PREGO DE CLÁUSULAS ECONÓMICO … CLAUSU… · Nº EXPEDIENTE PA 2/2017 81/2017 1. Obxecto do...

26
PREGO DE CLÁUSULAS ECONÓMICO-ADMINISTRATIVAS PARTICULARES QUE REXERAN A CONTRATACIÓN, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, DA EXECUCIÓN DA OBRA “REHABILITACIÓN E HUMANIZACIÓN DA ÁREA RECREATIVA OUTEIRO-COBAS”. OBRA REHABILITACIÓN E HUMANIZACIÓN DA ÁREA RECREATIVA OUTEIRO-COBAS CPV 45112720-8 PROGRAMA ORDE DO 30 DE DECEMBRO DE 2016 DA VICEPRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA PROCEDEMENTO ABERTO TRÁMITACIÓN URXENTE PERFIL DO CONTRATANTE PLATAFORMA DE CONTRATOS PÚBLICOS DE GALICIA Nº EXPEDIENTE PA 2/2017 81/2017 1. Obxecto do contrato. O contrato terá por obxecto a execución da obra : REHABILITACIÓN E HUMANIZACIÓN DA ÁREA RECREATIVA OUTEIRO-COBAS, definido na memoria do proxecto técnico, en cumprimento do disposto no Art. 123.1a), do RDLvo. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Contratos dos Sector Público, en adiante TRLCSP. Dita execución deberá axustarse ás presentes Cláusulas Administrativas Particulares, ó proxecto técnico redactado polo enxeñeiro agrónomo D. Gabino Grande Toro, cun presuposto de 49.586,11 € e 10.413,08 € de IVE e aprobado mediante Resolución da Alcaldía de data12 de xullo de 2016. 2. Presuposto de execución do contrato. Tipo de licitación: 49.586,11 €, sen IVE IVE: 10.413,08 € Total: 59.999,19 € O presuposto de execución por contrata comprende os seguintes conceptos: 1. Execución material: 41.669,00 €. 2. Gastos xerais da empresa, correspondéndolle a porcentaxe do 13 % sobre o presuposto de execución material, comprenderá os seguintes aspectos: a) A dirección técnica das obras, sendo o 4% do presuposto de execución material, de acordo coa taxa por servizos facultativos que se prestan en obras municipais e que foi aprobada polo Pleno da Corporación en sesión de data 14-12-2009. b) Gastos referentes á coordinación da seguridade e saúde, 1% do presuposto de execución material. c) Anuncios de licitación 3. Beneficio industrial: 6% do presuposto de execución material. 4. IVE, que se aplica sobre a suma do orzamento de execución material, gastos xerais da empresa e beneficio industrial. Dentro do importe referenciado inclúense, ademáis de toda clase de impostos e licenzas, todo xénero de gastos directos e indirectos que o contratista deba realizar para a normal execución da 1

Transcript of PREGO DE CLÁUSULAS ECONÓMICO … CLAUSU… · Nº EXPEDIENTE PA 2/2017 81/2017 1. Obxecto do...

PREGO DE CLÁUSULAS ECONÓMICO-ADMINISTRATIVAS PARTICULARES QUE REXERAN A CONTRATACIÓN, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, DA EXECUCIÓN DA OBRA “REHABILITACIÓN E HUMANIZACIÓN DA ÁREA RECREATIVA OUTEIRO-COBAS”.

OBRA REHABILITACIÓN E HUMANIZACIÓN DA ÁREA RECREATIVA OUTEIRO-COBAS

CPV45112720-8

PROGRAMA ORDE DO 30 DE DECEMBRO DE 2016 DA VICEPRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

PROCEDEMENTO ABERTO TRÁMITACIÓN URXENTEPERFIL DO CONTRATANTE

PLATAFORMA DE CONTRATOS PÚBLICOS DE GALICIA

Nº EXPEDIENTE PA 2/2017 81/2017

1. Obxecto do contrato.

O contrato terá por obxecto a execución da obra: “REHABILITACIÓN E HUMANIZACIÓN DA ÁREA RECREATIVA OUTEIRO-COBAS”, definido na memoria do proxecto técnico, en cumprimento do disposto no Art. 123.1a), do RDLvo. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Contratos dos Sector Público, en adiante TRLCSP.Dita execución deberá axustarse ás presentes Cláusulas Administrativas Particulares, ó proxecto técnico redactado polo enxeñeiro agrónomo D. Gabino Grande Toro, cun presuposto de 49.586,11 € e 10.413,08 € de IVE e aprobado mediante Resolución da Alcaldía de data12 de xullo de 2016.

2. Presuposto de execución do contrato.

Tipo de licitación: 49.586,11 €, sen IVEIVE: 10.413,08 €Total: 59.999,19 €O presuposto de execución por contrata comprende os seguintes conceptos:1. Execución material: 41.669,00 €.

2. Gastos xerais da empresa, correspondéndolle a porcentaxe do 13 % sobre o presuposto de execución material, comprenderá os seguintes aspectos:

a) A dirección técnica das obras, sendo o 4% do presuposto de execución material, de acordo coa taxa por servizos facultativos que se prestan en obras municipais e que foi aprobada polo Pleno da Corporación en sesión de data 14-12-2009.

b) Gastos referentes á coordinación da seguridade e saúde, 1% do presuposto de execución material.

c) Anuncios de licitación3. Beneficio industrial: 6% do presuposto de execución material.4. IVE, que se aplica sobre a suma do orzamento de execución material, gastos xerais da

empresa e beneficio industrial.Dentro do importe referenciado inclúense, ademáis de toda clase de impostos e licenzas, todo xénero de gastos directos e indirectos que o contratista deba realizar para a normal execución da

1

obra (Cartel publicitario durante a execución da obra e unha placa explicativa permanente ao remate coas características sinaladas no artigo 13.10 da Orde do 30 de decembro de 2016 da Vicepresidencia, Consellería de Presidencia e Administracions Públicas e Xustiza, control de calidade e saúde, etc.).Enténdese comprendidos na oferta formulada polo licitador todo xénero de gastos. Esta oferta fará referencia ó IVE en cadro a parte e, de non constar, entenderase incluído no prezo proposto polo licitador.

Da aprobación de cada certificación de obra, por parte do Concello procederase a liquidación da dirección técnica e coordinación de seguridade e saúde.

3. Financiamento-Aplicación presupuestaria.

A obra “REHABILITACIÓN E HUMANIZACIÓN DA ÁREA RECREATIVA OUTEIRO-COBAS” financiase con cargo ao Presuposto Municipal 2017 do Concello de Meaño, coa seguinte distribución de financiamento:

Anualidade Aplicación Presupostaria

Feader Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente

Vicepresid, Consellería Presidencia

Concello de Meaño

Importe

2017 171.61901 29.751,67 2.975,17 6.942,05 20.330,30 59.999,19

4. Prazo de execución.

O prazo de execución do contrato será de un mes, a contar desde o día seguinte á firma da acta de comprobación do replanteo e en calquera caso antes do día 24 de outubro de 2017.

O contratista estará obrigado a executar o contrato na súa totalidade antes do día 24 de outubro de 2017.

Este prazo será improrrogable.

5. Tramitación e procedemento de adxudicación.

O contrato adxudicarase por tramitación urxente, ao abeiro do artigo 112 do RDLvo. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Contratos do Sector Público. Procedemento aberto, oferta economicamente máis vantaxosa, varios criterios de adxudicación, ao abeiro dos artigos 6, 138 e 150 do RDLvo. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Contratos do Sector Público.

6. Capacidade para contratar.

Están capacitadas para contratar as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a correspondente clasificación e solvencia técnica nos termos que dispón o artigo 76 do TRLCSP, e non se atopen incursas en algunha das prohibicións que contempla o artigo 60 de dita norma.A efectos da licitación, os empresarios que desexen concorrer integrados en unión temporal deberán indicar os nomes e circunstancias dos que a constitúan e a participación de cada un, así como que asumen o compromiso de constituírse formalmente en unión temporal en caso de

2

resultar adxudicatarios do contrato.A duración das unións temporais de empresarios será coincidente coa do contrato ata a súa extinción.

