Gandería industrial, 420 FOUCE · 2014. 7. 9. · A VÍA CAMPESINA DESEMBARCA NA ONU POLOS...

32
A VÍA CAMPESINA DESEMBARCA NA ONU POLOS DEREITOS LABREGOS www.sindicatolabrego.com 422 e 23 Gandería industrial, A Confédération Paysanne rebélase contra a granxa das 1.000 vacas Un magnate francés impulsa un modelo produtivo co leite a 27 céntimos como simple complemento420 Periódico labrego de información técnica e sindical - Ano XL - Nº 302 - Maio/Xuño 2014 VIÑO. Análise da futura normativa que regula as novas plantacións de viñedo 48 DEREITOS. Unha romaria lilá para poñer morado o Goberno e a súa Lei do Aborto426 FOUCE D o 11 ao 13 de xuño, unha delegación da Vía Cam- pesina estivo presente na 26 sesión do Consello de De- reitos Humanos celebrado pola ONU en Xenebra (Suíza). A súa intención foi continuar co traba- llo de lobby de cara a impulsar a redacción dunha Declaración Internacional dos Dereitos La- bregos. Os resultados foron fi- nalmente positivos, pois o Con- sello de Dereitos Humanos aca- bou votando a favor de conti- nuar co proceso o 27 de xuño. SANEAMENTO. Encontro entre o Sindicato La- brego Galego e a Consellaría de Medio Rural para tratar os pro- blemas da loita contra a tuber- culose bovina 46 SECTOR LÁCTEO. Isabel Vilalba Seivane pidelle á Xunta medidas adicionais que garantan o valor do leite e a ne- gociación dos prezos en pé de igualdade 47 SERVIZOS NO RURAL. O Goberno privatiza os rexistros civís e desmantelará máis de corenta partidos xudiciais na Galiza 418 e 19 CIDADANÍA. As Marchas da Dignidade arrodean o Parlamento de Galicia para esixir pan, traballo e teito 415 Praza Pública CC‐BY‐SA A loita da Vía Campesina xa se estende polos cinco continentes, polo que é o intre de reclamar unha Declaración Universal dos Dereitos Labregos. Nas imaxes, accións da Vía Campesina en Sudáfrica, Indonesia, India e Brasil.

Transcript of Gandería industrial, 420 FOUCE · 2014. 7. 9. · A VÍA CAMPESINA DESEMBARCA NA ONU POLOS...

Page 1: Gandería industrial, 420 FOUCE · 2014. 7. 9. · A VÍA CAMPESINA DESEMBARCA NA ONU POLOS DEREITOS LABREGOS 422 e 23 Gandería industrial, A Confédération Paysanne rebélase contra

A VÍA CAMPESINA DESEMBARCA NAONU POLOS DEREITOS LABREGOS

w w w . s i n d i c a t o l a b r e g o . c o m

422 e 23

Gandería industrial, A Confédération Paysanne rebélase contra a granxa das 1.000 vacasUn magnate francés impulsa un modelo produtivo co

leite a 27 céntimos como simple complemento420

Periódico labrego de información técnica e sindical - Ano XL - Nº 302 - Maio/Xuño 2014

VIÑO. Análise da futura normativa que regulaas novas plantacións de viñedo 48

DEREITOS. Unha romaria lilá para poñermorado o Goberno e a súa Lei do Aborto426

FOUCEDo 11 ao 13 de xuño, unha

delegación da Vía Cam-pesina estivo presente

na 26 sesión do Consello de De-reitos Humanos celebrado polaONU en Xenebra (Suíza). A súaintención foi continuar co traba-llo de lobby de cara a impulsara redacción dunha DeclaraciónInternacional dos Dereitos La-bregos. Os resultados foron fi-nalmente positivos, pois o Con-sello de Dereitos Humanos aca-bou votando a favor de conti-nuar co proceso o 27 de xuño.

SANEAMENTO.Encontro entre o Sindicato La-brego Galego e a Consellaría deMedio Rural para tratar os pro-blemas da loita contra a tuber-culose bovina 46

SECTOR LÁCTEO.Isabel Vilalba Seivane pidelle áXunta medidas adicionais quegarantan o valor do leite e a ne-gociación dos prezos en pé deigualdade 47

SERVIZOS NO RURAL.O Goberno privatiza os rexistroscivís e desmantelará máis decorenta partidos xudiciais naGaliza 418 e 19

CCIIDDAADDAANNÍÍAA.. As Marchas da Dignidade arrodean o Parlamento

de Galicia para esixir pan, traballo e teito415

Praza PúblicaCC‐BY‐SA

A loita da Vía Campesina xa se estendepolos cinco continentes, polo que é ointre de reclamar unha Declaración Universal dos Dereitos Labregos. Nasimaxes, accións da Vía Campesina enSudáfrica, Indonesia, India e Brasil.

Page 2: Gandería industrial, 420 FOUCE · 2014. 7. 9. · A VÍA CAMPESINA DESEMBARCA NA ONU POLOS DEREITOS LABREGOS 422 e 23 Gandería industrial, A Confédération Paysanne rebélase contra

2 Maio/Xuño 2014FOUCE Nº 302Adro

EDICIÓNEdicións Fouce, Departamento dePublicacións de Servicios Agrariose Contables SL

COORDINACIÓNXosé García Rodríguez

CONSELLO EDITORIAL:Isabel Vilalba Seivane, XabierGómez Santiso, Conchi Mogo eDaniel Rodicio.

DESEÑO E MAQUETACIÓNXosé García Rodríguez

COLABORACIÓNSDora Cabaleiro, Carme Cabarcos,Margarida Prieto, Mónica Rodrí‐guez, Lara Barros, Conchi Mogo,Xulio Fernández e Vera Montoto.

PECHE DE EDICIÓN 03‐07‐2014

ENDEREZOOfelia Nieto nº 13‐23. Compostela981 580 [email protected]

DEPÓSITO LEGAL C‐749/88

NACIONAL Ofelia Nieto 13‐23, Meixonfrío, Compostela. ( 981 554 147COMPOSTELA Idem Nacional. ( 981 588 532MELIDE Praza do Convento 2. ( 686 936 429ARZÚA Padre Pardo 24, 1º D. ( 981 508 177SANTA COMBA Aula 9 do Edificio Multiusos. ( 699 924 632ORDES Alfonso Senra 117. ( 981 682 908BETANZOS Cruz Verde 7, esquina praza Dona Agueda. ( 981 773 377TEIXEIRO Martínez Pardo 13, 1º esq. ( 981 789 781MOECHE Casetas da feira de Moeche. ( 698 125 154

VALDEORRAS Praza do Concello, edificio sindical 2, 1º, O Barco. ( 988 321 511VERÍN Travesía de Sousas 20, Galerías Maga. ( 988 590 438RIBADAVIA Virxe do Portal 11. ( 988 477 230XINZO San Sebastián 16, baixo. ( 988 462 547 LUGO Miguel de Cervantes 47, ent. ( 982 231 154SARRIA Bar Adaxa. Calvo Sotelo 133. ( 679 457 264CHANTADA Emilia Pardo Bazán 11, baixo. ( 982 440 804 A FONSAGRADA Bar A Lúa. Rosalía de Castro 16. ( 698 157 379RIBADEO Av. Calvo Sotelo 3, 1ºE. ( 982 130 615

LOURENZÁ Av. Fernández del Riego 5, 1º C. ( 982 121 376VILALBA Rúa do Cuartel 1, ent. A, estrada de Meira. ( 982 512 431MEIRA Xeneralísimo 47‐49. Edf. Miño, ent E. ( 982 331 714A ESTRADA Gradín 1, baixo. ( 986 573 232LALÍN Monte Faro 28, baixo. ( 986 792 268SILLEDA Av. do Parque 32, centro comercial O Parque, of. 12. ( 986 580 526PONTEAREAS Rúa Amieiros, portal 1º A, 1º C. ( 986 641 508O ROSAL Ramón Franco, Edf. Rosales. ( 986 625 394O SALNÉS Av. Bouza Matín 9, 1º. Barrantes (Ribadumia). ( 986 718 526

FFOOUUCCEETódolos contidos deste periódico publícanse baixo licenza Creative Commons Non Comercial / Atribución / Compartir igual

Nas últimas semanas, os mediosde comunicación enchéronsecon abdicacións e entroniza-

mentos de reis, ascensos imprevistosde partidos políticos ou caídas de mitosfutbolísticos. Estas anécdotas da quetanto nos falan escribirán a historia dostempos que vivimos. Sen embargo, haioutras realidades que case non seamentan e que, ao contrario das devan-ditas, están a gravar con sufrimento erenuncia o día a día de millóns de per-soas e familias que teimamos en man-ter con vida o medio rural.

Xa levamos anos, senón décadas,aturando o desprezo dos poderes pú-blicos cara aos sectores produtivosagrícolas, gandeiros ou forestais. Anose décadas nos que o bipartidismo agra-rio cambia monicreques en forma deconselleiros e conselleiras, de minis-tros e ministras, que traballan servil-mente para as industrias e multi-nacionais, dándolle a bendición ás súasprácticas de extorsión e espolio das rendasdos e das profesionais que seguimos apos-tando por vivir no rural e do rural, sendocómplices da explotación a saco dos nososrecursos naturais e do noso territorio porparte de papeleiras, enerxéticas e mineirasamparadas pola Lei do Solo e demais lexis-lación cómplice.

Mais non debía parecerlles suficiente,polo que agora decidiron que, ademais depermitir a rapina da nosa terra e dos nosossalarios, van desmantelar o escaso tecidode servizos que tiñamos no rural co gallode aforrar. Como se a cobertura de dereitosbásicos como a saúde, a correcta nutriciónda infancia, a xustiza, a igualdade de xé-

nero, a educación ou o acceso á administra-ción fose menos importante que os rexis-tros contables de quen nos goberna. Unaustericidio que abrirá aínda máis a fendaque afasta á cidadanía que vive nos gran-des núcleos urbanos con acceso a todo tipode servizos fronte á grande masa de per-soas esquecidas no rural.

Nas páxinas deste periódico xa temosinformado longamente sobre a privatiza-ción ou supresión de servizos ás explota-cións agrarias e o recorte brutal de axudasa quen máis as precisan, como as zonasdesfavorecidas de montaña ou a cría derazas de gando autóctonas; sobre a desapa-rición de centros de ensino, comedores es-colares, garderías, hospitais e puntos de

atención continuada do Servizo Galegode Saúde; ou sobre a retirada de apoiosás persoas máis vulnerables da socie-dade como mulleres maltratadas, ter-ceira idade, minusválidas, etc. Osconcellos máis agredidos do austerici-dio serán, coma sempre, os rurais e, enconcreto, os que teñen menos de20.000 habitantes (na Galiza, 292 mu-nicipios), xa que estarán obrigados aceder este tipo de competencias áXunta ou ás deputacións e non poderándar cobertura a estas necesidades senon contan co visto e prace contable.

Mais se isto non abondaba, agora éa quenda da administración e da xus-tiza. As reformas do Goberno de Ma-drid pretenden suprimir tódolos re-xistros civís e xulgados de paz, un ser-vizo público de proximidade dende oséculo XIX que prestan os concellos. Aintención é que pase a ser competenciados rexistros da propiedade (50 entotal na Galiza) e que, polo tanto, de-sa-

parezan de 254 concellos, mesmo de im-portantes capitais de comarcas ruraiscomo Melide, Santa Comba, Vimianzo,Meira, Castro Caldelas ou A Cañiza. Ade-mais, os rexistros da propiedade cobraránpor facer xestións que, até o de agora erangratuítas. É dicir, a cidadanía de 254 conce-llos galegos terá que desprazarse e pagarpor trámites que antes facían a carón doseu domicilio e gratis: certificacións de fede vida, de matrimonio, de adopción, dedefunción, de nacemento ou duplicado delibros de familia. Iso si, aumentarán os in-gresos de rexistradores da propiedadecomo Mariano Rajoy, se algún día decidedeixar a política e volver á súa profesión, e

A Galiza labrega non espera

“A Galiza labrega nada lledebe á clase política, nin

con democracia nin sen ela. Se omedio rural segue vivo é grazas

a nós e non a eles nin ás súasgrandilocuentes e interesadas

subvencións; grazas ao nosotraballo contra vento e mareadas súas teimudas e nefastaspolíticas que se levaron pordiante miles de explotacións

e boa parte do tecido humanoque daba vida ás nosas

parroquias e aldeas, seica parasermos modernos.”

EDIT

ORI

AL

Page 3: Gandería industrial, 420 FOUCE · 2014. 7. 9. · A VÍA CAMPESINA DESEMBARCA NA ONU POLOS DEREITOS LABREGOS 422 e 23 Gandería industrial, A Confédération Paysanne rebélase contra

Maio/Xuño 2014 3 Nº 302 FOUCEAdrovarios irmáns seus, aínda que sexa a costade destruír 400 postos de traballo só na Ga-liza.

En canto á supresión de partidos xudi-ciais, é de xulgado de garda. Na reforma daXustiza que pretenden perpetrar, desapare-cen todos para concentrarse nas capitais deprovincia. Nin cidades como Vigo, Ferrol ouSantiago de Compostela se salvan da quei-ma. Con 45 partidos xudiciais na Galiza, aadministración de Xustiza non era, precisa-mente, un servizo de proximidade. Agora,amais de afastarse fisicamente, ficará fórado alcance das rendas máis baixas, pois aosdesprazamentos haberá que sumar un in-cremento abusivo de taxas. Se até o deagora a xente rica tiña máis garantías xudi-ciais nos preitos ao poder custear unha boadefensa, agora as persoas de menos recur-sos fican aínda máis lonxe de gozar dun ele-mental -e constitucional- dereito á xustiza.

E o peor de todo é que a esta clase polí-tica que nos goberna non hai día que non selles encha a boca afirmando o moito queapoian ao medio rural. E para iso, escú-

danse en cifras millonarias en forma deaxudas que can do ceo como maná propi-ciado polos nosos gobernantes. Pero, vistoo visto, as persoas que vivimos no mediorural estamos a ser espoliadas das nosasrendas, dos nosos dereitos e da coberturadas nosas necesidades máis básicas por unspoderes públicos que, en troques de rou-barnos todo iso, deberían defendelo. Comodicía Celso Emilio Ferreiro, no Monólogo dovello traballador:

“Dinlle ao patrón a frol do meu esforzoi a miña mocedade. Nada teño.O patrón está rico á miña conta,eu, á súa, estou vello.Ben pensado o patrón todo mo debe.Eu non lle debonin xiquera iste sol que agora tomo.

Mentras o tomo, espero”.

A Galiza labrega nada lle debe á clase po-lítica, nin con democracia nin sen ela. Se omedio rural segue vivo é grazas a nós e non

a eles nin ás súas grandilocuentes e intere-sadas subvencións; grazas ao noso traballocontra vento e marea das súas teimudas enefastas políticas que se levaron por diantemiles de explotacións e a boa parte do te-cido humano que daba vida ás nosas parro-quias e aldeas, seica para sermos moder-nos. E, visto o visto, así ha seguir sendo.

Afortunadamente, comeza a haber moitaxente moza que volve mirar o rural comoespazo e medio de vida, zume novo quenada ten que ver cos verdes xermolos queven onde queira as alucinadas mentes dequen nos gobernan dende a inopia madri-leña. Mocidade que, estamos seguros e se-guras, está a reforzar os alicerces da Galizalabrega que aínda segue viva e quere recu-perar o rol de fornecedora de alimentosdende a soberanía, dende unha liberdadedecisoria vacinada contra a dependenciadas subvencións, dende o orgullo de vivirdo traballo máis indispensable para cal-quera sociedade. Unha Galiza labrega que,ao contrario do vello traballador de CelsoEmilio, non espera.

Gravado de Ricardo Zamorano

Page 4: Gandería industrial, 420 FOUCE · 2014. 7. 9. · A VÍA CAMPESINA DESEMBARCA NA ONU POLOS DEREITOS LABREGOS 422 e 23 Gandería industrial, A Confédération Paysanne rebélase contra

4 Maio/Xuño 2014FOUCE Nº 302Adro

Os Sistemas de Garantía Participativa(SGP) xorden como formas de rela-ción e organización entre pro- duto-

ras e produtores, por unha banda, econsumidoras e consumidores por outra,coa finalidade de garantir activamente unproduto, un sistema de produción, un sis-tema de circulación e/ou un tipo de con-sumo.

Teñen como reto vincular as organiza-cións, compartir experiencias e fortalecerestes procesos agroecolóxicos. Facelos visi-bles como unha realidade que existe e queaporta a construción dunha nova socie-dade, baseándose nunha nova forma de re-lación entre produción e consumo.

Lonxe de complicados tramites burocrá-ticos, que deixan fóra as pequenas explota-cións familiares, os SGP teñen como funda-mento ser accesibles e sinxelos. Apoiandoa venta local, onde nos coñecemos as per-soas produtoras e consumidoras e, polotanto, non precisamos de terceiras para avalidación dos nos produtos, de xeito queeliminamos intermediarios que fan encare-cer o que vendemos.

4CONSTRUÍR CONFIANZA, A VERDADEIRA NECESIDADE

Os SGP son unha ferramenta para:1. Decidir que tipo de produción quere-mos apoiar (tipos de manexo, emprende-mentos,…)2. Xerar confianza (respecto e respostaaos criterios e principios desexados e con-sensuados polo grupo).

Dado que os criterios establecidos na re-gulamentación europea son insuficientes,precisamos un concepto ecolóxico máisprofundo, que contemple:aCuestións técnicas.-Biodiversidade e variedades locais.-Peche de ciclos de materia e enerxía.-Diminuír dependencias de recursos esó-xenos,…aCuestións socioeconómicas.-Condicións laborais.-Agricultura familiar diversificada.-Proximidade.-Importancia económica da produciónagraria para a economía familiar, etc.

aCuestións político-culturais.-Apoio a iniciativas implicadas no seu te-rritorio.-Participación activa na construción dou-tras relación no ámbito do intercambio deprodutos, etc.

Dado que os SGP son procesos locais ediversos, construídos por tódalas partesimplicadas no proceso produtivo de xeitohorizontal e transparente, cada grupo esta-blece os seus obxectivos de xeito asemblea-rio. Nas experiencias que existen polo mun-do adiante, incluíndo o Estado español, po-demos salientar os seguintes obxectivos:

-Reducir a burocracia no proceso de ga-rantía orgánica.-Promover a equidade e xustiza a travésda cadea de produción.-Sementar valores comunitarios e apoiaro potencial para o desenvolvemento co-munitario a través da agricultura orgá-nica.-Incorporar o sector ecolóxico certificadoa aquelas produtoras que producen se-guindo as normas do regulamento euro-

peo pero que non poden acceder ao sis-tema de certificación, polo que quedanfóra do mercado de produtos ecolóxicoscertificados.-Reforzar e consolidar o tecido social endeterminados territorios para consolidara actividade agraria. -Fomentar a creación ou mantemento demercados locais.

4PRINCIPIOS DOS SGPaVisión compartida: produtoras e con-sumidoras póñense de acordo e xeranconfianza sen necesidade de árbitros e in-termediarios.aTransparencia do proceso: tódalasparticipantes coñecen ou te-ñen accesoao funcionamento e toma de decisións dosistema, o cal é aberto, visible e mostrablecara a fóra.aHorizontalidade: compártese o poderde acción e decisión. As involucradas par-ticipan cos mesmos dereitos, deberes eresponsabilidades.aParticipación: de tódalas persoas im-plicadas dende a produción e o consumo,de xeito horizontal, nas actividades e pro-cesos de verificación levados a cabo paragarantir a validez do selo.aConfianza: como base e como obxec-tivo. É a base para a participación e atransparencia, permite participar activa-mente nas estruturas, xerar unha infor-mación veraz e sincera -mesmo en casode manexo inadecuado- durante os pro-cedementos. É o obxectivo, xa que se tratade xerar confianza nun produto.aProceso pedagóxico e organizativo: ainteracción das persoas vai construíndo osistema. Van aprendendo a manexarsenel, van fortalecendo a súa organización evan gañando autonomía.

Aínda que poderiamos falar moto máispolo miúdo dos Sistemas de Garantía Parti-cipativa, e do sistema de certificación en simesmo, agardo que o dito até agora vallapara descubrir que o ideal de certificaciónexiste, e non só iso, senón que a súa flexibi-lidade permite construír o noso propio,coas nosas peculiaridades. Unha certifica-ción de todas e para todas.

