“PLANS DE FORMACIÓN DIRIXIDOS PRIORITARIAMENTE A...

55
1 GUÍA INFORMATIVA “PLANS DE FORMACIÓN DIRIXIDOS PRIORITARIAMENTE A PERSOAS TRABALLADORAS OCUPADAS” 2013

Transcript of “PLANS DE FORMACIÓN DIRIXIDOS PRIORITARIAMENTE A...

Page 1: “PLANS DE FORMACIÓN DIRIXIDOS PRIORITARIAMENTE A …emprego.ceei.xunta.gal/.../Guia_informativa_2013.pdf · directa do titor-formador cos alumnos, e poderán realizarse de forma

1

GUÍA INFORMATIVA

“PLANS DE FORMACIÓN DIRIXIDOS PRIORITARIAMENTE A PERSOAS TRABALLADORAS

OCUPADAS”

2013

Page 2: “PLANS DE FORMACIÓN DIRIXIDOS PRIORITARIAMENTE A …emprego.ceei.xunta.gal/.../Guia_informativa_2013.pdf · directa do titor-formador cos alumnos, e poderán realizarse de forma

2

ÍNDICE: 1. Consideracións xerais 1.1 Prazo de execución dos plans de formación 1.2 Accións formativas 1.3 Módulos transversais

1.3.1. Formación para a igualdade 1.3.2. Sensibilización ambiental e alfabetización informática: Internet

1.4 Modalidades de impartición 1.5 Documentación 1.6 Publicidade 1.7 Seguros do alumnado 1.8 Avaliación da formación 2. Alumnado 2.1. Participación das persoas traballadoras

2.1.1 Participantes 2.1.2 Colectivos prioritarios

2.2 Selección do alumnado 2.2.1 Selección de participantes ocupados 2.2.2 Selección de participantes desempregados

2.3 Bolsas e axudas dos participantes desempregados 2.3.1 Requisitos xerais 2.3.2 Incompatibilidades 2.3.3 Prazo de solicitudes 2.3.4 Documentación xeral 2.3.5 Tipos de axudas e requisitos específicos

a) Bolsa por asistencia b) Axudas de transporte c) Axudas á conciliación d) Axudas para mulleres vítimas da violencia de xénero

2.4 Dereitos e deberes do alumnado 2.4.1 Dereitos do alumnado 2.4.2 Deberes do alumnado

3. Xestión das accións formativas 3.1. Trámites que se deben realizar antes do inicio das accións formativas

3.1.1. Telemáticamente 3.1.2. Documentalmente 3.1.3. Información do grupo

3.2. Trámites que realizar durante a execución das accións formativas

Page 3: “PLANS DE FORMACIÓN DIRIXIDOS PRIORITARIAMENTE A …emprego.ceei.xunta.gal/.../Guia_informativa_2013.pdf · directa do titor-formador cos alumnos, e poderán realizarse de forma

3

3.2.1. Trámites que realizar mensualmente. 3.2.2. Comunicación de incidencias e solicitude de modificación substancial no desenvolvemento das accións formativas 3.2.3. Prácticas 3.2.4. Solicitude de suspensión por redución do alumnado 3.2.5. Reconfiguración do plan

3.3. Arquivo da documentación 3.4. Trámites que se deben realizar ao finalizar as accións formativas

3.4.1. Cadro-resumo da situación do alumnado dentro da acción formativa 3.5. Cadro-resumo dos prazos para ter en conta e documentación a presentar na xestión das accións formativas 4. Avaliación da calidade da formación 4.1. Control e seguimento das accións formativas 4.2. Avaliación da calidade das accións formativas 4.3 Avaliación da calidade nas accións formativas vinculadas a certificados de profesionalidade 5. Xustificación económica 5.1. Custos financiables e criterios de imputación 5.2. Pagamento e liquidacións das subvencións 5.3. Instrucións de xustificación de custos e liquidación 5.4. Obrigas das entidades beneficiarias. 6. Anexos Anexo 1: Dereitos e Deberes do alumnado 7. Modelos Modelo de solicitude de certificación polas horas realizadas Modelo de aval

Page 4: “PLANS DE FORMACIÓN DIRIXIDOS PRIORITARIAMENTE A …emprego.ceei.xunta.gal/.../Guia_informativa_2013.pdf · directa do titor-formador cos alumnos, e poderán realizarse de forma

4

1. CONSIDERACIÓNS XERAIS

1.1. Prazo de execución dos plans de formación (artigo 3). Os plans de formación poderán executarse desde o día 1 de setembro de 2013 ata o 31 de agosto de 2014 e deberán estar xustificados todos os gastos no prazo dun mes dende o seu remate. Cando os plans de formación inclúen accións vinculadas aos certificados de profesionalidade, estas só se poderán executar a partir da notificación da resolución de concesión de subvención. 1.2. Accións formativas (artigo 4.1)

Enténdese por acción formativa a dirixida á adquisición de competencias profesionais, teóricas e/ou prácticas, estruturadas nunha unidade pedagóxica con obxectivos, contidos, duración e metodoloxía propia. A acción formativa está constituída polo contido específico e os módulos transversais.Unha acción formativa poderá impartirse a un ou varios grupos, segundo o número de veces que se repita a dita acción. As accións formativas non poderán ter unha duración inferior a 10 horas nin superior a 270 horas salvo autorización expresa da persoa titular da Dirección Xeral de Emprego e Formación por causas debidamente xustificadas. A participación da persoa traballadora en accións formativas de formación para o emprego non será superior a 8 horas diarias e 40 semanais, calquera que sexa a modalidade de impartición. 1.3. Módulos transversais (artigo 4.5)

Os módulos transversais deberán impartirse ao final da acción formativa salvo que debido a circunstancias excepcionais debidamente xustificadas o autorice previamente a persoa titular da Dirección Xeral de Formación e Colocación. A documentación de referencia destes módulos poderá consultarse no seguinte enlace: http://traballoebenestar.xunta.es/formacionparaoemprego/modulostransversais 1.3.1. Formación para a igualdade (artigo 4.2)Na totalidade das actividades formativas de formación profesional para o emprego ou de inserción laboral activa financiadas pola Consellería de Traballo e Benestar introducirase un módulo formativo sobre igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e sobre corresponsabilidade familiar e doméstica, dos incluídos na relación anexa, cunha duración de cinco horas nas accións formativas de duración menor ou igual a cincuenta horas e de dez horas nas accións formativas de duración superior a cincuenta horas. O alumnado deberá realizar este módulo agás que acredite documentalmente, mediante copia simple, estar en posesión dun diploma oficial que acredite formación en materia de igualdade, de duración igual ou superior ás horas que debe realizar.

Código Descrición Horas

FCOXXX11 Formación para a igualdade 5

FCOXXX15 Formación para a igualdade 10

Page 5: “PLANS DE FORMACIÓN DIRIXIDOS PRIORITARIAMENTE A …emprego.ceei.xunta.gal/.../Guia_informativa_2013.pdf · directa do titor-formador cos alumnos, e poderán realizarse de forma

5

1.3.2. Sensibilización ambiental e alfabetización informática: Internet (artigo 4.3)

Tamén se poderán financiar dentro das accións formativas módulos de sensibilización ambiental (9 horas) e alfabetización informática: Internet (10 horas) que estean dentro da relación anexa:

Código Descrición Horas

FCOA02 Sensibilización ambiental 9

FCOI01 Alfabetización informática: internet 10

O alumnado que teña xa cursado algún destes módulos da Dirección Xeral de Formación e Colocación, non poderá volver a realizalo e deberá presentar documentación acreditativa de telos realizado con anterioridade. 1.4. Modalidades de impartición (artigo 4.6 e 4.7)

As modalidades de asistencia poderán ser as seguintes: - Presenciais. - Teleformación. - Mixtas. Cando a formación se desenvolva en todo ou en parte mediante teleformación, esta modalidade de impartición deberá realizarse a través dunha plataforma virtual de aprendizaxe que asegure a xestión dos contidos, un proceso de aprendizaxe sistematizada para os participantes e o seguimento e avaliación destes. A impartición deberá contar cunha metodoloxía apropiada para esta modalidade, complementada con asistencia titorial, e deberá cumprir os requisitos de accesibilidade e deseño que estableza administración competente na regulación dos certificados de profesionalidade. Os titores-formadores que impartan formación na modalidade de teleformación deberán contar con formación ou experiencia acreditadas nesta modalidade. No caso de formación vinculada a certificados de profesionalidade, ademais deberán cumprir as prescricións específicas que se establecen para cada certificado de profesionalidade. Especificacións dos certificados de profesionalidade para a modalidade de teleformación Os certificados de profesionalidade na modalidade de teleformación impartiranse de acordo co establecido no Anexo I da Orden ESS/1897/2013, de 10 de outubro, pola que se desenvolve o Real Decreto 34/2008, de 18 de xaneiro, polo que se regulan os certificados de profesionalidade e os reais decretos polos que se establecen certificados de profesionalidade dictados na súa aplicación.

Page 6: “PLANS DE FORMACIÓN DIRIXIDOS PRIORITARIAMENTE A …emprego.ceei.xunta.gal/.../Guia_informativa_2013.pdf · directa do titor-formador cos alumnos, e poderán realizarse de forma

6

Sistema titorial nas accións vinculadas a certificados de profesionalidade. Artigo 9 da orden ESS/1897/2013

1. O sistema tutorial estará baseado en titorías virtuais e, no seu caso, presenciais, que

serán de carácter obligatorio e desenvolveranse ao longo da acción formativa.

2. As titorías virtuais incluirán accións orientadoras e de apoio aos procesos de

aprendizaxe, dando resposta aos problemas que poidan xurdir e ás consultas

realizadas, mantendo un tempo de demora non superior a 48 horas laborais.

Estas titorías poderán ser individuais ou colectivas cando sexa necesaria a intervención

directa do titor-formador cos alumnos, e poderán realizarse de forma asíncrona ou

síncrona. Neste último caso establecerase un horario para a participación común.

3. As titorías presenciais incluirán actividades de aprendizaxe vinculadas coas

capacidades e criterios de avaliación que figuran nas especificacións dos certificados

de profesionalidade en modalidade de teleformación, e terán a duración que se

determine nelas.

Estas titorías serán desenvoltas nos espazos e instalacións do centro ou entidade de

formación acreditada, durante o período de realización do módulo formativo

correspondente, e terán lugar nas datas establecidas na planificación didáctica.

Requisitos titores- formadores de teleformación 1. Os titores- formadores que impartan formación mediante teleformación han de

reunir os requisitos de acreditación e/ou experiencia profesional e competencia docente establecidos no apartado 1 do artigo 13 do Real Decreto 34/2008, de 18 de xaneiro, así como os recollidos no apartado 4 do mesmo artigo sobre a acreditación de formación ou experiencia na modalidade de teleformación e na utilización das tecnoloxías da información e comunicación: “deberán acreditar unha formación de alomenos 30 horas ou experiencia nesta modalidade e na utilización das tecnoloxías da información e comunicación”. Para garantir o cumprimento e a calidade na modalidade de teleformación dos certificados de profesionalidade, na planificación da acción formativa establecerase un mínimo de dedicación do titor-formador de 10 horas semanais por cada 20 alumnos, incluíndo as actividades presenciais requiridas.

2. As función dos titores-formadores son as establecidas no artigo 13.4 do Real

Decreto 34/2008, de 18 de xaneiro

Page 7: “PLANS DE FORMACIÓN DIRIXIDOS PRIORITARIAMENTE A …emprego.ceei.xunta.gal/.../Guia_informativa_2013.pdf · directa do titor-formador cos alumnos, e poderán realizarse de forma

7

Cada módulo formativo que se imparta, en todo ou en parte, combinada coa formación presencial, terá asignado un titor-formador coas seguintes funcións: a) Desenvolver o plan de acollida dos grupos de alumnos segundo as características específicas das accións formativas. b) Orientar e guiar ó alumnado na realización de actividades, o uso dos materiais e a utilización das ferramentas da plataforma virtual de aprendizaxe para a adquisición das capacidades dos distintos módulos formativos. c) Fomentar a participación do alumnado, propoñendo actividades de reflexión e debate individuais e en equipo, organizando actividades individuais e de traballo en equipo, utilizando para iso as ferramentas de comunicación establecidas. d) Realizar o seguimento e a valoración das actividades realizadas polo alumnado, resolvendo dúbidas e solucionando problemas a través das ferramentas da plataforma virtual de aprendizaxe, axustándose á planificación establecida. e) Realizar a avaliación do alumnado, de acordo cos criterios establecidos, participar na organización e desenvolvemento das probas de avaliación e nas sesións de avaliación e cualificación establecidas ó efecto. f) Coordinar as titorías presenciais que no seu caso se realicen. g) Participar en todas aquelas actividades que impliquen a coordinación co resto do equipo responsable da organización, xestión e desenvolvemento das accións formativas.

3. Para cada módulo formativo os titores-formadores deberán coordinar a realización

das titorías virtuais e presenciais, de forma que se asegure un enfoque integrador da aprendizaxe teórico-práctica das capacidades e criterios de avaliación.

4. Os titores- formadores participarán na organización das sesións presenciais para o

desenvolvemento das probas da avaliación final de cada módulo, tendo en conta o número de alumnos para os que estea acreditado cada centro.

As accións formativas de teleformación que inclúan probas presenciais non se considerarán modalidade mixta. O alumnado que asista a estas probas presenciais deberá estar cuberto polos seguros previstos no artigo 24.9. A modalidade de teleformación entenderase aplicada cando o proceso de aprendizaxe das acción formativas se desenvolva co apoio de tecnoloxías de información e comunicación. As accións formativas presenciais poderanse organizar en grupos cun mínimo de 8 e un máximo de 25 participantes, salvo autorización expresa da persoa titular da Dirección Xeral de Formación e Colocación, logo da petición da entidade impartidora, naquelas accións formativas en que participen como docentes profesionais de alto prestixio e que por motivos de economía sexa conveniente agrupar o alumnado en grupos máis numerosos.

Page 8: “PLANS DE FORMACIÓN DIRIXIDOS PRIORITARIAMENTE A …emprego.ceei.xunta.gal/.../Guia_informativa_2013.pdf · directa do titor-formador cos alumnos, e poderán realizarse de forma

8

As accións de formación desenvolvidas na modalidade de teleformación terán un mínimo de 8 alumnos e disporase, como mínimo, dunha titora ou titor por cada 80 participantes cando a súa dedicación sexa de 40 horas semanais ou das horas semanais equivalentes establecidas no correspondente convenio. Para xornadas inferiores, reducirase proporcionalmente o número máximo de alumnos, de forma que o mínimo de dedicación do titor equivalga a 10 horas semanas por cada 20 alumnos, incluindo as titorías presenciais. O número máximo de alumnos por titor será de 30 cando a acción formativa se desenvolva a través de aula virtual en máis dun 50 por cento da súa duración. Considerarase aula virtual ao entorno de aprendizaxe, onde o titor-formador e o alumno, interactúan a través dun sistema de comunicación telemático de carácter síncrono. Unha clase presencial convencional retransmitida vía telemática, na que titores-formadores e alumnos poidan preguntarse en tempo real, é considerada “aula virtual”. Para organizar a formación considerarase que nun mes natural se poidan realizar como mínimo 50 horas de formación do certificado de profesionalidade e como máximo 120 horas. Nas accións mixtas respectaranse os citados límites, segundo a respectiva modalidade formativa. As accións formativas en que se imparta formación parcial acumulable asociada á obtención de certificados de profesionalidade, poderán organizarse en grupos cun mínimo de 10 participantes e co número máximo de participantes para os que foi acreditado o centro onde se imparta En todas as modalidades de impartición se deberán incluír evidencias necesarias para comprobar que o alumnado recibe a formación impartida. En todas as modalidades programarase un control mínimo por módulo formativo. Na modalidade de teleformación programarase como mínimo un control periódico de aprendizaxe cada 15 horas de formación ou fracción, entendendo como fracción cada unidade inferior ou igual a 15 horas. Na formación mixta deberán realizarse os controis esixidos para cada unha das modalidades que a compoñan. No mesmo control non se poderán avaliar contidos correspondentes a módulos distintos. 1.5. Documentación (artigo 6)

As solicitudes de participación deberán ser custodiadas polas entidades beneficiarias das subvencións e estar a disposición dos órganos de control. 1.6. Publicidade

Page 9: “PLANS DE FORMACIÓN DIRIXIDOS PRIORITARIAMENTE A …emprego.ceei.xunta.gal/.../Guia_informativa_2013.pdf · directa do titor-formador cos alumnos, e poderán realizarse de forma

9

A entidade beneficiaria ten a obriga de incluír en toda a documentación relativa á acción formativa o logotipo “Inviste no teu futuro” da Unión Europea (Fondo Social Europeo) e da Xunta de Galicia (Consellería de Traballo e Benestar). (artigo 24.2)

Nos anuncios en prensa os logotipos deberán figurar coa seguinte distribución: na parte superior esquerda o da Xunta de Galicia, na parte superior dereita o da Unión Europea (Fondo Social Europeo), e na parte inferior dereita o do centro impartidor (artigo 6).

