OBRADOIRO - mycogalicia.com · Micoloxía, e a súa obra é considerada punto de referencia na...

76
VICERREITORÍA DE EXTENSIÓN UNIVERSITARIA E RELACIÓNS INTERNACIONAIS OBRADOIRO COGOMELOS: IDENTIFICACIÓN, RECOÑECEMENTO E USO» CURSO 2016-2017 FACULTADE DE BIOLOXÍA (OUTUBRO - NOVEMBRO, AULA 5)

Transcript of OBRADOIRO - mycogalicia.com · Micoloxía, e a súa obra é considerada punto de referencia na...

VICERREITORÍA DE EXTENSIÓN UNIVERSITARIA

E RELACIÓNS INTERNACIONAIS

OBRADOIRO

COGOMELOS: IDENTIFICACIÓN, RECOÑECEMENTO E USO»

CURSO 2016-2017

FACULTADE DE BIOLOXÍA (OUTUBRO - NOVEMBRO, AULA 5)

Estes apuntes son orixinais, poden ser fotocopiados e/ou difundidos

citando autoría

autora: Marisa Castro

contacto: [email protected]

ano de elaboración: 2016

institución: Universidade de Vigo

INDICE

Programa do obradoiro ............................. .............................................. 2

Os cogomelos ………………………………………………………………… 3 Introdución Sistemática e taxonomía: identificación e nomencla tura Evolución fúnxica Nomenclatura

Ecoloxía e reproducción dos macromicetos …………………….… … 11 Como se alimentan? Necrotróficos ou parasitos Saprotróficos ou saprofitos Biotróficos ou simbiontes: micorrizas e liques Como se reproducen os macromicetos? Caracteres para identificar cogomelos Caracteres morfolóxicos Caracteres organolépticos Caracteres microscópicos

Usos que poden darse aos cogomelos ………………………………… 19 Micogastronomía Intoxicación por cogomelos Etnomicoloxía Medicina Interés forestal Ordenamento forestal e aproveitamento sostible Comercialización de cogomelos silvestres Micoturismo

Bibliografía divulgativa de interese en Galicia ……… ………………… 30

Historia da investigación e divulgación micolóxica en Galicia …..… 31

Glosario micolóxico ………………………………………………………… 35 Glosario gráfico para identificación Glosario xeral

Equipo docente ……………………………………………………………… 54

Claves de identificación …………………………………………………… 55

PROGRAMA

OS COGOMELOS Introdución

Os cogomelos non son eles de por sí seres vivos completos, senón que corresponden ás frutificacións de certos organismos, os fungos eumicetos . Son algo así como o soporte das “sementes”, que neste caso se denominan esporas, que permiten aos fungos reproducirse, son estructuras microscópicas, inferiores a 30 µm.

Tampouco podemos afirmar que todos os fungos producen cogomelos. Só algúns deles, constituidos basicamente por numerosos filamentos microscópicos, o micelio, teñen esta capacidade, claro que nunhas condicións físicas, químicas e climáticas determinadas.

O micelio vive en xeral subterráneo ou inmerso no interior dun sustrato determinado e normalmente específico, é dicir, os fungos que viven en solos básicos (pH igoal ou superior a 7) non toleran ben os medios ácidos; os que descompoñen a madeira, rara vez poden desenvolverse directamente no solo, etc. De feito, hainos tan específicos que só viven sobre restos de uñas e cornos, coma Onygena equina, ou sobre excrementos como algunhas especies de Panaeolus, ou en lugares queimados coma a Pholiota highlandensis, etc.

En liñas xerais precisan dunha certa humidade e de temperaturas suaves, por eso nas nosas latitudes prefiren o outono e a primavera , de aí o dito popular “aparecen coma cogomelos no outono” cando un quere referirse ás cousas que proliferan abundantemente e de repente.

Ainda que a moitas persoas lles siga sorprendendo, non son plantas, nen vexetais. Tampouco animais. Necesitan aporte orgánico, xa que non realizan a fotosíntese, carecen de celulosa na parede celular, non acumulan almidón e, para reproducirse fano dun xeito diferente e bastante máis complexo que calquera dos vexetais e/ou plantas que producen esporas, tal é o caso das algas, dos musgos e dos fentos. Por todo eso clasifícanse no reino Fungi ou Micetal .

Son máis parecidos aos animais que as plantas, tanto na bioloxía como na composición química; pero como non se ven mover os naturalistas antigos asociaronos con plantas, do mesmo xeito que o fixeron cos corais e as esponxas, grupos que hoxendía se relacionan indudablemente co mundo animal.

Por outra banda, os fungos corresponden ao grupo de seres vivos máis numeroso sobre o Planeta, despois dos insectos. Estímase que hai arredor dun millón ou millón e medio de especies, ainda que só foran descritas arredor de 80.000 especies, bastante menos do 10% das existentes, de feito, cada ano publícanse unha media de 800 novas especies no mundo.

Evidentemente, non todos os fungos producen cogomelos (macromicetos). Por exemplo, as levaduras ou os productores de micose, tanto humanas e animais como vexetais, multiplícanse e reprodúcense de diversas maneiras, pero non forman frutificacións visibles, son micromicetos. Non é facil

calcular que porcentaxe dos fungos pertence a este grupo, uns investigadores falan dun 50%, mentras que outros indican só un 20%.

Desde que a especie humana existe, e fixo uso dos organismos que hai

no seu entorno (animais, plantas, fungos, etc.), intentou describilos, clasificalos e nomealos. ao principio de forma simple, tendo unicamente en conta características moi evidentes (forma, cor, cheiro, ...) e posibles usos (comida, medicamento, utensilios, ....), logo por un nome científico. Desta maneira naceu a taxonomía.

Sistemática e taxonomía: identificación e nomenclat ura

Así, a taxonomía é a ciencia que estuda a ordenación e catalogación dos organismos vivos, seguindo unhas normas preestablecidas. Nela conflúen tarefas coma a identificación, a clasificación e a nomenclatura. A identificación faise mediante a análise dos caracteres que diferencian un e outro grupo (sistemática) e na clasificación agrupanse os organismos (taxons) según os caracteres que teñen en común (taxonomía); mentras que a nomenclatura normaliza a denominación de cada un dos grupos establecidos pola taxonomía (taxon), e os normativiza según as pautas indicadas no Código de Nomenclatura das plantas, algas e fungos.

A taxonomía fúnxica, ao igual que a do resto dos seres vivos, deu moitas voltas; en certa medida debido aos avances científicos do último medio século, especialmente nos aspectos relacionados coa filoxenia, o xenoma e a orixe dos fungos. Ata hai uns 30 anos os investigadores non imaxinaban que se puidese conxeturar máis dunha posible orixe para todos os fungos e de feito, estes organismos clasificáronse dende moi antigo dentro do grupo das plantas e eran estudados por botánicos.

O naturalista e filósofo grego, Teofrasto de Efeso (sec. III a.C.), creador do primeiro sistema de clasificación para 500 especies vexetais baseada nas súas propiedades mediciñais, foi o primeiro en esgrimir unha “definición” de fungo cando os describiu como plantas que carecían de raíces, follas, froitos e flores. Moitos anos máis tarde, Pier Antonio Micheli (1679-1737) foi quen de observar as “sementes” (esporas) destes organismos e incluso chegou a semealas, considerando que se trataba de sementes como as das plantas con flores.

Quizais todo este confusionismo de incluir os fungos entre as plantas foi debido a que, ademais da súa aparente inmovilidade, se reproducían por esporas coma musgos e fentos. Deste xeito parecía, según o concepto de Linné, que os fungos estaban correctamente ubicados no reino Vexetal.

Sen embargo, algo fallaba nesas clasificacións, e é que os fungos ao igoal que nos animais, non son autótrofos, as paredes celulares son de quitina, acumulan glucóxeno e non almidón coma sustancia de reserva. Curiosamente nos planos de estudo españois continuan a ser explicados polos botánicos.

Foi o sueco Elias Fries (1794-1878) o primeiro en realizar amplos estudos destes organismos á marxe das plantas, de aí que sexa considerado o pai da Micoloxía, e a súa obra é considerada punto de referencia na nomenclatura fúnxica para un grande número de fungos.

Ó longo dos séculos XIX e XX foron varios os investigadores que propuxeron separar en reinos diferentes aos vexetais e os fungos; pero hasta 1959, en que Whittaker divulga e populariza a súa clasificación en cinco reinos (Monera, Protista, Fungi, Animal e Plantae), non se consegue facelo realmente.

Esta teoría firmemente desenvolvida por Whittaker e defendida, ainda que con algunhas modificacións, ata a actualidade pola súa discípula Lynn Margulis (Margulis & Schwartz, 1965) é apoiada por numerosos investigadores. Sen embargo, tamén ten moitos detractores, como Cavalier-Smith (1981-1998), Jeffrey (1971-1982), Woese (1994), etc. que pola súa parte elaboran outras clasificacións, nas que os fungos pretencen a un reino propio, basándose en caracteres moleculares e xenéticos, ademáis dos nutricionais e bioquímicos.

Na actualidade, entre os organismos eucariotas, en base a este tipo de traballos o reino Fungi foise restrinxindo aos eumicetos (fungos verdadeiros), carentes de flaxelos e coa parede celular de quitina, excluindo os mucilaxinosos (mixomicetos) no reino Protozoa e os fungos biflaxelados e con celulosa na parede celular (oomicetos), no Chromista (Ruggiero et al., 2015).

O reino Fungi, os eumicetos, inclúe fungos normalmente constituidos por filamentos (tabicados ou non, con un ou con varios núcleos), parede celular basicamente constituida por quitina (non celulosa), sustancia de reserva tipo glucóxeno (non amidón), con capacidade de absorción e reproducción sexual mediante esporas aflaxeladas, de dous ou catro tipos (sexos) diferentes (esporas gaméticas) e neste caso diferencianse principalmente pola esporoxénese: phyllum Chytridiomycota (microscópicos e monoflaxelados), Zygomycota (case sempre células con varios núcleos e sen corpos frutíferos macroscópicos), Ascomycota (células filamentosas, tabicadas, uni ou binucleadas, corpo frutífero en xeral macroscópico, esporas formadas en ascas), Basidiomycota (idem, excepto esporas formadas en basidios).

Na actualidade están descritas arredor de 85.000 especies de fungos a nivel mundial (só o 20% debe producir cogomelos); moitos investigadores consideran que debe de haber arredor de 1,5 millóns (máis que insectos). En España coñecense pouco máis de 3.000 especies produtoras de cogomelos y en Galicia, arredor de 2.000.

Como se ve, só producen cogomelos algúns dos fungos pertencentes aos Ascomycota (ascomicetos) e aos Basidiomycota (basidiomicetos).

Os ascomicetos presentan ascas (células en forma de ampola ou saco,

ver figura) portadoras de esporas, son estructuras xeralmente alongadas que conteñen no interior 8 esporas (rara vez 2, 4, 16, 32 ou 64). En cambio os basidiomicetos teñen basidios, estructuras máis ou menos mazudas, que levan as esporas no extremo de 4 filamentos cortos ou esterigmas (forma de ubre de vaca ou de polvo, ver figura), rara vez o número é de 2 ou 6.

Os organismos semellantes vanse agrupando entre sí constituindo os taxons, dispostos xerarquicamente. O taxon de rango menor, ou base, é a especie.

As especies próximas agrúpanse en xéneros, éstes en familias, que a súa vez o fan en órdenes, clases e phyllum (= división), que a súa vez poden estar subdivididos en subphyllum, subclase, suborden, subfamilia, subxénero e sección.

Tamén a forma de nutrición dos fungos é diferente ao resto dos seres vivos. Son heterótrofos como os animais, necesitan o aporte de materia orgánica, xa que non son capaces de sintetizala como fan as plantas; pero diferencianse na forma de ingerila. Os fungos emiten ao exterior sustancias químicas (enzimas) capaces de destruir as moléculas orgánicas e despois absorben os nutrientes a través das membranas (dixestión externa).

A materia orgánica tómana a partir de sustancias mortas (descompoñedores ou saprotróficos) ou de seres vivos, xa sexa causandolles problemas e incluso a morte (parásitos ou necrotróficos) ou asociándose con eles (biotróficos). Neste caso poden facelo coas raíces das plantas (micorrizas) ou con algas (liques).

Son capaces de vivir sobre calquera tipo de sustrato: humus, madeira, follas, ramas, piñas, excrementos, esterco, roupa vella, cornos e pezuñas de animais, avispas, pupas de insectos, ... Na natureza ou nos domicilios.

No caso de querer simplificar os termos e non usar a nomenclatura científica a nivel de phyllum, dunha maneira simple pódese falar de eumicetos (fungos verdadeiros) e ficomicetos (semellantes a algas, menos evolucionados) e dentro dos primeiros distínguense os macromicetos (frutificacións visibles a simple vista) e os micromicetos (sen frutificacións aparentes).

Os basidiomicetos subdivídense en dous grupos: himenomicetos co

himenio externo como o champiñón e os gasteromicetos con el interno como os peidos de lobo. E nos ascomicetos diferencianse os que teñen forma de copa como as pezizas ou as pantorras e os que teñen himenio interno como as trufas que se inclúen nos discomicetos, mentres que os que gardan o himenio dentro dunha estrutura a modo de botella (peritecio) pertencen aos pirenomicetos. Esta clasificación é totalmente artificial, só se consideran caracteres macroscópicos.

Neste plantexamento, dos macromicetos exclúense os mixomicetos (phylla Myxomycota) ou fungos que teñen a fase vexetativa mucilaxinosa (plasmodio), porque a pesar de que as frutificacións productoras de esporas oscilan, en xeral, entre 1 e 10 mm, a súa bioloxía (composición química, reproducción, nutrición, etc.) é moi diferente. E tamén se exclúen os liques, que son asociacións entre algas e fungos, nos que a reprodución sexual é realizada unicamente polo fungo.

Evolución fúnxica

Os fungos son organismos capaces de adaptarse, ou polo menos de sobrevivir, en circunstancias adversas. Debido á capacidade que teñen de producir formas de resistencia, poden soportar elevados rangos de temperatura, humidade e/ou acidez; ademais son moi versátiles; é dicir, fungos que de xeito habitual presentan un metabolismo aerobio, poden en circunstancias extremas e en ausencia de osíxeno, comportarse coma fermentadores aneaerobios. Todo isto dá unha idea da súa capacidade adaptativa.

En xeral hai poucos estudios sobre fungos fósiles e os poucos que se fixeron non aportan demasiado ao coñecemento da evolución dos ficomicetos e eumicetos (impropiamente denominados fungos inferiores e superiores, respectivamente).

Os fósiles de fungos (estudiados pola Paleomicoloxía) están formados por anacos escasos para a identificación das especies. A existencia de fungos de

consistencia mucilaxinosa, semellante á das amebas fai pensar nunha orixe remota para estes organismos.

Parece ser que xa se atoparon fungos en sedimentos do Precámbrico (hai 2.500 a 3.000 millóns de anos). Só nalgúns casos recentes se atopan carpóforos completos; pero foi no Devónico (374-390 millóns de anos) cando se observaron numerosas hifas fosilizadas, tabicadas ou non, que parecen pertencer a fungos simbiontes con plantas terrestres.

Hoxe por hoxe, créese que os fungos verdadeiros tiveron a súa orixe a principios do Paleozoico en ambientes mariños e que gañaron o medio terrestre asociados ás especies que parasitaban o coas que mantiñan algún outro tipo de relación nutícia ou trófica. De feito considerase que a existencia de relacións entre fungos e organismos doutros reinos é unha das causas, e ao mesmo tempo consecuencia, da coevolución entre ambos.

En relación ao nivel de organización celular considérase, como é lóxico, que as formas máis antigas eran sinxelas, posiblemente con algún ancestro común con protozoos e algas, evolucionando varias liñas paralelas ao longo do tempo foronse complicando, ainda que, posiblemente nalgún caso, puideron atrofiarse parte das estructuras formadas en períodos anteriores; así hai fungos parásitos altamente especializados, o que indica un elevado grao de evolución, a pesar da súa dependencia doutro organismo autónomo ou autótrofo.

Relaciónanse coas algas pola semellanza morfolóxica e das estructuras reproductoras sexuais dalgúns oomicetos con algas douradas (xantofíceas) ou da propia reproducción sexual de certos zigomicetos con algas verdes (zignematáceas), ainda que a estructura e a química dos corpos vexetativos sexan moi diferentes. E cos protozoos pola química das sustancias de reserva e pola heterotrofia.

Por outro lado, a química da parede celular e da sustancia de reserva, celulosa e micolaminarina, dos oomicetos, frente a quitina e glucóxeno, dos eumicetos parecen deixar claro que os antecesores dos diferentes grupos fungos poden ser moi diferentes. En conclusión, parece existir unha evolución polifilética.

Como se pode deducir, os fungos son un grupo complexo, de moi diferente morfoloxía. Ás veces son simples células illadas ou formando masas amorfas, como o fungo productor do kefir (Saccharomyces kefir) ou as levaduras responsables da fermentación alcohólica como a da cervexa (Saccharomyces cerevisiae), e outras, son longos filamentos productores de cogomelos, como é o caso do champiñón de París (Agaricus bisporus).

Ata hai pouco a taxonomía baseabase só en caracteres macroscópicos, organolépticos ou microscópicos; sen embargo a micotaxonomía está suxeita a grandes cambios debido, por unha banda, ao desenvolvemento de novas metodoloxías de traballo e por outra, a aplicación de novas tecnoloxías relacionadas coa secuenciación do ADN. Estes traballos intentan acabar cunha época extremadamente subxetiva e concentrarse así en caracteres xenético-moleculares que permiten agrupar taxons, anteriormente separados por

caracteres inconstantes e pouco diferenciadores. Estas técnicas son especialmente útiles naquelas especies das que só se coñece a forma asexual ou anamorfa.

Nomenclatura

Logo de describir e clasificar os organismos, para poder referirse a eles e, en definitiva, coñecelos, é necesario darlles un nome. Esto é o que estudia a nomenclatura.

Os cogomelos, e non son unha excepción entre o resto dos seres vivos, nomeanse de duas maneiras posibles: popular e cientificamente. O nome popular (mal chamado vulgar) ou vernáculo é o que lle da cada poboación para referirse a unha especie dada, non é único, xa que pode variar dun país a outro ou dunha aldea a outra e, incluso, un mesmo nome popular serve para denominar diferentes especies micolóxicas. Así zarrota, serve para referirse a varias especies de distintos xéneros, e o mesmo cogomelo ten nomes diferentes segundo o lugar de Galicia no que nos atopamos: zarrota, monxo, cogordo, patamela, ....

As especies noméanse según unha nomenclatura binomial, semellante a usada para animais e plantas. Nomeanse con duas palabras, o nome xenérico (escrito en maiúscula) e o epíteto específico (en minúscula). Este sistema foi extendido polo naturalista sueco, Carl von Linné (Linneo) en 1753 na obra Species Plantarum, exemplo Xerocomus badius (ou abreviada, X. badius).

Despois de Linné houbo gran confusionismo entre os distintos investigadores o que levou a que se creara un Código Internacional de Nomenclatura (París, 1867) modificado en sucesivas ocasións e ao que non se lle fixo grande caso ata 1972 (código de Seatle). A última actualización é de 2012 e chámase Código de Nomenclatura de Algas, Fungos y Plantas (Melbourne). O código contén unha serie de normas, que permiten a comunicación entre os micólogos de tódolos países do mundo, xa que o nome científico é único para cada especie e está escrito en latín.

O nome latino escríbese a primeira palabra (xénero) con maiúscula e a segunda (epíteto específico) en minúscula, sempre en letra cursiva e complétase coa abreviatura do autor (ou autores) responsable da denominación primitiva, ou de calquera cambio significativo producido nel, por exemplo: Boletus badius Fr. (1821) = Xerocomus badius (Fr.) Kühner et J.-E.Gilbert. (1931) = Imleria badia (Fr.) Vizzini (2014).

A abreviatura dos autores está normalizada internacionalmente no traballo de Brummitt et Powell (1992) ou no de Kirk et al. (2002).

Os primeiros micólogos que recopilaron a case totalidade de nomes existentes ata ese momento foron Christiaan Hendrik PERSOON para gasteromicetos (Synopsis Methodica Fungorum, 1801) e Elias Fries para o resto (Systema Mycologicum, 1821, 1823 e Elenchus Fungorum, 1828).

É tal a importancia destes micólogos, que a pesar de ser considerada Species Plantarum (Linné, 1753) a obra de partida dende o punto de vista nomenclatural, todos os nomes de fungos publicados por Fries e Persoon, nesas obras, consideranse prioritarios e son así sancionados frente a outros máis antigos. Na citación dos autores reflexase colocando dous puntos (« : ») entre o autor máis antigo e Fries ou Persoon, por exemplo Agaricus deliciosus publicado por Linné (1753) y posteriormente, por Fries (1821), queda como: Agaricus deliciosus L. : Fr.

Neste caso, como un pouco máis tarde, tamén en 1821, outro micólogo, Samuel Frederick Gray, considerou que a especie debía incluirse no novo xénero Lactarius, xa que reunía as características propias del: carne grauda e deixaba saír látex ao rompelo, polo que o nome actual desta especie é Lactarius deliciosus (L.: Fr.) Gray. Neste caso os autores anteriores ao que fixo a última modificación colocanse entre paréntese.

O primeiro nome dado por Fries, como serviu de base para a denominación actual, chámaselle basiónimo.

As normas nomenclaturais foron variando e adaptándose para resolver os problemas que apareceron dende 1910, en que se publicou o primeiro Código, ata a actualidade. Hoxendía para que a denominación dada a unha especie sexa aceptada pola comunidade científica ten que reunir tres condicións: ser publicada unha descripción breve en latín, nunha revista científica con difusión normal entre a comunidade científica e a descripción ten que estar basada nun exemplar, que hai que conservar seco (exsiccata) nunha micoteca, ou herbario, localizable.

O Código Internacional de Nomenclatura tamén indica como deben nomearse as categorías superiores a especie, escritas igoalmente en latín. Así, as familias derivan do nome dun xénero e acaban en -aceae, os órdenes derivan dunha familia e acaban en -ales, as clases, fano en -cetes, os subphyllum, en -mycotina e os phyllum, en -mycota, por exemplo Cantharellus cibarius Fr., a familia é Cantharellaceae, o orden é Cantharellales, a clase Basidiomycetes, o subphyllum Basidiomycotina e o phyllum Basidiomycota.

ECOLOXÍA E REPRODUCCIÓN DOS MACROMICETOS

Como se alimentan? O condicionante alimenticio dos fungos é a ausencia de clorofila, o que

lles impide realizar a fotosíntese, polo que precisan de materia orgánica externa para desenvolver o seu ciclo biolóxico. Esta materia orgáncia atópana en bosques frondosos, pero tamén nas dunas, á beira do mar, no esterco, en pequenas ramas, árbores caídas, etc., polo que é posible atopar fungos incluso en lugares aparentemente nús.

En función da maneira de nutrirse diferencianse tres tipos: � Necrotróficos ou parasitos, � Saprotróficos ou saprófitos, � Biotróficos ou simbiontes,

Necrotróficos ou parásitos

Son os que viven a expensas doutros seres vivos, sen aportar nada a cambio e incluso podendolle causa-la morte. A maioría dos fungos que actúan coma parásitos doutros seres vivos, xa sexa plantas, animais ou outros fungos, non son macromicetos, a rede de hifas do fungo penetra nos tecidos do hospedante, e as estructuras reproductoras son igualmente microscópicas. Corresponden á maioría dos patóxenos das plantas de interese comercial, dos humanos e dos animais. Por exemplo, Phytoptora infestans (corazón negro da pataca), que parasita diversas solanáceas, entre elas a pataca, e que foi o causante da emigración dun millón e medio de irlandeses e de cerca dun millón de mortos por fame, na Irlanda do século XIX, ou Plasmopara viticola (mildiu da vide), que estivo a punto de modificar toda a agricultura vitivinícola en Francia, no mesmo século.

