nº 11 novembro 2019 Novembro tínguese de...

40
novembro 2019 nº 11 EXEMPLAR GRATUÍTO a pontenova. O PAI e o SAF aumentan os usuarios e os servizos. Pax. 20 mondoñedo. O Con- cello ofrece axudas para renovar fachadas. Pax. 22 Foz. Comezan as obras de modificación da sinalización de varias rúas. Pax. 10 burela. Crearán un cen- tro de patrimonio cultural pesqueiro. Pax. 13 xove. Últimos días para solicitar axudas munici- pais ao estudo. Pax. 19 viveiro. Viveiro e Portos de Galicia negocian o uso do aparcadoiro. Pax. 7 ribadeo. O Concello subiu a taxa da auga e baixou a do IBI e o lixo. Pax. 16 Feira de Artesanía e Angüidades Será na Pontenova os días 6, 7 e 8 de decembro. Pax. 20 Novembro nguese de negro Os concellos da Mariña realizan este mes un completo programa de acvidades e accións contra a violencia de xénero, que se celebra o 25 A Deputación reclamará me- didas urxentes para garanr o futuro de Alcoa en San Cibrao e da central térmica de Endesa nas Pontes, e recalcaron a im- portancia das dúas compa- ñías para o futuro económico da provincia. Así o acordou o Pleno, no que destacou a una- nimidade de todos os grupos polícos. A Corporación fir - mou tamén unha declaración instucional contra a violencia machista. Pax. 31 Reclamadas medidas para garanr o futuro de Alcoa Novembro vén sendo os úlmos anos o mes máis destacado na loita contra a violencia de xénero. Char- las, conferencias, recitais ou obras de teatro son algúns dos exemplos das diferentes accións que se porán en mar- cha durante todo o mes, ma- lia que a celebración sexa só o 25 de novembro. Aínda así, moitas das vilas teñen feito un pequeno esbozo do que se vai facer, que se centra prin- cipalmente nas manifesta- cións que se sucederán como repulsa a esta lacra social, concentracións que requiren da cor negra, que simboliza a todas as mulleres vímas da violencia. Riotorto convida a tapear na súa ruta A quinta edición será o 29 e 30 de novembro. Pax. 26 O Goberno aprobou no úl- mo Consello de Ministros a concesión de subvencións para crear un mecanismo de compensación de custes de emisións indirectas de gases de efecto invernadoiro. Alcoa será a empresa que máis fon- dos recibe, un total de 25,2 millóns de euros. Malia este anuncio, as mobilizacións da veciñanza e traballado- res connúan reclamando o mantemento da acvidade indusral, o mesmo que as empresas auxiliares. O comi- té de empresa en funcións espera agora que se forma pronto goberno en amdriad para evitar “graves conse- cuencias”. Pax. 2 O Goberno anuncia un invesmento en Alcoa de 25,2 millóns de euros Mondoñedo irase de tapas tres días O tradicional concurso será a finais de mes. Pax. 22

Transcript of nº 11 novembro 2019 Novembro tínguese de...

Page 1: nº 11 novembro 2019 Novembro tínguese de negroamariñaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/AMX_NOVEMBRO_201… · nº 11 novembro 2019 EXEMPLAR GRATUÍTO a pontenova. O PAI e o SAF

novembro 2019 nº 11EXEMPLAR GRATUÍTO

a pontenova. O PAI e o SAF aumentan os usuarios e os servizos. Pax. 20

mondoñedo. O Con-cello ofrece axudas para renovar fachadas. Pax. 22

Foz. Comezan as obras de modificación da sinalización de varias rúas. Pax. 10

burela. Crearán un cen-tro de patrimonio cultural pesqueiro. Pax. 13

xove. Últimos días para solicitar axudas munici-pais ao estudo. Pax. 19

viveiro. Viveiro e Portos de Galicia negocian o uso do aparcadoiro. Pax. 7

ribadeo. O Concello subiu a taxa da auga e baixou a do IBI e o lixo. Pax. 16

Feira de Artesanía e Antigüidades

Será na Pontenova os días 6, 7 e 8 de decembro. Pax. 20

Novembro tínguese de negroOs concellos da Mariña realizan este mes un completo programa de actividades e accións contra a violencia de xénero, que se celebra o 25

A Deputación reclamará me-didas urxentes para garantir o futuro de Alcoa en San Cibrao e da central térmica de Endesa nas Pontes, e recalcaron a im-portancia das dúas compa-ñías para o futuro económico

da provincia. Así o acordou o Pleno, no que destacou a una-nimidade de todos os grupos políticos. A Corporación fir-mou tamén unha declaración institucional contra a violencia machista. Pax. 31

Reclamadas medidas para garantir o futuro de Alcoa

Novembro vén sendo os últimos anos o mes máis destacado na loita contra a violencia de xénero. Char-las, conferencias, recitais ou obras de teatro son algúns dos exemplos das diferentes accións que se porán en mar-cha durante todo o mes, ma-lia que a celebración sexa só o 25 de novembro. Aínda así, moitas das vilas teñen feito un pequeno esbozo do que se vai facer, que se centra prin-cipalmente nas manifesta-cións que se sucederán como repulsa a esta lacra social, concentracións que requiren da cor negra, que simboliza a todas as mulleres vítimas da violencia.

Riotorto convida a tapear na súa ruta

A quinta edición será o 29 e 30 de novembro. Pax. 26

O Goberno aprobou no úl-timo Consello de Ministros a concesión de subvencións para crear un mecanismo de compensación de custes de emisións indirectas de gases de efecto invernadoiro. Alcoa será a empresa que máis fon-dos recibe, un total de 25,2 millóns de euros. Malia este anuncio, as mobilizacións da veciñanza e traballado-res continúan reclamando o mantemento da actividade industiral, o mesmo que as empresas auxiliares. O comi-té de empresa en funcións espera agora que se forma pronto goberno en amdriad para evitar “graves conse-cuencias”. Pax. 2

O Goberno anuncia un investimento en Alcoa de 25,2 millóns de euros

Mondoñedo irase de tapas tres días

O tradicional concurso será a finais de mes. Pax. 22

Page 2: nº 11 novembro 2019 Novembro tínguese de negroamariñaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/AMX_NOVEMBRO_201… · nº 11 novembro 2019 EXEMPLAR GRATUÍTO a pontenova. O PAI e o SAF

actualidade2 novembro 2019

A MARIÑA

O Ministerio de Fomento publi-cou no Boletín Oficial do Estado a aprobación do expediente de información pública e definitiva-mente o trazado da Construción da baixante escalonada baixo o viaducto de Vedrós da Autovía do Cantábrico A-8, nos kilómetros 544 e 500, en Mondoñedo.O procedemento de informa-ción pública iniciouse mediante a publicación no BOE do 30 de outubro de 2018 da resolución da aprobación provisional do proxecto de trazado. A actuación consiste na execución dunha ar-

queta de entrada de formigón ar-mado, executado in situ, que ac-tuará como balsa de retención no punto do val no que se concentra a escorrentía, seguida dunha baixante escalonada do mesmo material ata augas abaixo do via-ducto de Vedrós, na A-8.A finalidade das obras é canalizar a agua de escorrentía impedindo o contacto do curso da auga co terreo natural e en consecuencia, a súa acción erosiva. Estas obras definiránse en detalle no proxec-to de construción que se redacta-rá dacordo ao anuncio publicado.

Fomento anuncia as obras que darán saída as escorrentías na A-8 A empresa lucense Hijos de Ra-

món Rubal vén de comezar unha campaña de incentivación da plan-tación do piñeiro. A firma regalará as plantas de piñeiro insigne (Pinus Radiata) ou piñeiro do país (Pinus Pinaster) para efectuar novas plan-tacións en todas as fincas que con-traten con eles a corta da madeira actual.Dende Hijos de Ramón Rubal en-tenden que, a medio e longo prazo, o piñeiro é unha madeira que vai manter un elevado prezo no merca-do xa que pode escasear a súa pro-dución tanto a nivel galego como mesmo a nivel estatal.“O mercado necesita un consumo moi alto e regular de madeira de pi-ñeiro, por exemplo cada vez é máis

necesaria en táboa, para pellets, en fábricas de taboleiros, no sector do transporte utilízase para embalaxes e na paletización”, trasladan os xe-rentes de Hijos de Ramón Rubal S.L.

Así mesmo, o piñeiro é unha espe-cie arbórea que permite un mellor descanso ao terreo, ao mesmo tem-po que o aboa para outros posterio-res cultivos.

Hijos de Ramón Rubal regala plantas de piñeiro para repoboar

Membros da CMVMC de Burela, primeiros beneficiarios da campaña

A Delegación do Goberno en Galicia informou de que a industria galega beneficiarase de 42.188.179,72 eu-ros do Executivo para a compensa-ción dos custos de emisións indirec-tas de gases de efecto invernadoiro, como o dióxido de carbono (CO2). Esta cantidade recibirana oito em-presas, con once instalacións, que desenvolven a súa actividade en Galicia, segundo a listaxe publicada polo Ministerio de Industria, Co-mercio e Turismo.O Consello de Ministros aprobou, na súa última sesión, a concesión das subvencións dispostas no Real Decreto 1055/2014, do 12 de de-cembro, polo que se crea un meca-nismo de compensación de custes de emisións indirectas de gases de efecto invernadoiro, corresponden-tes ao ano 2018.A empresa que máis fondos recibe en Galicia é Alcoa en San Cibrao, pois a través das súas dúas denomi-nacións (Alúmina Española e Alumi-nio Español) suma 25,2 millóns de euros. Ferroatlántica está a conti-nuación, pois para as fábricas de Sa-bón (Arteixo), Cee e Dumbría, todas na provincia da Coruña, terá 8,4 mi-llóns de euros. Alu Ibérica, pola súa banda, recibirá 6,2 millóns de euros na súa factoría da Coruña, a antiga Alcoa. É unha cantidade similar á que recibirá o centro de traballo da mesma empresa en Avilés.Días antes deste anuncio, o con-

selleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, parti-cipou nunha reunión entre a Xun-ta, os concellos de Cervo e Xove e mais o comité de empresa de Alcoa San Cibrao para avaliar a situación que atravesa a planta. Tanto Conde como os traballadores reiteraron a petición de convocar a mesa da industria electrointensiva -incorpo-rando aos empregados da planta de San Cibrao- e de presentar o esta-tuto para o consumidor electroin-tensivo e, deste xeito, desbloquear a difícil situación da factoría da Ma-riña ao rebaixar o prezo eléctrico.Malia o anuncio do Goberno, conti-núa o calendario de manifestacións dos traballadores e veciños da Ma-riña en demanda dunha solución que materialice un marco tarifario estable que poña á fábrica en igual-dade de condicións coas demáis in-dustrias do aluminio de Europa.Parte dos empregados dunha das auxiliares da factoría Alcoa, Rey-mogasa, continúan manifestándose cada semana perante á fábrica en defensa do mantemento da activi-dade industrial e por ende dos seus empregos.Ademais, o presidente en fun-cións do comité de empresa da factoría, Xosé Paleo, avisou de que un hipotético atraso na for-mación do novo Goberno pode ter consecuencias graves para o futuro da planta mariñá.

Manifestación en Viveiro celebrada este mes

O Goberno anuncia un investimento de 25,2 millóns de euros para Alcoa

A Federación de Comercio A Mariña enviará 5.000 cartas ao presidente do Goberno, Pedro Sánchez, de so-cios e empregados da FCAM amo-sando o seu apoio a Alcoa e para solicitarlle que tome as decisións oportunas para que a planta de San Ciprián poida competir en igualdade de condicións que o resto do sector en toda Europa. A FCAM, a través de cada unha das oitos Acias que a conforman, poñerá a disposición dos clientes e da veci-ñanza destes municipios, cartas para remitir á presidencia do Goberno: “só terán que poñer o selo e o remi-te, si así o desexan, para así persona-lízalas para envialas”. O obxectivo é chegar ás 80.000”, explicou José Car-los Paleo, presidente da Federación de Comercio A Mariña. Na carta dirixida a Pedro Sánchez a FCAM explícalle que aglutina a cer-ca de 1.000 negocios e autónomos e 5.000 empregos directos das oito asociacións de comerciantes d norte lucense que a forman: Ribadeo, Foz, Burela, Lourenzá, Xove, Viveiro, Co-vas e O Vicedo. A Federación de Comercio A Mariña amósalle á preocupación pola incer-tidume que pesa sobre a planta que Alcoa ten en San Cibrao (Cervo). A factoría xera 1.100 postos de traba-llo directos e outros 700 indirectos. É a empresa máis importante que ten a provincia de Lugo. O seu peche sería unha catástrofe, aseguran, para a comarca.

A FCAM reparte cartas para facer chegar á Moncloa misivas en prol da factoría

As eleccións sindicais de Alcoa con-cluiron e xa se coñece o reparto de representantes do novo comité, que serán nove de CC.OO., outros nove da CIG e cinco de UXT. No resultado global, Comisións foi o sindicato máis votado, cun total de 351 apoios, por 335 da CIG e 228 de UXT.O censo era de 1.145 traballado-res e participaron 931, o 81,91%. No colexio de especialistas e non cualificados elexíanse 17 represen-tantes, dos que sete son de CC.OO., con 277 votos, outros sete da CIG,

con 262 votos e tres de UXT, con 135 votos. Neste apartado houbo seis votos brancos e oito nulos.No cambio no colexio de técnicos e administrativos foi UXT o sindi-cato máis votado, con 93 apoios fronte aos 74 de CC.OO e os 73 da CIG e cada un dos sindicatos obtén dous representantes. Neste colexio houbo un voto en branco e dous nulos.A ausencia dunha maioría absoluta obligará ás formacións a falar de apoios nos próximos días para a elección do novo presidente.

Comité de empresa

Page 3: nº 11 novembro 2019 Novembro tínguese de negroamariñaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/AMX_NOVEMBRO_201… · nº 11 novembro 2019 EXEMPLAR GRATUÍTO a pontenova. O PAI e o SAF

novembro 2019actualidade 3

Alfredo Llano está ao fronte do Con-cello de Burela e da Mancomunida-de de Municipios da Mariña, esta última unha organización que realiza actividades e inversións coas que di-namizar o tecido económico.

Un dos aspectos dos que máis se enche de orgullo respecto das acti-vidades da Mancomunidade é o do emprego, non si?A Mancomunidade entregou os diplomas aos cen participantes no segundo Plan Integrado de Empre-go, que veu desenvolvendo dende finais de 2018. No programa parti-ciparon dez concellos e tivo éxito, xa que 35 persoas lograron un tra-ballo e dúas montaron o seu propio negocio. Pensamos que é un éxito extraordinario e unha boa forma de favorecer que moita xente atope tra-ballo ou polo menos se prepare para atopalo. Nesta ocasión houbo cen participantes para a mellora ocupa-cional e inserción laboral, e foi dirixi-do case exclusivamente a colectivos de baixa cualificación ou difícil inser-ción laboral. Participaron concellos da Mariña oriental: A Pontenova, Ribadeo, Barreiros e Riotorto; da Mariña central: Alfoz, Burela, Foz e O Valadouro; e da Mariña Occidental: O Vicedo e Viveiro.

