1. Os textos expositivo e argumentativo. - edu.xunta.gal · Tipos de textos expositivos...

10
UNIDADE 5 Texto expositivo e argumentativo Artigo e pronomes determinantes Formación do galego Voces patrimoniais, semicultismos e cultismos 1. Os textos expositivo e argumentativo. O texto expositivo: O obxectivo dun texto expositivo é informar sobre un determinado tema con claridade e obxectividade. Pertencen a este tipo de textos: as conferencias, os libros de texto, os artigos xornalísticos e apuntamentos, entre outros. Tipos de textos expositivos Divulgativos: Van dirixidos a un amplo sector de público, pois non esixen un coñecemento previo sobre o tema da exposición (textos xornalísticos, apuntamentos, libros de texto, enciclopedias, conferencias…). Especializados: Teñen un grao de dificultade alto, pois esixen coñecementos previos amplos sobre o tema en cuestión (informes doutorais, maxistrais, leis, artigos de investigación científica…) Trazos lingüísticos 1. Presenza de substantivos abstractos para dar universalidade ao tema de que se trata: arte, función, etc. 2. Frecuencia de oracións impersoais, que dan universalidade e obxectividade ao texto: Dise que os romanos chegaron á Península … 3. Verbos en presente de indicativo, polo carácter atemporal deste tipo de textos. 4. Abundancia de oracións subordinadas adxectivas, que permiten aclarar conceptos: A Revolución Francesa, que tivo lugar en 1789, iniciouse en París. 5. Presenza de tecnicismos (maior ou menor segundo o grao de especialización do texto) e de parénteses para exemplificar, aclarar, precisar … Estrutura dos textos expositivos A estrutura máis habitual é a seguinte: - Introdución do tema - Desenvolvemento ou explicación - Conclusión ou resumo O texto argumentativo. O obxectivo é defender unha opinión con argumentos e probas, procurando convencer o lector. Son exemplos desta tipoloxía os artigos de opinión, os debates, mesas redondas… Trazos lingüísticos 1. Abundancia de substantivos abstractos (universalizan a tese e os argumentos) 2. Verbos en presente de indicativo (valor atemporal) 3. Conectores que indican oposición, causa, consecuencia …(de feito, por exemplo, en consecuencia…). 4. Períodos sintácticos longos que permiten desenvolver razoamentos complexos. 5. Frecuentes enumeracións. Estrutura dos textos argumentativos

Transcript of 1. Os textos expositivo e argumentativo. - edu.xunta.gal · Tipos de textos expositivos...

Page 1: 1. Os textos expositivo e argumentativo. - edu.xunta.gal · Tipos de textos expositivos Divulgativos: Van dirixidos a un amplo sector de público, pois non esixen un coñecemento

UNIDADE 5 Texto expositivo e argumentativo Artigo e pronomes determinantes Formación do galego

Voces patrimoniais, semicultismos e cultismos

1. Os textos expositivo e argumentativo. O texto expositivo:

O obxectivo dun texto expositivo é informar sobre un determinado tema con claridade e obxectividade. Pertencen a este tipo de textos: as conferencias, os libros de texto, os artigos xornalísticos e apuntamentos, entre outros. Tipos de textos expositivos

Divulgativos: Van dirixidos a un amplo sector de público, pois non esixen un coñecemento previo sobre o tema da exposición (textos xornalísticos, apuntamentos, libros de texto, enciclopedias, conferencias…).

Especializados: Teñen un grao de dificultade alto, pois esixen coñecementos previos amplos sobre o tema en cuestión (informes doutorais, maxistrais, leis, artigos de investigación científica…)

Trazos lingüísticos

1. Presenza de substantivos abstractos para dar universalidade ao tema de que se trata: arte, función, etc.

2. Frecuencia de oracións impersoais, que dan universalidade e obxectividade ao texto: Dise que os romanos chegaron á Península …

3. Verbos en presente de indicativo, polo carácter atemporal deste tipo de textos. 4. Abundancia de oracións subordinadas adxectivas, que permiten aclarar conceptos: A Revolución

Francesa, que tivo lugar en 1789, iniciouse en París. 5. Presenza de tecnicismos (maior ou menor segundo o grao de especialización do texto) e de

parénteses para exemplificar, aclarar, precisar … Estrutura dos textos expositivos A estrutura máis habitual é a seguinte:

- Introdución do tema - Desenvolvemento ou explicación - Conclusión ou resumo

O texto argumentativo.

