RAMÓN PIÑEIRO LÓPEZ 3

26

Transcript of RAMÓN PIÑEIRO LÓPEZ 3

Page 1: RAMÓN PIÑEIRO LÓPEZ 3
Page 2: RAMÓN PIÑEIRO LÓPEZ 3
Page 3: RAMÓN PIÑEIRO LÓPEZ 3

RAMÓN PIÑEIRO LÓPEZ 3

UN POUCO DE HISTORIA

A época que lle tocou vivir a Ramón Piñeiro abrangue a prácticatotalidade do século XX.

Esta centuria caracterí-zase polas profundastransformacións na his-toria da humanidade, ecomo tal tamén foi untempo decisivo para Ga-licia, se cadra con máisrazón pola lentitude conque se desenvolveran oscambios no século XIX.A cultura tradicional ga-lega, fundamentalmenteagraria, transformouseou evolucionou cara aunha cultura máis urba-na e terciaria, na que se atopa a Galicia actual.A intensidade das transformacións acadou o seu punto álxidonas décadas dos anos dez, vinte e sesenta, sendo os sectoresprincipais o agrícola e o relacionado co mundo do mar.No caso da agricultura estas transformacións danse pola inten-sa desagrarización que caracteriza o século XX e en especial asegunda metade, e no caso do mar polo liderado que a explota-ción dos recursos mariños exerceu na formación da industriagalega.

O directorio Militar do xeneral Primo de Rivera, en 1923

Alfonso XIII

Page 4: RAMÓN PIÑEIRO LÓPEZ 3

RAMÓN PIÑEIRO LÓPEZ 4

A estrutura social tamén sufriu cambios ao desapareceren asvellas castes fidalgas e confirmarse o protagonismo do campe-siño parcelario, sen esquecer a importancia da figura do emi-grante retornado, que trouxo de América cartos e novidadesculturais e políticas.

Non podemos illar a Galicia da realidade española do momen-to, e así o nacemento do noso protagonista coincide co réximeda Restauración vixente en España, unha monarquía constitu-cional caracterizada pola quenda pacífica de partidos no poder,a fraude electoral, a oligarquía e o caciquismo.A incapacidade do sistema para solucionar os múltiples proble-mas existentes dentro do marco constitucional vai desembocarno golpe de Estado de Miguel Primo de Rivera no ano 1923;unha liquidación do réxime liberal, dando lugar a outro de tipoditatorial ata o ano 1930.

O rei Alfonso XIII despachando co xeneral Primo de Rivera

A proclamación da II República provocou grandes manifestacións de apoiona maioría das cidades españolas.

Page 5: RAMÓN PIÑEIRO LÓPEZ 3

RAMÓN PIÑEIRO LÓPEZ 5

O apoio do rei ao ditador orixinou un forte descrédito da Coroa,que sobreviviu pouco tempo á caída de Primo de Rivera e, así,en abril de 1931 a Monarquía deu paso á República.A uniformización establecida polo Estado liberal para o conxun-to de terras que formaban a nación española provocou a reac-ción de comunidades situadas na periferia peninsular. En Gali-cia, País Vasco e Cataluña xurdiron movementos reivindicati-vos das súas peculiaridades; son os nacionalismos periféricos,en oposición ao nacionalismo español.O marco ideolóxico exurídico establecidopolo liberalismo propi-ciou que ao longo doséculo XIX e comezosdo XX se desenvolve-se en España a revolu-ción industrial, caracte-rizada polo atraso conrespecto aos paísesmáis avanzados e confortes diferenzas rexio-nais; no caso de Gali-cia, esta centrou o seudesenvolvemento naindustria conserveira.Despois da proclama-ción da Segunda Repú-blica, sucedéronse trestipos de goberno ataque o triunfo da FrontePopular, en febreiro de1936, radicalizou asposicións dos españo-is en dous bandos irreconciliables, traendo como resultado unlevantamento militar que, por non triunfar plenamente, orixinouunha terrible guerra civil (1936-39).A guerra rematou co triunfo dos militares sublevados, e Francis-co Franco, máximo responsable das operacións militares, foiasumindo progresivamente poderes políticos ata converterse noxefe único e supremo do novo Estado, inaugurándose así unréxime ditatorial -o franquismo- ata a morte do ditador no ano1975, réxime que marcará en gran medida a traxectoria do nosoprotagonista.Á morte de Franco, iniciouse en España a etapa da transicióndemocrática que culminou na elaboración e aprobación da Cons-titución de 1978.

