Nº-2 Novembro do 2004 Boletín veciñal Casdenodres- … Mimosa 02 - Noviembre 2004.pdf · que nas...

8
A MIMOSA Nº-2 Novembro do 2004 Boletín veciñal Casdenodres- Galiza- O mundo CHEGA A MATANZA Foto.- Imaxen do porco cas crias. Xa estamos eiquí co segundo número da nosa revista, a pesar do pouco presuposto que temos. Xa estamos no inverno como quen dí, e comidos os choupís, que ainda nos deron uns raticos de boa comida e cenas copiosas, chegou a vendima que fixeron aqueles que fain viño, que no noso pobo son uns poucos e fixeron o viño novo, que ainda non probamos en demasía (esperámolo con ganas). E chegan os magostos reuníndose todos o redor das castañas para degustar ese manxar que nas frias noites do inverno saben a gloria pura e tamén a matanza, que comeza o día 11 de novembro por San Martiño (de aiquí o dito a todo porquiño chégalle o seu San Martiño) e remata a finales de mes por San Andrés.Que vou decir dunha festa que para nós é algo especial e que con tanta gana se colle.Pois que é unha maravilla o ambiente, a festa e o ben que nos presta durante todo o ano comer tódalas delicias que nos ofrece o porco ( maravilloso animal do que se dí que si voara sería o mellor animal do mundo), pois dito queda, que se disfruten as matanzas e xa probaremos eses chouricicos tan apetitosos.

Transcript of Nº-2 Novembro do 2004 Boletín veciñal Casdenodres- … Mimosa 02 - Noviembre 2004.pdf · que nas...

Page 1: Nº-2 Novembro do 2004 Boletín veciñal Casdenodres- … Mimosa 02 - Noviembre 2004.pdf · que nas frias noites do inverno saben a gloria pura e tamén a matanza, que comeza o día

A MIMOSA

Nº-2 Novembro do 2004 Boletín veciñal Casdenodres- Galiza- O mundo

CHEGA A MATANZA

Foto.- Imaxen do porco cas crias.

Xa estamos eiquí co segundo número da nosa revista, a pesar do pouco presuposto que

temos. Xa estamos no inverno como quen dí, e comidos os choupís, que ainda nos deron uns

raticos de boa comida e cenas copiosas, chegou a vendima que fixeron aqueles que fain viño, que no noso pobo son uns poucos e fixeron o viño novo, que ainda non probamos en demasía (esperámolo con ganas).

E chegan os magostos reuníndose todos o redor das castañas para degustar ese manxar

que nas frias noites do inverno saben a gloria pura e tamén a matanza, que comeza o día 11 de novembro por San Martiño (de aiquí o dito a todo porquiño chégalle o seu San Martiño) e remata a finales de mes por San Andrés.Que vou decir dunha festa que para nós é algo especial e que con tanta gana se colle.Pois que é unha maravilla o ambiente, a festa e o ben que nos presta durante todo o ano comer tódalas delicias que nos ofrece o porco ( maravilloso animal do que se dí que si voara sería o mellor animal do mundo), pois dito queda, que se disfruten as matanzas e xa probaremos eses chouricicos tan apetitosos.

Page 2: Nº-2 Novembro do 2004 Boletín veciñal Casdenodres- … Mimosa 02 - Noviembre 2004.pdf · que nas frias noites do inverno saben a gloria pura e tamén a matanza, que comeza o día

POEMAS Luis Alberto de Cuenca Biografía.-

Poeta, traductor y ensayista español nacido en Madrid en el año de 1950. Interrumpió los estudios de Derecho en la Universidad Complutense de Madrid para licenciarse en Filología

Clásica. Es un miembro destacado de los poetas de su generación, caracterizado por cultivar tanto las formas

clásicas como modernas, evolucionando hacia fórmulas personales que le han valido el reconocimiento de la crítica

literaria.

Fue director de la Biblioteca Nacional y Secretario de Cultura del gobierno español, obtuvo el Premio de la Crítica con «La caja de plata» en 1985 y el Premio Nacional de Traducción con el «Cantar de Valtario» en 1987. De su obra poética también merecen destacarse, «Los retratos» 1971, «Elsinore» 1972, «Scholia» 1978,

«Necrofilia» 1983, «El otro sueño» 1987 y «El hacha y la rosa» 1993. «Sin miedo ni esperanza recoge, en seis

partes, sesenta poemas escritos entre 1996 y 2002 y su poesía completa hasta 1996, está contenida en «Los

mundos y los días».

