Ramón Piñeiro (por Marcos Gómez)

20
MARCOS GÓMEZ RAMOS 2ºB BAC Ramón Piñeiro

Transcript of Ramón Piñeiro (por Marcos Gómez)

Page 1: Ramón Piñeiro (por Marcos Gómez)

MARCOS GÓMEZ RAMOS 2ºB BAC

Ramón Piñeiro

Page 2: Ramón Piñeiro (por Marcos Gómez)

ÍndiceIntrodución.Contexto histórico no que se enmarca o autor.Obra.Interpretación da mesma a partir dun

comentario.Conclusión.Fontes.

Page 3: Ramón Piñeiro (por Marcos Gómez)

Introdución

Ramón Piñeiro nace en Láncara no 1915 e fina en Santiago no 1990.

Foi unha gran figura histórica do Galeguismo do século XX.

Adicouselle o Día das Letras Galegas no 2009.

Page 4: Ramón Piñeiro (por Marcos Gómez)

Contexto Histórico

Na sociedade galega do momento concentrábase o capital en sectores minoritarios.

Page 5: Ramón Piñeiro (por Marcos Gómez)

Tamén relacionado ca economía, esta baseábase nun sistema de agricultura casi feudal.

Page 6: Ramón Piñeiro (por Marcos Gómez)

Ademáis, unha crecente inmigración iba vaciando o país. O destino máis común eran as Américas.

Page 7: Ramón Piñeiro (por Marcos Gómez)

No ámbito lingüístico, a lingua galega séguese tratando como unha lingua inútil que só serve para os ámbitos familiares, pero non para os de prestixio.

Page 8: Ramón Piñeiro (por Marcos Gómez)

Ao longo do século XX aparecerán diversos grupos ou asociacións que intentarán mellorar esta situación lingüística (Grupo Nós, Seminario de Estudos Galegos, Irmandades da Fala…)

Page 9: Ramón Piñeiro (por Marcos Gómez)

Todas elas se verán freadas coa chegada da guerra civil do 1936 e a ditadura franquista no 1939, a cal repercutirá enormemente na visión futura da lingua.

Page 10: Ramón Piñeiro (por Marcos Gómez)
Page 11: Ramón Piñeiro (por Marcos Gómez)

No 1950 é un dos fundadores da editorial Galaxia, a cal publica libros únicamente en galego. Estamos falando, en ton, dunha recuperación a nivel literario e cultural.

Page 12: Ramón Piñeiro (por Marcos Gómez)

Coa morte do dictador apróbase o Estatuto de Autonomía, o cal defende o territorio de Galiza xunto coa súa lingua no campo político.

Page 13: Ramón Piñeiro (por Marcos Gómez)

Obra

A súa obra divídese entre escritos de carácter filosófico e ensaios onde prima a defensa da lingua galega, centrándose nos problemas de normalización da mesma.

Page 14: Ramón Piñeiro (por Marcos Gómez)

Interpretación da obra a partir dun comentario

 Durante séculos, o galego foi a lingua oral popular e máis nada. Nin era utilizada para os usos documentais nin era cultivada literariamente. E, mesmo, como lingua oral, tampouco era a lingua adoitada de tódolos galegos, senón, fundamentalmente, a lingua do pobo. A Administración, a Eirexa, os señores e maila burguesía urbana tiñan como lingu de seu o castelán.

     Ora, o pobo -daquela entendíase por pobo a camada social traballadora, a que carecía de privilexios-, en Galicia era predominantemente campesiño. Mesmo os artesáns e obreiros das cidades e vilas eran, na súa maioría, procedentes e entroncados co campo, tiñan un substrato mental campesiño. De aí que o galego, como lingua coloquial do pobo traballador, fora esencialmente unha lingua campesiña. Unha lingua apta, extraordinariamente apta e marabillosamente rica en recursos, para expresar a vida campesiña en tódolos seus matices, desde as condicións e formas obxectivas do traballo, ou as variadas e cambiantes condicións climáticas, deica o intimismo afectivo que a soidade ante a Natureza favorece, ou a cautela psicolóxica que a indefensa debilidade social impón como necesidade, ou o sutil humor con que espírito se libera da opresión da realidade.

