Outeiro dos lameiros

33
A Estación de Arte Rupestre do Outeiro dos Lameiros Xosé Lois Vilar Pedreira / Eduardo Méndez Quintas

Transcript of Outeiro dos lameiros

Page 1: Outeiro dos lameiros

A Estación de Arte Rupestredo Outeiro dos Lameiros

Xosé Lois Vilar Pedreira / Eduardo Méndez Quintas

Page 2: Outeiro dos lameiros

A Estación da ArteRupestre do Outeiro

dos LameirosSabarís - Baiona

Xosé Lois Vilar PedreiraEduardo Méndez Quintas

Page 3: Outeiro dos lameiros

As Terras do Xacemento . . . . . . . . . . . . . . . 55

Introdución . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 99

Os Petróglifos. O Momento dos Gravadores . . . . . . 1133

A Arte Gravada nas Pedras . . . . . . . . . . . . . 1177

A Estación de Arte Rupestre do Outeiro dos Lameiros . 2277

O Patrimonio Arqueolóxico e Etnográfico . . . . . . 5533

Acceso ós outros Petróglifos . . . . . . . . . . . . 6611

©© DDeessttaa eeddiicciióónn:: Comunidade de Montes en MMaannccoommúúnn ddee SSaabbaarrííss©© DDoo tteexxttoo:: Xosé Lois VViillaarr PPeeddrreeiirraa e Eduardo MMéénnddeezz QQuuiinnttaass©© FFoottooggrraaffííaass:: Rosana EEssttéévveezz e Xosé Lois VViillaarr©© DDeebbuuxxooss ee ccaallccooss:: Xosé Lois VViillaarr e Eduardo MMéénnddeezz

Edición ao coidado de: Antón MMaassccaattoo

Deseño e maqueta: Daniel SSootteelloo

Fotografías: Rosana EEssttéévveezz e Xosé Lois VViillaarr

Execución gráfica: Obradoiro de NNoovvaa GGaalliicciiaa EEddiicciióó[email protected]

Dep. Legal: ISBN:

CCoommuunniiddaaddee ddee MMoonntteess eenn MMaannccoommúúnn ddee SSaabbaarrííssPPrreessiiddeennttee:: Xosé Alfredo PPeerreeiirraaRRúúaa OOuutteeiirroo,, 2255 -- 3366339933 SSaabbaarrííss -- BBaaiioonnaa

Teléfono 649 137 1355

ÍÍNNDDIICCEE

Page 4: Outeiro dos lameiros

AS TERRAS DO XACEMENTO

A Estación Arqueolóxica “O Outeiro dos Lameiros”,encóntrase en terras denominadas “ Montes Veciñais en ManComún” que son titularidades de carácter colectivo, o que que-re dicir que correspóndelle sempre aos veciños e veciñas dunlugar, aldea ou parroquia, que viñan usando estas terras den-de tempos inmemoriais; non entendidos como entes adminis-trativos, senón como grupos sociais.

Os Montes Veciñais en Man Común, non son totalmentepúblicas, nin totalmente privadas. Son titularidades privadascolectivas. A titularidade e o uso destas terras, correspóndellesempre aos veciños e veciñas comuneiros. Os Montes Veciñaisen Man Común, son, xa que logo, unha titularidade especial,un sinal de identidade de Galiza. Son, “outra forma de posuír”que temos os galegos e as galegas.

Os Montes Veciñais en Man Común, conforman unhatitularidade de carácter xermánico. É dicir, son titularidadesindivisibles, inalienables, imprescritibles e inembargables. Oúnico requisito esixido para gozar dos dereitos destas terras,

5

Page 5: Outeiro dos lameiros

Neste caso concreto, a titular destas terras, é a Comunidadede Montes Veciñais en Man Común da parroquia de SantaCristina da Ramallosa. Os órganos de decisión e de gobernodestas entidades son: A Asemblea Xeral de Veciños e VeciñasComuneiros e a Xunta Rectora da Comunidade de Montes.

A Asemblea Xeral de Veciños e Veciñas Comuneiros, é oórgano de goberno máximo da Comunidade de Montes. É a xun-tanza de veciños e veciñas comuneiros, que reunidos en asem-blea xeral, deciden democraticamente, a xestión, a administra-ción e a posta en valor dos Montes Veciñais en Man Común.

A día de hoxe, os Montes Veciñais en Man Común deixa-ron de ser o soporte do complexo agro-gandeiro galego; mais.teñen que ser unha das pezas para o desenvolvemento ruralde Galiza. O presente e o futuro do Monte Veciñal en ManComún, pasa por camiñar de contado cara o logro dun montemultifuncional, axustado en primeiro lugar a demandas dosveciños e veciñas comuneiros e, en segundo lugar, axustado ásdemandas da sociedade galega no seu conxunto. Un monteveciñal multifuncional onde se desenvolvan as tres funciónsque todo monte debe cumprir: a social, a produtiva e amedioambiental. Un Monte Veciñal en Man Común, que desen-volvido dende a óptica da sustentabilidade, poña en valor dexeito compatible e interrelacionado todos os seus usos e osseus aproveitamentos, como poden ser: a produción de madei-ra, o aproveitamento agrícola e gandeiro, a biomasa forestal, aapicultura, os cogomelos,... e os restos patrimoniais.

Esta foi a óptica, esta foi a estratexia que levou a que osveciños e veciñas comuneiros da parroquia de Santa Cristina

e a veciñanza, sendo titularidades sen asignación de cotas eque non se poden transmitir individualmente.

Historicamente, os Montes Veciñais en Man Común forono soporte do complexo agro-gandeiro galego. Deles obtíñansecereais (trigo e centeo). Deles tamén se obtiña adubio orgáni-co producido a partir do toxo e das xestas e que era usadopara estercar as terras agrarias e o propio monte veciñal.

Os Montes Veciñais en Man Común mantiñan a cabanagandeira, que era polivalente, xa que o gando, ademais deproducir alimentos básicos (carne e leite), fertiliza as terras esera forza de traballo do laboragrario . Aínda que o gandovacún era o mais significativo, tamén había gando équido,lanar, caprino e porcino.

O aproveitamento agrícola e gandeiro, era o principaluso dos Montes Veciñais en Man Común. Mais tamén habíaoutros aproveitamentos secundarios como a leña, usada comocombustible para as casas; a madeira, usada para a fabrica-ción de aparellos de labranza e para o interior das casas; apedra, usada para a construción das vivendas; o carbón vexe-tal; a caza; as plantas medicinais; as froitas silvestres...Precisamente, no lugar onde se atopa o xacemento arqueoló-xico, podemos apreciar ese uso multifuncional dos MontesVeciñais en Man Común. Nel temos, aproveitamento demadeira, canteira e moi preto, no lugar denominado FonteArmada, ata o primeiro terzo do século pasado, había unaproveitamento agro-gandeiro.