7. Garantías.

Provisional: Os licitadores que desexen participar neste procedemento deberán constituir unha garantía provisional do 1% do presuposto do contrato excluído o IVE, e poderá constituirse mediante das formas previstas nos artigos 95 e 96 do TRLCSP. Esta garantía responderá do mantemento das ofertas ata a adxudicación do contrato e para o licitador que resulte adxudicatario, responderá tamén do cumprimento das obrigas que lle impón o segundo parágrafo do artigo 151.2.A garantía provisional extinguirase automaticamente e será devolta aos licitadores inmediatamente despois da adxudicación do contrato agás ao licitador cuxa proposición houbera resultado seleccionado ata que proceda a constitución da garantía definitiva, e incautada ás empresas que retiren inxustificadamente a súa proposición antes da adxudicación.A finalidade desta esixencia é garantir o mantemento da oferta ata a adxudicación dado o escaso prazo de execución desta obra. A non presentación da garantía provisional en prazo será causa de exclusión do proceso de liciatación.

Definitiva: O licitador que presente a oferta economicamente máis vantaxosa deberá constituir a favor do Concello de Meaño unha garantía do 5% do importe da adxudicación do contrato, sen incluír o IVE, e poderá constituirse mediante das formas previstas nos artigos 95 e 96 do TRLCSP. A constitución da garantía definitiva deberá ser acreditada dentro dos cinco días hábiles seguintes, contados desde o seguinte ó da recepción do correspondente requirimento. En caso de non cumprirse este requirimento no prazo sinalado entenderase que o licitador retirou a súa oferta, procedéndose, nese caso, a solicitarlle a mesma documentación ó licitador seguinte, pola orde en que quedasen clasificadas as ofertas.

8. Perfil do contratante. Obtención de información previa. Notificacións electrónicas

Co fin de asegurar a transparencia e o acceso público á información relativa á súa actividade contractual, e sen prexuízo da utilización doutros medios de publicidade, este concello conta co perfil do contratante na Plataforma de Contratos Públicos de Galicia.

A obtención de información polos interesados poderá efectuarse: 1. Dependencia: Secretaría do Concello de Meaño. 2. Enderezo: R/ Campo da Feira nº 1 – Meaño 3. Localidade e código postal: Meaño. 369684. Teléfono: +34 986747102 / 9867475855. Telefax: +34 986 747391 6. Enderezo de Internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

Con base ao artigo 14.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, as notificacións relativas a este procedemento

3

practicaranse de xeito electrónico a través da sede electrónica do Concello de meaño (https://concellodemeano.sedelectrónica.gal).A tal efecto, os licitadores deberán presentar como documentación obrigatoria requirida no SOBRE A, unha Declaración Responsable (ANEXO I do Prego de Cláusulas económico administrativas), na que deberán establecer a dirección de correo electrónico onde queira que se lle comuniquen as notificacións. Para acceder á comuicación, deberá dispor dun certificado dixital. Cando se envíe unha comunicación, o licitador será informado desta circunstancia por medio dunha mensaxe de correo electrónico enviado á dirección que proporcione a este efecto ao órgano de contratación.As notificacións entenderanse realizadas desde o momento no que o Concello poña a disposición a comunicación do acto e transcorresen cinco días naturais ( requirimentos ou comunicación) ou dez días naturais (adxudicación) sen que se acceda ao seu contido, entenderase que a notificación foi rexeitada cos efectos previstos no artigo 43 da Lei 39/2015, de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, salvo que de oficio ou a instancia da persoa interesa poida comprobarse a imposibilidade técnica ou material do acceso.

9. Lugar e prazo de presentación de ofertas. Lugar de presentación: As proposicións presentaranse no Rexistro do Concello de Meaño, sito na R/Campo da Feira nº 1 (Meaño), en horario de 8:00 a 14:30 horas de luns a venres.

Prazo de presentación de ofertas: Durante o prazo trece días naturais (artigo 159.2 do R. d. l. 3/2011), a contar desde o día seguinte á publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia; segundo determinan os artigos 142, 144 e 159.2 RDLvo. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Contratos do Sector Público.

Se o último día de presentación de proposicións coincidise en domingo ou festivo prorrogarase o prazo ata o primeiro día hábil seguinte a este.Tamén se poderán presentar por calquera dos rexistros establecidos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

Cando a documentación se envíe por calquera dos procedementos antes indicados o empresario deberá anunciar a data e a hora da imposición do envío e anunciarlle ó órgano de Contratación a remisión da oferta mediante correo electrónico ([email protected]) télex, fax (número 986747391) ou telegrama, sempre no mesmo día.

Sen o cumprimento deste trámite a documentación non será admitida se é recibida polo órgano de contratación con posterioridade á data e hora do remate do prazo.

No caso de ter presentada a documentación na oficina de correos e anunciado o envío ao órgano de contratación nos termos indicados e transcorridos dez días desde a data de remate do prazo para a presentación de proposicións, esta non tivese entrada no Rexistro Xeral do Concello, non será admitida.

4

As ofertas dos interesados deberán axustarse ó previsto no prego de cláusulas administrativas particulares, e a súa presentación suporá a aceptación incondicionada polo empresario do contido da totalidade de ditas cláusulas ou condicións, así como da memoria valorada e do prego de prescriciones técnicas, sen salvedade ou reserva algunha.

As ofertas serán secretas e arbitraranse os medios que garanten tal carácter ata o momento en que deba procederse a súa apertura en público das mesmas.

Cada licitador non poderá presentar máis dunha oferta, sen prexuízo da admisibilidade de variantes ou melloras cando se permita a súa presentación.

Tampouco poderá subscribir ningunha proposta en unión temporal con outros se o fixo individualmente ou figurar en máis dunha unión temporal. A infracción destas normas dará lugar á non admisión de tódalas propostas por él subscritas.

10. Forma en que deben presentarse as ofertas.

Os contratistas interesados na licitación deberán presentar dous sobres distintos (SOBRE 1 e SOBRE 2) , nos que se escribirá de forma lexible e visible, sen que sexa preciso abrilo para a súa lectura, o seguinte:- Denominación do contrato- Nome do licitador- CIF- Enderezo, correo electrónico, teléfono de contacto e fax.- Número de inscrición no rexistro de contratistas (se é o caso)

SOBRE NÚMERO 1.- DOCUMENTACIÓN ADMINISTRATIVA. Deberá levar a lenda no exterior de “DOCUMENTACIÓN ADMINISTRATIVA – Obra: “Rehabilitación e humanización da área recreativa Outeiro-Cobas” e no seu interior conterá, de conformidade co que dispón o artigo 146.4 do TRLCSP, a seguinte documentación que deberá reunir os requisitos de autenticidade previstos nas Leis:

1.- Unha relación de todos os documentos incluídos neste sobre.2.- Documento que acredite a constitución da garantía provisional.3.- Declaración responsable suscrita pola persoa que firme a proposición, de acordo co modelo que se adxunta no Anexo I.4.- Declaración de empresas vinculadas, de acordo co modelo que se adxunta no Anexo II5.- Compromiso do licitador de dedicar ou adscribir ao contrato os medios personais e materiais suficientes necesarios para a debida execución do mesmo, aos que se refire o artigo 64.2 do TRLCSP.Sen prexuízo de que a documentación acreditativa de tal requisito deba presentarse, antes da adxudicación do contrato.6.- As empresas estranxeiras presentarán unha declaración de someterse á xurisdición dos xulgados e tribunais españois de calquera orde, para todas as incidencias que, de modo directo ou indirecto, poidan xurdir do contrato, con renuncia, se é o caso, ó foro xurisdicional estranxeiro que puidese corresponderlle ó licitador. En todo caso as empresas estranxeiras presentarán os seus documentos debidamente traducidos de forma oficial ó castelán ou ó galego.

