Literatura 2018 - Vicens Vives · 2018-05-29 · itan toda clase de monstros: un marabilloso...

16
Literatura _ 2018 Cucaina_Aula das Letras Vicens Vives

Transcript of Literatura 2018 - Vicens Vives · 2018-05-29 · itan toda clase de monstros: un marabilloso...

Page 1: Literatura 2018 - Vicens Vives · 2018-05-29 · itan toda clase de monstros: un marabilloso dragón, uns enredan-tes trasnos, a criatura do doutor Frankenstein, un temible lobisho-me…Osseisrelatosquenarranas

Literatura_2018

Cucaina_Aula das Letras

VicensVives

Catálogo Literatura 2018 GAL.indd 1 8/1/18 13:34

Page 2: Literatura 2018 - Vicens Vives · 2018-05-29 · itan toda clase de monstros: un marabilloso dragón, uns enredan-tes trasnos, a criatura do doutor Frankenstein, un temible lobisho-me…Osseisrelatosquenarranas

2

CUCAINA 4

AULA DAS LETRAS 10

Catálogo Literatura 2018 GAL.indd 2 8/1/18 13:34

Page 3: Literatura 2018 - Vicens Vives · 2018-05-29 · itan toda clase de monstros: un marabilloso dragón, uns enredan-tes trasnos, a criatura do doutor Frankenstein, un temible lobisho-me…Osseisrelatosquenarranas

Deseñar unha colección literaria é unlabor apaixonante. Así a todo, o reto édobre cando se pretende conxugar opracer que produce a lectura dun bolibro coa vontade de formar a sensi-

bilidade e o espírito crítico dos estudantes. Tal em-peño, que atopa camiño aberto pola traxectoriaeditorial de Vicens Vives, materializouse na crea-ción de dúas coleccións literarias que, con decididavocación didáctica, están presididas por un rigorintelectual e unha calidade de edición capaces desatisfacer o lector máis esixente.

Cucaina concibiuse para os primeiros niveis doensino secundario e distínguese pola calidade dassúas numerosas ilustracións e polo seu atractivoformato. En Cucaina publícanse relatos de escri-tores como Oscar Wilde, Charles Dickens, ArthurConan Doyle ou William Irish, quen, ao tempoque nos conmoven coa beleza das súas historias,

nos proporcionan sabias leccións sobre o ser hu-mano. Algúns títulos desta colección son adapta-cións de grandes obras elaboradas cun refinadoestilo literario.

Con Aula das Letras pretendemos guiar os primei-ros pasos do estudante que se inicia na lectura deobras fundamentais da tradición literaria universal.A escolma de autores e títulos capaces de seducir alectores en proceso de formación é, xa que logo, unobxectivo básico desta colección ilustrada en corpor afamados artistas.

Ambas as coleccións dan cabida a toda clase de xé-neros literarios. A edición de todas as obras seguedous criterios rexedores: as notas e prólogos pro-porcionan o conxunto de claves para a comprensióncabal do texto, mentres que as meditadas activida-des estimulan a participación activa e a reflexiónpersoal do estudante.

D

Literatura Vicens Vives,un empeño educativo

Catálogo Literatura 2018 GAL.indd 3 8/1/18 13:34

Page 4: Literatura 2018 - Vicens Vives · 2018-05-29 · itan toda clase de monstros: un marabilloso dragón, uns enredan-tes trasnos, a criatura do doutor Frankenstein, un temible lobisho-me…Osseisrelatosquenarranas

4

CUCAINA

Otexto literario está composto cunha letra facilmente le-xible. As abundantes ilustracións en cor son obra deprestixiosos ilustradores nacionais e estranxeiros. A

nota léxica está redactada con gran sinxeleza e claridade.

As actividades ofrécense como complemento da lectura e es-trutúranse en tres apartados:

• En «Comprensión» ou «Argumento» repásanse os episo-dios ou as situacións claves que fan progresar a acción.

• En «Comentario» e «Expresión» vaise alén da comprensiónsuperficial da obra, e, en función da idade á que se destinacada lectura, reflexiónase sobre personaxes, temas, valo-res éticos etc.

• En «Creación» e «Expresión» propóñense toda unha seriede actividades creativas arredor da obra: composición detextos escritos, debates, dramatizacións etc.

Todos os volumes contan cunha Guía didáctica.

