Náiade de río Participa! Promovemarinasbetanzos.gal/wp-content/uploads/2019/10/Triptico... ·...

2
Náiade de río Margaritifera margaritifera Participa! Este espazo natural abrangue un total de 116.724 ha, que representan o 14,33% da superficie da provincia da Coruña, repartidas entre 17 concellos. Os seus obxectivos fundamentais son: A conservación da diversidade natural e cultural. O desenvolvemento social e económico respectuoso. O bo uso dos recursos naturais, culturais e sociais. Fomentar a participación cidadá e a formación. Incentivar e potenciar o turismo sustentable. Situar o territorio no mapa mundial e darlle prestixio. Iniciativa Especie do Ano na Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo: É unha asociación de carácter público, sen ánimo de lucro e politicamente independente, que dende 1979 ven realizando estudos sobre o medio natural galego e campañas de divulgación dos valores naturais. Dende os seus inicios, Hábitat sempre foi fiel a unha consigna básica: traballar polo estudo e a conservación dos espazos naturais e da biodiversidade de Galicia, cun enfoque naturalista e baixo criterios científicos. Máis información Promove Especie do ano 2019 na Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo A Reserva de Biosfera “Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo” foi declarada pola UNESCO o 28 de maio do 2013. A candidatura, promovida pola Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas – Betanzos, contou co apoio da Deputación Provincial da Coruña, a Xunta de Galicia, os dezasete Concellos que a conforman, así como diversas asociacións, Universidades ou organizacións empresariais e de traballadores. É interesante actualizar, polo menos parcialmente, o coñecemento sobre a distribución e abundancia da náiade de río (Margaritifera margaritifera) en Galicia, ademais de realizar unha aproximación á súa presenza histórica na comunidade. Para logralo, podes colaborar aportando as túas citas e facendo enquisas a persoas que frecuenten o medio natural, seguindo o esquema do formulario dispoñible na páxina web gnhabitat.org Así mesmo, para ampliar os coñecementos sobre a Especie do Ano levarase a cabo unha xornada divulgativa aberta ao público, coa intervención de expertos na materia. A Especie do Ano será tamén obxecto de traballo no Programa de Educación Ambiental da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo. 981 135 014 / [email protected] / www.gnhabitat.org gnhabitat.org/especies-do-ano/ 981 669 541 [email protected] marinasbetanzos.gal ©Susana Gómez Rios

Transcript of Náiade de río Participa! Promovemarinasbetanzos.gal/wp-content/uploads/2019/10/Triptico... ·...

Page 1: Náiade de río Participa! Promovemarinasbetanzos.gal/wp-content/uploads/2019/10/Triptico... · 2019. 10. 21. · Náiade de río Margaritifera margaritifera Participa! Este espazo

Náiade de ríoMargaritifera margaritifera

Participa!

Este espazo natural abrangue un total de 116.724 ha, que representan o 14,33% da superficie da provincia da Coruña, repartidas entre 17 concellos. Os seus obxectivos fundamentais son:

• A conservación da diversidade natural e cultural.• O desenvolvemento social e económico respectuoso.• O bo uso dos recursos naturais, culturais e sociais.• Fomentar a participación cidadá e a formación.• Incentivar e potenciar o turismo sustentable.• Situar o territorio no mapa mundial e darlle prestixio.

Iniciativa Especie do Ano na Reserva de Biosfera

Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo:

É unha asociación de carácter público, sen ánimo de lucro e politicamente independente, que dende 1979 ven realizando estudos sobre o medio natural galego e campañas de divulgación dos valores naturais. Dende os seus inicios, Hábitat sempre foi fiel a unha consigna básica: traballar polo estudo e a conservación dos espazos naturais e da biodiversidade de Galicia, cun enfoque naturalista e baixo criterios científicos.

Máis información

Promove

Especie do ano 2019 na Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e

Terras do Mandeo

A Reserva de Biosfera “Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo” foi declarada pola UNESCO o 28 de maio do 2013. A candidatura, promovida pola Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas – Betanzos, contou co apoio da Deputación Provincial da Coruña, a Xunta de Galicia, os dezasete Concellos que a conforman, así como diversas asociacións, Universidades ou organizacións empresariais e de traballadores.

É interesante actualizar, polo menos parcialmente, o coñecemento sobre a distribución e abundancia da náiade de río (Margaritifera margaritifera) en Galicia, ademais de realizar unha aproximación á súa presenza histórica na comunidade. Para logralo, podes colaborar aportando as túas citas e facendo enquisas a persoas que frecuenten o medio natural, seguindo o esquema do formulario dispoñible na páxina web gnhabitat.org

Así mesmo, para ampliar os coñecementos sobre a Especie do Ano levarase a cabo unha xornada divulgativa aberta ao público, coa intervención de expertos na materia.