5

SOBRE N 2.- OFERTA ECONÓMICA. Deberá levar a lenda no exterior de “OFERTA ECONÓMICA – Obra: “Rehabilitación e humanización da área recreativa Outeiro-Cobas”, no mesmo incluirase a proposición con arranxo ó modelo Anexo III, relativa a aqueles criterios evaluables mediante fórmulas matemáticas.

Conterá a oferta económica na que se expresará o prezo de execución do contrato debendo figurar como partida independente o importe do Imposto sobre o Valor Engadido, segundo o ANEXO III, no que se incluirán as melloras que de seguido se relacionan. No caso de discrepancia entre as cantidades consignadas en número e letra, prevalecerán as primeiras sobre as segundas.

11. Criterios para a adxudicación do contrato.

Para a avaliación das proposicións e a determinación da oferta económica máis vantaxosa atenderase a varios criterios obxectivos de adxudicación, directamente vinculados co obxecto do contrato:

11.1- OFERTA ECONÓMICA : (Puntuación máxima: 60 puntos )A valoración da oferta económica efectuarase asignando a máxima puntuación establecida (60 puntos) á empresa que menor importe do prezo ofreza para a execución do contrato e o resto distribuirase proporcionalmente con arranxo á seguinte fórmula matemática:

P = 60 x menor prezo ofertado Oferta a valorar

11.2- MELLORAS: (Puntuación total: 40 puntos )

* Tobogán. A proposta que oferte esta mellora outorgaránselle puntos: 12Esta mellora consistirá:

DESCRIPCION UD PREZO UNITARIO

TOTAL

Ud. Tobogán apto para niños pequeños, realizado en acero inoxidable de 2,5-3 mm. de espesor la superficie de deslizamiento, con estructuras tubulares de acero inoxidable y laterales y orejotas de contrachapado marino, con una altura de 1,00 m. modelo HPC J1058A o similar. El juego se fijara al terreno mediante anclaje segun fabricante, totalmente instalado para su uso.

1 2.300,00 2.300,00

*Columpio doble. A proposta que oferte esta mellora outorgaránselle puntos: 12Esta mellora consistirá:

DESCRIPCION UD PREZO UNITARIO

TOTAL

6

Ud. Columpio doble, con asientos, realizado con estructura metálica de acero galvanizado lacado y con cadenas para los asientos, con sistema anti-wrapping, modelo HPCJ478 ou similar. O xogo fixarase ao terreo mediante os anclaxes segundo fabricante e quedará totalmente instalado para o seu uso.

1 2.380,00 2.380,00

* Balancín de muelles. A proposta que oferte esta mellora outorgaránselle puntos: 7Esta mellora consistirá: DESCRIPCION UD PREZO

UNITARIOTOTAL

Ud. Balancín de muelles, realizado en acero galvanizado con asientos de HPL , modelo HPC J853 o similar. El juego se fijara al terreno mediante anclaje según fabricante, totalmente instalado para su uso

1 1.310,00 1.310,00

* Xogo de muelles A proposta que oferte esta mellora outorgaránselle puntos: 7Esta mellora consistirá:

DESCRIPCION UD PREZO UNITARIO

TOTAL

Ud. Juego de muelles, modelo EL CABALLO J819A de HPC o similar,realizado en tablero contrachapado con tratamiento especial intemperie y pintura dos manos por aplicación electrostática con laca de dos componentes de poliuretano. El juego se fijara al terreno mediante anclaje segun frabricante, totalmente instalado para su uso

2 810,00 1.620,00

* Certificación zona de xogos. A proposta que execute esta mellora outorgaránselle puntos: 2

Esta mellora consistirá:

DESCRIPCION UD PREZO UNITARIO

TOTAL

Certificado completo das área de xogo infantís cumprindo os requisitos esixibles pola normativa da Xunta de Galicia en materia de áreas recreativas de obrigado cumprimento

1 400,00 400,00

11.3.- VALORACIÓN DAS MELLORASA valoración destas melloras efectuarase de xeito automático, outorgándolle:1.- A puntuación sinalada a cada unha das melloras que sexan ofertas polos licitadores. 2.- 0 puntos a/as mellora/s non ofertada/s.

12. Criterios para a consideración de que a oferta contén valores anormais ou desproporcionados. O carácter desproporcionado ou temerario da oferta será analizado á vista dos informes que,

7

sobre este extremo, poidan emitir os técnicos.Antes da emisión deste informe, solicitarase da empresa ofertante a xustificación da viabilidade da súa proposta no prazo máximo de 3 días hábiles, xustificación que haberá de referirse nos termos sinalados polo art. 152.3 da TRLCSP e sobre a que, necesariamente, pronunciaranse os informes técnicos. Considerarase, en principio, desproporcionadas ou temerarias as ofertas que se atopen nos seguintes supostos:

1. Cando, concorrendo un só licitador, sexa inferior ao orzamento base de licitación en máis de 25 unidades porcentuais.

2. Cando concorran dous licitadores, a que sexa inferior en máis de 20 unidades porcentuais á outra oferta.

3. Cando concorran tres licitadores, as que sexan inferiores en máis de 10 unidades porcentuais á media aritmética das ofertas presentadas. Non obstante excluiranse para o cómputo de dita media a oferta de contía máis elevada cando sexa superior en máis de 10 unidades porcentuais de dita media. En calquera caso, considerarase desproporcionada a baixa superior a 25 unidades porcentuais.

4. Cando concorran catro ou máis licitadores, as que sexan inferiores en máis de10 unidades porcentuais á media aritmética das ofertas presentadas. Non obstante, si entre elas existen ofertas que sexan superiores a dita media en máis de 10 unidades porcentuais, procederase ao cálculo dunha nova media só coas ofertas que non se atopen no suposto indicado. En todo caso, si o número das restantes ofertas é inferior a tres, a nova media calcularase sobre as tres ofertas de menor contía.

Si unha oferta é susceptible de ser identificada como temeraria concederase audiencia ao licitador para que, no prazo de tres días hábiles desde a recepción do requirimento, xustifique a valoración da oferta e precise as condicións das mesmas.O órgano de contratación declarará que a oferta non poderá ser cumprida como consecuencia da inclusión de valores desproporcionados ou anormais, á vista das explicacións do licitador e do informe técnico, cando o custe das variantes ou melloras sinaladas na oferta supoña a imposibilidade de obter beneficio de ningún tipo coa execución do contrato. A efectos das súas valoracións, o órgano de contratación poderá considerar a relación entre a solvencia da empresa e a oferta presentada. As ofertas así declaradas serán excluídas da licitación.

13. Confidencialidade.

Sen prexuizo das disposicións do TRLCSP relativas á publicidade da adxudicación e á información que debe darse ós candidatos e ós licitadores, éstos poderán designar como confidencial parte da información facilitada por eles ó formulalas ofertas, en especial con respecto ós secretos técnicos ou comerciais e ós aspectos confidenciais das mesmas. Os órganos de contratación non poderán divulgar esta información sen o seu consentimento. De igual modo, o contratista deberá respetar o carácter confidencial daquela información á que teña acceso con ocasión da execución do contrato á que se lle houbese dado o referido carácter nos pregos ou no contrato, ou que pola súa propia natureza deba ser tratada como tal. Este deber manterase durante un prazo de cinco anos dende o coñecemento desa información, salvo que o contrato estableza un prazo maior.

14. Revisión de Prezos.

Por aplicación do disposto no artigo 89.2 do TRLCSP non existe revisión de prezos.

