CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, I - CRPIH · pode falar de racionalismo cartesiano francés, criticis-mo...

76

Transcript of CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, I - CRPIH · pode falar de racionalismo cartesiano francés, criticis-mo...

CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, I(Cadernos galegos de pensamento e cultura)

Ramón Piñeiro: dúas lecturas

Anxo González FernándezLírica e metafísica no proxecto filosófico de Ramón Piñeiro

Ramón López VázquezPara unha sistemática de Ramón Piñeiro

CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO

(Cadernos galegos de pensamento e cultura)

Directores:Luís Alonso GirgadoRamón López Vázquez

Consello asesor:Xesús Ferro RuibalXosé Manuel García IglesiasAnxo González FernándezRamón Mariño PazAnxo Tarrío VarelaAndrés Torres Queiruga

Edita:XUNTA DE GALICIA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN

E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DIRECCIÓN XERAL DE POLÍTICA LINGÜÍSTICA

CENTRO RAMÓN PIÑEIRO PARA A

INVESTIGACIÓN EN HUMANIDADES

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria:CELSO CURRÁS FERNÁNDEZ

Director Xeral de Política Lingüística:XESÚS P. GONZÁLEZ MOREIRAS

Coordinador científicoMANUEL GONZÁLEZ GONZÁLEZ

Ilustración da cuberta:BALDO RAMOS (“Deshabitada espera”, detalle)

Imprime:Gráficas ATV

ISBN:84-453-3678-9

Depósito Legal:C-2457-2003

5

Presentación

Con ben fundada esperanza quero saudar a apari-ción desta fermosa iniciativa que é a dos CadernosRamón Piñeiro, que se declaran “Cadernos galegos depensamento e cultura”. Sempre será un acto de xustiza ede gratitude lembrar unha figura que, como é o caso deRamón Piñeiro, tanto traballou por Galicia, á que xene-rosamente entregou o seu pensamento, as súas inconta-bles empresas e proxectos culturais, as súas palabras dealento e ilusión e os seus escritos esparexidos polas páxi-nas de prensa e os libros.

Son sen dúbida moitos os que saben de RamónPiñeiro, moitos os que o trataron e conversaron con elarredor da súa benquerida "mesa camilla" da súa casa enSantiago e non poucos os que leron algúns dos seus escri-tos. Pero aínda hoxe, máis de dez anos despois da súamorte, é preciso divulgar o seu labor, estudiar o seu pen-samento e valorar –sen prexuízos, con equidade e no con-texto da época que lle tocou vivir– a súa forma de verGalicia e de entender o futuro do país e do seu pobo.

Porque entre dificultades e incomprensións, entreprecariedades e reticencias (pero, certamente, tamén coafe e entrega de amigos e galeguistas de convicción),Ramón Piñeiro foi quen de concebir e desenvolver o seuproxecto de Galicia no que a dimensión humanístico-cul-tural, xunto coa lingua como clave de identidade, consti-túen os fundamentos esenciais e irrenunciables.

6

Deberán estes Cadernos Ramón Piñeiro –e estoucerto que o farán con rigor e con fortuna– investigar nosmáis salientables aspectos da obra que nos legou e pro-longar a análise do ronsel de cuestións, temas e proble-mas que para Ramón Piñeiro foron motivos de reflexión:a lingua, a literatura, a cultura, a sociedade, o devir his-tórico do noso país e, en definitiva, todo o que constitúeiso que chamamos Galicia.

CELSO CURRÁS FERNÁNDEZ

Conselleiro de Educación e OrdenaciónUniversitaria

Ramón Piñeiro López (1915 - 1990)

9

Os CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO.

Nacen os presentes Cadernos Ramón Piñeiro como unhainiciativa propia do Centro Ramón Piñeiro para aInvestigación en Humanidades. Nacen, tamén e funda-mentalmente, como unha contribución ó estudio e á aná-lise do pensamento de Ramón Piñeiro e, así mesmo, dostemas e problemas que ocuparon as súas inquedanzaspersoais e a súa reflexión; é dicir, Galicia.

Son "Cadernos galegos de pensamento e cultura" nosque, dende o emprego da lingua galega como instru-mento expresivo –e sempre respectuosos coa normativaoficial– poderán ter canle de publicación os ensaios bre-ves, investigacións e estudios encadrados no abano dasHumanidades, pero con especial atención ó pensamentofilosófico. Son, en definitiva, páxinas abertas que teñensó a limitación espacial do que pode acoller un caderno;que requiren o axeitado rigor expresivo e metodolóxicodos traballos e, en definitiva, están ó dispor de todos:galegos ou non, dende calquera lugar onde estean.

A raíz galega dos Cadernos Ramón Piñeiro quere tervocación de universalidade: estudiar e coñecer o nosopensamento, a nosa cultura e achegarnos ó que vén defóra, receptivos a perspectivas propias e alleas, a voces eámbitos do noso país e de máis aló das nosas fronteiras.Esa é a vontade e o camiño a percorrer.

Os directores

11

ÍNDICE

1. Lírica e metafísica no proxecto filosófico de Ramón

Piñeiro (Anxo González Fernández) . . . . . . . . . 13

2. Para unha sistemática de Ramón Piñeiro

(Ramón López Vázquez). . . . . . . . . . . . . . . . . . . 41

13

1. Lírica e metafísica

no proxecto filosófico de Ramón Piñeiro

15

Lírica e metafísica no proxecto filosó-fico de Ramón Piñeiro.

Anxo González Fernández.Universidade de Santiago.

Toda a obra filosófica de Ramón Piñeiro responde ásúa preocupación por abrir, tamén no campo do pensa-mento, unha canle a través da cal Galicia puidese facer,desde si mesma, unha achega significativa á culturauniversal. Esta achega debería estar, por un lado, encondicións de ser apreciada por toda a comunidade filo-sófica, ó contribuír a desentrañar aspectos do grande euniversal misterio da realidade e do ser humano enxeral, e debería, por outra banda, articularse en concor-dancia coas peculiaridades da nosa cultura, que respon-den, en definitiva, ás que configuran o home galaico.

Neste propósito de incidir na universalidade, par-tindo precisamente da particularidade e a diferenciapersonalizadora, coincidía Ramón Piñeiro co que foraconvicción moi fonda nos homes da xeración Nós e queCastelao, por exemplo, expresaba ó consignar queGalicia ten o deber de contribuír á civilización universale que isto só se poderá conseguir cultivando o noso xeniopermanente. Esta articulación do particular e o univer-sal considerábase perfectamente factible: eu creo, e repi-to con Heine, que desde a máis pequena fiestra pode con-templarse a inmensidade do ceo como desde a máis

16

pequena terra se pode comprender a grandeza domundo1 .

En concordancia con estes mesmos convencemen-tos entende Ramón Piñeiro que a contribución galega áfilosofía terá que vir, fundamentalmente, da partedaquilo que define as peculiaridades da nosa implanta-ción no mundo da cultura. A singularidade filosófica decada pobo -dicía- pode expresarse a través da constanciade certas características no desenrolo do seu pensamen-to, formalmente configurado como filosofía (e así sepode falar de racionalismo cartesiano francés, criticis-mo e idealismo alemán, empirismo inglés, pragmatismoamericano, etc.), ou ben, en casos como o de Galicia, enque non ten habido moita actividade filosófica de carác-ter formal, pode expresarse no que son as raíces espiri-tuais en que se afincan as creacións culturais que per-sonalizan a estes pobos2. A actividade especulativa quechamamos filosofía formal non é, en definitiva, outracousa –di– que unha ulterior elaboración lóxica e siste-mática do que resulta ser, no fondo, a peculiar formade enfrontamento que os pobos teñen coa realidade eque está na raíz de tódalas súas grandes realizaciónsno mundo da cultura.

Situados nesta perspectiva entende Ramón Piñeiroque, en parecida forma a como o posicionamento ante arealidade que corresponde ó pobo grego foi o racional outeorético e o que toca ó pobo alemán sería máis ben ovolitivo, aquel que, desde logo, pertence á comunidadegalego-portuguesa sería sen dúbida a dimensión senti-mental. O sentimento está máis na liña da vivenciación

1 Castelao, Sempre en Galiza, Vigo: Galaxia, 4ª edic., 1994, p. 230.2 Filosofía da saudade, Vigo: Galaxia, 1984, pp. 22-23.

17

ou na da captación vivenciadora que na da actividadeespeculativa ou na da elaboración teorética. RamónPiñeiro fala expresamente, en relación coas peculiari-dades da cultura galaica, de vivencia metafísica, xun-tando, en aparente paradoxo, o plano da abstraccióncognitiva e o da pura vivenciación, que é decote non-racional e esixe, desde logo, mergullamento na orde doconcreto.

A acentuación da dimensión sentimental que seproduce no home e na cultura galaicos fixo, precisa-mente, que

a súa creación cultural máis alta fose a lírica, e por iso

a súa nota espiritual máis xenuína é a saudade, ou sexa, a

"sentimentalidade pura". O estado sentimental puro non se

pode expresar conceptualmente, só podería "comunicarse"

musicalmente ou liricamente. Música e poesía lírica deben

de ser notas distintivas da espiritualidade galiciana, feito

que se comproba polas manifestacións culturais que xorden

espontaneamente da comunidade espiritual, como ocorre co

folclore popular ou coa lingua, pois a gran musicalidade e

singularísimas calidades líricas da lingua galega son froito

dese predominio sentimental común3.

Esta decantación da cultura galega pola liña dosentimento non ten por qué abocala, sen embargo, óirracionalismo vitalista, con renuncia ó que poidaimplicar exploración cognitiva e desenvolvemento teóri-co. Pensa Ramón Piñeiro que, por contra, aproxímaadecisivamente á perspectiva da filosofía existencial,daquela tan estendida por toda Europa, e que entra en

3 Ibidem, p. 33.

18

Galicia da man, precisamente, de Ramón Piñeiro e deCelestino Fernández de la Vega4 .

O existencialismo é expresamente recoñecido porRamón Piñeiro como unha filosofía en que a pretensiónde exploración cognitiva do ser, en liña coa metafísicagrega, faise a partir fundamentalmente da penetraciónnese ser-aí que é, precisamente, o ser humano, a con-creción e manifestación máis cualificada do ser. Istoremite directamente ó terreo da vivencia :

A captación dese ser do home –Existencia ou Dassein–non se acada por vía conceptual, senón que se nos manifestapor unha vivencia radical, por un sentimento último que no lorevela (angustia, engullo, fracaso, etc.).

Celestino F. de la Vega e Ramón Piñeiro decátansemoi logo de que na conformación espiritual do homegalaico e, por iso mesmo, nas determinantes fundamen-tais da lírica galego-portuguesa, que está nos alicercesda nosa cultura, hai unha vivencia radical susceptibledunha proxección funcional moi similar a angustia deHeidegger, á vivencia do fracaso de Jaspers ou á mesmanáusea sartriana. Trátase da saudade. Celestino chegaincluso a identificar angustia e saudade como conceptosou realidades existenciais.