Que formación se impartiu?Formación específica centrada nos sectores agrarios e de servizos, con cinco especialidades diferentes. Hai que destacar que houbo, en forma-ción específica, cursos de instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes, cursos de agricultura ecoló-xica, cursos de operacións auxiliares en conservación e mellora de mon-tes, cursos de operacións básicas de restaurantes e bar, estes todos con 280 horas, e cursos de atención so-ciosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais con certifica-do de profesionalidade que foron 468 horas. Cubríronse todas as pra-zas para facer esta formación especí-fica e, unha vez rematada, os partici-

pantes fixeron 80 horas de prácticas profesionais, que foi algo novidoso e bo para fortalecer este programa.

Cumpriron os obxectivos?A obriga nosa era facilitar a inserción laboral a 35 persoas e conseguiuse unha inserción por conta allea de 34 persoas, e dúas delas crearon dúas empresas mentres estaban facendo o programa. Pensamos que na Ma-riña cumprimos perfectamente os obxectivos e a verdade é que houbo xente detrás que traballou moi ben e con moito rigor.

E as contas da Mancomunidade permiten pensar en inversións?A boa xestión económica que se realizou estes anos reflíctese no re-manente de 200.000 euros. Aproba-mos a conta xeral. Realmente estase xestionando ben a economía da cal desfrutamos e que non é moita xa que a Mancomunidade depende das subvencións que lle dá a Xunta, a Deputación e o aporte dos conce-llos, dos dezaseis que conformamos a Mancomunidade. Cada Concello fai un aporte en función dos habitan-tes. Con todo fomos facendo fronte

ao que se organizou este ano, que non foi pouco. Temos un remanente importante que imos procurar darlle saída para beneficiar ao conxunto dos Concellos”.

En decembro conformarase a nova directiva na Mancomunidade?Agora esperaremos á constitución dos membros da nova Manco-munidade, que será conformada aproximadamente para o mes de decembro, unha vez que se repitan as eleccións municipais nunha mesa.

Preocúpalle a situación de Alcoa?Hai que traballar conxuntamente para involucrar a todos na procura de solucións e fronte a incertezas temos que buscar novas canles de labor, como agricultura ecolóxica, os servizos e o turismo ou a construción de barcos. A sensación de que todo caduca vai parella a unha crise de va-lores xeral.

Que logrou sacar adiante cun go-berno en funcións en Burela?Cumprimos o requisito da estabilida-de orzamentaria, a economía local está saneada, sen débeda, e así o

di tamén a Intervención. Pagamos a provedores nunha media de doce días e contamos cun orzamento de entre sete e oito millóns de euros, que permite facer obras e xerar em-pregos. Imos usar o Plan Único Pro-vincial para mellorar canalizacións e para traballar mellor a mobilidade. E xa estaba de antes en marcha o plan de ampliación do pavillón e da Estación Depuradora, Edar. Unha das principais partidas recae nos servi-zos sociais, os fundamentais son os de axuda no fogar, emerxencias so-ciais, atención aos inmigrantes, vio-lencia de xénero, etc.

Burela é un concello cunha evidente multiculturalidade, como conxugan esa realidade?Temos 42 nacionalidades, sobre todo de hispanos e caboverdianos, o que pode chegar ao 10 por cento da poboación. Trátase moita dela de xente nova e procuramos darlles oportunidades de emprego e ser-vizos sociais, como a todo o mun-do, para facer un proxecto de vida na localidade. Temos máis rapaces de 20 anos que xente de 60 ou 65, polo que a pirámide poboacional é perfecta. Sobre todo esta poboación traballa no sector servizos, en aten-ción domiciliaria, os homes no mar e antes na construción.

A pesca segue sendo un sector de actividade de primeira orde?Todos os días póxanse 120 espe-cies de pescada, tamén bonito. É un sector que queremos potenciar, por exemplo a través da Fundación Expomar. De feito pídense moitos traballos para o sector, hai demanda. Os retos que nos marcamos no equi-po do goberno socialista van dende potenciar a actividade marítima, para asentar máis empresas, buscar canais de axuda para os comercian-tes e buscar a maneira de ter una transporte público para facilitar a actividade laboral. Tamén queremos facilitar a construción de vivendas sociais e de feito hai iniciativas.

“A boa xestión económica reflíctese nun remanente de 200.000 euros”Alfredo Llano é o presidente da Mancomunidade da Mariña e alcalde de Burela en funcións O delegado do Goberno en Galicia,

Javier Losada, presidiu o acto de sinatura con dez municipios e coa Xunta, dos convenios do Ministe-rio de Fomento para a rehabilita-ción, renovación e aluguer de 369 vivendas na comunidade, das que 279 corresponden a Lugo e máis concretamente algunhas delas ató-panse en Viveiro e Ribadeo. Están inscritos no Plan Estatal de Vivienda 2018-2021, que suma unha inversión de 82,25 millóns de euros en Galicia.Entre o año pasado e o actual son 16,9 millóns para rehabilitación, renovación e aluguer de vivien-das en Galicia, en 68 áreas e 37 municipios para un total de 2373 viviendas, das que 2245 son reha-bilitadas; 32, renovadas; e 96, para aluguer.No acto, ao que asistiu a consellei-ra de Vivenda da Xunta, Ángeles Vázquez, quedaron rubricados los convenios para a rehabilitación e renovación de 10 áreas en Lugo, Ourense e Pontevedra, en sete municipios. Estos convenios bene-fician a 273 vivendas (266 rehabili-tadas e sete renovadas).O importe total son 6,5 millóns de euros, dos que o Ministerio de Fomento aporta 2,4, que serán transferidos este ano. Os concellos proporcionarán 0,8; a Xunta, 0,45; e o sector privado, 2,8.Na provincia de Lugo os beneficia-rios son Chantada (17), Quiroga (26), Sober (24), Vilalba (40) e Vi-veiro (25).O plan de aluguer, cos seus conve-nios suscritos, recibirá as aporta-cións entre 2020 e 2021, cun total de 6,6 millóns de euros. De estes, 1,4 millóns corresponden ao Minis-terio de Fomento; 0,9 á Xunta e 4,2 ao sector privado.Serán 40 vivendas no parque de aluguer en Ribadeo.En 2018, o Ministerio aportou 13,1 millóns de euros á rehabilitación e renovación de 2004 vivendas en 2018, das que 1979 foron rehabi-litadas e 25, renovadas. Estaban situadas en 54 áreas de 35 munici-pios nas catro provincias.

Viveiro e Ribadeo firman convenios para facilitar o alugueiro e a rehabilitación

Diplomas. A Mancomunidade de Concellos da Mariña entregou os di-plomas aos cen participantes no segundo Plan Integrado de Emprego, que veu desenvolvendo dende finais de 2018. No programa participaron dez concellos e o presidente da Mancomunidade, Alfredo Llano, destacou o seu éxito xa que 35 persoas lograron un traballo e dúas montaron o seu propio negocio.

Page 4: nº 11 novembro 2019 Novembro tínguese de negroamariñaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/AMX_NOVEMBRO_201… · nº 11 novembro 2019 EXEMPLAR GRATUÍTO a pontenova. O PAI e o SAF

actualidade4 novembro 2019

O PSOE gañou as eleccións xerais deste 10-N pero perdeu forza, este é o claro resultado acadado nestes segundos comicios en menos dun ano.Neste comicios o PSOE gaña as eleccións xerais en España nova-mente aínda que baixa en escanos respecto ás eleccións do pasado 28 de abril, mentres o Partido Popular sobe con forza e Vox convértese na terceira forza do Congreso trala cla-ra baixada de Cidadáns.Con todos os votos escrutados, os socialistas obteñen 120, fronte aos 123 de abril; o PP logra 87 fronte aos 66; Vox 52 escanos, fronte aos 24 que tiña; Unidas Podemos obtén 26 asentos e tiña 33, e Cidadáns cae ata 10 deputados, dos 57 que acadou nos pasados comicios. Por primeira vez entran no Congreso o BNG, ¡Teruel Existe! e Més Com-promís cun deputado cada un, Máis País-Equo, Coalición Canaria-Nueva Canaria e a CUP con 2 escanos cada un.Houbo unha baixada da participa-ción xeral ao igual que un aumento da abstención. En Lugo pasou todo o contrario, a participación subiu notablemente respecto ao 28-A e a abstención baixou.Polo que respecta á provincia de Lugo, os populares volveron empa-tar cos socialistas en 2 deputados, pero gañaron no número de votos que foi de 67.942 fronte aos 56.892 dos socialistas, seguidos dos 16.341

de Podemos, 14.475 de Vox, 12.853 do BNG e 5.708 de Ciudadáns.Por outra banda, nas eleccións do Senado provincial non cambiaron as cousas fronte ao 28-A xa que os catro senadores escollidos seguen a ser 3 populares e un socialista. Estes son José Manuel Barreiro,

Rosa María Arza e Manuel Lorenzo Varela do PP, e Cesar Mogo Zaro do PSOE.

ACORDOS. 48 horas despois dos comicios, PSOE e Podemos anun-ciaron un principio de acordo en-tre ambas ás dúas forzas e no que

Pablo Iglesias pasaría a ocupar un lugar preponderante no novo Go-berno como vicepresidente. O BNG anunciou tamén que negociará co PSOE “se se respectan os intereses de Galicia”.Por outra banda, Albert Rivera com-pareceu para anunciar que dimite

como presidente de Cidadáns, que non recollerá a acta como deputa-do e que se retira da vida pública. “Por responsabilidade debo dimi-tir. Cando hai éxitos nun proxecto colectivo, os éxitos son de todos e os malos resultados son do líder e aprendín a ser responsable”.

O PSOE gaña as eleccións xeraisOs segundos comicios no que vai de ano trouxeron tamén o ascenso de VOX e o descalabro de Cidadáns

DATOS ELECTORAIS POR CONCELLOSCONCELLO PSOE PP BNG PODEMOS VOX CIDADÁNS OTROSA Pontenova 41,25 36,50 5,68 3,97 8,02 2,65 0,32Alfoz 40,19 36,88 5,79 5,37 6,40 2,48 1,55Barreiros 26,59 36,76 15,58 7,64 9,03 1,81 1,44Burela 28,35 33,61 10,51 12,84 8,16 3,92 1,62Cervo 31,16 33,22 10,01 16,78 3,80 2,64 1,31Foz 33,16 30,77 9,25 11,03 9,45 3,63 1,08Lourenzá 34,36 35,82 8,65 6,86 9,17 2,74 0,95Mondoñedo 30,03 42,26 9,17 7,53 6,90 1,90 1,21O Valadouro 35,89 39,40 9,47 7,66 4,60 1,53 0,81O Vicedo 26,08 50,68 4 6,10 6,10 4,10 2,02Ourol 46,69 36,51 2,75 5,82 4,04 1,94 0,96Ribadeo 30,41 33,75 8,53 12,63 8,99 3,21 1,37Riotorto 28,13 50 7,67 5,12 6,14 2,05 0,26Trabada 29,87 41,73 6,44 7,03 9,96 2,34 0,88Viveiro 34,01 30,20 8,50 13,78 7,05 3,66 1,43Xove 22,13 45,76 10,52 11,22 6,03 2,69 0,75PROVINCIA 31,93 38,13 7,21 9,17 8,12 3,20

Arriba, Pedro Sánchez celebrando a vitoria, e, abaixo, Ana Pontón, do BNG, en rolda de prensa tras conseguir o partido un escano

DATOS ELECTORAIS TOTAIS

Page 5: nº 11 novembro 2019 Novembro tínguese de negroamariñaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/AMX_NOVEMBRO_201… · nº 11 novembro 2019 EXEMPLAR GRATUÍTO a pontenova. O PAI e o SAF

novembro 2019actualidade 5

Cales son as orixes da entidade? A nosa historia remóntase ao ano 1977. Eran inicialmente catro os socios fundadores, os posteriores empregados foron converténdose en socios por ser o modelo o de coo-perativa. Xa nos anos noventa recon-vértese e pasa a ser unha sociedade limitada coa denominación social ac-tual. Os antigos cooperativistas pa-saron a ser socios de Discosta Norte S.L. A cooperativa era Castillo de San Damián que é hoxe a nosa marca comercial, e seguimos a ser popular-mente coñecidos baixo así.

Cal foi o motivo de ter que crear a cooperativa?Eran pequenos bodegueiros e distri-buidores, uns de Ribadeo, outros de Reinante, e entre eles 4 decidiron xuntarse, uns dedicábanse máis a bodega outros estaban máis enca-miñados a distribución.

Que mudou na prestación de servi-cios de Castillo de San Damián?Ao principio era 100% bodega de viño, e decir, preparábanse aquí as distintas variedades de viño. Com-prábase uva a granel e aquí trans-formábase. Era o único produto comercializado. Co paso do tempo, mantemos unha importante por-centaxe de produción propia pero fomos incorporando outras marcas de outros produtores así como outro

tipo de bebidas demandadas polos nosos clientes. Agora podemos esti-mar nun 80% as tarefas de distribu-ción e nun 20% a produción propia. Agora queremos volver darlle impul-so á elaboración propia de viño.

Que elaborades na actualidade?Pois temos varias marcas propias, vinculadas á procedencia da uva e ás características de cada un dos viños. A máis histórica é a de Castillo de San Damián, trátase dun viño feito a partires de uva da zona da Mancha e Valencia. Temos un mencía do Bier-zo denominado Selección Bodega, marca coa que tamén comercializa-mos un Rioja colleiteiro con mate-ria prima da zona de Haro, e temos brancos tamén. Compramos direc-tamente co produtor de cada zona, a única diferencia é que ao envasar en Ribadeo e non na zona de pro-dución non podemos pertencer á Denominación de Orixe, pero o pro-duto segue un rigoroso sistema de control de calidade desde a compra inicial ata o envasado. É unha cues-tión de vinculación social coa nosa comarca. Na actualidade temos a planta embotelladora máis grande da provincia cunha capacidade de procesar ata case un millón de litros, e estamos elaborando ao redor dos 500.000 litros. Si temos unha DO, debemos ser a única ou case única bodega de España que envasa unha

Denominación de Orixe sen estar na DO, trátase da de Utiel Requena, comarca do interior de Valencia. Per-mitiunos, xa que vimos elaborando viño de moi antigo, pertencer á DO, na actualidade sería imposible. Co-mercializámolo coa marca Candeal.