1.7. Seguros do alumnado (artigo 24.9)

A entidade beneficiaria ten a obriga de contratar un seguro de accidentes para o alumnado no caso das accións formativas de modalidade presencial, na parte presencial da modalidade mixta e nas probas presenciais da modalidade de teleformación, se é o caso, que cubra tanto os riscos que poidan ter durante o desenvolvemento da acción formativa, como os do traxecto ao lugar de impartición das clases teóricas, das prácticas e das probas presenciais. A súa duración abranguerá estritamente o período da acción formativa, incluíndo expresamente as prácticas en empresas cando estas se realicen, sen que poida admitirse restrición nin exclusión ningunha por razón do medio de transporte utilizado. Esta obriga rexerá exclusivamente na parte presencial cando a acción formativa se desenvolva fóra da propia empresa. Entenderase cumprida dita obriga coa existencia dunha ou varias pólizas que acadando as coberturas mínimas establecidas, englobe a todo o alumnado da acción formativa identificando o Plan Formativo, durante todo o período de desenvolvemento do curso, incluíndo tanto as clases teóricas coma as prácticas e probas presenciais. A cobertura mínima deste seguro será a seguinte: -En caso de morte: 36 000 €. -En caso de invalidez permanente: 42 000 €. -Asistencia médico farmacéutica: durante un ano a partir do sinistro. Cando se realicen prácticas en empresas ou outras actividades relacionadas coa acción formativa a entidade beneficiaria ten a obriga de contratar unha póliza de responsabilidade civil para facer fronte aos riscos que poidan derivar da súa realización para os bens e as persoas.

1.8. Avaliación da formación. (Artigo 7 e artigos 17, 18, 19 e 20 da Orden

ESS/1897/2013, de 10 de outubro)

1.- Nas accións formativas nas que se imparta formación parcial acumulable asociada á obtención de certificados de profesionalidade os formadores que impartan as accións formativas levarán a cabo unha avaliación continua do alumnado, que será realizada por módulos e, no seu caso, por unidades formativas, co obxecto de comprobar os resultados de aprendizaxe e, en consecuencia, a adquisición das competencias profesionais.

Page 10: “PLANS DE FORMACIÓN DIRIXIDOS PRIORITARIAMENTE A …emprego.ceei.xunta.gal/.../Guia_informativa_2013.pdf · directa do titor-formador cos alumnos, e poderán realizarse de forma

10

2.- A avaliación desenvolverase sistematicamente, axustándose a unha planificación previa na que constarán, alomenos, para cada módulo e, no seu caso, unidade formativa, unha estimación das datas previstas para a avaliación, os espazos nos que ésta se levará a cabo, os instrumentos de avaliación que serán utilizados e a duración que conleva a súa aplicación. 3.- Os resultados de aprendizaxe a comprobar nos módulos formativos estarán referidos tanto aos coñecementos como ás destrezas prácticas e habilidades recollidas nas capacidades e criterios de avaliación dos mesmos, de xeito que, no seu conxunto, permitan demostrar a adquisición das competencias profesionais. Para obter a acreditación das unidades de competencia, será necesario superar con avaliación positiva, en termos de apto, os módulos formativos asociados a cada unha delas. 4.- Os métodos e instrumentos de avaliación adecuaranse á natureza dos distintos tipos de resultados a comprobar e acompañaranse dos correspondentes soportes para a súa corrección e puntuación, de xeito que se garanta a obxectividade, fiabilidade e validez da avaliación. 5.- Os formadores reflectirán documentalmente os resultados obtidos polos alumnos na avaliación de cada un dos módulos formativos, e no seu caso, unidades formativas do certificado, no que se incluirá o desempeño da cada alumno nos distintos instrumentos de avaliación aplicados, coas correccións e puntuacións obtidas nos mesmos. 6.- Os formadores elaborarán unha acta de avaliación na que quedará constancia dos resultados obtidos polos alumnos. A acta, que estará asinada polo formador e pola persoa responsable do centro ou entidade na que a acción formativa se impartira, incluirá a identificación dos alumnos co nome, apelidos, DNI e resultados en cada un dos módulos, ou no seu caso unidades formativas, en termos de apto ou non apto. 7.- Na modalidade de teleformación, ademais do establecido anteriormente con carácter xeral a tódalas modalidades, a avaliación dos módulos formativos será realizada polos titores-formadores mediante un seguimento do proceso de aprendizaxe e unha proba de avaliación final de carácter presencial. O seguimento do proceso de aprendizaxe incluíra a análise das actividades e traballos presentados na plataforma virtual e realizados ó longo da acción formativa así como a participación nas ferramentas de comunicación que se establezan. Os criterios de avaliación establecidos de forma cuantificada de cada unha das actividades que interveñen no proceso de aprendizaxe aplicaranse segundo o definido no proxecto formativo. 8.- O seguimento e avaliación dos alumnos no módulo de formación práctica en centros de traballo, será realizado conxuntamente polos titores designados polo centro de formación e pola empresa.

Page 11: “PLANS DE FORMACIÓN DIRIXIDOS PRIORITARIAMENTE A …emprego.ceei.xunta.gal/.../Guia_informativa_2013.pdf · directa do titor-formador cos alumnos, e poderán realizarse de forma

11

Os alumnos que superen este módulo recibirán unha certificación asinada por ambos titores e o responsable da empresa que será preciso achegar a efectos de solicitar o correspondente certificado de profesionalidade. 9.- O centro que imparta accións formativas correspondentes a certificados de profesionalidade deberá dispoñer dos seguintes documentos:

a) Planificación da avaliación, segundo se indica no apartado 7.2.deste artigo. b) Os instrumentos de avaliación utilizados, cos correspondentes soportes para a

súa corrección e puntuación, segundo se indica no apartado 7.4. c) A documentación que recolla os resultados obtidos polos alumnos, segundo se

indica no apartado 7.5. d) As actas de avaliación, segundo se indica no apartado 7.6.

10.- O centro que imparta accións formativas correspondentes a certificados de profesionalidade deberá entregar, nun prazo non superior a tres meses desde o seu remate, as actas de avaliación asinadas e os documentos onde se reflictan os resultados da mesma, á Consellería de Traballo e Benestar, responsable de expedir o certificado de profesionalidade, que será responsable da súa custodia.

Métodos e instrumentos de avaliación.

1. A avaliación durante o proceso de aprendizaxe realizarase mediante unha

combinación de distintos métodos e instrumentos, podendo incluir, entre outros, a

valoración de traballos, actividades e probas realizadas durante dito proceso

formativo.

2. Ao término de cada módulo formativo aplicarase unha proba de avaliación final, de

carácter teórico-práctico, que estará referida ao conxunto das capacidades, criterios

de avaliación e contidos asociados a dito módulo.

No obstante, para facilitar a sua aplicación naqueles casos que sexa necesario, estas

probas poderán organizarse noutros períodos durante o desenvolvemento da acción

formativa.

Cando o módulo se estructure en unidades formativas, a citada proba configurarase de

xeito que permita identificar a puntuación obtida en cada unha delas.

Para poder presentarse á proba de avaliación final dun módulo os alumnos deberán

xustificar unha asistencia de alomenos o 75 por cento das horas totais do mesmo,

cando o realicen na modalidade presencial, e ter realizado todas as actividades de

aprendizaxe establecidas para dito módulo cando o realicen na modalidade de

teleformación.

Page 12: “PLANS DE FORMACIÓN DIRIXIDOS PRIORITARIAMENTE A …emprego.ceei.xunta.gal/.../Guia_informativa_2013.pdf · directa do titor-formador cos alumnos, e poderán realizarse de forma

12

3. En calquera caso, os métodos e instrumentos de avaliación han de adecuarse ao tipo

de coñecementos, destrezas e habilidades recollidos nas capacidades e criterios de

avaliación, e garantir unha avaliación obxectiva, fiable e válida.

4. Cada instrumento de avaliación acompañarase do seu correspondente sistema de

corrección e puntuación no que se explicite, de xeito claro e inequívoco, os criterios de

medida para avaliar os resultados acadados polos alumnos.

Sistema de calificación e superación de módulos formativos.

1. Os resultados obtidos na avaliación expresaranse mediante puntuacións cun rango

de 0-10.

2. En cada módulo formativo disporase dos seguintes resultados por alumno:

a) Relativos ao proceso de aprendizaxe: Puntuacións obtidas nas distintas actividades e

instrumentos de avaliación aplicados, e puntuación media resultante das mismas.

b) Relativos á avaliación final: Puntuación obtida na proba de avaliación final do

módulo reflectindo, no seu caso, as puntuacións correspondentes ás unidades

formativas que o compoñan.

3. Para superar un módulo formativo será necesario obter unha puntuación mínima de

5 na proba de avaliación final do mesmo e, no seu caso, en todas e cada unha das

unidades formativas que a configuren. En caso de non superalo considerarase «non

apto».

4. No caso de superarse un módulo, calcularase a puntuación final obtida no mesmo,

tendo en conta que esta puntuación final do módulo será a resultante de sumar a

puntuación media obtida na avaliación durante o proceso de aprendizaxe, e a

puntuación obtida na proba de avaliación final do módulo, ponderándolas

previamente cun peso de 30 por cento e 70 por cento, respectivamente.

5. Aos alumnos que non teñan superada a proba de avaliación final do módulo na data

establecida para a primeira convocatoria ou non a realizaran por causa xustificada, se

lles ofrecerá unha segunda convocatoria, antes de concluir a acción formativa, na que

se lles aplicará outra proba final paralela á anterior.

Page 13: “PLANS DE FORMACIÓN DIRIXIDOS PRIORITARIAMENTE A …emprego.ceei.xunta.gal/.../Guia_informativa_2013.pdf · directa do titor-formador cos alumnos, e poderán realizarse de forma

13

Documentación do proceso de avaliación.

1. Os formadores/titores reflectirán documentalmente os resultados obtidos en cada

un dos módulos e, no seu caso, unidades formativas do certificado, a través dos

seguintes documentos:

a) Informe de avaluación individualizado para cada alumno, cumplimentado segundo o

modelo indicado no Anexo VI da Orden ESS71897/2013.

b) Acta de avaliación, segundo modelo especificado no Anexo VII, que reflectirá as

calificacións finais obtidas en términos de «non apto» ou «apto», coas seguintes

valoracións:

«Apto» (Suficiente): se a puntuación final do módulo é de 5 a 6,9.

«Apto» (Notable): se a puntuación final é de 7 a 8,9.

«Apto» (Sobresaliente): se a puntuación final é de 9 a 10.

2. A entrega en prazo da documentación a que se refire o apartado 1 deste artigo, así

como a sua custodia realizarase segundo o establecido no artigo 14 do Real Decreto

34/2008, de 18 de xaneiro.

Avaliacion da aprendizaxe na modalidade de teleformación Os titores-formadores levarán a cabo a avaliación durante o proceso de ensinanza-aprendizaxe de cada módulo formativo e ao final do mesmo, tendo en conta o establecido na planificación da avaliación.

a) Os resultados obtidos na valoración das actividades e traballos realizados na plataforma virtual de forma individual e/ou colaborativa, e noutros instrumentos de avaliación que, no seu caso, se apliquen a través da mesma.

b) O grao de participación do alumno a través das ferramentas de comunicación que sexa necesario utilizar para lograr os resultados de aprendizaxe, tales como foros, chats, debates u outras.

c) Os resultados obtidos nas actividades avaliables que, no seu caso, se desenvolvan nas titorías presenciais.

A avaliación final do módulo levarase a cabo mediante unha proba final de carácter presencial e global referida ao conxunto das capacidades e criterios de avaliación de dito módulo, segundo se indicou nos apartados anteriores.

Page 14: “PLANS DE FORMACIÓN DIRIXIDOS PRIORITARIAMENTE A …emprego.ceei.xunta.gal/.../Guia_informativa_2013.pdf · directa do titor-formador cos alumnos, e poderán realizarse de forma

14

2. ALUMNADO 2.1. Participación das persoas traballadoras (artigo 5)

2.1.1. Participantes. (artigo 5.1)

Poderán solicitar a súa participación, nos plans formativos os seguintes colectivos:

A. Plans de Formación Intersectoriais:

a) As persoas traballadoras asalariadas que prestan os seus servizos en empresas privadas ou entidades públicas empresariais e cotizan á Seguridade Social en concepto de formación profesional.

b) As persoas traballadoras que se encontren nalgunha das seguintes situacións:

• Persoas traballadoras fixas descontinuas nos períodos de non ocupación. A persoa traballadora terá que entregar a copia do seu contrato laboral.

• Persoas traballadoras que accedan a situación de desemprego cando se encontren en período formativo.

• Persoas traballadoras acollidas á regulación de emprego nos seus períodos de suspensión de emprego por expediente autorizado. Neste caso, a persoa traballadora terá que entregar copia da súa tarxeta de demandante de emprego.

• O persoal ao servizo das administracións públicas cun límite dun 10% do total de participación de cada plan.

Enténdese por persoal ao servizo das administracións públicas:

- Funcionarios de carreira. - Funcionarios interinos. - Persoal laboral, xa sexa fixo, por tempo indefinido ou temporal. - Persoal eventual.

Enténdese por, administración pública: - Administración xeral do Estado. - Administración da Comunidade Autónoma. - Administracións das Entidades Locais. - Organismos Públicos, Axencias e demais Entidades de dereito

público con personalidade xurídica propia, vinculadas ou dependentes de calquera das Administracións Públicas.

B. Plans de Formación Intersectoriais dirixidos a autónomos:

As persoas traballadoras incluídas no réxime especial de autónomos, do mar e outros da seguridade social que non coticen pola continxencia de formación profesional.

Page 15: “PLANS DE FORMACIÓN DIRIXIDOS PRIORITARIAMENTE A …emprego.ceei.xunta.gal/.../Guia_informativa_2013.pdf · directa do titor-formador cos alumnos, e poderán realizarse de forma

15

C. Plans de Formación Intersectoriais dirixidos a traballadores e socios de economía social:

As persoas socias traballadoras e de traballo das cooperativas, sociedades laborais e entidades de economía social.

Tamén poderán participar as persoas traballadoras desempregadas, cun limite máximo dun 40% e cun mínimo dun 20% do total de participantes de cada plan. Neste caso as persoas traballadoras desempregadas poderán ser beneficiarias das bolsas e axudas previstas no artigo 8 da orde. Considerarase que a persoa participante está ocupada ou desempregada en función da situación laboral que teña o día no que inicie a acción formativa. Aquelas persoas traballadoras que se encontren na situación de:

- Maternidade - Período de excedencia

(Nestes casos, deixar constancia se poden realizar a formación) As persoas traballadores que ao inicio do curso se atopen en situación de baixa laboral por incapacidade temporal non poderán participar nos plans formativos. 2.1.2. Colectivos prioritarios. (artigo 5.3)

a) Deberán ter prioridade para participar no plan formativo os traballadores e as traballadoras ocupados pertencentes aos seguintes colectivos prioritarios:

� Traballadores/as de pequenas e medianas empresas � Mulleres � Afectados/as e vítimas do terrorismo e da violencia de xénero � Maiores de 45 anos � Traballadores/as con baixa cualificación � Persoas con discapacidade.

b) Os desempregados pertencentes aos seguintes colectivos: � Mulleres � Mozos � Persoas con discapacidade � Afectados e víctimas do terrorismo e da violencia de xénero � Desempregados de longa duración � Maiores de 45 anos � Persoas con risco de exclusión social

A taxa de participación de mulleres no conxunto de cada plan formativo deberá ser, sempre que sexa posible pola demanda das mulleres en cada plan formativo, de polo menos 5 puntos porcentuais superior á taxa xeral de ocupación feminina no correspondente ámbito territorial sempre que esa taxa sexa inferior ao 50% e aplicarase unha porcentaxe inferior se con ela se chega ao 50%.

