Nota-de-Prensa-Resultados-dos-Premios-Mar%C3%ADa-Casares-de-Teatro

7
NOTA DE PRENSA OS XV PREMIOS DE TEATRO MARÍA CASARES FORON A GRAN FESTA DA ESCENA GALEGA Na gala fóronse coñecéronse os gañadores das 13 categorías a concurso 23 de marzo de 2011.- O Teatro Rosalía de Castro acolleu está noite a gran festa da escena galega, coa cerimonia de entrega dos XV Premios de Teatro María Casares, organizados pola Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG). A gala, un ano máis, celebrouse na Coruña, o lugar de nacemento da que foi filla predilecta da cidade, María Casares. Máis de 550 persoas, entre actores, actrices, autores, produtores, músicos, bailaríns, directores e demais profesionais de todas as ramas deste sector, non se perderon a cita co teatro galego. O espectáculo sorprendeu pola súa estética e ritmo terroríficos.Estivo dirixido por Carlos Sante e Juanillo Esteban, con dirección musical de Gastón Rodríguez e idea orixinal e guión, de Willy Éter. A cerimonia mobilizou a máis de 70 profesionais. Presentaron Gonçalo Guerreiro e Pedro Brandraiz, adecuadamente caracterizados como o Doutor Crisè e o seu axudante Casemorro, acompañados de artistas como o escocés Johnny Melville. Un dos momentos máis emocionantes da cerimonia foi a entrega a Xan Cejudo do Premio de Honra Marisa Soto. O coruñés, premiado na súa cidade, amosouse moi agradecido e emocionado por este galardón co que a Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) quixo recoñecer a longa traxectoria deste “mestre de mestres” e máis a

description

http://aaag.es/wp-content/uploads/Nota-de-Prensa-Resultados-dos-Premios-Mar%C3%ADa-Casares-de-Teatro-gal.doc

Transcript of Nota-de-Prensa-Resultados-dos-Premios-Mar%C3%ADa-Casares-de-Teatro

Page 1: Nota-de-Prensa-Resultados-dos-Premios-Mar%C3%ADa-Casares-de-Teatro

NOTA DE PRENSA

OS XV PREMIOS DE TEATRO MARÍA CASARES FORON A GRAN FESTA DA

ESCENA GALEGANa gala fóronse coñecéronse os gañadores das 13 categorías a concurso

23 de marzo de 2011.- O Teatro Rosalía de Castro acolleu está noite a gran festa da escena galega, coa cerimonia de entrega dos XV Premios de Teatro María Casares, organizados pola Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG).

A gala, un ano máis, celebrouse na Coruña, o lugar de nacemento da que foi filla predilecta da cidade, María Casares. Máis de 550 persoas, entre actores, actrices, autores, produtores, músicos, bailaríns, directores e demais profesionais de todas as ramas deste sector, non se perderon a cita co teatro galego.

O espectáculo sorprendeu pola súa estética e ritmo terroríficos.Estivo dirixido por Carlos Sante e Juanillo Esteban, con dirección musical de Gastón Rodríguez e idea orixinal e guión, de Willy Éter. A cerimonia mobilizou a máis de 70 profesionais.

Presentaron Gonçalo Guerreiro e Pedro Brandraiz, adecuadamente caracterizados como o Doutor Crisè e o seu axudante Casemorro, acompañados de artistas como o escocés Johnny Melville.

Un dos momentos máis emocionantes da cerimonia foi a entrega a Xan Cejudo do Premio de Honra Marisa Soto. O coruñés, premiado na súa cidade, amosouse moi agradecido e emocionado por este galardón co que a Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) quixo recoñecer a longa traxectoria deste “mestre de mestres” e máis a súa singular contribución á profesionalización do teatro en Galicia.

Durante a cerimonia, o historiador e presidente do Consello da Cultura Galega Ramón Villares leu o Manifesto Galego do Día Internacional do Teatro.