A entidade titular destas terras, denominadas MontesVeciñais en Man Común, son as comunidades de montes.

6 7

As terras do xacementoO Outeiro dos Lameiros

Page 6: Outeiro dos lameiros

INTRODUCIÓN

A comezos da década de 1980 no Faro de Vigo, da auto-ría de J.M. Hidalgo Cuñarro e F.J. Costas Goberna con datosde Antonio Taboada Táboas de Belesar, daban conta docoñecemento de media ducia de superficies con gravados dedistintas épocas nas parroquias de Belesar e Baíña.Consistían estes gravados en petróglifos de coviñas e combi-nacións circulares, un reticulado, muíños naviculares e dúasfiguras antropomorfas, estas na aldea de San Cosme, ondeX. Martínez Tamuxe xa dera conta da existencia de crucesno ano 1975.

Non sería até febreiro de 1984 cando X.L. Vilar e M.Pedreira descubriron a estación de arte rupestre do Outeirodos Lameiros de forma casual visitando a Tomada dosIneses. En realidade no momento da descuberta había unpar de petróglifos marcados con xiz da man dun mozo miño-rano, Gustavo Pascual, que días antes pasara pola zona. Aprospección en días sucesivos desvelou ós ollos da arqueolo-xía dúas ducias de superficies con gravados na zona entre as

da Ramallosa, aprobasen en asemblea xeral, a posta en valordo conxunto arqueolóxico “O Outeiro dos Lameiros”. Unhaposta en valor destes restos patrimoniais nos que, unha vezasegurada a súa protección e a súa conservación, debenentenderse como un recurso máis do monte veciñal, de talxeito que a posta en valor destes restos patrimoniais debensignificar facelos visibles ao común da xente. Deben significarque a súa visita resulte gratificante e non frustrante .

Só deste xeito se pode asegurar o mantemento da postaen valor e xa que logo, a súa protección e a súa conservación.Só deste xeito, o Monte Veciñal en Man Común, pode serunhapeza para o desenvolvemento do mundo rural e para asentarpoboación neste medio e para contribuír á dinamizaciónsocioeconómica da zona de influencia do monte. Só deste xei-to se pode lograr un monte multifuncional e sustentable. E aposta en valor dos Montes Veciñais en Man Común, entendidadeste xeito, é, entre outras cousas a arma máis eficaz na loitacontra esa peste que son os lumes forestais .

XOSÉ ALFREDO PEREIRAPresidente da Comunidade de Montes

en Man Común de Sabarís

8 9

O Outeiro dos Lameiros

Page 7: Outeiro dos lameiros

abundancia de reticulados, uns corenta, nun espazo tanreducido, sendo a maior concentración que coñecemos nonoso país.

Hai tamén muíños naviculares de soporte fixo forman-do parte dunha zona máis extensa de aparición que vai des-de Caminha ata Cangas, con excepcións en Carnota eAgolada. Estes muíños constitúen o sistema máis antigo quecoñecemos para converter en fariña os cereais que introdu-ciu en Galicia a chegada do neolítico hai 6500 anos; peroquizais valesen tamén para moer outros vexetais.

Nesta zona baionesa de arte coñecemos tamén a exis-tencia de zoomorfos na Puexa, na Regueira do Grilo, nosCampos en dúas superficies pero o que lle confire especialvalor ó conxunto é a parede gravada do Outeiro dosLameiros, unha superficie de 15 x 5 m. Espectacular poloseu tamaño, polo seu emprazamento nunha parede vertical,algo inusual en Galicia, por conter a maior cantidade decuadrúpedes –uns 78- nunha soa superficie e polo grandominio visual sobre o espazo circundante e sobre o ValMiñor, ademais de presentarnos figuras únicas na arterupestre galega.

parroquias de Sabarís, a inmensa maioría, e Baíña. Estadescuberta provocou varios artigos na prensa e a inclusióndeste numeroso grupo de insculturas no libro Petroglifos dellitoral sur de la ría de Vigo que estaba a elaborar un equipodirixido por F.J. Costas Goberna e que se editaría no ano1984.

Nesta altura no Outeiro dos Lameiros xa se coñecíansuperficies con moi variados motivos, tales como coviñas,circos concéntricos, zoomorfos, reticulados, alfabetiformes eata un muíño navicular de soporte fixo. Pero a raíz da visitaá zona de A Posada, M. I. Mouriño, J. R. Soage, E. Buch e E.Torres no ano 1988 descubriron o gran panel verticalemprazado nunha das paredes do propio Outeiro dosLameiros. As visitas continuadas de Antonio Taboadaaumentarían a colección de superficies gravadas coñecidasna zona da Puexa e A Regueira do Grilo, dadas a coñecer narevista Castrelos e tamén no Congreso de Arte Rupestrecelebrado en Vigo no ano 1999.

Desde aquela non hai monografía, estudo, tese oupublicación que trate a arte rupestre galaica que non cite opanel, que é importante por si e tamén polo conxunto do queforma parte. Lembremos que o Outeiro dos Lameiros/ OsCampos é o cerne dunha zona con gravados rupestres donorte da Serra da Groba que ocupa as parroquias deBelesar, Baíña e Sabarís. Está caracterizado pola presenzade moita e boa arte abstracta destacando os petróglifos doGrichouso, A Chan da Puexa, A Regueira do Grilo e as super-ficies números 1, 2 e 17 dos Campos. É sorprendente a

10 11

IntroduciónO Outeiro dos Lameiros

Page 8: Outeiro dos lameiros

OS PETRÓGLIFOSO MOMENTO DOS GRAVADORES

Un dos maiores cambios producidos na humanidade foia invención do neolítico que supuxo hai uns 12.000 anos noPróximo Oriente a domesticación de plantas e animais, afabricación de cacharros cerámicos, o traballo da pedra puí-da e unha maior exteriorización relixiosa. Este grupo deinnovacións exportouse por toda Europa e chegou aproxi-madamente polo 4500 a.C. a Galicia trocando os modos devida nómades en máis sedentarios o que traería a manifes-tación máis visible na paisaxe que son as tumbas: as mámo-as. Son montes de terra que acubillan unha cámara funera-ria máis ou menos desenvolta en tamaño e decoración(Fig.1). Pode ter as lousas que conforman a cámara funerariapintadas e tamén gravadas e quizais desta época, de hai uns6000 anos sexan os primeiros petróglifos, de seguro os máissinxelos, simples buracos gravados chamados coviñas.