Os sistemas de garantía participativaDora Cabaleiro, labrega de Negueira de Muñíz (Lugo) e integrante da Dirección Nacional do Sindicato Labrego Galego

FONTES ‐ Sistemas Participativos de Garantia IFOAM http://www.ifoam.org/about_ifoam/pdfs/PGS_PDFs/PGS_Case_Studies_Book_es_Web.pdf‐ Sistemas Participativos de Garantia: visión compartida, ideales compartidos. IFOAM http://www.ifoam.org/about_ifoam/standards/pgs/pdfs/IFOAM_PGS_Spanish_web.pdf‐ Proceso de construcción del SPG andaluz, M Cuellar, E. Torremocha http://www.andaluciaagroecologica.es/detalledocumento.php?idd=da80be536a80a0190f863615084aed5a

Page 5: Gandería industrial, 420 FOUCE · 2014. 7. 9. · A VÍA CAMPESINA DESEMBARCA NA ONU POLOS DEREITOS LABREGOS 422 e 23 Gandería industrial, A Confédération Paysanne rebélase contra

Maio/Xuño 2014 5Nº 302 FOUCE Agra

O Mercado de Alimento Labregode Teo celebra o segundo aniversario

Para celebrar o seu segundoaniversario, os labregos e labre-gas do Mercado do Alimento La-brego de Teo organizaron unhafesta o 7 de xuño. Aos postos ha-bituais que venden produtos detempada cada sábado, uníronseoutros de artesanía e con ali-mentos doutras comarcas con-vidados para esta xornada. Ade-mais, houbo música tradicionale degustación de petiscos nacantina Como tódolos sábados,tamén se sorteou unha cestacon produtos para premiar a fi-delidade das persoas que aco-den cada sábado a mercar.

COMERCIALIZACIÓN4

Consolida a venda directano entorno compostelán

No mercado do alimento labrego de Teo están a organizar numerosas accións promocionais, como a de agasallar con cestasde produtos para premiar a fidelidade das persoas que se achegan cada sábado a facer a súa compra semanal

Page 6: Gandería industrial, 420 FOUCE · 2014. 7. 9. · A VÍA CAMPESINA DESEMBARCA NA ONU POLOS DEREITOS LABREGOS 422 e 23 Gandería industrial, A Confédération Paysanne rebélase contra

6 Maio/Xuño 2014FOUCE Nº 302Agra

Encontro entre SLG e Sanidade Animalpara mellorar a loita contra a tuberculose

A secretaria xeral do Sindi-cato Labrego Galego, Isabel Vi-lalba Seivane, e o responsabledos Sectores Gandeiros na Exe-cutiva do SLG, Adolfo Cabarcos,mantiveron, o 9 de xuño, un en-contro de traballo co xefe doServizo de Sanidade Animal daConsellaría de Medio Rural, Je-sús Orejas. O motivo principaldesta xuntanza, solicitada poloSLG, foron os problemas queestá habendo coa actual cam-paña de saneamento gandeirona Galiza e, en concreto, coaaparición de focos de tubercu-lose bovina en lugares ondenunca antes houbo positivos emesmo en explotacións que nonadquiriron gando novo.

Trátase dun problema que xase deu no ano 2013, cando dos43 focos de tuberculose bovinadetectados, 32 foron brotes no-vos, algo difícil de explicar can-do xa levamos vinte anos decampañas anuais de saneamen-to gandeiro no noso país, co co-rrespondente sacrificio de ani-mais que presentaron algunhasintomatoloxía.

Algunhas das cuestións quemáis preocupan ao SLG nestaproblemática é a presenza daenfermidade en estado latenteen animais que non amosan sín-tomas de tela, o cal pode favore-cer os contaxios; ou os falsospositivos debido á presenza demicobacterias, que poden pro-vocar unha sintomatoloxía se-mellante á da tuberculose nogando bovino. Neste sentido, oSLG pediulle á Consellería queempregue medidas comple-mentarias, como probas que

descarten a presenza doutraspatoloxías como a tuberculoseaviar, de comportamento total-mente diferente, ou diagnosesque axuden a sacar á luz casosde animais silentes, transmiso-res que non se manifestan.

Por outra parte, Isabel Vi-lalba e Adolfo Cabarcos pediron

que se evite marcar positivosdubidosos que suporían o sacri-ficio de animais sans, facilitan-do a realización de novas pro-bas aos 45 días e reforzando oestudo pormenorizado dos ca-sos e as estatísticas de segui-mento da enfermidade para ter-mos as máximas garantías.

aPreocupación pola minguade persoal en Tragsega

Outro dos temas nos que in-cidiu o SLG foi na necesidade deque Medio Rural garanta que aempresa Tragsega poña sufi-cientes medios humanos e ma-teriais nas campañas de sanea-mento. Esta demanda xurdiutras comprobar que, nos pri-meiros días de campaña, houbovisitas a explotacións dun só ve-terinario, cando o habitual éque vaian dous. O SLG salientoua presión que reciben estes fa-cultativos por parte da empresapara inspeccionar un númeromínimo de animais diario, can-do en ocasións as explotaciónsestán moi afastadas ou teñenunha gran dimensión territorialao estar en extensivo, o cal au-menta a dificultade do traballoe afecta negativamente ao con-trol sanitario cando o persoalveterinario é insuficiente.

SANEAMENTO GANDEIRO4Lonxe de erradicarse esta enfermidade, dos 43 focosdetectados en 2013, 32 apareceron en zonas onde nunca se dera a doenza

Mellorar a diagnose paradetectar animais silentesinfectados e evitar falsospositivos foron algunhasdas cuestións tratadas

Diante desta situación e tendo en conta que, nointre de celebrar a reunión aínda non saíra a ordepara regular as indemnizacións por sacrificio, Isa-bel Vilalba e Adolfo Cabarcos pedíronlle a JesúsOrejas a activación dunha serie de medidas indis-pensables se realmente queremos erradicar a tu-berculose bovina da cabana gandeira galega senque as campañas de saneamento poñan en perigoa viabilidade das explotacións afectadas por po-sitivos:

1. Que a Consellaría de Medio Rural poña os me-dios materiais necesarios para facer as campa-ñas de saneamento con plenas garantías. Entreestes medios estarían a elaboración de estudospara obter datos estatísticos que permitan faceras campañas co máximo rigor e evitando falsospositivos; ou a realización de probas sanguíneaspara detectar a enfermidade en estado latente.2. Que se reforce o papel do persoal veterinariodas oficinas agrarias comarcais na diagnose doscasos positivos de tuberculose, pois trátase de

facultativos que teñen unha ampla experienciano tema e coñecen a fondo as explotacións dasúa bisbarra. O saneamento debe seguir sendounha campaña de control obrigatorio e públicopara ter as garantías axeitadas. Agora mesmo, oinforme e proposta de positivos fainos a em-presa Tragsega e, para o SLG, aumentaría a fia-bilidade do proceso cunha participación máisactiva dos veterinarios comarcais.3. Que se indemnice suficientemente ás explo-tacións afectadas por un sacrifico obrigatorio dereses. Para o SLG, as táboas de valoración sonmoi baixas e comprometen o futuro das granxasafectadas cando deben repoñen os animais. Énecesario que se elabore unha nova táboa parafixar unhas indemnizacións cuxa contía se co-rresponda co valor real das reses. A maiores,cómpre buscar a máxima axilización nos paga-mentos, pois deles depende a viabilidade e li-quidez das explotacións inmobilizadas porpositivos.

Cómpren máis medios materiais e humanose revisar a contía das indemnizacións

Isabel Vilalba e Adolfo Cabarcos (na imaxe) denunciaron diante do xefe do Servizode Sanidade Animal os problemas das campañas contra a tuberculose bovina

Page 7: Gandería industrial, 420 FOUCE · 2014. 7. 9. · A VÍA CAMPESINA DESEMBARCA NA ONU POLOS DEREITOS LABREGOS 422 e 23 Gandería industrial, A Confédération Paysanne rebélase contra

Maio/Xuño 2014 7 Nº 302 FOUCEAgra

O SLG pide a Medio Rural medidas adicionais para garantir o valor do leite

A finais de maio, a secretariaxeral do SLG, Isabel Vilalba Sei-vane, tivo unha apertada axen-da en cuestións relacionadas cosector lácteo: a primeira xun-tanza do Observatorio do Mer-cado Europeo do Leite en Bru-xelas (Milk Market Observa-tory-MMO), o 27 de maio e, aodía seguinte, a presentación deXacobea en Compostela, a ferra-menta para a referenciación deprezos para o leite galego quepresentaba a Consellaría deMedio Rural.

Precisamente, no acto orga-nizado na Galiza, Isabel Vilalbatrasladoulle a Patricia Ulloa -di-rectora do Fondo Galego de Ga-rantía Agraria (Fogga) e encar-gada da presentación- a necesi-dade de ir máis alá se realmentequeremos que haxa transparen-cia no sector lácteo e unha esta-bilidade nos prezos que rematecoa volatilidade actual.

En primeiro lugar, Isabel Vi-lalba subliñou que o único pre-zo válido para o leite que admi-tirá o Sindicato Labrego debeser un valor que cubra os custesde produción e que permita aose ás profesionais do sector vivirdignamente do seu traballo; ocontrario, fixar prezos que noncubran os custes de producióne obrigar a vender o leite a per-

das, tal e como acontece dendehai moitos anos, é ilegal e así oseguirá denunciando o SLG.Dende este punto de vista, Vi-lalba chamou a atención sobre ofeito de que a unha fórmula ma-temática como a que se utilizapara Xacobea pode dársellemáis ou menos peso de xeitosubxectivo aos parámetros quea compoñen -por exemplo, aoscustes da actividade- á hora deobter o prezo de referencia.

aNegociacións desiguaisOutro dos factores que pode

condenar ao fracaso a Xacobeaé o feito de que a negociaciónlibre e sen coaccións entre dúaspartes que debería preceder áfixación do prezo do leite nuncontrato, non existe na Galiza. A

realidade galega é que os prezosson impostos polas industriasás explotacións sen que haxa unproceso negociador previo. Denada servirá que os prezos dereferencia xurdidos de Xacobeateñan un nivel suficiente paragarantir a cobertura dos custesde produción e dunhas marxesde beneficio dignas se a indus-tria non os acepta. E coa lexisla-ción actual, a industria non tenpor que aceptalos, polo que Isa-bel Vilalba avogou por ir máisalá de Xacobea e traballar nacreación de novas ferramentase marcos legais que garantanunha negociación dos prezos enpé de igualdade entre tódalaspartes da cadea comercial e me-canismos que obriguen a res-pectar os índices de referencia.

SECTOR LÁCTEO4Isabel Vilalba participou na primeira xuntanza do ObservatorioEuropeo do Leite e na presentación do índice de referenciación de prezos na Galiza

Os sistemas de referencianon serven de nada sen ferramentas que obriguenao seu cumprimento porparte da industria

A maiores, Isabel Vilalba Seivane aprovei-tou o acto de presentación de Xacobea paraalertar dos primeiros síntomas dunha criseno sector lácteo europeo, á que non é alleaGaliza, propiciada polo exceso de produción.A secretaria xeral do SLG tivo oportunidadede debater ao respecto na xuntanza do Ob-servatorio do Mercado Europeo do Leite(European Milk Market Obserbatory-MMO)que se celebrou o día anterior, 27 de maio,en Bruxelas, como representante da Coordi-nadora Europea da Vía Campesina.

Con datos do propio MMO, moitos paísescomunitarios están a aumentar a produciónde leite, algúns até un 12%. Na xuntanza deBruxelas adiantáronse cifras moi preocu-pantes, como que, até abril, xa se produciran4 millóns de toneladas máis de leite con res-pecto ao mesmo período do ano pasado. NoEstado Español, houbo un aumento produ-tivo do 7'6% en marzo e do 6'9% en abril, eiso que fixeron entregas 769 explotaciónsmenos con respecto á campaña pasada. Aomesmo tempo, o prezo medio do leite no Es-tado caeu en máis de 2 céntimos por litro enabril, quedando en 36'9 céntimos.

Os representantes da industria europeaadmitiron que non tiñan capacidade paratransformar e poñer no mercado os incre-mentos de produción estacionais que seestán a producir. A secretaria xeral do SLGexpresou a súa preocupación diante do des-tino deste leite que excede a capacidade pro-dutiva da industria e acaba almacenado emalvendido como leite cru Spot (Spot rawmilk). O representante da industria no MMOdeu un exemplo disto que, en palabras deIsabel Vilalba, “é escandaloso”: este admitiuque, en Francia, mercáronse continxentes deleite cru a 250 €/Tn (25 céntimos por litro)e acabaron no mercado a 50 €/Tn (5 cénti-mos por litro) para desfacerse del. Dar saídaao exceso de produción facendo leite en potampouco está ben visto pola industria, poisnon teñen a seguridade de recuperar os in-vestimentos necesarios do proceso.

“O que é un problema de stocks para a in-dustria”, explicou Isabel Vilalba, “supónunha práctica perigosísima para o equilibriodo mercado e a viabilidade das nosas explo-tacións, pois malvender ou case regalar oleite provoca, á forza, baixadas nos prezos”.

aEsgotamento do modelo exportadorOutro factor que indica que o sector lác-

teo europeo non está a ir polo bo camiño éque as exportacións a baixos prezos xa nonson a panacea para os excesos produtivos.As industrias amosaron a súa incerteza conrespecto aos mercados internacionais e, enconcreto, cos dous principais importadoresde leite europeo: Rusia, coa que hai tensiónsdiplomáticas polo conflito en Ucraína, eChina, onde se estancou a demanda.

O devandito indica que o exceso de pro-dución se vai atopar coa imposibilidade daindustria para procesar o produto, a incapa-cidade do mercado para absorbelo ao estarcuberta a demanda da UE, e a falla de garan-tías para que os mercados internacionaismerquen esa sobreprodución. De seguirmosasí, sen medidas de control para que o leiteproducido responda á demanda de produtoslácteos, sen prohibir prácticas como a co-mercialización de leite Spot a prezos case re-galados, e co único sistema de control daprodución -as cotas- a piques de desapare-cer, o sectores lácteos europeo e galegoestán sentando as bases dunha nova crise.

4 millóns de toneladas máis en abril na UE

Page 8: Gandería industrial, 420 FOUCE · 2014. 7. 9. · A VÍA CAMPESINA DESEMBARCA NA ONU POLOS DEREITOS LABREGOS 422 e 23 Gandería industrial, A Confédération Paysanne rebélase contra

8 Maio/Xuño 2014FOUCE Nº 302Agra

O Sindicato Labrego Galegorexistrou no Concello de Vilalba,o 4 de xuño, un escrito denun-ciando o control da maleza nabeira das estradas do municipiocoa aplicación de herbicidas tó-xicos, tanto no casco urbanocomo no medio rural, feito queestá a provocar queixas xenera-lizadas das persoas afectadas.

Dende o SLG puidemos com-probar que as fumigacións conagrotóxicos se están a facer dexeito indiscriminado a carón decultivos destinados tanto a ali-mentación humana como ani-mal, e preto de cursos de auga,poñendo en risco a saúde pú-blica. Mesmo se están a aplicarherbicidas en zonas urbanasmoi concorridas, como nosarredores do auditorio munici-pal. Dende o SLG, descoñece-mos o alcance destas fumiga-cións, pero tememos que poi-dan afectar a algunha das 14 ex-plotacións vilalbesas rexistra-

das no Consello Regulador deAgricultura Ecolóxica de Galicia(Craega), pois a contaminaciónaccidental por estes herbicidaspodería custarlles a retiradadun selo de calidade que levamoitos anos e cartos acadar.

Diante desta preocupante si-tuación, o SLG pediulle ao Con-cello que informe sobre queadministración é a responsabledesta perigosa práctica. En casode ser o propio goberno muni-cipal, dende o SLG pedíuselle aoalcalde, Gerardo Criado Guizán,que explique se o equipo queestá a facer as fumigacións con-

ta coa cualificación profesionalpertinente, que herbicida seestá a utilizar e se teñen as co-rrespondentes autorizaciónsadministrativas.

Tamén, se o Concello de Vi-lalba é o responsable, dende oSindicato Labrego instóuselle,ademais, a que suspenda inme-diatamente estas fumigaciónstóxicas para destruír a maleza eas substitúa por medios de con-trol mecánicos inocuos para asaúde e menos agresivos comedio ambiente, tal e comoestán a facer varios concellosveciños da Terra Chá.

As 14 explotacións quecontan co certificado doConsello Regulador deAgricultura Ecolóxica poderían verse afectadas

As dúas imaxes, tomadas en 2013 e 2014, demostran o uso de herbicidas xuntoa todo tipo de cultivos sen informar nin pedir permiso ás explotacións afectadas

Posible contaminación de cultivos enVilalba cos herbicidas para as cunetas

MEDIO AMBIENTE4O Sindicato Labrego Galego presentou un escrito ante oconcello demandando explicacións sobre a autoría destas fumigacións

Medio Rural porfíaen deixar sen axudas a cría derazas de gando autóctonas

No mes de febreiro de 2014,a Consellaría de Medio Ruralpublicaba a listaxe de explota-cións beneficiadas polas axudasdestinadas ao fomento de siste-mas de produción de razas gan-deiras autóctonas en réximesextensivos. Daquela, denegába-lle a subvención ao 85% das ex-plotacións solicitantes (907 duntotal de 1.067 solicitudes), xus-tificando a negativa para 681explotacións (o 75% das que sequedaron sen a axuda) por “ex-tinción de crédito” ou, o que é omesmo, por recortes no orza-mento previsto inicialmente.

O 25 de xuño, despois deconsumarse o período de recla-macións, a Consellaría de MedioRural publicaba no Diario Ofi-cial de Galicia a listaxe definitivade explotacións beneficiariassen que mudase moito o resul-tado final: o 80% das explota-cións solicitantes (853) ficaránsen un euro e, delas, o 70%(628) non recibirán os apoiospor esgotamento do crédito.

Os fortes recortes orzamen-tarios son os culpables de que omeirande das explotacións quetiñan dereito a cobrar a axudaqueden sen un céntimo. Cómprelembrar que estas subvenciónsbeneficiaban, sobre todo, a fa-milias gandeiras de zonas des-favorecidas de montaña en Lu-go e Ourense que son o únicomotor económico de amplasbisbarras do noso rural que, senesta actividade gandeira, esta-rían deshabitadas. Ademais, osrecortes xa están propiciandoque explotacións que criabanrazas autóctonas se estean pa-sando, para compensar, a outrasforáneas que dan máis rende-mento, como a Blonde de Aqui-tania ou a Limousin en vacún.

RECORTES4O 80% dasexplotacións solicitantesnon cobrarán nada

Page 9: Gandería industrial, 420 FOUCE · 2014. 7. 9. · A VÍA CAMPESINA DESEMBARCA NA ONU POLOS DEREITOS LABREGOS 422 e 23 Gandería industrial, A Confédération Paysanne rebélase contra

Maio/Xuño 2014 9 Nº 302 FOUCEAgra

Co testemuño na man de co-marcas como Compostela e Be-tanzos, en Lugo tamén desen-volveron unhas xornadas for-mativas baixo o epígrafe “Com-partindo saberes e sabores”dirixidas a afiliadas e baseadasno intercambio de coñecemen-tos e experiencias entre as par-ticipantes. Así, en terras deFriol, discorreron as sesións: “Aecoloxía do pan. Tradición emodernidade” a cargo de XuliaVarela, “Elaboración de lácteos.

Queixo do país en cru”, por FinaCruz, “Compostaxes en granxaecolóxica. Roteiro arqueolóxico”por Anxo e Óscar Rivas (da Aso-ciación Galega de Custodia doTerritorio), “Artesanías; xabóns,las, bebidas”, a cargo de Irene Si-neiro, “Bioconstrución”, impar-tida por Xurxo Rodríguez e,finalmente, “Sabores de antano:papas de millo, sopas de burrocansado e a bebida das mallas:o ponche de ovo e viño”, dirixidapor Aurora Augusto.