Page 16: “PLANS DE FORMACIÓN DIRIXIDOS PRIORITARIAMENTE A …emprego.ceei.xunta.gal/.../Guia_informativa_2013.pdf · directa do titor-formador cos alumnos, e poderán realizarse de forma

16

2.2. Selección do alumnado (artigo 6). 2.2.1. Selección de participantes ocupados 1. A selección do alumnado participante ocupado nas accións formativas será realizada pola entidade adxudicataria entre as persoas traballadoras que soliciten a súa participación en cada acción formativa. 2. As solicitudes de participación deberán ser custodiadas polas entidades beneficiarias das subvencións e estar a disposición dos órganos de control. Estas solicitudes de participación serán arquivadas en papel e/ou en soporte informático. 3. A selección das persoas traballadoras realizarase pola entidade beneficiaria atendendo ás prioridades do plan de formación e a criterios de igualdade e de obxectividade, e en todo caso, tendo en conta a seguinte orden de prelación:

Primeiro. Persoas traballadoras ocupadas pertencentes aos colectivos prioritarios recollidos no artigo 5.3. Segundo. Persoas traballadoras ocupadas pertencentes a colectivos non prioritarios. Terceiro. Persoas traballadoras desempregadas.

As entidades beneficiarias poderán realizar convocatoria pública, que deberá publicarse en domingo, como mínimo, nun dos xornais de maior tiraxe da comunidade autónoma. No anuncio en prensa os logotipos deberán figurar coa seguinte distribución:

• Parte superior esquerda: Xunta de Galicia.

• Parte superior dereita: Unión Europea (Fondo Social Europeo).

• Parte inferior dereita: Centro impartidor.

2.2.2 Selección de persoas traballadoras desempregadas Nos plans de formación para persoas traballadoras ocupadas poderán participar

persoas traballadoras desempregadas cun límite máximo dun 40% e cun mínimo dun

20% do total de participantes de cada plan (art. 5.2 da Orde do 1 de outubro de 2013).

As persoas desempregadas participantes deberán estar inscritas como demandantes

de emprego nos Servizos Públicos de Emprego, e serán propostas por este de

conformidade co establecido no artigo 6.2 da Orde de convocatoria

En concreto, as entidades deberán seguir o seguinte procedemento para a solicitude

das persoas traballadores desempregadas:

• As entidades beneficiarias cumprimentarán o modelo normalizado de selección de alumnos desempregados que se atopa a súa disposición na aplicación de formación continua (Oferta de Formación. Petición de candidatos para a selección de alumnos desempregados de plans de formación de ocupados).

• Unha vez cumprimentado procederán á súa impresión e presentación na Oficina de Emprego que corresponda. Así mesmo, deberán achegar a proba de selección para o seu visado.

Page 17: “PLANS DE FORMACIÓN DIRIXIDOS PRIORITARIAMENTE A …emprego.ceei.xunta.gal/.../Guia_informativa_2013.pdf · directa do titor-formador cos alumnos, e poderán realizarse de forma

17

• A Oficina de Emprego realizará a sondaxe e elaborará unha relación de candidatos aos que notificará a data e o lugar da proba de selección.

• A entidade realizará a proba de selección e cumprimentará o modelo co listado dos alumnos desempregados seleccionados que se atopa á súa disposición na aplicación de formación continua (Acta de selección de alumnos desempregados dos plans de formación). Este deberá imprimirse e entregarse na Oficina de Emprego para o seu visado.

• Transcorridos 15 días desde a petición de candidatos/as por parte do centro ou entidade de formación, calquera que sexa a modalidade de impartición, se a oficina de emprego non remite demandantes, ou os enviados son insuficientes, a entidade poderá seleccionar directamente os/as desempregados/as ou realizar a correspondente convocatoria pública mediante anuncio nun dos xornais de maior tiraxe da provincia. Os anuncios deberán cumprir os requisitos do art. 6.2 da Orde do 1 de outubro.

• A acta de selección deberá ser cumprimentada pola entidade na aplicación informática e visada pola oficina de emprego en todo caso, aínda que a selección de alumnos desempregados se realizara por convocatoria pública, total o parcialmente. Unha vez visada deberá ser enviada á Dirección Xeral de Emprego e Formación.

• Na modalidade de impartición de teleformación o procedemento será idéntico. A oficina de emprego á que se fará a solicitude será a que corresponda ao lugar de impartición indicado no modelo de petición de candidatos.

No caso de formación conducente á obtención dun certificado de profesionalidade ou de acreditacións parciais, corresponderalle á entidade beneficiaria comprobar os requisitos de acceso do alumnado aos módulos formativos que se determinen no artigo 20 do Real Decreto 34/2008, de 18 de xaneiro para os niveis de cualificación profesional 2 e 3, así como os que establezan os correspondentes certificados de profesionalidade. Ademais do indicado no apartado anterior, os alumnos que vaian realizar formación vinculada a certificados de profesionalidade a través da modalidade de teleformación, deberán ter as destrezas suficientes para ser usuarios da plataforma virtual na que se apoia a acción formativa. O alumnado que realizara unha acción formativa e teña dereito a diploma non poderá volver realizar a mesma acción formativa O alumnado que resulte seleccionado para un curso non poderá asistir, en ningún caso, a outro simultáneamente. 2.3. Bolsas e axudas dos participantes desempregados. (artigo 8)

Page 18: “PLANS DE FORMACIÓN DIRIXIDOS PRIORITARIAMENTE A …emprego.ceei.xunta.gal/.../Guia_informativa_2013.pdf · directa do titor-formador cos alumnos, e poderán realizarse de forma

18

2.3.1. Requisitos xerais Que o curso teña unha duración igual ou superior a catro horas diarias e 20 h semanais. Só se percibiran cando as persoas traballadoras desempregados se deban trasladar ás sesión formativas. Considerarase que a persoa participante está ocupada ou desempregada en función da situación laboral que teña o día no que inicie a acción formativa. 2.3.2. Incompatibilidades As axudas reguladas no presente artigo son todas compatibles entre si agás as bolsas de asistencia dos alumnos/as con discapacidade e as bolsas de asistencia vinculada á realización de actividades de mellora da empregabilidade incluídas nos itinerarios personalizados de inserción. 2.3.3. Prazo de solicitudes O prazo para a súa solicitude será de 10 días naturais desde a incorporación do alumnado á acción formativa. A non formalización en tempo e forma desta solicitude dará lugar á perda do dereito á axuda Posteriormente, remitirase á Dirección Xeral de Formación e Colocación nos cinco primeiros días do mes unha relación do alumnado con dereito a bolsa (anexo I solicitude de bolsas) na que constaran os datos necesarios para o seu pagamento acompañada dos partes de asistencia. 2.3.4. Documentación xeral 1. Solicitude de axuda polo alumno (modelo páxina web) 2. Partes de asistencia ao curso (modelo E do aplicativo informático) 3. Cadro de solicitude de axudas (modelo da páxina web) 4. Copia do DNI 5. Copia da demanda de emprego 6. Certificación bancaria dos datos da conta corrente onde desexa recibir o importe da/s axudas, onde figure o/a alumno/a como titular da conta. 2.3.5. Tipos de axudas e requisitos específicos (artigo 8.5)

O alumnado terá dereito a percibir as seguintes bolsas e axudas: a) Bolsa por asistencia Consistente no 75% do importe do indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM) diario por día de asistencia: Poderán percibila:

• Alumnado con discapacidade.

• Aquelas persoas demandantes non perceptoras de prestacións do SPEE que participen nunha acción formativa vinculada á realización de actividades de mellora da empregabilidade incluídas no seu itinerario de inserción, sempre que non se negasen a participar en actividades contempladas no seu IPI, segundo certificación da oficina de emprego.

Page 19: “PLANS DE FORMACIÓN DIRIXIDOS PRIORITARIAMENTE A …emprego.ceei.xunta.gal/.../Guia_informativa_2013.pdf · directa do titor-formador cos alumnos, e poderán realizarse de forma

19

So se poderá cobrar unha axuda por este concepto, con independencia de que o/a alumno/a pertenza aos dous colectivos. Documentación acreditativa:

• Documentación acreditativa da discapacidade,

• Declaración acreditativa de non estar percibindo outro tipo de prestación. (Modelo páxina web).

• Certificación da oficina de emprego de que participa nunha acción formativa incluída no seu IPI, e de que non se negou a participar en actividades contempladas no seu IPI.

b) Axudas de transporte

• Transporte público urbano Axuda consistente en 1,50 € por alumno/día de asistencia. Poderán percibila:

o Alumnado que utilice a rede de transportes públicos urbanos para asistir á formación.

Documentación acreditativa:

o Declaración xurada de que utilizan o transporte público urbano para asistir ao curso.

• Transporte público interurbano Axuda consistente en 6,00 € por alumno/día de asistencia. Poderán percibila:

o Alumnado que resida nun concello distinto a onde se imparte. Documentación acreditativa:

o Declaración xurada de que utilizan o transporte público interurbano para asistir ao curso. o Certificación municipal que acredite o seu empadroamento no concello de residencia.

c) Axudas á conciliación: A contía da axuda á conciliación será do 75% do importe do indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM) diario por día de asistencia. Poderán percibila o alumnado que cumpra os seguintes requisitos: Estas axudas teñen por obxecto permitir ás persoas desempregadas conciliar a súa asistencia á formación co coidado de fillos menores de 6 anos ou de familiares dependentes ata o segundo grao, sempre que ao inicio da acción formativa cumpran os seguintes requisitos:

o Non ter rexeitado ofertas de traballo axeitadas nin terse negado a participar en actividades de promoción, formación ou reconversión profesional no ano anterior ao inicio da acción formativa. o Carecer de rendas de calquera clase superiores ao 75% do indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM). Entenderase cumprido este requisito

Page 20: “PLANS DE FORMACIÓN DIRIXIDOS PRIORITARIAMENTE A …emprego.ceei.xunta.gal/.../Guia_informativa_2013.pdf · directa do titor-formador cos alumnos, e poderán realizarse de forma

20

sempre que a suma das rendas de todos os integrantes da unidade familiar, incluído o solicitante, dividida polo número de membros que a compoñen non supere o 75% do IPREM.

Entenderase por unidade familiar: en caso de matrimonio o pai, a nai e os fillos menores de 18 anos, con excepción dos que con consentimento dos seus pais vivan independentes deles, ou os maiores incapacitados xudicialmente suxeitos a patria potestade prorrogada ou rehabilitada. En defecto de matrimonio ou en supostos de separación legal, o pai ou nai e a totalidade dos fillos que convivan con un ou outro e reúnan os requisitos sinalados no parágrafo anterior. No suposto de que o suxeito causante da axuda sexa un familiar ata segundo grao, este entenderase incluído na unidade familiar para o cómputo de rendas. Deberá achegarse certificado de convivencia ou, no seu defecto, de empadroamento e copia do libro de familia. Para os estranxeiros que non teñan libro de familia, calquera documentación que acredite de forma suficiente o parentesco. As rendas calcularanse tendo en conta o seguinte:

� Para os traballadores por conta allea: � Tomaranse os ingresos brutos do mes anterior ao inicio do curso � As pagas extraordinarias ratearanse mensualmente � As horas extraordinarias correspondentes a ese mes computaranse

na súa totalidade � As axudas de custo non se terán en conta (agás naqueles casos en

que o seu volume e periodicidade mostren que se trate dunha forma habitual de pagamento dunha parte do salario)

� Para os autónomos: � Tomaranse os ingresos netos do trimestre anterior ao inicio do curso � Dividirase o importe total por tres, para obter as rendas mensuais

Para estes efectos, computarase como renda o importe dos salarios sociais, as rendas mínimas de inserción ou as axudas análogas de asistencia social concedidas pola Comunidade Autónoma , así como o importe das prestacións do SPEE. Tamén terán a consideración de renda os ingresos correspondentes a rendementos patrimoniais, pensións e calquera outro tipo de ingresos percibidos. Documentación acreditativa:

• Copia do libro de familia e/ou certificado expedido polo concello onde se indiquen familiares que conviven no domicilio familiar

• Certificado de dependencia do órgano competente, de ser o caso

• Declaración xurada de rendas

• Certificado da oficina de emprego de non terse negado a participar en actividades de promoción, formación ou reconversión profesional no anterior ao inicio da acción formativa

• Certificado de empadroamento. d) Axudas para mulleres vítimas de violencia de xénero.

Page 21: “PLANS DE FORMACIÓN DIRIXIDOS PRIORITARIAMENTE A …emprego.ceei.xunta.gal/.../Guia_informativa_2013.pdf · directa do titor-formador cos alumnos, e poderán realizarse de forma

21

Durante o tempo de participación nunha acción formativa, as mulleres vítimas de violencia de xénero terán dereito a percibir unha bolsa de 10 euros por día de asistencia. Esta axuda deberá ser solicitada directamente pola alumna na oficina de emprego que lle corresponda. No caso das mulleres vítimas de violencia de xénero que solicitasen confidencialidade dos seus datos, a axuda deberá solicitarse a través do seu titor. A axuda para as mulleres vítimas de violencia de xénero será compatible co resto das axudas ao alumnado previstas na orde. Para aquelas axudas en que se establezan límites de rendas da unidade familiar para a súa percepción, quedan excluídos do cómputo das rendas os ingresos do agresor. 2.4. Dereitos e deberes do alumnado (artigo 7)

2.4.1. Dereitos do alumnado:

• A recibir a formación de forma totalmente gratuíta.

• A esixir calidade na totalidade do desenvolvemento da formación e reclamar contra calquera anomalía que detecten durante o seu desenvolvemento.

A recibir un diploma oficial cando se cumpran os seguintes requisitos: - Na modalidade presencial: asistir e superar con aproveitamento o 75% da acción formativa (incluído os módulos transversais de Sensibilización Ambiental ou de Alfabetización Informática) e o 75% do módulo transversal de Formación para a Igualdade, agás que estea exento da súa realización. - Na modalidade de teleformación: superar con aproveitamento o 75% das avaliacións da parte da acción formativa (incluídos os módulos transversais de Sensibilización Ambiental ou de Alfabetización Informática) e o 75% das avaliacións do módulos transversal de Formación para a Igualdade, agás que estea exento da súa realización. - Na modalidade mixta, superar o 75% das avaliacións non presenciais da acción formativa (incluído os módulos transversais de Sensibilización Ambiental ou de Alfabetización Informática). Superar o 75% das avaliacións do módulos transversal de Formación para a Igualdade, agás que estea exento da súa realización, na modalidade en que se imparta. Na parte presencial da acción formativa deberá asistir e superar con aproveitamento o 75%. No caso de que o número de sesións presenciais sexa menor de catro, a porcentaxe de asistencia obrigada reducirase para permitir unha única falta de asistencia (66% se hai tres sesións ou 50% se hai dúas). En calquera caso, nun curso mixto o alumnado deberá asistir polo menos a unha sesión presencial.

O alumnado que non teña dereito a diploma recibirá, se o solicita, unha certificación polas horas e módulos que realizase.

• A non realizar os módulos transversais dos que se compón a acción formativa, cando se xustifique documentalmente a realización de calquera de eses módulos mediante copia da acreditación oficial (diploma) expedido pola Dirección Xeral de Formación e Colocación da Consellería de Trabalo e Benestar, en calquera outro

Page 22: “PLANS DE FORMACIÓN DIRIXIDOS PRIORITARIAMENTE A …emprego.ceei.xunta.gal/.../Guia_informativa_2013.pdf · directa do titor-formador cos alumnos, e poderán realizarse de forma

22

Plan de Formación. No caso do módulo de igualdade documentarase con copia simple dun diploma oficial que acredite formación en materia de igualdade de duración igual ou superior as horas que debe realizar.

• A percibir bolsas ou axudas, atendendo aos requisitos establecidos no artigo 8 da Orde reguladora do Plan de Formación. Será requisito imprescindible que o/a alumno/a sexa demandante de emprego e que o curso sexa da modalidade presencial ou da parte presencial da modalidade mixta e teña una duración igual ou superior a catro horas diarias e vinte semanais.

Considerarase que a persoa participante está ocupada ou desempregada en función da situación laboral que teña o día no que inicie a acción formativa

• A estar cuberto por un seguro de accidentes previsto no artigo 24º.9 no caso das acción formativas de modalidades presencial, na parte presencial da modalidade mixta e nas probas presenciais da modalidade de teleformación, se é o caso. O seguro cubrirá tanto os riscos que poida ter o alumnado durante o desenvolvemento da acción formativa, como os do traxecto ao lugar de impartición das clases teóricas, das prácticas e das probas presenciais.

