Non perdas a palabra 2012

51

description

Non perdas a palabra 2012

Transcript of Non perdas a palabra 2012

Page 1: Non perdas a palabra 2012
Page 2: Non perdas a palabra 2012
Page 3: Non perdas a palabra 2012

VI Concurso de relato curto e poemas

“Non perdas a palabra”

Equipo de Normalización Lingüística

CPI Manuel Suárez Marquier

O Rosal, maio de 2012

3

Page 4: Non perdas a palabra 2012

4

Page 5: Non perdas a palabra 2012

Índice:Limiar ............................................................................................................................................. 7

A pantasma de boca calada ........................................................................................................ 9

Conto colectivo de 2º EP ............................................................................................................. 10

A Anxo xa o deixan saír ................................................................................................................ 13

O país fantástico ........................................................................................................................... 14

O conto de Anxo ........................................................................................................................ 16

Poesía de Raquel Castro. 4ºA EP.............................................................................................. 17

Conto de Antía Díaz. 4º B EP ...................................................................................................... 18

Poesía de Alba Cividanes. 4º C EP .............................................................................................. 20

A abella azul .................................................................................................................................. 22

Os conxuros de María e Lúa ...................................................................................................... 24

O vento .......................................................................................................................................... 26

Contos clásicos ............................................................................................................................. 28

As misteriosas desaparicións ..................................................................................................... 30

O fume misterioso ...................................................................................................................... 31

Segredos soterrados .................................................................................................................... 33

O do terceiro ................................................................................................................................. 36

A meiga ......................................................................................................................................... 38

Amigos ........................................................................................................................................... 42

Un novo fogar ............................................................................................................................... 44

Conto de Marta Torres. 4º ESO A ............................................................................................... 46

Un pequeno lapso. ....................................................................................................................... 48

Conto de Nerea Mariño. PDC 2 .................................................................................................. 50

5

Page 6: Non perdas a palabra 2012

6

Page 7: Non perdas a palabra 2012

LIMIAR Aquí estamos de novo!! Xa imos pola VI edición de Non perdas a palabra.

Como xa sabedes, o ano pasado incorporamos como nova modalidade a poesía ao

noso libro. Nesta edición quixemos ir un pouco máis alá e démosvos os inicios dos

relatos e dos poemas. A resposta foi, coma sempre abraiante e moi boa, xa que a

partir de distintos comezos, xa feitos por autores e autoras consagrados, vós fostes

quen de convertervos nos verdadeiros escritores construíndo a vosa propia e per-

soal historia.

A resposta a esta chamada foi abrumadora. Neste libro están recollidos só algúns

textos dos presentados. Malia non estar todos aquí queremos agradecervos a vosa

participación nesta actividade que, cada ano que pasa, cobra máis forza e ten unha

enorme presenza no noso Cole.

Malia correr tempos difíciles para a nosa lingua, resúltanos moi agradábel compro-

bar que a vosa resposta ao uso do galego e a que non se perdan as nosas palabras

segue estando aí, ano tras ano e cada vez con maior forza.

Como ben dixo Cunqueiro Mil primaveras mái s para o galego!!!!

Equipo de Normalización Lingüística

do CPI Manuel Suárez Marquier do Rosal

7

Page 8: Non perdas a palabra 2012

8

Page 9: Non perdas a palabra 2012

Un día unha nena chamada Paula estaba na súa casa. Como era pequecha non sabía falar, só facía ruidiños…Despois do almorzo tivo a visita da súa amiga Irene que traía unha xoaniña na man. A xoaniña só facía ruidiños…Ao mediodía chegou outro amigo, Xoel, cun coelliño na man. O coelliño só facía ruidiños… Logo pola tarde pasou pola casa a súa amiga Iria que levaba un oso amoroso. O oso só facía ruidiños..Paula colleu o oso e quedou durmida facendo este ruidiño: Z, Z, Z, Z, Z…Ao escoitar este ruidiño apareceu A PANTASMA DE BOCA CALADA E NARIZ FURADO que entrou pola porta e saíu polo faiado.

Conto colectivo de 1º EP

A pantasma de boca calada

Eva Rodríguez 1ºEP

9

Page 10: Non perdas a palabra 2012

Ao meu tío Salvador tócalle hoxe estar en terra; pero ben sabes que leva moitos anos de mariñeiro por todas as augas do mundo. Lémbrase ben de varias aventuras, vou contar aquí algunha delas.Un día cando ían polo medio do océano, viron que se achegaba unha onda xigante. A onda envorcou o barco e afundiuno, pero o meu tío e o resto da tripulación conseguiron poñerse enriba dunha balea que estaba por alí. Como a balea era boa levounos ata preto dunha illa. Logo, chegaron á praia a nado. Unha vez que chegaron á praia tiñan moita fame e decidiron inter-narse na illa para buscar algo de comida.Na illa había moita vexetación, que lles facía difícil avanzar. Entre tanta vexe-tación atoparon un templo de ouro que reflectía totalmente a luz do sol.

