Plan estratexico BUSC 2011-2014

24
O PLAN ESTRATÉXICO DA BUSC 2011-2014

description

Plan estratégico de la Biblioteca Universitaria de Santiago de Compostela, 2011-2014

Transcript of Plan estratexico BUSC 2011-2014

Page 1: Plan estratexico BUSC 2011-2014

O PLAN ESTRATÉXICO DA BUSC

2011-2014

Page 2: Plan estratexico BUSC 2011-2014

Capí

tulo

: Índ

ice

2

ÍNDICE

1. NECESIDADE DO PLAN ESTRATÉXICO .......................................... 3

2. METODOLOXÍA E CALENDARIO DA ELABORACIÓN DO PLAN ....... 7

3. PLAN ESTRATÉXICO 2011-2014 .................................................... 9

4. IMPLANTACIÓN E SEGUIMENTO ................................................ 21

5. ANEXOS .................................................................................... 22

Page 3: Plan estratexico BUSC 2011-2014

Capí

tulo

: Nec

esid

ade

do P

lan

Estr

atéx

ico

3

1. NECESIDADE DO PLAN ESTRATÉXICO

O Plan Estratéxico da BUSC 2011-2014 é un instrumento de planificación que, mediante a participación, a colaboración e o compromiso de todos os actores, deseña unha visión integral sobre a Biblioteca Universitaria que queremos construír.

Este plan estratéxico visualiza a nosa Biblioteca dentro e fora da USC, marcando o camiño cara a onde queremos que se sitúe a BUSC nos vindeiros anos. Por iso foi tan importante na súa redacción analizar e ter en conta as demandas da comunidade universitaria así como a participación do propio persoal da BUSC. Porque so mediante a oportunidade de participar se pode conseguir que o plan sexa un instrumento no que se sintan implicados todos aqueles que van contribuír dun xeito esencial ao seu éxito (goberno da USC, persoal da BUSC e usuarios).

Chegar a este momento non foi doado: como unha das accións de mellora derivadas da avaliación do servizo en 2003 (hai que recordar que a BUSC foi o primeiro servizo avaliado na USC), comezaron as diferentes tentativas de redacción do Plan Estratéxico da BUSC, sempre conducidas dende a Comisión da Biblioteca. Por diferentes razóns, entre elas a variabilidade dos membros da subcomisión encargada e a descontinuidade no traballo, os intentos resultaron fallidos. En novembro de 2008 arranca a nova etapa coa constitución dun grupo de traballo integrado unicamente por persoal da BUSC e que conta co asesoramento da Área de Calidade e mellora de procedementos da USC. Dende o principio se enfoca o traballo dun xeito planificado, analítico e participativo. Esta tarefa remata coa presentación do Plan Estratéxico da Biblioteca Universitaria.

Os eixos do plan

O Plan estratéxico da BUSC é a folla de ruta na que a Biblioteca inscribirá a súa actividade durante os vindeiros catro anos, mediante tres eixos, 12 obxectivos estratéxicos e 33 accións establecidas a partir da análise da situación actual da BUSC e das tendencias do contorno universitario e bibliotecario, fundamentalmente.

3 eixos estratéxicos

12 Obxectivos estratéxicos

33 Accións estratéxicas

Page 4: Plan estratexico BUSC 2011-2014

Capí

tulo

: Nec

esid

ade

do P

lan

Estr

atéx

ico

4

Eixo 1. Os usuarios

Neste futuro a medio prazo marcado polo Plan, a USC atravesará un proceso de cambios institucionais profundos, fundamentalmente provocados pola implantación do Espazo Europeo de Educación Superior (EEES) e o Espazo Europeo de Investigación (EEI). A implantación do EEES vai ligada a un cambio na metodoloxía docente e de aprendizaxe, o cal ten implicacións evidentes nos hábitos de estudo e traballo do estudante. Neste contexto a BUSC debe consolidarse como un servizo que facilite o acceso á información que precisa o estudantado e o apoie no seu proceso de aprendizaxe e investigación. Hai que ter en conta que a normativa de elaboración de plans de estudo favorece a inserción da competencia informacional como programa transversal. As bibliotecas universitarias teñen neste campo unha liña de traballo en colaboración cos docentes importantísima. Nese sentido para BUSC é un obxectivo estratéxico recoñecer o papel renovado do bibliotecario como formador que contribúe a capacitar ao estudante a ser autónomo na xestión de información, o que redundará no seu mellor desenvolvemento profesional.

Ademais a BUSC debe potenciar a colaboración coa comunidade docente a través da posta a disposición do profesorado de novos e mellores recursos, facilitando e fomentando o seu acceso, ofertando asesoramento presencial e virtual no uso dos seus servizos. Tampouco debemos esquecer que a USC é o primeiro recurso científico-tecnolóxico e de investigación e desenvolvemento de Galicia e ocupa unha posición destacada dentro do panorama nacional, como refrendan os indicadores relativos ao nivel e a calidade da investigación. Por iso, a BUSC pode xogar un papel importante aportando a súa experiencia na creación de produtos orientados a xestionar o coñecemento, facilitando acceso a fontes de información de calidade e contribuíndo a difundir a produción científica da USC, cun persoal que se converte no mellor asesor dos investigadores.

