PLAN DE XESTIÓN INTRACENTRO ESTRUCTURA DE XESTIÓN … · 2017. 9. 5. · 1.- Identificación do...

44
PLAN DE XESTIÓN INTRACENTRO ESTRUCTURA DE XESTIÓN INTEGRADA DE PONTEVEDRA E O SALNÉS Abril 2016 Modificado 24/03/2017 2

Transcript of PLAN DE XESTIÓN INTRACENTRO ESTRUCTURA DE XESTIÓN … · 2017. 9. 5. · 1.- Identificación do...

Page 1: PLAN DE XESTIÓN INTRACENTRO ESTRUCTURA DE XESTIÓN … · 2017. 9. 5. · 1.- Identificación do centro e do seu Director Xerente: ESTRUCTURA DE XESTIÓN INTEGRADA DE PONTEVEDRA

PLAN DE XESTIÓN INTRACENTRO

ESTRUCTURA DE XESTIÓN INTEGRADA DE PONTEVEDRA E

O SALNÉS

Abril 2016Modificado 24/03/2017

2

Page 2: PLAN DE XESTIÓN INTRACENTRO ESTRUCTURA DE XESTIÓN … · 2017. 9. 5. · 1.- Identificación do centro e do seu Director Xerente: ESTRUCTURA DE XESTIÓN INTEGRADA DE PONTEVEDRA

INDICE

1. Identificación do Centro e do seu xerente 6

2. Identificación do responsable da posta en marcha do plan 11

3. Plan de formación 13

Xustificación e metodoloxía do programa formativo

Contidos do programa formativo

Programa formativo: Cronograma e características

Documentación e rexistro da actividade formativa

4. Documento básica de xestión de residuos 15

4.a.- Compartimentación de centros 15

Mapas de produción

4b.-Segregación e envasado 21

4c.- Almacenamento intermedio 23

4d.- Transporte interior 28

4e.- Almacenamento final (residuos perigosos) 34

4.f.- Compactación- almacenamento final de residuos de Clase I e II 37

4.g.- Previsión de medidas de minimización da produción de residuos 38

4.h.- Medidas de seguridade 39

4.i.- Medidas de emerxencia 43

4.j.- Tratamento e eliminación 44

3

Page 3: PLAN DE XESTIÓN INTRACENTRO ESTRUCTURA DE XESTIÓN … · 2017. 9. 5. · 1.- Identificación do centro e do seu Director Xerente: ESTRUCTURA DE XESTIÓN INTEGRADA DE PONTEVEDRA

ANEXOS

- Anexo I.B: Mapas de Produción de residuos do Hospital Montecelo

- Anexo I.B.1.- Mapa de Produción de Residuos do edificio orixinal do H. Montecelo

- Anexo I.B.2- Mapa de Produción de Residuos do edificio Novo do H. Montecelo

- Anexo I.B.3.- Mapa de Produción de Residuos do edificio de mantemento

- Anexo II.A: Esquema da distribución das instalacións do Hospital Provincial.

- Anexo II.B Mapas de Produción Hospital Provincial

- Anexo II.B.1.- Mapa de Produción de Residuos do pavillón central

- Anexo II.B.2.- Mapa de Produción de Residuos da torreta

- Anexo II.B.3.- Mapa de Produción de Residuos do pavillón dereito

- Anexo II.B.4.- Mapa de Produción de Residuos da zona de obstetricia e xinecoloxía.

- Anexo II.B.5.- Mapa de Produción de Residuos do edificio de laboratorios.

- Anexo II.B.7.- Mapa de Produción de Residuos do pavillón esquerdo.

- Anexo II.B.8.- Mapa de Produción de Residuos do Edificio de consultas.

- Anexo II.B.9.- Mapa de Produción de Residuos do Edificio Adtvo.

- Anexo II.B.10.- Mapa de Produción de Residuos das instalacións anexas ó edificio Adtvo.

- Anexo III..- Mapa de produción do Hospital do Salnés

- Anexo IV.- Mapas de Produción para o C. E. de Mollabao

- Anexo V.- Mapas de Produción dos centros de Saúde e PACS

- Anexo IV Plan formativo

- Anexo V Folla de Comunicación dun novo residuo

- Anexo VI- Plans de autoprotección: 6.2.3.7 Actuación en caso de emerxencia medioambiental

a.- Hospital Montecelo

b.- Hospital Provincial

- Anexo VII. Contrato de tratamento de residuos coa empresa Consenur- Aceptación de residuos

- Anexo VIII - Contrato en vigor co xestor de residuos das Clases I e II

- Anexo IX: Contrato en vigor co xestor de residuos das Clases III, IV e V

4

Page 4: PLAN DE XESTIÓN INTRACENTRO ESTRUCTURA DE XESTIÓN … · 2017. 9. 5. · 1.- Identificación do centro e do seu Director Xerente: ESTRUCTURA DE XESTIÓN INTEGRADA DE PONTEVEDRA

- Anexo X: Autorizacións da empresa xestora- Consenur

- Anexo XI - Certificados de homologación de envases e contedores

- Anexo XII- Planos de xestión de residuos do Hospital do Salnés

5

Page 5: PLAN DE XESTIÓN INTRACENTRO ESTRUCTURA DE XESTIÓN … · 2017. 9. 5. · 1.- Identificación do centro e do seu Director Xerente: ESTRUCTURA DE XESTIÓN INTEGRADA DE PONTEVEDRA

1.- Identificación do centro e do seu Director Xerente:

ESTRUCTURA DE XESTIÓN INTEGRADA DE PONTEVEDRA E O SALNÉS (en

adiante, EXIPS).

Dirección: Avenida de Vigo, 16

Poboación: Pontevedra CP: 36003

C.I.F.: S3600011E

Tfno.: 986 800000 / 986 800094 Fax: 986 800167

1.1. Estrutura da EXIPS

A Estrutura de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés foi creada polo

Decreto162/2011, de 28 de xullo, de acordo co establecido no Decreto 168/2010, do 7 de

outubro, polo que se regula a estrutura organizativa de xestión integrada do Servizo Galego de

Saúde, e posteriormente modificado polo Decreto160/2012, do 26 de xullo.

Consta dos seguintes centros:

• Hospital Montecelo Avda. Mourente, S/N - 36075 Pontevedra

Hospital Provincial r/ Loureiro Crespo 2 - 36001 Pontevedra

Hospital do Salnés r/ Hospital 30, Rubianes, 36619 Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)

Centro de Especialidades de Mollabao r/ Mollabao s/n - 36002 Pontevedra

Centro de Especialidades Casa do Mar de Vilagarcía R/ Avda. da Mariña 23, 36600

Vilagarcía de Arousa

e os seguintes Centros de Saúde:

CS VILALONGA REBEL 12 SANXENXO (PONTEVEDRA) - 36990

CS VILAGARCIA DE AROUSA RUA AS CAROLINAS VILAGARCIA DE AROUSA (PONTEVEDRA) - 36600

CS TOURAL VILABOA RUA TOURAL VILABOA (PONTEVEDRA) - 36141

CS SOUTELO DE MONTES SOUTELO DE MONTES FORCAREI (PONTEVEDRA) -

6

Page 6: PLAN DE XESTIÓN INTRACENTRO ESTRUCTURA DE XESTIÓN … · 2017. 9. 5. · 1.- Identificación do centro e do seu Director Xerente: ESTRUCTURA DE XESTIÓN INTEGRADA DE PONTEVEDRA

36560

CS SEIXO ESTRADA O GRUPO ESCOLAR S/N SEIXO, MARIN (PONTEVEDRA) - 36913

CS ROMARIZ SOUTOMAIOR ROMARIZ S/N SOUTOMAIOR (PONTEVEDRA) - 36691

CS RIBADUMIA CRUCEIRO VELLO 2 RIBADUMIA (PONTEVEDRA) - 36636

CS RAXO POIO RUA DA IGREXA S/N POIO (PONTEVEDRA) - 36992

CS PORTAS RUA A RAPEIRA S/N PORTAS (PONTEVEDRA) - 36655

CS PONTESAMPAIO PONTEVEDRA

HEROES DE PONTESAMPAIO S/N PONTESAMPAIO (PONTEVEDRA) - 36690

CS PONTECALDELAS RUA LEPANTO S/N PONTE CALDELAS (PONTEVEDRA) - 36820

CS PARADELA VILANOVIÑA S/N PARADELA MEIS (PONTEVEDRA) - 36616

CS O GROVE MONTE DA VILA S/N GROVE (O) (PONTEVEDRA) - 36980

CS MOSTEIRO ROCHELAS S/N MEIS (PONTEVEDRA) - 36637

CS MORAÑA RUA SANTA LUCIA S/N MORAÑA (PONTEVEDRA) - 36660

CS MONTEPORREIRO PONTEVEDRA

RUA REINO UNIDO S/N PONTEVEDRA (PONTEVEDRA) - 36162

CS MARIN (NOVO)RÚA FRANCISCO LANDÍN PAZOS, S/N, 36900, MARÍN

CS LEREZ PONTEVEDRA PORTA DO SOL S/N PONTEVEDRA (PONTEVEDRA) - 36156

CS FORCAREI CAMPO DA FEIRA S/N FORCAREI (PONTEVEDRA) - 36550

7

Page 7: PLAN DE XESTIÓN INTRACENTRO ESTRUCTURA DE XESTIÓN … · 2017. 9. 5. · 1.- Identificación do centro e do seu Director Xerente: ESTRUCTURA DE XESTIÓN INTEGRADA DE PONTEVEDRA

CS DENA RUA PONTE DENA 69, MEAÑO (PONTEVEDRA) - 36967

CS CUNTIS RUA ESPADENAL S/N CUNTIS (PONTEVEDRA) - 36670

CS COTOBADE RUA CARBALLEDO-CHAN COTOBADE (PONTEVEDRA) - 36856

CS VILANOVA DE AROUSA RUA AS RODAS S/N VILANOVA DE AROUSA (PONTEVEDRA) - 36620

CS COMBARRO RÚA MACEIRA S/N COMBARRO, POIO (PONTEVEDRA) - 36993

CS CERDEDO RUA DO PIVIDAL 2 BAIXO CERDEDO (PONTEVEDRA) - 36130

CS CAMPOLAMEIRO AVDA. JOSÉ ANTONIO, 10 CAMPO LAMEIRO (PONTEVEDRA) - 36110

CS CAMBADOS RUA GALICIA S/N CAMBADOS (PONTEVEDRA) - 36630

CS CALDAS DE REIS ROMAN LOPEZ S/N CALDAS DE REIS (PONTEVEDRA) - 36650

CS VIRXE PEREGRINA RUA MAESTRANZA S/N PONTEVEDRA (PONTEVEDRA) -36002

CS VILAXOAN COFRADIA DE PESCADORES S/N VILAXOAN, VILAGARCIA DE AROUSA (PONTEVEDRA) - 36611

CS SAN MARTIÑO MEIS RUA SAN MARTIÑO S/N MEIS (PONTEVEDRA) - 36637

CS TENORIO LG. BARRO, TENORIO COTOBADE (PONTEVEDRA) - 36120

CS BUEU ACCESO GRUPO ESCOLAR RAMON BARES S/N BUEU (PONTEVEDRA) - 36930

CS BAION RUA SESTELO S/N BAION, VILANOVA DE AROUSA (PONTEVEDRA) - 36614

CS A PARDA PONTEVEDRA GAITEIRO RICARDO PORTELA PONTEVEDRA (PONTEVEDRA) - 36004

8

Page 8: PLAN DE XESTIÓN INTRACENTRO ESTRUCTURA DE XESTIÓN … · 2017. 9. 5. · 1.- Identificación do centro e do seu Director Xerente: ESTRUCTURA DE XESTIÓN INTEGRADA DE PONTEVEDRA

C S BARRO SAN ANTONIÑO S/N BARRO (PONTEVEDRA) - 36194

CS ILLA DE AROUSA RUA LAXE S/N ILLA DE AROUSA (A) (PONTEVEDRA) - 36626

CS ANAFANS POIO RÚA CABANAS S/N ANAFANS, POIO (PONTEVEDRA) - 36994

CS BALTAR SANXENXO BALTAR S/N PORTONOVO, SANXENXO (PONTEVEDRA) -36970

CS ARCADE SOUTOMAIOR AVDA CASTELAO 140 ARCADE, SOUTOMAIOR (PONTEVEDRA) - 36690

CS CATOIRA RUA DO CONCELLO 13 CATOIRA (PONTEVEDRA) - 36612

CS STA CRISTINA VILABOA RIO MAIOR S/N VILABOA (PONTEVEDRA) - 36141

CS MEAÑO AS COVAS 13 MEAÑO (PONTEVEDRA) - 36968

CS A LAMA AVDA CONCELLO 57 LAMA (A) (PONTEVEDRA) - 36830

1.2.- Identificación do seu Director Xerente

D. Jose Ramón Gómez Fernández, co NIF 33.245.887P é o Xerente da Estrutura de

Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés. É o máximo responsable, e é quen define a política

xeral de xestión de residuos nos distintos centros e quen determina a xerarquía de

responsabilidades.

