ASOCIACIÓN DESENVOLVEMENTO RURAL MARIÑAS...

14
1 ASOCIACIÓN DESENVOLVEMENTO RURAL MARIÑAS – BETANZOS http://www.marinasbetanzos.org ; [email protected]; Tlfno. 981 669 541 ACTA REUNIÓN DE XUNTA DIRECTIVA DO 23 DE XANEIRO DE 2017 Acta da Xunta Directiva Ordinaria da Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos, do luns 23 de xaneiro de 2017, iniciada ás 19.00 horas en primeira Convocatoria, na Sala de Xuntas da Casa do Concello de Abegondo (R/San Marcos, s/n) e coa seguinte Orde do día: ORDE DO DÍA 1. APROBACIÓN SE PROCEDE DA ACTA DA SESIÓN ANTERIOR Acta xunta directiva do 5/09/2016 e acordo on-line. 2. INFORME DO PRESIDENTE. 2.1. SOLICITUDE ADMISIÓN ASOCIADOS: MONTE VECIÑAL MAN COMÚN XALO. 2.2. PROGRAMA GARANTÍA XUVENIL 2.3. RESOLUCIÓN GRUPOS OPERATIVOS DA INNOVACIÓN. 2.4. LANZADEIRAS DE EMPREGO. 2.5. CONVENIO MICROCRÉDITOS MICROBANK (CAIXABANK). 3. RESOLUCIÓN MEDIDA LEADER 2014-2020. POSTA EN MARCHA. 3.1. RESOLUCIÓN DE AGADER. SINATURA CONVENIO. 3.2. APERTURA PRAZO PRESENTACIÓN DE PROXECTOS. 3.3. RESOLUCIÓN XERENCIA LEADER E LANZAMENTO CONTRATACIÓN EQUIPO TÉCNICO. 4. MARCA PRODUTOS RESERVA DE BIOSFERA. 5. RESERVA DE BIOSFERA. FOLLA DE RUTA PARA O ANO 2017. 6. PREGUNTAS E INTERVENCIÓNS. A REUNIÓN TENSE DESENVOLVIDO CO RESULTADO SEGUINTE: ASISTENTES: D. José Francisco Castro Vilariño, en representación da Mesa sectorial de asociacións deportivas, recreativas, de veciños, culturais, ANPAS (Asociación Vedoreira). Dna. Aida Pérez Barredo, en representación da mesa sectorial Asociacións de empresarios multisectoriais (Asociación de Empresarios de Culleredo) e Tesoureira da Asociación. D. José Domiro Garrote Martín, en representación da Mesa sectorial da pesca, marisqueo, acuicultura e desenvolvemento do litoral (G.A.L.P. Golfo Ártabro Sur)

Transcript of ASOCIACIÓN DESENVOLVEMENTO RURAL MARIÑAS...

Page 1: ASOCIACIÓN DESENVOLVEMENTO RURAL MARIÑAS BETANZOSmarinasbetanzos.gal/wp-content/uploads/2016/11/... · 2. INFORME DO PRESIDENTE. 2.1. SOLICITUDE ADMISIÓN ASOCIADOS: MONTE VECIÑAL

1

ASOCIACIÓN DESENVOLVEMENTO RURAL MARIÑAS – BETANZOS

http://www.marinasbetanzos.org ; [email protected]; Tlfno. 981 669 541

ACTA REUNIÓN DE XUNTA DIRECTIVA DO 23 DE XANEIRO DE 2017

Acta da Xunta Directiva Ordinaria da Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos, do

luns 23 de xaneiro de 2017, iniciada ás 19.00 horas en primeira Convocatoria, na Sala de Xuntas da

Casa do Concello de Abegondo (R/San Marcos, s/n) e coa seguinte Orde do día:

ORDE DO DÍA

1. APROBACIÓN SE PROCEDE DA ACTA DA SESIÓN ANTERIOR

Acta xunta directiva do 5/09/2016 e acordo on-line.

2. INFORME DO PRESIDENTE.

2.1. SOLICITUDE ADMISIÓN ASOCIADOS: MONTE VECIÑAL MAN COMÚN XALO.

2.2. PROGRAMA GARANTÍA XUVENIL

2.3. RESOLUCIÓN GRUPOS OPERATIVOS DA INNOVACIÓN.

2.4. LANZADEIRAS DE EMPREGO.

2.5. CONVENIO MICROCRÉDITOS MICROBANK (CAIXABANK).

3. RESOLUCIÓN MEDIDA LEADER 2014-2020. POSTA EN MARCHA.

3.1. RESOLUCIÓN DE AGADER. SINATURA CONVENIO.

3.2. APERTURA PRAZO PRESENTACIÓN DE PROXECTOS.

3.3. RESOLUCIÓN XERENCIA LEADER E LANZAMENTO CONTRATACIÓN EQUIPO TÉCNICO.

4. MARCA PRODUTOS RESERVA DE BIOSFERA.

5. RESERVA DE BIOSFERA. FOLLA DE RUTA PARA O ANO 2017.

6. PREGUNTAS E INTERVENCIÓNS.

A REUNIÓN TENSE DESENVOLVIDO CO RESULTADO SEGUINTE:

ASISTENTES:

D. José Francisco Castro Vilariño, en representación da Mesa sectorial de asociacións deportivas,

recreativas, de veciños, culturais, ANPAS (Asociación Vedoreira).