Tamén algúns macromicetos usan esta estratexia para obter materia orgánica, necesaria para o seu desenvolvemento. Hai unha gran variabilidade en canto o grado de virulencia e perigosidade destes parásitos. Entre os que frutifican en Galicia, e que poden ter importancia no mundo forestal, destacan os seguintes:

Grupo de Armillaria mellea, parásito moi forte que ataca tanto caducifolias, carballos e cerquiños (Quercus) ou bidueiros (Betula), coma coníferas, piñeiros (Pinus). Ten ademais a particularidade de que pode actuar coma saprófita sobre os restos da árbore que antes parasitou e desde alí extenderse en círculo buscando novas árbores vivas que poder atacar, mediante longos filamentes miceliares que, neste caso, poden ser fosforescentes.

Ganoderma resinaceum e Ganoderma australe, tamén son severos parásitos de mimosas e acacias de madeira negra (Acacia), bidueiros (Betula), e carballos, cerquiños, sobreiros (Quercus), entre outros.

Heterobasidion annosum, que actua coma parásita do sistema radical tanto de árbores: bidueros, piñeiros, etc. coma arbustos, xestas (Cytisus) e uces ou queirugas (Erica).

Inonotus hispidus, especialmente perigoso para arbores froiteiras, mazairas (Malus), ameixeiras e cerdeiras (Prunus), ou para freixos (Fraxinus) e choupos (Populus).

Porodaedalea pini ataca aos piñeiros, a súa virulencia depende, entre outras cousas, da idade da plantación. Outros semellantes como Phellinus pomaceus, que ataca sobre todo a pereiras (Pyrus), mazairas (Malus), ameixeiras e cerdeiras (Prunus) ou Fuscoporia torulosa que ataca, entre outros a eucaliptos (Eucalyptus) e acacias (Acacia).

Piptoporus betulinus, que afecta a bidueiros (Betula) vellos. Entre os macromicetos que parasitan animais destaca sobre todo o

ascomiceto Cordyceps militaris, que frutifica sobre sobre crisálidas ou larvas de bolboretas, especialmente da procesionaria do piñeiro.

Tamén os propios cogomelos poden ser obxetivo de micoparásitos, asi temos a Asterophora parasitica, que aparece sobre carpóforos de Russula, grupo nigricans; Asterophora lycoperdoides, sobre diversas Russula ou Lactarius; Volvariella surrecta, sobre Clitocybe nebularis ou Tolypocladium capitatum e Tolypocladium ophioglossoides que parasitan especies de Elaphomyces.

Saprotróficos ou saprófitos

Obteñen o seu alimento a partir da materia orgánica morta. Cumpren un importante papel na degradación do refugallo xerado nos bosques e prados, sendo responsables da formación do humus. Sen eles o lixo orgánico acumularíase indefinidamente no planeta.

Estes fungos, moitos dos cales son macromicetos, desempeñan un papel fundamental, na descomposición e reciclaxe da materia orgánica nos ecosistemas. Cada especie ou xénero de cogomelo especialízase nun determinado sustrato, algúns descompoñen follas, outros madeira ou excrementos, ou tecidos, ou papel, etc...

En función do sustrato podemos clasificalos nos seguintes grupos: Lignícolas: crecen sobre madeira, tanto caída ou cortada, como ramas,

tocóns ou piñas. Algúns exemplos de especies lignícolas presentes en Galicia son: Crepidotus mollis, Gymnopilus junonius, Mycena seynii, Pholiota alnicola, Pluteus cervinus, Psilocybe hepathochrous, Tricholomopsis rutilans, Tremella mesenterica, Sparassis crispa, Volvariella caesiotincta..

Humícolas: están directamente no solo, sobre humus e restos vexetais en descomposición. Un exemplo para Galicia son: Agaricus campestris, Chlorophyllum rachodes, Coprinus comatus, Lepiota aspera, Macrolepiota procera, Marasmius hudsonii, Volvopluteus gloiocephala, Bovista plumbea, Lycoperdon perlatum, Phallus impudicus.

Carbófilas ou pirófilas: frutifican en lugares queimados. Distínguense entre antracobiontes, se son exclusivas destes hábitats, coma por exemplo Pholiota higlandensis; antracófilas, se prefiren este hábitat pero non son exclusivas, e por último antracóxenas, que aparecen ocasionalemente neste tipo de sustratos.

Coprófilas, fimícolas: frutifican sobre excrementos animais ou sobre esterco, respectivamente. Algúns exemplos da micobiota galega son: Coprinus sterquilinus, Panaeolus semiovatus ou Protostropharia semiglobata.

Biotróficos ou simbiontes

Son aqueles que necesitan asociarse a outro organismo vivo, obtendo ámbolos dous un beneficio. A asociación pode ser cun alga, formando os liques ou coas plantas vasculares dando lugar ás micorrizas. Neste caso o micelio do fungo rodea ás raíces, ou penetra nas células radicais, de xeito que poden protexer a planta de parásitos edáficos, ademais de aumentar a superficie de absorción da raíz; mentres que o fungo aproveita substancias orgánicas xa elaboradas pola planta.

Os principais tipos de asociacións micorrícicas que se poden atopar na natureza son: endo- e ectomicorrizas.

Endomicorrizas , nas que as hifas do fungo penetran, e formas estructuras diferenciadas, no interior das células radicais de plantas. Forestalmente o tipo máis importante son as micorrizas vesículo-arbusculares (MVA). Estas asociacións, en xeral, lévana a cabo fungos do phyllum Zygomycota.

Ectomicorrizas , nas que un manto de hifas recubren as raíces, sen penetrar no interior das células. É o tipo de relación que establecen a maioría dos fungos macromicetos, ainda que se sospeita que algúns representantes do xénero Xerocomus poden establecer ectendomicorizas (similares as ectomicorricas na presencia do manto hifal; pero penetran no interior das células e producen unha serie de estructuras especializadas).

O grado de especificidade planta-fungo varía moito segundo a especie de cogomelo, por exemplo Lactarius deliciosus soamente establece micorrizas con coníferas, preferentemente piñeiros (Pinus); Amanita muscaria ten preferencia polos bidueiros, pero tamén se asocia con piñeiros, castañeiros (Castanea), carpazas (Cistus), etc., e outras especies, coma Amanita rubescens, son practicamente indiferentes ao hospedante.

Algúns dos xéneros, total ou parcialmente, micorrícicos presentes en Galicia son: Amanita, Boletus sensu lato, Cortinarius, Descolea, Inocybe, Laccaria, Lactarius, Russula, Tricholoma e Rhizopogon.

Algúns grupos de plantas vasculares, como orquídeas, uces ou érbedos, establecen outros tipos específicos de micorrizas. De feito, para que as sementes das orquídeas poidan xermolar necesitan dun fungo específico, que establece unha asociación complexa con elas.

Unha destas asociacións, moi sofisticada e permanente é a que forma os liques . Son conxuncións de algas unicelulares e fungos, sendo unicamente o fungo o que conserva a capacidade reproductora sexual. Cómo se reproducen os macromicetos?

Os fungos teñen ciclos biolóxicos moi diferentes según o phyllum ou grupo ao que pertencen e según sexan, máis o menos, evolucionados. Incluso entre os máis desenvolvidos e de maior tamaño como os que producen cogomelos (asco e basidiomicetos) as diferencias son considerables e o ciclo é moi distinto ao que se pode ver en plantas e animais.

Reprodúcense mediante esporas que se forman nunha superficie fértil, o himenio (laminiñas, aguillóns, tubos, etc.). As esporas, semellantes en forma e cor ás que producen os fentos ou os musgos, sofren un proceso de xermolación, apareamento e fecundación (gamia) antes de dar lugar novamente a un cogomelo, son esporas con función de gametos.

Non teñen sementes, nen producen embrións, polo que o coñecemento preciso do ciclo biolóxico dunha especie é a primeira premisa a cumprir antes de intentar domesticala, é dicir, de cultivala.

O CICLO MÁIS SIMPLE CORRESPONDE COS BASIDIOMICETOS. NEL OS COGOMELOS

MADUROS LIBERAN AS ESPORAS, QUE, CANDO CAEN NUN LUGAR CON CONDICIÓNS

ECOLÓXICAS E CLIMÁTICAS PRECISAS E CONCRETAS DE HUMIDADE, TEMPERATURA, ETC., XERMOLAN DANDO FILAMENTOS PLURICELULARES (HIFAS) MONOCARIÓTICOS, QUE MEDRAN, SE RAMIFICAN E PRODUCEN O MICELIO PRIMARIO.

As esporas poden ser de un ou de varios “sexos” (2 ou 4), polo tanto os micelios primarios só poden frutificar, é dicir, dar cogomelos, cando se atopan dous afíns (+ ou -, nos fungos non se fala de machos e femias). Se é así, fúndense un co outro (somatogamia ) e dan un micelio dicariótico, o micelio secundario.

O micelio secundario (comercialmente coñecido como branco de fungo ) segue a medrar ata que chega a unha talla adecuada e, neste momento, se as condicións ambientais son adecuadas, forma os carpóforos , ou sexa, os cogomelos. Primeiro un pequeno gromo, o primordio, afundido no substrato (hipoxeo ou semihipoxeo), que coa humidade adecuada desenvolvese e sae ao exterior.

Un cogomelo (incluso os de aparencia fráxil como Coprinus comatus) ao romper o sustrato exerce unha presión tan forte que pode levantar beirarúas, estradas, pedras de varios kilos de peso, etc., chegando a causar verdadeiros problemas nalgunhas pistas deportivas.

Os cogomelos están formados por micelio secundario. Só nas partes terminais dalgunhas hifas (basidios ) o ciclo chega a completarse, fusionándose os núcleos celulares producindo células diploides (cigotos ), que posteriormente sufren unha redución cromosómica (meiose ) e forman novamente esporas. Este micelio fértil recibe o nome de micelio terciario .

Nos ascomicetos o ciclo é un pouco diferente, xa que as esporas gaméticas producen tamén hifas monocarióticas (micelio primario), pero este no final dunhas hifas forma anteridios (formador de núcleos masculinos) e doutras ascogonios (núcleos femininos). Os núcleos femininos xuntanse cos masculinos (ascogamia ) para dar lugar aos cigotos que se separan de un en un en unha especie de sacos (ascas ), sufren meiose e despois mitose para dar 8 ascosporas, que son capaces de renovar o ciclo.

Factores relacionados coa frutificación

A parte vexetativa do fungo, o micelio, é o encargado de producir, nun determinado momento, as estructuras encargadas de xenerar basidios ou ascos, que conteñen as esporas ata a maduración das mesmas nos carpóforos (ascomas ou basidiomas, respectivamente).

Sen embargo, cal ou cales son os factores que determinan o momento idóneo para a producción dos cogomelos?.

Sábese que hai factores internos, coma a producción de determinadas hormonas, que ao liberarse deteñen o crecemento do micelio e estimulan a formación do cogomelo; pero na maioría dos casos descoñécense por completo cales son as sustancias e os mecanismos implicados. Ainda falta moito, en termos xerais, por coñecer a fisioloxía fúnxica.

Tamén hai factores externos, entre os que cabe salientar como máis influintes na frutificación dos fungos, a humidade, a temperatura e a luz. A maior parte dos cogomelos necesitan unha humidade ambiental relativamente alta, polo menos a nivel “local” onde está o micelio, para así poder frutificar, xunto coa temperatura ambiental adecuada, nin demasiado alta nin demasiado baixa.

Estes dous factores, humidade e temperatura , son os que fan que a frutificación de case todos os cogomelos se concentre preferentemente no outono e, en menor medida, na primavera, por ser as épocas do ano que reunen as mellores condicións. Nestas latitudes, os intensos fríos invernais e a sequedade total do verán fan case imposible a aparición de carpóforos; sen embargo nas zonas con ausencia case total de xeadas, como os piñeirais dunares, nos veráns relativamente húmidos, pódense apañar cogomelos todo o ano.

Por outra parte, entre as especies historicamente cultivadas, domesticadas , sábese que a influencia do fotoperíodo é moi importante para a aparición de cogomelos. De todos é sabido que os champiñóns (Agaricus bisporus) se cultivaban antigamente en minas e túneis abandoados para que frutificaran; mentras que a seta de choupo (Pleurotus ostreatus) se facía ao ar libre ou en invernadeiros con luminosidade alta. Sen embargo, apenas hai estudios sobre a incidencia deste factor no medio natural.

Compre destacar que, en xeral, os cogomelos micorrícicos teñen menor dependencia dos factores ambientais que os saprotróficos e moita máis do hospedante, o que lles permite en ocasións frutificar en condicións

aparentemente pouco propicias ou con cantidades de auga relativamente pequenas, como o simple rocío nocturno de principios do outono ou das noites frescas da primavera.

Caracteres para identificar cogomelos A maioría dos macromicetos identifícanse mediante a análise dos

caracteres morfolóxicos dos carpóforos (cogomelos), tanto macroscópicos (forma e tamaño de cada unha das partes dos carpóforos) coma microscópicos (forma, tamaño de ascas, basidios, hifas, esporas, etc.) e organolépticos (cheiro, sabor, cor, textura, etc.).

Caracteres morfolóxicos Os carpóforos de cada grupo taxonómico presentan unhas características

diferenciadoras e propias de cada un. Así, para analizalos pódense diferenciar: pirenomicetos e discomicetos, entre os Ascomycota (con ascas) e himenomicetos e gasteromicetos, entre os Basidiomycota (con basidios).

Os pirenomicetos están constituidos por peritecios illados, ou con máis frecuencia, reunidos no interior dun estroma ou sumerxidos no interior dun sustrato.

Os discomicetos teñen carpóforos en forma de apotecio, son copas máis ou menos desenvolvidas, ás veces con pé, illados ou agrupados, con ou sen pé. Un caso particular dentro deste grupo son os tuberáceos (Tuber, Terfezia, Choiromyces, ...), nos que a superficie himenial está no interior dunha bola e son hipoxeos.

Os gasteromicetos, presentan a superficie himenial interna, é dicir, só liberan as esporas cando están totalmente maduros. Teñen formas máis ou menos esféricas e poden ser hipoxeos ou epixeos.

E, os himenomicetos expoñen ao exterior, case desde o principio, a superficie himenial, que adopta formas distintas: láminas, tubos, pregues, aguillóns, etc... (figs. *).

OS CARACTERES MACROSCÓPICOS SON AQUELES QUE PODEMOS APRECIAR A

SIMPLE VISTA OU CON AXUDA DUNHA LUPA. Sombreiro ou píleo: É a parte máis ancha do cogomelo, situada enriba do

pé e que pode adoptar unha ampla variedade de formas: convexo, deprimido ou embudado, umbonado, papilado, campanulado ou cónico. Estas formas non sempre son claras, poden existir morfoloxías intermedias e, ademais, dependen do estadío de crecemento. Nunha mesma especie poden observarse distintas formas.

Esta variabilidade tamén afecta ás marxes ou bordes, poden ser estriados (superficialmente ou por transparencia), festoneados, ondulados, rimosos, ... e presentar, ou non, restos de veo sobre a súa superficie deixando copos, láminas, etc. Ademáis a superficie pode ser lisa, avelulada, fibrosa, escamosa, etc.

Na parte inferior do sombreiro atópase a superficie fértil do cogomelo, o himenóforo (himenio), que pode presentar distintas formas e cores: láminas, aguillóns, tubos, pregues, etc. ou incluso ser liso. É moi importante a disposición deste con respecto ao pé, especialmente cando é laminado: adnadas (en contacto co pé), libres (confluentes co pé pero sin tocarlle), decurrentes (cando chegan ao pé, recubrindo parte del) e sinuadas ou escotadas (presentan unha depresión na proximidade do pé). Pódense ver mellor cortando o cogomelo verticalmente.

Pé ou estipe: É a parte do cogomelo que sostén ao sombreiro, ainda que non sempre existe, nese caso o cogomelo é sésil. Pode estar centrado, con respecto ao píleo, excéntrico ou completamente lateral e a forma, tamén variable, pode ser: cilíndrica, atenuada (apical ou basamente), bulboso ou radicante.

En relación coa estructura interna do pé, a trama, pode ser cheo (compacto), fistuloso (canal ao longo do pé) ou cavernoso (presentar ocos).

Ten grande importancia na identificación, a forma da base do pé: subigual, bulbosa (marxinada ou non) ou radicante, lisa ou con rizomorfos (semellan pequenas “raices” ).

Nalgunhas especies presentan un anel arredor do pé, procedente da membrana que envolve o himenóforo antes de que o cogomelo comenze a desenvolverse (veo parcial). Pode ser simple, dobre ou cortiniforme, péndulo, envainador ou linear, móbil ou fixo.

Ás veces, a membrana que envolve totalmente ao primordio, cando ainda está sen desenvolver o cogomelo, rompe deixando restos, no sombreiro os copos ou láminas, e na base do pé, a volva. Esta estructura é característica dalgúns xéneros como Amanita, Volvariella e Torrendia. Non debe ser confundida co pé bulboso ou ensanchado. As formas máis frecuentes desta estructura son: saquiforme, circuncisa ou escamosa.

A cor da esporada, depósito das esporas do cogomelo sobre un papel, é un caracter indicativo do grupo taxonómico, normalmente familia ou xénero, ao que pertence a especie que estudamos. Nalgúns xéneros, coma Russula, este caracter resulta ademais imprescindible para poder identificar a especie.

Unha forma sinxela de obter a esporada é colocar o corpo frutífero co himenio en contacto cunha cartulina, o resto do cogomelo nun recipiente con auga. Deste xeito mantéñense as condicións de humidade necesarias para que o cogomelo continúe a depositar as esporas e así poidamos observalas sobre a cartulina.

É importante seleccionar a cor da cartulina en función da cor do himenio, xa que isto nos dá unha idea da cor que poden ter as esporas. Se temos un cogomelo con himenio moi clariño (branco, crema, rosado...) e mellor usar unha cartulina negra, pola contra se o himenio é moi escuro (pardo, negro, ...) resulta mais prática unha cartulina branca.

Unha vez que colocamos o cogomelo no recipiente deíxase unhas 24 h, tendo coidado de que non aprodreza por exceso de humidade. Pasado este

tempo retirase a cartulina e pódese observar a cor das esporas en masa. Adicionalmente pódese utilizar a esporada para facer preparacións microscópicas e observar así as características das esporas.

Tamén hai cogomelos con forma máis ou menos esférica que conteñen as esporas no seu interior (himenio interno) e que as liberan adoptando moi diferentes formas (estrela, ovos, fálicas, rede, ...)

Caracteres organolépticos

Cor: é necesario observar cuidadosamente tanto a do sombreiro, do himenóforo e do pé coma a da trama e, no caso que exuden látex, a cor do mesmo e incluso se varía ao longo do tempo ou en contacto con algunha superficie (tecido, vidro, papel, ...).

Sabor: cómpre probar un cachiño do cogomelo (sombreiro, himenóforo, pé ou látex), masticar e botar fóra, non tragar. En certos xéneros como Russula e Lactarius resulta case imprescindible para a súa identificación.

Cheiro: débese anotar en fresco, no momento de ser recollido e en bon estado de conservación. Hai aromas que caracterizan a determinadas especies como o cheiro a sardiña na base do pé de Inocybe calamistrata, a pataca crúa en Amanita citrina, anís en Agaricus arvensis, a coles podres en Gymnopus brassicolens ou a cadáver en Phallus impudicus.

Tacto: permite detectar rugosidades, superficies aveludadas, fariñentas, ... Son tamén caracteres importantes para observar xa no campo.

Ouvido: parece que non se podería aplicar en micoloxía, pero quen non recorda facilmente o “crack” do pé dunha Russula ou dun Lactarius? Tamén pode usarse.

Caracteres microscópicos

Son imprescindibles para identificar unha especie con seguridade. Morfoloxía e tamaño de basidios, cistidios, ascas, paráfisis, trama, esporas, pileipelis, estipitepelis, ... é fundamental para consultar calquera clave científica; sen embargo non son importantes nas especies comestibles, xa que estas deben recoñecerse visualmente ou polo menos non debe existir confusión posible con unha tóxica parecida, por exemplo as cantarelas: Cantharellus cibarius, C. subpruinosus, C. ferrugineus, ... teñen calidade diferente, pero a súa confusión non ten importancia á hora de comelas (pode tela á hora de compralas) ou as andoas: Boletus edulis, B. reticulatus, B. pinophilus e B. aereus, todos de excelente calidade.

USOS (E ABUSOS) QUE PODEN DARSE AOS (E CON OS) COGOMELOS

1. MICOGASTRONOMÍA Aquela idea defendida por algúns etnógrafos (Lévi-Straus, 1962) de que os

cogomelos foran usados polo home desde os primeiros tempos, quedou ben patente cando se estudiu a momia do “Home dos Xeos”, atopada en Hauslabjoch (fronteira italo-alemana) e datada entre 3100 e 3350 a.C. Viuse que no seu morral levaba restos de carpóforos de isca (posiblemente Fomes) para encender o lume e da isca dos bidueiros (Piptoporus betulinus), cogomelo cun elevado número de propiedades mediciñais. Non hai restos claros de especies comestibles, algo lóxico, xa que son carnosas e apodrecen, non se fosilizan facilmente.

Por outro lado, se os animais os comían como non o ía facer o home se apañaba bulbos, raíces, froitos silvestres. O único problema plantexano as especies tóxicas, porque para diferencialas non se pode fiar un do que fagan os animais. Hai setas tóxicas, mortais, como Amanita phalloides que poden ser comidas sen nengún problema por lesmas. Noutros casos, si producen efeitos nocivos semellantes en animais e humanos, por exemplo o brincabois (Amanita muscaria) consumida por gatos provocalles forte excitación, seguida dunha profunda somnolencia, tamén manifesta propiedades enteóxenas para eles.

En realidade para diferenciar un cogomelo comestible dun tóxico hai que coñecelo con precisión, polos seus caracteres morfolóxicos e polo nome, mellor o científico (xénero e especie) que o popular, xa que as veces un mesmo nome popular pódese referir a varias especies e eso crea certo confusionismo. Ainda ben, que en Europa arredor dunhas 300 especies son comestibles, de mellor ou peor calidade, frente a unha ducia realmente perigosas.

Hoxendía, que tan de moda están as dietas sans e naturais, pode xurdir a cuestión de se os cogomelos son realmente un alimento saudable. A resposta é ben sinxela, a pesar dos moitos detractores que ainda hai en Galicia. Son alimentos completos e saudables.

Como a maior parte dos vexetais arredor do 90 % da súa composición é auga; pero o resto do peso ten 1,8 % de proteinas, 0,3% de lípidos (grasas), 4% de hidratos de carbono (azúcares), 2,5% de fibra e só aportan 25 Kcal por cada 100 gr de seta fresca. Ademáis, son ricos en diversos minerais como Ca (9%o), Fe (1%o), Mg (14%o), Zn (0,1%o), Na (9%o), K (47%o), entre outros. E algunhas especies, como a cantarela (Cantharellus cibarius), teñen unha gran riqueza en vitaminas e pro-vitaminas.

No século XVIII coñécense casos de persoas que viviron durante meses cunha dieta baseada exclusivamente en cogomelos, sen notar cansancio, debilitamento, ... E en épocas de guerra eran usadas como parte das dietas dos hospitais para favorecer a recuperación dos doentes con anemias e debilitados polos post-operatorios, xa que algunhas especies estimulan o sistema inmunitario, tal é o caso do coñecido rheisi (Ganoderma lucidum) ou do shii-take (Lentinula edodes), axudan a baixar o colestorol malo e facilitan a síntese dalgún dos aminoácidos esenciais, como o triptófano.

