Odisea

32
A ODISEA

description

A Odisea en imaxes

Transcript of Odisea

A ODISEA

O regreso máis famoso foi o de Ulises ou Odiseo, que tardou dez anos en chegar á súa patria, Itaca, debido a súa enemistade con Posidón

Os Cicóns

• Os Cicones foron a primeira parada nas costas de Tracia, onde Odiseo e os seus homes son atacados.

Os Lotófagos

• Odiseo e os seus homeschegan ao país dos lotófagos, que se alimentaban de loto. O que inxería o loto esquecíase do regreso, polo que Odiseo leva pola forza asos seu homes.

O cíclope Polifemo

• Chegada á illa do cíclope Polifemo: O cíclope vai devorando aos gregos, pero Ulises e os seus homes cégano mediante engano.

Fuxida da cova do Cíclope

Illa de Eolo

• Chegada á illa de Eolo, que lle da un fol pechado a Ulises. Cando xa están chegando a Itaca, os homes de Ulises non poden resistir a curiosidade e o abren, desatando unha tempestade de ventos que os alonxan de novo da patria.

Os Lestrigóns

• Despois da tempestade, recalan no país dos Lestrigóns, que resultan ser antropófagos e teñen que fuxir.

Circe

• Chegada á illa de Circe, que convirte aos homes de Ulises en porcos. Odiseo sálvase bebendo un antídoto que lle proporciona Hermes.

Tiresias

• Ó saír da illa de Circe, Ulises debe baixar ao Hades, para consultar ao adiviño Tiresias o camiño de volta.

As Sereas

• As Sereas, seres metade ave e metade muller, atraían co seu canto aos mariñeiros para destruílos. Ulises consigue escoitar o seu marabilloso canto sin ser atraído por elas.

Escila e Caribdis

• Escila, un monstro mariño de moitas cabezas, e Caribdis, un gran remuíño, matan a varios homes de Ulises.

As vacas do Sol

• Ulises e os seus homes chegan illa de Hiperión, o Sol. Os homes comen o gando sagrado do Sol e son fulminados por Zeus, quedando Ulises so.

Ulises naufraga debido a tempestad e desatada por Helios, o Sol.

Calipso

• Odiseo chega á illa da ninfa Calipso, con quen pasará tres anos.

Os deuses ordenan a Calipso deixar libre a Ulises e facilitarlle unha balsa.

O país dos Feacios

• Tras un novo naufraxio, Odiseo chega ao país dos Feacios. É descuberto na praia pola princesa Nausícaa.

Ulises narra as súas aventuras ante o rei Alcínoo e a súa esposa

Arete, pais de Nausícaa.

Os Feacios agasallan a Odiseo e o levan ata Itaca, onde o deixan

durmido.

Atena axuda a Odiseo en Itaca

• Atenea aparéceselle a Ulises para previrlle da situación do seu palacio e elaborar un plan de vinganza.

Os pretendentes

• O palacio de Ulises estaba “tomado” polos pretendentes de Penélope, que a premían para que elixise esposo. A fiel Penélope adiaba a elección coa desculpa de rematar un sudario para o seu sogro Laertes.

A Telemaquia

• Telémaco, o fillo de Ulises, intentara obter noticias do seu pai visitando a Menelao e Néstor. Acompañábao Atenea, disfrazada do seu parente Mentor.

O porqueiro Eumeo

• Ulises, convertido en mendigo por Atenea, visita ao porqueiro Eumeo e comproba a súa fidelidade.

Argos, o can de Odiseo

• O “mendigo” Ulises chega a súa casa e é recoñecido polo seu vello can Argos, que morre coa emoción.

Euriclea, a nodriza de Odiseo

• Penélope recibe hospitalariamente ao mendigo e ordea a Euriclea, antiga nodriza de Ulises, que o lave. A nodriza recoñéceo por unha cicatriz.

Pelexa co mendigo Iro

• Os pretendentes son insolentes con Ulises, que ten que pelexar con Iro, o mendigo oficial, para divertilos.

A proba do arco

• O “mendigo” Ulises aconsella a Penélope que estableza unha competición de arco e elixa como esposo ao vencedor. Ulises é o único capaz de tensar o seu propio arco de certar no blanco

A venganza de Odiseo

• Matanza dos pretendentes: Ulises mátaos a todos coa axuda do seu fillo, do seu pai e un par de criados fieis.

Castigo ás criadas

• Ulises ordena aforcar as escravas, que serviron aos pretendentes e mantiveron relacións con eles.

Ulises reencóntrase con Penélope

Hermes guía as almas dos pretendentes ao Hades. As familias deles renuncian á vinganza. Ulises volve a reinar en Itaca en paz.

Feito por Susana Losada SotoIES de Melide,

(A Coruña, Galicia, España)