Navidad ICE Imaginación

11

description

Dossier de servicios de ICE Imaginación para la campaña de Navidad

Transcript of Navidad ICE Imaginación

O ambiente do Nadal xa se respira nestas datas. Levamos moitos anos com-partindo contigo o Nadal, ilusionándonos xuntos, gozando ao teu lado de ador-nos nas nosas rúas, de multitude de actividades, pasarúas, carruseis, inchables, carpas do Nadal, festas infantís de Nadal, Fin de Ano e Reis, cabalgatas, subín-donos xuntos ao Camión da Felicidade…

Este ano, desde ICE Imaginación, queremos seguir celebrándoo contigo, quere-mos que sintas a ilusión do Nadal, por iso o noso mellor premio e aliciente para seguir traballando por ti é que nos visites e solicites os nosos packs e servizos nestes días.

PROXECTOS Á CARTA vs ITINERANTES

En ICE podes atopar todo o que buscas para a animación integral dunha fes-ta ou evento. Organización e animación de todo tipo, tanto para público infantil como público adulto e público mixto. Coñeceremos as túas necesidades, inquie-tudes e gustos e planificaremos xuntos, para que resulte un día inesquecible. Dispomos de espectáculos moi variados que adaptamos ás necesidades de cada evento. Estaremos en todos os detalles, ata a finalización do evento, incluíndo a supervisión do mesmo.

CARPAS DO NADAL

En función das necesidades do noso cliente, ICE monta diferentes tipos de car-pas decoradas no interior e caracterizando a zona exterior onde se sitúe (praza, parque…) coa temática solicitada. Propomos multitude de ideas para os menos creativos.

Interior

Obradoiro de fabricación de instrumentos do Nadal.Obradoiro de decoración do Nadal.Obradoiro de adornos para a Árbore de Nadal.Elaboración e montaxe do Belén infantil ICE Imagina-ción 2012/2013. Obradoiro de cartóns de Nadal.Elaboración de xoguetes reciclados.Talleres de pintura e arte infantil.Concurso debuxos do Nadal.Maquillaxe fantasía infantil.Cine infantil do Nadal.

Zona ludoteca. Componse dun peche perimetral de fantasía equipado no seu interior con mesas e cadeiras para que os participantes realicen distintas tarefas (recorta/pinta e colorea, manualidades, maquillaxe e globoflexia).

Zona interactiva. ICE pon a disposición de todos os seus clientes as últimas no-vidades en diversión multimedia. Tamén dispomos de equipos informáticos equi-pados coas aplicacións didácticas para facer do tempo libre un espazo educativo.

Inchables. Diferentes formas e estructuras de xogos hinchables.

Caixa de correo real. Cada neno/a poderá enviar a súa carta a Papa Noel e aos Reis Magos.

Servizo Cafetería. Para que os pais e familia dos máis pequenos que están go-zando das actividades a cargo de monitor/as especializados poidan descansar e vixiar aos seus fillos/as desde a nosa zona de relax e coffe-break.

Exterior

HinchablesAtraccións infantís (Tíovivo, karts, coches de choque infantil, noria infantil, circuíto no trineo de Papa Noel polo Polo norte, etc).Doces-Chocolatadas.Zona de Concertos e espectáculosCampaña Ningún neno sen agasallo.

CABALGATAS DE REIS

O 5 de Xaneiro, como todos os anos, chega a data tan esperada e toda a familia sae emocionada para recibir aos Reis Magos, que chegan na tradicional Cabalga-ta, percorrendo as rúas nos seus camelos cargados de agasallos, e acompañados polos paxes reais, que van repartindo entre os nenos caramelos, lambetadas, ilusión e espectáculo para todos os públicos.

Ese día, todos os pobos e cidades celebran cabalgatas. ICE Imaginación ofrece un toque particular para diferenciar cada cabalgata, por terra, mar ou aire; así como diversas propostas temáticas dependendo da zona na que se atopen.

O TREN DO NADAL

Fiel á súa cita anual, o Tren de Nadal volve saír para que nenos e adultos poidan gozar dun percorrido nun tren histórico e de va-rias sorpresas, sobre todo para os máis pe-quenos.

Durante todas as viaxes neste tren, os viaxeiros poden disfrutar dunha animación a bordo e de diversas actividades dirixidas infantís.

O COMERCIO ÚNESE AO NADAL

Calquera das nosas ofertas adaptadas coa finalidade da promoción do pequeno comercio e empresarial.

A idea é dar unha imaxe global de campaña, de unidade entre o comercio e de esforzo conxunto entre ICE, os comercios asociados e o Concello, para así facer unha Campaña de Nadal 2012-2013 forte, que encha de xente os centros e zonas comerciais da nosa cidade, dirixida aos máis pequenos, xa que se nos asegura-mos a súa presenza, asegurámonos a dos seus pais, tíos, avós, etc.

ANIMACIÓN DE FESTAS DO NADAL

Achegámoste un espectáculo temático ou animacións diversas en centros educa-tivos, comerciais, asociacións de veciños, etc.

BUS DA FELICIDADE

O que nos importa dende ICE é que o Nadal chegue a cada lugar e a todos os nenos/as galegos así como para axudar a todos os concellos que non dispoñan de moito orzamento para as accións de Nadal.

Por iso, levamos tres anos percorrendo a provincia de Pontevedra co noso ca-mión e tendo a capacidade de movelo por toda Galicia.

INCHABLES E ATRACCIÓNS

Os inchables son elementos cada vez máis demandados para festas ou cele-bracións de eventos infantís. Todos os nosos produtos están homologados para asegurar a maior seguridade e duración. Ofrecémosche diferentes packs de in-chables con ou sen monitor e con ou sen carpas de actividades lúdicas. Ademáis, tamén che elaboramos unha proposta personalizada segundo as túas necesida-des.