Probablemente os primeiros cogomelos foron consumidos crús ou simplemente asados entre as cinzas das fogueiras. De feito algunha tribu maorí continua a comer certas especies unicamente envoltas en follas e introducidas entre as cinzas quentes. Sen embargo, desde que a cociña forma parte da cultura dos pobos, a micogastronomía é rica e variada.

Especialistas na micogastronomía como Paul Ramain (mediados do século XX) fala de máis dunha centena de sabores e algo máis de 250 aromas diferentes. Todo un mundo de cheiros e sabores: fariña, anís, amendoas amargas, chocolate rancio, ... son algúns dos que todos os aficionados a micoloxía distinguimos con facilidade.

Algo semellante ocorre cas texturas. Hai especies que son fibrosas e outras graudas, unhas son blandiñas e outras, rixas. Por veces a carne é compacta, o pé do cogomelo está cheo, sen embargo noutras é oco e cartilaxinoso.

É importante cando se van preparar, ter en conta todos estes detalles. Non hai unha única regra xeral, sen embargo é importante lembrar que “un cogomelo só debe saber a eso, a cogomelo e non a xamón, polo, allo ou pirixel”.

Pese a toda esta complexidade hai unha maneira de preparar tódalas especies para conseguir o mellor partido delas. O cogomelo limpo, córtase miudo e bótase nunha cazola de barro (ou nunha tixola) cun pouco de aceite de oliva e uns dentiños de allo. Ponse a lume brando ata que ceiben toda a auga, sálganse e piméntanse ó gosto. Logo reméxense con frecuencia ata que a auga se evapora totalmente e queda o mollo transparente. Nese momento apagase o lume, tápase e deixase repousar 5 min. antes de servilos. Pode acompañarse de puré de pataca ou de arroz branco salpicado de pirixel.

Cada cogomelo ten unha maneira diferente de ser cociñado, co fin de quitarlle todo o partido posible á inmensa cantidade de aromas, texturas e cores que presentan. Con eles pódense preparar sopas, entrantes, ensaladas, guisos sós ou acompañando caza ou peixe, tartas, mermeladas e ata licores.

2. INTOXICACIÓNS POR COGOMELOS

A parte negativa e, nalgunha medida, a responsable de que moitos pobos sexan micófobos (fobia ós cogomelos), a pesar de ter os seus montes e prados cheos deste apreciado manxar, son as diversas formas de intoxicación que poden provocar algunhas especies, chegando incluso a causar a morte.

O tipo de sustancias responsables das intoxicacións son moi variables. Unhas destrúen células de diversos órganos (amanitinas, orellanina e giromitrina), outras afectan ós glóbulos vermellos (hemolíticas), noutros casos actúan sinerxicamente co alcool, (coprínicas), moitas provocan alteracións na mente (muscimol, ác. ibotécnico, muscazona, psilocibina, psilocina, hordenina, ....) e unhas cantas afectan o tubo dixestivo (gastroenteríticas). As máis perigosas son moléculas complexas, difíceis de destruir, incluso mediante a cocción.

Afortunadamente non son moitas as especies que en Galicia poden provocar intoxicacións graves, xa que algunhas das máis perigosas como a Galerina marginata, Amanita virosa, Lepiota brunneoincarnata ou Cortinarius orellanus (citolíticas) ou o Entoloma lividum (gastroenterítica) son raras. Ainda así, todos os outonos aparecen casos de intoxicacións máis ou menos graves en tódolos hospitais galegos.

Unha intoxicación micolóxica, un micetismo, non sempre se pon de manifesto inmediatamente despois de comer, nalgúns casos tarda ata 24 horas e incluso poden pasar días ou meses antes de manifestarse. Por esta razón se fala de dous tipos de intoxicacións: período longo (os síntomas aparecen despois de 4-6 h. da inxesta) e período curto (antes das 4 h.). Evidentemente, as máis graves son as de período longo (hepatotóxicas, hidracínicas, paxílicas, rabdomiolíticas).

As hepatotóxicas son provocadas por amanitinas (algunhas Amanita, Lepiota e Galerina) ou por cortinarinas (certas especies do xénero Cortinarius). As duas son

graves, pero esencialmente diferentes, xa que as cortinarinas teñen un efecto mais grave a nivel renal (nefro-hepatotóxicas).

As provocadas por amanitinas manifestanse entre as 6 e 24 h. con fortes vómitos e diarreas coleriformes, despois hai unha melloría aparente, que pode durar ata 24 h. e finalmente, manifestase a fase de agresión visceral (fígado, rils, ...) que pode ser terminal. Arredor de 50 g. de cogomelo fresco é suficiente para causar a morte dun adulto de 60 kg. de peso.

O tratamento é esencialmente sintomático, repoñendo metabolitos e líquidos e protexendo os hepatocitos, para evitar o coma hepático e ter que chegar a un transplante de fígado. Aplícase penicilina G en grandes cantidades, para evitar a destrucción dos hepatocitos. Tamén, nun primeiro momento, é importante eliminar do tracto dixestivo a toxina, así como impedir que pase ó torrente sanguíneo, de aí que a aplicación dunha sonda gástrica e a diurese forzada, son importantes.

Evidentemente, estes tratamentos teñen que ser realizados en centros hospitalarios con unha unidade de cuidados intensivos. Desta maneira, na actualidade, o índice de mortalidade é realmente moi baixo. En Galicia nos últimos 30 anos foron causadas por Amanita phalloides, Amanita verna e Lepiota brunneoincarnata, causando nalgún dos casos a morte do intoxicado.

Diferente é a forma de manifestarse a intoxicación por cortinarinas (nefro-hepatotóxicas). Tamén é grave, xa que leva asociado un ataque ós hepatocitos (fígado), e tamén a nivel renal, pero maniféstase despois dun consumo continuado de cogomelos e ata 10 ou 15 días máis tarde. Preséntase con moita sede, cansancio, anuria e, por último, insuficiencia renal.

O tratamento é esencialmente sintomático e de soporte das constantes, seguido nos casos máis graves de hemodiálise e nalgún caso, dun transplante de rils. É unha intoxicación moi pouco frecuente, xa que as responsables son especies de pequeno tamaño, pouco carnosas, de cores moi escuras, lixeiramente amargas e, en Galicia, escasas, a saber Cortinarius orellanus e Cortinarius speciossisimus.

As hidracínicas son producidas pola giromitrina, sustancia que se atopa especialmente en Gyromitra esculenta, que se transforma en monometil-hidracina producindo náuseas, vómitos, ictericia, hipertensión, hemolisis, etc., que se non se trata pode chegar a provocar o coma e a morte. Non é unha especie frecuente e ademais, como a sustancia se volatiliza a 87ºC non é frecuente a intoxicación.

O tratamento é sintomático e ademáis aplícase vitamina B6 intravenosa, piridixona e diazepán (equilibrador neurolóxico).

Na actualiade inclúense neste apartado outras 3 intoxicacións, que tardan moito tempo en manifestarse e que son provocadas por un consumo continuado e abundante das especies tóxicas. Son as paxílicas, provocadas por Paxillus involutus, causa embolias grasas, que poden levar a morte. As rabdomiolíticas, por Tricholoma grupo equestre, que produce rabdomiolise, dexeneración muscular o que pode levar a unha parálise cardíaca e, as “satúrnicas” provocadas polo consumo de cogomelos altamente contaminados con metais pesados.

No grupo de intoxicacións de período corto, é dicir, aquelas en que os síntomas aparecen nun período corto de tempo, ás veces incluso antes de levantarse da mesa, hai varias de moi diferente gravedade: gastroentíca, coprínica, hemolítica, muscarínica, micoatropínica e enteoxénica. Normalmente remiten sen tratamento.Son moitas as especies (Agaricus grupo xanthodermus, Lactarius de leite branca, Entoloma sinuatum, Gyroporus ammophilus, ....) as que , nalgún caso por desenvolver

en persoas sensibles alerxias (Clitocybe nebularis ou diversos Suillus), provocan gastroenterites agudas.

A coprínica ou cardiovascular é causada polo consumo dalgún Coprinus (C. atramentarius e C. micaceus) e Boletus (B. luridus) acompañados de bebidas alcohólicas. Provoca taquicardias, rubicundez, ... O deixar de consumir alcohol remite sola.

Algunhas especies conteñen hemolisinas (sustancias destructuras dos glóbulos vermellos), é o caso de Amanita rubescens, Amanita grupo vaginata, as Morchella e Helvella, ... Pódense consumir previo desecado dos exemplares (son volátiles) ou ben cociñadas, xa que as sustancias destruense a máis de 70º C.

A intoxicación muscarínica é producida polo consumo de muscarina, non de Amanita muscaria. É provocada polo consumo dalgunhas especies de pequeno tamaño dos xéneros Clitocybe e Inocybe, principalmente. Provoca unha forte deshidratación, xa que a persona suda, lagrimea, babea, etc. intensamente, ás veces seguido de taquicardias. Nos casos máis graves aplícase atropina, senón pasa sola ó pouco tempo.

As outras duas intoxicacións son normalmente voluntarias, xa que ámbalas duas están relacionadas con fenómenos enteoxénicos. No primeiro caso está a micoatropínica, da que é responsable a transformación do ácido ibotécnico en muscimol.

É provocada esencialmente por duas especies de Amanita: A. pantherina e A. muscaria. No primeiro caso a intoxicación pode ser máis grave xa que vai acompañada de fortes gastroenterite e pode causar a deshidratación do doente e incluso, parada cardíaca.

O último tipo corresponde a intoxicacións propiamente neurolóxicas ou enteoxénicas, das que son responsables diversas especies de Psilocybe (P. semilanceata, P. gallaeciae) e algúns Panaeolus. Os efectos son alucinóxenos, nalgún caso acompañados de ideas suicidas, pasan sen tratamento, ainda que poden existir desarreglos graves cando son consumidas con outras sustancias ou en personas sensibles, que poden autolesionarse gravemente.

É importante cando un quere consumir cogomelos apañar só aqueles que realmente coñece ben e que son inócuos e senon, ir acompañado dun experto que axude no campo a identificalos. Non é recomendable fiarse unicamente dunha guía e menos facelo mediante a consulta de fotos, dibuxos, etc. Unha cousa é identificar cogomelos para coñecer a diversidade do lugar ou para admirar as numerosas formas e cores, e outra ben diferente, apañalos para comer.

O maior problema que se lle presenta a un médico cando aparece un intoxicado que consumíu cogomelos, é saber que especie foi, para así tratar a sintomatoloxía de forma adecuada e evitar a súa morte. Especialmente grave é cando se consomen varias especies cociñadas xuntas, xa que o feito de ir mesturadas poden aparecer no mesmo guiso tóxicas de período longo e período corto de incubación. De tal maneira que cando apareza a sintomatoloxía tardía o doente xa está debilitado polos vómitos e diarreas das outras. Neste caso acostuma a ser fatal o desenlace.

Non se debe esquecer que «todas os cogomelos son comestibles, pero algún só unha vez» e que «no caso da máis mínima dúbida, debemos absternos» .

3. ETNOMICOLOXÍA

Na metade do século XX comezouse a falar dunha nova ciencia relacionada cos fungos: a etnomicoloxía, para referirse a relación entre as diversas culturas e os cogumelos, especialmente aqueles que provocan alteracións no comportamento psíquico, que permiten contactar con «mundos descoñecidos». Estamos a falar dos fungos enteóxenos ou alucinóxenos.

Foi un banqueiro americano, Gordon Wasson, o que se dedicou a investigar a relación dalgunha destas especies cas relixións. Viu como o brincabois, Amanita muscaria, era usada en diferentes puntos de Eurasia, desde Siberia, onde os chamáns a compartían cos seus «feligreses», xa fora consumindo directamente ou a través dos seus ouriños.

Na India -según este investigador- era usado, polos antigos brahamanistas, o soma como sustancia que permitía o contacto ca divinidade, deixando escritos uns himnos que explicaban tanto o lugar onde se producía, como a maneira de consumilo, os himnos do Rig-Veda, que él mesmo mandou traducir para poder interpretalos mellor. Chegou a conclusión de que o soma era, nen máis, nen menos, que o xa citado brincabois.

Tamén estudiou os misterios de Eleusis, conseguindo establecer unha relación clara entre eles e o consumo doutro fungo, o grao de corvo (Claviceps purpurea).

E sendo americano, como non ía aproximarse as altas montaña de Huatca (México) onde o chamanismo ainda estaba vivo e con eles o uso de cogomelos enteoxénicos na curación das persoas. Así contactou primeiro con María Sabina que lle mostrou as especies que ela usaba e incluso lle permitiu participar nalgunha das súas sesións, nas que sabiamente se mesturaban as creencias antigas cos ritos cristiáns.

Para identificar estes fungos, Wasson que non escatimaba en gastos, visitou ó gran micólogo francés, Roger Heim, que o acompañou polas montañas mexicanas para recoller materia en fresco e identificar os “honguitos”. Describiu varias especies de Psilocybe e Stropharia entre os responsables deste tipo de alucinacións.

Para saber que sustancia provocaba os efectos, ambos investigadores, comunicáronse co coñecido químico suizo, Albert Hoffmann, que identificou a partir dos cogomelos mexicanos, posteriormente sintetizouna, unha sustancia ata daquela descoñecida, a psilocibina, como responsable dos efectos enteóxenos. El mesmo probou a sustancia pura e describiu os efectos como semellantes ós do LSD.

As publicacións consecuencia de todos estes traballos, en pleno movemento «hippy», levaron a numerosos xóvenes americanos as montañas de Huatca, ata o punto que, entristecida, Maria Sabina chegou a decir que os “teonanacatl” (carne de Deus) deixaran de ser eficaces porque foran profanados polo home branco e que ela era a responsable por mostrarllelos.

Os traballos de investigación en México continuaron da man de diversos etnógrafos e micólogos, entre os que destaca Gastón Guzmán, taxónomo especialista a nivel mundial do xénero Psilocybe e gran coñecedor da cultura micolóxica mexicana.

Esta relación dos fungos alucinóxenos ca relixión non se restrinxe a pobos alonxados de nós, e a tempos antigos. En Francia existe unha capela románica dos séculos XII-XIII (Plaincourault, Berre) que ten un mural no que aparece unha hipotética «Árbore do Ben e do Mal», rodeada por unha serpe que leva na boca unha mazá, que está a ofrecer a unha muller de longa melena, Eva. O outro lado da árbore hai un home, Adán. Esto parece corresponderse co relato bíblico, pero se nos fixamos as ramas da árbore rematan nunha especie de semicírculo vermello con pintiñas brancas.

¿Trátase da Amanita muscaria? ¿A relixión oficial cristianizou así algún antigo culto do que formaba parte este cogomelo?

Por outra parte temos constancia oral, por parte de varias testemuñas, de que en Galicia, nos últimos 20 anos, algúns curas prohibían desde o púlpito o consumo de cogomelos, decindo que era un alimento nefasto e demoníaco.

Estas prohibicións eclesiásticas, ó igoal que ocurríu en México na época da cristianización ou na India cando os budistas se impuxeron sobre os brahamanistas, puderon influir negativamente no consumo de cogomelos por parte das poboacións rurais e levar a esta micofobia tan extendida por algunhas zonas da Galicia interior?. Polo momento parece que sí, ainda que son necesarias máis investigacións ó respecto para poder afirmalo taxativamente.

4. MEDICINA

Os cogomelos non son unicamente usados como comestibles, senón que tamén desde antigo, como se viu no morral do «Home dos Xeos» usaban algunhas especies como mediciñais. De feito nalgunhas zonas de Galicia era habitual a recollida con fins terapéuticos de diversas especies de gasteromicetos con gleba pulverulenta (Lycoperdon, Vascellum, Calvatia, ...) que eran gardadas cuidadosamente. Cando na casa ocurría un accidente no que había feridas sangrantes, eran cubertas polo pó estéril (a gleba) destes cogomelos.

Hai especies das que se coñecen propiedades antibióticas (Piptoporus betulinus, Armillaria mellea), hipoglucemiantes (Grifola frondosa, Calocybe gambosa), estimuladoras do sistema inmunitario (Lentinula edodes, Ganoderma lucidum), anticolesterolemiantes (Pleurotus ostreatus), hemostáticos (Fomes fomentarius, Lycoperdon perlatum), anticancro (Trametes versicolor, Langermania gigantea), purgantes (Laricifomes officinalis), etc. [http://www.hifasdaterra.com, empresa galega].

Nos últimos anos diversos equipos de investigadores, especialmente de Xapón, foron capaces de extraer e purificar diversas substancias a partir dos carpóforos e dos micelios de numerosas especies de cogomelos. Nestas sustancias observáronse propiedades biorreguladoras do metabolismo e dos biorritmos, inmunouladoras, homeostáticas, anticanceríxenas, anticolesterolemiantes, antitrombóticas, antidiabéticas, etc.

De feito, na actualidade, os cogomelos están a ser usados no noso país por algunhas medicinas alternativas, posiblemente inspiradas na antigua medicina oriental. Algunhas especies teñen nomes comerciais e están introducidas nas nosas farmacias, tal é o caso do reishi vermello (Ganoderma lucidum) ou do shii-take (Lentinula edodes), sendo usadas con gran éxito, xa que nelas converxen varias das propiedades citadas antes (inmunomodulación, anticancro, hipocolesterolemiante, ...).

Estas características, presentes nalgunhas das especies comestibles habituais como a seta de choupo (Pleurotus ostreatus) ou as andoas (Boletus edulis), e noutras cultivadas e frecuentes nos mercados como os shii-take (Lentinula edodes), xunto ca notable cantidade de fibra, que axuda a reducir o colesterol e a previr o cancro de colon, fan que alguns dietistas aconsellen incluir os cogomelos como elementos habituais da nosa alimentación diaria.

5. INTERÉS FORESTAL

Os fungos biotróficos son aqueles que establecen relacións simbióticas ou mutualistas con outros organismos. Un destes mutualismos é o leva a formación dos

líquenes, constituidos por unha asociación entre hifas dun fungo e algas unicelulares, facilitando así a conquista e colonización de medios inhóspitos para outros seres vivos como é o caso de rochas, zonas polares ou desérticas, etc.

Outra asociación deste tipo é a constituida polos fungos e as raíces de plantas vasculares, as micorrizas. Relación moi importante desde o punto de vista ecolóxico e forestal porque:

� as raíces micorrizadas aumentan enormemente a superficie de intercambio árbore - solo, esto favorece a captación de auga e nutrintes por parte da planta, co cal o seu crecemento é moito máis rápido.

� os fungos favorecen a captación de certos elementos como por exemplo o fósforo e axudan a movilizar e eliminar outros, que fixos no solo poden resultar tóxicos para a planta, tal é o caso do aluminio.

� o fungo axuda a degradar sustancias presentes no solo para que logo poidan ser captadas polo hospedante, o que se manifesta na mellor vitalidade e crecimento do mesmo.

� o manto de hifas que envolve a raíz protexe a árbore contra o ataque de fungos patóxenos que penetran a través do solo.

� como os fungos resisten ben en solos extremadamente ácidos e pobres, usanse para micorrizar “in vitro” (no laboratorio) árbores que posteriormente son plantadas en zonas altamente degradadas como escombreiras industrias ou de minas.

A importancia da micobiota dunha zona forestal é tanta que hoxendía se sabe que un cando nun bosque natural ou nunha repoboación disminuen os fungos micorrícicos frente aos saprófitos a calidade da comunidade vexetal é moi baixa, as árbores enferman, a xerminación natural de sementes diminúe e a degradación do ecosistema aumenta de forma xeralizada.

Por conseguinte, estanse usando os fungos como bioindicadores da calidade ambiental. Así, sábese que unha reducción do nivel de fungos micorrícicos con respeto aos saprófitos dun 40 % pode ser indicativo dunha contaminación atmosférica grave e si esta proporción baixa do 20 % é moi grave.

Posiblemente, por esta razón son moitas as especies coas que se conseguiron micorrizas forzadas no laboratorio, nuns casos interesa establecelas porque facilitan a recuperación de solos de zonas degradadas, nos que houbo cultivos abandonados, etc. En Galicia, o CIFA de Lourizán estivo facendo experiencias deste tipo nas escombreiras das minas das Pontes de García Rodríguez, en Meirama, etc. con resultados aceptables. Claro que, habitualmente, as especies que se adaptan a condicións tan duras non producen cogomelos de calidade, tal é o caso do Pisolithus arhizus, Laccaria laccata, Rhizopogon spp., etc.

Sen embargo, noutros casos poden producir cogomelos comestibles, de elevado interés comercial e económico. Neste sentido por España adiante, Francia, Italia e, actualmente, Nova Zelanda xa se están a realizar experiencias con éxito en aciñeiras (Quercus ilex), abelairas (Corylus avellana), castañeiros (Castanea hybrida), etc. con trufas (Tuber nigrum, Tuber aestivum, etc.), en piñeiros (Pinus halepensis) con níscalos (Lactarius deliciosus), en castañeiros (Castanea hybrida, Castanea sativa) con boletos (Boletus grupo edulis ou Boletus fragrans), ainda que con éxito desigual ata o momento; sen embargo a investigación avanza exponencialmente, xa que neste momento son moito máis rentables e teñen máis éxito de implantación que hai unha ducia de anos. Estas investigacións con aplicación forestal están en amplia expansión.

Como se pode deducir, a producción de planta micorrizada na investigación forestal aplicada pode estar dirixida hacia tres obxetivos: reforestación de zonas problemáticas, favorecer o crecimento das masas forestais ou producción de especies fúnxicas de valor comercial elevado. Desta maneira desenvólvese unha nova alternativa aos cultivos tradicionais nas zonas rurais, obtendo así un rendimento engadido. É importante non esquecer que o kilo de níscalos “in situ” pode oscilar entre 3-10 € e o de boletos, entre 2-8 €, de tal maneira que a venda de cogomelos pode superar os beneficios obtidos pola venta da madeira e nun tempo máis inmediato. Actualmente coméntase que cada outono os ingresos en Galicia superan os 25 millóns de euros.

De calquera maneira, para conseguir resultados exitosos é necesario coñecer con precisión a bioloxía do cogomelo e os factores ambientais do lugar onde se van implantar as árbores micorrizadas. Así, a trufa negra (Tuber melanosporum), considerada o diamante negro da cociña e un dos cogumelos que alcanza precios mais elevados no mercado (150 - 500 €/kg), só pode ser cultivada en terrenos moi pobres, pedregosos e con un pH báseco. Fixéronse ensaios con diversas árbores, sen embaro, ata o momento as que deron mellores resultados son diversos Quercus (aciñeira, carballo) e Corylus (abelaira), que comenzan a producir entre os 6 e 8 anos.

Outra das especies fúnxicas que pode producirse a través da micorrización forzada é o níscalo (Lactarius deliciosus), asociado a coníferas como piñeiros (Pinus) ou abetos (Abies, Picea). Esta micorrización mellora o crecemento e a supervivencia das árbores transplantadas; pero son necesarios de 3 a 4 anos para que aparezan frutificacións.

Tamén teñen gran interese comercial os boletus (Boletus grupo edulis), que medran asociados a árbores adultas. Se implantamos árbores pequenas micorrizadas “in vitro” habería que esperar entre 10 e 15 anos para ver as primeiras frutificacións, polo que hoxendía os estudos centranse máis na micorrización directa da árbore adulta, que permite recoller cogomelos a corto plazo.

Ainda así, falta moita investigación por facer neste campo, ás veces resulta doado conseguir que unha planta desenvolva micorrizas nas condicións asépticas dun laboratorio; pero cando se levan aos invernadoiros ou ao monte, non soportan a competitividade dos fungos que hai xa no terreno e unha plantación de árbores micorrizados “in vitro” non se pode garantizar un éxito de implantación no terreno do 100 %, nen moito menos; de tal maneira que ás veces estase a pagar planta cara, pensando no que vai a producir e logo non é tanto o beneficio.