Será no terceiro milenio a.C. cando se fai máis comple-xa a sociedade da man dunha Segunda Revolución Agraria

13

Page 9: Outeiro dos lameiros

que mellora as técnicas do cultivo da terra (arada, esterca-do) que facilita o establecemento en novos territorios e denovos cultivos (verzas, lentellas, liño) con maior fixación áterra. Supoñemos unha maior produtividade que levaría aacumulación de excedentes e a unha paulatina diferencia-ción social que podemos intuír nas tumbas, nos enxovais enas representacións artísticas. Ó longo do terceiro milenioa.C. desenvolverase a cerámica tipo Penha caracterizadapolas formas curvas e unha peculiar decoración incisa dis-posta en bandas con motivos xeométricos, coñecida comoinciso-metopada. Algo máis serodia é a cerámica campani-forme, coñecida en todo o occidente europeo polas súas pas-tas máis finas e unha decoración en bandas con temas xeo-métricos que enchen toda a peza. (Fig. 2).

É o tempo de comezo do traballo dos metais, do ouro,da prata e do cobre coas primeiras armas neste últimomaterial. É o tempo do polimorfismo funerario no que seinclúen a cista claramente como enterramento individual.

Neste marco cronolóxico e cultural de sociedade máisasimétrica, de cistas individuais, de traballo dos metais eacumulación de riqueza é cando se gravan unha parteimportante dos petróglifos do noso país, nun intre entre oterceiro e o comezo do segundo milenio, hai uns 4000 anos eo dato cronolóxico máis fiable apórtano os paneis con armasgravadas, mellor se conteñen alabardas que teñen unhapervivencia curta a comezos do segundo milenio.

14 15

Os petroglifos. O momento dos gravadoresO Outeiro dos Lameiros

11-- PPiinnttuurraa nnoo iinntteerriioorr ddaa ccáámmaarraa ffuunneerraarriiaa ddoo ddoollmmeenn ddee DDoommbbaattee ((CCaabbaannaa ddee BBeerrggaanntt iiññooss))

Page 10: Outeiro dos lameiros

A ARTE GRAVADA NAS PEDRAS

Podemos dicir que o aspecto máis destacado do calcolí-tico e dos primeiros momentos da idade do bronce sexa aarte rupestre, as rochas graníticas dos montes de Portugalaté a zona de Carnota e Dumbría tanto na zona costeiracomo nos vales próximos, caso de Gargamala (Mondariz),ova do Lérez en Cotobade e Campo Lameiro ou na zona deSantiago, Teo e Ames. As prospeccións dos últimos quinceanos fixeron que aumentara exponecialmente o coñecemen-to de superficies con gravados no Pordo do Son e Carnota oucara o interior en Agolada e Antas de Ulla.

Os motivos que aparecen representados nos petróglifospódense dividir en dous grandes grupos, os de arte abstrac-ta e os naturalistas. Xuntamos no primeiro conxunto conome de arte abstracta a aquelas figuras que non identifica-mos con nada que apareza na natureza. Se o identificamoscon determinadas figuras xeométricas pero non sabemosque obxecto real ou simbólico querían representar.Debemos lembrar que a distancia temporal é duns 4.000

1617

O Outeiro dos Lameiros

22.. -- CCeerráámmiiccaa tt iippoo PPeennhhaa ddaass ccoovvaass ddoo FFoollóónn ((CCoorruuxxoo,, VViiggoo))

Page 11: Outeiro dos lameiros

18 19

A arte gravada nas pedrasO Outeiro dos Lameiros

44.. -- CCoommbbiinnaacciióónn cciirrccuullaarr ddoo MMoonnttee TTeettóónn ((TTeebbrraa,, TToommiiññoo))

33.. -- VVaarriiooss cceennttooss ddee ccoovviiññaass nnoo OOuutteeiirroo GGrraannddee ((MMaabbiiaa,, OOiiaa))

anos e o mundo simbólico e o horizonte mental variaronabondo desde aquela sociedade sen escritura que polo tantonon nos deixou escritas as claves interpretativas desta colec-ción de figuras xeométricas que pasamos a describir:

O motivo máis sinxelo é un punto gravado que chama-mos coviña e que aparece na inmensa maioría das inscultu-ras nas máis variadas posicións (Fig. 3). Ciscadas de xeitoaparentemente anárquico pola rocha, no centro dun circo

Page 12: Outeiro dos lameiros

20 21

A arte gravada nas pedrasO Outeiro dos Lameiros

ou dunha combinación circular, entre os aneis destas combi-nacións, agrupadas dentro dun circo ou dun cadrado.

Outro motivo que aparece case sempre son os circos sósou nomeadamente en combinacións. Esta é unha figura quecaracteriza a arte rupestre galega e atlántica europea.Decote aparecen en rochas que non destacan no entorno,rochas planas que pasan desapercibidas e que poden portarata varias ducias de circos de distintos tipos, con radio, conliñas que parten desde o anel exterior, outras comunicanvarias combinacións circulares ou percorren a pedra comonexo do conxunto. As medidas van desde uns pouco centí-metros ate os 3m. de diámetro da combinación existente noMonte Tetón (Tebra, Tomiño). (Fig. 4).

O grupo de arte abstracta complétase coas espirais quepoden desenvolverse no sentido das agullas do reloxo (dex-troxiras) ou ó contraio (levoxiras), neste motivo destacan asda Laxe das Rodas (Muros) rodeadas con coviñas en todo oseu contorno. (Fig. 5).

Máis escasos e de execución técnica máis complexa sonos labirintos. Só coñecemos cinco exemplares en Galicia, dousen Mogor (Marín), un en Armenteira (Meis) e outros dous naSerra da Groba, un no Pinal do Rei (Marzán, O Rosal) e outrona Laxe Cruzada (Torroña, Oia) este o de maiores dimensións–110 cm. de diámetro que coñecemos en Europa. (Fig. 6).

O labirinto é un motivo coñecido ó longo da prehistoriae da historia antiga en toda a cunca do Mediterráneo e aténon hai moitos anos ós exemplares galegos atribuíaselleunha cronoloxía serodia para poñelos en consonancia cos 55.. -- EEssppiirraall nnoo PPiiccoottoo ((MMaarrzzáánn,, OO RRoossaall ))

Page 13: Outeiro dos lameiros

22 23

A arte gravada nas pedrasO Outeiro dos Lameiros

mediterráneos, pero agora crese na maior antigüidade dosgalegos por achárense con contextos claros da arte rupestregalega do calcolítico –bronce.

Para completar o apartado abstracto hai figuras menosnumerosas como esvásticas, cadrados, reticulados ou ointento de facer labirintos sen chegar a acadar a representa-ción total (A Laxe dos Picos en Figueirido ou na Chan deLagoa en Caneda) a pé feito ou por incapacidade técnica.

