O voceiro do piñeiro manso

32
CPI PONTECESURES, Maio, 2012 O VOCEIRO DO PIÑEIRO MANSO CONVERSEMOS DE ECONOMÍA… A fonda crise actual copa as primeiras planas dos xornais, as tertulias radiofónicas, a televisión e mesmo se está a converter nun tema recorrente nos bares, perruquerías, sobremesas ... Esta situación obríganos a facer un “cursiño avanzado” sobre economía. Falamos da “prima de risco” coma se a coñecésemos de toda a vida. Énchesenos a boca cando falamos dos “mercados” e aínda máis cando aseguramos saber como acabar coa crise que tanto sufrimento está causando en moitas familias. Neste panorama pouco esperanzador, que inunda as nosas mentes de pesimismo, resulta balsámico escoitar aos nenos falar destes temas. Eles non poden escapar a estes asuntos posto que día a día escoitan falar deles aos adultos, nas noticias e mesmo nos xornais, que xa comezan a manexar. Pero, a diferenza dos adultos, contan o mundo tal e como o ben, de forma clara e sincera; as súas mentes están moito menos mediatizadas. Os rapaces e rapazas de 4ºA conversaron distendidamente co seu mestre de moitas cuestións relacionadas con este tema . O seu sentido crítico xa se deixa entrever e os termos eufemísticos non teñen cabida á hora de expresarse. Xa que o humor é unha cualidade exclusiva do ser humano e, en moitas ocasións a única forma de tratar verdadeiros dramas, nas páxinas 8 e 9 deixámosvos unha pequena mostra. SECCIÓNS: OPINIÓN 2 FESTAS E TRADICIÓNS 4 ECONOMÍA 8 CIENCIA E TÉCNICA 10 LEMBRANZAS 11 A FORXA DAS LETRAS E AS ARTES 15 GALEGANDO 20 LITERARIA 23 DEPORTES 27 PASATEMPOS 31 OLIMPÍADAS PONTECESURES 2012 Un ano máis o entroido voltou ao noso centro para suscitar o riso entre nós, esta vez coas alforxas cargadas de roupa de deportes, algunha dela ben provocativa… As olimpíadas foron o tema común escollido este ano para que mestres e alumnado deixasen voar a imaxinación . O final de festa púxoo o grupo de 4º de ESO, que non se quixo despedir de nós sen arrincarnos un merecido aplauso pola orixinalidade da coreografía. (Máis nas páxinas 6 e 7). DESTACAMOS: IMOS DE VENDIMA ”, REPORTAXE FOTOGRÁFICA DOS NENOS E NENAS DE EDUCACIÓN INFANTIL, QUE APROVEITARON SETEMBRO PARA COÑECER ESTA ANCESTRAL TRADICIÓN. (p. 4) UNHA NOITE MISTERIOSA”, UN CONTO PARA MORRER DE MEDO FEITO POLO ALUMNADO DE 5º E 6º PARA A FESTA DO SAMAÍN, QUE PODEMOS ESCOITAR LIDO POR ELES MESMOS NESTE VÍDEO (p. 15):

description

Revista escolar do CPI de Pontecesures

Transcript of O voceiro do piñeiro manso

Page 1: O voceiro do piñeiro manso

CPI PONTECESURES, Maio, 2012

O VOCEIRO DO PIÑEIRO MANSO

CONVERSEMOS DE ECONOMÍA… A fonda crise actual copa as primeiras planas dos xornais, as tertulias radiofónicas, a televisión e mesmo se está

a converter nun tema recorrente nos bares, perruquerías, sobremesas ... Esta situación obríganos a facer un

“cursiño avanzado” sobre economía. Falamos da “prima de risco” coma se a coñecésemos de toda a vida.

Énchesenos a boca cando falamos dos

“mercados” e aínda máis cando aseguramos

saber como acabar coa crise que tanto

sufrimento está causando en moitas familias.

Neste panorama pouco esperanzador, que

inunda as nosas mentes de pesimismo,

resulta balsámico escoitar aos nenos falar

destes temas. Eles non poden escapar a estes

asuntos posto que día a día escoitan falar

deles aos adultos, nas noticias e mesmo nos

xornais, que xa comezan a manexar. Pero, a

diferenza dos adultos, contan o mundo tal e

como o ben, de forma clara e sincera; as súas

mentes están moito menos mediatizadas.

Os rapaces e rapazas de 4ºA conversaron

distendidamente co seu mestre de moitas

cuestións relacionadas con este tema . O seu

sentido crítico xa se deixa entrever e os

termos eufemísticos non teñen cabida á hora

de expresarse.

Xa que o humor é unha cualidade exclusiva do ser humano e, en moitas ocasións a única forma de tratar

verdadeiros dramas, nas páxinas 8 e 9 deixámosvos unha pequena mostra.

SECCIÓNS:

OPINIÓN 2

FESTAS E TRADICIÓNS 4

ECONOMÍA 8

CIENCIA E TÉCNICA 10

LEMBRANZAS 11

A FORXA DAS LETRAS

E AS ARTES 15

GALEGANDO 20

LITERARIA 23

DEPORTES 27

PASATEMPOS 31

OLIMPÍADAS PONTECESURES 2012

Un ano máis o entroido voltou ao noso centro para suscitar o riso entre nós, esta vez coas

alforxas cargadas de roupa de deportes, algunha dela ben provocativa… As olimpíadas foron o

tema común escollido este ano para que mestres e alumnado deixasen voar a imaxinación . O

final de festa púxoo o grupo de 4º de ESO, que non se quixo despedir de nós sen arrincarnos un

merecido aplauso pola orixinalidade da coreografía. (Máis nas páxinas 6 e 7).

DESTACAMOS:

“IMOS DE VENDIMA”,

REPORTAXE FOTOGRÁFICA

DOS NENOS E NENAS DE

EDUCACIÓN INFANTIL, QUE

APROVEITARON SETEMBRO

PARA COÑECER ESTA

ANCESTRAL TRADICIÓN. (p.

4 ) “ U N H A N O I T E

MISTERIOSA”, UN CONTO

PARA MORRER DE MEDO

FEITO POLO ALUMNADO DE

5º E 6º PARA A FESTA DO

SAMAÍN, QUE PODEMOS

ESCOITAR LIDO POR ELES

MESMOS NESTE VÍDEO

(p. 15):

Page 2: O voceiro do piñeiro manso

OPINIÓN

2

“A QUE HORA VÉN A LÚA?” (En homenaxe ó Xabarín Club, que estivo de aniversario o 18 de abril.)

- A que hora vén a lúa? – Preguntaba o meu fillo, despois da escola, cando chovía ou ía frío, e sempre que tiña sono. Adoitaba ver o Xabarín Club, ese

programa da galega, do que a min me gustaba recitarlle o nome dos cativos que saían na pantalla polo seu aniversario. Cando vía que os seus ollos ían

cada vez máis pequeniños, eu proclamaba nomes e nomes que para min non significaban nada, pero que para o meu fillo constataban a existencia do

seu mundo de nenos na vida, na televisión. Tras unha merenda-cea volvía adurmiñarse.

Media hora máis tarde, tapábao cun cobertor azul e amarelo que a miña nai lle regalara a semana pasada, cansa de comprarlle xoguetes e ver, coas

propias mans, como se ían transformando progresivamente en anacos. Rodas, remolques ou partes de guindastres, xeringas inofensivas, gorriñas de

exploradores aparecían todos os días diante da miña porta, sen decatarme sequera. A invasión tería sido monstruosa se miña nai non lle puxera freo,

obrigando ós achegados a mercar “cousas útiles” e non demos en pezas. Quizais eu, por comodidade, tamén estiven de acordo con ela e xa me fora

acostumando a non levarlle a contraria. A imposición surtiu un efecto estético considerable. Todo estaba no seu recuncho; meu fillo substituíra a acti-

vidade dos xoguetes pola visión serena do Xabarín e, se cadra, por algunha serie máis.

Un día sorprendeume cunha afirmación que me petou nos ollos coma un ferrro na conciencia. Dixérame: - Mamá, xa non son un neno. – Como dis

iso, meu fillo?- contesteille.- Conta cunha manciña cantos anos tes e verás como aínda che chegan os dedos. – Si, mamá, pero non. Non son un neno.

Quique díxome que os nenos xogaban con xoguetes. Eu non souben que responder no momento; creo que lle dei unha contestación neutral, desas que

serven para todo e non aclaran nada, tipo “non lle fagas caso a Quique; el, que saberá?”. El miroume dende a súa inocencia e foi ver o Xabarín Club.

Comentei o caso coa miña nai. Ficou tan estrañada coma min. Non soubo que dicir. Logo mudou de conversa.

Agora, tempo no que xa meu fillo lle deu máis dunha volta ós dedos das mans, descubriu o que eu coas súas preguntas. O misterio dos xoguetes da

vida. Algunhas tardiñas de outono, agora que está lonxe, son eu a que xogo co pensamento e ata teño ganas de preguntarlle eu a el agora, “a que hora

vén a lúa?”. E imaxino que me está a responder como cando era un cativo e se contestaba a si mesmo: - Ás sete e media.

Na casa, na primavera do 2000.

CARMEN BRAGADO SOUTO

8 DE MARZO, DÍA DA MULLER TRABALLADORA

Hoxe é 8 de marzo, o Día da Muller Tra-

balladora. Volvo repetir: TRABALLA-

DORA! Hoxe recordamos esas mulleres

que se puxeron en folga para reclamar os

seus dereitos e foron queimadas cruel-

mente. Sempre que penso nisto acórdo-

me da caza de meigas. Cantas mulleres

morreron queimadas en fogueiras por

culpa do medo aos homes? Dáme vergo-

ña só de pensalo.

Dende o inicio dos tempos as mulleres

sempre foron tratadas como seres infe-

riores. O machismo é lacra do ser huma-

no dende a súa historia. Este novo pro-

gresismo que naceu despois da Segunda

Guerra Mundial que pregoa a igualdade

de dereitos de pouco serviu. A muller

segue explotada, e non só en Asia como

se pensa. Maltratos, acosos, discrimina-

ción... seguen vixentes aínda que non o

creamos. As mulleres que sofren maltra-

tos necesitan protección. Unha orde de

afastamento non serve de nada e estámo-

lo vendo. A Idade contemporánea actual

estase convertendo noutra Idade Media.

Neste tema non se pode xeneralizar moi-

to. Está claro que España non é Arabia

Saudí. Non se pode comparar, pero tam-

pouco España é Islandia. Este último

país paréceme digno de admiración.

Creo que aínda non alcanzou a igualdade

máxima pero polo menos está en proce-

so. O noso país nin iso. Vale que a per-

soa que máis postos políticos ocupa en

España é unha muller pero os ideais des-

ta señora non é que sexan moi feminis-

tas.

A televisión, ese ``gran´´ invento, encár-

gase cada día de humillalas. Cando vai

chegar o día que deixemos de ver a mu-

lleres anunciando deterxentes? Será ese

día o que se eliminen as relixións ma-

chistas? O cristianismo é un relixión pa-

triarcal como case todas. Aínda sigo es-

perando a que a Igrexa lles dea ás mulle-

res os dereitos que se merecen.

Para que quede claro, por se non o que-

dou: o 8 de marzo non se lles dedica ás

burguesas adineradas que pensan que o

feminismo é que o marido axude na casa

de vez en cando. O modelo a seguir que

todas as mulleres deberían ter son Ange-

la Davis, Simone de Beauvoir, Virginia

Wolf… e non Paris Hilton e eses perso-

naxes.

Dende aquí chamo a todas as mulleres a

que se rebelen e se manifesten polos

seus dereitos que os teñen e merécenos.

Fran Bragado Souto

4º ESO Curso 2011/2012

AUTORES E AGRADECEMENTOS -Maquetación: Patricia Antas Ramos, Jesús Teira Rois, Suso

Amboaxe García.

-Foto da cabeceira: Laura Martínez Rodríguez (2º ESO A).

-Debuxo da cabeceira: Candela Lafuente López (1º ESO)

-Destacamos e agradecemos un ano máis a laboriosa dedica-

ción de todo o profesorado que colaborou co seu grupo de

alumnos/as na redacción dos textos e na elaboración dos de-

buxos.

-Dada a redución drástica da dotación económica este ano para

as actividades do Equipo de Normalización Lingüística por

parte da Xunta de Galicia, agradecemos tamén o apoio econó-

mico a cargo do orzamento xeral do centro para esta e outras

actividades do equipo, que, de non ser así, non se poderían le-

var a cabo.

EDITORIAL

Case pasou un ano máis, lamentablemente marcado por

preocupantes novas que nos falan de crise, paro, recortes

sociais, limitación de liberdades… A educación pública tamén

ve reducidos considerablemente os seus orzamentos, feito que

preocupa a toda a comunidade educativa. Fronte a isto, os

“mercados”, eses entes aparentemente anónimos pero que de

feito teñen nomes e apelidos, aumentan as ganancias, cobran

cada vez máis protagonismo na vida pública e, o que é máis

preocupante, tamén máis poder de decisión nun sistema

político que se autocalifica como democrático. Ante este

panorama pouco esperanzador, só podemos desexar que as

novas xeracións contribúan a labrar un futuro máis xusto.

“Educar” non pode ser sinónimo de “aleccionar”, máis si de

abrir liñas de diálogo, de debate, de opinión, fomentando o

interese do alumnado polo que sucede fóra das aulas. A

imparcialidade na educación, tan cacarexada por algúns

sectores de opinión, confundida máis ben coa neutralidade ou

simplemente co silencio ante temas que se supoñen tabús,

agocha as máis das veces a malévola intención de crear unha

masa social acrítica, aletargada polo mando a distancia e a

euforia futbolística, impasible ante os ataques aos dereitos

civís e facilmente manipulable por discursos demagóxicos.

Non instruímos “man de obra” para o “mercado laboral”,

senón que pretendemos colaborar coas familias e a sociedade

en xeral para que @s máis nov@s desenvolvan as capacidades

que teñen para crear un mundo mellor para eles e para os

demais.

Suso Amboaxe

Page 3: O voceiro do piñeiro manso

OPINIÓN

3

REFLEXIÓNS: A DESEXADA IGUALDADE DE XÉNERO A COLUMNA

Eu estou en contra das tou-

radas. A mundialmente

coñecida como Festa Na-

cional Española, que foi

como lle chamou o ditador

fascista Francisco Franco,

non é máis que un acto

cruel para que millonarios

e outros adictos ao sangue

pasen o tempo. Se non te-

ñen que facer nas súas vi-

das que se maten entre

eles, que volvan á antiga

Roma e volvan ás loitas

de gladiadores. Todos es-

tes son os que despois pre-

sumen de demócratas.

As enquisas demostran

que a maioría das persoas

que viven neste país están

en contra deste masacre

animal. Onde está a demo-

cracia da que tanto presu-

me España? As declara-

cións de Plácido Álvarez

demostran o que lle impor-

tamos aos gobernantes.

Para cando un referendo?

Por que temos que seguir

pagando ''TODOS'' esta

crueldade?

Os afeccionados á tauro-

maquia seguen empeñados

en contarnos os seus argu-

mentos estúpidos. Loitar

cunha espada contra un

touro drogado non é unha

batalla en igualdade de

condicións. E o peor ale-

gato é o de que é cultura e

arte. Como pode ser cultu-

ra asasinar…?

Este é o país no que vivi-

mos e do que nos temos

que sentir orgullosos se

non queremos que nos mi-

ren mal. O único capaz de

censurar unha película ou

un músico, pero non prohi-

bir matar.

Fran Bragado Souto

4º ESO Curso 2011/2012

Hoxe en día dise que hai igualdade entre

homes e mulleres pero non é totalmente

certo. Si que hai máis igualdade que hai uns

anos atrás, pero segue habendo algunhas

desigualdades. Pódese ver no ámbito labo-

ral, por exemplo nos salarios. En moitos

traballos os homes gañan máis que unha

muller que fai a mesma tarefa. Eu creo que

isto é inxusto. En moitos destes casos as mulleres traballan

o mesmo que os homes pero por unha razón descoñecida

cobran menos. Outro motivo polo que hai desigualdade

laboral é que a sociedade pensa que hai traballos para

homes e traballos para mulleres cando isto non debera su-

ceder. Unha muller pode facer perfectamente os chamados

traballos de homes e viceversa. Nestes casos as mulleres

que desempeñan postos habitualmente ocupados por

homes, poden sufrir agresións verbais ou físicas. En casos

moi extremos poden ser vítimas de acosos por parte dos

compañeiros de traballo. No pasado isto era moi frecuente

pero, co paso do tempo, estas desigualdades parece que van

diminuíndo. Grazas a isto as mulleres están máis cerca de

conseguir a igualdade. Noutros países por desgraza as mu-

lleres non están tendo tanta sorte.

Unha das causas destas desigualdades eu creo que é a edu-

cación da sociedade. Na casa a maioría dos rapaces ven

que o que traballa fóra é o pai e a nai queda na casa facen-

do as tarefas domésticas. Neste momento o rapaz pensa

que sempre é o pai o que gaña os cartos e a nai a que coida

dos fillos. Isto non debera ser así. Os pais teñen que expli-

carlle ao rapaz que non en todas as casas pasa iso e que ten

que aprender a valorar o traballo que se fai na casa. Así no

futuro o rapaz daralle importancia ás tarefas domésticas e

non pensará que o que traballa fóra é máis importante. Ou-

tra causa paréceme que é a televisión. En moitos debuxos

animados ou series televisivas tamén se pode ver que o

que traballa fóra é o pai. Eu creo que os debuxos tamén

terían que mostrar a igualdade do presente . Por sorte pare-

ce que cada vez máis se valoran os traballos que se fan na

casa tanto se se fan por homes ou se fan por mulleres.

En conclusión creo que as solucións pasan por educar des-

de pequenos os rapaces para que valoren as tarefas da casa

faga quen as faga, desmostrarlles que os homes e as mulle-

res son iguais en todos os ámbitos e, por último, pero non

menos importante, igualar os soldos de mulleres e homes

para que desapareza esa desigualdade.

Adrián Castiñeiras Troáns, 4º ESO

Ao respecto da discriminación

da muller, eu penso que se

avanzou moito desde aqueles

tempos nos que carecían de

moitos dos dereitos básicos

que calquera persoa debería

ter. Pero estes grandes

avances logrados poden

mellorarse máis ata alcanzar un estado de

perfecta harmonía, dun equilibrio total. Aínda

son existentes discriminacións nos ámbitos

laborais ou sociais.