6. ORDENAMENTO FORESTAL E APROVEITAMENTO SOSTIBLE

Xa sabemos da utilidade dos cogomelos como alimento ou como medicamento; pero as súas utilidades non acaban aquí. Tamén no noso país se lle deron outras aplicacións: decoración, artesanía, amuletos, etc. Sen contar que son un perfecto motivo de inspiración ós artistas e que formaron parte do folklore nalgunhas aldeas.

Hai aldeas da Galicia interior onde poden verse, por riba da porta principal da casa e/ou da corte do gado, algún exemplar de isca (Fomes fomentarius, Phellinus tuberculosus ou Ganoderma australe, entre outras especies). Cando un pregunta para que serven alí, as respostas son evasivas ou pouco concretas, só excepcionalmente explican que é para “apartar o meigallo”. O pasar por debaixo do cogomelo, os malos efluxos quedan nel e non lle pegan o gado ou as xentes.

A isca dos bidueiros (Piptoporus betulinus) ten unha cutícula moi suave, parecida ó veludiño, polo que foi antigamente usada polos barbeiros para suavizar as navallas de afeitar.

Tamén de antigo é o uso do brincabois (Amanita muscaria) para matar moscas. Usábase a cutícula macerada en leite, previamente azucarada. As moscas bebían deste líquido e comezaban todas alteradas a voar, incluso do revés, ata que caían o chan. Non morrían, só quedaban durmidas. Para que o producto resultase eficaz, era necesario eliminalas.

Outras veces simplemente se ven estes carpóforos de consistencia suberosa formando parte de centros de flores secas, ou colgadas da parede virados co himenio cara arriba para servir de consolas, ou nos casos máis sofisticados formando parte da xoieria artesanal: broches, pendentes ou colgantes.

No Sur de Europa, exactamente en Rumanía, con estes cogomelos laminados (especialmente, Fomes fomentarius) e tratados fan unha especie de tecido, semellante a antelina, que se pode recortar, coser e traballar como se de ela se tratara. Confeccionan gorras, bolsos, carteiras, etc. que logo venden ós turistas.

Actualmente o éxito dos cogomelos é tanto que son moitas os escaparates que deixan ver numerosas figuras representando cogomelos e as cidades incorporan estatuas e monumentos ca forma dalgún destes carpóforos. Proliferan os «Parques Micolóxicos» nos que os xardíns se decoran con sofás que producen cogomelos, os tiovivos semellan a «seta dos enanos», os bancos son pequenos e regordetes boletos, ... E Galicia non podía escapar a esta «micomanía», así que nalgúns xardíns particulares xa poden verse fontes representandoos (finca Galea, Alfoz) , estatuas (Víctor Corral, Baamonde) ou incluso alfombras florais.

7. COMERCIALIZACIÓN DE COGOMELOS SILVESTRES

Nalgúns países europeos o consumo de cogomelos forma parte da cociña tradicional e, xa desde antigo, son considerados un luxoso manxar, tanto polo agradable sabor, como pola dificultade de obtelos. Na Península Ibérica destaca Cataluña, onde son famosos os mercados de “bolets”, tanto para maioristas como para particulares. Posiblemente o máis coñecido polos visitantes é o da Boqueria (Barcelona), onde durante todo o ano se poden ver, frescos ou secos: moxernós (Marasmius oreades), múgulas (Morchella spp.), trompetas de la mort (Craterellus cornucupioides), rusiñols (Cantharellus cibarius), etc. a unhos precios considerables.

Este elevado consumo en certas zonas fixo que os mercados locais non se puideran abastecer do producto recollido na rexión e que “colonizaran” outras zonas ricas en cogomelos, onde os intermediarios os compraban para colocalos logo “in situ”. Galicia non escapou a esta “invasión” e así desde hai arredor duns 50 anos son moitos os empresarios que compran a particulares, para logo exportar o producto (Monterroso, Melide, Ourense,... son localidades onde están ubicadas algunha das empresas deste tipo). Dependendo da especie ten un destino preferencial diferente, así os níscalos (Lactarius grupo deliciosus) van preferentemente a Cataluña, os boletos (Boletus grupo edulis), a Italia, as cantarelas (Cantharellus cibarius), a Alemania e Francia, etc.

Galicia ten interés para estes maioristas porque, por un lado a maior producción de cogomelos ocorre a mediados do outono (fins de outubro, primeira quincena de novembro), cando noutros lugares da Península Ibérica xa empezaron as xeadas e neves e, polo tanto, a producción disminuiu ou desapareceu. E, por outro lado, ata de

agora encadrábase o noroeste como unha rexión moi húmida e con temperaturas suaves, ademáis de grande extensión de bosques micologicamente ricos (carballeiras, soutos e piñeirais), altamente productiva.

Para facerse unha idea según datos recollidos na bibliografia (León, Soria e Galicia) relativos a producción de boletos, cantarelas e níscalos, en soutos, carballeiras e piñeirais, respectivamente, é duns 50 e 200 kg de cogomelos / ha, dependo da climatoloxía e do cuidado que estexa a mata forestal.

Se multiplicamos estes valores polos 2-8 €/kg a que se comercializan “in situ” os boletos, os 5-15 € das cantarelas ou 3-10 € dos níscalos, vese facilmente que estamos a falar dunha chea de diñeiro que repercute (ou debería repercutir) directamente nas poboacións rurais, propietarias dos terrenos micoloxicamente productivos.

Os cogomelos producidos nun terreno particular, delimitado e cercado, según o dereito á propiedade privada (art. 350 do Código Civil Español) son do propietario da terra e polo tanto os rendimentos poden ser aproveitados por él. Nalgún momento alegouse que son organismos que nacen na terra, pero que non son plantados. Afirmación que denota pouco coñecemento da bioloxía dos fungos, xa que todos necesitan dun sustrato determinado, tal como se indica no capítulo da ecoloxía, especialmente os micorrícicos: se non hai hospedante adecuado (que si ten dono), non se producen os cogomelos.

Na maior parte dos países europeos e nalgunhas comunidades autónomas españolas, non é o caso de Galicia, estase a desenvolver toda unha lexislación específica referida ós cogomelos, tanto desde o punto de vista da propiedade e explotación dos terrenos como da conservación e aproveitamento racional das especies.

8. MICOTURISMO

En base a descuberta desta riqueza e o intento de levar a cabo un aproveitamento sostible deste recurso, nos últimos anos estanse levando a cabo algúns programas integrais, que intentan relacionar a apaña de cogomelos controlada, con outras expectativas comarcais: hostelería, gastronomía, sendeirismo, etnografía, ... O de Almazán (Soria), ou de Valdobra (Navarra), son un claro exemplo de viabilidade.

Este tipo de proxectos baséanse primeiro no diseño e establecemento de “sendas micolóxicas”, que poden ser visitadas previo pago dunha cuota estipulada según o tempo e a forma de utilización, e segundo, na formación de guías micolóxicos e guardería mico-forestal que son os encargados de acompañar os visitantes.

Con estes profesionais controlando a apaña conseguimos a corto e medio prazo manter a sustentabilidade do recurso. Establécense normas de apaña: como retirar do campo e transportar os carpóforos, as especies autorizadas (preservaríanse as raras ou interesantes), o tamaño (non se eliminan os exemplares novos sen esporular, nen os vellos, que xa non son aproveitables), época do ano, etc.

De por sí estas actividades xeneran ingresos directos para os propietarios e postos de traballo para a rexión; pero ademáis as persoas cando van a un sitio comen, co cal favorecen a economía dos restauradores e a gastronomía, non só a micolóxica; dormen, o que repercute positivamente na hostelería, especialmente no turismo rural, e compran, desta maneira o comercio artesanal vese favorecido e pode aumentar a venda dos productos rexionais.

A proliferación de visitantes pode incentivar a formación de “parques micolóxicos”, onde os cogomelos son introducidos mediante a plantación de árbores micorrizados

“in vitro”, e de museos, onde non só se mostran actividades e exposicións relacionadas con cogomelos, senón que pode haber expertos que resolvan consultas específicas realizadas polos visitantes.

E, por último, esto leva ó establecimento de lonxas onde se comercialicen os cogomelos silvestres recollidos na rexión, controlando así por un lado a explotación racional do recurso e por outro, as condicións sanitarias; esto sen contar o control fiscal da producción.

BIBLIOGRAFÍA DIVULGATIVA DE INTERESE PARA GALICIA ALONSO DÍAZ, J., MELGAR RIAL, M.J. & GARCÍA FERNÁNDEZ, M.A. 1997. Hongos

silvestres comestibles en la provincia de Lugo: Contaminación por plomo y cadmio y sus repercusiones toxicológicas. Deputación Provincial de Lugo.

CASTRO, M.L. 2004. Cogomelos de Galicia e Norte de Portugal. Xerais Edicións. Vigo. CASTRO, M. 2000. Guía dos cogomelos comúns de Galicia. Edicóns Xerais. Vigo

(esgotado). CASTRO, M., JUSTO, A., LORENZO, P. & SOLIÑO, A. 2005. Guía micolóxica dos

ecosistemas galegos. Baía Edicións. A Coruña. CASTRO, M., JUSTO, A. & LORENZO, P. 2010. Os 50 cogomelos máis comúns. Baía

Edicións. A Coruña. Tamén en castelán e catalán. CASTRO, M.L. & FREIRE, L. 1982. Setas ou cogomelos comestibles de Galicia:

descrición e receitas para a boa cociña. Edicións Xerais de Galicia. Vigo (esgotado).

DE LA PEÑA LASTRA, S. 2016. Guía micológica de Cortegada. Edita autor. FERNÁNDEZ DE ANA MAGÁN, F.X. & RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ, A. 2000. Os cogomelos nos

ecosistemas forestais galegos. Edicións Xerais.Vigo. GARCÍA-ECHAVE PUENTE, C. 2009. Guía de setas de Burela y A Mariña. Concello de

Burela, Lugo. MARCOTE, J.M. 2010. Guía de cogomelos dunares do litoral atlántico. Edicións Cumio.

Vilaboa, Pontevedra. MARCOTE, J.M.C., POSE, M. & TRABA, J.M. 2008. Cogomelos de Galicia. Xunta de

Galicia (esgotado). MARCOTE, J.M.C., POSE, M. & TRABA, J.M. 2011. 500 setas del litoral atlántico y

noroeste peninsular. Ed. Cumio. Ponte Caldelas (Pontevedra). Tamén en castelán..

MARCOTE, J.M.C., POSE, M. & TRABA, J.M. 2013. Cogomelos de Galicia y noroeste peninsular. Ed. Cumio. Ponte Caldelas, Pontevedra. Tamén en castelán, anteriormente editado pola Xunta Galicia como Setas de Galicia (galego e castelán).

MÍNGUEZ GONZÁLEZ, A. 2009. Cogomelos medicinais. Edicións Cumio. Vilaboa, Pontevedra.

MÍNGUEZ ABAJO, A. & MÍNGUEZ GONZÁLEZ, R. 2000. Cogomelos máis frecuentes nas terras de Celanova e Baixa Limia. Xunta de Galicia.

MÍNGUEZ ABAJO, R. & MÍNGUEZ GONZÁLEZ, A. 2010. Nove ducias de cogomelos de Ourense. Deputación Provincial de Ourense.

REQUEJO, O. 2010. Guía micolóxica do río Caselas. Concello de Salceda de Caselas, Pontevedra (esgotado).

Non recomendados por ter excesivos erros e algún im portante: DELGADO, M.A. 2014. Atlas Micológico de la Península de O Grove. Edita autor. MÍNGUEZ, A. 2014. En el país de las setas: un reino de virtudes desconocidas. Auga

Editora. Santiago.

HISTORIA DA INVESTIGACIÓN E DIVULGACIÓN EN GALICIA Para ninguén é un segredo que Galicia é terra de cogomelos. Ten condicións

climáticas (humidade e temperaturas suaves a maior parte do ano) e ecolóxicas (vexetación moi diversa, existen tanto formacións boscosas de árbores caducifolias como de coníferas) adecuadas. Sen embargo, tamén para a maioría se asocia este país a unha zona micófoba (non consumidora de cogomelos).

Estas afirmacións son un tanto gratuitas, xa que nunha ampla zona da Galicia máis profunda, a do interior, consómense cogomelos desde antigo: ándoas (Boletus grupo edulis) desecadas en tiras e conservadas ata o inverno, zarrotas (Macrolepiota grupo procera), orellanzos (Helvella grupo lacunosa) e pantorras ou setas de Coresma (Morchella grupo esculenta) foron desde sempre consomidas con asiduidade, existindo incluso nomes diferentes para cada estadío de desenvolvemento e ditos populares que falan da relación popular con elas. Así, cando un vai apañar zarrotas pola zona de Monforte e/ou Quiroga busca aquelas que aínda están sen abrir, máis tenriñas, dicindo aquilo de «esa xa non vale porque o monxo xa dixo a misa» apelando á forma do chapeu cónico nos exemplares novos e desprezar así as que están completamente abertas.

Por outra parte, de todos é coñecido que un cogomelo nace sempre preto doutro, de tal maneira que cando se ve un exemplar é frecuente ouvir dicir iso de «zarrota, zarroteira di onde está a túa compañeira», co fin de atraer a boa sorte na apaña.

Se foran tan descoñecidos como comestibles, non sería doado explicar as palabras de Neira Vilas (Nai, 1980) cando afirma «...virá o tempo das cereixas e dos pexegos de cedo e das amoras. Bo é algo. Virán torrelos, piñóns, xiropatos [nome das Morchella na zona do Ulla], abruños, ovos de carrizo, amorillotes dos roleiros, .. » para explicar como aliviar a fame do inverno, ou as de Quesada (Lucenza, 1989) cando di «as setas e os fungos sazonados cos máis variados escabeches ordenábanse en grandes armarios abertos...» ao falar da casa do avó do protagonista.

Tamén Quesada, na mesma obra, di «... foi o meu irredento avó, carteiro de burros e mulas, trampeiro de pitas do monte e aprendiz de botánico co eremita bruxo frai Ballo, o que fora o máis cerebral e xenial astrólogo e gran coñecedor de amanitas, ranúnculos e fungos alucinóxenos de toda a cunca alta da Penanegra».

Estes comentarios aínda que se trate dunha novela serve para poñer de manifesto o coñecemento de cogomelos alucinóxenos en Galicia. De feito sábese que meigas, curandeiras e bruxas usaban o brincabois (Amanita muscaria) nas súas sesións para adiviñar o futuro ou para aliviar as migrañas. Ata tal punto eran considerados estes usos demoníacos, que se teñen referencias orais de curas, que durante a homilía do domingo, aconsellaban non consumir “setas”, como algo irreverente e pecaminoso nas décadas dos 70 e 90 do século XX.

Por un lado, estas amonestacións eclesiásticas e por outro, o feito de que en Galicia as plantacións de piñeiros, produtoras de níscalos (Lactarius grupo deliciosus), tortullos (Tricholoma grupo portentosum e T. equestre), línguas de ovella (Hydnum grupo repandum), etc., sexan relativamente recentes (menos de 300 anos), fixo que se consumiran unicamente aquelas especies que desde antigo formaban xa parte da dieta galega, preferentemente zarrotas (propias de hortas e prados) e andoas (apañadas nos soutos e carballeiras).

Isto sen esquecer a presenza de cogomelos tóxicos causantes de micetismos e que se unha persoa non os coñece ben poden ocorrer. De feito, Emilia Pardo Bazán (1858-1921) no seu conto titulado «Las setas» narra como 3 matrimonios e un amigo, que

veranean nunha localidade galega, adícanse nun souto de castiñeiros a apañar cogomelos, que intentan cociñar ao chegar á fonda, ante o espanto da dona: «Fritir ela semellante porquería, unha cousa de veleño, tendo no mar tan rico pescado, e na terra tan sabrosos ovos e tan gordas galiñas!». O resultado daquela comida foi o previsto pola patroa, resultan intoxicados, aínda que levemente, o que é solucionado polo médico do lugar, que acude rapidamente e remedia o problema.

Outro tópico semellante é o que leva a pensar que en Galicia nunca houbo INVESTIGACIÓN sobre o tema ata mediados do século XX, cando xa desde 1799 aparecen, aínda que sexa mencionados en obras de carácter xeral, algúns cogomelos: Xoan Camiña (1799, Santiago), Xosé López Alonso (1820, Ferrol), Víctor López Seoane (1860), Juan Texidor (1869) e Antonio Rodríguez Bustillo (1869, Tui), datos todos eles recompilados polo ilustre botánico galego, Miguel Colmeiro (1885-1888) nunha obra que inclúe as plantas da Península Ibérica e Illas Baleares.

Nese período a universidade galega non espertara ao mundo da macromicoloxía; pero non tardaría moito en facelo, xa que a principios do século XX, o profesor César Sobrado Maestro da Facultade de Farmacia, publica o primeiro catálogo de 171 especies (1909 a 1912), recollidas maiormente preto da cidade de Santiago, e deixa a primeira micoteca, da que se conservan 89 mostras, depositadas no Museo de Ciencias Naturais “Luis Iglesias”, da universidade compostelá.

Posiblemente non sexa azarosa esta adicación a micoloxía, xa que Sobrado era amigo de Amando Castroviejo, que posuía unha rica biblioteca na que se atopaban algúns dos libros posiblemente usados polo profesor, como os «Poliporáceos de España» de Lázaro Ibiza, e que era consumidor habitual de cogomelos, según palabras do seu fillo José María (La Voz de Galicia, 1958, Una riqueza perdida): «Sendo neno, recordo con espanto o temor dos campesiños do Ulla, ao ver a meu pai recolle-las fermosas especies, que esa terra non menos espléndida produce. O feito de saber que inxeríamos o pan de cobra ou pan de sapo, producíalles verdadeiro horror e, cautelosamente, achegábanse polas mañás as portas da antiga casa de Paizás -con vellos abetos a entrada, coma nun conto alemán- para saber si aínda existiamos...».

Amando Castroviejo, no seu interese por difundir o aproveitamento deste recurso natural, impartiu un cursiño na universidade compostelá (1925), comparando datos estatísticos galegos cos de Francia, Alemania e Suiza, salientando a importancia económica da explotación racional dos cogomelos en Galicia.

Non se ten coñecemento de que por estas datas outros botánicos da universidade galega, se tiveran dedicado á investigación macromicolóxica, ata que xa pasada a Guerra Civil, mediada a década dos anos 40, aparece un profesor burgalés, Taurino Mariano Losa España, que en só 3 anos da a coñecer un catálogo dunhas 200 especies, incluindo 8 novas para a ciencia basadas en material galego. O malo é que non legou a micoteca base de todo aquel traballo. Simultaneamente, o escritor Wenceslao FERNÁNDEZ FLOREZ publica «El Bosque animado» (1943) no que fai referencia aos cogomelos da súa querida Fraga de Cecebre (Cambre, A Coruña). Non se refere a eles despectivamente, nen pola toxicoloxía, senón que fai referencia a súa ecoloxía e diversidade morfolóxica: «... estes ananiños de chapeus de cores que son os fungos e que teñen sangue de auga porque son fillos da choiva, naceron a centos, ...» ou... «había unha colonia de cogomelos de toro branco e cúpula cobriza que imitaban en miniatura os pazos dunha cidade encantada» ou aquel outro parágrafo... «entre o mofo e entre as pólas secas

manchadas de liques aparece, case bruscamente, sen se saber cómo, a máis diversa colección de cogomelos: grandes e desmoronadas coma trapos suxos; diminutas, finas e brancas como de porcelana; cóncavas e moradas, coma se fosen copas que aínda conservasen algún viño; ocres, semellando a codia do pan; plateadas, vermellas, amarelas; illadas salpicando o chan, ou xunguidas en colonias, que remedaban o conxunto dunha aldea asiática».

Non se teñen referencias doutros traballos de divulgación, nen científicos ata a década dos anos 60, a excepción dalgún estudo florístico de carácter xeral, no que tamén figuran fungos, dos profesores Francisco Bellot e Bartolomé Casaseca.

A partir de 1960 o nome do Centro de Investigacións Forestais (e Ambientais) de Lourizán comeza a asociarse aos cogomelos. Por un lado, comezan as investigacións relacionadas coa produtividade dos montes galegos e por outro, nace o primordio da divulgación sistematizada en Galicia.

Os escritores galegos José María Castroviejo e Álvaro Cunqueiro tentaron loitar contra a micofobia galega do medio urbano, publicando numerosos artigos tanto en xornais de Galicia como de Madrid

A amizade de Antonio Odriozola, bibliotecario da Misión, con José María Castroviejo e Alvaro Cunqueiro, fixo que buscara a colaboración de Carlos Valencia, investigador do CIF de Lourizán, para comezar a impartir cursiños de divulgación micolóxica, explicando as especies comestibles e tóxicas máis importantes, así como a súa cociña.

Simultaneamente, desde as oficinas de Extensión Agraria, úneselles Mariano García Rollán, veterinario madrileño que naquel momento estaba realizando a súa tese de doutoramento sobre aproveitamento comestible dos cogomelos da provincia de Ourense (parcialmente publicada en 1971, na revista Alimentaria).

Nesa época sistematizase a investigación micolóxica no propio Centro, tanto desde o punto de vista científico (micorrización e produtividade) coma divulgativo. Ambas liñas na actualidade son dirigidas por Francisco FERNÁNDEZ DE ANA MAGÁN, no propio centro e por Antonio RIGUEIRO desde a Escola Politécnica de Lugo.

Evolución do coñecemento dos cogomelos galegos: nº de autores e publicacións

por década

A investigación tamén se acaba de retomar na Universidade de Santiago, co profesor José María Losa Quintana e co seu discípulo Luís Freire, que realiza a súa tese de doutoramento sobre «macromicetos da Selva Negra (Santiago)» e crean

escola continuando o seu labor investigador, tanto na Universidade de Santiago de Compostela como na Sociedade Galega de Historia Natural e no Grupo Micolóxico Galego.

Freire dirixío, no campo da micoloxía, 7 teses de licenciatura e 2 de doutoramento (unha sobre cogomelos de piñeirais e outra sobre os de bidueirais); describíu 3 novas especies para a ciencia (Psathyrella ascaroides, Amanita porrinensis e Gyroporus ammophilus) e publicou algo máis de 30 artigos científicos sobre micoloxía, aumentando o catálogo galego nunhas 600 especies e deixando unhas 3000 exsiccata, depositadas na micoteca do Centro de Investigacións Forestais de Lourizán.

O seu labor (catalogación e amplicación da micoteca) é continuado tanto desde a a Universidade de Vigo, baixo a dirección de Marisa CASTRO, coma do propio Grupo Micolóxico Galego, que no 1998 comezou a publicar a revista Mykes, primeira publicación micolóxica científica escrita totalmente en galego.

Simultaneamente con esta investigación continuou a divulgación, tanto por parte de investigadores profesionais como de numerosísimos aficionados que se foron formando ao longo destes anos. Unha consecuencia desto foi o establecemento, durante os outonos galegos, de diversos actos coma a «Semana Micolóxica Galega», que se celebra cada ano en diversas localidades do país, a «Feira dos cogomelos», en As Pontes de García Rodríguez, a «Feira dos produtos de outono», en Allariz, etc.

Tamén desde entón apareceron diversas publicacións divulgativas: algunhas guías e unidades didácticas, así como algunhas revistas, entre as que destaca “Tarrelos”, que continuan axudando á formación e proliferación de micófilos e micogastrónomos, nun país ao que indebidamente se lle «presupoñía» ancestralmente micófobo.

