PLan Lector

14
PROXECTO LECTOR 1. ANÁLISE DA SITUACIÓN DA LECTURA E ESCRITURA NO CENTRO a) Prácticas lectoras e escritoras do alumnado: Na Educación Infantil preténdese fomentar o interés e a curiosidade pola lectura mediante a manipulación de libros por parte do alumnado, a lectura de contos por parte do profesorado e a realización de actividades en colaboración coas familias, como o Libro Viaxeiro. Os nenos e nenas empezan lendo imaxes e pictogramas, relacionando estes con palabras e os sons coas diferentes grafías. Comezan a ler e a escribir letras, sílabas, palabras en maiúscula e posteriormente traballan as minúsculas, podendo chegar nalgúns casos a acadar a lectura. No Primeiro ciclo de Educación Primaria continúase cunha lectura de imaxes, pero a importancia recae no proceso de aprendizaxe da lecto-escritura, para chegar a conseguir unha lectura comprensiva de pequenos textos, así como unha creación propia destes. No segundo ciclo realízanse lecturas de todo tipo de textos, tanto de forma voluntaria como formando parte do proceso de ensino-aprendizaxe de casi todas as áreas. Empréganse continuamente diferentes tipos de soporte. Trabállase coa lectura, búsqueda, creación e análise sinxela (estructura, vocabulario, ideas principais, ortografía, puntuación,...)de todo tipo de textos. No terceiro ciclo as actividades céntranse na realización de tarefas relacionadas cun texto lido. Realízase unha memorización de reglas ortográficas e gramáticais e despois prácticas sobre as mesmas. Recoméndanse libros e tamén se emprega a lectura como medio de aprendizaxe. Ademais das prácticas realizadas nas clases, hai que ter en conta a Biblioteca Escolar, a cal ademais de ser un centro de recursos para o proceso de ensino-aprendizaxe, fomenta o gusto pola lectura, habendo un número considerable de alumnado de Primaria que fai uso contínuo do sevicio de préstamo, que pregunta por libros de información relacionados coas súas curiosidades, que acude a ler ao rincón de prensa, que entra no blog para acceder a xogos educativos nos que prima a lectura, para realizar algún comentario ou para ler os feitos polos demais,...

description

plan lector

Transcript of PLan Lector

Page 1: PLan Lector

PROXECTO LECTOR

1. ANÁLISE DA SITUACIÓN DA LECTURA E ESCRITURA NO CENTRO

a) Prácticas lectoras e escritoras do alumnado:

Na Educación Infantil preténdese fomentar o interés e a curiosidade pola lectura

mediante a manipulación de libros por parte do alumnado, a lectura de contos por parte

do profesorado e a realización de actividades en colaboración coas familias, como o

Libro Viaxeiro.

Os nenos e nenas empezan lendo imaxes e pictogramas, relacionando estes con

palabras e os sons coas diferentes grafías. Comezan a ler e a escribir letras, sílabas,

palabras en maiúscula e posteriormente traballan as minúsculas, podendo chegar

nalgúns casos a acadar a lectura.

No Primeiro ciclo de Educación Primaria continúase cunha lectura de imaxes, pero a

importancia recae no proceso de aprendizaxe da lecto-escritura, para chegar a conseguir

unha lectura comprensiva de pequenos textos, así como unha creación propia destes.

No segundo ciclo realízanse lecturas de todo tipo de textos, tanto de forma voluntaria

como formando parte do proceso de ensino-aprendizaxe de casi todas as áreas.

Empréganse continuamente diferentes tipos de soporte. Trabállase coa lectura,

búsqueda, creación e análise sinxela (estructura, vocabulario, ideas principais,

ortografía, puntuación,...)de todo tipo de textos.

No terceiro ciclo as actividades céntranse na realización de tarefas relacionadas cun

texto lido. Realízase unha memorización de reglas ortográficas e gramáticais e despois

prácticas sobre as mesmas. Recoméndanse libros e tamén se emprega a lectura como

medio de aprendizaxe.