A palabra cambio na universidade tamén é aplicable ás formas e instrumentos de transmisión do coñecemento relacionados coas tecnoloxías da información e comunicación (TIC). Neste caso a aceleración dos avances tecnolóxicos somete ás bibliotecas a un esforzo constante por adaptarse e por aproveitar as posibilidades que as TIC lles brindan. A pesar das incertezas do futuro, a experiencia do presente demostra que alomenos nos vindeiros anos as bibliotecas deberán seguir combinando servizos virtuais e presenciais. Probablemente o futuro da BUSC como biblioteca física pasa por potenciar a súa natureza como un espazo para a reflexión e o traballo persoal pero tamén un lugar para o encontro a través do acceso á cultura e ás fontes de información. Por iso é importante contar cunha infraestrutura que ofreza os equipamentos necesarios para as actividades de estudo, docencia e investigación; dotada de espazos multifuncionais que permitan o traballo individual e en grupo.

Page 5: Plan estratexico BUSC 2011-2014

Capí

tulo

: Nec

esid

ade

do P

lan

Estr

atéx

ico

5

Eixo 2 Xestión e calidade

No contorno das administracións públicas, e da universitaria en particular, dende hai tempo véñense implantando con éxito modelos de xestión da calidade e de avaliación dos servizos. Unha proba disto é a existencia de Vicerreitorías e áreas de Calidade na meirande parte das Universidades españolas. A USC non é unha excepción. Por iso, é importante deixar constancia neste Plan do compromiso da BUSC coa mellora continua e a xestión responsable, eficaz e eficiente dos seus recursos. A BUSC non pode deixar o futuro en mans da intuición e, para evitar isto, cómpre manter unha actitude proactiva e autocrítica da man de estudos de satisfacción de usuarios e do establecemento dun sistema de xestión da calidade.

Os cambios no entorno obrigan a repensar o modelo de biblioteca universitaria na USC, para que sexa capaz de satisfacer as demandas que lle plantexan os seus usuarios, sexan estes estudantes, docentes, investigadores ou persoal de administración e servizos. Desenvolver un novo modelo de biblioteca máis flexible e coordinado implica ter que facer fronte a numerosos retos organizativos. Deste modo é imprescindible adaptar os perfís profesionais das persoas que traballan na BUSC e elaborar e executar plans de formación acaídos.

Os cambios sinalados, aos que deberemos engadir os provocados pola crise económica, as políticas editoriais e os avances tecnolóxicos, están obrigando a reformular a política de coleccións nas bibliotecas universitarias, adecuando a distribución de recursos á realidade editorial e as necesidades reais dos usuarios, garantindo a conservación da documentación valiosa ou orixinal e acadando un acceso sinxelo e preciso á información.

Eixo 3 A cooperación, a proxección e o compromiso social

Máis que nunca a cooperación é posible entre as bibliotecas, favorecida e empurrada polos avances tecnolóxicos. A cooperación é unha oportunidade, ademais, de proxectarnos como servizo e de comprometernos coa sociedade. So dende ese compromiso, a BUSC entende a preservación e difusión do seu valioso patrimonio bibliográfico, proporciona acceso libre á información e, en definitiva, contribúe ao desenvolvemento educativo e cultural da sociedade.

A BUSC 2011-2014

Para abordar este proceso de planificación estratéxica a BUSC conta coas condicións organizativas necesarias: un persoal consciente das transformacións que se están a desenvolver no ámbito das bibliotecas universitarias e cun importante nivel de preparación. Do mesmo xeito a experiencia daquelas bibliotecas que iniciaron e desenvolveron procesos de planificación estratéxica nos permite aprender e aproveitar as súas ensinanzas, pero

Page 6: Plan estratexico BUSC 2011-2014

Capí

tulo

: Nec

esid

ade

do P

lan

Estr

atéx

ico

6

ademais constitúe un desafío para conseguir que a BUSC sexa considerada como unha biblioteca de referencia a nivel do estado. Finalmente o cambio no ensino universitario e a presión pola mellora na investigación precisan, cada vez con maior énfase, que as bibliotecas universitarias desenvolvan un papel mais activo.

Porque a Biblioteca Universitaria non pode ser un servizo calquera na USC, aspira a ser un servizo estratéxico: colabora en todas as frontes da universidade e pode actuar de imán a futuros alumnos e investigadores; pode ser un elemento de cohesión e sociabilidade na universidade e apoio á propia xestión universitaria, pois o seu persoal é experto en xestionar coñecemento.

Un Plan estratéxico expresa os propósitos da organización e, en termos xerais, de que maneira pretende alcanzalos. E para chegar á súa formulación tivéronse en conta aqueles elementos do entorno académico e bibliotecario que influirán no futuro próximo da Universidade e das bibliotecas. A consolidación do Espazo Europeo de Educación Superior e do Espazo Europeo de Investigación precisa do compromiso de toda a USC e invita á participación e a colaboración na nosa universidade e fóra dela.