Falando de impulsar marcas pro-pias, cales son as que estades im-pulsando na actualidade?Pois a mencionada DO Utiel Requena coa marca Candeal, estamos tamén apostando por unha nova marca que se denomina Mangante, cunha ima-xe fresca e bonita. O branco trátase dun alvariño de Cambados, tamén o temos en tinto con uvas de Haro e do Bierzo. Os clientes a onde o leva-mos están encantados, está a ter un gran éxito. Tamén os que xa mencio-namos anteriormente.

Acaban de diversificar a produción, é así?Pois comezamos a comercializar non fai moito tempo un vermú tinto que se chama Arnao, e que en breves teremos tamén en branco. Son ám-bolos dous vermú con uvas de orixe galego. Está a ter moita aceptación.

Que máis produtos comercializades que non sexan elaborados por vós?Pois somos distribuidores de Estre-lla Galicia así como os seus outros produtos como poden ser augas,

zumes, sidras, etc. aquí e tamén en Lugo cidade. Finalmente, fóra das nosas marcas propias e volvendo ao viño temos unha serie de marcas en Alvariño coma O Casal, Riojas coma poden ser Coto, Ontañón, Conse-jo de la Alta, en Ribera del Duero o Emina, Dominio da Abadesa, en Godellos temos un viño moi pro-metedor coma é o Quinta das Ta-pias en Ribeiro temos o de Bodegas Docampo que levámolo traballando moito tempo e para nós e coma se fora da casa, sentímolo coma pro-pio, teñen o Amoriño e o Viña Do Campo e o Vendimia Oro xa na par-te de viños de autor. Aquí en Riba-deo moita xente non pide un viño,

pide un Amoriño, para nós énche-nos de orgullo.

Para poder abastecer aos clientes de que plantel estamos a falar?Pois aquí na Mariña temos unha temporalidade vinculada ao turis-mo, pero de forma estable traballan 22 persoas entre a parte de admi-nistración, comercial e distribución, podendo chegar a preto de 30 en etapas estivais.

Quen son os seus clientes, soamen-te profesionais?Non, vendemos tanto a profesionais como a particulares. De feito, imos mellorar as instalacións para facelas máis cómodas, prácticas e accesibles mellorando tamén a visualización do produto co fin de que ao cliente lle resulte máis intuitiva a compra. No que se refire a profesionais, temos máis de 1300 clientes. Queremos atender moi ben aos nosos clientes e consolidarnos na nosa zona de distribución. Finalmente, estamos impulsando as nosas marcas propias a través de distribuidores por toda España.

José Antonio Veiga Castro e Óscar Álvarez Casabella

“Facemos un vermú con uvas galegas que ten moito éxito”José Antonio Veiga e Óscar Álvarez, xerente e enólogo de Discosta

Continúa a programación da oitava edición do Mes da Maxia, que orga-niza a Mancomunidade de Concellos da Mariña baixo o convenio asinado coa Axencia de Turismo de Galicia. O evento chega os días 15 e 16 de no-vembro a Riotorto, Foz, O Vicedo e Ribadeo.O Mes da Maxia comezou o pasado 25 de outubro e rematará o 30 de novembro. No evento participan 17 establecementos hostaleiros: res-taurantes, hoteis e casas de turismo rural de distintos concellos da Ma-riña Lucense e 4 Magos: Rafa, Teto, Kiko e Pi. A Mancomunidade xunto cos locais participantes que ofrecen unha coi-dada oferta gastronómica baseada

en produto local, galego e de tem-pada, agardan que o Mes da Maxia sexa un motivo para que os mari-ñaos saian cear e pasen unha noite completa e agradable, se dean des-prazamentos entre concellos e que a xente de fóra da comarca decida pasar unha fin de semana de outono na Mariña e desfrutar deste territo-rio con este motivo.Desde a Mancomunidade de Conce-llos da Mariña amósanse satisfeitos do discorrer desta cita, que está a reunir a moitos amantes da maxia e da boa gastronomía arredor dunha mesa cada fin de semana. O día 15 o Mago Rafa deleitará cos seus trucos de maxia aos clientes do Mesón O Mazo de Ferreiravella, de

Riotorto; e Pi estará no Rincón do Mis, en Foz. O día 16 o Mago Kiko es-tará no Vicedo no restaurante Area Grande e o Mago Teto no Parador de Turismo de Ribadeo. O día 22 o Mes da Maxia chegará a Trabada. O Mesón Camiño Norte contará co Mago Rafa e O Lar, en Foz, gozará cos trucos do Mago Kiko. E o 23 Teto actuará na casa rural A Pene-la, en Mondoñedo. O día 29 de novembro na Yenka, en Barreiros, estará o Mago Kiko; e no Hotel Val do Naseiro, en Viveiro, o Mago Rafa; e finalmente o 30 de no-vembro o Mago Pi levará a maxia a O Almacén, en Cervo; e o Mago Rafa ofrecerá unha actuación no Hotel Restaurante O Cabazo, de Ribadeo.

Continúa o mes da maxia

Unha das actuacións de maxia dentro da programación

Page 6: nº 11 novembro 2019 Novembro tínguese de negroamariñaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/AMX_NOVEMBRO_201… · nº 11 novembro 2019 EXEMPLAR GRATUÍTO a pontenova. O PAI e o SAF

actualidade6 novembro 2019

viveiroNOVAS

O concelleiro de Facenda de Viveiro, Jesús Fernández, quixo clarexarlle aos concelleiros do PP e aos cidadáns que a débeda municipal non é tal e que o 11 de outubro de 2019 recibiu-se no concello un correo electrónico do Ministerio de Facenda e Función Pública comunicando a apertura de prazo ata o 22 de outubro para solicitar a agrupación nun único préstamo dos formalizados ata o 31 de decembro de 2018 cos distintos compartimentos do FFEELL, incluí-dos os correspondentes ao Fondo en liquidación para a Financiación dos Pagos a Proveedores, situación na que se atopa este concello. O concello pechará o ano 2019 cun importe en préstamos bancarios de 10,036 millóns de euros, divididos en 7,9 do Plan de Pago a Proveedores, Real Decreto 4/2012 e Real Decreto 4/2013; ademais de dúas operacións anteriores, das cales restan 2,48 mi-llóns de euros, estando estas dúas últimas en periodo de amortización. Non son os 11 millóns que referiu o PP de Viveiro na súa rolda de prensa.O tenente de Alcalde indicou que

esta medida para os concellos que se atopan nunha situación similar á de Viveiro pode ser un “flotador” que permita manter servizos xerais, cultura, obras deporte, movemento social, etc., ao tempo que se com-paxina o día a día da actividade municipal coa redución de débeda, que este concello xa rebaixou dende 2014 en preto de 4 millóns de euros. Cabe citar, neste sentido, que medi-das desta índole xa as aplicou o Par-tido Popular gobernando en España anteriormente.

O Concello di que a débeda municipal é menor da sinalada

A alcaldesa do Concello de Vivei-ro, María Loureiro, obtivo en San-tiago o compromiso de Portos de Galicia de estudar “a sinatura dun convenio para que a xestión dos usos do aparcadoiro do peirao sexa municipal”.Loureiro mantivo unha reunión de traballo “moi cordial e frutífera” coa nova presidenta de Portos de Galicia, Susana Lenguas, na que se trataron moitos temas polas numerosas infraestruturas e com-petencias que ten o organismo autonómico en Viveiro.Dentro das actuacións inminen-tes, falouse tamén da dragaxe do porto de Celeiro, da canle e do porto deportivo, un proxecto que se atopa na fase previa ao comezo dos traballos.“Falamos tamén dos posibles usos para o Casino de Viveiro e da elimi-

nación das vallas do porto deporti-vo, continuando coa nosa idea de abrir Viveiro ao mar”, explica a al-caldesa, “ademáis da necesaria ac-tuación na zona da praia de Celeiro, que debe incluír beirarrúas, ilumina-ción e un novo aparcamento”. “Tratamos por outra parte a si-tuación do varadero e as posibles solucións ante as demandas ve-ciñais, do estado do expediente para o atraque da embarcación turística Catro Vellos Mariñeiros, da ponte da Misericordia e o es-pigón de Celeiro, ou da posible demolición da antiga vivenda do gardapeiraos, xa que está moi de-teriorada”, engade Loureiro.En opinión da alcaldesa, “foi unha primeira toma de contacto moi positiva e quedamos en manter novos encontros de traballo a cur-to prazo”.

Viveiro e Portos de Galicia negocian para que os usos do aparcadoiro sexan municipais

Reunión entre alcadesa, concelleiro e presidenta de Portos de Galicia

O Concello de Viveiro remitíulle á Axencia Galega de Infraestruras unha copia do informe emitido polo xefe da Policía Local co obxec-to de mellorar a seguridade vial da estrada LU-102 ao seu paso pola zona do Pirixel, tras queixas veci-ñais suscitadas a esa Xefatura po-licial.O punto no que se considera ne-cesario mellorar a seguridade vial é o identificado como punto quilo-métrico 0,670, no que se configura

unha única plataforma con dous carrís de circulación separados por liña lonxitudinal continua, ao igual que a delimitación de borde. É un tramo de curva pronunciada a dereita con posterior pendente ascendente en tramo sinuoso de curvas e paso por debaixo dunha ponte de ferrocarril.Na marxe dereita (segundo sentido quilométrico) hai un talude eleva-do e no esquerdo, un desnivel en forma de terraplén pronunciado

con vivendas na parte inferior, como sinala o Concello. No carril de sentido decrecente presenta bandas de alerta de reducción de velocidade antes da curva, expón.Unha posible saída de vía dun ve-hículo que circulase en sentido decrecente, no punto indicado, provocaría o desprendimento des-te por un terraplén de altura con-siderable hacia a liña de edificia-cións, engaden dende o concello vivariense.

Trasladan a Infraestruturas as queixas recibidas sobre a LU-102

O Concello de Viveiro e a Federación Española de Actividades Subacuáti-cas, en colaboración coa federación galega do sector, a Deputación de Lugo e a Uned lucense, organizan as terceiras Xornadas de historia e arqueoloxía marítima Cidade de Vi-veiro, que se desenvolverán o 23 e o 24 de novembro.Para formalizar a inscrición, infor-marse ou solicitar un certificado de asistencia posterior ou un diploma convén poñerse en contacto cos or-ganizadores na web www.viveiro.es e no mail [email protected], así como tamén chamando ao 677 551 588. A Uned concederálles aos asistentes 0,5 créditos por asistir ao curso.

A cidade acollerá unhas xornadas de arqueoloxía

No IES María Sarmiento presen-touse o XXXII Congreso da Asocia-ción de Profesores de Ciencias de Galicia, Enciga, que terá lugar nes-te centro educativo ata o 16 de no-vembro, no que se desenvolverán diversas actividades, como obra-doiros, conferencias, exposicións, rutas e visitas didácticas a em-presas da Mariña, visitas ao casco histórico de Viveiro e ao porto de Celeiro, e outras relacionadas co mundo das ciencias no ensino.

O congreso de profesores de Galicia, xa está en marcha

Jesús Fernández, concelleiro

O Resurrection Fest porá á venda 3.000 abonos máis para o festi-val o próximo 26 de novembro ás 11.00 horas, ao mesmo prezo que as últimas entradas que se puxeron á venda no seu momen-to, a 155 euros + gastos abono de tres días, 165 euros máis gastos abono de catro días.Estas entradas, segundo se fai eco a web de The Metal Circus, co-rrespóndense cos tícekts de día, que finalmente quedarán en 500 dispoñibles. Deste xeito, o festi-val premia a aqueles que pasarán toda a fin de semana en Viveiro e agradece a confianza do público que esgotou as entradas en pou-cas horas o mesmo día que se puxeron á venda. O festival tamén comunicou que

o cartel vai completarse durante os próximos días. De momento, as actuacións confirmadas son Judas Priest, Korn e System Of A Down, así como outras bandas como Jinjer, Meshuggah, Sepul-tura, Amenra ou Heaven Shall Burn.

O Resurrection Fest porá á venda 3.000 abonos máis o día 26

Page 7: nº 11 novembro 2019 Novembro tínguese de negroamariñaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/AMX_NOVEMBRO_201… · nº 11 novembro 2019 EXEMPLAR GRATUÍTO a pontenova. O PAI e o SAF

novembro 2019actualidade 7

O Concello de Viveiro puxo en mar-cha nos primeiros catro meses do ac-tual mandato un total de nove obras para mellorar diferentes infraestru-turas no centro urbano e nas parro-quias, así como os servizos básicos que utilizan os veciños e veciñas.O orzamento destinado a estas ac-tuacións alcanza os 628.667 euros e as partidas derivan de convenios e acordos asinados polo concello coa Deputación de Lugo (Plan Único), a Xunta e outros organismos auto-nómicos como a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural e a Axencia Galega de Turismo.Das nove obras, dúas xa finalizaron, en concreto a recuperación do Mira-dor de Monte Faro (38.203 euros) e a reposición de pavimentos e servi-zos existentes entre o número 16 e o Colexio San Roque da av. Benito Galcerán (43.359 euros).Outras catro actuacións están a día de hoxe en execución: a reposición do firme e a dotación de servizos de

saneamento, pluviais, abastecemen-to e alumeado público no Camiño Vello (94.687 euros); a reforma da instalación eléctrica e o alumea-do no campo de fútbol municipal (46.240 euros); a reposición das bei-rarrúas e o firme da rodadura entre os números 10 e 16 da avenida de Vi-lalba (32.117 euros), e a ampliación da rede de saneamento no lugar de Toxeiras, Landrove (54.974 euros).

Dous dos traballos cemezarán nos próximos días, a reposición do firme en varios camiños e pistas nas parro-quias (79.087 euros) e a substitución do pavimento deportivo no pavillón municipal (134.000 euros). A novena actuación está en prazo de presen-tación ofertas e será para repoñer o firme na pista de Sobrado-Pousadoi-ro (A Cambela), cun orzamento de 106.000 euros.

O Concello acometeu nove obras no primeiro tramo do mandato

Xa saíu a licitación a obra do proxecto de mellora da estrada LU-540 (Viveiro-Cabreiros). O or-zamento de redacción de proxec-to ascende a 243.492 euros. As intervencións a proxectar son a rectificación de curvas, de xeito que todo o trazado se correspon-da cunha velocidade superior a 80 km/h; implantación de novos tra-mos de carrís de adiantamento, nas zonas con pendente superior ao 3 %. Neste sentido, prevense

cinco tramos de carril lento en sentido Lugo e tres en sentido Viveiro. Inclúe a mellora da segu-ridade fronte ao cruzamento de animais; mellora da seguridade viaria en xeral. Está previsto o re-deseño dalgunhas interseccións xa existentes, mellora de carrís lentos; as correccións de traza-dos que se consideren necesarias, análise e ordenación dos xiros a esquerda e revisión da sinaliza-ción vertical e horizontal.

