01 Letras Galegas - elidealgallego.com · MANUEL MARÍA Manuel María nace en Outeiro de Rei da...

32
MARTES, 17 DE MAYO DE 2016 Manuel María no regato do Cepelo, en Outeiro de Rei. MARÍA ESTEIRÁN 1 ManuelMaría letrasgalegas

Transcript of 01 Letras Galegas - elidealgallego.com · MANUEL MARÍA Manuel María nace en Outeiro de Rei da...

MARTES , 17 DE MAYO DE 2016 Manuel María no regato do Cepelo, en

Outeiro de Rei. MARÍA ESTEIRÁN

1

Man

uelM

aría

letr

asga

lega

s

MANUEL MARÍA

Manuel María nace en Outeiro de Rei da Terra Chá (Lugo) o 6 de outubro de 1929, no seo dunha familia de labregos máis que aco-modada. Comeza a escola en Outeiro en plena guerra civil. Logo prepara en Rábade o ingre-so no Instituto cun mestre que dedica as tardes dos sábados a ler e comentar textos poéticos galegos, o que lle permite descu-brir a existencia da literatura ga-lega de mozo. Inicia o Bacharela-to no curso 1942-43 no Instituto Masculino de Lugo. Antes de re-matar o primeiro curso, en maio de 1943, morre o seu pai e faise cargo da súa educación o seu tío paterno, párroco de San Froilán e profesor de Filosofía no Institu-to Feminino da cidade luguesa.

OS SEUS ORIXES

Sempre que pode retorna aos seus eidos, á liberdade de Outei-ro de Rei, onde vive días moi feli-ces coa nai e cos irmáns, inte-grándose no mundo labrego. Precisamente é cun criado que traballa na casa, Manuel de Pa-derna, co que aprende a facer versos. Ademais da influencia cultural do seu tío crego, moi for-mado en Teoloxía, Filosofía e Li-teratura, nese tempo da adoles-cencia de Manuel María é para el lectura habitual A Biblia, a obra de Rubén Darío, os clásicos espa-ñois e a Xeración do 27.

1949 é un ano transcendente e decisivo na vida de Manuel Ma-ría. Con só dezanove anos pro-nuncia no Círculo das Artes de Lugo a súa primeira conferencia; intégrase na tertulia luguesa do café Méndez Núñez, invitado polo poeta Luis Pimentel, na que participan tamén escritores como Ánxel Xohán, Ánxel Fole, Ramón Piñeiro, Aquilino Iglesia Alvari-ño, Álvaro Cunqueiro ou Carba-llo Calero; convértese en editor da revista Xistral –onde publica os seus primeiros versos en gale-go–, e escribe o seu primeiro poe-mario, “Muiñeiro de brétemas”, que sairá ao ano seguinte na co-lección Benito Soto.

REDACCIÓN A Coruña que marca a aparición dunha nova corrente poética na lírica galega: a Escola da Tebra.

Tamén en 1949 matricúlase en Filosofía e Letras na Universi-dade de Santiago, estudos que abandona ao ano seguinte. Na-cen os primeiros versos de “Mo-rrendo a cada intre”. A morte en accidente do seu irmán máis novo prodúcelle unha profunda crise íntima e relixiosa que o leva a escribir “Libro de pregos”. Pouco despois fai o servizo mili-tar en Parga e en Compostela, onde coincide de novo con Uxío Novoneyra. Na cidade de Com-postela manterá unha grande re-lación cos intelectuais galeguis-tas, especialmente con Otero Pedrayo e Carlos Maside. Este úl-timo achégao á realidade do pen-samento marxista.

O ANO 1949PRONUNCIA UNHA CONFERENCIA NO CÍRCULO DAS ARTES DE LUGO, INTÉGRASE NAS TERTULIAS, CONVÉRTESE EN EDITOR DE XISTRAL E ESCRIBE O SEU PRIMEIRO POEMARIO

BibliografíaXÉNERO: Poesía Editorial Colección Benito Soto, 1950.

É o seu primeiro poemario, a primeira obra que sae á luz dun poeta novo e o texto que marca a aparición dunha nova corrente poética na lírica galega: a Escola da Tebra.

XÉNERO: Poesía Editorial Galaxia, 1963.

Libro heteroxéneo no que recolle obra moi diversa e no que asoma unha máis nítida conciencia do seu quefacer poético e seguridade expresiva, ademáis de intensificar os elementos do seu traballo.

XÉNERO: Poesía Ediciones Celta, 1958.

Primeiro libro da lírica galega que se pode colocar na liña da denuncia, eso sí, dende un plantexamento personal, sin trasfondo ideolóxico e cun estilo máis fluido e simple.

XÉNERO: Poesía A. C. Lóstrego e Edicións, 1977.

O poeta inicia o regreso ao amor e aos eidos nativos como temas da creación literaria. Esta obra, escrita no umbral desa época, sinala un novo rumbo na voz poética de Manuel María.

Muiñeiro de brétemas

Mar maior

Documentos personaes

Poemas o outono

XÉNERO: Poesía Editorial, 1925.

Un exemplo da su obra escrita nunha época na que no campo creativo a súa voz era cada vez máis comprometida e combativa.

Versos pra cantar en feiras e romaxes

LETRAS GALEGAS2 MARTES , 1 7 DE MAYO DE 2016

Na feira do libro en Sarria en 1981, Ánxel Fole, Manuel María e Fiz Vergara Vilariño

Compromiso coa cultura, coa terra e con Galicia

O seu primeiro libro de poe-mas, que acada un grande eco nos xornais e recibe o eloxio de figuras como Otero Pedrayo, ten un triple valor histórico: é o pri-meiro libro que publica Manuel María, é a primeira obra que sae á luz dun poeta novo e é o texto

Entrou como académico numerario na Real Academia Galega no ano 2003

BibliografíaXÉNERO: Narrativa infantil/xuvenil Editorial Everest, 1997.

Estes relatos escribíronse á marxe de modas e modos de narrar. O autor procura plasmar os días e os traballos dos labregos, fuxindo do costumismo, do realismo e do folclorismo.

XÉNERO: Narrativa infantil Everest Galicia, 2003.

Precioso libro infantil que conta a historia de Mimí, un gato manso, agarimoso e moi, moi presumido. Os ratos tíñanlle un medo enorme. Rato que se atrevía a aparecer na casa de Fiz pagaba moi cara a súa valentía.

XÉNERO: Narrativa Editorial Nova Galicia, 1990.

Recolle, nun só volume, os seus relatos hai moitos anos esgotados. Trátase dunhas narraciós moi variadas, enraizadas fortemente no popular.

XÉNERO: Teatro Edicións Castrelos, 1968.