GLOSARIO MICOLÓXICO

a) Glosario gráfico para identificación

b) GLOSARIO XERAL

µm: unidade de medida, usada en microscopía, equivalente a 0,001 mm.

adnado: himenóforo que está en contacto co pé.

aerobio: que se desenvolve en presenza de osíxeno.

agaricoide: con forma de paraugas: pé, sombreiro e láminas.

alantoide: espora cos lados curvados e paralelos entre si.

alga: organismo uni ou pluricelular, autótrofo (clorofila), normalmente acuático e sen

verdadeiros tecidos desenvolvidos, pertence ao reino Chromista.

alóctona: dise da especie que é introducida nunha determinada zona, procedente

doutro lugar.

alveolo: pequena cavidade ou cela.

ameba: protozoo que carece de parece celular e cambia facilmente de forma.

ameboide: forma de ameba.

amidón: macromolécula composta dos polisacáridos amilosa e amilopectina

(C6H10O5)n. É o glícido de reserva enerxética das plantas, raro nos fungos.

amigdaliforme: espora cun dos lados recto ou menos convexo có outro.

amiloide: que adquire coloracións azuis - violáceas en presenza de iodo (reactivo de

Melzer).

anaerobio: que pode desenvolverse en ausencia de osíxeno.

anastomosado: himenio con conexións irregulares e transversais entre as láminas.

anel: restos do veo parcial que forman unha membrana adherida o pé. Se é dobre

pode ter restos do veo parcial e xeral.

anteridio: estrutura encargada da produción dos gametos masculinos (homólogos aos

espermatozoides) nas plantas, nas algas e nos ascomicetos.

antracobionte: que frutifica exclusivamente en zona queimadas.

antracófila: que frutifica preferentemente en zonas queimadas.

antracóxena: que pode frutificar en zonas queimadas; pero non é exclusiva delas.

anuria: falta de chegada de urina á vexiga debido a un bloqueo do funcionamento dos

riles.

apendiculada: marxe do sombreiro con restos de veo pendurados.

ápice: ao extremo situado máis lonxe da base de calquera estrutura.

apotecio: corpo frutífero de ascomicetos en forma de copa, sésil ou con estipe, no que

o himenio está exposto ao exterior.

aproveitamento sostible: utilización dun determinado recurso, de xeito que se

asegure a súa permanencia ao longo do tempo.

arbusto: vexetal leñoso de pouca altura, sen un tronco preponderante xa que se

ramifican a partir da base.

areolado: con numerosas fendas ou depresións superficiais máis ou menos circulares

(aro).

asca (o): estrutura reprodutora dos ascomicetos en forma de saco, que alberga no seu

interior as esporas, en xeral 8, raro 4, 2 ou múltiplo de 8.

ascendente: anel e/ou lámina que se curva cara arriba ou nun sombreiro cónico,

lámina que non se une ao pé (p.e no xénero Mycena).

ascocarpo : ver ascoma.

ascogamia: tipo particular de oogamia en ascomicetos. O núcleo dunha célula

feminina, formado no ascogonio, pasa a través dun canal ata o anteridio, onde entra

en contacto con un núcleo masculino. A partir desta fusión, previa meiose, fórmanse

as ascosporas.

ascogonio: estrutura encargada da producción dos gametos femininos (núcleos

gaméticos) nos ascomicetos.

ascoma: corpo frutífero portador de ascas.

ascomiceto: fungo que produce ascosporas, pertence ao reino Fungi.

ascospora: espora de orixe sexual producida no interior dun asca.

aserrada: marxe, do sombreiro ou das láminas, en forma de dentes de serra.

asimétrica: espora desigual con respecto a un eixe lonxitudinal.

atenuado: facéndose máis estreito nunha determinada dirección.

autóctona: dise da especie que é natural dunha determinada zona.

autoecoloxía: estudio das relacións dunha determinada especie cos compoñentes

biolóxicos e fisicoquímicos do seu medio.

autótrofo: organismo que coa axuda da clorofila é capaz de sintetizar os seus propios

nutrientes a partir de auga e sales minerais.

baciliforme: espora con forma de bacilo (bacteria), valor de Q > 3, cilíndrica,

redondeada nos extremos.

bagazo: restos dalgúns froitos, coma a uva, logo de pisalos ou espremelos.

basidio: estrutura no interior da cal se forman basidiosporas.

basidiocarpo: ver basidioma

basidioliforme: célula morfoloxicamente similar a un basidio; pero sen esterigmas.

basidioma: frutificación ou corpo frutífero dun basidiomiceto.

basidiolo: basidio aínda non diferenciado.

basidioma: corpo frutífero portador de basidios.

basidiomiceto: grupo de fungos produtor de basidiosporas, pertencen ao reino Fungi.

basidiospora: espora de orixe sexual, orixinada nun basidio e proxectadas ao exterior

do mesmo polos esterigmas.

basiónimo: primeiro nome válido outorgado a un determinado taxon.

biflaxelados: con dous flaxelos.

bifurcado: dividido en dous.

bilateral: trama das láminas na que as hifas oriéntanse cara ao exterior a partir dunha

liña central.

biodiversidade: variedade e valor da vida na terra dende os xenes, pasando polos

organismos e os ecosistemas.

biotróficos: fungos que se alimentan establecendo unha simbiose con outros

organismos.

biseriadas: ascas na que as esporas están dispostas en dúas filas.

bispóricos: basidios con dous esterigmas, soamente producen dúas esporas.

brocha: tipo de células con numerosas e pequenas excrecencias.

bulbo: engrosamento na parte basal de pé. Se é moi ancho e coa marxe elevada

denomínase bulbo marxinado e se é alongado, napiforme ou radicante.

caducifolias: árbores que perden as follas durante unha época do ano.

calota: gran parche de veo, ou círculo máis duro e escuro, situado no centro do

sombreiro.

campanulado: en forma de campá.

capilicio: masa de elementos estériles, en forma de fíos ou tubos, propio de

gasteromicetos.

capitado: có ápice abruptamente redondeado, semellando unha cabeza.

cariogamia: fusión de dous núcleos celulares.

carne: ver trama.

carpóforo: corpo frutífero de determinados fungos, cogomelo.

cartilaxinoso: coa consistencia da cartilaxe.

catenulado: conxunto de elementos unidos coma nunha cadea.

caulocistidio: cistidio situado na superficie do pé.

cavernoso: interior do pé con cavidades definidas.

cebrado: con bandas en zigzag.

celulosa: macromolécula de polisacásidos con fórmula (C6H10O5)n, sendo n>200,

hidrolízase en glucosa (azucre). Forma parte da parede celular das plantas (reino

Plantae), numerosas algas e dos oomicetos (reino Chromista).

ceráceo: coa consistencia e/ou tacto de cera.

cespitoso: que frutifica en grandes grupos continuos, formando céspedes.

cianófilo: que absorbe nas estruturas e se tinxe co reactivo Azul de Algodón.

cigoto: célula diploide, resultante da fusión de dous gametos (n) encargada, a través

de distintos procesos divisorios, de dar orixe a un novo organismo.

cilíndrico: estipe con sección circular e co mesmo diámetro dende a base ata o ápice;

espora con Q = 2-3; cistidio con Q = 2-4.

cilio: pequeno peliño que tapiza a superficie externa dalgúns carpóforos.

circuncisa: volva moi adherida a base do estipe coa marxe superior ás veces libre

citriforme: con forma de limón.

clamidospora: espora de orixe asexual, non formada nun basidio ou asca.

clase (-mycetes): categoría taxonómica que agrupa ordes semellantes.

claviforme: estipe coa parte inferior netamente ensanchada; cistidio con forma de

maza, ensanchándose cara o ápice (Q = 1,5-4).

clávula: carpóforo en forma de mazo.

clorofila: pigmentos de cor verde, macromolécula asociada á fotosíntese, proceso que

permite transformar auga e sales minerais en hidratos de carbono e CO2 con axuda

da enerxía solar (organismos autótrofos). Hai tipo a, b, c1, c2, d e f. As plantas e as

algas verdes posúen o tipo b (C55H7006N4Mg).

coevolución: conxunto de adaptacións evolutivas recíprocas entre dous organismos.

collarium: anel situado o redor do ápice do pé, pero libre del, ao cal se unen as

láminas.

columela: eixo central, formado por tecido estéril, do carpóforo dalgúns

gasteromicetos.

congófilo: que absorbe nas estruturas e se tinxe co reactivo Vermello Congo.

cónico: estreitándose fortemente cara o ápice, forma de cono.

conidio: ver conidiospora.

conidióforo: estructura formadora de conidios.

conidiospora: espora de orixe asexual, é dicir non producida por fusión de gametos e

meiose.

coníferas: grupo de plantas vasculares caracterizadas por posuír conos ou piñas.

connado: dise do conxunto de exemplares que nacen cos pés unidos pola base.

convexo: superficie curva coa parte máis prominente no centro.

copo: resto de veo xeral no sombreiro en xeral sepárase con facilidade.

coprófilo: que frutifica sobre excrementos animais.

coraloide: con múltiples ramificacións e excrecencias irregulares coma un coral.

coriáceo: de consistencia similar ao coiro.

córnea: de consistencia moi dura, similar a un corno.

corolóxico: referido á distribución espacial dunha determinada especie.

cortina: veo en forma de tea de araña, que vai dende a marxe do sombreiro ata o pé

crenulado: marxe con numerosos dentes redondeados.

crepidotoide: carpóforo de basidiomicetos caracterizado polo pé lateral ou ausente.

crisocistidio: cistidio con contidos amorfos de cor amarela visibles en potasa.

cutícula: a capa máis externa do corpo frutífero (ver tamén pelis).

cutis: tipo de cutícula caracterizada na que as hifas se dispoñen de xeito paralelo á

superficie.

decurrente: lámina que chega o estipe e descende por el.

delicuescente: que se licúa nunha especie de tinta.

denticulado: marxe provisto de pequenos dentes máis ou menos agudos.

dermatocistidio: cistidio situado na superficie do sombreiro.

descendente: anel curvado cara abaixo.

dextrinoide: estrutura que se volve avermellada ou alaranxada en presenza do

reactivo de Melzer.

dicariótico: célula con dous núcleos, en xeral cada un de sexo diferente (+/-) ou

micelio con células binucleadas.

dimítico: composto por dous tipos de hifas: xenerativas e esqueléticas ou xenerativas

e envolventes.

diploide: célula con número de cromosomas 2n (n = serie completa de cromosomas),

en xeral procedente da fusión dos núcleos de dous gametos de sexo diferente.

discomicetos: grupo de ascomicetos coas frutificacións en forma de copa.

división: ver phyllum.

ecosistema: conxunto de seres vivos que comparten un espazo na natureza e se

relacionan entre si durante os seus procesos vitais, en función dos factores físicos do

mesmo ambiente.

ectoendomicorizas: tipo especial de ectomicorrizas que penetran parcialmente no

interior da raíz e forman estruturas especializadas para a súa reprodución, non

producen cogomelos.

ectomicorrizas: tipo de micorrizas nas que as hifas do fungo forman un manto ao

redor da raíz, pero non penetran no interior das células, son as que para se

reproducir producen cogomelos.

edáfico: referido ao solo.

elipsoide: espora ou cistidio con Q = 1,3-1,6.

endemismo: dise da especie que vive confinada a unha determinada zona e só nesa.

endomicorrizas: tipo de micorrizas nas que as hifas do fungo penetran, e forman

estruturas diferenciadas, no interior das células radicais. En xeral non producen

cogomelos.

endoperidio: capa máis interna do peridio.

enteoxénico: fungo usado con fins alucinóxenos, nalgunhas culturas coma parte

integrante das súas cerimonias relixiosas.

envainante: anel que recubre boa parte da superficie inferior do pé a modo de vaina

epigeo : frutificación que se forma sobre o substrato.

epitelio: tipo de cutícula constituída por elementos globosos ou elipsoides dispostos

en varias capas.

escama: restos de filamentos cuticulares (pé e/ou sombreiro), poden ser facilmente

separables da cutícula ou non. Termo inadecuadamente utilizado para referirse aos

flocos ou copos procedentes do veo.

esclerocio: pequeno corpo basal formado por hifas do micelio, moi compacto, máis ou

menos duro, e que da orixe ao basidiocarpo ou ao ascocarpo.

esclerófilo: aplícase os vexetais de follas duras, coriáceas ou ás formacións vexetais

compostas principalmente por estas especies.

escotada: lámina que se estreita netamente antes de unirse ao estipe ( = sinuada).

escrobiculado: con pequenas depresións irregulares.

esferocisto: célula globosa, típica do veo xeral de algúns cogomelos (p.e. Russula ou

Lactarius), constitúe a carne ou trama granulosa.

esferopedunculado: cunha cabeza globosa e unha longa prolongación.

espatuliforme: carpóforo ou estrutura elíptica ou oblonga, estreitándose cara o pé.

especie: unidade básica da clasificación biolóxica, corresponde ao conxunto de

organismos capaces de entrecruzarse e de producir individuos fértiles, pero non

poden cruzarse con membros doutras especies. Ver tamén autóctona, alóctona,

espontánea, subespontánea e invasora.

espontánea: dise da especie que aparece de forma natural nunha determinada zona,

sen interferencia humana.

espora: unidade de propagación capaz de dar orixe a un novo individuo; funciona

coma unha semente pero non contén embrión. Espora secundaria (ascomicetos)

orixinada a partir das ascosporas. Espora gamética , a que funciona como gameto,

por exemplo basidio e ascosporas.

esporada: depósito que se obtén deixando caer as esporas dun cogomelo sobre un

papel ou cartolina

esporonado: provisto dunha prolongación curva a modo de esporón.

esporoxénese: desenvolvemento das esporas.

esquarrosa: superficie cuberta de escamas rugosas e prominentes.

esterigma: proxección dos basidios que soportan as esporas antes da súa liberación.

estipe: pé, estrutura que soporta o sombreiro ou píleo. Pode ser central, nace no

centro do píleo,ou lateral, desprazado a un lado.

estipitipelis: capa máis externa do estipe.

estriado por transparencia: cutícula translúcida, que transparenta as liñas das

láminas.

estrigoso: cuberto do pelos longos e grosos.

estroma: masa de hifas vexetativas na que se orixinan os corpos frutíferos.

etnomicoloxía: estudo da relación dos pobos cos fungos.

eucariota: célula provista dunha membrana nuclear, que separa o material xenético,

organizado en pares de cromosomas, do resto das estruturas celulares.

eumicetos: fungos verdadeiros, caracterízanse, entre outras cousas, pola parede

celular composta por quitina ou β-glucanos.

evanescente: que desaparece o cabo do tempo.

excéntrico: pé con inserción lixeiramente lateral con respecto ao sombreiro.

excípulo: tecido que contén o himenio (nun apotecio) ou que constitúe a parede (nun

peritecio).

excrecencia: prolongación irregular, normalmente situada nas paredes laterais ou no

ápice dunha estrutura

exoperidio: capa máis externa do peridio.

exsiccata: mostra vexetal ou fúnxica deshidratada, identificada e etiquetada,

testemuña dunha recolección e identificación, deposítanse en herbarios e/ou

micotecas.

familia (-aceae): categoría taxonómica que agrupa xéneros semellantes.

faseoliforme: cun dos lados cóncavo e non paralelo ao outro, en forma de faba.

fenólico: de cheiro similar ao fenol.

fértil: provisto de estruturas reprodutoras (basidios ou ascas).

festonado: ondulado.

fibriloso: cuberto de fibriñas.

fíbula: pequeno bucle que se forma a nivel dos septos dalgunhas hifas.

ficomicetos: conxunto de organismos tradicionalmente estudados polos micólogos;

pero que en realidade non pertencen ao reino Fungi, senón ao Protozoa ou ao

Chromista. Caracterízanse, entre outras cousas, pola parede celular composta

celulosa, non por quitina ou β-glucanos.

filiforme: en forma de fío, moi longo e estreito.

filo : ver phyllum

filoxenia: historia evolutiva dun grupo de organismos ao longo do tempo.

fimbriado: con pequenas proxeccións regulares similares a peliños.

fimícola: que frutifica sobre esterco.

fistuloso: interior do estipe totalmente oco (ver cavernoso).

fitorexión: extensión, en xeral de gran tamaño, caracterizada por un tipo de

vexetación similar.

flabeliforme: en forma de abanico.

flexuoso: de contorno irregular, sinuoso.

flocos: copos, semellantes ás felepas de neve.

flocoso: cuberto de flocos (copos).

flora: conxunto de especies de plantas (mofos ou briófitas, fentos e plantas con flores)

dunha determinada zona, no caso das algas dise ficoflora. Ver micobiota.

flota: frutificación constituída por numerosos carpóforos que nacen moi preto uns de

outros.

forma de resistencia: estrutura especializada en permitir a supervivencia dun

organismo baixo condicións adversas para o seu desenvolvemento.

foro : sufixo que significa produtor de, por exemplo conidióforo.

fragmobasidio: basidio tabicado internamente (lonxitudinal ou transversalmente)

fráxil: que rompe con facilidade.

friable: que se esmigalla con facilidade entre os dedos. Ver fráxil.

fungo: organismo uni ou pluricelular, con paredes celulares engrosadas, nutrición

heterótrofa (sen clorofila), con glucóxeno como sustancia de reserva e que se

alimenta por fagocitose ou absorbendo nutrientes despois dunha dixestión externa

da materia orgánica. Conforman o reino Fungi.

fusiforme: con forma de fuso, estreitándose cara os dous extremos; esporas ou

cistidios con Q = 2-4.

gaiado: ramificado, con gaios.

gameto: célula haploide (n) que ten como función unirse a outro gameto para orixinar

un cigoto.

gamia: proceso de fusión de dous gametos.

gasteroide: carpóforo do tipo gasteromicetos, coa superficie fértil case totalmente

protexido no interior.

gasteromicetos: grupo de basidiomicetos caracterizado por posuír superficie fértil

(himenio) interna, á que se lle denomina gleba.

glabro: sen pelos.

glaseado: superficie con aspecto de xeo ou vidro partido, craquelado.

gleba: tecido produtor de esporas (fértil) dos gasteromicetos e ascomicetos hipoxeos

globoso: esférico, esporas ou cistidios con Q = 1-1,05.

glucóxeno: polisacárido de reserva enerxética en animais e fungos, formado por

cadeas ramificadas de glucosa (C24H42O21), insoluble na auga.

glute: sustancia xelatinosa que cubre a superficie dalgúns carpóforos.

glutinoso: provisto de glute o polo menos de tacto viscoso, mocoso.

gregario: crecendo en grupo.

gútula: pequena gotiña, normalmente oleosa, que se atopa no interior das esporas

hábitat: lugar da natureza onde medra un fungo.

haploide: célula con n número de cromosomas (n = serie completa de cromosomas).

helotiais: grupo de ascomicetos con frutificacións de pequeno tamaño, en forma de

copa ou disco a miúdo de cores moi vistosas.

hemisférico: con forma de media esfera.

hemolisina: sustancia que provoca a destrución da parede dos glóbulos vermellos.

hemolítica: carpóforo ou sustancia que destrúe as paredes dos glóbulos vermellos.

hepatotóxico: fungo que contén sustancias que destrúen as células do fígado.

heterótrofa: uso de compostos orgánicos externos como fonte de enerxía, organismo

sen clorofila.

hialino: transparente e translúcido.

hifa: cada un dos filamentos microscópicos que conforman o corpo do fungo e do

cogomelo. Hifas xenerativas , teñen paredes delgadas, esqueléticas , con paredes

grosas y envolventes , paredes grosas e ramificadas. Laticífera: hifa que contén

látex.

higrófano: superficie que, embebida en auga, adquire aspecto translúcido e/ou muda

de cor.

higrométrico: fungo que cambia o seu aspecto segundo o contido en auga.

himenio: parte fértil do carpóforo que contén as estruturas reprodutoras.

himenodermis: tipo de cutícula formada por elementos terminais situados todos ao

mesmo nivel.

himenóforo: parte do corpo frutífero formadora da superficie fértil do fungo (himenio).

himenomicetos: grupo de basidiomicetos con himenio externo.

hipoxeo: frutificación que se forma no interior do substrato, en xeral aromática.

hirsuto: con pelos, máis ou menos longos, duros e erectos.

holobasidio: basidio non tabicado.

hospedante: organismo sobre o que se desenvolve un parasito ou que serve de base

para o estabelecemento dunha relación micorrícica con o fungo.

humícola: fungo que vive no humus, capa orgánica do chan.

imbricado: basidiocarpo disposto un sobre outro, como as tellas nun tellado.

infraespecífico: categoría taxonómica por debaixo do rango de especie.

infundibuliforme: con forma de funil.

innado: con fibriñas por debaixo da cutícula, internas, pero visibles.

invasora: especie introducida nunha determinada zona, capaz de reproducirse por si

mesma e que compite coas especies autóctonas eliminándoas ou diminuíndo as

súas poboacións.

involuto: sombreiro coa marxe enrolada.

irpicoide: superficie formado por dentes ou aguillóns.

ixo: prefixo que se engade a diversos tipos de cutícula para indicar a presenza dunha

matriz xelatinosa.

lacerado: con aspecto fendido ou esfiañado.

lacinia: ramificación do fungo, larga, aplanada e con forma irregular, tamén se usa

como cinta.

lacrimoide: con forma de lágrima.

lamélula: pequena lámina que parte do borde do píleo sen chegar ao estipe.

lámina: estrutura que semella a folla dun libro, situada na parte inferior do sombreiro

ou píleo e que leva as estruturas reprodutoras. Pode ser adnada, decorrente,

escotada ou libre (ver estes vocábulos).

lanoso: semella estar cuberto de lá, con pequenos peliños curtos e suaves.

larva: fase do ciclo de vida dun insecto, previo ao estado adulto e ao de crisálida,

como ocorre nas bolboretas.

látex: líquido semellante ao leite, de cores diferentes (branco, amarelo,

alaranxado,...), que flúe ao crebar o tecido dalgúns fungos. Pode oxidarse en

contacto co ar, pasar de translúcido a branco ou de branco a amarelo, etc.

laxeniforme: cistidio caracterizado por unha parte apical moito máis estreita que a

parte media, forma de botella adelgazada na base.

lecitiforme: con base ancha que se estreita bruscamente e có ápice capitado.

leptocistidio: cistidio coas parades lisas e delgadas.

libre: lámina que está separada do pé.

lignícola: fungo que vive sobre madeira, tanto viva como en descomposición.

liquenobiota: conxunto de especies de liques dunha zona determinada. Sinónimo do

anacronismo liquenoflora..

liques: organismos vivos formados pola asociación permanente dun fungo e unha

alga.

listas vermellas: inventario de especies onde se analiza o seu estado de

conservación e no que aparecen aquelas especies que son raras ou están

ameazadas de extinción.

lóculo: pequena cavidade ou espazo.

macroalga: alga observable a simple vista.

macromicetos: fungos con corpos frutíferos macroscópicos, o que vulgarmente

coñecemos como cogomelos.

mamelón: avultamento a modo de tetiño, que se forma no centro do sombreiro

dalgúns fungos, se é moi pequeno chámase papila.

mazudo: con forma de maza.

meiose: proceso de división celular polo que a partir dun cigoto ou dunha célula nai

diploide (2n), en xeral formada a partir de dous gametos haploides (n), se obteñen

catro células fillas haploides (n), as tetrasporas.

membranoso: estrutura delgada, carente de carne e consistencia flexible (branda).

metacromático: reacción positiva ao Azul de Cresilo, a estrutura vira a cor vermella

ou rosada.

metuloide: cistidio con paredes engrosadas, a miúdo con incrustacións cristalinas no

extremo.

micáceo: pequenos puntos brillantes que lle dan aspecto semellante á mica.

micelio: masa de hifas que forman o fungo. Considérase primario o producido trala

maduración directa das esporas (un núcleo/célula, monocariótico). E secundario,

trala fusión de dúas hifas compatibles do micelio primario, mantendo os dous

núcleos (o do pai e o da nai, dicariótico).

micetación: brote dos carpóforos ou corpos frutíferos dos fungos dunha zona.

micetismo : intoxicación ou envelenamento causado pola inxestión de fungos

micobiota: conxunto das especies fúnxicas dunha área concreta. Sinónimo do

anacronismo micoflora.

micofaxia: uso dos fungos como alimento.