Na miña opinión, penso que o que fai actuar

así a algunhas persoas é algo que hai no seu

pensamento, a maneira na que foron

educados ou a súa situación social.

Penso que España avanzou moito, pero aínda

queda un longo camiño ata alcanzar outros

países ou rexións, como por exemplo, as do

Norte de Europa ou Islandia, onde as

condicións de trato cara ás mulleres son

mellores, así como a súa implicación na

política do seu país ou a ocupación destas en

altos cargos en empresas e multinacionais.

Penso que, no noso caso, o de vivir case 40

anos nunha ditadura, atrasou, non só a

evolución cara á igualdade, senón tamén o

desenvolvemento xeral do país. Sen eses anos

de represión, España, na miña opinión, sería

un país máis moderno e desenvolto, coma o

caso de países xa nomeados antes.

Aumentou moito a cantidade de mulleres en

bos postos de traballo con respecto a antes:

hai moitas máis médicas, avogadas, mestras,

empresarias, etc, pero non é suficiente

Poderíase mellorar a situación do sexo

feminino cambiando algunhas das medidas

tomadas pola xustiza en situacións de

discriminación ou maltrato. Por exemplo,

realizando o xuízo o máis rápido posible logo

dun caso de violencia doméstica; aumentando

o número de anos de encarceramento; ou

tendo que abandonar o maltratador o

domicilio familiar, sendo o maltratado o que

quedase nel, non como agora.

Sergio Martínez Gómez, 3º ESO

Adrián, 4º ESO Sergio , 3º ESO

E que graza lles

terá ver ao meu

fillo sufrindo?

Page 4: O voceiro do piñeiro manso

FESTAS E TRADICIÓNS

4

SETEMBRO: A VENDIMA

Neste curso 2011-2012 aos nenos/as de 4

anos do C.P.I. PONTECESURES ocorréuselles

a idea de ir vendimar.Tivemos a sorte que os

avós dunha alumna nos ensinaron como se facía,

así é que vimos as parras, os bagos coas uvas, a

prensa e como se empregaba, onde meteron o

bagazo e que de aí saía a augardente, onde se

metía o mosto para que fermentase e así obter o

viño.

Isto levounos a pensar que sería boa idea

facelo no colexio cos nenos/as. Trouxéronnos as

uvas, pisámolas e probamos o mosto. FOI TO-

DO UN ÉXITO!

Camiño da parreira Vendo as uvas.Que ricas!

Ui! Que xa case non hai! Escollemos e limpamos os bagos. Imos pisar as uvas!

Veña, que queremos traballar! Trituramos ben as uvas.

Prensamos para que saia todo o mosto.

O bagazo ferve. Os pipotes xa están cheos.

Que bo está este mosto!

Page 5: O voceiro do piñeiro manso

FESTAS E TRADICIÓNS

5

OUTUBRO:

MAGOSTO

MAGOSTO

Ao colexio hai que volver

que xa pasou o mes de agosto

menos mal que pronto

celebraremos o magosto.

No noso bosque encantado

faremos unha fogueira

e comeremos castañas asadas

ao lado da castañeira.

Coas barrigas cheas

imos todos a xogar

á comba hai que saltar

para adelgazar.

Pola noite unha rapaza

estaba vendo caer

as follas das árbores

que pingaban ao chover.

Ana E. e Ana G. 3º A

NOVEMBRO:

SAMAÍN

SAMAÍN

Xa chega o samaín

vou saír de caza

no campo vou buscar

unha fermosa cabaza.

Preparamos moitas cabazas

para o samaín do cole

puxémolas na exposición

e quedáronnos de ole.

Decoramos os corredores

con arañas e morcegos

para ir cada día ao baño

había que pasar medo.

Para adornar as nosas casas

fixemos moitos debuxos

e para asustar á xente

puxemos caras de bruxos.

Adrián, Hugo e María 3º A

DECEMBRO: NADAL NADAL

Chegou o mes de decembro

chegou o nadal

e vai empezar

o frío e o vendaval.

Cando chegue a Noitevella

Comeremos moito marisco

e pasarémolo moi ben

vendo na tele a Risto.

O cinco de xaneiro

veñen os Reis Magos

e cruzan todo o mundo

deixando os regalos.

Xa chegaron!

Que ilusión!

Está cheo de regalos

en toda a habitación

Jon Ander, Paula e Santi 3º A

CANTOS DE REIS NO CPI DE PONTECESURES

Por estas datas era costume nas aldeas e vilas de

Galicia ir de porta en porta pedindo aguinaldo e

cantando panxoliñas, en lembranza dos antigos

cantos profanos de benvida a un novo ano e para

escorrentar o frío do inverno. Para reavivar esta

tradición, algúns dos alumnos e alumnas membros

do ENDL de 4 e 1º de ESO, fomos de aula en aula

cantando este cantar de Reis de Rinlo, con moi boa

acollida, por certo. Este ano os Reis viñan un pouco

espeluxados, supoñemos que as présas é o que

teñen...

Elaboramos unha árbore de Nadal con

tarxetas escritas polos alumnos da ESO

con citas de diversos libros lidos por eles.

O alumnado

de 3ºB

preparou esta

postal de

despedida do

2011, Ano

Internacional

dos Bosques,

e benvida ao

2012.

Page 6: O voceiro do piñeiro manso

FESTAS E TRADICIÓNS

6

XANEIRO: DÍA DA PAZ

DÍA DA PAZ

Chegou o día da paz

nos nosos corazóns

que alegría que ilusión

hai rosas a montóns.

Que veña o respecto

moitos bicos e abrazos

que se vaia o esqueleto

queremos bicar a paz.

Que se acaben as guerras

que se acaben as escopetas

que se acaben os tanques

e que veñan as bolboretas.

Debuxamos na clase

un símbolo hippy xigante

co arco iris e a pomba

hai un amor brillante.

Brais, Julia e Yaiza 3º A

FEBREIRO: ENTROIDO

ENTROIDO

Na praza de Pontecesures

vou á tenda de disfraces

a buscar uns antefaces

para disfrazarme cos rapaces.

Ao colexio de Pontecesures

chegaron as olimpíadas

disfrazáronse de equilibristas

futbolistas e deportistas.

Ao pavillón do colexio

viñeron os animadores

para pasalo moi ben

e para ver aos nadadores.

Despois de tanto xogar

orellas e filloas

fomos a merendar

ñam, ñam, ñam.

Alex, Sandro e Uxía 3º A

COPLAS DO ENTROIDO CESUREÑO

Por aquí estamos nós

o barullo xa volveu

para anunciarnos a todos

o que este ano aconteceu.

Un novo curso comezaba

xa non podiamos ir de festa

precisabamos novos libros

cos que romper a cabeza.

Coma sempre aquí outra vez,

tiñamos ganas de festa

sobrábannos os exames

e faltábanos a orquestra.

O mellor son os amigos

todos xuntos no recreo

non facemos máis que rirnos

dos mestres que son uns lerdos.

Erguémonos ás oito e algo,

non hai ganas de falar,

así temos tanto sono

ao longo do horario escolar.

Está pobre o colexio

non hai cartos para nada

acabouse o ghasóleo

e andamos con bufanda.

Pero en algo somos ricos,

non paramos de rascarnos,

todo o mundo chora e reza

para que marchen saltando.

Alumnado de 3º de ESO

OLIMPIADAS EN PONTECESURES 2012

Os abandeirados españois de 3 anos. Os xaponeses de 4 anos A.

Os emiratos árabes de 4 anos B.

Os abandeirados ingleses de 5 anos A.

Os ximnastas de 1ºB

A ximnasia rítmica de 1ºA

Repoñendo forzas os alumnos de 2ºA

Os abandeirados de 5 anos B.

Page 7: O voceiro do piñeiro manso

FESTAS E TRADICIÓNS

7

O ENTROIDO GALEGO

Ante o recente empeño de uniformizar tamén as festas

do entroido, converténdoas nun espectáculo similar en

calquera punto do planeta, en Galicia perviven aínda

moitas tradicións peculiares que non perderon a auten-

ticidade que tiñan tempo atrás. Fronte a un entroido

globalizado, inzado de desfiles de comparsas que com-

piten por un premio outorgado por tal ou cal concello,

onde os demais se converten en meros espectadores

case televisivos, o trasno reivindica o que a nosa festa

ten de participación popular, diferente e irreverente. Se

buscas en internet, atoparás vídeos e presentacións in-

teresantes sobre os entroidos tradicionais galegos. Un

exemplo é este que atopamos no “slideshare”: http://www.slideshare.net/jspazos7/o-entroido-1235227

Olimpiadas en Pontecesures 2012

O grupo de ximnastas de 2ºB.

Os nadadores olímpicos de 4ºA.

O ENTROIDO NO MEU

COLEXIO

Coma todos os anos polo

Entroido, no cole fixemos un festival.

Este ano dedicámolo ós Xogos

Olímpicos. Nós, os alumnos/as de 2º A,

fomos de ximnastas. Os nenos da clase

ían vestidos cunha camiseta negra con

músculos e un pantalón branco e as

nenas íamos vestidas de negro.

Cando chegamos á clase, a

mestra púxonos a todos/as unas

pegatinas (círculos brancos) na roupa e

ás nenas tamén lles puxo unha pluma de

cor verde na cabeza.

Primeiro estivemos vendo unha

película e logo, xunto cos nenos/as de 2º

B, fixemos unha merenda con orellas,

filloas … que trouxemos todos da casa.

Despois baixamos ó pavillón.

Había moita xente. Os primeiros en

desfilar foron os alumnos/as de Infantil

que ían disfrazados de abandeirados.

Despois fomos desfilando por cursos.

Os nenos fixemos os exercicios

con barras, anillas … e as nenas fixeron

uns exercicios con pelotas moi

divertidos. Pasámolo moi ben.

As actuacións dos demais cursos

gustáronnos moito. Fixémolo todos moi

ben.

Os nosos pais e nais estaban nas

bancadas véndonos e facéndonos fotos.

Máis tarde, cando rematou o

festival fomos xogar o patio e logo

marchamos para a casa.

Alumnos/as de 2º A Primaria.

Os olímpicos de 1º da E.S.O.

Os alumnos de 2º da E.S.O.

Os tenistas olímpicos de 5ºe 6º.

Os nadadores de 3ºA

A natación de 4ºB.

Bailando os alumnos de 4º da E.S.O.

Os deportistas de 5º e 6º

Alumnos de 3º B

Page 8: O voceiro do piñeiro manso

ECONOMÍA

8

CONVERSEMOS DE ECONOMÍA COS RAPACES E RAPAZAS DE 4º A

Os alumnos de 4ºA (primaria) ofrécennos a súa particular visión da actual situación económica. (Respostas reais e literais re-

collidas nunha conversa entre o titor e os alumnos)

Imaxino que ultimamente escoitariades moito a palabra “crise”… -Siiiiiiii…

Onde? - En todos os lados.

- No periódico, na televisión….

- Os maiores falan diso todo o día.

Que credes que queren dicir cando se fala de crise? - É falta de diñeiro, agora hai moita crise.

- Con tanta crise no ano 3. 000 (se chegamos a el ) non poderiamos mer-

car nada.

- Imos morrer de fame e de sede.

E desa palabra tan rara “hipoteca”, sabedes algo?

- Si, é como unha lista do que hai que pagar.

- Noooooon!

- É o que tes que pagar cada mes para que non che quiten a casa.

- É o que lle pagas ao banco.

Sería entón unha especie de préstamo?

- Buenoooo…un préstamo é cando o banco che deixa cartos e despois

tesllos que devolver.

- Si, pero teslle que devolver o dobre.

- Tanto non!

- O banco préstache pero despois véndeche “cousas”.

E logo, que “cousas” pode vender un banco?

-Potas e tixolas para cociñar….

-Jejejejeeeee

-Tamén regalan almanaques ou televisións se metes cartos.

Sabiades que os bancos tamén poden vender produtos coma seguros?

- Ah si, hai seguros de vida.

- Que noooooon, son seguros de morte.

- Si, para cando morras pagar o funeral.

- Jajajaaaaaaaaaaa…

- A ver, hainos de vida e de morte. Tamén para pagar o cemiterio!!

- Tamén de coche.

-E da casa, por se che rouban ou cousas así.

Semella complicado isto dos bancos e da economía… Alguén mo sabe-

ría explicar?

-A ver, o banco serve para gardar os cartos. Os banqueiros gárdanche os

cartos.

-E algún tamén os colle, jejejeje.

-Si, pero se o pillan vai á cadea.

-A banca vai moi mal. Si chámase bancarrota….

-Jajajajaaa

-Que si, que se chama así…

-Iso pasa porque os ladróns entran e rouban os bancos e por iso teñen

poucos cartos na caixa forte.

-E tamén porque hai crise e a xente saca todos os cartos…

Ten algo que ver todo isto coa economía? -Eu non sei o que é a economía pero din que está a caer en picado.

-A economía son os cartos.

-Se hai pouco diñeiro a economía é baixa, se hai moito é alta.

-Aquí está baixa porque vas pedir cartos e non chos dan.

E o aforro?

-É xuntar moitos cartos pouco a pouco para poder dar cando che invitan a

un bautizo ou a unha voda…

-Jejejeeee…

-É cando metes os cartos nunha caixa para poder máis adiante mercar al-

go moi caro.

-Pero tamén é gardar cartos pouco a pouco para o futuro.

Que é unha comisión?

-Cando se xuntan unhas persoas para vender rifas e recoller cartos para

traer unha orquestra ás festas.

-Jajajajjaaaaaa

-Iso é unha comisión de festas.

Referíame a unha comisión bancaria.

-Iso a min xa non me soa.

-Que siiii, é cando che cobran por facer algo no banco.

Sóavos de algo a Unión Europea e o Euro?

-É unha unión de varios países de Europa.

-Todos teñen euros.

-Antes había pesetas! Pero hai moito, aínda non naceramos.

-Siiiii, eu teño na casa pesetas, deumas meu pai.

-Eu teño un dollar.

Hai moita xente no paro, sabedes o que é?

-É cando che pagan por non traballar.

-Jajajaaaa…

Page 9: O voceiro do piñeiro manso

ECONOMÍA

9

-Pero páganche porque te botaron do traballo!

-Págancho só uns días.

-Varios meses!!

-Que non! Depende do tempo que leves traballando.

-Bueno, eu o que sei é que hai moito paro porque non hai traballo.

-É cando quedas sen traballo.

Ten algo que ver a política con todo isto?

-Si. Os políticos mandan e preséntanse para ser alcaldes, ministros…

-Tamén vicepresidentes e cousas así.

-Tamén o Rei.

-Pero o rei é sempre o mesmo.

-Cámbiase cando morre.

-Siii, igual que o Papa.

Credes que hai conflitos por culpa da crise?

-Si, pode haber manifestacións.

-Tamén guerras.

Por que guerras?

-Porque loitan polo poder e os outros non se deixan.

-Si, tamén porque queren destruír outra cidade.

Que é unha O.N.G.?

-É un grupo de persoas que axudan a xente necesitada.

-E tamén están nas guerras.

-Pero outras non, axudan aos de aquí.

-A ver, hai moitas, algunhas dan roupa ou comida.

-É o contrario da guerra.

-Son pacíficas.

Por último, coma expertos en economía e finanzas… Cal é a vosa re-

ceita anticrise?

-Pois estaría ben que tiraran billetes de 500 euros desde un avión.

-Boh, iso non funciona porque os billetes voarían e tamén habería pelexas

por eles.

-Que os ricos repartan entre os pobres.

-Pero así os ricos deixan de ser ricos e pasan a ser pobres!!

-Pero que non repartan todo, só un pouco!

-Hai que gastar menos cartos e mercar o que fai falta e non parvadas.

-Bo, dicides moitas burradas. O que hai que facer é que os que cobran

moito cobren menos e os que cobran pouco cobren máis. Así, polo

menos, compénsase.

E tamén que os países da Unión Europea se axuden os uns aos outros.

Pois parece que os alumnos de 4ºA teñen a solución á crise

económica que ten a medio mundo revolto.

Seguirán os nosos gobernantes os seus consellos?

Alumnado de 4º A de primaria

DENDE O MIRADOIRO

OPINIÓN.

Que o consumismo é un movemento que ten millóns de seguidores no mundo é algo que todos sabemos. Que o noso ‘’marabilloso’’ sistema económi-

co vive de que a poboación consuma e consuma é algo que tamén debería-

mos saber.

O poder dos mercados e dos bancos en calquera país capitalista é superior

ao de calquera monicreque elixido cada catro anos polos cidadáns.

Un exemplo moi claro disto é o que pasou hai anos en Estados Unidos. A

campaña electoral de George Bush foi financiada polas petroleiras ameri-

canas. Nunha caída da bolsa durante o mandato de ‘’Jorgito’’ as únicas

empresas que non sufrían perdas eran estas. Se cousas así pasan no país

máis poderoso do mundo, como non vai pasar en España?Un país que des-

pois dunha ditadura sufriu unha transición máis que sospeitosa. Pasamos

dunha ditadura fascista a outra ditadura: ‘’A Ditadura dos Mercados’’. O

goberno encargouse de condecorala poñéndolle o nome de socialdemocra-

cia. Unha socialdemocracia na que mandan burgueses imperialistas como

Emilio Botín e Francisco González.

O Movemento 15M fíxome moita ilusión xa que é raro que en España se

saia á rúa por motivos políticos. Só se vía xente cando se gañaban mun-

diais. Aínda que non comparto algúns aspectos con esta asociación como o

de ``se che dan unha labazada, pon a outra meixela´´ síntome orgulloso e

sempre contarán co meu apoio accións anticapitalistas. Como as do pobo

grego. Un pobo cansado de que lle recorten todo o social e decidiu saír á

rúa e enfrontarse, de maneira comprensible, aos culpables. O tema de

Grecia faime graza. Cando un 31 de xullo de 2006, Fidel Castro tiña que deixar a presidencia da República Socialista de Cuba ao seu irmán por

problemas de saúde, xurdiron millóns de críticas cara ao ‘’Comandante´´. Agora ao país heleno impúxoselle un goberno sen eleccións. Onde están

as críticas? Isto é democrático? Parece que só se mira o que estea en contra da clase dominante. Porque mentres Cuba, con un bloqueo terrible, se-

gue adiante tendo menos porcentaxes de pobreza que a maioría dos países de Europa e América, nos países capitalistas e socialdemocratas a xente

está afogando polas débedas. Pero mentres o BCE teña máis poder que o pobo non se vai cambiar nada.

