REGULAMENTO E NORMAS XERAIS DO SERVIZO DE COMEDOR … · REGULAMENTO E NORMAS XERAIS DO SERVIZO DE...

5
REGULAMENTO E NORMAS XERAIS DO SERVIZO DE COMEDOR C.E.I.P. BALAIDOS PARA O CURSO 2019/2020 AMBITO DE APLICACIÓN As normas do servicio de comedor afectarán aos nen@s matriculados no C.E.I.P. Balaidos e que sexan solicitantes ou usuarios de comedor. VIXENCIA As normas aquí reguladas teran vixencia dende o mes de Septembro de 2014. Durante a súa vixencia, o Consello Escolar do centro poderá modificar algunha das normas establecidas neste regulamento. USUARIOS Os usuarios de comedor poderán clasificarse en tres tipos: Nen@s bolseir@s: son aqueles que, previa petición á Concellalía de Benestar Social do Concello de Vigo, teñen concedida bolsa para o comedor. Nen@s fix@s: son aqueles nen@s, bolseiros ou non, dos que se coñece exactamente os días que mensualmente comen no comedor (5, 4, 3, 2 ou 1 día á semana). Nen@s esporádic@s: son aqueles que usan o comedor de cando en vez. SOLICITUDES DE PRAZA A opción de solicitar servicio de comedor está aberta todo o ano. É imprescindible ser socio do A.N.P.A e aboar o correspondente seguro escolar. A data para efectuar ambos pagamentos será dende ó 1 de xullo ó 5 de setembro de 2019. Rematado este prazo, o usuario que non cumprise estos requisitos será dado de baixa do servicio de comedor. Ademáis é obrigado cubrir a solicitude en todos os casos, inclusive os nen@s que soliciten as bolsas do concello. As prazas de comedor outorgadas a cada alumno pertenceranlle durante todo o periodo escolar, mentres cumpran as normas e o precisen. Os nen@s que falten un mes consecutivo sen xustificación, así como aqueles que se den de baixa, quedarán sen praza. Para volver a optar á mesma deberán facer de novo a solicitude e pasarán a formar parte dunha lista de espera. *Os alum@s de 4º de infantil, por mor do período de adaptación, só poderán comezar a partires de outubro.

Transcript of REGULAMENTO E NORMAS XERAIS DO SERVIZO DE COMEDOR … · REGULAMENTO E NORMAS XERAIS DO SERVIZO DE...

Page 1: REGULAMENTO E NORMAS XERAIS DO SERVIZO DE COMEDOR … · REGULAMENTO E NORMAS XERAIS DO SERVIZO DE COMEDOR C.E.I.P. BALAIDOS PARA O CURSO 2019/2020 AMBITO DE APLICACIÓN As normas

REGULAMENTO E NORMAS XERAIS DO SERVIZO DE COMEDOR

C.E.I.P. BALAIDOS PARA O CURSO 2019/2020

AMBITO DE APLICACIÓN

As normas do servicio de comedor afectarán aos nen@s matriculados no C.E.I.P. Balaidos e que sexan solicitantes ou usuarios de comedor.

VIXENCIA

As normas aquí reguladas teran vixencia dende o mes de Septembro de 2014. Durante a súa vixencia, o Consello Escolar do centro poderá modificar algunha das normas establecidas neste regulamento.

USUARIOS

Os usuarios de comedor poderán clasificarse en tres tipos:

Nen@s bolseir@s: son aqueles que, previa petición á Concellalía de Benestar Social do Concello de Vigo, teñen concedida bolsa para o comedor.

Nen@s fix@s: son aqueles nen@s, bolseiros ou non, dos que se coñece exactamente os días que mensualmente comen no comedor (5, 4, 3, 2 ou 1 día á semana).

Nen@s esporádic@s: son aqueles que usan o comedor de cando en vez.

SOLICITUDES DE PRAZA

A opción de solicitar servicio de comedor está aberta todo o ano.

É imprescindible ser socio do A.N.P.A e aboar o correspondente seguro escolar. A data para efectuar ambos pagamentos será dende ó 1 de xullo ó 5 de setembro de 2019. Rematado este prazo, o usuario que non cumprise estos requisitos será dado de baixa do servicio de comedor.

Ademáis é obrigado cubrir a solicitude en todos os casos, inclusive os nen@s que soliciten as bolsas do concello.

As prazas de comedor outorgadas a cada alumno pertenceranlle durante todo o periodo escolar, mentres cumpran as normas e o precisen.