O obxectivo é defender unha opinión con argumentos e probas, procurando convencer o lector. Son exemplos desta tipoloxía os artigos de opinión, os debates, mesas redondas… Trazos lingüísticos

1. Abundancia de substantivos abstractos (universalizan a tese e os argumentos) 2. Verbos en presente de indicativo (valor atemporal) 3. Conectores que indican oposición, causa, consecuencia …(de feito, por exemplo, en

consecuencia…). 4. Períodos sintácticos longos que permiten desenvolver razoamentos complexos. 5. Frecuentes enumeracións.

Estrutura dos textos argumentativos

Page 2: 1. Os textos expositivo e argumentativo. - edu.xunta.gal · Tipos de textos expositivos Divulgativos: Van dirixidos a un amplo sector de público, pois non esixen un coñecemento

1. Sintetizante: expón ao comezo os datos ou ideas particulares para chegar ao final á determinación do tema fundamental. 2. Analizante: primeiro formula o tema e logo desenvólveo con datos ou ideas particulares. 3. Encadrada: Presenta ao principio o tema que se desenvolverá ao longo do texto, e para rematar unha conclusión que reforza ou modifica a idea inicial.

Sintetizante Analizante Encadrada

Argumento 1 Argumento 2 Argumento 3 Tese

Tese Argumento 1 Argumento 2 Argumento 3

Introdución Argumento 1 Argumento 2 Argumento 3 Conclusión

Tipos de argumentos: - Argumentos de autoridade (recórrese á opinión dos especialistas) - Argumentos con exemplos (probas que dan credibilidade ao argumento) - Argumentos de analoxía (comparación entre a idea defendida e outro feito)

Exemplo de texto expositivo

O megalitismo é un período da prehistoria caracterizado pola construción de monumentos e arquitecturas a base de grandes pedras sen labrar chamados megálitos. Estes monumentos inclúen os dolmens ou antas e os menhires ou pedrafitas (pedras fincadas soas, aliñadas ou en círculo).

O megalitismo é un fenómeno amplamente estendido que aparece a mediados ou finais do Neolítico e conclúe, igual ca este, co descubrimento dos metais e a aparición da Idade de Bronce. Vai, polo tanto, do VI milenio antes de Cristo até finais do III milenio. A aparición da agricultura no Neolítico, propiciou a sedentarización das poboacións, que á súa vez conlevou unha vinculación maior co territorio que habitaban e traballaban. As mámoas cumprían, ademais dunha finalidade funeraria, a función de delimitadoras dos espazos das comunidades humanas.

A cantidade de traballo que debía requirir a erección dun monumento megalítico parece indicar a existencia de estruturas sociais incipientemente complexas e desiguais. Dos construtores de megálitos non chegaron a nós máis ca estes grandes monumentos e non fican testemuños das súas actividades cotiás nin das súas moradas; suponse que habitaban covas e abeiros ao ar libre. Sábese, polo tanto, máis da súa morte que da súa vida.

O termo megalitismo aplícase propiamente ás arquitecturas de grandes laxes. Para o conxunto, utilízase o concepto de fenómeno tumular.

Na tradición popular as pedrafitas son consideradas como xigantes petrificados e, en Galiza, as mámoas relaciónanse con tesouros gardados por mouros.

Page 3: 1. Os textos expositivo e argumentativo. - edu.xunta.gal · Tipos de textos expositivos Divulgativos: Van dirixidos a un amplo sector de público, pois non esixen un coñecemento

Exemplo de texto argumentativo

DEMOCRACIA REPRESENTATIVA E DEMOCRACIA PARTICIPATIVA.

As eleccións son unha forma de participar en democracia, pero non a única. Outra delas é a manifestación, ocupar a rúa para manifestar un desexo de cambio e de disconformidade co estado de cousas.