A proclamación da II República, o 14 de abrilde 1931, supoñía para Galicia a garantía demaiores cotas de autogoberno.

Page 6: RAMÓN PIÑEIRO LÓPEZ 3

RAMÓN PIÑEIRO LÓPEZ 6

As principais forzas parlamentarias foron capaces de practicarunha política moderada e de consenso, asumindo o rei JuanCarlos I o papel do monarca constitucional, facilitando e poten-ciando así a democratización de España.

A nova democracia española viviu o 23 de febreiro do ano 1981un dos momentos máis críticos polo intento dun golpe de Esta-do involucionista que pretendía retornar ao pasado ditatorial.A materialización de importantes cambios políticos, sociais, eco-nómicos e culturais permitiron que España se consolidase comoun país democrático integrado nas institucións da Europa co-munitaria.O novo modelo de Estadoxurdido da Constitución -oEstado das Autonomías-combina o modelo de Esta-do unitario coa descentrali-zación e autonomía exerci-da polas Comunidades Au-tónomas.Así como para coñecer aGalicia do momento non po-demos obviar a realidadeespañola, do mesmo xeitocómpre un coñecementodos principais acontece-mentos a nivel internacionalque determinan en maior oumenor medida o transcorrernos ámbitos inferiores.

O golpe de estado do xeneral FranciscoFranco, en 1936, instaura un rexime di-tatorial que durará ata 1975.

Consello de ministros da II República, presidido por Manuel Azaña.

Page 7: RAMÓN PIÑEIRO LÓPEZ 3

RAMÓN PIÑEIRO LÓPEZ 7

Deste xeito debemos ter en conta que o estourido da PrimeiraGuerra Mundial en 1914 iniciou unha nova era na que se asistea unha verdadeira eclosión das nacionalidades (a partir de 1919),Europa occidental perdeu a súa hexemonía mundial en benefi-cio dos Estados Unidos e da Unión Soviética, onde a revoluciónsocialista nace, así mesmo, no curso da guerra.

O final da Segunda Guerra Mundial, 1945, cerra un período detrinta anos cualificado por moitos autores como de guerra civileuropea.Ningunha outra etapa histórica presenta tal cantidade de en-frontamentos ideolóxicos de carácter masivo: das democraciascontra os fascismos, da sociedade capitalista contra a socialis-ta, das masas contra as elites.

A represión franquista, exercida durante corenta anos, levou á ca-dea a unha gran cantidade de cidadáns.Ramón Piñeiro, pola súa militancia política, foi un deles, pasandocatro anos no cárcere en Madrid.O Penal de Ocaña. Foto de Jaime Pato

Ao remate da II Guerra Mundial instauranse, na maioría dos países europeos,gobernos democráticos, mentres que España segue baixo a ditadura fran-quista.

Page 8: RAMÓN PIÑEIRO LÓPEZ 3

RAMÓN PIÑEIRO LÓPEZ 8

A partir de 1945 asistimos a profundas transformacións; no pla-no económico articúlase unha sociedade internacional basea-da nun mesto tecido institucional a escala planetaria; nos pla-nos político e social asistimos á consolidación das democraciasde masas e á eclosión dos Estados de benestar nos países des-envolvidos, as relacións internacionais quedan impregnadas polaguerra fría o que condicionou a evolución política de todos ospaíses do planeta; mentres tanto, no Terceiro Mundo derrúban-se os imperios coloniais e emerxen novos países suxeitos á dia-léctica do desenvolvemento e o subdesenvolvemento.No ano 1989 cae o muro de Berlín e só dous anos despois des-aparecía a Unión Soviética, co que quedaba liquidado o mundode confrontación bipolar que marcara as relacións internacio-nais dende 1947.

Os últimos anos dos governos do xeneral Franco caracterízanse por unhaforte represión contra calquera movemento de signo democrático.

Page 9: RAMÓN PIÑEIRO LÓPEZ 3

RAMÓN PIÑEIRO LÓPEZ 9

Foi o día 31 de maio do ano 1915 no lugar de Armea, parroquiade Láncara en Lugo, cando Ramón Piñeiro veu ao mundo, unmundo que sempre viu dende os ollos de Galicia, á que lle dedi-cou o traballo de toda a súa vida.A súa casa e ambiente familiares sempre estarán presentes naslembranzas de Piñeiro e mesmo configurarán a súa personali-dade no futuro. Isto último pódese deducir do feito de que a súacasa estivese illada do resto, de non ter compañeiros para xo-gar, da diferenza de idade coas irmás, etc.; que fixo que aquelneno se fose facendo cada vez máis solitario e tímido, con certatendencia ao illamento, a permanecer nun segundo lugar, algoque conservaría toda a súa vida.Outra das características daquel neno foi a súa precocidadecultural, xa que o seu pai ensináralle a ler cando era moi peque-no e así, cando foi á escola por primeira vez, á idade de seisanos, xa sabía ler e escribir, ademais dos números e das catroregras.