Dna. Aida Pérez Barredo, en representación da mesa sectorial Asociacións de empresarios

multisectoriais (Asociación de Empresarios de Culleredo) e Tesoureira da Asociación.

D. José Domiro Garrote Martín, en representación da Mesa sectorial da pesca, marisqueo, acuicultura e

desenvolvemento do litoral (G.A.L.P. Golfo Ártabro Sur)

Page 2: ASOCIACIÓN DESENVOLVEMENTO RURAL MARIÑAS BETANZOSmarinasbetanzos.gal/wp-content/uploads/2016/11/... · 2. INFORME DO PRESIDENTE. 2.1. SOLICITUDE ADMISIÓN ASOCIADOS: MONTE VECIÑAL

2

Dna. Catalina Rodríguez Rodríguez, en representación da Mesa de Asociacións e colectivos de

Mulleres. (Amfar – Cambre).

D. José Soto Martínez, en representación da Mesa do sector de turismo e hostalería (Asociación de

Turismo Sostible de A Coruña).

D. Andrés Rodríguez Pereira, en representación da Mesa sectorial de asociacións e colectivos

medioambientais e mozos (Grupo Naturalista Hábitat).

Dna. Catalina Rodríguez Rodríguez, por delegación de María Teresa Tiemblo Marsal, en representación

da Mesa de colectivos de interese social, discapacidade e ONGD (ASPANAES).

Dna. Catalina Rodríguez Rodríguez, por delegación de Eulogio López Río, en representación da Mesa

de colectivos de interese social, discapacidade e ONGD (ASPACE).

D. Antonio Buyo Mosquera, en representación da Mesa do sector agrario, gandeiro, forestal e da

madeira (Asociación sectorial de viticultores e adegueiros de Betanzos e comarca).

D. José Antonio Santiso Miramontes, Alcalde do Concello de Abegondo en representación da Mesa

sectorial das Administracións Locais. Presidente da Asociación.

D. Cesar Longo Queijo, Alcalde do Concello de Paderne, en representación da mesa sectorial das

Administracións Locais. Vicepresidente da Asociación.

D. Antonio Ángel Fraga Sánchez, Tenente-Alcalde do Concello de Curtis, en representación da Mesa

sectorial das Administracións Locais.

Dna. Alejandra Pérez Máquez, Alcaldesa do Concello de Bergondo en representación da Mesa sectorial

das Administracións Locais.

D. Francisco Quintela Requeijo, Alcalde do Concello de Coirós en representación da Mesa sectorial das

Administracións Locais.

D. Carlos Vales Vázquez en representación da Mesa do sector institucional (Centro de Extensión

Universitaria e Divulgación Ambiental Galicia –CEIDA-).

D. Xosé Lois Suárez Becerra, Concelleiro de Promoción Económica, Turismo e Medio Ambiente do

Concello de Sada, en representación da mesa sectorial das Administracións Locais.

D. Rodrigo López Piquín, Concelleiro de Obras Públicas do Concello de Oleiros, en representación da

mesa sectorial das Administracións Locais.

Dna. Patricia Amado Varela, Concelleira de Promoción e Desenvolvemento do Concello de Arteixo, en

representación da mesa sectorial das Administracións Locais.

Dna Begoña de Bernardo Miño, en representación da Mesa sectorial de asociacións deportivas,

recreativas, de veciños, culturais, Anpas (Asociación Roxín Roxal).

D. Juan Manuel Neira Fernández, en representación da Mesa do sector institucional (Sociedade Galega

de Historia Natural).

ASISTENTES CONVIDADOS:

D. Antonio Vázquez Lorenzo, en representación do Concello de Betanzos.

Dna. Leonor Fernández Grande, en representación do Concello de Cambre.