Ramón Piñeiro demostra que, aínda non sendo amesma cousa, a angustia e a saudade poden, non obs-

4 En 1956 publícase a versión en galego do libro de Heidegger A esen-cia da verdade, con prólogo e notas de R. Piñeiro e de Celestino F. dela Vega, para a que o propio Heidegger escribe un prólogo específico.Desta traducción fará eloxiosa mención o propio Xavier Zubiri, quen,segundo o testemuño de García Sabell, destaca no galego a especialplasticidade nos xogos preposicionais e sintácticos que esixen os tex-tos de Heidegger.

tante, desempeñar unha moi similar función radicali-zadora, no sentido de que ámbalas dúas proporcionanun contacto pre-racional coa configuración íntima do serhumano, achegándonos á vivenciación da súa configura-ción ontolóxica. En relación con isto, pensa Piñeiro queo existencialismo non deu polo de agora de forma plenaco fundamento antropolóxico-vivencial da filosofía. Esinala, coa mesma, o enorme interese que nesa liñapoderían chegar a ter as achegas dunha filosofía galegaque estivese fundada sobre os mecanismos de explora-ción antropolóxica e óntica que se ofrecen a travésdunha profundización na vivencia da saudade e da súaexpresión na lírica.

Na dirección en que apuntan estes convencementosé doado ver cómo se perfilan os tres grandes obxectivosdo proxecto filosófico de Ramón Piñeiro:

En primeiro lugar, trátase de lograr unha concien-ciación plena e cabal acerca de cáles e cómo son as pecu-liares formas de dárense no home galaico as fundamen-tais compoñentes do ser humano en xeral. Estas peculia-ridades han rastreárense nas nosas grandes creaciónsculturais, entre as que conta fundamentalmente a lírica.

En segundo lugar, preténdese unha achega decisivaá filosofía universal, na liña aquí da exploración do senti-mento, unha dimensión humana tradicionalmente pos-tergada, cando menos na filosofía occidental, ante arazón e a vontade. É curioso constatar neste sentido aproximidade da postura de Ramón Piñeiro á de MaríaZambrano, unha pensadora que pretende ir tamén deforma decidida cara a un asentamento da filosofía noplano do sentimento que a faga máis próxima á poesía ou,mellor dito, que poida contribuír á reunificación de poe-

19

20

sía e filosofía, situándose máis alá da posición de "dra-mático conflicto"en que foron colocadas5, cando de feitoas dúas resultan imprescindibles e non se sabería dicircál delas está máis fondamente enraizada no vivirhumano. Este posicionamento conduce a María Zam-brano a propugnar unha sorte de "razón poética"queleve a un tipo de pensamento que asente sobre a "esen-cia estremecida dun home que porte en si mesmo aescura entraña dun sentir, froito dunha vella tradicióncultural, un sentir feito médula do seu propio ser"6. Estetipo de racionalidade alimentada de sentimento, ou estesentimento que pode agromar en racionalidade nonandan nada lonxe das posicións do raciovitalismo orte-guiano e axudan, desde logo, a entende-lo proxecto de"metafísica do sentimento" que Ramón Piñeiro propug-naba. No fondo e na forma tamén o noso autor parte daindiscutible proximidade, por non dicir unidade, da poe-sía e a filosofía; estaba convencido de que auténticasmancheas de pensamento filosófico circulan polos ver-sos dos nosos líricos.

Piñeiro pretende, por último, unha decisiva incardi-nación do quefacer filosófico que así se perfila na corren-te da filosofía existencialista, en que, sen renuncia ógrande obxectivo da tradición metafísica de procura doser en canto ser, acéptase como inescusable vía a explo-ración fenomenolóxica dese ser-aí, concreto, que é o serhumano. Este, na opinión do noso autor, resulta capta-ble, máis que a través da angustia ou da náusea, a tra-

5 María Zambrano, Filosofía y Poesía, México: Fondo do CulturaEconómica, 1987, p. 14.6 Juan Fernando Ortega Muñoz, “Filosofía y Poesía en MaríaZambrano”, en Filosofía y Poesía, Madrid: Fundación FernandoRielo, 1994, p. 35.

21

vés da saudade, que é a vivencia en que se aprecia o feitoda concreteza óntica que corresponde ó ente humano.Esta atención ó plano da concreteza, ó da singularidadeindividual, tamén fortalece a relación entre filosofía epoesía e aproxima as posicións de Piñeiro ás de MaríaZambrano, que vía a necesidade de completa-lo sentidode universalidade con que a filosofía aborda a proble-mática do ser humano, coa atención directa ó nivel daindividualidade en que a poesía adoita moverse7 .

Polo que respecta a Piñeiro, a modalidade de ser enconcreción ou en individuación revélaselle xustamentecomo experiencia de soidade, de soidade óntica:

Sáibase que nós non entendemos por soidade a simple"perda ou ausencia de algo obxectivo", senón o arreconchega-mento na propia intimidade, o vivir –sentíndoa– a singulari-dade individual que un mesmo é8 .

Movéndose nesta dirección, deliña Ramón Piñeiroos fundamentos dunha filosofía da saudade, seguindo,tamén ó modo existencialista, un método fundamental-mente fenomenolóxico: indo desde a constatación descri-tiva do plano vivencial da saudade cara á intuición doque é a configuración óntica do ente humano que nela sereflicte. Son, así, esixencias metodolóxicas as que olevan a entrar na análise das peculiaridades e diferen-ciacións da saudade tal como aparecen reflectidas nasúa expresión en forma de lírica. E pode dicirse, por iso,que é fondamente heideggeriana a pretensión de capta-ción da realidade a través da súa especial comparecen-cia na arte e, singularmente, na arte da palabra. A pala-

7 María Zambrano, op.cit. p. 13.8 Olladas no futuro, Vigo: Galaxia, 1974, pp. 143-144.

22

bra é a grande portadora do ser9 . Con referencia á líri-ca galaico-portuguesa consignará explicitamente que:

se esculcamos con lecer na lírica chegaremos a dexergara nosa intimidade esencial, pois ó facermos a esculca axiñaapreciaremos que unha das súas calidades é a de expresarpoeticamente unha vivencia anímica que nós chamamosSaudade e que é, entre as vivencias espontáneas da naturezahumana, a que mellor recolle o peculiar matiz de sentimenta-lidade que caracteriza ó espírito galaico-portugués. A consi-deración da nosa cultura descóbrenos o valor sobranceiro dalírica entremedias das creacións por nós realizadas; a consi-deración da lírica descóbrenos a nota espiritual tipicamentenosa: a saudade10 .

Ó lector que pretenda introducirse nas páxinas deRamón Piñeiro seralle de grande utilidade estar atentoá equivalencia que o noso autor establece entre as espe-cificacións da lírica (os tipos de lírica) e as da saudade,isto é, as diferentes clases de saudade: desde aquela quenon transcende o plano psicolóxico (o dos sentimentosda persoa en relación coas realidades concretas que aafectan) ata a saudade metafísica, en que o suxeitovivencia en si, normalmente en forma de soidade (insu-perable soidade), a condición óntica da concreción, dasingularidade ou individuación, é dicir, a hominidadefeita realidade persoal ou, máis radicalmente, o ser encanto dado na forma ou modalidade do ente singular.

9 Heidegger escribe, neste sentido, que "a verdade, entendida comoclaridade e ocultamento do ser, ocorre ó ser poetizada". A lingua noné un mero medio de comunicación, senón que antes que nada paten-tiza o ente en canto ente... "A poesía é, así, a narración do desocul-tamento do ente" (Holzwege, Frankfurt am Main, VittorioKlostermann, 1952, p. 59).10 Filosofía da saudade, p. 23.

23

Ramón Piñeiro fala de lírica pura cando se refire áposta expresiva da saudade óntica, aquela que non sedetén no plano da coloración afectiva (ledicia, dolor,esperanza, desengano, queixa, etc.) provocada nunsuxeito en función da modalidade da súa relación cunhadeterminada persoa ou obxecto. A saudade óntica res-ponde á vivenciación da soidade que é inherente ó serconcreto que somos cada un de nós, en función, precisa-mente, da mesma concreción individualizada en queconsistimos. Concreción implica, en efecto, singulariza-ción, situación diferenciada e aínda un irreductible illa-mento, non só respecto dos demais entes, senón sobretodo respecto da universalidade do ser, isto é, do sertranscendental do que cada un provén e no que en defi-nitiva se fundamenta:

Saudade e lirismo son, pois, dúas etapas dunha mesmacousa: a vivencia e a expresión da intimidade do ser humano,da súa soidade ontolóxica. Pero esta soidade é soidade relati-va ó Ser, do que o home ven ser unha concreción individual,unha singularidade solitaria, algo así como unha bágoa des-prendida, "caída" do Ser . Así o percibiron os místicos, que, xadesde Platón, sempre viron nesa concreción individual dohome unha especie de cárcere do Ser11.

É fundamental no pensamento de Ramón Piñeiroque a vivenciación da soidade constitutiva do entehumano, en canto concreción singularizadora (e asítamén illadora) do ser (do Ser, con maiúscula, segundoadoita escribir Piñeiro) leva en si mesma un fondísimosentido aspiracional ou de transcendencia, en que sepretende unha reintegración e absorción na transcen-dentalidade que só ó Ser corresponde realmente:

11 Ibidem, p. 36.

24

Tamén a saudade, en canto que é a vivencia desa soida-de do Ser, ten un valor de arreguizamento ontolóxico, algo asícomo unha lene onda que ascende da vida e que vai envolven-do todo o ser do home nunha perenne arela do Ser, esgotandoa súa existencia temporal nun esforzo de transcendencia12.

Non é estraño que, en relación con isto, faga Piñeiroreferencia explícita a Platón. Presente e operante aquíestaría, en efecto, a visión platónica do home como "cár-cere do ser", isto é como concreción singularizadora, quesería tamén illada, se non fose que é ó mesmo tempoeros: anamnese e aspiración de restablecemento ónticona unidade orixinal, insuperable horizonte da místicaplatónica e neoplatónica de tódolos tempos. Velaí aforma en que no arreguizamento óntico que constitúe asaudade pura van inseparablemente presentes o senti-mento de soidade e tamén o insubornable sentido deaspiración ou transcendencia.

Esta aspiración e este afán de se transcender comoentidade individual e concreta están esencialmentemarcados polo indeleble signo da imposibilidade quependía xa sobre o eros platónico. A soidade inscríbese,así, na categoría óntica das irresolubles tendencias quepoñen no ser humano, sen embargo, a configuraciónaspiracional que xa concibira Platón.

Resulta igualmente curioso constatar que taménnas pretensións de María Zambrano figura como funda-mental a de fusionar nunha soa a tendencia da poesía ásingularidade (e, polo mesmo, á multiplicidade dosentes individuais) e a da filosofía á universalidade ou á

12 Ibidem, p. 36.

25

transcendentalidade, isto é á unidade abranguedora13.A fusión dos dous planos conduce en Ramón Piñeirounha auténtica liña de harmónica continuidade: nonhaberá fronteira entre a singularidade poética e a uni-dade en que a filosofía pretende instalarse. Do que setrata é, precisamente, de non perder por un absurdoafastamento a ningún deles.

Ramón Piñeiro considera que unha das maneirasde situarse, de forma transcendedora, máis alá da soi-dade ontolóxica do ente individual que somos é, precisa-mente, a súa posta expresiva en lírica; a lírica pura:

O home ó expresar, ó comunicar a súa intimidade senti-mental, que é o que a lírica reflexa, realiza o primeiro acto dasúa transcendencia, ou, se se quere, da súa apertura14

Pero na dirección dese insaciable afán de transcen-dencia caben moitas formas de realización de carácterparcial. Estas poden producirse, por exemplo, por víanoética ou por vía volitiva. Neste sentido refírese RamónPiñeiro á transcendencia volitivo-expresiva, que desem-boca na acción, e á transcendencia cognitivo-estimativa,ou mesmo á cognitivo-intelectual. Formas concretas deintenta-lo sobrepasamento da soidade constitutiva sonigualmente as realizacións, no plano psicolóxico, datranscendencia amorosa, nas súas distintas modalida-des.