Outra das actividades forma-tivas destacadas foron os cursossobre horticultura ecolóxicaque se celebraron en Betanzose na Estrada. Collendo como re-ferencia este último, tratáronsetódalas cuestións propias da

agroecoloxía, dende as propiastécnicas de cultivo, até outrasdirectamente relacionadas co-mo a produción propia de se-mentes e recuperación de va-riedades tradicionais até as di-versas posibilidades de certifi-cación e comercialización. Pre-cisamente, nestas últimas cues-tións o curso permitiu accesolibre, alén do alumnado, consenllas xornadas de portasabertas.

Aproveitando o mes de mar-zo, o local de Lugo desenvolveuun curso sobre poda de froitei-ras nas Nogais en dúas xorna-das ao que asistiron trinta per-soas que, ademais da teoría,puideron facer prácticas decampo con maceiras, cerdeiras,

kiwis, marmeleiros e pereiras. Oprofesor foi David Castellanos,que tamén foi o responsabledun curso de idénticas caracte-rísticas na Estrada.

A actividade formativa noSLG completouse con variasxornadas para informar sobreos cambios que tran a nova PACe a reforma da Lei do Solo (AFonsagrada, Becerreá, Sarria, OCorgo, Guntín, etc.); un cursosobre transformación de ali-mentos e elaboración de con-servas caseiras celebrado enArcediago (Santiso); ou aulas enMeira e Vilalba (Lugo) sobre di-versos aspectos técnicos da pro-dución láctea, benestar animalen Lugo e Arzúa, ou apiculturaen Xinzo de Limia (Ourense).

Da horticultura ecolóxica na Estrada eBetanzos aos saberes e sabores de Lugo

FORMACIÓN4Centos de persoas participaron nas aulas formativas organizadaspolo SLG que contaron con xornadas de portas abertas para ampliar a súa difusión

Friol acolleu varios encontros nos que afiliadas intercambiaron diversos coñecementos eexperiencias

De esquerda a dereita e dearriba a abaixo: curso depoda de froiteiras nas Nogais, clase sobre racionalización dos mediosprodutivos en Vilalba, visita a unha explotaciónde leite ecolóxico no seodas xornadas saberes esabores en Friol, e unhadas sesións de aprendizaxe ao redor daconserva e transformaciónde alimentos en Santiso.

Page 10: Gandería industrial, 420 FOUCE · 2014. 7. 9. · A VÍA CAMPESINA DESEMBARCA NA ONU POLOS DEREITOS LABREGOS 422 e 23 Gandería industrial, A Confédération Paysanne rebélase contra

10 Maio/Xuño 2014FOUCE Nº 302Agra

“Temos necesidades máis urxentesque ser Patrimonio da Humanidade”

Primitivo leva tres lustros rexentando unha adega que fundou para darlle valor ás tres hectáreas de viñedos que herdou dasúa familia en Sabadelle (Chantada). Case a metade dese tempo é o que leva, a maiores, como vocal do SLG no ConselloRegulador de Ribeira Sacra, unha bisbarra famosa pola súa viticultura heroica pero esquecida polas administracións.

aHai un ano fuches elixidopor segunda vez vocal no Con-sello Regulador da RibeiraSacra no censo de pequenasadegas. Como está a ser oarranque desta nova etapa?

En efecto, con este xa levo seisanos no Consello. Respecto aesta nova etapa, a principal novi-dade son os recortes da adminis-tración. Agora, ao ser os recursosmáis limitados, xa non temos amesma capacidade para desen-volver actividades de promoción.Actualmente, as principais fontesde ingresos do consello regula-dor son as cotas e as taxas dascontraetiquetas. aAsí que tamén chegaron osrecortes ao mundo do viño.

Non é de agora. Para min, amateria pendente da RibeiraSacra é termos un apoio decididoda administración a este xeito deviticultura coas grandes dificul-tades engadidas que implican oscultivos en pendente. Cunha vi-sión máis global, máis alá doviño, na Ribeira Sacra temosunha poboación moi avellentadae un territorio cada vez máis des-poboado, o cal fai que se esteana perder boas zonas de viñedopor abandono e falla de man deobra. aEntón, ¿o voso principal pro-blema é a falla de apoios dasadministracións?

É que non hai ningún plan es-pecífico de apoio para a RibeiraSacra, cando temos problemáti-cas moi distintas ás que se vivennoutras zonas vinícolas. Un boexemplo disto é a promoción quese está a facer por parte das de-putacións de Lugo e Ourensepara que esta bisbarra acade odistintivo de Patrimonio da Hu-manidade. Chegar a iso sería po-sitivo, pero a Ribeira Sacra ten

necesidades moito máis urxen-tes e importantes. Cando estátodo por facer, semella ridículoloitar por que se nos considerePatrimonio da Humanidade. Asdeputacións están a gastar gran-des esforzos e recursos para iso,pero aínda non se dignaron afalar coas entidades e as persoasque vivimos o día a día nestas te-rras, que traballamos aquí. Esafalla de diálogo está a provocarreceos, tanto nos profesionais daviticultura como no propio Con-sello Regulador, pois non temosningún tipo de información so-bre como pode afectar á activi-dade vitivinícola que a RibeiraSacra sexa considerada Patrimo-nio da Humanidade. Se iso vaiser bo ou malo, deberiamos sa-belo, pero ninguén nos di nada eninguén nos consultou.

aPero serdes Patrimonio daHumanidade sería bo para adenominación de orixe.

Evidentemente, sería benefi-cioso para a bisbarra e de seguroque repercutiría positivamentena miña actividade. A miña quei-xa é que este distintivo é posibleque leve aparelladas restriciónsá hora de desenvolver o noso tra-ballo. E digo posible porque, ago-ra mesmo, descoñecemos com-pletamente como nos afectaría aconcesión. Sei doutras zonas vi-nícolas que son Patrimonio daHumanidade, como o Douro enPortugal ou Cinque Terre en Ita-lia, e vailles moi ben. No ConselloRegulador vemos o distintivo dePatrimonio da Humanidade co-mo algo que nos pode dar moitopotencial, pero o proceso paraconseguilo estase a facer ás no-

sas costas, sen preguntarnos, senamosar ningún tipo de sensibili-dade cara á xente que vivimos etraballamos aquí, sen garantíasde que o vaiamos poder seguirfacendo no futuro nas mesmascondicións. E non só falo da viti-cultura, senón da actividadeagraria en xeral. aOutro problema que está amedrar na vosa denominaciónde orixe ten que ver coas ade-gas que plantaron viñedospropios e deixan de recoller auva ás explotacións que lla for-necían.

Si que hai moitas adegas queestán a plantar viñedos propios.Creo que a causa principal distoé que a media de idade é cadavez máis elevada entre as per-soas que se dedican á viticulturae medra a porcentaxe de aban-dono das viñas. Diante disto,moitas adegas plantan viñedopropio para facer fronte a unhaprevisible caída da produciónnos vindeiros anos. O malo é que,a medida que comezan a produ-cir os viñedos propios, deixan demercar uva ás explotacións quelles fornecían, problema que sefixo patente na última vendima.Esta situación puido favorecerque algunhas adegas se aprovei-tasen de viticultores que queda-ron sen comprador e lles merca-sen a uva a un prezo inferior,pero tampouco houbo unha de-nuncia por parte das persoasafectadas para confirmalo.

Evidentemente, os prezos bai-xos son letais para unha zona vi-nícola como Ribeira Sacra, ondeas dificultades engadidas que teno cultivo do viñedo fai que setenda máis ao abandono se ovalor da uva, as políticas publicasou as axudas non compensan eseesforzo adicional. SEGUE4

Primitivo Lareu4Vocal do SLG no Consello Regulador da DO Ribeira Sacra

Primitivo Lareu rexenta unha pequena adega en Sabadelle, DO Ribeira Sacra

Page 11: Gandería industrial, 420 FOUCE · 2014. 7. 9. · A VÍA CAMPESINA DESEMBARCA NA ONU POLOS DEREITOS LABREGOS 422 e 23 Gandería industrial, A Confédération Paysanne rebélase contra

Maio/Xuño 2014 11 Nº 302 FOUCEAgra

“As políticas públicas favorecen, case sempre, grandes adegas e capitais”aA nivel persoal, cunha pequena adega,¿afectouche a crise?

Hai un par de anos, cando comezou acrise, noteina como todo o mundo e tradu-ciuse nun baixón das vendas en tódolos dis-tribuidores. Iso obrigoume a esforzarme eabrir novos mercados, buscando clientela edistribuidoras noutras zonas que non traba-llaba para compensar a baixada nas vendas.No meu caso, co viño asentado no mercado eunha clientela e consumo fieis, foi máisdoado facerlle fronte á crise. Creo que as ade-gas que tiveron máis problemas foron as me-dianas, cunha produción ao redor das 60.000botellas, pois carecen dos recursos das ade-gas grandes para facerlle fronte a unha situa-ción de crise, e teñen unha produción de-masiado alta como para xestionar a crisecomo fixen eu.aTen que ser difícil iso de asentarse nomercado.

Ao principio, é bastante complexo, espe-cialmente se es unha pequena adega que nondispón de orzamento nin recursos para facerpromoción. Eu comecei con moi pouca canti-dade de viño para comercializar -unhas2.000 botellas na primeira colleita- o que mepermitiu ir facendo mercado pouco a poucoe ir aumentando a produción ao longo dotempo. Foi un traballo de moitos anos atéchegar ás 20.000 botellas que produzo agorade media. É máis doado vender poucas ao co-mezo, cando ninguén coñece a marca, quetentar introducir unha produción demasiadoalta partindo de cero. Traballando así, alongo prazo e cun horizonte de moitos anos,o risco é menor.aConsideras que a administración apoiasuficientemente ás pequenas adegas co-mo a túa?

Tallantemente, non. As políticas que haihoxe en día favorecen, case sempre, grandesadegas e grandes capitais, que absorben máisrecursos públicos -axudas, programas depromoción, etc.- que as adegas máis peque-nas. Non hai unha sensibilidade especialdende a administración cara ás pequenasempresas. E iso a pesares de que na RibeiraSacra predominan as pequenas adegas comoa miña, que somos máis do 50% da denomi-nación de orixe. En Ribeira Sacra hai 7 ade-gas grandes, 15 medianas e un cento depequenas. Nembargante, a administraciónnon ten ningunha liña de axudas ou de apoioespecífico para estas últimas. FIN<

Homenaxe ao técnico que inicioua recuperación do Godello

O pasado 23 de maio, Val-deorras homenaxeaba a Ho-racio Fernández no primei-ro cabodano do seu pasa-mento. O acto tivo lugar naCasa Grande de Viloira, noBarco, e nel participaron re-presentantes da sociedadevaldeorresa entre os que seatopaban a nosa coordina-dora comarcal, Ángeles Ro-dríguez, e numerosos afilia-dos ao Sindicato Labrego.

Horacio Fernández foi xe-fe da Oficina Agraria Comar-cal de Valdeorras-Trives en-tre 1966 e 1997, e un dosimpulsores do Plan Revival,

iniciado en 1974 para recu-perar unha caste autóctonacase desaparecida na zona,pois só ocupaba o 0'05%dos viñedos: a Godello.

A caste autóctona máisrepresentativa desta denominación só ocupaba o 0’05% dos viñedos da DO en 1974

VIÑO4A sociedade valdeorresa lembrou a Horacio Fernández Presa nun acto celebrado o 23 de maio para conmemorar o primeiro cabodano do seu pasamento

Recortes e burocracia lastran areestruturación de viñedos

Despois de que en 2013non se convocasen as axu-das para reestruturación doviñedo, para o período2014-2018 terémolas perocon recortes. En convocato-rias anteriores, estas sub-vencións podían sufragaraté o 65% dos gastos, men-tres que agora farano cuntope do 50%. Isto, unido ácomplexidade burocráticado proceso de solicitude,fixo que moitos e moitasprofesionais do sector nonse animasen a concursareste ano. Pola súa banda, oSindicato Labrego Galegorealizou un plan colectivo a

través do cal presentou untotal de 63 expedientes queabranguen 26 hectáreas dereestruturación.

Segundo comenta a coor-dinadora do SLG en Valdeo-rras, Ángeles Rodríguez,“dende a Consellaría deMedio Rural están a poñermoitos atrancos no procesode solicitude, demasiadosrequisitos innecesarios. Porexemplo, hai viticultores eviticultoras que non teñenmaneira de demostrar apropiedade das viñas quevan a arrincar para volverplantar, posto que a docu-mentación que teñen sonpartillas moi antigas e nonfixeron cambios no Catas-tro; e as partillas que nonestán inscritas no Rexistroda Propiedade, non as acep-tan. Isto é inxusto, pois esaspersoas son propietarias le-

xítimas desas viñas”. A pro-blemas coma o devandito,hai que engadir outros, co-mo “o da diversa numera-ción e medición de super-ficie das parcelas segundoconsultemos Rexistro Viti-cola, Catastro ou o Sistemade Identificación de Parce-las Agrícolas (Sixpac), senque as administracións fa-gan nada por actualizar osdatos”. Isto último repre-senta unha dificultade enga-dida, pois ao non coincidiros números de identifica-ción das parcelas do Rexis-tro Vitícola cos do Sixpac,hai que identificalas visual-mente, o cal incrementa otraballo. O peor é cando asuperficie que aparece noSixpac é inferior á do Rexis-tro Vitícola, porque entón apersoa propietaria perdedereitos de arranque.

As axudas para plantarnovas vides pasaron decubrir o 65% doinvestimento a facelocun tope do 50%

VIÑO4A través dun plan colectivo xestionado polo Sindicato Labrego Galegotramitáronse 63 expedientes que abranguen 26 hectáreas para renovar plantíos

Page 12: Gandería industrial, 420 FOUCE · 2014. 7. 9. · A VÍA CAMPESINA DESEMBARCA NA ONU POLOS DEREITOS LABREGOS 422 e 23 Gandería industrial, A Confédération Paysanne rebélase contra

12 Maio/Xuño 2014FOUCE Nº 302AgraSILVICULTURA4Hai sete anos, Luís e Sabela decidiron deixar a vida que levaban para volver ás raíces, cam-biar a cidade por Parada dos Montes, no Courel. Alí, onde o mundo calla en soutos centenarios, reanimaronun sequeiro, canizada a canizada, e agudizaron os sentidos para innovar na milenaria cultura da castaña.

O Sequeiro da Portela: mil outonosmáis para a cultura da castañaSaben a montaña e bosque e,

coma o viño de leitaruga deRay Bradbury, gardan un

pouquiño do outono neles. Pans,madalenas ou galletas elabora-das con fariña de castaña porLuis Fontela e Sabela Facal no Se-queiro da Portela, en Parada dosMontes (Pobra do Brollón). Ese éo resultado final dun longo pro-ceso de aprendizaxe que coroabao seu primeiro chanzo en 2007,cando do sequeiro que ambosmercaron saía a primeira cani-zada de castañas secas.

Antes diso, a valentía de bo-tarse ao descoñecido, de tentarrecuperar unha cultura, a da cas-taña e os soutos, xa extinta enmoitas bisbarras da Galiza. “Ti-vemos moitísima sorte”, explicaLuís. “Demos con persoas que le-vaban máis de sesenta anos tra-ballando os soutos de xeito tra-dicional. Grazas a todo o queaprendemos delas, logramosavanzar. Era xente maior que xanon está con nós e lembramosmoito todo o que nos ensinaron,algo polo que estamos fonda-mente agradecidos: os coidadose o cultivo do souto, as demou-cas, o secado, as ferramentas, oléxico, distinguir as razas de cas-taña que valen para secar e asque non... todo constitúe unhacultura da castaña da que nonsabiamos nada e, grazas a esatransmisión directa de coñece-mentos, puidemos coller o seutestemuño e recuperar a tradi-ción”.

Velaí o primeiro chanzo. Peroa escada había subir aínda máisarriba. Lembran Luís e Sabela asdificultades ao comezo para sa-carlle rendemento ao seu traba-llo. “Os prezos para a castañaseca eran moi baixos. A nosa cas-taña era moi escolleita e vendiá-mola cara con respecto aos pre-

zos a que cotizaba en Folgoso doCourel e Pobra do Brollón. Isoprovocou que comezase a subirun pouco na bisbarra, algo moinecesario. Hai seis anos, vendía-se a castaña seca escolleita a 4euros o quilo, e nós comezamosa vendela a 7, para despois subira 8. Hai que ter en conta quesecar castañas é moi laborioso.En cada canizada entran uns3.000 quilos de froito fresco dosque obtemos 1.000 quilos decastañas secas que, unha vez es-colleitas, quedan en 500. Traba-llando deste xeito dúas persoas,non conseguiamos que a nosaactividade fose rendible parapoder vivir dela, polo que tive-mos que pensar como facer útiltoda a produción, máis alá dacastaña selecta”.

Foi así, matinando que facer coa castaña seca desbotada, que selles ocorreu o de moela para obter fariña. “Descubrimos que en Fran-cia facían fariña de castaña e puxémonos a investigar. A fariña de cas-taña permite render máis a produción do sequeiro, pois as castañaspartidas ou defectuosas, que conservan tódalas calidades culinarias,valen para moer aínda que non para vendelas directamente. Destexeito, deses 1.000 quilos de castaña seca que saían do sequeiro, co-mezamos a aproveitar uns 800”.

Así, dende as raíces, Luís e Sabela tiveron que dar un salto máisalá para crear algo novo. Dunha idea inicial de elaborar pensos paraporcos en base a fariña de castaña, pasaron á de vendela para usosculinarios en 2009. Esa produción tivo moi boa acollida fóra, en Ma-drid e Barcelona, mais non na Galiza, onde a xente non sabía moi benque facer con fariña de castaña. “Pareceunos triste ter que venderfóra. Por iso demos o seguinte paso e decidimos elaborar nós mes-mos pan, madalenas e galletas para darlle maior valor engadido aoque facemos. Daquela, fixemos un obradoiro na nosa casa, cun pe-queno forno e comezamos a distribuír en tendas”. SEGUE4

Sabela e Luís restauraron un vello sequeiro de castañas en Parada dos Montes, no Courel, que hoxe é o seu medio de vida

Dos pensos para porcos aos alimentos delicatessen

Page 13: Gandería industrial, 420 FOUCE · 2014. 7. 9. · A VÍA CAMPESINA DESEMBARCA NA ONU POLOS DEREITOS LABREGOS 422 e 23 Gandería industrial, A Confédération Paysanne rebélase contra

Maio/Xuño 2014 13 Nº 302 FOUCEAgra

Xa sabemos algo máis de como Luís e Sabeladeron en facer pans e doces con fariña de castaña,mais pouco o nada do proceso que hai entre apa-ñar o froito no souto e gorentármonos cunha bo-lacha artesanal.

Luís e Sabela traballan directamente dúas hec-táreas de soutos que teñen arrendadas e, a maio-res, mercan castaña á veciñanza para completar aprodución. Trátase en ambos casos, tanto do cul-tivo propio como do mercado, de castaña ecolóxicaque non recibiu ningún tratamento químico ou ar-tificial. A colleita anual está agora entre os 3.000 e3.500 quilos de castaña fresca; mais están a estu-dar a posibilidade de procesar até 4.000.

Os traballos comezan no verán, coa roza e lim-peza do souto e o fornecemento de leña para secar.Despois vén a época de recolección. Unha vez secaa castaña, proceso que ocupa uns 20 días, hai quepisala cunha máquina para quitarlle a casca e al-macenala. Despois, a partir de xaneiro, a castañaseca vaise collendo durante todo o ano a medidaque se precisa.

Agora mesmo, cada fornada de pans, galletas emadalenas, ocúpalles dúas semanas. Para acendero forno, previamente hai que escoller as castañas,proceso que leva tres días; e moelas, tarefa na queinvisten outro día máis. Despois, tres días a maio-res para cocer e un máis para vender. Polo medio,quefaceres diarios de administración, limpeza, et-cétera, fan que só dean producido unha fornadapor quincena. “Trátase dun proceso moi laborioso”recoñece Luís, “porque facemos todo a man; pensano traballo que dá elaborar 2.000 galletas, unha a

unha. Ademais, o produto que vendemos, ao serespecial e ter un prezo un pouco elevado, non é deconsumo diario. Esa é outra das razóns polas queo poñemos no mercado cada quince días, porquenon é un produto para mercar cada semana”.

aAmpliando mercados e investigando alimentos para persoas celíacas

O Sequeiro da Portela é algo en constante mo-vemento, un proxecto que evoluciona día a día, quese fai realidade no frutífero diálogo entre raíces etradición por unha banda, e os soños e as ilusións,por outra. A idea que lles fai as beiras agora a Luíse Sabela é a de mellorar o proceso produtivo paratentar facer unha fornada por semana. “Para iso,teriamos que mecanizar algunha das tarefas quefacemos a man, como o amasado dos doces. Oamasado do pan seguirá sendo a man porque saeun produto mellor, pero coas galletas non hai di-ferenza”. Iso permitiríalles abrir máis mercados eatreverse con cidades nas que aínda non comer-cializan, como Ourense ou Ferrol. Sería un xeito desacarlle un maior rendemento ao traballo reali-zado.