As dinámicas sociais e as parlamentarias son diferentes e complementarias. Así, unha maioría absoluta do PP non foi suficiente para aprobar da Lei de acuicultura, porque a xente do mar a parou; un sistema bancario non impediu aos preferentistas -os máis deles xente maior que gardaba os aforros da vida- recuperar o seu diñeiro malia que a lei parecía desamparalos; as protestas contra os desafiuzamentos retumbaron nos xulgados e levaron aos/ás xuíces/zas a Europa para modificar o sistema hipotecario, e hai un ano, as protestas estudantís conseguiron facer dimitir a WERT.

Hoxe as protestas do estudantado galego, en horario de mañá e tarde, conseguirán derrogar a LOMCE e a súa aplicación en Galicia, eliminando así a reválida, as desigualdades que provoca, o menosprezo do galego nas aulas e a falta de participación da comunidade educativa.

A mobilización en democracia vale de moito. Esperta conciencias, e fai que os seus berros se oian en Parlamentos e Xulgados, chamando á reflexión na redacción das leis e na súa aplicación.

Non hai cambio legal sen concienciación social, e a iso contribúen eficazmente os sindicatos estudantís, as ANPAS, os sindicatos de profesorado, organizándose e chamando a nosa atención nas rúas!

Luís Villares (Facebook, 26.10.2016)

2. Artigo e pronomes determinantes Artigo: FUNCIÓN DE DETERMINANTE NA FRASE NOMINAL.

Formas e contraccións artigo determinado:

O A OS AS

A ó/ao á ós(aos) ás

CON co coa cos coas

DE do da dos das

EN no na nos nas

POR polo pola polos polas

OLLO: Non confundas as formas coa/coas con ca (conxunción comparativa) e có/cá/cós/cás (contracción desa conxunción comparativa co artigo) Exemplos: - Ía coa súa amiga - É máis alto ca min/ É máis alto có (ca o) amigo/ É máis alto cá (ca a) amiga/ É máis alto cós (ca os) amigos)/ É máis alto cás (ca as) amigas. - A segunda forma do artigo. Opcional na escrita agás coa preposición POR e o adverbio U (neste caso leva guión). Obrigatoria na fala. O alomorfo –lo, -la, -los, -las pode usarse na lingua escrita nos casos seguintes:

Page 4: 1. Os textos expositivo e argumentativo. - edu.xunta.gal · Tipos de textos expositivos Divulgativos: Van dirixidos a un amplo sector de público, pois non esixen un coñecemento

- Obrigatorio: preposición POR (sen guión) e adverbio U (con guión) : u-lo libro? - Opcional:

Con guión Sen guión

- Tras verbos rematados en –R, -S Tras ambos, entrambos, todos, tras (e femininos)

- Tras os pronomes tónicos nós/vós Tras a locución e mais

-Tras os pronomes átonos nos/vos/lles

- Usos particulares do artigo determinado.

- Con nomes de persoa, na fala coloquial, expresa familiaridade ou confianza: O Manuel veu onte . - Diversos topónimos van sempre acompañados de artigo: A Coruña, O Miño... - Con moitas locucións adverbiais: ao chou, ao pé, aos poucos, ás veces ...

USO DO ARTIGO CO POSESIVO

En galego o posesivo debe ir precedido do artigo ou outro determinante coas seguintes excepcións: - vocativos e exclamativo: non aparece nunca: Ai, meu amigo, non te vira/ Miña cabeciña!. - cos nomes de parentesco é optativo: (O) meu pai chámase Antón.

O artigo indeterminado: UN UNHA UNS UNHAS

CON cun cunha cuns cunhas

DE dun dunha duns dunhas

EN nun nunha nuns nunhas

FORMA DE ARTIGO EL: trátase dun arcaísmo, de escaso uso, inmobilizado nalgunhas formas reverenciais: El Rei, El Señor.

