Outeiro de Rei nº 5 · 2019. 3. 22. · Outeiro de Rei nº 5 Editorial Páxina 2 O capítulo de...

16
A adversa climatoloxía durante a maior parte do inverno e primavera influíu no deterioro da rede viaria local. O Concello realizou traballos de acondicionamento de varias pistas e camiños e xestiona a reparación de novos viais nas diferentes parroquias. As escolas deportivas serven de iniciación ao deporte para os máis novos, en balon- cesto, fútbol sala, ximnasia, artes marciais, atletismo, pádel, ciclismo, xadrez, etc. Pero o Concello de Outeiro de Rei apoia tamén aos clubs federados do municipio. A Festa dos Maiores chega esta ano á súa 21ª edición. O día 5 de xullo será unha data para lembrar vellos tempos, contar contos, xogar ás cartas, bailar, escoitar música e pasalo ben na Santa Isabel. Unha data que reflicte a unión dos nosos veciños e veciñas. Mellora da rede viaria Mellora da rede viaria Apoio ao deporte Apoio ao deporte Un pobo moi unido Un pobo moi unido www.outeiroderei.org Número 5 Revista de información municipal Verán 2013 Á creación de postos de traballo é un dos obxectivos prioritarios do Goberno muni- cipal. As bases están xa consolidadas cun Polígono Industrial moderno, con boas comunicacións e de futuro.

Transcript of Outeiro de Rei nº 5 · 2019. 3. 22. · Outeiro de Rei nº 5 Editorial Páxina 2 O capítulo de...

Page 1: Outeiro de Rei nº 5 · 2019. 3. 22. · Outeiro de Rei nº 5 Editorial Páxina 2 O capítulo de investimentos acapa-ra máis do 36% do orzamento munici-pal aprobado para 2013, que

A adversa climatoloxía durante a maior partedo inverno e primavera influíu no deterioro darede viaria local. O Concello realizou traballosde acondicionamento de varias pistas ecamiños e xestiona a reparación de novosviais nas diferentes parroquias.

As escolas deportivas serven de iniciaciónao deporte para os máis novos, en balon-cesto, fútbol sala, ximnasia, artes marciais,atletismo, pádel, ciclismo, xadrez, etc. Peroo Concello de Outeiro de Rei apoia taménaos clubs federados do municipio.

A Festa dos Maiores chega esta ano á súa21ª edición. O día 5 de xullo será unha datapara lembrar vellos tempos, contar contos,xogar ás cartas, bailar, escoitar música epasalo ben na Santa Isabel. Unha data quereflicte a unión dos nosos veciños e veciñas.

Mellora da rede viariaMellora da rede viaria Apoio ao deporteApoio ao deporte Un pobo moi unidoUn pobo moi unido

www.oute i rodere i .o rg

Número 55 RRevista dde iinformación mmunicipal VVerán 22013

Á creación de postos de traballo é un dosobxectivos prioritarios do Goberno muni-

cipal. As bases están xa consolidadascun Polígono Industrial moderno, con

boas comunicacións e de futuro.

Page 2: Outeiro de Rei nº 5 · 2019. 3. 22. · Outeiro de Rei nº 5 Editorial Páxina 2 O capítulo de investimentos acapa-ra máis do 36% do orzamento munici-pal aprobado para 2013, que

Outeiro de Rei nº 5 Editorial

Páxina 2

O capítulo de investimentos acapa-ra máis do 36% do orzamento munici-pal aprobado para 2013, que é , enconxunto, de case 5,2 millóns deeuros. Os gastos en bens correntes eservizos, no que están incluídos osservizos sociais, a recollida de lixo,mantemento do servizo eléctrico, dopavillón ou das dependencias munici-pais, representan outro 33 por cento.

As maiores aportacións ás arcasmunicipais (estado de ingresos) co-rresponden ás transferencias decapital e correntes, aos impostos,taxas e outros ingresos. A destacar obaixo nivel da débeda, clave para oequilibrio municipal e para afrontar ofuturo sen tensións orzamentarias.

ESTADO DE GASTOS (Ano 2013) € ESTADO DE INGRESOS (Ano 2013) €

Gastos de persoal 1.287.200 Impostos directos 1.055.000

Bens correntes e servizos 1.735.850 Impostos indirectos 69.000

Gastos financeiros 40.500 Taxas e outros ingresos 2.580.609

Transferencias correntes 87.200 Transferencias correntes 1.248.575

Investimentos reais 2.007.834 Ingresos patrimoniais 6.400

Transferencias de capital 0 Enaxenación de investim. 0

Activos financeiros 0 Transferencias de capital 234.000

Pasivos financeiros 35.000 Activos/Pasivos financeiros 0

TOTAL GASTOS 5.193.584 TOTAL INGRESOS 5.193.584

En plena sangría demográfica deGalicia, Outeiro de Rei é un dospoucos concellos da provincia cunbalance positivo. Os novos empa-droamentos e unha taxa de natali-dade moi por riba da media, com-pensan de sobras as baixas nocenso. Esta é unha boa noticia e amellor garantía para asegurar orelevo xeracional que confirma aOuteiro de Rei como un “concellode futuro”, unido ao alto nivel deservizos e infraestruturas paragarantir unha boa calidade de vidapara tódolos cidadáns.