O outro grande grupo de temas tratados son os quechamamos naturalistas porque si identificamos con modelosreais, ben sexan animados, ben obxectos. É este grupo o quelle confire unha personalidade especial á arte rupestre gale-ga e nos que hai animais a gran maioría cérvidos, perotamén cabalos, algún ofidio e tamén representacións huma-nas esquemáticas. Entre os obxectos aparecen as armas e oschamados ídolos –cilindro, valiosos elementos para a data-ción xa que se coñecen modelos reais. O que se reflicte conestas representacións é un mundo bélico, o entorno dopoder, a desigualdade entre individuos e comunidades. Érechamante que non se graven ferramentas de traballo(machadas, eixadas, teares) nin escenas domésticas como acrianza dos nenos, o traballo na aldea, ... senón que se per-petúa de maneira interesada un mundo belixerante no casodas armas e quizais cultual polo que respecta ós ídolos-cilin-dro. Hai que indicar que a maioría dos mostrarios de armasrealízanse sobre rochas inclinadas, para seren vistas. (APedra das Procesións en Gondomar). (Fig.7).

66.. -- AA PPeeddrraa ddoo LLaabbiirr iinnttoo (( MMooggoorr,, MMaarríínn))

Page 14: Outeiro dos lameiros

Canto ás representacións de animais, como no caso dasarmas, é tamén interesada, non se elixen especies ó chou,non hai na arte rupestre galega, pequenos animais domésti-cos ou salvaxes, senón que se gravan, maioritariamente,cervos e algúns cabalos. (Fig.8).

Entre os cervos gravados salientan os machos congrandes cornas como animal de máis porte do bosque gale-go que, de seguro, tiña algún valor simbólico. Animal queaparece en varias escenas de caza (A Laxe das Ferradurase O Coto do Rapadouro en Cotobade, p. ex.), tamén en paneisinclinados nas que irrompe o home como dominador danatureza, amosando poder como no caso das escenas deequitación (O Outeiro dos Cogoludos, A Laxe dos Cabalos, AChan da Carballeira, todos en Campo Lameiro ou A Pedreiraen Redondela ou no Outeiro do Lameiros).

25

A arte gravada nas pedras

24

O Outeiro dos Lameiros

77.. -- MMoossttrraa ddee AArrmmaass nnaa PPeeddrraa ddaass PPrroocceessiióónnss ddee AAgguuaa ddaa LLaaxxee

Page 15: Outeiro dos lameiros

26 27

O Outeiro dos Lameiros

A ESTACIÓN DE ARTE RUPESTREDO OUTEIRO DOS LAMEIROS

O EMPRAZAMENTOO Val Miñor é unha comarca que comprende os conce-

llos de Nigrán, Gondomar e Baiona cerrada ó leste polamuralla granítico da Serra do Galiñeiro que chega superaros 700 metros de altura; ó norte está limitada polos montesdo Maúxo que o separa do Val do Fragoso, polo oeste estáaberta ó mar da baía de Baiona na que desemboca a travésda Foz o río Miñor que rega o val. Na banda sur érguese aSerra da Groba até os 675 metros no Alto da Lebre e vai des-cendendo cara o mar, nun destes socalcos naturais emprá-zase a estación rupestre do Outeiro dos Lameiros a 180metros de altura, aínda que non é o único sitio do Val Miñoronde se conserva arte rupestre xa que temos boas mostrasna Serra do Galiñeiro no lugar de Agua da Laxe (Vincios,Gondomar) onde existe unha panoplia dunhas 32 armas nasuperficie coñecida como A Pedra das Procesións. Son abun-dantes os petróglifos nos montes do Maúxo até a península

88.. -- EEsscceennaa ddee ccóóppuullaa eenn TToouurróónn ((PPoonntteeccaallddeellaass))

Page 16: Outeiro dos lameiros

99.. -- PPllaannoo ddee eemmpprraazzaammeennttoo ddooss ppeettrróóggll ii ffooss vviissii ttaabblleess ddoo OOuutteeiirroo ddooss LLaammeeiirrooss

28 29

Page 17: Outeiro dos lameiros

ha área maior que se estende polos montes de Belesar,Sabarís e Baíña entre os máis dos 400m. de altura do Alto daCosta de Quelle, os máis de 300 no Grichouso e os 195 metrosdo Outeiro dos Lameiros. Aquí das dúas ducias de superficiesgravadas escollemos nove que fixemos visitables, con sendei-ros, sinais explicativos, accesos e plataformas. (Fig. 9).

Comezamos a nosa visita polo petróglifo 17 na zonachan –Os Campos- do lugar. Esta superficie descubriuse noano 1984 tapada por ramallada de eucaliptos. ÇE un aflora-mento granítico alombado e alargado de máis de cincometros de longo por dous de ancho. Os traballos de prospec-ción e limpeza do ano 2007 fixéronnos coñecer máis grava-dos á dereita deste afloramento (ollando desde o lugar decolocación do cartel) onde hai circos inacabados, coviñas eun reticulado mal conservado. (Fig. 10).

A parte principal conserva figuras abstractas como soncircos, coviñas e liñas que comunican os distintos motivos.Pertencen á arte abstracta aquelas figuras que non identifi-camos con nada real, con ningún obxecto ou animal quecoñezamos. As figuras deste P17 son figuras xeométricas. Seson puntos chamámolas coviñas, outras identificámolas concircunferencias pero ignoramos o obxecto, o animal ou qui-zais a idea que os homes e/ou mulleres que gravaron estepanel quixeron expresar.

Á dereita e na zona máis avultada temos a figura máiscomplexa e destacada polo seu emprazamento e por ter osuco máis ancho e profundo. Todo o resto da superficie estáocupada por circos concéntricos, por un circo que contén

31

A estación de Arte Rupestre do Outeriro dos Lameiros

de Monteferro. Non podemos esquecer a maior combinaciónde circos concéntricos coñecida no mundo e situada xa nosmontes de Tebra (Tomiño) a poucos metros da parroquia deCouso (Gondomar).

O OUTEIRO DOS LAMEIROSNa zona do Outeiro dos Lameiros/Os Campos ocupa 1’5

hectáreas na que existen máis de vinte rochas con gravadosemprazadas nunha zona de paso entre dous outeiros (OCeboleiro e o dos Lameiros) que se coñece como portela eque comunica de xeito natural a parroquia de Baíña coas deSabarís e Belesar.

O que visitamos, pola súa importancia arqueolóxica,artística e prehistórica debido ós gravados rupestres ten etivo máis usos ó través do tempo. Como monte veciñal salfe-rido por propiedades privadas (tomadas) aproveitouse o seupotencial produtor de leña, madeira, toxo e fento para acama dos animais, foi canteira do que temos vestixios abon-do, nacente de augas para o regadío. Lugar de comunicaciónentre as aldeas. Aquí a toponimia mantén o nome da Devesado Rei que nos indica que foi un lugar acoutado para produ-ción de madeira para a armada real, sitio que coincide cunlugar cargado de historia recente. No Outeiro dos Lameirosextreman as parroquias de Santa Mariña de Baíña e SantaCristina da Ramallosa.