Occidente apesta a corrupción. Só me queda soñar con que algún día tomemos o exemplo dos franceses e en todas as capitais occidentais se produ-

zan revolucións como as do maio do 68. Non sei cal é a solución para establecer unha igualdade no mundo. Só sei que lle estamos inxectando cartos

a un sistema enfermo, que o que necesita é a eutanasia. Quédome cunha frase de Carlos Fernández Liria: ’OU ACABAMOS CO CAPITALISMO OU

EL ACABA CONNOSCO’’ .

Fran Bragado Souto

4º ESO Curso 2011/2012

Page 10: O voceiro do piñeiro manso

CIENCIA E TÉCNICA

10

MARÍA WONENBURGUER, UNHA CIENTÍFICA PIONEIRA GALEGA,

HOMENAXEADA NO II DÍA DA CIENCIA EN GALEGO

Este ano esta xornada reivindicativa dedicouse ás mulleres científicas, en especial a esta matemática nacida

en Montrove, Oleiros, o 17 de xullo de 1927. Realizou os seus primeiros estudos na Coruña, no Instituto Eu-

sebio da Guarda.

Lincenciouse en Matemáticas na Universidade de Madrid (A Complutense) en 1950.

Doutorouse cunha tese dirixida por Germán Ancochea e Tomás Rodríguez Bachiller.

Formou parte dos beneficiarios das primeiras bolsas Fullbrighd no 1953 o que lle permitiu ir á Universidade

de Yale nos Estados Unidos. De volta en España traballou no CSIC como investigadora durante tres anos.

No 1960 vai a Ontario,Canadá, onde era a única muller do Departamento de Matemáticas. En 1966 transla-

douse a Estados Unidos á Universidade de Búffalo.

En 1967 conseguiu praza definitiva na Universidade de Indiana, onde permaneceu ata 1983.

No 2007 a Unidade Muller e Ciencia crea o premio María Wonenburger para o coñecemento daquelas mulle-

res galegas con traxectorias notables no ámbito da ciencia e da tecnoloxía.

Foi investida doutora Honoris Causa pola Universidade da Coruña en 2010.

Publicou decenas de artigos nas máis destacadas revistas internacionais dirixiu importantes teses de doutora-

mento nunha época de difícil recoñecemento para as mulleres, especialmente nas matemáticas.

Alumnado 3º ESO

Curso 2011/2012

CADERNOS DE CAMPO

Os nenas e nenas de 3º B de E.

Primaria aproveitamos a

celebración do “Día das Letras

Galegas” para mostrarvos o que

levamos aprendido neste curso

do Reino Animal e cal é o

animal que máis nos gusta a

cada un de nós.

Se compartides con nós esta

afección, preme na imaxe para

ver esta presentación que

fixemos:

CIRCUITOS ELÉCTRICOS

Os alumnos/as de 6º de EP

traballamos na materia de

Coñecemento do Medio o tema

da Electricidade e as correntes

eléctricas. Para amplialo,

fixemos uns circuítos eléctricos.

Despois de que a profe Eva nos

explicara na clase como se

facían, e nos ensinara un circuíto

feito por ela, pensamos por

grupos que tipo de circuíto

íamos facer cada un.

Unha vez decidido o que iamos

facer, comezamos o traballo.

Reunímonos fóra do Colexio e

conseguimos os seguintes

materiais: un cable conductor,

un interruptor, un receptor, un

xerador e outros materiais.

E xa con todo o necesario,

puxémonos mans á obra. Unha

vez rematados puxémoslles

nomes. Bota un vistazo, verás

que divertidos son! Preme na

imaxe para ver o vídeo que

fixemos sobre a actividade:

II DÍA DA CIENCIA EN GALEGO

O curso pasado comezabamos as clases coa posta en marcha do chamado Decreto de Plurilingüismo que por

primeira vez dende a aprobación da Lei de Normalización Lingüística vetaba o uso do galego en determina-

das materias da rama científica. Dende os ENDL queriamos mostrar o noso desacordo un ano máis con esa

medida celebrando esta xornada reivindicativa, lúdica e didáctica o 4 de novembro. Este foi o programa co

que nos sumamos ao evento na xornada deste ano dende o noso centro:

Para primaria houbo unha videoconferencia titulada : “O valor dos bosques na sociedade actual”, a cargo de

Isabel Fraga Vila, directora do Museo de Historia Natural de Santiago.

Ao longo de todo o día puidéronse realizar os experimentos de física propostos na unidade "Ciencia diverti-

da" polo CEIP Virxe da Cela, de Monfero

Para 3º e 4º de ESO houbo outra videoconferencia titulada: “A investigación xenética na práctica policial”, a

cargo de Ángel Carracedo, catedrático de medicina legal da USC. No corredor de secundaria estivo a exposi-

ción de química: “Entre moléculas”, sobre a presenza desta disciplina no noso día a día. Tamén houbo xogos

matemáticos no corredor da ESO.

Page 11: O voceiro do piñeiro manso

LEMBRANZAS

11

MARÍA NAVARRO JAMARDO

Antes, no Miradoiro do Piñeiro Manso, en vez

de tantos xogos antigos e o tren, había un gran

piñeiro no que aniñaban os paxaros.

Miña avoa contoume que se celebraban alí

as festas: As orquestras colocábanse onde

agora sería o miradoiro; logo, baixaba unha

costa, onde sentaban os señores e señoras aos

que non lles apetecía bailar e finalmente había outra costa que remataba

nun campo onde a xente bailaba e xogaba. Agora todo iso é estrada, e no

campo edificouse o Concello e o parque municipal

SAMUEL GARCÍA CASTRO

Dende o Miradoiro do Piñeiro Manso vese todo

Cesures: dende o río Ulla ao fondo , o campo

de fútbol á esquerda, enriba do monte de Porto,

á dereita vese a parada do tren e tamén se ve

como os raís atravesan toda a vila . No centro

está a igrexa e enriba a escola . Algúns días

soleados e despexados chégase a ver a fábrica

de penso que hai no Camiño de Santiago .

ANTÍA FANDIÑO GARCÍA

O piñeiro manso está preto da escola na que

estou. Véxoo todos os días cando vou ao

colexio. Cando era pequena soía ir ata alí

acompañada dos meus pais e os meus primos.

Iamos dar unha volta por Cesures e

quedabamos alí a descansar. Tamén teño

xogado co meu irmán pequeno moitas veces, e

como sempre gañaba eu, enoxábase. Cando chegabamos, contabámoslle á

miña familia o que fixeramos e como o pasaramos. Agora xa non vou

demasiado, só de vez en cando.

LAURA HELENA VON HERTWIG BERNHARDT

Cando era pequena, meu irmán sempre me levaba ao Piñeiro Manso para

xogar co tren e cos distintos xogos. Pero o que máis me gustaba era

merendar na mesa de pedra, correr ó redor da árbore e ollar polo

miradoiro a miña casa ou o parque. Hai pouco o pai dunha amiga miña

contoume que cando ía á escola, había outra árbore, pero a causa dunha

forte tormenta, caeu.

Creo que o máis importante do Miradoiro é a árbore porque lle dá vida;

por iso está no centro.

IVÁN FERNÁNDEZ IGLESIAS

Recordo que xa ía con frecuencia ao miradoiro do

Piñeiro Manso cos meus amigos Samuel García ,

Rubén , Álex , Josy , Samuel Castro, etc. Alí

estabamos no tren de madeira falando de fútbol e

tamén andando cos móbiles. Tamén recordo que o

ano pasado o día de San Lázaro fomos ao miradoiro

e empezamos a tirar petardos (barrenos), que, por

certo, soaban moi fortes.

ALBERTO GÓMEZ DOMÍNGUEZ

Cando era pequeno, ía ao Miradoiro do Piñeiro Manso

con frecuencia. Sempre o pasabamos moi ben

contando contos, chistes etc. e estabamos alí ata que se

facía de noite.

PABLO OLIVEIRA CHENLO

Recordo que, cando era pequeno, ao saír da

escola, ía ao Piñeiro Manso xogar. Alí había

no centro unha gran árbore. Aos lados,

xogos antigos, uns bancos cunha mesa de

pedra e un tren de madeira. Antes non era

así, só había un campo cun gran piñeiro.

RAÚL TUBÍO EITOR

Cando eu era pequeno, sempre ía xogar ao

redor do Piñeiro Manso coa miña familia aos

xogos que estaban alí . Tamén algúns días,

cando ía dar un paseo coa miña nai, sempre

parabamos no Piñeiro Manso para beber e

comer algunhas lambetadas . Cando saía da

escola, sempre quería quedar cinco

minutiños no Piñeiro Manso .

SAMUEL CASTRO DIOS .

Unha vez cando xogaba ao escondite cos meus mellores

amigos: Samuel, Iván, Manuel, Rubén, Álex, Lorenzo,

Daniel, Ethan, Santi, Yoshi, Richi, Fran R., José Luís

M. e Fran B. escoitamos unha xauría de cans.

Viñéronnos detrás dende a estación ata o colexio.

Deixámolos atrás e pensamos un lugar para agocharnos

deles. Eu propuxen subir ao piñeiro manso e todos me

fixeron caso. De súpeto, Samuel e mais Rubén viron a

xauría de cans e fomos correndo ao lugar que eu

propuxen. Alí non nos viron, así que marcharon. Nós

baixamos con precaución por se se agocharan por alí. Vimos que non

estaban e fomos á pizzería Bambino onde tomamos dúas pizzas: unha

Margarida e unha Laranxa.

VERENA VIEITES FERNANDES

Acórdome de que, cando era pequena, ía cos

meus amigos algunhas veces pola tarde ou ao

acabar o cole ao tren que hai no Miradoiro.

Ten tres vagóns e unha parte onde vai o

condutor. Nós xogabamos sempre por alí, e

mentres merendabamos, xogabamos a polis e

cacos, ao pilla pilla, á pata coxa, etc.

Pasabámolo xenial alí! Nin meus amigos nin

HISTORIAS DO PIÑEIRO MANSO

Escollemos para este artigo un lugar que temos preto de

nós, tanto que a diario case non reparamos nel, pero que é

testemuña de moitas experiencias que forman parte das

nosas lembranzas: o Miradoiro do Piñeiro Manso, o espazo

que dá nome á nosa revista escolar. Os rapaces e rapazas

de 1º de ESO fixeron un exercicio de memoria para

contarnos algunhas das súas vivencias nel, ás veces mesmo

no lindeiro da fantasía ou do soño, pero que sen dúbida

conteñen algunhas pegadas da súa historia.

Page 12: O voceiro do piñeiro manso

LEMBRANZAS

12

imos moito por alí agora. Disfrutabamos máis cando eramos máis

pequenos, porque tiñamos máis imaxinación... Agora imos algún día que

temos clase pola tarde, pero non sempre. De todas formas para min, O

PIÑEIRO MANSO foi un lugar moi especial para a nosa infancia.

ANTÍA DOMÍNGUEZ ORDÓÑEZ

Agora xa non, pero antes, cando era pequena, ía xogar coas miñas amigas

ao tren do Miradoiro, onde tamén estaban a mariola, tres en raia e outros

xogos que nos gustaban. Desde os 10 anos xa non vou tanto ao Piñeiro

Manso como ía antes, xa que teño outros pasatempos que me gustan máis.

Pero aínda así paso por alí, e, se chego antes de tempo a baloncesto, sento

na sombra que hai na mesa grazas á árbore que está ao seu lado.Tamén

espero pola miña irmá a que saia das súas actividades que ten no

pavillón.

JOSÉ LUÍS MIGUÉNS

Cando era pequeno ía todas as tardes ao

Miradoiro. Ía merendar coa miña nai e ela

traíame estes alimentos: amorodos,

plátano, etc. Subía no tren e paseaba coa

miña nai polo colexio.Ás veces viña o meu

veciño. Eu conducía e o meu veciño ía nos

vagóns cantando. Pasabámolo moi ben. Ás

veces iamos ata o parque de Cesures ou ata o parque infantil.Un día

enfadeime e pegueille unha patada á árbore. Ao día seguinte tiven unha

dor no pé esquerdo. Funlle pedir perdón, deille unha aperta e cos meus

beizos deille un bico.

RUBÉN MARTÍNEZ BARREIRO

No Miradoiro hai unha fonte. Eu, cando

teño sede, bebo nela. Cando era pequeno,

xogaba moito no tren de madeira que hai

alí. Aínda agora, os meus amigos e mais

eu, imos ao Pino Manso a sentar no tren.

Alí unha vez fixemos un botellón light.

Ben, ao final non sei se o fixeramos, non

me lembro.

FRAN REFOJO LABANDEIRA

Un día, cando tiña sete anos, ao saír do

adestramento de fútbol quedara cos meus

amigos e amigas no Miradoiro para xogar

todos xuntos. Ese día xogamos ao pilla-

pilla. A min nunca me pillaban porque

daquela era moi rápido. Despois xogamos

ao escondite e tampouco me encontraban

porque me escondia debaixo dos bancos. Por último, aos policías e os

ladróns. Cando acabamos de xogar, antes de marchar, encontramos un

can de caza moi malferido. Tiña unha pata rota e feridas na cabeza.

Levaba un colar que poñía “Sol”. Eu sabía de quen era o can: da miña tía

Marisol. Leveillo, deume as grazas e despois fun para a casa.

ETHAN POTEL GÓMEZ

Un día fun co meu pai e meu tío Jose pasear os nosos catro rottwailers.

Subimos ata o Miradoiro onde meu tío colleu unha pina e ma tirou. Nese

instante os cans saltaron pola pina e tiráronme ao chan deixándome

perdido. Meu pai riuse ás gargalladas. Eu, enfadado, tireille a el outra

pina. Os cans saltaron tamén enriba del e eu rinme. De súpeto comezou a

chover e tivemos que ir a correr para a casa. Ao chegarmos, estabamos

pingando e miña preparounos unha cunca de colacao

JOSÉ LUÍS JAMARDO BUCETA

Un día no Piñeiro Manso encontrei un

tesouro pero non de xoias ou de ouro,

senón de doces de toda clase: tabletas de

chocolate, piruletas, caramelos...

No fondo do cofre había algo moi

estraño entre tantos doces: un amorodo

dourado. Cando o collín, vin que había

unha nota que poñía: "É un amorodo único. Só aparece un de ano en ano.

Tede coidado co sabor del porque é moi doce". Cando empecei a

arrimalo aos meus beizos e a ulir o seu intenso arrecendo, non me puiden

resistir a comelo. Pero ao final non o puiden facer porque era de ouro.

CANDELA LAFUENTE LÓPEZ

O piñeiro manso é unha árbore

medianamente grande que está diante da

escola. Antes había outra moitísimo máis

alta, pero caeu por un vendaval. No lugar

onde está esta árbore, hai un miradoiro.

Dende alí pódese ver case todo Pontecesures.

A min gústame moito esa vista, pero estropéaa un pouco a Finsa. Os

rapaces de primaria pasan moito tempo alí antes de entrar á clase, pois

hai xogos antigos, como o tres en raia ou a mariola. Este sitio é moi

tranquilo: pódeste sentar nos bancos e na mesa de pedra, e mirar como se

moven as follas do piñeiro manso. Eu non paso moito tempo alí, pero

gustaríame sentar a descansar nun día soleado preto desta bonita árbore.

FRANCISCO BARBOSA VIEITES

O Piñeiro Manso é un lugar que chega ao

corazón das persoas que pasaron por alí ou

estiveron nel.

Ese sitio para min é especial, non só polas

vistas, senón porque foi onde toquei o meu

primeiro balón de fútbol cando tiña apenas

tres anos. Eu non me acordo moi ben dese momento pois era pequeno,

pero miña nai sempre mo lembra cando gañamos algún partido,

competición ou sempre que xogo ben.

SANTI GÁNDARA AGRASAR

Hai moito tempo estaba eu co meu primo

no Miradoiro xogando ao pilla-pilla.

Estabámolo pasando moi ben pero ao

pouco tempo empezou a chover.

Grazas ás grandes follas das súas pólas

puidémonos agochar para non mollarnos.

Pasou o tempo e chegaron os nosos pais

preguntándonos que estabamos a facer. Nós suxerímoslles que fosen dar

outra volta. Entón marcharon deixándonos alí uns bocadillos para

merendar. Ao rematar de comer, acabara de chover. Empezamos a xogar

a xogos populares como o escondite, o pilla... Ao cabo de media hora

chegou un grupo de cans que nos empezaron a perseguir. Nós

agochámonos nas ramas da árbore.

Os nosos pais chegaron de novo e espantáronos. Nós nese momento

estabamos moi asustados.

SELVAYA MOSQUERA CASTIÑEIRAS

Recordo que, cando era pequena, levaba ao

Miradoiro a merenda para comela e, só uns

días a semana, tomaba algunha lambetada.

Sempre debuxaba a árbore pero, por

desgraza, ao ser pequena, non me saía ben.

Algunhas amigas da miña nai tamén viñan.

De vez en cando, miña nai contábame

cousas sobre a árbore, pero non me lembro delas. Si que me lembro de

que ía sempre alí a xogar cos meus amigos. Un día uns trastes que

andaban por alí, tiraban pedras á árbore e, non sei como, unha rebotou e

deulle a un deles.

DANIEL OLIVERA GARCÍA

Acórdome como se fose onte. Ese día

acababa de vir do adestramento de fútbol

no polideportivo cando decidín esperar a

meu pai no Miradoiro. Estaba aburrido e

decidín escalar o piñeiro manso que había

alí. Intenteino moitas veces pero era

demasiado pequeno para trepar, así que

decidín facer outra cousa. Xoguei no tren que hai, imaxinando que era un

maquinista e levaba unha mercadoría de ouro moi importante. Despois

veu meu pai a recollerme pero, antes diso, prometinme que escalaría o

piñeiro e non pararía ata conseguilo.

Alumnado de 1º de ESO .