OCucaina

Catálogo Literatura 2018 GAL.indd 4 8/1/18 13:34

Page 5: Literatura 2018 - Vicens Vives · 2018-05-29 · itan toda clase de monstros: un marabilloso dragón, uns enredan-tes trasnos, a criatura do doutor Frankenstein, un temible lobisho-me…Osseisrelatosquenarranas

5

CUCAINA

As actividades, divididas en tresseccións, constitúen unha guíasinxela e amena para tirar maiorrendemento da lectura.

As notas están redactadas congran sinxeleza e claridade.

O texto literario está compostocunha letra facilmente lexible.

As abundantes ilustracións en corson obra de prestixiosos ilustradoresnacionais e estranxeiros.

Catálogo Literatura 2018 GAL.indd 5 8/1/18 13:34

Page 6: Literatura 2018 - Vicens Vives · 2018-05-29 · itan toda clase de monstros: un marabilloso dragón, uns enredan-tes trasnos, a criatura do doutor Frankenstein, un temible lobisho-me…Osseisrelatosquenarranas

6

112 p. ISBN: 978-84-682-1071-1128 p. ISBN: 978-84-682-1133-6104 p. ISBN: 978-84-682-1104-680 p. ISBN: 978-84-682-1062-9

A voz dos soñose outros contos prodixiosos

Hugh Lupton

Ilustracións: Niamh SharkeyContos tradicionais e fantásticos

Como pode ver un cego con máisclaridade que un cazador? É posibleque chovan moletes e que ospeixes naden entre a herba dosbosques? As cativadoras historiasdeste libro advírtennos contra aspersoas contiñeiras, suxírennosque confiar nos soños non sempreresulta desatinado, e apréndennosque o máis sabio é quen ve cosollos da mente… e do corazón.

Conto de NadalCharles Dickens

Adaptación: P. Anton PascualIlustracións: David ShannonRelato moral e de fantasía

Ao vello avarento Ebenezer Scroogeaparécenselle unha noite catroespectros que fan que recapaci-te sobre a súa conduta e que lleamosan o sinistro futuro que teráse teima no seu egoísmo. Coneste conmovedor relato, Dickenspropúxose remover as concienciasdos seus lectores e convencelosda necesidade de seren bonda-dosos e de practicaren a caridadenun mundo inxusto.

CUCAINA

128 p. ISBN: 978-84-682-1049-0

Mitos gregosMaria Angelidou

Adaptación: Miguel TristánIlustracións: SvetlinRelatos mitolóxicos

Toda a maxia e a beleza damitoloxía aparecen reflectidasnos catorce mitos gregos destaantoloxía. O libro explica, entreoutras historias, a loita de Teseocontra o Minotauro, a lenda dacaixa de Pandora, o desafortunadovoo de Ícaro, a viaxe de Orfeo aosinfernos e a astucia do cabalo demadeira co que Ulises puxo fin águerra de Troia.

O Xigante egoístae outros contos

Oscar Wilde

Ilustracións: P. J. LynchContos morais e fantásticos

Este libro reúne os contos máisfermosos e conmovedores deOscar Wilde, os seus relatosmáis dotados de valores morais.Os protagonistas destes contosalcanzan a felicidade e o amorcando, renunciando ao egoísmo,se mostran amables e xenerosose se preocupan polo ben dosdemais.

Fábulas de EsopoJerry Pinkney

Ilustracións: Jerry PinkneyContos morais e fábulas

Neste fermoso libro escolmáron-se sesenta fábulas de Esopo, unxénero e un autor imitados sendescanso. A súa permanente po-pularidade non é de estrañar, poiscada relato depara unha sorpresa:un muiñeiro e seu fillo decidenlevar un burro ao lombo, un lobodisfrázase cunha pel de ovella,unha gansa pon ovos de ouro, unsapoconcho gáñalle a unha lebrenunha carreira…

Catálogo Literatura 2018 GAL.indd 6 8/1/18 13:34

Page 7: Literatura 2018 - Vicens Vives · 2018-05-29 · itan toda clase de monstros: un marabilloso dragón, uns enredan-tes trasnos, a criatura do doutor Frankenstein, un temible lobisho-me…Osseisrelatosquenarranas

7

Aprendiz de detectiveUn roubo moi custosoWilliam Irish

Ilustracións: Rubén PellejeroAventura, misterio e humor negro

A intriga, a emoción e o suspenseatrapan o lector desde a primeiraá última liña destes dous magnífi-cos relatos policiais. No primeirodeles viviremos a aventura dunverdadeiro «aprendiz de detecti-ve». O humor negro de Un roubomoi custoso, en troques, culminanun arrepiante desenlace.