2.4.2. Deberes do alumnado:

• Achegar toda a documentación identificativa que lles sexa solicitada polo centro impartidor: - Copia simple do DNI. - Ficha individual en que acredite a súa pertenza a algún dos grupos preferentes que se recollen no artigo 5º, de ser o caso. - Acreditación da súa condición de persoa ocupada ou desempregada. - Acreditación do cumprimento dos requisitos de acceso do alumnado que establezan os programas formativos, ou de ser o caso, o real decreto que regule os correspondentes certificados de profesionalidade. Para acceder á formación dos certificados de profesionalidade os alumnos deberán reunir os requisitos de acceso establecidos no artigo 20 do Real Decreto 34/2008, de 18 de xaneiro, para os niveis de cualificación profesional 2 e 3, así como os que establezan os propios certificados. Ademais do anterior, para acceder á formación vinculada a certificados de profesionalidad na modalidade de teleformación, os alumnos deberán ter as destrezas suficientes para ser usuarios da plataforma virtual na que se apoia a acción formativa. - Acreditación documental de estar exento da obriga de realizar o módulo de prácticas profesionais non laborais, no caso de que a acción formativa completase un certificado de profesionalidade. - Acreditación documental de estar exento da obriga de realizar o módulo formativo sobre igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e sobre corresponsabilidade familiar e doméstica, de ser o caso.

Page 23: “PLANS DE FORMACIÓN DIRIXIDOS PRIORITARIAMENTE A …emprego.ceei.xunta.gal/.../Guia_informativa_2013.pdf · directa do titor-formador cos alumnos, e poderán realizarse de forma

23

Realizar e seguir con aproveitamento as accións formativas. Na modalidade presencial, no caso de que as faltas de asistencia dalgún alumno/a superen o 25% das horas lectivas, deberá ser dado/a de baixa na acción formativa. Na modalidade de teleformación ou na parte correspondente a esta modalidade na formación mixta serán dados de baixa cando o/a alumno/a non realicen o 75% das avaliacións.

• Participar no desenvolvemento das clases.

• Utilizar correctamente a maquinaria e demais medios e instrumental que se poña á súa disposición.

• Acreditar documentalmente o ter cursado os módulos transversais no caso de estar exento da súa realización.

• A participación da persoa traballadora en accións formativas de formación para o emprego non será superior a 8 horas diarias e 40 semanais, calquera que sexa a modalidade de impartición.

• Cumprimentar o cuestionario de avaliación da calidade das accións formativas.

• O alumnado que resulte seleccionado para un curso non poderá asistir, en ningún caso, a outro simultáneamente.

• Aqueles alumnos e alumnas que realizasen unha acción formativa e teñan dereito a diploma, non poderán volver realizar a mesma acción formativa.

3. XESTIÓN DAS ACCIÓNS FORMATIVAS 3.1. Trámites que se deben realizar antes do inicio das accións formativas (artigo 24)

3.1.1. Telemáticamente A entidade beneficiaria debe remitir á Dirección Xeral de Emprego e Formación, como mínimo cinco días naturais antes do inicio da acción formativa, telemáticamente, a través da aplicación informática:

- As datas de inicio e remate e horario de impartición - O enderezo completo do lugar de impartición e teléfono de contacto. - Relación nominal dos alumnos e alumnas, especificando o número do DNI e o

número de afiliación á Seguridade Social. - A identificación da persoa coordinadora ou responsable da acción formativa. - Relación nominal das persoas docentes especificando os seus DNI. - Acreditación da formación e/ou experiencia profesional das persoas docentes.

No caso de accións conducentes á obtención dos certificados de

Page 24: “PLANS DE FORMACIÓN DIRIXIDOS PRIORITARIAMENTE A …emprego.ceei.xunta.gal/.../Guia_informativa_2013.pdf · directa do titor-formador cos alumnos, e poderán realizarse de forma

24

profesionalidade ou acreditacións parciais dos mesmos, acreditación do cumprimento dos requisitos dos docentes que se establezan para cada módulo formativo no real decreto que regula o correspondente certificado de profesionalidade. Deberá introducirse no aplicativo a seguinte documentación para acreditar o cumprimento dos requisitos dos docentes que impartan o contido específico de accións vinculadas a certificados de profesionalidade:

- Copia simple da titulación académica - Currículo - Vida laboral - Certificación da empresa ou contrato laboral

Cando non se trate de accións conducentes á obtención de certificados de profesionalidade ou acreditacións parciais, bastará con achegar o currículum.

- Os docentes encargados da impartición do módulo de formación sobre igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e corresponsabilidade familiar e doméstica, deberá achegar ademais do curriculo, a acreditación de 30 horas de formación en materia de xénero e/ou 150 horas de experiencia profesional en materia de xénero.

- A documentación en que se reflicta a metodoloxía utilizada para o cálculo e imputación de gastos e a porcentaxe que se imputa, cando se trate dunha imputación parcial de gastos directos ou dunha imputación de gastos comúns a varias actividades.

A entidade deberá requirir a cada alumna ou alumno, cinco días antes da súa incorporación:

1. Copia simple do DNI. 2. Ficha individual en que acredite a súa pertenza a algún dos grupos

preferentes que se recollen no artigo 5º, de ser o caso. 3. Acreditación da súa condición de persoa ocupada ou desempregada. 4. Acreditación do cumprimento dos requisitos de acceso do alumnado que

establezan os programas formativos, ou de ser o caso, o real decreto que regule os correspondentes certificados de profesionalidade.

Co obxecto de cumplir o establecido no artigo 6.2 da Orde ESS/1897/2013, de 10 de outubro, pola que se desenvolve o Real Decreto 34/2008, de 18 de xaneiro, polo que se regulan os certificados de profesionalidade e os reais decretos polos que se establecen os certificados de profesionalidade dictados na súa aplicación, antes do inicio da acción formativa, a entidade facilitará aos alumnos preseleccionados o acceso á plataforma virtual e as súas instruccións de uso, e comprobará que poden utilizar as ferramentas necesarias para seguir a formación a través da mesma.

Page 25: “PLANS DE FORMACIÓN DIRIXIDOS PRIORITARIAMENTE A …emprego.ceei.xunta.gal/.../Guia_informativa_2013.pdf · directa do titor-formador cos alumnos, e poderán realizarse de forma

25

Para efectuar estas comprobacións solicitaráselles a realización dunha serie de actividades básicas relativas a descarga e envío de arquivos, manexo do correo electrónico e participación nas ferramentas de comunicación, mediante as que se asegure que o alumnado reúne as competencias dixitais requiridas para seguir con aproveitamento a formación.

5. Acreditación documental de estar exento da obriga de realizar o módulo de

prácticas profesionais non laborais, no caso de que a acción formativa completase un certificado de profesionalidade.

6. Acreditación documental de estar exento da obriga de realizar o módulo formativo sobre igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e sobre corresponsabilidade familiar e doméstica, de ser o caso.

(Por exemplo, unha acción que inicia o día 28/11/2013 ten que ser comunicada, como moi tarde, o día 23/11/2013) O procedemento é como segue: 1) Primeiramente deberá definir e comunicar o programa modulado de cada acción formativa a través do aplicativo. Está dispoñible na pestana do “programa” de acción formativa. Ademais de desagregar o programa é necesario especificar os controis de aprendizaxe que se van realizar tendo en conta que en todas as modalidades programarase un control mínimo por módulo formativo. Na modalidade de teleformación programarase como mínimo un control periódico de aprendizaxe cada 15 horas de formación ou fracción, entendendo como fracción cada unidade inferior ou igual a 15 horas. No mesmo control non se poderán avaliar contidos correspondentes a módulos distintos (artigo 4º.6). 2) Unha vez definido e comunicado o programa deberase comunicar o inicio dun grupo a través do aplicativo. Haberá que realizar unha comunicación de inicio por cada grupo. Unha vez comunicado o aplicativo xerará o Modelo A (comunicación de inicio) que non é necesario remitir á Dirección Xeral. Unha vez comunicado o grupo poderase modificar (todo agás a localización e a aula de impartición), ou dar de baixa pero temos que ter en conta que se damos de baixa un grupo unha vez comunicado, este número de grupo non se poderá volver a utilizar tendo, necesariamente, que asignarlle outro número de grupo. A data de inicio non se poderá modificar unha vez iniciado o grupo. As modificacións relacionadas co enderezo de impartición e/ou aula e necesario solicitalas á Dirección Xeral a través dun e-mail indicando o motivo polo cal se solicita o dito cambio. O prazo para comunicar calquera circunstancia ou eventualidade que poida afectar substancialmente a execución das accións formativas programadas é de cinco días desde que se produza (artigo 24º apartado 13).

Page 26: “PLANS DE FORMACIÓN DIRIXIDOS PRIORITARIAMENTE A …emprego.ceei.xunta.gal/.../Guia_informativa_2013.pdf · directa do titor-formador cos alumnos, e poderán realizarse de forma

26

3) Unha vez iniciado o grupo só se poderá dar de baixa pola persoa titular da Dirección Xeral de Emprego e Formación. 3.1.2. Documentalmente Tamén deberán remitir documentalmente, como mínimo cinco días naturais antes do inicio de cada grupo:

- Autorización da persoa traballadora para a utilización dos seus datos persoais para o control e seguimento da acción formativa, no marco da normativa de protección de datos, e declaración responsable da persoa traballadora de que os documentos que achega son auténticos (Modelo C, orixinal ou fotocopia compulsada).

- Acreditación do cumprimento dos requisitos de acceso do alumnado que

establezan os programas formativos, ou no seu caso, o Real Decreto que regule os correspondentes certificados de profesionalidade.

- Acreditación documental de estar exento da obriga de realizar o módulo de

prácticas profesionais non laborais, no caso de que a acción formativa completase un certificado de profesionalidade.

- Copia da póliza de seguros contratada co xustificante do seu aboamento, de

ser o caso. No caso de que a entidade beneficiaria subscribise unha póliza global do plan, e suficiente con que se entregue ao inicio da execución do plan. (Ver apartado 1.7 da guía, seguros do alumnado)

- A solicitude de anticipo, de ser o caso. A petición de anticipo se fará pola

aplicación, despois imprimirase, asinarase pola persoa correspondente e se presentará. Documentación que se debe achegar:

• Solicitude de aboamento

• Certificación bancaria do número de conta

• As entidades con ánimo de lucro ademais achegarán:

o Certificacións de estar ao día nas obrigas tributarias e sociais e de

non ter pendente de pagamento ningunha débeda coa Xunta de

Galicia. Esta obriga poderá ser substituida pola declaración

responsable do solicitante de estar ao día no cumprimento das

obrigas tributarias ou fronte a Seguridade Social e de non ter

pendentes de pagamento ningunha outra débeda coa

Administración pública da comunidade autónoma, no caso de

entidades que se recollen no artigo 11 do Decreto 11/2009, do 8

de xaneiro polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do

13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Page 27: “PLANS DE FORMACIÓN DIRIXIDOS PRIORITARIAMENTE A …emprego.ceei.xunta.gal/.../Guia_informativa_2013.pdf · directa do titor-formador cos alumnos, e poderán realizarse de forma

27

o Garantía a favor da Consellería de Traballo e Benestar (Xunta de

Galicia), mediante seguro de caución prestado por entidade

aseguradora ou mediante aval solidario de entidade de crédito

ou sociedade de garantía recíproca, segundo establecen os

artigos 65 e 67 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que

se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de

subvencións de Galicia. (Inclúese modelo de aval)

De acordo co apartado 4, letra i do citado artigo deste

regulamento quedarán exonerados de prestar esta garantía os

beneficiarios das subvencións concedidas das que estes pagos

non superen os 18.000 euros.

3.1.3. Información do grupo (artigo 24.6) A entidade ten a obriga de expoñer no taboleiro de anuncios do centro o programa completo da acción formativa temporizado por módulos, os dereitos e deberes do alumnado e da entidade beneficiaria, así como a relación dos e das docentes e o horario. No anuncio farase referencia expresa aos organismos cofinanciadores da acción formativa. 3.2. Trámites que realizar durante a execución da acción formativa As entidades poderán incorporar alumnado dentro do seu primeiro cuarto. Se se trata de accións formativas vinculadas a certificados de profesionalidad únicamente se poderá incorporar alumnado durante os primeiros 5 días lectivos dende o inicio da acción formativa, sempre que non se superara o primeiro cuarto. Nas accións vinculadas a certificados de profesionalidade realizadas na modalidade de teleformación ao comenzó da acción formativa realizarase unha sesión inicial, que pode ser presencial ou a través da plataforma virtual, para a presentación de dita acción, co obxecto de informar aos alumnos sobre o funcionamento do curso, metodoloxía, titorías presenciais, calendario e sistema de avaliación. Asimesmo, informarase sobre as condicións de exención do módulo de formación práctica en centros de traballo. 3.2.1 Trámites que realizar mensualmente a) Efectuar o pagamento ao persoal docente a remuneración correspondente. b) Trámites a través do aplicativo: Cubrir o modelo “E” (parte de asistencia mensual), e a través do aplicativo anexar o dito modelo ao grupo e mes correspondente. Non é necesario remitilo á Dirección Xeral.

Page 28: “PLANS DE FORMACIÓN DIRIXIDOS PRIORITARIAMENTE A …emprego.ceei.xunta.gal/.../Guia_informativa_2013.pdf · directa do titor-formador cos alumnos, e poderán realizarse de forma

28

3.2.2 Comunicación de incidencias e solicitude de modificación substancial no desenvolvemento das accións formativas. (artigo 24.13 e 24.14) Comunicación de incidencias. No prazo de 5 días dende que se produza a circunstancia ou eventualidade que afecte á execución das accións formativas programadas (salvo en casos de forza maior que se comunicarán en canto sexa posible) – Comunicarase mediante envío de correo electrónico ao técnico de formación correspondente. Solicitudes de modificacións no desenvolvemento das AF. Solicitar á Dirección Xeral de Formación e Colocación, con cinco días naturais de antelación, autorización para realizar calquera modificación substancial no desenvolvemento das accións formativas, salvo casos de forza maior, que se notificará en canto sexa posible. 3.2.3 Prácticas. (artigo 24.10) Cando se realicen prácticas en empresas ou outras actividades relacionadas coa acción formativa, contratar unha póliza de responsabilidade civil para facer fronte aos riscos que poidan derivar da súa realización para os bens e as persoas. Xestión das prácticas - O desenvolvemento do módulo de prácticas profesionais non laborais en centros de traballo, axustarase ao establecido, con carácter xeral, no artigo 5 bis do Real Decreto 34/2008, de 18 de xaneiro, así como aos reais decretos reguladores de cada certificado de profesionalidade. - O módulo de formación práctica realizarase preferentemente unha vez realizado o resto dos módulos formativos do certificado de profesionalidade. Pode ser realizado simultáneamente á realización de aqueles, previa autorización dos Servizos Públicos de Emprego. Nas accións formativas dos certificados de profesionalidade nas que o módulo de formación práctica en centros de traballo se desenvolva unha vez realizados o resto dos módulos formativos, dito módulo haberá de iniciarse nun prazo non superior a catro meses naturais desde a finalización do último módulo formativo. Para determinados certificados de profesionalidade que pola súa natureza presenten dificultades para o cumprimento do citado prazo, poderá solicitarse á administración competente unha autorización para a súa ampliación. O titor deste módulo será o designado polo centro de formación entre os formadores ou titores-formadores que haxan impartido os módulos formativos do certificado de profesionalidade correspondente.

Este módulo de formación práctica débese programar necesariamente nas accións formativas dirixidas á obtención dun certificado completo ou cando as accións formativas vaian dirixidas a completar o itinerario formativo dun certificado que haxa sido obxecto previamente de acreditacións parciais.

Page 29: “PLANS DE FORMACIÓN DIRIXIDOS PRIORITARIAMENTE A …emprego.ceei.xunta.gal/.../Guia_informativa_2013.pdf · directa do titor-formador cos alumnos, e poderán realizarse de forma

29

O módulo de formación práctica en centros de traballo vinculado a un determinado certificado de profesionalidade poderá ofertarse de forma independente nos seguintes casos:

a) Cando os participantes proveñan do Subsistema de Formación Profesional para o Emprego e haxan obtido a calificación de «apto» en tódolos módulos formativos do certificado de profesionalidade.

b) Cando os participantes proveñan da Formación profesional do sistema educativo sen ter superado o módulo profesional de formación en centros de traballo correspondente, e presenten o certificado académico que acredite a superación dos módulos profesionais concretos e a sua relación coas unidades de competencia acreditadas que conforman o certificado de profesionalidade. - Poderán desenvolverse en calquera especialidade e segundo os requisitos do CP e respectando a súa duración. - As empresas onde teñan lugar as prácticas deben reunir os requisitos establecidos no programa ou certificado de profesionalidade. - Comunicación: 10 días hábiles de antelación a data prevista de inicio á Dirección Xeral de Formación e Colocación. - Documentación: convenio asinado entre centro impartidor e empresa; sistema de titorías para o seu seguimento e avaliación; datas, lugar de realización, horario e duración; póliza de responsabilidade civil; seguro de accidentes do alumnado; licenza municipal de apertura de actividade da empresa de prácticas, ou no seu defecto declaración responsable da persoa que exerza a súa representación legal; xustificante de que a empresa cumpre coa normativa de prevención de riscos laborais. - Antes do comezo das prácticas poñer en coñecemento da Inspección de Traballo e Seguridade Social: a relación de alumnado que realiza ás prácticas; os datos da empresa en que se realizan (denominación e localidade); e as datas e horario de realización. - Enviar solicitude de exención á Dirección Xeral con copia de acreditación da experiencia profesional “como mínimo cinco días naturais antes do inicio da acción formativa” Alumnado exento: Tal e como se recolle no artigo 5 bis apartado 4 do Real decreto 34/2008, do 18 de xaneiro, no que se regulan os certificados de profesionalidade, modificado polo Real Decreto 189/2013 do 15 de marzo, e nos reais decretos que os establecen, estarán exentos de realizar este módulo: a) Os alumnos dos programas de formación en alternancia co emprego no área do correspondente certificado de profesionalidade, e os que se realicen no marco da formación profesional dual e, concretamente, os que son obxecto dun contrato para a formación e a aprendizaxe. b) Os alumnos que acrediten unha experiencia laboral de polo menos tres meses, cun mínimo de 300 horas traballadas en total, durante os últimos 5 anos transcurridos ata a data de solicitude da exención, e que se corresponda coas capacidades recollidas no citado módulo do certificado de profesionalidade. Esta experiencia laboral acreditarase mediante a documentación establecida no artigo 5 bis do Real Decreto 34/2008, de 18 de xaneiro.