Mais, no fondo, tódalas facultades humanas e tódo-los resortes da acción levan óntica e operativamenteprefigurada a orientación á transcendencia, no máisradical e pleno dos seus sentidos:

13 María Zambrano, op.cit.,pp. 19-20.14 Filosofía da saudade, p. 118.

26

A esencia da vontade é a liberdade e só no libre exercicioacada o seu fin. A vontade tende de seu á transcendencia, maisa transcendencia pura, a transcendencia ontolóxica, só aacada pola vivencia mística, polo contacto co Ser15.

Isto quere dicir que, en definitiva, as distintas for-mas de se transcender son outros tantos intentos desupera-la soidade óntica inherente á condición da indivi-dualidade en que o ser humano se dá e responden, enúltimo termo, ás distintas formas en que se deixa sentir,no plano psicolóxico, a inevitable repercusión daquela soi-dade metafísica. É isto o que tamén se aprecia nas carac-terizadas especificacións da saudade que son típicas dapoesía lírica: a saudade do amor, a saudade da terra, a dacasa, a dos amigos, a de todas aquelas realidades próxi-mas, íntimas, que, fisicamente lonxe de un e ausentesnun determinado intre, fanse non obstante vivencialmen-te presentes xustamente nesa súa tan fondamente senti-da ausencia. Cada unha delas, por vía indirecta, estáreproducindo e facendo revivenciar algunha das facianasdaquela soidade radical que nos é indeclinablementeconstitutiva. As distintas especificacións líricas serían, xaque logo, derivacións epifenoménicas da lírica pura. Poriso constitúen tamén as únicas vías de que dispoñemospara a exploración do misterioso territorio da saudade:

En Galicia temos poesía e sentimos amor polos nosos poe-tas, pois que foron feles ao seu papel representativo da nosaespiritualidade xenuína. Por eles sabemos da nosa saudade edas outras notas distintivas que nos caracterizan entre osdemais pobos; eles son os creadores da nosa lírica, que é, polode agora, a creación máis alta do espírito galego, a que mellornos define culturalmente16

15 Olladas no futuro, p. 30.16 Ibidem, p. 15.

27

Esta primeira colaboración de prensa de R. Piñeiropublicouse en La Noche en 1949, e tratou da líricade Luís Pimentel

28

Ramón Piñeiro colaborou na homenaxe que arevista ferrolá Aturuxo fixo a Pimentel no seunº 10 (1958).

Ramón Piñeiro adoita presentar versos de Rosalíacomo exemplo das especificacións líricas que el vai esta-blecendo. E, desde logo, dentro da perspectiva en queagora mesmo pretendemos situarnos, os textos rosalia-nos que o noso autor escolma son dunha grande capaci-dade expresiva: sería imposible dar cunha máis axeita-da forma de capta-la indesmaiable conxunción da líricae a vivencia metafísica implicada no sentimento da sau-dade.

Hai, así, pasaxes da obra rosaliana que Piñeiro pre-senta como formas expresivas directas da vivenciacióndunha saudade de alcance ontolóxico. Son elas, en ver-dade, resultado da vivencia espontánea, inicial, previa atoda transcendencia, que ten o home da súa singulari-dade, da súa soidade ontolóxica, aló na raíz da súa inti-midade sentimental.

As condicións ónticas que suscitan esta vivenciametafísica móstransenos nalgúns dos textos de Rosalíaescolmados por Ramón Piñeiro a modo de sombra, deinacabable sombra: a noite que nunca se acaba:

Desde entonces busquei as tiniebras

máis negras e fondas

e busqueinas en vano que sempre

tras da noite topaba coa aurora...

Só en min mesma buscando no escuro

I entrando na sombra

Vin a noite que nunca se acaba

Na miña alma soia.

Sombra, tiniebla, noite, o escuro son imaxes tipica-mente rosalianas, pero de moi fonda radicación taménna cultura occidental. Sombra era a realidade da caver-

29

na platónica, isto é, a pseudorrealidade, a limitación, onon-ser, contraposto ó ser, que en Platón e nos platonis-mos se nos presentaba, por contra, como luz, como sol:Sol do mundo intelixible, chamaba Platón á Idea supre-ma, á realidade fontal, á Idea de Ben. Así como o sol éfonte de luminosidade e vida, o Ben, afectado intrinse-camente da mesma difusividade, constitúese por isomesmo en fonte de realidade, de ser. O ser e o ben sonconvertibles.

As imaxes de luz, no sentido de ser, e sombra, no denon-ser, forman parte do noso acervo cultural e sonconstantes na literatura de tódolos tempos. Sombra,igual que ilusión e ficción, e co seu mesmo sentido, éexpresión utilizada por Calderón e outros autores doSéculo de Ouro da literatura española para referirse árealidade presente, que é, no fondo, pseudorrealidade encomparación coa eternidade, o ser en si, sen concreciónnin límite.

Rosalía fala nunha ocasión incluso de sombra quesempre me asombras, algo que, na liña do que agorasinalamos, é preciso entender no terrorífico sentidometafísico de "sombra que me reduces á condición desombra", ou mesmo de "nada que me aniquilas", ouaínda, nun sentido moi próximo á nada nadeante deSartre: "non-ser que me fas deixar de ser". Esta sombraque asombra énos presentada no poema como unhaomnipresente e, así, insuperable sombra, xusto nomesmo sentido que a noite que nunca se acaba, que apa-rece nos versos escolmados por Piñeiro.

A sombra da noite que nunca se acaba aparece nopoema rosaliano en contrastante sentido coas outrassombras: as tiniebras máis negras e fondas que, por

30

máis fondas e negras que semellen, sempre, ó cabo,rematan na aurora. Non son elas sombras ó nivel da ina-cabable sombra. Aínda así quéixase a poeta, uns versosantes, dentro do mesmo poema, da luz insolente do día,constante e traidora..., que pon ilusión de que acaba todoo que non é de feito acabable.

A condición individual do ser (condición, así, con-creta, singular e limitada), que se cumpre en cada undos seres humanos, é vivenciada con caracteres moipróximos ós que na tradición escolástica se atribuían ámodalidade do ser continxente: é ser e non-ser; ser limi-tado, non só polo feito de ter comezo no tempo e ter fin,senón sobre todo por ser unha forma precaria de ter e deexercita-lo ser, como corresponde a un ser descolgado doSer: posto fóra da plenitude do Ser, colocado no hermo(sombra) da nada envolvedora, a modo de bágoa des-prendida do Ser, como Piñeiro adoita dicir.

Este desprendemento ou ex-sistencia no heidegge-riano sentido, tan da estima de Ramón Piñeiro, e que setraduce en individualidade óntica e en concreteza, com-porta, fronte á inmensidade transcendental e plenifi-cante do Ser, a realización en soidade que corresponde óente singular. A singularidade é diferencia e esta dife-rencia respecto do ser non pode ser outra que o non-ser:a miña alma soia, dada no medio dunha noite que nuncase acaba, é a pinga do ser concreto que somos aboiandosolitaria sobre o non-ser.

Tamén pola súa parte María Zambrano constatabaque a recuperación da poesía pola filosofía trae consigoa posibilidade de abrirse ó non-ser. O racionalismo pro-pio da filosofía tradicional, de raíz platónica, é indaga-ción sobre o ser, isto é, sobre o que resulta patente ante

31

32

a luz da razón; xa Perménides establecía que a vía daracionalidade é a do ser e máis nada. "El poeta, por elcontrario, quiere una, cada una de las cosas sin restric-ción, sin abstracción ni renuncia alguna [.....] Quiere larealidad, pero la realidad poética no es sólo lo que hay,la que es; sino (además) lo que no es; abarca el ser y elno-ser en admirable justicia caritativa, pues todo, todotiene derecho a ser hasta lo que no ha podido ser jamás.El poeta saca de la humillación del no-ser a lo que en élgime, saca de la nada a la nada misma y le da nombre yrostro”17

Esta noite que nunca se acaba, que fai que nos deca-temos da nosa condición individual e, polo mesmo, ensuidade, será chamada, na segunda das estrofas rosa-lianas escolmadas por Ramón Piñeiro, o simeterio danada:

Cava lixeiro, cava,

xigante pensamento;

cava un fondo burato onde a memoria

do pasado enterremos.

¡Á terra cos defuntos!

¡Cava, cava lixeiro!

E por lousa daraslle o negro esquezo

I a nada lle darás por simeterio.

O xigante pensamento, en oficio aquí de enterrador,é impulsado a enterra-la memoria do pasado. E é que opasado, contra o que puidese parecer a outro que nonfose, precisamente, o xigante pensamento, inscríbese noámbito do non-ser.

17 María Zambrano, op.cit., pp. 22-23.

As filosofías vitalistas subliñaron a ilusión en que oser humano cae de considerar que o mantemento inten-cional e a revivenciación do pasado resulta a máis efec-tiva forma de incrementa-la extremadamente precariaentidade do presente, que non é, propiamente, máis quea estreitísima divisoria entre o pasado e o futuro. Pero,en realidade de verdade, se o futuro aínda non é, o pasa-do xa deixou de ser: ¡Á terra cos defuntos!, proclama,logo, a poeta.

Unha vez que a memoria do pasado baixe ó fondoburato, so a lousa do negro esquezo, ficará soterrada nocimiterio da nada. O soterramento daquilo que fomos exa non somos deixa en patética evidencia a precarieda-de extrema do noso consistir. Non é só que esteamos abo-cados a estar perennemente deixando de ser, insepara-ble veciños da nada, que é a máis radical forma de soi-dade que cabe. É que ademais, afastados do ser, dámo-nos incluso máis alá de nós mesmos: nesa dimensión denós que inexorablemente se perde, instante tras instan-te, na nada. Este autoarredamento desintegrador quenos fai estraños a nós e ó noso e que nos vai sepultandono cemiterio da nada resulta unha das máis expresivasformas da soidade ontolóxica. A súa vivenciación pon nanosa poeta saudade, saudade pura.

Na terceira das estrofas escolmadas preséntanosRamón Piñeiro un clarísimo exemplo da forma en quecabe distinguir na mesma Rosalía o que son as distintasformas da soidade psicolóxica e o que é a soidade en sen-tido metafísico, posta de manifesto en lírica pura.

A saudade de nivel psicolóxico énos presentada porRamón Piñeiro como o sentimento que se suscita nunsuxeito determinado en relación coa non presencia

33

34

actual do obxecto que normalmente da satisfacción ásúa necesidade operativa de transcendencia. Estas for-mas de saudade requiren da intervención de determina-das facultades: da memoria (as formas da lembranza) ouda vontade (mesmo do desexo), en forma de aspiración,pretensión de posesión ou conquista, etc. Neste sentidofala Piñeiro de:

AÑORANZA: do ser amado (ausente, morto ou desviado), do ben perdido (A mocidade, a felicidade pasada, o agarimo materno), etc.