Outro dos horizontes posibles é o de elaborarprodutos sen glute aptos para persoas celíacas,idea coa que se están a mergullar noutro procesocreativo para descubrir un ingrediente que poidasubstituír á fariña de trigo. “Tentaremos sacar algopara o inverno que vén”. E de seguro que o acadancoa axuda do Martiño, que naceu hai tres anos,entre canizadas e moendas, para darlle mil outo-nos máis á cultura da castaña na Galiza. FIN<

En 2010, Sabela e Luís vende-ron o seu primeiro pan de casta-ñas na Feira de Artesanía de Vi-lamor. Pode parecer una evolu-ción normal e sinxela, pero nono foi. Neste paso, a maiores dosquintais de fariña de castaña, ti-veron que botar man doutrotanto de creatividade. “Foi unproceso moi vital, de aprendi-zaxe total, xa que na Galiza nontiñamos ningunha referencia cu-linaria con fariña de castañas. Asreceitas, como a do pan de casta-ñas, creámolas nós. Tamén tive-mos a colaboración de moitasamizades que participaron noproceso experimentando e ela-borando doces con fariña de cas-taña”. Unha das claves do éxitodo Sequeiro da Portela é a súaaposta pola equidade comerciale a calidade, cunha selección moicoidadosa dos ingredientes queempregan, sendo todos de pro-dución ecolóxica e do ComercioXusto.

Hoxe, O Sequeiro da Portelacomercializa a súa produciónnunha ducia de tendas (Lalín,Lugo, Monforte, Pontevedra, Po-bra do Brollón, Compostela, Vi-veiro e Ribadeo), venden direc-tamente no Mercado da Terra dapraza de abastos de Lugo e ta-mén a dous grupos de consumo.

SEGUE4

“Na Galiza non tiñamos ningunhareferencia culinaria con fariña de castañas”

Os traballos e os días nos soutos do Courel

Page 14: Gandería industrial, 420 FOUCE · 2014. 7. 9. · A VÍA CAMPESINA DESEMBARCA NA ONU POLOS DEREITOS LABREGOS 422 e 23 Gandería industrial, A Confédération Paysanne rebélase contra

14 Maio/Xuño 2014FOUCE Nº 302Agra

SLG e COAG analizaron en Ribadavia anormativa para plantar viñedo novo

O pasado 23 de xuño, o Sin-dicato Labrego Galego celebra-ba en Ribadavia unha xornadatécnica ao redor de diversascuestións de actualidade rela-cionadas comundo vitícola. Bai-

xo o título “A reforma dos derei-tos de plantación de viñedos”, oresponsable do sector vitiviní-cola de COAG e vicepresidentedo Comité Consultivo do Viñoda UE, Alejandro García-Gasco,analizou o novo marco norma-tivo que regulará, entre 2016 e2030, as novas plantacións devide en calquera explotación daUnión Europea. De seguido,compartimos con vós un resu-me da normativa.

VIÑO4Nunha xornada celebrada o 23 de xuño na capital do Ribeiro o técnico deCOAG Carlos Mateo explicou como se regularán as autorizacións a partir de 2016

O réxime impulsado polaComisión Europea teráunha validez de 14 anos esometerase a unha revisión intermedia

O novo réxime de autoriza-cións para novas plantacións deviñedo entrará en vigor o 1 dexaneiro de 2016 e finalizará o31 de decembro de 2030. Neseperíodo, a Comisión Europea re-alizará unha revisión interme-dia do mesmo. A grandes ras-gos, o novo réxime implica:

<Non se permitirán novas plan-tacións sen autorización, tantopara uva con indicación xeográ-fica como para a que non a teña.As autorizacións para novasplantacións terán unha validezde 3 anos dende a concesión.

<As produtoras/es que acadenautorización e non fagan a plan-tación durante o período de va-lidez, serán sancionadas/os.Quen plante viñedo sen autori-zación, ademais de recibir unhasanción deberá arrincalo.

<As autorizacións outorgaran-se gratuitamente polas autori-dades públicas e non poderánser transferidas a outros produ-tores ou produtoras.

<Os dereitos de plantación nonutilizados e que sexan válidosantes da fin de 2015, converte-ranse en autorizacións a partir

do 1 de xaneiro de 2016, previapetición. Terán o mesmo perí-odo de validez que as autoriza-cións. Os estados membrospoden atrasar a data de conver-sión até o 31 de decembro de2020, pero os dereitos non sepoderán transferir dende o 1 dexaneiro de 2016.

<Na xestión das autorizaciónspoderanse ter en conta as reco-mendacións das organizaciónsprofesionais recoñecidas a nivelcomunitario (organizacións in-terprofesionais agroalimenta-rias e organizacións de produ-tores), por grupos interesadosde produtores (DOs e IXPs) epor outros tipos de organiza-cións profesionais recoñecidaspolos estados.

<Replantacións na mesma ex-plotación.aAs replantacións disporánde autorizacións automáticascunha validez de 3 anos e con-cederase para a mesma explo-tación que fixo o arranque.aOs estados poderán conce-der autorizacións de replanta-ción con arranque diferido, aotermo da cuarta campaña naque se teña feito a replanta-ción.

<Establecerase un mecanismoxeral de salvagarda a nivel daUnión Europea para o aumentode calquera superficie de vi-ñedo adicional. Fixarase un 1%de incremento da superficieplantada de viñedo para cadaestado membro en cada anoque se traducirá nun número dehectáreas de novas plantacións.

<Os estados membros poderándiminuír a porcentaxe de au-mento a nivel estatal e limitar enivel rexional para as superfi-cies de DOPs, IXPs, e viños senindicación xeográfica, polos se-guintes motivos:aEvitar oferta excesiva.aEvitar apropiación indebidada reputación das DOPs.aEvitar o risco de desvalori-zación de produtos con selode calidade.

Isto debe estar debidamentexustificado e farase con publici-dade.

<Se a suma de tódalas solicitu-des individuais, en hectáreas,respectando criterios obxecti-vos e non discriminatorios deadmisibilidade, non excedesedo límite establecido a nivel es-tatal, deberán aceptarse todas.Os estados membros poderán

aplicar algún dos seguintes cri-terios de admisibilidade:aDispoñer dunha superficieagrícola de viñedo superior ásolicitada.aTer capacidade e competen-cia profesional.aQue non supoña un risco deapropiación indebida da repu-tación dalgunha DOP.aAplicar algún dos criteriosde prioridade.

<En caso de que a demandatotal de solicitudes superen o lí-mite de hectáreas nun estado,deberían aplicarse os seguintescriterios de prioridade: aIncorporación de persoascon capacidade profesional.aSuperficies de viñedo parapreservación do entorno.aReplantación por concentra-ción parcelaria/expropiación.aSuperficies con limitaciónsnaturais ou doutra caste.aProxectos de desenvolve-mento viábeis.aReplantacións que permitanaumentar a competitividadeda explotación.aPotencial para mellorar acalidade dos produtos con IXP.aReplantacións para incre-mento do tamaño de peque-nas e medianas explotacións.

Mecanismo de salvagardaRéxime de autorizacións

Page 15: Gandería industrial, 420 FOUCE · 2014. 7. 9. · A VÍA CAMPESINA DESEMBARCA NA ONU POLOS DEREITOS LABREGOS 422 e 23 Gandería industrial, A Confédération Paysanne rebélase contra

Maio/Xuño 2014 15Nº 302 FOUCE Galiza

Tentando recuperar o espí-rito da gran manifestación do22 de marzo en Madrid, as Mar-chas da Dignidade volveron ácarga con novas mobilizaciónsen todo o Estado o 21 de xuño.Desta vez, retomando a con-signa “Pan, traballo e teito”,miles de persoas arrodearon assedes parlamentarias das súascomunidades.

Na Galiza, a cita foi no Hó-rreo, onde unha cadea humanacircundou o Parlamento de Ga-licia tras unha marcha que par-tiu da estación de tren. Apoiadapor todo tipo de organizaciónssindicais e sociais, entre as quese atopaba o Sindicato LabregoGalego, na manifestación deuselectura a un manifesto no que seacusaba, directamente, aos po-deres financeiros dunha “crisesocial e económica que deulugar a que o noso país sufrauns niveis de paro e miseria quefan que unha gran parte da súapoboación non consiga alcanzarunhas condicións de vida mini-mamente dignas” e aos poderespolíticos de “sicarios ao seu ser-vizo”.

A elección das sedes parla-mentarias como epicentro dasprotestas non foi banal. O mani-festo denunciaba que “o Parla-mento Galego e os demais par-lamentos de todo o Estado fo-ron secuestrados por esta mafiae, coa principal colaboracióndos dous partidos maioritarios,PP e PSOE, están a roubar o queé do pobo para entregalo ásgrandes empresas”.

O manifesto abondou nal-gunha das máximas expresiónsdeste saqueo, dende os 200.000millóns de euros de cartos pú-

blicos que se lle deu á banca, atéo infame contraste de desafiu-zar miles familias ao tempo quehai miles de vivendas baleiras;pasando por ese terrible 57%de xente nova condenada aodesemprego, á emigración ou ásemiescravitude dun traballoprecario bendicido pola refor-ma laboral.

Ademais, “no Parlamento Ga-lego, con nocturnidade e aleivo-sía, privatízanse servizos públi-cos esenciais, como sanidade eeducación. Péchanse camas enhospitais, reducen persoal do-cente no ensino, desbalden car-tos públicos en obras inútiles e,en definitiva, tómanse decisiónsque levan ás persoas a unha si-tuación de miseria. As leis quefai no Parlamento o PP, e anteso PSdG, non resolven os proble-

mas do pobo; só buscan favore-cer a grandes empresas aíndaque sexa a costa da vida dignadas persoas”.

“Déixannos sen traballo, sencasa, sen sanidade, sen pen-sións, sen estudos, sen futuro,sen vida!”, remata o manifesto.“Por iso a Plataforma Galega dasMarchas da Dignidade está hoxeaquí, porque queremos simboli-zar que o Parlamento Galegonon está a representar ao poboe o pobo vén rodealo: porquenos pertence, porque é noso etamén nolo están a roubar. Loi-tamos polos nosos dereitos, eseguiremos a loitar mentresnon consigamos cambiar un sis-tema inxusto e antidemocráticoe devolver o poder ás persoas,sometendo o poder político ávontade popular”.

As organizacións convocantes criticaron décadas de políticas bipartidistas para favoreceraos poderes financeiros

Unha cadea humana arrodeou o Parlamento de Galicia o 21 de xuño (arriba) e ma-nifestouse polas rúas de Compostela (abaixo) contra as políticas de recortes

A indignación arrodea o Parlamentopara esixir pan, traballo e teito

MARCHAS DA DIGNIDADE4O 21 de xuño houbo manifestacións ao redor dassedes parlamentarias autonómicas do Estado para denunciar o seu secuestro

O SLG apoiou unhamanifestación enLugo a prol de servizos esenciaispara o hospital

O SLG apoiou a multitudina-ria manifestación que tivo lugaren Lugo, o 26 de xuño, para re-clamar servizos sanitarios esen-ciais como hemodinámica, ra-dioterapia ou medicina nuclearno Hospital Universitario LucusAugusti (HULA). O SLG xa tendenunciado que, coma sempre,son as persoas que vivimos norural as que estamos a padeceras peores consecuencias dos re-cortes da Xunta.

A obriga das persoas doentesde cancro de recibir estes trata-mentos no Centro Oncolóxicode Galicia, na Coruña, obriga adesprazamentos dunha mediade catro horas e máis de tres-centos quilómetros dende bis-barras como A Mariña, Ancaresou A Fonsagrada, por exemplo,para agardar longas quendas decara a recibir sesións ou trata-mentos que, se falamos de ra-dioterapia, requiren só uns vin-te minutos. E iso se utilizan me-dios de transporte particulares,porque as persoas que nonteñen esa posibilidade debenviaxar en ambulancias xunto aoutras doentes e facer viaxes demáis de doce horas entre a ida ea volta.

O presidente da Xunta, Al-berte Núñez Feijóo, prometeu odía da inauguración do HULA, o26 de febreiro de 2011, que estecentro hospitalario contaría cosservizos demandados en cues-tión de meses. Van máis de 3anos e as súas falsas promesasseguen sen cumprirse, cau-sando un enorme sufrimento amiles de familias que precisandestes servizos sanitarios. Poriso, o SLG saiu á rúa: para recla-mar o que o Goberno da Xuntanon concede pola vía do diálogoe da máis mínima decencia.

SANIDADE4A pesaresdas promesas, o HULAsegue sen radioterapia

CC-BY-NC-SA / Praza Pública

CC-BY-NC-SA / Praza Pública

Page 16: Gandería industrial, 420 FOUCE · 2014. 7. 9. · A VÍA CAMPESINA DESEMBARCA NA ONU POLOS DEREITOS LABREGOS 422 e 23 Gandería industrial, A Confédération Paysanne rebélase contra

16 Maio/Xuño 2014FOUCE Nº 302GalizaBANCA ÉTICA4Banca e ética son dúas palabras que semellan estar divorciadas. O escándalo das preferen-tes, os banqueiros corruptos ou os desafiuzamentos emporcallaron, e moito, a imaxe do sector finaceiro. Máisexiste outro xeito de ver as finanzas. Chámase Fiare e botará a andar na Galiza a partir de setembro.

Fiare: a banca ética chega a GalizaAínda que o proxecto ini-

ciou a súa andaina entre2007 e 2008, Fiare come-

zará a ser unha realidade para asociedade galega a partir desteoutono. Pero, ¿que é Fiare? Enpalabras dun dos seus sociosfundadores na Galiza, o avogadocompostelán Gonzalo Gesto Qui-ñoi, “Fiare é un proxecto debanca ética que hoxe xa é unharealidade que parte da basedunha rede de organizacións so-ciais e persoas que queremospoñer a banca e o sector finan-ceiro ao servizo da cidadanía; aoservizo de proxectos que teñanun impacto social positivo e quebusquen, dalgún xeito, recons-truír a sociedade dende o puntode vista da xustiza social, me-dioambiental e dunha economíamáis ao servizo da xente”.

En efecto, 38 organizaciónssociais, entre as que se atopa oSindicato Labrego Galego, e case350 persoas, que son a base so-cial que actualmente ten Fiare-Galiza, levan traballando seteanos para artellar o primeirobanco realmente democrático eorientado a construír e dinami-zar unha sociedade mellor naGaliza. Ademais, tamén está aobter o apoio de institucións: haiconversas iniciadas con deputa-cións, universidades e concellospara que entren como socios noproxecto, formando xa parte domesmo o consistorio de Manza-neda, que foi o primeiro que sefixo socio.

Para Gonzalo Gesto “o abanosocial de persoas e organiza-cións que forman Fiare Galiza édos máis plurais no Estado. Paranós, a base social de Fiare é fun-damental por dous motivos: enprimeiro lugar, porque pon o ca-pital e, polo tanto, é a propietariada entidade. Ademais, os sociose socias tamén somos protago-nistas porque temos unha parti-cipación activa na toma de deci-sións. Por poñer un exemplo, os

Na asemblea de Fiare celebrada en Cotxeres de Sants (Barcelona) o 29 de

marzo os socios e socias decidiron a integración na Banca Popolare Etica

En canto ao día a día na relación entre un bancoe a súa clientela, Fiare ofrecerá o meirande dosprodutos que oferta a banca convencional. Así, apartir de outono, calquera persoa ou entidade po-derá, na Galiza, gardar os seus aforros nunha contacorrente ou nun depósito a prazo en Fiare. Ade-mais, tamén poderán ter tarxeta para operar encaixeiros automáticos, domiciliar nóminas e reci-bos ou pedir créditos.

As grandes diferenzas, agora mesmo, de FiareGaliza con respecto á banca convencional seránque as xestións terán que facerse por un sistemade banca electrónica, pois Fiare non ten sucursaisabertas no noso país; e a imposibilidade de poderfacer ingresos en efectivo ao non dispoñer de ofi-cinas para facelo. Está última limitación está en

vías de solucionarse a medio prazo, xa que Fiareestá a manter conversas con bancos para poderutilizar a súa rede de oficinas de cara a poder facereses ingresos en efectivo.

aCaptación de novos socios e sociasNun nivel máis alto de compromiso con Fiare

Galiza, existe a posibilidade de facerse socio ousocia aportando unha achega ao capital social daempresa e, polo tanto, formando parte dela. “Nósdamos prioridade a facer socios e socias, pois cre-mos que contra máis xente con capacidade paraparticipar e decidir forme parte do banco, mellor”.Segundo o nivel de forza e implantación que acadeFiare en Galiza, tamén se estuda a posibilidadeabrir unha sucursal no noso país. SEGUE4

A partir deste outono poderemos operarcon Fiare como con calquera outro banco

Fiare Galizahttp://fiaregz.wordpress.com/

Fiare estatalhttp://www.proyectofiare.com/web/

Banca Popolare Etica (Italia)http://www.bancaetica.it/

Santiago de Compostela Panxea – O Peto martes a xoves de 18:00‐20:00 sábados de 11:00 a 14:00 A Rosa 36, baixo / 981 937 238

Vigo Fundación Proclade luns a mércores de 18:30 a 20:00Honduras 5, baixo

Para afondar

socios e socias debatemos quetipo de produtos queremos ofre-cer como banca cando comece-mos a actividade real en outono.Foron debates enriquecedores eque axudaron a formarnos finan-ceiramente. Termos este procesoformativo e, a maiores, a capaci-dade de decidir que tipo debanca queremos, xa é un feito di-ferencial con respecto aos ban-cos convencionais”.

Esa mesma filosofía aplícase áconcesión de créditos que, nocaso de Fiare, non se concederánsó con criterios economicistas.Evidentemente, “cando se pre-senta un proxecto para pedirnosfinanciamento, en primeiro lugarfacemos unha análise econó-mica, pois o Banco de Españaobríganos ás entidades banca-rias a financiar só proxectos quesexan verdadeiramente viables

para evitar que se dispare a mo-rosidade”.

Mais unha das grandes dife-renzas entre Fiare e a banca con-vencional é que “nós facemos, amaiores, unha análise ética e so-cial dos proxectos que nos pidenfinanciamento. E esa análise fai-se dende a nosa base social edende o territorio ao que per-tence, que é quen decide a súaconcesión”.

Page 17: Gandería industrial, 420 FOUCE · 2014. 7. 9. · A VÍA CAMPESINA DESEMBARCA NA ONU POLOS DEREITOS LABREGOS 422 e 23 Gandería industrial, A Confédération Paysanne rebélase contra

Maio/Xuño 2014 17 Nº 302 FOUCEGaliza

En Italia finaciaronproxectos por 775millóns de euros sóno ano 2013

O proxecto dunha banca alter-nativa comezou a xestarse en Ita-lia na década dos noventa do pa-sado século. Alí fundouse BancaPopolare Etica que, hoxe en día,é o proxecto de banca ética máisdesenvolvido no mundo. Cun ca-pital social de case 50 millóns deeuros, tralo cal hai unhas 40.000persoas e 6.000 entidades, en2013 Banca Popolare Etica xatiña case 1.000 millóns de eurosen aforros e depósitos, finan-ciando proxectos por valor de775 millóns. O seu beneficio neseano foi de 1.300.000 euros, car-tos que serán os socios e as so-cias quen decidan en que seinvisten; neste senso, parte dosbeneficios financiarán accións daobra social de Banca PopolareEtica e destinaranse a melloraras condicións laborais das súastraballadoras e traballadores.Todos estes datos demostran aviabilidade, solidez e fiabilidadedun proxecto que está en cons-tante expansión e crecemento apesares do contexto de crise.

aMáis de 5.000 socios e sociasno Estado Español

No Estado Español, Fiare de-cidiu, recentemente e de xeitoasembleario, formar parte daBanca Popolare Etica. Isto supónsubir un chanzo máis na preten-sión de termos, no futuro, unhabanca ética europea.