As últimas eleccións volveron evidenciar que os veciños e veci-ñas de Outeiro de Rei confían no Partido Popular, outra vez omáis votado, e que as demais forzas política repártense arredordo 35 por cento do electorado. O PSdeG-PSOE segue a ser asegunda forza; a irrupción da AGE provocou a división do votonacionalista de esquerdas, mentres que outras forzas minorita-rias (UPyD, CxG, SCD...) recibiron un apoio simbólico. Unha vezmáis, o índice de participación en Outeiro de Rei foi superior ámedia rexistrada en toda a provincia de Lugo.

Page 3: Outeiro de Rei nº 5 · 2019. 3. 22. · Outeiro de Rei nº 5 Editorial Páxina 2 O capítulo de investimentos acapa-ra máis do 36% do orzamento munici-pal aprobado para 2013, que

Outeiro de Rei, nº 5

Claves do noso futuro

3

O Goberno Municipal, a Xunta de Galicia e os empresarios de Outeirode Rei escenificaron, durante a visita do conselleiro de Economía eIndustria, a unidade de acción para traballar a prol do desenvolvemen-to do Parque Empresarial. O apoio da Administración autonómica éclave para garantir o seu futuro. Na última lexistura, o Goberno galegoaportou máis de 4,3 millóns de euros ao tecido empresarial e produti-vo de Outeiro de Rei. Estas axudas están orientadas, sobre todo, afavorecer a mellora competitiva e a internacionalización das empresasdo municipio, a través do Instituto Galego de Promoción Económica.

Unidade, no apoio ao Parque Empresarial

Tecido industrial forte

Para o alcalde, José Pardo Lombao, "omellor aval para o éxito deste polígono écontar cun tecido empresarial forte, com-petitivo e innovador", e apuntou que"dende o Concello de Outeiro de Rei con-sidérase fundamental a posta en marchadeste tipo de infraestruturas como unhaoportunidade para favorecer o desenvol-vemento industrial e o cremento do muni-cipio, como unha garantía de futuro".

Un exemplo da expansión internacionalque se quere dar ás empresas do polígonoindustrial témolo en Ingapan, que exportaxa a 24 países de Europa, América e Asia.Esta empresa ten como obxectivo paraeste ano aumentar o seu comercio exte-rior con Italia, Alemaña, México e Brasil,sen perder de vista a tres das potenciasmundiais: Estados Unidos, Rusia e China,onde está dando os primeiros pasos.

Page 4: Outeiro de Rei nº 5 · 2019. 3. 22. · Outeiro de Rei nº 5 Editorial Páxina 2 O capítulo de investimentos acapa-ra máis do 36% do orzamento munici-pal aprobado para 2013, que

4

Solucións e máis infraestruturas

OBRAS E PROXECTOS EN ESTRADAS, EQUIPA

O Concello desenvolveiniciativas de novasinfraestruturas e mellorados servizos públicos

Aínda que non son tempos de bonanza eco-nómica, o Concello de Outeiro de Rei segue adesenvolver proxectos en obras e infraestrutu-ras demandados polos veciños e veciñas, epensados para que contribúan no futuro amellorar o seu benestar e a súa calidade devida. Exemplos recentes son a reforma devarias estradas con cargo ao Programa Estraté-xico de Infraestruturas do Medio Rural (PEIMRural), en colaboración coa Consellería deMedio Rural e do Mar da Xunta de Galicia.Neste proxecto investíronse 70.111 euros, queserviron para a rexeneración de camiños enTaboi (Pontenova), Silvarrei (Constante), Guillar(O Castro), Bonxe (Campo de Tiro-A Veiga),San Lourenzo e de Cela a Veiguicela.

A mellora da rede viaria local continúa coPlan de Obras e Servizos de 2012, a través doconvenio entre a Deputación Provincial de Lugoe o propio Concello de Outeiro de Rei. Trátasede renovar o firme de estradas e camiños endiferentes parroquias, cun investimento de30.588 euros (nesta iniciativa, o Concello apor-ta 16.078 euros). O Plan de Obras e Servizos de2013 tamén contempla outra partida de 31.411euros (16.901 euros son do Concello), cos quese continuarán os traballos de rexeneración dacapa de rodadura en tramos de estradas quepresentan algún deterioro.

Varias obras están xa execución, ou estáncontempladas no orzamento municipal de2013. A máis avanzada e a ampliación do pavi-llón polideportivo para sala multiusos, cun orza-mento de 180.000 euros. Desta cantidade, aConsellería de Medio Rural e do Mar, a travésdo Plan AGADER, financia 134.000 euros; oresto, 46.000, corresponden ao Concello de

Outeiro de Rei.En Parada está previsto acometer a constru-

ción do Centro Sociocultural, que disporá de35.000 euros das arcas municipais.

Outro proxecto é o de ampliación do servizode alumeado público, con financiamento ao100% do propio Concello, e un custe de 60.000euros, que beneficiará a varios núcleos.

Tamén neste ano se acometerá a prepara-ción dunha parcela do Parque Empresarial parao almacenamento de resíduos, de materiais emaquinaria de xestión ambiental. Esta iniciativacorresponde á Consellería de Medio Ambiente,dentro das partidas que asigna aos concellosincluídos no Fondo de Compensación Ambien-tal. O investimento é de 40.000 euros.

O Concello de Outeiro de Rei levará a cabo aurbanización de A Palloza, mediante a aporta-ción das cotas que lles corresponden aos pro-pietarios do solo. Destinaránse a este proxectoalgo máis de 1,5 millóns de euros.

