O servizo de telefonía móbil basearase en tecnoloxía dixital e deberá poder integrar as extensións de telefonía fixa para encamiñar o tráfico entre extensións fixas e móbiles. �

3.1 Servizos de voz

�Deberá ofrecer como mínimo as seguintes facilidades: �

• Posibilidade de establecer diferentes graos de restricións sobre o uso do terminal móbil, incluíndo:

o Chamadas ao exterior, nacionais, internacionais, etc.

o Capacidades de “roaming” fóra de España.

o Restrición de chamadas a unha lista de número prefixados.

o Restrición de chamadas segundo tramos horarios.

o Restrición de ser chamado no estranxeiro solo polos membros do grupo.

- 7 -

• Caixa de voz

• Servizo de chamadas perdidas

• Marcación abreviada

• Facilidades de chamadas como identificación do chamante, ocultación de identidade do chamante, chamada en espera, desvíos, etc.

• Control do consumo por extensión e facturación detallada.

• Definición de límites de consumo.

• Definición de grupos de usuarios, para asignarlles diferentes configuracións (restricións, límites de consumo, etc.)

• Categorización de usuarios en función do tipo de chamadas que poidan realizar.

• Acceso do persoal autorizado da USC, mediante navegador web, a ferramentas de información de facturación detallada e das opcións de control de custos, restricións de chamadas segundo horarios, destinos, listas, etc.

3.2 Servizos de mensaxeira

�a) Mensaxes curtas (SMS) �

O servizo ofertado deberá permitir o envío de mensaxes curtas tanto dende o terminal móbil coma dende aplicacións accesibles a través de servidores web. �

b) Mensaxes multimedia (MMS) �O servizo permitirá incluír imaxes, gráficos, voz, secuencias de audio, de todos os formatos MMS (JPEG, GIF, AMR, etc...), ademais do texto das mensaxes tradicionais. Cando os teléfonos móbiles destino non teñan capacidade de recibir MMS, os usuarios recibirán unha notificación de texto informándolle de que poden recuperar a mensaxe multimedia nunha URL determinada. �

c) Plataforma de envío de mensaxes masivas �Porase a disposición da USC unha plataforma de envío masivo de información mediante mensaxes curtas SMS e MMS, tanto á comunidade universitaria en xeral como a estudantes da USC en particular, con tarifas especiais, que se detallarán na oferta económica. �O acceso á plataforma de mensaxería deberá poder facerse mediante servizos web accesibles a través de internet ou de calquera outra forma previamente acordada coa Unidade de Sistemas da ATIC �

- 8 -

Valorarase se a plataforma dispón dun panel de control, accesible vía Internet, que permita acceder a estatísticas de uso do servizo e seguimento da entrega dunha determinada mensaxe �

3.3 Servizos de datos

�Deberán proporcionarse servizos de transmisión e recepción de datos que inclúan acceso a internet. Serán accesibles dende as redes GPRS, 3G, e Banda larga 3G (HSDPA, HSUPA, HSPA+,...) �A oferta económica incluirá como mínimo tres plans de datos ou tarifas planas: �

a) Tarifa de 1 Xigabyte/mes HSUPA (7,2/2 Mbps): proporcionará máxima velocidade HSUPA ata 1 Xigabyte de tráfico de baixada/subida. Superado este límite poderá producirse unha baixada de velocidade pero nunca un incremento da tarifa

b) Tarifa de 5 Xigabyte/mes HSUPA (7,2/2 Mbps): proporcionará máxima velocidade HSUPA ata 5 Xigabyte de tráfico de baixada/subida. Superado este límite poderá producirse unha baixada de velocidade pero nunca un incremento da tarifa

c) Tarifa 24 horas: para aqueles usuarios que fan un uso esporádico da liña. A tarificación será por períodos de 24 horas. Permitirá conectarse un mínimo de 11 días por un custo inferior á tarifa de 1 Xigabyte/mes

�Valorarase que as tarifas a) e b) permitan o uso de tarxetas secundarias (multitarxetas) de forma que varios terminais co mesmo número compartan o mesmo plan de datos. O custo da multitarxeta deberá ser sensiblemente inferior ó do plan de datos en si. �A rede deberá ser actualizada de forma continua, mantendo en todo momento as funcionalidades máis avanzadas no servizo prestado.�Os vindeiros cambios cara as tecnoloxías de cuarta xeración e sucesivas deberán estar dispoñibles para a USC no momento que comecen as súas implantacións nas redes públicas nacionais. �

3.4 Servizo Blackberry empresas (BES)

�O servizo de correo Blackberry BES permite o acceso das liñas móbiles ás aplicacións de correo e axenda corporativas (PIM) a través de GPRS e 3G, dende a rede do operador, de forma que o persoal da USC poda estar conectado en calquera momento e lugar a tales funcionalidade, con capacidade para recibir de maneira

- 9 -

inmediata os cambios (novos emails, novas entradas na axenda,..) que se xeren no sistema PIM corporativo da súa axenda electrónica. �O acceso ó servizos e realiza dende terminais específicos (blackberrys) con tecnoloxía e SW propietario de RIM. �O adxudicatario instalará un servidor BES na Universidade e asumirá sen custo algún para a USC: �

a) As cotas de integración, alta, BES Exchange e licenzas precisas para os 120 usuarios que actualmente dispoñen do servizo así como para as futuras altas no BES que se vaian producindo durante os dous anos de vixencia deste contrato así como das prorrogas dos mesmo que puidesen levarse a cabo

b) As actualizacións de SW BES que RIM vaia liberando no futuro e o soporte ás mesmas, incluso “in situ” si é preciso

c) O subministro dun smartphone blackberry con cada alta no servizo.

d) A dispoñibilidade dun teléfono de soporte especializado no servizo blackberry BES, diferente ó teléfono xeneral de atención de incidencias. Este soporte deberá ter acceso ó estado de todo sos elementos que podan afectar ó funcionamento do servizo, de forma que ante a apertura dunha incidencia cun terminal Blackberry ou coa activación dun alta poda comprobar que na parte do operador todo está correcto. Unha incidencia solo deberá escalarse á Área de Sistemas da ATIC (encargados do mantemento do BES da USC) cando se estea totalmente seguro que o problema non está no lado do operador. As incidencias deberán poder ser notificadas por mecanismos telemáticos, mediante tickets o no seu defecto correo electrónico

e) Guías de usuario que se poidan publicar na web da USC

f) O subministro dun terminal blackberry, para avaliación, dos novos modelos que aparezan no seu catálogo de terminais e que supoñan un cambio de prestacións significativo.

g) Cursos de formación par ao persoal da USC encargado do mantemento do servidor BES, en número e horas suficientes para que lle permita no correcto mantemento da mesma.

h) Cursos de formación ó soporte “in situ” (ver punto 9 deste prego), que lle permita a resolución de problemas de primeiro nivel, previo ó escalado do mesmo ó soporte especializado no servizo blackberry que se menciona no apartado g.