Page 13: O voceiro do piñeiro manso

LEMBRANZAS

13

OS MELLORES MOMENTOS DO CURSO PARA

OS/AS NENOS/AS DE 5 ANOS Aquí nos quedan trece instantáneas captadas polos artistas da clase de Julia

daqueles episodios deste curso escolar que máis lles gustaron

VIAXE A CANTABRIA 2º ESO

O alumnado de 2º de ESO participou nunha

viaxe a Cantabria coorganizada polo CPI de

Pontecesures e o IES de Valga no mes de abril.

Publicamos aquí este resumo dun diario feito por

Carla, unha das participantes na excursión, e

algunhas fotos do evento.

MARTES 10-04-2012

O día da saída cara a Cantabria, a excursión tan desexada

durante o curso, amenceu chovendo. Aínda así non

permitimos que o mal tempo nos arruinase a xornada.

Mondoñedo, co Rei das tartas, Cudillero, unha fermosa vila

mariñeira, Cangas de Onís e Covadonga, co seu

impresionante santuario, foron as paradas que fixemos ao

longo do primeiro día.

Finalmente chegamos ao albergue en Entrambasaguas, onde

nos aloxamos.

MÉRCORES 11-04-2012

As visitas deste día foron Cabárceno, pola mañá, onde vimos

unha grande variedade de animais salvaxes e un espectáculo

de leóns mariños, e Santander pola tarde, onde visitamos a

Illa da Magdalena e a Praia do Sardinero.

XOVES 12-04-2012

Este día amenceu chovendo, pero neste caso foi unha sorte,

porque estaba prevista a subida aos Picos de Europa e alí

enriba había moita neve. Estivemos xogando con ela e

gozando das panorámicas impresionantes para logo ir comer

a Potes e visitar pola tarde San Vicente de la Barquera.

VENRES 13-04-2012

O triste día do regreso chegou e aproveitámolo para visitar

as Covas El Soplao, onde vimos algunhas formacións

xeolóxicas e pequenos lagos. De volta paramos en Gijón a

comer e de novo en Mondoñedo. Xa en Cesures, houbo que

despedirse do condutor e dos nosos compañeiros de Valga

cos que pasamos moi bos momentos.

E así rematou a nosa viaxe!

Page 14: O voceiro do piñeiro manso

LEMBRANZAS

14

OS MELLORES MOMENTOS DO CURSO PARA

OS/AS NENOS/AS DE 5 ANOS E agora outras trece instantáneas neste caso captadas polos artistas da clase de

Manola daquilo que lembran con máis agrado

PRIMEIRA XERACIÓN ABALAR DO CPI PONTECESURES

Os rapaces e rapazas de 6º, despois de traballar tanto dende

que chegamos ao Colexio por primeira vez, POR FIN

CHEGAMOS Á ESO!

Querémoslle dar as grazas a todos os profesores/as do CPI de

Pontecesures, por todo o que nos ensinaron dende os tres

aniños ata agora e, en especial, á profe Eva, que nos leva

aguantando dende 4º de Primaria, que aprendemos moitas

cousas con ela E A QUEREMOS MOITO!

MOITO CARIÑO E BICOS PARA TODOS

VIAXE A SALOU 4º ESO

O luns 7 de maio un grupo de 12 alumnos/as de 4º de ESO

partimos de viaxe de estudos con destino a Salou. A saída

realizámola en avión, onde algúns alumnos comprobaron o

caro que resulta almorzar nel. Xa no hotel, que compartimos

con varias excursións do IMSERSO, descansamos e

acudimos á piscina.

Durante a estancia alí visitamos Port Aventura, onde

gozamos sobre todo das atraccións de auga pola calor que ía,

e Barcelona (o Mare Magnum, as Ramblas e o Paseo de

Gracia, o Barrio Gótico, a Casa Batlló…), viaxe que fixemos

en tren, pasando por distintas localidades turísticas como

Tarragona, Castelldefels, Sitges, Altafulla… A cidade

ofreceunos unhas fermosas imaxes de edificios modernistas e

amplas avenidas polas que desfilaban milleiros de persoas de

todas as nacionalidades.

Tamén fixemos unha ruta en bicicleta por Mont-Roig, un

percorrido moi fermoso no que puidemos ver exemplos de

fauna e flora mediterránea, sobre todo unha zona moi extensa

de oliveiras.

Houbo tamén momentos de ocio distendido na praia e, pola

noite, nas discotecas de Salou. Alí coincidimos con

alumnado doutras excursións que tamén estaba participando

da viaxe de fin de estudos da ESO coma nós.

Page 15: O voceiro do piñeiro manso

A FORXA DAS LETRAS E AS ARTES

15

O MEU AMOR BRASILEIRO

Hoxe era o día que esperaba con ledicia, era o día no cal meu avó viña

das Américas, onde pasara toda a súa vida. Tiña moitas ganas de

coñecelo en persoa. Escribiámonos cartas todas as semanas e tíñalle un

aprecio enorme, aínda que nunca o vira.

Cando estaba no aeroporto, esperando a recibilo, vin que se me

achegaba unha muller. Parecía latina e, se o meu sentido non me

fallaba, do Brasil. Cun andar algo inseguro, achegouse ao meu carón e

preguntoume como podía chegar a algún albergue. Respondín de

inmediato indicándolle a dirección, que non estaba moi lonxe de alí.

Ela mostroume un sorriso mentres me daba as grazas e alixerou o

camiñar. Era unha muller fermosa, de andar lixeiro e ollar explosivo,

pero o seu rostro mostraba o sufrimento vivido durante algunha época.

Semellaba preocupada por algo ou, mellor dito, alguén. Xireime un

momento a ver se chegaba o meu avó e, cando me voltei para

contemplala por última vez, xa non estaba, desaparecera entre a

multitude. Meu avó chegou, leveino á casa no coche. Seguía pensando

na muller aquela, algo me dicía que non a esquecería nunca.

Pasaron os días, as semanas, os meses… e non volvín a saber dela ata

pasar unha tempada. Entereime de que o seu nome era Carme e

emigrara por uns problemas económicos na súa familia. Precisaban os

cartos para que o pai dela puidera operarse e voltar a andar, pois tivera

un accidente cunha moto, por culpa dun desgraciado que viña a máis

velocidade da permitida e levárao por diante. Todo o mundo falaba

dela e eu non a sacaba da miña cabeza. Atopeima un día na rúa e

pareime a falarlle. Ela contoume todo, sei que se lembrara de min

dende o primeiro día no aeroporto. Relatoume o que lle ocorrera dende

a súa chegada a Galiza, sen esquecerse de ningún detalle. Agora

traballaba nunha tenda de roupa, preto da miña casa, polo que podería

vela con máis frecuencia. Non cobraba moito, mais alcanzáballe de

sobra para comer e vivir aquí. O que lle sobraba mandábao ao Brasil

para a operación. Mentres me contaba todo isto íalle cambiando a cara.

Nótabase que lle fora duro ter que vir para aquí e deixar á súa familia

aló. Debía botar de menos tanto o seu país natal. Tiña que ser moi

complicado. Pero ao mesmo tempo atopábase a gusto aquí, facendo

novas amizades e aprendendo a falar unha nova lingua. Eu, cada vez

que a escoitaba, perdíame entre os seus beizos, dos que saían esas

palabras cun acento tan divertido. Cada vez sentía que a quería máis e

penso que me comezaba a namorar.

Pasaban os días e cada vez sentía algo máis forte. Falamos todos os

días sen esquecernos de ningún. Ela non quería voltar xa, decidira

quedarse para sempre, pois levaba catro anos e estaba moi a gusto. Un

día confeseille o amor que sentía por ela, os dous contiñamos os

mesmos sentimentos cara ao outro, e entón comezamos a saír.

Sempre lembrarei esa data, e ben, aquí seguimos nós, xuntos, e

preparados para casar despois de 4 anos máis. Espero que cando leades

isto lembredes o noso nome ata a eternidade. Asinado: Antón.

Lara Rarís Frois 3º ESO Curso 2011/2012

QUERO MEDRAR!

Fernando tiña unha teima. Necesitaba ser máis alto, facíalle falla medrar

uns 20 cm máis ou menos.

Fernado era un neno loiro de ollos azuis, tiña 5 anos e soamente

medía 98 cm. Era o máis pequeno da súa clase, pero iso non era o que lle

preocupaba. O maior dos seus problemas era que non chegaba a alacena

para coller as chocolatinas que tanto lle gustaban. Tamén o ser pequeno

dáballe outro tipo de problemas, como as burlas dos seus compañeiros ou

incluso algún comentario dos profesores como por exemplo: ``A este ra-

paz na casa non lle deben dar moitos ``petisuis´´ porque mira que pequeno

é´´.

El estaba farto de todo iso así que ideou un plan. Este consistía en

atar unha corda aos pés e logo a mesma á correa do seu can (un``Haski

Siberiano´´) Lis, e logo facer o mesmo paso coas mans, pero en vez de

atalas a un can pensou que sería mellor atalas ao poste da luz.

Cando Lis comezou a correr, case afoga, e Fernando o único que

conseguiu foi dislocar un ombro.

Seus pais berráronlle bastante, pero non o suficiente como para

que o rapaz deixara a un lado a súa teima.

Despois de varios días ocorréuselle un novo plan, pero primeiro

decidiu que sería mellor que lle curase o ombro. O plan ocorréuselle des-

pois de ver unha apisonadora diante da súa casa. Veu como ao pasar por

enriba do asfalto o estiraba un pouco, así que pensou que, se el se poñía

debaixo da máquina, ao mellor tamén o estiraba, así que decidiu facelo.

Á mañá seguinte, Fernando ergueuse cedo. Mirou pola fiestra e,

xusto como el tiña previsto, a apisonadora estaba en marcha.

Vestiuse e almorzou o máis rápido posible, iso si sen espertar aos

seus pais. Saíu da casa e dirixiuse rapidamente á estrada onde estaba tra-

ballando a máquina. Fernando, como era tan pequeno, pasou desapercibi-

do entre a xente, polo que non lle foi moi difícil chegar ao lugar desexado.

Unha vez alí, deitouse na estrada e, xusto cando a apisonadora lle

ía pasar por enriba, a súa veciña María Xosé sacouno de alí rapidamente.

O rapaz quedou enfadado porque non lograra o seu propósito.

Cando os seus pais se enteraron do que o seu fillo fixera, quedaron

abraiados. Non sabían como podían facer para castigar aquela trasnada,

así que, antes de poñerlle o castigo, preguntáronlle por que fixera iso. El

respondeu que era para ser máis alto, xa que no colexio se burlaban del e

tamén porque non chegaba á alacena onde estaban as chocolatinas favori-

tas.

Despois dese testemuño á súa nai ocorréuselle o castigo perfecto:

``NON VOLVERÁS PROBAR ESAS CHOCOLATINAS NA TÚA VI-

DA´´.

Fernando levou unha grande decepción, ata se lle quitaron as ganas

de intentar algunha outra cousa, así que, despois daquel día, Fernando foi

coñecido como: ``FERNANDO, O NENO QUE QUERÍA MEDRAR

POR UNHA CHOCOLATINA´´.

Carla Constenla Barral

2º ESO Curso 2011/2012

UNHA NOITE MISTERIOSA

Polo Samaín os días acúrtanse e as tebras, estremecidas polos temporais de outono, vanse poboando de seres fantasmais que tecen historias de medo.

Os rapaces e rapazas de 5º e 6º curso, coa axuda de Verónica e Eva, aproveitaron o tempo das castañas e dos lumes a carón da lareira para crear este

fantástico relato escrito nun libro lupa. Estarédesvos preguntando que é iso...Explicámolo en catro pasos:

1º paso: fómonos xuntando de dous en dous e cada parella inventou unha folla. Os textos e os debuxos fixémolos todos con bolígrafos e

rotuladores negros.

2º paso: despois imprimímola nun folio transparente.

3º paso: puxemos unha cartolina de cor negra debaixo de cada folla transparente e encadernámolo.

4º fixemos unha lupa de cartón co fondo de cor branca. Cando pasamos a lupa entre o folio

transparente e a cartolina negra pódese ver o que está escrito e debuxado, porque, ao ser a lupa branca, por

onde a pasas ponse branco, e iso é o que fai que sexa tan divertido!Ti se queres podes facelo, só tes que

botarlle moita imaxinación!

Aquí podédelo escoitar lido por eles/as mesmos/as se pulsades na imaxe

O VERME DA CREATIVIDADE TAMÉN FOI LABRANDO O SEU RECANTO AO LONGO DESTE CURSO ESCOLAR.

RELATO, POESÍA, PINTURA… OCUPACIÓNS CONSCIENTEMENTE “IMPRODUTIVAS” QUE, SITUANDO A

IMAXINACIÓN, OS ANHELOS OU OS MEDOS NO CERNE DO LABOR INTELECTUAL, NOS FAN PLENAMENTE

HUMANOS, AXUDÁNDONOS A PÓRNOS NA PEL DO OUTRO E A EMOCIONARNOS CO QUE, NON TENDO

ACONTECIDO, PUIDERA SUCEDER. AQUÍ FICAN ALGUNHAS MOSTRAS ESCRITAS E PINTADAS POR

ALUMNOS E ALUMNAS DOS DISTINTOS CURSOS

Page 16: O voceiro do piñeiro manso

A FORXA DAS LETRAS E AS ARTES

16

CINCO CONTOS PARA CINCO IMAXES

(HISTORIAS CREADAS E ILUSTRADADAS POLOS

NENOS E NENAS DE 2º A DE PRIMARIA)

O CAN E A PULGA

Érase unha vez unha pulga que non tiña casa porque era moi

pobre e foi en busca

dunha casa ao bos-

que xa que por alí

paseaban os cans.

Decidiu buscar unha

casa nun dálmata

pero estaba ocupado

por outras pulgas e

botárona. Seguiu

polo bosque e viu unha cabana pequena feita de madeira que

estaba ocupada por un chihuahua cheo de carrachos así que

fuxiu ás montañas e buscou no pelo dun lobo pero vivía nel

unha araña. Volveu ao bosque e atopou un doberman que non

estaba ocupado e viviu alí moi feliz.

Noélani Cascallar Martín, Rubén Martínez Baleirón, Nicolás Rodríguez

Iglesias, Santiago Tarrío Buján.

O ESCARAVELLO ZOMBI

Érase unha vez un escaravello furioso porque uns nenos se

burlaban del e un día o escaravello converteuse nun zombi.

Despois mordeu aos nenos e estes a toda a cidade, pero un ne-

no foi á casa do seu avó no pobo. O neno tiña unha pistola de

auga e o a

avó fixo

unha póci-

ma que se

lles botaba

aos zombis

para con-

vertelos en

persoas. A

cidade xa era igual que antes pero aínda había un neno zombi.

O avó pillouno así que todos foron felices para sempre e o

avó sorriu.

Amélie Galmarini Araujo, Marta Perez Sanchez, Lara Rodríguez Agra-

sar, Julián Serramito Esperón, Brais Sobrino Grela.

PRAIA

O parasol está na beira

da auga, xunto a area e

as mareas. Se vén a

agua, pon as lentes e,

cando chega o sol, en-

rédase na toalla. Cando

se pon o bañador, pasa

por alí o caracol. Can-

do colle a caracola, escoita o ruido das ondas. Como hai un

neno na auga o socorrista tírase na agua. Despois a nai pre-

ocupada vai á Praia. O neno salvouse e foron os dous en bici-

cross. Carla Rey Vidal, Iciar Lorenzo Gonzalez.

O CAN GORDO

Érase una vez un can que vivía nunha casa onde lle daban

moita comida pero un venres levárono ao mar e picoulle unha

medusa. Púxose un pouco gordo e foron ao veterinario para

que lle sacaran o ve-

leno. Logo marcha-

ron para a casa en

coche. Máis tarde fo-

ron a un restaurante e

déronlle unha comi-

da de can que lle da-

ba alerxia e inchá-

ronselle os ollos. Ti-

veron que ir outra

vez ao veterinario,

que lle deu un xarope, e levárono para a casa. O can deitouse

no chan e, ao despertar, atopouse moito mellor.

Natalia Potel Ferreirós, Paula Villar Caamaño, Cristina Pesado Portas,

Joel Miguéns Murillo.

O QUE FAN CATRO AMIGOS NO PATIO

Érase una vez catro amigos chamados Samuel, Nerea, Nerea,

Icía e Paula. No recreo tiñan moitas aventuras. Unha vez ato-

paron ósos de costela, roupa e un anel dun borracho no campo

ao lado do patio. Samu estaba xogando ao fútbol con Nico,

Rubén, Julián e Angel. Un deles lanzou a pelota ao cristal do

pavillón. Mi-

guel, o profe de

educación físi-

ca, berroulle.

Despois atopa-

ron un cachorri-

ño de can coxo,

leváronllo a Pa-

tri e díxolles

que quedaran

con el. Era moi

bonito e cada

vez medraba máis. Nas vacacions ían ao bosque a ver o ca-

chorriño e así remata este conto.

Paula Oliveira Bello, Icía Garcia Mosquera, Nerea Oliveira Gens, Sa-

muel Oliveira Carbia.

O LEÓN DE PEL BRANCA

Nove da mañá. As radios anuncian guerras.

A noite das amargas pistolas ameaza con volver.

¿A onde fuxiron os pianos suicidas?

Miles de corazóns tinguidos de odio

Envían paquetes cheos de calafríos vermellos.

Desespero.

¿Como chora o piano cando as súas notas non son escoitadas?

Alguén pregunta.

Non se oe resposta na habitación dos xerróns podres.

Seguen chovendo do ceo as negras entrañas do inferno.

Das covas dos países saen diaños capaces de matar.

¿Onde irá o león de pel branca?

ALUMNADO 2º ESO D

CURSO 2011/2012

Page 17: O voceiro do piñeiro manso

A FORXA DAS LETRAS E AS ARTES

17

ASASINATO NO ESTUDIO 2000

“Non a soporto. Dende que lle deron o papel principal a ela ten unha actitude orgullosa, de

desprezo cara aos demais. Dende hai uns días a min nin me saúda. Xa me gustaría que o

final previsto para a serie que estamos gravando para a TVG se fixese realidade: acabar

estrangulada é o que se merece. A ver se así me toca a min desempeñar o papel protagonis-

ta; faríao moito mellor ca ela”.