A zona con arte rupestre do Outeiro dos Lameiros é opunto de máxima concentración de rochas con gravados dun-

30

O Outeiro dos Lameiros

Page 18: Outeiro dos lameiros

33

A estación de Arte Rupestre do Outeriro dos Lameiros

máis de dúas ducias de puntiños (microcoviñas) no seu inte-rior ou á esquerda de todo con coviñas gravadas entre douscircos concéntricos.

As mellores horas do día para ollar este petróglifo sonas da saída ou as da caída do sol que por proxectar a luzmáis rasante provoca sombras dos sucos gravados e fanseos gravados máis evidentes.

Se continuamos polo camiño e collemos o desvío áesquerda accederemos ós petróglifos 11, 9 e 8.

P11 Estamos perante esta superficie irregular de 5x3m.na que destacan dous reticulados (raias paralelas cruzadas)ademais de coviñas de boas dimensións entre 11’5 e 8 cm deancho e entre 3 e 6 cm de fondo e liñas curvas e un par decircos simple.

A rocha está afectada por termoclastos que son cachosde superficie que desapareceron a causa do lume. (Fig. 11).

Na zona do Outeiro dos Lameiros e arredores acumúlasea maior concentración de reticulados de Galicia. Coñecemosaquí uns trinta, que aparecen no mesmo ámbito que os grava-dos clásicos –coviñas, circos, zoomorfos- incluso compartindoa mesma rocha con este. Hai autores como Costas Goberna eHidalgo Cuñarro que os relacionan con taboleiros de xogo nomesmo conxunto que os gravados de xogos de alquerque etren en raia. A verdade é que moitos reticulados coinciden, naSerra da Groba, con extremas parroquiais, isto é moi evidenteentre Viladesuso e Mougás, estudado por Roberto Rodríguezou mesmo en Belesar, Sabarís e Baíña.

32

O Outeiro dos Lameiros

1100.. -- AArrttee aabbssttrraaccttaa nnoo ppeettrróóggll ii ffoo 1177

Page 19: Outeiro dos lameiros

35

A estación de Arte Rupestre do Outeriro dos Lameiros

P9 (Fig. 12) Desde a plataforma inmediata a P11 pode-mos observar os petróglifos 9 e 8. O primeiro en ser visto,tamén con luz favorable como indicamos para P17, é P8 des-cuberto durante os traballos arqueolóxicos do 2007.Permanecía o seu extremo leste ó aire e o resto dos grava-dos baixo unha tona de terra e baixo os restos dun muro. Osmotivos mellor conservados son os que permanecían sote-rrados, e conforman unha figura abstracta que amosa unhagran harmonía compositiva con circos simples, coviñas eliñas curvas tanxentes a unha greta natural. Con estes moti-vos abstractos contrastan as figuras da dereita da superficie

34

O Outeiro dos Lameiros

1111.. -- DDeebbuuxxoo ddoo ppeettrróóggll ii ffoo 1111

1122.. -- ZZoooommoorrffooss ee aarrttee aabbssttrraaccttaa nnoo ppeettrróóggll ii ffoo 99 ppiinnttaaddooss dduurraannttee ooss ttrraabbaall llooss aarrqquueeoollóóxxiiccooss

Page 20: Outeiro dos lameiros

1133.. -- DDeebbuuxxoo ddoo ppeettrróóggll ii ffoo 88 ccoonn ttrreess zzoooommoorrffooss

36 37

A estación de Arte Rupestre do Outeriro dos LameirosO Outeiro dos Lameiros

onde hai dous rebaixes, un circular e outro cuadrangular,este cun suco de saída; hai tamén unha figura con certa apa-rencia antropomorfa (de ser humano) e dous zoomorfos decatro patas, un deles montado e adosado nos seus cadrís adous circos concéntricos. (Fig. 12).

En definitiva unha superficie pequena onde coinciden aarte abstracta de coviñas, rebaixes e circos e a arte natura-lista dos zoomorfos e do posible antropomorfo.

P8 Desde a mesma plataforma nun espazo diaclasadode 1x 0’5 m no ano 1984 limpouse esta superficie semiente- 1144.. -- PPiinnttaaddoo ddoo ppeettrróóggll ii ffoo 88

Page 21: Outeiro dos lameiros

1155.. -- DDeebbuuxxoo ddoo PPeettrróóggll ii ffoo 1133 nnoo qquuee aass ffrreecchhaass mmaarrccaann aass rrooddeeiirraass ddee ccaarrrroo..

O xeito de representar estes animais, sen corporeidade,só con simple liñas é o que chamamos arte esquemática xaque unha liña define o rabo, o lombo, a cabeza e o fociño,desta liña parte outras menores para indicar as catro patase outras para as orellas ou as cornas. Máis adiante ollare-mos cuantiosos exemplos no gran panel.

P13 Continuamos o desvío collido anteriormente paraobservar desde a seguinte plataforma unha rocha (P13) conmedia ducia de coviñas e algúns trazos modernos, isto sabé-molo polo suco máis vivo e con sección máis aguda. Estamosdiante do motivo máis sinxelo e numeroso da arte rupestregalega. Uns metros máis abaixo outra laxe (P12) con máis de40 coviñas, unha delas de boas proporcións e rodeada porun circo. (Fig. 15).

A selección deste punto de observación tivo outro moti-vo que foi ollar a bifurcación ou unión de dous camiños tra-dicionais en uso ate hai poucos anos e que comunicabanBaíña con Belesar e Sabarís. No mesmo P13 ficaron marca-das as rodeiras deixadas polos miles de carros que por aquípasaron para aproveitar o produto do monte –toxo, fento,pedra, leña, madeira, ...- O camiño da dereita baixa ós Eidose ó resto da parroquia e o da esquerda sobe á aldea de SanCosme.

Se ollamos detrás nosa vemos os restos dunha canteiraaínda con bloques caídos e cachotes, a laxe que ficou senexplotar é tamén un petróglifo (P15) no que hai gravadas 29coviñas.

38 39

A estación de Arte Rupestre do Outeriro dos LameirosO Outeiro dos Lameiros

rrada que deu como resultado este sinxelo panel con trescuadrúpedes inscritos por tres lados por unha liña que pare-ce encerralos. (Fig. 13).