10

Page 11: Non perdas a palabra 2012

Decidiron entrar no templo, pero alí ía unha calor insoportable. Porén, isto non lles impediu continuar a exploración do templo. Polos estreitos labirintos que había no interior ocultábanse perigosas trampas, foxos con serpes, frechas que saían disparadas ao pasar, unhas bolas de pinchos, rochas que caían do teito, cepos con picos...etcPor sorte, conseguiron pasar todas as trampas sen danarse, e chegaron a unha gran lagoa subterránea que había no interior do templo. Alí atoparon un barco máxico de ouro.

11

Page 12: Non perdas a palabra 2012

Agora o problema que tiñan era buscar a forma de sacar o barco para o mar. Porén, ese problema solucionouse axiña, pois o meu tío atopou un diamante no temón do barco. Apertouno e de súpeto abriuse unha enorme porta que daba ao mar. Entón, sen pensalo máis, puxeron o barco en marcha e saíron daquela illa rumbo á súa cidade de orixe. Durante o camiño, a tripulación pensou que a xente da súa cidade quedaría abraiada ao velos chegar nun barco de ouro. Porén, ao chegar ao porto, o barco transformouse nunha pequena lanchiña. Cando falaron coa xente da vila e lle contaron a súa aventura, ninguén os creu. Eu creo que a historia do meu tío é certa.

Conto colectivo 2º EP

David Rodríguez2º EP

12

Page 13: Non perdas a palabra 2012

Anxo non o acababa de crer, mais era verdade. Por fin deixábano saír de paseo coa súa panda. Os seus pais xa lle perdoaran o castigo e estaba supercontento porque xa tiña moitas ideas para saír cos seus amigos, Alberto e Xavier.Á mañá seguinte espertou antes que os seus pais, preparouse e saíu da súa casa sen dicir nada. Todo tranquilo e contento colleu o autobús, pero había algo que non se lle ía da cabeza, faltáballe algo pero non sabía o que.Cando chegou á feira, onde quedara cos seus amigos, montou en moitas atraccións e divertiuse moitísimo.Mentres, na súa casa, os seus pais xa se ergueran e estaban un pouco preocupados porque faltaba. Chamárono ao móbil, pero deixárao na casa. Os pais, xa moi nerviosos, pensaron que o raptaran e por iso chamaron á policía explicándolle todo:-Levantámonos, fomos á súa habitación e non estaba, nin en ningunha outra parte da casa e o seu móbil si está.A policía díxolle:- Non se preocupen que cremos saber onde pode estar.- Onde, axente? - preguntaron os pais sorprendidos.- Na feira! Sempre están alí.Os pais foron cos policías ata alí e encontrárono.O seu pai, contento por atopalo, pero tamén enfadado, polo susto díxolle:Estás castigado outra vez.

Cloe Padín3º A EP

A Anxo xa o deixan saír

13

Page 14: Non perdas a palabra 2012

Anxo non o podía crer, mais era verdade. Por fin deixábano saír de paseo coa súa panda. Polo camiño encontraron unha botella, pero tiña algo: era unha mensaxe que dicía “Axuda na illa Fantásti-ca. Para ir á illa Fantástica tes que atravesar o bosque misterioso “. -Alá imos! dixo Anxo.Atravesárono e encontraron unha porta, abrírona e... era un país fantástico! Un dos habitantes guiounos e foron xunto á raíña. A raíña dixo:-Tedes que salvar o mundo das bruxas, para iso precisaredes armaduras e pistolas que disparan flores. As bruxas non as aturan.Emprendemos a viaxe. Os da súa panda chamábanse: Leonardo, Caliel e Adriel, e dixeron:

-Temos que gañarlles ás bruxas.

Cando chegamos había bruxas e habitantes do mundo fantástico. Entón uníronse á batalla. Vencemos, pero a bruxa que non coñecían era a raíña das bruxas. Entón atacounos e da nada saíu un raio de luz: era o defensor fantástico! A bruxa lanzou unhas balas de escuridade pero fallou. O defen-sor destruíuna cun raio de luz e nós lanzámoslles flores. E o defensor dixo: -Tedes que volver á vosa rúa.

Levounos e quitounos a armadura e as pistolas! Volvemos á casa e nunca esquecemos esta aventura.

Leonardo Goce 3º B EP

O país fantástico

14

Page 15: Non perdas a palabra 2012

Sabela Treinta 3ºB EP

15

Page 16: Non perdas a palabra 2012

Anxo non o acababa de crer, mais era verdade. Por fin deixábano saír de paseo coa súa panda. Anxo alucinou e preparou o seu conto en galego ás agachadas. Ás agachadas porque á nai non lle gustaba o galego e se vía algo en galego tirábao á primeira.

Anxo non quería que lle tiraran o seu conto preferido, por iso saíu da casa correndo para estar no club de lectura cos seus amigos. Cando chegou ao club de lectura tiveron que facer unha historia. A máis bonita sería a gaña-dora. Anxo pensou e pensou e decidiu... continuar o conto que xa tiña ence-tado na casa.