Page 30: “PLANS DE FORMACIÓN DIRIXIDOS PRIORITARIAMENTE A …emprego.ceei.xunta.gal/.../Guia_informativa_2013.pdf · directa do titor-formador cos alumnos, e poderán realizarse de forma

30

As solicitudes de exención deste módulo pola sua correspondencia coa práctica laboral realizaranse de acordo co regulado polas administracións laborais competentes, que expedirán un certificado de exención do mesmo. Procedemento para levar a cabo a exención: 1. Os/as alumnos/as deberán solicitar expresamente a exención da realización do módulo de prácticas na Dirección Xeral de Formación e Colocación. 2. A persoa titular da Dirección Xeral de Emprego e Formación expedirá un certificado de exención total ou parcial do módulo naqueles casos dos alumnos dos programas de formación en alternancia no emprego (contratos para a formación, escolas e obradoiros de emprego) na área do correspondente certificado e os que acrediten unha experiencia laboral de como mínimo tres meses, que se corresponda coas capacidades recollidas nos citados módulos do correspondente certificado de profesionalidade. 3. Para acreditar a súa experiencia, os/as alumnos/as deberán xuntar a seguinte documentación segundo o artigo 5 bis apartado 5, do Real Decreto 34/2008, do 18 de xaneiro, modificado polo Real Decreto 189/2013 do 15 de marzo: a) Para os traballadores ou traballadoras asalariados:

- Certificación da Tesourería Xeral da Seguridade Social, do Instituto Social da Mariña ou da mutualidade á que estiveran afiliados, onde conste a empresa, a categoría laboral (grupo de cotización) e o período de contratación - Certificación da empresa onde adquiriran a experiencia laboral, na que conste especificamente a duración dos períodos de prestación do contrato, a actividade desenvolvida e o intervalo de tempo no que se realizou dita actividade.

b) Para os traballadores ou traballadoras autónomas ou por conta propia: - Certificación da Tesourería Xeral da Seguridade Social, do Instituto Social da

Mariña dos períodos de alta na Seguridade Social no réxime especial correspondente e

- Uhna declaración responsable de cumprimento dos requisitos para a exención do modulo de prácticas coa descripción da actividade desenvolvida e intervalo de tempo no que se realizou a mesma.

c) Para traballadores voluntarios ou becarios: Certificación da organización ou empresa onde se teña prestado a asistencia na que consten, específicamente, as actividades e funcións realizadas, o ano no que se realizaron e o número total de horas dedicadas as mesmas.

Page 31: “PLANS DE FORMACIÓN DIRIXIDOS PRIORITARIAMENTE A …emprego.ceei.xunta.gal/.../Guia_informativa_2013.pdf · directa do titor-formador cos alumnos, e poderán realizarse de forma

31

3.2.4. Solicitude de suspensión por redución do alumnado (artigo 6)

Se durante a impartición dunha acción formativa sobrevén unha redución do alumnado, sen que se poidan dar novas altas, nunha cantidade superior ao 50% do número programado, a entidade beneficiaria poderá solicitar á Consellería de Traballo e Benestar a súa suspensión. No caso de suspensión, a entidade terá dereito a unha indemnización calculada de acordo co principio de proporcionalidade e que nunca será superior aos gastos efectivamente xustificados. 3.2.5. Reconfiguración do plan (artigo 19.4)

RECONFIGURACIÓN DO PLAN

PRAZO PRESENTACIÓN DOCUMENTACIÓN E TRÁMITE

Mínimo un mes despois da notificación da resolución

Solicitude a través da aplicación informática

O aplicativo xerará un modelo de solicitude de reconfiguración e un anexo coas accións do plan unha vez reconfigurado, que deberán ser selados e asinados pola entidade beneficiaria e presentados no rexistro xeral da Consellería de Traballo e Benestar (San Lázaro s/n, 15781, Santiago de Compostela), nos rexistros das Xefaturas Territoriais da Consellería de Traballo e Benestar ou nos lugares establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1998.

Á Dirección Xeral de Emprego e Formación

Ao máis tardar, cando falten dous meses para o remate do prazo de execución das accións formativas do plan

Solicitude a través da aplicación informática

O aplicativo xerará un modelo de solicitude de reconfiguración e un anexo coas accións do plan unha vez reconfigurado, que deberán ser selados e asinados pola entidade beneficiaria e presentados no rexistro xeral da Consellería de Traballo e Benestar (San Lázaro s/n, 15781, Santiago de Compostela), nos rexistros das Xefaturas Territoriais da Consellería de Traballo e Benestar ou nos lugares establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1998.

Á Dirección Xeral de Emprego e Formación

3.3. Arquivo da documentación (artigo 24.3 e 24.4)

A entidade beneficiaria arquivará separadamente por cada acción formativa a seguinte documentación:

• Copia simple dos DNI do alumnado.

• Fichas de inicio.

• programa completo da acción formativa temporizado por módulos

• Ficha individual de cada alumno/a.

• Documento que acredite que a persoa traballadora está ocupada ou desempregada na data de incorporación ao curso, de ser o caso.

Page 32: “PLANS DE FORMACIÓN DIRIXIDOS PRIORITARIAMENTE A …emprego.ceei.xunta.gal/.../Guia_informativa_2013.pdf · directa do titor-formador cos alumnos, e poderán realizarse de forma

32

• Os modelos de solicitude de inscrición recibidos.

• Acreditación documental de estar exento da obriga de realizar o módulo de prácticas profesionais non laborais, no caso de que a acción formativa completase un certificado de profesionalidade.

• Acreditación documental de estar exento da obriga de realizar o módulo formativo sobre igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e sobre corresponsabilidade familiar e doméstica, de selo caso.

• Diploma da Consellería de Traballo de ter cursado os módulos cos códigos FCOA02 Sensibilización Ambiental e FCOI01 Alfabetización Informática: Internet, de selo caso.

• Os controis de aprendizaxe. 3.4. Trámites que se deben realizar ao finalizar as accións formativas (artigo 21º

puntos 3 e 4, artigo 23º.1 e artigo 24º.5)

As entidades beneficiarias deberán enviar á Dirección Xeral de Formación e Colocación, dentro do mes seguinte ao remate da última acción formativa de cada convenio: A documentación sinalada no apartado 5.2 desta guía. 3.4.1. Cadro-resumo da situación do alumnado dentro da acción formativa. Na seguinte táboa aclárase que se entende por alumnado iniciado, finalizado e con dereito a diploma en cada unha das modalidades de impartición:

Page 33: “PLANS DE FORMACIÓN DIRIXIDOS PRIORITARIAMENTE A …emprego.ceei.xunta.gal/.../Guia_informativa_2013.pdf · directa do titor-formador cos alumnos, e poderán realizarse de forma

33

3.4.1. Cadro-resumo da situación do alumnado dentro da acción formativa. MODALIDADES INICIADO BAIXA FINALIZADO DEREITO A DIPLOMA

PRESENCIAL (non exento módulo de igualdade)

-Asistir a unha sesión presencial dentro do primeiro cuarto do curso. -Nas accións formativas vinculadas a certificados de profesionalidade asistir a unha sesión presencial durante os primeiros 5 días lectivos desde o inicio da acción formativa, sempre que non se superase o primeiro cuarto.

As faltas de asistencia superan o 25% das horas lectivas.

Alumnado que realice o 75% das horas lectivas da acción formativa.

Asistir e superar con aproveitamento o 75% da acción formativa e o 75% do módulo de igualdade.

PRESENCIAL (exento módulo de igualdade)

Asistir a unha sesión presencial dentro do primeiro cuarto do curso.

As faltas de asistencia superan o 25% das horas lectivas.

Alumnado que realice o 75% das horas lectivas da acción formativa.

Asistir e superar con aproveitamento o 75% da a acción formativa.

TELEFORMACIÓN (non exento módulo igualdade)

Realizar ≥ 25% dos controis de aprendizaxe da acción formativa.

Se non realiza o 75% das avaliacións da acción formativa.

Alumnado que realice o 75% das avaliacións.

Superar con aproveitamento o 75% das avaliacións da parte da acción formativa e o 75% do módulo de igualdade.

TELEFORMACIÓN (exento módulo de igualdade)

Realizar ≥ 25% dos controis de aprendizaxe da acción formativa.

Se non realiza o 75% das avaliacións da acción formativa.

Alumnado que realice o 75% das avaliacións.

Superar con aproveitamento o 75% das de avaliacións da parte da acción formativa.

MIXTA (non exento módulo de igualdade)

Cumprir os requisitos para ser iniciado na modalidade que se realice primeiro.

Se non realiza o 75% das avaliacións da acción formativa na parte de teleformación e/ou se as faltas de asistencia superan o 25% das horas lectivas na parte presencial .

Alumnado que realice o 75% das avaliacións en modalidade de teleformación e que asista ao 75% das horas da modalidade presencial.

Superar o 75% das avaliacións non presenciais da acción formativa. Superar o 75% do módulo de igualdade na modalidade en que se imparta. Na parte presencial da acción formativa deberá asistir e superar con aproveitamento o 75%. (*)

MIXTA (exento módulo de igualdade)

Cumprir os requisitos para ser iniciado na modalidade que se realice primeiro.

Se non realiza o 75% das avaliacións da acción formativa na parte de teleformación e/ou se as faltas de asistencia superan o 25% das horas lectivas na parte presencial.

Alumnado que realice o 75% das avaliacións en modalidade de teleformación e que asista ao 75% das horas da modalidade presencial.

Superar o 75% das avaliacións non presenciais da acción formativa. Na parte presencial da acción formativa deberá asistir e superar con aproveitamento o 75%. (*)

(*)No caso de que o número de sesións presenciais sexa menor de catro, a porcentaxe de asistencia obrigada reducirase para permitir unha única falta de asistencia (66% se hai tres sesións ou 50% se hai dúas). En calquera caso, nun curso mixto o alumnado deberá asistir polo menos a unha sesión presencial.

Page 34: “PLANS DE FORMACIÓN DIRIXIDOS PRIORITARIAMENTE A …emprego.ceei.xunta.gal/.../Guia_informativa_2013.pdf · directa do titor-formador cos alumnos, e poderán realizarse de forma

34

3.5. Cadro-resumo dos prazos para ter en conta e documentación a presentar na xestión das acción formativas.

PRAZO DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR LUGAR DA SÚA PRESENTACIÓN

APLICACIÓN INFORMÁTICA

Mínimo de 5 días naturais (sen contar o día do inicio do curso) antes do inicio da acción formativa.

Modelo A ou comunicación de inicio da acción formativa con datas de inicio e remate e o horario de impartición; tamén o enderezo completo do lugar de impartición e tel. de contacto.

Non é necesario remitilo á Dirección Xeral.

Dar de alta a comunicación de inicio da acción formativa no aplicativo.

Modelo B ou relación nominal de alumnado con DNI e número de afiliación á Seguridade Social, relación nominal dos docentes con DNI, e identificación da persoa coordinadora ou responsable da acción formativa. A documentación acreditativa da formación e/ou experiencia profesional dos docentes. No caso de accións conducentes á obtención de certificados de profesionalidade ou acreditacións parciais dos mesmos, acreditación do cumprimento dos requisitos dos docentes que se establezan para cada módulo formativo no real decreto que regula o correspondente certificado de profesionalidade. Os docentes encargados da impartición do módulo de formación para a igualdade deberán acreditar 30 horas de formación en materia de xénero e/ou 150 horas de experiencia profesional en materia de xénero. A documentación en que se reflicta a metodoloxía utilizada para o cálculo e imputación de gastos e a porcentaxe que se imputa, cando se trate dunha imputación parcial de gastos directos ou dunha imputación de gastos comúns a varias actividades. ------------------------------------------------------------------------------------ Modelo C ou autorización do alumno/a para a utilización dos seus datos persoais (orixinal ou copia compulsada). Documentación acreditativa de estar exento da obriga de realizar os módulos formativos: igualdade de oportunidades,

Non é necesario remitilo á Dirección Xeral. -------------------------------------- No rexistro xeral da Consellería de Traballo e Benestar (San Lázaro s/n, 15781, Santiago de Compostela), nos rexistros

Dar de alta ao alumnado e docentes no aplicativo. ------------------------------------------ Introducir a documentación acreditativa da formación e/ou experiencia profesional dos docente. ------------------------------------------

Page 35: “PLANS DE FORMACIÓN DIRIXIDOS PRIORITARIAMENTE A …emprego.ceei.xunta.gal/.../Guia_informativa_2013.pdf · directa do titor-formador cos alumnos, e poderán realizarse de forma

35

sensibilización ambiental e alfabetización informática Ademais, no caso de accións formativas conducentes a obtención dun certificado de profesionalidade:

- Documentación acreditativa do cumprimento dos requisitos de acceso do alumnado que estableza o real decreto correspondente. - Documentación acreditativa de estar exento da obriga de realizar o módulo de prácticas profesionais non laborais.

Copia da póliza de seguros contratada co xustificante do seu aboamento, de ser o caso. ------------------------------------------------------------------------------------ A solicitude de anticipo, de ser o caso, xunto coa seguinte documentación: - Certificación bancaria do nº de conta. - As entidades con ánimo de lucro ademais achegarán: - Certificacións de estar ao día nas obrigas tributarias e sociais e de non ter pendente de pagamento ninguna débeda coa Xunta de Galicia ou declaración responsable do solicitante. - Garantía a favor da Consellería de Traballo e Benestar (Xunta de Galicia) salvo que o importe do anticipo non supere os 18.000 euros. ------------------------------------------------------------------------------------ Os/as alumnos/as, nos 10 días naturais seguintes á súa incorporación ou desde a nova situación que dea dereito ás bolsas, solicitarán as correspondentes bolsas. A non formalización en tempo e forma desta solicitude dará lugar á perda do dereito ás axudas.

das Xefaturas Territoriais da Consellería de Traballo e Benestar ou nos lugares establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1998. -------------------------------------- No rexistro xeral da Consellería de Traballo e Benestar (San Lázaro s/n, 15781, Santiago de Compostela), nos rexistros das Xefaturas Territoriais da Consellería de Traballo e Benestar ou nos lugares establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1998. -------------------------------------- O alumnado solicitará as bolsas no centro impartidor coa documentación acreditativa e o centro as presentará nos lugares indicados no recadro superior.

------------------------------------------ A petición do anticipo se fará pola aplicación, despois imprimirase, asinarase pola persoa correspondente e entregarase conforme se especifica no cadro anterior. ------------------------------------------

1º cuarto: Incorporación do Modelo C ou autorización do alumno/a que se incorpora Nos lugares indicados no Dar de alta aos/as alumnos/as

Page 36: “PLANS DE FORMACIÓN DIRIXIDOS PRIORITARIAMENTE A …emprego.ceei.xunta.gal/.../Guia_informativa_2013.pdf · directa do titor-formador cos alumnos, e poderán realizarse de forma

36

alumnado.

dentro do primeiro cuarto, para a utilización dos seus datos persoais (orixinal ou copia compulsada). Nas AF vinculadas a certificados de profesionalidade unicamente se poderá incorporar alumnado durante os primeiros 5 días lectivos desde o inicio da AF, sempre que non se superase o primeiro cuarto.

recadro superior.

no aplicativo.

Mensualmente.

A entidade deberá cubrir o Modelo E ou parte de asistencia mensual (modelo dispoñible na páxina web da Xunta). Comunicación de incidencias.