Sae a licitación o proxecto de mellora da estrada LU-540

Cruce coas estradas LU-540 e AG-64

Unha das rúas nas que se interviu este ano

O grupo de goberno do Concello de Viveiro recibiu “con decepción e cer-to estupor” os investimentos para o municipio incluídos no proxecto de orzamentos da Xunta de Galicia para o ano 2020. “Venden como novas as obras de mellora do emisario ou o dragado de Celeiro, cando levamos unha década demandando esta ac-tuación”, asevera a alcaldesa.“O documento é fume electoral pola proximidade das eleccións autonó-micas, pero os veciños e veciñas de Viveiro xa están moi cansos”, advirte a alcaldesa María Loureiro. “Son un-has contas elaboradas con proxectos que tiñan que estar feitos hai anos e partidas que despois non se execu-tan”, afirma.En 2010 a UE esixiu o saneamento da ría de Viveiro e a Xunta anunciou

en 2011 que esta actuación estaría executada en 2015. “En setembro de 2016, asinouse o convenio de co-laboración entre Augas de Galicia e o Concello de Viveiro, por un impor-te de tres millóns de euros, pero as obras seguen pendentes de execu-ción”, lembra Loureiro.Como exemplos doutros proxectos para Viveiro nos orzamentos da Xun-ta que non se cumpren, para o ano 2018 estaban incluídos 2.205.600 euros para a VAP Costa Norte, ou 250.000 euros para saneamento en Celeiro e mellora da Edar. Para o 2019, outros 1,5 millóns de euros para a VAP Costa Norte, 466.600 euros para saneamento en Celei-ro e mellora da Edar de Viveiro, e 334.000 euros para melloras nas li-ñas de tratamento na Edar.

“Nos orzamentos para 2020 aparece tamén o dragado de Celeiro, que le-vamos dez anos reivindicando, pero forma parte da zona portuaria e non é unha competencia municipal, é de Portos de Galicia, igual que o panta-lán”, asegura.“Por non falar dos 2,12 millóns que a Xunta proxecta, un ano máis, para a variante e para melloras na N-640”, engade a alcaldesa, “un proxecto do que nin sequera coñecemos en profundidade a última proposta da xunta, non podemos valorala”.“E mentres a Xunta anuncia todo isto, ao concello denegounos, só no ano 2019, as subvencións que soli-citamos para mellorar a rede de sa-neamento da rúa Misericordia; repo-boar de árbores os núcleos urbanos; fomentar a igualdade; a conciliación;

para contratar a mulleres vítimas da violencia de xénero; equipamento de emerxencias; actuacións en ma-teria de arquivos; melloras nos locais culturais, ou iniciativas para a moci-dade”, asevera Loureiro.

A Xunta denegou tamén o obradoiro de emprego que Viveiro tiña solicita-do de forma conxunta co Valadouro e Alfoz, como xa acontecera en exer-cicios precedentes, nos que o solici-tara de forma independente.

Viveiro cualifica de fume electoral os novos orzamentos da Xunta

Unha das moitas manifestacións polo saneamento da ría

Page 8: nº 11 novembro 2019 Novembro tínguese de negroamariñaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/AMX_NOVEMBRO_201… · nº 11 novembro 2019 EXEMPLAR GRATUÍTO a pontenova. O PAI e o SAF

actualidade8 novembro 2019

A Xunta de Goberno da Deputa-ción de Lugo aprobou un convenio de colaboración entre o organis-mo provincial e o Concello de Vi-veiro coa finalidade de emprender accións conxuntas que melloren a localidade. A voceira socialista do Goberno, Pilar García Porto, sinalou que “a Deputación fará unha achega de 155.000 euros e a administración local de 18.074 euros, co obxectivo de impulsar o turismo e renovar os servizos mu-nicipais”.Este convenio inclúe dúas liñas de traballo. “Na liña 1 recóllense acti-vidades culturais, festivas, depor-tivas e turísticas, como son o caso do Entroido, os Maios, a romaría do Naseiro, as Festas do Nadal e a Rapa das Bestas de Candaoso, da-tas nas que se van investir 95.000 euros”, explicou García Porto. Con respecto á liña 2, as actua-cións van destinadas á mellora dos servizos e infraestruturas

municipais. “En concreto son ad-quisición de dispositivos de ficha-xe dos traballadores, elementos de sinalización para reforzar a seguridade do tráfico municipal, vehículo municipais, un terreo para consolidar o muro do cemi-terio, 19 láminas solares para os

ventanais da piscina municipal, adquisición de elementos para a suxeición dos contedores de lixo e diferente maquinaria de xar-dinería”, puntualizou. Ademais, contémplase a elaboración dun vídeo promocional do Concello de Viveiro.

O teatro Pastor Díaz de Viveiro con-tinuará durante todo o mes de no-vembro e en decembro cun amplo programa culturalA Rede Galega de Teatros e Au-ditorios, RGTA, de novo subirá ao escenario vivariense o sábado 16 de novembro coa comedia Sénior, na que Luís Iglesia e Marcos Orsi reflexionarán con humor sobre a chegada á terceira idade.Cunha comicidade sinxela e direc-ta, na que doadamente se verá identificada a audiencia, e apoiada nun texto enxeñoso de creación propia. “Sénior permitiranos rir das situacións máis cotiás, de diverti-das anécdotas que, seguramente, moit@s de nós chegamos a vivir e de escenas que só se poden vi-vir, gozar e padecer a partir dos 50 anos”, di a crítica.Os fillos do sol é a comedia que porán no escenario Contraproduc-cións Falaredes o domingo 17, na que Cándido Pazó, como autor e director, especula sobre a obsesión de Eduardo Pondal coa obra que ocupou a súa vida como escritor, Os Eoas.A cabalo entre a realidade ficciona-da e a fabulación dramática, Don Eduardo, xa octoxenario e comes-to pola neurose dos seus últimos anos, confronta as súas dúbidas, medos e insatisfaccións creativas,

tendo por interlocutores un perso-naxe nacido da súa perturbación: el mesmo cando comezaba, de mozo, a súa carreira literaria.Rematará esta parte do ciclo teatral co concerto de Santa Cilla, o 23 de novembro, ás 21 horas, interpreta-do pola Banda Municipal de Música de Viveiro, ademais de coa función Mai Mai, de Baobab Teatro, do RGTA. Coa historia do último oso panda desfrutarán os nenos, ás 18 horas, o sábado 30 de novembro.E xa en decembro, o 7, Talía Teatro porá sobre ás táboas a comedia Vida de cans, de Cándido Pazó. Os libros contraatacan é o título da obra de Anxo Mancel Lamelo para Lucecús Proscenio que chega a Vi-veiro o 14 de decembro en sesión de tarde.

O sábado 21, ás 21 horas, a Ban-da Municipal de Música de Viveiro interpretará o tradicional Concerto de Nadal e logo só quedarían dúas funcións máis para rematar o ano no teatro vivariense como son as ofrecidas por Teatro Cubo, coa obra Nube nube sol, o venres 27, ás 17 e ás 18.30 horas, dirixida aos cativos de ata catro anos. As prazas serán limitadas polo que é necesa-rio inscribirse para asistir.O sábado 28 rematará o ciclo de in-verno co espectáculo de maxia do mago Rafa, ao que sucederán no escenario o mago Teto e Lautaro.Ademais, o monologuista Miguel Lago actuará no Teatro o 1 de de-cembro ás 19 horas polo Nadal. As entradas xa están á venda en wou-tick.es ou no Café La Plata.

O Pastor Díaz terá en novembro un extenso programa cultural

Unha imaxe do teatro Pastor Díaz de Viveiro

A Deputación provincial inviste 155.000 en turismo e servizos

Os concellos teñen a obriga de me-llorar as condicións de vida dos cida-dáns, pero non sempre operan coa dilixencia desexable para cumprir con tal obriga. No caso de Viveiro, un deses incumprimentos pódese ver na rúa Cantarrana, paralela á aveni-da do mesmo nome. Para reparar e adecentar este punto da cidade, os concelleiros do PP presentarán un rogo ao goberno municipal na próxi-ma sesión plenaria.O firmante do rogo é o concelleiro José Ramón Soto, que destaca que é “fundamental para un pobo ter as súas rúas en boas condicións”. Acla-ra que “en Viveiro queda moito por facer, e hai rúas en determinados ba-rrios que se atopan en estado deplo-rable, deterioro que afecta tanto aos que alí viven como a quen as utiliza con frecuencia”. Resalta ademais «a mala imaxe que se ofrece aos turis-tas que nos visitan”.No caso de Cantarrana, usuarios desta vía solicitaron aos membros do grupo municipal popular que se fixeran eco das súas queixas e que as transmitiran ao goberno municipal. Queren deixar constancia do mal estado no que se atopa o firme da rúa. Consideran ademais que é pre-ciso mellorar a calidade do aseo ur-bano. Hai que destacar que esta vía é moi transitada porque da acceso a unha illa de contedores de lixo, a un aparcamento e a garaxes. Ata ago-ra, as queixas dos veciños e as súas reclamacións de melloras non foron atendidas.

Os populares reclaman do goberno local “o inmediato acondicionamen-to da rúa, tanto no que se refire a limpeza, como ao asfaltado e a sinali-zación horizontal”.

PISCINA. Por outra banda, o grupo municipal do PP solicita información ao goberno local en relación con dis-tintos aspectos do funcionamento da piscina municipal. Sinalan que o PP recibe numerosas queixas dos usuarios e usuarias da piscina por-que pecha os domingos e festivos polas mañás.Tamén queren saber canto persoal traballa e que formación teñen ade-mais do número de socorristas que atenden. Preguntan tamén polo nú-mero de monitores acreditados que traballan na piscina e se todo o per-soal adscrito cumpre os requisitos e están inscritos no Rexistro Profesio-nal de Socorristas de Galicia.

Esixen ao Concello que adecente a rúa Cantarrana e amplíe o horario da piscina municipal

A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, informou sobre que a gala de entrega do II Premio de Novela Vilar Ponte terá lugar o 5 de decembro de 2019, ás 20.30 horas, no Teatro Pastor Díaz. No transcur-so da mesma entregaranse o 1º e 2º premio deste certame que na-ceu co dobre obxectivo de render homenaxe aos irmáns Antón e Ra-món Vilar Ponte e recoñecer o seu labor, ao tempo que se pretende apoiar e difundir a literatura en lin-gua galega.

O Concello agarda que esta segun-da edición sexa un novo éxito e sirva para consolidar este premio literario dentro do marco cultural galego. Considera Loureiro que é unha boa oportunidade para to-dos aqueles escritores e escritoras que queiran dar a coñecer as súas obras e a dotación económica do premio é importante, 4.000 euros para o 1º premiado e 1.000 euros para o segundo, ademais da placa e do diploma, que serán entrega-dos no acto referido.

O premio de novela Vilar Ponte entregarase en decembro

Contedores da rúa Cantarrana

Maite Ferreiro e Pilar García Porto, en rolda de prensa na Deputación

Page 9: nº 11 novembro 2019 Novembro tínguese de negroamariñaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/AMX_NOVEMBRO_201… · nº 11 novembro 2019 EXEMPLAR GRATUÍTO a pontenova. O PAI e o SAF

novembro 2019actualidade 9

foz

O Concello de Foz pon en marcha o servizo de comida a domicilio Xantar na Casa, dirixido a persoas maiores e dependentes. A con-celleira Ana Rojo Eijo explica que para posta en marcha do servizo Xantar na Casa no municipio fo-cense “asinouse un convenio por parte do Concello de Foz e do Con-sorcio de Servizos de Igualdade e Benestar Social, da Consellería de Política Social, o 31 de xullo des-te ano 2019. Xantar na Casa é un servizo de comida a domicilio que pretende facilitar e garantir unha alimentación equilibrada e de cali-dade, adaptada evidentemente ás necesidades das persoas maiores ou dependentes, con déficit de au-tonomía persoal”.Hai tres tipos que poden optar a

estes servizos: persoas maiores de 60 anos que teñan limitada a súa capacidade de autonomía persoal e sen rede de apoio que poida suplir tal situación; ou persoas de-pendentes que carecen de apoio familiar e que requiren de axuda para a preparación de alimentos;

así como menores de 60 anos en situación de exclusión social.Así, os interesados poden consul-tar na web municipal o anuncio co proxecto, coas bases e requisitos para o programa, así como o fun-cionamento do mesmo e comple-tar a solicitude.

Os focegos xa poden solicitar o servizo de xantar a domicilio para maiores

Repartidora do programa Xantar na Casa

Portos de Galicia fai públicos os presupostos para o ano que vén na Mariña 1.363.018 euros que se re-partirán entre os concellos de Vivei-ro, Burela, Ribadeo e Xove. Dende o colectivo da Ribeira de Foz, queren felicitar a estes concellos e a Portos de Galicia por mirar pola Mariña. Por outra parte, os socios da Ribeira de Foz están moi preocupados, xa que comproban que non se desti-nou nada neses presupostos para comenzar a solucionar os graves problemas que temos no peirao de Porto Chico.Comprobaron, tras ver os presupos-tos, que como mínimo outro ano máis, as 70 embarcacións deportivas que atracan neste peirao van se-guir quedando varadas en seco nas mareas baixas e o peor é que van a seguir sufrindo os temporais deste inverno pola falta de abrigo que o

deseño actual do peirao ofrece, o que fará perigar as embarcacións. Un ano máis, este inverno terán que retirar e subir as embarcacións á te-rra para evitar a posible perda das mesmas e os barcos profesionais van seguir sen poder usar este pei-rao que tanto necesitan pola mesma falta de abrigo e calado. Tamén lles preocupa moito o feito de que outro ano máis, as embarcacións de salva-mento de Protección Civil e socorris-tas que operan no Concello de Foz e no Concello de Barreiros non poidan traballar con normalidade e que poi-dan repetirse feitos tan graves coma os de este pasado verán, onde unha das embarcacións de salvamento non puido axudar ao rescate dunha persoa que estaba afogar nunha das praias de Barreiros, por non poder saír do seu atraque o estar varada a zódiac na baixamar.

Preocúpalles tamén que outro ano máis non se lle vaia dar cobertura á lista de espera existente para poder ter un atraque deportivo en Foz.Son coñecedores de que recente-mente se fixeron cambios impor-tantes no organigrama de Portos de Galicia, coa incorporación do señor Roi Fernández Añón como director, e da señora Susana Lenguas como presidenta, coa que queren manter unha reunión dende fai tempo e que solicitaron para poder explicarlle en primeira persoa a necesidade impe-riosa que hai en Foz por parte dos socios da Ribeira, Club Náutico e a Cofradía de Pescadores por dar unha solución ao peirao de Porto Chico.Recalcan para concluír os seus para-béns aos concellos que se lles presu-postan solucións para este ano, por-que teñen moita necesidade de que se mire polos seus peiraos e de que

comecen por fin a solucionar proble-mas e demandas, que teñen dende fai moito tempo, engaden. Polo tan-to, congratúlanse de que por fin se lles dea atención, como a que se lle deu a Foz o ano pasado dragando despois de 40 anos o peirao.