No seu conto todos os personaxes se namoraban dun xeito diferente e foi el o que gañou. Gañou unha cousa... esa historia sairía na tele, e non só o conto, tamén toda a familia. Desde ese día a nai deixoulle escribir todo o que quería en galego e tamén lle deixaba ir ao club de lectura sempre que quería.

Flavio Vicente Desdobre 3º EP

O conto de Anxo

Nerea Álvarez 3ºB EP16

Page 17: Non perdas a palabra 2012

Heiche de contar un contoun conto de mil mentiras,heiche de contar un conto,un conto todos os días.

O ano ten un mese o mes ten corenta días,os nomes lense ao revés,e non hai noites frías.

Os reloxos teñen dez horase os pés teñen catro dedos.No mar medran amorase os vellos corren ledos.

A semana empeza en domingoe a auga é de cor vermella.Na igrexa xogan ao bingoe as casas son de espello.

No sistema solar hai formigas.As ventás son amigas.Nos portos de mar hai fatigase nas casas non hai familias.

Raquel Castro 4ºA EP

17

Page 18: Non perdas a palabra 2012

Ao meu tío Salvador tócalle hoxe de estar en terra; pero ben sabes que leva moitos anos de mariñeiro por todas as augas do mundo.O meu tío é alto, delgado e moi divertido, gústalle moito facerme rir ,cón-tame chistes de todo tipo e historias incribles que segundo di, pasáronlle nas súas viaxes polos mares e océanos.Estou desexando que chegue e como é tan bo comigo voulle facer unha festa sorpresa. Xa fixen a lista de todo o que necesito: dez globos, dous agasallos, unha torta, unha piñata con lambetadas, un pau, unha venda e o meu xogo de poñerlle o rabo ao burro. Falei co meu pai e coa miña nai, expliqueilles a miña idea e pareceulles estupenda.

Hoxe é o gran día! O tío Salvador acaba de chegar ao porto! Na casa xa está todo preparado, deixamos as portas abertas para que poida entrar, apagamos as luces e agochámonos. De súpeto escoitamos un ruído, era o renxer da porta. Entón calamos todos e cando entrou no salón e acendeu as luces saímos dun chimpo dando berros Cando mirou a gran festa que lle tiñamos preparada quedou de pedra. Estaba moi emocionado. E, a que non adiviñades que había nos dous regalos que lle din? Pois por suposto dúas maquetas de dous barquiños de vela para a súa colección. En fin, o meu tío quedou encantado cos barquiños e coa festa tamén.

Ben. Adeus. Agora imos romper a piñata e despois xogaremos a poñerlle o rabo ao burro. Mañá seguro que me conta unha das súas incribles historias e me fai rir outra vez.

Antía Díaz 4º B EP

18

Page 19: Non perdas a palabra 2012

Ella Cordon 4ºB EP

19

Page 20: Non perdas a palabra 2012

Heiche de contar un conto,un conto de mil mentiras.Heiche de contar un conto,un conto todos os días.

Na miña clase pola mañá,hai barullo todos os días,e cando chega o recreo,hai silencio cada un dos días.

O galego non se falana vila do Rosal.O galego non servecando quere un falar.

O leite bota lume,a cheminea bota leite,o coche sobe escaleirase a lúa bébese.

Logo despídomecon odio e con desprezo.As mil mentiras gárdanse nun baúl de xeo.

Alba Cividanes 4º C EP

20

Page 21: Non perdas a palabra 2012

José Manuel Correa 4ºC EP

21

Page 22: Non perdas a palabra 2012

Anxo non o acababa de crer, mais era verdade. Por fin deixábano saír de pa-seo coa súa panda. O domingo foron todos ao parque de atraccións. Mon-taron na montaña rusa e ía tan rápido, tan rápido que entraron noutra di-mensión.Que escuro está isto!- Exclamou Anxo.Que pegañentos estamos!- dixo Zoe.E se intentamos saír de aquí?- preguntaron Lúa, Zoe e UxíaTodo estaba en silencio e de repente escoitaron unha voz. Era unha abella azul.Estades no reino dos insectos, eu son a raíña e vós sodes os meus invita-dos.Os teus invitados!!!- Exclamou Uxía.Si- contestou a abella.Despois foron a un lugar chamado Planetoide, falaron cos insectos e soube-ron que un deles estaba en perigo no Meridiano Hectoide. Decidiron ir bus-calo.Chegaron aló, entraron no castelo, baixaron por unhas escaleiras de caracol e atoparon unha porta subterránea onde estaba o insecto engaiolado.E levárono ao Planetoide. A raíña dos insectos, ao ver que rescataron un dos seus súbditos decidiu concederlles un desexo. E eles pediron volver de novo ao parque de atraccións.