Non é necesario remitilo á Dirección Xeral. Envío de correo electrónico ao técnico/a de formación correspondente

Anexar o parte de asistencias mensual (Modelo E) ao grupo e mes correspondente.

Antes do día 10 do mes seguinte ó da finalización do grupo.

Data de finalización e resultados do alumnado do grupo.

Confirmar, mediante a xeración do modelo F, a data de finalización do grupo, os resultados do alumnado e demais datos.

Xustificación (dentro do mes seguinte ao remate da última acción formativa de cada convenio).

Documentación que deberá presentarse por cada acción formativa selada e asinada: - Solicitude de diplomas. - Solicitude de liquidación final. - Relación de facturas. - Orixinal ou fotocopia compulsada ou cotexada de todas as facturas, nóminas e xustificantes de pagamento de todos os gastos imputables á acción formativa. - Certificación dos gastos. - Declaración complementaria do conxunto de todas as axudas solicitadas (aprobadas, concedidas ou pendentes de resolución), para a mesma acción formativa, das distintas administracións públicas competentes ou de calquera dos seus organismos, entes ou sociedades. A entidade beneficiaria deberá así mesmo cubrir e remitir nos impresos normalizados e conforme ás instrucións que se

No rexistro xeral da Consellería de Traballo e Benestar (San Lázaro s/n, 15781, Santiago de Compostela), nos rexistros das Xefaturas Territoriais da Consellería de Traballo e Benestar ou nos lugares establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1998.

Os datos de xestión do curso deberanse introducir en liña a través da aplicación informática.

Page 37: “PLANS DE FORMACIÓN DIRIXIDOS PRIORITARIAMENTE A …emprego.ceei.xunta.gal/.../Guia_informativa_2013.pdf · directa do titor-formador cos alumnos, e poderán realizarse de forma

37

establezan para o efecto, os seguintes documentos: a) A certificación de finalización do plan, con especificación de cada acción formativa realizada da que se comunicase o seu inicio no momento oportuno. b) A documentación xustificativa que acredite, como mínimo, os custos relativos ás accións formativas subvencionadas. c) Xustificante de ter ingresado o importe correspondente á diferenza entre a cantidade xustificada e a recibida en concepto de anticipo, é dicir, cando o anticipo sexa superior a cantidade xustificada. d) A documentación relativa as actuacións de avaliación e control da calidade da formación. e) Certificacións de estar ao día nas obrigas tributarias e sociais e de non ter pendente de pagamento ningunha débeda coa Xunta de Galicia. f) Documentación xustificativa relativa aos controis de aprendizaxe.

Page 38: “PLANS DE FORMACIÓN DIRIXIDOS PRIORITARIAMENTE A …emprego.ceei.xunta.gal/.../Guia_informativa_2013.pdf · directa do titor-formador cos alumnos, e poderán realizarse de forma

38

4. AVALIACIÓN DA CALIDADE DA FORMACIÓN (artigos 26 e 27)

4.1 Control e seguimento das accións formativas (artigo 26) 4.1.1. Para verificar o cumprimento do disposto na orde, a Dirección Xeral de Formación e Colocación, as xefaturas territoriais da consellería ou o persoal que se contrate para o efecto aplicarán o sistema de seguimento e control que estimen conveniente. Estas actuacións poderán consistir na realización de visitas ás accións formativas aprobadas e enquisas ao alumnado e docentes, información respecto do progreso da acción e do seu grao de execución en cada momento, así como de control da elixibilidade dos custos imputados a cada acción formativa. 4.1.2. Cando nunha acción formativa se detecte a existencia de irregularidades ou deficiencias que non puidesen ser emendadas no prazo concedido para o efecto, e que incidan negativamente na súa calidade docente, procederase á súa cancelación por resolución motivada do órgano competente para a súa concesión. 4.2 Avaliación da calidade das accións formativas (artigo 27)

En cumprimento do establecido no artigo 33.5 da Orde TAS/718/2008, do 7 de marzo, as entidades responsables de executar os plans de formación de oferta realizarán unha avaliación e control da calidade da formación que executen. Para tal fin os beneficiarios considerarán como base das súas actuacións unha mostra representativa que cubrirá polo menos o 5 % dos grupos aos cales se impartise a formación. Esta mostra cubrirá as accións do plan de formación, tanto as priorizadas no ámbito correspondente como as transversais, así como as modalidades de impartición presentes no plan. Entre as actuacións que se desenvolverán poderán incluírse as seguintes: a) Actuacións de control:

- Verificación en tempo real do correcto desenvolvemento da formación en aspectos tales como: locais, profesorado, horario, adecuación ao programa, entre outros. - Comprobación documental do cumprimento por parte dos centros de formación das súas obrigas en relación co convenio de formación: existencia de subcontratación autorizada por unha soa vez, control de asistencia, gratuidade da formación, publicidade da Consellería de Traballo, verificación documental dos gastos do plan, entre outros aspectos. - Visitas de control interno ás oficinas onde se organiza ou xestiona o plan de formación respecto do cumprimiento dos trámites e comunicacións para realizar fronte ao órgano concedente. - Cualquera outra actuación complementaria das anteriores a través de requerimientos telefónicos, envío de circulares ou otros medios.

b) Actuacións de avaliación. Poderanse realizar aquelas actuacións de avaliación que as entidades beneficiarias consideren axeitadas para garantir a eficacia, eficiencia e calidade dos seus plans de formación.

Page 39: “PLANS DE FORMACIÓN DIRIXIDOS PRIORITARIAMENTE A …emprego.ceei.xunta.gal/.../Guia_informativa_2013.pdf · directa do titor-formador cos alumnos, e poderán realizarse de forma

39

As actuacións de avaliación dependerán, en gran medida, dos obxectivos e criterios elixidos polas entidades beneficiarias. c) Memoria de avaliación e control. Presentarase un informe de resultados que conterá:

- Descrición das actuacións realizadas no ámbito da avaliación e control. - Relación dos recursos materiais, técnicos e humanos que resultasen necesarios para o desenvolvemento destas actuacións.

Deberanse incluír no informe de resultados as principais conclusións e recomendacións obtidas das actuacións de avaliación e control realizadas. De acordo co previsto no artigo 2 da Resolución do 27 de abril de 2009, do Servizo Público de Emprego Estatal, pola que se publican os cuestionarios de avaliación de calidade das acción formativas para o emprego, as entidades beneficiarias colaborarán co citado organismo, entre outras actividades, na distribución e posta á disposición das persoas participantes do cuestionario de avaliación de calidade das acciones formativas. Unha vez cuberto o cuestionario polas persoas participantes, as entidades beneficiarias procederán a súa custodia e gravación. As entidades beneficiarias deberán destinar para a avaliación e control da calidade da formación ata un 5 % da subvención concedida, pero sen que, en ningún caso, se poidan superar os seguintes límites: Subvencións de 50.001 a 150.000 €: ata 6.000 €. Subvencións de 150.001 a 250.000 €: ata 8.750 €. Subvencións de 250.001 a 500.000 €: ata 15.000 €. Subvencións de 500.001 a 1.000.000 €: ata 25.000 €. Subvencións de 1.000.001 a 2.500.000 €: ata 50.000 €. Subvencións superiores a 2.500.000 €: ata 90.000 €. 4.3 Avaliación da calidade nas accións formativas vinculadas a certificados de profesionalidade para calquera modalidade de impartición (artigo 4.7 da convocatoria e artigo 21 da Orde ESS/1897/2013) Segundo o establecido no Capítulo V do Real Decreto 395/2007, de 23 de marzo, polo que se regula o subsistema de formación profesional para o emprego e no artigo 18 do Real Decreto 34/2008, de 18 de xaneiro, as accións correspondentes aos certificados de profesionalidade, en calquera modalidade de impartición, axustaranse aos dispositivos de calidade que se implanten no Subsistema de Formación Profesional para o Emprego. A finalidade destes dispositivos de calidade é que as citadas accións respondan de forma válida á formación establecida en cada certificado de profesionalidade, considerando a adecuación no acceso do alumnado, requisitos dos formadores/titores; desenvolvemento de contidos, metodoloxías de impartición e medios didácticos; espazos, instalacións e equipamentos; e avaliación da aprendizaxe.

Page 40: “PLANS DE FORMACIÓN DIRIXIDOS PRIORITARIAMENTE A …emprego.ceei.xunta.gal/.../Guia_informativa_2013.pdf · directa do titor-formador cos alumnos, e poderán realizarse de forma

40

5. XUSTIFICACIÓN ECONÓMICA 5.1. Custos financiables e criterios de imputación. (Artigo 20)

5.1.1. Os custos das accións formativas poderanse imputar desde 1 mes antes do inicio do plan. Entenderase que o plan se iniciou na data do inicio da primeira acción formativa. En ningún caso se poderán imputar custos anteriores ao 1 de agosto de 2013. 5.1.2 Custos directos: (artigo 20º.2)

a. As retribucións das persoas formadoras internas e externas, podéndose incluír salarios, seguros sociais, axudas de custo e gastos de locomoción e, en xeral, todos os custos imputables ás persoas formadoras no exercicio das actividades de preparación, impartición, titoría e avaliación das acción formativas. Estes gastos deberán presentarse debidamente desagregados por horas dedicadas á actividade que se imputen. Poderase imputar en concepto de preparación e avaliación ata un 15% da subvención da acción formativa. Nas facturas debe de identificarse de xeito individual o nome, apelidos, DNI e nº de horas dedicadas á actividade tanto no persoal de impartición A1), como no de preparación, titorías e avaliación A2). b. Os gastos de amortización de equipos didácticos e plataformas tecnolóxicas, calculados con criterios de amortización aceptados nas normas de contabilidade, así como o seu aluguer ou arrendamento financeiro, excluídos os seus xuros, soportados na execución do plan formativo. Estes gastos deberán presentarse debidamente desagregados por acción formativa e imputaranse polo numero de participantes no caso de uso individual dos equipos ou plataformas. c. Gastos de medios didácticos e/ou adquisición de materiais didácticos, así como os gastos en bens consumibles utilizados na realización das accións formativas do plan, incluído o material de protección e seguridade. Así mesmo, no caso da teleformación, os custos imputables aos medios de comunicación utilizados entre persoal formador e participantes. Estes gastos deberán presentarse debidamente desagregados por acción formativa e imputaranse polo número de participantes no caso de uso individual dos equipos ou plataformas. Poderase incluír os gastos de visitas didácticas que foran previamente comunicadas á Dirección xeral de Formación e Colocación. d. Os gastos de aluguer, arrendamento financeiro, excluídos os seus xuros, ou amortización das aulas, talleres, e demais superficies utilizadas no desenvolvemento do plan de formación. Estes gastos deberán presentarse debidamente desagregados por acción formativa e imputaranse polo período de duración da acción. Os gastos de amortización calcularanse segundo normas de contabilidade xeralmente aceptadas,

Page 41: “PLANS DE FORMACIÓN DIRIXIDOS PRIORITARIAMENTE A …emprego.ceei.xunta.gal/.../Guia_informativa_2013.pdf · directa do titor-formador cos alumnos, e poderán realizarse de forma

41

sendo aplicable o método de amortización segundo as táboas aprobadas polo Regulamento do imposto de sociedades. e. Seguro de accidentes dos participantes. Estes gastos deberán presentarse desagregados por acción formativa e a súa imputación farase polo numero de participantes. En relación co establecido neste punto e no punto 9 do Artigo 24 respecto ás pólizas de Seguro “A súa duración abranguerá estrictamente o período da acción formativa,

incluíndo expresamente as prácticas en empresas cando estas se realicen...”, entenderase cumprida dita obriga coa existencia dunha ou varias pólizas que acadando as coberturas mínimas establecidas, englobe a tódolos alumnos/as de cada acción formativa, durante todo o período de desenvolvemento do curso, incluíndo tanto as clases teóricas coma as prácticas e probas presenciais. "Consideraranse válidas por tanto, aquelas pólizas que se contraten para un conxunto de acción formativas, ou pola totalidade do plan, ou mesmo nun ámbito temporal e de Nº de alumnos cubertos que sexa superior ao do Plan de Formación, sempre que se acaden as coberturas mínimas estipuladas". En todo caso deberá estar especificado o nº de plan formativo. Por exemplo, entre outros: - Unha póliza por Grupo. - Unha póliza por Acción Formativa. - Unha póliza por un conxunto de Grupos ou Accións Formativas. - Unha póliza por Plan Formativo. - Unha póliza por mais dun Plan Formativo. - Unha póliza de duración superior ao tempo de execución do plan, por un conxunto de acción formativas (con renovacións, cando fose preciso). Referencias: - Artigo 24º, punto 9 da Orde do 1 de outubro de 2013 (Plans de Formación en Galicia). - Artigo 20 punto 2. Apartado e) da Orde do 1 de outubro de 2013 (Plans de Formación en Galicia). f. Gastos de transporte, manutención e aloxamento para os traballadores ocupados que participen nas accións formativas, cos límites fixados na Orden EHA/3771/2005, do 2 de decembro, pola que se revisa a contía dos gastos de locomoción e das axudas de custo no imposto sobre a renda das persoas físicas. Estes gastos deberán presentarse debidamente desagregados por acción formativa e a súa imputación farase polo numero de participantes. g. Gastos de publicidade para a organización e difusión das accións formativas. Estes gastos deberán presentarse debidamente desagregados por acción formativa. 5.1.3 Custos asociados á actividade formativa (artigo 20.3)

a. Persoal de apoio tanto interno como externo e todos os necesarios para a xestión e execución do plan.

Page 42: “PLANS DE FORMACIÓN DIRIXIDOS PRIORITARIAMENTE A …emprego.ceei.xunta.gal/.../Guia_informativa_2013.pdf · directa do titor-formador cos alumnos, e poderán realizarse de forma

42

O persoal de apoio poderá imputarse entre todas as accións formativas dende 1 mes antes do inicio do plan e ata un mes despois dende o remate da última acción formativa, con independencia da data en que se realicen cada unha das acción formativas. Entenderase que o plan se iniciou na data do inicio da primeira acción formativa. En ningún caso se poderán imputar custos anteriores a 1 de agosto de 2013. b. Gastos financeiros directamente relacionados coa actividade subvencionada e que resulten indispensables para a súa adecuada preparación ou execución. Non serán subvencionabas os intereses debedores das contas bancarias. c. Outros custos: luz, auga, calefacción, mensaxaría, correo, limpeza e vixilancia, asociados á execución da actividade formativa. Estes custos poderán imputarse entre todas as accións formativas desde 1 mes antes do inicio do plan ata un mes despois dende o remate da ultima acción formativa de cada convenio, con independencia da data en que se realicen cada unha das accións formativas. Estes custos deberán imputarse á beneficiaria da actividade subvencionada na parte razoablemente corresponda de acordo con principios e normas de contabilidade xeralmente admitidas e, en todo caso, na medida en que tales cursos correspondan ao período en que efectivamente se realiza a actividade. Neste caso entendese como actividade subvencionada a totalidade do plan formativo. A Actividade Subvencionada abranguerá tódalas fases necesarias para o Desenvolvemento e Xustificación do Plan de Formación. En calquera caso, os custos asociados, igual que os custos directos, deben responder a custos reais, efectivamente realizados, pagados e xustificados mediante facturas ou documentos contables de valor probatorio equivalente. Os gastos de asesoría xurídica, así como os custos notariais, rexistrais, periciais e de administración so serán subvencionables se están directamente relacionados e son indispensables para a adecuada preparación e execución da actividade subvencionada. A suma dos custos asociados do plan non poderá superar o 10 por cento dos custos da actividade formativa, agás accións formativas vinculadas directamente á posta en marcha das acción prioritarias previstas no anexo III da orde, caso en que se poderá ampliar esta porcentaxe ata o 15 % dos ditos custos. Igualmente, esta porcentaxe poderá ampliarse ata o 15 % dos ditos custos cando o beneficiario da subvención non subcontrate a realización da dita actividade. Se considerará que hai subcontratación nunha acción formativa cando se subcontrate un grupo. 5.1.4 Outros custos subvencionables: (artigo 20.4) Custos de avaliación e control da calidade da formación segundo o art. 27 da orde. 5. 5.1.5 En todo caso nestas axudas respectaranse as condicións da Orde TIN 2965/2008, do14 de outubro, pola que se determinan os gastos subvencionables polo FSE, modificada pola Orde TIN 788/2009, do 25 de marzo, e pola Orde ESS/1337/2013 do 3 de xullo.