Pola súa parte, na súa intervención, o presidente da AAAG, Antonio Durán “Morris”, apuntou que ”os axustes económicos nos investimentos que fai o Goberno a través a Consellería de Cultura poñen en serio perigo todo o conseguido ata hoxe. Rebaixar nun 20% o investimento nos nosos espectáculos suporá para moitas compañías e moitos profesionais ter que colgar o cartel: “Suspéndese a función”.

Page 2: Nota-de-Prensa-Resultados-dos-Premios-Mar%C3%ADa-Casares-de-Teatro

“Hoxe” –sinalou Morris- “cando máis deberiamos pensar en como salvar o tecido cultural deste país, con todo o que iso implica, parece que xa todos nos contaxiamos dese gran debate que é a Cidade da Cultura: Contedores e Contidos, onde xa non sabemos cales son os contedores, cales os contidos, ou se os propios contedores pasan a ser contidos”.

Pero, o presidente da AAG, destacou: “malia a todo, debemos estar tranquilos. Tempo haberá para debatelo: somos actores, somos actrices, amamos a escena, estamos aquí e seguiremos estando. Só pedimos facelo coa dignidade que nós e o público nos merecemos”.

Os XV Premios María Casares contan coa colaboración, entre outros, de AGADIC, Concello da Coruña, Fundacion AISGE, Novacaixagalicia, GADISA, Concello de Ames, Cadena Ser e TVG

LISTADO COMPLETO DE GAÑADORES

MELLOR MAQUILLAXE: Tanxarina por “Trogloditas” de TanxarinaMELLOR VESTIARIO: Carlos Alonso por “Trogloditas” de TanxarinaMELLOR ILUMINACIÓN: Suso Díaz por “O incerto señor don Hamlet, príncipe de Dinamarca” de Sarabela TeatroMELLOR MÚSICA ORIXINAL: José Luis Prieto e Carlos Mosquera “Mos” por “Life is a Paripé” de Obras PúblicasMELLOR ADAPTACIÓN-TRADUCIÓN: Avelino González por “Un Cranio Furado “ de Producións Teatráis ExcéntricasMELLOR TEXTO ORIXINAL: Rubén Ruibal por “Limpeza de Sangue” de Espello CóncavoMELLOR ESCENOGRAFÍA: Marcelino de Santiago “Kukas” por “Un Cranio Furado “ de Producións Teatráis ExcéntricasMELLOR ACTRIZ SECUNDARIA: Marta Ríos por “Volpone” de Talía Teatro.MELLOR ACTOR SECUNDARIO: Santi Romay por “Un Cranio Furado “ de Producións Teatráis ExcéntricasMELLOR ACTRIZ PROTAGONISTA: Iolanda Muiños por “Life is a Paripé” de Obras PúblicasMELLOR ACTOR PROTAGONISTA: Evaristo Calvo por “Un Cranio Furado“ de Producións Teatráis ExcéntricasMELLOR DIRECCIÓN: Marta Pazos por “Super8” de Voadora MELLOR ESPECTÁCULO: “Un Cranio Furado“ de Producións Teatráis Excéntricas

Page 3: Nota-de-Prensa-Resultados-dos-Premios-Mar%C3%ADa-Casares-de-Teatro

NOMEADOS XV PREMIOS MARÍA CASARES

MELLOR MAQUILLAXENomeado Espectáculo CompañíaDolores Centeno As actas escuras Centro Dramático GalegoMartina Cambeiro Volpone Talía TeatroTanxarina Trogloditas Tanxarina

MELLOR VESTIARIONomeado Espectáculo CompañíaCarlos Alonso Trogloditas TanxarinaLa Canalla As actas escuras Centro Dramático GalegoRoberto Salgueiro Volpone Talía Teatro

MELLOR ILUMINACIÓNNomeado Espectáculo CompañíaBaltasar Patiño Super8 VoadoraBaltasar Patiño Un Cranio Furado Producións Teatráis

