OS TEXTOS DESCRITIVOS

9
Traballo de textos descritivos Instrumentos da música tradicional galega C.E.I.P AGRO DO MUÍÑO

description

TRABALLAMOS O TEXTO DESCRITIVO INSTRUMENTOS DA MÚSICA TRADICIONAL

Transcript of OS TEXTOS DESCRITIVOS

Page 1: OS TEXTOS DESCRITIVOS

Traballo de

textos

descritivos

Instrumentos da música

tradicional galega C.E.I.P AGRO DO MUÍÑO

Page 2: OS TEXTOS DESCRITIVOS

Enlaces que podedes

utilizar para traballar o

texto descritivo

APUNTES DE LENGUA, LITERATURA Y

TIC EN SECUNDARIA

APRENDER A ESCRIBIR TEXTOS

DESCRIPTIVOS

EL TEXTO DESCRIPTIVO

Page 4: OS TEXTOS DESCRITIVOS

PRODUCIÓN DUN TEXTO DESCRITIVO

1. Descrición

Consiste en dicir como é ou onde está un obxecto, unha persoa, un

animal, un espazo.

Hai quen a define como “un debuxo feito con palabras”.

Os estudosos establecen distintos tipos de textos en función de

distintos criterios, pero, para nós e simplificar, pode ser suficiente

con diferenciar entre descricións obxectivas e literarias. As

primeiras tratan de dicir como é algo, mentres que as segundas

introducen matices valorativos.

Pódense describir obxectos, persoas, espazos … Nós imos

centrarnos na descrición de obxectos.

2. Obxectivos

- Diferenciar entre tema (persoa, lugar,etc.) e o subtema (cara da

persoa, partes dun espazo).

- Distinguir entre información principal e secundaria.

- Producir textos descritivos enumerativos

3. Produción

3.1 Criterios:

- Organizar e ordenar (arriba/abaixo, dentro/fóra)

adecuadamente

- Proporcionar información relevante

Page 5: OS TEXTOS DESCRITIVOS

3.2 Orde:

- Marco espazo-temporal

- Elementos

- Propiedades

3.3 Como se fai:

- Observar

- Seleccionar aquilo que nos parece máis importante

- Organiza-los datos: ir do xeral ó particular ou á inversa, do 1º

plano ó fondo ou á inversa, dentro/fóra ou á inversa, E/D ou ó

revés.

- Ir situando coa maior precisión posible empregando as

palabras máis adecuadas (á dereita, xunto a …)

INSTRUMENTOS MUSICAIS NA TRADICIÓN GALEGA

Page 6: OS TEXTOS DESCRITIVOS

3.4 Á hora de describir un obxecto

debemos ter en conta:

- Tamaño

- Forma

- Partes de que consta cos seus nomes, a súa forma

- Podemos facer comparacións

- Dicir para que sirve

- Como se usa

- Cor

- Material de que está feito

-

3.5 A descrición de obxectos de forma ordenada. Expoñemos

traducida a proposta de Antonio Castro do CEIP Gran Capitán-

Íllora ( Granada )

PASO 1: A frase para comezar

Unhas cantas formas de facelo a modo de exemplo:

1. El... é un... que sirve para...

2. Paseando por... (o parque, a rúa, o campo...) vin un... (árbore,

flor, farola, pozo...) que me resultou moi... (curioso, atractivo,

bonito, feo...) Era...

3. Son un... (nome do obxecto) e me sinto moi (orgulloso,

importante, feliz, triste...) do traballo que fago, pois...

Page 7: OS TEXTOS DESCRITIVOS

4. Na... (mesa, entrada, escaleira, tenda...) hai un... (obxecto

descrito) que me chama a atención polo seu...

5. Vou a describir un... Intentarei facelo o mellor posible.

6. Fai tempo tiven un precioso... (obxecto descrito), era o meu...

favorito.

PASO 2: Que é e como é?

Que é?

o Unha ferramenta, un aparello, unha máquina, un

vehículo, un xoguete, un instrumento, unha froita,

verdura, envase...

Como é?

o Forma: redonda, esférica, redondeada, cilíndrica,

cadrada, ovalada, oblicua, recta, curva, inclinada,

cónica, delgada, alargada, achatada, fina, estreita,

ancha, picuda, puntiaguda, achatada, rectilínea...

o Tamaño: grande, enorme, xigantesco, pequeno,

diminuto, reducido, alto, baixo, corto, longo, mediano,

espazoso... Mide 10 cm., dous metros…

o Peso:lixeiro, pesado, como una pluma, como el

chumbo, mucho, pouco, bastante, resistente... Pesa…

gramos, kilos, toneladas…

o Color: brillante, acendido, tenue, claro, envellecido,

metálico, rechamante, vermello, verde, azul, a raias, a

cadros...

o Materiais: madeira, plástico, aceiro, cristal, barro, arxila,

papel, metal, tela...

o Textura: suave, rugosa, áspera, lisa, esvaradizo,

graxenta, agradable, desagradable...

Page 8: OS TEXTOS DESCRITIVOS

o Sabor: doce, amargo, salgado, eslamiado, ácido,

delicioso, rico, insípido, non sabe a nada, forte,

agradable, desagradable, acedo...

o Olor: delicioso, forte, desagradable, nauseabundo, rico,

suave, perfumado...

PASO 3: Que partes ten?

Se o obxecto descrito ten partes diferenciadas debo describilas:

superior, inferior, central, interior, exterior, por fóra, por dentro...

PASO 4: Para que sirve?

Non necesita explicación este paso e ademais é sinxelo, non

obstante ofrecerémosvos algunhas ideas: Sirve para... Úsase... A

súa utilidade é... escribir, pintar, debuxar, adornar, borrar, ler,

recortar, comer, perfumar, para dar sombra...

PASO 5: Frase para rematar

É a última fase de nosa descrición. Se trata de redactar unha frase

que una a nosa propia experiencia co obxecto descrito e que de

algunha forma defina as miñas percepcións persoais.

Exemplos:abraiante, marabilloso, rechamante, horroroso, sinxelo,

transparente, opaco, fermoso, desagradable, novo, vello, antigo,

feo, bonito...

1. O meu... é precioso, ou polo menos a min mo parece.

2. A min encántame o..., porque é... (precioso, novo, enorme...)

Page 9: OS TEXTOS DESCRITIVOS

3. Este... resúltame... (horrible, feo, demasiado vello), polo que

estou desexando... (comprar outro, que o cambien, que o

quiten...)

4. Encántame o... polo seu... (agradable, sinxelo, fermoso...)

olor, sabor, aspecto...

4. Fases para ensinar na práctica

1ª. Traballo de modelado co grupo clase para producir un texto.

Previamente podemos ler algún textos que describan obxectos.

2ª. Traballo en pequenos grupos/parellas de produción dun texto.

3ª. Produción individual de textos.

BIBLIOTECA C.E.I.P. AGRO DO MUÍÑO