Texto teatral no que Manuel María recuperaba personaxes e situacións do espectáculo que popularizou o xénero dos monicreques e que o fixera rir cando era un neno.

As ribeiras son escuras

O bigote de Mimí

Os ontes do silencio

Barriga verde

XÉNERO: Teatro Escola Dramática Galega, 1979.

Texto teatral fermoso e inesquecible publicado baixo o título “Aventuras e desventuras dunha espiña de toxo chamada Berenguela”, un dos máis populares do autor.

Berenguela

LETRAS GALEGAS 3 MARTES , 17 DE MAYO DE 2016

En Lugo inicia os estudos e prácticas de Procurador dos tri-bunais, publica o seu segundo poemario e gaña o Premio Caste-lao de Poesía do Centro Galego de Bos Aires. No verán de 1953 escribe a primeira redacción de “Terra Chá”, que é un verdadeiro reencontro coa vida chairega e coas súas raigames labregas. Son anos de intensa creación poética, que se traduce en diversos libros.

En 1956 Manuel María coñece a Saleta Goi e ábrese unha nova etapa persoal na vida do escritor. Casan en Lugo tres anos máis tar-de e instálanse en Monforte de Lemos, onde o poeta exercerá a actividade profesional de procu-rador até a súa xubilación.

Entre 1959 e 1963 manteñen unha grande relación co grupo de intelectuais de Ourense (Vi-cente Risco, Otero Pedrayo, Flo-rentino Cuevillas...) e asisten ás primeiras reunións para reorga-nizar o nacionalismo galego, un proceso político no que é clave a figura de Méndez Ferrín. É a épo-ca do Consello da Mocedade e da ruptura co piñeirismo. Intensifi-ca, así mesmo, a súa creación, non só como poeta, senón tamén como narrador e dramaturgo. Desta época destacan libros como “Documentos persoaes” (1958) e “Mar Maior” (1963).

A resistencia cultural incre-méntase na segunda metade dos

sesenta, ao tempo que aparecen os primeiros partidos nacionalis-tas galegos. O compromiso de Manuel María ao longo deses anos levao a percorrer o país e a participar en importantes acon-tecementos para a cultura gale-ga: a presentación de Raimon e da Nova Canción Galega, a crea-ción da colección de poesía Val de Lemos, a edición de discos en colaboración con Edigsa, a inau-guración da Libraría Xistral...

No campo creativo a súa voz é cada vez máis comprometida e combativa: “Versos para un país de minifundios”, “Versos para cantar en feiras e romaxes”, “Re-mol”, “Canciós do lusco ao fus-co…”. En 1975 presenta a súa re-nuncia como membro da Real Academia Galega dada a inefica-cia desta institución en defensa da lingua galega e dona a propie-dade de Edicións Xistral ao recén creado Frente Cultural da AN-PG, organización da que Manuel Ma-

ría será un activo militante. O poeta non renunciará en ningún momento ao seu compromiso ac-tivo co nacionalismo galego, for-mando parte inclusive das candi-daturas ao Senado e ao Concello de Monforte. Participa activa-mente nas actividades de entida-des como a Asociación Socio-Pe-dagóxica Galega ou a recén creada Asociación de Escritores en Lingua Galega

RECOÑECEMENTOS

Son moitas as homenaxes, os premios e os recoñecementos: Premio Celanova, Casa dos Poe-tas, Fillo Adoptivo de Monforte de Lemos, Amigo de Quiroga, Lucense do Ano, Pedrón de Ouro, Irmandade do Libro, Letra E da AELG, Premio Otero Pedrayo, etc. Mais hai dous actos que fo-ron moi especiais para o poeta: a homenaxe nacional que a AS-PG lle tributou no Teatro Rosalía de Castro en 1995 e a entrada como académico numerario na Real Academia Galega en 2003.

En 1998 Manuel María e Sale-ta trasladan a súa residencia á ci-dade da Coruña, onde pasa os seus últimos anos e onde mante-rá unha tertulia no Kirs.

Manuel María falece o 8 de se-tembro de 2004 na Coruña. Des-pois do velorio no Panteón de Galegos Ilustres, o seu corpo foi trasladado a Outeiro de Rei. ■

ACTIVIDADE O SEU COMPROMISO POLÍTICO LEVAO A PARTICIPAR EN IMPORTANTES ACONTECEMENTOS DA CULTURA GALEGA

AEC

Poeta vocacional e activo na causa pública en na cultura

MANUEL MARÍA “Ninguén como el captou o xorne retranqueiro e melancólico da nosa xente”

Dous eixos centran o proxecto vi-tal de Manuel María: a poesía e Galiza. Activo na causa pública e traballador incansábel da cultu-ra, nunca abandonou a estirpe labrega da súa orixe, integrando na súa persoa e na súa obra o ser esencial galego. Chairas e xen-tes, orvallos e soles, brétemas e trebóns, ríos e regatos, a nature-za cos seus cambeantes ciclos…, eran parte constitutiva da súa persoa.

A poesía, inseparábel compa-ñeira, iluminou as inevitábeis zo-nas de sombra de toda existen-cia. Poeta popular no sentido máis noble, escribiu na lingua de seu, na fala que mamou desde neniño, a que escoitou na casa e nos xogos de cativo. Ninguén como el captou o xorne retran-queiro e melancólico da nosa xente. Manuel levaba na palma da man cada regato, barxa, chousa, corga ou rechubazo, cada casa coa súa historia de her-danzas, vodas e conflictos. No seu corazón abrollaban as fontes, cantaban as pincheiras, descan-saban as nubes. Galiza e Manuel María formaban unha unidade indisolúbel.

A SÚA VIDA

Abriu a luz ao asombro e ao mila-gro de estar vivo, na casa de Hor-tas, aló polas calendas de 1929. Entre os devanceiros daquela casa fidalga e abastada, atopa-mos coengos, cregos, profesores e un deputado, amigo de Caste-lao, Ramón Fernández Mato. Houbo máis políticos: un irmán do avó e o pai de Manuel María foron alcaldes da vila.

XULIO VALCÁRCEL

Pastora e Manuel, os país, educan ao neno nos valores tra-dicionais: a prudencia, o respec-to, a cortesía, a honestidade… No círculo familiar intégrase ta-mén a servidume. Dela procede unha figura clave no espertar da súa vocación literaria: Manuel de Paderna foi o primeiro mestre que o futuro poeta tivo no oficio de facer versos. Paderna, xenio analfabeto, tanto aseguraba un canzorro como improvisaba unha cuarteta ou se estendía nunha historia inventada a carón do lume. Gusta o rapaz do hu-mor distendido, da conversa inxel, aguda e despreocupada á que se entrega a servidume no

COMPROMISO GALIZA E MANUEL MARÍA FORMABAN UNHA UNIDADE INDISOLÚBEL

A POESÍAA RELACIÓN CON NOVONEIRA E COS INTELECTUAIS COMPOSTELÁNS AFIANZARON A SÚA VOCACIÓN POÉTICA

tempo de lecer. Non por iso des-cuida os xogos: a estornela na eira da casa onde hoxe radica a Fundación, o balón nos pasteiros de santa Isabel.