Cando faltan uns tres mesespara que Fiare se presente en so-ciedade no Estado, conta coa li-cenza e supervisión do Banco deEspaña e cun capital social decase 5 millóns de euros achega-dos por 4.521 persoas e 555 en-tidades, que son os socios e associas. Fiare ten 3 oficinas aber-tas no Estado -Madrid, Barcelonae Bilbao-, puntos de informaciónnas principais cidades e 8 traba-lladores e traballadoras. A ache-ga de Galiza ao proxecto, agoramesmo, é de case 400 socios esocias (341 persoas e 38 entida-des e asociacións). FIN<

A Plataforma Queremos Ga-lego, da que forma parte o Sin-dicato Labrego, decidiu multi-plicar por oito as manifesta-cións en defensa da lingua conocasión do 17 de maio, Día dasLetras Galegas. Deste xeito, pa-souse da convocatoria unitariaen Compostela doutros anos, afacer o mesmo en Vigo, A Co-ruña, Lugo, Ourense, Ponteve-dra, Ferrol e Foz.

Nesta ocasión, co gallo de sero ano do poeta chairego XoséMaría Díaz Castro, e parafrase-ando o seu poema máis célebre-Penélope-, onde se repite overso “Un paso adiante e outroatrás, Galiza”, o principal slogandas manifestacións foi “Un pasoadiante e máis outro pasoadiante, Galiza” para o galego.

Esa frase sería tamén o título

do manifesto asinado pola escri-tora tamén chairega, MaricaCampo, que foi lido nas oito ma-nifestacións e no que se denun-ciaba que para a defensa do no-so idioma “non só non conta-mos coa protección institucio-nal, senón que temos que gastaro tempo a defendérmonos dasilegalidades que os poderes pú-blicos perpetúan contra o ga-lego”.

O manifesto proseguía afir-mando que:

“o tempo actual non é propiciopara a existencia de Galiza e doseu signo principal, a linguagalega, porque a globalizaciónpretende arrasar con toda dife-renza que ouse desafiar a hexe-monía do imperial dominante.Non os imos compracer. Nontemos a menor vontade de sui-cidio nin de resignación. Poristo, parafraseándomos a DíazCastro, o poeta a quen celebra-mos este ano, diremos:

Un paso adiante e mais outropaso adiante, Galiza, no uso danosa lingua nas aulas, tamén

como lingua vehicular escan-dalosamente prohibida polaXunta para certas materias.

Un paso adiante e mais outropaso adiante, lingua nosa, nosmedios de comunicación e napublicidade.

Un paso adiante e mais outropaso adiante, no uso do Galegopola Administración.

Un paso adiante e mais outropaso adiante, porque iso é oxusto, para a nosa palabra naXustiza.

Un paso adiante e mais outropaso adiante nas misas e de-mais celebracións relixiosas.

Un paso adiante e mais outropaso adiante na oferta de ocio.

Un paso adiante e mais outropaso adiante en todos os novossoportes comunicativos.

Un paso adiante e mais outropaso adiante nos transportespúblicos.

Un paso adiante e mais outropaso adiante no comercio.

Un paso adiante e outro pasoadiante en todas as artes e asletras”.

Co slogan “Un paso adiantee máis outro adiante, Galiza” milleiros de persoasesixiron maior defensa dogalego en tódolos ámbitos

A manifestación a prol do galegodeste 17 de maio multiplicouse por 8

DEFENSA DA LINGUA4Ademais da mobilización en Compostela, houboconvocatorias en Vigo, A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Ferrol e Foz.

CC-BY-NC-SA / GZFoto

Page 18: Gandería industrial, 420 FOUCE · 2014. 7. 9. · A VÍA CAMPESINA DESEMBARCA NA ONU POLOS DEREITOS LABREGOS 422 e 23 Gandería industrial, A Confédération Paysanne rebélase contra

18 Maio/Xuño 2014FOUCE Nº 302Galiza

O Goberno prepara unha reforma parasuprimir os partidos xudiciais de Galiza

Galiza ten 45 partidos xudi-ciais distribuídos por todo o te-rritorio e que achegan xeografi-camente o dereito á xustiza aomeirande da poboación. Aíndaque no caso dalgúns concellosese achegamento podería mello-rar, a intención do Goberno deMadrid é empeoralo, xa que tenplanificado suprimir tódolospartidos xudiciais e reducilos a 4de ámbito provincial. Así vén re-dactado no anteproxecto da LeiOrgánica do Poder Xudicial queaprobou o Consello de Ministroso pasado 4 de abril.

Se este anteproxecto é suma-mente lesivo ao quitarlle os xul-gados a cidades como Vigo, Fe-rrol ou Compostela; no ámbitorural suporá un enorme obstá-culo para o acceso das persoas áxustiza ao ter que desprazarsepara calquera xestión até a capi-tal da provincia onde viven. Aisto habería que engadir outramedida do Ministerio dirixidopor Alberto Ruíz Gallardón parafacer máis inaccesible a Xustizapara o meirande da xente: o in-cremento das taxas xudiciais.

Agora mesmo, están come-zando a nacer varios movemen-tos de oposición de tódalas corespolíticas, incluídas a do Goberno,a este desmantelamento. Ese é ocaso da Plataforma en Defensado Partido Xudicial de Xinzo,onde se integrou o Sindicato La-brego Galego. A intención do SLGé a de unirse a todos aquelas ini-ciativas cidadás que xurdan nopaís para defender os partidosxudiciais por entender que, co-ma sempre, será a poboación dorural a máis prexudicada.

A FIN DA XUSTIZA UNIVERSAL4Os 45 que existen actualmente no país quedaríanreducidos a 4, afastando a administración de xustiza de todo o medio rural galego

Mesmo deixarían de terxulgados grandes cidadesgalegas como Vigo, Ferrolou a capital, Santiago deCompostela

Comezan a prodigar as manifestacións en defensa dos partidos xudiciais na Galiza, como esta realizada en Corcubión

Unha xustixa máis afastada e, coas novas taxas, moito máis cara

Outra das reformas de Gallardón máis criticadas foi o incrementodas taxas xudiciais coa escusa de desatascar os xulgados, algo que ocoordinador na Galiza de Xuíces para a Democracia, o maxistradoLuís Villares, cualifica como “un retorno ao século XIX ao condicionaro acceso á Xustiza en función dos recursos económicos de cadaquén”,segundo expresou nunha entrevista realizada por David Lombaopara Praza Pública a finais de 2012.

Para Luis Villares “as taxas teñen un carácter disuasorio e é algoabsolutamente inaceptable, porque buscan que a xente non exerciteos seus dereitos (...) Ademais, a desproporción que hai entre deter-minadas taxas e dereitos fai que, na práctica, eses dereitos non sevaian exercer nunca máis. Está o caso real de que recorrer unhamulta de 100 euros custe 200, pero hai máis: o dereito a que unhasentenza sexa revisada por un xulgado de apelación supoña 800euros é unha barbaridade. Xa só isto xustificaría a derrogación dalei”. Unha das consecuencias de todo isto, ademais de vedar a xustizaás persoas que teñen menos recursos, será que os litixios que man-teñan con grandes empresas serán máis desiguais. Agora, as persoasafectadas por abusos das compañías eléctricas, de telecomunicaciónsou bancarias, pensarano dúas veces antes de denunciar. SEGUE4

Partidos xudiciais actuais

aA Coruña (14): Betanzos,Santiago de Compostela, Fe-rrol, A Coruña, Noia, Carballo,Corcubión, Arzúa, Ortigueira,Ribeira, Negreira, Muros, Pa-drón e Ordes. aLugo (9): Mondoñedo, Lugo,Chantada, Vilalba, Monforte deLemos, Viveiro, Sarria, A Fon-sagrada e Becerreá.aOurense (9): Ourense, Riba-davia, Xinzo de Limia, A Pobrade Trives, Verín, O Barco deValdeorras, O Carballiño, Cela-nova e Bande.aPontevedra (13): Pontea-reas, Vilagarcía de Arousa,Vigo, Pontevedra, A Estrada,Tui, Cangas, Lalín, Cambados,Redondela, O Porriño, Caldasde Reis e Marín.

CC-BY-SA / Que pasa na costa

Page 19: Gandería industrial, 420 FOUCE · 2014. 7. 9. · A VÍA CAMPESINA DESEMBARCA NA ONU POLOS DEREITOS LABREGOS 422 e 23 Gandería industrial, A Confédération Paysanne rebélase contra

Maio/Xuño 2014 19 Nº 302 FOUCEGaliza

Oposición unánime e recurso contra a reformalocal do Goberno

O Goberno de Mariano Rajoyvai ter moi difícil levar adiante aLei de Racionalización e Sosteni-bilidade da Administración Lo-cal da que informabamos nopasado Fouce (nº 301, pax. 19).Polo de agora, 11 partidos daoposición no Parlamento do Es-tado chegaron a un acordo parapresentar un recurso contra estalei diante do Tribunal Constitu-cional.

É a primeira vez na historiaque se presenta un recurso des-tas características no Estado.Para que se poida realizar, de-berá ter o apoio da sétima partedos concellos (1.160 munici-pios), sendo necesario que estesconstitúan a sexta parte dapoboación total (7,6 millóns dehabitantes). Semella que nonserá difícil acadar e mesmo do-brar ese nivel de apoios, xa queos partidos opositores á leiteñen o compromiso de 3.500concellos que agrupan ao redorde 15 millóns de habitantes.Ademais, tamén recorrerán a leiAsturias, Andalucía e Cataluña.

Os argumentos nos que sebasea o recurso é que a reformadas administracións locais vul-nera competencias autonómicase atenta contra a autonomía lo-cal e, polo tanto, contra a Cons-titución.

Como xa informamos no pa-sado Fouce, a Lei de Racionali-zación e Sostenibilidade da Ad-ministración Local é especial-mente agresiva cos concellos demenos de 20.000 habitantes,que son o meirande dos munici-pios rurais da Galiza (292 dun

total de 314, habendo 2 provin-cias, Lugo e Ourense, que só su-peran este nivel poboacional nassúas capitais). A lei deixaría aestes 292 concellos rurais baixoa tutela das deputacións.

Unha das principais eivasdesta lei é que pon os cartos e oaforro por diante do benestar eos dereitos das persoas, xa quesó permite aos concellos ofrecerservizos sociais se non teñen dé-ficit. Deste xeito, os concellosque non teñan recursos sufi-cientes, normalmente os máispequenos e de carácter rural, es-tarán condenados a deixar deprestar servizos sociais ou a pri-vatizalos: escolas infantís, pun-tos de atención ás mulleres quesofren a violencia machista, cen-tros de atención a persoas mi-nusválidas, centros sociais paraa terceira idade, etc.

Semella que a intención do PP,ao centralizar nas deputaciónscompetencias e servizos dosconcellos de menos de 20.000habitantes só responde a moti-vos políticos e a afianzar o seupoder, xa que goberna en 27 dos38 entes provinciais. Dende logo,o aforro non pode ser escusa, xaque o informe de fiscalización doTribunal de Contas de 2011 re-vela que o endebedamento dosmunicipios pequenos é un 20%menor que os de máis de 50.000habitantes e un 30% menor queo das deputacións, que os custesdos servizos son menores nosconcellos cativos; e que a xestiónindirecta de servizos básicosnon abarata o seu custe.

En canto á resolución desterecurso, os partidos promotorespedíronlle ao Tribunal Constitu-cional que, unha vez que sexapresentado, o resolva con “cele-ridade”, aínda que dan por feitoque non haberá fallo antes daseleccións municipais de 2015.

LEI DE ADMINISTRACIÓN LOCAL4Os concelloslevan a súa denuncia ao Tribunal Constitucional

11 partidos políticos e3.500 consistorios que agrupan 15 millóns de habitantes en defensa dosservizos municipais

A tentativa de desmantelar os partidos xudiciais vén sumarseá criticada reforma da xustiza emprendida polo ministro Gallar-dón e que inclúe, entre outras medidas, a supresión ou privatiza-ción dos xulgados de paz e dos rexistros civís, que son servizospúblicos gratuítos que se viñan prestando a nivel municipal.

Contra a privatización dos rexistros civís xa ten habido variasmobilizacións por parte de organizacións sindicais e políticas, detraballadores e traballadores da administración de xustiza e da ci-dadanía. Trátase dunha reforma que se cociñou en segredo nosdespachos do Ministerio de Xustiza entre Alberto Ruíz Gallardóne os colexios de rexistradores da propiedade aos que o Gobernopretende entregar a xestión deste servizo.

É dicir, a intención do Ministerio de Xustiza é que os rexistra-dores e as rexistradoras da propiedade desempeñen e cobrenunhas funcións que fan de xeito gratuíto os rexistros civís dendeo século XIX. Todo isto está redactado nunha Lei do Rexistro Civilque se publicou en 2011 e que se tiña que facer efectiva nun prazode 3 anos. Se todo segue o seu curso legal, a lei entrará en vigor ovindeiro 22 de xullo.

A aplicación da lei podería supor a desaparición de 3.000 pos-tos de traballo en todo o Estado; na Galiza, perderíanse uns 300empregos directos nos rexistros civís e uns 100 nos xulgados depaz das vilas. En canto á cidadanía, teríamos que pagar por xes-tións até o de agora gratuítas: certificacións de fe de vida, de ma-trimonio, de adopción, de defunción, de nacemento ou poloduplicado de libros de familia. Todos estes trámites son impres-cindibles para diversas xestións como darse de alta no INEM, co-brar pensións, facer declaracións de herdeiros, visados, matricu-lacións en centros escolares ou demandas de divorcio, matrimo-nios e parellas de feito, entre outras.

aUn negocio millonario do que tamén se beneficiarán as familias de Rajoy e Gallardón

Cómpre lembrar que en todo o Estado non hai máis de 800 re-xistradores e rexistradoras da propiedade que cobran por tódolosservizos que prestan uns prezos chamados aranceis, reguladospor real decreto “a un nivel que permita a cobertura dos gastos defuncionamento e conservación das oficinas en que se realicen asactividades ou servizos, incluída a súa retribución profesional”.

Falando en prata, os rexistradores e rexistradoras da propie-dade vanse facer cun monumental negocio. Con datos de 2012, noEstado houbo 454.648 nacementos, 402.950 defuncións e168.556 matrimonios; se lle aplicamos ao rexistro de cada undeles uns euros de arancel, obtense un lucro millonario. Máis aládo anecdótico, resulta sospeitoso que vaian ser os rexistradorese as rexistradoras da propiedade quen se beneficien desta re-forma. Cómpre non esquecer que esa é a profesión de MarianoRajoy, de varios dos seus irmáns e da nora de Ruíz Gallardón.

Ademais, por riba de privatizarse, este servizo público desapa-recería do meirande dos municipios onde agora se imparte, poisrexistros da propiedade só existen nas grandes cidades e nalgu-nhas cabeceiras comarcais. Desta maneira, a reforma da xustizaque está a levar a cabo Alberto Ruíz Gallardon podería deixar senpartido xudicial, xulgado de paz e rexistro civil a máis de 254 con-cellos de Galiza, xa que rexistros da propiedade só os hai en 50concellos dos 314 en que se estrutura o territorio galego; mentresque os partidos xudiciais, se a reforma vai para adiante, se redu-cirían a 4, como xa vimos. FIN<

O 22 de xullo privatizarán os rexistroscivís, gratuítos dende o século XIX

Page 20: Gandería industrial, 420 FOUCE · 2014. 7. 9. · A VÍA CAMPESINA DESEMBARCA NA ONU POLOS DEREITOS LABREGOS 422 e 23 Gandería industrial, A Confédération Paysanne rebélase contra

A LIÑA 102, de acordo co PlanAnual de Seguros Agrarios do ano2014, pretende garantir o gandovacún reprodutor e de recría de leitee carne. Cóbrense os danos quesufran os animais cando sexan con-secuencia de riscos incluídos nal-gunha das garantías contratación. É un seguro dirixido a gandeiros e

gandeiras (persoas físicas ou xurídi-cas) con animais bovinos reprodu-tores e recrías de leite e carne,titulares dun libro de rexistro de ex-plotación. Trátase dun seguro subvencionadopola Entidade Estatal de SegurosAgrarios (Enesa) así como pola Co-munidade Autónoma.

É un seguro flexible que permite aogandeiro ou gandeira escoller agarantía básica que máis se adaptaás necesidades da súa explotación. Do mesmo xeito, conta cunha seriede garantías adicionais para cumpri-mentar a opción básica de asegura-mento, no caso de ser de interesepara o gandeiro ou a gandeira.

Seguro para o gando vacún reprodutor e de recríade leite e carne // Novidades na Liña 102

OPCIÓN A

OPCIÓN B

Accidentes, morte masiva,febre aftosa e EEB

OPCIÓN A + complicacións do parto

OPCIÓN B +mamite en aptitude láctea. Novidade:

en 2014 inclúense animais cun sócuarterón afectado e mamites con

presenza de fungos e levaduras.

G A R A N T Í A S B Á S I C A S A C O N T R ATA R

OPCIÓN C

GARANTÍAS ADICIONAIS

aSíndrome respiratoriade bovino en recría (SRB)

aEnfermidades

aMeteorismo

aCarbunco

aSaneamento gandeiro

aPasteiros invernais e estivais

aIncreméntase o valor dos animais conIndicación Xeográfica Protexida (IXP)

aNova cobertura para opción A e B: Brote demamite clínica

aSe desexas máis información sobre esta liña de seguros, ou sobre cobertura en calquera outro sector

agrogandeiro, achégate á oficina do SLG da túa comarca einformarémoste sen compromiso

20 Maio/Xuño 2014FOUCE Nº 302Publicidade

Page 21: Gandería industrial, 420 FOUCE · 2014. 7. 9. · A VÍA CAMPESINA DESEMBARCA NA ONU POLOS DEREITOS LABREGOS 422 e 23 Gandería industrial, A Confédération Paysanne rebélase contra

Maio/Xuño 2014 21Nº 302 FOUCE Aldea Global

A Confederation Paysanne,organización labrega francesaque, coma o SLG, pertence áCoordinadora Europea da VíaCampesina, vén de iniciar unhacampaña para evitar a posta enmarcha dunha marcroexplota-ción láctea no departamento deSomme (rexión de Picardía)cuxo modelo suporía a fin dagandería familiar na zona afec-tada e, de estenderse, en todaEuropa. A Conf leva un ano demobilizacións e, o vindeiro 1 dexullo, prepara unha grande ma-nifestación fronte ao Palacio deXustiza de Amiens para forzar aparalización deste aberranteproxecto.

A granxa das 1.000 vacas,como a denominan os nososcompañeiros e as nosas compa-ñeiras da Conf, é unha explota-ción industrial promovida porMichel Ramery, dono dun grupoempresarial que emprega a3.550 persoas e ten un volumede negocio anual de 541 millónsde euros. Nesta granxa, Ramerypretende espremer 1.000 vacasnunhas instalacións de 8.500m² -cada animal disporá dun es-pazo equivalente a media prazade garaxe- xunto a unha fábricade metano. A idea é apañar asdexeccións das 1.000 vacas paraproducir electricidade e, unhavez procesadas, utilizar os refu-gallos para abonar 3.000 hectá-reas de pasteiros.

Así, a granxa do magnate Ra-mery producirá 8 millóns de li-tros de leite ao ano e 1'5megawatios de electricidade.Para iso, ocupará 3.000 hectá-reas de praderías -extensión su-perior á de municipios dotamaño de Betanzos- para dar

emprego só a 18 persoas; ade-mais, consumirá 40 toneladasdiarias de concentrados alimen-ticios compostos, principalmen-te, por transxénicos.

Que 30 km² de terras só deanemprego a 18 persoas dá comoresultado o modelo agrario de-finitivo para desertizar o mediorural. Desde a Conf explican queunha explotación láctea conven-cional con 50 vacas dá empregoa unha media de 2'1 persoas enFrancia; daquela, 1.000 vacas

deberían dar emprego a 42 per-soas, como mínimo. Ademais, osingresos pola produción deenerxía e o aforro en salarios,permitirán a Michel Rameryvender o leite a 270 euros a to-nelada; cando os prezos mediosestán en 350 euros a tonelada,valor este último que case nonchega nin para cubrir os custesde produción das explotaciónsconvencionais e que só é posiblegrazas a axudas públicas comoas da Política Agraria Común.