D. José Ramón Rioboo Castro, en representación do Concello de Culleredo.

Page 3: ASOCIACIÓN DESENVOLVEMENTO RURAL MARIÑAS BETANZOSmarinasbetanzos.gal/wp-content/uploads/2016/11/... · 2. INFORME DO PRESIDENTE. 2.1. SOLICITUDE ADMISIÓN ASOCIADOS: MONTE VECIÑAL

3

D. Jorge M. Blanco Ballón. Xerente Leader 2014-2020.

D. Miguel Fernández Pardo, Asistencia Técnica da Asociación Mariñas-Betanzos.

D. Diego Miranda Barrós, Asistencia Técnica da Asociación Mariñas-Betanzos.

D. Diego López Pedreira, Técnico Consorcio As Mariñas.

1. APROBACIÓN SE PROCEDE DA ACTA DA SESIÓN ANTERIOR

Xúntase como Anexo I a Acta da reunión de Xunta directiva do 5/09/2016 e do Acordo on-line

(ver Anexo II) sobre a posta en marcha da Medida Leader 2014-2020 e aprobación do

lanzamento de contratación do Equipo Técnico (enviado o 23/12/2016), quedando aprobadas

por unanimidade.

2. INFORME DO PRESIDENTE.

2.1. SOLICITUDE ADMISIÓN ASOCIADOS: MONTE VECIÑAL MAN COMÚN XALO.

A entidade Monte Vecinal en Mano Común “Xalo” ten solicitado a súa adhesión como socio,

con data 29 de setembro de 2016, así como a súa adhesión á Mesa do Sector Agrario,

gandeiro e cooperativo, e sector forestal e da madeira.

Esta entidade ten presentado toda a documentación administrativa requerida, propoñendo

aos seguintes representantes:

Titular: José Antonio Barbeito Uzal.

Suplente: Juan Castro Insua.

Queda aprobada por unanimidade a entrada da entidade Monte Vecinal en Mano Común

“Xalo” como asociado de Mariñas-Betanzos, na devandita Mesa Sectorial.

2.2. PROGRAMA GARANTÍA XUVENIL.

Con data 20 de xullo de 2016 a Secretaría Xeral de Emprego ten otorgado unha axuda á

Asociación Mariñas-Betanzos para a contratación durante 7 meses de 2 persoas mozas

desempregadas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil (menores de 30 anos),

para o “Apoio á organización dos productores agroalimentarios da Reserva de Biosfera”. Os

perfiles concedidos son: Enxeñería Técnica e FP-xefe administrativo infomática. A axuda

cubre o total dos custes da contratación.

Téñense contratado dúas persoas, Xoana González Ruiz e Lucía Candal, con data 27 de

Setembro, para a realización das seguintes tarefas:

Page 4: ASOCIACIÓN DESENVOLVEMENTO RURAL MARIÑAS BETANZOSmarinasbetanzos.gal/wp-content/uploads/2016/11/... · 2. INFORME DO PRESIDENTE. 2.1. SOLICITUDE ADMISIÓN ASOCIADOS: MONTE VECIÑAL

4

Tarefas de apoio no desenvolvemento do Plan Alimentario da Reserva de Biosfera

MCeTM, e na posta en marcha da Marca asociada á Reserva de Biosfera.

Tarefas técnicas de deseño e posta en marcha dunha páxina web da Reserva de

Biosfera, e das distintas empresas agroalimentarias da Marca.

2.3. RESOLUCIÓN GRUPOS OPERATIVOS DA INNOVACIÓN.

Dentro dos PDRs 2014-2020 das distintas rexiones europeas, se ten incorporado unha

medida que se chama Agrupacións Europeas da Innovación, e se canalizaría a través de

proxectos promovidos por varias entidades que recibirían o nome de Grupo Operativo, e

que tería como obxectivo resolver problemas do eido agrario ou forestal, ou ben aproveitar

oportunidades ou recursos ociosos, sempre baixo o prisma da sostenibilidade e a economía

baixa en Carbono.

Mariñas-Betanzos ten recibido unha axuda para o desenvolvemento dos seguintes

proxectos:

“DESEÑO DE FERRAMENTAS PARA A MELLORA NA XESTIÓN DE XURROS DAS

EXPLOTACIÓNS PORCINAS”

Obxectivos: Deseño dunha ferramenta SIX que lle permita ao gandeiro realizar de

maneira correcta a aplicación-xestión do xurro, para minimizar afeccións ao medio,

establecendo indicadores para monitorizar posibles impactos.

Socios: Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo – INGACAL, Asociación

Galega de Cooperativas Agrarias (AGACA), Concello de Abegondo, Universidade de

Santiago de Compostela, COPORC S.C.G. e a Asociación Mariñas-Betanzos.