Asume todas as responsabilidades legais derivadas da xestión dos residuos, e ostenta a

titularidade dos mesmos, e a representación legal da organización.

Como máximo responsable do cumprimento do Plan de xestión e como proba da política

de xestión de residuos adoptada polo centro, asina, entre outros, o Plan de Xestión Intracentro, e

os contratos de xestión dos residuos.

Realiza a supervisión final das auditorías internas, aproba as modificacións que resulten

9

Page 9: PLAN DE XESTIÓN INTRACENTRO ESTRUCTURA DE XESTIÓN … · 2017. 9. 5. · 1.- Identificación do centro e do seu Director Xerente: ESTRUCTURA DE XESTIÓN INTEGRADA DE PONTEVEDRA

delas e as revisións do plan.

Das súas funcións poderá delegar, a aplicación do plan e a sinatura de cesión dos

residuos, na persoa que teña o cargo de coordinador do plan de residuos.

10

Page 10: PLAN DE XESTIÓN INTRACENTRO ESTRUCTURA DE XESTIÓN … · 2017. 9. 5. · 1.- Identificación do centro e do seu Director Xerente: ESTRUCTURA DE XESTIÓN INTEGRADA DE PONTEVEDRA

2.- Identificación do responsable da posta en marcha do plan:

Dna. Susana Abalo Martínez, xefe de Servizo de Hostalería da EXIPS, y responsable de

Calidade en Medio Ambiente.

Entre as súas responsabilidades están:

- Difusión e posta en marcha do Plan de Xestión de Residuos así como do seu seguimento

- Elaboración dos plans de auditoría internos, (xunto co servizo de Medicina Preventiva)

- Custodia da documentación e rexistros do Plan Intracentro, as actas das auditorías das areas de

produción, dos almacéns finais e condicións de transporte, así como copias dos informes semestral de

que se enviarán a dirección do CHOP.

Formación:

Licenciada en CC Económicas, con formación específica en xestión de residuos, e Auditora

interna segundo os requisitos da norma UNE-EN ISO 14001:2004

Cuantificación dos medios persoais para a correcta execución do plan:

A EXIPS conta, para a correcta execución do plan, coa colaboración de todo o persoal dos

centros, pero dentro de cada área, son os seus responsables quen asumen estas

responsabilidades inherentes á xestión dos residuos. Estes son:

- Supervisoras de enfermería.- Son as responsables de area nas zonas con actividade sanitaria.

- Xefe de Cociña.- Responsable na cociña do Hospital Montecelo,

- Encargada da cociña, responsable de area na cociña do Hospital Provincial, e no Hospital do

Salnés, xa que nestes casos son contratas externas.

- Encargados da cafeterías.- Nas cafeterías, tanto no hospital Montecelo como Provincial, e O

Salnés o responsable de área é o encargado.

- Encargado de limpeza de cada centro.- é o responsable no resto das áreas.

- Nos Centros de Saúde, e Centros de Especialidades a responsable de Área é a responsable de

enfermería de cada centro.

Entre as súas responsabilidades están:

- Difusión do Plan de Xestión entre o persoal da súa area, facendo entrega a cada persoa do

manual de xestión de residuos, instruíndo sobre a correcta clasificación, as actuacións de

emerxencia e resolvendo as dúbidas que poidan presentarse

- Dar cumprimento das normas de xestión dos residuos sanitarios por parte do persoal da súa

11

Page 11: PLAN DE XESTIÓN INTRACENTRO ESTRUCTURA DE XESTIÓN … · 2017. 9. 5. · 1.- Identificación do centro e do seu Director Xerente: ESTRUCTURA DE XESTIÓN INTEGRADA DE PONTEVEDRA

area.

- Ter actualizado o plano de residuos e o mapa de produción da súa area, de acordo coas

indicacións da coordinadora do Plan

- Realizar a declaración de novos residuos ante a coordinadora do plan, cando se produza a

xeración dun novo tipo de residuo na súa área que non estea incluídos no mapa de produción.

- Informar das incidencias e establecer os sistemas de etiquetado e control que se esixan na súa

área

12

Page 12: PLAN DE XESTIÓN INTRACENTRO ESTRUCTURA DE XESTIÓN … · 2017. 9. 5. · 1.- Identificación do centro e do seu Director Xerente: ESTRUCTURA DE XESTIÓN INTEGRADA DE PONTEVEDRA

3.- Plan de formación

- Xustificación e metodoloxía do programa formativo

O Programa Formativo sobre xestión de residuos sanitarios da EXIPS persigue que todo o

persoal dos centros da organización, e nomeadamente os directamente relacionados coa produción e

manexo de residuos:

1.- Melloren os seus coñecementos sobre o modelo de Xestión de residuos,

2.- Adecúen as súas prácticas cotiáns relacionadas coa xestión dos residuos a este modelo de

xestión, de xeito que cheguen a adquirir hábitos de traballo seguros e eficientes, e

3.- Se sintan implicados e comprometidos na correcta xestión dos residuos xerados nos centros da

EXIPS.

O Programa está deseñado, en catro niveis formativos, con contidos diferentes segundo as

funcións e responsabilidades de cada grupo de profesionais implicados na xestión dos Residuos:

Nivel I.- Directivos (equipo directivo do CHOP),

Nivel II.- Responsables das Áreas de Produción (supervisores, responsables de

servizos/unidades, ...) ,

Nivel III.- Profesionais directamente implicados na produción e segregación en orixe dos

Residuos, nomeadamente o persoal de enfermería.

Nivel IV.- Persoal do Servizo de Limpeza, encargado da recollida dos residuos nos puntos

de produción e do seu transporte intracentro.

- Contidos do programa formativo

Os contidos globais do Programa Formativo, que se adaptarán ós 4 distintos niveis de

responsabilidade dos profesionais implicados, son os que a continuación se expoñen:

1. A evidencia científica e epidemiolóxica dos riscos asociados aos diversos tipos de residuos

sanitarios, con especial fincapé nos residuos perigosos que se producen en cada un dos

Centros.

2. Os distintos tipos de residuos: descrición e principios de xestión específica de cada grupo.

3. Contía e composición dos residuos producidos nos hospitais galegos e nomeadamente na

EXIPS.

13

Page 13: PLAN DE XESTIÓN INTRACENTRO ESTRUCTURA DE XESTIÓN … · 2017. 9. 5. · 1.- Identificación do centro e do seu Director Xerente: ESTRUCTURA DE XESTIÓN INTEGRADA DE PONTEVEDRA

4. O Plan de Xestión Intracentro de residuos

5. Coñecer os criterios de segregación en orixe, de envasado e contenerización dos distintos

tipos de residuos

6. O transporte e eliminación de residuos alén dos centros sanitarios. Concrecións no caso da

EXIPS.

7. Descrición das infraestruturas da EXIPS relacionadas coa xestión dos Residuos: áreas e

puntos de produción, almacéns intermedios, circuítos de circulación, e almacéns finais de

residuos. Descrición das diferentes operacións básicas relacionadas co manexo dos residuos

no interior dos centros sanitarios

8. A prevención dos accidentes de traballo relacionados cos residuos sanitarios. As boas

prácticas na xestión intracentro de residuos. Actuacións ante os accidentes ou incidencias

relacionadas coa seguridade.

9. Os profesionais implicados na xestión dos Residuos na organización: ¿quen son e que fan?.

Descrición das funcións que exercen os diferentes profesionais implicados na xestión

intrahospitalaria de residuos.

10. Os documentos administrativos asociados á xestión de residuos.

- Programa formativo: Cronograma e características

Durante o ano 2016 se realizarán cando menos as seguinte sesión de formación:

Un curso, dirixido ás supervisoras, e o persoal da limpeza, no que se refresquen os

coñecementos xa adquiridos en xestión de residuos

Os docentes implicados no Programa de Formación serán profesionais do Servizo de

Medicina Preventiva e do Servizo de Hostalería do CHOP, así como das empresas xestoras dos

residuos xerados polo CHOP.

Os días concretos e os horarios en que se realizarán os cursos se elixirán de acordo coa

dispoñibilidade dos docentes e discentes procurando compatibilizar as súas obrigas laborais e as

actividades de formación profesional.

- Presentación e rexistro da actividades formativa

A coordinadora do plan intracentro rexistrará e arquivará as actividades do Programa Formativo.

No anexo IV se achega o plan formativo, que é a formación relacionada coa residuos de residuos

recibida polo persoal da Estrutura de Xestión Integrada do anos, 2014, 2015 e a programación

para 2016.

14

Page 14: PLAN DE XESTIÓN INTRACENTRO ESTRUCTURA DE XESTIÓN … · 2017. 9. 5. · 1.- Identificación do centro e do seu Director Xerente: ESTRUCTURA DE XESTIÓN INTEGRADA DE PONTEVEDRA

4.- Documento básico de Xestión dos residuos

4.a.- Compartimentación dos centros.

A Estrutura de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés está composta por tres hospitais, o

Hospital Montecelo, o Hospital Provincial, e o Hospital do Salnés, dous Centros de Especialidades, o

Centro de Especialidades de Mollabao, e o Centro de Especialidades Casa do Mar de Vilagarcía, e 45

Centros de Saúde.

Nos Hospitais danse condicións que non teñen os centros de especialidades, como é dispor

de almacéns intermedios e final, circuíto de evacuación definido, e compactadora de residuos das

clases I e II, no caso dos Hospitais Montecelo e Provincial, o cal nos obriga a variar o maneira de

xestionar os residuos atendendo ás particularidades de cada centro.

Aínda tendo en conta as diversidades dos centros, en todos eles falaremos de:

PUNTO DE PRODUCIÓN: Cada un dos lugares onde habitualmente se recollen residuos se

dispoñen de bolsas ou contedores para poder segregar e recoller eses residuos.

Cada bolsa ou contedor de residuos situado establemente nun lugar constitúe un punto de

produción de residuos da clase correspondente.

Exemplos: Nun área administrativa poden existir 10 papeleiras (bolsa negra) e 2 contedores de

papel (contedores específicos para a recollida selectiva): esta área figurará como con 10 puntos de

produción de Clase I, e 2 puntos de produción de papel para recollida selectiva.

Nunha planta de hospitalización poden existir 4 contedores de punzantes (Clase IIa), 2

contedores de 60 litros de residuos biocontaminados (Clase III), 3 contedores específicos de vidro e 7

de papel para reciclado (Clase I); ademais, poden existir 10 papeleiras nos controis de enfermería

(bolsa verde para residuos de Clase II), outras 40 papeleiras nas habitacións dos pacientes (con

bolsas verdes) e outras 6 papeleiras en despachos (que tamén serán verdes por operatividade

funcional); globalmente nesa área se declararán como existentes: 56 puntos de produción de Clase II,

6 puntos de produción de Clase III, 3 contedores específico de vidro e 7 de papel.

