EvolucióN Do Galeguismo Amalia

14
EVOLUCIÓN DO GALEGUISMO 1. Provincialismo 2. Rexionalismo 3. Primeiro nacionalismo

Transcript of EvolucióN Do Galeguismo Amalia

Page 1: EvolucióN Do Galeguismo Amalia

EVOLUCIÓN DO GALEGUISMO

1. Provincialismo

2. Rexionalismo

3. Primeiro nacionalismo

Page 2: EvolucióN Do Galeguismo Amalia

PROVINCIALISMO• O provincialismo é a primeira

manifestación do galeguismo. Nace no Partido Progresista. Defende a recuperación da unidade institucional de Galicia, dividida en catro provincias, e a reivindicación da súa personalidade histórica e etnolingüística.

• Os provincialistas introducen o historicismo no pensamento galego, a convicción do carácter singular de cada pobo.

• Despois da derrota do pronunciamento de Solís e a súa persecución posterior, os provincialistas tiveron que acocharse ou fuxir de Galicia, e outros foron fusilados. Pero a xeración seguinte, os rexionalistas, recolleron a herdanza ideolóxica dos precursores.

GALICIA

Liberalismo

Territorio

Catolicismo

Aldraxe

Historia

Provincia

Page 3: EvolucióN Do Galeguismo Amalia

PROVINCIALISMO (1830-1850)

España Galicia Europa

Políticos 1ª Guerra carlista (1833)

Estatuto Real (1834)

Constitución (1837-1845)

Convenio de Vergara (1839)

Maioría de idade Isabel II (1840)

II Guerra carlista (1846)

División provincial de Javier de Burgos (1833)

Xuntas revolucionarias. Provincialismo (1840)

Xuntas revolucionarias (1843)

Pronunciamento de Solís (1846)

Bélxica independízase de Holanda (1830)

Polonia é reprimida (1830-1831)

Revolución de xullo en Francia (1830)

Acta de reforma en Francia (1832)

Primeira guerra da independencia italiana (1848)

Económico-sociais Desamortización de Mendizabal Desindustrialización

Pervivencia do sistema foral

Gran hambruna irlandesa (1845-1849)

Culturais Morte de Mariano José de Larra (1837)

Don Juan Tenorio (1844)

El porvenir Morte de Stendhal (1842)

Page 4: EvolucióN Do Galeguismo Amalia

ANTOLÍN FARALDO Antolín Faraldo (Betanzos, 2 de outubro de 1823

- Granada, 20 de xuño 1853), foi un escritor e xornalista galego e un dos pais do movemento provincialista galego da primeira metade do século XIX. Estudou na Universidade de Santiago de Compostela, obtendo o grao de Bacharel en Medicina en outubro de 1842. Ese ano incorpórase como xornalista ó xornal O Recreo Compostelano, do que pronto se convertería en redactor principal. Entre febreiro e outubro de 1845 funda e dirixe, xunto con José Rúa Figueroa e Antonio Romeu Ortiz, a revista O Porvir. A revista serve a Faraldo de plataforma para expoñer o seu modelo político de Galicia, sempre mantendo unha liña liberal e rexionalista. O devandito modelo veríase plasmado coa súa participación na chamada Revolución de 1846, para a cal redacta o 15 de abril de 1846 a proclama de constitución da Xunta Provisional de Goberno de Galicia, da que era secretario. Fracasado o intento de revolución, o 26 de abril dese mesmo ano vese obrigado a exiliarse en Portugal, xunto a outros compañeiros, a bordo do buque Nervión. O 8 de setembro é condenado en rebeldía polo citado levantamiento, aínda que ó ano seguinte lograría a amnistía, instalándose en Madrid. Alí dirixiu durante un breve período a publicación La Europa, para perderse despois a súa pista histórica ata o seu falecemento en Granada, á pronta idade de trinta anos.

Page 5: EvolucióN Do Galeguismo Amalia

• El Iris de Galicia• El Centinela de

Galicia• El Idólatra de Galicia• El Emancipador

Gallego• La Situación de

Galicia• La Aurora de Galicia• El Porvenir

Cabeceiras das publicacións de carácter político da época :

Page 6: EvolucióN Do Galeguismo Amalia

REXIONALISMO• O provincialismo galego transfórmase

en rexionalismo. O galeguismo deixa de estar politicamente subordinado a opcións de ámbito español para adquirir un perfil programático e organizativo propio.

• Os fracasos do carlismo e do republicanismo federal estimulan un achegamento ao galeguismo, en tres correntes: a liberal, a tradicionalista e a federalista.