“DESEÑO DUNHA APLICACIÓN INFORMÁTICA PARA A MELLORA DA XESTIÓN DE TERRAS

NAS COOPERATIVAS GANDEIRAS”

Obxectivo: crear unha ferramenta que incremente a eficiencia das explotacións

gandeiras a través da mellora da súa base territorial e a ordenación de cultivos. En

concreto a ferramenta consistiría nun novo software, de fácil uso para os gandeiros.

Socios: Cusoviame S.C.G., a Universidade da Coruña, Universidade de Santiago,

Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo - INGACAL, Irmandiños S.C.G. e a

Asociación Mariñas-Betanzos.

Page 5: ASOCIACIÓN DESENVOLVEMENTO RURAL MARIÑAS BETANZOSmarinasbetanzos.gal/wp-content/uploads/2016/11/... · 2. INFORME DO PRESIDENTE. 2.1. SOLICITUDE ADMISIÓN ASOCIADOS: MONTE VECIÑAL

5

2.4. LANZADEIRAS DE EMPREGO.

Con data 31 de agosto de 2016 presentouse unha solicitude de axuda á Consellería de

Economía, Emprego e Industria, para a posta en marcha dunha Lanzadeira de Emprego

dirixida a promover a inserción laboral de 75 persoas desempregadas, no ámbito da

produción agroalimentaria e outras actividades enmarcadas no “emprego verde” e a

“economía circular”.

Desde o Servizo de Programas Mixtos da Secretaría Xeral de Emprego teñen comunicado

que a proposta presentada non está entre os programas subvencionados. Un dos principais

motivos da non selección é o ámbito territorial proposto, coincidente coa Reserva de

Biosfera máis o concello de A Coruña, xa que a media da tasa desemprego non tivo unha

evolución negativa durante o último ano.

Na actualidade estase adaptando o Programa de Formación e Emprendemento (2017), para

o seu encaixe nas liñas de emprego da Deputación de A Coruña, así como no Programa

Leader.

Acórdase elaborar unha proposta de Programa Formativo para o Emprendemento, a

encadrar no Plan de Formación presentado na Candidatura LEADER.

2.5. CONVENIO MICROCRÉDITOS MICROBANK (CAIXABANK).

O pasado 12 de xaneiro tivo lugar a sinatura do Convenio entre a Asociación Mariñas-

Betanzos e MicroBank para facilitar o acceso á financiación de emprendedores,

contribuíndo á posta en marcha de novos proxectos. Esta liña de financiamento é de 1

millón de euros

Condicións económicas do microcrédito:

a) Finalidade:

Proxectos de autoemprego.

Inicio, consolidación ou ampliación de micropemes e iniciativas económicas e

empresariais por conta propia.

b) Importe:

Máximo 25.000 euros (cun máximo do 95% do investimento).

Page 6: ASOCIACIÓN DESENVOLVEMENTO RURAL MARIÑAS BETANZOSmarinasbetanzos.gal/wp-content/uploads/2016/11/... · 2. INFORME DO PRESIDENTE. 2.1. SOLICITUDE ADMISIÓN ASOCIADOS: MONTE VECIÑAL

6

c) Beneficiarios:

Persoas físicas cun proxecto de autoemprego.

Profesionais autónomos cunha renta anual de ata 60.000 euros.

Persoa xurídica (micropemes con menos de 10 traballadores e cunha facturación

anual inferior a 2.000.000 euros).

d) Periocidade:

Mensual.

e) Prazos:

72 meses incluídos 6 meses de carencia opcional.

f) Tipo de interese:

Ata o 31/12/2017: 6,25%

A partir do 31/12/2017 de acordo co indicado no Pacto Terceiro do Convenio.

g) Garantías:

Sen garantía real, nin condición de aval, excepto cando o titular é unha persoa

xurídica, que se requirirá aval necesariamente.

h) Requisito:

Aportar un plan de empresa e un informe favorable de viabilidade por parte da

entidade colaboradora.

3. RESOLUCIÓN MEDIDA LEADER 2014-2020. POSTA EN MARCHA.

3.1. RESOLUCIÓN DE AGADER. SINATURA CONVENIO.

Segundo Acordo do Consello de Dirección da AGADER, do 16 de novembro de 2016,

apróbase a selección da estratexia de desenvolvemento local e de grupos de

desenvolvemento rural como entidade colaborada na xestión da medida Leader de Galicia,

presentada pola Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos.

A asignación inicial de fondos para o GDR Mariñas-Betanzos é de 3.151.797,23 €.

O convenio con AGADER, para a execución da medida Leader, tense asinado o martes 13 de

decembro de 2016.

O día 18 de xaneiro de 2017 sairon publicadas as Bases Reguladoras das axudas que se

tramiten ao amparo da Medida Leader (submedidas 19.2 e 19.4), cofinanciadas co Feader

no marco do Programa de Desenvolvemento Rural de Galicia 2014-2020 (PDR). (Xúntanse

como Anexo III).