Collige, virgo, rosas Bebétela

Dile cosas bonitas a tu novia: Niña, arranca las rosas, no esperes a mañana.

«Tienes un cuerpo de reloj de arena Córtalas a destajo, desaforadamente,

y un alma de película de Hawks.» sin pararte a pensar si son malas o buenas.

Díselo muy bajito, con tus labios Que no quede ni una. Púlele los rosales

pegados a su oreja, sin que nadie que encuentres a tu paso y deja las espinas

pueda escuchar lo que le estás diciendo para tus compañeras de colegio. Disfruta

(a saber, que sus piernas son cohetes de la luz y del oro mientras puedas y rinde

dirigidos al centro de la tierra, tu belleza a ese dios rechoncho y melancólico

o que sus senos son la madriguera que va por los jardines instilando veneno.

de un cangrejo de mar, o que su espalda Goza labios y lengua, machácate de gusto

es plata viva) . Y cuando se lo crea con quien se deje y no permitas que el otoño

y comience a licuarse entre tus brazos, te pille con la piel reseca y sin un hombre

no dudes ni un segundo: (por lo menos) comiéndote las hechuras del

bébetela. alma

Y que la negra muerte te quite lo bailado..

"El bosque y otros poemas" 1997 "Por fuertes y fronteras" 1996

El desayuno DNA

Me gustas cuando dices tonterías, DNA o ADN, poco importa

cuando metes la pata, cuando mientes, si en castellano o en inglés :el caso

cuando te vas de compras con tu madre es que me muero por tus proteínas,

y llego tarde al cine por tu culpa. por tus aminoácidos, por todo

Me gustas más cuando es mi cumpleaños lo que fuiste una vez, cuando tus padres

y me cubres de besos y de tartas, vinieron de cenar algo achispados

o cuando eres feliz y se te nota, y , después de tirar de la cadena,

o cuando eres genial con una frase hicieron una nueva con tu nombre, que lo resume todo, o cuando ríes con tus curvas y con tus fantasías.

(tu risa es una ducha en el infierno), Dame una foto de tu DNA

o cuando me perdonas un olvido. Tamaño DNI, que me retuerzo

Pero aún me gustas más, tanto que casi de ganas de mirarla a todas horas.

no puedo resistir lo que me gustas,

cuando, llena de vida, te despiertas "Por fuertes y fronteras" 1996 y lo primero que haces es decirme:

«Tengo un hambre feroz esta mañana.

Voy a empezar contigo el desayuno».

"El hacha y la rosa" 1993

- Silvia -

Page 3: Nº-2 Novembro do 2004 Boletín veciñal Casdenodres- … Mimosa 02 - Noviembre 2004.pdf · que nas frias noites do inverno saben a gloria pura e tamén a matanza, que comeza o día

ENTREVISTA A vendima por Emilio Vega

Atopamos ó señor ´´Milio´´ sentado no Taller ó sol, ó lado da súa casa, e pensamos que ninguén mellor ca el para contarnos o que é e o que era a vendima. ¿ Cando se fai a vendima, en que época ?

-Polo Rosario, este ano cuadra polo día tres. Entón antes facíase máis tarde, ¿É polo tempo ?

-Eso depende , tamén inda que non o recordo fíxose a seitura en junio, por San Pedro, depende ... ¿E antes como era, ou é como agora ?; ¿ Cómo ibades ?

-Pois pa ir ibamos a pé e pa vir viñamos andando. ¿ E por onde ibades ?

-Por Paradela, de Paradela a Valdanta e as Hermitas, levábanos dúas horas... ¿Facíase o viño alí ?

-Claro, tiñan un lagar e unha cuba...e quedaba un da casa cuidando o viño. ¿Canto tempo lle levaba ?

-Máis de un día, quedabamos alí a durmir. ¿Cantos erades para vendimar ?

-Pois non mutos , nós eramos seis... ¿ E a aguardiente ?

-Tamén se facia alí, o Señor Isacc... ¿Como traian o viño para casa ?

-No carro, nas botas que se facían con piel de cabra, antes de ir a vendima preparábanse os carros e palla para porlle o redor das botas, se non rompíanse. ¿E o almorzo ?