O entorno sempre será cambiante e do futuro é imposible eliminar a incerteza, pero o Plan Estratéxico da BUSC debe servir para que a Biblioteca Universitaria o afronte contribuíndo á consecución dos obxectivos da institución e se consolide como un elemento esencial na Universidade de Santiago de Compostela.

Page 7: Plan estratexico BUSC 2011-2014

Capí

tulo

: Met

odol

oxía

e c

alen

dari

o da

ela

bora

ción

do

Plan

7

2. METODOLOXÍA E CALENDARIO DA ELABORACIÓN DO PLAN

Para redactar este plan estratéxico foi fundamental a participación de membros de toda a comunidade universitaria a través de diferentes medios. Así mesmo resultou fundamental a colaboración da Vicerreitoría de Calidade e Planificación , a través do concurso da Área de Calidade da USC en labores de apoio e asesoramento.

Etapas desenvolvidas na elaboración do plan:

Etapa 1: Planificación e diagnose (novembro 2008-novembro2009)

Para a elaboración do plan estratéxico constituíuse en novembro de 2008 o grupo de traballo designado para a redacción do borrador do documento. A primeira actividade do grupo foi participar nun seminario formativo impartido por persoal da Área de Calidade e mellora de procedementos da USC sobre a metodoloxía da planificación estratéxica.

Ao longo dos meses de decembro de 2008 e xaneiro de 2009 o grupo de traballo fixo a preplanificación do proxecto, determinando a metodoloxía de traballo a seguir e deseñando cada unha das fases a desenvolver.

Para a diagnose interna e externa leváronse a cabo as seguintes actividades:

− Estudo e análise da documentación considerada clave: informes de autoavaliación e informe final de avaliación da BUSC, enquisa Xerencia 2008, plans estratéxicos de REBIUN e documentación sobre temas clave nas bibliotecas universitarias

− Avaliación da satisfacción dos usuarios (estudantado, PDI, PAS da USC e PAS que traballa na BUSC) cos servizos prestados pola biblioteca universitaria: así entre os meses de febreiro e marzo de 2009 deseñáronse os cuestionarios específicos para cada grupo de interese. A enquisa lanzouse vía web o 23 de abril de 2009 e a análise de resultados e publicación dos mesmos levouse a cabo no mes de xullo

− Análise DAFO da BUSC, identificando os elementos que condicionan á organización tanto a nivel interno (Fortalezas e Debilidades) como externo (Oportunidades e Ameazas). Para isto contouse coa colaboración de seis grupos de traballo formados por persoal da BUSC nos que se atopaban representadas todas as bibliotecas así como todas as categorías de persoal que traballan nelas. No mes de

Planificación e diagnose

Concreción do contido e

formulación da proposta do plan

Presentación e aprobación do

plan estratéxico

Page 8: Plan estratexico BUSC 2011-2014

Capí

tulo

: Met

odol

oxía

e c

alen

dari

o da

ela

bora

ción

do

Plan

8

novembro tiveron lugar dúas xornadas de traballo conxuntas dos grupos de traballo creados das que saíu o DAFO da organización

Etapa 2: Concreción do contido e formulación da proposta do plan (decembro 2009-marzo 2010)

− Redacción das liñas estratéxicas da BUSC. Tomando como base o documento final do DAFO, incorporáronse cuestións recollidas nas enquisas de satisfacción, eliminando redundancias e depurando conceptos. Igualmente se revisaron as definicións de Misión e Visión. Posteriormente ordenouse e sistematizouse o DAFO mediante mapas conceptuais, para obter una primeira redacción dos obxectivos. Confeccionouse unha matriz de impactos cruzados que proporcionou unha orientación valiosa sobre as áreas nas que a BUSC debe investir as súas enerxías e recursos para lograr un efecto óptimo.

− Determinación dos eixes estratéxicos e o seu desenvolvemento a través de obxectivos e accións relacionadas.

− Redacción da proposta final do documento .

Etapa 3: Presentación ante os órganos competentes e aprobación do plan estratéxico (abril 2010- marzo 2011)

- Presentación e debate do borrador na Xunta Técnica. Abril-xuño 2010

- Presentación e debate na Comisión da BUSC. Marzo 2011

- Elevación da proposta ao Consello de Goberno para a súa aprobación.

Page 9: Plan estratexico BUSC 2011-2014

Capí

tulo

: Pla

n Es

trat

éxic

o 20

11-2

014

9

3. PLAN ESTRATÉXICO 2011-2014

•A Biblioteca Universitaria constitúe unha unidade funcional concibida como uncentro de recursos para a docencia, a investigación, o estudo e a aprendizaxe,así como para todas aquelas actividades relacionadas co funcionamento e axestión da universidade. Como servizo básico ten a misión de facilitar o accesoe a difusión dos recursos de información e colaborar nos procesos de creaciónde coñecemento, con fin de contribuír á consecución dos obxectivosinstitucionais da universidade. (Artigo 149, dos Estatutos da USC)

MISIÓN

•A BUSC aspira a converterse nun centro activo de recursos onde a comunidadeuniversitaria atope a resposta acaída ás súas necesidades para a aprendizaxe,a docencia, a investigación e a formación continua. A BUSC quere ser unreferente de información para a xeración e transferencia do coñecemento,onde as tecnoloxías da información e a comunicación estean ao alcance detodos.