ExcéntricasSuso Díaz O incerto señor don Hamlet,

príncipe de DinamarcaSarabela teatro

Xúlio Lago Memoria de Helena e María Teatro do Atlántico

MELLOR MÚSICA ORIXINALNomeado Espectáculo CompañíaFran Pérez “Narf” Memoria de Helena e María Teatro do AtlánticoHugo Torres e José Díaz Super8 VoadoraJosé Luis Prieto e Carlos Mosquera “Mos”

Life is a Paripé Obras Públicas

Piti Sanz Un Cranio Furado Producións Teatráis Excéntricas

MELLOR ADAPTACIÓN-TRADUCIÓN Nomeado Espectáculo CompañíaAvelino González Un Cranio Furado Producións Teatráis

ExcéntricasCándido Pazó Memorias das Memorias dun

neno labregoAbrapalabra Creacións Escénicas

Roberto Salgueiro Volpone Talía Teatro

MELLOR TEXTO ORIXINALNomeado Espectáculo CompañíaRoberto Salgueiro Memoria de Helena e María Teatro do AtlánticoRoberto Vidal Bolaño As actas escuras Centro Dramático GalegoRubén Ruibal Limpeza de Sangue Espello Cóncavo

Page 4: Nota-de-Prensa-Resultados-dos-Premios-Mar%C3%ADa-Casares-de-Teatro

MELLOR ESCENOGRAFÍANomeado Espectáculo CompañíaMarcelino de Santiago “Kukas”

Un Cranio Furado Producións Teatráis Excéntricas

Rodrigo Roel As actas escuras Centro Dramático GalegoSuso Díaz O incerto señor don Hamlet,

príncipe de DinamarcaSarabela teatro

MELLOR ACTRIZ SECUNDARIANomeado Espectáculo CompañíaDorotea Bárcena Un Cranio Furado Producións Teatráis

ExcéntricasIolanda Muiños A Nona Teatro do MorcegoMarta Ríos Volpone Talía Teatro

MELLOR ACTOR SECUNDARIONomeado Espectáculo CompañíaMarcos Viéitez As actas escuras Centro Dramático GalegoSanti Romay Un Cranio Furado Producións Teatráis

ExcéntricasVíctor Mosqueira Un Cranio Furado Producións Teatráis

Excéntricas

MELLOR ACTRIZ PROTAGONISTANomeado Espectáculo CompañíaIolanda Muiños Life is a Paripé Obras PúblicasLucía Regueiro Memoria de Helena e María Teatro do AtlánticoMaría Barcala Memoria de Helena e María Teatro do Atlántico

MELLOR ACTOR PROTAGONISTANomeado Espectáculo CompañíaCésar Goldi Life is a Paripé Obras PúblicasEvaristo Calvo Un Cranio Furado Producións Teatráis

ExcéntricasXosé M. Olveira “Pico” As actas escuras Producións Teatráis

Excéntricas

MELLOR DIRECCIÓNNomeado Espectáculo CompañíaMarta Pazos Super8 VoadoraQuico Cadaval Un Cranio Furado Producións Teatráis

ExcéntricasXúlio Lago As actas escuras Centro Dramático GalegoXúlio Lago Memoria de Helena e María Teatro do Atlántico

MELLOR ESPECTÁCULONomeado EspectáculoLife is a Paripé Obras PúblicasMemoria de Helena e María

Teatro do Atlántico

Un Cranio Furado Producións Teatráis Excéntricas

Page 5: Nota-de-Prensa-Resultados-dos-Premios-Mar%C3%ADa-Casares-de-Teatro
Page 6: Nota-de-Prensa-Resultados-dos-Premios-Mar%C3%ADa-Casares-de-Teatro

BREVE SINOPSE DOS ESPECTÁCULOS QUE ACADARON POSTOS DE FINALISTAS

(entre parénteses, o número de nomeados)

UN CRANIO FURADO (10): Coprodución entre Producións Teatráis Excéntricas e o Festival Internacional de Outono de Carballo que adapta unha obra do irlandés Martin Mc Donagh. Horror e humor combínanse nunha mestura que “non é unha comedia de terror, non é un policial inglés, non é unha serie de tv de forenses, non é unha festa dos difuntos, non é un esperpento… mais ten un pouco de todo”

MEMORIA DE HELENA E MARÍA (7): Esta obra de Teatro do Atlántico condúcenos aos meses previos á Guerra Civil, cando se produce o primeiro encontro entre Helena e Manuel. A chegada da Guerra de 1936 vai levar a Manuel á fronte republicana, e a súa vida vai rematar en Albacete un ano despois. Á morte de Manuel, Helena, a súa viúva, fica na vila coa súa pequena filla, María, froito daquel amor, e con outra herdanza, deixada tamén polo seu home, que ha traer dramáticas consecuencias.