8

15. Mesa de contratación.

Constitución (Artigo 21 do R.D. 817/2009, de 8 de maio, polo que se desarrolla parcialmente a lei 30/2007, de 30 de outubro, de contratos do Sector Público: Estará constituída pola alcaldesa Dª Lourdes Ucha Varela ou persoa na que delegue, que a presidirá. Vogais: Dª Mª Teresa Escudero Barral (secretaria-interventora do Concello de Meaño), D. Antonio Vázquez Rosales (arquitecto municipal do Concello de Meaño), Dª Evangelina Vea Espiña (arquitecta técnica municipal) e D. José Ramón Gondar Pintos (primeiro tenente de alcalde). Secretaria da Mesa unha funcionaria do Concello de Meaño. A Mesa constituirase validamente coa asistencia, ó menos, da súa presidenta, secretaria-interventora e secretaria da mesa.

16. Apertura e cualificación da documentación xeral e ofertas.

Concluído o prazo de presentación de proposicións e antes da reunión da Mesa de Contratación emitirase certificación na que conste o número de proposicións presentadas no Rexistro Xeral, por orde de presentación e se existise anuncio de remisión dalgunha proposta por correo, neste último caso estarase ó previsto no artigo 80.4 e 80.5 do RGLCAP e en caso contrario, continuarase coa tramitación dacordo co disposto pola Lei. A Mesa de Contratación reunirase a convocatoria do Presidente, para a apertura do SOBRE 1, ós efectos da admisibilidade dos licitadores. A Mesa de Contratación se observase defectos ou omisións na documentación, comunicarase verbalmente ou mediante fax ou telemáticamente de así estimarse, ós interesados concedéndolles un prazo de un día hábil para subsanación, sen prexuízo de que estas circunstancias se fagan públicas a través de anuncios do órgano de contratación.Cualificada a documentación e subsanados, no seu caso, os defectos ou omisións a Mesa de Contratación procederá a declaralas admitidas e as rexeitadas, con expresión das causas do rexeitamento, á licitación ós licitadores que acreditasen o cumprimento dos requisitos esixidos.A Mesa de Contratación reunirase en acto público para a apertura das proposicións contidas no SOBRE 2 no Salón de Sesións da Casa do Concello na hora e data sinalada pola presidenta, que poderá ser no mesmo día da apertura do SOBRE 1 si non resulta precisa a concesión de prazo de subsanación de documentación aos licitadores, procedendo segundo determina o artigo 83 do RGLCAP. Así unha vez declarada polo presidente o resultado da cualificación dos documentos presentados, con expresión dos admitidos e dos rexeitados, acto seguido invitarase òs licitadores interesados a que manifesten as dúbidas que se lles ofrezan, procedendo posteriormente á apertura do SOBRE 2 (Oferta económica). A Mesa de Contratación poderá, solicitalos informes técnicos que considere oportunos. A Mesa de contratación elevará ó órgano de contratación a acta e a proposta que estime pertinente. No non previsto na presente cláusula será de aplicación o réxime contemplado nos arts. 150 do TRLCSP e 80 a 84 do RD 1098/2001.

17. Clasificación de ofertas e requirimento de documentación a presentar pola empresa que propoña a oferta economicamente máis vantaxosa.

O órgano de contratación, unha vez avaliadas as propostas segundo os criterios de adxudicación contidos no presente prego, clasificará, por orde decrecente, as proposicións presentadas e que non fose declaradas desproporcionadas ou anormais. O órgano de contratación requirirá ao licitador que presentase a oferta economicamente máis vantaxosa para que, dentro do prazo de cinco días hábiles, a contar desde o seguinte a

9

aquél no que houbese recibido o requirimento, presente a seguinte documentación:

17.1. Documentación acreditativa do cumprimento dos requisitos previos: De conformidade co disposto no TRLCSP (modificada pola Lei 14/2013, de 27 de setembro, de apoio ó emprendedor) deberá presentarse a seguinte documentación: 1. A capacidade de obrar dos empresarios que fosen persoas xurídicas acreditarase mediante a escritura de constitución ou modificación, no seu caso, inscrita no Rexistro Mercantil, cando este requisito fose esixible segundo a lexislación mercantil que lle sexa aplicable. En caso de non selo, a acreditación da capacidade de obrar realizarase mediante escritura ou documento de constitución, estatutos ou acto fundacional no que consten as normas polas que se regula a súa actividade, inscritos, no seu caso, no correspondente rexistro oficial.

Cando se trate de empresarios non españois de estados membros da Comunidade Europea deberán acreditar a súa inscrición nos rexistros ou achegar as certificacións descritas no artigo 9 do Real decreto 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba do Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas (RXLCAP).

Os demais empresarios estranxeiros deberán acreditar a súa capacidade de obrar cun informe da Misión Diplomática Permanente ou Oficina Consular de España no lugar do domicilio da empresa, no que se faga constar, previa acreditación por parte da empresa, que figuran inscritas no rexistro local profesional, comercial ou análogo ou, na súa falta, que actúan habitualmente no tráfico local no ámbito das actividades ás que se estende o obxecto do contrato. Ademais deberán xustificar, mediante un informe da respectiva Misión Diplomática Permanente de España ou da Secretaría Xeral de Comercio Exterior do Ministerio de Economía e Facenda, sobre a condición de estado signatario do Acordo sobre contratación pública da Organización Mundial de Comercio, nos casos previstos no Real decreto 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba do Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas (RXLCAP).

Se é persoa física, o documento que acredite a súa personalidade (documento nacional de identidade para españois; pasaporte, autorización de residencia e permiso de traballo, no seu caso, ou calquera outro documento equivalente para estranxeiros).

Se o asinante da proposición actúa en calidade de representante do licitador deberá achegarse o documento que acredite a personalidade deste representante (DNI para españois; pasaporte, autorización de residencia e permiso de traballo no seu caso, ou calquera outro documento equivalente para estranxeiros) e, ademais, poder bastanteado en dereito ó seu favor, debidamente inscrito no rexistro oficial correspondente, que habilite para concorrer ó asinamento de contratos coas administracións públicas.

No caso de concorreren á licitación varias empresas, constituíndo unha unión temporal, cada unha delas deberá acreditar a súa personalidade e capacidade indicando os nomes e as circunstancias dos empresarios que subscriben as proposicións e a participación de cada unha delas, designando a persoa ou entidade que, durante a vixencia do contrato,

10

ha de desempeñar a representación da unión temporal ante a Administración.

2. Poder. Os que comparezan ou asinen proposicións en nome doutro, ou representen a unha persoa xurídica, deberán presentar tamén unha escritura de poder.

3. Documentación acreditativa da solvencia económica, financeira e técnica. Os licitadores deberán acreditar a súa solvencia económica, financeira e técnica nos termos e polos medios que de seguido se relacionan:

A) Clasificación: non se precisa

B) Acreditación da solvencia económica:Deberase acreditar un volume anual de negocios referido ao ano de maior volume de negocio dos tres últimos exercicios concluídos por un importe mínimo dunha vez e media do valor anual medio do contrato.

Documentación a presentar:

a) No caso de entidades con personalidade xurídica propia (sociedades mercantís):

-As contas anuais (conta de perdas e ganancias) dos cinco últimos anos presentadas no Rexistro Mercantil ou no rexistro oficial que corresponda e/ou os modelos 200 (declaración-liquidación do Imposto sobre Sociedades) dos tres últimos anos.

b) No caso de titulares de actividades económicas no ámbito do Imposto Sobre a Renda das Persoas Físicas (IRPF)

b.1) Empresarios e profesionais con tributación do IRPF mediante o método de estimación directa normal ou simplificada.

-Libro de rexistro de vendas e ingresos dos tres últimos anos (que deberán estar debidamente legalizados para aqueles que teñan a mencionada obriga)

-Modelo 390 (declaración do resumo anual IVE) dos tres últimos anos e/ou modelo 100 (documento de ingreso ou devolución da declaración do IRPF) dos tres últimos anos

b.2) Empresarios e profesionais con tributación do IRPF mediante o método de estimación obxectiva.