Ademais das prácticas realizadas nas clases, hai que ter en conta a Biblioteca Escolar,

a cal ademais de ser un centro de recursos para o proceso de ensino-aprendizaxe,

fomenta o gusto pola lectura, habendo un número considerable de alumnado de Primaria

que fai uso contínuo do sevicio de préstamo, que pregunta por libros de información

relacionados coas súas curiosidades, que acude a ler ao rincón de prensa, que entra no

blog para acceder a xogos educativos nos que prima a lectura, para realizar algún

comentario ou para ler os feitos polos demais,...

Page 2: PLan Lector

b) Identificación de logros e dificultades:

Considérase un logro o interés que se consigue en varios rapaces e rapazas pola

lectura, tanto de forma lúdica como sendo esta un recurso para a búsqueda e

aprendizaxe das súas curiosidades.

En canto á lectura en sí mesma, trabállase bastante con ela, conseguindo a súa

aprendizaxe sen dificultades na maioría dos casos. Podemos falar dunha boa fluidez e

no caso dunha lectura para os demais, dunha correcta entonación.

En canto á comprensión a situación é máis diversa. Percíbese a miúdo unha falta de

iniciativa persoal e de esforzo por parte do alumnado, esperando que se lle dean as

cousas xa “masticadas”, o cal leva en moitos casos a unha lectura superficial, sen prestar

a debida atención.

No que respecta á escritura atopamos algo máis de dificultades, que abarcan desde a

unificación e fragmentación incorrecta de palabras nos máis pequenos ata os contínuos

erros ortográficos e de expresión nos maiores.

Outra dificultade que se atopa é a da realización, en varios casos, dunha aprendizaxe

memorística, no canto dunha aprendizaxe significativa, que dá lugar a non ser capaces

de pór en práctica os coñecementos, senón a limitarse á súa reproducción.

c) Análise das metodoloxías empregadas:

Realizamos a análise ao longo dos ciclos, pois as metodoloxías van cambiando en

función da idade do alumnado e dos mestres que imparten as clases.

Na Educación Infantil emprégase un método mixto, cun enfoque constructivista.

No primeiro ciclo de Educación Primaria, emprégase unha metodoloxía globalizada,

onde se traballa con diferentes centros de interés para intentar captar a atención dos

nenos e nenas, adicando tódolos días un tempo á lectura e seleccionando os textos

traballados.

No segundo ciclo mézclase unha metodoloxía tradicional, onde as áreas están

separadas e o mestre presenta os coñecementos, cunha metodoloxía máis activa na que o

alumnado ten que chegar a eles partindo dos seus coñecementos previos e entrelazando

Page 3: PLan Lector

ás veces os contidos de diferentes materias, nunhas ocasións de forma individual e

outras mediante o traballo en grupo. Emprégase tanto o libro de texto coma outro tipo

de recursos.

No terceiro ciclo ensínase cunha metodoloxía máis tradicional, onde os contidos

parten do mestre e dos libros de texto maioritariamente, empregando a memorización

como método de aprendizaxe en varias ocasións. O alumnado realiza as tarefas

principalmente de forma individual, si ben algunha vez traballan en equipo e con outros

recursos.

d. Recursos materiais e humanos. Biblioteca Escolar:

• A Biblioteca Escolar: É un espazo situado preto da entrada do colexio e

accesible para todo o mundo. Conta con diferentes rincóns: para exposicións,

lectura informal, lectura formal, prensa, búsqueda de información, audiovisuais,

informático, de xogos, para a realización de actos e a zona de xestión. Dispón

dun horario semanal para o seu uso dentro do proceso de ensino-aprendizaxe

para as diferentes clases, así como tamén está aberta durante os recreos, tempo

no que se realizan os préstamos de fondos, e polas tardes en horario de

actividades extraescolares. A Biblioteca é quen xestiona todos os fondos

catalogables do centro, aínda que actualmente aínda queda material por rexistrar.

• A Biblioteca de aula: xestionada polo mestre de cada aula, nela pódense ter

fondos da Biblioteca Escolar durante o tempo que cada quen considere

necesario.

• Materiais: Para o fomento do Plan Lector contamos con diferentes tipos de

materiais:

* Impresos: Libros de texto, de lecturas, de literatura infantil, de información,

revistas e xornais, diccionarios, murais, atlas,...

* Audiovisuais: Cds, Dvds e vídeos de diferentes temas.

* Multimedia: cd-roms e recursos educativos en internet.

* Xogos educativos variados.

* Material funxible para a realización de actividades.