- 10 -

A cuota mensual do servizo blackberry BES incluirá todo o tráfico nacional de datos e correo que se curse polo APN de Blackberry

4. IMPLANTACIÓN DO SERVIZO �O soporte in situ, descrito no punto 9 deste prego, deberá participar na implantación da rede, sendo preciso que estea incorporado nas dependencias da USC como moi tarde 1 mes despois da sinatura do contrato, e a lo menos 15 días antes do fin da fase de implantación (sempre que esta fase teña unha duración inferior aos 45 días). �A fase de implantación do servizo comprende as accións que se indican de seguido. �

• Configuración e posta en marcha dos enlaces primarios entre o operador adxudicatario de telefonía móbil e a rede de telefonía privada da USC, despregando a infraestrutura indicada no apartado “2.2 interface coa rede de telefonía da USC”

Os primarios terán un número móbil de cabeceira, permitindo cursar tráfico entrante chamando a ese número. Sempre que técnica e legalmente sexa posible portaranse os números de cabeceira dos actuais primarios da USC: 662999990, 66299991, 66299992, 66299993. De non ser posible a portabilidade indicará na memoria da súa oferta os motivos

Calquera dos primarios deberá poder cursar as chamadas de todo o rango de extensións fixas da USC, xa que o encamiñamento en saída que fai a USC non é estático para cada extensión, senón que depende da carga dos enlaces internos e externos así como da dispoñibilidade dos mesmos.

De igual xeito o operador deberá reencamiñar o tráfico entrante polos primarios operativos ante a eventual caída dalgún deles.

A rede permitirá o desvío de chamadas dende calquera extensión da rede fixa a terminais móbiles de calquera operador.

Os primarios deberán poder cursar o tráfico con destino á rede fixa. Aínda que este tráfico non se cursará habitualmente a través deles, podería facerse no caso dunha avaría global na rede do operador de telefonía fixa da USC.

• Cambio dos terminais móbiles existentes por uns iguais ou de prestacións similares, no caso de non poder utilizar os actuais.

Aínda que non sexa preciso cambiar os terminais, ó comezo do contrato deberán substituírse obrigatoriamente o 33% dos terminais, blackberrys e dispositivos de datos existentes, por estar obsoletos. Os terminais terán as características indicadas no punto 2.3 Extensións e terminais móbiles deste prego e serán dos seguintes segmentos:

- 11 -

o 33% terminais � 85% gama media. � 8% gama alta. � 7% gama premium.

o 33% blackberrys � 65% gama media/alta. � 35% gama premium

o 33% dispositivos de datos � 50% modems USB ata 7,2 Mbps � 40% modems USB ata 21,6 Mbps (ou aquel modelo de

máxima velocidade do que dispoña o adxudicatario) � 10% routers Wifi

�O adxudicatario porá os puntos correspondentes a estes terminais a disposición da Universidade, que os irá adquirindo e substituíndo ó ritmo que máis se adapte ás súas necesidades. Tamén se poderá usar calquera outra fórmula acordada entre o adxudicatario e a USC, sempre que permita unha substitución paulatina dos terminais. �

• Cando sexa necesario cambiar un terminal ou unha tarxeta, deberán tamén pasarse aos novos terminais/tarxetas as listas de contactos dos vellos Tamén se fará a instalación dos terminais e mans libres nos coches oficiais cando sexa preciso (un máximo de 6 vehículos).

• Portabilidade da numeración actual de acordo co establecido nas ordes do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio e da Comisión do Mercado das Telecomunicacións. No plan de portabilidade indicarase claramente cal será o procedemento a seguir para realizar o cambio de terminais e portabilidade dos números, debendo darlle unha gran prioridade a minimizar os inconvenientes causados aos titulares dos móbiles. O proceso terá un custo cero para a USC, tanto no aspecto económico como no material e humano.

�Esta fase iniciarase coa sinatura do contrato e terá unha duración máxima de 90 días �Teranse en conta os seguintes aspectos á hora de implantar o servizo: �

• O adxudicatario instalará a nova infraestrutura, os novos terminais e os novos servizos en paralelo cos actuais, de forma que nin o servizo de telefonía móbil nin o da fixa se vexan interrompidos nin afectados en ningún momento. Para isto deberá elaborar un plan de probas, que incluirá na memoria presentada, onde aparecerán reflectidos os protocolos e prazos para facer a migración do actual servizo. Este plan de probas será complementado coas propostas que faga a USC.

- 12 -

Valoraranse tanto os prazos como as medidas propostas para conseguir unha continuidade do servizo de forma que os titulares das liñas se vexan o menos afectados posible.

O adxudicatario deberá instalar e operar todo o equipamento necesario, incluído o referente ás PABX da USC, así como os elementos accesorios e obra civil requirida, para a prestación do servizo solicitado neste prego.

• Instalará tamén o módulo cargador da aplicación de facturación, descrito no apartado 7.3 Aplicación de facturación da USC

• O adxudicatario realizará as probas definidas no plan de probas e todas aquelas que a USC considere oportunas para asegurar o correcto funcionamento do novo sistema.