micófilo: individuo ou pobo ao que lle gustan os fungos, tanto para consumo e estudo

como para decoración.

micófobo: individuo ou pobo que ten medo ou rexeita irracionalmente aos fungos.

micólogo: individuo que estuda os fungos. Pode ser profesional ou afeccionado.

micoloxía: ciencia que trata do estudio dos fungos.

micoparásito: fungo parasito doutro fungo.

micorriza: asociación simbionte de certos fungos coas raíces das plantas. Pode ser

ectomicorriza, endomicorriza ou ectoendomicorriza (ver estes vocábulos)

micorrizóxeno: cogomelo ou planta con capacidade de formar micorrizas

micosocioloxía: ciencia que trata o estudio das comunidades de fungos

micoteca: lugar onde se gardan exsiccatas de fungos, ou cultivos vivos, debidamente

etiquetados e ordenados. Antigamente coñecíanse como “herbarios de fungos”.

micotopo: zona coas condicións ambientais adecuadas para que se desenvolvan os

fungos.

micra: micrómetro.

microalga: alga que só pode ser observada individualmente a través do microscopio.

micrómetro: pequena lente de cristal integrada no ocular do microscopio e provista

dunha regra para medir as estruturas. A unidade de medida son os micrómetros

(µm), comunmente denominadas micras.

micromiceto: fungo que non produce corpos frutíferos observables a simple vista.

mitose: proceso de división celular polo que a partir dunha se obteñen outras dúas

idénticas.

mitriforme: con forma de mitra (chapeu) de bispo (base cadrada e ápice triangular).

mixomiceto: grupo taxonómico, tradicionalmente estudado polos micólogos, incluído

no reino Protozoa, con dúas fases no seu ciclo de vida, unha vexetativa, unicelular e

plurinucleada, móbil, e outra reprodutora, fixa, con aspecto de pequeno cogomelo.

monocariótico: micelio que contén un só tipo de núcleo celular ou célula con un só

núcleo.

monofilético: taxon ou grupo de taxons cun orixe evolutivo común.

monomítico: sistema de hifas composto por hifas dun só tipo (esqueléticas).

monospecífico: xénero que comprende unha soa especie.

monospórico: basidio que forma unha soa espora no seu interior e ten un só

esterigma.

morfotipo: grupo de individuos, morfoloxicamente diferenciados por caracteres

externos (fenotipo), dentro dunha especie.

mucronado: cistidio que remata nun mucrón, punta corta e aguda.

necrotrófico: fungo que vive a expensas doutro ser vivo causándolle dano ou mesmo

a morte.

nitrófilo: que medra en hábitats ricos en nitróxeno.

nodulosa: espora con engrosamentos ou vultos, lisos e desiguais.

nomenclatura: disciplina encargada da asignación dun nome latino s distintas

unidades sistemáticas de seres vivos, rexida polo Código Internacional de

Nomenclatura de Algas, Plantas e Fungos (última edición, 2012).

oblongo: espora máis longa que ancha (Q = 1,6-2) ou cistidio con Q > 1,6.

octospórico: que contén oito esporas no seu interior.

oogamia: fusión de gametos (gamia), na que un dos dous é máis pequeno e móvil

(masculino) e o outro maior e fixo (feminino). Ver ascogamia.

oomicetos: grupo taxonómico, tradicionalmente estudado polos micólogos, que

forman oosporas biflaxeladas, micelio non tabicado e con celulosa na súa parede

celular, actualmente incluído no reino Chromista, xunto coas algas.

opérculo: pequena tapadeira ou cuberta.

orde (-ales): categoría taxonómica que agrupa familias semellantes.

organoléptico: carácter que podemos percibir a través dos nosos sentidos, coma cor,

sabor, cheiro, tacto, etc.

ovoide: espora ou cistidio en forma de ovo, cun extremo máis estreito que o outro

paleomicoloxía: estudio dos fósiles fúnxicos.

papila: mamelón pequeno (ver mamelón).

paracapilicio: capilicio típico de Lycoperdales (peidos de lobo) e mixomicetos,

formado por hifas de paredes delgadas, hialinas e tabicadas ou septadas.

parafiso: estrutura estéril presente no himenio, propia de ascomicetos.

parásito: ver necrotrófico.

pedicelo: extremidade delgada que presentan algunhas esporas.

pé: ver estipe.

péndulo: que colga.

peridio: membrana ou parede que envolve a gleba de gasteromicetos e ascomicetos

hipoxeos.

peridiolo: estrutura esférica ou aplanada (aspecto de ovo), coa parede dura e cerosa

que rodea a gleba. Actuando como unidade de propagación nos Nidulariales e

atópanse varios xuntos no interior doutra estrutura en forma de niño de paxaro.

perisporio: envolta que rodea a verdadeira parede das esporas.

peristoma: zona que rodea ao orificio de saída das esporas, especialmente en

gasteromicetos.

peritecio: corpo frutífero de ascomicetos, en forma de botella, cerrado e cun poro na

parte superior.

persistente: evidente, incluso na madurez.

pH: indicador da acidez dun terreo. Un pH de 7 é neutro, menor valor é ácido e maior,

básico.

phyllum (-mycota): categoría taxonómica que agrupa clases semellantes, sinónimo

de división. Plural phylla. Sinónimo anacrónico división.

pileipelis: capa máis externa de células de sombreiro.

píleo: sombreiro.

pileocistidio: cistidio situado na cutícula do sombreiro ou pileipelis.

piloso: con pelo curto e fino, suave ou non.

pirenomicetos: grupo de ascomicetos caracterizados por posuír peritecios

piriforme: con forma de pera.

planta vascular: planta cun sistema interno de vasos para o transporte de alimento,

comprende os fentos e as plantas con flores.

plasmogamia: fusión do citoplasma de dúas células, non implica a fusión dos núcleos.

pleurocistidio: cistidio situado nos laterais (cara) da lámina.

pluricelular: con numerosas células.

policariótico: con varios núcleos.

polifilético: taxon que evolucionou a partir de distintos taxons ancestrais, contraponse

a monofilético.

poro xerminativo: pequena abertura na parede dunha espora por onde saen as hifas

para xerar o novo micelio.

potasa: hidróxido de potasio (KOH).

protozoo: organismo eucariota unicelular con alimentación xeralmente heterótrofa,

pertence ao reino Protozoa.

pruinoso: cuberto de pruina, pó moi fino e facilmente separable ao tocar, fariñento.

pseudoriza: prolongación na base dun cogomelo a modo de raíz.

pubescente: cuberto de pelos moi finos e suaves.

punteado: cuberto de diminutas manchas ou puntiños.

pupa: fase do ciclo vital dalgúns insectos, intermedia entre larva e adulto.

Q: cociente longo/ancho dunha espora ou calquera outro elemento.

queilocistidio: cistidio situado na aresta da lámina.

quitina: carbohidrato (N-acetil-D-glucosamina) constituinte das paredes celulares dos

fungos, do esqueleto externo dalgúns artrópodos e certos órganos de outros

animais.

radialmente: con disposición radial.

radicante: estrutura rematada na base por unha estrutura adelgazada, semellante a

unha raíz.

raquis: nervio central da fronde (folla) ou caule aéreo dos fentos.

reniforme: con forma de ril.

resupinado : carpóforo plano, adherido ao substrato e co himenio na superficie exterior

retículo: malla en forma de rede observable na superficie do pé ou do sombreiro e na

parede das esporas (microscopio).

rimuloso: con pequenas gretas ou fendas.

ripisilva: bosque do borde dun río, tamén chamado bosque de ribeira ou de galería.

rizoide: estrutura filiforme, uni ou pluricelular, homóloga á raíz, situada na base do pé

das briófitas e dalgúns cogomelos.

rizomorfo: agrupación de hifas formando cordóns miceliares, situados na base do pé

dalgúns cogomelos.

rostrado: provisto dunha proxección a modo de pico.

saprófito: ver saprótrófico.

saprotrófico: fungo que se alimenta a expensas de materia orgánica morta,

descompóndoa.

saquiforme: con forma de saco.

satinado: liso e brillante.

secotioide: carpóforo con aspecto intermedio entre un agaricoide (himenio exposto) e

un gasteromiceto (himenio interno).

semihipoxeo: cogomelo que medra medio enterrado.

sensu auct.: na interpretación de diversos autores indeterminados.

sensu lato: en sentido amplo.

sensu stricto: concreto, no sentido dun autor (ou varios) determinado(s).

sentado: ver sésil.

septado: que está tabicado, con septos.

septo: tabique.

serícea: superficie cuberta de numerosas fibriñas, suave, como a seda.

sésil: sen pé.

seta: pelo ríxido e teso. Ao microscopio en xeral presenta paredes engrosadas e cor

escura.

siderófilo: con partículas negras ou púrpuras en presenza de Acetocarmín e ións

metálicos.

simbionte: cada un dos organismos integrantes dunha simbiose.

simbiose: relación entre dous seres vivos que fan vida en común obtendo un

beneficio mutuo, en xeral cústalles vivir un sen o outro.

simétrico: que ten correspondencia na disposición das partes con respecto a un

punto, eixo ou plano, ten simetría.

sinónimo: nome usado para designar un taxon para o cal xa existe outro nome

correcto e que cumpre o indicado no Código Internacional de Nomenclatura.

sinuada: ver escotada.

sistemática: ciencia que permite a descrición dos taxa mediante o uso de caracteres

sistemáticos e/ou descritivos. É a base da taxonomía.

solanácea: planta pertencente a familia das solanáceas e que inclúe especies

frecuentemente cultivadas como a pataca, tomate ou pemento, normalmente ricas en

alcaloides.

somatogamia: fusión dos gametos na que os núcleos non chegan a fusionarse.

somatogamia: tipo de plasmogamia, que se produce pola fusión de hifas, célula a

célula, pertencentes a dous micelios sexualmente compatibles

sotobosque: vexetación que medra baixo as copas das árbores dun bosque

sub-: prefixo que denota que case ten determinada característica (adxectivo) ou que

se sitúa debaixo (nome).

suberoso: con forma ou aspecto de cortiza.

subespontánea: dise da especie introducida nunha determinada zona, en xeral con

interferencia humana, e que é capaz de reproducirse por si mesma.

sucado: con sucos ou riscas intercalando cotas e vales.

taxon: rango ou categoría da escala taxonómica: especie, xénero, familia, orde, clase,

phyllum. Plural taxa ou taxons.

taxonomía: ciencia que trata da clasificación dos seres vivos e das normas que as

rexen para formar a escada taxonómica.

tétrada: conxunto de catro esporas.

tipificación: designación de un tipo, normalmente unha colección seca ou exsiccata,

definitorio dun determinado taxon, de acordo coas normas do Código Internacional

de Nomenclatura.

taxonomía: ciencia que permite organizar os seres vivos en taxa ou categorías

mediante o uso de caracteres descritivos diferenciadores ou diagnóstico.

tomentoso: cuberto de pelos espesos e a miúdo ramificados.

trama: capa de hifas situadas na parte central da lámina de Agaricales, ou de modo

máis xeral hifas que conforman os tecidos dun carpóforo.

tricodermis: tipo de cutícula formada por hifas erectas, septadas, orixinadas a

distintos niveis.

trimítico: sistema de hifas composto por tres tipos de hifas: esqueléticas, xenerativas

e envolventes.

trófico: relativo a nutrición

truncado: terminación abrupta, cortada, trapezoide.

tuberáceos: grupo de ascomicetos con carpóforos hipoxeos (p.e. trufas).

umbilicado: sombreiro cunha pequena depresión ou embigo.

uniseriada: asca cunha soa fila de esporas.

urcitiforme: cistidio laxeniforme coa parte apical moi estreita e recuberta de

incrustacións cristalinas.

utriforme: cistidio có ápice e a base máis anchas que a parte media.

variedade: categoría taxonómica inferior a subespecie.

veludado: con pequenos e finos peliños, con aspecto de veludo.

venoso: con veas.

veo: membrana que recubre a totalidade do primordio do corpo frutífero (veo xeral* )

ou só a parte fértil (veo parcial** ). Cando o cogomelo medra e se rompe pode dar

lugar á volva, aos flocos (*), ao anel ou á cortina (**).

verrucosa: cutícula ou espora con pequenas verrugas.

vexetación: conxunto de comunidades vexetais, constituídas por especies

ecoloxicamente relacionadas entre si.

virguliforme : forma de coma ou vírgula.

visguento: cuberto dunha especie de mucosidade, graxo e pegañento ao tacto.

volva: estrutura en forma de bolsa ou saco, máis ou menos adherida á base do pé,

procedente do veo xeral. Non confundir con bulbo.

xantofíceas: grupo de microalgas con xantofila (pigmento amarelo) no interior (algas

amarelas).

xénero: categoría taxonómica que agrupa especies con características semellantes.

zignematácea: alga clorófita (verde), filamentosa.

zigomicetos: grupo de fungos que se caracterizan por formar zigosporas, pertence ao

reino Fungi.

zigospora: espora de orixe sexual, con paredes engrosadas (inactiva), cando se

activa sufre meiose no interior dun zigosporanxio que se produce no extremo dun

zigosporanxióforo . Característica de zigomicetos como o balor negro do pan.

zonado: sombreiro no que se poden apreciar bandas concéntricas de distinta

tonalidade ou cor.

Clave de Macromicetos de Galicia. 20 páxinas

1

CLAVE MACROSCÓPICA DE MACROMICETOS DE GALICIA

Modificada da Guía Macromicolóxica dos Ecosistemas Galegos . M.Castro , A.Justo, P.Lorenzo e A.Soliño.

2005. Edicións Baía e da utilizada na aplicación informática para móbiles (android) MICOKEY de X.Bellón e

M.Castro)

Observacións : Non se trata dunha clave completa, senón das especies máis frecuentes no NO Ibérico e que son

relativamente fáciles de identificar a simple vista. De calquera maneira aconsellase ao determinar unha especie

comprobar despois algunha descrición completa e, se é posible, algunha monografía do xénero, ademais de completar o

traballo cun estudo microscópico dos exemplares.

CLAVE XERAL

1. Cogomelos con láminas . 2

Cogomelos sen láminas. 6

2. Carne februda, o pé esfiañase facilmente. 3

Carne graúda, o pé rompe coma se fora xiz. CLAVE 1 (páx. 1)

3. Láminas, nos exemplares que xa formaron esporas, de cor clara. 4

Láminas, nos exemplares maduros, de cor escura (parda tabaco, gris ou negra). 5

4. Láminas de cor branca, crema, ocre clara ou violácea, aínda en exemplares maduros. CLAVE 2 (páx. 2)

Láminas de cor asalmoada, carne, rosada, amarela forte ou alaranxada na madurez, nalgún caso pode

observarse un lixeiro po branco ou cincento. CLAVE 3 (páx. 7)

5. Exemplares maduros con láminas de cor parda, máis ou menos, tabaco ou enferruxada. CLAVE 4 (páx. 8)

Láminas de cor gris, negra ou parda moi escura. CLAVE 5 (páx. 10)

6. Himenio interno, só se libera cando maduran as esporas, que por veces aparecen no interior de pequenos

peritecios incluídos no interior dun estroma. CLAVE 6 (páx. 12)

Himenio externo. 7

7. Himenio formado por tubos, rematados en poros, ou aguillóns. CLAVE 7 (páx. 13)

Himenio liso, con pregues ou costelas. CLAVE 8 (páx. 16)

CLAVE 1. HIMENIO LAMINAR , CARNE GRAÚDA , SEMELLANTE AO XIZ

[xéneros con numerosas especies, difíciles de diferenciar macroscopicamente]

1. Verten leite (látex) ao romper o cogomelo, moitas das veces as láminas son decorrentes (Lactarius). 2

Non verten leite, as láminas son unidas ao pe ou escotadas (Russula). 10

2. Látex branco, que co tempo pode mudar a amarelo sobre as láminas. 3

Látex doutra cor. 4

3. Sombreiro zoado, liso, ao primeiro látex branco, rapidamente pasa a amarelo en contacto co ar. Lactarius

chrysorheus

Outras características. 5

4. Látex de cor cenoria ou alaranxado, pode oxidar a verde ou vermello. Lactarius deliciosus

Látex de cor viño. Lactarius sanguifluus

Clave de Macromicetos de Galicia. 20 páxinas

2

5. Sombreiro con tonalidades vermellas ou pardo vermellas, cheira a chicoria, látex doce, ao principio

lixeiramente acuoso. Lactarius camphoratus

Outro cheiro e látex diferente: 6

6. Sombreiro coa marxe peluda, polo menos nos exemplares novos, preferentemente baixo bidueiros. 7

Sombreiro diferente e noutro hábitat. 8

7. Sombreiro esbrancuxado, crema ou rosado, lixeiramente zoado, co látex branco, aínda que verdea

colocado sobre un pano de papel. Lactarius pubescens

Sombreiro zoado, alaranxado, látex branco, cheiro forte, amargo. Lactarius torminosus

8. Sombreiro en forma de funil, marxe enrolada, de gran tamaño e branco. Lactarius vellereus

Outras características. 9

9. Sombreiro de cor case negra ou verde oliva moi escuro, baixo bidueiros. Lactarius turpis

Sombreiro pardo vermelliño ou cor da tella, ás veces cun marcado cheiro a chinche. Lactarius subdulcis

10. Sombreiro con tonalidades rosadas, vermellas, púrpura ou violácea. 14

Outras cores no sombreiro. 11

11. Sombreiro de cor verde, pé branco, sabor doce. Russula virescens

Outras cores. 12

12. Forte cheiro a améndoas amargas e sombreiro de cor ocre a pardo rosada . Russula fragrans

Cheiro diferente. 13

13. Sombreiro branco ao primeiro, en xeral tínguese rapidamente de negro. Russula nigricans

Sombreiro con tonalidades amarelas, preferentemente baixo bidueiros. Russula ochroleuca

14. Carne doce. 17

Carne picante. 15

15. Sombreiro esbrancuxado, de cor rosa clara ou lilacina no centro, en xeral baixo bidueiros. Russula

betularum

Sombreiro máis escuro, violáceo ou púrpura. 16

16. Carne, láminas e pé que se tinguen de vermello en contacto con amoníaco. Russula sardonia

Sen reacción ao amoníaco. Russula torulosa

17. Cun groso mamelón central, preferentemente baixo piñeiros. Russula turci

Sen mamelón, láminas flexibles, céreas e carne con sabor a abelá. Russula cyanoxantha

CLAVE 2. HIMENIO LAMINAR , DE COR BRANCA , CREMA, OCRE CLARA OU VIOLÁCEA

1. Sobre carpóforos vellos, en xeral do xénero Russula. Asterophora parasitica ou Asterophora lycoperdoides

Outro hábitat. 2

2. Pé central. 10

Pe longo, excéntrico, lateral ou sen el, en xeral sobre madeira. 3

3. Carpóforo sésil, con láminas fendidas ao longo. Schizophyllum commune

Láminas verdadeiras, non fendidas. 4

4. Sombreiro duro, coma cortiza, superficie hirsuta e con bandas coloreadas concéntricas, sen pé. Lenzites

betulina

Sombreiro carnoso, glabro, con pé curto ou sésil. 5

Clave de Macromicetos de Galicia. 20 páxinas

3

5. Sombreiro sésil ou subsésil, sobre ramas ou cepas. 6

Sombreiro grande, de cor variable, co pé totalmente excéntrico ou sen el. 8

6. En xeral resupinado (himenio cara arriba), de pequeno tamaño (<1,5 cm.), cor branca ou crema.

Crepidotus variabilis

Non resupinado, de maior tamaño. 7

7. Carne branco sucio, cunha capa superior parda, xelatinosa, sombreiro pardo gris, ás veces moi escuro,

tomentoso: Hohenbuehelia atrocaerulea

Carne moi elástica, crema ou con tonalidades oliváceas, sombreiro de cor branca crema ou gris, glabro

ou con pequenas escamas fibrosas. Crepidotus mollis

8. Vivindo no solo, cutícula cerácea, lixeiramente xelatinosa. Hohenbuehelia petalodes

Vivindo sobre madeira cortada ou árbores vivas. 9

9. Sombreiro branco agrisado, láminas anchas, cheiro a froita. Pleurotus ostreatus

Sombreiro ao principio violáceo, logo agrisado, láminas branco rosadas, no fin crema, en xeral unidas

entre si. Lentinus conchatus

10. Con volva (Amanita). 11

Sen volva . 26

11. Pé con anel ben definido, incluso nos exemplares adultos. 12

Pé sen anel nos exemplares desenvolvidos. 21

12. Carne tinguíndose de vermello viño en contacto co ar: Amanita rubescens (se é bastante amarelada e

copos amarelo limón: Amanita aspera)

Carne inmutable. 13

13. Láminas e pé amarelos. Amanita caesarea

Láminas e pé brancos, aínda que poden estar lixeiramente manchados de amarelo. 14

14. Sombreiro vermello ou alaranxado, con volva con copos, en xeral con numerosas pintas brancas.

Amanita muscaria (ver tamén A.muscaria var. formosa)

Sombreiro e volva doutra maneira. 15

15. Cheiro a pataca crúa ou de ravo e volva circuncisa. 16

Outro cheiro. 17

16. Sombreiro amarelo citrino ou branco. Amanita citrina

Sombreiro de cor parda, máis ou menos violácea. Amanita porphyra

17. Volva ancha en forma de saco e sombreiro branco, ocre, amarelo ou verde. 18

Outras características. 19

18. Sombreiro branco, ás veces cun círculo ocre no centro, primaveral. Amanita verna

Sombreiro doutra cor, con fibras inmersas na cutícula. Amanita phalloides

19. Bulbo radicante, volva en copos e escamas piramidais, nas dunas. Amanita gracilior

Bulbo e volva con outros caracteres. 20

20. Marxe estriada nos exemplares desenvolvidos, numerosos copos fortemente adheridos á cutícula, anel

delgado. Amanita pantherina

Marxe non estriada, en xeral pé moi longo, sen copos, ás veces con grandes placas brancas. Amanita

gilberti

Clave de Macromicetos de Galicia. 20 páxinas

4

21. Marxe fortemente estriada nos exemplares adultos, volva en forma de saco e porte, máis ou menos

elegante. 22

Marxe non estriada, volva variable e porte robusto. 24

22. Sombreiro satinado, gris ou branco. Amanita vaginata (ver tamén Amanita mairei)

Doutra cor. 23

23. Sombreiro pardo amarelo, con tonalidades oliváceas, relacionada só con bidueiros. Amanita ceciliae

Sombreiro de cor ocre alaranxada, ás veces cun groso mamelón. Amanita crocea

24. Carpóforo branco, de gran tamaño, normalmente coa marxe colgante polos restos do veo parcial, propia

de terreos con pH básico. Amanita ovoidea

Outras características. 25

25. Sombreiro de cor amarelo, máis ou menos citrino, ou ocre, carne inmutable. Amanita gemmata

Sombreiro de cor branca, ás veces con cores pardo rosadas o contacto, carne branca, ás veces con

lixeiras tonalidades rosadas ou pardo claras. Amanita curtipes

26. Pé con anel. 27

Pé sen anel. 44

27. Vivindo sobre cepas, pólas, raíces, etc. Armillaria mellea

Vivindo na terra. 28

28. Anel móbil ao longo do pé. Sombreiro con moitas escamas pardas, pé groso e bulboso. 29

Anel fixo. 33

29. Sombreiro cun gran parche en forma de estrela. Macrolepiota excoriata

Sombreiro con escamas pardas individualizadas. 30

30. Pé con riscas transversais pardas (acebrado). Macrolepiota procera

Pé liso. 31

31. Escamas radiais, anel relativamente simple, ás veces varios carpóforos nacendo do mesmo bulbo.

Macrolepiota venenata

Escamas concéntricas. 32

32. Anel dobre, con dobre coroa e bulbo non marxinado. Chlorophyllum rachodes

Anel relativamente simple e bulbo marxinado. Chlorophyllum brunneum

33. Sombreiro de cor amarela intensa, polo menos no centro: 34

Sombreiro claro, branco sucio, crema ou amarelo, por veces con escamas: 35

34. Vivindo unicamente en macetas, invernadoiros, terras de cultivo: Leucocoprinus birnbaumii

En zoas areosas, dunas, carpóforo extremadamente fráxil. Leucocoprinus castroi

35. Sen escamas, de cor branca ou crema, vivindo en prados. Leucoagaricus leucothites

Con escamas, máis ou menos netas ou noutro hábitat. 36

36. Sombreiro ata 14 cm., a cutícula tínguese de amarelo intensamente ao corte ou ao mollala, finalmente

averméllase. Leucoagaricus americanus

Cutícula non amarela en contacto coa auga. 37

37. Cheiro característico, por unha parte moi doce e por outra a goma, carne branca ou rosada. Lepiota

cristata

Outro cheiro. 38

38. Sombreiro cun ancho umbón central e numerosas escamas piramidais, agudas. Cystolepiota aspera

Clave de Macromicetos de Galicia. 20 páxinas

5

Escamas non piramidais. 39

39. Pé lixeiramente bulboso, superficie escamosa - fibrilosa e base do pé dunha intensa cor alaranxada ao

rozala ou coa idade. Lepiota ignivolvata

Pé doutra maneira, non alaranxado na base. 40

40. En macetas, hortas, invernadoiros, escamas e umbón fortemente contrastados sobre a cor branca da

cutícula. Leucocoprinus brebisonnii

Outras características. 41

41. Carpóforo con tonalidades avermellada ou rosadas, especialmente na carne. 42

Carpóforo inmutable, non avermellada ou rosado, anchamente umbonado. 43

42. Escamas distanciadas entre si, sobre fondo branco crema, carpóforo esvelto. Lepiota helveola

Escamas densas, recubrindo case totalmente a cutícula, sobre fondo pardo ou ocre, carpóforo en xeral

achatado. Lepiota brunneoincarnata

43. Umbón pardo ou pardo alaranxado, con escamiñas lanosas, pardo ocres, sobre fondo branco. Lepiota

clypeolaria

Umbón pardo moi escuro, con escamiñas cubrindo toda a superficie, pardo claras, sobre fondo crema.