128 p. ISBN: 978-84-316-2941-0 104 p. ISBN: 978-84-682-1266-1112 p. ISBN: 978-84-682-1268-5

CUCAINA

224 p. ISBN: 978-84-682-1275-3

Grandes esperanzasCharles Dickens

Adaptación: J. M. Pérez ZúñigaIlustracións: Iassen GhiuselevRelato de aventuras e formación

O orfo Pip namórase de Estella,unha fermosa rapaza que vivecunha excéntrica anciá. Para con-quistar a súa amada, Pip decideconverterse nun cabaleiro e arre-darse da súa humilde familia. Esacega ambición lévao a desdeñara todos aqueles que o queren deverdade e a se deixar humillarpolos que o desprezan, o cal faique se sinta culpable e descubra,ao cabo, que o segredo da felicida-de reside nos bos sentimentos.

Un tirón no raboMary Hoffman

Ilustracións: Jan OrmerodFábulas e contos de animais

Que acontece cando un lobocomellón pretende papar a ovellamáis repoluda? E cando un raposopresume da súa velocidade diantedun caranguexo? Neste libroreúnense once divertidas histo-rias de animais, nas que o lectordescubrirá que se un se pasa delisto, é demasiado cobizoso ou secomporta coma un farfallán, podesaír bastante malparado.

Relatos de monstrosSteven Zorn

Ilustracións: John BradleyTerror, humor e fantasía

Polas páxinas deste libro espre-itan toda clase de monstros: unmarabilloso dragón, uns enredan-tes trasnos, a criatura do doutorFrankenstein, un temible lobisho-me… Os seis relatos que narran assúas aparicións farán que arrepíesde medo, que te divirtas, que teemociones, pero, sobre todo, coneles aprenderás que non todos osmonstros son tan espantosos nintan daniños como os pintan. A queesperas para descubrilo?

144 p. ISBN: 978-84-682-1299-9

Robinson CrusoeDaniel Defoe

Adaptación: Eduardo AlonsoIlustracións: Robert IngpenNovela de aventures

Dominado pola ambición e o afánde aventuras, o mozo RobinsonCrusoe abandona o seu fogar pa-terno e, tras superar unha serie deperigosas aventuras e infortunios,naufraga nunha illa deserta. Parasobrevivir na illa e dominar unhanatureza hostil, Crusoe veraseobrigado a avivar o enxeño e adesenvolver múltiples destrezas.

Catálogo Literatura 2018 GAL.indd 7 8/1/18 13:34

Page 8: Literatura 2018 - Vicens Vives · 2018-05-29 · itan toda clase de monstros: un marabilloso dragón, uns enredan-tes trasnos, a criatura do doutor Frankenstein, un temible lobisho-me…Osseisrelatosquenarranas

8

128 p. ISBN: 978-84-682-1300-2 176 p. ISBN: 978-84-682-1442-9168 p. ISBN: 978-84-682-1298-296 p. ISBN: 978-84-682-1301-9128 p. ISBN: 978-84-682-1302-6

Relatos de pantasmasSteven Zorn

Ilustracións: John BradleyMisterio, terror e humor

Un viaxeiro comparte o camarotedun barco cun morto vivente… Unrapaz orfo recibe a visita de dúaspantasmas de curta idade que nonpretenden outra cousa que sal-varlle a vida… Atrévete a entrar nomundo misterioso e fantástico dosoito contos deste libro. En cadaunha das súas páxinas atoparásunha sorpresa.

Oliver TwistCharles Dickens

Adaptación: P. Anton PascualIlustracións: C. BirminghamNovela realista e moral

Esta conmovedora novela narraas desventuras de Oliver Twist, unrapaz que medra nun refuxio demendigos e que sofre incontablespenalidades cando se une, sensabelo, a una banda de garduños.Cun hábil manexo da intriga e omisterio, Dickens traza un retratosatírico dunha sociedade incapazde comprender que só o amorpode vencer os peores instintoshumanos.