• Unha vez rematadas as probas de forma satisfactoria procederase ao cambio do servizo actual polo novo, e se o funcionamento é correcto aceptarase formalmente o servizo e pasarase á fase de operación. A fase de implantación non se considerará rematada antes de que o módulo cargador para a aplicación de facturación da telefonía móbil estea totalmente probado e operativo�

�Un obxectivo básico desta fase debe ser minimizar entre os usuarios da telefonía o impacto do cambio do servizo. �Na oferta deberá incluírse obrigatoriamente o plan de implantación proposto, que deberá detallar polo miúdo cada un dos aspectos anteriores, así como calquera outro que teña relevancia na implantación. Deberá achegar un cronograma que indique a duración de cada unha das fases �O adxudicatario deberá informar semanalmente á USC de todas as desviacións que se leven a cabo do previsto no plan de probas, indicando a súa causa e a nova planificación.

5. XESTIÓN DA REDE DE TELEFONÍA MÓBIL E OUTROS ASPECTOS TÉCNICOS �

5.1 Xestión da configuración

�O operador deberá poñer a disposición da USC un sistema de configuración remota que polo menos permita, para cada unha das liñas, as seguintes posibilidades: �

- 13 -

• Definir perfís de usuario que permitan facer restricións de chamadas entrantes ou saíntes en función do destino

• Listas negras e brancas • Bloqueo selectivo das liñas • Ocultación do número chamante (por liña) • Establecemento de límite de consumo

5.2 Xestión do rendemento

�O sistema de xestión do operador deberá permitir, polo menos, as seguintes funcionalidades: �

• Consulta detallada do consumo de cada liña nun período de facturación • Consulta detallada do consumo de todas as liñas nun período de facturación • Consulta do consumo total dunha liña nun período de facturación • Consulta do consumo total de todas as liñas nun período de facturación • Consulta da xerarquía da tarificación • Posibilidade de elaborar diversas estatísticas • Facilidades de exportación de datos a partir dos informes que proporcione o

sistema �O ofertante incluirá na súa oferta unha descrición detallada do sistema de xestión de rede que se porá a disposición da USC para que esta poida levar a cabo a xestión da configuración e do rendemento. �Valorarase a facilidade de uso, rapidez, seguridade e prestacións do sistema proposto. �

5.3 Mapas de cobertura

�Os licitantes incluirán na oferta a seguinte documentación, que será obxecto de valoración: �

� Mapas de cobertura de telefonía GSM, GPRS, UMTS e HSPDA a nivel nacional, detallando por provincia as porcentaxes de cobertura en poboación e superficie. Previsións de extensión de cobertura no seu caso e prazos.

� Mapas de cobertura de telefonía GSM, GPRS, UMTS e HSPDA na comunidade autónoma de Galiza, detallando para as cidades e vilas máis importantes as porcentaxes de cobertura en poboación e superficie. Previsións de extensión cobertura no seu caso e prazos.

� Compromiso de garantir a cobertura no 90% do interior de todos os edificios da USC. En caso necesario, o tempo máximo para resolver a petición dunha

- 14 -

extensión de cobertura será de 3 meses, salvo razóns de forza maior ou causas imputables á USC.

� Cobertura de datos GPRS, 3G e 3,5 G en roaming

� Lista de países e operadores cos que teñen asinados acordos de itinerancia. Tarifas nestes países.

A información relativa á variación destas tarifas e acordos ao longo da vixencia deste contrato deberá entregarse á Universidade para que dispoña en todo momento dos datos actualizados. Deberá poder consultarse vía web ou no seu defecto enviarase á USC cada vez que se produzan cambios para que a poida publicar na súa intranet

6. MANTEMENTO DA REDE DE TELEFONÍA MÓBIL �Entendemos por mantemento as actuacións necesarias para a resolución de avarías, tramitación de novas altas e baixas, pedido de novos terminais, consultas, etc. �As únicas altas, baixas, activación de novos servizos e peticións de terminais que o operador debe cursar son aquelas solicitadas polas persoas autorizadas. Antes do comezo da prestación do servizo, a USC a través do director da Área de Tecnoloxías da Información e as Comunicacións, indicará os nomes ou cargos con potestade para facer estas solicitudes. A Universidade non se responsabiliza dos prexuízos tanto técnicos como económicos como de calquera índole que se produzan como consecuencia de accións de mantemento cursadas baixo petición de calquera outra persoa. �Mensualmente o operador deberá entregar un informe cos seguintes datos: �

� Traballos realizados na rede � Avarías notificadas, corrixidas e pendentes (con indicación do seu estado) � Solicitudes recibidas, tramitadas e pendentes � Outras incidencias�

�Incluirase na memoria da oferta o plan de mantemento do servizo, que detallará como mínimo os seguintes apartados e requisitos: �

6.1 Altas

�a)� Altas de voz: con cada alta de voz solicitada, o operador subministrará gratuitamente un terminal. Un 85% dos terminais serán de gama media, un 8% de gama alta e un 7% de gama premium. Un 40% dos dispositivos USB serán dos de máxima velocidade que posúa o operador

- 15 -

b) Altas de plans de datos: con cada alta de un plan de datos subministrará un dispositivo USB e deberán ser compatibles con Windows e MAC, e tanto para ordenadores portátiles como de sobremesa

c) Altas no servizo blackberry Empresa ou blackberry BES: con cada alta no servizo subministrase unha blackberry. Polo menos un 25% das mesmas serán de gama premium �

Cada terminal deberá vir equipado como mínimo cun accesorio: unha funda ou un cargador de coche, a elección da USC. Tamén se poderá subministrar outros accesorios sempre de común acordo entre o Operador e a USC �

Deberá proporcionar unha táboa cos prezos dos terminais de gamas alta e premium asociados a altas que non sexan a custo cero (cando se superen as porcentaxes do 8 e 7% respectivamente), e o mesmo para as Blackberrys e dispositivos de datos para cando se superen as porcentaxes de dispositivos de gamas alta e premium gratuítos. �Na oferta deberán aparecer perfectamente detalladas as características tanto dos terminais ofertados sen custo como de aqueles que teñan custo. �

Deberá incluír na oferta unha lista de prezos dos principais accesorios asociados aos terminais anteriores: baterías, cargador de coche, mans libres,.. �

Valorarase a posibilidade, para aquelas altas que se requira, de dispoñer de tarxetas TWIN que ofrezan a posibilidade de ter dos números (un de empresa e outro particular) na mesma tarxeta. No caso de ofertalas, estas tarxetas TWIN tamén deberán poder solicitarse con posterioridade á alta sen custo para a USC nin para a persoa que vaia facer uso dela. �O tempo máximo en cursar un alta, incluíndo a activación do servizo e o subministro do terminal é de 5 días hábiles dende que a USC faga o envío da solicitude. Se no momento de cursar a alta non houbera stock do terminal solicitado, o Operador comunicarallo á USC, quen poderá elixir entre: �

• Cambiar de modelo de terminal • Solicitar a activación da tarxeta e recibir o terminal cando se repoñan os

stocks • Deter o proceso da alta e esperar a que se repoñan os stocks. Neste caso

tamén se paralízase o prazo dos cinco días indicado no parágrafo anterior �

�Todas as altas serán a custo cero, sendo o único gasto posible o asociado ao terminal (no caso de non elixir un dos de custo cero) ou a algún accesorio diferente ós indicados para subministrar xunto co terminal no momento da alta �Unha alta considerarase efectuada no momento que a USC dispoña da tarxeta activada e do terminal solicitado, debendo constar algún acuse de recibo.

- 16 -

6.2 Baixas

�O tempo máximo en cursar unha baixa será de 2 días hábiles dende o envío da solicitude da mesma; a USC non se responsabilizará de ningunha facturación posterior a esa data. O proceso de baixa non terá custo algún para a USC e non haberá tempo mínimo de permanencia �

6.3 Novos terminais

�Con independencia dos terminais entregados coas altas, a USC poderá solicitar en calquera momento un novo terminal. �O adxudicatario acordará coa USC o procedemento para obter estes terminais. A oferta debe permitir á USC a renovación sen custo dun 30% dos terminais cada ano, os primeiros á finalización do primeiro ano de contrato. Un posible método sería mediante o ingreso de puntos na conta da USC para que esta vaia facendo uso dos mesmos segundo as súas necesidades. Si rematado o ano a USC non fai uso dos puntos, estes acumularanse para o ano seguinte ós propios dese novo ano. Para calcular o impacto do cambio do 30% dos terminais o primeiro ano, deberá considerar as gamas que se indican no apartado 4. IMPLANTACION DO SERVIZO, coas seguintes porcentaxes de cada gama �

o 30% terminais � 85% gama media. � 8% gama alta. � 7% gama premium.

o 30% blackberrys � 65% gama media. � 35% gama premium

o 30% dispositivos de datos � 50% modems USB ata 7,2 Mbps � 40% modems USB ata 21,6 Mbps (ou aquel modelo de

máxima velocidade do que dispoña o adxudicatario) � 10% routers Wifi

�O ofertante debe comprometerse a ir actualizando a lista de modelos de terminais dispoñibles, eliminando os terminais que se vaian descatalogando e incluíndo os novos que vaian aparecendo �A lista de terminais dispoñibles e o seu custo en puntos deberá ser como mínimo tan vantaxosa como a que o operador poña a disposición das Empresas en xeneral, ben a través da súa páxina web ou de calquera outro xeito. A modalidade será sempre a que se lle aplica ós contratos “Con permanencia”. �

- 17 -

Na memoria achegará unha táboa cos modelos dispoñibles de cada unha das gamas indicadas �O tempo máximo para efectuar o subministro dun novo terminal será de 5 días hábiles dende a solicitude do mesmo. �

6.4 Avarías

6.4.1 Avarías dos enlaces primarios �Para a resolución de avarías que afecten aos primarios o adxudicatario disporá dun servizo de atención de incidencias operativo todo o ano, 24 horas ao día. �A notificación dunha incidencia requirirá da correspondente confirmación de recepción, que incluirá un número de incidencia que posteriormente permitirá realizar un seguimento desta (tracking). A incidencia deberá poder comunicarse tanto vía web, como telefonicamente ou por fax. �No apartado “9. SOPORTE Á USC” deste prego descríbense polo miúdo as características que deberá cumprir este Centro de Atención de Incidencias �

6.4.2 Avarías dos terminais móbiles �Todos os terminais, e os seus accesorios, disporán dunha garantía total durante a vixencia do presente contrato (2 anos), sen custo algún para a USC. A garantía incluirá os materiais, man de obra e transporte. �Cando a avaría se produza nos tres primeiros meses de uso do terminal, este será substituído por un novo. A partir do terceiro mes o terminal será substituído por outro igual en perfectas condicións de uso ou ben enviarase a reparar, a elección da USC. �O prazo máximo para a reparación dun terminal serán 30 días naturais dende o envío do mesmo. Se transcorrido este prazo o terminal non está reparado, o adxudicatario deberá proporcionar un novo. �O prazo máximo para facer a substitución do terminal por outro igual en perfecto estado de uso será de 3 días dende o envío da solicitude �Para facer as reparacións e cambios transparentes aos usuarios, o adxudicatario disporá nas dependencias da USC do seguinte stock de terminais: �

� Un 2% dun modelo de gama media, preferiblemente o que se subministra coa maioría de altas

� 4 blackberrys

- 18 -

� 3 dispositivos USB de datos

Ante calquera acción das definidas no mantemento (altas, baixas, novos terminais, avarías) o operador abrirá unha incidencia cun número que comunicará á USC, e que será a referencia para o seguimento da mesma. �O operador enviará semanalmente á USC un informe co número de incidencias abertas nese momento, a data de apertura e o estado das mesmas, e un histórico cos datos do ano en curso. Dito informe entregarase en formato electrónico e permitirá a agrupación das solicitudes e incidencias por tipo, data de apertura, data de peche ou estado da incidencia. �Debido aos rápidos cambios que aparecen no mercado de terminais móbiles, e á rápida obsolescencia dos mesmos, as listas de terminais usados para altas e cambios deberá actualizarse mensualmente. �Na oferta deberase incluír un apartado co plan de mantemento proposto polo ofertante, onde se tratará con detalle cada un dos puntos deste apartado. �

7. FACTURACION � O operador facilitará as táboas de prezos e tarifas que rexan neste contrato, debendo garantir a carga correcta no sistema de tarificación da rede de telefonía fixa da USC das tarifas correspondentes ás chamadas que poden cursar as extensións fixas (móbiles, nacionais, internacionais,..) para que a USC poda facer a súa tarificación interna ás extensións. Para isto deberá poñerse en contacto co fabricante das PABX para realizar o proceso, asumindo os posibles custos. Se durante a vixencia do contrato se produciran cambios de tarifas, serán por conta do operador de móbiles os custos de actualización do sistema de tarificación da USC. �Tamén deberá facilitar un arquivo con tódolos datos da facturación, que poda ser lido pola aplicación de facturación da USC, tal como se describe no punto 7.3 �

7.1 Facturas de consumo

�O operador entregará as seguintes facturas, correspondentes ós conceptos que se sinalan a continuación e que recollen os consumos do mes anterior. Entregarase unha factura resumida en papel e un arquivo (pdf ou excel) co detalle da mesma: �a) Factura 1: tráfico xerado polas extensións fixas a través dos accesos primarios da telefonía móbil.

b) Factura 2: consumo xerado polos móbiles corporativos, onde ademais do tráfico tamén incluirá as cuotas fixas existentes (blackberrys, planes de datos, etc)

- 19 -

c) Factura 3: mensaxes de calificacións enviadas dende a plataforma de envío de mensaxes masivas

d) Factura 4: mensaxes institucionais enviadas dende a plataforma de envío de mensaxes masivas

e) Factura 5: mensaxes MMS enviadas dende a plataforma de envío de mensaxes masivas �

7.2 Facturas de terminais

�Por cada pedido de terminal ou terminais, ben debidos a altas ou a cambios, que teñan custo o adxudicatario xerará unha factura, onde debe vir claramente detallado o móbil ou móbiles adquiridos, así como os seus imeis. �O titular e dirección que deben figurar nas facturas serán os que a USC indique no momento de cursar o pedido/alta �

7.3 Aplicación de facturación da USC

�A USC dispón dunha aplicación de facturación que logo de importar os datos proporcionados polo operador correspondentes ó consumo das extensións corporativas (fixas e móbiles), xera unha facturación interna ás distintas unidades organizativas que fan uso dos servizos da telefonía móbil �É un requisito imprescindible que o adxudicatario desenvolva (ou contrate a un terceiro) o SW preciso para adaptar esta aplicación ao formato dos seus arquivos de facturación �A aplicación de facturación é modular, e tan so é preciso cambiar un modulo denominado “cargador”, que é o que tras ler o arquivo de tickets xerado pola aplicación de facturación do operador o converte ao formato das estruturas internas usadas pola aplicación de facturación da USC. �Os arquivos que proporcione o adxudicatario e que servirán como entrada deste módulo cargador deberán conter toda a información precisa para poder levar a cabo o proceso de facturación: �

� Detalle de cada chamada, indicando os números chamante e chamado,o tipo de chamada, o destino, a hora de inicio, duración, tipo, descontos, custo, etc. Tanto para as chamadas nacionais como para as internacionais e para aquelas feitas en roaming

� As cotas fixas asociadas a cada número: blackberry, plan de datos. � Os descontos aplicados

- 20 -

� Todos aqueles conceptos que interveñan na facturación �O adxudicatario deberá desenvolver un cargador para o arquivo que recolle a facturación das extensións fixas (nas súas chamadas cara á rede móbil a través dos enlaces primarios) e outro para o arquivo que recolle a facturación dos móbiles. Non son precisos módulos cargadores para a facturación da plataforma de envío de mensaxes masivas nin tampouco para os custos orixinados pola compra de terminais. �Se durante a vixencia do contrato e das súas posibles prórrogas se produce un cambio no formato de saída dos arquivos de facturación do operador, éste deberá desenvolver uns módulos cargadores novos que se adapten a este novos formatos, sen custo algún para a USC �O ofertante deberá presentar unha planificación detallada do proxecto de desenvolvemento do SW, estendendo e particularizando as fases e actividades identificadas no documento de especificacións (documento que se lle facilitará xunto con toda aquela información técnica que precise), incluíndo valoración en horas de cada unha das actividades, establecemento de fitos particulares para cada fase e actividade, e plan de probas. �O SW que se debe desenvolver para os “cargadores” terá as seguintes características: �- Xerais

�O SW desenvolvido deberá axustarse á arquitectura da aplicación de telefonía existente e cumprir cos requisitos de calidade esixidos pola USC para o seu SW de produción. �A unidade de desenvolvemento da Área de Tecnoloxías da Información e das Comunicacións da USC será a encargada da supervisión e aceptación de todo o proceso de desenvolvemento do SW �- Propiedade intelectual

�Sen prexuízo do disposto pola lexislación vixente, en materia de propiedade intelectual e de protección xurídica dos programas de ordenador, o adxudicatario acepta expresamente que a propiedade e os dereitos de explotación e distribución das aplicacións informáticas desenvolvidas ao amparo do presente prego corresponden unicamente á Universidade de Santiago de Compostela, con exclusividade e a tódolos efectos, así como a propiedade de toda a documentación xerada. �- Confidencialidade

O adxudicatario queda expresamente obrigado a manter absoluta confidencialidade e reserva sobre calquera dato que puidera coñecer con ocasión do cumprimento do�

- 21 -

contrato, especialmente nos de carácter persoal, que non poderá copiar ou empregar con fin distinto ao que figura neste prego, nin ceder a outros nin sequera para efectos de conservación. Os licitadores achegarán unha memoria descritiva das medidas que adoptarán para asegurar a dispoñibilidade, confidencialidade e integridade dos datos manexados e da documentación facilitada. Asemade, deberán incluír na súa oferta a designación da persoa ou persoas que, sen prexuízo da responsabilidade propia da empresa, estarán autorizadas para as relación coa USC para efectos do emprego correcto do material e da información que se vai manexar.