A construción dunha salamultiusos no pavillón municipal,con fondos do Plan AGADERda Xunta de Galicia e do propioConcello de Outeiro de Rei,responde á, cada vez, maiordemanda de instalacións de-portivas. O alcalde, José PardoLombao considera que se trata“máis dun investimento de futu-ro, que dun gasto”.

Camiño daVeiga, enBonxe

Actualidade municipal

Page 5: Outeiro de Rei nº 5 · 2019. 3. 22. · Outeiro de Rei nº 5 Editorial Páxina 2 O capítulo de investimentos acapa-ra máis do 36% do orzamento munici-pal aprobado para 2013, que

Outeiro de Rei, nº 5 5

Beneficio para pobos e persoas

AMENTOS DEPORTIVOS E SERVIZOS BÁSICOS

Obras nas urbanizaciónsA Palloza e Triacqua

O Concello levou auga da traída aos veciñosda zona residencial de A Palloza (os propieta-rios pagaron o enganche), como unha medidaprovisional namentres non se executan os tra-ballos de urbanización. Os 50 residentesseguen con luz de obra e sen alumeado públi-co. Esta actuación municipal ten carácter pro-visional, ata que se executen as redes definiti-vas de abastecemento e de sumidoiros.

Tamén se están rematando as obras deurbanización en Triacqua, que quedarán com-pletadas en breve coa posta en servizo danova iluminación pública.

Rexeneración da calzadaen pistas e camiños

O Concello de Outeiro de Rei está a realizartarefas de conservación da rede viaria local,afectada polas adversas condicións climatoló-xicas que padecimos no pasado inverno e naprimavera. A Xunta de Galicia, a través daConsellería de Medio Rural, e o propio Con-cello de Outeiro de Rei traballan para mante-las en bo estado de uso e conservación.

O Programa Estratéxico de Infraestruturas do Medio Rural(PEIM-Rural) da Xunta permitíu realizar, entre outros, o afir-mado da estrada que comunica Taboi co límite de Cospeito, naPontenova . Neste proxecto, no que colabora o Goberno Cen-tral, a través do Ministerio de Agricultura, Alimentación e MedioAmbiente, investíronse algo máis de 70 mil euros. En anosanteriores tamén se realizaron con cargo a este programaoutras reformas en vías de comunicación das diferentes parro-quias do noso concello.

A Pontenova, en Taboi

Ampliación do pavillón polideportivo

Urb. Triacqua

Page 6: Outeiro de Rei nº 5 · 2019. 3. 22. · Outeiro de Rei nº 5 Editorial Páxina 2 O capítulo de investimentos acapa-ra máis do 36% do orzamento munici-pal aprobado para 2013, que

Actualidade municipal6

a democracia permite opinar

Eleccións Autonómicas en Outeiro de Rei

O PP consolídase como principal forza políticaAo igual que nas anteriores

eleccións municipais e xerais,o Partido Popular reafirmou asúa hexemonía en Outeiro deRei nos comicios autonómi-cos do pasado 21 de outubro.A lista do PP, que encabezabaRaquel Arias, superou abarreira do 60 por cento dosvotos en case tódalas mesaselectorais (en conxunto, aca-dou o 62,5%), a considerabledistancia das outras forzaspolíticas que concorriron aesta cita para renovar o Parla-mento Autonómico: o PSdeG-PSOE baixou ata o 14,2%; ado BNG foi a terceira candida-tura máis votada, co 10,7%,mentres que Alternativa Gale-ga de Esquerdas de XoséManuel Beiras (EU+ANOVA),a gran sorpresa nestes comi-cios, tivo que conformarse co8,8%. Outros partidos recibi-ron, en conxunto, 107 votos.O escrutinio contabilizoutamén 114 nulos e 85 enbranco. A participación foi do

71,11%, sobre un censo de4.430 electores.

Na comparativa coas elec-cións municipais de 2011,houbo 500 votos menos(daquela votaron 3.451, eagora 2.951). Este descensoafectou por igual a tódalasformacións, aínda que nocaso do BNG, tamén se viuperxudicado pola irrupción deEU+ANOVA.

A representación da provin-cia de Lugo na Cámara auto-nómica corresponde así a:Raquel Arias Rodríguez, Jai-me Castiñeira, José ManuelBalseiro, Agustín Vaamonde,Susana López, Daniel Varela,Isabel García, Jaime Íñiguez eVidal Martínez, do PartidoPopular; Concepción Burgo,Juan Carlos González, JoséRamón Val e Vicente Docasar,do PSdeG-PSOE; Ramón Váz-quez, de Alternativa Galegade Esquerdas; e CosmePombo, do Bloque Nacionalis-ta Galego.

P G-PSOEDE

1.8461.846

420420

317317

62,562,5

14,214,2

10,710,7

anova 261261 8,88,8

Forza política Votos 2012 %

Resultados en Outeiro de Rei

As principais formacións queconcorriron ás eleccións aoParlamento de Galicia cele-braron diferentes actos emítines no noso municipio.Entre todos eles destacou avisita de María Dolores deCospedal, secretaria xeral doPartido Popular, a unha dasnaves industriais instaladasen Outeiro de Rei. Coñeceuas modernas instalacións dePanadería Ousá e cualificou-nas como “exemplo a seguirpara a dinamización e a crea-ción de emprego en zonasrurais”. Estivo acompañadapor autoridades locais e pro-vinciais do seu partido.