CUCAINA

O corcovadoe outros contos de«As mil e unha noites»

Anónimo

Ilustracións: Michael ForemanContos de aventuras, fantasía ehumor

Nestes dez contos de As mil e unhanoites, as anécdotas máis diver-tidas e as fábulas máis forma-tivas conviven con historias tanfantásticas como a do home quegardaba na súa bolsa toda unhacidade, o corcovado que morreucatro veces e ao fin resucitou, oavarento que o perdeu todo pormor dos seus zapatos e o leñadorque tornou rico ao grito de «Ábre-te, sésamo!».

O misterio dos bailarínsPenca de PrataArthur Conan Doyle

Ilustracións: ThaRelatos policiais

A capacidade de observación eo talento dedutivo de SherlockHolmes relocen nestes dous relatossubxugantes. En O misterio dosbailaríns, o famoso detective resol-ve un intrigante asasinato grazasao enxeñoso desciframento duncriptograma, mentres que en Pencade Prata Holmes ten que empregartoda a súa perspicacia para desbo-tar as probas que acusan o presuntoculpable e identificar o verdadeiroasasino.

Miguel StrogoffJules Verne

Adaptación: J. M. Pérez ZúñigaIlustracións: Javier SerranoNovela de aventuras

O capitán Miguel Strogoff realizaunha longa e perigosa viaxe polaestepa siberiana para previr ogobernador de Irkutsk contra otraidor Iván Ogareff, que se alioucos invasores tártaros. Polo cami-ño, o correo do tsar é capturado ecegado cun sabre incandescentepolo inimigo. Con todo, a perse-veranza de Strogoff e a axuda damoza Nadia permiten que o heroeescape, se enfronte a Ogareff edeteña a invasión tártara.

Catálogo Literatura 2018 GAL.indd 8 8/1/18 13:34

Page 9: Literatura 2018 - Vicens Vives · 2018-05-29 · itan toda clase de monstros: un marabilloso dragón, uns enredan-tes trasnos, a criatura do doutor Frankenstein, un temible lobisho-me…Osseisrelatosquenarranas

9

CUCAINA

96 p. ISBN: 978-84-682-1589-1 160 p. ISBN: 978-84-682-1571-6

160 p. ISBN: 978-84-682-1643-0

As viaxes de GulliverJonathan Swift

Adaptación: Martin JenkinsIlustracións: Chris RiddellNovela de aventuras, fantasía e sátira social

Tras naufragar na illa de Liliput, o doutor LemuelGulliver coñece os seus diminutos e mesquiñoshabitantes, capaces de declararlle a guerra ao paísveciño por non se poñeren de acordo sobre comoescachar os ovos. Nas viaxes sucesivas, Gulliverconvive con outros personaxes extraordinarios, através dos cales satiriza, con humor e enxeño, osdefectos dos seres humanos.

Amigos robotsIsaac Asimov

Ilustracións: David ShannonCiencia ficción

Nos dous relatos deste libro, Asi-mov descríbenos unha sociedadefutura na que os robots se conver-ten en fieis servidores dos sereshumanos até o extremo de supliras súas carencias afectivas. Tal éo caso de Robbie, un dos contosmáis tenros escritos polo autor, etamén de Sally, relato no que unscoches dotados de intelixenciadefenden o seu dono do ataqueduns malfeitores.

O mago de OzL. Frank Baum

Adaptación: Germán VivesIlustracións: Robert IngpenFantasía e aventura

Da man da pequena Dorothy,Baum lévanos de viaxe ao máxicoreino de Oz, onde as bruxas ba-tallan coas fadas e o máis insólitosemella posible. Unha sucesión deemocionantes aventuras e ines-quecibles personaxes apréndenosque todos os nosos soños podenfacerse realidade se loitamos poreles con ilusión e esforzo.

Catálogo Literatura 2018 GAL.indd 9 8/1/18 13:34

Page 10: Literatura 2018 - Vicens Vives · 2018-05-29 · itan toda clase de monstros: un marabilloso dragón, uns enredan-tes trasnos, a criatura do doutor Frankenstein, un temible lobisho-me…Osseisrelatosquenarranas

10

AULA DAS LETRAS

oncibida para cubrir as etapas da Educación SecundariaObrigatoria e do Bacharelato, esta colección reúne unhaserie de libros que cativarán o interese do estudantetanto polos seus temas coma polo seu valor literario.