AREA DE PRODUCIÓN: Agrupación de varios puntos de produción de residuos. Definida dun

xeito funcional e operativo, o principal criterio para definir unha área de produción é que a súa

actividade teña coherencia co tipo de residuos que produce, de xeito que o control de produción de

residuos sexa o máis doado posible. Unha área produtora de residuos pode contar cun almacén

intermedio, carecer del, ou compartir un con outras áreas.

15

Page 15: PLAN DE XESTIÓN INTRACENTRO ESTRUCTURA DE XESTIÓN … · 2017. 9. 5. · 1.- Identificación do centro e do seu Director Xerente: ESTRUCTURA DE XESTIÓN INTEGRADA DE PONTEVEDRA

ZONA DE PRODUCIÓN: Conxunto de varias Áreas de Produción de residuos dun centro sanitario.

A estrutura arquitectónica do centro e sobre todo o feito de compartir un circuíto de eliminación de

residuos adoita ser o denominador común das área de produción que se agrupan nunha zona de

produción. Un centro sanitario pode constar de só 1 área produtora de residuos, ou de varias.

A estrutura de cada un dos hospitais que compoñen a EXIPS é a seguinte:

Hospital Montecelo

O Hospital Montecelo, consta de tres edificios interconectados, que comparten un almacén

final de residuos común, e que contan con estruturas arquitectónicas distintas que aconsellan

describilos separadamente, considerando a cada edificio como unha zona de produción de residuos

diferente.

No Anexo I.A. preséntase un esquema da distribución dos tres edificios que constitúen as 3

zonas de produción de residuos do Hospital Montecelo.

• “Edificio Orixinal”: 7 pisos (do 7º ao Baixo) máis o semisoto e o soto. Neste edificio están

situadas todas as zonas de hospitalización, (dividida, cada piso en dúas unidades, denominadas

“A” -ou norte, ou impares-, situadas á dereita dos ascensores principais e “B” -ou sur, ou pares-,

situados á esquerda dos ascensores,) así como urxencias, servizo de rehabilitación, consultas

externas, o servizo de radiodiagnóstico, cociña, almacéns, e diversas oficinas administrativas.

• “Edificio Novo”: 5 pisos, nomeados –2, -1, 0, +1, +2. Os laboratorios, os quirófanos, e a maioría

das consultas externas, están neste novo edificio, onde tamén se atopa, (no Piso –2), o almacén

final de residuos, que é común aos 3 edificios.

• “Edificio de Mantemento” : 3 pisos. Neste edificio se concentran as instalacións de mantemento

do Hospital, os talleres de mantemento (pintura, fontanería, albanelería, electricidade, ...) están

neste edificio. Consta de 3 niveis: 1º andar, baixo e soto de comunicación co soto do edificio

orixinal e o almacén de residuos.

16

Page 16: PLAN DE XESTIÓN INTRACENTRO ESTRUCTURA DE XESTIÓN … · 2017. 9. 5. · 1.- Identificación do centro e do seu Director Xerente: ESTRUCTURA DE XESTIÓN INTEGRADA DE PONTEVEDRA

Hospital Provincial

As actuais instalacións do Hospital Provincial son o resultado de sucesivas modificacións e

engadidos ao primitivo edificio construído hai máis de 100 anos. Debido a elo, tanto as

instalacións de almacenamento intermedio como os circuítos de transporte de residuos ata o seu

almacenamento final son complexos.

Na descricións que logo se realizan, emprégase como lugar físico de referencia a entrada

principal do hospital e a “Galería do 1º Piso” situada perpendicularmente á entrada principal do

Hospital e ó mesmo nivel que esta.

O lado dereito é o situado na parte dereita da galería, unha vez que se entra nela desde a entrada

principal do hospital, o lado esquerdo é o situado á esquerda da galería, e o pavillón central está

situado fronte á entrada principal. Proximal e distal son adxectivos empregados para describir

instalacións cunha localización que ten como punto de referencia a porta principal do hospital. O

hospital conta con 3 patios: o “patio dereito”, o “patio esquerdo”, e o “patio de mantemento”, este

último está comunicado co patio esquerdo.

Para a descrición das áreas de produción e os circuítos de transporte, o hospital foi dividido en

varias zonas de produción. Como criterio para a definición destas zonas de produción

empregouse a propia distribución espacial do hospital así como a estrutura de circuítos de

retirada dos residuos.

No Anexo II.A preséntase a estrutura esquemática das instalacións do Hospital Provincial. As

zonas de produción nas que se divide este hospital son as nove seguintes:

O Pavillón Central

A Torreta do Pavillón Central

O Pavillón Esquerdo

A Zona de Obstetricia e Xinecoloxía

O Edificio de Laboratorios

O Pavillón Dereito

O Edificio de Consultas

O Edificio Administrativo

As Instalacións Anexas ao Edificio Administrativo

17

Page 17: PLAN DE XESTIÓN INTRACENTRO ESTRUCTURA DE XESTIÓN … · 2017. 9. 5. · 1.- Identificación do centro e do seu Director Xerente: ESTRUCTURA DE XESTIÓN INTEGRADA DE PONTEVEDRA

Hospital do Salnés

O Hospital do Salnés está dividido en 5 alturas:

No nivel -1, onde se atopan os almacéns, os talleres de Mantemento e Electromedicina,

Esterilización, Farmacia, lencería, Informática, e o arquivo de Historias Clínicas,

No nivel -2, se atopan os Mortuorios, Hospitalización a Domicilio,o Salón de Actos, Aulas de

Reunións e Docencia, Gardería, Despachos Médicos e Administrativos, habitacións médicos de garda

e residentes, vestiarios, Biblioteca, e a capela

En el nivel 0, se atopa a Cafetería, Dirección, Atención ó Paciente, Admisión, Cita Previa,

Información Endoscopias, Laboratorio, radiodiagnóstico, rehabilitación Zona Cirúrxica, Urxencias,

Consultas externas, e habitacións médicos de garda.

No nivel 1, 2 e 3 se atopan as unidades de hospitalización

Centro de especialidades de Mollabao

Trátase dunha edificación de 5 alturas (3 pisos, baixo e soto), conectadas mediante un

ascensor e un montacargas. A supervisora de enfermería do centro é a responsable de todas as

áreas de produción de residuos.

No Anexo I.B. descríbense as áreas de produción e os puntos de produción de cada tipo de

residuos. O centro carece de almacéns intermedios.

O almacén final para os residuos de Clase I e II é nun contedor de RSU de 800 litros emprazado

no exterior do centro; este contedor forma parte do sistema de recollida de RSU de responsabilidade

municipal. A retirada dos residuos de clase I e II dos puntos de produción realízase unha vez ao día,

comezando as 13.30 horas.

O persoal que realiza a limpeza das instalacións, 1 persoa pola mañá e 3 pola tarde, é quen retira

manualmente os residuos dos puntos de produción, e quen os traslada ao través do montacargas ata

baixo e logo ao contedor externo

O almacén final para os residuos de clase III é un cuarto situado no soto, fronte á escaleira.

A persoa encargada de levar os residuos de clase III é un celador do Centro.

Como a produción de residuos é moi baixa, cada vez que o celador encargado de levar os

contedores de residuos de clase III ó almacén final, leva un, da aviso ó servizo de hostalería do

Complexo, que a súa vez avisa á empresa Xestora, quen , acude a recollelo, polo que os residuos non

pasan no almacén final mais de 72 horas.

18

Page 18: PLAN DE XESTIÓN INTRACENTRO ESTRUCTURA DE XESTIÓN … · 2017. 9. 5. · 1.- Identificación do centro e do seu Director Xerente: ESTRUCTURA DE XESTIÓN INTEGRADA DE PONTEVEDRA

Centro de especialidades de Vilagarcía

Trátase dunha edificación de 4 alturas (3 pisos e baixo), conectadas mediante un ascensor. A

supervisora de enfermería do centro é a responsable de todas as áreas de produción de residuos.

O almacén final para os residuos de Clase I e II é nun contedor de RSU de 800 litros emprazado

no exterior do centro; este contedor forma parte do sistema de recollida de RSU de responsabilidade

municipal.

A retirada dos residuos de clase I e II dos puntos de produción realízase unha vez ao día, polo

persoal que realiza a limpeza das instalacións, cada 24 horas, en quenda de tarde, agás cando o

servizo é demandado expresamente pola mañá.

A través do ascensor, os traslada ata o baixo e logo ao contedor de RSU de 800 litros emprazado

no exterior do centro.

O almacén final para os residuos de clase III é un cuarto situado no baixo.

A persoa encargada de levar os residuos de clase III é o persoal de limpeza. O centro conta cunha

persoa na quenda de mañá e outra na de tarde.

Como a produción de residuos é moi baixa, cada vez que o persoal de enfermería ou o persoal

dos laboratorios, pechan os contedores, avisan o persoal de limpeza para que o leve ó almacén final,

e o mesmo tempo avisan ó servizo de hostalería do Complexo, que a súa vez avisa á empresa

Xestora, quen acude a recollelo, polo que os residuos non pasan no almacén final mais de 72 horas.

Os Mapas de Produción de residuos de cada un dos centros sanitarios que compoñen a EXIPS,

son:

- Hospital Montecelo: Descríbese nos Anexos I.B.

- Hospital Provincial, Anexo II.B

- Hospital do Salnés, Anexo III B

- Centro de Especialidades de Mollabao y de Vilagarcía, no Anexo IV.B

- Centros de Saúde e PACS, Anexo V

Nestes mapas de de Produción detállanse os seguintes aspectos:

- Identificación da Área de Produción de Residuos ou servizos ou unidades que a

compoñen,

- Localización física ou ámbito físico que ocupa

- Nº de puntos de produción de cada tipo de residuos que existen na área,

- Responsable da area,

19

Page 19: PLAN DE XESTIÓN INTRACENTRO ESTRUCTURA DE XESTIÓN … · 2017. 9. 5. · 1.- Identificación do centro e do seu Director Xerente: ESTRUCTURA DE XESTIÓN INTEGRADA DE PONTEVEDRA

- Tipo de almacén intermedio de residuos (circuíto primario de evacuación) cando existe.

20

Page 20: PLAN DE XESTIÓN INTRACENTRO ESTRUCTURA DE XESTIÓN … · 2017. 9. 5. · 1.- Identificación do centro e do seu Director Xerente: ESTRUCTURA DE XESTIÓN INTEGRADA DE PONTEVEDRA

4.b- Segregación e envasamento.

A recollida dos residuos xerados no interior dos centros dependentes da EXIPS atende a

criterios de segregación, hixiene, inocuidade e economía, evitando trasladala contaminación ou a

deterioración ambiental a outro receptor, e cumprindo a normativa de Riscos Laborais..

Os criterios de segregación son os indicados no Decreto 38/2015, do 26 de febreiro, de

residuos sanitarios de Galicia, polo que se establece a normativa de xestión de residuos dos

establecementos sanitarios da Comunidade Autónoma de Galicia.

En cada punto de produción están localizados as bolsas e contedores adecuados para poder

segregar e envasar os residuos producidos. No momento actual os envases de residuos concretos

que se utilizan na EXIPS son os seguintes:

- Residuos sanitarios non perigosos

-Clase I , Residuos domésticos-.

- Non Reciclado: bolsas e sacos plásticos de cor negro.

- Reciclables : recóllense en contedores específicos:

- Papel: en bolsas plásticas negras introducidas en soportes ríxidos de cartón

coa lenda “só papel”.

- Papel confidencial: en caixas de carón coa lenda “papel confidencial para

destruir”

- Vidro: en contedores de plásticos ríxidos de 120 litros e 2 rodas, coa lenda de

“só vidro”.

- plásticos: en contedores amarelos con bolsa amarela, coa lenda “plástico”

-Clase II, residuos non domésticos

- Clase IIa; residuos específicos da actividade sanitaria: bolsas e sacos verdes.