As primeiras letras apréndeas en Outeiro, pasando logo a Rá-bade na outra beira do río, onde o mestre don Xoán Bautista Núñez non ignora por completo a existencia dunha literatura en galego. Coa morte do pai, o ra-paz pasa a vivir co seu tío Xosé, crego, párroco de san Froilán e profesor de filosofía no Instituto Feminino de Lugo. Home respec-tado e prestixioso, a súa influen-za será notoria. Na ben surtida biblioteca le Manuel con degaro

Manuel María, nos xardíns de Méndez Núñez da Coruña, xunto á estatua de Curros Enríquez AEC

os clásicos da literatura española e universal. Asemade, asiste á tertulia “do Méndez Núñez” onde se reúnen Luís Pimentel. Ángel Johan, Ánxel Fole, Fernán-dez de la Vega… Ali, temesiño, amosará os primeiros versos á consideración dos presentes, que o animan a publicalos. Saen na revista Xistral.

Rematado o bacharelato deci-de facer Filosofía e Letras, matri-culándose por libre no curso 1950-51, pero o tío Pepe, que costea os estudos, obrígao a se-guir a carreira de Leis, da que logo desiste. Os conflictos per-soais e familiares e a dor pola re-cente morte do irmán máis novi-ño, Suso, vérquense nun poemario de título revelador: Morrendo a cada intre.

No entanto, as obrigas milita-res Lévano a Parga, onde coinci-de facendo o campamento con Uxío Novoneira. De Parga saen ambos destinados a Compostela, onde deseguida se relacionan con destacados intelectuais de diverso signo: galeguistas, mar-xistas, católicos, republicanos… Presente en demoradas tertulias, diurnas e nocturnas, a penas pisa Manuel María os recintos cuarte-larios. Intrigados polo inusitado desapego castrense e pola insóli-ta libertade que disfruta, dilles que lisca descolgándose por va-rias sabas anoadas. A realidade era que don Ramón Otero Pedra-yo recomendara ao soldado Fer-nández para que dispuxese dun pase que lle permitise entrar e saír á súa vontade.

A relación con Novoneira e cos intelectuais composteláns, afianzarían de maneira definiti-va a súa vocación poética.

LETRAS GALEGAS4 MARTES , 17 DE MAYO DE 2016

LETRAS GALEGAS 5 MARTES , 17 DE MAYO DE 2016

Sobre tres inesquecibles lembranzas

MANUEL MARÍA “En nome da excelente relación persoal mantida con el...”

Despois de ter lido a monumen-tal tese de doutoramento Manuel María: poesía, traballo lingüísti-co e traballo cultural, realizada por Camilo Gómez Torres, baixo a dirección da doutora Pilar Gar-cía Negro, defendida, na Univer-sidade da Coruña o 19 de maio de 2000, perante un tribunal do que tiven o pracer de formar par-te, concluín que de aí en adiante non ía ser doado escribir moitas cousas realmente orixinais sobre a poesía e outras experiencias li-terarias do escritor de Outeiro de Rei. Desde logo, saín convencido de que non ía ser eu persoa que se metese a indagar en novas parcelas da súa amplísima obra. Lembro que o propio Manuel mesmo estaba asustado –algo así me comentara– por tanta cousa como achegaba o seu meticuloso investigador.

Non obstante, desde o mo-mento en que a Real Academia Galega decidiu moi acertada-mente dedicar o Día das Letras Galegas de 2016 a Manuel María Fernández Teixeiro, foron nume-rosas as publicacións que, aquí ou acolá, con maior ou menor fortuna e/ou interese, aparece-ron sobre aspectos do quefacer do poeta chairego.

En nome da excelente rela-ción persoal mantida con el e do grande afecto que sempre lle ti-ven non podía, en absoluto, ficar á marxe das diferentes activida-des que se andan a realizar ó re-dor do máis que merecido reco-

ñecemento -oficial e popular- que se lle tributa e decidinme a re-dactar unhas liñas evocadoras de tres momentos para min signifi-cativos.

A primeira vez que tiven a Manuel María e a Saleta á miña beira foi na casa dos Rubia Ale-jos, no peirao ou ribeira de Mu-gardos, un día das vacacións es-colares de Nadal de 1968. Poucos días antes puidera velo no esce-nario do cine Capitol de Santiago facendo a pesentación do célebre recital de Voces Ceibes. E, inclu-so antes, tamén puidera escoitar o seu dicir, fermoso e pausado, no EP Poemas ditos coa súa voz, que gravara para Edigsa/Xistral no propio ano 68. Lémbro ben a cita mugardesa porque o Rubia, o Araguas, Guillermo Rojo e máis eu -todos estudantes na compos-telá Facultade de Filosofía e Le-tras- acababamos de ter unha accidentada viaxe por Lugo e por Lalín por mor duns recitais de Voces Ceibes, historia que se con-ta no libro deste título do Vicen-te. Total que o Araguas e máis eu aló fomos á outra banda e bota-mos unha tarde de moita conver-sa. Andaba tamén por alí Álvaro Paradela.

O segundo episodio que quixera recordar aquí data dal-gúns anos despois. A finais dos anos setenta, incitado por don Ricardo Carvalho Calero, come-cei a colaborar na Gran Enciclo-pedia Gallega. Así, por volta de 1983, cando chegou o tempo de publicar a voz Manuel María, o vello e benquerido amigo Xosé Ramón Fandiño, encargoume a súa elaboración, cousa que me

TRABALLO A FINAIS DOS ANOS SETENTA, INCITADO POR DON RICARDO CARVALHO CALERO, COMECEI A COLABORAR NA GRAN ENCICLOPEDIA GALEGA

O POETA ...CANDO CHEGOU O TEMPO DE PUBLICAR A VOZ MANUEL MARÍA, O VELLO E BENQUERIDO AMIGO XOSÉ RAMÓN FANDIÑO, ENCARGOUME A SÚA ELABORACIÓN...