Page 7: ASOCIACIÓN DESENVOLVEMENTO RURAL MARIÑAS BETANZOSmarinasbetanzos.gal/wp-content/uploads/2016/11/... · 2. INFORME DO PRESIDENTE. 2.1. SOLICITUDE ADMISIÓN ASOCIADOS: MONTE VECIÑAL

7

Para poder abrir o prazo das axudas nos GDRs será necesario que Agader abra o período de

solicitudes, previsto para finais de xaneiro ou principios de febreiro. Para iso é necesario

que o GDR aprobe:

Os criterios de selección e priorización dos proxectos, coas limitacións sectoriais

complementarias ás Normas de xestión da Estratexia (Anexo IV).

Os gastos de funcionamento 2017 (Anexo V).

Cadro distribución orzamento para proxectos (Anexo VI).

Quedan aprobados os Criterios de Selección e Priorización dos proxectos, coa abstención da

representante Mesa sectorial de asociacións deportivas, recreativas, de veciños, culturais, Anpas (Asociación

Roxín Roxal). Tamén quedan aprobados os gastos de funcionamento 2017, así como a opción B do cadro

de distribución de orzamento para proxectos.

Ademáis haberá que elaborar o material promocional para difundir o Leader ao maior número de

persoas posible, empregando a submedida 19.4.B.

OPCIÓN B: 50% Produtivos e 50% Non Produtivos 2017 2018 TOTAL

19.2.- Axudas segundo a Estratexia de Desenvolvemento Local 563.337,58 278.567,66 841.905,24

Produtivos (50%) 281.668,79 139.283,83 420.952,62

Non-Produtivos total (35%) 281.668,79 139.283,83 420.952,62

Formación (2,5% de 19.2) 14.083,44 6.964,19 21.047,63

Non-Produtivos dispoñibles 267.585,35 132.319,64 399.904,99

N-P entidades Publicas (75%) 200.689,01 99.239,73 299.928,74

N-P entidades privados (25%) 66.896,34 33.079,91 99.976,25

Acórdase tamén xuntar ás distintas ONGs de carácter ambiental para ver como se poderían potenciar os fondos Leader, aplicar o Plan de Xestión da Reserva e buscar sinerxias.

Page 8: ASOCIACIÓN DESENVOLVEMENTO RURAL MARIÑAS BETANZOSmarinasbetanzos.gal/wp-content/uploads/2016/11/... · 2. INFORME DO PRESIDENTE. 2.1. SOLICITUDE ADMISIÓN ASOCIADOS: MONTE VECIÑAL

8

PREVISIÓN DE GASTO DO ANO 2017

MEDIDA 19.4.A: Custes correntes

I.1. Xerencia 32.000 11.200 43.200

I.2. Técnico proxectos 22.000 7.700 29.700

I.3. Administrativo 15.000 5.250 20.250

I.4. ..................................................

Subtotal I 69.000 24.150 93.150

II.Axudas de custe do persoal técnico do GDR GASTO

Subtotal II 3.500

III. Asistencia á xestión ( Contratadas polo GDR) GASTO

III.1. Asistencia técnica (Nóminas; contabilidade, Auditoría) 7.000

III.2. Asistencia técnica

Subtotal III 7.000

IV. Subministros exteriores GASTO

IV.1. Comunicacións: Tf, fax 3.000

IV.2. Subministro eléctrico 1.500

IV.3. Material funxible oficina 6.500

IV.4. Outros subministros (municipais, limpeza, etc) 2.500

Subtotal IV 13.500

V. Material informático, telemático e de reprografía GASTO

V.1. Adquisición de material informático 6.000

V.2. Adquisición de material telemático (servidor, antiviru, nube,

seguridade, dominios, etc.)

3.000

V.3. Adquisición de material de reprografía 3.500

V.4. Mantemento e conservación 3.000

V.5. Alugueres 3.000

V.6. Outros: Fotografía, correos, copias... 2.000

Subtotal V 20.500

VI. Mobiliario e equipo de oficina GASTO

VI.1. Adquisición mobiliario e equipos (especificar equipos e mobiliario:

neveira, pantalla, mesas, sillas reunións, microondas)

4.000

VI.2. Mantemento e conservación 3.000

Subtotal VI 7.000

VII. Inmobles e locais GASTO

VII.1. Aluguer

VII.2. Mantemento e reparacións 3.000

VII.3. Outros -

Subtotal VII 3.000

VIII. Outros gastos (especificar) GASTO

VIII.1. Axudas de custe dos membros da xunta directiva

VIII.2. Gastos de constitución de póliza bancaria 1.000

VIII.3.Gastos vinculados ao traballo en rede (viaxes intercambio,

seminarios e xornadas, etc.)