“Andrea era moi boa persoa, pero dende que se xuntou con ese produtor volveuse moi or-

gullosa. Dende que me deixou, cambioume moito o carácter, penso que ata me obsesionei

con ela. Hai uns días intento atoparme con ela, sígoa ao traballo, espíoa mentres grava…

pero nunca lle faría nada, aínda que… ben nada. Iso é todo”.

“Mañá remata a teleserie onde traballa a mala pécora da miña irmá. Agora non teño moita

relación con ela. Dende que morreron os nosos país, non a volvín ver. O problema foi a

herdanza porque quedou mal repartida: ela a casa, o apartamento na praia e o coche, men-

tres que a min o can e os mobles antigos da avoa. Aínda que por enriba ela di que así que-

dou ben, que non me queixe. Dende que deixou a Xabier mudou de carácter. É unha orgu-

llosa pero ben, ela saberá o que fai…”.

“Non son capaz de durmir. Cada vez que me lembro da súa cara marcada polo espanto

sinto unhas ganas irrefreables de vinganza. Pobre Andrea, estrangulada co cable do seca-

dor. Quen sería capaz de cometer tal crueldade? Cando saiba quen matou a miña moza,

non serei responsable dos meus actos. Non podería borrar da memoria cando entrei no ca-

merino para avisala de que comezabamos a rodaxe e a vin sentada na cadeira, inerte”.

O inspector Souto levaba xa tres días investigando o caso da actriz estrangulada.

Eran moitos os sospeitosos, pero nada que os incriminase. Acababa de recibir as

probas do laboratorio. Había algo raro nelas que o desconcertaba: pegadas dactilares

de maquillaxe no pescozo da vítima. Que houbese pegadas de Miriam López; a ma-

quilladora habitual de Andrea, non tiña por que incriminala xa que era o normal. Pe-

ro Souto non quería descartar ningunha hipótese. Así que decidiu interrogala.

De volta á súa casa, o inspector Souto non paraba de matinar no estraño comporta-

mento de Miriam López durante a entrevista. Sobre todo cando lle preguntou, como

é que o seu secador de pelo estaba no camerino de Nuria, a actriz que rivalizaba con

Andrea. Esa parecía ser a clave que resolvese o misterio. Por iso decidiu investigala

a fondo.

Interrogou aos familiares, pero non obtivo nada novo porque era unha persoa solita-

ria, que non tiña relación con ninguén. Incluso foi unha mañá ao seu apartamento

aproveitando que non estaba, pero tampouco conseguiu nada. Finalmente ocorréuse-

lle ir ao colexio onde estudara e alí si que soubo algo comprometedor: aínda conser-

vaban o seu expediente onde constaba que padecía un perigoso trastorno bipolar.

Logo de lelo, Miriam López aínda se convertía en máis sospeitosa. Alí relatábase

que de pequena no colexio se queimara facendo un experimento no laboratorio.

Dende aquela tiña unha fobia psicótica ao lume, como demostrou en posteriores su-

cesos, tamén na escola, como cando polo entroido queimaron o Meco e ela comezou

a estrangular ao rapaz que tiña o chisqueiro na man. O inspector relacionou todo isto

co que lle fixeran a Andrea e pareceulle que encaixaba. Pensou que ao mellor o se-

cador botara unha chispa e iso provocara o seu instinto asasino. Había que simular

de novo esa situación a ver que pasaba. Así que decidiu ir ao estudio, falou cunha

actriz do reparto amiga de Andrea para que actuase como coello de indias e tenderlle

unha trampa a Miriam: cambiarlle o seu secador por un defectuoso que, cando o

prendían, botaba chispas. Entón so quedaba agardar.

As 6:30 Miriam aínda non chegara ao Estudio 2000 onde se gravaba a serie. Lorena,

a amiga de Andrea, non paraba de camiñar con nerviosismo. O inspector intentaba

tranquilizala dicíndolle que varios policías a vixiaban dende varios puntos. Minutos

despois viron como Miriam aparcaba o coche. Traía un peiteado novo, tinguido de

vermello, e unhas lentes de sol amarelas. Mentres se escoitaba o toc-toc dos tacóns

polas escaleiras, Lorena intentaba disimular o seu nerviosismo pintando as unllas.

Mirouna de esguello cando entrou no camerino e díxolle:

-Chegas tarde, Miriam. Só temos 5 minutos.

-Síntoo moito. É que fun á perruquería.

-Si estás moi guapa.

-Grazas. Ben, como queres o pelo?

-Pódesmo alisar?

-Claro, onde está o secador?

-Aí, enriba da mesa.

Miriam colleu o secador, prendeuno e… saíron chispas por todos os lados que a

queimaron. Nese intre a súa cara mudou de expresión e un brillo sádico, iluminoulle

a mirada. Colleu o cable do secador pasoullo polo pescozo e foi entón cando os poli-

cías correron a socorrer a Lorena.

O inspector Souto alegrouse de ter resolto un novo caso. Colleu as chaves do coche

e, fixándose nelas pensou: “Para festexalo, poden estar ben uns pinchos de tortilla na

de Chaves”.

Alumnado de 2º ESO A

Curso 2011/2012

ASASINATO ENTRE FELINOS

-Inspector Soutullo?

-Dígame.

O inspector Soutullo detestaba que o chamaran ao móbil

mentres tomaba o café. Por iso cando recibiu a chamada do

xefe de policía, un aceno de fastidio marcou os seus beizos.

- Vai ser o responsable da investigación dun secuestro.

Acaban de chamar avisándome da desaparición da doutora

Antonia Pérez Novoa.

- Sóame esa tal Antonia. ¿Non foi a que entrevistaron onte

na TVG?

- Efectivamente. Dirixía un grupo de investigación na

facultade de Medicina da USC sobre como curar o cancro

de colon.

- Hai algunha pista, algún sospeitoso?

- Demasiados. O caso parece complicado, non lle vou

mentir. Pase pola oficina e entrégolle o dossier do caso.

Cando o inspector Soutullo tivo o informe nas mans,

decatouse de que unha tal Samanta Branco podía ser a

principal sospeitosa, porque fora a última persoa que a vira

e ademais traballaba nunha investigación similar da

Universidade da Coruña. Unha grande suma de diñeiro,

premios de recoñecemento internacional, prestixo

profesional estaban en xogo. Buscou o seu número de

teléfono e citouna para interrogala na comisaría ao día

seguinte.

Isto só demostrou que Samanta era inocente xa que tiña

unha boa coartada: o recibo da compra do súper no que

estivera o día do secuestro a esa hora exculpábaa.

Soutullo dirixiuse entón á casa da doutora Pérez a ver se

había algunha pista. Atopouse cun grande ático luminoso,

cunha decoración un tanto peculiar: as cortinas estaban

pintadas con pegadas de gatos, alfombras con forma de

gato, calendarios con imaxes de gatos, paredes cheas de

fotos de gatos, zapatillas con cabeza de gato... E de súpeto,

un miañar medio adormecido proveniente do sofá,

alertouno da presenza de nada menos que seis gatos! Entre

tanto felino, distinguiu os anacos dunha foto rota no chan

que podía dar algunha pista do que sucedera. O inspector

viu que era un mozo duns 30 anos, que tamén aparecía

noutra foto do teléfono móbil. As últimas mensaxes

recibidas eran dun tal André, todas elas desesperadas, nas

que lle rogaba que non o deixase. Entre estas había unha

mensaxe ben sospeitosa dun tal doutor López que a

ameazaba con matala se non deixaba a investigación.

Decidiu non esperar máis e interrogalo.

A comisaría da praza Grande era un remuíño de obreiros

con carretillas de cemento, sacos de cal e area. Levaba en

obras tres meses e era imposible concentrarse en tanto

rebumbio. Tras 20’ de interrogatorio, o inspector estaba

convencido de que o doutor López ocultaba algo. De

súpeto , o sospeitoso, acalorado, remangou a camisa

deixando á vista unhas rabuñaduras no antebrazo dereito.

- ¿Que lle ocorreu nese brazo? – inquiriu o inspector.

- O meu gato, que é moi agresivo – respondeu tatexando

con inseguridade.

O inspector decidiu rematar o interrogatorio e contrastar

todos os datos que obtivera, aínda que non eran moitos.

Despois de varias consultas, o máis inesperado era que o

suposto ‘’gato agresivo’’ do doutor López non existía. E o

máis esclarecedor: as análises dos restos de sangue nas

uñas dos gatos da vítima correspondían ao doutor López.

Unha semana despois, apareceu o corpo de Antonia

flotando no porto cunha bala na cabeza do mesmo calibre

cá pistola que atoparan no caixón do escritorio do doutor.

O caso estaba resolto. E os gatos? O pobre André tería que

cargar con moitos gastos de latas de comida e veterinario a

partir de agora, se quería ter algún recordo vivo da súa

moza.

Alumnado de 2º ESO D Curso 2011/2012

O RELATO POLICIAL

Page 18: O voceiro do piñeiro manso

A FORXA DAS LETRAS E AS ARTES

18

HISTORIAS QUE NINGUÉN CRE DÍA INSÓLITO CUN HOME INSÓLITO

Estou na cama pensando unha escusa perfecta para dicirlle á miña nai

que suspendín o exame de Naturais. Son as once da noite e ela vén ás once

e media. Pénsolle dicir que un compañeiro...

-FIUUUUUUUUU... ¡PLOF..!

-¿Que foi iso?

Miro pola xanela e vexo que unha cabina telefónica, como as de Londres,

acaba de estrelarse xusto diante da miña casa. Saio para fóra con moito coi-

dado e, silenciosamente, voume acercando, cando de repente sae un home

da cabina:

-Hei, ola, e , perdón pola cabina, quizais puxen mal as coordenadas. ¿Cal é

o teu nome?-

-... ¿Quen es? -Pregúntolle.

-Oh, perdón, chámome Doc, e esta é a miña máquina do tempo.

-¡¿Que, como que máquina do tempo?!

-Si, ¿queres vela? É máis grande por dentro. - Contestoume-.

Entrei dentro da cabina e dentro había: unha piscina, dúas habitacións,

cociña, baño... Era impresionante.

Doc preguntoume que a onde quería ir, a calquera lugar do tempo e espa-

zo. Díxenlle que me sorprendera. Tamén me preguntou o meu nome e eu

respondinlle que me chamaba Mel.

Despois dunha viaxe movida duns minutos, a cabina fixo un son estraño,

e Doc díxome que estabamos perdidos, a punto de caer nun burato negro.

Pero eu non sabía o que era porque suspendera o exame de Naturais.

Para poñer a cabina en marcha, tiña que ir á sala de máquinas mentres

Doc a pilotaba. O que tiña que facer era contestar unhas cuestións, que ca-

sualmente eran as preguntas que me saíran no exame, en cuestións de minu-

tos. Pensei e pensei, cando me dei conta de que as preguntas tiñan trampa.

Puxen a resposta, ¡e era correcta! Mentres a cabina se poñía en marcha, eu

volvía con Doc.

-¡XERÓNIMOOOO..! - Gritaba Doc mentres caiamos en picado.

-¡PLOF..!

Aterramos, saímos da cabina, e dinme conta de onde estaba...

-¡¡Estou na hora de Naturais, teño un exame!!

Saín correndo para clase mentres Doc me dicía que me estaría esperando.

¡¡Fixen o exame e sabía as respostas, saquei un dez!! Volvín xunto Doc e

seguimos a viaxe no tempo e espazo xuntos.

Candela Lafuente López

1º ESO Curso 2011/2012

O MEU SOÑO Un día pola mañá espertei e

vin que me estaban a facer o

almorzó os xogadores da selec-

ción española: Fábregas o cola-

cao, Villa as galletas,

Iniesta os ovos, Xavi os cereais

e Casillas foime comprar o

pan. O que me acabara de pa-

sar resultoume moi insólito.

Entón díxenllelo aos meus

amigos pero non foi boa idea

porque me insultaron dicíndo-

me: "Cala chulito". Así que

lles dixen a todos os meus ami-

gos que viñeran comer á miña

casa. E efectivamente aí viron

que Xabi Alonso estaba facen-

do as hamburguesas e Silva

as patacas fritidas. Eu quedei

rindo da cara dos meus amigos

avergonzados, polo mal que

quedaran. Á tarde fomos todos

ao 3x3. Por mala sorte Fábre-

gas doume co balón na barriga

e empezoume a doer tanto que

espertei e deime conta de que

era todo un soño.

Ethan Potel Gómez

1º ESO Curso 2011/2012

LIBERDADE DE PAPEL E

CARTÓN

Un día a un home, metéuselle na cabe-

za facer a “Estatua da Liberdade” de

papel e cartón para logo subir e ver

todo o que ocorría na cidade. Así que

foi collendo e collendo papel ata ter o

suficiente para facer unha metade. A

outra parte faríaa de cartón.

Ó día seguinte empezou e rematou ó

cabo de dous meses traballando día e

noite. Agora a segunda parte sabía que

non había ser tan fácil como a primei-

ra, así que lle pediu axuda ao seu ir-

mán xemelgo. Entre os dous almace-

naron o cartón en menos que cantou o

galo da veciña. Empezaron ao día se-

guinte, que chovía bastante, así que

puxeron unha carpa como as do circo.

Seguiron construíndo e, cando remata-

ron, déronse conta de que esqueceran

as escaleiras para subir. Intentaron es-

calar, pero non deron. Entón colleron

un trade xigante e fixeron buratos en

forma de escaleiras.

Esa mañá espertou e deuse conta de

que estaba soñando, pero a estatua e o

seu irmán encontrábanse alí fóra.

¡¿Sería sonámbulo?!

Samuel Castro Dios

1º ESO 2011-2012

ASÍ ME VEXO: AUTORRETRATOS

DOS/AS NENOS/AS DE 3 ANOS

Page 19: O voceiro do piñeiro manso

A FORXA DAS LETRAS E AS ARTES

19

A TRAXEDIA DO GNOMO E A SERPE

Había unha vez un gnomo que quería dominar todos os mares e todos

os océanos. Era pequeno, a súa barba era branca e longa, pola noite

iluminábanselle os ollos de vermello e tiña un garfo na man dereita

co que atacaba ao que se lle enfrontaba. A súa cor era verde, estaba

bastante fofo e tiña superpoderes.

Un día adentrouse no océano para coñecelo e poder saber todas as

riquezas que alí había. Viu peixes, golfiños, baleas e tesouros dentro

de enormes galeóns.

Navegou durante moitos días ata que quedou durmido e chocou

contra un castelo.

Espertou e entrou nel. Ao lado da porta había unha serpe mariña que

nese momento estaba durmindo. Era negra con manchas amarelas,

tiña unha crista vermella e era moi longa e velenosa. Tiña poderes e

era moi rápida cando se enfadaba e loitaba para defender o castelo.

O gnomo decatouse do perigo e entrou sixilosamente. Foi polos

corredores abrindo portas ata que chegou a unha que poñía:

“Apousentos do rei”.

-Anda! Aquí hai un rei – pensou.

Entrou e viu a un rei que era moi papón, estaba comendo pizza,

spaguetis con atún, hamburguesas e un paquete de donuts.

O rei parou de comer e dixo moi enfadado:

-E ti, quen vés sendo? De onde vés?

-Son o gnomo do xardín de Shrek e veño conquistar o océano,

ja,ja,ja,ja, ja.

O rei, alarmado, chama aos seus gardas, pero todos estaban

borrachos perdidos, agás a serpe mariña, Manolito, que chegou

rapidamente.

Empezaron a loitar facendo uso dos seus poderes e superpoderes.

O gnomo podíase converter en xigante, lanzar raios polos ollos e tiña

un peido tóxico.

A serpe lanzaba raios polas manchas amarelas e podía facer tornados

de xeo ou de lume para conxelar ou queimar aos seus inimigos.

-Aí vai un peido tóxico!!!!

-Puag! Que porcallada! Pois aí che vai un tornado de xeo!!!!

O gnomo faise grande e rompe o xeo; pega un puñetazo e lanza a

serpe moi lonxe.

O gnomo séntese vitorioso, pero a serpe venlle por detrás e mórdelle

o cu; os dous lánzanse os raios e, ao xuntarse, o castelo explota.

O gnomo sae expulsado e cae no xardín de Shrek.

Dende aquela, o gnomo non volveu facer maldades nin quixo

conquistar nada.

Alumnado de 4º B de E. Primaria

ASÍ ME VEXO: AUTORRETRATOS

DOS/AS NENOS/AS DE 3 ANOS

Page 20: O voceiro do piñeiro manso

GALEGANDO

20

MANIFESTO GAÑADOR DO

CORRELINGUA 2012

Buscamos, buscamos, buscamos cousas que nos traian a

felicidade. Coches, pisos, prazas de garaxe, negocios... enchen

os anuncios por palabras dos xornais.

Pero nós buscamos persoas que estean orgullosas do idioma da

súa terra, que non teñan medo a falalo. Buscamos que as

fronteiras de Galiza as poña o galego. Preferimos unha persoa

do Bierzo que fale o idioma a unha de aquí que non o fale. Non

se é máis galego por vivir na Coruña se falas o idioma de

Castela. Deixade de presumir de algo que nin vós respectades.

Todos vós, os que subides fotos reivindicativas ao tuenti, nin

vos decatastes cando pechou Galicia Hoxe. O ser galego non é

ler “La Voz de Galicia” nin ver TVG. Ser galego significa que

buscaches e atopaches a túa identidade. Galiza non é

representada por unha catedral, unha muralla ou torre. A

Galiza represéntaa un idioma co que escribiron ensaios,

poemas, artigos e ata incluso anuncios por palabras.

Desexamos abrir un día o xornal e atopar anuncios coma estes:

SERVIZOS

A mellor vidente de tarot de Galiza.Máis de doce séculos de

experiencia. Especialista en: fonética, morfoloxía e léxico.

Visítanos en R/ Percebe, nº 24.

COMPARTO PISO

Búscase univeritari@ que se queira aloxar nun piso de galego-

falantes. Aviso: somos de moitas partes de Galiza e falamos

diariamente galego.

FINANZAS

Arréndase idioma. Prezo razoable e negociable, usable en

todas as formas e ámbitos. Con garantía ilimitada.

Precisas un idioma? Nós temos o que buscas. Está en boas

condicións, sinxelo de adquirir e comprender en toda a nación.

Resposta en 24 horas.

OCIO

Excítate co galego provocador do manifesto “Máis Alá”.