O adxudicatario queda obrigado ao cumprimento do disposto pola Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, sobre protección de datos de carácter persoal.

- Transferencia tecnolóxica

Durante a execución dos traballos obxecto do contrato, o adxudicatario comprométese a facilitar en todo momento ás persoas designadas pola USC para tales efectos a información e documentación que estas soliciten para dispoñer de pleno coñecemento das circunstancias nas que se desenvolvan os traballos, así como dos problemas que se poidan presentar e das tecnoloxías, métodos e ferramentas utilizados para resolvelos.

- Planificación

As ofertas presentadas incluirán unha planificación coa descrición de cada unha das actividades que se levarán a cabo no proxecto, incluíndo o desenvolvemento, implantación e formación dos usuarios. As distintas tarefas agruparanse en iteracións e especificaranse os prazos de execución de cada unha das iteracións.

- Seguimento

A USC designará unha persoa como Director Técnico, que actuará como interlocutor principal por parte da universidade co adxudicatario e realizará o seguimento do proxecto.

O adxudicatario designará unha persoa como Xefe de Proxecto, que actuará como interlocutor principal por parte do adxudicatario e estará a disposición da USC para aclarar calquera dúbida sobre a marcha do proxecto.

O Director Técnico fará un seguimento continuo da evolución do proxecto e planificará un calendario de reunións de seguimento e de revisións técnicas co Xefe de Proxecto, co fin de revisar o grado de cumprimento dos obxectivos e a validación das programacións das actividades realizadas.

Tras as revisións técnicas, o Director Técnico poderá rexeitar en todo ou en parte os traballos realizados na medida que non correspondan ao acordado e que non superen os controles de calidade.

- 22 -

- Garantía

O adxudicatario deberá garantir por un ano os produtos derivados da presente contratación, contando dende a data de recepción destes, obrigándose a realizar durante o período os cambios necesarios para solucionar as deficiencias detectadas imputadas ao adxudicatario se a USC así o solicita.

A garantía tamén incluirá de xeito gratuíto o soporte, nas condicións especificadas na seguinte sección.

- Soporte

O soporte incluirá a solución de erros ocultos que se poñan de manifesto no funcionamento das aplicacións ou que se atopen mediante probas ou calquera outro medio, así como a conclusión da documentación incompleta e reparación da que conteña deficiencias. En particular, o soporte incluirá a incorporación da solución dos erros detectados na plataforma base e corrixidos nas actualizacións desta. Os produtos orixinados como consecuencia da reparación de erros deberán entregarse de conformidade co esixido neste prego. O tempo de resposta ante unha solicitude de asistencia por erro será de como máximo 24 horas. �

- Prazo de entrega

�O adxudicatario deberá entregar o módulo cargador para a facturación dos móbiles totalmente probado e aceptado pola USC, como moi tarde 15 días antes do remate do prazo de implantación ofertado.

O adxudicatario deberá entregar o módulo cargador para a facturación dos fixos totalmente probado e aceptado pola USC, como moi tarde 90 días logo da sinatura do contrato. �

7.4 Prazos

�Detállanse a continuación os prazos de obrigado cumprimento para a entrega á USC das facturas e arquivos de facturación.

Antes do día 20 de cada mes recibiranse as seguintes facturas/documentos correspondentes ó consumo do mes anterior: �

� As facturas e arquivos pdf/excel de consumo, indicadas no apartado 7.1 Facturas de Consumo

� Os arquivos para cargar na aplicación de facturación da USC: arquivos de entrada dos módulos cargadores. Tal como se describen no punto 7.3 Aplicación de Facturación da USC

- 23 -

O operador deberá ter constancia escrita da recepción pola USC tanto das facturas impresas como dos arquivos de detalle como dos arquivos para carga na aplicación de facturación da USC. Considerarase que a factura está recibida unha vez que lle cheguen á USC estes tres documentos. �Antes de 30 días naturais dende a recepción do terminal: �

i) As facturas dos terminais. �Calquera factura incorrecta nos seus datos, no seu importe ou nos conceptos será devolta ao operador, debendo este xerar unha nova, co mesmo formato que a orixinal, co seu correspondente detalle e indicando ademais a factura que anula. Esta nova factura tamén deberá ser entregada con acuse de recibo.

As recepcións e reclamacións da facturación serán feitas a través do soporte “in situ” que o operador terá na USC e que máis adiante se detalla.

De forma sistemática farase unha reunión bimestral USC - Operador para facer un seguimento da facturación. O operador informará da débeda pendente ata a data da reunión e presentará en soporte informático un informe cos datos dos impagados.

Calquera das dúas partes poderán propoñer reunións de seguimento a maiores da anterior cando existan causas especiais para a súa convocatoria. �

8. CALIDADE DE SERVIZO �Os parámetros mínimos de calidade de servizo que se esixen para os primarios que fan a interconexión coa rede de telefonía da USC son: �

8.1 Parámetros xerais

�� Dispoñibilidade do servizo no seu conxunto: maior que o 99,8% do

tempo � Taxa global de bloqueo de chamadas: menor que o 2%� Taxa global de chamadas interrompidas anormalmente: menor que o

2% � Tempo medio de establecemento de chamada: menor de 5 segundos � Taxa global de chamadas con tarificación incorrecta: menor do

0,01% �

8.2 Resolución de avarías

�� Os tempos máximos de resolución de avarías, contados dende a notificación ata a súa resolución restablecendo o servizo será de:

- 24 -

8.2.1 Degradación do servizo de grao 1. Incomunicación da USC. �

Consideraremos que existe degradación do servizo de grao 1 cando a avaría afecte a todos os primarios da telefonía móbil.

O tempo máximo para a resolución dunha avaría deste tipo é de 2 horas. �

8.2.2 Degradación do servizo de grao 2 �

Consideraremos unha degradación do servizo de grao 2 cando solo quede operativo un primario no Campus de Lugo

O tempo máximo para a resolución dunha avaría deste tipo é de 4 horas. �

8.2.3 Degradación do servizo de grao 3 �

Consideraremos unha degradación do servizo de grao 3 cando solo queden operativos primarios no Campus de Santiago.