NOSTALXIA: da Terra lonxana, do eido nativo, etc.ARELA: de felicidade ideal, de perfección ilimitada, etc.

En calquera dos casos comprendidos nestas tres formas,a soidade do suxeito prodúcese pola presencia do obxecto, tenunha motivación obxectiva. Polo mesmo, o sentimento decada un destes modos de soidade virá sendo unha forma desaudade; saudade añorativa, saudade nostálxica, saudadearelante18.

É doado apreciar como se reflicte este nivel de sau-dade, coas súas especificacións, nos versos de Rosalíacon que Ramón Piñeiro ilustra a súa disertación:

Algúns din: ¡miña terra!

Din outros: ¡meu cariño!

I este: ¡miñas lembranzas!

I aquel: ¡os meus amigos!

Todos suspiran todos,por algún ben perdido.

Pero tamén se aprecia doadamente nos versos queseguen inmediatamente a estes a outra dimensión radi-

18 Filosofía da saudade, p. 48.

cal, pura, do sentimento: a percepción íntima, por parteda poeta, da súa condición ontolóxica. Aquí non haiobxectos, a modo de realidade distinta e distante. Non:trátase agora da vivenciación da soidade que se dá naintimidade da persoa. Non é a saudade de algo; é o pro-pio ser-en-suidade; en insuperable soidade. Trátase duninefable sentir:

Eu só non digo nada,

Eu só nunca suspiro,

que o meu corpo de terra

i o meu cansado espírito,

a donde quer que eu vaia

van comigo.

A poeta vivencia as limitacións ónticas connaturaisó ser humano, en canto dado na insuperable precarieda-de de alma e corpo que é inherente á individualidade.Non pode escapar (transcender) do propio corpo e dopropio espírito. Se-lo propio corpo (na súa irrepetiblesingularidade) e o propio espírito (cansado, en funcióndunha singular e irrepetible biografía) é ser, darse, nacondición da unicidade; case podería falarse, polo seuirrepetible carácter, de excepcionalidade. A apreciaciónsentimental desta radical, pura, soidade é o que RamónPiñeiro chama saudade en sentido ontolóxico.

Darse en radical soidade tal é coma darse en deser-to. Só deserto pode ser, en efecto, a alternativa ó Ser; esaalternativa na que ven parar o ente individual que ex-siste, que se dá máis-alá-de, desprendido, posto fóra docovexante e plenificador ámbito do ser, do transcenden-tal e inconmensurable Ser, con maiúscula, a que RamónPiñeiro se refire:

35

36

Contenta, el negro nido busca el ave agorera;

bien reposa la fiera en el antro escondido;

en su sepulcro el muerto; el triste en el olvido,

y mi alma en su desierto.

Tódalas criaturas están proxectadas sobre algo amodo de cobexador ámbito de acollo e estancia que, porencima da súa precaria confortabilidade obxectiva(negro nido, sepulcro, antro...), poñen apoiatura ónticae ata quizais ilusión de consistencia nas aves, nos mor-tos, nas feras. Só o ser humano vive na clarividenteadvertencia da súa irreductible singularidade, incapazde prolongación proxectiva en nada. Tal é coma darseno deserto. A dimensión ontolóxica desta soidade fainamoito máis profunda que aquela que compete ós mor-tos, ou ás feras, e aínda ó triste, dalgún xeito reconfor-tado na illadora e nadificadora atmosfera do esquece-mento.

Con independencia destas formas de vivenciaciónde carácter metafísico, Ramón Piñeiro ve tamén enRosalía outras das máis significativas especificaciónsda saudade no nivel psicolóxico:

Referíndose (Rosalía) ós poemas de Follas Novas di:"Escritos no deserto de Castilla, pensados e sentidos nas soi-dades da Natureza e do meu corazón..." Nos seus poemasexpresa clara e insistentemente dúas maneiras de soidade: asoidade de amor e a soidade da terra19.

E escolma, con referencia concreta á saudade deamor, estes expresivos versos:

19 Ibidem, p. 114.

37

Cala rula, os teus arrulos

ganas de morrer me dan;

cala grilo, que si cantas

"sinto negras soidás".

O meu homiño perdeuse,

Ninguén sabe onde vai...

Ramón Piñeiro considera que, xustamente, a saídaá natureza, e mesmo a instalación nela, son un dosgrandes resortes suscitadores da vivencia da propiasaudade e, por iso mesmo, da expresión lírica a que ohome galaico decote se entrega:

Pódese dicir que o home galego vive individualmenteinmerso na natureza; máis que sometido á presión do ambien-te social, vive sometido á presión do ambiento cósmico. Estodá lugar a dous tipos de experiencias: por unha banda, o sen-timento de soidade é máis inmediato e pleno fronte á nature-za que fronte ós demais homes. Por outra banda, a comunica-ción, o diálogo coa natureza é, en realidade, un puro monólo-go, un falar consigo mesmo, unha forma de proxectar fóra apropia intimidade. Ambas experiencias, compartidas por granparte da poboación galega e repetidas ao longo do tempo, favo-recen a vivencia da intimidade –a soedade– e favorecen a súaexpresión –o lirismo–20 .

A poeta manda calar á rula e manda calar ó grilo,nunha clara vontade de renuncia a aquilo que dalgúnxeito puidese resultar lenitivo do sentimento soidoso,deturpando, por iso mesmo, a apreciación da grande soi-dade que pon nela a ausencia do seu amor. A saudade,

20 Olladas no futuro, p. 144.

neste psicolóxico sentido a que Ramón Piñeiro se refire,é a grande forma de "gardar ausencias", é dicir, de dei-xar operar dentro dun mesmo a acariñante presenciada realidade amada e ausente. Pór remedio, por minús-culo que sexa, ó sentido desta grande soidade implica-ría tamén, correlativamente, desdebuxa-la memoria enque o fisicamente ausente se fai operativamente pre-sente.

Entre as realidades obxectivas que en principioparecen poder mediar entre o ausente e o seu rendido esoidoso amante están as cousas que a aquel lle son moipróximas: os seus campos, a súa casa, os seus naba-les...Resúltanlle á amante inaturables todas estas rea-lidades que en principio parecen acercar e, non fondo,separan; querendo aproximar o amado en realidade dis-traen, deturpan a inmediatez da súa presencia, enforma de memoria viva:

Daquí vexo os seus campos,

daquí vexo a súa casa, os seus nabals;

"e se alá de soidás me consumía",

ora de pena me consumo acá.

¡Voume!... Voume da aldea...

Pois mórrome sin el de soidás.

¡Como pode un, ¡Dios mío!, querer tanto

ós que tan só nos saben olvidar!

As realidades añoradas fánselle ó soidoso tan sen-tidamente presentes que as ve doado pechando os ollos.Os ollos abertos atan, en efecto, á sensorialidade actuale inmediata, entorpecendo o achegamento perceptivo óafectivamente próximo e non de facto presente.

38

Pechei os ollos e vin...

Vin fontes, prados e veigas

Tendidos ó pé de min.

Mais cando a abrilos tornei,

morrendo de soidades,

toda a chorar me matei.

E non parei de chorar

Nunca astra que de Castela

houbéronme de levar.

Leváronme para nela,

Non me teren que enterrar.

Acontece, por outra banda, que na ausencia das pai-saxes amigas, as outras, presentes, exercen unha fun-ción destructiva, oprimente, anuladora. Rosalía empre-ga, unha vez máis, o verbo asombrar, no patente senti-do de ensombrecer, é dicir, reducir á condición de som-bra, de non-ser, como máis arriba viamos. Anulan emesmo destrúen á poeta as cousas da vila (as casas cosseus muros, as torres e as igrexas), que lle quitan dediante as outras: as humildes realidades familiares ecomplementantes... É outra forma de revelársenos acondición menesterosa, onticamente precaria, do serhumano:

De soidás morríase

na vila sospirando pola aldea,

asombrábana as casas cos seus muros,

asombrábana as torres e as igrexas.

O máis avanzado grao de proximidade á vivencia dasaudade pura dáse, sen dúbida, dentro do nivel propia-mente psicolóxico, nesa forma de saudade que en nós

39

40

esperta a arela dun ben ideal que non podemos acadar,sentimento que Rosalía expresaba ben ás claras:

Yo no sé lo que busco eternamente

en la tierra, en el aire y en el cielo;

yo no sé lo que busco, pero es algo

que perdí no sé cuando y que no encuentro,

aun cuando sueñe que invisible habita

en todo cuanto toco y cuanto veo.

Ramón Piñeiro interpreta que neste non-sei-qué óque a poeta se remite non ven haber outra cousa queunha arela de Felicidade. E engade que esta arela, tanentrañablemente humana, vivida e expresada en tódolosseus matices, desde a ilusión e o desengano, é unha dasmáis inesgotables fontes da poesía lírica21.

A pouco que se escarve na dimensión psicolóxica dasaudade asoma xa a propiamente metafísica. O eu dolo-roso da poeta convértese coa mesma na condición huma-na universal ou, máis alá aínda na orde óntica, ese eudolorido non representa xa outra cousa que non sexa,simplemente, o ser de individual e concreta condición,bágoa desprendida do Ser. E, pola súa banda, aquelaarela de felicidade non será máis que o arreguizamentoóntico, de que fala Piñeiro, que proxecta o ente humanocara ó reencontro fusivo, a unión mística, co Ser. O Serausente e pretendido como horizonte de transcendenciaé, no fondo, o grande suscitador de toda saudade.

21 Filosofía da saudade, p. 119.

41

2. Para unha sistemática de Ramón Piñeiro

43

Para unha sistemática de Ramón Piñeiro

Ramón López VázquezInstituto Eduardo Pondal

No seu conxunto, a obra de Ramón Piñeiro é unhaesculca a prol da necesidade de protexe-la liberdade indi-vidual e colectiva como fundamento ultimo da igualdadediante a lei, do igual dereito a opinar e mesmo para que-rer ou non querer formar parte deste ou daqueloutrocolectivo cultural, social, político, etc. Tamén para darllecarta de cidadanía a algo tan importante para as xentesgalegas como é o humor, o sorriso, a sátira e a caricatu-ra, a burla ou as moitas regueifas que a cotío acompañancalquera xuntanza entre amigos. O dereito a rirse senpreocuparse nin de quen escoita nin de quen mira preci-sa dun reino de liberdades que ben merece aclara-lassúas orixes máis aló inclusive de cadaquén para situarseno mesmo orto da humanidade. Facer transparente estarealidade orixinante conleva acudir ó ensaio filosóficocomo xénero literario adecuado ó obxecto, mais implica,sobre todo, darlle unidade de fundamento á infinidade defuncións nas que o réxime de liberdade se encarna. Efacelo desde a liberdade filosófica é unha boa maneira dealicerza-lo conxunto de todas elas.

A liberdade é o ben incondicionado, "esa intimidadeúltima do ser humano que non se reduce a ningunha

44

outra cousa... A intimidade do ser do home é a liberda-de"1, a "arma de loita" fronte a calquera clase de opre-sión, a auga rexia que desenmascara as xentes de poucopelame, tamén o berro ríspido de rabia diante situa-cións de imposición exterior; pero sobre todo, é a fontenutricia da que afloran as enerxías restauradoras ensituación de desfeita persoal. Non hai dúbida, "a vida eo espírito, fundíndose, crean a sustancia do humanoexistir. Un eido complexo, sutil e contradictorio, conti-nuamente ameazado de disgregación e a cotío integra-do pola vivificante raiola da liberdade"2. É claro: o valorda vida humana táxao a liberdade. A reflexión sobreeste punto remata así: "o ser do home ten un sentidoontolóxico positivo: a realización da liberdade"3. A exis-tencia humana consiste, mesmamente, na autorrealiza-ción da persoa que se afinca na liberdade para tal que-facer.