A carón de autores de obrigada presenza (Poe, London, ConanDoyle…), Aula das Letras ofrece opcións innovadoras tales comoescolmas de relatos policiais, de humor ou de narracións fantás-ticas. Esta colección aspira así mesmo a familiarizar o alumnadocon todos os xéneros literarios, polo que inclúe novelas, relatos,pezas teatrais…

Alén de ponderadas introducións, cada edición incorpora unhaútil dobre anotación (léxica e explicativa) e, sobre todo, un am-plo abano de propostas de traballo onde o texto se analiza nonsó desde o punto de vista literario, senón atendendo a outrosenfoques que o contido de cada libro esixe: histórico, ético etc.

A colección conta con ilustracións en cor de artistas de recoñe-cido prestixio.

CAula das Letras

Catálogo Literatura 2018 GAL.indd 10 8/1/18 13:34

Page 11: Literatura 2018 - Vicens Vives · 2018-05-29 · itan toda clase de monstros: un marabilloso dragón, uns enredan-tes trasnos, a criatura do doutor Frankenstein, un temible lobisho-me…Osseisrelatosquenarranas

11

AULA DAS LETRAS

Explicación previa á formulaciónde cuestións.

A letra en negra destaca os temasnos que se centran as preguntas.

Clara división temática en apartadose subapartados.

Nas actividades remítese aos textosauxiliares, á Introdución e, sobretodo, ao propio texto literario.

Os textos auxiliares reúnen documen-tos críticos, históricos, éticos etc., queconstitúen o punto de partida para asactividades.

Foliación en números arábigos.

Nota léxica redactada con claridade.

Número da nota sociocultural ou deinterpretación destacado en cor.

Todos os volumes contan conilustracións en cor.

Catálogo Literatura 2018 GAL.indd 11 8/1/18 13:34

Page 12: Literatura 2018 - Vicens Vives · 2018-05-29 · itan toda clase de monstros: un marabilloso dragón, uns enredan-tes trasnos, a criatura do doutor Frankenstein, un temible lobisho-me…Osseisrelatosquenarranas

12

224 p. ISBN: 978-84-682-1070-4

A chamada da naturezaJack London

Ilustracións: Victor G. AmbrusNovela naturalista e de aventuras

Ambientada no Canadá e durantea «febre do ouro» de 1897, A cha-mada da natureza relata a loita polasupervivencia de Buck, un can aoque uns desaprehen-sivos raptanen California para ser vendido nasxélidas terras do Norte. A cruelda-de que Buck debe afrontar quedamitigada polo amor e a fidelidadeque o can sente polo seu amo,unha lección que nos fai vibrare que London nos transmite contodo dramatismo…

AULA DAS LETRAS

160 p. ISBN: 978-84-682-1047-6 144 p. ISBN: 978-84-682-1048-3

A visita do inspectorJ. B. Priestley

Ilustracións: SvetlinDrama moral e de intriga

Un inspector de policía preséntaseno domicilio da familia Birling,interrompe a animada cea coa queestán a celebrar o compromisomatrimonial de Sheila e indagana implicación dos comensaisno suicidio dunha moza. A obradesenvolve a partir de entón unhatrama chea de suspense na que sepresenta un tema de fondo caladomoral: todos formamos parte dahumanidade e somos responsa-bles da sorte dos demais.

160 p. ISBN: 978-84-682-1303-3

A rateiraAgatha Christie

Ilustracións: ThaDrama policial

Tras cometerse un asasinato enLondres, o sarxento de policíaTrotter preséntase nun pequenohotel afastado da capital e illadopola neve para advertirlles aosseus moradores que o asasinoestá a piques de chegar co pro-pósito de cometer outro crime.A habelencia coa que a autoramanexa a intriga e o desenlacesorprendente converteron estaobra na máis representada de todaa historia do teatro.

240 p. ISBN: 978-84-682-1304-0

Canción de NadalCharles Dickens

Ilustracións: P. J. LynchNovela moral e de fantasía

A melodramática historia do velloavaro Ebenezer Scrooge, queunha noite soña cos horrores quehaberá de padecer se porfía noseu detestable egoísmo, ofrécesenesta fermosa edición cun prólogoque estuda a famosa obra de Dic-kens con detalle. A edición contacon máis de sesenta acuarelas doartista irlandés P. J. Lynch e unhasactividades que analizan o librodesde o punto de vista literario,histórico e ético.