Coraima FernándezRita Rodríguez

5ºA EP

A abella azul

22

Page 23: Non perdas a palabra 2012

Ainoa Vicente 5ºA EP

23

Page 24: Non perdas a palabra 2012

Algo ocorría na casa de María. Pola ventá saía fume, aínda que non había ningún incendio. O que sucedía era que María tiña unha amiga que sabía facer millóns de conxuros.

María convidouna á súa casa xogar pero a súa amiga, que se chamaba Lúa, quería aprendela a facer un conxuro moi sinxelo. Facer voar un dálmata e fa-cer cantar un hipopótamo. Só tiñan que coller unha margarida moi amarela, unha rosa vermella coma os seus beizos e unha hortensia azul coma os seus ollos. Logo só tiña que dicir “Abra cadabra pata de cabra”.

María quixo facer o conxuro na súa habitación, dentro do armario; pero can-do colleu as flores e dixo as palabras máxicas estoupou o armario e case estoupa ela.

Dende aquela, María quixo aprender a facer os conxuros ao aire libre, con paciencia, calma e coidado. Un ano despois María estudou para ser bruxa e saber facer conxuros coma a súa amiga Lúa.

Sheila Dorado Leticia González

Marta Rodríguez5º B EP

Os conxuros de María e Lúa

24

Page 25: Non perdas a palabra 2012

Marta Lomba 5ºB EP

25

Page 26: Non perdas a palabra 2012

O vento é o seu alentoé cousa que non se ve.O vento ten un misterio!O vento un misterio é!

O vento corre como un corcele soa como un cascabel.O vento sobe e baixae métese nunha caixa.

Pode ser frío ou calorosoe despeitear un raposo.pode subir escaleirase pasear pola feira.

O vento salta e corre,e reside nunha torre.O vento é invisible,polo que velo é imposible.

Miguel Torres Marcos Diego

6º A EP

O vento

26

Page 27: Non perdas a palabra 2012

Julio Otero6ºA EP

27

Page 28: Non perdas a palabra 2012

Heiche de contar un contoun conto de mil mentiras.Heiche de contar un conto,un conto todos os días.

A primeira historia éche fermosamais ten unha madrasta odiosa,estou pensando en Rapunzelque pintaba co seu pincel.

O segundo conto é fabuloso,ten un príncipe bondadoso, que a unha princesa bicou e do seu sono eterno espertou.

O terceiro fala dun marquése dun gato con botas nos pés.Gústalle comer moitos ratos,sempre con botas,non con zapatos.

Alejandra Fernández Claudia Diego

6º A EP

Contos clásicos

28

Page 29: Non perdas a palabra 2012

Andrea Pereira6ºA EP29

Page 30: Non perdas a palabra 2012

“A boca non é para falar, é para calar”. Esas foron as últimas palabras da nosa profesora de galego antes de desaparecer. A min non é que me im-porte, non é asunto meu, pero foi o acontecemento máis importante desta semana, xa que a vida nesta vila é un chisco aburrida.

O problema é que ten un bosque moi grande e inexplorado. Eu acabo de mudarme hai poucos meses, pero dixéronme que xa desaparecera xente nel. Onte, o alumnado da clase de 1º A decidimos saír na procura da profe-sora. Collín a miña mochila e provisións. Reunímonos no camiño principal da entrada do bosque. Separámonos e comezamos a buscala. Xa era noite pecha cando nos volvemos reunir todo o grupo. De súpeto, un dos meus compañeiros decatouse de que faltaba un dos seus amigos. Agardamos un pouco máis para ver se chegaba, pero despois dalgún tempo continuamos a marcha buscando a profesora e o neno.

De xeito misterioso, cada pouco tempo, ía desaparecendo alguén, sen que ningún de nós se decatase. Agora estabamos todos realmente asustados. Cando só quedabamos cinco, decidimos volver para a vila e que se ocupase a policía dese asunto. Ao chegar á casa contéillelo aos meus pais e supli-queille que fixésemos as maletas para marcharnos a un lugar afastado. Nese intre de desesperación escoito a voz da profesora dicindo que teño un nega-tivo por estar a durmir na clase, o cal por esta vez foi un alivio...

Nuria CregoInés Piñel 1º ESO A

As misteriosas desaparicións

30

Page 31: Non perdas a palabra 2012

31

Un día, nun lugar pontevedrés, un neno chamado Antón observou que algo ocorría na casa de María. Pola ventá saía fume, aínda que non había ningún incendio. Iso estrañoulle a Antón, e inmediatamente foi correndo ata a casa de María que era a súa veciña. Arrimouse á xanela pero non viu nada. Entón decidiu entrar, xa que ela sempre deixaba a porta aberta. Ao entrar na casa non viu fume nin no baño, nin na cociña, nin no cuarto de durmir. Entón pensou que só podía vir dun sitio: da sala de estar. Alí mesmo estaba o fume, pero non había ninguén. Antón comezou a rebuscar por toda a sala. Non había nada, pero de repente debaixo da colcha do sofá ollou algo verde. Ao levantala observou un mun-do máxico impresionante. Estaba inzado de animais con vinte ollos... ata de trinta!! El non podía crer o que vían os seus ollos. Sen darse conta, un ser estraño con cabeza de vaca e patas de can mordeulle no cu. O pobre cativo comezou a chorar de dor. Cando se tranquilizou, algo lle deu na cabeza e perdeu o sentido. Ao espertar o cativo decatouse de que todo fora unha alucinación debida á inhalación de fume que sufrira ao estar alí. O que en realidade ocorrera fora que a María queimáraselle o pastel que estaba fa-cendo para a súa familia.