Page 43: “PLANS DE FORMACIÓN DIRIXIDOS PRIORITARIAMENTE A …emprego.ceei.xunta.gal/.../Guia_informativa_2013.pdf · directa do titor-formador cos alumnos, e poderán realizarse de forma

43

5.1.6 Rastrexabilidade dos pagamentos: para aceptar os gastos como xustificados é necesario que se identifique claramente a correspondencia entre a factura/nómina e o xustificante de pagamento, aparecendo especificado o número de factura no concepto do xustificante bancario, posto que a simple coincidencia de provedor e importe non é garantía suficiente. Se o xustificante inclúe o pagamento de varias facturas e non se especificaron todas no concepto de xustificante bancario, o antedito xustificante deberá ir acompañado do total das facturas que estean afectadas por este. Así mesmo, en ningún caso se darán por válidos os xustificantes de pagamentos corrixidos con notas á man rectificando calquera equivocación. 5.2. Pagamento e liquidación das subvencións. (artigo 21 )

5.2.1 Documentación que hai que presentar (I): (artigo 21.3)

As entidades beneficiarias deberán enviar á Dirección Xeral de Formación e Colocación, dentro do mes seguinte ao remate da última acción formativa de cada convenio, a xustificación dos custos inherentes, a través da seguinte documentación, que deberá presentarse por cada acción formativa selada e asinada:

• Solicitude de liquidación final. Modelo G: solicitude de aboamento.

• Relación de facturas. Modelo H

• Orixinal ou fotocopia compulsada ou cotexada de todas as facturas, nóminas e xustificantes de pagamento de todos os gastos imputables á acción formativa.

• Certificación de gastos. Modelo K.

• Declaración complementaria do conxunto de todas as axudas solicitadas (aprobadas, concedidas ou pendentes de resolución), para a mesma acción formativa, das distintas administracións publicas competentes ou de calquera dos seus organismos, entes ou sociedades.

5.2.2 Documentación que hai que presentar (II) (artigo 21.4): A entidade beneficiaria deberá así mesmo cubrir e remitir nos impresos normalizados e conforme ás instruccións que se establezan para o efecto naquelas, os seguintes documentos: a) Certificación de finalización do plan, con especificación de cada acción formativa realizada da que se comunicase o seu inicio no momento oportuno. Modelo L. b) Documentación xustificativa que acredite, como mínimo, os custos relativos ás accións formativas subvencionadas. c) Xustificante de ter ingresado o importe correspondente á diferenza entre a cantidade xustificada e a recibida en concepto de anticipo, é dicir, cando o anticipo sexa superior a cantidade xustificada. d) A documentación relativa as actuacións de avaliación e control da calidade da formación. Neste caso enviarase coa xustificación o informe final ou memoria cos resultados, podendo enviarse en soporte informático.

Page 44: “PLANS DE FORMACIÓN DIRIXIDOS PRIORITARIAMENTE A …emprego.ceei.xunta.gal/.../Guia_informativa_2013.pdf · directa do titor-formador cos alumnos, e poderán realizarse de forma

44

e) As entidades beneficiarias deberán acreditar, con independencia da súa contía e antes de proceder ao cobramento das subvencións que están ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias e fronte a Seguridade Social e que non teñen pendente de pagamento ningunha débeda, por ningún concepto, coa Administración Pública da Comunidade Autónoma de Galicia. Esta obriga poderá ser substituída pola declaración responsable do solicitante de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte a Seguridad Social e de non ter pendentes de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da comunidade autónoma, no caso de entidades que se recollen no artigo 11 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. f) Documentación xustificativa relativa ós controis de aprendizaxe. (Artigo 24.5)

1- Para a formación presencial: a entidade gardará a acta asinada polo docente no que conste: acción formativa, grupo, módulo que corresponde a avaliación, tipo de control realizado e resultado obtido (apto/non apto). 2- Para a modalidade de teleformación comunicar por medio telemático ou en soporte dixital os seguintes datos referidos a cada control de aprendizaxe:

o Plan de formación. o Acción formativa. o Grupo. o Documento de identidade do alumno ou alumna.

o Código que permita identificar a proba e os resultados conseguidos polo/a participante. Estes datos deben ser almacenados polo sistema de teleformación empregado para a execución da acción formativa.

o Indicativo de si a persoa participante realizou a proba. En caso afirmativo cubrirase:

- Data e hora en que foi desenvolvido o control. - Tempo empregado para o desenvolvemento do control de aprendizaxe. - Resultado obtido. Sendo traducida a cualificación a: superado/non superado.

o No caso de formación desenvolvida na modalidade de teleformación conducente á obtención dos certificados de profesionalidade ou acreditacións parciais dos mesmos especificaranse os contidos que se impartirán na modalidade de teleformación e, en todo caso, requirirán a realización de, polo menos, unha avaliación final de carácter presencial.

A entidade arquivará, en todo caso, as actas de avaliación elaboradas polos docentes. 5.2.3 Sistemas de pagamento. (artigo 21.6) O aboamento da subvención ás persoas beneficiarias farase efectivo da seguinte forma: a) Ata o 25% do total do orzamento de gastos do convenio, en concepto de anticipo, no momento no que a Dirección Xeral de Formación e Colocación reciba comunicación

Page 45: “PLANS DE FORMACIÓN DIRIXIDOS PRIORITARIAMENTE A …emprego.ceei.xunta.gal/.../Guia_informativa_2013.pdf · directa do titor-formador cos alumnos, e poderán realizarse de forma

45

da entidade beneficiaria na que se notifique o inicio dunha acción formativa, así como a documentación sinalada no artigo 21, de ser o caso. Documentación que se debe achegar:

• Solicitude de aboamento.

• Certificación bancaria do número de conta.

• As entidades con ánimo de lucro ademais achegarán: - Certificacións de estar ao día nas obrigas tributarias e sociais e de non ter pendente de pagamento ningunha débeda coa Xunta de Galicia. - Garantía a favor da Consellería de Traballo e Benestar (Xunta de Galicia), mediante seguro de caución prestado por entidade aseguradora ou mediante aval solidario da entidade de crédito ou sociedade de garantía recíproca, segundo establecen os artigos 65 e 67 do Decreto 11/2009, de 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia. (Inclúese modelo de aval.) De acordó co apartado 4 letra i do citado artigo deste regulamento quedarán exonerados de prestar esta garantía os beneficiarios das subvencións concedidas das que estes pagos non superen os 18.000 euros.

b) O importe restante, unha vez rematada todas as accións formativas e xustificados os gastos realmente efectuados en cada unha. Esta documentación presentarase nos modelos xerados polo aplicativo informático. 5.2.4 PAGAMENTOS PARCIAIS. (artigo 21.7) Poderán acordarse pagamentos parciais á conta da liquidación definitiva a medida que o beneficiario xustifique os gastos ou pagamentos realizados. O importe conxunto dos pagamentos a conta e dos pagamentos anticipados que se é o caso, se concedesen non serán superiores ao 80 % da porcentaxe subvencionada correspondente aos pagamentos xustificados. Para a percepción destes pagamentos parciais, as entidades beneficiarias da subvención estarán exentas da constitución de garantías. A solicitude de pagamento parcial presentarase nos modelos xerados polo aplicativo informático. 5.3. Instrucións de xustificación de custos e liquidación (artigo 23)

A xustificación de custos e a liquidación económica das subvencións realizarase do seguinte xeito: 5.3.1 Os datos de xestión da acción formativa deberanse introducir en liña a través da aplicación informática que a Dirección Xeral de Emprego e Formación poñerá a disposición dos centros. 5.3.2 A entidade beneficiaria deberá xustificar os custos en que incorresen na execución das acción formativas obxecto do convenio e que o gasto xustificado será o efectivamente pagado. 5.3.3 Os custos xustificaranse con facturas e demais documentos de valor probatorio, en orixinal ou fotocopia compulsada ou cotexada, despois de selar o orixinal, co detalle

Page 46: “PLANS DE FORMACIÓN DIRIXIDOS PRIORITARIAMENTE A …emprego.ceei.xunta.gal/.../Guia_informativa_2013.pdf · directa do titor-formador cos alumnos, e poderán realizarse de forma

46

suficiente para acreditar a correcta aplicación dos fondos. Ditos documentos deberán cumprir os requisitos establecidos no Real Decreto 1619/2012, do 30 de novembro, polo que se aproba o Regulamento que regula as obrigas de facturación. 5.3.4 Cando de acordo coas normas de contabilidade xeralmente aceptadas se admita a xustificación de custos mediante notas de cargo, estas deberan acompañarse cos documentos xustificativos que soportan o gasto ou as súas imputacións. 5.3.5 Subcontratación: (Artigo 9.d, artigo 10.1.d e artigo 23 puntos 5 e 6)

Ao abeiro do artigo 27 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, as entidades beneficiarias do programa regulado nesta orde poderán subcontratar, logo da comunicación á persoa titular da Dirección Xeral de Formación e Colocación, por unha soa vez, e ata o 100% da acción formativa, a realización da accións formativas financiadas con cargo a esta convocatoria, tendo en conta que a subcontratación non pode supoñer un aumento do custo de execución da acción formativa. Non cabe a subcontratación nos plans de formación específicos en que se imparta formación parcial acumulable asociada á obtención de certificados de profesionalidade previstos no artigo 9.d). Ós centros e entidades beneficiarios das subvencións para execución destes plans non poderán, en ningún caso, subcontratar a actividade formativa que se vai realizar, polo que deberán de dispoñer dos espazos, instalacións e recursos requiridos nos programas formativos asociados a cada un dos certificados de profesionalidade. A contratación do persoal docente para a impartición da formación subvencionada por parte do beneficiario non se considerará subcontratación. Cando a actividade concertada con terceiros exceda o 20 % do importe da subvención e o dito importe sexa superior a 60.000 euros, a subcontratación estará sometida ao cumprimento dos seguintes requisitos: a) Que o contrato se subscriba por escrito. b) Que a subscrición a autorice previamente a Dirección Xeral de Empreo e Formación. Para tal efecto, xuntarase á solicitude o contrato que se prevea formalizar. A empresa subcontratista deberá facilitar aos organismos de auditoría e control toda a información necesaria relativa ás accións subcontratadas. No caso de accións formativas subcontratadas, a solicitude de calquera modificación respecto da execución das accións concedidas deberá ser efectuada pola entidade adxudicataria. A contratación de persoal docente para a impartición da formación subvencionada por parte da entidade beneficiaria non se considerará subcontratación. Tendo en conta que a Actividade Subvencionada se corresponde co desenvolvemento dun Plan de Formación, e entendendo “que un beneficiario subcontrata cando

concerta con terceiros a execución total ou parcial da actividade que constitúa o

obxecto de subvención. Considerando ademais, que queda fora deste concepto a

Page 47: “PLANS DE FORMACIÓN DIRIXIDOS PRIORITARIAMENTE A …emprego.ceei.xunta.gal/.../Guia_informativa_2013.pdf · directa do titor-formador cos alumnos, e poderán realizarse de forma

47

contratación daqueles gastos nos que teña que incorrer o beneficiario para a

realización por si mesmo da actividade subvencionada”; débese considerar que si existirá subcontratación nesta convocatoria, cando se concerte con terceiros, polo menos, algún dos seguintes servizos (total ou parcial):

- Xestión do Plan. - Definición ou desenvolvemento de obxectivos, contidos, ou metodoloxía do plan. - Impartición polos seus propios medios por parte do contratado, cando non sexa únicamente a contratación de persoal docente.

Pola contra, non se considerará subcontratación en ningún caso, a concertación con terceiros de calquera dos seguintes servizos:

- Arrendamento de Instalacións. - Arrendamento de Equipos - En Teleformación, o Aluguer de Plataformas Tecnolóxicas e Licencias de uso. - A mera contratación de persoal docente para a impartición, ben sexa a través de contrato laboral ou mercantil con persoas físicas e / ou xurídicas. - A avaliación da calidade - A publicidade das accións formativas, así coma os deseños da mesma. - Os seguros de Accidentes e de Responsabilidade Civil. - O transporte de Participantes (alumnos e docentes), Aloxamento ou Manutención.

A solicitude axustarase ao modelo oficial: http://traballo.xunta.es/contenidos/gl/menu_transversal/formacion_cualificaciones/sec_intersectorial_sectorial. En ningún momento se poderá subcontratar coas persoas ou entidades solicitantes de axuda ou subvención nesta convocatoria que non obtivesen subvención para o mesmo tipo de plan por non reunir os requisitos ou non alcanzar a valoración suficiente. 5.3.6 No caso de subcontratación, as facturas que emita a empresa subcontratista deberán conter unha desagregación suficiente para identificar os custos imputados a cada acción formativa.Esta desagregación deberá estar soportada documentalmente. A desagregación deberá identificar tódolos custos financiables e imputables segundo se establece no artigo 20 da orde para poder ver reflectida a correspondente pista de auditoría. (Os conceptos e importes debidamente identificados). No caso de docencia nas facturas facturarase co detalle do nº de horas impartidas e de forma individualizada o cadro de Persoal docente (nome, apelidos e DNI) incluíndo tamén o persoal de impartición de titorías e avaliación A2) que desenvolve a acción formativa e grupo, de ser o caso, podendo abarcar as actividades de preparación, impartición, titoría e avaliación das accións formativas.

5.3.7 Rateos: (artigo 23.9)

Para o calculo do importe que lles aboará ás entidades efectuaranse dous rateos: PRIMEIRO RATEO: No caso de que inicien a acción formativa un número de alumnas/os inferior aos orzamentados, ratearase a cantidade para pagar en función do alumnado

Page 48: “PLANS DE FORMACIÓN DIRIXIDOS PRIORITARIAMENTE A …emprego.ceei.xunta.gal/.../Guia_informativa_2013.pdf · directa do titor-formador cos alumnos, e poderán realizarse de forma

48

que iniciase. Non obstante, non se aplicará penalización orzamentaria se se produce unha desviación do numero de alumnos/as, como máximo, do 15% sobre o alumnado orzamentado. Se a desviación de alumnado é superior a ese 15% aboarase pola cantidade real de alumnado iniciado. Para estes efectos enténdese por alumnado iniciado na modalidade presencial, o número máximo de alumnos que haxa no primeiro cuarto da acción formativa. Na modalidade de teleformación, a efectos de finanzamento, soamente se terán en conta os alumnos/as que realizasen a lo menos o 25% dos controis de aprendizaxe da acción formativa. SEGUNDO RATEO: Si se producen abandonos de participantes na acción formativa, admitiranse desviacións de ata o 30% do número de alumnado orzamentado. Se a desviación de alumnado é superior a ese 30%, aboarase pola cantidade real de alumnado finalizado. Para estes efectos entenderase por alumnado finalizado o que realice o 75% das horas lectivas da acción formativa. O importe para aboar calcularase en función das cantidades resultantes dos dous rateos. EXEMPLO 1: Alumnado orzamentado: 20 Alumnado iniciado: 22 Alumnado finalizado: 14 Cálculos:

Non Iniciados: (22>20): 0 Abandonos:(20-14): 6

% Rateo 1: (non iniciados/orzamentados): 0/20=0% (non supera o 15%, non procede rateo) % Rateo 2 (abandonos/ orzamentados): (6/20)=30% (non supera o 30%, non procede rateo) EXEMPLO 2: Alumnado orzamentado: 20 Alumnado iniciado: 18 Alumnado finalizado: 12 Cálculos:

Non Iniciados: (20-18): 2 Abandonos:(18-12): 6

% Rateo 1: (non iniciados/ orzamentados): (20-18)/20=10% (non supera o 15%, non procede rateo) % Rateo 2 (abandonos/ orzamentados): (6/20)=30% (non supera o 30%, non procede rateo) 5.4. Obrigas das entidades beneficiarias. (Artigo 24)

Sen prexuízo das obrigas establecidas nesta orde, na Orde TAS/718/2008, do 7 de marzo pola que se desenvolve o Real decreto 395/2007, do 23 de marzo, polo que se

Page 49: “PLANS DE FORMACIÓN DIRIXIDOS PRIORITARIAMENTE A …emprego.ceei.xunta.gal/.../Guia_informativa_2013.pdf · directa do titor-formador cos alumnos, e poderán realizarse de forma