2.300

VIII.4. Gastos de representación da Xunta Directiva ( hasta 1.000 €) 1.000

VIII.5.Outros (formación equipo técnico, taxas, cotas asociacións e redes,

anuncios na prensa e boletíns)

3.500

Subtotal VIII 7.800

TOTAL GASTO PREVISTO 155.450

GRUPO DE DESENVOLVEMENTO RURAL:I. Gastos de persoal (Relación de postos )

Soldo

Seg.Social

da empresa GASTO

Page 9: ASOCIACIÓN DESENVOLVEMENTO RURAL MARIÑAS BETANZOSmarinasbetanzos.gal/wp-content/uploads/2016/11/... · 2. INFORME DO PRESIDENTE. 2.1. SOLICITUDE ADMISIÓN ASOCIADOS: MONTE VECIÑAL

9

3.2. RESOLUCIÓN XERENCIA LEADER E LANZAMENTO CONTRATACIÓN EQUIPO TÉCNICO.

Tras a realización das probas de selección de persoal para o posto de Xerencia, para a

xestión da medida Leader de Galicia (2014-2020), e tras obter a maior puntación dos

candidatos presentados, o tribunal seleccionou a Jorge M. Blanco Ballón como Xerente do

Programa LEADER (2014-2020) Mariñas-Betanzos.

Por outro lado, está iniciado o proceso de selección do restante persoal do equipo técnico, e

a achega de solicitudes será ata o luns 6 de febreiro:

Técnico/a de proxectos.

Administrativo/a.

4. MARCA PRODUTOS RESERVA DE BIOSFERA.

Na actualidade se están a desenvolver as visitas para a adhesión de empresas á Marca de

calidade da Reserva de Biosfera. Para poder formalizar ditas adhesións e co obxectivo de seguir

avanzando na posta en marcha desta Marca, é preciso:

4.1. Aprobación dos seguintes documentos (xúntanse como Anexos):

Regulamento de Uso (Anexo VII ).

Pregos de condicións:

i. Hortícolas e froita (Anexo VIII).

ii. Lácteos (Anexo IX).

iii. Marmeladas (Anexo X).

iv. Viño (Anexo XI).

Sistema de control (Anexo XII).

Canon de utilización (Anexo XIII).

Quedan aprobados os documentos presentados.

4.2. Proposta de nomeamentos para a constitución da Comisión Técnica da Marca (Anexo XIV):

Definición:

Órgano consultivo da Reserva de Biosfera “Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo”, constituído

por técnicos e expertos, cuxa finalidade principal será a de prestar funcións de apoio e

asesoramento técnico.

Funcións:

a. Prestar funcións de apoio e asesoramento técnico.

b. Avaliar os informes técnicos sobre os cesionarios ou potenciais cesionarios da Marca

que teñan sido elaborados polo organismo de control, emitindo á súa vez un informe

non vinculante dirixido ao Comité Executivo.

Page 10: ASOCIACIÓN DESENVOLVEMENTO RURAL MARIÑAS BETANZOSmarinasbetanzos.gal/wp-content/uploads/2016/11/... · 2. INFORME DO PRESIDENTE. 2.1. SOLICITUDE ADMISIÓN ASOCIADOS: MONTE VECIÑAL

10

Vixencia:

2 anos e modificable a través dunha nova constitución.

Propostas de nomeamento:

Acórdase que se nomeen dende a Presidencia do Consello de Dirección.

4.3. Marca “Reservas de la Biosfera Españolas”.

Recentemente vense de publicar o Real Decreto, de 5 de diciembre, por el que se regula la licencia

de uso de la marca “Reservas de la Biosfera Españolas” (BOE do 28 de Decembro do 2016).

A documentación elaborada ao respecto da marca “Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras

do Mandeo” se atopa acorde aos requisitos presentados no mencionado Real Decreto.

4.4. Esquema do procedemento de adhesión de empresas á Marca “Reservas de Biosfera Mariñas

Coruñesas e Terras do Mandeo”.

1. CONTACTO DA EMPRESA SOLICITANTE COA RESERVA DE BIOSFERA

a. As empresas interesadas deberán formalizar a solicitude de adhesión á marca a

través do ANEXO III e aportar unha serie de documentación.

b. Desde a Reserva de Biosfera se lle fai chegar una copia do Regulamento de Uso da

marca así como do Prego de Condicións para o produto/servizo do que se trate.

2. INSPECCIÓN TÉCNICA (documental + instalacións) -non vinculante-

a. Realizarase por técnicos da Entidade Xestora.

b. Comprende unha Verificación documental (formato VD-01) e unha Verificación in

situ (formato VS-04).

c. Redacción de Informe Técnico (formato IT-07).