Adrián Santomé1º ESO B

O fume misterioso

Page 32: Non perdas a palabra 2012

32

Page 33: Non perdas a palabra 2012

‘’ A boca non é para falar. É para calar.’’

Iso era o que me dicía miña nai cando eu aínda era un rapaz e non tiña nin idea da vida. A miña historia é a que vos conto aquí:

Día 04/02/1948

A iso das sete e media da mañá..Dirixíame onda o carniceiro para extorsionalo e que me pagara o que me debía pola protección que lle ofreciamos para que as mafias dos outros dis-tritos non foran por el. Estiven alí ata que o home soltou o diñeiro e de paso tamén o advertín de que non quería que iso se repetise. Dende alí collemos o coche e fomos onda o Xefe. O que el nos dixo foi:- Quero que fagades un traballiño na zona baixa da cidade. Toni dirávolo todo.De alí pasamos ao coche e despois á zona dos moteis, onde entramos na casa do traidor. Collémolo pola forza e dirixímonos á zona portuaria da ci-dade. A muller intentou seguirnos pero os nosos homes pegáronlle un tiro no medio e medio das cellas. En canto chegamos sacamos o home e prepa-rámoslle uns zapatos de cemento. Os meus homes encargáronse do resto mentres eu botaba unha sesta no asento traseiro do coche.

Día 04/02/1948 Ás doce da noite...

Escoitei tiros. Hahahaha. Pesadelos outra vez!! Pero isto ocorría na reali-dade!! Estaban asaltando o meu piso franco! Tiven que fuxir pola ventá, e menos mal, porque só me dera tempo a coller a pistola e o meu gorro, o res-to quedaba atrás!! Todo, podían velo todo!! Así que fixen o máis razoable, saquei o detonador e activeino. O seguinte que oín foi un xordo estoupido e un pito na orella antes de quedar inconsciente. A miña casa voaba polos aires.

Segredos soterrados

33

Page 34: Non perdas a palabra 2012

Paula Martínez 2ºESO A

34

Page 35: Non perdas a palabra 2012

Día 05/02/1948 Ás once da mañá...

Espertei nun cuarto escuro, estaba atado a unha cadeira e amordazado. Dian-te tiña tres persoas. Supuxen que o do centro sería o xefe daquel pequeno aquelarre. Vese que querían facerme falar pero eu sabía o meu cometido, non podía falar, non podía laretar. Eles tamén o sabían, sabían que eu non diría nada, así que o que me trouxeron foron os meus homes, aqueles homes que á vez eran os meus mellores amigos. E matáronos. Mortos, diante miña, só para facerme sufrir. O único que agora quedaba era o meu mellor amigo da infancia, o pequeno rapaz que eu adoraba, que non tivera que sufrir tan de cerca todo o asunto das mafias. Alí. Diante miña. E estaban dispostos a matalo só para que eu falara. Non podía permitilo. Falei, laretei, cousa que me prometera na miña vida que nunca faría, pero agora daba igual, xa non quedaba ninguén do noso distrito, pero iso eles non o sabían, os únicos eran o pequeno rapaz que tiña eu diante mais eu. O Xefe debía ficar morto. E xusto despois de que eu contara todo déronme un tiro no medio e medio do cello, como fixera eu coa muller do traidor, o Xefe daquela mafia que agora remataba comigo nun axuste de contas. As dúas últimas cousas que me pasaron pola cabeza foron: que matarían o meu amigo simplemente por diversión e sen saber nunca o segredo que todos xuramos soterrar e a frase que miña nai me dicía cando falaba máis da conta, que razón podía chegar a ter a miña nai.-’’ A boca non é para falar. É para calar.’’

Paula Martínez Rocío Otero

Adhara González 2º ESO A

35

Page 36: Non perdas a palabra 2012

“A boca non é para falar. É para calar”... frase típica da miña nai, e do meu profesor de ciencias, e do veciño do terceiro..... Uuuh! O veciño de terceiro, ese home non é normal. Ata diría que é anormal, ten oito dedos en total e unha perna ortopédica, por non falar dos ollos de distinta cor!

Un día escoiteino berrar co seu gato Caniche. Que nome máis estraño para un gato persa, pero o máis raro é que lle berraba por non lavar as mans des-pois de ir ao baño! En fin... escóitase de todo....

1º lei de supervivencia: Facerlle oídos xordos. Se lle escoitas, mal vas. Seino por experiencia, cómeche o coco con cousas sen sentido.