Page 4: PLan Lector

• O profesorado: As mestras e mestres do centro son o eixe principal da

aprendizaxe da lectura en todos os seus aspectos: o ensino da lecto-escritura e o

emprego desta como fonte de comunicación, de coñecemento, de lecer, de

expresión,..., labor que se vai desenrolando no seu facer diario. Ademais disto,

existen diferentes Equipos docentes que axudan a un mellor desenvolvemento da

linguaxe mediante a realización de actividades que moitas veces implican o

emprego da lingua escrita como medio de coñecemento, de búsqueda e

procesamento de información, de lecer,... Son o Equipo de Biblioteca, os de

ciclo, o de Normalización Lingüística, o de Actividades extraescolares e

complementarias e o das Tic.

• As familias: A colaboración coas familias axuda a mellorar en gran medida o

rendemento do alumnado. O contacto con elas realízase maioritariamente a

través da titora ou titor do neno ou nena. Tamén se conta cunha ANPA que

colabora na mellora da lectura a través da oferta de actividades relacionadas con

este aspecto.

• Outros recursos humanos: diferentes persoas, asociacións ou organismos que sin

formar parte do centro nos propoñen a realización de actividades que axudan a

fomentar a lectura.

e) Necesidades de Formación do profesorado neste ámbito:

Analizando a nosa labor docente, estes son os puntos que se consideran primordiais

por parte do profesorado, como necesidades de formación neste ámbito:

• Coñecemento de estratexias metodolóxicas para un mellor ensino da lecto-

escritura e para lograr unha boa motivación por parte do alumnado.

• Dinamización da lectura.

• Como traballar por proxectos.

• Mellora no uso das Novas Tecnoloxías.

Page 5: PLan Lector

2. OBXECTIVOS. FUNDAMENTOS. ORGANIZACIÓN.

a) Obxectivos:

• Crear e consolidar hábitos de lectura.

• Conseguir unha lectura comprensiva de todo tipo de textos, en calquera soporte

e con toda clase de finalidades (lúdicas ou de aprendizaxe)

• Incentivar o interés pola creación de textos, coñecendo a súa estructura propia e

buscando a creatividade.

• Fomentar a búsqueda de información, o procesamento desta e o seu uso crítico.

• Empregar a lectura, a escritura e a búsqueda de información como disfrute e

realización persoal.

• Adquirir responsabilidades no coidado e manexo dos fondos.

• Apoiar a adquisición das competencias básicas.

b) Fundamentos. Metodoloxías máis axeitadas.

• Este proxecto está elaborado coa participación de todo o profesorado a través

dos Equipos de Ciclo. É importante o coñecemento do mesmo e a implicación

de tódolos mestres. Revisarase tódolos anos a inicios de curso baseándose na

avaliación feita a finais do curso anterior.

• Tendo en conta este proxecto elaborarase un Plan Anual de Lectura, incluíndoo

na Programación Xeral Anual. Entre outros aspectos debe recoller os

obxectivos, a organización de espazos e tempos para a lectura, as actividades

programadas e temporizadas, os recursos humanos que interveñen nestas, o plan

de actuacións da Biblioteca Escolar, e a avaliación.

• Os diferentes Equipos docentes que hai no centro deberán ter en conta os

obxectivos deste proxecto, pois a maior parte das actividades planificadas

axudan a contribuir á consecución dos obxectivos propostos.

• Existe un Equipo de Biblioteca Escolar que se encarga da xestión dos recursos e

da dinamización da biblioteca en sí mesma, facendo desta un lugar agradable e

atractivo.

Page 6: PLan Lector

• O mestre debe ser un guía e mediador na adquisición das aprendizaxes,

permitindo a participación activa do alumnado, axudando así a que este

desenvolva a súa autonomía e iniciativa persoal e a que se dea conta da

importancia da lectura, escritura e búsqueda de información na vida real.

• É importante a coordinación do mestre-titor co resto do profesorado, ben de

forma individual por impartir algunha área na súa titoría, como de forma

colectiva mediante a súa participación dentro dos equipos constituidos no

centro: Ciclos, Normalización Lingüística, Actividades complementarias e

extraescolares, Biblioteca Escolar e Tic.