Á Galicia da década dos cincuenta-sesenta úrxelleenxertarse na modernidade conformando o seu ser evivir ó da liberdade democrática; a Europa cómprelle oconcepto de liberdade espiritual e individual tal e comoé vivida polas xentes galegas en calquera parte domundo4. Ámbalas dúas sairán reforzadas cando se ríancara a cara cantándolle poemas á liberdade: "Para nós

1 Ramón Piñeiro, Filosofía da saudade, Vigo: Galaxia, 1984, p. 77.2 Ramón Piñeiro, "As andadas literarias de Méndez Ferrín", en XoséL. Méndez Ferrín, O crepúsculo e as formigas, Vigo: Xerais, 1983, 3ªed., p. 16.3 Ramón Piñeiro, Filosofía da saudade, op. cit., p. 80.4 Cfr., Cartas a D. Cortezón, Cunqueiro e P. Abuín, en Olladas nofuturo, Vigo: Galaxia, 1974.

45

o ámbito natural da democracia ó remate da guerra(derrota dos fascismos en Europa) situábase en Europae cara ela tiñamos postas as nosas miras"5.

Pero o meu aquel é non conxugar tópicos, nin mepór de parte dos máis –"hai que imitar a don Ramón"–para esconxurar –"a moral piñeirista ten condiciona-mentos patolóxicos"– ós menos, senón colaca-la liberda-de in radice do ser humano para desde aí entender nonsó que cadaquén, cada linguaxe, diga as cousas á súamaneira, senón e sobre todo que non se lle pode traspa-sa-la responsabilidade ó do lado por máis noxento quesexa facerse cargo dos fracasos: "A verdadeira liberdade–sostén Piñeiro– está na mente cando un sabe o quequer e non se deixa guiar, verdade, polo poder social"6. Etodo porque, ó cabo, a liberdade non é máis cá humani-zación do Ser; isto é, a realidade de cada suxeito huma-no: "a liberdade só pode (sic) existir nun suxeito"7. Desdeo principio dos tempos os humanos saben que son serescapaces de preguntar ¿que son eu?; mais que son liber-dade é algo do que tomaron conciencia hai ben pouco, noexistencialismo.

¿E que ocorre cando a liberdade se pon no primei-ro de todo? ¿Como cadrar este punto de partida co revi-rada que se lle puxo a vida ó patrucio do galeguismo naGalicia da posguerra civil española?

5 Miguel Sande, "No primeiro cabodano de Ramón Piñeiro",(Fragmentos dunha entrevista inédita), en La Voz de Galicia,Suplemento Cultural nº 61, (21-VIII-1991).6 Miguel Sande, art. cit.7 Ramón Piñeiro, "Correspondencia con Rof Carballo", en Grial,nº 111, (1991), p. 446.

46

I. Atrévete a sentir.

Que a Filosofía en vez de inquirir polos obxectos epelexar polos dominar, por manipulalos industrial e qui-micamente, por facelos a cada paso máis servís e útiles,por botarlle un aturuxo á relixión do éxito, sempre rece-osa de verse subida no carro do poder, ha de preguntarpola existencia humana que vai de seu e polo espírito dedignidade que lle dá pulos é unha actitude da que parti-cipa Piñeiro. Preguntar polo ser do ser humano é algoque aprende lendo Ser e tempo (1927) de M. Heidegger8.Mais unha pregunta dese calado necesariamente nosten que levar ó constitutivo exclusivo e propio da huma-nidade. E iso para o galego, seguindo ó filósofo alemán,é a liberdade en canto posibilidade que todo ser humanoten de elixirse a si mesmo; ela será condición necesariapara poderen falar de opcións na vida humana que res-ponden ó que o ser humano constitucionalmente é; depresuposto para que cando os psicólogos e pedagogosfalen de decisións libres, eleccións, realizacións perso-ais, etc., por parte de cada humano, saibamos todos conclaridade e rigor que se deben, precisamente, a quecadaquén realice o seu existir –"singulariza-lo Ser"–segundo lle conveña, pero sempre dentro destas dúasposibilidades: a favor ou en contra da liberdade. Esta,diante de nada, fai posible que de entre as indefinidasposibilidades os humanos poidan optar pola da propiaautenticidade –existencia auténtica (eigentlich)–,pechándolle, así, o camiño ó perigo dunha vida malo-grada –existencia inauténtica (uneigentlich)–. Daquela,a liberdade pasa a ser o eixo do tempo no que vive

8 Para a incorporación de Heidegger á cultura galega, véxase RamónPiñeiro, "Heidegger na cultura galega", en Grial, nº 111, (1991), pp.184-189.

47

Piñeiro, o fondo sobre o que sintetizar feitos que na his-toria nin se sabe o que duran, a voz procedente do máisprofundo da condición humana que trae á superficienunha soa palabra a solución para tódolos enigmashumanos. Ó cabo, o elemento definitorio da existenciahumana: nin se pode esquivar nin pasar dela se é que unquere realizar aquelo que proxecta ser. Só pode falsear-se –vida estragada– cando un opta por perderse a simesmo no mundo das lerias e murmuracións, renun-ciando, así, a realiza-la propia existencia para deixarseasolagar polos reclamos publicitarios do "disque din...".Nese caso, cando a marea informativa afoga a propiareflexión, o suxeito humano vive afastado de si mesmo,incapacitado para realizar calquera posibilidade queteña relación consigo mesmo. O humanismo modernoque nos ofrece o autor da Filosofía da saudade non éoutra cousa que un preguntar radical pola persoa e liber-dade humanas. A función da Filosofía nos tempos con-temporáneos respecto de Galicia consiste nunha chama-da silandeira ó coidado do propio e alleo poder ser exis-tencial; en definitiva, nun imperativo a prol da realiza-ción da liberdade individual: "Unha das máis radicaisesixencias éticas da cultura (en España-Galicia) é mes-mamente a loita eficaz contra a necidade ambiental"9.

¿Como responde? Quen lle ha de auxiliar xa nonserá nin a razón nin a vontade, senón o sentir en cantoorde común existencial. A vida sentimental pertencetoda ela á sensibilidade humana, é unha forma válida decoñecemento e, segundo Piñeiro, a vía de acceso máissegura, xenuína, auténtica e inmediata de capta-la

9 Ramón Piñeiro, “Carta a Celestino F. de la Vega”, en Grial, nº 111,(1991), p. 454.

48

esencia humana. "O sentimento –escribe– vén ser a raízvital do home, o vencello da persoa coa Vida"10 Quen seatreva a sentir chegará a atoparse co celme da persoahumana e a comprendelo na complexidade selvática queo constitúe, pois "coñecerse é sentirse"11. O ámbito doespiritual e vital, constitutivos, ó cabo, do labirinto daintimidade humana, só sentíndoos se poden apreixar. Osentimento é a forma segura de camiñar polo interior doser humano galego e paralelamente de rexistra-los late-xos (Zeitgeist) –as máis das veces imperceptibles– decada tempo na longa biografía do pobo galego en cantocélula peripatética dun mesmo convivir anímico; deaguza-lo espírito da sensibilidade emotiva para pó-losfitos da realidade cultural, aquela que principia precisa-mente no momento no que o natural e a evolución rema-tan o seu propio traballo, e nos van levando cara a unhaconciencia que estea en hora por un lado coa historia deGalicia e, polo outro, co que hoxe en día piden os tempospresentes. O mundo de interiores que de seguido vaidebuxando sempre aparece sombreado pola cor sepiadas vivencias sen obxectos concretos, polos sentimentosque van apresos á vida concreta de calquera galego, ámarxe de cales foren as súas experiencias persoais.

No intento, os videntes privilexiados serán os poe-tas. "Por iso os poetas son os que nos din a verdade desaintimidade humana, e os que nos descobren a realidadeesencial do mundo, ..."12. Calquera, inclusive sen serestudioso, atopa nos poemas as imaxes vivas que encar-

10 Ramón Piñeiro, Olladas no futuro, op. cit., p. 14.11 Ramón Piñeiro, Filosofía da saudade, op. cit., p. 62.12 Luís Veiga do Campo (pseudónimo de Ramón Piñeiro), "A poesía deLuís Pimentel", en La Noche, Suplemento del sábado, nº 5, (12-XI-1944). Tamén, Olladas no futuro, op. cit., pp. 14-16.

49

nan a máis perfecta representación da alma dun pobo,neste caso da galega. "O poeta sente mellor, escoita,vive, percibe e expresa revelándoo o drama esencial davida humana"13. "A lírica non é só un fenómeno radical-mente emparentado coa saudade, senón a expresión emanifestación da mesma"14. O sentir só na poesía atopaa palabra axustada; as múltiples posibilidades ofrecidaspola lingua galega facilitan o propósito15.

Mais os líricos, agás en tempos de fame, non abon-dan e Piñeiro quere modela-lo obxecto cultural galego deforma que resulte accesible a todos; para iso pon asmans nel, sabedor de que, paradoxalmente, é unha rea-lidade allea e descoñecida inclusive para os mesmosgalegos. Tendo claro o porqué xa pouco importan as difi-cultades. A materia Galicia precisa da forma que lle deaproximidade emotiva, que a faga sentir como a cousamáis achegada e entre na torrenteira do sentido comúndos galegos.

Todo iso pide pensamentos por parte das minoríascultas –"a identificación espiritual entre a minoría cultae máis o pobo, que rematará..."16– á hora de procura-lasrestauracións-instauracións que tal obxectivo demanda.

Á realidade humana en canto categoría universaldentro do cosmos, á esencia humana como realidadefluínte, ós interiores do ser humano galego chégase

13 Ramón Piñeiro, “Letras galegas. O premio Rosalía de Castro”, enGrial, nº 19, (1968), p. 86.14 Claudio Rodríguez Fer, Poesía Galega, Vigo: Edicións Xerais deGalicia, 1989, p. 384.15 Para saber cómo entende e valora Piñeiro a lírica galega, véxaseClaudio Rodríguez Fer, en Poesía Galega, op. cit., pp. 375-393.16 Salvador de Lorenzana, "Unha entrevista con Ramón Piñeiro", enGalicia emigrante, nº 11, (1955), p. 17.

50

–nosce te ipsum, sostén Piñeiro–, desde o plano dasvivencias, desde o sentimento como representación sub-xectiva dun mesmo, que de seu non ten por que serconsciente. O labor dos intelectuais consiste en pensa-la experiencia sentimental para facela alimento mol demachucar e lixeiro de dixerir.

¿Que implica iso? Pensar Galicia como pobo esixeelabora-la estructura temporal –o tempo coma espaciono que se manifesta a espiritualidade– da súa cultura(Historia) e así domina-lo pasado incorporándoo ó saberhumano racionalmente construído. Quen descoñeza ahistoria dun pobo e, ademais, non teña clara a conti-nuidade entre os distintos fitos que se foron sucedendono tempo, carecerá dunha perspectiva fundamentalpara saber desa entidade social.