•A BUSC aspira a converterse nun servizo estratéxico, fundamental para a USC,un servizo que promova o desenvolvemento da nosa institución, auniversidade, pero que tamén contribúa ao desenvolvemento cultural dasociedade. Unha biblioteca comprometida coa calidade, aberta ao futuro,innovadora, histórica, pública e galega.

VISIÓN

•Fomento da participación e da motivación.

•Responsabilidade profesional e persoal.

•Vontade de servizo ao usuario.

•Conciencia de custe.

•Innovación e mellora continua.

•Cooperación e colaboración.

•Contribución ao desenvolvemento educativo e cultural.

•Contribución á eficacia administrativa.

VALORES

Page 10: Plan estratexico BUSC 2011-2014

Capí

tulo

: Pla

n Es

trat

éxic

o 20

11-2

014

10

EIXO 1. OS USUARIOS: A través da consecución dos obxectivos relacionados con este eixo a BUSC poderá:

• Apoiar á Universidade na implementación do EEES e o EEI, orientando os seus servizos ao novo modelo educativo e de investigación, nun proceso de transformación que lle permite cumprir coa súa misión, e converterse nun verdadeiro “Centro de recursos para a docencia, a aprendizaxe e a investigación”.

• Contribuír á difusión e visibilización da produción científica e investigadora da USC e do seu patrimonio bibliográfico e á promoción do acceso aberto dentro da USC.

• Comprometerse coa mellora continua dos seus espazos, equipamento e instalacións para dar soporte ao novo modelo de aprendizaxe e docencia.

EIXO 2. XESTIÓN E CALIDADE: A través da consecución dos obxectivos relacionados con este eixo a BUSC poderá:

• Contar cun equipo humano acaído ás necesidades de cada biblioteca ou servizo, motivado, responsable e con formación específica, orientado a satisfacer as necesidades e expectativas dos seus grupos de interese.

• Comprometerse coa mellora continua e a xestión responsable (eficaz e eficiente) dos seus recursos.

• Impulsar unha política de desenvolvemento dos recursos de información da BUSC baseada no equilibrio, calidade e sostenibilidade.

EIXO 3. COOPERACIÓN, PROXECCIÓN E COMPROMISO SOCIAL: A través da consecución dos obxectivos relacionados con este eixo a BUSC poderá:

• Avanzar nunha maior proxección e visibilidade dentro da universidade que contribúa á mellora dos accesos aos seus recursos e servizos e acade un aproveitamento óptimo dos mesmos.

• Establecer e reforzar alianzas para optimizar os recursos e servizos.

• Colaborar na consecución dos obxectivos da institución a que pertence, incrementando a coordinación e colaboración con outros servizos da Universidade.

• Afianzar o seu compromiso social, potenciando a súa relevancia e identidade galega e contribuíndo ao desenvolvemento educativo e cultural da sociedade.

Os doce obxectivos estratéxicos se interrelacionan, con independencia da súa adscrición a un eixo, como se recolle na táboa seguinte. A lectura da mesma debe realizarse en sentido horizontal e tendo en conta que a variable “EEES e EEI” agrupa aos obxectivos 2 e 3, e a variable ”Organización e persoal” agrupa aos obxectivos 5, 6 e 7. As relacións entre

Page 11: Plan estratexico BUSC 2011-2014

Capí

tulo

: Pla

n Es

trat

éxic

o 20

11-2

014

11

obxectivos están graduadas na súa intensidade. Esta matriz amosa dun xeito gráfico cales son os obxectivos que teñen maior influencia nos demais , e polo tanto a súa consecución impulsará o cumprimento do plan.

Page 12: Plan estratexico BUSC 2011-2014

Capí

tulo

: Pla

n Es

trat

éxic

o 20

11-2

014

12

Táboa de interrelacións entre obxectivos estratéxicos

OBXECTIVO

Visi

biliz

ació

n pr

oduc

. ci

entíf

. e p

atrim

.