�O tempo máximo para a resolución dunha avaría deste tipo é de 5 horas cando só estea operativo un primario, e 7 horas cando estean operativos dous ou tres primarios. �

8.2.4 Degradación do servizo de grao 4 �

Consideraremos unha degradación do servizo de grao 4 cando estea operativo polo menos 1 primario en cada campus

O tempo máximo para a resolución dunha avaría deste tipo é de 12 horas.

Unha avaría poder ser resolta en parte e a avaría pasar dun grao a outro menos grave.

O tempo de duración dos distintos graos polos que vai pasando unha avaría sempre se contará a partir da hora de notificación da avaría

8.3 Cortes programados

�� Calquera corte programado do servizo será comunicado por escrito á USC (Dirección Área TIC) cun mínimo de 48 horas (días lectivos) de antelación, tendo que levarse a cabo fóra do horario de 8 a 22 de luns a venres. De ter que realizarse o corte do servizo dentro do horario anterior deberá acordarse coa Universidade,

- 25 -

para buscar solucións que minimicen o efecto do corte. Os cortes programados que non se notifiquen serán considerados como avarías. �

9. SOPORTE Á USC �Na fase de implantación e probas, e ata a recepción da obra, o operador

nomeará un director de proxecto que será a interlocución válida coa USC �Na fase de posventa participarán como mínimo un interlocutor comercial

único, un soporte administrativo e un centro de atención de incidencias tal como se describen a continuación.

�- Director de proxecto

�Deberá ter un perfil cos seguintes requisitos mínimos: �

• Preferiblemente enxeñeiro de telecomunicacións

• Coñecemento avanzado de metodoloxías de dirección de proxectos

• Capacidade de coordinar e dirixir un grupo de persoas �

As súas funcións serán as seguintes:

• Seguimento do proxecto dende a súa fase inicial co obxecto de garantir o cumprimento dos prazos e especificacións

• Coordinación do traballo de instaladores e enxeñeiros

• Máximo responsable fronte á USC na fase de implantación da solución �

- Soporte in situ�

Durante a vixencia do contrato a que de lugar este procedemento aberto, o adxudicatario porá a disposición da USC unha persoa cunha dedicación exclusiva diaria mínima de 7 horas en quenda de mañá ou de maña e tarde, a decisión da USC. O seu traballo desenvolverao nas dependencias da USC no Campus de Santiago, e sempre que a Universidade o estime oportuno realizará os desprazamentos que se determinen ao Campus de Lugo.

A persoa elixida deberá ter coñecementos amplos e demostrables do paquete Office, e en especial do MSACCESS.

A incorporación do soporte in situ farase como moi tarde 1 mes despois da sinatura do contrato, e a lo menos 20 días antes do fin da fase de implantación.

- 26 -

As súas funcións, sempre baixo a coordinación do responsable da rede de telefonía da USC serán: �

• Supervisar a facturación xerada antes do seu envío aos diferentes centros de gasto da USC e facer un seguimento da mesma

• Xestionar e rexistrar as altas, baixas, avarías e cambios de terminais • Atender ao persoal da USC en calquera aspecto relacionado coa telefonía

móbil • Realizar e manter a base de datos da telefonía móbil • Crear informes a medida • Ser a entrada de calquera documento que a USC envíe ao operador,

proporcionando o correspondente acuse de recibo • Todas aquelas funcións que a USC considere oportunas, relativas á relación

co operador de telefonía móbil �Como ferramentas de traballo terá como mínimo un ordenador de sobremesa ou portátil e un teléfono móbil.

O seu período vacacional definirase de acordo ás necesidades da USC, distribuíndose fundamentalmente nos meses de xullo e agosto e no Nadal.

Ante baixas prolongadas superiores aos 15 días, o operador propoñerá un substituto para cubrir a baixa, salvo acordo explícito da USC dalgún procedemento alternativo proposto polo operador para minorar os efectos da baixa. �

� Interlocutor comercial único�Actuará como interlocutor entre o operador e a USC en todo o referente a actividades de operación, supervisión, xestión, seguimento, información, facturación e contactos comerciais, participando en cantas reunións de seguimento requira a USC.

O interlocutor único disporá de capacidade para tomar decisións en accións referidas á operación e mantemento do servizo, e será o responsable de cumprir os tempos obxectivo de cada unha das incidencias.

O equipo de persoas que estarán a disposición do interlocutor comercial único realizarán todas as tarefas de posventa que o servizo demande, como a xestión de solicitudes e reclamacións, xestión e resolución de incidencias, aspectos de facturación e elaboración de informes, etc. �

� Centro de atención ao cliente (CAC)�O adxudicatario porá a disposición da USC un centro de atención ao cliente para que os responsables técnicos da USC poidan comunicar calquera incidencia que se produza e para que os usuarios finais poidan facer as consultas que estimen oportunas. O CAC estará dispoñible 365 días/ano, 24 horas/día. O procedemento para xestionar as incidencias será o seguinte.

- 27 -

* No momento no que se detecte algunha anomalía no servizo, a USC a través dos seus interlocutores válidos, procederá a abrir unha incidencia no CAC cun código xerado pola USC

* De forma simultánea o CAC asigna un código de incidencia para o seu posterior control e seguimento

*Cando a incidencia estea resolta o CAC comunicarallo á USC (dando información do avance mentres tanto)

* A USC comproba a resolución da incidencia e péchaa

As canles para a comunicación das incidencias serán:

* WEB: será a canle prioritaria �

* Telefónico: será a canle secundaria para xestión de incidencias e basearase nun número de chamada gratuíta posto a disposición da USC

* Fax: será o canal terciario e basearase nun número de chamada gratuíta posto a disposición da USC