agradou fondamente. Falei con Pilar García Negro e decidimos facela xuntos. Ambos sentiamos, e seguimos sentindo, admiración polo poeta e pola persoa, o que motivou que procurásemos reali-zar un traballo digno do perso-naxe amigo. E abofé que me acorda ben que tanto Manuel coma nós quedaramos satisfei-tos. Copio ad pedem litterae un parágrafo que sigo subscribindo hoxe tal cal: “Da súa traxectoria literaria poden salientarse tres notas fundamentais: a súa enor-me produción, o feito de que in-augurou, como primeira voz in-édita, a literatura galega de posguerra e que foi, da súa xera-ción, o que manifestou unha maior fidelidade ó seu idioma propio”. Mais unha destacada personalidade do mundo da cul-tura non gustou da nota de maior fidelidade ao idioma e acusoume de mal profesional, mal amigo... por non termos incluído o libro de poemas en español Sermón

Manuel María, con Jorge Domingo e Xosé María Dobarro, nun acto na Real Academia Galega

para decir en cualquier tiempo, publicado en Bilbao en 1970, como se quixésemos terxiversar a realidade. Non se citaba tal li-bro porque nunca o tiveramos entre as mans. Como non adoito ofenderme facilmente, entre ri-sas conteille a historia a Manuel María, quen, en compensación polas diatribas padecidas, me obsequiou cun exemplar dos que aínda conservaba.

A terceira e derradeira histo-ria que quería lembrar é a xene-rosidade e a confianza que depo-sitou en min para elaborar a que sería edición definitiva dunha das súas obras capitais: Terra Cha, publicada por edicións Xe-rais en 1989. Conservo como se merecen os poemas inéditos me-canografados que me achegou para llos engadir aos da anterior edición.

Habería moito máis que con-tar, mais por hoxe ata aquí che-gamos. Benzóns, Manuel, por tanta bonomía.

LETRAS GALEGAS6 MARTES , 17 DE MAYO DE 2016

XOSÉ MARÍA DOBARRO

LETRAS GALEGAS 7 MARTES , 17 DE MAYO DE 2016

O Manuel María outonalMANUEL MARÍA “Un exquisito poeta amoroso”

Manuel María é tamén un ex-quisito poeta amoroso, sen dú-bida un dos mellores poetas amorosos que ten a literatura galega do século XX, o que resul-ta indicio poderoso da súa capa-cidade poética.

Efectivamente, non é pola orixinalidade temática, pois non expresa un amor heterodoxo, fóra de norma social predomi-nante, o que os orixina, senón un amor vinculado á fermosura feminina, que subliña a vincula-ción entre a beleza e o instinto, gozo e pracer triunfantes fronte á moralidade do pecado. Reco-mendamos a leitura do poema “Introito” de A primavera de Ve-nus (1993) para comprobalo. É difícil, polo demais, achar unha combinación tan eficaz de sinxe-leza lingüística e falta de artifi-cio con orixinalidade expresiva e emoción, como a que se pro-duce, moitas veces, na poesía cara a dentro de Manuel María, recorrendo mesmo aos mitos grecorromanos desde a contem-plación dunha obra artística plástica como a Venus de Sandro Botticelli:Estamos sós. Habitamos silen-cioe desamparo enchendo, co seu oco/ tebregoso, a nosa escura nada. Triste cousa é ser un silencioso/ sen lúas, verbas e sorrisas,/ ollarse pechado na soidade/ e perderse nun ermo sen confís.Un precisa compaña para vivir,/ pisar terra, ollar o firmamento/ e afirmar o amor dentro de si.Predicáronnos que o gozo e o pracer/ eran esterco: un noxo escuro,/ triste, porco e purulen-to. Nós,/ ollando como vive a

nosa xente,/ misturándonos coa terra e máis/ coa vida, sentimos a beleza e/ a forza desbordada do instinto.E un día máxico, en Florencia,/ atónitos, pasmados, deslumbra-dos/ descubrimos a Venus. E sorriunos.

Pregamos ao leitor/a que se fixe na contundencia e clarida-de, case coloquial, do que se di, á vez que o seu altísimo valor comunicativo, emocional. Non imos deternos na filosofía moral que este recurso aos mitos clási-cos, directamente ou a través do goce doutras artes, agocha, por-que é máis que evidente: cando menos, a corrente moral cristiá hexemónica e imperante aquí significou represión, restricións

e hostilidade contra a liberdade sexual, en contraste coa liberda-de que se atribúe ao paganismo.

Resulta curioso que sexa un poeta que se lle apuxo fama de prosaico e panfletario por sinxe-lo, coloquial, popular e galego, o que teña elaborado os poemas máis requintados, esteticistas, a partir doutras artes como a pin-tura ou o patrimonio artístico galego (Monforte de Lemos, Compostela e Pantón, o seu pa-trimonio histórico-artístico, fo-ron, en especial, obxecto da súa recreación poética), da literatu-ra galega entre 1981 e 2002, re-sultando así tamén o máis uni-versalista, coas as viaxes ao exterior como fonte de creación (O camiño é unha nostalxia,

1985; Oráculos para cabaliños do demo, 1986) e ofrecéndonos mesmo unha ollada galega so-bre o mundo greco-romano e os seus mitos.

Sen dúbida, é unha proba da súa inigualábel diversidade de temas e rexistros e da súa xenial capacidade poética, máis de ad-mirar pola súa orixinalidade ex-presiva, pois son moitos dos seus, tópicos tamén clásicos, cunha grande tradición detrás: o amor, a morte, a paisaxe como sentimento, a evocación da in-fancia, o retorno á terra, a fami-lia, os praceres da vida…

Senlleiro e resignado foi Ma-nuel María encamiñando o que consideraba o seu outono. El mesmo acláranos, como síntese

LETRAS GALEGAS8 MARTES , 17 DE MAYO DE 2016

A primavera, de Sandro Botticelli

do por que do seu labor, que foi o seu oficio o de amar a palabra, e a través dela, andar por dentro de un, falar cos seres e coas cou-sas e dar parte do mundo, para legar o produto aos que “nos ve-ñan suceder na nosa tribo”, pre-gándolle ao tempo “que nos sexa benévolo e piadoso” (Os lonxes do solpor).

O tempo estase encargando de situar a obra de Manuel Ma-ría no lugar que lle corresponde, destruíndose prexuízos, incom-prensións e ignorancias sobre ela, que tanto lle doían, en si-lencio, pois non era indiferente á súa valoración. O seu relevo, a quen de verdade entre en con-tacto coa súa obra, non fará máis que medrar co tempo.