EEES

e E

EI

CR

AI

Org

aniz

ació

n e

pers

oal

Cal

idad

e

Rec

urso

s de

in

form

ació

n

Coo

pera

ción

Prox

eció

n

Com

prom

iso

1. Contribuír á difusión e visibilización da produción científ ica e investigadora da USC e do patrimonio bibliográfico da universidade e á promoción do acceso aberto dentro da USC

2. Mellorar a comunicación, cooperación e coordinación co persoal docente e investigador

3. Contribuír á adquisición de competencias informacionais na comunidade universitaria

4. Velar pola mellora continua dos espazos, o equipamento e as instalacións na BUSC para dar soporte ao novo modelo de aprendizaxe e docencia

5. Avanzar no deseño e implantación dun modelo organizativo acorde coa misión que ten encomendada a BUSC

6. Potenciar a motivación nas persoas que traballan na BUSC mediante o fomento da responsabilidade, da comunicación interna e do traballo en equipo

7. Garantir a formación e o desenvolvemento profesional do persoal da BUSC, potenciando novas habilidades e competencias

8. Impulsar unha cultura da calidade no seo da Biblioteca, baseada na mellora continua e na xestión responsable, eficaz e eficiente

9. Impulsar unha política de desenvolvemento dos recursos de información da BUSC baseada no equilibrio, calidade e sustentabilidade

10. Incrementar a coordinación e colaboración con outros servizos da Universidade e afianzar a cooperación bibliotecaria a nivel local, autonómico, nacional e internacional

11. Avanzar nunha maior proxección e visibilidade da BUSC, mellorando a comunicación cos seus usuarios

12. Afianzar o compromiso social da BUSC potenciando a súa relevancia e identidade galega e contribuír ao desenvolvemento educativo e cultural da sociedade

Relación de intensidade altaRelación de intensidade mediaRelación de intensidade baixa

EIXO ESTRATÉXICO

A BUSC e os usuarios

A BUSC e a Xestión

A BUSC e a cooperación, proxección

e compromiso

social

Page 13: Plan estratexico BUSC 2011-2014

Capí

tulo

: Pla

n Es

trat

éxic

o 20

11-2

014

13

OBXECTIVOS ESTRATÉXICOS

A BUSC apoiará o compromiso adquirido pola USC trala adhesión á declaración de Berlín e axudará a por en valor o rico patrimonio bibliográfico atesourado pola BUSC ao longo da súa historia.

Accións

• Contribuír ao desenvolvemento do repositorio institucional da USC mediante a participación nos órganos da USC encargados da súa xestión e mantemento e o exercicio do liderado do proxecto.

• Garantir a preservación, difusión e uso dos fondos patrimoniais da USC.

• Promover e difundir entre os investigadores os beneficios do acceso aberto para a docencia e a investigación.

Indicadores

• Grao de desenvolvemento do repositorio

• Número de proxectos desenvolvidos para a difusión da colección patrimonial

• Número de accións formativas e de difusión do acceso aberto entre o PDI

A BUSC colaborará activamente co PDI, prestándolle un apoio adaptado ás novas necesidades docentes e de investigación derivadas da implantación do EEES e o EEI.

Accións

• Establecer mecanismos estables de comunicación e coordinación co profesorado, que permitan detectar as súas carencias e necesidades no ámbito docente e investigador, encamiñar a información aos seus intereses concretos, e facer visibles

2. Mellorar a comunicación, cooperación e coordinación co persoal docente e investigador.

1. Contribuír á difusión e visibilización da produción científica e investigadora da USC e do patrimonio bibliográfico da universidade e á promoción do acceso aberto dentro da USC.

Page 14: Plan estratexico BUSC 2011-2014

Capí

tulo

: Pla

n Es

trat

éxic

o 20

11-2

014

14

tanto a súa produción científica como as ferramentas e materiais docentes empregados.

• Realizar un estudo das necesidades do profesorado e persoal investigador por áreas e liñas de investigación, desenvolvendo ferramentas que contribúan a implementar, por áreas temáticas, novos recursos e servizos que apoien a súa labor investigadora.

Indicadores

• Número de proxectos realizados conxuntamente co profesorado

• Enquisas periódicas realizadas sobre os intereses de docencia e investigación

• Grao de satisfacción do profesorado e persoal investigador co servizo prestado pola BUSC

A BUSC axudará aos seus usuarios a desenvolver e potenciar as competencias informacionais necesarias hoxe en día para poder xestionar de xeito eficaz a grande cantidade de información técnica e científica dispoñible.

Accións

• Desenvolver un programa para a adquisición da Competencia Informacional que de xeito transversal, progresivo e permanente fomente a autonomía dos alumnos e lles permita aprender a interaccionar e xestionar a información con eficacia no novo contexto educativo.

• Promover a figura do “bibliotecario formador” que desenvolva os coñecementos, as habilidades e as aptitudes necesarias para levar a cabo as actividades formativas.

• Programar accións formativas adaptadas ás necesidades específicas do persoal docente e investigador (PDI) e do persoal de administración e servizos (PAS), de acordo co plan de formación da USC e en colaboración coa área de recursos humanos.

Indicadores

• Número de accións formativas programadas desagregadas por colectivos

3. Contribuír á adquisición de competencias informacionais na comunidade universitaria.

Page 15: Plan estratexico BUSC 2011-2014

Capí

tulo

: Pla

n Es

trat

éxic

o 20

11-2

014

15

• Número de accións formativas realizadas desagregadas por colectivos

• Número de materiais de autoformación elaborados pola BUSC

• Grao de satisfacción dos usuarios coas accións formativas desenvolvidas

A BUSC dará resposta ás demandas dos novos métodos de aprendizaxe a través dunha infraestrutura axeitada, dotada de espazos multifuncionais e adecuado equipamento tecnolóxico. A BUSC xestionará eficientemente o uso dos seus espazos, facilitando o acceso e circulación dos documentos e garantindo a preservación das coleccións singulares.