O saber ler e escribir levaríao a aburrirse na escola, a illarse doque o rodeaba, a imaxinar e pensar cousas.Algo importante da súa infancia na escola foi o problema dalingua, xa que o mestre falaba sempre en castelán, mentres quea única lingua que el coñecía era o galego.Aos sete anos de idade viaxa por primeira vez a Lugo e quedaabraiado con varias cousas: primeiro co tren no que ía de Sarriaa Lugo, o misterio daquel vehículo que se desprazaba sen ser

DA INFANCIA Á GUERRA

Casa natal de Ramón Piñeiro López, no lugar de Armea, concello de Lánca-ra, Lugo.

Page 10: RAMÓN PIÑEIRO LÓPEZ 3

RAMÓN PIÑEIRO LÓPEZ 10

arrastrado por cabalos; segundo, as moitas casas que había enLugo, a iluminación das rúas, etc..Cando tres ou catro anos despois volve a Lugo para facer obacharelato elemental, xa non é o rapaz sorprendido e asusta-do da primeira viaxe, senón un mozo que le libros e periódicosde forma habitual e que comeza a situarse no mundo.

Unha vez rematado o bacharelato elemental, volta á aldea, esen saber o que ía ser do seu futuro incorpórase aos labores docampo, sen esquecer por iso a lectura de Ossián, Dante, Pe-trarca, Tasso e dunha antoloxía de poesía galega na que des-cubriría a Rosalía de Castro.Aínda que na aldea, Ramón seguía coas súas reflexións inte-lectuais, comentándoas cun xove licenciado en dereito co quefalaba a miúdo. Ademais disto, a súa afección por ler e sintetizaro contido dos periódicos fíxolle gañarse a fama de rapaz listo ediferente, en relación coa atribución que se lle fixera á súa fami-lia dende sempre, coñecidos popularmente e con algo de sornacomo os da «Casa de Abaixo».A fama de rapaz intelixente que se estendeu entre os seus pai-sanos e unha conversa que tivo o xove licenciado co pai dePiñeiro, fíxolle ver a este que era unha pena que un rapaz dassúas características se adicara aos labores do campo.Despois disto e grazas ás amizades do pai, Ramón Piñeiro en-tra de dependente nunha ferraxaría de Sarria, encargado delevar as contas e a correspondencia.Pouco despois de chegar a Sarria subscríbese a «El PuebloGallego», moi galeguista por entón, quedando abraiado polosartigos de Otero Pedrayo.

A ponte medieval de Láncara, sobre o río Neira.

Page 11: RAMÓN PIÑEIRO LÓPEZ 3

RAMÓN PIÑEIRO LÓPEZ 11

Cando contaba Ramón Piñeiro con dezasete anos proclámasea República, organizándose un mitin en Sarria no que partici-pan Julio Sigüenza, Lois Peña Novo e Ánxel Fole.

Chamaríanlle a atención sobre todo os discursos dos dous últi-mos; o de Ánxel Fole con aquel castelán coidadísimo co quefalaba, fermoso e culto, case literario; e o de Lois Peña Novo, coque quedou máis abraiado, porque foi a primeira vez que escoi-tou falar galego nun acto en público, iso si, un galego distinto doque escoitara ata entón. A finais do ano 1931 Piñeiro volve a Lugo para continuar o ba-charelato e pouco despois asiste a un mitin galeguista no TeatroPrincipal no que queda engaio-lado co discurso de Castelao.Será a partir deste momento can-do Piñeiro experimente a nece-sidade de pertencer activamenteá familia galeguista, fundandoxunto con outros rapaces a Mo-cedade Galeguista de Lugo, édicir, entra de cheo no galeguis-mo; o que o leva a coñecer a per-sonalidades como Otero Pedra-yo, Ánxel Fole, etc..Precisamente, o mesmo ano noque Piñeiro se incorpora ao ga-leguismo, o proceso para dotar a Galicia dun novo Estatuto deAutonomía dentro da legalidade republicana entra nunha fasemáis activa, grazas ao labor de certos elementos galeguistas,entre eles Alexandre Bóveda.