PROBLEMA DE CALADO. Aprovei-tando a visita a Foz de Jaime Olano do Partido Popular e deputado por Lugo no congreso nacional, mem-bros do colectivo A Ribeira manti-veron con el unha pequena reunión

para explicarlle os graves problemas que sufren os usuarios recreativos, profesionais e empresas de turismo no peirao de Porto Chico. Problemas que como xa explicaron en repetidas ocasións, cren que teñen fácil solu-ción se hai vontade política de que-rer atallalos.“Precisamos de forma urxente unha optimización de este peirao que xa leva en situación catastrófica moitos anos e con promesas de solucións que se remontan a época do biparti-to e que xa se fan eternas”, sosteñen.

A Ribeira pide atención ao Porto Chico focense nos orzamentos

A secretaria provincial e deputa-da autonómica socialista, Patricia Otero, avanzou que “dende o día 16 de outubro a ambulancia me-dicalizada da Mariña, con base en Foz, traballa con un só TES”, dixo. Hai que lembrar que a ambulancia da Mariña levaba ata o de agora 9 anos traballando en igualdade de conciliacións que o resto de ambu-lancias medicalizadas da xeografía galega, é a única de Galicia que so-fre o recorte de persoal.Otero lembrou que este mesmo mes defendeu no Parlamento de Galicia, unha iniciativa, na que reclamou recuperar ao persoal recortado na ambulancia medica-lizada, así como o servizo 24 horas na ambulancia asistencial de Foz. “Pero só tivemos unha resposta

clara e contundente de Feijoo, que foi o non do PP para mellorar a ca-lidade de vida das nosas veciñas e veciños”, insistiu.Así as cousas a Secretaria Provin-cial avanza que presentarán unha moción para reclamar á Xunta a reposición do segundo técnico da ambulancia medicalizada da Mari-ña e o servizo de 24h na ambulan-cia asistencial con base en Foz”.Na proposta reclamase o posicio-namento do pleno contra os recor-tes dos servizos de urxencias. Instar a Consellaría de Sanidade a que repoña a dotación da ambulancia medicalizada da Mariña, quedando formada por 2 TES un DUE e un mé-dico. E demandase ademais a repo-sición do horario, volvendo a estar dispoñible 24 horas.

O PSOE di que a ambulancia traballa cun só técnico

Unha imaxe do Porto Chico de Foz

Page 10: nº 11 novembro 2019 Novembro tínguese de negroamariñaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/AMX_NOVEMBRO_201… · nº 11 novembro 2019 EXEMPLAR GRATUÍTO a pontenova. O PAI e o SAF

actualidade10 novembro 2019

O Concello de Foz súmase por primeira vez á campaña En negro contra as violencias despois de ser aprobado por unanimidade no pleno da corporación municipal. Remataron ademais os tres días de loito oficial pola tráxica morte da veciña Minaene Franco.A concelleira de Muller, Igualda-de e Inmigración, Verónica Peña, explica que “desde o Concello de Foz tíñamos claro que íamos su-marnos a esta campaña por toda a problemática e a violencia que hai. Por desgraza tivemos tres días de loito precisamente por esta pro-blemática da violencia de xénero; e xa non é que nos toque a nós de cheo por desgraza agora senón que estamos vendo que semana tras semana, día tras día, as mulle-res son agredidas e queremos que todas saiban que no noso Concello están apoiadas, que poden vir a nós, contarnos os seus problemas e se podemos axudar imos apoia-las e vanse sentir arroupadas por nós. Por iso por primeira vez, des-de este Concello imos sumarnos o 25 de novembro a esta campaña

e imos facer uns actos para que a xente vexa que estamos aí, que estamos loitando contra esta pro-blemática”.Verónica Peña engade: “cremos que a xuventude tense que deca-tar desta problemática, que non é soamente do resto de España e do mundo senón que aquí tamén nos toca e pode pasar en calquera momento, como se está vendo. Por iso un dos actos que imos facer é unhas charlas no instituto para os adolescentes, e que poidan facer todas as preguntas e dúbidas que teñan”.A concelleira de Muller destaca que “a iniciativa foi aprobada por todos os grupos políticos da cor-poración municipal porque isto non ter cor política, pódenos pasar a calquera, dá igual cales sexan as opinións políticas, por desgraza cal-quera persoa pode sufrir esta lacra. Polo tanto agradézolles a todos os grupos políticos que se sumaran a esta convocatoria e aínda que é a primeira vez que se vai facer neste Concello esta vez todos os grupos políticos apoiaron a moción”.

Foz súmase por primeira vez á campaña ‘En negro contra as violencias’

Un momento do festival Folclórico da asociación O Feitizo

A primeiros de mes empezaron as obras para mellorar o balizamento e a sinalización horizontal e vertical das rúas focenses Álvaro Cunquei-ro e avenida da Mariña.O alcalde, Fran Cajoto, informou do inicio deses traballos e pe-diu aos veciños que desculpen as molestias que se van causar. Ademais solicita que “teñan pre-caución durante as súas circula-cións por esas rúas para poder compatibilizar da mellor manei-ra o tránsito normal coas obras”. Os traballos, que foron adxu-dicados polo Concello de Foz á empresa Señalizaciones y Bali-zamientos de Galicia SA, consis-ten na disposición de pasos de peóns, reforzo da sinalización horizontal e vertical e colocación de pivotes como elementos de defensa para reducir o risco de atropelos.O Concello licita a mellora de ca-

miños nas parroquias de Cangas, Nois, Fazouro, Vilaronte e San-ta Cilla cun orzamento total de 279.089,89 euros.O Concello focense informa a todas aquelas empresas intere-sadas da licitación pública para o arranxo de varios camiños nas parroquias de Cangas (Alemparte-Vilamor), Nois (Cabanas-Lamalla-

da e Apeadero-Carpacide), Fazou-ro (Bargado-Lousada), Vilaronte (Río-O Carmen) e Santa Cilla.As obras saen a contrato en dous lotes por un importe total de 279.089,89 euros, con cargo ao Plan Único 2019. Toda a informa-ción relativa ao procedemento estará na plataforma de contrata-ción do Estado.

Comezou a obra de modificación da sinalización de varias rúas

As obras das vías saíron en licitación en dous bloques

A Asociación Cultural O Feitizo vén de programar os novos cursos para esta tempada 2019/2020.Así, ofertan clases de baile tradicio-nal para adultos e nenos e preparan cursos de percusión e gaita, ade-mais, das clases de batuca e zumba.Os horarios para estas clases de ba-tuca son os luns e xoves no local do Bahía de 19.30 a 20.00 e de 20.30 e 21.30, e os mércores no centro so-cial de 17.30 a 18.30.Para os de baile tradicional hai dife-rentes horarios en función da idade e serán no centro social, así, os ne-

nos de 3 e 4 anos poden ir os xoves de 18 a 19, de 5 ata 12 anos os mér-cores de 18.30 a 19.30, e os adultos os mércores de 19.30 a 20.30. A partir das 20.30 serán os cursos de gaita e percusión.Os socios teñen dereito a asistir a todas as actividades e clases por un prezo de 15 euros. No caso de familias, o primeiro membro paga-rá 15, o segundo 10, o terceiro 5 euros e para o cuarto en adiante é de balde.Para máis información ou anotarse é necesario chamar ao 649 905 842.

A Asociación O Feitizo organiza clases de baile tradicional

Cen anos. O Concello de Foz homenaxeou o sábado 12 de outubro á veciña de Fazouro Mari Carmen Couto Aguiar, que cumpriu cen anos nesa xornada. Con este motivo recibiu na súa casa a visita do alcalde focense, Fran Cajoto, e a da concelleira Inés López, que lle entregaron un ramo de flores.

A asociación focense Amigos das Viaxes fará a súa vindeira excursión os días que van do 5 ao 8 de de-cembro, cando visitarán Madrid e Cuenca e aproveitarán para ver o es-pectáculo do Circo do Sol. O importe desta viaxe é de 310 euros, aínda que serán 355 para os que vaian con entrada para o Circo du Soleil.Sairán o día 5 de decembro a partir das 14.30 de Burela e irán recollen-do a máis excursionistas por Cangas, Nois, Fazouro, Foz e O Asador, ata chegar ás 16.40 a Lugo.A viaxe inclúe aloxamento nun ho-tel de catro estrelas en Alcobendas, entradas ao circo, visitas guiadas por Madrid, Cuenca e Valladolid, regreso en Avant para o traxecto Madrid-Valladolid e tamén a posibilidade de asistir a outros espectáculos como o de El Rey León, por máis de 310 eu-ros, ou Anastasia, por unha cantida-de case igual. Para anotarse convén chamar a Jaime Cancio ao teléfono 609 822 649 porque as prazas son limitadas, 110 concretamente.Nas viaxes máis recentes realizadas puideron ver entre outras cousas o Lago de Sanabria e o Castelo de Monterre de Verín.

Amigos das viaxes visitará en decembro Cuenca e Madrid

Page 11: nº 11 novembro 2019 Novembro tínguese de negroamariñaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/AMX_NOVEMBRO_201… · nº 11 novembro 2019 EXEMPLAR GRATUÍTO a pontenova. O PAI e o SAF

novembro 2019actualidade 11

A raíz da tráxica morte dunha ve-ciña da vila focense, o Concello de Foz aprobou no pleno ordinario da corporación municipal unha decla-ración institucional condenando todo tipo de violencia.O texto, consensuado por todos os grupos políticos municipais, é o se-guinte: “O Concello de Foz recibiu unha triste, amarga e impactante noticia, coa que estamos absoluta-mente consternados. Á espera da confirmación oficial dun presunto crime de ámbito doméstico no noso

pobo, o conxunto da corporación de Foz quere trasladar a súa firme con-dena a todo tipo de violencia. Tamén queremos enviarlles a tódolos veci-ños e veciñas un mensaxe de abso-luta tranquilidade e de confianza nas forzas de orde público, que están a facer o seu traballo dunha forma profesional e exemplar. As nosas condolencias a amigos e familiares”.Veciños participaron tamén nunha concentración de repulsa diante da praza do Concello con 3 minutos de silencio.

Foz condena no Pleno a violencia, tralo asasinato dunha veciña

Concentración en Foz polo asasinato dunha veciña

Foz celebra unha nova edición do Campañazo os venres de novem-bro para repartir 2.400 euros en premios. Nesta tradicional cita participarán 44 establecementos comerciais e de hostalería. Os sorteos celebra-ranse cada venres do mes de no-vembro ás 23.00 horas e en cada un deles entregaranse 300 euros en vales de compra ao Campañazo e outros 300 euros ao resto de car-tóns premiados.Nesta edición participan 31 comer-cios da localidade.Aquelas persoas que participen no Campañazo deberán seguir os sorteos desde estes 13 locais de hostelería: A Antigua Bolera, A

Viela, Acuario, As Brasas, Cafete-ría Express, Casa Damián, Happy Days, Meraki, O Lar, Pizzería Xoíña, Restaurante Dandy, Tangarte Mari-ñeiro e Xoyma. Desde alí deberán chamar a Radio Foz para cantar os premios. Ademais, como novidade nesta edición do Campañazo, na emiso-ra municipal Radio Foz emitirase A hora do comercio, un espazo se-manal no que os comerciantes fo-censes falarán do seu sector e das iniciativas que poñen en marcha os seus negocios.O Concello de Foz, a Xunta de Gali-cia e Radio Foz colaboran co CCA de Foz na organización do Campañazo 2019.

O comercio sortea 2400 euros en novembro co Campañazo

A concellaría de Patrimonio, que dirixe o nacionalista Francisco Xa-vier Fanego, anuncia a apertura da mostra Arquivo Walter Ebeling, unha exposición fotográfica que poderá verse ata o 15 de decem-bro na sala do Cenima. Ábrese en conmemoración do Día Mundial do Patrimonio, en colaboración co Museo Provincial de Lugo.Esta mostra, pretende achegarlles a todos os curiosos e interesados na memoria do patrimonio etnográfi-co documentos gráficos únicos, nos que se reflicte a vida dos devancei-

ros, entre os anos 1928 e 1933. Ao longo dos anos 1928, 1929 e 1933 o filólogo e historiador ale-mán Walter Ebeling percorreu a xeografía galega para recoller tes-temuño da vida cotiá dos homes e as mulleres do agro.A Concellería de Patrimonio de Foz di que quere poñer en valor o patrimonio etnográfico, natural, histórico e lingüístico do Concello e por extensión do país. As acti-vidades para a súa posta en valor inícianse con esta exposición, que abrangue 540 fotografías.

Inaugurada unha mostra sobre o patrimonio inmaterial galego

Os Bolouros de Foz, teñen previsto un completo programa de activida-des, na XL edición das súas xornadas, para o mes de novembro que come-zon o 10 cunha saída á Fraga Vella para percorrer a ruta dos acivros, entre os concellos de Mondoñedo e Abadín. Xa o domingo 17, progra-man outra saída a terras de Sarria, con recollida, identificación e expo-sición de cogomelos. Irán acompa-ñados da asociación micolóxica A Muiñeira. Sairán dende diante do Concello ás 8.30 horas.O xoves 21 de novembro, o presi-dente dos Bolouros, Jesús Blanco, liderará unha charla coloquio sobre vexetación galega, o bidueiral. Será

ás 20.30 horas, no salón de actos do Cenima. O 23 de novembro o res-taurante Racimo acollerá un xantar micolóxico ás 14.30 horas. Os socios poden pagar 40 euros e cinco euros máis os non socios. É imprescindible anotarse antes do día 22, tamén cha-mando ao 982 133 636.E xa por último, os xoves 21 e 28 de novembro vanse degustar as funxi-tapas, petiscos de cogomelos que se probará con consumición a partir das 20.30 horas nos establecemen-tos Barrileta e Casa Damián.Para todas as actividades convén in-formarse e reservar praza chamando ao 982 140 302 e no mail [email protected].

Os Bolouros desenvolve un completo programa micolóxico

Fotografía de Walter Ebeling

A Casa da Cultura acollerá os catro xoves de novembro ás 20.30 horas un ciclo de charlas médicas orga-nizado polo Concello focense.A concelleira de Sanidade, Ve-rónica Peña, explica “quixemos que abarcaran todas as idades, desde a nenez ata a madurez e a vellez. Por iso cada xoves vai ir un especialista en cada idade: para a nenez ven un pediatra, para a adolescencia ven unha psicóloga, para a madurez ven un xinecólogo e para a vellez temos un xeriatra”.Verónica Peña engadiu que “pu-xémolas ás oito e media da tarde porque cremos que é unha hora na que a xente vai saíndo do tra-ballo e pode acudir antes de ir para a casa. Esperemos que lles guste a todos”.O día 21 o xinecólogo Cristóbal Ro-dríguez Garfia tratará sobre a ma-durez e o ciclo rematará o día 28 cunha charla do xeriatra Laureano Alberto Negrón Blanco sobre a vellez. Este ciclo está organizado polo Concello de Foz coa colabo-ración da clínica Maas Saúde.