Os nen@s que falten un mes consecutivo sen xustificación, así como aqueles que se den de baixa, quedarán sen praza. Para volver a optar á mesma deberán facer de novo a solicitude e pasarán a formar parte dunha lista de espera.

*Os alum@s de 4º de infantil, por mor do período de adaptación, só poderán comezar a partires de outubro.

Page 2: REGULAMENTO E NORMAS XERAIS DO SERVIZO DE COMEDOR … · REGULAMENTO E NORMAS XERAIS DO SERVIZO DE COMEDOR C.E.I.P. BALAIDOS PARA O CURSO 2019/2020 AMBITO DE APLICACIÓN As normas

SINATURA DE BOLSAS

A dirección do centro enviará notificación ás familias d@s alumn@s bolseir@s para que pasen a asinar as axudas no momento que o requiran.

RESPONSABLE DA XESTION DO COMEDOR

O A.N.P.A designará unha persoa responsable de coordinar, xestionar e controlar o bo funcionamento do servicio de comedor. Dita persoa servirá de enlace entre pais, coidadoras, colexio, A.N.P.A. / F.O.A.N.P.A.S e empresa proveedora do servicio.

É obrigatorio ter actualizado un número de teléfono de contacto no A.N.P.A. para calquera posible incidencia.

TELEFONO DE URXENCIAS DO COMEDOR

Durante o horario do comedor a encargada disporá dun teléfono movil para calquer urxencia

que poida surxir. Dito número de telefono será 698 15 38 04.

Este teléfono utilizarase soamente para chamadas urxentes polo que se prega que sexa utilizado de maneira consecuente por todos.

SISTEMA DE PAGO E TARIFAS.

A táboa de tarifas de comedor, así coma o precio do menú, serán especificados ao comezo de curso escolar, dependendo da empresa adxudicataria.

O pago farase, mediante ingreso do número de conta do servizo DE COMEDOR aberta polo A.N.P.A. a tal efecto:

ES54 2080 5104 8630 4002 6302

No recibo debe constar o nome do alumn@ e o mes ó que corresponde o pago.

O abono efectuarase en dita conta antes do día 10 de cada mes.

Os becados terán que aboar un único pago de 20 euros en concepto de gastos de materiais non cubertos pola súa beca.Ó INCUMPRIMENTO DE ESTE PAGO ,SERA MOTIVO DE PERDA DA PRAZA.

Dito pago deberá realizarse antes do 30 de outubro.

Os nen@s esporádic@s farán o pago na mesma conta mencionada anteriormente, especificando o nome do alumno, así como aqueles que ainda sendo fix@s, queden algún día máis de maneira esporádica.

Page 3: REGULAMENTO E NORMAS XERAIS DO SERVIZO DE COMEDOR … · REGULAMENTO E NORMAS XERAIS DO SERVIZO DE COMEDOR C.E.I.P. BALAIDOS PARA O CURSO 2019/2020 AMBITO DE APLICACIÓN As normas

Nota aclaratoria:

A cota de comedor ven determinada pola media dos días lectivos totais ao longo do curso escolar, polo que se aboará o mesmo tódolos meses, incluídos os de vacacións (Nadal, entroido, Semana Santa).

@s alumn@s que teñan reservado o comedor para septembro, teñen a obriga de pagalo, xa que o menú se pide en xuño.

DIETAS ESPECIAIS

@s nen@s que requiran unha dieta especial por problemas de saúde ou non poidan inxerir determinados alimentos alimentos por razóns de alerxias ou intolerancias deberán presentar un informe médico que o xustifique. Nos casos de problemas de saúde eventuais deberán comunicalo no A.N.P.A.

HIXIENE PERSOAL

@s nen@s traerán un neceser con cepillo e pasta de dentes que levarán de volta a casa diariamente.

HORARIO

O horario de servicio de comedor é de 14:00 a 15:45, de setembro a xuño.

Establecerase un sistema de doble turno. Nun primeiro turno comerán os nen@s de Educación Infantil, 1º, 2º, 3º e 4º de primaria, no segundo turno quedarán os de 5º e 6º de primaria.

Os pais non poderán recoller @s nen@s antes das 15:45, agás no caso daqueles que vaian a piscina, que sairan as 15:15.

Durante o horario de comedor, as portas de acceso o recinto escolar permanecerán pechadas.

Os pais que autoricen os seus fill@s a marchar por sós deberán asinar a correspondente autorización. Asi mesmo ,se os pais envian a outra persoa a recoller a os nen@s ,deberan cubrir a sua corréspondente autorización e comunicalo no A.N.P.A.