    Esa lingua oral popular, intensamente cultivada na expresión vivencial do mundo campesiño, no século XIX experimentou unha revolución. A súa tradición alterouse, pois ademais de seguir sendo a mesma lingua oral popular de semántica campesiña comezou a ser lingua escrita, converteuse en lingua literaria. Pouco a pouco, mais en grao crecente, foise convertendo en lingua sometida a tódalas experiencias da expresión cultural escrita. Conservou, iso si, a súa plena substancia de lingua campesiña.

     Este panorama do galego está a experimentar unha transformación radical. A emigración masiva no noso campo e a simultánea invasión masiva nel dos medios de comunicación social en castelán -xornais, radio, televisión-, producen unha fonda depresión na vitalidade "campesiña" do galego. O seu fabuloso xenio expresivo orixinal, vai cedendo terreo á deturpación e ao empobrecemento. Os axentes erosivos medran en eficacia. Mais velaquí que, ao mesmo tempo que este proceso se afirma e se estende no campo, a lingua comezou a conquista da cidade. Hoxe en día a poboación urbana está a se interesar pola lingua, a percibir a súa forza espiritual colectiva. Iníciase unha tendencia á reivindicación da lingua como expresión da personalidade cultural propia.

     O centro fundamental da vitalidade da lingua galega está pasando do campo á cidade. Trátase da meirande revolución da súa historia. De que este proceso siga, se afirme e triunfe depende o futuro da nosa lingua. No campo está o seu pasado. Na cidade, o seu futuro. Nese futuro, o galego perderá gran parte dos seu caudal expresivo axeitado ás necesidades da mentalidade urbana, industrial, técnica, moderna, etc., etc. Experimentará unha fonda transformación. Cómpre aceptala e favorecela. 

Page 15: Ramón Piñeiro (por Marcos Gómez)

O texto de Ramón Piñeiro, titulado “Unha revolución na nosa lingua”, presente no libro “Olladas no futuro”, trata a situación do galego presente na época do autor, comparando esta coa futura.

A lingua desta época é especialmente campesiña, polo que é comprensible que se desenvolvese cun amplio léxico relacionado co campo e a vida rural.

Aínda así, é a solución a conquista da cidade e, con isto, dun mundo máis tecnolóxico?

Page 16: Ramón Piñeiro (por Marcos Gómez)

Dende o meu punto de vista, non o creo. Ramón Piñeiro parece centrarse só nun dos prexuízos que recae sobre a lingua galega aínda a día de hoxe, cun remedio demasiado utópico.

Indo por partes, o único problema ao que se enfrentou o galego, e aos que se ten que enfrentar aínda, non é tan só ser considerada unha lingua de paletos e bárbaros do monte. Ademáis, para “conquistar a cidade” necesitaríase un sentimento de orgullo por parte dos galego-falantes cara a súa lingua.

Page 17: Ramón Piñeiro (por Marcos Gómez)

Pero resulta evidente que non existe. A maioría destos cambia ao castelán fora dun ámbito familiar, con excusas como: “si lle falo en galego seguro que non me entende” sempre que non se convirtan en castelán-falantes con pretextos similares: “yo para hablar el gallego mal pues no lo hablo”.

Page 18: Ramón Piñeiro (por Marcos Gómez)

É certo que un elevado número de falantes monolingües en galego reduciría un dos prexuízos que xira en torno a lingua, pero débese recordar que terminou extendéndose cara ao propio rural, polo que resulta inviable unha conquista da cidade cando a xente que usa a lingua non sinte respeto pola mesma.

Page 19: Ramón Piñeiro (por Marcos Gómez)

Conclusión

Aínda que o traballo de Ramón Piñeiro foi moi importante para desenvolver a lingua galega (como ser un dos fundadores da editorial Galaxia) non podo dicir que esté dacordo coas súas ideas de defensa da lingua, pois parécenme irreais.

Page 20: Ramón Piñeiro (por Marcos Gómez)

Bibliografía

Wikipedia.orgGalego.orgbvg.udc.esAula virtualGoogle imaxes