�O adxudicatario deberá poñer a disposición da USC varias liñas telefónicas de chamada, sen custo, dispoñibles as 24 horas do día para que os usuarios finais da USC podan facer calquera tipo de consulta sobre o uso do servizo. Este medio NON deberá ser usado para xestión de incidencias, que sempre se cursarán ás persoas autorizadas. A única excepción será a posibilidade de que o usuario faga algún tipo de restrición do tráfico asociado á súa liña (por avaría ou roubo da tarxeta ou terminal). A USC e o adxudicatario establecerán os procedementos a seguir para garantir a identidade do chamante cando fai unha solicitude de restrición de tráfico. O operador informará ó autorizado ou autorizados da USC, mediante email, das accións deste tipo que leve a cabo

Na oferta deberán describirse os recursos, tanto humanos como técnicos, que o operador porá a disposición da USC, deixando claro se serán en exclusividade para o proxecto ou non. Indicaranse os perfís das persoas propostas tanto para a dirección do proxecto como para interlocutor comercial único e soporte administrativo in situ. �Cunha periodicidade a determinar entre a USC e o operador, e nunca superior a un mes, terá lugar unha reunión de seguimento para analizar todos os temas que vaian xurdindo no desenvolvemento do servizo descrito na presente contratación. �

- 28 -

10. ADAPTACIÓN DA APLICACIÓN DE TELEFONÍA MÓBIL �Valoraranse as propostas que inclúan na súa oferta o desenvolvemento (con persoal propio ou dun terceiro) do SW necesario que permita a xestión dos terminais, usuarios e históricos dende a actual aplicación de telefonía móbil da USC. Valorarase a calidade da planificación detallada do proxecto, estendendo e particularizando as fases e actividades identificadas no documento de especificacións (documento que se lle poderá facilitar xunto con toda aquela documentación técnica que precise), incluíndo valoración en horas de cada unha destas actividades, establecemento de fitos particulares para cada fase e actividade, e plan de probas. Asemade, valorarase a equipa de traballo dedicado a este desenvolvemento, con indicación dos distintos roles e dedicacións �O SW terá as mesmas características que as indicadas para o modulo “cargador” no punto 7.3 Aplicación de Facturación da USC

��

11. OUTRAS MELLORAS NOS SERVIZOS. SERVIZOS ADICIONAIS DE TELEFONÍA MÓBIL �Se valorarán neste apartado: �

� Maiores velocidades de transmisión e/ou maiores maiores volumes de tráfico con máxima velocidade para os plans de datos indicados no punto 3.3 Servizos de datos

� Volumes de tráfico para as tarifas 24 horas de datos en roaming superiores ós 15 MB esixidos no prego

� A posibilidade de compartir un plan de datos entre varias tarxetas co mesmo número

� A posibilidade de compartir un plan de datos entre varias tarxetas con distinto número

� A posibilidade de dispoñer de tarxetas SIM que xunto co número de Empresa permitan tamén un número particular

� Si a plataforma de envíos masivos de mensaxes dispón dun panel de control, accesible vía Internet, que permita acceder a estatísticas de uso do servizo e seguimento da entrega dunha determinada mensaxe

� Calquera mellora que estea adecuadamente valorada, relacionada co obxecto do contrato ou de interese para a comunidade universitaria.

�Así mesmo serán obxecto de valoración as vantaxes propostas para a comunidade universitaria da USC, tanto o persoal propio da USC (a nivel particular) como os estudantes da mesma; tanto no referente á merca de terminais como, de ser o caso, a plans de prezos. As ofertas, deberán supoñer melloras respecto das condicións ofertadas no mercado para particulares. As propostas de melloras deberán indicar claramente o colectivo ao que se dirixen (profesorado, investigadores, persoal de

- 29 -

administración e servizos, estudantes), as condicións que se aplican e a duración das mesmas. As ofertas iniciais iranse adaptando á evolución do mercado, de forma que sempre resulten vantaxosas fronte ás ofertas do Operador ó público en xeral

12. MEMORIA �A estrutura da memoria presentada deberá axustarse aos identificativos indicados a continuación, respectando tamén a súa orde. Calquera outra documentación ou datos que se desexen achegar incluiranse como anexos.

A exposición de cada punto deberá indicar explicitamente e sen ambigüidades o que se oferta e como da cumprimento aos aspectos técnicos solicitados. �Puntos a incluír na memoria: �

• Breve descrición da oferta • Aceptación expresa de todas as condicións do prego de prescricións técnicas • Plan de implantación da rede de telefonía móbil (Incluirá o plan de

portabilidade e o plan de probas). Recollerá os aspectos contemplados no punto 4 deste prego

• Xestión da rede de telefonía móbil e outros aspectos técnicos. Recollerá os aspectos contemplados no punto 5 deste prego

• Plan de mantemento. Recollerá os aspectos contemplados no punto 6 deste prego

• Facturación. Recollerá os aspectos contemplados no punto 7 deste prego • Plan de calidade. Calidade do servizo. Recollerá os aspectos contemplados

no punto 8 deste prego • Soporte á USC. Recollerá os aspectos contemplados no punto 9 deste prego • Adaptación da aplicación de telefonía. Recollerá os aspectos contemplados

no punto 10 deste prego • Outras melloras nos servizos. Recollerá os aspectos contemplados no punto

11 deste prego

É moi importante que na memoria non se faga mención expresa a ningún dos aspectos a valorar no sobre C do procedemento, é dicir: plan de prezos, prazo de implantación e cuantificación da oferta de cambio de terminais. Todo isto so poderá figurar no sobre C�

Santiago de Compostela, 28 de marzo de 2011 Por delegación do sr. Reitor (resolución reitoral do 9 de xullo de 2010, DOG de 6 de agosto de 2010)

A vicerreitora de Economía e Infraestruturas

Sara Cantorna Agra �

- 30 -

ANEXO 1. ESQUEMAS DA REDE DE VOZ

- 31 -

������������

������ ��

�����������������������

���������

����� �� �����������

����������

���������

�������

�����������

���������

������������������������������������ ��

������������������������������!�����" ��

�����������#�$%��������

��&%'�����������(��

#��$%��

)�*$%��

���������

������������

����

�+'&������������������,��

#��$%��

#��$%��

)�*$%��

�'-�����!���'����

".������

�������

���������

��������

�������

Corporativo a móbiles