O outro día obrigoume a recoller o mexo do meu can, O MEXO!! Deume moito noxo, díxenlle que non..... arreoume unha patada pola seguinte ra-zón:

2º lei de supervivencia: Non quedes moito tempo mirando a súa perna orto-pédica, ten unha aplicación que consiste en que a súa perna sempre remata no cu máis próximo.Agora dóeme o pompis... Auh...

Hai uns días, Caniche, o seu gato birollo (é coma o dono...) escapouse; e eu, por ser bo cidadán, collino antes de que se perdera pola rúa. Foi o maior erro da miña vida.

3º lei de supervivencia: Non tocar a Caniche. Se o fas, actívase o modo des-trutor da súa perna falsa, que é cinco veces máis forte... Xa me entende-des.

En fin, o meu veciño non ten remedio. Dá medo, é un vello psicópata e amar-gado... A miña vida corre perigo. Desexádeme boa sorte e non esquezades as leis de supervivencia, eu aprendinas moi rápido!

Eva Piñel Andrea Conde

2º ESO B

O do terceiro

36

Page 37: Non perdas a palabra 2012

37

Page 38: Non perdas a palabra 2012

Algo ocorría na casa de María. Pola ventá saía fume, aínda que non había ningún incendio. María estaba facendo unha fogueira. Ela dicía que era para espantar unha pantasma, a pantasma de Ramón, un antigo home que mo-rreu cando estaba a revisar o gas.

-María, que fas? -Pregúntalle o veciño. -Estou facendo unha unha fogueira, non o ves? - Contesta María. -Iso xa o miro. Pero para que o fas? -Di o home. -É para espantara pantasma de Ramón, o do gas! -Exclama ela. -Pero ti cres niso? Non sexas parva, e apaga iso inmediatamente esíxocho - Replica el. -Non a penso apagar, e marcha da miña casa xa! -Volve exclamar María -Ben. Ti saberás o que fas. Eu marcho. Como a casa se incendie e culpa túa - Replica o home.

O home marchou, e alí quedou María coa fogueira.Ao outro día, cando espertou, viu que alguén deixara unha carta enriba da mesa. Ao abrila pecháronse todas as ventás e portas e escoitáronse unhas voces dun home que dicían:

-Maríaa.... o meu espírito perseguírate toda a vidaa....

Cando quixo coller a carta, desapareceu.

Ela asustouse. Decidiu ir ao cemiterio e abrir o seu ataúde, así vería se esta-ba o defunto dentro.

Pola noite dese mesmo día María foi ao cemiterio. Empezou sacando terra e cando chegou ata o ataúde, abriuno e alí non había ningún cadáver.Ela marchou moi asustada para a casa. Esa noite non foi capaz de durmir.Cando espertou, foi correndo á casa dunha amiga que era media bruxa a contarlle o que lle ocorrera. As dúas foron ao cemiterio e ensinoulle o fére-tro; a bruxa tamén se asustou un pouco, entón foron á casa de María. Alí a bruxa Romina empezou a dicir unhas palabras moi raras. De súpeto escoita-ron:

A meiga

Page 39: Non perdas a palabra 2012

Paula Martínez 2ºESO A

39

Page 40: Non perdas a palabra 2012

-Deixádeme tranquilo, e non vos farei dano - Dicía a pantasma

-Nin de broma, nos non renderemos, ata acabar contigo! - Exclama ron as dúas. -Entón terei que facelo polas malas -Replica Ramón o do gas.

Empezou a cheirar a gasolina e a fume. O espectro prendéralle lume á casa de María. Os veciños saíron alertados das súas vivendas.

-Pero que pasou? - Dixeron os veciños alertados. -Foi a pantasma de Ramón. El prendeulle lume á casa! - Exclama Ma ría. -Pero que din vostedes? Están mal da cabeza! Tolas! - Replican os veciños. -Nos vímolo! Non nos credes? Demostrarémolo - Contestan María e Romina.

Os veciños marcharon e deixáronas alí soas.As dúas marcharon á casa para planear un plan e demostrarlle os veciños que elas non estaban tolas. Pensaron todo o día e non se lles ocorría nada. Ata que Romina dixo: -Xa o teño! Ocorréuseme unha moi boa idea, escoita...

-Mañá levaremos os veciños ao cemiterio para que vexan que o ataúde está baleiro, e así saberán a verdade - Di Romina.

-Vale. Pero cando miren o cadaleito baleiro poden pensar que fomos nós, e non nós crerán!- Exclama María.

-Tes razón. Por iso pensei en ir ao cemiterio e deixar unha carta fa céndonos pasar polo do gas - Contesta a bruxa.

-Ben... Fareiche caso. Imaxínate que nos ven ? - Pregunta a muller.

-Tranquila. Confía en min, todo esta controlado - Responde Romina.40

Page 41: Non perdas a palabra 2012

Ao outro día todos se reuniron na praza da vila. As dúas mulleres levaron os veciños ao cemiterio para ensinarlles o ataúde.