Pensar Galicia como vivencia íntima implica mer-gullarse na atmosfera afectiva dos galegos e espreita-los impulsos que van aló por dentro pedindo un esforzopara os entender. Pensar Galicia como convivencia aní-mica non é tanto un labor analítico canto un asistir eclarificar o progresivo desenvolvemento da vida huma-na; isto é, do que os seres humanos fan e do que llessucede a cada intre, as máis das veces sen o saberen.Pensar Galicia como sentir común pide darlle nomeconcreto á actividade creadora do espírito no mesmointre no que este se fai tempo e acontecer histórico.

Pensar Galicia como "singularidade que participado Espírito e da Vida"17 impón horizontes de longa olla-da; demanda situa-lo singular no entrecruce doEspírito e a Vida; en definitiva, na abscisa do aquí eagora e, de paso, partícipe do antes e dos anos por vir.

17 Ramón Piñeiro, Filosofía da saudade, op. cit., p. 57.

Pensar Galicia como obxecto descoñecido requiremoito traballo e moito amor para ir decruando realida-des que en por elas non piden aflorar na terra chá domundo consciente; tamén afia-los conceptos universaispara que non escachen cando queiramos que garden namemoria o que lles ensaquetamos.

O tempo, a xeografía, os afectos, a vida, a singula-ridade, a radical soidade, o escondido, o intre, ¿haberáalimentos de máis difícil dixestión para o pensamentohumano? Mais, ¿haberá mellor maneira de coñecer afondo Galicia que tendo claras estas tres perspectivas:xeografía, historia e antropoloxía?

Porque pensar, segundo a cultura occidental de rai-gaño aristotélico, non é senón colle-lo singular e metelono universal; isto é, darlle forma espiritual para que asípoida ser algo avaliable por calquera, representalo porconceptos, elaborar ciencia que todo o mundo poidamanexar.

Pero, segundo Piñeiro, o pensamento encargado demeterse na complexidade antropolóxica do ser humanogalego ten que andar con xeito e non segui-la inercia domodelo aristotélico. É necesario que a minoría intelec-tual galega tome en serio o Xiro sentimental; isto é:situarse dentro do ser humano galego –"singularidadeontolóxica"–, mesmo entalado nunha zona entre os ins-tintos (universais, necesarios e pracenteiros) e as pai-xóns (particulares, continxentes e corporais) por unlado, e as esixencias das áreas lindeiras coa vontade e aintelixencia por outro, no lugar onde mora o propiamen-te humano. "A verdadeira realidade humana –diPiñeiro– o mundo propio da humanidade, afinca nesazona intermedia, sempre sometida ás tensións internasde múltiples ambivalencias, que se abre e se alonga ata

51

52

as profundidades onde a vida agurgulla e ata as alturasonde o espírito é un vagantío de pura e serea luz"18.Unha vez aquí, separa-los fíos da maraña de tantos sen-timentos, explicar historicamente a aparente texturanatural actual, formula-la lei centrífuga do comporta-mento, recoñecerlles entidade e dárlle-la primoxenituraontolóxica –irreductibilidade– respecto do resto doscompoñentes antropolóxicos. Máis aínda, situado nafranxa das vivencias sentimentais, Piñeiro busca o máis"dentro" e "íntimo" de todo ese oceánico espacio interior;por iso prescinde dos caracteres e perfís psicolóxicosempíricos, "que sempre veñen a se-lo "eco sentimental"de situacións alleas ó sentimento mesmo..."19 –o chama-do eu empírico que muda talmente a folla no outono–para aventurarse a dá-lo salto mortal cara á substanciasempre efervescente do ser humano galego; sabido é queasí está botando a semente da soidade e dándolle lentu-ra á raizame do solipsismo de cadaquén sentíndose a simesmo.

Pero para facer todo este labor de catalogación,caracterización, identificación, etc., do reino afectivotemos que utilizar un instrumento cognoscitivo taménemotivo: tal é a experiencia sentimental. Non nos valenos conceptos, aínda que teñamos que nos servir delespara expor e describir nun idioma universalmente inte-lixible a nosa percepción afectiva; tampouco as observa-cións de perspicaces naturalistas, aínda que semellenser espellos limpos.

Xa que logo, Piñeiro fala da vida sentimental, dapercepción emotiva, da maneira de viviren os galegos a

18 Ramón Piñeiro, "As andadas literarias de Méndez Ferrín", op. cit.,p. 15.19 Ramón Piñeiro, Filosofía da saudade, op. cit., p. 31.

53

morriña, a nostalxia ou a saudade, con conceptos aristo-télicos, pero despois de deixar nidio que estes non son achave universal para entrar na casa daquelas. Nórdicos,celtas e galego-portugueses son os que viven empapados"nunha orballeira de sentimentos". Participan da mesmacondición existenciaria20 de seren portadores dunhaliberdade que pide execución individualizada.

Por iso son os que máis obrigación teñen de sinteti-zaren en conceptos a realidade na que viven e singulari-zala como experiencia vivida; isto é: como experienciasentimental –"de aí debemos arrincar nas nosas escul-cas"–básica. Por iso o noso autor escribe unhas "Notaspara unha filosofía galaico-portuguesa"; por iso di: "Naespiritualidade galega, coma en toda outra, está latenteunha "Weltanschauung" xenuína que se vai reflectindonas creacións culturais auténticas. O seu desenvolve-mento conceptual é misión dos filósofos"21. Evidente-mente, de tódalas creacións culturais son as obras escri-tas as que mellor e de forma máis accesible reflicten arealidade desa especial condición. E os filósofos, escrito-res ou non, o mellor espello conceptual.

Cando alguén medite neste mundo e o conte, entónfarase público para os foráneos, pero sobre todo para osmesmo galegos, o que son; uns saberán de si mesmos,terán conciencia de si; os outros corrixirán moitos pre-xuízos. Cando tal suceda, o pensamento amosará para omundo en categorías universais a realidade singulargalega. Daquela, disporemos do "esquema intelectual"que nos permita comprende-la propia existencia.

20 Determinacións ontolóxicas, non ónticas, do existente humano.21 Salvador de Lorenzana, art. cit., p. 17.

54

Piñeiro sabe da riqueza galega no ámbito do sentir;pero á "galicidade" fáltanlle pensamentos, graos de con-ciencia, arumias de compromiso ético, dignidade colecti-va e solidaria de grupo, moral do deber para coa terra,coa lingua e cos galegos do futuro22. Sabe tamén que sonos sentimentos os que identifican unha familia, unhaprofesión, unha colectividade; hai que estar mal do sen-tido para non se decatar que tal obviedade precisa undesenvolvemento conceptual. E sábese, coma se por pri-meira vez a conciencia abrira os ollos diante da realida-de antropolóxica galega, metido nun bosquexo antes cul-tural que político, antes vital que cultural, antes derazón práctica que teórica, antes existencial que prag-mático, antes, ó cabo, do sentir que do saber ou facerhumanos, porque "este coñecerse –este sentirse– é o fun-damento de todo coñecer obxectivo"23. O labor filosóficoserá de proveito cando as crenzas falsas cimentadas nomito da pura razón sexan substituídas por esoutrasafincadas na realidade primixenia da vida emotiva;cando o xénero impreciso e marxinal do sentir, case sem-pre perdido nos libros de filosofía académica en notas apé de páxina, sexa rescatado das sombras e da nada naque rematan tódalas súas ficcións para pasar ó centroda escena filosófica. Entón as tebras farán de forza ilu-minadora e, por vez, determinarán cáles son as crenzasverdadeiras e mesmo as súas racionais xustificacións.

Ora ben, se poñémo-la liberdade na raíz da existen-cia e a vida sentimental coma tesouro antropolóxico–"perspectiva axeitada"–, necesariamente tirámo-lasconsecuencias seguintes: volve seguido sobre a propia

22 Cfr. Carlos Casares, "Entrevista con Ramón Piñeiro", en Seiva, nº 2(1989), p. 140 e ss.23 Ramón Piñeiro, Filosofía da saudade, op. cit., p. 62.

55

Ramón Piñeiro visto por Siro

56

Castelao ocupou non poucas páxinas de RamónPiñeiro; unha delas foi esta, publicada na revistaAnduriña en 1986.

maneira de ser e sobre a historia como fontes de augaslimpas e reborda unha e outra vez optimismo vital verbodo ser humano; os valores estimados están tinguidos desubxectividade esperanzada, sen amarguras, desalen-tos, sen absurdos; as dificultades para conformaren osgalegos un ente común semella resolvelas poñendo notransfondo sentimental a nota común de seren galegos–"o galeguismo hai que entendelo como unha posturaética que ... posúa unha profundidade maior da que podeter un plantexamento (sic) político..."–; as asimetríassociais son cousas do querer e coñecer individuais –"isoxa sería cousa de cadaquén"–. Con todo e iso, a xeogra-fía social embaza unha e outra vez co solipsismo queagroma en cada fenda das moitas que presenta o mode-lo ontolóxico sentimental que segue. Un narcisismo pri-mario revoa, incesante, arredor de todas esas explica-cións. Para Piñeiro o elemento "social", os influxos vidosdo ambiente, o "perimundo", a función conformadora domedio, etc., sempre hai que consideralos supeditados á"individualidade orixinal". Na relación "dialóxica" indi-viduo-sociedade o básico é a singularidade individual.

Se é verdade, entón, que nos achegamos á vida e ápropia existencia de maneira segura sentíndoas –"aVida percibímola sentíndoa"–, o primeiro fragmentodun hipotético libro que recollera a obra completa dePiñeiro podería dicir, arremedando a Kant, pouco máisou menos así: atrévete a sentir e describe con calma atúa autopercepción. Se tal fixer, atopariámonos ante untratado con tres capítulos: un para falar da forza crea-dora da liberdade, outro da orixinal personalidade decadaquén e o último para debuxa-lo carácter individualnon só dos existentes humanos, senón tamén de todaactividade cultural. Despois diso, nun epílogo, pediría o

57

58

autor actuar en consecuencia con ese mundo do queantes non era moi consciente o lector. ¿Quen pode ama-lo que descoñece?

¿Pero teñen unidade as súas publicacións? De tela,¿cal foi o modo de proceder e pensar de Piñeiro no trata-mento dos variados temas que lle chamaron a atención?Vimos de falar dos referentes xermolares da creacióncultural, pero ¿non cómpre, quizais, preguntar poloscómo que coadxuven á comprensión dos que? ¿Acaso oacto creador non importa tanto coma os contidos?

II. Todo é cuestión de método.

Descartes tiña razón. Nada é difícil se observámo-las regras do proceder a prol dun punto de vista que nonsexa tebrequento, dun modo de articulación que non deapasos en falso.

A ollo podemos dicir que canto Piñeiro deixou escri-to está sempre dividido en tres partes. Xa se trate defilosofía-filósofos, poesía-poetas, humor-humoristas, lin-gua-lingüistas, ensaio-ensaístas, historia-historiadores,xa de segui-los indicadores cronolóxicos, os nomes egre-xios da tradición ou a estructura interna dun asuntogalego, sen excepción aparece a apoteose do tres, moitasveces como equilibrio entre o un e o dous. Tres partes,tres conclusións, tres elementos, tres etapas, tres repre-sentantes, tres..., tres... Velaí a metodoloxía utilizada acada paso. O patrón do tres vai desde o esvaído mundotranscendente –Espírito, Vida, Ser– e metafísico–"Saudade, Angustia, Sehnsucht (arela de infinitude),son tres sentimentos de significación metafísica"24–,deica ó devir mercurial dos xéneros literarios –poesía,

24 Ramón Piñeiro, Filosofía da saudade, op. cit., p. 63.

59

prensa, ensaio– cultivados por Julieta Gómez enArxentina na que destacan tres poetas –Víctor LuisMolinari, Jorge Bosco, Alfredo Bufano– de arrecendogalaico25. A exaltación do tres coma método a seguir nadescrición fenomenolóxica de calquera tipo de proble-mática cúmprese sempre. Nada, nin sequera os inte-grantes da súa familia e mesmo da musculatura ederradeiros fundamentos da singular personalidade queera26, cando distribúe os datos dunha cuestión e as ideasdas que se vale para resolvela, escapa á clave do tres.