Se temos que determinar a especie animal representa-da, consérvase moi deturpado o individuo da dereita, oinmediato anterior inclinámonos por indicar que é un cérvi-do xa que posúe unhas cornas e un rabiño revirichado, men-tres que enriba hai gravado outro individuo cunha morfolo-xía ben distinta, coas patas máis curtas, o rabo moi longo eunha boas orellas que ben podía ser un raposo. (Fig. 14).

Page 22: Outeiro dos lameiros

41

A estación de Arte Rupestre do Outeriro dos Lameiros

P1 Volvemos sobre os nosos pasos cara o camiño princi-pal que vén de P17 e collemos cara a esquerda non tomandoo desvío da dereita que deixamos para máis tarde. Agorabaixamos até as escaleiras que soben á plataforma desde aque ollamos P1 e P2. Á nosa esquerda P1 é quizais o petró-glifo de maior beleza do Outeiro dos Lameiros. Nesta laxe de5x3m. inclinada cara o sur hai un grupo de motivos abstrac-tos comúns á fachada atlántica europea, circos concéntri-cos, circos simples e coviñas. (Fig. 16).

No centro da superficie destaca unha combinación cir-cular de cinco aneis cunha coviña central da que sae un sucoaté o exterior das circunferencias. Na parte alta catro circosconcéntricos con coviña central e unha serie de liñas curvasasociadas, este conxunto áchase vinculado ó grupo inferiorpor medio dunha liña que relaciona a maioría das figuras dopanel. Nesta parte inferior outra volta circos, simples e con-céntricos, coviñas e liñas curvas. (Fig. 17). Este equilibradoconxunto forma extrema entre as parroquias de Baíña eSabarís e na mesma extrema temos outros catro petróglifosmáis aquí na zona do Outeiro dos Lameiros.

P2 (Fig. 18). Á dereita da plataforma unha superficie de3 x 2 m. con gravados, tamén descuberta a comezos de1984, gran parte dela soterrada. A simple vista destacan ascoviñas pero unha observación máis aguda fainos percibirque moitas delas están rodeadas por un circo incluso a covi-ña de maior tamaño que ten 8 cm de diámetro e 3cm de fon-do. (Fig. 18 e 19).

40

O Outeiro dos Lameiros

1166.. -- DDeebbuuxxoo ddaa ccoommppoossiicciióónn aabbssttrraaccttaa ddoo ppeettrróóggll ii ffoo 11

Page 23: Outeiro dos lameiros

43

A estación de Arte Rupestre do Outeriro dos Lameiros

Co petróglifo 1 e con este 2 redundamos na idea de queestamos posiblemente a 4000 anos de distancia temporalpero tamén de distancia mental nunha época na que enGalicia non había escritura que nos deixase textos explicati-vos sobre estes gravados nas pedras. Temos que supoñerque deste xeito expresaban as súas crenzas e que o códigointerpretativo ignorámolo.

P6 Volvemos costa arriba até atopar un camiño áesquerda e subimos cara a plataforma de observación de P6,o gran panel do Outeiro dos Lameiros. Aquí a case 200m dealtura sobre o nivel do mar estamos nun lugar quen dominaa chan sobre a que se atopan os outros petróglifos, observa-mos ó fondo A Serra do Galiñeiro que cerra O Val Miñor pololeste superando os 700m de altura. (Fig. 20).

Nas laxes e paredes do propio Outeiro dos Lameiros haitres petróglifos (máis dous de feitura recente ) destacandoesta parede vertical de 15 metros de longo e cinco de altura.Até agora paseamos por superficies horizontais ou lenemen-te inclinadas que é o normal na arte rupestre abstracta gale-ga. Cando se trata de escenas de caza ou mostrarios dearmas é normal que estean en superficies bastante inclina-das, incluso verticais como A Pedra Longa en Dumbría peroson moi escasas as superficies completamente verticais congravados, só coñecemos o caso do Sueido en Chandebrito

1177.. -- CCiirrccooss ccoonnccéénnttrr iiccooss ddoo ppeettrróóggll ii ffoo 11 vviissttooss ccoonn lluuzz nnaattuurraall

Page 24: Outeiro dos lameiros

44 45

A estación de Arte Rupestre do Outeriro dos LameirosO Outeiro dos Lameiros

1188.. -- OO ppeettrróóggll ii ffoo 22 ppiinnttaaddoo ccoonn ccoovviiññaass ee cciirrccooss ssiimmpplleess 1199.. -- DDeebbuuxxoo ddoo ppeettrróóggll ii ffoo 22 ccoonn ccoovviiññaass ee cciirrccooss ssiimmpplleess

Page 25: Outeiro dos lameiros

46 47

A estación de Arte Rupestre do Outeriro dos LameirosO Outeiro dos Lameiros

2200.. -- VViissttaa ddoo eemmpprraazzaammeennttoo ddoo ppaanneell ggrraavvaaddoo ddoo OOuutteeiirroo ddooss LLaammeeiirrooss 2211..-- PPeettrróógglliiffoo 66 nnaa ppaarreeddee vveerrttiiccaall ddoo OOuutteeiirroo ddooss LLaammeeiirrooss dduurraannttee ooss ttrraabbaallllooss aarrqquueeoollóóxxiiccooss

coa representación dun cervo, ou máis cervos no Porto doSon: no Outeiro da Pedra Bicuda no Outeiro de Campelos enos Pozos da Garda. (Fig. 21).

É a superficie con máis cuadrúpedes da nosa arterupestre, contamos uns 78, todos eles, agás catro, coa direc-ción do paso de esquerda a dereita. Polo menos cinco estánmontados en clara escena de equitación, unha delas cunhaimportancia implícita dada pola man gravadora debido ó

seu gran tamaño de 51 cm. de longo por 32 cm. de ancho eun suco que acada os 7 cm. de ancho e os 2’5 cm. de fondo.(Fig. 22).

Afirmamos que esta gran manda de cuadrúpedes soncabalos por estaren algúns montados e sobre todo pola colaespesa co pelo caído cara o chan e por careceren de cornas.

Pero no panel non só hai animais gravados, taménalgunhas figuras abstractas como un óvalo con divisións

Page 26: Outeiro dos lameiros

48 49

A estación de Arte Rupestre do Outeriro dos LameirosO Outeiro dos Lameiros

2222.. -- DDeebbuuxxoo ddoo ggrraann ppaanneell vveerrtt iiccaall ddoo OOuutteeiirroo ddooss LLaammeeiirrooss.. PPeettrróóggll ii ffoo 66

Page 27: Outeiro dos lameiros

50 51

A estación de Arte Rupestre do Outeriro dos LameirosO Outeiro dos Lameiros

Estas insculturas enriquecen aínda máis esta zonacomo a de maior concentración de reticulados que se coñeceen Galicia. Por outra banda pon en dúbida que sexan tabo-leiros de xogo, polo menos non todos xa que estes, a pesarde estaren nunha superficie horizontal, están sen rematar echama a atención unha liña sinuosa que parte do extremodun dos reticulados. (Fig. 24).

interiores con coviñas e apéndices no lado dereito e na par-te baixa ocupando a parte central do panel, sendo un motivosen paralelo en Galicia.