Accións

• Establecer mecanismos estables de coordinación cos responsables das áreas da USC encargadas das infraestruturas e a tecnoloxía que redunden na mellora da xestión integral compartida e do acceso aos recursos e servizos da Biblioteca para todos os usuarios.

• Elaborar un estudo de necesidades do alumnado que priorice as actuacións futuras destinadas a substituír, rehabilitar e construír as infraestruturas e equipamentos tendo en conta as directrices do EEES e unha xestión responsable dos recursos.

• Elaborar e executar un Plan de Inversión en Recursos Tecnolóxicos que permita que os usuarios dispoñan das infraestruturas informáticas e de comunicacións que precisen.

Indicadores

• Número de proxectos tecnolóxicos transversais nos que participa a BUSC

• Número de intervencións realizadas en espazos e equipamentos

• Redacción e grao de execución do Plan de Inversión en Recursos Tecnolóxicos

• Grao de satisfacción dos usuarios coas instalacións, espazos e equipamento

4. Velar pola mellora continua dos espazos, o equipamento e as instalacións na BUSC para dar soporte ao novo modelo de aprendizaxe e docencia.

Page 16: Plan estratexico BUSC 2011-2014

Capí

tulo

: Pla

n Es

trat

éxic

o 20

11-2

014

16

A BUSC traballará no deseño dun modelo de organización do servizo que facilite a coordinación e flexibilidade necesarias para adaptarse a un contorno en continuo cambio.

Accións

• Elaborar unha proposta de modelo organizativo orientado ás novas necesidades dos seus usuarios e ás prioridades estratéxicas da Universidade.

• Avaliar as funcións desenvolvidas por cada posto de traballo na BUSC para establecer os perfís e competencias profesionais que se precisan.

• Elaborar un informe para a revisión da estrutura da BUSC que adecúe o cadro de persoal ás necesidades do servizo propoñendo, de ser o caso, as necesarias modificacións na RPT.

Indicadores

• Elaboración e aprobación do novo modelo de organización

• Grao de implantación do novo modelo

A BUSC fomentará a cultura do traballo participativo e en equipo en cada punto de servizo e no seu conxunto, favorecendo a comunicación entre todas as áreas de traballo

Accións

• Fomentar a corresponsabilidade e o traballo en equipo mediante a participación do persoal da BUSC en grupos de traballo propios ou promovidos por calquera outra institución (redes, consorcios…) da que forme parte a BUSC.

• Potenciar o uso de ferramentas de software colaborativo para o traballo en equipo.

• Contribuír ao desenvolvemento dunha cultura de xestión do coñecemento mediante o aproveitamento das boas prácticas.

6. Potenciar a motivación nas persoas que traballan na BUSC mediante o fomento da responsabilidade, da comunicación interna e do traballo en equipo.

5. Avanzar no deseño e implantación dun modelo organizativo acorde coa misión que ten encomendada a BUSC.

Page 17: Plan estratexico BUSC 2011-2014

Capí

tulo

: Pla

n Es

trat

éxic

o 20

11-2

014

17

Indicadores

• Número de grupos de traballo nos que participa persoal da BUSC

• Grao de uso de ferramentas de software colaborativo

• Grao de satisfacción do persoal da Biblioteca

A BUSC desenvolverá un programa continuado de formación do seu persoal, adaptado ás funcións de cada posto de traballo e ás necesidades do servizo.

Accións

• Definir os perfís e competencias profesionais necesarias e específicas para cada posto de traballo.

• Deseñar un programa de formación que permita a adquisición e/ou actualización dos coñecementos, habilidades e competencias do persoal da BUSC necesarios para poder desenvolver as súas responsabilidades profesionais

• Fomentar o intercambio de experiencias e ideas con bibliotecarios doutras institucións nacionais e internacionais mediante a participación en convocatorias de mobilidade do persoal

Indicadores

• Número de acción formativas organizadas

• Número de acción formativas realizadas

• Porcentaxe do persoal que recibe formación

• Grao de satisfacción do persoal da BUSC coa formación recibida

A BUSC describirá e avaliará de xeito sistemático as actividades que realiza, o que permitirá identificar as áreas nas que centrar os esforzos para a mellora da Biblioteca e fará posible

8. Impulsar unha cultura da calidade no seo da Biblioteca, baseada na mellora continua e na xestión responsable, eficaz e eficiente.

7. Garantir a formación e o desenvolvemento profesional do persoal da BUSC, potenciando novas habilidades e competencias.

Page 18: Plan estratexico BUSC 2011-2014

Capí

tulo

: Pla

n Es

trat

éxic

o 20

11-2

014

18

reorientar a xestión dos recursos e servizos cara á obtención de resultados satisfactorios para os nosos usuarios.