• O rexionalismo reclamaba a autonomía política de Galicia, a erradicación do caciquismo, a co-oficialidade do galego e a regaleguización do funcionariado e da cultura do país, así como políticas superadoras do atraso económico e da emigración.

• Os rexionalistas fundaron as primeiras organizacións do galeguismo.

GALICIA

Romanticismo

Aldraxe

Etnia celta

Tradición

Carácter

Historia

Autonomía

Page 7: EvolucióN Do Galeguismo Amalia

REXIONALISMO (1875-1914)España Galicia Europa

Políticos Derrota carlistas (1876)

Morte Alfonso XII. Rexencia Mª Cristina (1885)

Asesinato de Cánovas (1897)

Guerra de Cuba (1898)

Maioría de idade Alfonso XIII (1902)

Lei Maura (1907)

Asociación Rexionalista Galega (1890)

Xunta de Defensa da Coruña (1893)

Solidaridad Gallega (1907)

I Asemblea Monforte (1908)

Campaña municipal solidaria (1909)

Liga Acción Gallega (1910)

II Asemblea Monforte (1910)

III Asemblea Monforte (1911)

Guerra dos Balcanes (1912-1913)

Primeira Guerra Mundial (1914-1918)

Económico-sociais Barcelona: Semana Tráxica (1909)

Ferrocarril A Coruña-Madrid (1883)

Sucesos de Oseira (1909)

Invención do fonógrafo (Edison, 1878)

Invención do cinematógrafo (irmáns Lumière, 1894)

Culturais Xeneración do 98

Rexeneracionismo

Follas Novas (1880)

En las orillas del Sar (1884)

Morte de Rosalía (1885)

Morte de Brañas (1900)

Real Academia Gallega (1906)

Morte de Karl Marx (1883)

Morte de Van Gogh (1890)

Morte de Julio Verne (1905)

Page 8: EvolucióN Do Galeguismo Amalia

MANUEL MURGUÍA / ALFREDO BRAÑAS

• Manuel Murguía (1833-1923), casado con Rosalía de Castro. Representou a corrente liberal do rexionalismo. Como historiador a súa contribución foi a redacción da primeira Historia de Galicia, construída a partir dos presupostos do positivismo: rigor, documentación dos feitos narrados. Defendeu a orixe celta da identidade galega.

• Alfredo Brañas (1859-1900) foi un escritor e ideólogo do rexionalismo galego. O rexionalismo de Brañas baseábase nun catolicismo e un historicismo tradicionalista que lle serve para reclamar as liberdades antigas, ao tempo que arremete contra a industrialización, o capitalismo e o liberalismo, reclamando a volta aos gremios.

Page 9: EvolucióN Do Galeguismo Amalia

SOLIDARIDAD GALLEGA Solidaridad Gallega foi unha

organización política rexionalista galega activa entre 1907 e 1912. No verán de 1907, 42 persoas asinan o Manifesto Solidario, que deu orixe a Solidaridad Gallega na que conflúen os republicanos dirixidos por José Rodríguez Martínez, os republicanos federais de Moreno Barcia, os tradicionalistas de Juan Vázquez de Mella e os rexionalistas de Manuel Murguía, Galo Salinas e Eugenio Carré.O anticaciquismo e o apoio ao asociacionismo agrario foron os dous piares da organización, baixo o seu patrocinio formáronse 400 sociedades agrarias, en 1911 só 85 permanecían afiliadas á SG.Nas eleccións municipais de 1910 obtivo 258 concelleiros na provincia da Coruña, pero as diferenzas entre os membros da organización impediu a súa consolidación. Solidarismo gallego, o seu órgano oficial, apareceu en decembro de 1907.

A Real Academia Galega é unha institución cientifica, creada en 1906, que ten como obxectivo o estudo da lingua da cultura galega. O seu primeiro presidente foi Manuel Murguía.

Page 10: EvolucióN Do Galeguismo Amalia

PRIMEIRO NACIONALISMO• As Irmandades da Fala é un movemento

entre cultural e político que avoga por unha definición plenamente nacionalista. Aproban un manifesto que afirma que Galicia é unha nación inserida nun Estado plurinacional e establece un programa básico do galeguismo: democracia representativa auténtica, dereitos políticos para a muller, oficialidade do galego, galeguización do ensino, da xustiza e da administración, supresión das deputacións provinciais e dos foros e desenvolvemento económico do país para mellorar a situación dos traballadores e acabar coa emigración.