Mergúllate nun mar de gozo.

SEGUNDA MAN

Véndese equipo de música Vacaloura, perfecto para escoitar

Heredeiros da Crus, moi ben coidado. Prezo razoable

dependendo do galego que saibas falar.

DETECTIVES

Perdinme. Búscame. Chámome galego. Encóntrame, fálame e

gózame.

POLO TANTO,

Entra en Jujel, vaite a PISOS VENDA, merca Galiza.

Vaite a PISOS ALUGUER, aluga Galiza.

Vaite a NEGOCIOS, negocia Galiza.

Vaite a MOTOR, compra un Galicoche.

Vaite a OCIO, goza Galiza.

Vaite a NÁUTICA, padexa Galiza.

Vaite a Galiza, adora galego

Adórate, adóranos.

Se feliz: GALEGO, TODO O QUE BUSCAS

ALUMNADO DE 4º DE ESO

CURSO 2011/2012

CORRELINGUA 2012

Este ano celebráronse, como xa é tradicional, as carreiras do Correlingua en

distintas vilas e cidades galegas. Como en ocasións anteriores, previamente

organízanse os concursos de banda deseñada, vídeo, música e manifesto. Neste

último resultou gañador o texto redactado polo alumnado de 4º de ESO, que

podedes ler nesta páxina.

O luns 16 de abril celebrouse no Instituto Rosalía de Castro de Santiago o acto de

presentación do Correlingua 2012 e a entrega dos distintos premios de banda

deseñada, manifesto e vídeo. Os organizadores e entidades colaboradoras

presentes no acto louvaron a calidade dos traballos presentados, entre eles o

manifesto gañador presentado polo noso alumnado.

VOUME A FUME

DE CAROZO!

LISCA LIXEIRO!

CASE BOTO OS

FÍGADOS!

OS DITOSDO TRASNO Camiñando ao noso pé polos corredores, pendurado das trabes do centro ou diluído na

trasparencia dos vidros cando quere quentarse ao sol nas frías mañás de xaneiro, vive

entre nós este trasno falangueiro. Chegou ao colexio cando este aínda era un terreo

ermo no que non paraban os enlouquecidos ventos do outono. Logo coouse co seu

fardel de sons entre as paredes de tixolo acabadas de levantar e xa non quixo marchar

de aquí. Aprendeu axiña o noso idioma e, colleulle tanto agarimo, que o que máis lle

gusta é perder o tempo debruzado no peitoril das xanelas escoitando falar a rapazada,

para logo repetir os ditos dela.

A TI FÁLTACHE UN FERVOR!

Page 21: O voceiro do piñeiro manso

GALEGANDO

21

FACENDO GRAFFITI

O mércores 28 de marzo tivemos entre nós a dous grandes artistas do graffiti: Marcos e Javier, do colectivo artístico-musical "Dios que te crew".

Impartiron un obradoiro de catro horas, que se plasmou nun graffiti á entrada do colexio. Recolle unha idea madurada entre algúns alumnos/as

membros do ENDL do noso CPI, que ao longo de varias reunións fomos pensando unha idea para promocionar o galego no centro. Partimos de que a

vaca é un animal significativo de Galiza, para Castelao símbolo da paz, así que pensamos que estaría ben asociar esa idea a que o galego vale para

expresar todas as nosas inquietudes, sexan cales sexan, e que debemos estar orgullos@s del. Tod@s @s que iniciaron a proposta participaron na

actividade, baixo a supervisión dos dous artistas que impartían o taller. O talento de Javier e Marcos quedou xa claro dende o principio, cando nos

amosaron un bosquexo de como vían eles a idea. E o resultado foi tamén moi positivo, sobre todo polo interese que amosaron tod@s @s

participantes. Nestas series de fotografías intentamos expoñer como foi o proceso.

VIAXE A ALLARIZ

O 16 de marzo varios alumnos de 4º de ESO fomos a unha excursión a Allariz. A viaxe saíunos de balde porque foi o premio por gañar o concurso de

manifesto do Correlingua. A primeira parada que fixemos foi Santa Mariña de Augas Santas, unha aldea onde hai un conxunto ben conservado de

casas tradicionais. Unha veciña chamada Visitación

levounos a ver a igrexa da aldea e contounos a

lenda da santa que ten que ver coa orixe do nome

do lugar. Naquela aldea xuntámonos co alumnado

doutro colexio que quedou finalista no concurso e

tamén tiña como premio a viaxe. Aos rapaces

fómolos coñecendo pouco a pouco .

Logo fomos comer ao ecoespazo do Rexo. Esta

escola silvopastoril é un proxecto do Concello de

Allariz e a Fundación Ramón González Ferreiro. O

seu obxectivo é recuperar as zonas rurais, evitando

a súa despoboación, poñendo en valor os recursos

agrogandeiros da zona. O proxecto inclúe a planta

de biomasa (Allarluz), na cal se queima matorral

procedente de fincas abandonadas, para a produción

de enerxía eléctrica. Así queren evitar os incendios

e preparar fincas, que doutro xeito non producirían,

para aproveitamentos gandeiros.

Nesta granxa dispoñen dun rabaño de ovella latxa,

que son as únicas en muxido de Galicia. Alí un

monitor explicounos como facían para muxir as

ovellas, e ata tivemos a oportunidade de coller no

colo as máis novas. Logo, fomos ver o queixo que

producían, que é o único de leite de ovella de

Galicia. Ao acabar a visita, fomos a Radio Allariz onde vimos como se gravaban os programas.

Cando rematamos leváronnos ó lugar onde iamos durmir. Era un albergue relixioso! Dixéronnos onde tiñamos que durmir e ao pouco tempo algúns

fomos á piscina. Cando chegamos, fomos cear e logo vimos a película “A lingua das bolboretas”, cuxos exteriores foron filmados en Allariz.

Durmimos toda a noite oito horas máis ou menos...

Pola mañá Suso espertounos ás oito e media para ducharnos e baixar a almorzar. Logo un guía levounos por todo o casco histórico da vila,

mostrándonos restos da muralla, igrexas, conventos e a historia de Allariz. Tamén fomos visitar o Muíño do Burato, o do Xoguete e o do Coiro

Á hora de xantar volvemos ao lugar onde durmimos. E cando rematamos xa era hora de marchar. Despedímonos dos nosos novos compañeiros. Foi

una experiencia moi agradable!

Alicia Silva Pardal e Eva Gerpe Limeres, 4º ESO Curso 2011/2012

Page 22: O voceiro do piñeiro manso

GALEGANDO

22

Hai moitos milleiros de anos Pontecesures non

era así. Nin edificios, nin estradas, nin fábricas...

Era tan só un pequeno castro neste outeiro

de San Xulián de Requeixo.

Amorodo, veiga, croio… son palabras ga-

legas que proveñen das linguas que se fa-

laban entón.

Esta ponte é un vestixio da presenza romana

na nosa zona.

Hai uns dous mil anos os romanos ocuparon

este territorio e bautizárono como Cesures polo

desnivel que había no terreo.

A partir do século

V os pobos

xermánicos

(primeiro suevos

e logo visigodos)

chegan a Galicia

pero seguiuse fa-

lando latín. De

todas formas, o

topónimo Extra-

mundi e algunhas

palabras máis

proveñen destas

linguas.

Tamén os árabes nos deixaron algunhas palabras: Laranxa,

aceite, limón, espinacas, azucre...

Hai moi-

tas lin-

guas

que

proceden

do latín,

entre

elas

o galego.

Arredor do século IX, o latín de Galicia

xa cambiara tanto ...

… que xa se pode considerar

que é

GALEGO-PORTUGUÉS

Alumnado de 2º ESO

Curso 2011/2012

FOTODOCUMENTO: AS ORIXES DO GALEGO

Page 23: O voceiro do piñeiro manso

LITERARIA

23

UN POETA EXEMPLAR E COMPROMETIDO

Notas biográficas

O 6 de xaneiro de 2012 cumpríronse 100 anos do nacemento dun dos

mel lores poetas galegos, Celso Emil io Ferrei ro,

e ese mesmo día, coma homenaxe, poñíase en

marcha un blogue dedicado á poesía en galego:

www.escollaselectivas.blogaliza.org. Todo é pouco para un poeta de

dimensións cívicas extraordinarias e cuxos versos coñeceron unha

enorme repercusión e impregnaron a voz doutros poetas dos anos 60 e

70 do século XX, e que teñen hoxe, cando zoa o vento da crise do sis-

tema capitalista, plena vixencia.

Naceu en Celanova no seo dunha familia vencellada ás Irmandades da

Fala, ás que pertencía seu pai, e, como el mesmo recoñeceu, tiveron

unha gran importancia na súa formación a sensibilidade, o sentimento

de xustiza, de liberdade e dignidade que lle transmitía súa nai.

Sempre se amosou coma un poeta comprometido. En 1934, con Pepe Velo, funda en Celanova a Federa-

ción das Mocidades Galeguistas. A súa traxectoria verase alterada polo golpe de estado franquista; ao seu

pesar, viuse mobilizado polo exército franquista e enviado á fronte de Asturias. Pasa unha longa estadía

no hospital de Luarca, en 1938, cando coñece a Moraima, que sería desde entón a súa inseparable compa-

ñeira.

O celanovense foi un permanente activista cultural: na década dos 50, con Sabino Torres e Cuña Novás,

dirixe a colección poética “Benito Soto”, unha das primeiras experiencias culturais da Galicia de posgue-

rra. O soño sulagado (1954/1955) é o seu primeiro poemario realmente importante. Logo viría, en 1962, a

que moitos consideran a súa obra máis emblemática, Longa noite de pedra, (reeditada en versión bilingüe

en 1967), cuxos poemas serían musicados por Voces Ceives ou Amancio Prada, entre outros, o que con-

tribuiu a darlle unha enorme dimensión simbólica. De feito, o título da obra é a perfecta metáfora do que

representou a ditadura franquista. O seu compromiso reafírmase coa súa participación na fundación da

Unión do Pobo Galego (1964) no merendeiro da Rocha, en Compostela.

En 1966, unha mestura de cuestións políticas e económicas lévao a aceptar un traballo en “la Hermandad

Gallega” de Caracas (Venezuela). Pero o que se atopou aí foi decepcionante. Esa decepción impregna o

seu novo poemario, Viaxe ao país dos ananos (1968), onde o poeta denuncia a deriva social da emigra-

ción galega, reaccionaria e paradoxalmente antigalega. Esta denuncia supuxo para o poeta unha dura épo-

ca de ataques, insultos e unha persecución xeral, ao mesmo tempo que perdía o seu traballo na

“Hermandad”. Nesa mesma liña de denuncia sitúanse Cantigas de escarnio e maldecir (1968), Terra de

Ningures (1969) e Paco Pixiñas (1970).

En 1973 decide voltar e instálase en Madrid onde traballa como redactor de Tribuna Médica. Convértese

na capital nun dinamizador da cultura galega, acadando que penetre na capital do Estado. En 1975, publi-

ca Onde o mundo se chama Celanova e en 1978 sae o seu último libro en prosa, A taberna do galo.

Cando ninguén o agardaba, durante as súas vacacións, o 31 de agosto de 1979, o poeta morre en Vigo.

Versos de emoción e acción

Celso Emilio ábrese ao mundo que o envolve. Non pecha os ollos. Ábreos e

enchóupase del. Por iso, consciente dos males do seu tempo combina emoción

e acción de forma admirable nos seus versos. Versos actuais. O sistema capita-

lista segue a reproducir as mesmas situacións de explotación e desigualdade.

Denunciar este sistema é unha responsabilidade moral para o poeta.

Só podemos convidarvos a que leades as súas obras. Aquí, vai unha pequena

escolleita dalgúns dos seus numerosos versos:

Agora tomo o sol. Pero até agora/ traballei cincoenta anos sin sosego./ Comín

o pan suando día a día/ nun labourar arreo./Gastei o tempo co xornal dos sába-

dos,/ pasou a primavera, veu o inverno./ Dinlle ao patrón a frol do meu esfor-

zo/ i a miña mocedade. Nada teño./ O patrón está rico á miña conta,/ eu, á súa,

estou vello./ Ben pensado o patrón todo mo debe./ Eu non lle debo/nin xique-

ra/ iste sol que agora tomo./ Mentres o tomo, espero.

(‘Monólogo do vello traballador’, Longa noite de pedra)

Xabier Ron

O mundo do futuro

non nos pertence,

o mundo pasado

no desván envellece.

Ó presente me ateño,

a poesía é un arma,

disparemos.

(Onde o mundo se chama Celnanova)

A poesía vive

na temporalidá,

é unha cousa de hoxe,

é un ouxeto humán,

auga, sono, roseira,

rúa, fenestra, man,

vento na noite fonda.

Conversa familiar

(Onde o mundo se chama Celanova)

Vede estas maus de ventos e solpores,

vede como latexan.

Son os froitos acedos

dunha antiga colleita

de medo e de soidá. Sobre min choven

as soidades amargas das estrelas.

(‘Ollaime ben’, O soño sulagado)

Quero morrer eiquí (cando me chegue

a hora da viaxe que me agarda).

Eiquí niste silencio

de pobas arroladas,

niste vento que dorme nos piñeiros

un profundo sono de arelanzas.

(‘Eiquí será’, Longa noite de pedra)

Wall Street, Wall Street

lameiro luminoso

...

Hoxe acadou o mercado de valores

unha gañancia sólida

...

O mesmo día e hora, máis ou menos,

efeutivos de forzas xudiciás

procederon con mai moi pouco branda

a desahuciar cincoenta e seis familias

con débedas de alugueres, por fortuna

xente probe de escaso impedimento

que non dificultou o seu transporte

ó bairro Vilalatas, rente ó río,

alí onde Caracas

convoca as súas cloacas

(“Crónica bursátil”, Antipoemas, 1972)

O teito é de pedra.

De pedra son os muros

i as tebras.

De pedra o chan

i as reixas.

As portas,

as cadeas,

o aire,

as fenestras,

as olladas,

son de pedra.

Os corazós dos homes

que ao lonxe espreitan,

feitos están

tamén

de pedra.

I eu, morrendo

nesta longa noite

de pedra.

(Longa noite de pedra)

ESPECIAL CELSO EMILIO FERREIRO

POLO CENTENARIO DO SEU NACEMENTO

Page 24: O voceiro do piñeiro manso

LITERARIA

24

ESPECIAL CELSO EMILIO FERREIRO

POLO CENTENARIO DO SEU NACEMENTO

Un procura a verdade

por tódolos camiños, baixo as pedras,

nas raigames escuras das olladas,

máis alá das escumes e os solpores.

Busco a verdade en tí, rexa poesía

dos homes que laboran,

tacto real das cousas

que están e son, anque ninguén as vexa.

Home total,

que vas e ves sen sombra polas rúas

e tes a túa verdade nos curutos

do mundo, no profundo da historia,

na experiencia dun día calisquera,

e non ves os paxaros nin as nubes

nin as lonxícoas maus do vento dondo

que acariñan o mundo dende sempre.

Investiga a verdade do teu tempo

i alcontrarás a túa poesía.

O POEMA ESCOLLIDO E INTERPRETADO POR

PABLO POTEL MARIÑO

Neste poema, podemos ver una clara definición do que é a poesía social. Nela

queda retratada a realidade. A verdade. Porque a poesía social destapa as mentiras.

Como di o poema, un procura a verdade por tódolos camiños; mais o problema

vén, cando nos fan crer cousas irreais. Cando nos fan crer que o mundo é xusto,

que non existen cousas tan malas coma a fame, ou a suma pobreza. Entón chega a

poesía social, que significa unha crítica á situación que se está vivindo, una crítica

ás inxustizas, una loita pola igualdade, una loita polo equilibrio. E como non, Celso

Emilio facía esta crítica a través desta manifestación literaria. Vivindo o

franquismo, vivindo a guerra do

Vietnam; e tamén, aínda que non pareza

un gran conflito, toda a fame e a

pobreza que trouxo consigo a Guerra

Civil, durante e despois desta. Este tipo

de poesía cobra unha gran relevancia,

xa que expresa, dende a voz da xente, o

descontento coa realidade. Porque

cando un pobo non está contento coa

situación que vive, tense que saber. O

silencio non fai máis que prolongar ese

mal, ou incluso empeoralo. Por que?

Porque se non farán contigo o que

queren. A protesta é necesaria. É

necesaria para lograr o cambio a mellor.

Un pobo non debe resignarse a aceptar

vivir nun lugar creado por alguén que

non se preocupa por esa xente, ou que

simplemente busca o seu propio

beneficio. Nese momento en que os

habitantes dalgún lugar se senten

sometidos, ou nunha situación inxusta,

deben protestar. Protestar polos seus

dereitos e a situación que realmente

merece. Aí é onde nace a poesía social.

Co gallo do centenario do nacemento de Celso Emilio Ferreiro estanse a celebrar este ano actos de divulgación e

recoñecemento da obra do poeta celanovés. Dende as aulas de Literatura Galega de 4º de ESO, dado que a súa obra forma

parte do temario deste curso, propuxemos un exercicio de reflexión: seleccionamos un poema que capte o noso interese,

partimos da lectura, a comprensión e o comentario deste poema para logo calibrar a vixencia da súa mensaxe moitos anos

despois de seren escritasas súas palabras. Aquí deixamos os traballos presentados por dous alumnos de 4º: Pablo Potel Mariño

A REFLEXIÓN DE PABLO POTEL MARIÑO: AS PALABRAS DE CEF HOXE EN DÍA

A día de hoxe a poesía social segue existindo, xa que aínda non vivimos nun mundo no que aínda non sexa

necesaria. O que si que é certo é que houbo una evolución da crítica social. Por dicilo así, tomou múltiples

formas e cores. Hoxe existe a crítica social en forma de música, poesía , periodismo, fotografía… Por

exemplo, as recentes e polémicas filtracións de Wikileaks. Esta asociación sacou á luz documentos que

probaban en altos cargos ou grandes entidades feitos realmente vergonzosos, como podían ser imaxes de

cárceres inhumanas en Afganistán en plena guerra, por

exemplo. Estas filtracións, realmente, o único que fixeron

foron sacar á luz trapos sucios de gobernos, entidades

coma a ONU, etc. En fin, que desvelaron a verdade, e á

vez, ofrecían una crítica a eses feitos e a esa situación. É

dicir, crítica social pura e dura.