3. AVALIACIÓN POLA COMISIÓN TÉCNICA DA MARCA -non vinculante-

a. Aprobación pola Comisión Técnica da marca.

Pendente de constitución (proposta de nomeamento)

O sistema de avaliación sería online (sistema google forms ou similar) cun

prazo de contestación máximo de 1 semana.

Rematado o prazo máximo, darase por válida a maioría simple das

avaliacións recibidas.

Emitirase unha validación (visto e prace;) por parte da Entidade Xestora

(Xestor) dirixido ao Comité Executivo.

Page 11: ASOCIACIÓN DESENVOLVEMENTO RURAL MARIÑAS BETANZOSmarinasbetanzos.gal/wp-content/uploads/2016/11/... · 2. INFORME DO PRESIDENTE. 2.1. SOLICITUDE ADMISIÓN ASOCIADOS: MONTE VECIÑAL

11

4.5. Proposta de gasto para o inicio da posta en marcha da Marca da Reserva de Biosfera.

Co obxecto do inicio das actividades de promoción e difusión dos produtos adheridos á Marca,

proponse a seguinte relación de gastos a executar, tras consultar a Agader sobre a súa

elexibilidade:

Etiquetas adhesivas (40.000 ud) 750 €

Bolsas papel con asas (1.500 ud) 1.000 €

Bolsas papel sen asas (1.500 ud) 1.000 €

Bolsas reutilizables (deseño) 1.000 €

Bolsas reutilizables (impresión); 2.000 ud 3.000 €

Folletos (dípticos); 5.000 ud 2.000 €

Reportaxes fotográficas; 20 ud 4.250 €

TOTAL: 13.000 €

A proposta de D. Carlos Vales habería que analizar a posible elaboración dunha Guía de produtos de

excelencia da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas con produtos referencia do territorio, ligados a

marcas de prestixio.

Dna. Begoña de Bernardo pregunta si serían marcas comerciais ou produtos xenéricos abríndose o debate

do que podería ser máis interesante. Acórdase finalmente iniciar un proceso para traballar na elaboración

desta Guía, e pechar unha primeira reunión con Luis Padín para ver o alcance desta Guía.

4. DECISIÓN DO COMITÉ DE DIRECCIÓN -vinculante-

a. Ditame por parte do Consello de Dirección.

O Consello de Dirección, a través da figura do seu presidente, avaliará os

resultados do informe técnico (elaborado pola Entidade Xestora) e da

Comisión Técnica da marca.

En caso de Resultado positivo:

i. Asinarase o contrato de autorización de uso (sinatura por parte do

presidente do Consello de Dirección). ANEXO IV

ii. Emitirase, asinarase e enviarase á empresa o Certificado de

conformidade de uso (ANEXO V), cunha vixencia de 4 anos.

En caso de Resultado negativo:

i. Darase un prazo máximo de emenda de 2 meses, sendo preciso

repetir o proceso de inspección técnica.

Page 12: ASOCIACIÓN DESENVOLVEMENTO RURAL MARIÑAS BETANZOSmarinasbetanzos.gal/wp-content/uploads/2016/11/... · 2. INFORME DO PRESIDENTE. 2.1. SOLICITUDE ADMISIÓN ASOCIADOS: MONTE VECIÑAL

12

5. RESERVA DE BIOSFERA. FOLLA DE RUTA PARA O ANO 2017.

Xúntase como Anexo XV a proposta de actuacións a desenvolver para o ano 2017.

Queda aprobada a Folla de Ruta para o ano 2017, indicando que é un documento susceptible de

modificar ao longo deste ano. Trasladarase ao orzamento.

6. PREGUNTAS E INTERVENCIÓNS.

6.1. O Presidente expón que despois de ter realizados as xestións oportunas, a Axencia

Tributaria ten emitido un informe favorable para a declaración da Utilidade Pública da

Asociación Mariñas-Betanzos, que é un informe preceptivo e necesario para a declaración,

polo que agardamos se produza nos vindeiros meses.

6.2. D. Carlos Vales presenta as seguintes inciativas postas en marcha desde o Ceida:

Proposta de proxecto á Fundación Biodiversidade sobre difusión e educación ambiental

nos colexicos, sobre especies exóticas invasoras.

Taller para definir unha estratexia de relanzamento dos investimentos do río Mandeo,

no marco do Convenio coa Deputación de A Coruña.

Desenvolvemento dun Curso sobre espazos naturais na Reserva de Biosfera (Mandeo),

en colaboración coa Universidade de Colorado e o Organismo Autónomo de Parques

Nacionales.