• A Dictadura de Primo de Rivera provocou a desbandada dos nacionalistas que se refuxiaron na teoría e na cultura. Salienta a revista Nós.

• O Partido Galeguista contribuiu a creación dunha república federal e ó nacemento dun Estado galego federado. Pero a Constitución do 31 rebaixou a posibilidade de autogoberno. O Partido Galeguista alíase coa esquerda e entra no Frente Popular, para acadar a autonomía de Galicia.

GALICIA

Nacionalismo

Cultura

Historia Política

Movemento

Lingua

Page 11: EvolucióN Do Galeguismo Amalia

PRIMEIRO NACIONALISMO (1916-1936)España Galicia Europa

Políticos Crise parlamentaria (1917)

Golpe de Estado de Primo de Rivera (1923)

Pacto de San Sebastián (1930)

Segunda República (1931)

Eleccións xerais (1931)

Constitución (1931)

Bienio Progresista (1931-1933)

Sublevación Sanjurjo (1932)

Eleccións xerais (1933)

Bienio Negro (1933-1936)

Revolución outubro (1934)

Triunfo Fronte Popular (1936)

Guerra Civil (1936)

Irmandades da Fala (1916)

I Asemblea Nacionalista (1918)

Revista Nós (1920)

ORGA (1929)

Pacto de Lestrove (1930)

Compromiso de Barrantes (1930)

Asemblea Estatuto (1931)

Partido Galeguista (1931)

Unión Regional de Derechas (1931)

Aprobación proiecto Estatuto (1932)

As dereitas no poder (1933)

Represión gobernamental (1934)

Dereita Galeguista (1935)

Referendo Estatuto (1936)

Triunfo sublevación militar (1936)

Primeira Guerra Mundial (1914-1918)

Xenocidio armenio en Armenia (1915-1923)

Revolución rusa (1917-1921)

Revolución de Novembro en Alemania (1919)

Económico-sociais Folga Xeral (1917)

Casas viejas

Sucesos de Nebra (1916)

Sucesos de Narón e Sofán (1916)

Sucesos de Guillarei (1922)

Proxecto Mancomunidade (1924)

Folgas en Vigo (1932)

HMHS Britannic (1916)

Culturais Artes plásticas: cubismo, surrealismo e expresionismo

Seminario Estudios Galegos (1923)

Morte de Renoir (1919)

Morte de Claude Monet (1926)

Page 12: EvolucióN Do Galeguismo Amalia

II República

Page 13: EvolucióN Do Galeguismo Amalia

OS NACIONALISTAS

VICENTE RISCO

Membro da xeración Nós. O seu pensamento político baseábase na crítica romántica á modernidade. Exaltaba a irracionalidade, o misticismo e a relixiosidade popular. Desprezaba a civilización mediterránea e defendía o celtismo e o atlanticismo.

OTERO PEDRAYO

Escritor e intelectual galego, membro de xeración Nós. Militante do Partido Galeguista foi deputado nas Cortes da República. Considerado o patriarca das letras galegas e un grande exemplo da resistencia galeguista durante a ditadura.

VILAR PONTE

Escritor, xornalista e político, foi un dos principais representantes do galeguismo. Liderou a creación das Irmandades da Fala. Abandonou a ORGA e integrouse no Partido Galeguista.

CASTELAO

Político, escritor, pintor e debuxante. A súa obra reflexou o seu compromiso co galeguismo e co mundo. Foi un dos fundadores das Irmandades da Fala e da revista Nós. Participou na constitución do Partido Galeguista e foi membro da Real Academia Galega.

Page 14: EvolucióN Do Galeguismo Amalia

PARTIDO GALEGUISTA• O Partido Galeguista foi un partido

fundado en decembro de 1931 de carácter nacionalista galego e con relevancia na política da Segunda República. O seu órgano de prensa foi A Nosa Terra e a sección xuvenil, a Federación de Mocedades Galeguistas, fundouse en xaneiro de 1934 e contaba con 1.000 afiliados.

• O 5 e 6 de decembro de 1931 o Partido Galeguista de Pontevedra convoca a VII Asemblea Nacionalista co propósito de crear un partido nacionalista. Á convocatoria acoden 32 grupos e irmandades.

• Nesta Asemblea decídese a disolución das Irmandades da Fala integrándose os seus membros no Partido Galeguista que nace nese momento. O acordo de constitución reclama, por primeira vez na historia de Galicia, o dereito de autodeterminación e proclama, como primeiro obxectivo político, a redacción dun Estatuto de Autonomía.