O proxecto basearase naprodución de electricidade,utilizará 3.000 hectáreasde terras e dará empregotan só a 18 persoas

A Confédération Paysanne xa ten organizado varias manifestacións para denunciarun proxecto co que perden tanto a cidadanía como os labregos e labregas

A Confédération Paysanne contra omodelo da granxa das 1.000 vacas

GANDERÍA INDUSTRIAL4Unha megaexplotación impulsada polo magnate Michel Ramery producirá 8 millóns de litros de leite por ano a 27 céntimos

A Comisión contraa coexistencia decultivos ecolóxicose convencionais namesma explotación

A proposta de regulamentosobre produción ecolóxica e eti-quetaxe que presentou a Comi-sión Europea en marzo come-zou con mal pé ao contemplarnormas como prohibir a coexis-tencia de produción ecolóxica econvencional nunha mesma ex-plotación. Cómpre pensar que,só no Estado español, máis do50% de explotacións ecolóxicasson de réxime mixto.

Outras medidas que contem-pla este borrador son as de nonpermitir a utilización de semen-tes convencionais aínda quenon exista a mesma variedadeen ecolóxico; ou eliminar taménas excepcións en gandería, co-mo mercar poliños criados enconvencional diante da dificul-tade de adquirilos de orixe eco-lóxica.

Por outra banda, o borradornon defende as variedades desementes locais e tradicionaisfronte as comercializadas polaindustria e tampouco fomenta acompra pública de produtosecolóxicos por parte de centrosescolares, hospitais e outras ins-titucións.

Outros aspectos nos que nonavanza o regulamento propostopola Comisión Europea son apromoción da venda directa edas canles curtas de comerciali-zación, a adaptación da norma-tiva hixiénico-sanitaria para fa-cilitar a transformación artesa-nal de alimentos ecolóxicos nasexplotacións ou a instalación depequenos matadoiros nas pro-pias explotacións para o sacrifi-cio de animais.

Entre as cousas boas queachega a proposta de regula-mento está a posibilidade deavanzar na certificación partici-pativa.

NORMATIVA4Propostadecepcionante para regulara agricultura ecolóxica

A produción de alimentos vistacomo ingreso complementario

En resume, a granxa das 1.000 vacas é un megaproxecto paraobter grandes lucros por parte dun gran capital especulativo, peroun auténtico desastre dende o punto de vista social e medioam-biental. Para Ramery, o leite é un subproduto complementario quelle axudará a redondear os ingresos obtidos pola produción deenerxía. Ademais, cómpre lembrar que as axudas da Política Agra-ria Común (PAC), cuxo importe está baseado no número de hectá-reas traballadas por cada explotación, achegarán uns ingresosextraordinarios en forma de subvencións nada desdeñables.

Fronte a este delirio no que o lucro económico dun gran capitalsemella estar por riba da explotación sostible da terra, do empregoagrario para garantir un medio rural vivo e habitado, da produciónde alimentos sans ou do benestar animal; as organizacións que in-tegramos a Coordinadora Europea da Vía Campesina seguiremosloitando e defendendo unha agricultura familiar orientada cara ásoberanía alimentaria dos pobos.

Page 22: Gandería industrial, 420 FOUCE · 2014. 7. 9. · A VÍA CAMPESINA DESEMBARCA NA ONU POLOS DEREITOS LABREGOS 422 e 23 Gandería industrial, A Confédération Paysanne rebélase contra

A Vía Campesina acada que a ONU sigacoa Declaración dos Dereitos Labregos

Do 11 ao 13 de xuño, unha de-legación da Vía Campesina estivopresente na 26 sesión do Conse-llo de Dereitos Humanos en Xe-nebra para continuar co traballode lobby de cara á redaccióndunha Declaración Internacionaldos Dereitos Labregos. ForonHenri Saraigh e Geneviève Sa-vigny quen representaron á Víanos debates do Consello.

Finalmente, o 27 de xuño, aasemblea do Consello de Derei-tos Humanos votou a favor da re-solución que autoriza a conti-nuar do proceso para redactar aDeclaración, a partir de novem-bro, cunha segunda xuntanza dogrupo de traballo intergoberna-mental. Na votación, 29 paísesderon o seu apoio, 13 abstivé-ronse e 15 votaron en contra.Trátase dun resultado positivocon respecto á primeira consultaque se fixo en 2012, cando osvotos favorables foron 23. Dendea Vía Campesina destacaron aabstención de países como Fran-cia, Austria, Alemaña, Italia ou Ir-landa, que antes se opoñían.

A Vía Campesina, movementointernacional que integra máisde 160 organizacións agrarias de70 países entre as que se atopa oSindicato Labrego Galego, traba-lla nesta cuestión dende haiunha década. Nese tempo, a VíaCampesina tentou identificar asdiscriminacións que sufren aspersoas que traballan nas zonasrurais: labregos e labregas, xor-naleiros e xornaleiras, nómades,pescadores e pescadoras, pobosindíxenas, persoas sen terra, et-cétera. A partir de aí, a Vía Cam-pesina, coa colaboración doutras

organizacións, redactou un textoque agrupa os dereitos dos quedeberían gozar estes colectivos.

Tras moitos estudos levados acabo polo Comité Asesor do Con-sello de Dereitos Humanos daONU, este aprobou un estudofinal en marzo de 2012 e votou,en setembro do mesmo ano, porunha resolución que tiña por ob-xectivo a posta en marcha dungrupo de traballo intergoberna-mental encargado de redactar aDeclaración sobre Dereitos La-bregos. En xullo de 2013, estegrupo de traballo mantivo a súaprimeira xuntanza e, agora, vénde aprobarse a súa continuidade

En canto ao traballo de lobbyfeito neste mes de xullo, ademaisde participar nos paneis de de-bate do Consello de Dereitos Hu-

manos, a Vía Campesina enviouunha delegación composta porIbrahim Coulibaly (Mali), Gene-viève Savigny (Francia) e DiegoMonton (Arxentina) a participarnun congreso sobre “Dereitos la-bregos e Ano Internacional daAgricultura Familiar”, organi-zado de xeito paralelo tamén enXenebra por Bolivia e Filipinas.Esta comitiva da Vía Campesinatamén participou nunha confe-

rencia pública en Xenebra e con-tactou con varias delegacións depaíses africanos, latinoamerica-nos e europeos.

Por outra banda, o 17 dexuño, a Vía Campesina realizouun acto simbólico e unha roldade prensa diante da sede das Na-cións Unidas, na Place das Na-tions (Xenebra) para reivindicara Declaración dos Dereitos La-bregos. SEGUE4

DEREITOS4Unha delegación de agricultores e agricultoras de tres continentes viaxou aXenebra (Suiza) para facer traballo de lobby no 26º Consello de Dereitos Humanos

O 27 de xuño adoptábasea resolución que dá continuidade ao procesode redacción do texto con29 países a favor

Diversas organizacións concentráronse diante da sede das

Nacións Unidas en Xenebra parareclamar unha carta universal dos

dereitos labregos (arriba) e explicar osmotivos desta demanda, como na

intervención da compañeira Geneviève Savigny, en representación

da Coordinadora Europea da Vía Campesina (abaixo)

22 Maio/Xuño 2014FOUCE Nº 302Aldea Global

Page 23: Gandería industrial, 420 FOUCE · 2014. 7. 9. · A VÍA CAMPESINA DESEMBARCA NA ONU POLOS DEREITOS LABREGOS 422 e 23 Gandería industrial, A Confédération Paysanne rebélase contra

A Unión Europea aprobou, o12 de xuño, unha nova norma-tiva para regular o cultivo e a co-mercialización de transxénicosno seu territorio. O esencial danorma é que a Comisión Euro-pea poderá autorizar libre-mente novas variedades, haxaou non oposición, amparándoseen que será despois cada estadomembro quen terá capacidadepara decidir se as acepta ou asprohibe.

Como exemplo inmediato, aComisión disponse a autorizarxa o millo 1507 de Pioneer e osestados que queiran prohibir asúa sementeira terán que faceloantes da seguinte campaña (pri-mavera de 2015).

Deste xeito, países nos que ocultivo de OXMs está prohibido

-como Austria, Francia, Italia ouHungría- poderán manter a pro-hibición; mentres que o EstadoEspañol terá vía libre para se-guir sendo a leira experimentalde Europa e manterse como

país comunitario coa maior su-perficie dedicada a este tipo decultivos. Ademais, estará autori-zada en toda a Unión Europea alibre comercialización de trans-xénicos.

En breve, vaise legalizar omillo 1507 de Pioneer e ospaíses que queiran prohibira súa sementeira deberánfacelo antes da primavera

A Comisión Europea terá vía librepara autorizar transxénicos

OXMs4Bruxelas aprobou unha nova normativa o 12 de xuño na que será cadaestado membro quen decida se prohibe un organismo manipulado xeneticamente

Os transxénicos seguen a provocar un forte rexeitamento en Europa. Na imaxe, de-putados e deputadas no Parlamento de Estrasburgo expresando a súa oposición

O mecanismo de funcionamento para autorizarun transxénico será o seguinte: a empresa solici-tará autorización a nivel de toda a UE ou só paradeterminados países. Unha vez feito isto, os paísesafectados que non queiran ese transxénico debe-rán notificalo. Cando a empresa reciba a notifica-ción, poderá aceptar ou non a vontade dese país.Se a empresa non acepta reducir o ámbito xeográ-fico para implantar o transxénico en cuestión, osestados afectados deberán presentar alegaciónsdiante da Comisión Europea argumentando a súanegativa por unha combinación de motivos quenon poden ser nin de saúde nin de riscos para omedio ambiente.

Os motivos posibles para prohibir un transxé-nico nun territorio terán que ver con política me-dioambiental, ordenación do territorio, utilizacióndos solos, impactos socioeconómicos, riscos deorde pública ou coexistencia con outras produ-cións. Tamén se poderán utilizar outros argumen-

tos por parte dos estados, pero nunca os que teñanque ver con riscos para a saúde ou o medio am-biente. Esta norma será retroactiva, de maneiraque os estados que queiran prohibir transxénicosxa aprobados -en concreto, os millos MON 810 deMonsanto e, en breve, o 1507 de Pioneer- teránseis meses para facelo.

Mentres que o lobby dos transxénicos en Eu-ropa expresou o seu malestar por esta normativa,ao permitir que os países poidan poñer atrancosao seu negocio; dende Greenpeace advertiron queeste acordo ten lagoas legais ao non habilitar fe-rramentas para que os países que prohiban osOXMs se poidan defender nos tribunais diante dasdenuncias que presenten as multinacionais da ma-nipulación xenética. Para esta organización ecolo-xista “non hai base legal sólida para as prohi-bicións, que poderán ser rebatidas con éxito nostribunais polas compañías, que gañarán fronte aospaíses”.

Países soberanos terán que dar explicacións a multinacionais privadas

En canto ao Estado Español, o16 de xuño, unha delegación daCoordinadora Europea da VíaCampesina (ECVC) integrada porAndoni García e Marta Piqueras,xunto a Isabel de Gonzalo, daONG vasca Mundubat, mantive-ron un encontro sobre esta cues-tión con Cristina Fraile e InésYarza, directora e xefa de servizo,respectivamente, da Oficina deDereitos Humanos do Ministeriode Asuntos Exteriores.

Nesta xuntanza, a delegaciónda ECVC tratou de reconducir aposición negativa do Estado Es-pañol diante da Declaración deDereitos Labregos, respecto daque votou en contra no Consellode Dereitos Humanos de setem-bro de 2012. Os argumentos doMinisterio de Asuntos Exteriorespara xustificar o seu voto contra-rio foi que ao Consello da ONU selle deu un texto xa feito no que sefala de dereitos colectivos, candodeberían ser individuais, utili-zando unha linguaxe que non seusa no dereito internacional.Tamén considerou un atrancoque non exista unha definiciónoficial de “labrego” e que se intro-duzan novos dereitos como áterra, á auga ou ás sementes.

Nunha posición construtiva, asrepresentantes da Oficina de De-reitos Humanos aconsellaron queas problemáticas do campesi-ñado fosen primeiro discutidasnos comités consultivos antes deredactar unha Declaración de De-reitos Labregos, en troques depresentala xa feita. Tamén indica-ron que sería positivo ligar esadeclaración cos dereitos huma-nos e, en especial, co dereito á ali-mentación.

Tras este encontro, e tras limaras diferenzas de criterio que exis-tían entre a Declaración de Derei-tos Labregos da Vía Campesina ea posición do Estado, asentáronseunhas liñas de traballo de cara aque a postura española no futurosexa positiva neste proceso. FIN<

Xuntanzas no Ministerio de Asuntos Exteriorespara acadar o apoiodo Estado Español

Maio/Xuño 2014 23 Nº 302 FOUCEAldea Global

Page 24: Gandería industrial, 420 FOUCE · 2014. 7. 9. · A VÍA CAMPESINA DESEMBARCA NA ONU POLOS DEREITOS LABREGOS 422 e 23 Gandería industrial, A Confédération Paysanne rebélase contra

24 Maio/Xuño 2014FOUCE Nº 302Mocidade

INCORPORACIÓNS4Para esta segunda entrega da sección Mocidade, rescatamos un texto de Txetxu López,gandeiro e activista vasco, publicado no número 18 da revista Soberanía Alimentaria. Nel, Txetxu fala sobreo que considera fundamental para que as novas incorporacións ao agro transformen o mundo rural.

A incorporación da xente nova aoagro é posible; demostrámoloAínda que poida parecer o

contrario e a administra-ción se escude para non

facer nada diante dunha supostafalta de interese da mocidade, aactividade agraria ilusiona amoita xente nova. Os verdadeirosproblemas para reconstruír osector son outros e iso é o quehai que analizar.

A necesidadede vocación

En calquera caso, tampouco éo número ou a proporción o fac-tor clave. A primeira preguntasería: cando nos dedicamos áagricultura, ¿somos o que quere-mos ser ou o somos polo negocioque xeramos ou queremos xe-rar? O elemento fundamental ater en conta é que, para facerfronte ao momento actual e ca-miñar cara á soberanía alimenta-ria se require mocidade con vo-cación.

Non temos que dramatizar cotópico de que o traballo no cam-po é moi duro e sacrificado. Nal-gúns casos éo, pero tamén é unfeito que na agricultura é sinxeloalcanzar unha renda suficientepara vivir con dignidade, perocase imposible enriquecerse.Polo tanto, si que é certo que, porestas e outras características,mellores ou peores, un dos re-quisitos para unha dedicaciónseria, satisfactoria e a longoprazo no sector agrícola é queche guste o campo: a vocación.Porque, a pesar desa insistenciaque por tódalas partes clamabana necesidade de converternosen "profesionais da agricultura",empresarios agrícolas, etc., de-fendemos que a nosa dedicación,en realidade, exercida co má-ximo de responsabilidade, émoito máis ca un traballo ou unemprego: é unha forma de vida.

E unha forma de vida mantensesólida sobre unha decisión cons-ciente, e sobre a percepciónconstante de estar a transcendero ámbito local, xa que a nosa de-dicación e traballo será partedun esforzo global.

A primeira conclusión nestepunto é, entón, que no actualmomento de crise o sector pri-mario pode aparecer como unhaboa alternativa para a xente no-va, desocupada, etc. o cal é posi-tivo para ámbalas dúas partes,pero sen a vocación mencionadaserá complicado asegurar o éxitode novas empresas.

Compromiso econvicción: a verdadeira profesionalidade

A necesidade de que a xentenova poida encontrar o seu ocono medio rural para construír unnovo sector agrícola dende opunto de vista da Soberanía Ali-mentaria é urxente e os modelosprodutivos agroecolóxicos, a es-

cala pequena e local para avenda a xente do entorno, de-móstranse economicamente via-bles en moitas experiencias pos-tas xa en marcha por todo o te-rritorio.

A clave desta viabilidade é aautonomía, entendendo autono-mía non como individualismo ouillamento, senón como eficacianos procesos. A diversificacióndebe ser fundamental, o manexosinxelo e, moi importante, debebuscarse a cooperación con ou-tros proxectos, compartir, apoiar-se mutuamente, aproveitando dexeito óptimo os recursos e colec-tivizando infraestruturas. Debeirse en contra da clásica compe-titividade, un valor popularizadopolo capitalismo. Na busca destaautonomía, o ecolóxico é impor-tante, pero entendido de xeito in-tegral, lonxe de conceptos nor-mativos e reducionistas pensa-dos para unha agricultura de ex-portación. A certificación vólveseprescindible cando se recuperane fortalecen valores como a con-fianza a través do contacto di-

recto con produtores e produto-ras, eliminándose así custos etrabas burocráticas.

O problema de acceder á terra

En agricultura a falta de estru-turas produtivas ás que incorpo-rarse tradúcese na dificultade dedispoñer ou acceder a terras, eesta é a primeira barreira para asnovas incorporacións. Sobre oacceso á terra hai moito escrito,trátase dun problema antigopara o noso sector, pero -denovo- hai que sinalar que terrasagrícolas esperando ser cultiva-das hai máis que suficientes. É afalta de vontade política porparte das administracións o quedificulta tremendamente o em-parellamento entre mozos e mo-zas que precisan terra e terrasque precisan mozos e mozas. Osbancos de terra ou figuras simi-lares que existen van recibindo eacumulando terreos e terreos,pero faltan mecanismos para en-tregalas a custos asumibles, den-tro de plans de viabilidade reais,e tamén falta formación e acom-pañamento á instalación. Candopensamos en incorporar mozosao campo, imaxinámonos xentenova en novas actividades ou te-rras. Pero tamén temos que pen-sar naquelas que recollen a tes-temuña da súa familia ou de per-soas xubiladas e, nese relevo,modifican o sistema produtivoque reciben, desintensificándoo.Isto é algo que debería promo-verse dende a administración,como se fixo en lugares como Di-namarca. Baixo algún tipo deacordo poderían cederse terreosde xente maior, asfixiada polasesixencias do mercado, a xentenova nun novo modelo agrario.Un bo plan de axudas neste sen-tido conseguiría que nunha soa

Page 25: Gandería industrial, 420 FOUCE · 2014. 7. 9. · A VÍA CAMPESINA DESEMBARCA NA ONU POLOS DEREITOS LABREGOS 422 e 23 Gandería industrial, A Confédération Paysanne rebélase contra

Maio/Xuño 2014 25 Nº 302 FOUCEMocidade

acción se proporcionase terras amozos e mozas e se transforma-sen terreos sen futuro cara aomodelo agroecolóxico.

Porque é un feito que a agri-cultura industrial maltrata aocampesiñado e á sociedade, vé-molo a diario: endebedamento,prezos que non cobren custos,abandono, desesperanza, etc. Adesintensificación devolve digni-dade, ofrece mellores resultadoseconómicos e máis tempo libre,algo importante para as persoasnovas. Probablemente, son estesos motivos polos que o novocampesiñado di sen dubidar que'lle gustaría que os seus fillos e fi-llas se dedicasen a isto', a dife-renza dos pais e nais que bus-caban custe o que custe que en-contrasen traballo na fábrica oumarchasen a vivir á cidade.

Formacióne acompañamento

A xuventude que chega aocampo ou retoma a actividade fa-miliar de xeito transformadorfaino cunha clara conciencia po-lítica, diciámolo antes. Na miñaopinión, este é outro elementoclave; sen el é difícil asegurar es-

pazos a mozos e mozas no mun-do rural. E por iso, neste punto, aformación debe abordar dúasvertentes. Por un lado, unha for-mación técnica nas liñas do mo-delo produtivo de soberanía ali-mentaria, a agroecoloxía, forma-ción que, por certo, non é a quese ofrece nas escolas oficiais. Epor outro lado, unha formaciónpolítica que reforce e consolideesas ideas que fan que aos mozose ás mozas lles atraia o campocomo forma de vida.