Page 7: Outeiro de Rei nº 5 · 2019. 3. 22. · Outeiro de Rei nº 5 Editorial Páxina 2 O capítulo de investimentos acapa-ra máis do 36% do orzamento munici-pal aprobado para 2013, que

temos que dicir

Outeiro de Rei, nº 5 7

A pesar das dificultades económicas, que están a incidir negativa-mente na actividade empresarial e no emprego, Outeiro de Rei"segue a ser un dos concellos pioneiros na posta en marcha de ini-ciativas e programas dirixidos a mellorar a calidade de vida dosveciños e veciñas", en opinión do alcalde do concello, José PardoLombao. Todo elo, indica o rexedor municipal, sen baixar a gardaen aspectos fundamentais, como os servizos sociais, "buscandosolución aos problemas que nos plantexan os cidadáns nunhasituación máis vulnerable".PP..- ¿Cal é a situación actual do Concello de Outeiro de Rei?J. Pardo.- A crise afecta a tódolos concellos, e a tódolos cidadáns,en maior ou menor medida. A situación do Concello, dentro do quecabe, é boa. Apenas temos débedas, o que nos permite dedicar unhaparte importante dos nosos recursos a gastos produtivos, sexa naconstrución e reforma de obras públicas de interese xeral, co quetamén xeramos emprego, pero tamén a servizos de todo tipo, conespecial atención aos de carácter social. Sabemos que hai persoase familias que o están pasando mal, e a obriga do Concello deOuteiro de Rei é axuda-los, na medida das nosas posibilidades.PP..- ¿Qué destacaría da xestión municipal no último ano?J. Pardo.- Eu destacaría o aumento das horas da axuda a domici-lio e a ampliación da ludoteca, para atender rapaces ata 12 anos,co que, unido á gardería municipal, o Concello está a desenvolverunha axuda importante para os pais e nais traballadores. Estesdous colectivos, os das persoas maiores e o dos rapaces, son espe-cialmente importantes e debemos prestarlles unha atención priori-taria. Traballamos nun proxecto global, co obxectivo de fomentaro crecemento e ofrecer servizos acordes coas demandas dos veci-ños e veciñas do noso concello e temos, como resultado, o incre-mento da poboación e un lugar atractivo para vivir.PP..- ... e ¿para o 2013?J. Pardo.- Agardo que comece a clarificarse a situación económi-ca e laboral, a nivel xeral. En calquera caso, o Concello traballapara seguir progresando. Queremos avanzar na dotación do Par-que Empresarial, continuar coa mellora das vías de comunicación,potenciando os programas de atención aos maiores, ás mulleres eá infancia, e dando resposta axeitada ás demandas que nos formu-lan os nosos veciños e veciñas nas distintas zonas do municipio.

"O Concello está, como Adminis-

tración máis próxima ao cidadán,

para resolver os problemas que

xurden no día a día e que son da

súa competencia. Mantemos unha

preocupación constante para

atender, orientar e asesorar aos

veciños que quedaron sen empre-

go, e, tamén, ás familias que

teñen dificultades para chegar a

fin de mes. A nosa obriga é buscar

solucións, contando tamén co

apoio doutros organismos públi-

cos, para paliar ese problema e

que tódolos cidadáns, sen excep-

ción, poidan levar unha existencia

o máis digna posible".

José Pardo Lombao, alcalde:"Outeiro de Rei está na

vangarda de novasiniciativas para mellorar

a calidade de vida dosnosos veciños e veciñas"

Entrevista

Page 8: Outeiro de Rei nº 5 · 2019. 3. 22. · Outeiro de Rei nº 5 Editorial Páxina 2 O capítulo de investimentos acapa-ra máis do 36% do orzamento munici-pal aprobado para 2013, que

Actualidade municipal8

Manuel María, in memoriam

A memoria de Manuel María seguemáis viva ca nunca. A súa Funda-ción ven de publicar o poemario "Oslonxes de solpor", escrito en 1979 einédito ata o de agora. Este libro,que conta co patrocinio da Deputa-ción de A Coruña, pode adquirirsecun CD de poemas seus, interpreta-dos por Uxía, e co DVD de AnxaGonzález Refoxo e publicado porPixel Films "De amor e cantería",adicado a Manuel María e que aca-dou o premio Mestre Mateo comomellor obra experimental.

O proxecto para conver-ter a casa natal de ManuelMaría nun museo e centropermanente para dar acoñecer e divulgar a súaobra literaria, está máispreto de facerse realidade.Trala adquisición do inmo-ble, comezaron as obras derehabilitación do edificio edo terreo circundante, asícomo a construción doauditorio, nunha iniciativa da Fundación Manuel María de Estu-dos Galegos, que conta co apoio de distintas AdministraciónsPúblicas, entrelas o Concello de Outeiro de Rei.

Os traballos que se levan a cabo corresponden á achega de90.359 euros realizada pola Xunta de Galicia ao abeiro do PlanAGADER, con fondos FEADER da Unión Europea, e do Ministeriode Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño. No seu día, o con-selleiro de Cultura da Xunta asinou un convenio coa presidenta

da Fundación Manuel Maríae viuva do poeta, SaletaGoy, que incluía o proxectode construir un auditorio,para que se convirta nunreferente cultural para osnosos veciños e nun ali-ciente turístico para Outeirode Rei e toda a comarca daTerra Chá. A intención daXunta de Galicia é "poñeren valor a figura do poeta",

que naceu e está soterrado no cemiterio de Outeiro de Rei, coque medrarán as posibilidades de ofrecer rutas culturais vence-lladas con escritores da nosa bisbarra.