Antiga Casa Consistorial de Láncara

Ramón Piñeiro López

Page 12: RAMÓN PIÑEIRO LÓPEZ 3

RAMÓN PIÑEIRO LÓPEZ 12

A participación de Piñeiro como representante dos galeguistaslugueses de cara ás liñas a seguir nas eleccións de novembrode 1933, levouno a manter unha serie de relacións cos dirixen-tes do Partido Galeguista, falando por primeira vez con Caste-lao e Alexandre Bóveda.Despois disto, Piñeiro enferma, o que non lle impediría conti-nuar co seu labor intelectual a través da lectura e conversa conpersonaxes afíns á súa ideoloxía.

Unha vez recuperado, loitou ata 1936 nas filas galeguistas poloautogoberno, centrándose na consecución do estatuto, estatu-to que Piñeiro consideraba que chegaba prematuramente pornon existir por entón un galeguismo vigoroso, idea que lle trans-mitiu a Alexandre Bóveda.Este ano viu a Castelao por última vez, moi pesimista pola si-tuación política que se estaba a vivir en Madrid.O día 20 de xullo do ano 1936, despois da sublevación militar,Ramón Piñeiro librouse da detención ao facerse pasar por unfuncionario no Goberno Civil de Lugo.A partir de aquí a sensación de medo e confusión fai que Piñei-ro marche a Láncara por razóns de seguridade, volvendo pos-teriormente a Lugo, previo aviso de que desaparecera urxente-mente, decatándose de que Alexandre Bóveda e outros amigosforan fusilados.Grazas aos coñecidos falanxistas, Piñeiro foi escapando, casemilagrosamente, das denuncias, detencións, etc., ata que, con-vencido polos seus amigos, incorporase ao exército como úni-ca saída a aquela situación de persecución constante á queestaba sometido.

Ramón Piñeiro, primeiro pola dereita, xunto a García Sabell, Fernández delRiego, Celestino de la Vega e Ánxel Fole, nos Ancares en 1952.Fondo Francisco Fernández del Riego

Page 13: RAMÓN PIÑEIRO LÓPEZ 3

RAMÓN PIÑEIRO LÓPEZ 13

Todas as experiencias vividas na guerra fan que lle produ-za unha auténtica mágoa o comportamento inhumano, afalla de sensibilidade de moitas persoas que actuabancomo se de repente estivesen dominadas polos instintosmáis primarios. Nace aquí a súa preocupación polo «serdo home», o seu interese pola filosofía; aínda que antesse decantaría pola carreira de Filoloxía Románica para in-tentar arrincar o idioma galego do estado de postración noque se atopaba.

Na casa de García Sabell, na Rosaleda en Santiago, nunha homenaxe daXeración Xove de Galaxia a Ramón Cabanillas, no centro, sentado.Novembro de 1957.Fondo Ramón Otero Pedrayo da Fundación Penzol

Page 14: RAMÓN PIÑEIRO LÓPEZ 3

RAMÓN PIÑEIRO LÓPEZ 14

Xa rematada a Guerra Civil, Piñeiro vai adoptar unha actitudeprudente á hora de reconstruír o galeguismo debido a que ascircunstancias políticas, derivadas da incerteza, non eran as máispropicias, e tamén estaba aí a ameaza inminente dunha guerraa nivel internacional, como así aconteceu ao estalar a SegundaGuerra Mundial.Unha vez rematadaesta, agora as mirasvanse centrar na re-construción do PartidoGaleguista, xurdindodiferentes puntos devista á hora de levar acabo este labor.Nun comezo consti-túese un Comité Exe-cutivo do que formabaparte Ramón Piñeiroentre outros, reducín-dose as actividades dopartido unicamente aunha serie de reuniónsesporádicas.Pouco a pouco a idea foi tomando forma, convocándose unhaserie de asambleas e designando a Ramón Piñeiro como se-cretario político.No ano 1942, unha vez rematados os dous cursos comúns dacarreira de Filosofía e Letras en Santiago, Ramón Piñeiro tras-ládase a Madrid para facer a especialidade de Filosofía pura,entrando en contacto cun grupo galeguista que funcionaba alí(Fermín Penzol, Álvaro Gil, X.R. Fernández-Oxea,...), e con na-cionalistas vascos e cataláns.As accións da ANFD (Alianza Nacional de Forzas Democráti-cas), da que formaba parte o Partido Galeguista, dirixíanse acoordinar a galegos, vascos e cataláns (Piñeiro como encarga-do) de cara ao restablecemento da República, a entrada en vi-gor dos tres Estatutos de Autonomía, o nomeamento dun go-berno de coalición que convocase eleccións constituíntes e aorganización federal do Estado.Piñeiro, ademais, tamén era partidario da reconstrución da Ga-leuzca (pacto tripartito entre nacionalistas vascos, cataláns egalegos), coa finalidade de reforzar a defensa dos interesespolíticos e comúns para os tres pobos.