Como parte desta formacióndebe facerse fincapé en elemen-tos transversais e que supoñencambios moi importantes res-pecto ao modelo convencional.Por exemplo: non hai necesidadede comezar cun grande investi-mento. A mentalidade debe seravanzar pouco a pouco e, sobretodo, sen endebedarse. E isto en-laza con outro elemento clave xacitado: fuxir das dependencias,sexan de bancos, de tecnoloxías,de prezos marcados por intere-ses empresariais, etc. Debe bus-carse o abaratamento de custos,obtendo sementes propias, ela-borando o propio penso... aquípode aprenderse moito dos mo-delos labregos de América La-

tina, por exemplo.Acadar todo isto en solitario é

moi complicado, por iso é esen-cial buscar acompañantes, sociose socias, ou ben estar dentro decooperativas controladas polopropio sector, traballar en rede.A formación neste sentido, en di-námicas de participación e coo-peración, no apoio mutuo, natransparencia, é fundamental. Eaquí entra tamén defender naformación a honestidade e aética no manexo dos prezos; porexemplo, se a produción agroe-colóxica baixa os custos, taménos prezos finais deben adaptarsenun firme compromiso coas per-soas consumidoras.

E a peza que falta,dentro e fóra

Existindo entón estas condi-cións e perfís, falta unha pezaque acelere e facilite o procesode instalación e transformaciónno mundo rural. Está en mansdos sindicatos agrarios ser esapeza e apostar decididamentepolo motivo da súa existencia:defender a dignidade dunha ac-tividade que require o máximode responsabilidade e profesio-nalidade, a que proporciona ali-mentos á poboación.Porque sonos sindicatos agrarios os quepoden axudar a derrubar as ba-rreiras que existen dentro do sis-tema para que un proxectoprodutivo saia adiante con novosvalores. A formación, o acompa-ñamento, a dinamización do

mercado promovendo redes decomercialización ou a presión ásadministracións públicas para ocambio de lexislacións son al-gunhas das accións que podenpoñerse en marcha. Pero haimoitas máis.Por outra parte, sesomos capaces de facer ben asalianzas pola soberanía alimen-taria, esta pode converterse noauténtico lobby da alimentación.A cidadanía ten capacidade depresión para materializar isto.

Non debemos deixar de ac-tuar, entón, dende dentro edende fóra, exercendo presiónpara conseguir políticas que nosfavorezan e sen deixar de cons-truír á marxe das que non nosson favorables, demostrando acapacidade do modelo que pro-poñemos para construír outromundo rural, outra economía,outra sociedade.Porque xentenova convencida e con ganas defacelo realidade non falta, eteñen moito futuro.A administra-ción podería xogar un papel fun-damental para rexuvenecer ocampo e aumentar os seus pos-tos de traballo. Non obstante,está lonxe de ser así. E así o per-cibe a xente nova que se incor-pora ou o intenta. Saben que sonimportantes as axudas, non obs-tante, teñen claro que as rexeita-rían se son 'condicionadas' ouligada a proxectos intensivos quelles endebedarán de saída. Éclave saírse da mentalidade dassubvencións, máis se temos enconta que en poucos anos todasdesaparecerán.

Page 26: Gandería industrial, 420 FOUCE · 2014. 7. 9. · A VÍA CAMPESINA DESEMBARCA NA ONU POLOS DEREITOS LABREGOS 422 e 23 Gandería industrial, A Confédération Paysanne rebélase contra

26 Maio/Xuño 2014FOUCE Nº 302Mulleres

A Plataforma Galega polo De-reito ao Aborto seguiu coa súacampaña de mobilizacións con-tra a Lei de Protección da Vidado Concibido e dos Dereitos daMuller Embarazada que está atramitar o Goberno e que, pre-visiblemente, será debatida noParlamento a partir de setem-bro. A acción máis destacada daPlataforma foi a convocatoriada Romaría Lilá, unha manifes-tación festiva, ou ManiFestAc-ción, que se celebrou en Vigo o15 de xuño e na que participa-ron unhas 2.000 persoas.

A romaría comezou cunhamarcha de protesta polas rúasviguesas que rematou coa lec-tura dun manifesto por IsabelRisco e unha asemblea. De se-guido, comezou a parte máisfesteira, co xantar dos e das par-ticipantes e as actuacións deHabelas Hainas, The Tetas’ Vane Sonia Lebedynski.

A data elixida para a RomaríaLilá quixo conmemorar o pri-meiro aniversario da primeiragrande manifestación na Galizaen protesta pola contrarrefor-ma capitaneada polo ministroRuíz Gallardón, pois “lonxe dearranxarse o problema, a situa-ción é moito peor que hai unano. E é que o anteproxecto dacontrarreforma xa foi aprobadopolo Consello de Ministros e Mi-nistras en decembro, e todoapunta a que, despois das Elec-cións Europeas do 25 de maio,o Partido Popular seguiráadiante coa tramitación dunhalei que rachará cos dereitos dasmulleres a decidir sobre os seuspropios corpos e sobre a súamaternidade”.

Unha romaría lilá polo dereito ao abortolibre e para pór morado ao Goberno

DEREITOS4Ao redor de 2.000 persoas manifestáronse en Vigo o 15 de xuño paramanter aceso o rexeitamento xeneralizado á reforma do Ministerio de Xustiza

As convocantes quixeronconmemorar as grandesmobilizacións do ano pasado e manter activa acampaña de denuncia

A Secretaría das Mulleres do SLG apoiu a convocatoria da Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto CC-BY-NC-SA / GZFoto

Asesoría para as mulleres do rural.Infórmate en calquera oficina do Sindicato Labrego Galego

Page 27: Gandería industrial, 420 FOUCE · 2014. 7. 9. · A VÍA CAMPESINA DESEMBARCA NA ONU POLOS DEREITOS LABREGOS 422 e 23 Gandería industrial, A Confédération Paysanne rebélase contra

Maio/Xuño 2014 27 Nº 302 FOUCEMulleres

De labrega a labrega:construíndo soberanía alimentaria

O 30 de maio, un grupo decinco labregas vascas de EHNE-Bizkaia achegouse a Galiza, den-tro do programa "De Iacarta2013 a Euskal Herria 2017:Construíndo Soberanía Alimen-taria en Euskal Herria". A súa in-tención foi coñecer de primeiraman tanto o traballo desen-volvido pola Secretaría das Mu-lleres do SLG nas diferentes co-marcas, como explotacións re-xentadas por labregas en diver-sos concellos do país como Teo,Vedra, Rois, Ordes, Miño, Irixoa,Curtis, Vilasantar, Ribadeo, Lou-renzá ou Mondoñedo.

A andaina destas labregasvascas por Galiza durou caseunha semana e comezou o sá-bado, 31 de maio, cunha visitaao Mercado do Alimento Labre-go dos Tilos, en Teo, onde par-tillaron un xantar con algunhasdas mulleres que dan vida a estafeira alimentaria e coñeceron assúa experiencias.

Xa pola tarde, as partici-pantes viaxaron até Vedra paracoñecer o proxecto Feitoría Ver-de rexentado por 3 mozas que,ademais da actividade de for-mación e asesoramento am-biental e agrícola, veñen depoñer en marcha un viveiropara producir planta ecolóxica.En Vedra tamén puideron con-versar con Lidia Senra, na súahorta, onde coñeceron os iniciosda Secretaría das Mulleres, eonde explicou que foi clave terun ámbito específico de traballoonde a prioridade foi o tema dadesigualdade, da busca de au-tonomía e de melloras laborais

e nas condicións de vida dasmulleres. Tamén tiveron a opor-tunidade de coñecer a TareixaLedo quen, ademais de ser au-tora do libro Lidia Senra Ro-dríguez. A historia dun lideradoentrañable, traballou no SLG etivo un papel fundamental noreforzo da Secretaría das Mu-lleres, dentro das xuntanzas dedinamizadoras coas que as pro-pias compañeiras do SLG coor-dinan o fortalecemento do tra-ballo con labregas nas súas co-marcas. Nesa mesma xornada,despois de xantar, tiveron unhanova saída, desta vez para coñe-cer tres hortas de produciónecolóxica rexentadas por CarmePazos, Nuria Uzal e Carme deCarrais, en Rois.

A viaxe das cinco labregasvascas por terras galegas che-gou ao seu ecuador nas bisba-rras de Ordes e Betanzos. Ache-gáronse até a casa de Eva Beresen Espenica (Ordes), labregaque rexenta unha horta ecolóxi-ca. Nesa mesma mañá, acom-pañadas por Carme de Vila-maior, que exerceu de anfitrioaposto que é unha labrega da co-marca que participa activa-mente na Secretaría das Mulle-res, visitaron o interesante pro-xecto de Casa Pousadoira, enMiño, que está a desenvolverBegoña de Bernardo. En CasaPousadoira, Begoña integra hor-ta ecolóxica, turismo rural eaulas formativas. Xa pola tarde,as nosas compañeiras de Euska-di foron recibidas por Doloresen Irixoa, que lles amosou agrande diversidade da súa ex-plotación autosostible.

No día a seguir, as com-pañeiras de EHNE-Bizkaia pui-deron ver a actividade da gran-xa de leite de María Ferreiro, enTeixeiro, que rexenta xunto coasúa nai e o seu pai. Ademais,

O motivo da viaxe foi coñecer a actividade da Secretaría das Mulleres eo traballo feito poragricultoras e gandeiras

INTERCAMBIO4Cinco compañeiras de EHNE-Bizkaiavisitaron Galiza entre o 30 de maio e o 4 de xuño

Na comarca da Mariña, as compañeiras de EHNE-Bizkaia puideron conversar conIsabel Vilalba sobre a súa etapa como responsable da Secretaría das Mulleres

María Ferreiro é responsable daSecretaría das Mulleres dende2012, polo que aproveitaron oencontro para conversar sobrecomo se traballa actualmentedentro desta área de xestión doSLG, resaltando a importanciada autonomía dos espazos pro-pios das mulleres na organi-

zación. Nesa xornada tamén vi-sitaron a queixería de Horten-sia, labrega que ten colaboradoen actividades formativas paramulleres de cara a diversificaras súas explotacións de leite coaelaboración de queixos, tantopara autoconsumo como para avenda.

A última parada foi na Mariña. Alí, as nosas compañeiras vascaspuideron visitar o posto de venda que ten Elia Rodríguez no mer-cado de Ribadeo. Elia é vogal no Consello Regulador de AgriculturaEcolóxica de Galicia (Craega), e falou da súa experiencia na vendadirecta de produtos de horta certificados, tanto en mercados comocon elaboración de cestas.

Xa pola tarde, baixaron un pouquiño cara ao sur para achegarseaté a explotación hortícola de Vilma Leivas, en Mondoñedo, paraver o funcionamento do seu obradoiro de conservas e saber das di-ficultades que tivo para obter o rexistro sanitario do mesmo. Taménresaltou a importancia de facer conservas para aproveitar toda asúa produción.

Despois tocoulle a quenda a Lourenzá, onde compartironsaberes con Montse Otero, que rexenta a explotación ecolóxicaEcoadellao, grazas á cal obten uns ingresos que lle permiten terunha certa autonomía económica.

Isabel Vilalba Seivane, que actualmente é secretaria xeral do SLG,foi durante varios anos responsable da Secretaría das Mulleres. Isa-bel está á fronte de Gandería Xocas, xunto co seu compañeiro, naque producen leite e cultivan fabas de Lourenzá. Na mesma visita,ademais de ensinarlles a granxa, tamén puideron concretar que asdúas organizacións, tanto EHNE-Bizkaia como o SLG, consideranmoi importante e imprescindible a existencia dun proceso para fa-vorecer o empoderamento das mulleres, facilitando así a partici-pación das labregas tanto nos ámbitos comarcais como nacionais.Este é considerado un elemento clave para avanzar cara a soberaníaalimentaria. Todas concluíron que este proceso debe ser constantee continuo dentro das organizacións, posto que sempre se ten ten-dencia a dar prioridade a outros temas considerados "urxentes"que rara vez atinxen ás mulleres.

O emponderamento das mulleres,clave nas organizacións agrarias

Page 28: Gandería industrial, 420 FOUCE · 2014. 7. 9. · A VÍA CAMPESINA DESEMBARCA NA ONU POLOS DEREITOS LABREGOS 422 e 23 Gandería industrial, A Confédération Paysanne rebélase contra

28 Maio/Xuño 2014FOUCE Nº 302MulleresMULLERES E SOBERANÍA ALIMENTARIA4A seguinte escolma de imaxes é un extracto da mostra foto-gráfica “Mulleres que son” e foi exposta durante a realización do XX Encontro Anual da Secretaría das Mu-lleres do Sindicato Labrego Galego, celebrado o pasado mes de marzo nos Ancares (Lugo).

Mulleres que sonQueremos achegar con

estas imaxes a loita polasoberanía alimentaria e

polos dereitos das mulleres e ospobos indíxenas levada adiantepor labregas de Chiapas (Mé-xico), organizadas nesta ocasióna través do Centro de Derechosde la Mujer de Chiapas. Corres-ponden a distintas accións rei-

vindicativas e de sensibiliza-ción, así como ao Foro Popularpola Defensa da Terra, o Territo-rio e a Soberanía Alimentaria,celebrado en San Cristóbal delas Casas no ano 2012, e do quetomamos tamén pequenos ex-tractos para contextualizar al-gunhas das imaxes.

Esta selección, así como a ex-

posición completa -integradapor vinte fotografías de mulle-res orixinarias doutros paísesamericanos, de Asia e África-quere ser tamén un xeito de sa-lientar e recoñecer o papel fun-damental das mulleres de todoo mundo na consecución da co-hesión social dos pobos, o seuprotagonismo como activistas

que abordan as loitas sociaistamén dende a primeira liña, asícomo a súa extraordinaria capa-cidade de resiliencia, é dicir acualidade de sermos quen desobrepoñernos aos problemas esucesos negativos que podenter lugar ao longo da nosa vidasuperándoos e saíndo fortaleci-das, por moi duros que sexan.

1. As mulleres de San Miguel (Comunidade San Miguel) Preparan café para mulleres que acudiron dende outras comunidadesindíxenas a participar nun encontropola soberanía alimentaria que se fixona comunidade tzeltal San Miguel, na Selva Lacandona. A proxección dundocumental sobre a soia transxénica,unha cerimonia de agradecemento áNai Terra, o intercambio de comidaentre as persoas asistentes, un espazode reflexión e posta en común, música... Tódalas actividades destesdous días de encontro foron coordinadas polas mulleres de San Miguel.

3. Como loitamos? (Comunidade San Miguel) Mulleres da comunidade San Miguel participando nun taller

onde reflexionan sobre os obxectivos e metodoloxías das súasloitas como mulleres, como labregas e como indíxenas.

2. Dona Petrona e Francisca (Comunidade San Miguel) Dona Petrona ‐en primeiro plano‐ fala cho´ol. Francisca

fala cho´ol, tzeltal e castelán. No acto de posta en comúnco que finalizou a Feira Intercomunitaria en San Miguel

toma nota das ideas de Dona Petrona para logo traducilas ás linguas das persoas asistentes. Entre outras

cousas, Dona Petrona está dicíndolle á asamblea que omillo transxénico é un millo ao que se lle quitou a alma.

4. Organizadas polosnosos dereitos

(Comunidade Coquiteel)Indíxena tzeltal do

suroeste mexicano, nasúa comunidade

algunhas das mulleresformaron un colectivo co

obxectivo de apoiarseunhas a outras. Asisten a

obradoiros, organizanproxeccións de

documentais, fan forzanas asembleas

comunitarias... Está participando nun

documental sobre comorepercute o traballo do

seu colectivo na comunidade.

Vera‐Cruz Montoto,xornalista colaboradora do Sindicato Labrego Galego

Page 29: Gandería industrial, 420 FOUCE · 2014. 7. 9. · A VÍA CAMPESINA DESEMBARCA NA ONU POLOS DEREITOS LABREGOS 422 e 23 Gandería industrial, A Confédération Paysanne rebélase contra

Maio/Xuño 2014 29 Nº 302 FOUCEMulleres

6. Foro Popular pola Defensa daTerra, o Territorio

e a Soberanía Alimentaria (San Cristóbal de las Casas)

Juana é indíxenta tzeltal, traballa no Centro de Derechosde la Mujer de Chiapas. Canda

outras compañeiras, foi a encargada da tradución

castelán‐tzeltal das intervenciónsdo Foro Popular pola Defensa daTerra, o Territorio e a Soberanía

Alimentaria, celebrado no CentroIndíxena de Capacitación Integral

Fray Bartolomé de Las Casas AC‐Universidade da Terra

(CIDECI‐Uniterra).5. Muller na defensa da terra (San Cristóbal de las Casas)“Non conformes con tódalas súas políticas de despoxo dasnosas terras e territorios, o goberno impón os seus programase proxectos, e iso para nós é violencia, porque inda que veñenco discurso de erradicar a pobreza, o que o goberno quere éque deixemos de traballar a terra e abandonemos a nosa cultura indíxena (…).” Cita extraída da ponencia presentada pormulleres indíxenas da rexión norte‐selva de Chiapas no marcodo Foro Popular pola Defensa da Terra, o Territorio e a Soberanía Alimentaria.

8. Día internacional contra a violencia machista (San Cristóbal de las Casas)Mulleres de distintas comunidades indíxenas participando na manifestacióndo 25 de novembro contra a violencia machista, acto co que finalizou o ForoPopular pola Defensa da Terra, o Territorio e a Soberanía Alimentaria. A violencia sufrida polas mulleres chiapanecas vense engadir á violenciaderivada da situación de guerra de baixa intensidade (GBI) existente no seuterritorio dende o ano 1995. O Centro de Derechos Humanos Fray Bartoloméde las Casas (FRAYBA) define esta GBI como “unha estratexia global de contrainsurxencia que abarca aspectos económicos e psicolóxicos e que comprende tres frontes: o militar, o civil e o da opinión pública”.

7. O berro que une (San Cristóbal de las Casas)

Participando na manifestación convocada o Día internacional

contra a violencia machista. “Chamamos a outras compañeiras

e compañeiros para contarlles o queestá pasando e así organizarnos e

loitar xuntas e xuntos, defendendoos nosos dereitos como mulleres e

como comunidades indíxenas, paraque sexa tomado en conta o noso

dereito á terra e a vivir segundo osnosos costumes. (...)”. Foro Popularpola Defensa da Terra, o Territorio e

a Soberanía Alimentaria.

10. Nai e filla zapatistas (San Cristóbal de las Casas)

O 1 de xaneiro de 1994 indíxenas do estadomexicano de Chiapas deron a coñecer a

articulación do Exército Zapatista de Liberación Nacional (EZLN) iniciando unha

loita contra o Goberno federal a prol dos dereitos dos pobos indíxenas, contra a

pobreza sufrida no país e contra o tratado delibre comercio asinado entre México, Estados

Unidos e Canadá. Vinte anos máis tarde, malia a térense asinado acordos de paz noano 1996, o goberno segue sen cumprir as

súas promesas ao respeito da autonomía política e mellora das condicións de vida dopobo chiapaneco, mantendo este territorio militarizado nun clima de violencia patente

especialmente sufrido polas mulleresindíxenas.

9. Dignidade Rebelde (Comunidade San Marcos, Municipio Autónomo La Realidad)Mulleres zapatistas expulsadas da comunidadeNuevo Poblado Comandante Abel por un grupo

de paramilitares. “Por tantos disparos dos paramilitares as compañeiras colleron rumbosen saber a onde. Vinte e dous homes e cincomulleres ficaron na comunidade e as demais

mulleres, nenas, nenos, mozas e mozos saíron.Eran arredor de setenta, saíron sen nada; non

sei como aguantaron a fame nos montes. Quedaron baixo as pedras para evitar as balas.”

Relato dos feitos acontecidos o 8 de setembrodo 2012. Testemuña recollida pola Caravana de

Solidariedade Internacional e Documentaciónrealizada entre os días 18 e 20 de setembro.

Page 30: Gandería industrial, 420 FOUCE · 2014. 7. 9. · A VÍA CAMPESINA DESEMBARCA NA ONU POLOS DEREITOS LABREGOS 422 e 23 Gandería industrial, A Confédération Paysanne rebélase contra

30 Maio/Xuño 2014FOUCE Nº 302Eira

aSarria, A Fonsagrada e Becerreá:Pechados do 16 de xullo ao 31 deagosto.aVilalaba: Pechado do 1 ao 31 deagosto.aCompostela, Muxía, Santa Com‐ba, Arzúa e Melide: Pechados do 1ao 31 de agosto.aCarballo: Pechado do 1 ao 31 deagosto.aAs Pontes, Moeche e Monfero:Pechados do 1 ao 31 de agosto.aPonteareas e O Rosal: pecharán2 semanas en agosto, pero aíndanon estaban decididas ao rematedeste Fouce (consultar no teléfono669 808 418 ‐ Rosario).

aValdeorras: Pechado do 11 ao 22de agosto.aRibadavia: Pechado do 1 ao 31de agosto.aChantada: Pechado do 1 ao 17de agosto.aMonforte: Pechado do 1 ao 31de agosto.aLalín: Pechado os venres de xulloe agosto.