Os residuos de obxecto cortantes e punzantes que no son obxecto de requisitos

especiais para previr infeccións se recollerán en contedores dun so uso,

imperforables, de cor amarelo de 1, 5 o10 litros

- Clase IIb, residuos no específicos da actividade sanitaria: en caixas ou

contedores específicos, ou separados se son de gran tamaño, no caso, por exemplo,

da chatarra

21

Page 21: PLAN DE XESTIÓN INTRACENTRO ESTRUCTURA DE XESTIÓN … · 2017. 9. 5. · 1.- Identificación do centro e do seu Director Xerente: ESTRUCTURA DE XESTIÓN INTEGRADA DE PONTEVEDRA

- Residuos sanitarios perigosos

- Clase III, residuos sanitarios biocontaminados: contedores negros de 60 litros dun só uso,

estancos, opacos, herméticos, resistentes á carga, imperforables e rotulados co anagrama de

biorrisco. Xúntase certificados de homologación no anexo XIII.

- Clase IV, residuos citotóxicos e citostáticos: contedores azuis de 60 litros dun só uso,

ríxidos, dun material que permita á súa destrución completa, estancos, imperforables, e

rotulados co pictograma de “Citotóxico”. Xúntase certificados de homologación no anexo XIII.

- Clase V, outros residuos perigosos, recóllense do seguinte xeito:

- Residuos procedentes dos laboratorios que conteñen “Etanol”, “Xilol”, “Formol”,

“Colorantes e outros de base alcohólica”, ...recolleranse en garrafas dotadas de boca

ancha e asas de 20 litros de capacidade- “augas de laboratorio”, “disolventes non

haloxenados”, ou “solucións ácidas”

- Envases plásticos de que conteñen restos de sustancias perigosas, en bolsa de

plástico específica dentro dun contedor azul de 60l

- Pezas de Anatomía Patolóxica: en contedores azuis de 60l coa “Pezas de AP en

formol.”.

- Residuos de Aceites: en garrafas adecuadas a súa produción, con asas e coa lenda

“Aceite Mineral Usado”.

- Residuos de restos de reactivos , contedores azuis tipo bombona

- Tubos fluorescentes, en contedores específicos proporcionados por Ambilamp

- Pilas: contedores plásticos, de 5 litros, e coa lenda “Pilas”.

- Mesturas Auga-Hidrocarburos, Pinturas e Vernices, Disolventes de Pinturas,...: en

contedores azuis de 60 litros coas lendas respectivas.

22

Page 22: PLAN DE XESTIÓN INTRACENTRO ESTRUCTURA DE XESTIÓN … · 2017. 9. 5. · 1.- Identificación do centro e do seu Director Xerente: ESTRUCTURA DE XESTIÓN INTEGRADA DE PONTEVEDRA

4.c Almacenamento intermedio.

Neste apartado faise unha descrición das instalacións da EOXI desde o punto de vista das

súas estruturas e funcionamento relacionado cos residuos. Descríbense, no caso dos hospitais, os

almacéns intermedios: características dos locais, condicións de almacenamento e tempo máximo de

permanencia dos residuos.

Os almacéns intermedios son os denominados “cuartos de sucio” nas plantas de

hospitalización, tamén nos centros de Saúde e PACs.

En función das características e limitacións de cada un dos centros, o almacenamento

intermedio organízase da maneira que se describe a continuación:

4.c.1 – Hospital Montecelo

As condicións de almacenamento intermedio para o Hospital Montecelo, e dentro deste, para

os distintos edificios que compoñen o hospital Montecelo son:

4.c.1.1- Edificio orixinal

Os almacéns intermedios son os denominados “cuartos de sucio”. Nestes “cuartos de sucio”,

os sacos con residuos (clase II) se depositan sobre o chan, á espera de que se proceda a seu traslado

ata o almacén final. O reducido tamaño destes “cuartos”, imposibilitan outro sistema de acumulación

no almacén intermedio, como podería ser contedores de 800 litros.

Da segunda á sétima planta, os cuartos de almacenamento intermedio sitúanse, nas unidades

“B”, a carón do ascensor de hostalería, e nas unidades “A” nun cuarto próximo á entrada da unidade.

4.c.1.2.- Edificio novo do Hospital Montecelo

Neste edificio están situados os laboratorios, os quirófanos, e a maioría das consultas

externas. Tamén se topa neste edificio, (no Piso –2), o almacén final de residuos, común aos 3

edificios

Nalgúns sitios onde non existe cuarto de sucio, o seu papel é suplido por contedores de 800

litros dotados de rodas e tapa, emprazados dentro das instalacións ou próximas a elas

No piso 2, se sitúan os quirófanos. O almacenamento intermedio é un contedor de 800 litros

situado á entrada dos mesmos.

Os residuos orixinados na cafetería tamén son acumulados en contedores de 800 litros

situados no interior desas instalacións.

23

Page 23: PLAN DE XESTIÓN INTRACENTRO ESTRUCTURA DE XESTIÓN … · 2017. 9. 5. · 1.- Identificación do centro e do seu Director Xerente: ESTRUCTURA DE XESTIÓN INTEGRADA DE PONTEVEDRA

Os laboratorios tamén se encontran neste mesmo andar. O almacén intermedio dos

laboratorios é un contedor de 800 litros.

4.c.1.3 Edificio de mantemento

Este edificio, no que se concentran as instalacións de mantemento do Hospital, consta de

3 niveis: 1º andar, baixo e soto de comunicación co soto do edificio orixinal e o almacén de residuos.

Nos puntos de produción, os residuos de Clase I xerados neste edificio, son introducidos nos

envases primarios (bolsas/sacos). O persoal de limpeza, na área administrativa, e o persoal de oficio

nos talleres e instalacións de mantemento, introducen as bolsas de Clase I en sacos (de maior

tamaño) da mesma cor, é logo encargase de trasladalos manualmente, a través dun ascensor de

servizo, ata un contedor de 800 litros, con rodas e tapa, situado ao comezo do corredor que une o soto

do “Edificio de Mantemento” co “Edificio orixinal”, e que fai o papel de almacén intermedio.

Os residuos de Clase V xerados nos talleres e na zona administrativa, son trasladados

directamente ao almacén final, polo que non se utiliza o almacén intermedio descrito o parágrafo

anterior.

4.c.2- Hospital Provincial

4.c.2.1.- O “Pavillón Central”:

Consta de 5 alturas (4 pisos e baixo) conectadas a través dun sistema de 2 ascensores de

servizo.

4ºpiso. No cuarto piso atópase a Unidade de Medicina Interna, M-II. O almacenamento

intermedio dos residuos de clase II é un contedor de 800 litros que se atopa na galería, cunha

mampara de madeira que o esconde visualmente, que ademais de servir de almacenamento

intermedio para M-II serve de almacén intermedio para a unidade penitenciaria.

3º piso, se atopa a unidade de Medicina Interna I. O almacenamento intermedio dos residuos

de clase II é un contedor con mampara de madeira que se atopa na galería.

2º piso, Neuroloxía: os residuos de clase II deste piso se trasladan a un contedor que se atopa

a carón da entrada do bloque cirúrxico, con mampara de madeira, e que fai de almacenamento

intermedio.

1º Piso, Xinecoloxía. O almacenamento intermedio é un contedor na sala de espera. A

evacuación será polo ascensor que comunica o pavillón central coa torreta.

Nos baixos do pavillón central está a cociña. Os residuos de clase I xerados na cociña, son

24

Page 24: PLAN DE XESTIÓN INTRACENTRO ESTRUCTURA DE XESTIÓN … · 2017. 9. 5. · 1.- Identificación do centro e do seu Director Xerente: ESTRUCTURA DE XESTIÓN INTEGRADA DE PONTEVEDRA

acumulados nun contedor de 800 litros, de cor amarelo, para diferencialo do resto, emprazado no

interior da propia cociña, que cando se enche é trasladado ata a compactadora e acoplado ó sistema

de envorcado automático para o seu baleirado.

4.c.2.2.- “A “Torreta” do Pavillón Central:

Trátase dunha construción engadida distalmente ao Pavillón Central. Cada piso está

comunicado co correspondente do pavillón central, conta cun ascensor para comunicar verticalmente

as súas 5 alturas, e unha porta exterior, situada no baixo, que comunica co “patio dereito” do hospital.

Cuarto piso: No cuarto piso sitúase a unidade Penitenciaría. Esta é a única zona de

hospitalización que inclúe a Torreta, polo que o seu ritmo de produción de residuos é sensiblemente

menor que no “Pavillón Central”. Comparte zona de almacenamento intermedio coa unidades de

hospitalización, M.II

Terceiro piso: Tratamentos de oncoloxía.

Segundo piso: Diálise

Primeiro piso: CMA, e Despertar

O almacenamento intermedio do 1º, 2º e 4º piso é o contedor con mampara de madeira que se

atopa no corredor do pavillón central.

Piso baixo: Banco de sangue. O Banco de sangue comparte almacén intermedio coa unidade

de partos.

Os residuos perigosos destas unidades e os residuos de toner, son trasladados directamente

polo persoal de limpeza, por estes mesmos ascensores, ata o almacén final de residuos, no patio de

mantemento.

4.c.2.3.- O “Pavillón Dereito”:

Consta de 4 alturas (3 pisos e baixo) conectadas ao través dun ascensor situado no extremo

dereito da “Galería”.

No terceiro piso está a unidade de oncoloxía-II. O punto de almacenamento intermedio se

atopa no cuarto de limpeza. Dado o tamaño do cuarto, as bolsas amoréase no chan.

Segundo piso: Medicina Interna III. O almacenamento intermedio é un contedor que se atopa

na entrada do piso, recuberto cunha mampara de madeira.

No Primeiro piso se atopa a Unidade de pediatría e neonatos. Neste piso se colocará un

contedor de 800 litros, con mampara de madeira, que fará as funcións de almacén intermedio, a carón

25

Page 25: PLAN DE XESTIÓN INTRACENTRO ESTRUCTURA DE XESTIÓN … · 2017. 9. 5. · 1.- Identificación do centro e do seu Director Xerente: ESTRUCTURA DE XESTIÓN INTEGRADA DE PONTEVEDRA

do ascensor.

No baixo, atópanse os servizo de radioloxía e rehabilitación.

No servizo de radioloxía, as bolsas son levada á man ata o contedor de 240 litros recuberto

cunha mampara de madeira, situado á dereita da galería.

Os residuos perigosos destas unidades, e os residuos de toner, son trasladados directamente

polo persoal de limpeza, por estes mesmos ascensores, ata o almacén final de residuos, no patio de

mantemento

4.c.2.4.- A “Zona de Obstetricia e Xinecoloxía”:

Esta zona está pegada a parte distal do pavillón dereito. Conta con 3 alturas (2 pisos e baixo) e

cun ascensor que as comunica.

Primeiro e segundo piso : Unidade de xinecoloxía. Os residuos producidos no 2º e 1º piso, son

conducidos ata o punto intermedio, que é un contedor de 800 litros na sala de espera de xinecoloxía.

No baixo sitúase Partos. Esta unidade conta con unha porta que comunica co patio dereito. A

carón desta porta sitúase un contedor de 800 litros que sirve como almacén intermedio para os

residuos de clase I e II producidos no área.

Os residuos perigosos destas unidades, e os residuos de toner, son trasladados directamente

polo persoal de limpeza, ata o almacén final de residuos, no patio de mantemento.

4.c.2.5.- O “Edificio de Laboratorios”:

Nos distintas pisos deste edificio se emprazan os laboratorios de microbioloxía, bioquímica e

de 24 horas. Conta cun ascensor que comunica as súas 5 alturas (3 pisos, baixo e soto).

Os laboratorios non ten almacéns intermedios.

4.c.2.6.- O “Pavillón Esquerdo” .

Ten unha estrutura arquitectónica parcialmente similar á do pavillón dereito, e como este,

consta de 4 alturas (3 pisos e baixo), conectadas ao través dun ascensor situado no extremo

esquerdo da galería.

Neste edificio sitúanse:

Terceiro piso: Oncoloxía, hospitalización e Hospital de día. O almacenamento intermedio

sitúase no cuarto de limpeza, no que se sitúa un contedor de 240 litros.

Segundo piso: Pediatría - escolares. O punto de almacenamento intermedio se sitúa nun

contedor de 800 litros que se sitúa na galería, cunha mampara de madeira.