Á esquerda do óvalo central hai unha especie de escadaque semella un cercado sen que poidamos saber que quixe-ron representar con estas dúas liñas paralelas unidas poroutras menores a xeito de escaleiriforme.

Na zona dereita e a media altura unha figura de seisraios curvos que conflúen nun punto central semellándose aunha estrela dextroxira, chamada así porque o sentido domovemento simulado vai de esquerda a dereita.

Diante do panel hai un banzo de 6 x 2 m. aproximada-mente sobre o que hai gravados circos concéntricos concoviña central.

Aínda podemos observar no extremo superior esquerdocinco cuadrúpedes a distintos niveis quizais querendo trans-mitirnos a sensación de dinamismo e ascensión por unhaladeira.

P21. Xa para rematarmos a visita baixamos da plata-forma de observación do gran panel e collemos o primeirocamiño á esquerda até P21, superficie descuberta duranteos traballos arqueolóxicos do ano 2007, que incluían a pros-pección intensiva da zona que deu como froito o achado des-ta laxe case completamente tapada por follato, terra e sobrea que vivían dous eucaliptos. A limpeza descubriu unhapedra de 4’20 x 6’40 m. sobre a que hai gravados cinco reti-culados todos incompletos. (Fig. 23).

2233.. -- DDeebbuuxxoo ddooss rreett iiccuullaaddooss ddoo ppeettrróóggll ii ffoo 2211

Page 28: Outeiro dos lameiros

O PATRIMONIO ARQUEOLÓXICOE ETNOGRÁFICO

A riqueza arqueolóxica e etnográfica do monte veciñal deSanta Cristina da Ramallosa non se concentra só no Outeirodos Lameiros senón que se estende por cotas máis altas daSerra. Inmediatamente ó sudeste desta zona arqueolóxica nolugar polo que transcorre A Regueira de Retruca atopamosunha concentración de vestixios arqueolóxicos variados, todoseles gravados no granito:

- Un muíño navicular. Extramuros da Tomada dos Ineses,nun bloque tirado dunha canteira áchase este muíño navicu-lar. Cando o ser humano inventou no Próximo Oriente adomesticación de plantas e animais, logo de ter o gran apaña-do de trigo, avea ou centeo tiña que moelo para convertelo enfariña e continuar coa súa panificación. A partir do momento,hai uns 6500 anos, que chega o neolítico a Galicia comezan aaparecer muíños naviculares nos xacementos da época. Ogran moíase neles batendo cun man pétrea para relalo earrastrando para moelo nunha operación continuada de vai-vén que producía un desgaste na superficie do muíño. Entón os

52 53

O Outeiro dos Lameiros

2244.. -- RReett iiccuullaaddooss,, ppeettrróóggll ii ffoo 2211,, llooggoo ddooss ttrraabbaall llooss ddee ll iimmppeezzaa

Page 29: Outeiro dos lameiros

2255.. -- OOss sseettee rreett iiccuullaaddooss ddoo ppeettrróóggll ii ffoo ddaa RReegguueeiirraa ddoo RReettrruuccaa

55

O patrimonio arqueolóxico e etnográfico

muíños compóñense dun durminte no que se deposita o gran ea man coa que se moe. Tanto o durminte como a man sonpezas móbiles, que se poden trasladar de lugar, pero taménexisten muíños naviculares de soporte fixo, co durminte narocha nai, polo tanto non móbiles. Este tipo particular de muí-ños esténdense entre a península do Morrazo e a beira esquer-da do río Miño, con dous casos excepcionais, un en Carnota e ooutro en Agolada. A área de maior concentración polo momen-to, atópase entre a Serra da Groba e O Maúxo e outro bonúcleo en Valença.

A maioría destes muíños naviculares aparecen no ámbitoda arte rupestre e nun 20% dos casos comparten a mesmasuperficie. Moi preto de aquí temos un caso excepcional noextremo oeste de Monteferro (Panxón, Nigrán) no lugar da Portaou As Pinisas Pequenas onde nunha superficie granítica consér-vanse 21 muíños naviculares que comparten a laxe con coviñas,circos e con podomorfos humanos coas dedas marcadas.

Moi preto do muíño consérvanse, polo menos, outrascatro superficies con gravados, no lugar atravesado polaRegueira do Retruca.

-Nunha das superficies hai sete reticulados queaumentan aínda máis a nómina dos que aparecen noOuteiro dos Lameiros. (Fig. 25).

-Cara o norte nunha gran superficie plana unhasvinte coviñas, o motivo máis repetido da nosa arterupestre, acompañado por un reticulado, un rebaixecuadrangular e varias liñas máis. (Fig. 26).

-Nunha pequena pedra un único équido montadoque repite os temas da zona máis baixa do Outeiro dos

54

O Outeiro dos Lameiros

Lameiros. Antes ollamos reticulados e coviñas e agoraequitación como no gran panel ou no petróglifo nº 8.

Se continuamos a ascensión cara o sur, a 245 metros dealtura na Regueira do Grilo atopamos un petróglifo curioso de2 x 2 m., xa que aparece un reticulado no medio dun grupo demotivos abstractos, circos, liñas e coviñas nun emprazamento

Page 30: Outeiro dos lameiros

2266.. -- DDeebbuuxxoo ddoo ppeettrróóggll ii ffoo ddaa RReegguueeiirraa ddoo RReettrruuccaa ccoonn ccoovviiññaass,, ll iiññaass ee uunn rreett iiccuullaaddoo 2277..-- DDeebbuuxxoo ddoo ppeettrróógglliiffoo ddaa RReegguueeiirraa ddoo GGrriilloo ccoonn cciirrccooss ccoonnccéénnttrriiccooss ee uunn rreettiiccuullaaddoo

56 57

O patrimonio arqueolóxico e etnográficoO Outeiro dos Lameiros

que domina a regueira desde a súa parte alta. Unha das liñasque parte das combinacións circulares atravesa o reticulado oque denuncia unha cronoloxía anterior para este. (Fig. 27).

Preto deste petróglifo hai máis superficies con reticulados enon moi lonxe, no camiño empedrado que sobe da Porta Mián,xa na parroquia de Belesar, tanto nas beiras como nas propiaslaxes do camiño hai petróglifos con arte abstracta, reticuladose incluso un zoomorfo nos lugares coñecidos como A Regueirada Mexona, A Puexa e As Aveas.