Pronomes determinantes

- Poden desempeñar tres funcións diferentes na estrutura da FRASE NOMINAL o Determinante: Este coche é vello o Núcleo: Este é vello o Modificador: O coche este é vello

Son os seguintes:

Demostrativos Posesivos Indefinidos Relativos, interrogativos, exclamativos

Numerais

Demostrativos FORMAS:

Masculino este ese aquel estes eses aqueles

Feminino esta esa aquela estas esas aquelas

Neutro isto iso aquilo

CONTRACCIÓNS:

Page 5: 1. Os textos expositivo e argumentativo. - edu.xunta.gal · Tipos de textos expositivos Divulgativos: Van dirixidos a un amplo sector de público, pois non esixen un coñecemento

- As formas de masculino e feminino contraen coas preposicións DE e EN e co indefinido OUTRO - As formas de neutro contraen coas preposicións DE e EN VALORES ESPECIAIS 1. Estoutro/a/os/as, esoutro/a/os/as, aqueloutro/a/os/as: úsanse en correlación cun simple sinalando a 2ª cousa dunha serie de 2. 2. Aquel (substantivo): motivo, aspecto, aparencia. 3. Aquela (substantivo): coidado, agarimo, interese, desgraza. 4. Daquela (adverbio): naquel tempo, entón. 5. Daquela (conxunción consecutiva): polo tanto 4.- Nisto, con estas, nestas (valor adverbial): de repente, nese momento

Posesivos FORMAS

Masculino singular Feminino singular Masculino plural Feminino plural

Meu Miña Meus Miñas

Teu Túa Teus Túas

Seu Súa Seus Súas

Noso Nosa Nosos Nosas

Voso Vosa Vosos Vosas

Seu Súa Seus Súas

VALORES ESPECIAIS 1. Existe un posesivo de respecto MI que acompaña a madre, padre, tío, señor, amo... 2. É obrigatorio o uso de artigo ante adxectivo posesivo (excepto nos vocativos). Cos nomes de parentesco é optativo. 3. Os de 3ª persoa acompañados de numerais poden indicar cantidade aproximada ou ponderación; xa ten os seus 20 anos / valerá as súas boas pesetas. 4. De meu, de noso, de teu, de voso, de seu: propiedade exclusiva ou por si/cualidade innata: teño casa de meu/ a casa caeu de seu. 5. Os meus, os teus....: a familia 6. Das miñas, das túas...: falcatruadas, trasnadas, tarefas: xa anda a facer das súas / xa che pasei as miñas. 7. Cadanseu, súa, seus, súas: sentido distributivo, algo para cada un. 8. Posesivo= de+pron. persoal: diante miña, túa, súa.... 9. O posesivo pode indicar algo habitual: xa volveron ao seu

Indefinidos 1.- Cuantificadores. Algún (algunha, algúns, algunhas), alguén, algo, ningún (ningunha, ningúns, ningunhas), ninguén, nada, un (unha, uns, unhas) varios/as, pouco (...), bastante/s, abondo (...), moito (...), ben, demasiado (...), máis, menos, tanto (...), todo (...), cada, ambos/as, entrambos/as. 2.- Identificadores. Outro (...), calquera, quenquera, tal/es, mesmo (...), propio (...), certo (...) determinado (...). Algún e outro contraen coas preposicións de, en. Algo e alguén non contraen.

OLLO: pouco, abondo, moito, demasiado poden ser tamén adverbios

Page 6: 1. Os textos expositivo e argumentativo. - edu.xunta.gal · Tipos de textos expositivos Divulgativos: Van dirixidos a un amplo sector de público, pois non esixen un coñecemento

Relativos, interrogativos, exclamativos que, quen (invariables) cal, cales canto, a, os, as cuxo, a, os, as Ser quen a/de: ser capaz de. VALORES DA FORMA QUE

- Relativo: funciona como nexo nas subordinadas adxectivas e desempeña unha función dentro da propia oracións

- Conxunción completiva: funciona como nexo nas subordinadas substantivas - Interrogativos e exclamativos: non se acentúan en galego

Interrogativos: - Poden introducir interrogativas directas e indirectas:

o Como te chamas? (directa) o Preguntoume como me chamaba (indirecta)

Numerais 1.- Cardinais. Cero, un/unha, dous/dúas, tres, catro, cinco, seis, sete, oito, nove, dez, once, doce, trece, catorce, quince, dezaseis, dezasete, dezaoito, dezanove, vinte, vinte e un/vinte e unha, vinte e dous/vinte e dúas, trinta, trinta e un, trinta e unha, corenta, cincuenta, sesenta, setenta, oitenta, noventa, cen, cento un, cento unha, douscentos/duascentas, trescentos/as, catrocentos/as, cincocentos/as ou quiñentos/as, seiscentos/as, setecentos/as, oitocentos/as, novecentos/as, mil. Cento, millón, billón, trillón, ducia, decena, centena, funcionan como substantivos.

