O ENTROIDO

10
O O E E N N T T R R O O I I D D O O

description

Unidade didáctica sobre o entroido.

Transcript of O ENTROIDO

Page 1: O ENTROIDO

OO EENNTTRROOIIDDOO

Page 2: O ENTROIDO

O Entroido é celebrado en toda Europa dende épocas descoñecidas. Non se sabe con certeza a súa orixe, algúns pensan que vén da tradición celta, outros afirman que os comezos desta festa pódense atopar na adoración a Baco ou Dionisos .

Esta celebración tiña posiblemente o seu significado na despedida dos longos e duros días do inverno.

O Entroido é unha das festas máis populares e que invita á participación de todos . O anonimato que proporcionan as máscaras e os disfraces é un dos seus principais atractivos, pois permítelle á xente facer cousas que non fan normalmente. En Galicia o Entroido celébrase dende sempre. Existen manifestacións dunha moi fonda tradición e que aínda perduran hoxe, especialmente na provincia de Ourense e nalgunhas partes de Lugo, mesturando esas tradicións ancestrais con outros elementos máis novos.

Son famosos:

• Os Cigarróns: personaxes enmascarados e adornados ( de Verín). Parecidos aos peliqueiros de Laza

Page 3: O ENTROIDO

• As Pantallas amolan aos viandantes con dúas vexigas cheas de aire (no Entroido de Xinzo de Lima).

• Os Peliqueiros (de Laza): personaxes que se distinguen pola súa animalización: non falan, levan chocas coma os animais, zorregan á xente... Algúns animais, como vacas, burros ou galos, xa sexan reais ou simulados, simbolizan o Entroido e interveñen na festa, ben para ser burlados e escarmentados, ben para actuar activamente facendo falcatruadas.

Page 4: O ENTROIDO

• Os Correos: van pola veciñanza ofrecendo que os Xenerais "canten" en cada unha das casas a cambio dunha doazón. Os Xenerais van vistosamente disfrazados con sombreiros, medallas e fitas que lembran de xeito choqueiro os uniformes do século XIX.

• Os discursos coma os testamentos, os arranques ou as coplas, que son sátiras da realidade e de feitos sucedidos durante o ano, incluíndo os referidos aos veciños e ás institucións públicas.

Nalgúns períodos, como durante a época da guerra e da posguerra o Entroido foi perseguido, polo que algunhas das tradicións se perderon. Pero dende os anos 70 levouse a cabo un proceso de recuperación destas tradicións máis ancestrais, tanto nas aldeas coma nas cidades; nestas últimas con desfiles, concursos e disfraces nas rúas acompañados con música.

Page 5: O ENTROIDO

A COMIDA NO ENTROIDO

Dentro da filosofía do Entroido está a de comer e beber ata o límite. En Galicia a comida sempre foi un elemento fundamental, sendo as máis tradicionais as filloas, a bica, as orellas, a androlla, a cachucha, os chourizos, o lacón ou o caldo, que son ideais para estas datas do inverno

Bibliografía: http://www.carnavaldeverin.com/ http://www.laza.es/entroido_orixe.html - Web educativa municipal do Concello da Coruña: http://edu.aytolacoruna.es/aprende_y_juega/monograficos/

carnavales/o_entroido_galego - Galicia Espallada: www.galiciaespallada.com.ar - web de Norberto: http://www.webdenorberto.com/recursos/entroido_e.htm

Page 6: O ENTROIDO

Se queredes, podedes pintar as caretas seguintes;

Page 7: O ENTROIDO
Page 8: O ENTROIDO
Page 9: O ENTROIDO
Page 10: O ENTROIDO

Xogamos coas palabras e fixemos acrósticos.

EMPEZA A TROULA NINGUÉN SE LIBRA TODOS Á RÚA RIR, CANTAR E BAILAR. ORELLAS E FILLOAS IMOS COMER DESFILES E COMPARSAS OLLAR OUTRA VEZ.

Agora fai ti acrósticos coas palabras:

D

E

S

F

I

L

E

F

I

L

L

O

A