O REXURDIR DO GALEGUISMO

Caricatura de Ramón Piñeiro López, realizada por Xabier Domínguez.

Page 15: RAMÓN PIÑEIRO LÓPEZ 3

RAMÓN PIÑEIRO LÓPEZ 15

A intervención de Londres en visos da fin da Guerra Mundial íano camiño dunha restauración da monarquía democrática napersoa de Juan de Borbón, e non dunha república.Antes de entrar en negociación cos británicos, Ramón Piñeiro eos representantes vascos e cataláns decidiron reunirse coa re-presentación política das institucións no exilio.É neste momento cando viaxan a Francia, onde residía o go-berno de Giral, presentando a candidatura de Castelao, por aquelentón no exilio, como representante de todas as forzas políticasdo interior de Galicia.Piñeiro reivindicaba que os galegos foran vítimas dúas veces,primeiro pola pasividade do goberno da República que impediua defensa da democracia e, despois, pola represión franquista;estas vítimas, que xa tiñan votado o seu Estatuto de Autonomía,pedían estar representadas no goberno a través da figura deCastelao.

O compromiso de Giral para a convocatoria dun referendo noque os españois decidisen de forma democrática entre a Repú-blica e a Monarquía, contando coa axuda de Francia e taméncunha folga xeral revolucionaria para derrubar ao réxime, de-mostraban o descoñecemento da situación real do país e docontrol practicamente absoluto que o réxime exercía sobre aoposición.Ramón Piñeiro convencido de que o goberno republicano noexilio carecía de medios e de que a alternativa política habíaaque construír no interior, decide regresar, contrariando así aCastelao que pretendía que agardase por el en París.

Piñeiro, de pé, quinto pola esquerda, nunha sesión do Padroado Rosalía deCastro en San Clemente, Santiago de Compostela, o 24 de xullo de 1951.Fondo Ramón Otero Pedrayo da Fundación Penzol

Page 16: RAMÓN PIÑEIRO LÓPEZ 3

RAMÓN PIÑEIRO LÓPEZ 16

Anagrama da Editorial Galaxia, creada, en-tre outros, por Ramón Piñeiro en 1950.

O día 9 de abril de 1946 deteñen a Ramón Piñeiro á entradadun café na Gran Vía madrileña, condenándoo a cumprir tresanos na cadea; tempo que non lle impediu manterse, máis oumenos, en comunicación encuberta con contactos fóra da pri-sión, infomándose da evolución da loita clandestina.

Ao saír do cárcere no ano 1949 a situación política, tanto noexterior como no interior, mudara considerablemente; o gober-no de Giral caera e a oposición entre os grupos políticos noexilio facía que a súa actuación carecese de forza para levar acabo unha oposición efectiva ao réxime.Segundo Piñeiro, o fracaso da loita contra o réxime non se po-día converter nun fracaso do galeguismo como doutrina e de-fendía a opinión de que o galeguismo debía ser «a identifica-ción de Galicia como realidade total», o que excluía calqueratipo de uniformidade ideolóxica.Estas foron as bases dasque partiu a creación deGalaxia en Santiago o día25 de xullo do ano 1950,co que se pretendía dar-lle cobertura legal a unhanova organización do ga-leguismo, plan inicial deXaime Isla.Tamén se perseguía queGalaxia tivese unhaproxección internacional

Con Ramón Cabanillas e Ramón Otero Pedrayo na Rosaleda, en novembrode 1957.Fondo Ramón Otero Pedrayo da Fundación Penzol

Page 17: RAMÓN PIÑEIRO LÓPEZ 3

RAMÓN PIÑEIRO LÓPEZ 17

da personalidade diferencial de Galicia, atraendo aos mozosuniversitarios cara aos problemas da realidade social e culturalde Galicia, creando para isto a colección «Illa Nova».Piñeiro foi nomeado director literario da editorial, e potencioutanto a recuperación de figuras xa consagradas antes da Gue-rra Civil, como a incorporación á cultura galega dalgúns dosintelectuais máis importantes do momento.Porén, as autoridades do réxime decatáronse de contado dosignificado político da nova editorial, identificándoa co vello ga-leguismo, o que se traduciu nunha serie de atrancos e dificulta-des para a mesma.