Desde o Ceida se van a presentar dous proxectos a convocatorias europeas (Interreg),

sobre biodiversidade en espazos urbanos, e sobre corredores verdes en colaboración co

Porto da Coruña.

6.3. D. Carlos Vales comenta que se ten publicado unha biografía sobre Humboldt, destacado

naturalista do século XIX, que durante as súas viaxes ten visitado A Coruña. Este feito é

unha oportunidade para o deseño de actividades.

6.4. Tamén D. Carlos Vales comenta a importancia de lugares como Santa Cruz, o Parque

Forestal e a Lagoa de Mera, susceptibles da súa declaración como Espazos Naturais de

Interese Local.

6.5. D. José Francisco Castro indica que o as accións ligadas ao Patrimonio lle gustaría que

tivesen un maior peso nas actividades previstas para este ano 2017.

6.6. Dna. Begoña de Bernardo sinala a importancia de ter unha visión integral dos recursos

existentes no territorio, así como dunha maior coordinación entre as Administracións

públicas e as entidades privadas. Por outro lado tamén expresa a idoneidade de ter un

Page 13: ASOCIACIÓN DESENVOLVEMENTO RURAL MARIÑAS BETANZOSmarinasbetanzos.gal/wp-content/uploads/2016/11/... · 2. INFORME DO PRESIDENTE. 2.1. SOLICITUDE ADMISIÓN ASOCIADOS: MONTE VECIÑAL

13

debate sobre o termo “sostibilidade”, concepto que na actualidade está perdendo o seu

verdadeiro significado.

6.7. D. Rodrigo López indica que a segunda quincena de marzo se abrirá a convocatoria dos

proxectos Interreg, e que pode ser de interese presentar algunha proposta.

Acórdase tentar artellar propostas, a esta convocatoria, en colaboración co CEIDA.

6.8. O Presidente informa de que o pasado venres tense publicado no DOG, unha convocatoria

de axudas dirixidas a Asociacións Veciñais.

6.9. Teñen convidado ao Presidente e ao Xerente da Asociación Mariñas-Betanzos, desde o GDR

da Siberia Extremeña para presentar o proceso desenvolto para a formulación da

candidatura a Reserva de Biosfera, xa que tamén están avaliando a posibilidade de

presentar unha proposta para a designación como Reserva de Biosfera.

6.10. O Presidente informa das últimas novas que teñen saído en prensa respecto de

proxectos con impacto no medioambiente que presentaban á Reserva de Biosfera liderando

as alegacións. A Reserva ten que ser un foro de acordos, e para a resolución de problemas

“portas adentro”.

Acórdase remitir ao todos os membros da Xunta Directiva os escritos asinados polos

representantes da Mesa ambiental.

Tamén se acorda que este tipo de escritos deben facerse, de forma independente, desde as

propias organizacións.

O Presidente indica que se proporá unha reunión con representantes do Concello de

Betanzos co obxectivo de resolver posibles problemas.

6.11. Dna. Alejandra Pérez, Alcaldesa de Bergondo, sinala que o Comedor do Colexio de

Bergondo compra produtos locais, polo que habería que falar con eles respecto do

programa de menús escolares ecolóxicos.

6.12. D. José Francisco, da Asociación Vedoreira, pregunta sobre os seguintes aspectos:

A elaboración do Estatutos da Fundación da Reserva de Biosfera.

A xuntanza da Comisión de Turismo, da que se tiña falado no CEIDA.

A posible ampliación da Reserva de Biosfera.

Page 14: ASOCIACIÓN DESENVOLVEMENTO RURAL MARIÑAS BETANZOSmarinasbetanzos.gal/wp-content/uploads/2016/11/... · 2. INFORME DO PRESIDENTE. 2.1. SOLICITUDE ADMISIÓN ASOCIADOS: MONTE VECIÑAL

14

O Presidente informa que os Estatutos da Fundación están no forno. A xuntanza sobre turismo

no Ceida será o día 10 no Castelo, e na posible ampliación o teñen solicitado Vilasantar, Frades,

Cercerda e A Laracha, e se falará con eles persoalmente.

6.13. D. Antonio Fraga presenta o ofrecemento do Concello de Curtis para o desenvolvemento

dos actos do IV Aniversario da Reserva de Biosfera.

Acórdase facer unha xuntanza co Xerente da Asociación Mariñas-Betanzos, así como co

Director do CEIDA, para coordinar a elaboración dun Programa de celebración do

Aniversario.

Sen máis, levántase a sesión ás 21:15 horas.

En Abegondo, a 23 de xaneiro de 2017

A Secretaria Vº e prace o Presidente

Asdo.: Dna. Catalina Rodríguez Rodríguez Asdo.: D. José A. Santiso Miramontes