O entroido e a casa encantada

22

Transcript of O entroido e a casa encantada

Os protagonistas desta historia son 11 amigos:

Irene, Tania, Tamara, Laura, Matías, Jesús M, Iván,

Pedro, Alejandra, Jesús e Dario.

Para celebrar o Entroido, decidiron ir a unha festa

de disfraces nunha discoteca.

Cada neno e nena preparou o seu disfrace.

Laura e Tania de vaquiñas.

Jesús M do mariñeiro Popeye.

Tamara de china.

Alejandra de princesa

Matías de bombeiro.

Irene de policía.

Iván e Pedro de paiasos.

Jesús de Superman

E Darío de vaqueiro.

Os 11 amigos decidiron ir andando a discoteca

Polo camiño atoparon unha casa encantada !.

Nesta casa vivían fantasmas e momias.

Como estaba nevando, os amigos non entraron na

casa. Quedaron fóra facendo un boneco de neve.

A porta da casa estaba aberta, e o curioso Darío

entrou. Quería saber se vivía alguén alí

De súpeto a porta pechouse e Darío quedou

encerrado dentro da casa.

SOCORRO,

SOCORRO!

Darío ten moito medo, intenta abrir a porta pero

non o consegue.

A PORTA

NON ABRE!

Os demais nenos e nenas escoitaron os berros de

Darío e foron a axudarlle. Pero a porta non abría.

A PORTA

NON ABRE!

Darío atopa un teléfono na casa e chama a un

cerralleiro.

Pero a porta non abre.

A PORTA

NON ABRE!

Darío atopa unha chave máxica enriba dunha

mesa

ABRIRÁ ESTA

CHAVE A PORTA?

E a porta abriuse e Darío saíu da casa.

QUE BEN!

Os 11 amigos seguiron camiñando, pero os

fantasmas e as momias seguíanos.

Pero apareceu o home do saco (que era bo!) e meteu

os fantasmas e as momias dentro do seu saco.

Os amigos déronlle as grazas ó home do saco e

seguiron camiñando para a discoteca.

GRAZAS!

Pasárono moi ben bailando, bebendo un refresco e

comendo.

PICTOGRAMAS ARASAAC

IMAXE DA CASA ENCANTADA E DO HOME DO SACO:

BANCO DE IMAXES E SONS INTEF