AS ACTAS ESCURAS (7): O Centro Dramático Galego leva a escena esta peza do gran Roberto Vidal Bolaño, que reflexiona sobre a ocultación da verdade nun exercicio cheo de compromiso ético e político. Unha aposta arriscada, polas dificultades técnicas e artísticas, que se salda con éxito.

LIFE IS A PARIPÉ (4): Obras Públicas consigue 4 nominacións con este espectáculo de humor dividido en 11 escenas e pico no que”33 por cento de música, 33 por cento de teatro e 33 por cento de cachondeo “dan un “100 por cen de paripé”.

VOLPONE (4): A obra máis famosa do dramaturgo inglés Ben Johnson, é unha fábula descarnada que xira arredor da avaricia e da luxuria. Ao mesmo tempo, é unha sátira sobre a debilidade humana e as ansias por acumular poder. O vestiario e as máscaras acentúan unha expresividade clave no espectáculo de Talía Teatro.

SUPER8 (3): O cine coma metáfora da memoria e a memoria coma teatro do vivido. Voadora maxina a nosa memoria coma unha estancia na que almacenamos as películas que fomos reunindo na nosa vida. Os tres elementos (cine, teatro e memoria) coma tres espellos colocados en triángulo nesta comedia musical.

TROGLODITAS (2): Tanxarina lévanos ao teatro máis antigo da Prehistoria: unha cova onde se desenvolve un espectáculo cheo de tolemia e humor. Trogloditas é unha viaxe no tempo para coñecer aos nosos antepasados.

O INCERTO SEÑOR DON HAMLET, PRÍNCIPE DE DINAMARCA (2): Hamlet recibe unha nova sorprendente, non é fillo do seu pai lexítimo (Olaf, o rei envelenado) senón do ursurpador e tío seu, o asasino Halmar. Sarabela Teatro achéganos a unha obra única de Álvaro Cunqueiro, un texto lírico, intertextual e complexo que leva implícito ritmo, musicalidade e escrita marabillosa. Unha montaxe na que se equilibran as forzas: amor e morte.

A NONA (1): Nunha familia arxentina, de orixe italiana, hai unha avoa (a Nona) de avanzada idade que come sen parar. Mentres a familia camiña cara á ruína, procuran os máis diversos camiños para gañar diñeiro. Nun momento de desesperación, a familia comeza a tentar asasinar a

Page 7: Nota-de-Prensa-Resultados-dos-Premios-Mar%C3%ADa-Casares-de-Teatro

Nona, pero son os membros da familia os que van resultando mortos neses intentos por desfacerse dela. Teatro do Morcego é a compañía desta obra.

LIMPEZA DE SANGUE (1): En verbas do autor e candidato Rubén Ruibal: “En Limpeza de Sangue, imitando malamente ó mestre Vidal Bolaño, tentei retratar a miña Coruña do boom inmobiliario e puxen o ollo en dous personaxes unidos polo cerca que andan do delito e, sobre todo, polo cerca que andan da dor e da morte”, Espello Cóncavo amósanos a historia de Fernando e Pantaleón.

MEMORIAS DAS MEMORIAS DUN NENO LABREGO (1): A compañía Abrapalabra únese ao cincuenta aniversario da publicación de “Memorias dun neno labrego” pondo en escena un espectáculo unipersoal escénico-narrativo protagonizado e adaptado por Cándido Pazó a partires do emblemático texto de Neira Vilas.