• Tamén é importante achegarse ás familias involucrando a estas, na medida do

posible, na educación dos seus fillos en canto á adquisición de aprendizaxes e

competencias básicas.

• A lectura debe ser traballada en tódalas áreas do currículo, ensinando e

reforzando diferentes estratexias de comprensión lectora con textos adaptados á

idade e nivel do alumnado, empregando diferentes formatos (narracións, poesía,

textos informativos, mapas, planos, gráficos, fotografías,...) e distintos soportes

(material impreso, audiovisual, multimedia,...)

• Búscase promover unha aprendizaxe significativa mediante a programación de

proxectos e actividades, nos cales partindo dos coñecementos e curiosidades do

alumnado se traballen os seguintes aspectos:

- Os obxectivos curriculares, integrándoos en situacións contextualizadas e da

vida real.

- A participación activa do alumnado, aprendendo a planificar e tomar decisións

sobre o traballo a realizar, así como valorando a colaboración e o traballo en

equipo.

- A posibilidade dun ensino que permita unha individualización atendendo ás

diferentes capacidades, ritmos e estilos de aprendizaxe.

- A importancia da comprensión lectora para a adquisición de coñecementos.

- A aprendizaxe de habilidades para a búsqueda, selección, procesamento e

comunicación da información.

Page 7: PLan Lector

c) Organización

- Tempo:

• As áreas están divididas en sesións de 50 minutos cada unha. A pesar disto

convén ser flexible, na medida do posible, para poder realizar actividades que

permitan enriquecer a labor docente e contribuir á adquisición das competencias

básicas.

• Existe unha sesión de 25 minutos diarios, despois do tempo de lecer, adicada á

“Hora de ler”, integrada dentro do horario lectivo.

• Tódolos grupos-clase contan cunha sesión semanal reservada para o uso da

Biblioteca Escolar e outra para a aula de informática.

• A Biblioteca Escolar está aberta para o uso do alumnado que o desexe durante os

25 minutos de recreo, podendo facer uso dos seus espazos e do servizo de

préstamo e tamén polas tardes, en horario extraescolar, de 16.00 a 18.00 horas.

- Espazo:

• O espazo principal para desenvolver o proxecto lector é a aula, que se poderá

organizar da maneira máis axeitada segundo as actividades que se pretendan

realizar.

• Tamén se conta coa aula de Informática e a Biblioteca Escolar, dependencias ás

que se pode asistir cando se considere necesario tendo en conta os horarios

asignados a outras clases.

• A Biblioteca Escolar conta con diferentes espazos que, xunto aos recursos que

posúe, axuda a fomentar e compartir a lectura, a crear curiosidades e a

compensar desigualdades entre o alumnado.

• Tamén se debe contar con outros espazos externos ao centro: zonas exteriores, a

biblioteca municipal, salas de exposicións, a área panorámica, como lugares que

tamén se poden ter en conta para fomentar a lectura e o interese pola escritura de

textos ou incentivar a búsqueda de información creando curiosidades.

Page 8: PLan Lector

3. ACTIVIDADES MARCO

a. Comprensión lectora:

• A lectura ten que estar presente en tódalas áreas curriculares.

• Traballar a lectura de todo tipo de textos e con diferentes soportes.

• Empregar textos adaptados ao nivel lector do alumnado e ós seus intereses.

• Programar diferentes tarefas relacionadas co texto escollido, profundizando máis

na súa estructura, vocabulario, ideas principais, entonación, opinións persoais,...

• Traballar a composición ou modificación de textos de todo tipo e a lectura dos

mesmos aos compañeiros.

b) Fomento da lectura:

• Desenrolo dun plan de actuacións da biblioteca escolar.

• Apertura da biblioteca durante o tempo de lecer e en horario de actividades

extraescolares.

• Realización de préstamos desde a biblioteca escolar a todo o alumnado de

educación primaria que o desexe durante o tempo de recreo.

• Contar con bibliotecas de aula e/ou recunchos na aula para a lectura.

• Levar a cabo a “Hora de ler” en tódolos cursos: 25 minutos diarios adicados

exclusivamente á lectura.

• En educación Infantil farase tamén “O momento do conto”, léndolle libros ao

alumnado.

• Realización de lecturas de textos en voz alta aos compañeiros, a outro alumnado,

dramatizando,....