26

Page 26: PLAN DE XESTIÓN INTRACENTRO ESTRUCTURA DE XESTIÓN … · 2017. 9. 5. · 1.- Identificación do centro e do seu Director Xerente: ESTRUCTURA DE XESTIÓN INTEGRADA DE PONTEVEDRA

Primeiro piso: No primeiro piso se sitúan os quirófanos. O almacén intermedio é o cuarto de

sucio.

Piso Baixo: Neste piso atópase o Servizo de Urxencias. Neste servizo, as bolsas son levadas á

man ata un contedor de 240 litros, revestido con carcasa de madeira, situado á esquerda da galería.

4.c.2.7.- O “Edificio de Consultas”

Consta de 5 alturas (4 pisos e baixo) conectadas por 2 ascensores. Ademais de consultas,

neste edificio sitúanse as instalacións de psiquiatría.

Non ten almacenamento intermedio

4.c.2.8.- O “Edificio Administrativo”

Consta de 4 alturas (3 pisos e baixo) conectadas por un ascensor. Está situado entre o

“Edificio de Consultas” e o “Pavillón Esquerdo”.

Non ten almacenamento intermedio

4.c.2.9.- As “Instalacións Anexas ao Edificio Administrativo-.

Son instalacións construídas para conectar o “Pavillón Esquerdo” o “Edificio Administrativo” e o

“Edificio de Consultas”. Consta de 2 alturas (1 piso e baixo).

Non ten almacenamento intermedio.

4.c.3 Hospital do Salnés

Existe un almacén intermedio de residuos en cada un dos 5 andares do hospital, así como

noutros sitios estratéxicos, como a carón dos laboratorios, consultas externas, mantemento, e

urxencias.

Os almacéns intermedios dos niveles de hospitalización, son tamén chamados “cuartos de

sucio”. Nestes “cuartos de sucio”, existen contedores para las bolsas ou sacos de Clase II, que eviten

que estes envases de residuos permanezan directamente situados sobre o chan. Es altamente

recomendable, por motivos estéticos e de seguridade dos traballadores que manipulan os residuos,

que estes contedores una vez cheos poidan ser transportados, sen posteriores manipulacións do seu

contido, hasta el almacén final de residuos y que, idoneamente, poidan ser encaixados o sistema de

elevación e introdución en las contedores de RSU situados no exterior.

27

Page 27: PLAN DE XESTIÓN INTRACENTRO ESTRUCTURA DE XESTIÓN … · 2017. 9. 5. · 1.- Identificación do centro e do seu Director Xerente: ESTRUCTURA DE XESTIÓN INTEGRADA DE PONTEVEDRA

Estes almacéns intermedios tamén son utilizados para depositar os residuos perigosos antes

de ser levados ó almacén final de residuos.

4.c.4 Centros de Saúde e PACs

Nos centros de Saúde e PACs, os contenedores negros, de residuos biosanitarios se atopan

nos cuartos sucios.

Os residuos de agullas, que sí se atopan nas consultas médicas ou de enfermaría, unha vez

cheos, son trasladados polo propio persoal de enfermería, ou PSX, ós cartos de sucio, e introducidos

nos contedores negros de 30 litros, de onde serán recollidos polo xestor de residuos.

Os contedores de residuos citostáticos, en aqueles centros onde se producen, se atopan nas

consultas médictas ou de enfermaría. Cando os contedores están cheos, son enviados ós cuartos de

sucio polo mesmo persoal a estes cuartos de sucio, e recollidos posteriormente pola empresa xestora

de residuos.

4.d Transporte interior.

4.d.1.- Hospital Montecelo

-Transporte dende os puntos de produción ata o Almacén intermedio

Edificio orixinal do Hospital Montecelo

Nos puntos de produción, os residuos son introducidos nos envases primarios (bolsas/sacos,

contedores, garrafas, ...) polo persoal que utiliza os produtos que logo se converten en residuos. O

persoal de limpeza, tras introducir as bolsas en sacos (de maior tamaño) da mesma cor, é quen se

encarga de trasladar estes envases primarios ata os almacéns intermedios, (“cuartos de sucio”)

existentes en cada piso do edificio.

Nas unidades de hospitalización A, o persoal de limpeza traslada os residuos das distintas

habitacións da unidade ao cuarto de almacenamento intermedio desta unidade e despois ó cuarto de

almacenamento intermedio das unidades “B”.

Nas unidades de hospitalización “B” , o persoal de limpeza traslada os residuos de cada unha

das habitacións ata o almacenamento intermedio.

Na primeira planta encóntrase a UCE (unidade de corta estancia). Esta unidades non ten

cuarto de sucio propio e os residuos lévanse ao cuarto de sucio da planta, a carón dos ascensores de

28

Page 28: PLAN DE XESTIÓN INTRACENTRO ESTRUCTURA DE XESTIÓN … · 2017. 9. 5. · 1.- Identificación do centro e do seu Director Xerente: ESTRUCTURA DE XESTIÓN INTEGRADA DE PONTEVEDRA

hostalería. O circuíto de evacuación será a través do ascensor do final do corredor, por onde baixan os

demais residuos dos pisos.

No caso da cociña, o transporte primario de residuos é realizado polos pinches de cociña.

Edificio novo,

O persoal de limpeza asignado a cada piso do edificio recolle os residuos de Clase I ou II

xerados nel, e o trasládaos ao contedor de 800 litros emprazados na proximidade das escaleiras

interiores e os ascensores.

No piso -1, atópase a cafetería. Neste caso, o transporte primario de residuos é realizado por

persoal da empresa da contrata da cafetería.

Na piso -2 se atopa o servizo de farmacia. Os residuos de farmacia da clase II son levados

polo persoal do servizo de limpeza directamente fora do recinto ata a compactadora.

Os horarios de recollida, persoal encargado de recollelo é común o referido para o edificio

orixinal.

- Transporte dende os almacéns intermedios ata ó almacén final

O almacén final se atopa na piso -2.

O circuíto de evacuación de residuos existente no Hospital Montecelo contempla, como

premisa básica, procurar non desenvolver a actividade de traslado de residuos usando áreas comúns

a pacientes e persoal do centro.

O circuíto principal de evacuación dos residuos realizase por un ascensor situado ó final das

unidades “B”, de uso preferente para o servizo de limpeza. Realizando un recorrido en sentido

descendente, desde os pisos superiores aos inferiores, os sacos cos residuos de clase II son

introducidos nun carro metálico con rodas, e este carro, neste ascensor “de sucio”.

Nos sitios onde non existe cuarto de sucio, varias veces ó día, o persoal de limpeza,

responsable do traslado do lixo ata o almacén final, recolle eses contedores e os traslada, usando este

ascensor, ata o soto do edificio e desde alí ó depósito final.

No andar 0 piso 0 atópase o servizo de radiodiagnóstico. O circuíto de evacuación dos

residuos realízase polo ascensor de consultas.

Neste andar tamén atópase o servizo de urxencias. O cuarto de almacenamento intermedio é

o cuarto de sucio que se atopa á entrada de esa unidade. O circuíto de evacuación dos residuos é a

través dos mesmos ascensores, nos que baixan os residuos do resto de andares.

Tamén son utilizados para realizar el transporte de residuos outros ascensores, situados a

carón do mortuorio.

Ao chegar ao nivel do soto, o carro é sacado do ascensor e os sacos son trasladados dende o

29

Page 29: PLAN DE XESTIÓN INTRACENTRO ESTRUCTURA DE XESTIÓN … · 2017. 9. 5. · 1.- Identificación do centro e do seu Director Xerente: ESTRUCTURA DE XESTIÓN INTEGRADA DE PONTEVEDRA

carro metálico a contedores plásticos de 800 litros provistos de rodas e tapa situados ao pé do

ascensor, e que logo son empuxados ata a compactadora de Residuos Sólidos Urbanos situada xa no

exterior do hospital, a carón do almacén final.

Os contedores e garrafas cos residuos de clase III, IV,e V son trasladados desde os almacéns

intermedios ata o soto, seguindo o mesmo circuíto que para os residuos de clase I e II. No soto son

introducidos en carros metálicos con rodas e traslados ata o almacén final. O mesmo circuíto seguen

os contedores específicos de vidro e papel.

O horario de retirada dos residuos de clase I e II dos almacéns intermedios, axústase ó do

ritmo de funcionamento do hospital, e o inicio desa retirada se realiza como mínimo ás 7:00, 13:30,

19:30, 21:30 horas, e repítese tantas veces como sexa necesario. Como o ritmo de produción dos

residuos de Clase III e IV e de contedores de papel, cartón e vidro é moito menor, a súa retirada dos

almacéns intermedios prodúcese coincidindo coa recollida dos residuos de Clase I e II,

inmediatamente posterior a súa chegada ao almacén intermedio.

O persoal específico dedicado ao transporte interior dos residuos son dous operarios do

servizo de limpeza, un en quenda de mañá e outro de tarde. Eles son quen realiza o traslado dos

residuos desde os almacéns intermedios ata o seu almacenamento final.

Edificio novo.-

O persoal responsable do traslado dos residuos os traslada dúas veces ao día, ata o almacén

final, recolle eses contedores e os traslada, usando o ascensor, ata o soto do edificio e desde alí ao

depósito final

O circuíto de evacuación dos laboratorios e dos quirófanos é polos ascensores que se atopan

a dereita dos ascensores principais, os denominados “ascensores de consultas”.

Os residuos de Clase III y IV seguen o mesmo circuíto dos residuos de clase I e II, ata o

almacén final.

Edificio de mantemento

Este edificio, no que se concentran as instalacións de mantemento do Hospital, consta de 3

niveis: 1º andar, baixo e soto de comunicación co soto do edificio orixinal e o almacén de residuos.

Nos puntos de produción, os residuos de Clase I xerados neste edificio, son introducidos nos

envases primarios (bolsas/sacos). O persoal de limpeza, na área administrativa, e o persoal de oficio

nos talleres e instalacións de mantemento, introducen as bolsas de Clase I en sacos (de maior

tamaño) da mesma cor, é logo encargase de trasladalos manualmente, a través dun ascensor de

30

Page 30: PLAN DE XESTIÓN INTRACENTRO ESTRUCTURA DE XESTIÓN … · 2017. 9. 5. · 1.- Identificación do centro e do seu Director Xerente: ESTRUCTURA DE XESTIÓN INTEGRADA DE PONTEVEDRA

servizo, ata un contedor de 800 litros, con rodas e tapa, situado ao comezo do corredor que une o soto

do “Edificio de Mantemento” co “Edificio orixinal”, e que fai o papel de almacén intermedio.

Unha vez ó día, en quenda de tarde, o persoal específico encargado do transporte de

residuos dos almacéns intermedios ao almacén final, traslada este contedor polo corredor que une o

Edificio de Mantemento co Edificio principal e desde alí é trasladado ao almacén final emprazado no

soto.

Os residuos de Clase V xerados nos talleres e na zona administrativa son trasladados

directamente ó almacén final, empregando o mesmo circuíto que o empregado para os residuos de

clase I

4.d.2.- Hospital Provincial

En todas as zonas do Hospital o transporte dos envases dos residuos (bolsas/sacos,

contedores, garrafas, ...) ata os puntos de acumulación intermedios así como ó almacenamento final,

é realizado polo persoal da empresa de limpeza. formado por dous persoas, unha quenda de mañá e

unha en quenda de tarde.

Os residuos de clase III, IV, e V son retirados por este mesmo persoal a demanda do persoal

sanitario da área de produción.

4.d.2.1.- O “Pavillón Central”:

Consta de 5 alturas (4 pisos e baixo) conectadas a través dun sistema de 2 ascensores de

servizo.

O circuíto de evacuación dos residuos dos pisos 4ª, 3ª e 2ª, será por los ascensores ata a

parte esquerda da galería por onde irán o patio.

O circuíto de evacuación dos residuos do piso 1º piso, xinecoloxía, será polo ascensor que

comunica o pavillón central coa torreta.

Os residuos perigosos destas unidades son trasladados directamente polo persoal de limpeza,

por estes mesmos ascensores, seguindo o mesmo circuíto, ata o almacén final de residuos, no patio

de mantemento.