Este mesmo camiño empedrado tradicional que sobecara á parte alta da serra, pronto pasa pola Comunidade de

Montes de Santa Cristina da Ramallosa ó pé do alto coñeci-do como O Grichouso ou O Pouso do Bico onde extremancon Belesar. Alí nunha superficie chan aparecen gravadosmotivos de arte abstracta que se veñen repetindo noOuteiro dos Lameiros, na Regueira do Grilo, na Puexa, nasAveas e agora aquí a 335 m.s.n.m. cunha ampla panorámi-ca visual. Son seis combinacións circulares de dous aneis eoutros catro circos simples con coviña central, todo o con-xunto encerrado por unha liña exterior da que parte unapéndice longo que remata nun circo con divisións interio-res, ó seu carón hai dous muíños naviculares e na laxe con-

Page 31: Outeiro dos lameiros

58 59

O patrimonio arqueolóxico e etnográficoO Outeiro dos Lameiros

2288.. -- DDeebbuuxxoo ddoo ppeettrróógglliiffoo ddee GGrriicchhoouussoo ccoonn cciirrccooss,, ccoovviiññaass ee mmuuiiññooss nnaavviiccuullaarreess

tigua hai outros seis que por estaren feitos na rocha basechamamos de soporte fixo. (Fig. 28).

Estes muíños aparecen en Galicia hai uns 6000 anos ápar da neolitización, é dicir, coa chegada da domesticación deplantas e animais e polo tanto do cultivo de cereais que hai quemoer para logo facelos panificables. Estes muíños navicularesde soporte fixo só aparecen entre o Morrazo e Caminha con sótres excepcións en Carnota, Agolada e Ribeira. Chama a aten-ción que aparezan no ámbito da arte rupestre ou compartindoa mesma superficie polo que dubidamos do seu uso domésticoe quizais teñan algún uso cultual ou ritual.

A riqueza arqueolóxica da zona complétase cunhamámoa na chamada A Chan da Bouza ou A Chan do Ceboleiro.Unha mámoa non é máis ca un enterramento prehistórico con-sistente nunha estrutura pétrea que pode ter uns poucos centí-metros de altura até, por exemplo, os catro metros da lousa decabeceira do dolmen de Dombate. As medidas varían segundoas zonas e as épocas. Esta estrutura recubríase con terra epedras e adquiría un aspecto de “mama”, o diminutivo é“mamula” do que procede o nome mámoa tamén chamadaarca, arquiña, casa dos mouros, namela, medoña, madorra, ...

Este xeito de enterrar comezou hai pouco máis de 6000anos e con distintas morfoloxías perdurou durante uns 2000anos. Nas mámoas en Galicia non se conservan restos huma-nos polo chan acedo pero si restos dos enxovais alí depositadosconsistentes en cacharros cerámicos, útiles líticos, puntas defrecha e incluso adornos metálicos.

Crese que nelas non enterraban a todos os membros dacomunidade senón os máis significados. Construír unha

Page 32: Outeiro dos lameiros

61

ACCESO ÓS OUTROS PETRÓGLIFOS

Desde a zona de entrada ó grupo de petróglifos doOuteiro dos Lameiros ó lado do petróglifo 17 ollamos cara ósur e collemos o carreiro que pasa por diante do portal daTomada dos Ineses, este camiño pronto chega a unha pistaque collemos cara a esquerda, baixámola menos de 100 m. eá esquerda nesa vagoada chamada A REGUEIRA DORETRUCA hai dous petróglifos sinalizados.

Volvemos sobre os nosos pasos até a pista e andámolacara a dereita en sentido ascendente até atoparnos conoutra que collemos á esquerda ó longo duns 400 metrosollando sempre á nosa esquerda A Regueira do Retruca,onde remata vemos xa o camiño empedrado que continúamonte arriba. Na ampla chan da dereita, seguindo a pista,coñecida como A Chan do Ceboleiro ou A Chan da Bouzaatópase unha mámoa que ollamos recortándose ó fondo.Pero nós onde vemos o camiño empedrado tiramos pola pis-ta da esquerda e a 200 metros pasamos unha zona chan,inmediatamente aparece outra valgada e alí á esquerda

mámoa supuña, dependendo das dimensións, un esforzocolectivo considerable acompañado dun complexo ritual deinhumanación.

A variedade patrimonial do monte de Santa Cristina com-plétase coa boa conservación en varios tramos dos camiñosempedrados tradicionais moitas veces erroneamente chama-dos camiños romanos. Pode ser que algún dos camiños empe-drados que cruzan as nosas vilas e aldeas coincidan con algúndos camiños romanos que comunicaban hai case dous milanos as distintas zonas do país pero a inmensa maioría doscamiños empedrados que coñecemos nas nosas aldeas e nosnosos montes son as vías que comunicaban aldeas veciñas ouos camiños que comunicaban cos montes dos arredores queconstituían un espazo forestal do que se obtiñan produtosindispensables na conformacion da economía rural; estámo-nos a referir a leña, pedra, estrume, pasto para o gando, ...

Estes camiños non sempre eran empedrados pero naszonas máis encostadas ou lamentas era bo que se petrificasenpara permitir unha mellor marcha dos carros. Este é o caso docamiño que sobe da Portamián do Castro na Medialdea deBelesar e viña cruzando O Río dos Bois e subía paralela áRegueira da Mexona, polas Aveas, ó pé das Fontaíñas a 300metros de altura cara as zonas altas da serra. O outro camiñoé aquel que sobe do barrio de Morade e discorre integramentepolos montes de Santa Cristina da Ramallosa acadando prontocotas superiores ós 250 metros na Regueira do Retruca á pardo Picoto da Bouza ou As Pedras da Queimada e os máis de300 metros na Costa de Quelle.

60

O Outeiro dos Lameiros

Page 33: Outeiro dos lameiros

UN MONTE VECIÑAL

MULTIFUNCIONAL

NUN MUNDO RURAL VIVO

A E

stac

ión

de A

rte

Rup

estr

e do

Out

eiro

dos

Lam

eiro

s

nunha laxe ben visible temos o petróglifo da Regueira doGrilo ou A Regueira da Mexona (para os de Baíña).

Facemos o camiño cara atrás e da chan devandita saeun camiño á esquerda que subimos até chegarmos a unhapista ancha que vén de San Cosme e vai cara Belesar.Andámola até atopar á dereita un marabilloso camiñoempedrado, é o que vén da Portamián (A Medialdea,Belesar). Subimos por el uns douscentos metros e temos quecortar á esquerda, atravesar outra pista para chegarmos áparte alta coñecida como O Grichouso ou O Pouso do Bico ealí atoparmos un conxunto de arte abstracta e muíños navi-culares.

62

O Outeiro dos Lameiros