FRANCISCO RODRÍGUEZ

LETRAS GALEGAS 9 MARTES , 17 DE MAYO DE 2016

MANUEL MARÍA “O seu quefacer teatral segue tres liñas xerais”

LETRAS GALEGAS10 MARTES , 17 DE MAYO DE 2016

A escrita dramática de Manuel María

O compromiso vital de Manuel María, tamén reflectido na súa escrita dramática, lévao a afas-tarse do que é a comedia de sa-lón ou comedia burguesa que, naquela altura –da posguerra á década de 70– se estilaba. Esa comedia de ton amábel, descom-prometida, cuxa finalidade era entreter, despreocupada pois pola crítica social, non lle acae. O seu quefacer teatral segue tres li-ñas xerais: 1) a procura dunha historia mitificada de Galiza que servise á construción do país; 2) a tentativa de recuperar a digni-dade dos galegos, rachando coa despersonalización e acomplexa-mento; 3) o empeño por lograr que o teatro fose unha arma so-cializadora e de concienciación.

Reunindo editado e inédito, a súa produción teatral chega aos 36 títulos. García Negro tena cla-sificado en tres apartados: 1) a necesaria reposición histórica: Unha vez foi o trebón (1976); Abril de lume e ferro (1976); A lúa vai encoberta (1992); Auto do Castromil ou a revolución dos baúles (1992); Auto de Don Gai-feros ou o tránsito iluminado (1993); 2) a liberdade vista de moi distintos ángulos, atributo esencial do ser humano, e a súa concreción histórico-mítica: Edi-po (1960); Aventuras e desven-turas dunha espiña de toxo cha-mada Berenguela (1976); Farsa de Bululú (1973); 3) a materia galega, plasmada en suxeitos épico-líricos, cuxa reformulación do formato dramático son un

arremedo dos tradicionais ‘au-tos’: Auto do taberneiro (1957); Auto do labrego (1961); Auto do mariñeiro (1961); Auto da cos-tureira (1973).

A lírica ten ocupado un pri-meirísimo plano no labor litera-rio de Manuel María, mais el ten desmostrado ser dramaturgo ca-paz, con personalidade, na sen-da do teatro do tempo das Irman-dades da Fala e o anterior ao estalido da Guerra Civil; enca-drándose na xeración que se des-envolve entre os dramaturgos de preguerra e o chamado Teatro Independente de finais dos 60, movéndose, mesmo, entre o ideolóxico e o panfletario, quer sexa feito para adultos quer para rapaces.

Nas Aventuras e desventuras dunha espiña de toxo chamada Berenguela faise unha crítica iró-nica co fin de alertar os rapaces contra calquera clase de poder; mentres que no Auto do maio es-maiolado, os maios transfórman-se en tribuna de afirmación e de protesta popular. Ou no outro tipo de teatro, que é o da recrea-ción ficcional histórica: ora das revoltas irmandiñas d’Unha vez foi o trebón; ora da revolución de 1846 de Abril de lume e ferro; ora a que tenta reflectir os acon-cementos máis notábeis para o nacionalismo (de 1936 a 1977), vistos en A lúa vai encoberta. Ou o desa liberdade poliédrica antes aludida, como sucede con Edipo, sorte de anti-Franco, bon e xene-roso e inconmobíbel nos seus principios éticos, cunha Antígo-na filla exemplar, símbolo da muller galega: mai, esposa, filla de emigrantes e, sobre todo, for-

CRÍTICANAS “AVENTURAS E DESVENTURAS DUNHA EXPIÑA DE TOXO CHAMADA BERENGUELA” FAISE UNHA CRÍTICA IRÓNICA DO FIN DE ALERTAR OS RAPACES CONTRA CALQUERA CLASE DE PODER...

O TEATRO A COMEDIA, EN DEFINITIVA, ESTÁ AO SERVIZO DA SOCIEDADE. NELA, O ESCARNECEMENTO E A RIDICULIZACIÓN SERVEN COMO MODELO CORRECTOR POIS BÚSCASE CONSEGUIR A CONCIENCIACIÓN...

te e coraxosa. O de Manuel María é un tea-

tro que gosta de se encerellar nunha dialéctica propositada-mente ambigua: a da Farsa de Bululú, por exemplo.

A comedia, en definitiva, está ao servizo da sociedade. Nela, o escarnecemento e a ridiculiza-ción serven como modelo correc-tor pois búscase conseguir a con-cienciación do lector-espectador. Trátase, en fin, dun teatro de axi-tación e propaganda, popular, ao estilo dun Blanco Amor.

Nel sobrancea a farsa, que xa

O autor, nunha das súas numerosas intervencións públicas AEC

comezara con Barriga Verde (1968), ás veces con predominio do divertimento, outras o da crí-tica social e cultural. En conclu-sión, pois, un teatro efectista: o dunha escrita a medio camiño entre o agitprop e a dramaturxia popular.

HENRIQUE DACOSTA

Actos e actividadesMANUEL MARÍA Conferencias, recitais poéticos, unha mostra itinerante, materiais didácticos... son varias das iniciativas

O conselleiro de Cultura, Educa-ción e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez; e a Fundación Manuel María de Estudos Gale-gos asinaron un convenio para colaborar na actualización do pensamento e da memoria do autor chairego, así como na di-vulgación da súa obra.

Neste ano no que o Día das Letras Galegas está adicado a Manuel María, e ao abeiro deste documento, a Xunta achegará un total de 22 000 euros para levar a cabo ac-tividades de ca-rácter cultural e de normaliza-ción e dinamiza-ción lingüística, así como para elaborar mate-rial divulgati-

REDACCIÓN A Coruña vo sobre a súa Casa-Museo e a súa obra literaria.

A Fundación Manuel María organiza ao longo deste ano acti-vidades de carácter cultural des-tinadas a divulgar a obra literaria e o perfil humano do escritor por medio de conferencias, recitais poéticos e mesas redondas, entre outras. Tamén elabora material divulgativo e promocional da súa Casa Museo en Outeiro de Rei,

onde actualmen-te se deposita o legado do escri-tor, e o material para dar a coñe-cer a súa obra li-teraria.

A programa-ción complétase con outras acti-vidades de dina-mización do uso

da lingua tales como representa-cións teatrais e musicais. Mercé a esta colaboración, os estudosos e investigadores da obra de Ma-nuel María poden acceder, de balde, aos fondos documentais da fundación que leva o seu nome.

Doutra banda, a Xunta desen-volveu unha programación espe-cial para renderlle tributo ao au-tor das Letras deste ano. Esta en

marcha a exposi-ción it inerante “Manuel María. Beleza, amor e compromiso” que percorrerá 13 loca-lidades de Galicia. Así mesmo, no web www.lingua.gal xa está dispoñible un repositorio con re-cursos e materias didácticos e dixi-tais sobre o autor e

que se suman a outras activi-dades.

Mercedes Queixas Zas Editorial Galaxia, 2016.