• Realizar campañas de animación a lectura contando coa presencia de

contacontos, escritores, ilustradores,...

• Asistencia a actos realizados por outras entidades (p.ex. Concello) nos que se

fomente a lectura.

• Implicar ás familias mediante actividades como a mochila e/ou o conto

viaxeiros.

Page 9: PLan Lector

c) Educación documental:

• Formar usuarios da biblioteca, de xeito que o alumnado saiba onde atopar os

fondos relacionados con cada tema.

• Levar a cabo nas clases proxectos que impliquen a búsqueda de información.

• Crear curiosidades nos rapaces para incentivar a investigación.

• Promover o emprego de diferentes recursos para a búsqueda de información,

intentando escoller o máis axeitado segundo o interrogante que se plantexa.

• Propoñer actividades que axuden a atopar as ideas principais e a organizalas.

• Realizar exposicións cos traballos realizados polo alumnado.

4. AVALIACIÓN. CRITERIOS DE AVALIACIÓN.

O proxecto lector é un documento a medio prazo, que non precisa facerse tódolos

anos. A súa elaboración en sí mesma xa foi un momento de reflexión sobre as prácticas

docentes e a necesidade de adecuar as metodoloxías á adquisición das competencias

básicas.

Para analizar os seus resultados preséntanse aquí dous tipos de avaliación, unha

destinada ao profesorado e outra ao alumnado.

A primeira pretende facer unha análise do tipo de actividades que se están a levar a

cabo para que o alumnado poda adquirir os obxectivos marcados neste proxecto. Pódese

realizar na reunión de Equipos de ciclo a finais de cada curso coa finalidade de que o

profesorado recorde os fundamentos, organización e metodoloxías máis adecuadas para

a aprendizaxe dunha lectura comprensiva e útil como instrumento de aprendizaxe. Nela,

a palabra “texto” fai referencia á información contida en calquera tipo de formato ou

soporte, xa se trate de material impreso, fondos audiovisuais, multimedia, de textos en sí

mesmos, gráficos, imaxes, mapas,....

A segunda é unha enquisa para realizarlle ao alumnado de Educación Primaria e

poder ver se os obxectivos plantexados neste proxecto se van adquirindo na maior parte

do alumnado e a situación da que partimos inicialmente, no que respecta á lectura,

escritura e búsqueda de información, mellora. Está pensada para facela a finais de curso,

pero tamén é aconsellable facela ao comezo da posta en práctica deste proxecto, para

poder ver os progresos, no caso de que os haxa.

Page 10: PLan Lector

a) Para o profesorado:

CRITERIOS DE AVALIACIÓN: Cúmprense:

* En canto á comprensión lectora SI En

parte

NON

A lectura está presente en tódalas áreas curriculares.

Trabállase a lectura de todo tipo de textos.

Trabállase a lectura con diferentes soportes.

Empréganse textos adaptados ao nivel lector do alumnado.

Empréganse textos que teñen en conta ós intereses do alumnado.

Trabállanse antes os coñecementos previos relacionados co

tema.

Realízanse tarefas de análise do vocabulario e tipos de palabras

do texto.

Realízanse tarefas relacionadas coa estructura do texto.

Trabállase a búsqueda e comprensión das ideas principais do

texto.

Trabállase unha correcta lectura do texto (puntuación,

entonación,...)

Poténciase a expresión de ideas persoais relacionadas co texto.

Trabállase a composición de diferentes tipos de textos.

Page 11: PLan Lector

* En canto ao fomento da lectura SI En

parte

NON

Existe un Equipo de Biblioteca Escolar.

Lévase a cabo un plan de actuacións da biblioteca Escolar.

A biblioteca está aberta en horario extraescolar.

O alumnado asiste á biblioteca frecuentemente.

O préstamo de fondos é significativo.

Existen bibliotecas na aula e recunchos para a lectura.

A “Hora de ler” axuda a aumentar o interés pola lectura.

Conséguese que o alumnado de Infantil disfrute co “Momento

do conto”

Realízanse lecturas e dramatizacións en voz alta na clase.

Lévanse a cabo lecturas e dramatizacións para outros

compañeiros.

Cóntase coa presencia de contacontos, escritores, ilustradores,...

A presencia destes emprégase para fomentar e traballar a lectura.