Accións

• Identificar, analizar e documentar todos os procesos que teñen lugar na Biblioteca, deseñando un Mapa de Procesos que poña en relación as actividades realizadas e os recursos utilizados para a consecución da súa misión.

• Implantar o uso sistemático de mecanismos de avaliación que permitan realizar unha análise interna da eficacia da xestión da BUSC e coñecer o grao de satisfacción dos usuarios.

Indicadores

• Deseño e difusión do Mapa de Procesos

• Implantación dunha xestión por procesos nas actividades da BUSC

• Grao de implantación de mecanismos de avaliación

• Grao de satisfacción dos usuarios co servizo

A BUSC afianzará o seu compromiso coa calidade mediante un Plan de xestión e desenvolvemento dos recursos de información que estableza as políticas, programas e procedementos e se ocupe da adecuación, coherencia e equilibrio das coleccións en relación cos fins establecidos nos plans de estudo, as liñas de investigación e a formación integral e continua dos usuarios da USC.

Accións

• Deseñar o Plan de Xestión e Desenvolvemento de Recursos de Información na BUSC que conxugue os distintos programas de actuación en recursos propios e consorciados para acadar unha colección equilibrada, coherente e sustentable.

• Elaborar e establecer directrices nos diferentes aspectos relativos á xestión da colección: selección, adquisición, avaliación e preservación.

Indicadores

• Elaboración e aprobación do Plan de xestión e desenvolvemento dos recursos de información na BUSC

9. Impulsar unha política de desenvolvemento dos recursos de información da BUSC baseada no equilibrio, calidade e sustentabilidade.

Page 19: Plan estratexico BUSC 2011-2014

Capí

tulo

: Pla

n Es

trat

éxic

o 20

11-2

014

19

• Grao de satisfacción dos usuarios cos recursos de información da BUSC

• Grao de uso dos recursos de información da BUSC

A BUSC continuará colaborando na consecución dos obxectivos da institución a que pertence e establecerá e manterá alianzas estables para optimizar recursos e servizos.

Accións

• Potenciar a comunicación e colaboración con outros servizos de apoio ao aprendizaxe, docencia e investigación da USC.

• Promover o desenvolvemento de proxectos de cooperación bibliotecaria no ámbito galego e universitario, principalmente a través do Consorcio Bugalicia e continuar coa participación activa en REBIUN, DIALNET e DOCUMAT.

• Colaborar coa USC en eventos promovidos por outras institucións e en proxectos de ámbito local que contribúan ao afianzamento da presenza institucional da Universidade.

Indicadores

• Número de proxectos da BUSC desenvolvidos en colaboración con outros servizos da USC

• Número de proxectos, convenios, redes, consorcios nos que participa a BUSC.

A BUSC difundirá con maior intensidade as súas importantes coleccións potenciando o uso dos seus recursos e servizos para conseguir un aproveitamento óptimo dos mesmos.

Accións

• Deseñar un plan de comunicación e promoción da BUSC para difundir os seus recursos e servizos, que facilite a interrelación co usuario.

11. Avanzar nunha maior proxección e visibilidade da BUSC, mellorando a comunicación cos seus usuarios.

10. Incrementar a coordinación e colaboración con outros servizos da Universidade e afianzar a cooperación bibliotecaria a nivel local, autonómico, nacional e internacional.

Page 20: Plan estratexico BUSC 2011-2014

Capí

tulo

: Pla

n Es

trat

éxic

o 20

11-2

014

20

• Mellorar o acceso, deseño e contidos da web da BUSC aproveitando as novas canles de comunicación e participación cos usuarios que ofrece internet.

• Organizar e participar en exposicións, xornadas, conferencias, publicacións, e outras actividades que difundan o patrimonio bibliográfico e a produción científica da USC, e dean a coñecer as coleccións distintivas da BUSC.

Indicadores

• Redacción do Plan de comunicación e promoción da BUSC

• Número de accións encamiñadas á difusión do servizo

A BUSC intensificará o acercamento á sociedade, tendo en conta a relevancia da institución a que pertence e a súa posición no ámbito bibliotecario galego.

Accións

• Acercar e difundir o patrimonio bibliográfico e documental da BUSC á sociedade.

• Participar en políticas institucionais de defensa de valores e en proxectos solidarios, e acercar a biblioteca e os seus servizos á sociedade, facilitando o acceso á información a tódolos usuarios, tendo en conta a aqueles con necesidades especiais.

• Colaborar coas políticas institucionais e fomentar a biblioteca sostible baseada no respecto ao medio ambiente e na redución dos usos enerxéticos e de material.

Indicadores

• Número de accións encamiñadas á difusión do patrimonio bibliográfico da BUSC

• Número de proxectos institucionais vencellados á defensa de valores nos que participa a BUSC

• Número de accións de mellora na accesibilidade realizadas

• Número de proxectos adicados ao fomento dunha biblioteca sostible

12. Afianzar o compromiso social da BUSC potenciando a súa relevancia e identidade galega e contribuír ao desenvolvemento educativo e cultural da sociedade.