A casa-museo acollerá o legado do escritor, tanto a obra lite-raria como obxectos persoais: a colección de reloxos, bastóns,plumas e lentes do escritor, así como serigrafías, acuarelas,óleos e retratos realizados por diferentes artistas, como Lugrís,Maside, Laxeiro ou Isaac Díaz Pardo.

Publicación de “Os lonxes do solpor”, poemario inédito de 1979

Cobra fforma aa CCasa-MMuseo dde MManuel MMaría een OOuteiro dde RRei

Page 9: Outeiro de Rei nº 5 · 2019. 3. 22. · Outeiro de Rei nº 5 Editorial Páxina 2 O capítulo de investimentos acapa-ra máis do 36% do orzamento munici-pal aprobado para 2013, que

Outeiro de Rei, nº 5 9

apoio solidario e necesario

Servizos Sociais: apoio para os que máis o necesitanO Concello amplía o Servizo de

Axuda no Fogar, que dácobertura xa a 50 familias

Os Servizos Sociais merecen unha atención especial porparte do Concello de Outeiro de Rei dende hai moitos anos,pero aínda máis dende que comezou a crise, o que motivouque aumentaran as peticións de axuda por parte dos veci-ños e das familias do municipio.

Un dos servizos básicos é o de Axuda no Fogar. O Conce-llo considera prioritario potenciar esta liña de apoio, a pesardos recortes das subvencións por parte doutras Administra-cións públicas. Neste intre son 52 as persoas ou familiasque se benefician deste programa: 29 corresponden á Lei deDependencia, e outros 23, á chamada"prestación básica". En conxunto, oServizo de Axuda no Fogar realiza 962horas ao mes con persoas dependen-tes, e outras 351 horas para beneficiara veciños e veciñas con dificultadespara atender as súas necesidadesbásicas. O financiamento deste servizocorre a cargo do Concello de Outeirode Rei, que aporta o 67% do custetotal do servizo, a Deputación Provin-cial de Lugo e os usuarios, que partici-pan no copagamento en función doseu nivel de renda .

Para o alcalde, José Pardo Lombao,"é preferible aumentar as taxas antesque limitar o servizo. Por eso, tratamos

de atender a tódalas persoas que o necesitan, e non axusta-mos o servizo de axuda no fogar á dispoñibilidade económicaque tiñamos antes". O rexedor municipal de Outeiro de Reiconsidera que "nun momento de crise como éste, apostamospor manter o servizo, aumentando o esforzo do Concello edos usuarios, segundo as súas posibilidades económicas".

A implicación do Concello cos Servizos Sociais manifestou-se tamén na organización dun curso de formación para coi-dadoras non profesionais de persoas dependentes, impartidopor COGAMI no salón de actos da Casa da Cultura, en cola-

boración coa Xunta de Galicia.

Reparto de alimentosDúas ou tres veces ao ano, o Concellode Outeiro de Rei colabora coa CruzVermella no reparto de alimentos bási-cos a familias necesitadas do nosomunicipio. En 2012, entregáronse 86lotes (43 en cada unha das quendas),que incluiron produtos de “primeiranecesidade”, como aceite, legumes(fabas), arroz, conservas de peixe,leite, galletas, pastas, tomate frtitidoou zumes. A crise reflíctese no incre-mento de familias que solicitan estaaxuda, xa que no ano 2011 eran 34, eagora son 43.Reparto de alimentos

Traballando na prevencióndas drogodependencias

O Servizo de Prevención das Drogo-dependencias, que atende aos conce-llos de Begonte, Rábade e Outeiro deRei, desenvolve un programa de infor-mación e asesoramento para previr oconsumo de drogas entre os nososadolescentes. Un dos talleres implicoua un equipo multidisciplinar, integradopor un psicólogo, un educador social,docentes, titores e persoal do centropenitenciario de Bonxe. A finalidadedeste programa é informar a rapaces exoves para erradicar ou mitigar estagrave lacra social.

A Xunta puxo en marchao Transporte Metropolitano

Os veciños e veciñas do concello deOuteiro de Rei xa se benefician dendefinais do pasado ano da tarxeta detransporte metropolitano de Lugo. Esteplan, promovido pola Xunta, implicaunha serie de beneficios, non só paraos cidadáns, senón tamén para os con-cellos e o medio ambiente. Así, o aforromedio anual para un usuario frecuentedo transporte público pode oscilar entre300 e 850 euros, dependendo da orixee destino dos seus desprazamentos. Obillete máis barato custa 79 céntimos,e o máis caro, 2,05 euros.

Destinados 3.000 euros enaxudas para material escolar

O Concello de Outeiro de Rei incluíu noorzamento municipal unha partida de3.000 euros para apoiar ás familias naadquisición de material escolar para ocurso 2012/13. A cuantía das axudasdependeu dos niveis de renda dasfamilias, cun importe máximo de 200euros. O alcalde, José Pardo, destacou"o esforzo feito polo Concello por man-ter esta liña de axudas, da que se poi-deron beneficiar alumnos/as das dife-rentes etapas educativas". Máis duncentenar de escolares recibiron esteapoio económico municipal.