49

regula o subsistema de formación profesional para o emprego, en materia de formación de oferta e se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións públicas destinadas ao seu financiamento, e no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, constitúen, así mesmo, obrigas da beneficiaria: 5.4.1 Facilitar toda a información que lles sexa requirida pola Dirección Xeral de Emprego e Formación, pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, polo Tribunal de Contas, polo Consello de Contas ou polo órgano competente da Unión Europea e polo Servizo Público de Emprego Estatal, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas. 5.4.2 Incluír en toda a documentación relativa á acción formativa o logotipo «Inviste no teu futuro» da Unión Europea (Fondo Social Europeo) e da Xunta de Galicia (Consellería de Traballo e Benestar). 5.4.3 Requirir de cada alumna ou alumno, cinco días naturais antes da súa incorporación, a documentación, sinalada no apartado 3.2.1 desta guía, que deberá arquivarse separadamente por cada acción formativa. 5.4.4 Remitir documental e/ou telematicamente á Dirección Xeral de Emprego e Formación a documentación que se recolle nos apartados 3.1.1, 3.1.2., 3.2.1, 3.2.2, 3.2.3, 3.2.4 e 3.2.5 desta guía. A non comunicación nos prazos establecidos implicará que o correspondente grupo de formación se considerará non realizado para efectos da liquidación económica da subvención, salvo que a non comunicación en prazo se deba a causas imprevistas, debidamente xustificadas e comunicadas no momento no que se produzan. Arquivar separadamente por cada acción formativa a documentación que se relaciona no apartado 3.3 desta guía. 5.4.5 No momento da solicitude de liquidación final, comunicaráselle á Dirección Xeral de Emprego e Formación da Consellería de Traballo e Benestar, os datos que se relaciona no apartado 5.2.2.f desta guía. 5.4.6 Expoñer no taboleiro de anuncios do centro o programa completo da acción formativa temporizado por módulos, os dereitos e deberes do alumnado e da entidade beneficiaria, así como a relación dos e das docentes e o horario. No anuncio farase referencia expresa aos organismos cofinanciadores da acción formativa. 5.4.7 Aboar mensualmente ás e aos docentes a súa remuneración. Non exime desta obriga o feito de que a entidade beneficiaria non percibise os anticipos previstos nesta orde. 5.4.8 Someterse ás actuacións de supervisión, control e comprobación que poida efectuar a Dirección Xeral de Formación e Colocación, así como a calquera outra actuación, de comprobación e control financeiro que poidan realizar os órganos de

Page 50: “PLANS DE FORMACIÓN DIRIXIDOS PRIORITARIAMENTE A …emprego.ceei.xunta.gal/.../Guia_informativa_2013.pdf · directa do titor-formador cos alumnos, e poderán realizarse de forma

50

control competentes, tanto autonómicos como estatais ou comunitarios, para o que se achegará canta información lle sexa requirida no exercicio de actuacións anteriores. 5.4.9 Contratar un seguro de accidentes segundo se indica no apartado 1.7 desta guía. 5.4.10 Cando se realicen prácticas en empresas ou outras actividades relacionadas coa acción formativa, contratar unha póliza de responsabilidade civil para facer fronte aos riscos que poidan derivar da súa realización para os bens e as persoas. 5.4.11 Velar por que todo o alumnado dunha acción formativa reciba a mesma formación, así como o mesmo número de horas tanto teóricas como prácticas, independentemente de que a parte práctica teña lugar no propio centro ou en centros de traballo. 5.4.12 Velar por que as e os docentes reciban unha contraprestación proporcional ás horas impartidas en cada acción formativa e ao seu módulo económico. 5.4.13 Comunicar á Dirección Xeral de Emprego e Formación da Consellería de Traballo e Benestar calquera circunstancia ou eventualidade que poida afectar substancialmente a execución das acción formativas programadas, no prazo de cinco días desde que se produza. 5.4.14 Solicitar á Dirección Xeral de Emprego e Formación, con cinco días naturais de antelación, autorización para realizar calquera modificación substancial no desenvolvemento das acción formativas, salvo en casos de forza maior, que se notificará en canto sexa posible. 5.4.15 Aceptar as modificacións que, de ser o caso, introduza o órgano encargado da resolución dos expedientes en relación cos termos de impartición sinalados na solicitude. 5.4.16 Informar o alumnado do cofinanciamento das accións formativas por parte do Fondo Social Europeo, así como dos obxectivos destes fondos. 5.4.17 Realizar a actividade formativa que fundamenta a concesión da subvención, de acordo coas condicións e requisitos formais e materiais que se establecen nesta orde de convocatoria, así como coas condicións de aprobación que serviron de base para determinar a valoración técnica e a subvención que se concederá. 5.4.18 Achegar a información e documentación que se requira durante a fase de instrucción do procedemento e execución do plan formativo, así como ter a disposición dos órganos de control competentes os documentos acreditativos da asistencia das persoas participantes ás acción formativas, debidamente asinados por elas e segundo os requisitos mínimos que se establezan.

Page 51: “PLANS DE FORMACIÓN DIRIXIDOS PRIORITARIAMENTE A …emprego.ceei.xunta.gal/.../Guia_informativa_2013.pdf · directa do titor-formador cos alumnos, e poderán realizarse de forma

51

5.4.19 Respectar a obrigatoriedade da gratuidade para as persoas participantes das acción formativas comprendidas no plan de formación. 5.4.20 Presentar a xustificación do cumprimento dos requisitos e condicións que determinan a concesión da subvención, así como da realización e dos custos da actividade que fundamenta a concesión. 5.4.21 Ter realizadas ou, de ser o caso, garantidas as devolucións de cantidades concedidas e pagadas en convocatorias anteriores e cuxa devolución lle fose esixida mediante reclamación previa á vía executiva ou mediante resolución de procedencia de reintegro, salvo que se aplicase a suspensión do acto. 5.4.22 Dispoñer dos libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos esixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable á entidade beneficiaria en cada caso, coa identificación en conta separada ou epígrafe específica da súa contabilidade de todos os ingresos e gastos de execución das accións formativas, coa referencia común a todos eles de formación para o emprego. 5.4.23 A entidade beneficiaria da subvención estará obrigada a conservar os xustitificantes da realización da actividade que fundamenta a concesión da seubvención, así como da aplicación dos fondos recibidos. O prazo será de 4 anos e computarase a partir do momento en que finalice o período establecido para presentar a citada xustificación por parte da entidade beneficiaria. No suposto de accións cofinanciadas con fondos comunitarios, aplicarase a este respecto o que estableza a normativa comunitaria. As entidades que, sen que transcorrese o citado período, decidan suspender a súa actividade ou disolverse, deberán remitir copia da citada documentación á Dirección Xeral de Emprego e Formación. 5.4.24 Comunicarlle á Administración autonómica a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos. Estes ingresos serán incompatibles coa subvención que corresponda, polo que esta será minorada na cantidade xa percibida. 5.4.25 Non incorrer no falseamento de datos contidos na solicitude ou nos documentos e certificados presentados aos órganos competentes na tramitación das solicitudes e na concesión das subvencións. 5.4.26 Os datos da xestión das accións formativas deberán introducirse en liña a través da aplicación informática que a Dirección Xeral de Formación e Colocación poñerá á disposición dos centros. Para que este proceso en liña poida realizarse, os centros solicitantes deberán dispoñer de saída a internet a través dunha liña RDSI, ADSL ou outra de calidade equivalente ou superior.

Page 52: “PLANS DE FORMACIÓN DIRIXIDOS PRIORITARIAMENTE A …emprego.ceei.xunta.gal/.../Guia_informativa_2013.pdf · directa do titor-formador cos alumnos, e poderán realizarse de forma

52

5.4.27 A entidade beneficiaria informará ás e aos participantes en situación de desemprego das axudas e bolsas que poidan solicitar á Dirección Xeral de Formación e Colocación segundo o artigo 8 desta orde, facilitaralles os modelos de solicitude normalizada e remitirá á citada Dirección Xeral nos dez primeiros días de cada mes a correspondente documentación de solicitude xunto coa xustificación de asistencia á formación. 5.4.28 Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión das subvencións reguladas nesta orde e, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, estatais, da Unión Europea ou internacionais, poderá dar lugar a modificación ou revogación das resolucións de concesión. 5.4.29 As entidades beneficiarias de subvención deberán acreditar, con independencia da súa contía, tanto antes de ditar resolución de concesión como de proceder ao cobramento das subvencións que están ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e que non teñen pendente de pagamento ningunha débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia. Esta obriga poderá ser substituída pola declaración responsable do solicitante de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte a Seguridad Social e de non ter pendentes de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da comunidade autónoma, no caso de entidades que se recollen no artigo 11 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. 5.4.30 En aplicación do disposto na Lei 2/2012, do 28 de marzo de protección xeral das persoas consumidoras e usuarias as entidades deberán dispor de follas de reclamación á disposición de todos os seus usuarios. 6. ANEXOS Anexo 1: Dereitos e deberes do alumnado DEREITOS DO ALUMNADO

• A recibir a formación de forma totalmente gratuíta.

• A esixir calidade na totalidade do desenvolvemento da formación e reclamar contra calquera anomalía que detecten durante o seu desenvolvemento.

• A recibir un diploma oficial cando se cumpran os seguintes requisitos: - Na modalidade presencial: asistir e superar con aproveitamento o 75% da acción formativa (incluído os módulos transversais de Sensibilización Ambiental ou de Alfabetización Informática) e o 75% do módulo transversal de Formación para a Igualdade, agás que estea exento da súa realización. - Na modalidade de teleformación: superar con aproveitamento o 75% das avaliacións da parte da acción formativa (incluídos os módulos transversais de Sensibilización Ambiental ou de Alfabetización Informática) e o 75% das avaliacións do módulo transversal de Formación para a Igualdade, agás que estea exento da súa realización.

Page 53: “PLANS DE FORMACIÓN DIRIXIDOS PRIORITARIAMENTE A …emprego.ceei.xunta.gal/.../Guia_informativa_2013.pdf · directa do titor-formador cos alumnos, e poderán realizarse de forma

53

- Na modalidade mixta, superar o 75% das avaliacións non presenciais da acción formativa (incluído os módulos transversais de Sensibilización Ambiental ou de Alfabetización Informática). Superar o 75% das avaliacións do módulo transversal de Formación para a Igualdade, agás que estea exento da súa realización, na modalidade en que se imparta. Na parte presencial da acción formativa deberá asistir e superar con aproveitamento o 75%. No caso de que o número de sesións presenciais sexa menor de catro, a porcentaxe de asistencia obrigatoria reducirase para permitir unha única falta de asistencia (66% se hai tres sesións o 50% se hai dúas). En calquera caso, nun curso mixto o alumnado deberá asistir polo menos a unha sesión presencial. O alumnado que non teña dereito a diploma recibirá, se o solicita, unha certificación polas horas e módulos que realizase.

• A non realizar os módulos transversais dos que se compón a acción formativa, cando se xustifique documentalmente a realización de calquera de eses módulos mediante copia da acreditación oficial (diploma) expedido pola Dirección Xeral de Formación e Colocación da Consellería de Trabalo e Benestar, en calquera outro Plan de Formación. No caso do módulo de igualdade documentarase con copia simple dun diploma oficial que acredite formación en materia de igualdade de duración igual ou superior as horas que debe realizar.

• A percibir bolsas ou axudas, atendendo aos requisitos establecidos no artigo número 8 da Orde reguladora do Plan de Formación. Será requisito imprescindible que o/a alumno/a sexa demandante de emprego e que o curso sexa da modalidade presencial e teña unha duración igual ou superior a catro horas diarias e vinte semanais.

• A estar cuberto por un seguro de accidentes no caso das acción formativas de modalidades presencial, na parte presencial da modalidade mixta e nas probas presenciais da modalidade de teleformación, se é o caso. O seguro cubrirá tanto os riscos que poida ter o alumnado durante o desenvolvemento da acción formativa, como os do traxecto ao lugar de docencia das clases teóricas, das prácticas e das probas presenciais.

DEBERES DO ALUMNADO

• Achegar, como mínimo cinco días antes do inicio do curso, toda a documentación identificativa que lles sexa solicitada polo centro impartidor: - Copia simple do DNI - Ficha individual na que se acredite a súa pertenza a algún dos grupos preferentes que se recollen no artigo 5º, de ser o caso. - Acreditación da súa condición de persoa ocupada ou desempregada. - Acreditación do cumprimento dos requisitos de acceso do alumnado que establezan os programas formativos, ou no seu caso, o real decreto que regule os correspondentes certificados de profesionalidade.

Page 54: “PLANS DE FORMACIÓN DIRIXIDOS PRIORITARIAMENTE A …emprego.ceei.xunta.gal/.../Guia_informativa_2013.pdf · directa do titor-formador cos alumnos, e poderán realizarse de forma

54

- Acreditación documental de estar exento da obriga de realizar o módulo de prácticas profesionais non laborais, no caso de que a acción formativa completase un certificado de profesionalidades. - Acreditación documental de estar exento da obriga de realizar o módulo formativo sobre igualdade de oportunidade entre mulleres e homes e sobre corresponsabilidade familiar e doméstica, de ser o caso.

• Asistir e superar con aproveitamento as avaliacións dos contidos das accións formativas. Na modalidade presencial, no caso de que as faltas de asistencia dalgún alumno/a superen o 25% das horas lectivas, deberán ser dados/as de baixa na acción formativa. Na modalidade de teleformación ou na parte correspondente a esta modalidade na formación mixta serán dados de baixa cando o/a alumno/a non supere o 75% das avaliacións.

• Participar no desenvolvemento das clases.

• Utilizar correctamente a maquinaria e demais medios e instrumental que se poña á súa disposición.

• Acreditar documentalmente o ter cursado os módulos transversais no caso de estar exento da súa realización.

• A participación da persoa traballadora en acción formativas de formación para o emprego non será superior a 8 horas diarias e 40 semanais, calquera que sexa a modalidade de impartición.

• Cumprimentar o cuestionario de avaliación da calidade das accións formativas.

• O alumnado que resulte seleccionado para un curso non poderá asistir, en ningún caso, a outro simultáneamente.

7. MODELOS Modelo de solicitude de certificación polas horas realizadas XUNTA DE GALICIA CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR Dirección Xeral de Emprego e Formación (Diplomas) Edificio Administrativo San Lázaro s/n 15781- Santiago de Compostela (A Coruña) D/D.ª______________________________, con DNI __________ SOLICITA: Que lle sexa expedida unha certificación polas horas e módulos que realizou na acción formativa con código AF-___________da programación correspondente ao Plan de Formación para o Emprego 2012 da entidade_______________e con código PF_______________ E o envío do certificado solicitado ao enderezo, rúa __________________________ Atentamente, __________, _________ de __________ de ______ (Sinatura) __________________________

Page 55: “PLANS DE FORMACIÓN DIRIXIDOS PRIORITARIAMENTE A …emprego.ceei.xunta.gal/.../Guia_informativa_2013.pdf · directa do titor-formador cos alumnos, e poderán realizarse de forma

55

MODELO DE AVAL A ____(entidade bancaria)_________________, con CIF____________, con domicilio en __________________, rúa _____________________________, inscrita no Rexistro de _______________________________________________________ co número ___ da sección ___, e legalmente autorizada para a emisión de avais, e no seu nome don/dona __________________, con NIF _______________, con poderes suficientes para obrigalo neste acto, recollidos na escritura de poder outorgada ante o notario de ____________ don/dona ______________________ o día ___ de __________________ do ano _____, co número ______ do seu protocolo, que non foron revogados, nin modificados, continuando vixentes nos seus propios termos o día da data, segundo resulta da verificación da representación da parte inferior deste documento. A V A L A Solidariamente, nos termos e condicións establecidos no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e na orde do 13 de setembro de 2012 pola que se aproba a convocatoria de subvencións para o financiamento de plans de formación dirixidos prioritariamente a persoas traballadoras ocupadas, mediante a subscrición de convenios de ámbito autonómico, en aplicación da Orde TAS/718/2008, do 7 de marzo, a don/dona __________________ con CIF ____________, e domicilio social na localidade de ___________, rúa ________________________, ante a Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, por importe de ________________________ (en letra e en número), que corresponde ao 110% da cantidade a aboar, en concepto de GARANTÍA PARA O ABOAMENTO DO ANTICIPO DO __% DA/S ACCIÓN/S FORMATIVA/S incluída/s no expediente económico número ______________. A entidade avalista declara baixo a súa responsabilidade que cumpre os requisitos previstos no artigo 56.2 do Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas. Este aval outórgase solidariamente respecto ao obrigado principal, con renuncia expresa aos beneficios de excusión e división e con compromiso de pago ao primeiro requirimento da Caixa Xeral de Depósitos, co suxeición aos termos previstos na lexislación de subvencións e na normativa reguladora da Caixa Xeral de Depósitos. Este aval, estará en vigor ata que a Consellería de Traballo e Benestar, ou quen no seu nome sexa legalmente habilitado para iso, autorice a cancelación ou devolución, de acordo co establecido na lexislación aplicable. Este aval foi inscrito nesta data no Rexistro Especial de Avais desta entidade con número _______.________________, ___ de ______________ de 201_ (Sinatura do representante da entidade bancaria) 22/02/12VERIFICACIÓN DA REPRESENTACIÓN POLA ASESORIA XURÍDICA DA C.X.D. OU ABOGACIA DO ESTADO Provincia: Data: Número ou C