O escaravello de ouroOs crimes da rúa MorgueEdgar Allan Poe

Ilustracións: Tino GatagánRelatos de enxeño e de misterio

Este libro reúne dous dos contosmáis famosos de Poe. En «O es-caravello de ouro», o achado dunpergameo cunha mensaxe cifradada pé á exhibición do enxeño doprotagonista, Legrand, e do humordo seu inesquecible criado. En «Oscrimes da rúa Morgue», o inves-tigador Dupin consegue resolvercunha asoballante lóxica o enig-mático caso dun crime cometidonun cuarto fechado.

Catálogo Literatura 2018 GAL.indd 12 8/1/18 13:34

Page 13: Literatura 2018 - Vicens Vives · 2018-05-29 · itan toda clase de monstros: un marabilloso dragón, uns enredan-tes trasnos, a criatura do doutor Frankenstein, un temible lobisho-me…Osseisrelatosquenarranas

O signo dos catroArthur Conan Doyle

Ilustracións: SvetlinRelato policial e de misterio

A señorita Mary Morstan acodea Sherlock Holmes para que aacompañe a unha cita cun homedescoñe-cido que lle foi enviandounha perla cada ano durante osúltimos dez. O enigmático perso-naxe é fillo dun amigo do pai deMary, un oficial británico desapa-recido misteriosamente, e no en-contro relátalles unha trepidantehistoria de roubos, traizóns easasinatos que Holmes deberásolucionar.

AULA DAS LETRAS

336 p. ISBN: 978-84-682-1305-7

Antoloxía do relato policial

Selección: J.Santamaría eP. AlonsoIlustracións: ThaRelatos policiais

Os relatos policiais desta engaio-lante escolma conteñen os gran-des temas do xénero e contan cosmáis famosos detectives comoprotagonistas: o inimitable SherlockHolmes, o duro e cínico SamSpade ou o infalible Ellery Queen.Nos contos de Conan Doyle,Dashiell Hammett, Berkeley Coxou William Irish, o lector descu-brirá a fascinación que exerce omisterio e o pracer que produceresolvelo.

256 p. ISBN: 978-84-682-1306-4

As mil e unha noites

Selección: Brian Aldersonlustracións: Michael ForemanRelatos de aventuras, de misterioe de humor

Magoado pola infidelidade da súaesposa, un vingativo sultán decideaxustizar cada día unha muller atéque, chegada a quenda de Sahra-zad, a rapaza se nega a aceptarese destino atroz. Para adiar a súamorte, Sahrazad acorda cativara atención do rei unha noite trasoutra con historias ateigadas deprodixios, relatos de misterio eintriga, contos humorísticos… atéconformar o libro máis fascinantede todos os tempos.

232 p. ISBN: 978-84-682-1307-1 304 p. ISBN: 978-84-682-1445-0

O can dos BaskervilleArthur Conan Doyle

Ilustracións: Iassen GhiuselevRelato policial e de misterio

Desexoso de satisfacer os seusávidos lectores, Arthur ConanDoyle baseouse na lenda dun canferoz e espectral para compoñer amáis brillante de todas as novelasnas que o protagonista é SherlockHolmes. O can dos Baskerville éunha obra espléndida onde, apartir da fusión do xénero policialcos recursos da novela gótica, secontrapoñen, sazonados cunhaboa dose de suspense, o poder darazón e as pantasmas do sobre-natural.

Catálogo Literatura 2018 GAL.indd 13 8/1/18 13:34

Page 14: Literatura 2018 - Vicens Vives · 2018-05-29 · itan toda clase de monstros: un marabilloso dragón, uns enredan-tes trasnos, a criatura do doutor Frankenstein, un temible lobisho-me…Osseisrelatosquenarranas

168 p. ISBN: 978-84-682-1588-4

AULA DAS LETRAS

318 p. ISBN: 978-84-682-1448-1

Viaxe ao futuroRelatos de ciencia ficción

Edición: Agustín Sánchez AguilarIlustracións: Enrique BrecciaRelatos de ciencia ficción