-Levábase para varios días , levábase chourizo e magra e lacón, comíamos e despois volvíamos a vendimar hasta a noite, quedabamos a durmir alí na bodega en pallas. ¿ Tiñas viña ?

-Non, iba a vendima pos outros ... ¿E comprabas o viño ou regalábancho ?

-Non...se non tiñas viño pois nada a beber auga. ¿Os cestos eran igual ?

-Os de ahora esos de goma non chegan ós cuarenta kilos e os de antes pasaban dos sesenta...de estradoira, de rebolo ou de salgueiro. ¿E como se apañaban ?

-Deixabamos as vacas ca cesta e levábanse ó lagar ...non se traían a casa. ¿ E para conservar o viño ?

-Como agora, votábaselle ieso as cubas para darlle capa o viño, para conservalo vótaselle bisulfito. ¿Iban todas as uvas xuntas ?

-Claro, todas...pero tamén había blanco e tinto. Había un que cambiaba viño blanco por tinto ¿cantos tipos de uvas hai ?

-Pois mutas, godello , mencía ,garnacha , mouraton, jerez.... Pois nada moitas gracias e a disfrutar do viño.....

- Ruben -

VOCABLOS -1.- Bocoi a.- embudo de grandes dimensiois utilizado na vendima. -2.- Cembada b.- pala para votar as brasas no braseiro. -3.- Choupín c.- desnivel pronunciado do terreo. -4.- Taludo d.- variedade de seta moi apreciada na zona. -5.-Funil e.- froito do castiñeiro. -6.-bullotes f.- recipiente onde se coce o viño. -7.- Badila g.- dícese dos fréxoles que nón están tenros. Solución ultima páxina.

Page 4: Nº-2 Novembro do 2004 Boletín veciñal Casdenodres- … Mimosa 02 - Noviembre 2004.pdf · que nas frias noites do inverno saben a gloria pura e tamén a matanza, que comeza o día

FOTOS DE ONTE E HOXE

As de onte

Foto.- Parece un vo día no monte.

Foto.- Aiquí debe ser domingo e posando. Queremos agradecerlle a nosa presidenta da asociación ( Begoña ) estas e outras fotos que nos deixou para poder publicalas, moitiñas gracias e a ver se vos animades todos a mandarnos fotos antigas.

Por suposto seguimos pedindo as vosas colaboraciois, asi que mandadenos fotos antigas e modernas e demais historias que creades graciosas ou de interés para que as publiquemos na revista.

Page 5: Nº-2 Novembro do 2004 Boletín veciñal Casdenodres- … Mimosa 02 - Noviembre 2004.pdf · que nas frias noites do inverno saben a gloria pura e tamén a matanza, que comeza o día

FOTOS DE ONTE E HOXE

As de hoxe

Aiquí temos unha foto de fai poucos anos, e unha cea do dia 7 todos xuntos. Bueno a verdad é que somos xente alegre, ben se vei. . Foto.- Praza do pobo.

Nesta outra foto queremos enseñarvos unha maravilla que se encontra na Veiga e que creo que aínda hai xente no pobo que non coñece, pero bueno espero que se acheguen ata alí que é digna de ver esta casa feita con pedras do embalse e que coñécese pola casa do bailarín. Foto.-Casa do bailarín.

Page 6: Nº-2 Novembro do 2004 Boletín veciñal Casdenodres- … Mimosa 02 - Noviembre 2004.pdf · que nas frias noites do inverno saben a gloria pura e tamén a matanza, que comeza o día

DITO POPULAR Con estos nomes identificábanse ós veciños dos pobos do Concello de A veiga no pasado século XX, sobre todo na primeira mitade ata os anos 60. A autoría non esta muy clara pero hay quen mantén que foi un veciño dun pobo da montaña, de Vilanova . O que si é certo é que o Sr. Calores era o que máis o divulgaba polo pobo. Dícese na seguinte orde: >ASQUESOROS os de CORZOS >CARETOS os de BAÑOS >PLEITEANTES os de VALDIN >BAILAROTES os de SEOANE e >GLORIOSOS os de XARES > >MOSCARDOIS son os de PONTE >TORGUEIROS os de VILANOVA >GARABITOS os de MEIXIDE >SALTAPALLETAS os de EDREIRA e >MANTEIGUEIROS os de REQUEIXO > >PAPUDOS os de San LORENZO >BERRUGOS os de LAMALONGA >GROLLOS os de CURRA >SUBIOTES os de ESPIÑO e >ANDARIS os de PRADO > >SACAMANTAS os de A VEIGA >LACAZAIS os de CASDENODRES >ESCARABELLOS os de CASTROMARIGO >TOUCIÑEIROS os de CANDEDA e >ABOGADOS os de MEDA > >MELEIROS os de PRADA >DE SAN FIZ e RIOMAO eran os CEREIROS >MESTIZOS os de ALBERGUERIA >CARACOIS os de VILABOA e >RABIAS os de COREXIDO > >E despois chegamos a SANTA CRISTINA >e todos son unos CHOURIZAIS. > >PATOCOS en PRADOLONGO en >CARRACEDO BURRAIS e >chegamos a CASTROMAO e todos son unos CAGARRAIS. > >Recitabanse a modo de copla con escenificación incluida e ten una >musiquilla.