-É verdade, está baleiro! - Exclamaron todos os veciños.

Todos empezaron a asustarse. Tiñan que facer algo para desfacerse da pan-tasma, que rondaba pola vila. Ocorréuselle que María e Romina volveran á casa onde aparecía o espectro.Alí, xa pasadas dúas horas..... Apareceu a pantasma!

-Estades aquí outra vez? Estou farto! Deixádeme tranquilo! - Excla ma a aparición.

-Que podemos facer para que marches de aquí? - Preguntan as dúas

-Quero que me fagan un novo enterro como Deus manda, e que me enterredes xunto á miña muller- Responde a pantasma.

-Vale! Nós cumpriremos todo iso, pero ti marcha e non volvas pola túa muller. E o espectro marchou para sempre e nunca volveu.

Lucía Alonso2º ESO AGRUPAMENTO

41

Page 42: Non perdas a palabra 2012

- A boca non é para falar, senón para calar. Claramente hai momentos en que unhas palabras ben ditas non están de máis, pero moitas veces cústa-nos recoñecer que metemos a pata, e ao final o único que conseguimos é empeorar as cousas aínda máis -dixo o meu amigo Gonzalo Ruíz, a quen lle encantaba filosofar sobre a vida e o comportamento das persoas. Gonzalo, quen acababa de ter unha liorta coa súa muller, Ana, acababa de chegar á miña casa para falar sobre o tema, como facía sempre que pelexaba con ela. Por sorte ou por desgraza, esta situación dábase a miúdo. Por sorte quizais para min, xa que tanto un coma o outro estaban moi graciosos mentres pelexaban, e era un bo pasatempo aconsellar o meu amigo sobre o tema. Tanto Gonzalo, ao que eu normalmente chamaba Lalo, coma Ana, teñen un carácter moi forte, e é normal que xurdan conflitos. Aínda así había que es-tar moi cego para non darse conta de que non podían vivir separados, e non tardaban nada en reconciliarse. - Ben certo é que a persoa que calar non pode falar non sabe, pero ás veces eu creo que é máis un problema de non escoitar á outra persoa e nin tratar de entender o seu punto de vista ca outra cousa. Ao final cada un vai defender a súa verdade e a súa maneira de pensar.

Amigos

42

Page 43: Non perdas a palabra 2012

- Falas moi ben, meu amigo, pero isto xa está indo demasiado lonxe, sempre fai o que ela quere e non ten en conta o que eu poida dicir ao respecto.

- Pero que vos pasou esta vez?

- O que nos pasou foi que hoxe, ao chegar do traballo, encontrei os meus libros en caixas e cando lle preguntei que facía, sabes o que me contestou? Que os quería cambiar de sitio, que quería aquel es tante libre para colocar fotos e unhas figuras. Como se ela non soub ese o que me amola que me toquen e me cambien de sitio os meus libros!

- Pero que me dis, Lalo! - contesteille rindo ás gargalladas- Tanto pro blema por iso?

- Paréceche pouco?

- O que me parece é que é unha ridiculez! Primeiro paréceme que ti non tes tantos libros como para que non poidas encontrar outro si tio mellor onde colocalos – díxenlle mentres entraba na cociña a por algo para beber- e non creo que ela o fixera adrede para amolarte. Ademais...

Saín cara ao salón de novo con dúas cervexas na man, pero el xa non esta-ba alí. Coma sempre, Gonzalo deixoume, nunca mellor dito, coa palabra na boca. Definitivamente quere moito a Ana e non se resistiu a volver onda ela, aínda que ningún dos dous sexa capaz de utilizar sabiamente a boca e evitar pelexas calando os pensamentos negativos

Coral RevellaSofía Santos

3º ESO A

43

Page 44: Non perdas a palabra 2012

Un novo fogarAo meu tío Salvador tócalle hoxe estar en terra; pero ben sabes que leva moi-to anos de mariñeiro por todas as augas do mundo... A el encántalle a súa profesión, porque xa dende moi cativo o pai aprendéralle como manexar un barco, e como se utilizaban as redes. Cando apenas tiña dezaoito anos o pai regaloulle un barco, e dende ese día empezou a traballar de mariñeiro. Des-pois duns meses tivo un tráxico contratempo. Mentres estaban recollendo as redes un dos seus tripulantes caeu pola borda.

Os seus compañeiros intentaron salvalo pero cando se tiraron xa era moi tarde. Emerxía da auga xa falecido. Intentaron pedir auxilio pero non lle fun-cionaba a emisora. Entón tiveron que metelo na bodega para levalo ao por-to. Ese tráxico suceso marcou a súa vida. Dende a morte do seu compañeiro decidiu vender o barco e non volver traballar máis no mar. Dende hoxe a terra será o seu fogar e todo quedara nun tráxico recordo.