Polo tanto, a crítica social tamén está presente na

fotografía e máis nos debuxos e caricaturas. Moitas veces

satíricas imaxes cheas de ironía, aínda que outras, tamén

imaxes duras, que calan na nosa mente e nos fan reflexionar. Pero á fin e ao cabo, ambas

manifestacións artísticas teñen a mesma intención: a crítica á sociedade.

Page 25: O voceiro do piñeiro manso

LITERARIA

25

ESPECIAL CELSO EMILIO FERREIRO

POLO CENTENARIO DO SEU NACEMENTO

O bravo cóndor andino

pregunta por seu irmán.*1

Triste yanqui zugapovos,

Lurpio, voraz Tío Sam, *2

dime qué foi, qué fixeche

do arriscado capitán.

Torvo xeneral Barrientos,

fuciño de lubicán, *3

dime qué foi, qué fixeche

do arriscado capitán.

Duro soldado sumido

nunha noite de alquitrán,*4

dime qué foi, qué fixeche

do arriscado capitán.

Manso aborixen que morres

sen defender o teu pan,*5

dime qué foi, qué fixeche

do arriscado capitán.

Sementárono no vento

cunha chaga en cada man,

mais as mapoulas do abrente

axiña florecerán.*6

O POEMA ESCOLLIDO E INTERPRETADO POR

FRAN BRAGADO SOUTO

1– O poema empeza cunha alusión ao Cóndor que é unha ave significativa de moitos países latinoa-

mericanos. É un símbolo de identidade nacional. por exemplo, En Bolivia representa a búsqueda de

horizontes sen límites, idea que entronca perfectamente coa ideoloxía do ``Che´´ Guevara, a quen

se lle dedica este poema, xa que el se considera patriota de calquera país de Latinoamérica. Celso

Emilio Ferreiro converte en irmáns á ave e ao guerrilleiro. Con esta identificación ambos pasan a

simbolizar a loita pola liberdade de toda América Latina. O adxectivo ``bravo´´ intensifica ese de-

sexo de liberdade polo que Ernesto loitou, con valentía, nas guerrillas.

2– Segue con unha acusación a todos os culpables da morte do ``Che´´. Os primeiros responsables

son os estados Unidos (os “yanquis”). Critica a covardía e a intolerancia dos norteamericanos que se

aproveitan dos países do terceiro mundo para beneficio propio. Tío Sam é utilizado como metáfora

para criticar o capitalismo imperialista.

3– O xeneral Barrientos era o presidente de Bolivia durante o ataque para intentar derrocalo, me-

diante una revolución como a cubana, no que participou Ernesto Guevara. Cando nunha das batallas

o ``Che´´ foi ferido e capturado, Barrientos, ordenou fusilalo. Lubicán é metade lobo e metade can.

Con este adxectivo chámalle bastardo ao xeneral boliviano.

4– O soldado que asasinou ao gue-

rrileiro arxentino escureceu a noite

e entristeceuna. Os adxectivos de

escuridade empréganse para des-

cribir o terrible atentado.

5– O campesiñado boliviano que

lle deu as costas ás guerrillas revo-

lucionarias, mentres estas loitaban

para conseguir os dereitos que os

indíxenas non tiñan, tamén ten a

culpa. Os campesiños apoiaron ao

exército Ñancahuazú, exército de

Bolivia. Este país sufría una dita-

dura que mantiña aos traballadores

explotados e estes non fixeron na-

da para destruír o sistema.

6– Na última estrofa describe o

terrible final que sufriu o revolu-

cionario latinoamericano. despois

de que lle dispararan por debaixo

do pescozo para que parecera que

morrera en batalla. Cortáronlle as

mans e desfixéronse do seu cadá-

ver.

A REFLEXIÓN DE FRAN BRAGADO SOUTO: AS PALABRAS DE CEF HOXE EN DÍA

Celso Emilio Ferreiro, nos últimos dous versos, fai un canto á esperanza dicindo que o exemplo do ``Che´´ Guevara o debe-

ra tomar toda América latina. Moito se equivocou o poeta galego. Aínda que un país polo que o arxentino loitou, Cuba, se-

gue fiel aos seus principios, o resto dos países sudamericanos non seguiron os pasos de Ernesto. Venezuela, Ecuador e Boli-

via fanlle pequenas chiscadelas á súa ideoloxía pero fáltalles moito para chegar ao nivel polo que o guerrilleiro arxentino

loitou. Estes países fixéronlle varios homenaxes ao ``Che´´. Aquí, en España, en Marinaleda concretamente, tamén ten unha

homenaxe Ernesto.

Os Estados Unidos seguen atacando todos os países que non queiran ser colonias deles. Son coñecidos os intentos de asasi-

nato sobre o expresidente cubano e líder da revolución Fidel Castro. Estados Unidos dende a crise dos misís tenlle posto

un bloqueo económico a Cuba, que lle impide crecer economicamente. A disidencia na illa das Antillas segue financiada

polos EEUU. A CIA tamén financiou a invasión de Badía de Cochinos. Estados Unidos pagou aos rebeldes libios, apoia a

Israel, segue asasinando mexicanos nas fronteiras…

SE QUERES INDAGAR MÁIS NA POESÍA DE CELSO EMILIO FERREIRO, PODES ACCEDER Á PÁXINA OFICIAL DA

SÚA FUNDACIÓN , ONDE TES ACCESO TAMÉN A VERSIÓNS MUSICADAS DA SÚA OBRA E OUTROS

DOCUMENTOS SONOROS: http://celsoemilioferreiro.org

Page 26: O voceiro do piñeiro manso

LITERARIA

26

CENTÓNS Os rapaces e rapazas de 5º e 6º descubrimos que despois da visita de Rosalía Morlán nós tamén podemos ser poetas. Como nos gustou tanto o seu

libro fixemos uns centóns a partir del. E estaredes pensando... que é iso dun centón? Pois ben, un centón é facer un poema escollendo versos doutros

poemas, só hai que ter en conta que non se poden poñer dous versos seguidos do mesmo poema. É moi divertido, vós probade e xa veredes...

Aí van algúns exemplos dos centóns que fixemos a partir de A Coitada Lúa, esperamos que vos gusten!!

Unha, dúas e tres

cantan as ondas do mar,

para que os nenos non choren.

Imos xogar.

Imos imaxinar

as letras do teu nome,

imos pintar de mil cores o ceo

e iso vexo en nubes de algodón.

O espertar é un canto

e a lúa agora é un dragón

vístese de festa para namorar.

De súpeto

dixéronme que escollera

por ser noite de San Xoán

de Galicia un lugar

este é e vale máis.

SERGIO, PEDRO, FABIO E

JORGE

Unha, dúas e tres

busco e busco e non o vexo

e os nenos dormen

enche a noite.

Esta noite soñei

garda o meu segredo, lúa

canta saudade calada

que quere durmir o neno.

Hai un rebumbio no ceo

marcha medo,

unha pomba, unha andoriña

que é o meu amigo.

JENNY, LUCÍA, DIEGO E

ÁLVARO

Imos xogar

cun sorriso na cara

co olor da rosa

e un sol lacazán.

Que sol tan preguiceiro

onde a noite era día

xa era hora de espertar

e levar alí ós demais.

Non me chegan as horas

para namorar,

aínda non o vexo

e quere casar.

SARA VÁZQUEZ, SARA

DOMÍNGUEZ, ÁNGEL E UZIEL

De camiño ve unha ra,

agora é un dragón

que sol tan lacazán

na véspera de San Xoán,

pola que tanto esperan

son as estrelas que brincan

cun sorriso na cara.

De súpeto,

imos pintar de mil cores o ceo.

Brinca a escuma,

con olor a rosa

ri o sol.

Hai festa no ceo

na súa gaiola branca

porque María espertou.

ESTHER, LOIS, RUBÉN E

VÍCTOR

VISITA DE ROSALÍA MORLÁN

No segundo trimestre 5º e 6º lemos un libro de poesía que se titula A

coitada Lúa e veunos visitar a súa autora, Rosalía Morlán.

Ao comezo contounos cousas da súa vida, de cando comezou a escri-

bir poesía, onde vivía, ás cousas que lle tiña medo, as cousas que lle

gustaban, ...

Tamén nos respondeu algunhas preguntas que lle fixemos sobre o

libro ou sobre ela.

Despois invitounos a recitar algúns dos seus poemas; nós cremos que

lle fixo moita ilusión que os soubésemos de memoria e ver a tantos

nenos e nenas co seu libro na man.

Ela tamén nos sorprendeu a nós léndonos algúns dos seus novos poe-

mas do libro Estrelas de Azucre que será publicado proximamente.

Pero esta non foi a única sorpresa, tamén trouxo uns agasallos para a

nosa biblioteca, unha lúa e un libro cunha dedicatoria para o colexio.

Finalmente pedímoslle que nos asinase os libros, e así o fixo cun

gran entusiasmo para cada un de nós!

Se pulsades enriba da foto, accederedes a unha presentación que lem-

bra algúns momentos da súa visita:

VALENTÍN PAZ ANDRADE,

HOMENAXEADO NAS LETRAS GALEGAS

2012

Un ano máis, arredor do día 17 de maio,

sucédense os actos institucionais para

divulgar a obra dun escritor galego, seguindo

unha tradición que se iniciou o mesmo día do

ano 1963, coincidindo coa publicación do

libro Cantares gallegos, de Rosalía de Castro.

A elección da RAG recaeu este ano neste

escritor pontevedrés nacido en 1898.

Ao longo dos oitenta e nove anos da súa vida,

tivo un papel destacado tanto no ámbito

político, económico e cultural de tres etapas

ben distintas da historia galega:

Primeiramente, nos anos 20, puxo en marcha

o diario Galicia, clausurado durante a

ditadura de Primo de Rivera. Coa proclamación da da 2ª República (1931-

1936), participou activamente na defensa do Estatuto de Autonomía ao

carón doutros membros destacados do Partido Galeguista como Castelao e

Alexandre Bóveda .

Cando se inicia o tráxico período da ditadura franquista, foi represaliado,

sendo desterrado á montaña ourensá. Desta experiencia nacen os seus

primeiros versos, publicados no 1955 en Buenos Aires baixo o título de

Canto matricial. Así mesmo desenvolveu un intenso labor ensaístico e

empresarial arredor do sector pesqueiro, que deu lugar á creación de

Pescanova, empresa da que foi promotor. Outros proxectos empresariais

seus desta etapa, como a creación do Banco Industrial Galego, non

callaron, finalmente, pola oposición das autoridades franquistas.

Tras a morte de Franco en 1975, iníciase a transición democrática e Paz

Andrade cobra protagonismo de novo como representante galego nas

comisións negociadoras que sentaron as bases do modelo autonómico

actual.

En resumo, unha personalidade polifacética que participou de forma

destacada na literatura (poesía e ensaio), a política, o xornalismo e o

mundo empresarial do século pasado.

Paralelamente aos actos institucionais, dende outros organismos ou

colectivos sociais, este Día das Letras Galegas ten en Paz Andrade un

referente para demandar unha maior presenza do galego no ámbito da

empresa.

Page 27: O voceiro do piñeiro manso

DEPORTES

27

P.: ¿Por que decidiu xogar ,

houbo alguén que o animara a

facelo ?

R.: Eu xogaba ao fútbol de

pequeno. O balonces to

gustábame velo, pero non o

coñecía ben. Un mestre de

Educación Física díxome que

quizais tiña que cambiar de

deporte . Non sei se é que era

moi malo ao fútbol, pero como

era tan grande animoume a

xogar ao baloncesto .

P.: ¿ Decidiu marchar da súa

terra natal para xogar ? Foi dura

esa decisión ?

R.: Non moito , porque

p r i m e i r o x a e s t i v e r a

competindo fóra da casa , entón

era máis fácil e, segundo, que

eu xa tiña pensado, se non era por deporte , marchar ; ou sexa que non foi

duro .

P.: ¿ A que idade comezou a xogar ?

R.: Aos dezaseis anos, moi tarde . Xogaba ao fútbol antes, como xa

dixen .

P.: ¿ En que equipos españois xogou ?

R.: Ben , comecei no equipo que era o Unicaja , pero non cheguei a xogar

partidos oficialmente con eles, só partidos non oficiais . Despois no

Atlético de Madrid , no Cajasur de Córdoba , no equipo de Alicant , o

equipo CB de Marbella , Algeciras , no BBC de aquí de Vilagarcía , no

Peleteiro de Santiago , no Xuven de Cambados e no Río Ulla xoguei

tres partidiños hai uns anos .

P.: ¿ A que idade se retirou do xogo para adicarse a adestrar ?

R.: Practicamente me tiveron que retirar, xa que tiven una segunda

operación de xeonllo e… foi aos 39 anos . Aí xa decidín deixar de xogar .

P.: ¿ Cal foi o primeiro equipo que adestrou ?

R.: O CB Marbella .

P.: ¿ Que lle fixo vir a Cesures a adestrar ?

R.: Pedían un técnico de baloncesto e foi un pouco por iso.

P.: ¿ Gustaríalle voltar á súa terra natal ?

R.: En realidade non , porque xa non teño a ninguén alí . Meus pais son

galegos , a miña familia está aquí ….

P.: ¿ Se se fora , cre que botaría de menos isto ?

R.: Si , porque cando naceu a miña Paula , funme por un contrato dun par

de anos e ao final, que cheguei a estar preto de 3 anos e medio , xa

botaba de menos isto . Xa hai moitos anos que estou aquí , acostumeime

deseguida a isto . De feito toda a miña familia está aquí , meus irmáns ,

meus curmáns , meus tíos , meus sobriños … Non teño a ninguén aló , eu

creo que me sentiría máis raro alí que aquí .

P.: ¿ Que valoración fai dos distintos equipos deste club ?

R.: Eu estou moi ledo , a verdade . As nenas cadetes a verdade é que

están adestrando moi ben e con moi bos resultados ao final . Porque ás

veces non ocorre , pero este ano estano conseguindo .

Dos nenos cadetes o mesmo : menos un partido , gañaron o resto , que

está moi ben . E os xuvenís deste ano , teño que dicir que é una sorpresa

positiva . Tiña algunas dúbidas, era un plantel curto, o ano pasado algún

fallara pero este ano non están fallando nada e, a pesar de gañar moi

poucos partidos , só un , realmente estou moi orgulloso deles .

Por último os benxamíns , que son outros rapaces que tamén levo

porque é o segundo ano e tamén estou ledo coa evolución que

presentaron .

P.: ¿ Que obxectivos ten como adestrador deste club ?

R.: Primeiro formalos , sexa dentro da pista ou fóra , iso é o primeiro .

Máis aló dos resultados , o primeiro é que coñezan o deporte , que se

divirtan e, se despois podemos competir, mellor . Que ao final é o que

estamos facendo , despois dos anos empezamos a competir.

Carla Vicente Pesado, Naiara Naveira Agrasar e Lara Rarís Frois

3º ESO Curso 2011/2012

ENTREVISTA: ANTONIO PEDRIDO, ADESTRADOR DO CLUB DE BALONCESTO

RÍO ULLA.

Un dos principais adestradores do Club Baloncesto Río Ulla ( equipo de baloncesto de Pontecesures ) chámase Antonio e é de

orixe uruguaio . Deixou a súa terra natal para vir a España , lugar no que exerceu como xogador e como adestrador de

baloncesto .

O CLUB DE BALONCESTO RÍO ULLA:

UNHA PEQUENA HISTORIA

O club de baloncesto Río Ulla foi creado por Manuel Amenedo e

Xosé Ramón Martínez, mestres do colexio de Pontecesures, en 1985.

Cando o Concello de Pontecesures non subvencionou o club, este

trasladouse a Padrón durante un breve tempo, por uns catro anos.

A primeira equipación coa que se xogou estaba promocionada por

Librería Sar, da que era dono outro profesor do centro, aínda que

tamén se xogou con outra cedida polo Bar Muelle. O primeiro chándal

foi promocionado pola empresa Extrugasa.

Na actualidade o director do club é José Rodríguez Fructuoso. Nel hai

distintos equipos: pre-benxamín, benxamín e alevín, que son mixtos;

infantil, equipo feminino; cadetes, do que hai equipo feminino e

masculino e, finalmente, júnior e sénior, que son ambos masculinos.

O club participa nunha liga con outros equipos da zona de Arousa.

Agora estanse xogando os cruces contra os líderes das demais zonas

para ver quen ascende á Liga Galega.

Sergio Martínez Gómez, Lara Rarís Frois e Samuel González Refojo,

xogadores do Club de baloncesto Río Ulla.

Page 28: O voceiro do piñeiro manso

DEPORTES

28

AS MASCOTAS DOS XOGOS

OLÍMPICOS E PARALÍMPICOS

DE LONDRES 2012

O avó George (Xurxo en galego) vive en

Bolton, unha cidade cerca de Manchester, no norte

de Inglaterra. George traballa nunha fábrica de me-

tais. O avó está no seu último día de traballo. Vaise

xubilar! Os compañeiros da fábrica fanlle unha pe-

quena festa de despedida. Dun dos tubos que se

usará na construción do estadio olímpico de Lon-

dres caen dúas gotas de metal. George cólleas e

gárdaas. Volve á súa casa en bicicleta. Pola noite,

como non é quen de durmir, levántase, vai ao seu

taller e failles dúas figuriñas aos seus netos. Ao día

seguinte os nenos están moi ledos cos agasallos do

seu avó.

Coa axuda máxica da luz do Arco da Vella

as figuriñas cobran vida. Os nenos deciden chamar-

lles Wenlock e Mandeville. Lamentablemente, as

mascotas teñen que marcharse. Viaxarán no Arco

da Vella por todo o mundo, coñecerán un montón

de xente e farán un montón de amigos cos que fala-

rán das Olimpíadas e Paraolimpíadas ata que apare-

zan de novo , en Londres, na ceremonia de apertura

dos Xogos Olímpicos (Wenlock, o 27 de xullo de

2012) e dos Xogos Paralímpicos (Mandeville, o 29

de agosto de 2012)

Os Xogos Olímpicos terán lugar en Londres

desde o 27 de xullo ao 12 de agosto.

Os Xogos Paralímpicos terán lugar en Lon-

dres desde o 29 de agosto ata o 9 de setembro.