2.- Ordinais. Primeiro, segundo, terceiro, cuarto, quinto, sexto, sétimo, oitavo, noveno, décimo, undécimo ou décimo primeiro, duodécimo ou décimo segundo, décimo terceiro, vixésimo, trixésimo, cuadraxésimo, quincuaxésimo, sesaxésimo, septuaxésimo, octoxésimo, nonaxésimo, centésimo, milésimo, millonésimo.

3.- Multiplicativos. Dobre (duplo/a), triplo/a, cuádruplo/a (cuádruplo/a), quíntuplo/a, séxtuplo/a.

4.- Partitivos. Medio/a, terzo/a, cuarto/a, quinto/a, sexto/a, sétimo/a, oitavo/a, noveno/a, décimo/a, onceavo/a, doceavo/a, centésimo/a, milésimo/a, millonésimo/a.

Metade é un substantivo.

3. Formación do galego. Voces patrimoniais, semicultismos e cultismos.

O galego, como o resto das linguas romances, nace como lingua oral arredor dos séculos VIII- IX. En tanto que lingua romance deriva, fundamentalmente, do latín coloquial e oral (latín vulgar) empregado polos colonizadores romanos (soldados, comerciantes, funcionarios, etc). Con todo, fundamentalmente no léxico e na toponimia, podemos rexistrar pegadas doutros idiomas.

Page 7: 1. Os textos expositivo e argumentativo. - edu.xunta.gal · Tipos de textos expositivos Divulgativos: Van dirixidos a un amplo sector de público, pois non esixen un coñecemento

Xa que logo, na formación do galego diferenciamos: 1. Substrato prerromano (preindoeuropeo e indoeuropeo)

2. Latín vulgar

3. Superestrato (xermánico e árabe) Substrato: Podemos rexistrar dúas presenzas lingüísticas previas á latinización: - preindoeuropeo: raíces no neolítico e mesmo no paleolítico

linguas de tipo euroafricano: carqueixa, queiroga

linguas de tipo hispano-caucásico: amorodo, sobaco

linguas de orixe incerta: toxo, veiga - indoeuropeo: a partir do século VI a.C.

Linguas paraceltas: ano 800 a.C: berce, billa, galego

Linguas celtas: cabana, páramo

O latín O galego deriva do latín vulgar. Este latín vulgar presentaba diferenzas dialectais con respecto ó que se estendeu por outras zonas do Imperio romano. Isto, engadido a trazos das linguas existen-tes previamente no territorio, desenvolve unha variedade peculiar de latín do que logo derivaría o galego. Amais, a Gallaecia foi conquistada lentamente e tardiamente e estaba moi afastada de Roma. Todo isto provoca que o galego presente, no conxunto das linguas romances, trazos conservadores, é dicir, máis achegados ó latín. O superestrato. Denominamos así ós trazos que deixaron linguas dos pobos que conquistaron este territorio trala caída do Imperio Romano: xermánicos e árabes. - Xermánico: fundamentalmente suevos e visigodos que chegan nos séculos V e VI. Os ámbitos ós que se refire este léxico son fundamentalmente: - vida militar: guerra

- natureza: manso, laverca - topónimos: Allariz - antropónimos: Alicia, Carlos

- Árabe: entran na Península no 711, pero en Galicia os asentamentos foron moi pouco duradeiros. Si quedan topónimos que proban a súa existencia. A maioría do léxico árabe entrou no galego a través do castelán e portugués e remite ós seguintes ámbitos:

- Agricultura: aceite, laranxa - Construción: alicerce - Vida doméstica: alcoba - Vida militar: alférez - Topónimos: Alfoz, Rábade

Page 8: 1. Os textos expositivo e argumentativo. - edu.xunta.gal · Tipos de textos expositivos Divulgativos: Van dirixidos a un amplo sector de público, pois non esixen un coñecemento

Palabras patrimoniais (populares), cultismos e semicultismos.