María González 3

44

Page 45: Non perdas a palabra 2012

3

Page 46: Non perdas a palabra 2012

A boca non é para falar, é para calar. Conserva as pinguiñas de orballo que aínda non se evaporaron, aquela doce brisa salgada, o último anaco de tor-ta. Un cofre que coida dos tesouros que desexamos gardar. Tanto os bos coma os malos, os esquecidos e os inolvidables, os que xa pasaron e os que nunca pasarán.

Por iso, se introduces a chave incorrecta no silencio, sobre a pel fría da ce-rradura, e abres a caixa das sorpresas, os tesouros finxirán ser aire e fuxirán voando. Agora convertidos en moedas sen valor, en botellas sen mensaxe, en tickets caducados. Vulgarmente coñecidos como “palabras”.

Estas deslizaranse por beizos bífidos, caendo en oídos indefensos, atormen-tando mentes inocentes. Xa que hai tempo que aquelas palabras chama-das “bonitas” extinguíronse no esquecemento. Desaparecendo lentamente baixo as augas das lembranzas onde afogaron, silandeiras.

Pero contan as malas linguas, que entre as raíces mofentas dos máis escuros bosques, baixo as pontes das cidades nos días de chuvia, no solitario prado de margaridas cando comeza a primavera, nárranse contos, historias, len-das, cada domingo ás tres da tarde. E son estes seres os que recitan con sons, facendo xestos coas mans, bailando ao ritmo de cada sílaba e mirando o espectador, hipnotizándoo. Infundíndolle ás historias, máis vida da que nunca tiveron. Nelas din que non todas as palabras morreron, que viven en mentes enferruxadas e corazóns partidos, como nenos perdidos entre o xentío, viaxeiros que flotan en suspiros, sen mapa, diñeiro nin cobertu-ra. Vagando sen rumbo nin destino pola estrada recentemente asfaltada de soños rotos e desilusións. Agardando na beirarrúa o bus dos recordos para que as leven de volta á casa, de volta a ese cofre que non se debe abrir coa chave equivocada.

Marta Torres 4º ESO A

46

Page 47: Non perdas a palabra 2012

47

Page 48: Non perdas a palabra 2012

Anxo non acaba de crer mais era verdade. Por fin deixábano saír de paseo coa panda… -Contra, que fácil foi…-sorriu Anxo.Catro horas antes...Anxo pensaba en como convencer os seus pais para poder saír cos amigos, coa súa panda. Xa ía sendo hora, pensaba, tiña xa dezaseis anos.Sempre lle dicían o mesmo. Que son tempos difíciles, perigosos e hai xente rara. Aínda es un mozo que estuda e non deberías andar ata as tantas, es menor de idade e se che pasa algo…Estaba farto de oír sempre o mesmo. Mais estaba preocupado, non sabia o que dicir para convencelos. Pero era todo ou nada, merecíase un pouco de confianza por parte dos seus pais.Levantouse decidido da cama do seu cuarto. Ía falar con súa nai en plan serio. -Vai ser perigoso! Mais eu ríome ante o perigo, e non falo só de rir me estou falando de rirme ás gargalladas!Despois deste pequeno lapso, foi cara a cociña disposto a falar coa súa nai. -Ma… Comeza Anxo. -Dixéronme que este sábado teus amigos tiñan pensado saír- Inte rrompeuno a súa nai. -Si e diso quería eu falar… -Xa, pois falei con teu pai, podes ir e saír cos teus compañeiros pero que non me cheguen noticias de que andas a facer cousas raras e que mañá non teña que andar detrás túa porque non volves e… -Ai! Que ben! Si, ti tranquila, non te preocupes! Bicou a súa nai na meixela e marchou correndo a dicírllelo aos seus amigos. -Iso ímolo ver mañá…-murmurou a súa nai non moi convencida.

Sara Rodríguez 4º ESO B

Un pequeno lapso

48

Page 49: Non perdas a palabra 2012

49

Page 50: Non perdas a palabra 2012

Algo ocorría na casa de María. Pola ventá saía fume, aínda que non había ningún incendio...Non había ningunha explicación do que estaba acontecendo. - Que está provocando todo isto? - pregunteime a min mesma. Había uns días que os pais de María foron de vacacións, e este ano, María, decidira quedar na casa. Saquei unha conclusión: María puido facer de comer e esquecer o xantar no lume e que se queimara.

CONCLUSIÓN DESCARTADA! O fume non saía da cociña.

Por uns minutos non quixen pensar o que estaba sucedendo naquela casa, pero era tanta a curiosidade que decidín ir.Chamei á porta, pero ninguén contestou. Entrei pola miña conta e... Non o podía crer! O fume saía do soto. A porta do soto estaba pechada, tanto a forcei que conseguín abrila.Alí estaba María, xogando co lume como se estivese posuída. Intentei tran-quilizala, pero era como se non me escoitara, non se daba conta da realida-de, do que pasaba ó seu redor.

María non estaba ben, como tiña que estar.. non había dúbida ningunha... María era... MEIGA.

Nerea Mariño PDC2

50

Page 51: Non perdas a palabra 2012

51