E que ninguén pense xa de inmediato que sexa dis-cípulo de Pitágoras ou de Hegel, porque non o é.Imposible telo por pitagórico, pois ningún papel radicallles concede ás determinacións numéricas na constitu-ción do espírito humano. É claro que tal clave non valede estaribel conceptual para metérmonos nas interiori-dades humanas. Tampouco como arché cósmico, pois onúmero, para Piñeiro, nada explica nin nada crea.

Tampouco o método do tres ten que ver coa celebé-rrima tríada hegeliana. Certo que se vai arrimando ósproblemas dando por suposto que neles hai cambio,mobilidade, fervenza, devir; certo que admite a corres-pondencia entre a orde do ser, a do pensar e a do dicir,tal queren os pais da dialéctica –Heráclito, Hegel,Marx–; tamén que cando volve a vista cara atrás a penasatopa desgracias e si moitos heroes e místicos que pele-xan por recuperaren valores que xamais deberan per-

25 Cfr., Ramón Piñeiro, “Prólogo” a Galicia y la poesía, A Coruña:Ediciós do Castro, 1988, p. 8.26 "Eu –escribe Piñeiro– son galego de nación, son español pola his-toria, son europeo pola cultura". Cfr., Filosofía da saudade, op. cit.,pp. 76 e ss.

derse polo moito que enchen a alma humana de belezainterior.

Emporiso, o método do tres non é dialéctico, xa queo movemento cara a mundos distintos –¿mellores?– nonocorre en virtude dunha negación. En Piñeiro hai devir,proceso dinámico do pensar, ampla e consciente descri-ción das formas xerais do país, tensión de desigual forzaentre estratos distintos, pero non aniquilación comocausa de semellantes trafegos; a violencia non é naipara ningún bo fillo. Hegel dixo que na semente ía aárbore e nesta a froita; que para que unha nacera aanterior tiña que morrer; que o negativo, ó cabo, é oatranco a superar polo espírito para prosegui-lo camiñoata a plena realización na historia. Nada máis alleo ópensar do noso autor que facer do non-ser o principio doser.

Tampouco é dialéctico ó modo hegeliano porque ninrazoa por círculos a cada paso de maior radio nin pon noprincipio a negatividade, nin entende a liberdade comoalgo necesario. Para o noso autor, o conxunto de tódalasrealidades galegas non leva dentro de si a oposición, poisningunha necesita eliminar á outra para existir. Unhassubsisten a carón das outras; a pluralidade é un postu-lado glorificado por Piñeiro. Na comprensión positiva doexistente non vai ás agachadas a da súa necesaria des-trucción.

Nin pitagórico nin dialéctico; pero si dinámico e trí-ade. Velaquí a maneira de organizar Ramón Piñeiro asúa obra escrita.

Malia ser curta, vese nela a pretensión de facer uncorpus de doutrina que abranga os conceptos chavedesde os que os distintos especialista puideran articula-

60

lo esqueleto completo do ser de Galicia –xeografía, his-toria, antropoloxía–. Tal fixo Andrónico de Rodas coaobra aristotélica, Piñeiro pretende escribi-las primeirasentradas de cada categoría de seres e ordena-lo sabernunha especie de Enciclopedia Universal de Galicia.

Pon a Metafísica despois (no principio) daAntropoloxía, da Poética, da Arte, da Historia, daPolítica, da Retórica. Nin sequera está claro se enPiñeiro a Ética debe ou non preceder á mesmaMetafísica. Parece aínda dubidoso se a valoración e esti-ma que pretende para os asuntos que ocorren en Galiciason obxectivos exclusivamente didácticos ou máis benpresupostos desde os que organiza-la estratexia. Oratáctica ora principio, o galeguismo ten racionalidade deseu que precisa pescudas propias. Ben é certo que resol-véndose todo, en definitiva, no ámbito da Antropoloxía ecoa liberdade coma axioma incondicionado, a considera-ción por xunto da Ética coa Filosofía primeira é dexaora.

Como pretendo convidar a que se lea a obra doautor e facilita-lo traballo, permítaseme que bote mandun exemplo (cada profesor pode facelo segundo a súamateria; cada lector verbo da súas afeccións culturais),para amosárlle-lo proceder ternario do que veño falan-do. Escollo a categoría das imaxes –vivimos na eradelas, o ser humano do século vinteún hai que definilocoma "homo videns" – como punto de partida para, mul-tiplicando por tres, ir tecendo todo o corpus cultural deGalicia como pobo dorido, paisaxe fermoso, obxecto esté-tico. Proseguindo tal operación, o resultado sería unhaorquestración da realidade galega con calidoscopios esons de tódolos rexistros. Mais todos eles colocados den-tro do gran escenario no que Piñeiro representa o papel

61

62

de figurante ó servicio da divulgación do quefacer cultu-ral galego. Facelo recalcando os tres referentes –tempo,xeografía e percepción emotiva– hai pouco subliñados éun modo de proceder do que deixo testemuño escritoaquí e agora.

III. A carta como regra.

Non é casual que Ramón Piñeiro escriba tantas etantas cartas ó longo de toda a súa vida. Tiña amigosesparexidos polo mundo, de pequeno falaba moito consi-go mesmo, de grande facíao na "mesa camilla"; faltába-lle conversar cos ausentes-presentes. Por outra banda,nos escritos de investigación e sobre todo no ensaio vin-culeiro –Filosofía da saudade– fai ontoloxía da existen-cia humana, fenomenoloxía existencial, prescindindodos alifafes e miudezas que veñen e van camiño de seesvaeren o máis axiña posible. Para dicilo sinxelamente:lendo a Filosofía da saudade nada sabemos de cómo lle

Tempo

Percepciónemotiva

Xeografía

Tresimaxes de

Galicia

Rosalía

Curros Castelao

Valle-Inclán O.Pedrayo

Cunqueiro R. Dieste Fole Maside

Productoestético

Paisaxefermosa

Pobo dorido

63

vai ó seu autor, qué tal se atopa no escritorio candoredacta cada capítulo dun libro, por exemplo, ou quéaquel nota cando alguén se ergue camiño da porta desaída.

Faltan os sentimentos, emocións27, afeccións, tei-mas, paixóns, carraxes de toda cor, etc., chamados psi-colóxicos, que coma termómetros do minuto van dicín-donos cómo nos vai afectivamente no labor do día a díae que na "obra grande" sempre pon entre paréntese. Ascartas, sen seren diarios, veñen ocupa-lo baleiro psicoló-xico que por unha banda a distancia e por outra a "epok-hé" das miudezas da vida, practicada para aprehende-loeu puro e auténtico, o que realmente define ó ser huma-no galego, lle impuxeron. Nelas asistimos ós diálogossempre sinxelos e amigables nos que se transloce o homede carne e óso, o que experimenta dó, pracer, ledicia ounoxo detrás do luceiro do seu mirar, o amigo que estácerto de ter unha lectura simpática cando estea nasmans do destinatario, o que vive o drama dunha Galiciatronzada –"adeus vista dos meus ollos"–, o propagandis-ta que porfía por "incorporar á cultura galega"28 a per-soas de sensibilidade para entende-la traxedia dunhalingua que morre por desnutrición, a mágoa dunhasnovas xeracións sen mestres nin referentes da culturagaleguista. Na carta aposta pola vida do momento, polotemporeiro, o actual e a curto prazo, polas coitas e coi-dados; en definitiva, pola participación nas urxencias dopresente con arcobotantes que fagan pé na tradición.

27 Distingue Piñeiro entre emocións e sentimentos: "Cómpre distin-guir entre emoción e sentimento como niveis distintos de afectivida-de… A emoción afinca no eido vital e o sentimento no existencial".Carta a Rof Carballo, Grial, 111, (1991), p. 429.28 Cfr., Ramón Piñeiro, “Lembrando a Pimentel”, en Luís Pimentel(1895-1958). Unha fotobiografía, Vigo: Xerais, 1990.; s.p.

64

Pero sobre todo, a carta é a ferramenta de comuni-cación por excelencia porque realiza á perfección a regrado tres da que vimos de falar hai un pouco.

En efecto. A carta, di Piñeiro, “e un diálogo a dis-tancia”29 na que un dos dialoguistas non fala, pero siestá espiritualmente presente. Diante de nada, a cartaé unha creación cultural feita das verbas escritas dunha"persoa e mailo espírito da outra"30.

Isto permite que tal forma de comunicación emaneda intimidade de quen a escribe e camiñe cara a do queha de recibila; é un tributo á liberdade humana que vai,coma todo en Ramón Piñeiro, de dentro a fóra, conser-vando sempre os sinais propios da raíz sentimental daque abrolla. Non é un intranscendente parolar a distan-cia e por escrito entre dous31. Por iso a meirande partedelas están destinadas a xulgar asuntos humanos refe-ridos ós galegos. A antropoloxía galega ten na corres-pondencia de Piñeiro unha fonte de información necesa-ria para calquera analítica existencial32.

Na carta Piñeiro presenta aspectos da realidadegalega á vez que se espella a si mesmo na avaliación dosfeitos empíricos que describe; para dicilo ben: reflíctesea si mesmo nos demais á vez que estes fan de voceirospara amplifica-la mensaxe do mestre. Algo parecido a

29 Ramón Piñeiro, Cartas para os amigos, Santiago: Ed. Compostela,1992, Biblioteca 114, nº 113, ed. de Carlos Casares, p. 17.30 Ibidem, p. 18.31 Porque fóra leva o nome do destinatario e o do remitente a cartaé sen máis "esa sorte de diálogo escrito" favorecedor da sinceridade,liberdade, reflexión, etc. Ver, Darío Villanueva, "A carta socrática deRamón Piñeiro", en Grial, nº 146, (2000), pp. 179-180.32 A analítica existencial é a ciencia que pregunta polo ser do serhumano.

cando un escoita as propias palabras por mor dun corporefractario que llas devolve en forma de eco; se eses cor-pos son moitos, como é o caso, entón cada carta entra aformar parte dun profundo resoar que se estende polatotalidade xa dos problemas, xa dos autores máis impor-tantes da realidade e cultura galegas. Temos, pois, dousespíritos individuais que dialogan entre si; "un fala ensilencio" e o outro válese dun papel branco para deixarben claro cál é o seu propio cavilar sobre o problema,case sempre formulado en termos existenciarios e á pro-cura de solucións con valor para o futuro.

