O nacemento do Galeguismo e o Reurdir da literatura galega. Marta 3ºB

14
O nacemento do Galeguismo e o rexurdir da Literatura Galega Marta Lorenzo García 3ºB

Transcript of O nacemento do Galeguismo e o Reurdir da literatura galega. Marta 3ºB

Page 1: O nacemento do Galeguismo e o Reurdir da literatura galega. Marta 3ºB

O nacemento do Galeguismo e o rexurdir

da Literatura GalegaMarta Lorenzo García 3ºB

Page 2: O nacemento do Galeguismo e o Reurdir da literatura galega. Marta 3ºB

Índice

Introdución. O século XIX O galeguismo. Provincialismo e Rexionalismo A Literatura do XIX: Percusores e Rexurdimento

pleno. Rosalía de Castro Curros Enríquez Eduardo Pondal Conclusión. A situación da lingua no século XIX Fontes

Page 3: O nacemento do Galeguismo e o Reurdir da literatura galega. Marta 3ºB

Introdución. O século XIX

No século XIX, no ano 1833, Galiza pasou de ser un reino con sete provincias estruturadas en parroquias a unha rexión con catro provincias e trescentos concellos.

Neste século xorden os primeiros textos escritos en galego, a causa dos enfrontamentos entre absolutistas e liberais e da invasión francesa de 1809. Por causa da invasión francesa tamén impuxeron o servizo militar obrigatorio.

A causa da excesiva cantidade de impostos e as precarias condicións do pobo galego, a maior parte dos galegos tiveron que irse de inmigrantes a países, como por exemplo América.

Tamén tiveron lugar acontecementos como a creación da Instrución Pública de 1857 que declara obrigatoria a alfabetización en castelán e o ensino primario.

Lei de instrución pública de 1857

Mapa da división territorial en España no 1833

Page 4: O nacemento do Galeguismo e o Reurdir da literatura galega. Marta 3ºB

O galeguismo. Provincialismo e Rexionalismo

O galeguismo é un movemento social, político e cultural que pretende que Galiza e os galegos recuperen a súa identidade. Divídese en dúas partes que son Provincialismo e o Rexionalismo.

O Provincialismo foi un movemento galeguista e progresista, baseado en denunciar a marxinación social do país, buscaba a valoración social da súa arte, costumes e historia. A prensa foi o seu principal método de divagación. Actuaban en contra da decisión da rexenta Mª Cristina de dividir o antigo Reino de Galiza en catro provincias e trescentos concellos. Grazas ao Levantamento de Solís nace o galeguismo co nome de Provincialismo; cando o movemento foi sufocado capturan a Solís e once dos seus homes para fusilalos en Carral en 1846. Dez anos despois (1856) Eduardo Pondal decide facer o Banquete de Conxo, conmemorando así aos Mártires de Carral. Así se lle abríu paso ao Rexionalismo.

Imaxe do xornal “El Centinela de Galicia” , un dos medios de expansión do Provincialismo

Eduardo Pondal

Page 5: O nacemento do Galeguismo e o Reurdir da literatura galega. Marta 3ºB

O galeguismo. Provincialismo e Rexionalismo

O Rexionalismo foi un movemento conformado por intelectuais como Eduardo Pondal, Manuel Murguía… , no que compaxinan cultura con política, facendo da lingua a súa principal preocupación e pretendendo que España fose un estado federal. O Rexionalismo concibe a Galiza como unha única rexión, e reclama, para Galiza a súa propia autonomía política.

O Rexionalismo divídese en dous sectores, o tradicionalista, con Alfredo Brañas como líder e o Liberal-progresista con Manuel Murguía como líder.

A finais do século XIX entra en crise, a inicios do século XX recupérase e permanece até no 1916 dar paso, coas Irmandades da Fala a o Nacionalismo.

Manuel Murguía

Alfredo Brañas

Page 6: O nacemento do Galeguismo e o Reurdir da literatura galega. Marta 3ºB

Literatura do XIX: Precursores e Rexurdimento pleno.

Os principais precursores son Xoán Manuel Pintos e Francisco Añón, entre outros, polo feito de teren publicadas obras en galego antes de 1863 e participar no Provincialismo.

Rexurdimento é o nome que se lle dá ao século XIX na historia da literatura galega, expresando o que foi unha traxectoria de recuperación literaria, política, cultural e histórica.

Na etapa de Rexurdimento pleno coincidiron as publicacións de tres grandes autores como o son Rosalía de Castro, Curros Enríquez e Eduardo Pondal.

O primeiro libro publicado en galego foi “A gaita gallega” , de Xoán Manuel Pintos no ano 1852, que tiña cachos en castelán; pero a que inaugura o Rexurdimento pleno é a publicación feita feita por Rosalía de Castro no 1863, “Cantares Gallegos”. As obras anteriores adoitan chamarse precedentes aos precursores.

Os principais escritores desta época son, a parte de Rosalía de Castro, Eduardo Pondal, Manuel Curros Enríquez e Valentín Lamas Carvajal.