Denominamos palabras patrimoniais (ou populares) a aquelas que forman parte do léxico da ga-lego desde os primeiros momentos de formación da lingua (século VIII) e a aquelas derivadas e compostas directamente delas. Estas palabras experimentaron todos os cambios fonéticos que se produciron no paso do latón ao galego: - Perda do –N- intervocálico: LUNA>lúa

- Perda do –L- intervocálico: CAELU> ceo

- Palatalización dos grupos consonánticos PL-, FL-, CL-: FLAMMA> chama, PLENU> cheo, CLAVE>chave. As palabras semicultas entraron posteriormente no idioma e experimentaron unha evolución me-nos intensa: ECCLESIA>igrexa. As palabras cultas introducíronse tardiamente por vía erudita para crear novos vocábulos. Manteñen intacta, ou con pequenas modificacións ortográficas, a forma latina: ROTACIÓN, NOCTURNO. Nalgúns casos conservamos da mesma forma latina tres resultados/dous resultados. Sirvan de exemplo os seguintes:

LATÍN POPULAR SEMICULTA CULTA

ARTICULU artello artigo Artículo

PLENA chea preamar Plena

CLAVÍCULA chavella caravilla Clavícula

SECRETU segredo secreto

A existencia destes tres tipos de palabras dá lugar á existencia de familias léxicas irregulares. Son aquelas que presentan unha mesma raíz con diferentes formas: popular, culta e semiculta. Sirvan de exemplo as seguintes: - Cor, colorido, incoloro, colorear

- Persoa, persoal, persoeiro, personaxe, personalidade, personalizar

- Dor, doenza, doente, doloroso, indoloro

- Lúa, luar, lunático, luneta

PRÁCTICA 1. Indica os valores especiais dos posesivos que figuran nas seguintes oracións:

Sempre tiven coche de meu.

Este frigorífico custarache os seus cincocentos euros.

Xa andan os da clase do lado a facer das súas.

Polo que vexo, os teus nunca van ao fútbol.

Ese nunca chegará a ter casa de seu.

Paulo xa che ten os seus vinte anos.

Meu queridiño, que mal o pasou!

Xa tomou as súas píldoras.

Xesús ten de comer de seu, non pasa fame.

Os meus sempre van no verán á praia.

Aquel cativo era intelixente de seu.

Outra vez vén cos seus chistes baratos.

Temos dúas piscinas de noso.

É moi de teu deixar todo esparexido polo chan.

Deica a Rúa hai os seus cen quilómetros.

Os seus non a deixan saír despois das dez da noite.

Page 9: 1. Os textos expositivo e argumentativo. - edu.xunta.gal · Tipos de textos expositivos Divulgativos: Van dirixidos a un amplo sector de público, pois non esixen un coñecemento

Non creo que volvan xa ao seu. 2. Explica a ausencia do artigo na oración do exercicio anterior “Meu queridiño, que mal o pasou”. 3. Explica os valores especiais dos demostrativos que aparecen nas oracións seguintes:

Ten un aquel que namora.

Co aquel da festa non foi á clase.

A túa compañeira si que ten aquel.

Daquela aínda ti eras pequena.

Cando veu daquela, estábache mellor conservado.

Daquela déixocho na conserxería.

E con estas, esfumouse en cuestión de segundos.

Nisto deixou de chover e saíu o “Lourenzo” todo esplendoroso.

Nestas entra a directora de moi mal xenio.

Conta o que che pasou daquela.

Co aquel do partido do Celta saíron antes da hora.