-Libro de rexistro de vendas e ingresos dos tres últimos anos e/ou modelo 100 (documento de ingreso ou devolución da declaración do IRPF) dos últimos tres anos

-Declaración responsable asinada polo representante legal que acredite que o libro de rexistro de vendas e ingresos reflicte a imaxe fiel da actividade económica da empresa. No caso de non dispor do libro de rexistro de vendas e ingresos a declaración debe

11

acreditar que o rendemento neto da actividade reflicte a imaxe fiel da actividade económica da empresa

C) Solvencia técnica

-Relación das obras executadas no transcurso dos dez últimos anos avalada por certificados de boa execución para as obras máis importantes. Estes certificados indicarán o importe, as datas e o lugar de execución das obras e precisarase se se realizaron segundo as regras polas que se rexe a profesión e se levaron a bo termo (Anexo IV).

O importe destes contratos xustificados no ano de maior execución (sen incluír o Imposto sobre o Valor Engadido) debe ser igual ou superior ao 70% do valor estimado do contrato, o da súa anualidade media se esta é inferior ao valor estimado do contrato.

- Declaración na que se indicará a maquinaria, o material e o equipo técnico do que se disporá para a execución das obras, á que se lle achegará a documentación acreditativa pertinente.

17.2. Documentación necesaria para a adxudicación do contrato O licitador coa oferta máis vantaxosa deberá presentar a seguinte documentación, de conformidade co disposto no artigo 151.2 do TRLCSP.

1. Certificación positiva expedida pola Tesourería da Seguridade Social, ó abeiro dos artigos 14 e 15 do RXLCAP, que acredite que se atopa ó corrente no cumprimento das súas obrigas coa Seguridade Social.

2. Certificación positiva expedida pola Axencia Estatal da Administración Tributaria e da Xunta de Galicia ó abeiro dos artigos 13 e 15 do RXLCAP, que acredite que se atopa ó corrente do pagamento das súas obrigas tributarias. Certificación expedida polo ORAL de no ter débedas co Concello de Meaño.

3. Copia compulsada da alta no Imposto de Actividades Económicas na epígrafe correspondente ó obxecto do contrato, referida ó exercicio corrente, ou o último recibo completado cunha declaración responsable de non estar dado de baixa na matrícula do citado imposto.

4. Documentación acreditativa da efectiva disposición dos medios persoais e materiais que se comprometeu a adscribir á execución do contrato.

5. Deberá indicarse a parte do contrato que teñan previsto subcontratar, sinalando a súa porcentaxe con respecto á totalidade e o nome ou o perfil empresarial.

6. Documento que acredite a constitución da garantía definitiva.

12

7. Documento acreditativo do pagamento dos anuncios. 18. Adxudicación.O órgano de contratación deberá adxudicar o contrato dentro dos tres días hábiles seguintes á recepción da documentación e no prazo máximo de un mes a contar desde a apertura das proposicións, cando para a adxudicación do contrato deban terse en conta unha pluralidade de criterios, e no prazo máximo de oito días, contando desde a apertura das proposicións, cando o único criterio de valoración sexa o prezo.

A adxudicación notificaráselle ós licitadores e publicarase no perfil de contratante do órgano de contratación, indicándose o prazo en que debe procederse á súa formalización.

O órgano de contratación poderá declarar deserta a licitación, a proposta da mesa de contratación, cando non exista ningunha oferta ou proposición que sexa admisible de acordo cos criterios que figuran no prego.

19. Formalización do contrato.

A formalización do contrato deberá efectuarse no prazo de dous días hábiles seguintes ao que se reciba a notificación da adxudicación polos licitadores.

O documento en que se formalice o contrato será en todo caso administrativo, sendo título válido para acceder a calquera rexistro público. Non obstante, o contrato formalizarase en escritura pública cando así o solicite o contratista, sendo a súa costa os gastos derivados do seu outorgamento.

Cando por causas imputables ó contratista non se formalizase o contrato dentro do prazo indicado, a Administración poderá acordar a súa resolución.

Non se poderá iniciar a execución do contrato sen a súa formalización previa.

20. Responsable do contrato e dirección da obra.O órgano de contratación poderá designar unha persoa responsable do contrato conforme se establece no artigo 52 do TRLCSP.O Director de obra que se designe polo órgano de contratación exercerá as funcións de dirección, inspección, comprobación e vixiancia necesarias para a correcta execución da obra contratada. O Director das obras poderá estar auxiliado polo persoal que o órgano de contratación designe.

21. Obrigas do contratista unha vez asinado o contrato. Unha vez asinado o contrato o contratista terá a obriga de realizar as seguintes actuacións:

21.1 . Elaboración do Plan de seguridade e saúde de obra. Realizarase en base ó Estudo de seguridade e saúde ou, no seu caso, Estudo básico de seguridade e saúde do proxecto (artigo 7 do Real decreto 1627/1997, de 24 de outubro, polo que se establecen as disposicións mínimas de seguridade e saúde nas obras de

13

construción).

Este documento entregarase no Concello como máximo o día seguinte ao da sinatura do contrato, que realizará os seguintes trámites:

a) Aprobación do Plan de seguridade e saúde da obra

b) O Plan de seguridade e saúde deberá ser aprobado pola Alcaldía, antes do inicio da obra, previo informe do coordinador de seguridade e saúde que fose previamente designado.

21.2. Comunicación de apertura do centro de traballo. Con anterioridade ó comezo dos traballos solicitarase a apertura do centro de traballo ante a autoridade laboral competente.

21.3. C olocación de cartel publicitario durante a execución da obra e unha placa explicativa permanente ao remate coas características sinaladas no artigo 13.10 da Orde do 30 de decembro de 2016 da Vicepresidencia, Consellería de Presidencia e Administracions Públicas e Xustiza.

21.4. Inicio das obras A da obra comezará co asinamento da acta de comprobación de replanteo. A data de formalización desta acta non poderá exceder de tres días desde a aprobación do Plan de Seguridade e Saúde da Obra.

A acta de comprobación do replanteo será parte integrante do contrato ós efectos da súa esixibilidade.

- 21.5. Certificacións A dirección de obra realizará mensualmente a medición das unidades de obra executada, redactando unha relación valorada, na que tomará como referencia os prezos contratados e sobre a que expedirá a correspondente certificación de obra.

Deberán presentarse no Concello coa conformdiade da dirección de obra e dos técnicos responsables, nos últimos cinco días de cada mes xunto coa correspondente factura, que se presentará por facturación electrónica.

A Administración quedará coa potestade de non tramitala ata o mes seguinte aquelas certificacións e facturas que se presenten con data posterior.

As certificacións de obra axustaranse ós modelos de certificación para obras do Plan Concellos da Deputación Provincial. O técnico director deberá practicar nas certificacións de obra as retencións correspondentes ás taxas de seguridade e saúde e a taxa por dirección de obra.

14

Estas retencións aplicaranse sobre o orzamento de execución material do orzamento de adxudicación.

As certificacións de obra que recollan unha execución con mora teñen que ir acompañadas da xustificación da demora polo contratista e o correspondente informe de conformidade da dirección da obra.

- 21.6. Solicitude de prórroga no prazo de execución As obras executaranse con estrita suxeición ós pregos de condicións, ó proxecto e ó prazo ofertado.

A prórroga é un instrumento excepcional que deberá ser concedido expresamente polo órgano de contratación tras a solicitade por parte do contratista, que deberá acompañarse dun informe favorable do director de obra.

- 21.7. Obrigas relativas aos traballadores.O contratista deberá cumprir cos deberes derivados das disposicións legais,

regulamentarias e convencionais vixentes en materia de protección do emprego, condicións de traballo, prevención de riscos laborais e Seguridade Social.