A afiliación destes concellos queprecisen contactar co Sindicato La‐brego Galego poden facelo cha‐mando ao 981 554 147 (localNacional) onde lles facilitarán osteléfonos e locais de referenciapara a súa comarca.

Locais do SLG pechados en verán

Estas axudas poden beneficiar ás mulleres que se desen de alta na Segu‐ridade Social dende o 1 de Outubro de 2013 ate o 30 de Setembro de 2014.Están dirixidas a mulleres de 50 anos de idade ou menos, incorporadas aoréxime especial de traballadoras por conta propia ou autónomas a travésdo sistema especial para traballadoras por conta propia agrarias en réximede titulares únicas ou cotitulares da explotación.

Os prazos para solicitar estas axudas son:aPara as altas dende o 1 de outubro de 2013 ate o 25 de xuño de 2014:prazo até o 25 de agosto.aPara as altas entre o 25 de xuño e o 30 de setembro de 2014: 2 mesesdespois da data en que se solicite a alta; as últimas solicitudes poderánpresentarse até o 30 de novembro.

Axudas a mulleres cotitulares outitulares de explotacións para afiliarse á Seguridade Social

Aberto o prazo para solicitar a devolución parcial do imposto de hidro‐carburos para gasóleo B consumido en 2013. Máis información, no SLG.

Devolución parcial do imposto dehidrocarburos ao gasóleo agrícola

As queimas de restos agrícolas e forestais quedan prohibidas en Galicia atanovo aviso. Isto implica que quedan tamén en suspenso os permisos xa con‐cedidos, xa que as comunicacións e autorizacións de queima carecen de va‐lidez. Ademais, sinalouse como época de alto perigo de incendios acomprendida entre o 1 de xullo e o 30 de setembro de 2014.

Permisos de queimas e época dealto perigo de incendios

Estas axudas están destinadas ás explotacións de gando equino en réximeextensivo que estean en Galiza, debendo estar inscritas no Rexistro Galego deExplotacións Equinas. Tamén deben estar ó dia nas obrigas tributarias e coaseguridade social e que non fosen sancionadas en materia de benestar ou sa‐nidade animal. O prazo para solicitar estas axudas remata o 6 de agosto.

Axudas á identificación e segurospara gando equino en extensivo

Subvenciónanse gastos destinados á constitución e funcionamento da agru‐pación e poderanse incluír, entre outros, o aluguer de locais apropiados, a ad‐quisición de material de oficina, incluídos ordenadores e programas infor‐máticos, os custos do persoal administrativo, os custos xerais e os gastos legaise administrativos. O prazo de presentación estará aberto ate o 31 de xullo.

Axudas a agrupacións produtorasde plantas vivas e floricultura

A finalidade deste programa é promover e axudar a financiar aqueles pro‐xectos empresariais que facilitan a creación do seu propio posto de traballoás persoas desempregadas que pretendan desenvolver a súa actividade em‐presarial ou profesional en Galicia como persoas traballadoras autónomas oupor conta propia.

Ao abeiro de ambas ordes subvencionaranse as altas na Seguridade Socialou en mutualidade de colexio profesional que, cumprindo os requisitos e con‐dicións establecidas nelas, se formalicen dende o 1 de outubro de 2013 atao 30 de setembro de 2014, ambos os dous inclusive. Hai dúas liñas de axudas:unha para maiores de 30 anos e outra para o resto.

O prazo para solicitar as axudas está aberto até o 30 de setembro.

Axudas para o emprego autónomo

Orde do 16 de maio de 2014 que establece as bases para regular as axudaspara paliar os danos producidos polo lobo. Afecta aos ataques de lobos quese comuniquen desde o 1 de outubro de 2013 ata o 30 de setembro de 2014.O procedemento é semellante aos anos anteriores: hai que comunicar osdanos dentro das 24 horas seguintes a producirse o ataque. Os danos produ‐cidos entre o 1 de outubro de 2013 e a entrada en vigor desta orde, terán deprazo para comunicar os ataques até o 18 de xullo; os danos producidosdende a entrada en vigor da orde, hai que presentar a solicitude nun prazode 45 días naturais contados dende o día seguinte á comunicación do ataque.

Axudas para paliar os danosprovocados polo lobo

Compensacións complementarias en explotacións de gando bovino, ovinoe cabrún, e axudas para a compra de gando bovino, ovino e cabrún que teñapor obxecto a reposición das reses, como consecuencia do sacrificio obrigato‐rio en 2014. O prazo para solicitar estas axudas remata o 30 de novembro.

Axudas á reposición de reses por sacrificio obrigatorio

Page 31: Gandería industrial, 420 FOUCE · 2014. 7. 9. · A VÍA CAMPESINA DESEMBARCA NA ONU POLOS DEREITOS LABREGOS 422 e 23 Gandería industrial, A Confédération Paysanne rebélase contra

C o m p r a - Ve n d a - T r o c o

Véndese ‐Planta ecolóxica para horta,

co selo do CRAEGA en tramita‐ción. Pódese consultar o catá‐logo en http://ir.gl/b37100Máis información en FeitoríaVerde (Xián‐Vedra).(698 164 249

Véndese‐Automóbil Audi A3 de 1999.

Económico. Zona Compostela. (636 154 317

Véndense‐Cisterna de 7.000 l. Carruxo. ‐Tractor Casse de dobre trac‐

ción, 90 CV. En Oroso (A Coruña). (606 624 954

Véndense‐Alpacadora‐Enroladora.‐Cisterna de 3.000 litros‐Rulo e asucadores. Zona de

O Corgo (Lugo). (659 649 644

Véndense‐Abono de ovella.‐Herba seca da campaña

2014, en rolos ou alpacas.‐Maquinaria agrícola de se‐

gunda man.(608 186 123 (a partir das

11:00 da mañá).

Véndense‐Cuba de leite de 2.300 litros,

lavado automático e trifásica.‐Desensiladora Bull de dobre

coitela.‐Poldro. Zona de Friol (982 183 019 / 628 785 466

Véndese‐Rotativa Deutz‐Fahr. Zona do

Corgo (Lugo). (689 75 24 00

Véndense‐Tanque de frío Mueller de

1.900 litros. Lavado automático,trifásico.

‐Arado de tres regos.(981 787 013 / 630 223 078

Véndense‐Rolos de silo e herba seca do

2013. Na comarca do Deza.(647 777 498

Véndense‐Tractor Agria de 30 CV con

remolque, fresa, arado de 3regos, arado de virar e grade.(666 629 122

Véndese ‐Autocargador en bo estado

no Corgo (Lugo). (648 718 864

Véndese‐Autocargador Rotomorra. (648 788 201 / 981 196 179

Véndense‐Circuíto de muxido de 3 pun‐

tos marca Miele.‐Tanque de frío de 700 litros.‐Segadora marca BCS (rodas

novas). Na comarca de Arzúa.(600 614 565

Véndense‐Sala de muxido CIRCOMAT

SINETHERM de tres puntos conpulsadores eléctricos e lavadoraautomática.

‐Tanque de frío MANUX DE600 litros

‐Tanque de frío FONTSERE de500 litros.(981 669 250 / 627 981 309

(mediodía).

Véndense ‐Tractor John Deere 2140.‐Rotoempacadora Wolvo R12.‐Rotoempacadora Gamosari.‐Remolque esparexedor JF de

6 toneladas. (620 171 952 (Xabier)

Véndese‐Muíño de tractor en Trazo (A

Coruña).(646 216 622 (Manola)

Véndese‐Batedor de zurro seminovo a

bo prezo.(650 121 370

Véndense‐Becerros Limousin. Zona de

Lugo.(685 884 257

Véndense‐30 rolos de herba seca na

zona de Arzúa.(981 518 718

Véndense ‐Rolos de herba seca. (659 213 085

Véndense‐Xovencas e vacas preñadas.

Zona Betanzos. (659 741 964

Véndense ‐Limpadora de trigo e centeo

con motor.‐Muíño de tractor. (648 718 864 (Manuel)

Véndese ‐Rotoempacadora Mascar se‐

minova. Zona Pontedeume.(628 856 440

Véndese‐Fariña e gran de millo do país

de distintas variedades. Culti‐vado en explotación agrícola enconversión a ecolóxico.(616 840 467 (Lola)

Véndese‐Autocargador picador POT‐

TINGER Boss II,. Case novo, 30m3 de carga. En Láncara (Lugo).8.000 € negociables.(982 167 388 / 606 508 189

Véndese ‐Viño do país e Barrantes. ‐Augardente. (986 689 486 (Ana)

Véndese‐Cisterna Carruxo 7.500 con

tubo de carga, tándem e depre‐sor de 14.000. En bo estado.(981 699 226

Vendese‐Herba seca en rolos. No

Corgo (Lugo).(659 341 116 (Xosé Luís)

Véndese ‐Máquina malladora de ce‐

real, marca Campeba. Serve pa‐ra limpar toda clase de cereais.Na zona de Touro (A Coruña).(981 191 327

Véndense‐Xatas frisoas próximas ao

parto. Probas de ADS feitas.Zona Portomarín.(697 422 304 e 982 034 032

Véndense‐Estendedor de herba marca

Stoll.‐Segadora BCS con docuenta‐

ción.‐Segadora rotativa de 1.7 m

de corte.(667 469 962

Véndese‐Material de explotación de

coellos por cese de actividade(Gaiolas, silos, extractores, trac‐tor 100 horas…) (678 747 591 / 607 435 078

Véndese‐Depósito para o gasóleo, de

2.000 litros, con bomba e con‐tador incluídos.(626 070 031

Véndense‐60 bolos de herba seca da

New Holland.(Baralla, Lugo). (630 906 599

Véndense‐Vacas preñadas do país en

Val Xestoso (Monfero).(981 196 848 e 650 608 307

Véndense‐Desensiladora de cazo marca

Tenias, para usar como pa oupara enganchar nos brazos dotractor.

‐Coche sen carné, en perfectoestado; prezo a acordar.( 982 130 161 / 699 924 177

(preguntar por Toño).

Véndense‐Desensiladora de bocado

marca McHale, 1,60 de ancho edous tipos de enganche: parapa e enganche traseiro.( 699 396 665 (Xabier).

Véndese‐Vaca Rubia Galega.( 689 752 400

Véndese‐Planta de horta producida

con métodos ecolóxicos. (661 603 021 / 678 780 234

Véndese‐Automóbil Seat Marbella en

bo estado.(626 194 490

Véndese‐Caldeira de calefacción a ga‐

sóleo marca Ferroli.( 696 004 515

Véndense‐Tractor Deutz Fahr de 85 ca‐

balos, dobre tracción. Acabadode reparar.

‐Carro mesturador de 10 m.con pé hidráulico en perfectoestado.(982 183 019 e 628 785 466

Véndense‐Tractor Same Laser (o mais

alto da gama), con motor recti‐ficado hai dous anos (traballoupara unha soa explotación),rodas novas, kit de embrague emaza novos. Admítese calqueraproba mecánica.

‐Arado de 4 regos marcaKuhn. Tan só 3 campañas namesma explotación. (677 625 245 (comarca de

Arzúa).

Véndense ‐30 rolos de herba seca, na

zona do Corgo (Lugo).(982 176 748

Vendénse‐Porcos cebados con produ‐

tos da casa‐Augardentes tostadas e de

herbas.‐Viño do país branco e tinto.‐Gran de millo.(986 58 69 16 (Xosé)

Véndese‐Opel Corsa Enjoy CDTI 90 CV.

Moi coidado, sempre en garaxee cunha única propietaria. Ano2008. Tódolos extras. Control develocidade, mans libres, 6 velo‐cidades, etc. 170.000 Km. Cornegra. Nunca tivo un golpe. (626 194 490 (Katia)

Véndense‐2 cabras con carta branca.

Zona Valdoviño.(629 688 269

Véndese‐Vaca.‐Viño do pais e Barrantes.( 986 689 486 (Ana).

Véndese‐Tractor Ebro 460, con pa e

cabina.(660 811 411

Véndense‐Bolos de herba seca. Zona de

Betanzos.(629 763 395

Véndese‐Tractor Pasquali 991 (22 CV)

con remolque, fresa e veso. Enbo estado, motor revisado, aca‐bado de pintar e rodas novas.Prezo 7.000 €. Compostela.(636 680 519 (Daniel. Cha‐

mar de 13:00 a 15:00 horas).

Véndense‐Rolos de herba seca.( 982 505 755

Véndese‐Xerador eléctrico de 625 W.( 689 752 400 (O Corgo).

Véndense‐Cisterna de 5.000 litros con

apertura hidráulica, depresorde 5.000 e roda alta de camión.

‐Chimpín de obra, con bascu‐lante.

‐3 vacas e 5 xovencas de razaAzul Belga, por cese.(626 315 059 (Xosé Luís)

Véndense‐Tanque‐cisterna de frío de

3.500 litros de capacidade conlavadora automática. MarcaSerap.

‐Cisterna de xurro con cargalateral de 6.000 litros.(626 218 570

Véndese‐Herba seca de boa calidade

en Abadín (Lugo).(982 178 970

Mércase ‐Muíño de tractor. ( 677 625 245

Mércase‐Remolque para coche de 2 ei‐xes e 2,50 m. de largo comomínimo. ( 626 194 490

Alúganse‐Invernadoiros na zona de Val‐doviño. ( 629 688 269

Búscase‐Casa para alugar que teña

cortes de tamaño medio para ogando nas provincias de Lugoou A Coruña.(698 287 698

Búscase ‐Traballador/a con coñece‐mentos en vacún de leite paraexplotación de gandería enRañón (Grixalba, Sobrado dosMonxes, A Coruña). (659 869 548 (preguntarpor Xosé Miragalla).

Para poder anunciarse nesta sección cómpre estar afiliad@ no SLG e comunicar o anuncio a través da súa oficina sindical máis achegada. Os anunciospublícanse durante tres números consecutivos, ao cabo dos cales quitaranse. En caso de que @ anunciante quixera seguir mantendo o seu anuncio,ou para realizar calquera modificación do mesmo, debe poñerse en contacto de novo coa súa oficina sindical para facelo.

EMPREGO

VENDAS

COMPRAS

Maio/Xuño 2014 31 Nº 302 FOUCEEira

Page 32: Gandería industrial, 420 FOUCE · 2014. 7. 9. · A VÍA CAMPESINA DESEMBARCA NA ONU POLOS DEREITOS LABREGOS 422 e 23 Gandería industrial, A Confédération Paysanne rebélase contra

aCando se vos ocorreu a idea de for-mar esta rede?

A idea xorde no ano 2005 e vén dada,sobre todo, pola propia necesidade dosector de buscar outras vías de comer-cialización, e por EHNE Bizkaia ao reali-zar a proposta integral de que o cambiono modelo de comercialización debe viracompañado de mudanzas nos xeitos deproducir e de relacionármonos. En defi-nitiva, buscabamos un cambio integralno modelo de comercialización, non uni-camente un parche para poder seguirsobrevivindo. Esta necesidade veu dadatamén como alternativa a diversas apos-tas políticas das administracións públi-cas: modelos intensivos de produción,fundamentalmente en invernadoiro hi-dropónico, para vender ás comercializa-doras; instalación de grandes superfi-cies, supoñendo isto a fin do pequenocomercio; ou a obriga de que os come-dores escolares funcionen con servizosde catering, o que impide ao campesiñadoacceder a esta canle de comercialización.aCales son os principios fundamentaisnos que se asenta Nekasarea?

Nekasarea baséase en principios como asoberanía alimentaria, pois entendemos aalimentación como un dereito e non comounha mercadoría máis coa que negociar. Poriso damos prioridade ao noso dereito a de-cidir que queremos comer, ademais de comoqueremos que se produza e distribúa, rexei-tando a cultura consumista baseada no bai-xo prezo e nunha mentalidade pasiva.

Por outra banda, tamén temos como fun-damentos traballar con produtos locais e detempada provenientes da agricultura ecoló-xica, a participación activa e implicación daspersoas socias ou a aposta por criterios dexustiza social.aComo é o día a día de Nekasarea?

A rede organízase en grupos formadospor persoas consumidoras e produtoras. Entotal, son 40 grupos cunhas 900 familias e85 labregos e labregas que producen os ali-mentos. Non hai unicamente unha persoaprodutora por grupo, senón que dentro da

rede se ofrecen diferentes produtos de dife-rentes produtoras. Este é un proxecto colec-tivo e o produto das demais vese como apoioao propio. Ademais, desta forma resólvenseas necesidades de consumo das familias, xaque a variedade é bastante ampla.As per-soas consumidoras realizan unha planifica-ción do que queren consumir. Esta plani-ficación é de proba durante os tres primei-ros meses e pódese modificar. Posterior-mente, o compromiso é anual e apenas semodifica. Isto permite unha mellor organi-zación entre as persoas produtoras e poderplanificar mellor as producións e as reparti-cións. Cada grupo ten unha persoa á que llechamamos "coordinadora", xeralmente la-brega, que se encarga de recoller as planifi-cacións das consumidoras e, xunto comigo,localizar ao resto de produtoras para orga-nizar as reparticións e o funcionamento dogrupo xunto ás persoas consumidoras. aComo beneficia esta rede ás persoasque a integran?

Na parte produtora, Nekasarea propor-ciona estabilidade, xa que ao traballar conplanificación e compromiso os labregos e la-

bregas saben o produto que xa teñen co-locado nesta canle. A maioría fai, ade-mais, algún mercado e ten algunhatenda que lles compra. No caso do sectorhortícola, ao que pertencen 50 labregose labregas da rede, a súa canle principalde comercialización son os grupos deNekasarea. Esta fórmula permitiu a in-corporación de moita xente nova no sec-tor, que puido facer unha instalaciónprogresiva contando xa con familias econsumos planificados case antes de se-mentar.

Para as persoas consumidoras, o be-neficio é, por unha parte, o propio pro-duto que consumen, de moita calidade e,en conxunto, todas coinciden que nestemodelo aforran diñeiro, xa que deixande acudir ao supermercado e gastar enprodutos que non necesitan.

Por outra parte, a relación que se es-tablece entre produtora e consumidoraé un beneficio importante para ámbalas

dúas. É unha relación de apoio real, na quese comparten os problemas e as solucións,tanto os que xorden en torno á producióncoma os que poidan ter as persoas consumi-doras.aTras coñecer a realidade galega, credesque se podería desenvolver aquí algo pa-recido?

Creo que non existe unha receita quesirva para todas, en cada sitio hai que ver ascircunstancias que hai e como se poden im-pulsar iniciativas deste tipo. Máis alá da lo-xística que apliquemos, creo que o que sipode ser común son os obxectivos e a basepolítica de que queremos transformar e pa-ra quen. A partir de aí, como se estruture oua fórmula que se adopte dependerá de cadalugar e das circunstancias.

No noso caso, para poñer en marcha Ne-kasarea foi moi importante traballar unharede e compartir loitas con outras organiza-cións sociais, ambientais, de consumo... Nonacudindo a elas unicamente coa nosa formu-lación, senón entendendo que todas somospartes dunha transformación social máisampla e profunda.

“Nekasarea facilitou a incorporaciónde moita xente nova á agricultura”

Isabel Álvarez Vispo4Coordinadora da rede de consumo Nekasarea FOUCEIsabel Álvarez Vispo é compañeira da organización vasca EHNE-Bizkaia e formou parteda comitiva que visitou o noso país, recentemente, para coñecer de preto experienciasagrícolas desenvolvidas por mulleres. Isa coordina Nekasarea, un acrónimo que soacomo Nekazari (labrego) e vén de Nekazari Eta Kontsumitzaileen Arteko Sarea (Redeentre persoas produtoras e consumidoras), experiencia que relaciona case un milleirode familias cun cento de explotacións que lles fornecen de alimentos.

Maio/Xuño 14302