Charlas médicas todos os xoves de novembro

A Universidade de Educación a Dis-tancia, Uned, anima a inscribirse e seguir o curso sobre biodiversida-de e conservación que se impartirá na aula de Foz do 9 ao 13 de de-cembro.Os asistentes poderán seguir o cur-so tanto na modalidade presencial, como en streaming, en directo ou e diferido, a través de internet.A matrícula deste curso custa 40 euros para o alumnado da Uned, 30 euros para os desempregados e 25 euros para as persoas con algún tipo de discapacidade.Convén apuntarse na aula da Uned en Foz chamando ao 982 133 699 ou escribindo un mail a [email protected]. Entre os colaboradores fi-gura o colectivo Mar e Masma e o Concello.

A Uned programa un novo curso de conservación mariña

Page 12: nº 11 novembro 2019 Novembro tínguese de negroamariñaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/AMX_NOVEMBRO_201… · nº 11 novembro 2019 EXEMPLAR GRATUÍTO a pontenova. O PAI e o SAF

actualidade12 novembro 2019

burela

O BNG de Burela ven observan-do “como pasan as semanas, os meses e mesmo o anos e a veci-ñanza ten que seguir aturando un problema ambiental de primeiro orde sen vías de solución, como é o estado da estación depuradora de augas residuais, a Edar. A total e absoluta parsimonia do goberno local, liderado por Alfredo Llano, acentuada, se cabe nos últimos meses en funcións, contrasta coas xestións levadas a cabo noutros concellos veciños en moito menos tempo, asegura o concelleiro Ma-rio Pillado.“En catro anos prometéronnos moitas veces que todo avanzaba ben pero logo nunca se fai nada e sempre se van retrasando as da-tas sen que o alcalde cumpra coas súas responsabilidades esixindo das diferentes administracións compro-misos, financiamento e inversións. Noutros concellos, coma Barreiros, o novo goberno nuns poucos meses xa fixo máis que o goberno socialis-ta de Burela en 4 anos” sinalou.

Os nacionalistas tamén ven con asombro como un ano máis os or-zamentos da Xunta non conteñen inversións suficientes para paliar este problema. “A partida de Au-gas de Galicia destinada para a Edar de Burela é tan baixa coma do exercicio anterior, que por cer-to, non se executou. Anunciaron as inversións na Mariña como se esa cantidade fose suficiente para solucionar o gravísimo problema que temos aquí en Burela. Os po-

pulares entenden así a democra-cia: senón lles votas, non mereces un servizo primordial como a de-puración de augas residuais”, en-gadiu o voceiro nacionalista, quen finalizou dicindo que “nos chama a atención o silencio do PP de Bu-rela con este tema. Tan esixente outras veces, agora o Partido Po-pular opta por estar calado men-tres a veciñanza segue a aguantar esta situación, da que é evidente que xa está farta”.

Os nacionalistas denuncian que segue sen solución o problema da Edar

A partida presupuestaria do ano pasado para a Edar non se executou

Na reunión da comisión especial de contas foi aprobada a conta xeral de 2018 do Concello burelés, que pe-chou o exercicio pasado cun rema-nente de tesourería de 3.500.000 de euros, cun aforro bruto de máis dun millón de euros e cun aforro neto de 922.000 euros. Para o alcalde, Alfre-do Llano, estas cifras indican que as cousas se están facendo ben. O rexe-dor subliña que o Concello non ten practicamente débeda e que cum-priu coas obrigas normativas, como a estabilidade financieira ou a regra de gasto.Llano explicou que “fixemos a reu-nión da comisión especial de contas. O propósito e o obxectivo era apro-bar a conta xeral do exercicio 2018. E foi aprobada, dado que as contas do Concello de Burela están perfec-tamente levadas e dan uns resulta-dos que son moi merecedores de optimismo”.O alcalde salientou que “temos un remanente de tesourería de 3.557.000 euros, que é unha cifra enorme que nos vai servir posible-mente para financiar un maior vo-lume de gastos para o ano que ven. Tamén temos un aforro bruto de 1.061.000 euros e un aforro neto,

que nos vai servir para a execución do presuposto para o ano que ven, de 922.000 euros. Penso que esas ci-fras indican claramente que estamos facendo as cousas, dentro das nosas posibilidades, bastante ben”.O rexedor engadiu que “practica-mente non hai débeda, é moi esca-sa e ven derivada aínda de cando se fixo a escisión de Cervo e Burela, que naquel momento axudou a Xunta de Galicia cun préstamo do que agora mesmo xa non se pagan intereses,

polo tanto enseguida vai vencer. Así que débedas cero no Concello de Burela”.Alfredo Llano insistiu en que “temos un remanente moi grande de 3 mi-llóns e medio de euros e iso indica claramente que non se fixo nada que superara os gastos sobre os in-gresos, ou sexa, que se foron levan-do as cousas ben. Hai outra cousa que hai que indicar, que se cumpre sobradamente co que son as obrigas normativas, por exemplo o que son a estabilidade financieira e a regra de gastos, todo aquilo que dalgunha maneira condiciona como se teñen que levar as contas dun Concello, pois aquí estamos cumprindo todo”.O alcalde manifestou que “esta con-ta xeral do exercicio 2018 ven con-trastar dunha maneira moi solven-te que o Concello de Burela agora mesmo está moi ben en cuestión de economía. Imos tratar de seguir así durante moito tempo para que o Concello poida, con garantía, facer as súas labores, os seus traballos, crear emprego dentro das súas po-sibilidades cando se contratan obras, e todo aquilo que sexa beneficioso para o conxunto dos nosos veciños e veciñas”.

As contas presentan un aforro de máis dun millón de euros

“Consumáronse os feitos. Alfredo Llano lonxe de dar un exemplo de transparencia tendo en conta a si-tuación tan particular que está a vivir o Concello de Burela, prefire aplicar a súa particular lei morda-za”. Así de contundente se amosou o voceiro do PP, Manuel Rouco, alegando que neste tempo en fun-cións os plenos ordinarios non se celebran. “Se neles non se dispón o punto de rogos e preguntas dentro da orde do día a oposición queda silenciada, que por outra banda é o que quere o señor Llano”, explica.“En sete meses o alcalde en fun-cións só permitiu rogos e preguntas no anterior Pleno extraordinario, un dos dous que se celebraron en todo este tempo, pero segundo manifes-tou publicamente, foi un erro ad-ministrativo”. Diante esta situación, pregúntase o popular “que está a dicir o alcalde en funcións, que son os funcionarios os que deciden os puntos que deben de ir nos plenos?, que non le nin o que leva a pleno?, que el só cobra por firmar?”.“Non é a primeira vez no último

ano no que lle negou o dereito de pechar coa súa quenda de palabra unha moción presentada e defen-dida polo portavoz do PP, algo que se leva facendo dende que Burela é Concello. Cabe lembrar que, ade-mais, foi o único alcalde dos con-cellos máis grandes da Mariña que se negou a ter un debate público, previo ás eleccións locais, co resto de candidatos”, din.

CEMITERIO. Por outra banda, os po-pulares fixeron chegar tamén a súa queixa pola falta dede auga no ce-miterio municipal na véspera do día de Defuntos e despois de que o so-cialista manifestara que o cemiterio municipal estaba en perfecto estado en contestación ás críticas cidadáns sobre as súas condicións e que con-sideraba que se debían a cuestións políticas.A este respecto, dende o PP bure-lés sinalan que “ao día seguinte das súas declaracións atopámonos coa estampa da motobomba do Conce-llo subministrando auga ás longas colas de veciños e veciñas”.

Culpan a Llano de non permitir os rogos e preguntas no Pleno

O alcalde, Alfredo Llano

O grupo de pandeireiteias Tanxugueiras recalará en Burela no marco da Xira Contrapunto 2019-2020. O concerto promovi-do polo Concello de Burela será o 14 de decembro, no auditorio municipal burelés.A apertura de portas farase ás 20.30 horas e aproximadamente media hora despois comezará o concerto, dun grupo que conta con cada vez máis número de seguidores. A entrada anticipada custa 10 euros e 14 en taquilla.

Pódense adquirir tamén en Enter-ticket e hai máis información na web de www.tanxugueiras.com.

O grupo Tanxugueiras actuará no mes de decembro

A Concellería de Servizos Sociais, Muller e Igualdade de Burela orga-niza un curso de autodefensa para mulleres ante situacións violentas que se celebrará os días 18 e 19 de novembro.A actividade desenvolverase nas dependencias da Casa da Cultura en horario de 9.30 a 13.30 horas. As clases serán impartidas por especia-listas da Federación Galega de Loita e pertencentes ás Forzas e Corpos de Seguridade do Estado.

As persoas interesadas poden so-licitar máis información para ins-cribirse no CIM, na propia Casa do Concello ou no número de teléfono 982 580 609.A edil Noelia María Ben explica que “este curso, organizado polo Centro de Información ás Mulleres, enmár-case dentro das actividades progra-madas polo Concello de Burela para conmemorar o Día Internacional contra a Violencia de Xénero que se celebra o 25 de novembro”.

Convocan un curso de autodefensa para as mulleres

Page 13: nº 11 novembro 2019 Novembro tínguese de negroamariñaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/AMX_NOVEMBRO_201… · nº 11 novembro 2019 EXEMPLAR GRATUÍTO a pontenova. O PAI e o SAF

novembro 2019actualidade 13

O alcalde, Alfredo Llano, e o con-celleiro de Obras, Ramiro Fernán-dez Rey, asinaron a acta de inicio da obra que se vai acometer na rúa Lamestra e nun vieiro per-pendicular estes días. O investi-mento superará os 38.000 euros e o prazo de execución será dun mes. As obras, que Ramiro Fer-nández considera moi necesarias, consistirán na reparación do pa-vimento e na mellora da rede de saneamento.O edil de Obras contou que “o al-calde máis eu estivemos visitando unha obra e firmando a acta de inicio, que entendemos que é moi importante e necesaria para os veciños e veciñas sobre todo das Casas Baratas”.Ramiro Fernández Rey explicou que “a obra consiste na repara-ción do firme máis na mellora do saneamento na rúa Lamestra, e na perpendicular, onde está moi

deteriorado o asfalto. Farase o asfaltado das rúas e a instalación dunha rede de saneamento. Insta-larase unha nova rede para augas pluviais e tamén imos conectar esa nova rede á que xa existe na rúa Lamestra”.O concelleiro de Obras engadiu que

“o importe desta obra vai ser 38.784 euros, foi adxudicada á empresa Ca-zás e pensamos que vai mellorar a calidade de vida dos veciños e ve-ciñas desa zona. O asfalto está bas-tante deteriorado, creo que é unha obra que van agradecer os veciños e que lles vai mellorar a vida”.

O Concello avanza no trámite para remodelar a rúa Lamestra

No Concello burelés tivo lugar un en-contro entre o alcalde, Alfredo Llano, a concelleira de Medio Ambiente, Noelia María Ben, e representantes da Universidade a Distancia, Uned, de Lugo, para tentar iniciar unha co-laboración en materia de medio am-biente, que podería facerse a través da Mancomunidade da Mariña ou de cada Concello por separado. O rexedor explicou que “viñeron visi-tarnos dous representantes da Uned de Lugo co propósito de ir progra-mando algunha actividade que teña que ver co medio ambiente, coa vida sostible e todo aquilo que estea rela-cionado cos obxectivos da ONU para o ano 2030, que son sustentabilida-de, medio ambiente e vida social”.O alcalde engadiu que “quedamos en ter máis reunións e imos facer unha proposta para poder aplicar na Mariña. Hai moitas cousas, sobre todo en relación con medio mariño, tamén coa produción ecolóxica de agricultura e gandería. Imos procurar facer unha programación que mere-za a pena e que estea de acordo co que pretendemos todos, estar en sintonía cos obxectivos da Onu”.

Búscase unha colaboración coa Uned en materia medioambiental

A Fundación Expomar traballa no desenvolvemento do proxecto de-nominado Centro de Coñecemento en Patrimonio Cultural Pesqueiro, segundo deu a coñecer o seu presi-dente e alcalde, Alfredo Llano. Está cofinanciado polo Galp e suporá, en-tre outras actividades, a realización de charlas nos centros de ensino, a publicación dun catálogo sobre a fauna e a flora mariñás e a organiza-ción do 1º Congreso Nacional de Ar-tes de Pesca en Burela. O obxectivo é poñer en valor o sector náutico pes-queiro da zona e levar adiante algúns dos puntos que recolle o estatuto da propia Fundación Expomar.Llano explicou que “entre outras cousas imos tratar de divulgar o pa-trimonio e a cultura mariñeira, se vai tratar tamén de fomentar a creación de emprego ligado ao mar, quere-mos ademais achegalo aos centros educativos da comarca e sobre todo de Burela, e implementar ferramen-tas que axuden á transmisión de información e coñecemento. Quere-mos tamén captar fluxo turístico en épocas de baixa demanda”.O presidente da Fundación Expomar engadiu que “desde o mes de no-

vembro a finais de decembro imos facer un repositorio das actas de pesca, e imos elaborar un catálogo da flora e da fauna mariñás, que é moi interesante para poder distri-buílo tanto nos centros comerciais como nos institutos e os colexios de ensino. Tamén imos impartir unha charla por todos os centros educa-tivos tanto de Burela como da co-marca, e convocaremos o concurso O Mar Luce, que de momento imos plantexar nos dous institutos e nos dous colexios de ensino primario”.

Salientou tamén que “este proxecto inclúe a organización do primeiro Congreso Nacional de Artes de Pes-ca. Estamos traballando e queremos que sexa a mediados de decembro, e cremos que é importantísimo para facer unha boa divulgación de como se pescan diferentes especies con di-ferentes artes. Queremos que veñan expoñer esas artes doutros lugares da península, que sexa moi repre-sentativo do sector e que dea a co-ñecer unha pesca sostible utilizando as nosas artes tradicionais”.

Burela creará un centro de patrimonio cultural pesqueiro

Porto de Burela

O alcalde e o concelleiro, visitando as obras da rúa Lamestra

O Concello inaugurará o alumeado de Nadal o día 5 de decembro. O alcalde, Alfredo Llano, explica que aínda que a empresa encargada co-locará as luces durante o mes de no-vembro, non será ata o 5 cando se proceda ao seu acendido.O rexedor explicou que “este ano, fa-lando coas empresas de iluminación do Nadal, xa marcamos cunha pou-ca antelación como fixemos o ano pasado, por razóns de tempo e de ocupación xa que teñen que aten-der moitos sitios as empresas que colocan as luces, acordaron comezar moito antes que outros anos a co-localas aquí en Burela. Así que si se ve poñendo as luces de Nadal é por razóns da empresa para poder reali-zar en todos os sitios en prazo todo o que teñen que montar”.Dixo tamén que “este ano vaise acender o alumeado de Nadal o día 5 de decembro. É un día especial para inauguralo, pero tamén para comezar coa programación que ten a Acia preparada para o vindeiro Na-dal. Polo tanto, ese mesmo día imos inaugurar tanto o alumeado de todo o pobo como a árbore de Nadal, que é propiedade da Acia e que tamén se quere acender ese día”.

