Paixón do señor.a. mt 27

35
Paixón do Señor Mateo 27, 11-54 Automático – Son

description

De Andrés García Vilariño

Transcript of Paixón do señor.a. mt 27

Page 1: Paixón do señor.a.  mt 27

Paixón do Señor Mateo 27, 11-54

Automático – Son

Page 2: Paixón do señor.a.  mt 27

Naquel tempo, compareceu Xesús diante do gobernador, que lle preguntou:

‑ ¿Es ti o rei dos xudeus?Xesús contestou:‑ Ti o dis

Page 3: Paixón do señor.a.  mt 27

E aos cargos que lle facían os sumos sacerdotes e mailos senadores, non respondeu nada.

Page 4: Paixón do señor.a.  mt 27

Entón preguntoulle Pilato:‑ ¿Seica non oes todo o que están testemuñando

contra ti?Pero non respondeu a pregunta ningunha, deixando

ao gobernador moi estrañado.

Page 5: Paixón do señor.a.  mt 27

Barrabás

Resulta que pola festa tiña o costume de ceibar o preso que a xente lle pedise. Tiñan daquela un preso de moita sona chamado Barrabás.

Page 6: Paixón do señor.a.  mt 27

Barrabás

Pilato dirixiuse ao pobo reunido:

‑ ¿A quen queredes que vos solte, a Barrabás ou a Xesús, chamado o Cristo?

Pois el ben sabía que llo entregaran por envexa.

Page 7: Paixón do señor.a.  mt 27

Mentres estaba sentado no tribunal, a súa muller mandoulle a dicir:‑ Deixa en paz a ese xusto, que hoxe sufrín moito en soños por cousa del.

Page 8: Paixón do señor.a.  mt 27

Pero os sumos sacerdotes e mais os anciáns persuadiron á xente, para que reclamasen a Barrabás e acabasen con Xesús.

Page 9: Paixón do señor.a.  mt 27

O gobernador insistiu:‑ ¿A quen queredes que vos libere?Eles dixeron: ‑ A Barrabás.

Page 10: Paixón do señor.a.  mt 27

Díxolles Pilato:‑ ¿E que fago eu con Xesús, chamado o Cristo?E responderon todos:‑ ¡Que o crucifiquen!

Page 11: Paixón do señor.a.  mt 27

El replicou:‑ Pero, ¿que mal fixo?Pero eles berraban máis forte dicindo:‑ ¡Que o crucifiquen!

Page 12: Paixón do señor.a.  mt 27

Vendo Pilato que non conseguía nada, senón que, pola contra, o barullo ía a máis, tomou auga e lavou as mans diante de todos dicindo:

‑ Alá vós, eu non son responsable deste sangue.

Page 13: Paixón do señor.a.  mt 27

Todo o pobo respondeu dicindo:‑ Pois que recaia o seu sangue sobre nós e

sobre os nosos fillos.Entón soltoulles a Barrabás, e a Xesús,

despois de o mandar azoutar, entregouno para que o crucificasen.

Page 14: Paixón do señor.a.  mt 27

Os soldados do gobernador levaron a Xesús ao Pretorio, e reuniron toda a compañía. Espírono, botáronlle enriba un manto escarlata; e, trenzando unha coroa de espiños, puxéronlla na cabeza, e na man dereita unha cana.

Page 15: Paixón do señor.a.  mt 27

Axeonllándose diante del, dicíanlle moqueándose:‑ ¡Saúde, rei dos xudeus!Cuspíanlle e coa canivela dábanlle vergallazos na

cabeza.

Page 16: Paixón do señor.a.  mt 27

Ao saíren atoparon un home de Cirene, chamado Simón; e obrigárono a levar a cruz de Xesús.

Page 17: Paixón do señor.a.  mt 27

Despois de faceren riso del, quitáronlle o manto e puxéronlle a súa roupa e quitárono para fóra para o crucificar.

Page 18: Paixón do señor.a.  mt 27

Cando chegaron a un lugar chamado Gólgota, é dicir, lugar da Caveira, a Xesús déronlle de beber viño mesturado con fel; el probouno, pero non o quixo beber.

Page 19: Paixón do señor.a.  mt 27

Despois de que o crucificaron, repartiron os seus vestidos botándoos a sorteo e, estando alí sentados, vixiábano.

Page 20: Paixón do señor.a.  mt 27

Enriba da súa cabeza puxeron escrito o motivo da súa condena: "Este é Xesús, o Rei dos Xudeus".

Page 21: Paixón do señor.a.  mt 27

Crucificaron tamén con el dous bandidos, un á dereita e outro á esquerda.

Os que pasaban por alí insultábano, abaneando a cabeza…

Page 22: Paixón do señor.a.  mt 27

… e dicindo:

‑ Ti que destrúes o templo e o

reconstrúes en tres días, sálvate e ti

mesmo;

se es Fillo de Deus, baixa da cruz.

Page 23: Paixón do señor.a.  mt 27

Do mesmo xeito, os sumos sacerdotes, cos letrados e cos senadores, burlándose del dicíanlle:

Page 24: Paixón do señor.a.  mt 27

‑ “Salvou a outros, pero non se pode salvar a si mesmo. É rei de Israel; que baixe agora de cruz e creremos nel. “

Page 25: Paixón do señor.a.  mt 27

“Confía en Deus; pois que Deus o salve agora, se tanto lle quere, xa que dixo: "Son Fillo de Deus".

Tamén o aldraxaban os bandidos que estaban crucificados con el.

Page 26: Paixón do señor.a.  mt 27

Desde o mediodía, a escuridade cubriu toda aquela terra ata as tres da tarde.

E ao redor desta hora, clamou Xesús e, con voz resoante, dixo:

Page 27: Paixón do señor.a.  mt 27

‑ Elí, Elí, ¿lemá sabactaní?

Isto é: "Meu Deus, meu Deus, ¿por que me abandonaches?"

Page 28: Paixón do señor.a.  mt 27

Algúns dos que estaban alí oíron e comentaban:

‑ Ese está chamando por Elías.

Page 29: Paixón do señor.a.  mt 27

Inmediatamente un deles foi correndo coller unha esponxa, enchoupouna de vinagre, espetouna nunha cana, e dáballe de beber.

Pero os demais dicían:‑ Deixa, a ver se vén Elías salvalo.

Page 30: Paixón do señor.a.  mt 27

Logo Xesús, clamando outra vez con voz resoante, entregou o espírito.

Page 31: Paixón do señor.a.  mt 27

Entón o veo do Santuario rachou en dous de arriba abaixo. Tremeu a terra, as rochas fenderon, e abríronse os sepulcros.

Page 32: Paixón do señor.a.  mt 27

Moitos corpos dos santos que estaban mortos resucitaron. E despois que el resucitou saíron dos sepulcros, entraron na cidade santa e aparecéronselles a moitos.

Page 33: Paixón do señor.a.  mt 27

O centurión e mailos que con el gardaban a

Xesús, vendo o terremoto e todo o

que pasaba, dixeron aterrados:

Page 34: Paixón do señor.a.  mt 27

Verdadeiramente Verdadeiramente este era este era

o Fillo de Deus.o Fillo de Deus.

Page 35: Paixón do señor.a.  mt 27