Manuel Veiga Taboada Editorial Xerais, 2016.

Biografías publicadas por Galaxia e Xerais A mostra arrancou na biblioteca González Garcés de A Coruña

LETRAS GALEGAS 11 MARTES , 17 DE MAYO DE 2016

Manuel María narradorMANUEL MARÍA “A obra narrativa do autor é unha faceta de relevo no conxunto da súa escrita”

Manuel María é dos poetas refe-renciais da literatura galega da pasada centuria. A súa abondosa produción neste xénero e a gran popularidade que adquiriu coa musicalización dalgún dos seus versos fixeron del un autor de perpetua actualidade, que acom-pañou coa súa palabra varias xe-racións ao longo de máis de me-dio século de intenso labor creativo.

Mais o que talvez non se sa-lienta tanto –e debería– é a im-portancia que tivo noutros eidos, como a escrita teatral, o ensaio e o xornalismo e, sobre todo, a na-rrativa, xénero este no que des-envolveu un amplo quefacer du-rante máis de catro décadas.

Deixando á parte as prosas in-fantoxuvenís e algún relato solto que publicou nos anos noventa, o groso da súa obra narrativa concéntrase nun período de vin-te anos, que vai dende os come-zos dos cincuenta ata os anos in-mediatamente anteriores á chegada da Democracia. Neste tempo apareceron catro historias no volume colectivo Presencia de Curros y Dª Emilia (1951) ás que sumou outras tres para compor Contos en cuarto crecente (1952). Logo viñeron outros dous relatos longos dados á luz en Grial en 1965 e 1966 e, final-mente, o libro O xornaleiro e sete testemuñas máis (1971).

Na Posguerra a narrativa ga-lega triangulou en tres vértices: a prosa realista, a fantástica e o cambio de ritmo que achegou a chamada Nova Narrativa Gale-ga. A escrita de Manuel María responde, en maior ou menor medida, dependendo dos casos, a algunha destas tendencias. Mesmo por veces hibridou nal-gún libro varias ou todas elas. Por tanto, o de Outeiro de Rei foi un narrador do seu tempo, sensi-ble ás modulacións literarias que naquela altura se conformaron.

En síntese, poden distinguirse tres etapas no Manuel María na-rrador: unha primeira que iría dende os inicios en 1951 ata an-dados os anos sesenta; unha se-gunda que coincide cos comezos dos setenta e unha derradeira etapa con historias aparecidas nos noventa.

O Manuel María narrador de primeira hora concrétase nos Contos en cuarto crecente e mais nos relatos longos “As augas van

caudales” e “Os alugados”. Os textos do libro comparten un mesmo gusto pola prosa de filia-ción poética, as descricións pai-saxísticas, a presentación de amores románticos e, en xeral, un tecido reflexivo puramente adolescente, sempre a debaterse entre a madureza da dúbida exis-tencial e a inxenuidade xuvenil. Da súa parte, as historias da re-vista ancoran máis na reflexión filosófica e a crítica social, non estando exentas dun marcado te-lurismo e mesmo dun descritivis-mo en ocasións etnográfico.

Consonte á profusa produción poética socialrealista e patriótica das décadas dos cincuenta e se-senta, Manuel María practicou en O xornaleiro e sete testemu-ñas máis e Kricoi, Fanoi e Don Lobonís unha escrita que se ca-racteriza pola decidida vocación de compromiso e denuncia so-cial, o que concorda co forte acti-vismo político que o chairego desenvolveu nese tempo. Alén diso, estes relatos zumegan ta-

CREACIÓNDEIXANDO Á PARTE AS PROSAS INFANTOXUVENÍS E ALGÚN RELATO SOLTO QUE PUBLICOU NOS ANOS NOVENTA, O GROSO DA SÚA OBRA NARRATIVA CONCÉNTRASE NUN PERIODO DE VINTE ANOS...

FINAL A ÚLTIMA ETAPA, A DOS ANOS NOVENTA, REXISTRA TRES TEXTOS BREVES: A “NOVENA A SANTA ISABEL” (1995)...

mén un intenso lirismo, o que converte moitas das súas pasaxes máis descritivas en verdadeiros poemas en prosa, rebordantes de metáforas, símiles, anáforas e cadencias fonosimbólicas.

A última etapa, a dos anos no-venta, rexistra tres textos breves: a Novena a Santa Isabel (1995) –unha prosa de difícil adscrición, que resulta ser unha singular re-creación do novenario canónico relixioso pero con adicións de pequenos relatos ficticios de mi-lagres obrados por Santa Isabel no seu Outeiro de Rei natal–; o conto “O milagre de Santiago Apóstolo que non figura no Có-dex Calixtino” –onde se xoga, novamente, co relixioso e mais co lendario– e a historia “Discur-so de ingreso nunha das reais academias galegas do numerario electo M.H.V. que trata de un dos sucesos máis memorábeis acon-tecido na histórica e ben amada vila de Outeiro de Rei da Terra Cha”, de título abondo descriti-vo, puro sarcasmo e polarización

LETRAS GALEGAS12 MARTES , 17 DE MAYO DE 2016

política.En conclusión, pode afirmar-

se que a obra narrativa do autor é unha faceta de relevo no conxunto da súa escrita, pois ofrece unha variedade de fórmu-las ben estesa na que predomi-nan temas como o amor, o uni-verso da infancia, a comuñón do ser humano cunha paisaxe e unha terra vitais e, ante todo, o compromiso social, adapte este os subtemas concretos do mundo da emigración, da crítica ao caci-quismo ou de calquera outro abuso de poder. Canto á técnica, as preferencias pasan polo acu-sado lirismo, o gusto pola proso-popea e a fábula e mais o empre-go do recurso epistolar. E por remate, salienta tamén o auto-biografismo que percorre e infor-ma moitas das súas historias, cheas de elementos reais ficcio-nados ou, por veces, reproduci-dos máis testemuñalmente, ele-mentos todos que confirman o interese do Manuel María narra-dor.

ARMANDO REQUEIXO

MANUEL MARÍA “E é que sen idioma vivo non hai literatura”

Ler como se fala

Mais para chegar a isto, para ler en galego, para salvar a súa lite-ratura (tan inmensa que abonda-ría co nome de Rosalía de Castro, a nosa poeta nacional, o demais son gaiteradas para procramala) compre salvar o idioma. O de-mais son ganas de marear unha perdiz máis que precisada de bio-dramina, un supoñer.