Page 10: Outeiro de Rei nº 5 · 2019. 3. 22. · Outeiro de Rei nº 5 Editorial Páxina 2 O capítulo de investimentos acapa-ra máis do 36% do orzamento munici-pal aprobado para 2013, que

ao servizo de tódolos cidadáns

Actualidade municipal10

Fomentar costumes saudables, queinciden na mellora da saúde física e men-tal dos nosos veciños e veciñas, é un ob-xectivo importante do Concello de Outeirode Rei. Tanto as actividades para as per-soas maiores, como as incluídas no pro-grama de inverno, contribúen a este fin.

Unha destas propostas é a Ximna-sia para maiores, que se desenvol-veu en dúas quendas. A primeira, noúltimo trimestre de 2012, e a segun-da, do 4 de febreiro ao 20 de maiopasado. O Centro Cultural acolleuestas clases para unhas 25 persoas,que melloraron a súa condición físi-ca e aprenderon a manterse enforma mediante unha ximnasia

suave e adaptada á súa idade.O programa "Coida os teus pés" segue

a ter unha boa acollida e foron moitos osveciños e veciñas que acudiron ao CentroMédico (os que o desexen aínda teñentempo ata o día 10 de xullo) para resolverproblemas relacionados coa saúde e o

coidado dos pés (unllas encarnadas,durezas, caiosidades, etc.). O servizo estáoperativo os dous primeiros mércores decada mes, de 11:00 a 13:00 horas. Namesma liña de mellora da saúde hai queincluir as charlas informativas que organi-za o Concello a través do Servizo de

Desenvolvemento Local.Tamén se incluiron nas actividadesde 2012/2013 clases de informáticabásica, para coñecer cómo se acce-der a Internet e ao correo electróni-co, e o uso de programas de trata-mento de textos. Estas clases tive-ron lugar no Centro Cultural dende o6 de marzo, en dous grupos detarde, a partires das 16:30 horas.

A calidade de vida depende,en boa medida, da saúde e dacondición física e mental. OConcello de Outeiro de Reiorganiza ao longo do anodiferentes actividades quecontribúen a este obxectivo. Áesquerda, clases de pilates(38 participantes, en dous tur-nos, de mañá e tarde). Abaixo,ximnasia para adultos, noCentro Cultural.

Interesados pola saúde e o benestar da xente

Informática para adultos

Page 11: Outeiro de Rei nº 5 · 2019. 3. 22. · Outeiro de Rei nº 5 Editorial Páxina 2 O capítulo de investimentos acapa-ra máis do 36% do orzamento munici-pal aprobado para 2013, que

Outeiro de Rei, nº 5 11

programas de conciliación

Os rapaces aproveitan mellor o tempo e progresan no estudo

Os programas de “conciliación”, unha axuda para moitas familiasOutra liña de traballo do Goberno

municipal de Outeiro de Rei é a con-solidación de servizos que contribúena que aumente o censo, sobre todocon persoas que buscan no nosomunicipio unha mellor calidade devida, a partir da tranquilidade, danatureza e dun bo nivel de servizospúblicos.. Este incremento de poboa-ción débese á chegada ou asenta-mento de parellas xoves, proceden-tes, en boa medida, da capital da pro-vincia, que valoran as boas comunica-cións, o entorno natural, prezos máiseconómicos e uns servizos de primei-ro nivel. O Concello de Outeiro de Reiesfórzase a cotío para continuar conesta tendencia, favorecendo tamén aconciliación da vida laboral e familiar.

Os programas "Outeiro Lúdico","Outeiro Madrugador" e "Outeiro Tar-des" están pensados para que osnenos e nenas aproveiten o tempofóra do horario lectivo no CEIP Laver-de Ruiz, con actividades orientadas a

que melloren a súa aprendizaxe e creativi-dade. “Outeiro Madrugador” abranguedende as 8:00 da mañá ata o comezo dasclases (9:30). “Outeiro Tardes”, dende asaída, ata ás 20:00 horas.

De xeito complementario, a Escola Infan-

til Municipal acolle aos máis pequenos, atatres anos, en horario de 8:00 a 20:00horas, nunhas modernas instalacións, benaproveitadas, que, dende a súa inaugura-ción, tiveron cubertas as 41 prazas dispo-ñibles.

Outeiro Madrugador

A Banda Municipal de Música segue a serunha embaixadora cultural de Outeiro deRei. Esta agrupación súrtese, en boamedida, dos alumnos/as da Escola deMúsica do Concello. O seu repertorio soaen festas e romarías populares, e nuncafalla na Feira de Artesanía e nas Festas deSanta Isabel, nin no Concerto de Nadal naresidencia Carlos IV.

Outeiro de Rei tivo protagonismo na exposición"Gallaecia petrea", organizada pola Xunta na Cida-de da Cultura de Santiago. Máis de 35 mil perso-as, entrelas o presidente galego, Alberto NúñezFeijóo (na imaxe, durante unha visita institucionala esta mostra sobre a historia de Galicia gravadaen pedra) poideron observar unha dobre machada,unha aixola e mazas atopadas na parroquia deCela e na mámoa do Pago de Matela.