A Especie do Ano será tamén obxecto de traballo no Programa de Educación Ambiental da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.

981 135 014 / [email protected] / www.gnhabitat.org

gnhabitat.org/especies-do-ano/

981 669 541 [email protected]

marinasbetanzos.gal

©Susana Gómez Rios

Page 2: Náiade de río Participa! Promovemarinasbetanzos.gal/wp-content/uploads/2019/10/Triptico... · 2019. 10. 21. · Náiade de río Margaritifera margaritifera Participa! Este espazo

A especieEsta especie sufriu unha gran regresión, pasou de atoparse practicamente en todos os ríos europeos que verten ao Atlántico a quedar reducida a pequenas poboacións.Grazas aos esforzos, estudos e mostraxes, sábese na actualidade que na Península Ibérica atópase en poboacións illadas na costa galega, no curso baixo do río Mandeo, no que se seguen observando xuvenís (Barros, 2014), en Asturias, e nalgúns afluentes do Douro, do Miño e do Tajo (Salamanca, Zamora e Ávila); ademais dalgunhas poboacións portuguesas, mentres que en Europa ten unha ampla distribución. Na Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo cítanse nos ríos Mero, Barcés (Lois, 2010) e Mandeo (Barros, 2014) .

A náiade de río adoita vivir nos ríos de augas frías, limpas e ben osixenadas. Require de boas poboacións de troita común e salmón, hóspedes da especie, peixes clave no transporte e na metamorfose dos gloquidios, as larvas do bivalvo. Prefire ríos con bosques de ribeira ben conservados e sombrizos, de augas correntes e con fondos mesturados de crollos, areas e gravas asentadas, nas que se refuxian xuvenís e adultos.

Distribución

AmeazasEste mexillón apenas ten depredadores naturais. A principal ameaza deriva da desaparición dos salmónidos, especies clave do seu desenvolvemento, por causa da sobrepesca ou da presenza de peixes invasores. O mexillón cebra (Dreissena polymorpha), especie exótica invasora, e gran colonizador de augas doces, compite coa náiade de río polo mesmo alimento e modifica as condicións da auga tras a súa rápida proliferación.

Outras ameazas consideradas en diferentes estudos son os incendios, a proximidade de centrais hidroeléctricas, a contaminación por tratamentos agrícolas e industriais, ou o uso incontrolado de praguicidas e fertilizantes.

Con todo, é considerada coma especie “en perigo” pola IUCN: A2C (2018). En Europa está protexida polo Convenio de Berna (Anexo III) e pola Directiva Hábitats (92/43/CEE: Anexo II). En España, inclúese na categoría de “en perigo” no “Libro Rojo de Invertebrados de España”, e no Catálogo galego de especies ameazadas (Decreto 88/2007 do 19 de abril) coma especie “en perigo de extinción”.

O mexillón ou náiade de río -Margaritifera margaritifera (Linné, 1758)- é un molusco bivalvo da familia Margaritiferidae, que pode acadar ata os 12 cm de lonxitude.Trátase dun molusco moi lonxevo. Sabendo a lonxitude de cada exemplar pódese calcular a idade do individuo. En Galiza atopáronse individuos de ata 65 anos de idade, pero poden acadar máis de 100 anos. A súa cuncha é alargada, fráxil e negra cara fora, mentres o interior da cuncha é branco nacarado. O umbo non sobresae da cuncha e xeralmente está moi desgastado.

Hábitat

Fonte: Distribución coñecida de M. margaritifera na Península Ibérica (según ÁLVAREZ-CLAUDIO ET AL., 2000; VELASCO ET AL., 2002; REIS, 2003; MORALES ET AL., 2004).

Vive ancorado no substrato onde se confunde cos cantos e pedras do fondo do río e serven de refuxio para moitos invertebrados.É bioindicador natural de augas limpas e ben osixenadas. Os xuvenís son especialmente vulnerables. A súa presenza nas poboacións é un excelente indicador da boa organización da comunidade de náiades e salmónidos, da boa calidade do ecosistema e do seu estado de conservación.É un molusco filtrador. Aliméntase de pequenos organismos que quedan retidos nos seus sifóns co paso da auga. Os individuos duns 65 mm de lonxitude filtran aproximadamente 1 litro de auga por hora, polo que considéranse bos biofiltradores naturais.

Margaritifera margaritifera (Linnaeus, 1758) in GBIF Secretariat (2017). GBIF Backbone Taxonomy. Checklist dataset https://doi.org/10.15468/39omei accessed via GBIF.org on 2019-04-24.

©A

ndré

s Pe

reir

a