Nos baixos do pavillón central está a cociña. Os residuos de clase I xerados na cociña, son

acumulados nun contedor de 800 litros, que cando se enche é trasladado ata a compactadora e

acoplado ó sistema de envorcado automático para o seu baleirado.

O traslado dos residuos de clase V da cocina (plásticos baleiros contaminados), e os residuos

de toner, dende a cociña ata o almacén final de residuos realízase polo persoal de limpeza ata o

almacén final de residuos, situado no denominado “patio de mantemento”.

31

Page 31: PLAN DE XESTIÓN INTRACENTRO ESTRUCTURA DE XESTIÓN … · 2017. 9. 5. · 1.- Identificación do centro e do seu Director Xerente: ESTRUCTURA DE XESTIÓN INTEGRADA DE PONTEVEDRA

4.d.2.2.- “A “Torreta” do Pavillón Central:

Trátase dunha construción engadida distalmente ao Pavillón Central. Cada piso está

comunicado co correspondente do pavillón central, conta cun ascensor para comunicar verticalmente

as súas 5 alturas, e unha porta exterior, situada no baixo, que comunica co “patio dereito” do hospital.

Terceiro piso: Tratamentos de oncoloxía. Neste piso a saída ao exterior será polo ascensor que

comunica a torreta co pavillón central, ata o contedor situado no exterior de partos

O almacenamento intermedio do 1º, 2º e 4º piso é o contedor con mampara de madeira que se

atopa no corredor do pavillón central, polo que o circuíto de evacuación será o do “pavillón central”.

Piso baixo: Os residuos do banco de sangue van directamente ó contedor que se atopa no

exterior da unidade de partos, e de alí á compactadora.

Os residuos perigosos destas unidades e os residuos de toner, son trasladados directamente

polo persoal de limpeza, por estes mesmos ascensores, seguindo o mesmo circuíto, ata o almacén

final de residuos, no patio de mantemento.

4.d.2.3.- O “Pavillón Dereito”:

Consta de 4 alturas (3 pisos e baixo) conectadas ao través dun ascensor situado no extremo

dereito da “Galería”.

Para todas estas áreas el circuíto de evacuación será polo ascensor que se atopa á dereita da

galería central. Desde a saída do ascensor os residuos condúcense polo baixo da galería ata a porta

que comunica o patio esquerdo, no que se atopa a compactadora.

Tamén se atopa nesta piso a cafetería. Os residuos se evacúan á compactadora polo corredor

central ata o ascensor esquerdo.

No baixo, atópanse os servizo de radioloxía e rehabilitación.

No servizo de radioloxía, as bolsas son levada á man ata o contedor de 240 litros recuberto

cunha mampara de madeira, situado á dereita da galería. Tres veces ó día é levado á compactadora a

través da porta do patio esquerdo.

Os residuos perigosos destas unidades, e os residuos de toner, son trasladados directamente

polo persoal de limpeza, por estes mesmos ascensores, seguindo o mesmo circuíto, ata o almacén

final de residuos, no patio de mantemento

4.d.2.4.- A “Zona de Obstetricia e Xinecoloxía”:

Esta zona está pegada a parte distal do pavillón dereito. Conta con 3 alturas (2 pisos e baixo) e

cun ascensor que as comunica.

32

Page 32: PLAN DE XESTIÓN INTRACENTRO ESTRUCTURA DE XESTIÓN … · 2017. 9. 5. · 1.- Identificación do centro e do seu Director Xerente: ESTRUCTURA DE XESTIÓN INTEGRADA DE PONTEVEDRA

Primeiro e segundo piso : Unidade de xinecoloxía. Os residuos producidos no 2º e 1º piso, son

levados á compactadora a través do ascensor que comunica co pavillón dereito.

No baixo sitúase Partos. Esta unidade conta con unha porta que comunica co patio dereito. A

carón desta porta sitúase un contedor de 800 litros que sirve como almacén intermedio para os

residuos de clase I e II producidos no área.

Os residuos perigosos destas unidades, e os residuos de toner, son trasladados directamente

polo persoal de limpeza, por estes mesmos ascensores, seguindo o mesmo circuíto, ata o almacén

final de residuos, no patio de mantemento.

4.d.2.5.- O “Edificio de Laboratorios”:

Nos distintas pisos deste edificio se emprazan os laboratorios de microbioloxía, bioquímica e

de 24 horas. Conta cun ascensor que comunica as súas 5 alturas (3 pisos, baixo e soto).

A eliminación dos seus residuos realízase pola tarde. Súbese un contedor de 800 litros, que

pola mañá está emprazado no patio esquerdo. Este contedor cumpre a función de almacén intermedio

no que se depositan os residuos de clase I e II. Logo estes contedores son baixados polo ascensor

ata o Baixo.

Este contedor é trasladado directamente á compactadora, atravesando o patio esquerdo.

O traslado dos residuos de clase III e V producidos nos laboratorios, así como o toner,

realízanse nun carro metálico con rodas que desde o 3º piso vai descendendo ata o baixo e

recollendo os contedores de RBE producidos nos laboratorios.

Piso baixo.- Vestiarios: os residuos dos vestiarios son conducidos a man directamente ata a

compactadora a través do patio central.

4.d.2.6.- O “Pavillón Esquerdo” .

Ten unha estrutura arquitectónica parcialmente similar á do pavillón dereito, e como este,

consta de 4 alturas (3 pisos e baixo), conectadas ao través dun ascensor situado no extremo

esquerdo da galería.

O sistema de transporte de residuos de clase I e II e similar ó descrito para o pavillón directo,

coa diferenza de que o seu circuíto de eliminación de residuos non atravesa a galería do baixo, pois a

porta do patio externo está próxima á porta do ascensor empregado para baixar os residuos. Os

residuos perigosos, e os residuos de toner, seguen o mesmo circuíto.

Piso Baixo: Neste piso atópase o Servizo de Urxencias. Neste servizo, as bolsas son levadas á

man ata un contedor de 240 litros, revestido con carcasa de madeira, situado á esquerda da galería.

33

Page 33: PLAN DE XESTIÓN INTRACENTRO ESTRUCTURA DE XESTIÓN … · 2017. 9. 5. · 1.- Identificación do centro e do seu Director Xerente: ESTRUCTURA DE XESTIÓN INTEGRADA DE PONTEVEDRA

Tres veces ó día é envorcado na compactadora a través da porta do patio esquerdo.

4.d.2.7.- O “Edificio de Consultas”

Consta de 5 alturas (4 pisos e baixo) conectadas por 2 ascensores. Ademais de consultas,

neste edificio sitúanse as instalacións de psiquiatría.

Dado que nesta zona de produción non hai instalacións de hospitalización, a recollida de

residuos se realiza só en quenda de tarde, agás na área de psiquiatría na que tamén se realiza unha

recollida matutina.

O seu circuíto de eliminación de residuos é similar ao descrito para a torreta e o edificio de

laboratorios, introducindo un contedor de 800 litros pola tarde que cumpre o papel de almacén

intermedio e que vai descendendo no ascensor piso a piso mentres se vai enchendo cos residuos de

clase I e II recollidos nos puntos de produción. Baixados os contedores ata o “patio de mantemento”,

son logo trasladados ata a compactadora de RSU situada no “patio esquerdo”. Para o transporte, ata

o seu lugar de acumulación situado no outro extremo do “patio de mantemento”, dos residuos

perigosos, e os residuos de toner, que se producen nesta zona, emprégase un carro metálico similar

ao xa descrito anteriormente.

4.d.2.8.- O “Edificio Administrativo”

Consta de 4 alturas (3 pisos e baixo) conectadas por un ascensor. Está situado entre o

“Edificio de Consultas” e o “Pavillón Esquerdo”.

O sistema de transporte e o circuíto de eliminación dos residuos que existe nesta zona é

similar ao xa descrito para o edificio de consultas, coa excepción de que aquí non se producen

residuos perigosos.

Emprazado na zona de “rexistro” existe un contedor para cartuchos de tóner.

A limpeza e a retirada de residuos realízase pola tarde.

A primeira hora da tarde colócase un contedor de 800 litros á entrada da lavandería. Os

residuos do edificio administrativo retíranse a man e lévanse ata este contedor, despois este contedor

se leva directamente á compactadora a través do patio central.

4.d.2.9.- As “Instalacións Anexas ao Edificio Administrativo-.

Son instalacións construídas para conectar o “Pavillón Esquerdo” o “Edificio Administrativo” e o

“Edificio de Consultas”. Consta de 2 alturas (1 piso e baixo).

Talleres de mantemento. Os residuos dos talleres de mantemento van directamente á

compactadora do patio esquerdo. Tamén existe diante deles un contedor de obra no que desbotan os

34

Page 34: PLAN DE XESTIÓN INTRACENTRO ESTRUCTURA DE XESTIÓN … · 2017. 9. 5. · 1.- Identificación do centro e do seu Director Xerente: ESTRUCTURA DE XESTIÓN INTEGRADA DE PONTEVEDRA

refugallos que provén dos talleres.

Sala de autopsias. A limpeza e a retirada dos residuos realízase pola mañá. Son retirados a

man e van directamente á compactadora.

Lavandería. Os residuos son retirados manualmente ata o contedor que está situado no patio

e que irá directamente á compactadora. Este contedor tamén sirve de almacén intermedio dos

residuos producidos na área de hostalería.

Roupeiro. Os residuos xerados no roupeiro son levados a man, baixados polas escaleiras do

edificio de laboratorios, e levados directamente á compactadora.

Os residuos perigosos destas zonas son trasladados directamente polo persoal de limpeza ata

o almacén final de residuos, situado no extremo final deste patio de mantemento, ó que comunican

estas dependencias.

4.d.3.- Hospital do Salnés

-Transporte desde os puntos de produción ata o almacén intermedio

Nos puntos de produción, tanto nas unidades de hospitalización como no resto do hospital, os

residuos son introducidos nos envases primarios (bolsas/sacos, contedores, garrafas, ...) polo persoal

que utiliza os produtos que logo se converten en residuos. O persoal de limpeza, tras introducir as

bolsas en sacos (de maior tamaño) da mesma cor, é quen se encarga de trasladar estes envases

primarios ata os almacéns intermedios, (“cuartos de sucio”) existentes en cada nivel do edificio. Ou ó

almacén final, segundo a caso, sendo o transporte destes mediante carros metálicos con rodas, con

de rellas metálicas.

Desde estes almacéns intermedios o almacén final, situado no nivel -2, será o persoal de

limpeza quen se encargue de realizar o traslado. O circuíto será o indicado no anexo V.

4.e.- Almacenamento Final (residuos perigosos)

4.e.1.- Hospital Montecelo

A zona dedicada a almacenamento final de residuos, é común os tres edificios.

Está situada no piso –2 do “edificio novo”, que comunica co soto do “edificio orixinal”, e este co

soto de “edificio de Mantemento”.

A zona de almacenamento final está afastada das zonas con actividade sanitaria.

O almacén final de residuos perigosos está separada do resto do hospital por portas metálicas

35

Page 35: PLAN DE XESTIÓN INTRACENTRO ESTRUCTURA DE XESTIÓN … · 2017. 9. 5. · 1.- Identificación do centro e do seu Director Xerente: ESTRUCTURA DE XESTIÓN INTEGRADA DE PONTEVEDRA

de seguridade contra lumes. Trátase dunha zona ben ventilada, con chan impermeabilizado e con

paredes revestidas ata o teito.

Está sinalizado, permanece sempre cerrado, e dispón dunha cubeta de retención de líquidos

para recoller posibles derrames.

As instalacións dispoñen dun sistema de detección de lumes, así como de extintores de po

seco. Así mesmo dispón de dúas bocas de auga próximas, para a extinción de incendios que puideran

producirse nos almacéns.

Os residuos das clases III e IV son retirados por xestor autorizado todos os luns, mércores e

venres da semana.

Os residuos de clase V, son retirados, como mínimo, cada 15 días ou a demanda.