Banda dde MMúsica: eembaixadora ccultural

Exposición ““Gallaecia ppetrea”

Descubrindo a nosa historia

Page 12: Outeiro de Rei nº 5 · 2019. 3. 22. · Outeiro de Rei nº 5 Editorial Páxina 2 O capítulo de investimentos acapa-ra máis do 36% do orzamento munici-pal aprobado para 2013, que

Actualidade municipal12

Programas lúdicos

Talleres, rutas de sendeirismos e cursos son algunhas das pro-postas do Concello de Outeiro de Rei, dentro do programa deactividades de promoción da muller, que cumple agora a súa13ª edición, e que se alongará ata o 25 de novembro, coa cele-bración do Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Oalcalde, José Pardo, e a concelleira de Servizos Sociais, MaríaJosé Martínez, presidiron o acto de presentación, no salón deactos da Casa da Cultura. A primeira actividade foi a de infor-mática básica, seguida de Aquafitness (ximnasia na auga), encolaboración co Centro Deportivo Aqualife. O programa taménincluíu a celebración do Día Internacional da Muller Traballadora(8 de marzo), unha visita á Feira do Ferro de Riotorto. E, naactualidade, o Concello tamén celebra un taller de elaboraciónde conservas e marmeladas, e, de cara ao verán e outono, o xatradicional "Percorrendo Outeiro de Rei" (nesta ocasión, polotramo Piogo-Gondai, un taller de patchwork e outros sobre ocoidado das persoas maiores e de busca de emprego.

Actividades dde PPromoción dda MMuller

Presentación

Charla sobre saúde no Día da Muller Traballadora

Preparando unha entrevista de traballo

Xa é realidade a chegada do gas natural (ou gas cida-de) a Outeiro de Rei. As novas urbanizacións son asprimeiras que se benefician deste servizo, que está ater unha importante demanda, segundo a empresasubministradora. Técnicos de Gas Natural-Fenosa par-ticiparon nunha sesión informativa no salón de actosda Casa da Cultura, para dar a coñecer as avantaxes ea dispoñibilidade deste combustible gasesoso. Nume-rosos veciños e veciñas interesáronse polo novo servi-zo, que se irá extendedo paulatinamente polo nosoconcello, en función da demanda que teña.

Casa da Cultura

Curso de patchwork (setembro-decembro 2012)

Lecer e Cultura, para todos/asO programa de inverno lúdico, cultural e deportivo doConcello de Outeiro de Rei incluíu unha morea de acti-vidades adaptadas ao gusto dos nosos veciños e veci-ñas. Ademais das festas tradicionais (Magosto, Reis,Entroido...), celebráronse talleres para nenos, bailesde salón, dúas etapas do Camiño Portugués a Com-postela, un curso de teatro, a semana do cine, pintu-ra con témpera e debuxo e o 7º mercadillo sen cartos.Para mulleres, organizouse un curso de cestería devaras, e dende a Oficina de Información Xuvenil, cla-ses de ximnasia rítmica, a Escola de Música, patina-xe/hóquei e un curso de carboncillo e pintura. Houbotamén un amplo apartado adicado ás actividadesdeportivas (páx. 14).

Page 13: Outeiro de Rei nº 5 · 2019. 3. 22. · Outeiro de Rei nº 5 Editorial Páxina 2 O capítulo de investimentos acapa-ra máis do 36% do orzamento munici-pal aprobado para 2013, que

Outeiro de Rei, nº 5 13

turismo e deporte

Os nosos rapaces, a bo nivel nos Xogos da Mancomunidade

O importante non era gañar ou perder, pero, aínda así,Outeiro de Rei tivo un papel destacado nos XXII Xogos daMancomunidade da Terra Chá, celebrados o pasado 17 demaio en Cospeito. Máis de 450 rapaces e rapazas de Abadín,Castro de Rei, Cospeito, A Pastoriza e Outeiro de Rei alterna-ron partidos de fútbol sala, baloncesto, xadrez e tenis demesa (o día 14 celebráronse as probas de atletismo). O alcal-de, José Pardo Lombao, e a concelleira Pilar Méndez acom-

pañaron aos nosos xoves deportistas neste día de festa queserve para unir aínda máis aos concellos da Mancomunidadeda Terra Chá.

Os Xogos da Mancomunidade celébranse dende hai 22anos de xeito itinerante polos cinco concellos. Máis que ocarácter competitivo, preténdese que sirvan para a exaltacióndo deporte, fomentando valores como o xogo limpo por enri-ba do resultado da competición.

Unha nova guía cun mapa desplegable deOuteiro de Rei, editada polo Concello coacolaboración económica da Xunta, inclúeinformación detallada sobre actividades,natureza, patrimonio, festas e ferias, etc.

A Feira Internacional de Turismo (FITUR), dentro do expositor da Mancomunidade da TerraChá, Turexpo de Silleda ou as festas da Milagrosa serviron para promocionar, un ano máis,a potencialidade turística de Outeiro de Rei. O Concello considera que este esforzo é pro-dutivo, xa que dá a coñecer os recursos naturais, paisaxísticos, gastronómicos, hostelei-ros ou medioambientais dun concello en contínuo crecemento.

Turexpo 2013

Outeiro de Rei, máis coñecido

Page 14: Outeiro de Rei nº 5 · 2019. 3. 22. · Outeiro de Rei nº 5 Editorial Páxina 2 O capítulo de investimentos acapa-ra máis do 36% do orzamento munici-pal aprobado para 2013, que

afección polo deporte

14 Actualidade municipal

O CONCELLO DE OOUUTTEEIIRROO DDEE RREEII, CO DEPORTE

O pavillón municipal acolleu ás 150 ximnastas que participaron no Torneo Terra Chá de ximnasia rítmica.

As clases de aerobic e pilates están orientadas, sobre todo, á poboaciónadulta. Pero os máis novos tamén son destinatarios de diferentes activi-

dades. O xadrez (na imaxe inferior) serve para mellorar a capacidadede análise e a axilidade mental dos máis novos.