E é que sen idioma vivo non hai literatura. Por iso, o que se festexa hoxe, facendo (con bo criterio) festa oficial de algo tan serio como son las Letras Gale-gas, é o idioma que se fala ¡aín-da! en Galicia. E poñoo adverbio de tempo alarmado ao ver como a rapazada, que ten o idioma na escola (o que a miña xeración, obviamente, non tiña), entende o galego, lé en galego, pode fala-lo se quere, non o fai, isto último, digo, como sería desexable. ¿As razón? Moitas. Pero non son as menores as dos que practican

A LINGUA POR SUPOSTO QUE O DANO MAIOR PARA O IDIOMA VÉN DOS QUE PROCURAN QUE NO SISTEMA DOGLÓSICO NO QUE NOS MOVEMOS O GALEGO LONXE DE SER LINGUA DE PRESTIXIO SEA DE DESPRESTIXIO

...MOITO ME TEMO QUE DE SEGUIR ASÍ AS COUSAS O GALEGO ACABARÁ SENDO UN IDIOMA TAN “DE CULTO”...

aquela “santa intransixencia” que predicaba Escrivá de Bala-guer aos seus. Para mín que o que non apetece non se leva adiante, e para que unha cousa sexa apetecible compre poñerlle adobios chamativos.

E por aí algunhas das miñas dúbidas, que certos apóstolos da lingua sexan de tan pouca dixes-tabilidade como eses telepredi-cadores que se deixan ver en ca-deas televisivas, esas ás que chegamos a deshoras facendo zapeos tan parvos como estes di-cursos.

Por suposto que o dano maior para o idioma vén dos que procu-ran que no sistema doglósico no que nos movemos o galego lonxe de ser lingua de prestixio sexa de desprestixio. Que andemos aín-da (de novo o adverbio de tem-po) nestas ten un aquel de peca-dento, de pecado orixinal, digamos.

De paso direi que hai comuni-cadores que, desde a mellor das intencións, non o discuto, em-pregan un galego terrible, sintác-

tica, morfolóxica e prosódica-mente. Que ao idioma compre darlle excelencia, ¿se non de que? Sentadas estas premisas (e outras que farían este exordio como aquela noite interminabel de Celso Emilio Ferreiro) quixera engadir que cando digo e titulo que “ler como se fala” enfatizo o evidente, que sen idioma non hai literarura que valla. Ollo, que non digo a pena, siemplemente que valla.

E é que moito me temo que de seguir así as cousas o galego aca-bará sendo un idioma tan “de

culto” ou “de cultura” como pode selo hoxe o Latín, xa nin sequera estudado como materia obriga-da (no vello BUP estaba en 2º, o que non era gran cousa, pero algo era).

E os seus ecritores algo así como os que escriben hoxe en Latín, en plan choio recreativo. Estamos a tempo dun cambio. Pouco doado pero posible. De momento recreemónos neste Día de Festa. Día das Letras Galegas, para todos. Tentemos que todos coiden que o galego é, precisa-mente, de todos, para todos.

VICENTE ARAGUAS

LETRAS GALEGAS 13 MARTES , 17 DE MAYO DE 2016

Manuel María, nun acto en compaña de Baldomero Cores Trasmonte

MANUEL MARÍA

Goi preside a fundación do poeta en Outeiro de Rei, unha casa que r

“Case non me deixaba nin aparcar e xa estaba na horta da súa casa”

Diante dunha mesa camilla parecida á que Manuel María usou de soporte para as súas letras, Saleta fala da especie hu-mana e desa desunión a unha terra que para o poeta era necesidade pura.

Como se leva a ausencia?Lévanse mal todas as ausencias pero como estás todo o día sobre a obra, parece que non desapareceu. Desde que se formou a fundación, traballa-ron voluntarios durante dous anos e medio e eu andiven revolvendo. Foi todo seguido e creo que hai que afa-cerse e cada un ten que resolver os seus problemas. Á hora da verdade, teste que plantexar primeiro o que fa-cer e a min gústanme moitas cousas.

Funcionaban ben xuntos.Era un mundo moi entrelazado. Non ter fillos eu creo que condicionou, pero todo o mundo ten unha reserva e creo que nas parellas, igual ca nas amizades, se coincides en gustos e pensamentos, é todo máis fácil. Digo cos amigos íntimos porque o outro é tratar á xente e por tratar tratas a to-dos se a xente ten educación.

Que é o que máis bota de menos?As conversas diarias na casa. Ou esta-bamos lendo ou facendo algo, pero era unha conversa continua e eu teño esa necesidade de comunicar. Non podo vivir sen falar, pero cada un ten a súa vida e que sexa unha marabilla a vida que tiñas coa túa parella é unha cousa, pero iso de que non podas vivir sen ela

MARTA GARCÍA MÁRQUEZ

non o entendo porque non ter vida é non ten sustentabilidade. Hai persoas e nada máis. Se non o es, pode resultar difícil ou fácil, para min sería difícil.

Contaba con que fose tan cedo o de adicarlle o Día das Letras Galegas?Iso xa é unha decisión da academia.

Eu non contaba, pero eu nunca conto e segundo van chegando os acontece-mentos, fanse. Nós temos a fundación en Outeiro de Rei e o Día das Letras Galegas axuda a afirmar ese proxecto de soster a súa obra. Manuel María era humilde e por iso dicía aquelo de que “algo do que fixen será poesía”, referíndose a súa obra. Con esta deci-sión, acláranse moitas cousas.

Como funciona a fundación?Moi ben. Antes das letras era tremen-da a cantidade de visitas. Desbórdase porque el até que morreu en 2004 di-vulgou a cultura desde o norte ao sur e do este ao oeste do mapa de Fontán. Supoño que todos eses rapaces que hoxe son profesores, téñeno en conta e leron os seus libros. Andivo moito polos centros. Non se negaba a nada.

Dixo moitas veces que a súa ideo-loxía o apartou de moitos recoñe-cementos.Oportunidades neste país hainas por moitos xeitos. Podes estar en contra ou a favor, ser oficialista ou non pero non creo que sexa máis positivo estar do lado do goberno que funcione. Econo-micamente vaiche moito peor, pero eticamente non creo que sexa peor. Le-vas unha vida con certo acoso, pero a min pareceume marabilloso porque sempre partía dunha ideoloxía e unha maneira de ver o mundo.

Hai algunha iniciativa que se estea facendo que lle resulte curiosa?Son moitísimas e non me estraña por-que hai unha semente e o que semen-

“Podes estar en contra ou a favor, ser ofi cialista ou non pero non creo que sexa máis positivo estar do lado do goberno que funcione”

“Son moitísimas as iniciativas que se fan sobre Manuel María e non me estraña porque hai unha semente”

Saleta Goi naceu en Reigosa, A Pastoriza, en 1932 e coñeceu a Manuel María en Lugo en 1956. Dese encontro, o poeta e ela comezan a manter unha correspondencia que fai que

Saleta se namore antes das cartas que do rapaz.A muller do poeta recorda as conversas diarias

e as tertulias “cátedra” nunha cidade na que viñeron polos amigos e a luz.