4.e.2.- Hospital Provincial

O almacén final de residuos perigosos está situado ó fondo do “patio de mantemento”, é de

aproximadamente 15m2, está correctamente sinalizado, permanece pechado, e está dotado de auga

e sumidoiro, extintor de incendios de po seco, e dispón dunha cubeta de retención de líquidos para

recoller posibles derrames.

Todos os contedores e garrafas de clase III, IV e V, correctamente etiquetados e fechados, son

depositados neste almacén, A recollida destes residuos se realiza por xestor autorizado.

Os residuos das clases III e IV son retirados por xestor autorizado todos os luns, mércores e

venres da semana.

Os residuos de clase V, son retirados, como mínimo, cada 15 días, ou a demanda. Os

plásticos contaminados son retirados todos os luns da semana.

4.e.3.- Hospital do Salnés

O almacén final de residuos perigosos atópase no Nivel –1, cunha superficie: 37 m2, está

correctamente sinalizado, permanece pechado, e está dotado de auga e sumidoiro, revestido de

azulexo, con extintor de incendios de po seco, e dispón dunha cubeta de retención de líquidos para

recoller posibles derrames, e está dotado de sistema de extracción.

Dentro de este almacén se atopa unha cámara refrixerada, que mantén a temperatura a 6º C

en el interior.

Todos os contedores e garrafas de clase III, IV e V, correctamente etiquetados e fechados, son

depositados neste almacén.

A recollida destes residuos se realiza por xestor autorizado, cando a cámara refrixerada está

chea, e nunca mais tarde dun mes.

36

Page 36: PLAN DE XESTIÓN INTRACENTRO ESTRUCTURA DE XESTIÓN … · 2017. 9. 5. · 1.- Identificación do centro e do seu Director Xerente: ESTRUCTURA DE XESTIÓN INTEGRADA DE PONTEVEDRA

4.f.- Compactación- almacenamento final de residuos de Clase I e II

4.f.1.- Hospital Montecelo

O almacenamento final dos Residuos de Clase I non reciclados e de Clase II, tamén é común

os tres edificios do hospital Montecelo, se realiza directamente na compactadora de RSU, situada no

exterior do hospital a carón das instalacións propiamente ditas do almacén final.

A compactadora conta cun sistema elevador e de envorcado hidráulico e automático dos

contedores, que os baleira no seu interior.

A compactadora cos residuos das clases I e II é retirada, por xestor autorizado, e substituída

por outra, dúas veces á semana, de xeito rutineiro.

O almacenamento de residuos de papel e cartón, de papel confidencial xa triturado, e de

plásticos non contaminados, realizase noutra compactadora de papel, situada a carón da anterior.

Esta compactadora e substituída por outra baleira, como mínimo, cada 15 días, e sempre en

menos de 48 horas de facérselle a solicitude

Nun habitáculo de 9*7m2 atopasen os contedores de 1.000 litros onde se envorcarán os

contedores co vidro que baixa das plantas de hospitalización onde permanecen ata a seu traslado ás

instalacións de reciclado.

Neste mesmo emprazamento atópanse os residuos voluminosos en espera da súa recollida

por xestor autorizado.

4.f.2.- Hospital Provincial

O almacenamento final dos Residuos de Clase I non reciclados e de Clase II se realiza

directamente na compactadora de RSU situada no “patio esquerdo” do hospital.

A compactadora conta cun sistema automático de envorcado ao que se poden acoplar os

contedores plásticos estándar de 800 litros, o que permite baleirar na compactadora os residuos que

conteñen estes contedores evitando a súa a manipulación manual.

A compactadora cos residuos das clases I e II é retirada, por xestor autorizado, e

substituída por outra, unha vez á semana, de xeito rutineiro, ou máis, á demanda, se é necesario.

O almacenamento de residuos de papel e cartón, realizase noutra compactadora de papel,

situada no mesmo patio da anterior. Esta compactadora é reemplazada por outra baleira en menos de

48 horas da solicitude.

4.f.3.- Hospital do Salnés

37

Page 37: PLAN DE XESTIÓN INTRACENTRO ESTRUCTURA DE XESTIÓN … · 2017. 9. 5. · 1.- Identificación do centro e do seu Director Xerente: ESTRUCTURA DE XESTIÓN INTEGRADA DE PONTEVEDRA

O almacén final de Clase I e II, sitúase no exterior, ocupando tres prazas de aparcamento

reservadas para este cometido.

Os residuos de Clase I e II son recollidos mediante un sistema de descarga del contedor

dentro del camión, y compactación dentro de este, pola empresa concesionaria do Concello de

Vilagarcía de Arousa, a diario.

4.g.- Previsión de medidas de minimización da produción de

residuos

Trátase de desenrolar prácticas relacionadas e encamiñadas á minimización e a correcta

segregación na xestión dos residuos, tanto dos que son propiamente sanitarios como dos residuos

domésticos.

As medidas que se prevé adoptar para a minimización de residuos, basicamente son de boas

prácticas e campañas de sensibilización e concienciación os traballadores, no marco da ISO 14001,

xa que a EXIPS, ten implantado e certificado el sistema de Xestión Ambiental de acordo á norma

UNE-EN ISO 14001 para os hospitais Montecelo e Provincial.

Estas campañas se pretenden estender ó Hospital do Salnés e nos Centros de Saúde.

Se continuará con las auditorías periódicas por parte do servizo de Medicina Preventiva e do

servizo de Hostalería.

Outra medida encamiñada á minimización dos residuos perigosos é a redución mediante o

estudio mensual das posibles incidencias na xestión dos residuos nas diferentes áreas, a partires

do estudio da trazabilidade dos residuos.

Afectará, en particular a :

- Residuos sanitarios biocontaminados (LER 180103)

- Residuos citotóxicos (LER 180108)

- Envases plásticos contaminados por sustancias perigosas (LER 150110)

4.h.- Medidas de seguridade

NORMAS XENÉRICAS DE PREVENCIÓN PRIMARIA PARA UNHA XESTIÓN SEGURA

DOS RESIDUOS SANITARIOS.

• O OBXECTIVO DE EVITAR OS ACCIDENTES DEBE ESTAR PRESENTE EN TODAS AS

DECISIÓNS CONCRETAS RELATIVAS Á XESTIÓN DOS RESIDUOS.

38

Page 38: PLAN DE XESTIÓN INTRACENTRO ESTRUCTURA DE XESTIÓN … · 2017. 9. 5. · 1.- Identificación do centro e do seu Director Xerente: ESTRUCTURA DE XESTIÓN INTEGRADA DE PONTEVEDRA

Así, as características dos envases de cubertas e os seus soportes, así como as técnicas de

recollida, transporte e almacenamento destes residuos, deben ser elixidos de xeito que se eviten

as picadas ou cortes, a formación de aerosois, e as roturas e contactos involuntarios (sobre todo

das mans, antebrazos e pernas) do persoal sanitario e do persoal de limpeza, encargado da

recollida de residuos.

• CALQUERA MANIPULACIÓN NO PROCESO DE XESTIÓN DE RESIDUOS DEBE REALIZARSE

COA PROTECCIÓN ADECUADA

As feridas deben estar cubertas.

Non utilizar reloxos nin aneis ou outras alfaias.

Usar luvas protectoras adecuados ao tipo de residuo.

Non tocar ningún obxecto ou superficie coas luvas utilizadas para manipular residuos.

Ao finalizar a tarefa se retiraran as luvas e se lavan as mans con auga e xabón ou

desinfectante

Evitar o contacto cos residuos unha vez depositados no seu envase (bolsa ou ningún):

“en ningún caso se manipularán os residuos nin se transvasarán despois de

seren introducidos no seus envases”.

• PARA QUE O TRANSPORTE INTRACENTRO DE RESIDUOS SEXA SEGURO CÓMPRE QUE:

O persoal de transporte debe poñer especial atención e non tocar coas luvas

obxectos, equipamentos ou outros útiles innecesarios.

Os contedores e bolsas deben transportarse en carros adecuados e coa tapa pechada.

En ningún caso se arrastrarán polo chan.

O persoal de transporte non debe comer, beber, nin fumar durante as operacións de

retirada, transporte e almacenamento.

Os carros de transporte serán de uso exclusivo, e se manterán limpos.

Os traslados dos residuos se realizaran polo circuítos e ascensores establecidos para

elo.

Os locais destinados a almacenamento final se limparán diariamente e sempre que

sexa necesario.

• CADA ENVASE DE RESIDUOS DEBE SER PERFECTAMENTE IDENTIFICADO NO PUNTO DE

XERACIÓN, MEDIANTE O USO DUN SISTEMA DE CORES DIFERENCIADOS E ESPECÍFICOS para

os distintos tipos de residuos: negro para a fracción non reciclable dos residuos de clase I,

39

Page 39: PLAN DE XESTIÓN INTRACENTRO ESTRUCTURA DE XESTIÓN … · 2017. 9. 5. · 1.- Identificación do centro e do seu Director Xerente: ESTRUCTURA DE XESTIÓN INTEGRADA DE PONTEVEDRA

verde para os residuos de clase II, ... Ademais todos os envases (contedores, garrafas, ...)

que conteñan residuos de clase IV con químicos líquidos, deben ser perfectamente

identificados, no punto de xeración do residuo, mediante una etiqueta cunha lenda indicativa

do tipo de residuo, así como co pictograma de risco correspondente.

• NAS ZONAS DO CENTRO SANITARIO NAS QUE SE REALIZAN MAIORITARIAMENTE ACTIVIDADES

SANITARIAS PODEN DEBEN USARSE BOLSAS VERDES, e non usar bolsas negras. Facelo así é

debido a razón operativas. Nestas áreas (cirúrxicas, de hospitalización, ...) adoita haber

pequenas áreas nas que se realizan actividades non sanitarias (despachos ...). Utilizar tamén

bolsas negras para os residuos procedentes destas areas, suporía, na maioría das ocasións

complicar innecesariamente a xestión dos residuos desas zonas.

• OS OBXECTOS CORTANTES E PUNZANTES (AGULLAS, BISTURÍS, ...) SEMPRE SE eliminarán

nos contedores específicos que existen en todas as areas nas que se producen estes

residuos

O manexo inadecuado ou neglixente destes residuos constitúe, nas condicións habituais dos

centros sanitarios, a principal fonte de risco biolóxico para a saúde dos traballadores que

manipulan os residuos, ó ser a causa máis frecuente de accidente laboral por contacto con

materiais biolóxicos potencialmente contaminados.

No caso dun accidente laboral deste tipo o traballador afectado debe acudir inmediatamente

ó Servizo de Medicina Preventiva.

Para evitar este tipo de accidentes cómpre evitar determinadas practicas que orixinan a

grande maioría deles:

- Nunca reencapuchar as agullas, levar na batea ou no carro de curas un pequeno

contedor de contedor, de 1/2 ou 1 litro, é necesario para evitar o reencapuchado.

- Nunca encher ata arriba os contedores de xiringas e moito menos forzar (apertar) o

seu contido “para aproveitalos mellor”. Son frecuentes as picadas con agullas que

sobresaen pola boca do contedor e, aínda que teoricamente son imperforables, cando se

forza o seu contido as veces acaban perforando os laterais e orixinando picadas no

persoal. Unha vez cheos en aproximadamente 2/3 do seu contido, os contedores de

xiringas deben ser pechados hermeticamente e eliminados.

- As xiringas usadas non deben ser introducidas nos contedores de agullas, pois só

as agullas deben ir neses contedores. As xiringas, incluso cando están manchadas de

40

Page 40: PLAN DE XESTIÓN INTRACENTRO ESTRUCTURA DE XESTIÓN … · 2017. 9. 5. · 1.- Identificación do centro e do seu Director Xerente: ESTRUCTURA DE XESTIÓN INTEGRADA DE PONTEVEDRA

sangue, son conceptualmente residuos asimilables a urbanos e, unha vez separadas das

agullas mediante o dispositivo “ad hoc” que debe existir en todos os contedores de

respecta, deben ser eliminadas nas bolsas verdes. Non facelo así contribúe a encher estes

contedores innecesariamente sen ningún beneficio suplementar, nin de seguridade, nin

medioambiental.