O contratista deberá en todo caso de axustarse á diferente normativa que rexa as relacións laborais no seno da súa empresa, incluída a regulación vixente sobre seguridade e hixiene no traballo. Así, deberá de acomodarse ó Plan de Seguridade e Saúde que, de conformidade co Estudio ou Estudio Básico contido no proxecto, se aprobase polo Concello, así como ás instrucións dadas polo coordinador en materia de seguridade e saúde no curso da execución das obras.Expresamente precísase que non surxirá relación contractual de ningún tipo entre o Concello e o persoal ó servizo da empresa a consecuencia da execución do contrato por ésta.

22. Subcontratación.Rexerase polo disposto nos arts. 227 e 228 do TRLCSP e na Lei 32/2006, de 18 de outubro, reguladora da subcontratación no Sector da Construción, e na súa normativa en desenvolvemento (RD 1109/2007, de 24 de agosto), sen prexuízo das especialidades propias da contratación pública (Dad. 2ª da lei).

Cando o contratista incumpra as condicións para a subcontratación establecidas no artigo 227.2 do TRLCSP ou o límite máximo especial establecido para a subcontratación imporase a penalidade regulada no artigo 227.3, con suxeición ó seguinte:

- Farase efectiva mediante deducción das cantidades que, en concepto de pago total ou parcial, deban aboarse ó contratista, ou sobre a garantía, conforme ó artigo 212.8 do TRLCSP.

- Como regra xeral, a súa contía será un 20% do importe do subcontrato.

Os subcontratistas non terán en ningún caso acción directa fronte á Administración contratante polos deberes contraídos con eles polo contratista como consecuencia da execución do contrato principal e dos subcontratos.

15

O contratista deberá informar os representantes dos traballadores da subcontratación, de acordo coa lexislación laboral.

En todo caso, no proceso de subcontratación deberán cumprirse as normas xerais sobre esta materia establecidas na Lei 32/2006, de 18 de outubro, reguladora da subcontratación no sector da construción e as súas normas de desenvolvemento, cuxas infraccións, conforme ó indicado no seu artigo 11, serán sancionadas con arranxo ó disposto no Texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social, aprobado polo Real decreto 5/2000, de 4 de agosto.

23. Pagos a subcontratistas e subministradores. O contratista debe abonar aos subcontratistas ou subministradores o prezo pactado nos prazos fixados que non poderán ser mais desfavorables que os previstos para as relacións entre a Administración e o contratista que de conformidade co artigo 216.4 son de trinta días. Dito prazo computarase desde a data de aprobación polo contratista principal da factura emitida polo subcontratista ou subministrador, con indicación da súa data e do período que corresponda. A aprobación ou conformidade o no seu caso os motivos da desconformidade deberán outorgarse nun prazo máximo de trinta días desde a presentación da factura.

No caso de demora no pago o subcontratista ou subministrador terá dereito o cobro dos intereses de demora e a indemnización polos custos de cobro nos termos previstos na Lei 3/2004 de 29 de decembro.

O contratista poderá pactar cos subministradores ou subcontratistas prazos de pago superiores respetando os límites previstos no artigo 4.3 da lei 3/2004 de 29 de decembro pola que se establecen as medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais sempre que dito pacto non constitúa unha cláusula abusiva, e que, o pago se instrumente mediante un documento negociable que leve aparellada a acción cambiaria no que os gastos de desconto ou negociación sexan de conta do contratista. Adicionalmente o subministrador ou subcontratista poderá esixir que o pago se garantice mediante aval.

As Administracións Públicas e demais entes públicos contratantes, poderán comprobar o estrito cumprimento dos pagos que os contratistas adxudicatarios dos contratos públicos, cualificados como tales no artigo 5 do TRLCSP, terán que facer a todos os subcontratistas ou subministradores que participen.

Os contratistas adxudicatarios remitirán o ente contratante, cando este o solicite, unha relación detallada de aqueles subcontratistas ou subministradores que participen no contrato cando se perfeccione a súa participación, xunto con aquelas condicións de subcontratación do subministro de cada un deles que garde unha relación directa co prazo do pago, de conformidade co artigo 228 bis do TRLCSP.

16

Así mesmo, deberán aportar, si o solicita o ente contratante, xustificación de cumprimento dos pagos os subcontratistas ou subministradores, unha vez terminada a prestación dentro dos prazos de pago legalmente establecidos no artigo 228 e na lei 3/2004 de 29 de decembro, e no que sexa de aplicación.

24. Execución das obras e responsabilidade do contratista. As obras executaranse con estrita suxeición ó estipulado neste prego, ó proxecto que serve de base ó contrato e conforme ás instrucións que en interpretación técnica deste lle desen ó contratista ou ó director facultativo e, se é o caso, o responsable do contrato nos ámbitos da súa respectiva competencia. (art. 230 do TRLCSP).

O adxudicatario queda obrigado ó estrito cumprimento de cantas disposicións de carácter laboral e fiscal sexan de aplicación ó contrato, sendo da súa conta e resgo todo o referente a accidentes de traballo, normas de seguridade e hixiene e de protección á industria.

25. Execución defectuoso e demora. O contratista está obrigado a executar o contrato dentro do prazo fixado para a súa realización.

Cando o contratista, por causas imputables a si mesmo, incorrese en demora respecto ó cumprimento do prazo total, a Administración poderá optar, indistintamente, pola resolución do contrato ou pola imposición de penalidades que figuran neste prego.

Cada vez que as penalidades por demora alcancen un múltiplo do 5 % do prezo do contrato, o órgano de contratación estará facultado para proceder á resolución deste ou acordar a continuidade da súa execución con imposición de novas penalidades.

A aplicación e o pagamento destas penalidades non exclúen a indemnización á que a Administración poida ter dereito por danos e perdas ocasionados con motivo do atraso imputable ó contratista. No caso de incumprimento defectuoso da prestación obxecto do contrato ou para o suposto de incumprimentos dos compromisos ou das condicións especiais que se establecen nos pregos conforme ao artigo 64.2 e 118.1 do TRLCSP, así coma das condicións ofertadas polo contratista, cando non proceda a resolución do contrato, implicará a aplicación das penalidades previstas no artigo 212 do TRLCSP que deberán ser proporcionais á gravidade do incumprimento e a súa contía non poderá ser superior ao 10%.

Considéranse obrigas esenciais do contrato as seguintes: 1. O cumprimento do prazo do contrato. 2. Pagos a subcontratistas e provedores.3. Os deberes derivados das disposicións legais, regulamentarias e convencionais vixentes en materia laboral, de protección de emprego, condicións de traballo, prevención de riscos laborais, de seguridade social e de seguridade e saúde no traballo.

A tal efecto tipifícanse como faltas leves e graves e impoñeranse as seguintes sancións:

17

- Faltas leves:- Calquera circunstancia relacionada co incumprimento das condicións establecidas

nos pregos ou na oferta do adxudicatario que tras o requirimento da administración non son atendidas polo adxudicatario.

A penalidade imposta determinarase mediante informe motivado do órgano de contratación e será do 5% do orzamento do contrato.

- Faltas graves:- A comisión de dúas faltas leves sobre as que tivese recaído resolución firme

en vía administrativa.- Por incumprimento dos deberes derivados das disposicións legais,

regulamentarias e convencionais vixentes en materia laboral, de protección de emprego, condicions de traballo, prevención de riscos laborais, de seguridade social e de seguridade e saúde no traballo.A penalidade imposta determinarase mediante informe motivado do órgano de

contratación e será do 10 % do presuposto do contrato.- Por incumprimento de pagos a subcontratistas e provedores.

A contía da penalidade será un 20% do importe do subcontrato.-Por incumpriemto do prazo de execución do contrato 20 % do orzamento do

contrato.