Neste sentido, os cadernos da «Colección Grial» de caráctermonográfico, cultural e escritos en castelán, estiveron semprevixiados de preto, suspendéndose a colección posteriormentepolo réxime.No ano 1951 publícase na editorial a tradución ao galego porparte de Celestino F. de la Vega e Ramón Piñeiro do «Cancio-neiro de poesía céltica» de Julius Pokorny, coa dobre intenciónde someter o galego ás necesidades expresivas das grandescreacións da literatura universal e tamén de enriquecer a cultu-ra galega coa incorporación de valores espirituais xurdidos efrutificados noutros ambientes.A pesar do indubidable labor editorial de Galaxia, no ámbitopolítico Ramón Piñeiro seguiu mantendo boas relacións coasforzas da clandestinidade, especialmente con vascos e cata-láns.

No Pazo de Trasalba na entrega a Ramón Otero Pedrayo do seu libro hoe-naxe editado por Galaxia, en xuño de 1958.Fondo Ramón Otero Pedrayo da Fundación Penzol

Page 18: RAMÓN PIÑEIRO LÓPEZ 3

RAMÓN PIÑEIRO LÓPEZ 18

No tocante ás relacións políticas entre Ramón Piñeiro e os seuscorrelixionarios galeguistas do interior, estas non foron tan boascos seus colegas de América, especialmente co Consello deGalicia e as xentes que se moveron no círculo de Castelao enBos Aires, que estimaban que o labor de Galaxia, con ser im-portante, non era suficiente, pois pensaban que o galeguismodebía actuar dun xeito máis contundente, incluso violento, con-tra o franquismo.

Estas diferenzas remóntanse aos últimos anos da década doscorenta, cando os cambios na política internacional fan cadavez máis utópica a restauración da República. Así, mentres osmembros do Consello, estando Castelao aínda vivo, só acepta-ban a saída republicana como a única aceptable política e mo-ralmente, os galeguistas do interior, máis todas as forzas políti-cas nacionalistas e os partidos que integraban a ANFD, empe-zaban a pensar noutras solucións e negábanse a aceptar que oConsello de Galicia pretendese representar e actuar en nomeda totalidade do galeguismo, polémica que non rematou se-quera coa restauración da democracia.

Ramón Piñeiro coa súa dona, Isabel en xullo de 1963.Fondo Ramón Piñeiro da Fundación Penzol

Page 19: RAMÓN PIÑEIRO LÓPEZ 3

RAMÓN PIÑEIRO LÓPEZ 19

Na década dos sesenta a oposición clandestina incrementou asúa actividade para acabar co franquismo e restaurar a demo-cracia, lonxe da utopía republicana e coa única pretensión deinstaurar un réxime de liberdades.No seo da familia galeguista xurdiron diversos grupos, algúnsdos cales discrepaban abertamente da política oficial do gale-guismo (representado por Ramón Piñeiro e os homes de Ga-laxia), nacendo así o Consello da Mocedade, integrado sobretodo por estudantes de ideoloxía nacionalista residentes enMadrid, e que será o xerme do futuro Partido Socialista Galego,fundado na Coruña en agosto do 1963, coa presenza de Ra-món Piñeiro, que non se integra no partido.

Por outra banda, mozos nacionalistas radicais que fracasaranno seu intento por controlar o Consello da Mocedade, fundaronen 1964 a Unión do Pobo Galego, un partido nacionalista emarxista que incluía no seu programa o dereito á autodetermi-nación de Galicia, a colectivización da agricultura e a socializa-ción das grandes empresas.Materializábase así o afastamento definitivo dun sector dos mo-zos galeguistas con Piñeiro, esixíndolle responsabilidades polaliquidación do vello Partido Galeguista e asumindo en parte ascríticas que o Consello de Galicia fora vertendo contra Piñeirodende finais dos anos corenta.

A NOVA VISIÓN POLÍTICA

Conferencia en Noia o 14 de marzo de 1952. No centro, de pé, Ramón Piñeiro López.