As luces de Nadal acenderán o 5 de decembro

Tras exercer o seu dereito ao voto o 10 de novembro, os veciños de Bure-la volverán votar o día 17 por segun-da vez nunha mesa electoral, a do IES Perdouro, que se tivo que anular por un erro no reconto. A situación obrigou ao alcalde, o socialista Alfre-do Llano, a estar en funcións ata que se repita a votación neste colexio ao que están chamados a exercer este dereito 630 electores. Ademais de en Burela aconteceu esto mesmo en La Granja de la Costera (Valencia) e en Cordobilla de Lácara (Badajoz).A lei electoral ordea que sexan as mesmas persoas as que conformen a mesa electoral do Perdouro para repetir os comicios, sen campaña. A Sala do Contenciosos-Administra-tivo do TSXG acolleu o recurso inter-posto por Burela Sempre contra o acordo da xunta electoral de Mon-doñedo correspondente ás eleccións do 26 de maio.

O 17 repetiranse finalmente as eleccións nunha mesa do IES PerdouroPersoal municipal e dos clubs de-

portivos da localidade participaron nunha charla sobre o uso de desfi-briladores.O concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández Rey, lembrou que o Con-cello ten instalados desfibriladores en puntos estratéxicos como a Bi-blioteca, a Casa do Concello, o pavi-llón Vista Alegre, o campo de fútbol da Marosa e as praias. Conta na ac-tualidade con seis desfibriladores e o edil aposta por ampliar esta cifra en canto sexa posible. “É unha formación que se debe lem-brar de cando en vez e tocábanos agora despois de dous anos”. Fer-nández Rey reiterou que “é un gasto que corresponde facer, nosoutros considerámolo unha inversión. É verdade que son uns cartos que hai que investir, pero penso que merece a pena ter eses desfibriladores en estado de revista e con xente prepa-rada para poder actuar no momento que haxa unha emerxencia”, dixo.

Reciclan ao persoal do Concello no uso de desfibriladores

Page 14: nº 11 novembro 2019 Novembro tínguese de negroamariñaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/AMX_NOVEMBRO_201… · nº 11 novembro 2019 EXEMPLAR GRATUÍTO a pontenova. O PAI e o SAF

actualidade14 novembro 2019

Entrou en funcionamento o alumea-do ornamental do muro do porto de Burela onde se atopan as pinturas de Amarte. Está composto por 66 lumi-narias LED e desde o equipo de go-berno consideran que “será un atrac-tivo turístico máis a visitar na vila”.O concelleiro de Cultura, José Díaz, explicou que “o alumeado estará programado para que se acenda ao anoitecer e estará en funcionamen-to mentras haxa movemento pola zona portuaria”.Dende que se habilitou un vial de acceso directo ao porto burelés para desconxestionar a rúa princi-pal de entrada á localidade, fraguou a idea de decorar o muro de pedra

que quedou con pinturas murais e grafitis ata crear mesmo un certame internacional de este tipo de pintura cada verán, que este ano chegou á súa terceira edición.Moitas das obras representadas son un reflexo da historia, da acti-vidade e das xentes de Burela e su-poñen unha carta de presentación de gran beleza á entrada á vila, por iso o Concello cre que ademais, coa recente instalación da ilumina-ción coa que tamén se verán pola noite, supoñen outro recurso de atración turística. Non en balde, entre os artistas figuran creadores de renome como Otero Regal ou Hipólito Xeada.

As pinturas murais de Burela contan con alumeado nocturno

O alcalde, Alfredo Llano, e o con-celleiro de Cultura, José Díaz, asistiron á inauguración da XXVII exposición de fotografías do Club Imaxe de Burela na sala de arte da casa da cultura. A mostra po-derá visitarse ata o vindeiro 27 de novembro, aínda que se podería prolongar máis. O Club Imaxe Burela organiza cada ano a exposición, pero a mostra acada este ano a súa edición nú-mero 24. Está formada por cua-renta instantáneas tomadas por dez socios do colectivo. As imaxes están inspiradas principalmente en Burela, aínda que tamén hai

fotos de outros lugares da comar-ca e de fóra da mesma.Aínda que o club está formado por afeccionados ao eido da fotogra-fía, a entidade déulles liberdade aos socios para elixir a temática dos traballos. Boa parte dos parti-cipantes se inspiraron de novo no mar e nas paisaxes.A exposición pode visitarse de luns a venres, en horario de mañá e tarde, dende as 9 e ata as 13 ho-ras e de 17 a 20 horas. As imaxes permiten descubrir e pasear pola costa lucense a través da fotografía e das 36 fotos expos-tas de 36x24 e as catro de 30x40.

O Club Imaxe expón fotos da costa este mes

A mostra, sendo visitada por autoridades e veciños

Burela estará presente na vindeira Feira de Abril en Sevilla onde fará promoción turística. O Concello foi elixido para acudir a esta cita polo Lar Gallego da capital andaluza, se-gundo deu a coñecer o concelleiro Ramiro Fernández Rey. O edil de Turismo explicou que “a nosa participación vai consistir basi-camente nunha promoción turística de Burela na Feira de Abril. A case-ta do Lar Gallego vai estar decorada con fotos e pinturas de Burela”.Fernández Rey dixo: “entendemos que é unha maneira estupenda de promocionar Burela e desde logo estamos agradecidos ao Lar Gallego por elixir a Burela para participar nestes actos. Vamos estar alí con presenza institucional por suposto promocionando Burela dentro das nosas posibilidades”.O concelleiro burelés engadiu que “tamén imos participar en outubro nun encontro de casas rexionais e provinciais que se celebra en Sevilla, ligado ao que é a Feira de Abril. Imos ter alí un stand”.Ramiro Fernández subliñou que “unha das casetas máis grandes da Feira de Abril é precisamente a do Lar Gallego e por alí pasa moitísima xente, polo que é unha oportunida-de única de promocionar Burela”.

Burela fará promoción turística na feira de abril sevillana O concelleiro de Cultura en Burela,

José Díaz, anunciou que xa están á venta en ataquilla.com as entradas para asistir aos tres espectáculos dos que gozarán bureleses e ma-riñáns en decembro. O día 20 será o musical infantil Vaya Santa Claus, o día 25 terá lugar a actuación da Compañía Nacional de Danza de Ucrania e o 27 Manuel Manquiña chegará con Relatos Negros.O edil de Cultura contou que “te-mos á venta en ataquilla.com en-tradas dispoñibles para ver a Ma-nuel Manquiña o 27 de decembro ás oito da tarde. É unha comedia de humor negro en torno á forma de matar e ás motivacións do ser hu-mano para matar, todo en ton de comedia e contado por un actor da escena galega coñecido por todos que nos faltaba por ter en Burela. As entradas son sen numerar e vén-dense ao prezo de 10 euros”.Xan Carballal, director da Escola de Música de Burela, subliña a impor-tancia da presenza na localidade da Compañía Nacional de Danza de Ucrania, “xa que se trata dun gran-de espectáculo de música e danza a cargo dun dos mellores elencos do mundo”. Por este motivo Carballal recoméndalle ao seu alumnado que se achegue a disfrutalo.Tamén están xa á venta en ataqui-

lla.com as entradas para Virskiy, o espectáculo de danza do Ballet Nacional de Ucrania, que estará no pavillón Vista Alegre o día 25 de de-cembro ás sete da tarde con prezos diferentes. Carballal engadiu que “o público que se achegue a Bure-la poderá gozar dun espectáculo destes onde hai un corpo de baile formado de mulleres e homes e un elenco tan importante como este que nos vai visitar, creo que vai ser unha hora e media inesquecible. É algo que debemos ter en conta para un día tan sinalado como o 25 de decembro, e poder disfrutar deste espectáculo”.Ademais están á venta as entradas para o musical Vaya Santa Claus que vai ser o 20 de decembro.

Listo o programa de Nadal

A axenda cultural do Concello de Burela para o mes de no-vembro inclúe teatro afecciona-do para adultos e nenos, unha charla sobre alimentación sau-dable centrada na dieta atlánti-ca, unha exposición fotográfica do club Imaxe de Burela e a V Festa da Castaña, que tivo lugar o día 8 pola tarde. Ademais de castañas, bebida e bolos preña-dos houbo sorteo de vales de compra da Acia local, a actua-ción de Ledicia e un obradoiro para os máis pequenos da man de Gaia.O concelleiro de Cultura, José Díaz, anunciou que “xa temos preparada a programación do mes de novembro en Burela. To-dos os eventos que hai este mes son gratuítos porque imos ter bastante teatro afeccionado con grupos que xa estiveron aquí e outros que debutan”.O edil subliñou “a presenza de Adala Infantil, o grupo de teatro de Fazouro, que ven por primeira vez aquí cunha obra. Son nenos que levan xa anos neste grupo de teatro e paréceme moi in-

teresante que estean en Burela porque son un bo exemplo para que anime aos colexios a ter ta-mén grupos de teatro. Mesmo aquí en Burela sería xenial que tivéramos tamén un. Estará o día 23, ás seis da tarde, cunha obra que se titula ¿Qué pasou no camiño?. Os adultos do grupo Adala estarán o día anterior, o venres 22. Completamos o resto de programación con cine infan-

til como sempre no auditorio, e destacar a actuación do grupo noso de aquí de Burela, O Tor-ques, que presenta nova obra o venres 29, que se chama Cea de familia e que dirixe Juan Vilari-ño. Tamén esperemos que teña boa resposta”.Díaz engadiu que “ademais te-mos este mes de novembro o Festival de Danza e de Música tradicional de Ledicia que será o 30 de novembro ás sete da tarde. Tamén estarán Os Trocos, que estiveran aquí no ano 2015, cunha obra que fixéramos ao aire libre, na praia, e tivera moi-to éxito. É un grupo que prepa-ra moi ben as obras e merece a pena velo. Teremos tamén unha charla sobre alimentación saudable, en concreto sobre a dieta atlántica. Estamos moi habituados a oír falar da dieta mediterránea pero nesta oca-sión, patrocinado por Vegalsa, vannos falar da dieta atlántica, de que comidas inclúe e todo o relacionado con ela. Será o mar-tes 12 ás oito da tarde no salón de conferencias”.

Teatro, fotografía e saúde, na programación cultural de novembro

O lugar onde se atopan as pinturas no porto de Burela

Page 15: nº 11 novembro 2019 Novembro tínguese de negroamariñaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/AMX_NOVEMBRO_201… · nº 11 novembro 2019 EXEMPLAR GRATUÍTO a pontenova. O PAI e o SAF

novembro 2019actualidade 15

O presidente de Acisa pensa que “novembro é un mes com-plicado para comercios e bares e creemos que facilitándolles estas ferramentas aos nosos so-cios podemos facerllo un pouco mas fácil, tanto regalando un desconto no combustible como potenciando as noites dos xo-ves e venres”. Así os comercios contarán con 15.000 bolsas e papel de rega-lo, 15.000 rueiros para os ho-teis, servilletas para os bares, as ampliacións horarias para os pubs e a Festa do Comercio con centos de miles de papeletas a repartir entre todos os asocia-dos para sortear miles de euros en premios”. Ademais, instalarán unha árbo-re de luces de Nadal, traerán a Papa Noel e a un carteiro real e convocarán un concurso de decoración ademais de coordi-nar co Concello as actividades porgramadas e na elaboración doutras.

O Nadal anímase con diferentes accións comerciais

ribadeo

O alcalde, Fernando Suárez, fai un balance positivo do acordo asina-do entre o Ministerio de Fomento, a Xunta de Galicia e o Concello de Ribadeo para a promoción de 40 vi-vendas que se destinarán a aluguer social. Estarán situadas nun inmoble na avenida Rafael Fernández Car-doso. O rexedor considera que se trata dunha boa nova e dun paso importante xa que se vai resolver a situación dun edificio que leva cons-truído uns 15 anos e que presentaba un aspecto lamentable. O prazo de execución, que suporán un investi-mento de máis de 2 millóns e medio de euros, será de 24 meses. O Esta-do aportará 954.000 euros, a Xunta 27.000 e o promotor o 63% restante. Fernando Suárez contou que “este edificio vaise concluír, pasará a prestar esta función de poñer no mercado 40 vivendas destinadas ao aluguer por un período mínimo de 25 anos, debendo ter estas vivendas unha cualificación enerxética míni-ma da categoría B. Para todo isto,

este promotor terá unha axuda que vai completar a inversión global que está cifrada en 2.665.000 euros, dos cales o Ministerio de Fomento apor-tará 954.000 euros, é dicir o 35%, e a Xunta de Galicia aportará 27.000 euros, o que supón o 1%, tendo que poñer o promotor o 63% restante”. O alcalde de Ribadeo engadiu que “as vivendas que resulten desta ac-tuación terán uns prezos de aluguer máximo que están establecidos no

artigo 23 do Real Decreto 106/2018 do Plan Estatal de Vivenda, sobre todo para xente de especial vulne-rabilidade cuns topes máximos. As obras terán que facerse nos prazos que se indican neste acordo, que son 24 meses. Polo tanto creo que é unha boa noticia. Vai ser executado nos próximos meses todo este edifi-cio e logo a xente que queira pedir información pode vir ao Concello, ás oficinas de rehabilitación”.

A vila contará con 40 novas vivendas para alugueiro social

As vivendas sociais están situadas na avenida Rafael Fernández Cardoso

O concelleiro de Deportes, Jorge Díaz Freije, fai un balance moi positivo da acollida que están a ter as escolas deportivas. Nas doce que se ofrecen durante o inverno inscribíronse 447 nenas e nenos. E nas cinco que hou-bo no verán participaron 94 rapaces. O edil nacionalista dixo que “ven de pecharse o prazo de inscrición das escolas deportivas de inverno, que son 12 especialidades e en total, en-tre nenos e nenas, hai 447 inscritos. E nas escolas de verán contaron con 94 participantes en total, repartidos entre as 5 especialidades que hou-bo. Polo tanto en total, entre as de verán e as de inverno, hai arredor 540 alumnos e alumnas”.As modalidades das escolas deporti-vas de inverno que se están a impar-tir son: atletismo, baloncesto, fútbol, fútbol sala, hoquei liña, natación, pádel, patinaxe, rugbi, tenis, tenis de mesa e ximnasia rítmica. O inicio tivo lugar entre o 16 de setembro e o 15 de outubro e o remate será entre o 16 de maio e o 15 de xuño.