Non hai xogo máis excitante queimaxinar o que vai vir. A iso é aoque se dedica a ciencia ficción, oxénero ao que pertence Viaxe aofuturo. Unha partida de cazadoresembarca nunha máquina do tem-po para matar un dinosauro, cincoastronautas desaparecen sendeixar rastro no planeta Xúpiter,un androide chega á Terra cargadocunha bomba letal, unha estrañaepidemia impulsa os homes a aca-bar coas mulleres que aman…

224 p. ISBN: 978-84-682-1644-7

A pantasma de Cantervillee outros contos

Oscar Wilde

Ilustracións: Alicia CañasRelatos de fantasía e horror

Encabezada por «A pantasma deCanterville», un relato que combi-na trazos do xénero gótico e unhadivertidísima sátira da aristocraciabritánica, esta antoloxía reúne oscontos máis entrañables do escri-tor irlandés. Neles, Wilde critica aridícula vaidade dun pretensiosofoguete, censura a hipocrisía dequen finxe amizade ou conmó-venos co amor e a xenerosidadesen límites de moitos dos seuspersonaxes.

Robbiee outros relatos

Isaac Asimov

Ilustracións: David ShannonRelatos de ciencia ficción

Que pasará cando utilicemos osrobots como coidadores dos no-sos fillos e como condutores dosnosos coches; cando confiemosneles para escoller os nosos go-bernantes e para resolver todos osnosos problemas? Que ocorreráse as máquinas comezan a decidirpor nós? Ateigado de suxesti-vas preguntas e de imaxinativasrespostas, Robbie e outros relatosamósanos un futuro que ilusionae inquieta ao mesmo tempo.

224 p. ISBN: 978-84-682-1446-7

O gato negroe outros contos de horror

Edgar Allan Poe

Ilustracións: Jesús GabánRelatos de fantasía e horror

Para provocar o espanto do lector,Poe indagou nos recantos máisescuros da mente humana: delaproceden as imaxes delirantes queinducen ao asasinato os protago-nistas dalgúns relatos («O gatonegro» e «O corazón delator») enela incuba o desexo de vinganzaque culmina en atroces crimes («Abarrica de amontillado» e «HopFrog»). En todos estes relatos, enfin, brilla o xenio literario de Poe,mestre inigualado de contistas.

Catálogo Literatura 2018 GAL.indd 14 8/1/18 13:34

Page 15: Literatura 2018 - Vicens Vives · 2018-05-29 · itan toda clase de monstros: un marabilloso dragón, uns enredan-tes trasnos, a criatura do doutor Frankenstein, un temible lobisho-me…Osseisrelatosquenarranas

CUCAINA

1. A voz dos soñose outros contos prodixiosos

2. O Xigante egoístae outros contos

3. Fábulas de Esopo

4. Conto de Nadal

5. Mitos gregos

6. Un tirón no rabo

7. Aprendiz de detectiveUn roubo moi custoso

8. Relatos de monstros

9. Grandes esperanzas

10. Robinson Crusoe

11. O corcovado e outros contosde «As mil e unha noites»

12. O misterio dos bailarínsPenca de Prata

13. Relatos de pantasmas

14. Oliver Twist

15. Miguel Strogoff

18. As viaxes de Gulliver

19. Amigos robots

20. O mago de Oz

AULA DAS LETRAS

1. O escaravello de ouroOs crimes da rúa Morgue

2. A visita do inspector

3. A chamada da natureza

4. A rateira

5. Canción de Nadal

6. Antoloxía do relato policial

7. As mil e unha noites

8. O signo dos catro

9. O can dos Baskerville

10. O gato negroe outros contos de horror

12. Viaxe ao futuroRelatos de ciencia ficción

13. A pantasma de Cantervillee outros contos

14. Robbie e outros relatos

Coleccións

Catálogo Literatura 2018 GAL.indd 15 8/1/18 13:34

Page 16: Literatura 2018 - Vicens Vives · 2018-05-29 · itan toda clase de monstros: un marabilloso dragón, uns enredan-tes trasnos, a criatura do doutor Frankenstein, un temible lobisho-me…Osseisrelatosquenarranas

Ronda de Outeiro, 308. 15011 A Coruña. Tel. 981 27 35 00 • Fax 981 26 98 86 • [email protected] • www.vicensvives.es

C101779

Por mercar en vicensvivesonline.com, 5% de desconto e envíogratuíto de libros e materiais de papel.

Catálogo Literatura 2018 GAL.indd 16 8/1/18 13:34