Fondo Francisco Fernández del Riego

Page 20: RAMÓN PIÑEIRO LÓPEZ 3

RAMÓN PIÑEIRO LÓPEZ 20

Mentres tanto outros mozos, coordinados e estimulados por Pi-ñeiro, preferiron as opcións do socialismo democrático ou dademocracia cristiá.Neste contexto de fragmentación política dos rapaces galeguis-tas, o día 25 de novembro do ano 1967 Ramón Piñeiro ingresana Real Academia Galega co discurso «A lingoaxe i as língoas»,respondido por Domingo García-Sabell.Piñeiro axudou cos seus contactos e coñecementos tanto aosmozos galeguistas de ideoloxía socialista como aos cristiánsgaleguistas, e púxoos en relación coas mesmas correntes a ni-vel estatal e europeo, depositando nas mans dos dirixentes emilitantes dos novos partidos nacionalistas a responsabilidadepolítica partidaria do nacionalismo galego; decidindo RamónPiñeiro manterse á marxe, xa que pensaba que a súa liña deactuación neses anos debía dirixirse máis cara a un labor deconcienciación galeguista que a participar na vida partidaria.

No ano 1974 publícase «Olladas no futuro», no que se desen-volven interpretacións e valoracións da personalidade e da obrade figuras importantes na nosa cultura, temas importantes darealidade galega e tamén impresións ou suxerencias reflexivassobre a situación espiritual de Europa.En 1975, ano da morte do xeneral Franco, publícase «Lembran-do a Castelao», unha descrición non exenta de admiración porparte de Ramón Piñeiro.A morte do xeneral abriu un proceso político que remataría coarestauración da democracia baixo a fórmula dunha monarquía

No Pazo de Trasalba, na homenaxe a Ramón Otero Pedrayo, en xuño de1958.Fondo Ramón Otero Pedrayo da Fundación Penzol

Page 21: RAMÓN PIÑEIRO LÓPEZ 3

RAMÓN PIÑEIRO LÓPEZ 21

parlamentaria, tal como prevera Piñeiro, que rexeitou nestemomento a presidencia galega da Xunta Democrática por ra-zóns expostas anteriormente.Aínda que preconizando o federalismo como fórmula das distin-tas nacionalidades españolas nun mesmo Estado, este federa-lismo entendíao dunha maneria peculiar, como rexeitamento doestado centralista e tamén como diferenza co nacionalismo ra-dical.Nas eleccións do 15 de xuño do ano 1977, primeiras elecciónsdemocráticas despois de 1936, Piñeiro figurou nas listas da can-didatura conxunta ao Senado formada polos partidos que acep-taban o federalismo; mais os resultados foron desalentadorespara o galeguismo, e nas listas do Congreso a forza galega quesaíu mellor parada foi o Bloque Nacionalista Galego que che-gou aos 23000 votos.Un ano despois foi aprobada en referendo a Constitución, queconsagraba no seu texto un modelo de Estado denominadoautonómico, cunha ampla capacidade lexislativa nos futurosparlamentos das tres nacionalidades históricas (Galicia, PaísVasco e Cataluña).

O agravio comparativo do Estatuto de Galicia con respecto dovasco e do catalán (o famoso artigo 32, apartado 4º), que inva-lidaba totalmente o nivel competencial no caso de Galicia, levoua Ramón Piñeiro e outros afíns a facer un manifesto reivindi-cando os dereitos de Galicia.Por aqueles días pasaron pola famosa mesa de braseiro deRamón Piñeiro representantes das dúas forzas políticas maiori-tarias (UCD e PSOE) para informar do que estaba a sucedernas Cortes.

Homenaxe a Ánxel Fole en Vigo no ano 1964.De esquerda a dereita, Álvarez Blázquez, Ramón Piñeiro, Álvaro Cunqueiro,García Sabell, Ánxel Fole, Fernández del Riego e Otero Pedrayo.Fondo Francisco Fernández del Riego

Page 22: RAMÓN PIÑEIRO LÓPEZ 3

RAMÓN PIÑEIRO LÓPEZ 22

A negociación desenvolveuse no outono de 1980 coa iniciativade Realidade Galega, un grupo de intelectuais e profesionais, acabeza do cal era Ramón Piñeiro.O novo texto sometido á Comunidade Constitucional do Con-greso dos Deputados, foi aprobado en referendo o día 21 dedecembro do ano 1980, e a pesar da altísima abstención doelectorado, Galicia xa dispoñía dun Estatuto que ía facer posi-ble o seu autogoberno.No mes de outubro de 1981 celébranse as primeiras elecciónsao Parlamento Galego, aceptando Ramón Piñeiro a invitaciónpara figurar nas listas do PSOE como independente, o que pro-vocou unha situación de desconcerto no ámbito do nacionalis-mo que o acusaba de abandonar os partidos galegos en favordun partido estatal.