FALTAS DE ASISTENCIA

Os pais deberán avisar ao centro de que o nen@ faltará ao comedor para anular o menú antes das 9:30 da mañá, avisando no local da A.N.P.A ou por teléfono, no 986 20 47 46.

De darse de baixa un neno en comedor, erán que avisar antes do día 15 do mes anterior á baixa. De non ser así, deberá aboarse a cota do mes entrante.

O A.N.P.A. porá en coñecemento da Dirección do centro e da Concellalía de benestar Social do Concello a ausencia sen xustificar d@s nen@s bolseir@s por máis de 5 días, podendo ser motivo de perda da bolsa.

Page 4: REGULAMENTO E NORMAS XERAIS DO SERVIZO DE COMEDOR … · REGULAMENTO E NORMAS XERAIS DO SERVIZO DE COMEDOR C.E.I.P. BALAIDOS PARA O CURSO 2019/2020 AMBITO DE APLICACIÓN As normas

NORMAS E COMPORTAMENTO

▪ Non poderán traer alimentos ou bebidas ó comedor. ▪ Faranse responsables dos seus obxectos persoais, quedando o A.N.P.A e os coidadores

exentos de calquera responsabilidade ó respecto. ▪ Deberán obedecer os coidadores, sendo eles, e baixo os criterios establecidos polo

Consello Escolar do centro, as que @s que reprendas no caso de que non cumpran as normas.

▪ Deben ser autosuficientes para poder comer sós.

▪ Ao sair de clase, deben esperar no alpendre. ▪ Entrarán no comedor acompañados pola encargada. ▪ Colocaran a roupa e mochilas nas perchas e estantes correspondentes. ▪ Lavarán as máns. ▪ Deberán sentarse correctamente. ▪ Esperarán tranquilamente a seren servidos. ▪ Deben comer todo e de todo. ▪ Falaran nun tono baixo e respetando a tódalas persoas coas que comparten o

comedor. ▪ Pedirán con respeto o que precisen. ▪ Non deben xogar cos servicios de mesa nin coa comida. ▪ Sobre as mesas só estará o preciso para comer. ▪ Deberan esperar sentados ata que a persoa encargada comunique o momento de sair. ▪ Sairán do comedor tranquilamente e sen alboroto. ▪ Xogarán só no patio de recreo e deixaran recollido todo o material. ▪ Non se pode estar nos pasillos nin subir ás clases. ▪ Ao finalizar o horario de comedor, non poderá permanecer ningún nen@ no recinto

escolar, agás aqueles que se queden a algunha actividade extraescolar. MOTIVOS DE SANCION E EXPULSIÓN Cando o Consello Escolar considere grave o mal comportamento dun nen@ este poderá ser

expulsado polo tempo que considere oportuno. Serán consideradas faltas graves dacordo co Regulamento de Réxime Interno do Centro, os seguintes

comportamentos: Leves:

✔ Molestar a outr@s alumnos. ✔ Faltar ao respeto a un compañeir@ ✔ Non facer caso das indicacións dos coidadores. ✔ Desprazarse polo colexio correndo, empurrando ou facendo ruido. ✔ Pegar chicles, adhesivos, etc... nas mesas do comedor.

Page 5: REGULAMENTO E NORMAS XERAIS DO SERVIZO DE COMEDOR … · REGULAMENTO E NORMAS XERAIS DO SERVIZO DE COMEDOR C.E.I.P. BALAIDOS PARA O CURSO 2019/2020 AMBITO DE APLICACIÓN As normas

Graves:

✔ A reiteración na comisión dunha falta leve ✔ Intimidar ou ameazar a outros alumn@s ou coidadoras. ✔ Agredir a un compañeir@ ou coidador. ✔ Non respetar o material, mobiliario e instalacións do comedor. ✔ Faltar ó respeto a unha coidadora. ✔ O impago das cotas do comedor, dentro dos prazos establecidos. ✔ Subir as aulas ou outras dependencias do centro no horario de comedor. ✔ Tirar ou lanzar comida. ✔ Esconder as carteiras ou outros obxectos.

Moi graves:

✔ Abandoar o comedor e o centro escolar sen causa xustificada. ✔ Faltar 3 veces o comedor sin xustificar ou avisar. ✔ Chegar 3 veces tarde no mesmo mes a recoller o nen@ sen causa xustificada. ✔ A acumulación de 3 partes por faltas graves.

Pode ser motivo de expulsión temporal:

o Incorrer na comisión de 4 faltas leves o Incorrer na comisión de 2 faltas graves o Incorrer na comisión de 1 falta moi grave

A directiva do A.N.P.A