Atraccións de todo tipo: tíovivo, touro mecánico, coches de choque, pedaletas acuáticas, noria e moito máis.

PISTA DE XEO

Non falamos de tan só unha pista de xeo, senón dun auténtico complexo adica-do ao ocio.

Entre as actividades destacarían a visita dun Paxe Real, talleres e obradoiros, xogos tradicionais, parque infantil, biblioteca, celebración de aniversarios, moni-tores e aulas de patinaxe, etc. Ademais, existirá un servizo especial de guardería para que tamén os maiores poidan desfrutar do momento mentres os pequenos desfrutan tamén das actvidades paralelas.

Esta oferta ven da man da necesidade de novas propostas para o lecer e tempo libre non só dos nenos, senón tamén dos adolescentes e dos adultos.

Participar na pista de xeo suporá estar presente no que será o centro neurálxico do lecer durante a época do nadal, cunha alta afluencia de público.

PISTA DE TRINEO

Para que os pequenos e mozos da casa poidan gozar en plena cidade dunha pista de trineo na cal poderán deslizarse sobre a neve e vivenciar unha atracción diferente.

Un concepto totalmente diferente do tradicional e unha atracción que chamará a atención por onde vaia xa que non está aínda popularizada nos eventos de Nadal de Galicia. Por ese motivo se conseguirá o efecto sorpresa alén da ledicia e diversión dos máis xoves.

ESPECTÁCULOS

PASARÚAS

No pasarúas interveñen instrumentos que fan unha mestura de son rechamante e diferente, que invita ao público a bailar e desfrutar desde que comeza o son gaioleiro dos seus tambores.

En función das necesidades do noso cliente temos pa-sarúas a ritmo de batukada, samba de pasarúa, ani-mación do Nadal, disfraces, etc. Pídenos o teu e pre-parámoscho á carta.

ANIMACIÓN RUEIRA

As nosas mascotas: elfos, trasgos, personaxes anima-dos, etc, sairán á rúa a divertirse cos nenos/as agasa-llándolles con globos, adhesivos, caramelos, etc.

CONTA CONTOS INTERACTIVO E ANIMACIÓN EN STOP MOTION

Actividade que consiste en transmitir, escenificar historias tanto tradicionais como novas baseadas involucrando e interactuando co público en todo momen-to, en lingua inglesa ou española.

Continuaremos con obradoiros onde os nenos/as poderán deixar voar a súa imaxinación e desenvolver a súa creatividade para ilustrar ou animar o conto lido.

MONOLOGUISTAS

Variedade de monólogos cómicos para amenizar todo tipo de festas. Monólogos cómicos, teatralizados, con maxia, conta-chistes, skechts de temática e duración variada e monologuistas coñecidos de Paramount Comedy, O club de la Comedia e outros programas e series de televisión.

FESTA DE NADAL, FIN DE ANO E REIS

Porque sabemos que a alegría dos nenos é a satisfacción dos seus pais, prepa-ramos as mellores animacións para que os máis pequenos da casa poidan gozar destas festas propias dos adultos (cotillón infantil, disco móbil, badaladas…) e moito máis.

CONCURSO DE PANXOLIÑAS, BELÉNS, PINTURA E POESÍA

Nenos e maiores poden participar en ambas iniciativas que supón o arranque das Festas Do Nadal.

CINE NA RÚA

É tradicional que a praza da nosa vila ou cidade énchase de xente uns días ao ano, como pode ser nas festas do Nadal.

ICE Imaginación pon ao teu alcance todos os medios e xestións para gozar de proxeccións de cine ao aire libre con clásicos de nadal e cine infantil, en tela grande e de forma gratuíta ou por un custo simbólico, utilizando unha zona acondicionada para achegar a maior comodidade e goce dos usuarios/as.

Tamén nestes tempos de crise damos a idea de unir esta proposta ao comercio, empregando as terrazas da zona como asentos adicionais á nosa sesión de cine e promover así o consumo.

OBRADOIROS DE COCIÑA DO NADAL

Ofrecémosche as ideas máis creativas para levar á túa cociña este Nadal: en-trantes, prato principal, sobremesas, cócteles, etc. Para iso impartimos cursos ou obradoiros de cociña para estas datas.

CAMPAMENTOS DEPORTIVOS

Quen foi a un campamento algunha vez, seguro que viviu experiencias inesque-cibles. Quizais este sexa o motivo polo que cada ano sexan máis as familias que deciden levar aos seus fillos a un campamento. A oferta crece conforme esixe a demanda e hoxe en día existen variadas opcións para apuntar aos nenos a dis-tintos campamentos. Así, temos campamentos deportivos, de multi-aventura, náuticos ou de montaña ou ChristmasCamps. Pero, o que desexan os pais é que o seu fillo se divirta, aprenda a relacionarse, comparta actividades, gañe autono-mía e, sobre todo, viva novas e enriquecedoras experiencias.

SERVIZOS

ICE Imaginación está sempre do lado do cliente disposto a satisfacer as súas ne-cesidades, por iso tamén temos a opción de aluguer. O aluguer pode ser solicita-do por calqueira persoa. Dentro do aluguer está calquera tipo de material que teñamos e que o cliente poida precisar, dende unha carpa, inchables, estruturas de truss, pantallas de televisión, megafinía, contratación de paiasos, monitores e monitoras, títeres, zancudos, músicos, monologuistas, etc para calquera tipo de animación que se preste.

Estamos sempre dispostos a axudar e asesorar ao cliente ofrecendo flexibilidade, é por iso que temos este sistema mixto de aluguer.