A penalidade será determinada polo órgano de contratación podendo resolver o contrato e faranse efectivas mediante dedución das facturas, repondendo a garantía definitiva,

26. Dereitos do contratista.

Terá os seguintes:

- Ó abono da obra con arranxo ao artigo 216 do TRLCSP. - Á posta a súa disposición, pola Administración, dos terreos necesarios para a execución das obras, así como cantos permisos e autorizacións sexan necesarios e sexan da súa competencia.- A resolver o contrato e ó resarcimento dos prexuizos que como consecuencia delo se lle orixinen, por causas imputables á Administración.- Sen prexuizo das disposicións do TRLCSP relativas á publicidade da adxudicación e á información que debe darse ós candidatos e ós licitadores, éstes poderán designar como confidencial parte da información facilitada por eles ó formulalas ofertas, en especial con respecto ós secretos técnicos ou comerciais e ós aspectos confidenciais das mesmas. Os órganos de contratación non poderán divulgar esta información sen o seu consentimento.

27. Responsabilidades do contratista.

O contrato executarase a risco e ventura do contratista. Durante o desenvolvemento das obras e ata que se cumpra o prazo de garantía o contratista é responsable da execución da obra contratada e das faltas que nela houbese, sen que, en principio, sexa eximinte nin lle de dereito algún a circunstancia de que o Técnico Director examinase ou recoñecese as partes e unidades ou materiais executados, nin que fosen incluídas en certificacións parciais.

Será de conta do contratista a responsabilidade derivada de tódolos danos, prexuízos e accións de calquear natureza que sexan ocasionados a terceiras persoas polo seu persoal, a

18

súa maquinaria ou como consecuencia dos traballos realizados. Esta responsabilidade no se extinguirá ata que haxa expirado o prazo de garantía da obra. Cando tales danos e prexuizos fosen ocasionados como consecuencia inmediata e directa dunha orde da Administración, será ésta responsable dentro dos límites establecidos na Lei. Asimesmo, o contratista responderá civil e, no seu caso, penalmente dos danos causados á Administración Contratante ou a terceiros como consecuencia dos vicios ocultos das obras.A cantidade en que se concreten tales danos será inmediatamente esixida pola vía de apremio administrativo.

O contratista estará obrigado a sufragar os gastos de transporte de materiais ata o lugar sinalado e no prazo convido e, no seu caso, os gastos de almacenaxe e depósito.

O contratista deberá responder da custodia e conservación dos materiais e instalacións, sen que teña dereito a indemnización por causa de avería, pérdas ou prexuizos nos bens, ata a aprobación da devolución da garantía definitiva.

28. Modificacións contractuais.

Procederán exclusivamente nos casos previstos pola lexislación contractual, tramitándose segundo ésta.

29. Cumprimento do contrato – Prazo de garantía.

Para a recepción e liquidación das obras estarase ó disposto nos arts. 222 e 235 do TRLCSP e 163e seguintes do Real Decreto 1098/2001.Efectuada a recepción formal das obras, comenzará a contar o prazo de garantía que terá unha duración dun ano. Durante o prazo de garantía aplicarase o establecido no artigo 167 do Real Decreto 1098/2001 en canto ás obrigas do contratista, así como no relativo á facultade da Administración de, en caso de incumprimento, executar a costa daquel os traballos necesarios para a conservación e mantemento.Tódolos gastos que se ocasionen pola conservación ou ben funcionamento das obras durante o período de garantía serán de conta do contratista non tendo dereito a ningunha indemnización por este concepto. Exceptúanse os danos ocasionados na obra por forza maior, que serán soportados polo Concello, si ben ésta terá a facultade de esixir ó contratista que realice as obras de reparación. Transcorrido o prazo de garantía e cumprido satisfactoriamente o contrato ditarase acordo de devolución da garantía ou cancelación do aval. Non obstante, o contratista responderá, durante os 15 anos seguintes á data da recepción das obras, dos danos e prexuízos ocasionados por ruina destas, motivada por vicios ocultos na construción, debido ó incumprimento do contrato.

30. Xustificación das melloras.O técnico director acompañará a certificación final ou as parciais, a xustificación da aplicación das melloras ofertadas polo adxudicatario, mediante un informe ó que se lle engadirá unha relación valorada das distintas unidades de obra, indicando para cada unha delas os prezos unitarios e totais. Na valoración das melloras non se terán en conta os gastos xerais (13 %), o beneficio industrial (6 %) nin o IVE (21 %).

19

31. Resolución do contrato.

A resolución do contrato rexirase polo establecido con carácter xeral nos artigos 222 a 225 do TRLCSP e específicamente para o contrato de obras nos artigos 237 a 239 de dita Lei, así como nos artigos 109 a 113 e 172 do Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas. A demora na súa execución que poida supor a perda de subvencións ou axudas outorgadas a este fin, de selo caso, poderá ser causa de resolución, independentemente das indemnizacións por danos e prexuizos que se derivan a favor do Concello..En todo caso en caso de resolución do contrato por causa imputable ó contratista estarase ó disposto no artigo 205.3 da Lei.

32. Réxime xurídico.Para todo o non previsto nos pregos estarase ó disposto no Real Decreto 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de contratos do sector público; o Real Decreto 817/2009, de 8 de maio, polo que se desenvolve parcialmente a LCSP e no que sexa aplicable no Real decreto 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba o RXLCAP en todo o que non contradiga o TRLCSP e en toda a demais normativa aplicable.

O descoñecemento do contrato en calquera dos seus termos ou dos documentos anexos que fan parte deste non eximirá o contratista da obriga do seu cumprimento.

O contratista acepta de forma expresa a submisión a estes pregos e á lexislación anteriormente citada. Supletoriamente, aplicaranse as restantes normas de dereito administrativo e, no seu defecto, as normas de dereito privado.

O adxudicatario queda obrigado a cumprir baixo a súa exclusiva responsabilidade, as disposicións vixentes sobre relacións laborais, Seguridade Social, protección de datos de carácter persoal e calquera outra de carácter xeral.

33. Xurisdicción.

As cuestións que poidan plantexarse durante o desenvolvemento do contrato serán resoltas polo órgano de contratación. Os cordos adoptados para a súa resolución porán fin á vía administrativa, e poderán ser impugnados ante a Xurisdicción contencioso-administrativa.

En Meaño, a alcaldesa

Documento asinado e datado dixitalmente ao marxe

ANEXO III

20

Nº EXPEDIENTE: PA1/2017DENOMINACIÓN DO CONTRATO: REHABILITACIÓN E HUMANIZACIÓN DA ÁREA RECREATIVA OUTEIRO-COBAS.

D. (nome e apelidos da persoa individual que solicita), con D.N.I. núm. ____________, en nome propio (ou en representación de ___________________ ), con domicilio a efectos de notificacións en _________________, participa no procedemento aberto tramitado para a execución da obra REHABILITACIÓN E HUMANIZACIÓN DA ÁREA RECREATIVA OUTEIRO-COBAS, segundo o anuncio publicado no BOP nº......... de data ............., e comprometese a executala con estricta suxeición ós pregos de prescricións técnicas e de cláusulas administrativas e proxecto técnico que acepta íntegramente, ofertando, dacordo cos criterios de selección establecidos no prego o:

Seguinte PREZO:

SEN IVE. IVE TOTAL(En núm. e letra) (En núm. e letra) (En núm. e letra)

O que supón unha baixa total sobre o prezo de licitación sen IVE de ---- € e con IVE de -----€.

As seguintes MELLORAS, segundo se describen no Prego:

□ Tobogán

□ Columpio doble.

□ Balancín de muelles.

□ Xogos de muelles.

□ Certificado zona de xogoa.

Márquese as melloras ofertadas

Data, lugar e signatura e selo do proponente.