Non hai excusa para non practi-car deporte. O Concello de Outei-ro de Rei desenvolve ao longo detodo o ano un completo programapara que os veciños e veciñas detódalas idades se manteñan enforma, adquiran costumes sauda-bles de vida e practiquen as moda-lidades que máis lle gustan. Oprograma do inverno incluíu asescolas deportivas de fútbol-sala,artes marciais e ximnasia rítmica.Tamén houbo clases de psicomo-tricidade, aeróbic, pilates, tenis,xadrez, batuca infantil, atletismoe patinaxe, con notable éxito departicipantes, sobre todo entre axente máis nova.

O Concello, como en anos ante-riores, mantén o apoio aos clubsfederados do noso municipio e seencarga das tarefas de mantemen-to do pavillón polideportivo, doscampos de fútbol e doutras insta-lacións municipais. Precisamente,o pavillón municipal está a ser am-pliado para ofrecer aínda máisposibilidades para a práctica dodeporte, coa construción dun mo-derno ximnasio e dunha sala mul-tiusos (ver páxina 4).

Page 15: Outeiro de Rei nº 5 · 2019. 3. 22. · Outeiro de Rei nº 5 Editorial Páxina 2 O capítulo de investimentos acapa-ra máis do 36% do orzamento munici-pal aprobado para 2013, que

Páxina 15

A Feira de Artesanía chega á 7ª edi-ción, consolidada como unha das im-portantes da provincia de Lugo. A citaserá o día 6 de xullo, cadrando coasfestas da Santa Isabel. Está previstoque acudan máis de 100 expositoresde toda a Comunidade, con produtosornamentais, domésticos e apeiros delabranza, téxtiles, de alimentación,xoguetes, obxectos en madeira, coiroe ferro, e, como tamén é tradicional, aolería de Bonxe, que sitúa a Outeirode Rei nun lugar privilexiado no mapada artesanía galega.

Ademais da expo-sición de produtosartesanais e de ali-mentación, o pro-grama inclúe de-mostracións en vivo(exhibición de agi-lity e de traballosforestais con moto-serra), obradoirosinfantís, tirolina eactuacións musi-cais. Eiquí teñenprotagonismo a no-sa Banda Municipale a de gaitas daAsociación CulturalPenas de Rodas.

O Concello de Outeiro de Rei organi-za, como cada verán e comezo dooutono, unha morea de actividadeslúdicas, festivas, culturais, deportivase formativas para que a xuventudepoida disfrutar a tope do seu períodovacacional e os veciños, en xeral,poidan aprender e divertirse. Dende aFesta da Xuventude, comeza unamplo programa dirixido a rapaces erapazas, que inclúen clases de pintu-ra, manualidades, natación, tenis,ciclismo, piragüismo, entrenamentodas escolas deportivas, o roteiro a pé"Percorrendo Outeiro de Rei", obra-doiros de patchwork, sobre coidadodas persoas maiores, etc., pararematar co Día Internacional contra aViolencia de Xénero.

O Concello organiza os campamentos urbanos durante o mes dexullo. Haberá ún, entre os días 1 e 5, para nenos /as de entre 4 e 7anos, e o segundo será do 8 ao 12, tamén de xullo, para os queteñan de 8-13 anos. En cada quenda haberá 25 prazas, respetandoa orde de inscrición, con preferencia para os nenos empadroadosen Outeiro de Rei e os alumnos/as do CEIP Laverde Ruiz.

Nestes campamentos haberá xogos cooperativos, talleres demanualidades, e visitas ao Club Fluvial de Lugo e ao parque acuáti-co de Cerceda. A finalidade é que os rapaces aprendan, se divirtane melloren a convivencia, participando en actividades de grupo.

Page 16: Outeiro de Rei nº 5 · 2019. 3. 22. · Outeiro de Rei nº 5 Editorial Páxina 2 O capítulo de investimentos acapa-ra máis do 36% do orzamento munici-pal aprobado para 2013, que

Cerca do mediodía comezan a chegar os nosos maiores e vanseacomodando para participar na misa en memoria dos veciños eveciñas difuntos. Unha orquestra encárgase, despois, de ame-nizar o baile, que sempre hai xente animada, e crear bo ambien-te para a comida. E chegou o tempo de disfrutar cun xantartípico da nosa terra: na pasada edición, con polbo, empanada,

churrasco e carne ao caldeiro. E despois, contos, lembranzas,xogos e, outra vez, baile para "baixar" a comida e lembrarvellos tempos. Como cada ano, o alcalde, José Pardo Lombao,e a concelleira de Servizos Sociais, Mª José Martínez Vigo,entregan agasallos ás persoas de máis idade de Outeiro de Reique participan nesta emotiva xuntanza.

O Campo de Santa Isabel, acarón do río Miño, volverá reunireste ano (día 5 de xullo) aosxubilados do concello de Outeirode Rei, na que será a 21ª ediciónda Festa dos Maiores. Unhaocasión para o reencontro, paradisfrutar cos familiares, amigose veciños, e, por suposto, coalcalde e os concelleiros da Cor-poración, e os párrocos do muni-cipio. Unha xornada cun variadoprograma de actividades, pensa-do como un homenaxe aoshomes e mulleres que traballa-ron polo seu porvir e, ao mesmotempo, polo progreso do conce-llo de Outeiro de Rei.

Edita: Concello de Outeiro de Rei - Imprime: RODI Artes Gráficas S.L. - Dep. Legal: OU 126-08