Lepiota magnispora

44. Láminas decorrentes. 45

Láminas non decorrentes. 50

45. Sombreiro verdoso, gris ou pardo. 47

Sombreiro alaranxado, amarelento ou rosado. 46

46. Láminas bifurcadas, fráxiles, lixeiramente alaranxadas, por veces pé pardo escuro. Hygrophoropsis

aurantiaca

Láminas anchas, brancas, ceráceas e elásticas, sombreiro rosa alaranxado ou branco. Hygrocybe

pratensis

47. Forte cheiro a améndoas amargas, láminas grosas, sombreiro ocre gris ou ocre parduzco. Hygrophorus

agathosmus

Outro cheiro. 48

48. Sombreiro pardo oliváceo ou pardo vermello, na marxe, amarelo oliváceo, decolorándose a amarelo, moi

viscoso. Hygrophorus hypothejus

Outras características, cores grises ou brancas, ás veces higrófanos. 49

49. Carpóforo grande, láminas facilmente separables da carne cando se vai secando, cheiro a froita.

Clitocybe nebularis

Carpóforo branco en seco, cun embigo central algo máis escuro, ás veces lixeiro cheiro a fariña.

Clitocybe metachroa

50. Sombreiro convexo ou aplanado.51

Sombreiro cónico ou con forma de campá (as veces aplanado cando vello). 61

51. Sombreiro amarelo dourado, contrastando co pé pardo e con veludo, sobre madeira. Flammulina

velutipes

Outra combinación de cores.52

52. Carpóforo moi pequeno, sombreiro con menos de 1 cm de diámetro, sobre follas. 53

Noutro hábitat ou outro tamaño. 54

Clave de Macromicetos de Galicia. 20 páxinas

6

53. En xeral follas planas e perennes, preferentemente de acivro. Maramius hudsonii

De piñeiro, máis raro de carballo, pé e micelio negro, da consistencia do arame. Setulipes androsaceus

54. Sobre ramiñas vivas ou caídas no chan. 55

Outro hábitat. 56

55. Láminas unidas preto do pé nunha especie de anel, sombreiro fortemente estriado. Marasmius rotula

Láminas anchas, separadas, non unidas nun anel preto do pé, que é curto. Marasmiellus ramealis

56. Cogomelo moi resistente a podremia e pé que se pode retorcer sen romper, umbón grande e obtuso, en

prados. Marasmius oreades

Cogomelo máis facilmente putrescible, pé por veces oco, fráxil ou noutro hábitat. 57

57. Pé escuro, contrastando co branco das láminas, preferentemente en prados. Melanoleuca melaleuca

Outras características. 58

58. Sombreiro gris, con fibras inmersas na cutícula, grosos rizomorfos brancos na base do pé. Megacollybia

platyphylla

Sen grosos rizomorfos. 59

59. Pequeno carpóforo de tonalidades pardo avermellada, cun forte cheiro a coles fermentadas: Gymnopus

brassicolens

Outro cheiro. 60

60. Base do pé bulbosa e esponxosa, cutícula de tacto ceráceo ou amanteigado. Rhodocollybia butyracea

Base do pé radicante e retorcida, vivindo sobre madeira. Gymnopus fusipes

61. Láminas de cor violeta, máis ou menos escuras. Lepista nuda (se pequeno tamaño Lepista sordida ou Laccaria

amethystina)

Láminas doutra cor. 62

62. Exemplares illados un de outro. 63

Exemplares unidos polo pé. Lyophyllum fumosum

63. Carpóforos brancos. 64

Carpóforos doutra cor. 65

64. Inmutables, base do pé azul turquesa ou verdosa. Tricholoma columbetta

Amarela intensamente ao contacto ou na vellez, cheiro moi desagradable. Tricholoma eucalypticum var.

alboflavescens

65. Sombreiro máis ou menos carnoso, láminas escotadas: 66

Sombreiro delgado, en xeral pouca carne, láminas variables: 69

66. Sombreiro gris ou parduzco. 67

Sombreiro pardo vermello. 68

67. Fibriñas inmersas na cutícula no chapeu, pé longo e fibroso, no fin láminas e marxe con manchas amarelas.

Tricholoma portentosum

Sombreiro moi fibriloso, pé curto, propio de terreos básicos. Tricholoma terreum

68. Carne con forte sabor a noz verde, láminas brancas, logo manchadas de pardo rosadas, lila ao secarse.

Tricholoma eucalypticum var. eucalypticum

Outro sabor, láminas unidas ao pe, amarelo pálido, aresta irregular, da mesma cor, con manchas pardo

avermelladas cando vello. Tricholoma fulvum

69. Láminas anchas, separadas, cerosas, elásticas, en prados, sombreiro de cores vivas, amarela, alaranxada ou

rosa, viven nos prados. 70

Clave de Macromicetos de Galicia. 20 páxinas

7

Láminas doutra maneira, sombreiro, en xeral, branco, gris, branco suxo, en bosques, por veces atópanse

na madeira ou nas piñas. 71

70. Sombreiro de cor rosa intenso, pé branco e fráxil. Humidicutis calyptriformis

Sombreiro de cor amarela, vermella ou alaranxada, pé branco, ás veces manchándose de negro ao tacto.

Hygrocybe conica (se tamaño moi pequeno <1cm ∅ Hygrocybe miniata)

71. Sobre piñas, marxe da lámina vermella. Mycena seynii

Outro hábitat. 72

72. Sombreiro aplanado nos adultos, de cores azuladas ou rosadas, con cheiro a pataca crúa ou ravo.

Mycena pura

Sombreiro doutra maneira e cheiro diferente. 73

73. Pé que o cortalo deixa saír un látex vermello, semellante ao sangue. Mycena sanguinolenta

Pé que non bota látex. 74

74. Pé amarelo, máis ou menos intensa, moi viscoso, vive preferentemente en piñeirais. Mycena epipterygia

Pé branco, vive sobre madeira ou restos leñosos, preferentemente de caducifolias. Mycena galericulata

CLAVE 3. LÁMINAS ASALMONADAS , ROSADAS , AMARELAS , ALARANXADAS OU DE COR CARNE

1. Con volva. Sombreiro, en xeral, viscoso. 2

Sen volva. 4

2. Desenvólvese sobre Clitocybe nebularis, pequeno tamaño. Volvariella surrecta

Outro hábitat. 3

3. Sobre madeira. Volvariella caesiotincta

Directamente no solo. Volvopluteus gloiocephalus

4. Vivindo na madeira. 5

Vivindo na terra.13

5. Sésil ou pé corto, láminas amareladas ou pardas, facilmente separables da carne. 6

Con pé central, láminas rosadas ou amarelas, ás veces amarelo alaranxadas. 7

6. Pé corto, en xeral excéntrico, cuberto de veludo negro. Tapinella atrotomentosa

Sen pé, ás veces carpóforo incrustado na madeira. Plicaturella panuoides

7. Pé con anel, carpóforos grandes de cor amarela dourada ou amarela alaranxada, sobre cepas.

Gymnopilus junonius

Pé sen anel ou cunha lixeira cortina. 8

8. Láminas de cor amarela dourada, amarela olivácea. 9

Láminas rosadas (Pluteus). 11

9. Carpóforo pequeno, de cor amarela alaranxada ou dourada, sobre ramas ou piñas, ás veces grosos

rizomorfos brancos. Gymnopilus penetrans

Outras características. 10

10. Sombreiro en xeral grande, de cor púrpura viño, escamoso. Tricholomopsis rutilans

Sombreiros pequenos, glabros, algo fariñento, de cores amarelas ou pardas, máis ou menos oliváceas.

Callistosporium luteolivaceum

11. Carpóforo escuro, láminas coa marxe escura. Pluteus atromarginatus

Clave de Macromicetos de Galicia. 20 páxinas

8

Láminas sen marxe escura, con fibriñas inmersas na cutícula radiais no sombreiro. 12

12. Sombreiro branco ou branco gris, no centro ocre amarelo, a miúdo escamoso. Pluteus petasatus

A miúdo con umbón central, pardo, un pouco máis escuro no centro, marxe ás veces estriada por

transparencia. Pluteus cervinus

13. Láminas decorrentes. 14

Láminas doutra maneira. 16

14. Cheiro a fariña fresca. Láminas moi pretas. Clitopilus prunulus

Láminas doutro xeito ou con outro cheiro. 15

15. Carpóforo de cor alaranxada ou ferruxinoso, ás veces sombreiro con forma de funil e láminas bifurcadas.

Hygrophoropsis aurantiaca (se cor ferruxinoso Chroogomphus rutilus)

Láminas pardo amareladas, facilmente separables da carne, marxe involuta. Paxillus involutus

16. Sombreiro carnoso, láminas máis ou menos amarelas, aínda que poden tender ao ocre na madurez. 17

Sombreiro delgado, de cor carne, higrófano, coas láminas moi anchas, separadas, cheiro a chocolate

rancio (Laccaria). 18

17. Sombreiro pardo, algo viscoso, sen anel. Tricholoma equestre

Sombreiro de cor ocre, carnoso, anel péndulo. Rozites caperata

18. Vivindo en taludes, pequeno tamaño (< 1 cm. de diámetro), umbilicado, radialmente sucado ou fendido,

pardo rosado. Laccaria tortilis

Sombreiro doutra maneira e noutro hábitat. 19

19. Sombreiro delgado, pardo vermello, marxe acanalado ou estriado por transparencia, preferentemente

aparece baixo eucaliptos. Laccaria fraterna

Sombreiro máis carnoso, pardo rosado ou pardo alaranxado, ao secarse pardo amarelo, superficie con

fibriñas inmersas na cutícula, ás veces con algunhas escamiñas no centro. Laccaria laccata (se a base

do pé é violeta, Laccaria bicolor).

CLAVE 4. LÁMINAS PARDO GRIS , TABACO OU ENFERRUXADAS

1. Láminas decorrentes, que se separan moi ben do pé. Por veces vive na madeira e ten o pé excéntrico ou é

sésil. Paxillus involutus

Doutro xeito. 2

2. Pé con anel ben formado, máis ou menos péndulo. 3

Pé sen anel ou cunha cortina. 13

3. Carpóforo viscoso, habita en terras removidas, cunetas, hortas, etc. 4

Carpóforo seco, doutra cor. 5

4. Carpóforo de cor verde turquesa ou verde azulado, ás veces con restos do anel na marxe. Stropharia

aeruginosa

Sombreiro pardo, ás veces con tonalidades vermellas ou violáceas, con fibriñas inmersas na cutícula e

marxe colgante. Stropharia rugosoannulata

5. Vivindo no chan, sombreiro, en xeral, con tonalidades brancas, grises ou rosadas, por veces con moitas

escamas (Agaricus). 6

Vivindo sobre madeira. 11

Clave de Macromicetos de Galicia. 20 páxinas

9

6. En terreos areosos do litoral, dunas. 7

Outro hábitat. 8

7. Sombreiro branco, ás veces pardo claro no centro, fibriloso, pé un pouco bulboso, anel ascendente, ás

veces evanescente. Agaricus devoniensis

Sombreiro esbrancuxado, con numerosas escamas ou fibriñas radiais, ocres ou de cor viño, pé

craviforme, ás veces cun bulbo napiforme, anel descendente, péndulo. Agaricus freirei

8. Vivindo baixo árbores, sombreiro con escamas fibrilosas, carne vermella en contacto co ar. Agaricus

sylvaticus

Vivindo en prados, sombreiro branco ou case. 9

9. Sombreiro pequeno, sen cheiro característico, ás veces con pequenas escamas: Agaricus campestris

Cheiro característico a fenol ou anisado. 10

10. Carpóforo grande, de cor branca nívea, con cheiro anisado. Agaricus arvensis

Carpóforo branco, intensamente amarela ao tocalo, especialmente na base do pé, que cheira fortemente a

fenol. Agaricus xanthodermus

11. Sombreiro amarelo dourado ou un algo pardo, máis ou menos escamoso, anel péndulo. Gymnopilus

junonius

Sombreiro doutra cor. 12

12. Cogomelo de pequeno tamaño, de cor pardo vermella, asociado a eucaliptos, anel estriado. Descolea

maculata (ver tamén Setchelliogaster tenuipes)

Sombreiro de cor clara, agrisada ou empardecida, asociado a choupos. Agrocybe aegerita

13. Vivindo na madeira ou nas piñas. 14

Vivindo no chan, non propio da madeira. 19

14. Pé excéntrico, moi curto ou sen el, sombreiros pardos, moi pequenos (< 1,5 cm. de diámetro). Psilocybe

hepatochrous

Outras características. 15

15. Carpóforos illados. 16

Carpóforos unidos. 17

16. Sombreiro, máis ou menos, amarelo dourado, sobre coníferas. Gymnopilus penetrans

Sombreiro amarelo limón, moi brillante no centro, en xeral con algunhas escamiñas inmersas na cutícula

de cor parda, preferentemente sobre ameneiros. Pholiota alnicola

17. Carne amarga. 18

Carne doce, sombreiros de cor ladrillo. Hypholoma lateritium

18. Sombreiros amarelados, máis ou menos oliváceos, carne moi amarga. Hypholoma fasciculare

Sombreiros con tonalidades de cor tella, carne pouco amarga. Hypholoma capnoides

19. Vivindo nas dunas. Psathyrella ammophila

Noutro hábitat. 20

20. Sombreiro cónico, normalmente papilado, esvelto e de pequeno tamaño. Psilocybe semilanceata

Sombreiro plano ou convexo nos exemplares adultos. 21

21. Carpóforo de cor vermello ladrillo intenso, habita en terras removidas e húmidas, como as das cunetas.

Stropharia aurantiaca

Outras características. 22

Clave de Macromicetos de Galicia. 20 páxinas

10

22. Sombreiro delgado, esveltos, ás veces pé moi fráxil. 23

Sombreiro, carnoso ou non, convexos. 25

23. Sombreiro amarelo ocre ou pardo vermello, non estriado e con bastantes restos brancos, sobre todo na

marxe, estriado ou sucado ata a metade do sombreiro, ás veces marxe colgante. Psathyrella candolleana

Sombreiro pardo vermello, delgadísimo, estriado por transparencia cando está húmido, ás veces

higrófano: 24

24. Sombreiro apenas estriado na marxe, higrófano, normalmente có centro máis pálido có resto, ás veces

marxe apendiculado, cheiro e sabor indiferentes. Psathyrella piluliformis

Sombreiro largamente estriado por transparencia, sabor amargo e cheiro acidulado. Psilocybe gallaeciae

25. Vivindo sobre restos de fogueiras e terreos queimados. Pholiota highlandensis

Noutro hábitat. 26

26. Cogomelo cun fortísimo cheiro a lixivia ou a esperma: 27

Outro cheiro ou espermático moi lixeiro. 28

27. Carpóforo de cor branca ou violácea, glabra. Inocybe geophylla

Carpóforo de cor pardo amarelado, sombreiro fibriloso, marxe con frecuencia agretada. Inocybe rimosa

28. Sombreiro moi escuro, case negro, con grosas escamas hirsutas, pé cilíndrico, verdoso na base, cun forte

cheiro a sardiñas. Inocybe calamistrata

Sombreiro de cor pardo claro, fibriloso. 29

29. Propio de dunas ou terreos areosos. Inocybe heimii

Noutro hábitat. 30

30. Pé bulboso, ás veces marxinado, sombreiro amarelo ou pardo amarelo, superficie radialmente fibrilosa,

marxe con estrías moi marcadas, cheiro fariñento ou lixeiramente espermático. Inocybe mixtilis

Outras características. 31

31. Carpóforo de cor pardo. 32

Carpóforo de cor violáceo escuro, sombreiro escamoso. Cortinarius violaceus

32. Pé viscoso, marcado por unha serie de “aneis” viscosos, comunicados entre si, de cor parda, sobre fondo

máis claro. Cortinarius trivialis (e outros moitos).

Pé non viscoso, con restos de cortina amarelentos, escasos, baixo bidueiros. Cortinarius betulinus (e

outros moitos).

CLAVE 5. LÁMINAS GRISES OU NEGRAS

1. Carpóforos moi pequenos, acampanados e gregarios, sobre madeira. Coprinellus disseminatus

Carpóforos con outras características. 2

2. Sombreiro sempre cilíndrico nos exemplares recen xermolados. 3

Sombreiro convexo, aplanado ou forma de funil.5

3. Cutícula cuberta por escamas micáceas, de cor gris continuo, polo menos nos exemplares adultos,

estriado. Coprinellus micaceus

Cutícula glabra ou con escamas fibrilosas, licuase na madurez. 4

4. Sombreiro glabro, todo o máis fariñento, gris. Coprinopsis atramentaria

Sombreiro branco, cuberto de grosas escamas filamentosas brancas ou cas puntas negras. Coprinus

comatus

5. Especies carnosas, con anel persistente, péndulo. 6

Clave de Macromicetos de Galicia. 20 páxinas

11

Sen anel ou cunha cortina moi fina. 13

6. Carpóforo viscoso, habita en terras removidas, cunetas, hortas, etc. 7

Carpóforo seco, doutra cor. 8

7. Carpóforo de cor verde turquesa ou verde azulado, ás veces con restos do anel na marxe. stropharia

aeruginosa

Sombreiro pardo, ás veces con tonalidades vermellas ou violáceas, con fibriñas inmersas na cutícula e

marxe colgante. Stropharia rugosoannulata

8. En terreos areosos do litoral, dunas. 9

Outro hábitat. 10

9. Sombreiro branco, ás veces pardo claro no centro, fibriloso, pé un pouco bulboso, anel ascendente, ás

veces evanescente. Agaricus devoniensis

Sombreiro esbrancuxado, con numerosas escamas ou fibriñas radiais, ocres ou de cor viño, pé en forma

de cravo ao revés, ás veces cun bulbo napiforme, anel descendente, péndulo. Agaricus freirei

10. Vivindo baixo árbores, sombreiro con escamas fibrilosas, carne vermella en contacto co ar. Agaricus

sylvaticus

Vivindo en prados, sombreiro branco ou case. 11

11. Sombreiro pequeno, sen cheiro característico, ás veces con pequenas escamas: Agaricus campestris

Cheiro característico a fenol ou anisado. 12

12. Carpóforo grande, de cor branca nívea, con cheiro anisado. Agaricus arvensis

Carpóforo branco, intensamente amarelo ao tocalo, especialmente na base do pé, que cheira fortemente a

fenol. Agaricus xanthodermus

13. Vivindo na madeira, ás veces en grupos moi grandes. 14

Outro hábitat. 16

14. Carne amarga. 15

Carne doce, sombreiros de cor ladrillo. Hypholoma lateritium

15. Sombreiros amarelados, máis ou menos oliváceos, carne moi amarga. Hypholoma fasciculare

Sombreiros con tonalidades de cor tella, carne pouco amarga. Hypholoma capnoides

16. Sobre excrementos, rara vez se atopan en prados ou bosques. Panaeolus semiovatus

Vivindo en lugares nus, directamente na terra. 17

17. Cogomelo moi fráxil, carne delgada. 18

Cogomelo consistente, de cor vermello alaranxada: Stropharia aurantiaca (ver tamén Gomphidius roseus

e Chroogomphus rutilus se as láminas son moi anchas e/ou decorrentes)

18. Láminas cubertas de gotas, semellando bágoas ou gotas de choiva. Lacrymaria lacrymabunda

Láminas doutro xeito. 19

19. Sombreiro amarelo ocre ou pardo vermello, non estriado e con bastantes restos brancos, sobre todo na

marxe, estriado ou sucado ata a metade do sombreiro, ás veces marxe colgante. Psathyrella candolleana

Sombreiro pardo vermello, delgadísimo, estriado por transparencia cando está húmido, ás veces

higrófano: 20

20. Sombreiro apenas estriado na marxe, higrófano, normalmente có centro máis pálido có resto, ás veces

marxe apendiculado, cheiro e sabor indiferentes. Psathyrella piluliformis

Sombreiro largamente estriado por transparencia, sabor amargo e cheiro acidulado. Psilocybe gallaeciae

Clave de Macromicetos de Galicia. 20 páxinas

12

CLAVE 6. HIMENIO INTERNO

1. Carpóforo nacendo coma dun groso ovo carnoso, moi viscoso no interior. Os exemplares maduros cheiran

a cadáver. 2

Carpóforo con outras características. 5

2. Ao abrirse o ovo sae un carpóforo que ten forma fálica. 3

O carpóforo adulto lembra unha rede (Clathrus ruber) ou unha estrela de cor vermella. Clathrus archeri

3. Exemplar aberto cunha volva rosada, cabeza portadora da gleba longa e mal delimitada do pé. Mutinus

elegans

Exemplar aberto cunha volva branca, máis ou menos sucia. 4

4. Pé groso, cabeza alveolada coa cabeza fértil subglobosa, rematada nunha especie de poro apical. Phallus

impudicus

Pé elegante, longo e delgado, terminado nunha cabeza aguda, de cor escuro, gleba sobre unha

superficie rosada. Mutinus caninus

5. Forma de niño con ovos ou de copa tapada por unha membrana, en xeral sobre madeira ou restos

leñosos. Cyathus striatus

Sen parecerse a un niño. 6

6. Himenio, nos exemplares vellos, totalmente pulverulento, fungos epixeos. 7

Himenio doutro xeito. 23

7. Carpóforos que ao abrir teñen forma de estrela, quedando no centro unha especie de bola recuberta por

unha membrana. 8

Madurando doutro xeito. 9

8. Brazos da estrela higroscópicos e interior co peridio cuarteado. Astraeus hygrometricus

Brazos da estrela non higroscópicos. Geastrum triplex

9. Forma case esférica, sen pé, exemplares novos moi brancos. 10

Outras características. 11

10. A casca branca rompe coma se fora a dun ovo cocido, deixando ver unha

membrana gris ou negra que envolve ás esporas. Bovista plumbea

Carpóforo moi grande, máis de 10 cm., sen romper coma o anterior. Langermannia gigantea

11. Cun pé máis ou menos desenvolvido. 14

Sen pé, externamente cor amarela ou pardo amarelada (Scleroderma). 12

12. Carpóforo que abre en forma de estrela irregular, gran tamaño, liso ou subescamoso, amarelo pardo.

Scleroderma polyrhizon

Carpóforo abrindo doutra maneira. 13

13. Cor amarela intensa, con un pseudopé esbrancuxado. Scleroderma meridionale

Cor amarela parda ou agrisada, con numerosas escamas esparexidas por toda a cabeza, falso pé groso.