Londres é a primeira cidade do mundo na

que se celebran os xogos olímpicos por terceira vez.

A primeira foi no ano 1908, a segunda en 1948, e a

terceira no 2012.

Traballo realizado pol@s alumn@s de 1º B

UN CONTO TOLO…

Cada un de nós collemos ao chou un papeliño que contiña unha palabra relacionada coas OLIMPÍADAS,

e logo, por orde de lista, fomos creando o noso conto tolo, empregando a nosa palabra e intentando crear

unha historia…

(Eliana): Érase unha vez uns alumnos/as de 1ºA do CPI Pontecesures que decidiron facer un Entroido adicado aos xogos olímpicos.

(Hugo): As nenas bailaron coas cintas.

(Carmen): Menos mal que non había chama olímpica, porque senón o profe Pepe ía queimar o cu e ía saír correndo no medio do festival.

(Brais C.): Os demais cursos do colexio tamén fixeron moitos deportes: natación, tenis,

fútbol, rugby…

(Martín): As olimpiadas do noso cole foron “guais”, oxalá puidésemos saltar outra vez

dende o trampolín…

(Xoana): Todos nós e a nosa profe Berena convertémonos nos mellores ximnastas do

mundo.

(Brais F.): Por iso gañamos moitas medallas: unha de bronce, dúas de prata e dez de

ouro.

(Raúl): Convertémonos en campións: CAMPIÓNS, CAMPIÓNS, OE, OE, OE!

(Ánxela): E demos moitos saltos de alegría, coma os que deron os nenos no trampolín.

(Uxio): As nenas de 1ºB bailaron cos aros, daban ganas de coller os aros e bailar o “tuki-

tuki”…

(Mª Carmen): Corremos tanto polo pavillón que pareciamos atletas correndo a maratón.

(Mateo): Quixemos nadar na piscina invisible coma os nadadores de 3º e 4º.

(Adriana): E como este é un conto tolo rermatamos como tiñamos que ter comezado...

cos abandeirados de infantil.

Esperamos que vos gustasen as nosas frases “atoladas” e colorín colorado, este conto

está rematado... e colorín colorete, pola cheminea sae un fogueteeeeee!

Alumnas /os 1ºA Primaria

A HISTORIA DE WENLOCK, A MASCOTA DOS XOGOS OLÍMPICOS

DE LONDRES 2012

Hai moito tempo nunha pequena vila de Inglaterra chamada Much

Wenlock (cerca da cidade de Birmingham) vivía o Doutor William

Penny Brookes. A este doutor gustáballe moito que nas escolas

houbese clases de educación física, que se fixese deporte, que os

nenos e nenas poidesen adestrar. O doutor Brookes organizaba

competicións deportivas e xogos entre os colexios de Wenlock.

Un señor moi importante naquela época, o barón Pierre de Couber-

tin foi invitado aos xogos de Wenlock. Ao barón gustoulle moito

a idea dos xogos, e utilizou o seu poder para crear o Comité Olím-

pico Internacional e para que en 1896 se celebrasen os primeiros

Xogos Olímpicos Modernos en Atenas (Grecia)

Traballo realizado pol@s alumn@s de 1º B

A HISTORIA DE MANDEVILLE, A MASCOTA DOS XOGOS PARALÍM-

PICOS DE LONDRES 2012

En 1944 o doutor Ludwig Guttmann empezou a traballar no Hospital de Stoke- Man-

deville (unha pequena vila cerca de Londres) El soñaba que os seus enfermos curaban cando

facían exercicio físico.

Empezou a organizar xogos de tiro con arco, dardos, tenis de mesa e billar. Nestes

xogos participaban os enfermos con discapacidades físicas do hospital. Máis adiante organi-

zou partidos de polo (deporte típico británico onde os xogadores,

montados a cabalo, teñen que meter goles cunha pelota de plásti-

co ou de madeira) e de baloncesto en cadeira de rodas.

O mesmo día da cerimonia de inauguración das Olimpía-

das en 1948 en Londres, o doutor Guttmann organizou unha com-

petición de tiro con arco en Stoke- Mandeville. O doutor soñaba

cuns xogos olímpicos para a xente con problemas físicos.

En 1960 celebráronse en Roma os novenos Xogos de Sto-

ke-Mandeville, xusto despois das Olimpíadas dese mesmo ano.

Estes xogos son considerados os primeiros xogos paralímpicos.

Participaron 400 atletas de 23 países diferentes con discapacida-

des.

Traballo realizado pol@s alumn@s de 1º B Primaria

Page 29: O voceiro do piñeiro manso

DEPORTES

29

O SOÑO QUE ALGÚN DÍA SE FARÁ REALIDADE

Nunha vila da provincia de Pontevedra chamada Pontecesures vivía o avó Suso.

Suso traballaba nunha fábrica de madeira. Era o seu último día de traballo. Estaba triste

porque ía botar de menos a fábrica onde pasara media vida e tamén ía botar de menos aos

seus compañeiros) de traballo. Pero Suso estaba contento porque tería máis tempo para es-

tar cos seus netos.

Suso tiña un neto e unha neta. O neto chamábase Leo e a neta chamábase Liria. Os

compañeiros) de Suso fixéronlle unha festa e un agasallo sorpresa para dicirlle que tamén

eles o botarían de menos. Antes de saír da fábrica, o avó Suso colleu dous tacos de madeira

para facerlles dúas figuriñas a Leo e a Liria. Meteu os tacos na súa carteira e foi á festa.

Pola noite, Suso non podía durmir e baixou ao seu taller. Alí empezou a facer as figu-

riñas. Ao día seguinte, cando Leo e Liria espertaron, atoparon dúas caixas forradas en papel

de regalo aos pés das súas camas.

Leo e Liria estaban sorprendidos.

Que habería nas caixas? Quen as

deixaría alí? Leo e Liria non po-

dían esperar e foron buscar ao

seu avó para preguntarlle se esas

caixas eran para eles, e se as po-

dían abrir. O avó Suso díxolles

que eran unhas figuriñas de ma-

deira que el lles fixera. Díxolles tamén que tiñan todo o día para xogar con elas e para

pensar dous nomes para as figuriñas.

Despois de cear, Leo, Liria e Suso sentáronse a carón da cheminea. Liria púxolle á súa

figuriña Estrela, e Leo chamoulle Álex.

Aquela noite, Leo soñou que Estrela e Álex viaxando polo mundo fixéranse amigos das

mascotas dos xogos olímpicos e paraolímpicos de Londres 2012: Wenlock e Mandevi-

lle, e soñou tamén que todos xuntos disfrutaran das olimpíadas e paraolimpíadas en

Londres. Leo soña con que algún día, estes xogos se celebren en Pontecesures.

Este soño é compartido por todos os nenos e nenas de 1º B Primaria.

PASATEMPOS .

Elaborados polos alumn@s de 2ºB

Encrucillado 1 Encrucillado 2

Page 30: O voceiro do piñeiro manso

DEPORTES

30

VIAXE A ANDORRA

A organización desta actividade didáctica pretendeu dar unha opción

máis ao alumnado deste centro, pertence ao bloque de contidos de

Actividades na Natureza e figura na programación do departamento

de Educación Física. Dende dito departamento intentamos sacar

adiante esta actividade, xa que cremos firmemente nela e en todo o

que pode aportar ao alumnado que participe tanto a nivel motor

coma a nivel socio-afectivo, colaborando no seu desenvolvemento

coma persoas.

Esta actividade consistiu nunha semana de estancia na estación de

esquí de Pal-Arinsal no Principado de Andorra, onde os alumnos/as

se iniciaron nas habilidades específicas relacionadas co mundo do

esquí, ou perfeccionáronnas, segundo o caso, á parte doutras

actividades de inverno paralelas que se desenvolveron no entorno,

nunha estación coas máximas garantías en todos os aspectos.

Entre outros cúmprense os seguintes obxectivos:

Xerais:

Aumentar a oferta de actividades do centro.

Lograr que a actividade forme parte da vida do mesmo.

Posibilitar ao alumnado o coñecemento de actividades deportivas en

contacto co medio natural.

Crear unha afección ou unha posibilidade de ocio san entre os nosos

alumnos/as.

Específicos:

Coñecer datos xerais sobre a orixe e os tipos de esquí que existen.

Coñecer o material básico e necesario para a práctica deste deporte.

Coñecer o funcionamiento xeral dunha estación de esquí.

Iniciarse ou perfeccionar as habilidades básicas do esquí.

Aprender a utilizar os remontes con soltura.

Iniciarse nos aspectos técnicos específicos do esquí alpino.

Desenvolver un comportamento grupal ordenado e sobre todo,

educado.

Cooperar e colaborar cos compañeiros dentro e fóra das pistas.

Valorar o deporte na natureza coma unha actividade de ocio seria e

tanto ou máis divertida ca outras.

Desenvolver actitudes de respeto ao medio ambiente e sensibilizar na

necesidade de non contaminar para preservar os espazos naturais.

Felipe Buceta

SOLUCIÓNS AOS PASATEMPOS DA PÁXINA 29.

Encrucillado 1 Encrucillado 2

Page 31: O voceiro do piñeiro manso

PASATEMPOS

31

Pasatempos

Feitos polos alumnos e alumnas de 2ºB

SEMÁFORO,PONTE, PINO MANSO,

POBO, PORTO,VILA,TREN

A C B E G P L P P M

S E M A F O R O R O

P O L L O R S N L C

P L A Y A T O T L A

V I L A H O F E Q I

P I N O M A N S O H

Z U E P O P G L T O

F T S O P H S Q T A

B D G B W T O R X F

C T R O N H T R E N

SOPA DE LETRAS—PONTECESURES

SOPA DE LETRAS - COLEXIO

ASCENSORES, MESTRAS, HORARIO,

PORTAS, PATIO, PIZARRA.

A S C E N S O R E S

A C M R S X O P G M

U K E Z L I P P F T

B S S L R W I O A A

H I T A M N Z R B I

F L R B H P A T I O

I O A O U W R A F C

H F S P E O R S Ñ C

T P M O N D A G J Q

F U T B O L I C O C

B U R U G B Y I M O

P A P Z C T N N Z R

L I L K S A T T V D

M R R O A O O A W A

T H Y A N Y O S L S

E T O W G C O N T F

N N W C W Ü E U G M

I E X X K U I S S Ñ

S U P Q I E S S T N

W D R I Z I Y X M O

N A T A C I O N M O

SOPA DE LETRAS—OLIMPIADAS

FUTBOL, RUGBY, CINTAS, CORDAS, BA-

LONCESTO, PIRAGÜISMO, TENIS, HOC-

KEY, NATACIÓN

SOPA DE LETRAS -

PONTECESURES

PINO MANSO, TREN, POBO, PONTE,

PORTO, ULLA.

P I N O M Ñ N R

O E G K A M Z T

B R S U N T P R

O V I S S A E E

L U M K O W F N

N H I N L M O D

P O N T E T R N

R P U P O R T O

S V X L G H P O

U L L A R T E N

Solucións

SOPA DE LETRAS - OLIMPIADAS.

BALONCESTO, PELOTAS, VOLEIVOL, XABALINA, PATI-

NAXE, CICLISMO, TENIS, CORDAS, CINTAS, NATACION.

C U S I D L O P E D I A T R I

A O S O N N A T A C I O N C O

O E R O S O A R I M O S K A M

C R I D R E C N N S P C L S C

M O S C A D T T C M Q B E I A

S O X P Z A A X G C C X C R A

T E N I S H P A T I N A X E E

O E A L O S A B G C K S E I S

L K S P G P Q A E L A S C D Z

V O L E I V O L C I K A V O C

M N C L R I A I E S A Z X N R

Ñ O Q O J S T N C M W F Z O P

O P S T C H G A V O C R O N O

O S O A C A M A C E M E T R O

P N V S O B A L O N C E S T O

Encrucillado 3

Encrucillado 3

Encrucillado 4

Encrucillado 4

Encrucillado 5

Encrucillado 5

Page 32: O voceiro do piñeiro manso

ENTREVISTA A ANTÓN “TORRONCHO”,

MEMBRO DO GRUPO GALEGO “RUXE-RUXE” Ruxe-Ruxe é un grupo galego de Aríns que fusiona dende rock, punk, música tradicional e folk ata ska e que leva en

actividade dende 1996. O grupo compóñeno actualmente, tras varios cambios de compoñentes ao longo dos anos, Xan

Pericán, Xaco Barona, Miguel Duarte, Vituco Neira, Alex Sevilla e Antón Torroncho. Durante estes 16 anos, Ruxe-

Ruxe lanzou xa oito albums de estudio e presentou, na compañía de Medomedá, o último disco o pasado 31 marzo, na

sala Capitol (Santiago de Compostela). O álbum (chamado “Máis cancións sobre toxos, cardos e silveiras”) conta

coa colaboración de moitos artistas galegos, como Xavier Díaz (Berrogüetto), Dios Ke Te Crew, Roi Maceda

(Quempallou), Bocixa (Zenzar) e Esteban (Skacha). No evento, demostrouse una vez máis que os grupos galegos se-

guen cobrando relevancia, xa que as entradas acabáronse, e incluso se chegou a superar lixeiramente o aforo das 800

persoas (feito de especial relevancia, xa que incluso outros grupos internacionais non chegaron a encher a mesma

sala). Hoxe, temos a sorte de poder entrevistar a Antón Torroncho, o baixista de Ruxe-Ruxe dende o ano 2006. Se pin-

chas na imaxe do seu último disco, poderás ver un resumo do concerto deste grupo na Sala Capitol

-A produción musical do voso grupo está orientada cara ós concertos ou máis ben aos discos de estudio?

-Nós buscamos sempre os concertos. O medio natural dos músicos é o directo, xa que é máis divertido e natural. O que ocorre é que ti, para poder dar

concertos, necesitas un motivo á vez que promoción; e o xeito de obter ambas cousas son os dis-

cos. Realmente, ti, cando sacas un álbum, falo para poder dar máis concertos e ter publicidade.

-A día de hoxe, en plena crise, diminuíu o número de concertos? Cres que os eventos musicais

deberían estar máis promocionados dende as entidades públicas?

-A situación actual, do panorama musical é bastante precaria. Tódolos días escoitamos falar de

recortes, e un dos campos onde máis se recortou foi en cultura. Cada vez hai menos concertos e

festivais. Os festivais que conseguen manterse, non con pouco esforzo, son os autoxestionados, xa

que o resto acostumáranse a vivir de subvencións e, polo que agora, sen ese apoio económico, non

se poden celebrar.

-Pensas que o idioma no que compoñedes condiciona a posibilidade de éxito do voso grupo?

-Non, para nada. O idioma condiciónate se ti queres. Nós compoñemos e tocamos en galego, por-

que para nós é máis propio e natural. Falamos en galego todos os días e entre nós, polo que nos

sentimos máis identificados con este idioma. Como se di, “Os galegos falamos cantando”, e que mellor maneira de facelo que dese xeito, creando mú-

sica. O problema é que os medios nos traen grupos de fóra, estranxeiros, e á maioría da xente confórmase co que lle dan, porque lle gusta, sen darse

conda da enorme cantidade e calidade de bandas galegas que existen agora mesmo.

-Que opinas acerca da SGAE, os dereitos de autor, a descarga gratuíta de música…?

-Eu compro discos porque me gusta telos, pero como vemos todos, a xente o que fai é descargarse a música e compartila entre eles. Eu creo que os

dereitos de autor ás veces son necesarios, porque non está ben que alguén use o meu traballo, coma se fose del. Pero por outra banda, a min non me

importa que a xente se descargue a música. O beneficio económico realmente non vén dos albums, senón dos concertos. Como antes dicía, os álbums

son para publicitarte. Se ti te descargas a miña música, e despois lla pasas a outro amigo, que irá facendo o mesmo, despois todos iredes ao meu con-

certo, onde ides pagar una entrada e demais… Estades creando demanda da nosa música, que realmente é o que buscamos: que exista demanda e que

veña xente aos concertos. Logo, no tema da SGAE, a min pareceume que todo isto que pasou hai pouco era excesivo, semellaba que estaban levando

todo demasiado ao extremo. Por sorte, agora cambiou o presidente, e penso que con Antón Reixa á cabeza da asociación cambiará a situación a me-

llor.

-Existe o tópico de que o panorama musical galego está encasillado na música folk?

-Non, discrepo completamente. O panorama músical galego é inmensamente amplo, e existen moitos, pero que moitos grupos que están sonando moi

ben, e cunha diversidade de estilos musicais enorme tamén. O que si que é certo é que a maioría das veces, en festas dos concellos e este tipo de even-

tos, promociónase bastante a música tradicional, bastante folk…

-Consideras o grupo un traballo ou unha afición?

-A banda para nós non deixa de ser un hobby. Vivir da música actualmente é moi difícil, e os cartos que sacamos son para manter o grupo, non para

manternos nós. Logo, cada un ten as súas actividades, traballos ou o que sexa para gañar un soldo. Simplemente, Ruxe-Ruxe somos un grupo de ami-

gos, aos que nos gusta componer e tocar. O que pasa é que nos gusta facer ben as cousas, e traballamos moito para facer boa música á vez que sacar o

grupo adiante.

Pablo Potel Mariño4º ESO

MÚSICA EN PONTECESURES: Sin Plomo 98

Sin Plomo 98 somos un grupo de rock, alternativo, indie e ata ska. Tocamos varios estilos,

froito dos distintos gustos de cada un de nós, o que aporta á nosa música distintos toques e nos

saca da monotonía. Agora mesmo, a banda está formada por catro adolescentes de entre 15 e

16 anos: Alexandre Iglesias (guitarra rítmica e voz), Martín Rodríguez (guitarra solista), Ru-

bén (batería) e Pablo Potel (baixo). O grupo tan só existe dende hai dous anos. Adicámonos a

versionar cancións, aínda que dende este ano estamos xa compoñendo cancións propias. En-

saiamos no colexio de Dodro, xa que todos os componentes son de alí menos eu, o baixista.

Contamos coa axuda de Antón Torroncho para componer, montar as cancións… É una gran

sorte, xa que tanto os seus coñecementos musicais coma a súa experiencia nos serven de moito

á hora de organizarnos. En verán, teremos un concerto no concello de Dodro, e dende entón,

gustaríanos poder actuar algo máis; coma en bares, outros concellos, etc.

Pablo Potel Mariño 4º ESO