LETRAS GALEGAS14 MARTES , 17 DE MAYO DE 2016

Saleta Goi, viúva do poeta, afi rma que o que máis bota de menos son as conversas diarias na casa

recibe cantidade de visitas PEDRO PUIG

“Ao casar viñemos no coche que repartía El Ideal Gallego en Lugo”

está o xérmolo porque se foi comple-tando, pero el nunca saiu de Outeiro de Rei. Fomos a Grecia con Felipe Se-nén, percorremos Italia toda, Bretaña, e el sempre viaxaba comparándoo con Outeiro e Galicia. Refléxao moi

ben no poema “Arcadia”. A tribu era Outeiro.

Que supoñía a terra para el?Era unha necesidade vital. Tiñamos daquela un Corsa e algún sábado que íamos a Outeiro cando baixaba do co-che, o primeiro que facía era saír rápi-do para ver a horta. Case non me deixaba nin aparcar e xa estaba na horta e sempre que volvíamos tiña que pasar polo Regato de Cepelo.

É un sentimento compartido con Novoneyra. Algo que se respira nos versos dos dous.É que cumpriron os dous o servizo mili-tar en Parga e alí leron a Noriega Vare-la. Desa lectura, saíron os dous libros: “Terra Chá” e “Os eidos”. Son distintos porque son terras diferentes, pero é comprensible porque somos de onde nacemos. Pola terra e polo idioma.

Cre que a desunión coa terra é un mal da globalización?Si, igual vén por un problema de emi-gración ás cidades e de educación. Hoxe é tristísimo que non se saiba o que é un cómaro. Non teño tecnoloxías. Prefiro ler que adicarme a ver esas chis-morradas, pero si hai un desarraigo. Creo que é máis fácil dominar a un dunha intoxicación das tecnoloxías. A xente non ten un sentido real do que somos. O ser humano é outra cousa. Iso son vidas virtuais, pero non reais.

Saleta recorda que cando casaron co-lleron o coche que repartía exempla-res de El Ideal en Lugo. Na Coruña, Garcés reservára-lles habitación no España.

Como foi a súa lúa de mel?Fomos por toda Galicia. Garcés pediunos unha habita-ción no hotel España, de Juana de Vega. Manuel María díxolle: “Non di-gas que somo recén casados” e ao che-gar, dixéronnos: “Sodes os recén casa-dos?”. Bueno o caso é que ao casar viñemos no coche que repartía El Ideal Gallego en Lugo porque Manuel María colaboraba co xornal. Almorzamos na casa do tío cura, con quen viviu desde que morreu o seu pai e despois tiramos para Coruña. Sempre quedou esa unión co Ideal.

Foi a primeira en ler o que escribía. Era crítica con el?Desde que casamos si. Eu trateino desde o 56 en Lugo. Andabamos po-los cafés porque el era moi de cafés, de sentarse e de falar. De pasear. Eu son crítica con todo. Non sería mellor non ver? Pero naces como naces. Eu

“Eu son crítica con todo. Non sería mellor non ver? Pero naces como naces.Eu non seicomo penso,sei que penso así e nada máis”

“Namoreime antes das cartas quedo rapaz”

ta, algo recolle. Portáronse moi ben con Manuel María e hai que estar agradecido a todo o mundo.

Por que acabaron na Coruña?El tiña as súas amizades. Viña desde neno. A Coruña ten os seus encantos. A luz. Ten en contra o vento pero é moito máis triste Santiago e aquí esta-ba Garcés, moita xente que morreu. Miguel Anxo, tamén tratou a xente moi maior, a Martínez Barbeito, coñe-cemos aos Carré, Risco e Otero. Apren-dimos moitísimo desas tertulias. Eran unha cátedra, algo que non existe xa. Estabamos moi cómodos na Coruña, a cinco minutos de María Pita.

Como era a forma de facer de Ma-nuel María?Cando era novo, escribía a impulsos e botaba un libro. Segundo se foi facen-do maior, foi máis reflexivo e a época na que normalmente producía era en outono, menos cando escribiu “A luz resucitada”, que foi en agosto. Tiña un poder de aillarse tremendo. En Monforte, en verán, cando paraba moita xente pola libraría, el estaba na súa camilla sentado escribindo. Des-de os anos 70, produciu toda a súa obra nesa mesa.

E como facía para escribir sobre paisaxes que non tiña preto? Esta-ba todo no maxín?Do primeiro “Terrá Chá” ao último

non sei como penso, sei que penso así e nada máis. Porque saes dunha ideo-loxía? Son ética e desempeño iso que penso pero se pode ser oportunista e levar unha vida falsa. Desde os 70 tivo moita produción e traballaba na libra-ría. Era onde estaba a gusto. Escribía na camilla e eu facíalle a miña crítica. Podía estar dacordo ou non e unhas veces me facía caso e outras ningún.

Que foi o que a namorou?Cando o coñecín en Lugo, empezou a mandarme cartas. Por iso, sempre digo que me namorei antes das cartas que do rapaz. Para convivir cunha persoa, hai outro proceso. Tiñamos unha maleta con toda a correspon-dencia. El mandábame até tres cartas por unha das miñas. Cando estaba en Monforte, recibía unha pola mañá e outra pola tarde.

Ségueas conser-vando?Acordamos rom-pelas para que ninguén andive-ra furgando nas nosas vidas por-que o importante é a obra. O de-mais son chis-mes. Un pode ser un ruín e deixar un gran legado

literario. A contradición está latente desde que te ergues ata que te deitas. Vese tan palpable. Se necesitas insul-tar a alguén, algo che pasa. En políti-ca, aprendín moito. É como nos cam-pos de fútbol. Nós empezamos a ir a ver ao Lemos e alí sempre vía a un doctor que soltaba aquelo todo.

Algún poema ao que lle teña un es-pecial cariño?Hai moitos, pero “Arcadia” gústame moito porque se mira hacia dentro, ha-cía aquí. Despois están os “Poemas da Labarada estremecida”, un de “Sone-tos á casa de Hortas” que fala de cando entrou Saleta nela. Outro que canta Uxía moito que di que “a terra faise en tí, Saleta, sotileza, chama apaixonada e trasparente, levedade de neve”. Tería que volver a lelos porque son máis de 60 libros e non é fácil a papeleta. ■

LETRAS GALEGAS 15 MARTES , 17 DE MAYO DE 2016

LETRAS GALEGAS16 MARTES , 17 DE MAYO DE 2016