4. Localiza e clasifica os pronomes determinantes que figuran no seguinte texto. Indica tamén se funcionan como determinante ou como núcleo da FN

O pasado decembro a Xunta sacaba adiante definitivamente o seu novo decreto de escolarización, unha norma que establece que, por primeira vez, cada colexio ou instituto poderá "establecer criterios complementarios" de admisión de estudantes que se engadirán aos xerais, como a proximidade da vivenda ao centro ou as características socioeconómicas da familia. Cun peso de ata un punto, estes criterios serán "circunstancias relevantes apreciadas xustificadamente polo órgano competente do centro", unha ambigua redacción que, segundo analizan os xuristas do máximo órgano consultivo da autonomía, pode dar lugar a "inseguridade xurídica".

Nun ditame publicado o pasado día 3 o Consultivo explica que "debe admitirse a posibilidade de que a comunidade autónoma introduza criterios complementarios aos establecidos" na lexislación estatal, xa que esta fixa liñas "prioritarias" que non teñen por que ser "únicas". Esta vía, abonda, mesmo foi ratificada polo Tribunal Constitucional.

5. Nas frases seguintes subliña todas as palabras que funcionen como determinantes e sinala o tipo de determinante:

- Estes días vai demasiada calor

- Cada moza leva a súa carteira

- Aquel rapaz louro leva oito horas estudando

- Un ano ten doce meses

- Díxome tantas cousas precisas que xa non teño ningunha dúbida

6. Escribe tres oracións en que empregues o posesivo con valor de “propiedade exclusiva”. Exemplo: Teño unha casa. Teño casa de meu.

7. Escribe tres oracións nas que empregues o posesivo con valor “distributivo”. Exemplo: Deulles aos alumnos cadanseu exame.

8. Relaciona os seguintes cultismos co étimo correspondente:

ÉTIMO CULTISMO

FLAMMA CLAMARE PLORARE PECTUM

Deplorar, implorar Expectorar Inflamación Exclamar

Page 10: 1. Os textos expositivo e argumentativo. - edu.xunta.gal · Tipos de textos expositivos Divulgativos: Van dirixidos a un amplo sector de público, pois non esixen un coñecemento

9. Indica cal é o resultado dos seguintes étimos:

CAPANNAM

MACULAM

DOLOREM

TECTUM

AURICULAM

CENAM

10. Agrupa estas palabras en cultas e patrimoniais:

Mestre, deplorar, plano, concello, sinal, segredo, peito, signo, secretario, chave, chan, maxistral, pectoral, clave, concilio.

cultas Patrimoniais

11. Analiza o seguinte texto (tipoloxía, trazos lingüísticos, estrutura, tipo de argumentos)

Observamos con satisfacción que na páxina web da súa compañía ( http://arriva.es) respectan vostedes escrupulosamente a legalidade vixente (artigo 10.1 da Lei de Normalización Lingüística de Galicia aprobada por unanimidade en 1983 polo Parlamento Galego) que establece que “os topónimos de Galicia terán como única forma oficial a galega”.

Temos que lamentar, pola contra, que na carteleira situada pola súa empresa nalgunhas estacións de Galicia e mais nas denominacións das rutas que figuran nos sinais luminosos na fronte dos seus autobuses non se observe idéntico rigor e aparezan nomes de lugar tales coma Orense, Coruña ou Lourenzana, denominacións estas que son contrarias á lei a que aludimos no parágrafo anterior ou mesmo híbridos lingüísticos de difícil xustificación. Achegamos canda o presente escrito unha fotografía en que se evidencia este feito que acabamos de comentar.

Representan vostedes unha das principais empresas de transporte público de viaxeiros de Galicia, concretamente son a primeira da zona norte cun volume declarado de dous millóns de pasaxeiros ao ano. Non se lles escapa, polo tanto, a visibilidade das súas mensaxes para un número moi importante de cidadás e cidadáns, co que iso significa de responsabilidade no tratamento rigoroso de todos e cada un dos aspectos da súa imaxe corporativa, máxime cando un dos seus valores -segundo figura na súa páxina web- é “Respetar la diversidad en las personas y comunidades a las que prestamos nuestros servicios de transporte”.

Este é o motivo polo que dende ProLingua, plataforma apartidaria a prol da defensa e promoción do idioma galego, solicitamos que corrixan as denominacións deturpadas ou mesmo inventadas dos nosos topónimos, tanto na carteleira das estacións de autobuses coma nos sinais que figuran na fronte dos vehículos.