Asístese a actos fóra do centro, relacionándoos co fomento da

lectura.

Implícase ás familias na creación de lectores.

As familias implícanse, dentro do posible, en que os rapaces

lean.

Page 12: PLan Lector

* En canto á educación documental SI En

parte

NON

Realízanse actividades destinadas a formar usuarios da Biblioteca.

O alumnado coñece onde se sitúan os diferentes fondos na Biblioteca.

Adecúase a metodoloxía a unha aprendizaxe activa do alumnado.

Foméntase a curiosidade nos rapaces para incentivar a investigación.

Lévanse a cabo proxectos que implican a búsqueda de información.

Trabállase o emprego de diferentes recursos para buscar información.

Realízanse actividades que axudan a atopar as ideas principais.

Ensínase a traballar coa organización da información.

Preséntase a información en forma de traballos, murais,...

Realízanse exposicións cos traballos realizados polo alumnado.

Page 13: PLan Lector

b) Para o alumnado

1. Cantos libros dirías que liches neste curso?

___ Menos de un ao mes. ___ Un por semana.

___ Un ou dous por mes. ___ Máis de un por semana.

2. Con que frecuencia soes ler voluntariamente fóra do colexio?

___ Tódolos días. ___ Algunha vez.

___ A miúdo. ___ Non leo fóra do colexio.

3. Como cres que les?

___ Perfectamente. ___ Podo ler rápido, pero non me entero do que leo.

___ Despacio, pero comprendo todo. ___ Cóstame moito, teño problemas coa lectura.

3. Que tipo de lecturas che gustan? (podes marcar varias opcións)

___ Libros de narrativa ___ Poesías

___ Cómics ___ Revistas.

___ Xornais. ___ Libros de información.

___ Libros de teatro ___ Outros: (recetas, cancións, normas de xogos,....)

.............................................................................................................................................

4. Que opinas da “Hora de ler”?

___ Gústame e disfrútoa. ___ Non me gusta. Prefería que non a houbese.

___ Dáme igual.

5. Soes ir á biblioteca durante os recreos?

___ Si, gústame. ___ Non.

___ Ás veces.

6. Vas á biblioteca polas tardes?

___ Sí, moitas veces. ___ Algunhas veces ___ Non.

___ Só cando quedo no comedor ou vou a actividades.

7. Cando vas á biblioteca, qué soes facer normalmente?(podes marcar varias opcións)

___ Estar nos ordenadores. ___ Ler revistas.

___ Xogar con xogos de mesa. ___ Coller fondos en préstamo.

___ Ler libros. ___ Buscar información.

___ Facer traballos ou deberes. ___ Visitar as exposicións.

Page 14: PLan Lector

8. Coñeces as normas da biblioteca?

___ Sí e sempre as cumpro. ___ Sí, pero cóstame cumprilas.

___ Non, non as coñezo.

9. Sabes como atopar un libro de información na Biblioteca?

___ Sí ___ Non, non sei.

___ Si, pero cóstame atopalos.

10. Cando tes unha curiosidade, intentas resolvela buscando a información?

___ Sí ___ Non

___ Só se teño moito interés.

12. Que recursos empregas para buscar información?(podes marcar varias opcións)

___ Pregunto a outras persoas ___ Internet.

___ Dicionario ou enciclopedia ___ Libros de información

___ Vídeos. ___ Cd-roms ou programas de ordenador.

___ Outros: (xornais,folletos,TV,..)....................................................................................

12. Se buscas unha información, ¿quédaste co primeiro que atopas?

___ Sí, era o que buscaba. ___ Non, intento atopalo noutro lugar para asegurarme.

___ Nunca busco información.

13. Se fas un traballo sobre un tema...

___ Copio o que atopei. ___ Selecciono o máis importante e cópioo.

___ Nunca fixen un traballo. ___ Selecciono o importante e organízoo de novo.

14. Gústache escribir?

___ Non. ___ Nin me gusta nin me disgusta.

___ Sí.

15. Que soes escribir voluntariamente?(podes marcar varias opcións)

___ O que necesito. ___ Nunca escribo voluntariamente

___ Gústame copiar textos, como: ___ Gústame inventar textos, como:

............................................................ ................................................................

............................................................ .................................................................