ANEXO I

21

MODELO DE DECLARACIÓN RESPONSABLE DENOMINACIÓN DO CONTRATO: REHABILITACIÓN E HUMANIZACIÓN DA ÁREA RECREATIVA OUTEIRO-COBASNº EXPEDIENTE: PA 2/2017

DATOS DA PERSOA QUE DECLARA Nome: Apelidos: NIF: Teléfono: Fax: Correo electrónico: Enderezo para os efectos de notificación: No caso de actuar en representación de persoa xurídica: Entidade mercantil á que representa: NIF: Cargo:

1. DECLARO RESPONSABLEMENTE:

- Que son certos os datos que se indican nesta declaración responsable.

- Que coñezo e acepto incondicionalmente, sen excepción ou reserva ningunha, o prego de cláusulas administrativas particulares, o prego de prescricións técnicas particulares ou, no seu caso, proxecto de obra, así como a restante documentación de carácter contractual que regula a licitación de referencia.

- Que se cumpren os requisitos de capacidade de obrar para contratar coa Administración que esixen os artigos 54 e 72 do Real decreto 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público (TRLCSP).

- Que ostento poderes abondo para representar á entidade licitadora (no caso de persoas xurídicas).

- Que se cumpren os requisitos de solvencia económica, financeira, técnica ou profesional ou ben, de ser o caso, de estar en posesión da clasificación necesaria para a realización do obxecto do contrato de acordo co esixido no prego de cláusulas administrativas particulares.

- Que me comprometo a dedicar ou adscribir á execución do contrato os medios persoais e materiais suficientes para este fin que, no seu caso, esixa o prego.

- Que no suposto de ser proposta como adxudicataria do contrato acreditarei, previo requirimento do órgano de contratación, a posesión e validez dos documentos esixidos segundo os artigos 146 e 151. 1 do TRLCSP e este prego.

- Que, de acordo co establecido no artigo 146.4 do TRLCSP, achegarei ante o órgano contratación, cando así me sexa requirido en calquera momento anterior á adopción da proposta de adxudicación, a documentación acreditativa do cumprimento das condicións establecidas para adquirir a condición de adxudicatario do contrato.

22

- Que nin o asinante da declaración, nin a entidade á que represento, nin ningún dos seus administradores ou representantes, atópanse incursos en suposto algún aos que se refire o artigo 60 do Texto refundido da Lei de Contratos do Sector Público (en diante TRLCSP).

- Que no forma parte dos Órganos de Goberno ou Administración da entidade ningún alto cargo aos que se refire a Lei 3/2015, de 30 de marzo, reguladora do exercicio do alto cargo da Administración Xeneral do Estado, da Lei 53/1984 de 26 de decembro de incompatibilidades do persoal ao servizo das Administracións Públicas, da Lei 1/2016, de 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, nin se trata de calquera dos cargos electivos regulados na Lei Orgánica 5/1985, de 19 de xuño, do Réxime electoral xeneral, nos termos establecidos na mesma.

- Que nin o asinante da declaración, nin ningún dos administradores ou representantes da entidade á que represento, é cónxuxe, persoa vinculada con análoga relación de convivencia afectiva ou descendentes das persoas ás que se refire o parágrafo anterior (sempre que, respecto de estes últimos, ditas persoas ostenten a súa representación legal).

- Que me atopo –ou a entidade á que represento atopase- ao corrente no cumprimento das obrigas tributarias, facenda estatal e autonómica, coa Seguridade Social e co Concello de Meaño impostas polas disposicións vixentes.

- Que a entidade á que represento está dada de alta na matrícula correspondente do Imposto de Actividades Económicas, segundo o disposto no artigo 15 do Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas (RXLCAP), e que:

- □ Está ao corrente de pagamento.

- □ Está exenta de conformidade co artigo 82.1 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da lei reguladora das facendas locais.

- Que a persoa que declara –ou a entidade á que represento- está inscrita no Rexistro de Licitadores que a continuación se indica (márquese o que corresponda), e que as circunstancias que nel figuran respecto dos requisitos esixidos para a admisión no procedemento de contratación son exactas e non experimentaron variación.

- □ Rexistro Oficial de Licitadores e Empresas Clasificadas do Estado

- □ Rexistro Xeneral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia (nºde inscrción___________ )

- No caso de unión temporal de empresas indico, ademais, a efectos de notificación, nome e apelidos do representante, enderezo, teléfono e fax de contacto.

23

2.- CORREO ELECTRÓNICO A EFECTO DE NOTIFICACIÓNS COMPROMETOME a aceptar e dar por válidas todas as notificacións que se efectúen no correo electrónico: __________________________________________.

3.- DOCUMENTACIÓN CONFIDENCIAL Ao abeiro do disposto no artigo 140.1 do TRLCSP declaro como confidencial a seguinte documentación contida na oferta: …………..….................................................................................

Todo o que manifesto baixo a miña responsabilidade, para a presentación na licitación para a adxudicación, mediante procedemento aberto, do contrato de referencia.

Lugar, data e sinatura e selo do licitador

ANEXO II

24

MODELO DE DECLARACIÓN RESPONSABLE SOBRE EMPRESAS VINCULADAS DENOMINACIÓN DO CONTRATO: REHABILITACIÓN E HUMANIZACIÓN DA ÁREA RECREATIVA OUTEIRO-COBAS Nº EXPEDIENTE: PA 2/2017

DATOS DA PERSOA QUE DECLARA Nome: Apelidos: NIF: Teléfono: Fax: Correo electrónico: Enderezo para os efectos de notificación: No caso de actuar en representación de persoa xurídica: Entidade mercantil á que representa: NIF: Cargo:

DECLARO RESPONSABLEMENTE:

- Que sobre empresas vinculadas, a entidade mercantil á que represento (consignar o que proceda):

□ Non pertence a un grupo de empresas nin está integrada por ningún socio no que concorra algún dos supostos establecidos no artigo 42 do Código de Comercio.

□ Pertence ao grupo de empresas ........................................................ ou está integrada por algún socio no que concorre algún dos supostos do artigo 42.1 do Código de Comercio.

A denominación social das empresas vinculadas é a seguinte: a) ............................................................. b) ............................................................., c)………………………………………………………………..

- Que a entidade á que represento comprométese a achegar ou, se é o caso, facilitar canta información lle sexa solicitada, no caso de pertencer a un grupo de empresas.

Lugar, data e sinatura e selo do licitador

ANEXO IVMODELO DE DECLARACIÓN RESPONSABLE ACREDITACIÓN DA

25

SOLVENCIA TÉCNICANº EXPEDIENTE: PA 2/2017DENOMINACIÓN DO CONTRATO: REHABILITACIÓN E HUMANIZACIÓN DA ÁREA RECREATIVA OUTEIRO-COBAS.

D/Dª.........................................., maior de idade, titular do DNI..............., con domicilio a efectos de notificación en .............................................e actuando en nome propio (ou, de se lo caso, actuando en nome da entidade mercantil ............,con CIF número................e con domicilio social en ..........., representación que acredito por medio de escritura de ..............outorgada diante do Notario de .........., D/Dª..............................., o día ......, e co número de protocolo..................) DECLARO baixo a miña responsabilidade que a relación de obras obxecto do presente contrato realizados nos últimos dez anos son os que se recollen na seguinte táboa:

TITULO DO CONTRATO

OBXECTO DATA INICIO

DATA FIN

IMPORTE DO ANO

IMPORTE DO ANO

IMPORTE DO ANO

IMPORTE TOTAL DOS 5 ANOS

DESTINATARIO

TITULO DO CONTRATO

OBXECTO DATA INICIO

DATA FIN

IMPORTE DO ANO

IMPORTE DO ANO

IMPORTE DO ANO

IMPORTE TOTAL DOS 5 ANOS

DESTINATARIO

Incluir columnas ata completalos 5 anos en cada táboa.

Todo o que manifesto baixo a miña responsabilidade, para a presentación na licitación para a adxudicación, mediante procedemento aberto, do contrato de referencia.

Lugar, data e sinatura e selo do licitador Asdo.

26