• OS CONTEDORES DE RESIDUOS SANITARIOS BIOCONTAMINADOS CLASE III (CONTEDOR NEGRO)

- Deben usarse exclusivamente nas zonas nas que se realicen actividades sanitarias.

- En condicións normais, a decisión de usar un contedor de negro para Clase III na habitación

dun paciente concreto debe ser tomada pola supervisora.

- Os contedores non deben encherse totalmente, a partir do momento en que se enchan ata

máis alá de ¾ do seu contido, deber ser retirados.

• OS RESIDUOS XERADOS POR ACTIVIDADES ASISTENCIAIS NOS CUARTOS DOS PACIENTES (apósitos,

envases de soros, ...) NON DEBEN SER BOTADOS NAS PAPELEIRAS DESTES. Estes residuos deben

retirarse na bolsa verde do carro de curas que posteriormente se levará ata o cuarto de sucio

do andar de hospitalización.

• EN NINGUNHA CIRCUNSTANCIA SE UTILIZARÁ O ARRASTRE DIRECTO SOBRE O CHAN DOS ENVASES DE

RESIDUOS (bolsas/sacos, contedores ou garrafas) como método para o seu traslado, senón que

se trasladarán sobre carros.

• DEBEN EXISTIR CONTEDORES PARA AS BOLSAS/SACOS DE RESIDUOS DE CLASE II NOS ALMACÉNS

INTERMEDIOS DE RESIDUOS (cuartos de sucio dos andares de hospitalización, ...), que eviten que

estes envases de residuos estean directamente situadas sobre o chan. É altamente

recomendable, por motivos estéticos e de seguridade dos traballadores que manipulan os

residuos, que estes contedores unha vez cheos podan ser transportados, sen posteriores

manipulacións do seu contido, ata o almacén final de residuos e que, idoneamente, podan ser

encaixados ao sistemas de elevación e envorcado da compactadora de RSU.

• A ELIMINACIÓN DOS ENVASES CONTENDO LÍQUIDOS ORGÁNICOS DOS PACIENTES DEBE FACERSE DE

ACORDO COAS SEGUINTES INSTRUCIÓNS

1. Os recipientes con líquido orgánicos dos pacientes non deben ser eliminados nas

bolsas/sacos de RBAU. Os redóns, receptais de aspiración/drenaxe, bolsas de ouriños, etc,

deben ou ser baleirados polo sumidoiro.

2. Excepcionalmente, poden eliminarse en bolsa verde de RBAU pequenas cantidades (<100

41

Page 41: PLAN DE XESTIÓN INTRACENTRO ESTRUCTURA DE XESTIÓN … · 2017. 9. 5. · 1.- Identificación do centro e do seu Director Xerente: ESTRUCTURA DE XESTIÓN INTEGRADA DE PONTEVEDRA

ml) de líquidos orgánicos. Esa cantidade, que equivale a aproximadamente 10-15 tubos

xerados como residuos nun laboratorio, a experiencia demostra que é absorbida polos

demais residuos contidos na bolsa e non ocasiona perdas de líquido externas á bolsa.

3. O mellor sistema de eliminación dos residuos biolóxicos é botalos por un sumidoiro

conectado á rede de saneamento do centro sanitario:

- O verquido polo sumidoiro debe ser moi coidadoso, realizarse con prendas de

protección adecuada (brazos cubertos, luvas, mandís, etc, de xeito que se eviten ao

máximo as salpicaduras e a formación de aerosois) e, obxectivo, nunhas instalacións

sanitarias especialmente preparadas para ese obxectivo.

- Algúns envases de contedor poden baleirarse facilmente mediante unha manipulación

manual simple: bolsas de ouriños con desaugadoiro distal, receptais que se poden abrir

facilmente, ... Este aspecto debe ser tido en conta no intre de tomar decisións sobre a

adquisición de material sanitario por parte do centro sanitario.

- Outros envases poden baleirarse facilmente cortando unha esquina, cunhas tesoiras

ou unha folla dun bisturí (os envases de superficie branda e flexible).

- Os envases de superficie ríxida e dura non se deben intentar cortar ou perforar, e o

envase co seu contido debe ser eliminado nun contedor de residuos biosanitarios negro.

NORMAS DE PREVENCIÓN SECUNDARIA DIANTE A EXPOSICIÓN OCUPACIONAL A

RESIDUOS SANITARIOS PERIGOSOS.

• EN CASO DE CONTACTO (PICADA, CORTE OU SALPICADURA) CON SANGUE OU FLUÍDOS CORPORAIS

PRESENTES NOS RESIDUOS:

as feridas e a pel deben lavarse inmediatamente con abundante auga e xabón.

as membranas mucosas deben irrigarse con abundante auga ou soro fisiolóxico.

aplicar un antiséptico. Non usar lixivia.

Acudir INMEDIATAMENTE ó Servizo de Medicina Preventiva ou ao Servizo de

Urxencias hospitalario máis próximo.

• EN CASO DE CONTACTO CON RESIDUOS QUÍMICOS:

as feridas e a pel deben lavarse inmediatamente con abundante auga e xabón.

as membranas mucosas deben irrigarse con auga ou soro fisiolóxico.

• CAMBIAR INMEDIATAMENTE CALQUERA PEZA DE ROUPA QUE SE HUMEDECERA con fluídos corporais

ou produtos químicos.

42

Page 42: PLAN DE XESTIÓN INTRACENTRO ESTRUCTURA DE XESTIÓN … · 2017. 9. 5. · 1.- Identificación do centro e do seu Director Xerente: ESTRUCTURA DE XESTIÓN INTEGRADA DE PONTEVEDRA

• NO CASO DE ATENDER UNHA CONTAMINACIÓN AMBIENTAL (DERRAME, ...) DE RESIDUOS PERIGOSO, o

persoal que realice a limpeza:

vestirá con roupa axeitada, máscara, e dobres luvas para proceder á limpeza.

empregará específicos e neutralizantes específicos.

• TODO ACCIDENTE DE TRABALLO DEBE SE COMUNICADO ao inmediato superior que tramitará o

parte interno de accidente.

4.i.- Medidas de emerxencia

Con data xullo 2013/ abril 2014 realizouse a actualización dos Plans de Autoprotección do Hospital

Montecelo e do Hospital Provincial.

Dentro destes plans de autoprotección dos Hospitais Montecelo e Provincial atópase o punto

6.2.3.7. Actuación en caso de emerxencia medioambiental. (anexo VI)

O Obxecto deste procedemento operativo é definir a forma en que se controlan as emerxencias de

natureza medio-ambiental nos devanditos hospitais.

Seguindo as pautas de actuación en caso de emerxencias ambientais descritas no punto descrito

dos plans de autoprotección, se pretende dar cumprimento o Apdo.4.4.7. "Preparación e resposta

ante Emerxencias" da Norma UNE-EN-ISO-14001:2004, y ademais velar pola protección e o

respecto ó medio ambiente.

As normas sinaladas neste plans son comúns a toda a estrutura de xestión integrada.

Este procedemento no se aplica a los riscos e posibles accidentes ou incidentes relacionados

con sustancias radioactivas, contemplados no Manual de Protección Radiolóxica

4.j.- Tratamento e eliminación

O tratamento para os diferente residuos será:

- Residuos Clase I e Clase II, no reciclables:

No hospital Montecelo e Hospital Provincial, os residuos de clase I e II non reciclables son

43

Page 43: PLAN DE XESTIÓN INTRACENTRO ESTRUCTURA DE XESTIÓN … · 2017. 9. 5. · 1.- Identificación do centro e do seu Director Xerente: ESTRUCTURA DE XESTIÓN INTEGRADA DE PONTEVEDRA

envorcados a unha compactadora con cargador hidráulico con capacidade de 20m3, que se atopa

en cada un dos dous hospitais, que son retiradas mediante un vehículo gancho e substituídas

cando están cheas. Dende alí o traslada a vertedoiro autorizado.

Actualmente, o xestor de residuos para estes dous hospitais, que non contan con xestión

municipal, é Toca Salgado, S.L.(Toysal), adxudicado mediante procedemento negociado NB-EIP1-

15-008, quen conta entre outras, coa empresa Xiloga S.L. con sede e orixe en Vigo, e que dispón

dun completo Complexo Xestor de Residuos no concello coruñés de As Somozas, onde se

completará o tratamento final dos residuos recollidos neste hospitais.

No anexo, VIII, xuntase contrato en vigor.

No Hospital do Salnés, nos centros de Especialidades o centros de saúde, os residuos de

clase I e II son retirados ata un ou varios contedores de RSU de 800 litros emprazados no exterior

dos centros. Este contedor forma parte do sistema de recollida de RSU de responsabilidade municipal

de cada un dos concellos onde se atopan os centros.

Os Aceites usados da cociñas do hospital Montecelo: Son recollidos pola empresa Central de

Residuos alimentarios (CENRESA).

- Residuos de Clase III, Residuos sanitarios biocontaminados: (en oferta técnica,

denominados residuos biosanitarios, Clase III, grupos 1 ó 7)

Actualmente, todos os residuos sanitarios biocontaminados da EOXI son xestionados por la

empresa Consenur.

Os residuos de clase III, son retirados dos almacenes finais de residuos de cada un dos hospitais,

pola empresa Consenur, con vehículos autorizados para o transporte de residuos perigosos, e

levados ata o Centro de Transferencia autorizado de Vilagarcía de Arousa, onde son esterilizados

por autoclave, e logo triturados. Desde alí son transportados ata diversos vertedeiros. Para casos

de emerxencia está en disposición de envialos tamén as plantas que Consenur posúe en Arganda

del Rey (Madrid) Constantí (Tarragona) ou de Alcantarilla (Murcia).

- Residuos da Clase IV, Residuos citostáticos, en oferta técnica y anteriormente

denominados Clase III, Grupo 8 e 9,

Actualmente, todos os residuos citotóxicos da EOXI son xestionados por la empresa Consenur.

Os residuos de clase IV, son retirados dos almacenes finais de residuos de cada un dos hospitais,

pola empresa Consenur, con vehículos autorizados e levados ata o Centro de Transferencia

44

Page 44: PLAN DE XESTIÓN INTRACENTRO ESTRUCTURA DE XESTIÓN … · 2017. 9. 5. · 1.- Identificación do centro e do seu Director Xerente: ESTRUCTURA DE XESTIÓN INTEGRADA DE PONTEVEDRA

autorizado de Vilagarcía de Arousa. Dende alí son transportados á planta de Constantí

(Tarragona), onde se produce a súa eliminación total mediante incineración.

- Residuos de Clase V, (anterior clase IV)

Actualmente, todos os residuos de clase V da EOXI son xestionados por la empresa Consenur.

Os residuos de clase V, son retirados dos almacenes finais de residuos de cada un dos hospitais,

pola empresa Consenur, con vehículos autorizados e levados ata o Centro de Transferencia

autorizado de Vilagarcía de Arousa. Dende alí son trasladados á planta de xestor autorizado,

ECOLEX, en Padrón, ou ALANSU, en Palencia.

Os tratamento que se lle da os distintos residuos da clase V é:

- Disolventes non haloxenados, as solucións acuosas, as solucións ácidas, a parafina, o:

son retirados pola empresa Consenur con vehículos autorizados dos almacenes finais de residuos

de cada un dos hospitais, reciben un tratamento físico-químico co obxecto de neutraliza-lo residuo

- Envases de plástico contaminados, son retirados pola empresa Consenur con vehículos

autorizados dos almacenes finais de residuos de cada un dos hospitais, e son recuperados.

- Pilas Usadas, son retirados pola empresa Consenur con vehículos autorizados dos almacenes

finais de residuos de cada un dos hospitais, son sometidas a varios procesos para a súa

recuperación.

- Medicamentos caducados, son retirados pola empresa Consenur con vehículos autorizados

do almacén final do hospital Montecelo, triturados, inertizados e levados a un depósito de

seguridade.

No anexo xúntase os contrato co xestor e os documento de aceptación para estes residuos (anexo X)

45