Page 21: Plan estratexico BUSC 2011-2014

Capí

tulo

: Im

plan

taci

ón e

seg

uim

ento

21

4. IMPLANTACIÓN E SEGUIMENTO

O Plan debe ser un documento vivo e flexible para adaptarse ás circunstancias dun entorno que evolúe de forma rápida e constante. Os obxectivos operativos anuais da BUSC serán propostos dende a Dirección do Servizo, que terá en conta na priorización das actuacións as indicacións da Xerencia e da Vicerreitoría de Investigación e Innovación; as melloras propostas durante o proceso de avaliación institucional que non foran explicitamente recollidas neste plan estratéxico; as propostas derivadas do Plan estratéxico da Universidade; e os recursos dispoñibles para a súa consecución.

De xeito periódico, farase un seguimento da evolución dos obxectivos, cun control dos indicadores e realizaranse os axustes precisos. Anualmente se preparará e difundirá un informe cos avances realizados.

Page 22: Plan estratexico BUSC 2011-2014

Capí

tulo

: Ane

xos

22

5. ANEXOS

Membros do grupo de redacción do Plan

− Rosa Bassave Roibal, directora da biblioteca da Facultade de Matemáticas

− Paloma Castro Rey, xefa da sección de Proceso Técnico da BUSC

− Montserrat Fernández Vázquez, directora da biblioteca de Facultade de Farmacia

− María Nava García Rozas, directora da biblioteca da Facultade de Ciencias económicas

e Empresariais

− Pilar del Oro Trigo, directora da biblioteca da Facultade de Filoloxía

− Carmen Varela Prado, directora da biblioteca da Escola Universitaria de Formación do

Profesorado do campus de Lugo

− Coordinadora : Mª Isabel Casal Reyes, directora da BUSC

− Asesora: Fara Calvo Martínez, xefa da Área de Calidade da USC

Page 23: Plan estratexico BUSC 2011-2014

Capí

tulo

: Ane

xos

23

Participantes Xornadas DAFO

− Josefina Adán Porto, Biblioteca da Facultade de Química

− Isabel Álvarez García, Biblioteca Intercentros de Filosofía, Ciencias da Educación e

Psicoloxía

− José Ramón Arufe Vidal, Biblioteca da Facultade de Xeografía e Historia

− María Xosé Bao Vidal, Biblioteca Intercentros de Filosofía, Ciencias da Educación e

Psicoloxía

− Carmen Bermejo Díaz, Biblioteca da Facultade de Bioloxía

− Julia Cantalapiedra Alvarez, Biblioteca Intercentros de Lugo

− Alberto Carreño Yañez, Biblioteca Intercentros de Lugo

− Francisco Castro Alvaredo, Biblioteca da Facultade de Medicina e Odontoloxía

− Rosa Couselo Otero, Biblioteca da Facultade de Química

− Mercedes Diaz de Bustamante, Biblioteca da Facultade de Xeografía e Historia

− Anxo Doval Rey, Biblioteca Concepción Arenal

− Manuel Facal Casado, Biblioteca Universitaria

− Gracia Frutos Martínez, Biblioteca da Facultade de Química

− Lorena Gómez Méndez, Biblioteca Xeral

− César Gómez Pérez, Biblioteca Intercentros de Lugo

− Ana González Dacosta, Biblioteca da Facultade de Medicina e Odontoloxía

− Elisa González García, Biblioteca da Facultade de Ciencias da Comunicación

− Pilar González Nóvoa, Biblioteca Universitaria

− Xosé Ramón Lema Bendaña, Biblioteca da Facultade de Xeografía e Historia

− Juana López Anglada, Biblioteca da Facultade de Ciencias da Comunicación

− Fernando López Casal, Biblioteca da Facultade de Filoloxía

− Teresa López Lajos, Biblioteca da Facultade de Física

− Mª Jesús Martín de Pablos, Biblioteca da Facultade de Farmacia

− Concepción Martínez López, Biblioteca Intercentros de Filosofía, Ciencias da Educación

e Psicoloxía

− Fernando Mata Rodríguez, Biblioteca da Facultade de Matemáticas

Page 24: Plan estratexico BUSC 2011-2014

Capí

tulo

: Ane

xos

24

− Concepción Méndez García, Biblioteca da Facultade de Ciencias económicas e

Empresariais

− Francisco Méndez García, Biblioteca Concepción Arenal

− Rocío Moreiras Plaza, Biblioteca Intercentros de Lugo

− Alfonso Parada Vilas, Biblioteca Xeral

− Lourdes Pérez González, Biblioteca Concepción Arenal

− Luisa Portas Portas, Biblioteca da Facultade de Medicina e Odontoloxía

− Ana Isabel Portugués del Río, Biblioteca da Facultade de Matemáticas

− Francisco Redondo Abal, Biblioteca da Facultade de Filoloxía

− Francisco Reimúndez Campos, Biblioteca da Facultade de Farmacia

− Nieves Rodríguez Díez, Biblioteca Xeral