Os Trasnos

2
BIBLIOGRAFIA: diccionario dos seres míticos galegos; Pequena Mitoloxia de galicia; ? Cuba, X.R., Reigosa, A. e Miranda, X., Edición Xerais, Vigo 1999. ? Cuba, X. R., Reigosa, A. e Miranda, X., Edición Xerais, Vigo 2001. ? Ilustracións: NinaR (www.ninarcomics.es) Fernando Molinari Gonzalo gil Os Trasnos EQUIPO DE BIBLIOTECA C.E.I.P. VICTOR SÁENZ

description

boletín con adaptacions de lendas de trasnos para nenos/as

Transcript of Os Trasnos

BIBLIOGRAFIA:

diccionario dos seres míticos galegos;

Pequena Mitoloxia de galicia;

?Cuba, X.R., Reigosa, A. e Miranda, X.,Edición

Xerais, Vigo 1999.?Cuba, X. R., Reigosa, A. e Miranda, X.,

Edición Xerais, Vigo 2001.?Ilustracións: NinaR (www.ninarcomics.es) Fernando Molinari Gonzalo gil

Os Trasnos

EQUIPO DE BIBLIOTECA

C.E.I.P. VICTOR SÁENZ

cheiran a mexo de gato e ti non tes gato. - Danche un couce no traseiro e non hai quen cho puidera dar.

Está demostrado que é moi bo para ter o trasno ocupado, e polo tanto inactivo, poñerlle unha cunha de gra miúda nun lugar da casa que frecuente. O trasno baleira a cunca e pasa toda a noite contando e recollendo os grans. Como só sabe contar ata dez está toda a noite volvendo a empezar. Cando se trate dun trasno estudiado, que saiba contar correctamente o método tamén funciona; ao ter un furado na man esquerda cáelle a gra polo furado e así vai pasando o tempo sen que poida facer das súas.

Estes seres, como o seu nome indica, son especialistas en facer trasnadas, é dicir, toda clase de bromas e falcatruadas.

O trasno ten moitos nomes, ó mellor tantos como aparencias distintas; así chámanlle tamén trasgo, porviso, perete, perello, perecho e aínda de moitas outras maneiras. En Castela chámanlle duende, en Asturias trasgu, en Francia lupin e en Inglaterra puck.

Aínda que pode adoptar diferentes formas, parece que os tranos son case sempre coxos e que teñen a man esquerda furada. Semellan ananos saltariqueiros con longas barbas e pucho encarnado. Cando andan así non paran de rir.

O trasno actúa pola noite dentro da casa. Bate nos pratos, cisca grans e sementes no chan, revolve na roupa, espanta aos animais na corte, non deixa cousa no sitio. Tamén fai algunhas porcalladas, como lavar o cu no leite. De día desaparece.

O trasno non se deixa ver pero gústalle deixar pegadas da súa presencia: - Se levas un peso ao lombo, por exemplo a túa mochila, e empezas a decatarte de que a carga é cada vez máis pesada e logo, cando chegas á casa daste de conta de que deixaches a metade dos libros na escola, podes estar seguro de que o que levabas enriba era un trasno. - Escóitanse ruídos estraños pola noite nos faiados das casas. - Atopas que as roupas da cama están mexadas ou

Lendas Unha muller decide cambiar de aldea porque un trasno se lle metera na casa e non a deixaba vivir en paz. Carga as súas pertenzas no burro e ponse de camiño.

Atópase cun veciño que lle pregunta a causa do seu traslado.

-Voume por mor do trasno! Pegou comigo de mala maneira e non me deixa!

O veciño volveu a cabeza para indagar, xa que non a cría. Enriba da carga da muller, ía moi acomodado o trasno que sorria de xeito burlón dicíndo: -Imos de casa mudada!