- Fernando -

Page 7: Nº-2 Novembro do 2004 Boletín veciñal Casdenodres- … Mimosa 02 - Noviembre 2004.pdf · que nas frias noites do inverno saben a gloria pura e tamén a matanza, que comeza o día

O QUE FIXEMOS Neste segundo número da nosa revista queremos enseñarvos alguna fotos da baixada do carro deste ano que como sempre é espectacular cando veisenos baixar polo pobo adiante, a min polo menos póñenseme os pelos de punta e recórreme un orgullo por dentro que non se pode explicar. Tamén algunha da segunda carreira internacional de carretillos na que os gañadores foron Rubén e Roberto non sen dificultades, e ademáis outra da espectacular e xenial idea da carreira de pitas que non me negaredes é unha pasada de divertida e que repetiremos tamén todos os anos.

Foto.-Día 7 baixada do carro ano 2004 E ademáis este ano tamén tivemos a guerra dos globos para os nenos que foi moi divertida e creo

que pasárono moi ben e así ten que ser, que é o futuro do pobo e hai que telos contentos.

Foto.-Chegada dos campiois deste ano polos pelos.

Page 8: Nº-2 Novembro do 2004 Boletín veciñal Casdenodres- … Mimosa 02 - Noviembre 2004.pdf · que nas frias noites do inverno saben a gloria pura e tamén a matanza, que comeza o día

Foto.-Saida da primeira carreira internacional de pitas.

Este ano de novo intentamos que o pobo tivera festa o día 6 e conseguímolo non sen dificultades (moitas) pero ca misma dedicación que sempre. A directiva da nosa asociación, que a súa vez encárgase da comisión de festas, tivo que sacar cartos de debaixo das pedras para cubrilos gastos pero poidemos facelo e tamén queremos agradecérvolo a todos por aportar eses 50 euros, que sin eles non poderíamos facer nada de isto.

E tamén recordarvos que hai muita xente en Casdenodres e que tiñamos que ser todos da asociación, non para recibila revista, nin para facela festa, que non ten nada que ver una cousa con outra, sino para ser máis fortes e poder facer cousas pouco a pouco, que seis euros gástanse en café nunha semana.

EDITORIAL Vos abedes preguntado algua vez por qué estraña razón nos lanzamos como posesos a coller o primeiro metro que chega como loucos sabendo de sobra que o seguinte ven dentro de un minuto... e por riba a cara de lelo que se che queda cando se pechan as portas diante de tí, despois de que te pegaches unha carreira do demo, pois iso pásanos polo de sempre, somos unha raza tonta e incomprensible e parecemos ovellas uns detrás dos outros e sin chistar. Iso nos pobos e radicalmente oposto, poden pasar días que si non é algo urxente nadie ten presa, e qué?... se non hai nada tan urxente nesta vida, solo deberíamos collelo primeiro metro que pasara ante un problema dun ser querido, un problema de saude, o por lanzarte cos brazos abertos a un amor loco... o moi en todo caso ir a cobrar unha herencia, que para iso si que hai que darse moita presa. Un consello, vivila vida louca... pero despaciño que presta moitísimo mais.

Director.- Jairo Vega.

HOTEL RESTAURANTE AS CHAIRAS

TELEFONO: 988350168 Recordade a nosa dirección de correo para que mandeis as colaboracións: [email protected] Solución ós vocablos: 1-f, 2-c, 3-d, 4-g, 5-a, 6-e, 7-b. Tampouco era difícil, a que non.