Ramón Piñeiro defendeuse alegando que era necesaria unharepresentación na Cámara galega dun sector social identificadoco galeguismo independente que defendese a consolidación daAutonomía salvando os posibles atrancos que a puidesen obs-taculizar, preocupación motivada polo golpe de Estado do 23de febreiro daquel ano.Celebradas as elec-cións, Ramón Piñeirofoi elixido deputadonas listas do PartidoSocialista de Galicia(PSOE) pola provin-cia da Coruña, o quenon foi acollido conmoito entusiasmo porun amplo sector doPSOE en Galicia.O pacto que RamónPiñeiro e outros compañeiros subscribiran como independen-tes do PSOE, situounos nunha posición que co tempo os con-

Ramón Piñeiro foi elexido deputado do Parlamento Galego nas listas doPSOEdeG pola provincia da Coruña.

Placa na casa natal de Ramón Piñeiro en Ar-mea, Láncara (Lugo).

Page 23: RAMÓN PIÑEIRO LÓPEZ 3

RAMÓN PIÑEIRO LÓPEZ 23

vertería en árbitros de moitas situacións parlamentarias confliti-vas, como no caso da Lei de Normalización Lingüística, xa quea súa tramitación conxunta e posterior aprobación por unanimi-dade foi posible grazas a que toda a cámara confiaba na inde-pendencia dos galeguistas.Unha vez que o pobo galego dispoñía xa dos medios que ofacían dono do seu propio destino, Ramón Piñeiro decátase deque o papel político desenvolvido por obriga durante máis decincuenta anos perdera importancia, trocando agora, nos seusúltimos anos, na necesidade de profundizar e ampliar a con-ciencia galeguista, labor que opinaba que debía acadarse a tra-vés da cultura.

Xa, para rematar, cómpre referirnos á vocación de Ramón Pi-ñeiro, que como se citou anteriormente non foi a política, xa queesta foi por obriga, senón lingüística ata o drama da Guerra Ci-vil, para desembocar posteriormente nunha vocación filosófica.Precisamente, no ano 1984, publícase «Filosofía da Saudade»,que recompila catro traballos publicados e un inédito: «A Filoso-fía e o Home», «Significado metafísico da Saudade», «Para unhafilosofía da Saudade», «Saudade e Sociedade», «Dimensióndo Home» e «A Saudade en Rosalía»; todos eles como unhacontribución galega ao estudo filosófico da saudade, no sentido

Ramón Piñeiro, segundo pola esquerda, con Oriol Folch, Fernández del Rie-go, Saleta Goi, Manuel María... en Rianxo no ano 1961.Fondo Francisco Fernández del Riego

Page 24: RAMÓN PIÑEIRO LÓPEZ 3

RAMÓN PIÑEIRO LÓPEZ 24

da peculiaridade espiritual galaico-portuguesa a través dunhavisión universal.No ano 1983 Ramón Piñeiro foi elexido primeiro presidente doConsello da Cultura Galega, e no ano 1985 recibe a MedallaCastelao.Un 27 de agosto do ano 1990, despois dunha vida serena ediscreta, faleceu na cidade de Santiago de Compostela.

Carta manuscrita de Ramón Piñeiro ao director do colexio da Pobra de San Xulián,D. Xaime Lago Rodríguez., agradecendo o trato recibido durante unha visita aocentro escolar.Fondo CPI Ramón Piñeiro da Pobra de San Xulián, en Lugo

Page 25: RAMÓN PIÑEIRO LÓPEZ 3

RAMÓN PIÑEIRO LÓPEZ 25

PIÑEIRO L., Ramón: Olladas no futuro. Vigo, Galaxia, 1974.PIÑEIRO L., Ramón: Filosofía da Saudade. Vigo, Galaxia,1984.PIÑEIRO L., Ramón: Lembrando a Castelao. Pontevedra, Ed.Sept, 1975.POKORNY, Julius: Cancioneiro da poesía céltica. Vigo, Ga-laxia, 1951.CASARES, Carlos: Ramón Piñeiro. Unha vida por Galicia.Vigo, Galaxia, 2005.

PARA SABER MAÍS

Page 26: RAMÓN PIÑEIRO LÓPEZ 3