En 1856 tivo ,lugar o banquete de Conxo, no que traballadores e estudantes confraternizaron, e no que o galeguismo tomou características revolucionarias. Aquí reivindicábase o dereito de Galiza á súa propia independencia, é dicir, administrar os seus recursos; participando homes como Eduardo Pondal e Aurelio Aguirre.

No 1876 editase o primeiro dos xornais escrito enteiramente en galego, chamado O Tío Marcos da Portela, con carácter anticaciquil e moito éxito entre o pobo.

Libro “A Gaita Gallega” de Xoán Manuel Pintos

Cantares Gallegos

Xornal “O Tío Marcos da Portela

Page 7: O nacemento do Galeguismo e o Reurdir da literatura galega. Marta 3ºB

Rosalía de Castro Rosalía de Castro naceu en Santiago de Compostela en

1834, e morreu de cancro en Padrón no ano 1885.

A súa loita por ser escritora, en galego, nun mundo de homes, fixo que padecera desprezos, naquela época e en posteriores. Pero, máis tarde converteuse nun modelo a seguir de rebeldía contra a sociedade patriarcal da época e en defensora dos dereitos lingüísticos e políticos do pobo galego. Constituíu un papel fundamental para o Rexurdimento, e foi a figura máis importante para a literatura galega.

Rosalía destacou como poetisa, publicando en galego as seguintes obras:

1. Cantares Gallegos , publicada no ano 1863. Foi a primeira publicación feita en galego, coa que se inaugurará o rexurdimento pleno.

2. Follas Novas, publicada no ano 1880.

Rosalía

Page 8: O nacemento do Galeguismo e o Reurdir da literatura galega. Marta 3ºB

Rosalía de Castro

Adiós, ríos; adiós, fontes;adiós, regatos pequenos;

adiós, vista dos meus ollos:non sei cando nos veremos.

Miña terra, miña terra,terra donde me eu criei,hortiña que quero tanto,figueiriñas que prantei,

Prados, ríos, arboredas,pinares que move o vento,

paxariños piadores,casiña do meu contento.

Anaco de Cantares Gallegos

Page 9: O nacemento do Galeguismo e o Reurdir da literatura galega. Marta 3ºB

Curros Enríquez. Manuel Curros Enríquez naceu en Celanova

no ano 1851 e morreu na Habana en 1908. Coa súa poesía denunciaba as inxustizas e

defendía as ideas de progreso, por iso foi un dos escritores preferidos polo seu tempo. A poesía que facía tiña carácter anti-clericalpor iso, en máis dunha ocasión tivo enfrontamentos coa igrexa.

Colaborou no deseño da bandeira de Galiza, participou co himno galego e foi unha peza fundamental para a formación da Real Academia Galega (RAG).

Publicou numerosos poemas en revistas e xornais da época, destacan dúas obras que son:

1. Aires da miña terra (1880)2. O divino sainete (1888)

Manuel Curros Enríquez

Page 10: O nacemento do Galeguismo e o Reurdir da literatura galega. Marta 3ºB

Curros EnríquezPor cima d'os agros,

D'o monte n'o medio,Levántase ainda

Hidrópico e negro, Cal xigante hipopótamo morto,

De vermes cuberto, Rodeado de trévoas e gramas,

O lombo deforme d'o vello mosteiro.

D'as torres as rexasAgullas de ferro,

Queixarse parecenD'a marcha d'os tempos;

E de cote paradas é inmobres, Semellan os dedos

D'unha mau de Titan q' anda en buscaD'o rayo que tarda d'as iras d'o ceo.

Dend' a alta campanaCay inda en anélos

A forte cadeaCon triste bambeo.

Cando á posta d'o sol, d'as montanasAzóutana os ventos,

Unha serpe arromeda encantadaQue gard' as rüinas fungando e tecendo

Poema de Aires Da Miña Terra: A igrexa fría

Page 11: O nacemento do Galeguismo e o Reurdir da literatura galega. Marta 3ºB

Eduardo Pondal

Eduardo Pondal naceu en Ponteceso no ano 1835 e morreu en A Coruña en 1917.

Foi o autor da letra do himno galego, e tentou afianzar o galego como lingua literaria e culta. Na súa poesía, trataba case sempre de defender o idioma galego.

Consta de dúas obras en galego:

1. Queixumes dos pinos (1886)2. Os Eoas

Eduardo Pondal

Page 12: O nacemento do Galeguismo e o Reurdir da literatura galega. Marta 3ºB

Eduardo PondalMiniñas da Cruña,

d' amabre despejo,de falas graciosase pasos ligeiros,deixá de Castilla

os duros acentos:falade, miniñas,falade gallego.

Cand’ é que vos ouzo,a patria esquecendo,

falar esas duraspalabras de ferro,

non sei o que sufro,non sei o que peno:

falade, miniñas,falade gallego.

Mas cando faladesnos patrios acentos,

envoltos no vosoangélico alento,

parece que escuitoun canto do ceo:falade, miniñas,falade gallego.

Poema de Eduardo Pondal: Falade gallego