Scleroderma verrucosum

14. Pé ben diferenciado dunha cabeza esférica. 15

Clave de Macromicetos de Galicia. 20 páxinas

13

Pé máis ou menos continuado na cabeza, indiferenciado, maior tamaño. 18

15. Máis ou menos esvelto, cabeza ben diferenciada, nalgún caso semellando un sombreiro. 16

Pé corto, pequeno tamaño, preferentemente sobre restos de animais mortos. 17

16. Cabeciña redonda ben diferenciada, de 1-2 cm. de diámetro, rematada nun poro apical. Tulostoma

brumale

A cabeza semellase a un sombreiro, con láminas incipientes na parte inferior. Setchelliogaster tenuipes

17. Sobre plumas de aves ou restos de lá. Onygena corvina

Sobre restos de cornos ou pezuños. Onygena equina

18. Carpóforo grande, que ao cortalo deixa ver como unha especie de chícharos dourados moi apertados, por

veces con irisacións azuis. Pisolithus arhizus

Carpóforo máis pequeno, con forma de pera. 19

19. Cun tabique interior que separa o pseudopé da superficie fértil. Vascellum pratense

Sen tabique (Lycoperdon). 20

20. Sobre madeira. Lycoperdon pyriforme

No solo. 21

21. Cutícula externa lisa ou sublisa, ás veces algo fariñento debido a pequenísimas verrugas, que caen con

facilidade. Lycoperdon molle.

Cutícula externa con verrugas ou espiñas flexibles. 22

22. Cutícula externa formada por longos aguillóns, de cor crema amarela ao inicio, pardo escuro despois.

Lycoperdon echinatum

Cutícula externa formada por espiñas cónicas, agudas ou redondeadas, brancas, que pasan a cor pardo

amarelado ou pardo oliva ao madurar, caen deixando ver unha especie de retículo. Lycoperdon perlatum.

23. Frutificacións epixeas, forma globosa, de costra ou de maza. 24

Frutificacións hipoxeas, de forma ovoide ou globosa. 29

24. Sobre fungos hipoxeos ou larvas de insectos enterradas, aspecto de maza. 25

Sobre madeira, máis raro na terra. 26

25. Sobre fungos hipoxeos do xénero Elaphomyces, pé longo, máis ou menos amarelo, cunha cabeza

escura. Tolypocladium capitatum (ver tamén Tolypocladium ophioglossoides)

Sobre larvas ou crisálidas de insectos, forma de maza de cor vermello alaranxado ou branco. Cordyceps

militaris

26. Forma globosa ou en costra. 27

Forma de arboriña, moi ramificada, de cor negra, ás veces co ápice branco. Xylaria hypoxylon

27. Carpóforos diminutos, de cor vermella ou alaranxada, agrupados. Nectria coccinea

Outra cor. 28

28. Formas globosas, negras, lisas, ás veces pulverulentas, interior ao corte con bandas concéntricas

brancas e grises intercaladas. Daldinia concentrica

Formas subglobosas ou en costras, coa superficie recuberta de pequenas verrugas, correspondentes aos

opérculos dos peritecios. Biscogniauxia mediterreanea

29. Forma globosa, interior oco polo menos na madurez. 30

Forma ovoide, subglobosa ou irregular, interior brando ou algo viscoso, ás veces un pouco elástico. 31

Clave de Macromicetos de Galicia. 20 páxinas

14

30. Cutícula externa de cor parda moi escura, ás veces cuberta de peliños, interior liso e branco gris.

Geopora arenicola

Cutícula externa sublisa, de cor parda amarelada, interior oco na madurez, antes cunha masa viscosa

escura. Elaphomyces granulatus

31. No interior presenta unha gleba elástica, viscosa, con pequenísimas cavidades, de cor parda, verdosa ou

ocre, cutícula externa pardo amarelada ou rosada (Rhizopogon). 32

Outras características, especies propias de eucaliptais. 33

32. Carpóforo que ao tocalo se tingue de vermello, con rizomorfos vermellos adheridos á cutícula externa.

Rhizopogon roseolus

Carpóforo non se tingue de vermello, con zoas esbrancuxadas. Rhizopogon luteolus

33. Cutícula externa pardo rosada, interior con grandes ocos. Hydnangium carneum

Cutícula externa branca ou crema. Descomyces albus

CLAVE 7. HIMENIO FORMADO POR TUBOS OU AGUILLÓNS

1. Himenio formado por tubos, rematados en poros. 2

Himenio formado por aguillóns. 36

2. Sombreiro carnoso, podrece facilmente. 3

Sombreiro duro, coriáceo, en xeral vive sobre madeira. 22

3. Sobre árbores vellas, carpóforo de cor vermella sangue, tubos libres entre si. Fistulina hepatica

Noutro hábitat ou tubos soldados.4

4. Pé con anel membranoso. Suillus luteus

Pé sen anel. 5

5. Poros compostos. Sombreiro viscoso cando está mollado. Suillus bovinus

Poros simples. 6

6. Sombreiro moi viscoso, con restos de follas e/ou area adheridos, baixo piñeiros. 7

Sombreiro pouco o nada viscoso. 8

7. Pé branco, con numerosas puntos vermellos ou negros, cutícula lisa, poros nos exemplares novos soltan

gotas. Suillus bellini

Pé amarelado ou crema, base do pé rosada, pouco o nada punteado, cutícula con fibriñas inmersas na

cutícula. Suillus collinitus

8. Frutificacións grandes, pé cheo, logo cavernoso e no fin oco, poros de pequeno tamaño. Gyroporus

ammophilus

Pé cheo, aínda en exemplares vellos. 9

9. Poros e/ou pé vermellos, en xeral azuis ao tocalos. 10

Poros doutra cor (branca, amarela, rosada, ...). 12

10. Carne extremadamente picante. Chalciporus piperatus

Carne amarga ou doce, non picante. 11

11. Sombreiro de cor pardo acastañado, pé e poros vermellos, carne intensamente azul ao corte. Boletus

erythropus

Clave de Macromicetos de Galicia. 20 páxinas

15

Sombreiro de cor branco sucio, tubos unidos ao pé, poros de cor ocre amarelado ou vermello. Boletus

calopus

12. Sabor moi amargo, poros rosados nos exemplares vellos, retículo escuro no pé. Tylopilus felleus

Sabor doce ou picante, poros non rosados. 13

13. Poros azuis, máis ou menos, ao apertalos, cutícula veluda en tempo seco. 14

Poros non azuis ao tocalos.16

14. Carpóforo desde vermello sangue a pardo vermello, poros de cor amarela citrina, despois máis verdosa.

Xerocomus rubellus

Carpóforo pardo, máis ou menos escuro. 15

15. Cutícula con coloracións variables desde parda, mais ou menos escura, ata pardo amarela verdosa.

Xerocomus subtomentosus

cutícula de cor parda acastañada (baio), poros intensamente azuis ao tocalos, de cor amarelo, máis

verdosos nos exemplares vellos. Imleria badius

16. Pé cuberto de pencas negras ou vermellas, con frecuencia baixo bidueiros. 17

Pé liso ou cunha rediña moi fina. 20

17. Baixo choupos, sombreiro pardo gris, pé coa superficie de cor branca na metade e parda no resto,

granulacións pardas, con sulfato de ferro a carne vira a verde escuro. Leccinum duriusculum

Outro hábitat. 18

18. Baixo bidueiros, sombreiro gris, máis ou menos pardo e pé con granulacións escuras. 19

Baixo carballos, sombreiro de cor alaranxada ou pardo alaranxada, pé con granulacións de rosadas a

pardo escuras, ás veces lixeiramente azulado na base do pé. Leccinum quercinum

19. Carne inicialmente branca pero, ao corte, vira lentamente a rosado viño no ápice do pé e no sombreiro,

mentres que na base do pé toma tonalidades azul turquesa ou verdosas con sulfato de ferro pasa a

verde oliva no ápice. Leccinum variicolor

Carne branca que non cambia de cor ou lixeiramente rosada, con sulfato de ferro pasa a gris. Leccinum

scabrum

20 Tubos de cor amarelo dourado a oliváceos ao madurar, poros de pequeno tamaño, azuis ao tacto ou á

presión. Gyrodon lividus

Tubos doutra cor, non azuis ao tocalos, pé cun retículo branco. 21

21. Cutícula de cor crema escura, poros brancos, no fin amarelo verdosos. Boletus edulis

Cutícula de cor castaño escura, máis ou menos vermella. Imleria badia

22. Pé ben desenvolvido, central ou lateral, por veces algo curto. 23

Sésil. Carpóforo unido a madeira por unha zoa mal definida ou por toda a cara. 24

23. Sombreiro case branco, con escamas escuras, por veces pé lateral. Polyporus squamosus

Pé central, cores que van desde o gris ata o pardo, marxe delgada, en ocasións ciliada. Polyporus

brumalis

24. Nos exemplares frescos e novos a carne desfaise cos dedos, é mol ao tocala. 25

Carne dura en exemplares frescos, semellante a cortiza ou a madeira. 26

25. Sombreiros imbricados, con forma de abano, de cor amarelo dourado cando novos, despois vólvense

brancos. Laetiporus sulphureus

Pel esbrancuxada, gris ou algo parda. Vive só en bidueiros. Fomitopsis betulina

Clave de Macromicetos de Galicia. 20 páxinas

16

26. Poros moi grandes, irregulares, en forma de labirinto. Daedalea quercina

Poros regulares ou case. 27

27. Carpóforos de gran tamaño, formados por sombreiros imbricados. 28

Outras características. 29

28. Cutícula e tubos ennegrecen ao envellecer ou ao presionalos. Meripilus giganteus

Cutícula e tubos non varían de cor ao tocalos. Grifola frondosa

29. Carpóforo de cor cinabrio, tanto cutícula como poros e carne. Pycnoporus cinnabarinus

Carpóforo doutra cor: 30

30. Sombreiros dimidiados ou en forma de abanico, máis ou delgados. 31

Frutificacións grosas, carne 1 cm. ou máis de ancho. 33

31. Himenio branco, coa marxe violácea. Sombreiros estreitos (2 cm. máximo), en forma de abano,

imbricados. Trichaptum abietinum

Sombreiros moi delgadiños, máis ou menos zoados concentricamente, en xeral con peliños, suaves ao

tacto. 32

32. Sombreiro con bandas depiladas e pilosas, de coloración diversa, cunha liña negra por debaixo da

cutícula. Trametes versicolor

Sombreiro con bandas concéntricas tomentosas, de cor ocre alaranxado, pardo ferruxinoso ou abelá,

cunha fina liña escura, descontinua debaixo da cutícula. Trametes ochracea

33. Carpóforo coa superficie hirsuta, pardo alaranxada. 34

Carpóforo non hirsuto, glabro ou lixeiramente aveludado. 35

34. Carpóforo de cor pardo alaranxada a parda vermella, co tempo case negra e coa superficie hirsuta, tipo

veludo, os poros botan un líquido de cor amarela ou ambarina. Inonotus hispidus

Carpóforos formados por sombreiros semircirculares ou triangulares, en sucos e zoados en liñas

concéntricas, co tempo glabra, con fendas radiais e concéntricas. Porodaedalea pini

35. Superficie moi lisa, brillante, ás veces pulverulenta debido a gran cantidade de esporas que caen sobre

ela, poros moi pequenos, brancos cando son novos, logo acastañados. Ganoderma applanatum

Carpóforos sésiles ou con pé, triangulares en sección vertical, marxe relativamente delgada, formados

por sombreiros xeralmente semicirculares, aplanados, poros diminutos. Fuscoporia torulosa

36. Cogomelos formando costras resupinadas sobre a madeira, ás veces nas marxes sombreiros dimidiados.

Irpex lacteus

Cogomelos en forma de paraugas, con pé e chapeu, máis ou menos definidos. 37

37. Carpóforo xelatinoso, de cor branco gris, sobre madeira. Pseudohydnum gelatinosum

Carpóforo con outras características. 38

38. Carpóforos duros, coma cortiza, por veces confluentes. 39

Carpóforos carnosos. 40

39. Carpóforo negro, aguillóns negros, nos novos coa punta branca. Phellodon niger

Carpóforo pardo vermello, aguillóns da mesma cor. Hydnellum ferrugineum

40. Cogomelo de cor clara (Hydnum). 41

Cogomelo de cor parda, por veces case negro (Sarcodon). 42

41. Sombreiro carnoso, groso, de cor branca ou crema, máis raras veces rosada. Hydnum repandum

Sombreiro delgado, de cor tella ou rosa alaranxado. Hydnum rufescens

Clave de Macromicetos de Galicia. 20 páxinas

17

42. Carpóforo moi escuro, case negro, sombreiro con grosas escamas erguidas, dispostas concentricamente

semellando unha flor. Sarcodon squamosus

Carpóforo de cor parda a pardo ocre, con tonalidades violáceas, lisa, fibrilosa ou con finas fendas

concéntricas, sen chegar a formar verdadeiras escamas. Sarcodon glaucopus

CLAVE 8. HIMENIO LISO, CON PREGUES OU COSTELAS

1. Ovo de consistencia xelatinosa, do que parte unha estrutura carnosa en forma fálica, con rexas ou estrela,

con cheiro nauseabundo. Phallus, Mutinus ou Clathrus (clave 7)

Outras características. 2

2. Con sombreiro e pé longo, forma de funil, carnoso ou cartilaxinoso. 3

Non en forma de funil cun longo pé. 6

3. Sombreiro de cor amarelo ou alaranxado.4

Sombreiro de cores grises, pardas ou negras. 5

4. Himenio con grosos pregues, pé e sombreiro carnoso, en xeral cheira a pexegos secos. Cantharellus

cibarius (se esbrancuxado no sombreiro e no pé: Cantharellus subpruinosus)

Himenio liso ou subliso, cartilaxinoso, con ou sen cheiro doce. Craterellus lutescens

5. Himenio liso ou subliso, gris. Craterellus cornucupioides

Himenio con pregues ben definidos, máis ou menos pardos ou amarelos. Craterellus tubaeformis

6. Carpóforos diminutos, menos 0,8-15 mm de diámetro, forma de copa, con ou sen pé. 7

Carpóforos de maior tamaño, consistencia xelatinosa, cartilaxinosa ou coriácea. 14

7. Sobre madeira, que está tinguida da mesma cor verde que o resto do carpóforo, os exemplares vellos

pasan a tonalidades ambarinas. Chlorociboria aeruginascens

Outras cores. 8

8. Sobre vellos ourizos de castaña, tonalidades acastañadas, pé curto. Lanzia echinophila

Outro hábitat. 9

9. Pequenas copiñas brancas ou de cor crema, cun longo pé, en xeral sobre froitos de carballos, faias, etc.

Hymenoscyphus fructigenus

Outra morfoloxía ou outro hábitat. 10

10. Copiñas pequenas, case sésiles, interior amarelo e exterior branco ou máis claro que o interior. 11

Copas da mesma cor por ambas caras. 12

11. Marxe lisa, non cuberta de pelos. Bisporella citrina

Marxe cuberta de pelos. Lachnum bicolor

12. Copas cun longo pé, de cor castaña, máis ou menos escura, sobre ramas ou en pecíolos (rabiños) das

follas. Rutstroemia firma

Copas sésiles ou case. 13

13. Case translúcidas, de cor gris azulada, rara vez alcanzan os 5 mm. Tapesia fusca

Cores vermellas ou alaranxadas, co reborde escuro, constituído por pelos, máis ou menos longos.

Scutellinia scutellata

14. Carne xelatinosa, semellante ao agar, reviviscente na auga, en seco elástica, cartilaxinosa, vivindo sobre

madeira, pólas ou follas. 15

Clave de Macromicetos de Galicia. 20 páxinas

18

Carne elástica, cartilaxinosa, coriácea, etc. 23

15. De cor violácea ou rosada, carpóforos en forma de copa, gregarios. Ascocoryne sarcoides

Outras características. 16

16. Aspecto cerebriforme ou contorno lobulado. 17

Outra forma. 20

17. Cor alaranxada ou amarela, cerebriforme. Tremella mesenterica

Cores escuras (negras ou pardas). 18

18. Cor pardo acastañada, formada por cintas que no seu conxunto semellan unha flor de papel. Tremella

foliacea

Cor case negra ou agrisada. 19

19. Cerebriforme, forma unha especie de costra sobre a madeira. Exidia glandulosa

Forma de copa, lisa na parte superior e rugosa na inferior, cun pé moi corto. Exidia truncata

20. Enriba de pólas ou follas mergulladas, carpóforo con cabeza e pé, máis ou menos diferenciados. 21

En cepas ou pólas tiradas, cor vermella ou alaranxada, semellando a un pequeno arbusto ramificado no

ápice. Calocera viscosa

21. Cabeza subglobosa, con algúns pregues, de verdosa a case negra. Leotia lubrica

Cabeza alongada, pouco diferenciada do pé, a excepción da cor. 22

22. Cabeza de forte cor alaranxada, carpóforo ata 5 cm. Mitrula paludosa

Carpóforos de moi reducido tamaño, 2-15 mm, a cor varía entre amarela viva, amarela alaranxada a case

branca sucia. Vibrissea truncorum

23. Carpóforo con forma de funil, de cor negra, tisna ao tocala. Vive nas pólas dos carballos. Bulgaria

inquinans

Outras características. 24

24. Frutificación formada por cintas ou ramiñas redondeadas e, máis ou menos, ramificadas. 25

Doutra maneira. 29

25. Semellante a unha coliflor, sobre cepas. 26

Semella unha maza ou unha arboriña pequena, cor branca, amarela, gris, etc., ás veces engrosada na

base desde onde ramifica. 27

26. Cintas estreitas e fortemente rizadas. Sparassis crispa

Cintas anchas, pouco rizadas, case sempre ramificadas no ápice. Sparassis laminosa

27. Vivindo no chan. 28

Sobre pólas de loureiro, ramificacións amarelas, con puntos verdes, grosas, duras, no fin negras.

Laurobasidium lauri

28. Ramiñas grosas, superficie algo rugosa, de cor branca ou crema, ás veces lixeiramente gris. Clavulina

rugosa

Ramiñas non ramificadas, extremadamente delgadas e longas (ata 10-12 cm.) e cores máis ou menos

pardas, cas puntas lixeiramente máis claras. Macrotyphula juncea

29. Formando costras estendidas ou grandes placas, ás veces con sombreiros dimidiados, en xeral sobre

madeira. 30

Outra morfoloxía. 35

30. Himenio liso ou lixeiramente verrugoso. 32

Clave de Macromicetos de Galicia. 20 páxinas

19

Himenio con pregues, ás veces unidos semellando poros, sobre madeira. 31

31. Pregues dispostos radialmente, himenio de cor, máis ou menos, alaranxada. Phlebia radiata

Pregues dispostos anarquicamente, himenio de cor crema ou ocre, frecuentemente grandes sombreiros

superpostos. Phlebia tremellosa

32. Vivindo no solo, carpóforos pardos, máis ou menos escuros dependendo da idade. Rhizina undulata

Vivindo sobre madeira, himenio liso ou verrugoso. 33

33. Himenio de cor amarela, alaranxada ou case branca, sombreiros con grandes pelos brancos, hirsuto.

Stereum hirsutum

Himenio de cor avermellado ou violáceo. 34

34. Consistencia elástica e algo xelatinosa en fresco, córnea coa desecación, himenio de cor rosada a

castaño púrpura. Chondrostereum purpureum

Semella unha casca delgada, de cor parda violácea, marxe inicialmente adherida ao substrato, logo

revolta, mostrando a superficie inferior con tonalidades pardas ou negras. Peniophora quercina

35. Pé oco, ben desenvolvido, en xeral non ten forma de copa ou cunca. 36

Forma de copa ou cunca, aínda que pode ter un pequeno pé. 41

36. Pé con grosas costelas, por veces unidas. 37

Pé liso ou lixeiramente verrugoso . 39

37. Carpóforo de cor branca ou crema. Helvella crispa

Carpóforo escuro, pardo ou negro. 38

38. Cabeza cerebriforme ou con forma de sela de montar. Helvella lacunosa

Cabeza plana ou semellando unha cunca. Paxina queletii

39. Cabeza globosa, cerebriforme, de cor pardo vermella. Gyromitra esculenta

Cabeza ovoide, alveolada, semellando un panal de abellas (Morchella). 40

40. Cabeza indiferenciada do pé, semella ser un a continuación do outro. Morchella elata

Cabeza ben diferenciada, cunha clara liña de separación. Morchella esculenta

41. Carpóforo de cor alaranxada forte ou case vermella. Aleuria aurantia

Carpóforo doutra cor. 42

42. Forma de copa cun corto pé con costelas. Helvella acetabulum

Sésil. 43

43. Carpóforos longo tempo afundidos no chan, superficie externa escura, cuberta de peliños, máis ou menos

longos (Geopora). 44

Outra morfoloxía. 45

44. En lugares areosos, normalmente zoas dunares, himenio branco ou crema. Geopora arenicola

Baixo cedros, rara vez outras coníferas, superficie externa de cor parda, interna esbrancuxada ou ocre.

Geopora sumneriana

45. Forma de copa aberta lonxitudinalmente, os exemplares máis vellos semellan unha orella (Otidea). 46

Forma de copa cerrada. 47

46. Carpóforo de cor amarela. Otidea cochleata

Carpóforo pardo, máis ou menos negro. Otidea alutacea

47. Copa de gran tamaño, coa marxe agrietada semellando unha coroa, himenio violeta e superficie externa

esbrancuxada. Sarcosphaera coronaria

Clave de Macromicetos de Galicia. 20 páxinas

20

Outras características. Peziza cerea

BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA DE DIVULGACIÓN PARA IDEN TIFICACIÓN DE COGOMELOS

BON, M. 2005. Guía de campo de los hongos de Europa . Omega. Barcelona. Guía con debuxos moi

claros de todas as especies, moi completa.

CASTRO, M. 2004. Cogomelos de Galicia e Norte de Portugal . Xerais. Vigo. Guía con fotos pensada

para micófagos ou micólogos afeccionados que desexen coñecer preferentemente especies

comestibles e tóxicas.

CASTRO, M.; JUSTO, A.; LORENZO,P. & SOLIÑO, A. 2005. Guía macromicolóxica dos ecosistemas

galegos . Baía. A Coruña. Guía didáctica, con debuxos, inclúe claves dicotómicas para determinar

as especies, que están distribuídas por ecosistemas.

COURTECUISSE, R. & DUHEM, B. 2005. Guía de los hongos de la Península Ibérica, Europa y Norte de

África . Omega. Barcelona. Guía con debuxos bastante claros de todas as especies, moi completa.

MARCOTE, J.M.C., POSE, M. & TRABA , J.M. 2012. Cogomelos de Galicia e Noroeste Peninsular .

Cumio. Vilaboa. Guía con moi boas fotografías, complétase coa anterior.

MARCOTE, J.M.C., POSE, M. & TRABA , J.M. 2012. 500 setas del Litoral Atlántico y Noroeste

Peninsular . Cumio. Vilaboa. Guía con moi boas fotografías, complétase co seguinte.