Espellar e espellarse, asistir mudo á redaccióndunha carta persoal marcan os tres elementos destexénero literario no que os pensamentos de quen escribeson a substancia desta forma de interrelación tan queri-da de Piñeiro cando se propón falar verbo das persoas(sempre desde unha perspectiva positiva), da sociedade(sempre con optimismo), e da historia (sen repentes quealteren o control mental das emocións) en Galicia.Remitente, destinatario e tema de interese para o coñe-cemento da realidade galega: velaquí outra proba para anosa tese do método ternario.

Para min teño, para rematar, que a carta é o xéne-ro preferido porque nela confirma a liberdade comopoder individualizador, a emoción como enerxía psíqui-ca que o mantén sempre preocupado polas cousas deGalicia e mesmo solícito cos amigos e, por último, areflexión persoal coma os ollos para preve-lo por vir. Enefecto, se algo está claro nunha carta de Piñeiro é quenela exerce a súa privativa liberdade de pensamento;non é nada proclive a deixarse convencer polos interlo-cutores e na carta amosa a súa persoal visión sobre oproblema debatido. En conxunto as cartas son a grande

65

66

proba empírica a favor da liberdade como raíz da perso-nalidade humana. Nelas, tanto o que firma coma o queencabeza testemuñan que a liberdade é unha realidadepsicolóxica da que eles son bos exemplos. A perspectivametafísica da que falamos no primeiro encárnase agoraen algo tan común e importante para un pobo emigran-te como é este xénero menor da literatura universal queé a carta.

Proclaman tamén as cartas que o sentir en cantoidiosincrasia espiritual do pobo galego se fai emociónconcreta en cada un. A "galeguidade" como categoríametafísica común na carta encárnase en decisións per-soais, liberdade de conciencia, opcións concretas peran-te o ser específico dos galegos, aínda que o autor se expo-ña ó risco de elixi-la perspectiva equivocada. En defini-tiva, o sentir do que ó comezo falamos agora faise emo-ción. A metafísica do sentimento tradúcese en psicoloxíadas emocións. O mundo da espiritualidade galego-por-tuguesa alcanza na percepción emocional o ollo axeitadopara ser conceptualmente significado; xa que logo, acarta é o documento que mellor representa "o eido vital"de Ramón Piñeiro. Que todo se faga a maneira de olla-das no futuro cerra o grande triángulo no que se inscri-be esta central peza do corpo doutrinal que aquí vimosexplanando.

A conclusión é clara. Se na carta reciben formula-cións concretas tanto a liberdade coma o sentir, o futuroserá o xuíz infalible que lle dará ós contidos epistolares(sobre todo ós de tema socio-político pero tamén ós asun-tos culturais) o veredicto que porá a cadaquén no seusitio. Piñeiro, claro está, pensa que para el todos seránnon só favorables, senón tamén inapelables. Para isoachega argumentos e feitos que convén avaliar sempre

67

como perspectivas dun epistolario para o porvir deGalicia. Ó cabo, a mensaxe que vai dentro vén sendo undocumento educativo no que o autor lucense aprende aapertura á liberdade desoutras formas de pensar tamén,asina un documento a prol da convivencia dentro doespírito de galeguidade común e confesa o sometementodo seu desexo persoal ó dictame das xeracións vindeiras.

III.1. O presente como proba.

O incorporar xente "á realización en Galicia desesentimento de amor á terra e dese deber de identifica-ción co pobo que se chama galeguismo"33 faise teima quetraspasa o campo da ética para entrar no dos fenómenosnaturais que se impoñen porque si, cando os neocatecú-menos teñen connotacións europeístas. As persoas for-madas ou con querencias intelectuais nos países baña-dos polo Mar do Norte son obxectivo prioritario en cantoá súa incorporación á cultura galega; Piñeiro quereenxerta-la Europa do Atlántico e con precedentes celtascoma se tal cousa na realidade espiritual de Galicia. Arazón é ben clara: eles son os chamados na última partedo século vinte a perfila-la integración da paisaxe espi-ritual galega na europea. Esa é a fundamental olladacara ó futuro que no labor de ir picando con sementegalega todo canto tocaba nunca deixou para o mañá. Asenerxías de todo tipo –económicas, sociais, políticas,xurídicas, relixiosas, etc.,– que Galicia precisa han tersingularidade galega, pero para seren forzas dinamiza-doras requiren participaren dos grandes conceptos dosque se serven as europeas setentrionais. Os conceptoscos que a sociedade galega ha de couta-la morea de cou-sas, moitas veces nunca vistas, que produce o últimocuarto do século vinte teñen que cadrar mesmo debaixo

33 Ramón Piñeiro, Olladas no futuro, op. cit., p. 154.

68

dos europeos. O vivir pracenteiro do que eles gozan éunha sobranceira razón para dar por boa esta porfíamoral coma noutros tempos o foron o idealismo román-tico, o lirismo medieval ou o espectáculo barroco de for-mas ovaladas.

Pero no vivir regalado da Europa culta, pensaPiñeiro, ocupa o eixe de tal benestar a compoñente doidealismo fronte ó empiro-criticismo. Por iso, o europeís-mo no que deben enxertarse os feitos maila espirituali-dade galegos ha ser naquel que proclama a radicalidadedo espiritual respecto do material; naquel que entendeque a satisfacción no vivir humano a dan os sentimentosmailas emocións; naquel que considera prioritaria aanálise da vida bio-psíquica maila espiritual; naquelque define o espiritual desde a fala sentimental porque,ó cabo, o sentimento é o que diferencia uns individuosdos outros. En definitiva, instálase o noso autor na tare-fa de ve-lo xiro sentimental da cultura galaico-portu-guesa desde o espacio europeo da afectividade. E parademoucalo ben, Galicia precisa intelectuais que esteanpendentes da perspectiva filosófica europea, de modelosde pensar que poñan no sentir a razón específica daspersonalidades libres. Os tales deben adobiarse conestas tres calidades: talento ben documentado, morali-dade de compromiso para co presente de Galicia –"aobra que nos debe... Celestino, Fole, Cortezón..."–, e fena razón para facer cuestión do espírito de leiro conarredores polas catro beiras.

E unha concepción integral de Galicia pide unhaanalítica antropolóxica do ser humano galego feita porpensadores que saiban de fenomenoloxía, existencialis-mo, dialéctica, vitalismo, historicismo e idealismo. Dodiálogo que estes intelectuais levaron a cabo saíron os

69

ensaios de horizonte xermánico (Vicente Risco e algúnoutro xermanófilo andaron á busca do intanxible "espí-rito do pobo" sen lle facer arrenegos á estética de FilippoMarinetti) e perspectiva galega que na década dossetenta concitaron certa sona na atmosfera culturalespañola. Para Piñeiro eran proba de madureza e de boadirección; e así o proclama: "Nesta síntese, sutil e difícil,está talmente o froito da verdadeira maturidade da quefalamos"34.

Como nunca lle interesaron tanto os resultadosobxectivos das teimas culturais canto o proceso xermi-nativo, e tendo en conta que agora ando a pescuda-lametódica seguida polo fillo dos da Casa de Baixo deArmea, que cadaquén avalíe as achegas europeístasrexistradas no catálogo da Ed. Galaxia –"Galaxia pre-tendeu atraer á xente ó galeguismo, sen vinculala a nin-gún partido político, iso xa sería cousa de cadaquén35"–.Si que me van permitir que tamén nisto resalte a pre-sencia do tres: tres analistas da antropoloxía filosóficaen Galicia –López Nogueira (as tres dialécticas), RofCarballo, García Sabell– que buscan homologa-los con-ceptos básicos desta disciplina nos ámbitos europeo egalego. E tres –Torres Queiruga, Ferro Couselo,Fernández de la Vega– que se moven na mesma área, seben ocupan e gastan as forzas en debater sobre os lin-deiros da existencia humana; sobre a entrada no existirtemporal, a saída da soidade, a soidade que demandasolicitude, a singularidade á busca dun absoluto que ouben nos posúe desde antes de nacer ou ben nos refuga outan importante é que nin del podemos falar por confor-mar un horizonte infinito de imposible comprensión con-

34 Ramón Piñeiro, Olladas no futuro, op. cit., p. 154.35 Miguel Sande, art. cit.

70

ceptual; ocupacións nas que gastan moitas horas dereflexión. As opcións por vivir, falar ou calar comportanos trepedes dos analistas da antropoloxía filosófica nomesmo momento de preguntar pola configuración espa-cio-temporal da existencia humana. E todos, por xunto,remarcando os tres alicerces ontolóxicos para unha com-prensión metafísica do "homo galaicus": ser, liberdade esentir. Nos nove vértices dos triángulos seguintes pon oslímites exteriores da analítica existencial do ser huma-no galego. Os ámbitos interiores están todos tinguidosde rango e profundidade metafísicos:

Os seis pensan en Galicia o que deica agora nin-guén pensara aquí; eles son un exemplo máis de crea-dores da cultura galega; esténdena e enraízana á vez36,

36 Cfr., Olladas no futuro, op. cit., pp. 227-230. "Nestes tres escrito-res –Rof, Gª Sabell e Celestino–, acada o pensamento galego plenamaturidade cultural ...". Ibidem, p. 228.

SER

LIBERDADE SENTIR

García-Sabell

T. Queiruga Fdez. de la Vega

Rof Carballo López Nogueira

Ferro Couselo

ANTROPOS

pero sobre todo crean conciencia colectiva, perfilan oscarácteres antropolóxicos que delimitan a singularidadeindividual e colectiva galegas, marcan con cruces visivasa unidade concreta de convivencia agochada no pobogalego, iluminan os vínculos coa Europa "empapada desentimento" e cuberta de caducifolias: garanten, ó cabo,a tranquilidade propia dos pouco importantes.

O método de categoriza-lo diverso desde unhamesma clave ten a grande avantaxe de asegura-la sínte-se final. Por moitas que sexan as reviravoltas, recantossombríos, accesos perigosos, etc., do obxecto, ó fin, ver-dadeiro ou falso, teremos un resultado. Piñeiro móvesenunha franxa do ser humano onde todo é crepuscular ebretemoso. Se por enriba non procedera do xeito que ofai, teriámo-los neboeiros multiplicados por dous.

A tarefa de mostrar cómo cun proceder, sempre dedentro a fóra, ben delimitado, alcanza un grao de clari-dade dabondo para que calquera poida lelo con proveitofoi o obxectivo que me cumpriu ben. Pero claro, e esta éa miña grande pregunta final, ¿o método e o obxecto,que relación han ter entre eles? ¿Impón o obxecto undeterminado método? Descartes apostou por un métodouniversal para toda clase de saberes e realidades; asíacabou cos gremios, coas xerarquías, co feudalismo inte-lectual e así instaurou a unidade do saber humano. Encalquera caso, Piñeiro ten un esquema de interpreta-ción, necesario e imprescindible en todo autor que sededique a apreixar en pequenos traballos de divulgacióncalquera clase de contidos.

Eu non busco determinar se a forma piñeirana deexpor, por exemplo, a narrativa na xeración Nós é ou nonaxeitada; só pretendín, sen premuras, indicala.Tampouco fixen avaliacións de contidos; só andei, con

71

intención e proba documental, á procura do camiño máisseguro para quen teña que ver ora co continente ora cocontido da obra escrita por Ramón Piñeiro. E daquela,"si non é vera –un supoñer– é ben trovata".

72

Este número 1 dos Cadernos Ramón

Piñeiro rematouse de imprentar no

obradoiro de Gráficas ATV, en

Santiago de Compostela, o día 22 de

novembro de 2003, festividade de

Santa Icía.