Case 450 cativos están inscritos nas escolas deportivas de Ribadeo

O Concello de Ribadeo, súmase de novo, por cuarto ano consecutivo á campaña de denuncia e sensibi-lización social contra a violencia de xénero promovida por vilas e cida-des galegas baixo o lema En Negro Contra As Violencias co obxectivo de poñer sobre as axendas, coa maior contundencia posible e dunha vez por todas, a violencia machista como un problema público, de toda a cida-danía.Desde a Concellaría de Igualdade e desde o CIM animan “ao sector do comercio e a todos os axentes sociais do municipio a implicarse na con-

memoración do 25 de novembro. Ribadeo en negro. Propoñémosvos vestir de loito a nosa vila/municipio/cidade/concello, en sinal de dor por todas as mulleres que sofren violen-cia, e como resposta a máis dura das súas consecuencias, a morte. Porque consideramos que tedes o protago-nismo das rúas de Ribadeo, e sodes o gran escaparate que pode transmitir á cidadanía a mensaxe de denuncia e solidariedade: queremos Ribadeo libre de violencias machistas!”.E engaden que “do 18 ao 25 de novembro, viste a túa tenda, co-mercio, empresa, bar, posto do

mercado,etc… de negro, viste os ma-nequíns, os manteis do teu restau-rante, ou a ti mesmo/a denegro. Este ano desde o Concello non contamos con material así que animámosvos a que aproveitedes o de pasadas edicións e baixedes carteis ou o que queirades da páxina web, https://en-negrocontraasviolencias.gal/”.

Así mesmo o 25 de novembro, día in-ternacional contra á violencia de xé-nero, “temos previsto facer un acto colectivo no que poderá participar toda a cidadanía e do que informa-remos en breve. Podedes seguirnos nas redes sociais, no facebook e twi-ter de IgualdadeRibadeo, onde vos iremos poñendo ao día”.

Ribadeo vestirase de negro contra a violencia

Concentración reivindicativa do ano pasado en Rinlo

Quedou constituído en Ribadeo o Pacto Local Contra a Violencia Machista no Camiño do Norte co obxectivo de previr e dar atención a posibles casos de abuso sexual e/ou violencia machista durante o seu paso por este concello. Desde a Concellería de Igualdade lembraron que “iniciábamos no mes de xullo este proxecto mu-nicipal coa finalidade de poten-ciar a vila de Ribadeo como punto referente do Camiño do Norte na

súa dirección a Santiago de Com-postela, con especial fincapé en ofrecer un entorno seguro para as mulleres que viaxan soas. Sensi-bilizar ao conxunto da cidadanía, administracións públicas e entida-des privadas sobre a importancia de xerar espazos que favorezan a prevención da violencia sexual nas rutas do Camiño de Santiago, e promover unha imaxe positiva do mesmo”. Igualdade e CIM sinalaron que

“se editou un vídeo froito deste proxecto de divulgación e sensibi-lización sobre o dereito ás mulle-res a un camiño libre de violencias machistas e sobre a opción de viaxar soas no que foron moitas e diversas as voces de mulleres que viaxaron soas que colaboraron na campaña enviándonos notas de voz, mensaxes, e cumprimentan-do as tarxetas nas oficinas de tu-rismo, albergues e establecemen-tos hostaleiros.

Pacto contra a violencia machista no Camiño

A Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo, a Asociación Cultural Ronqueta e o grupo de gaitas Illa Pancha de Ribadeo es-tán preparado o quinto curso de música tradicional galega que terá lugar os días 18 e 19 de xaneiro do ano que vén, 2020.Para participar ou inscribirse can-to antes, xa que ten moita de-manda, convén poñerse en con-tacto co parte da organización no mal [email protected] encargados de impartir as cla-ses serán Daniel Bellón, en gaita, Javier Feijóo ‘Xisco’, en canto e pandeireta e Kinhos Saburido en percusión. A escola ofrece clases de música tradicional galega.

Curso de música

Page 16: nº 11 novembro 2019 Novembro tínguese de negroamariñaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/AMX_NOVEMBRO_201… · nº 11 novembro 2019 EXEMPLAR GRATUÍTO a pontenova. O PAI e o SAF

actualidade16 novembro 2019

O Concello sacou a licitación o contrato de servizos para a realiza-ción de actividades socioculturais, denominado Aquí? Coma de 20!, que se divide en dous bloques. O primeiro inclúe actividades for-mativas, lúdico recreativas, saídas culturais, cafés tertulia ou obradoi-ros. O segundo estará centrado no movemento activo para mellorar a condición física dos asistentes. Esta programación está destinada aos homes e mulleres maiores das parroquias.O alcalde, Fernando Suárez, expli-cou que estará dividido en dous grandes bloques, o primeiro é re-lativo ás tardes de lecer, que serán actividades formativas a través de cursos de manexo das novas tec-noloxías da información e da comu-nicación, ou mesmo obradoiros de coñecemento da contorna e da his-toria local, entre outras actividades.Suárez Barcia engadiu que “por ou-

tra banda plantexamos un bloque moi importante baixo o título de Movemento activo que son acti-vidades encamiñadas á conserva-ción e á mellora da condición física loxicamente adaptadas ás carac-terísticas de cada persoa, a través do desenvolvemento de exercicios físicos de mantemento ou de tonifi-cación e de coordinación. Todas es-

tas actividades se van levar adiante nas diferentes escolas parroquiais e teleclubs tanto na costa como no in-terior, sempre en horario de tarde”. O obxectivo é adxudicado canto an-tes para empezar neste ano 2019 coas actividades.O prezo deste con-trato anual serán 55.600 euros ao ano, podendo ser prorrogado dous anos máis”.

O Concello quere empezar o programa ‘Aquí?, como de 20’ antes de xaneiro

Visitando as obras da rúa Pintor Fierros

O Pleno de Ribadeo aprobou un incremento do 7,2% para a taxa da auga e do saneamento en 2020, xa que non se subía desde o 2011. Ademais o vindeiro ano baixará nun 7% a taxa da recollida de lixo e o IBI descenderá tamén un 8% con respecto a 2018. No capítulo de mocións foi rexeitada unha do PP sobre a creación dun plan de resi-duos porque o equipo de goberno traballa nunha nova ordenanza de medio ambiente. O rexedor ribadense explicou que “previamente ao inicio do pleno mantivemos un minuto de silencio toda a Corporación por mor do asa-sinato desta rapaza no concello ve-ciño de Foz, polo que toda a cidada-nía da Mariña penso que estamos consternados por ser unha máis das moitas vítimas que por motivos diferentes de violencia de xénero acaban falecendo un día si e outro tamén”. Suárez Barcia referiuse ás taxas e impostos municipais: “en canto ás modificacións das ordenanzas de auga e de saneamento foi aprobado o incremento xusto que determinan os contratos de concesións adminis-trativas, que proveñen do ano 1998, polo que o IPC acumulado desde a última suba, é dicir desde o ano 2011 ata actualidade, ascende ao 7,2%. Estes recursos, que exceden o déficit que existía na retribución que tíña-mos obrigada á concesionaria, serán

utilizados para ir facendo melloras no ciclo integral da auga, aínda que confiamos que outras administra-cións con competencia na materia tamén aporten honestamente o seu compromiso económico, desde a magnitude da obra que hai penden-te e que afecta a máis dun concello, como é o caso da traída de Ribadeo e máis de Trabada”.O alcalde engadiu que “aínda que con conceptos diferentes no recibo de cada abonado, tamén vai vir re-flectida unha baixada de prezos de aproximadamente o 7% no apar-tado de recollida de lixo, despois de que o Concello de Ribadeo se adherise a unha posibilidade que abriu a Sociedade Galega do Medio Ambiente de bonificarnos o canon que nos cobra por tonelada de lixo que entregamos cun 10% de bo-nificación, sempre que fixésemos actuacións de reciclaxe, que fomos facendo, e sempre tamén que a baixada fose repercutida nos abo-nados como así estamos a facer. En todo caso hai que lembrar que esta mesma Sogama aplicounos aos Concellos asociados a ela hai catro anos unha suba salvaxe de máis do 30% no prezo da tonelada e desde o Concello de Ribadeo, por desig-nación municipal, nunca traslada-mos esa suba aos abonados”.Fernando Suárez seguiu a relatar que “tamén foron actualizadas igualmente as tarifas da piscina

municipal de Ribadeo no IPC inte-ranual desde o ano pasado, o cal vai supoñer o 0,1%, como tamén quedou aclarada a redacción da or-denanza do IBI, do imposto de bens e inmobles de natureza urbana, na que queda fora de toda dúbida que o IBI para o ano que ven, para o ano 2020, quedará estabilizado nun 8% menos que en 2018, é dicir, igual que en 2017 e 2016”.

MOCIÓNS. No capítulo de mocións o rexedor dixo que “foi rexeitada unha moción do Partido Popular so-bre a creación dun plan de residuos porque en Ribadeo, con todas as melloras e consideracións que poida haber, xa contamos con numerosos plans, tanto de limpeza viaria, de re-collida selectiva, de cartón, de cartón porta a porta, de plásticos agrícolas, de vidro, mesmo de aceite vexetal, de pilas, etc… Aprobouse, cos votos do Bloque e máis do PSOE, unha moción para pedirlle ao Parlamento galego que lexisle “dunha vez medidas reais efectivas para que revertan esta san-gría demográfica que está a sufrir o noso país, cada vez somos menos, cada vez somos máis vellos, e o ta-lento da xente nova estase a ir a ga-velas para outros lugares”. Igualmen-te aprobouse, por unanimidade, unha moción do PSOE para pedirlle á Xunta a reposición do segundo téc-nico de ambulancias na Mariña.

O Concello subiu a taxa da auga e baixou a do IBI e o lixo

O alcalde, Fernando Suárez, e a concelleira de Obras, Mónica Frei-re, supervisaron os traballos que se están a acometer na rúa Pintor Fierros. Esta actuación conta cun orzamento de 103.000 euros, que cofinanciarán o Concello e a Conse-llería de Medio Ambiente, e un pra-zo de execución de dous meses. A edil asegurou que as obras marchan a bo ritmo.Mónica Freire declarou que “nos atopamos na rúa Pintor Fierros fa-

cendo un seguimento a esta obra a través da que imos acometer unha renovación do pavimento. Faremos un aglomerado completo de toda a superficie ao mesmo tempo que imos colocar unha nova sinalización e papeleiras. Faremos tamén un novo pintado e melloraremos a con-torna coa colocación de árbores”.A obra conta cun orzamento de algo máis de 103.000 euros, que se cofi-nanciará entre o Concello e a Conse-llería de Medio Ambiente”.

A obra de mellora da rúa Pintor Fierros avanza a bo ritmo

O vindeiro 20 de novembro des-envolverase en Ribadeo un obra-doiro para a xeración de proxec-tos do mar. Está impulsado polo Galp dentro do proxecto Gober-mar.Os obradoiros están dirixidos a empresas do sector, confrarías, asociacións, persoas emprende-doras e público interesado en xeral co ánimo de fomentar o nú-mero de iniciativas susceptibles de presentarse á convocatoria de axudas do Fondo Europeo Marí-timo e de Pesca.Nos encontros trataranse te-mas como os obxectivos e ideas de negocio con posibilidades

de financiamento, o detalle de proxectos produtivos financiados nos últimos 3 anos para o sector e as necesidades que se detecta-ron no traballo de campo (con-frarías, asociacionismo e empre-sas). Haberá un café-debate, un espazo aberto para identificar novas liñas de negocio nas em-presas extractivas, transforma-doras e comercializadoras.O obradoiro desenvolverase o 20 de novembro desde as 18.00 horas na casa de xuventude de Ribadeo e as persoas interesadas en asistir deberán inscribirse no correo electrónico [email protected]

Organizan un obradoiro para xerar proxectos de mar

Unha actividade no centro de RibadeoO Concello de Ribadeo rematou o proceso de dixitalización que du-rante os últimos catro anos veuse realizando a través de obradoiros de emprego nos que xa se dixitali-zaron 294 libros de actas municipais (dende 1536 a 1945), 62 planos e 26 expedientes. Todo isto suma case 67.000 capturas, o que supón máis de 265.000 arquivos dixitais creados.A dixitalización dos documentos foi levada a cabo por persoal técnico especializado nesta tarefa que tra-

ballaron con máis de 25.000 imaxe. As actas de sesións do pleno e co-misións de goberno (dende 1945 a 1973), catro libros de rexistro do Hospital de San Lázaro e San Sebas-tián (dende 1573 a 1773) e expe-dientes de Quintas.Este traballo rematou en outubro coa entrega dunha copia de preser-vación e dunha copia de difusión. Isto permitirá que toda a documen-tación sexa accesible tanto na páxina do Arquivo como en Galiciana.

Xa están dixitalizadas 25.000 imaxes do arquivo municipal

Page 17: nº 11 novembro 2019 Novembro tínguese de negroamariñaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/AMX_NOVEMBRO_201… · nº 11 novembro 2019 EXEMPLAR GRATUÍTO a pontenova. O PAI e o SAF

novembro 2019actualidade 17

A aula Cemit ensina gratis aos maiores a manexar as tablets

Arrincou o mes das tapas en Riba-deo. Trátase dunha nova iniciativa ideada por Acisa para o sector hosta-leiro na que se dan cita 19 establece-mentos asociados, que ofrecerán as súas orixinais preparacións os xoves e os venres polas noites. O xerente de Acisa, Jesús Pérez, explica que “cada establecemento escolleu a súa forma de participar, elaborando unha tapa diferente cada dia ou a mesma todos os días e elixiron se participar os dous días, xoves e venres, ou so un deles. Toda a programación do mes poderase encontrar nos 5.000 dípticos que se repartirán nos establecementos par-ticipantes para dar toda a informa-ción aos clientes. As tapas poden ser gratuítas ou de pago con prezos que oscilan entre 1 e 3 euros”.Pérez engade que “quixemos darlle total liberdade aos participantes es-tablecendo prezos, nos días de parti-cipación e no tipo de tapa a ofrecer; co fin de que esta campaña respon-da o mellor posible ás necesidades e

criterios de cada un deles. Ademais de ter a información nos dípticos e na cartelería cada semana, tamén a través do facebook de Acisa Ribadeo poderase encontrar todos os datos das tapas que se van ofertar, espe-cialmente aquelas que están cualifi-cadas como tapa sorpresa”.No Mes do Tapeo de Acisa os xoves haberá oferta gastronómica en 13 establecementos: O Lar de Manolo, O Alén, Chámalle Estopa, Texturas

Galegas, Bar Cienfuegos, El Rincón del Gordo, La Solana, Asador La Quinta, A Dorada, Náutico, Bar Gali-cia, La Botellaría e Cayo Coco.E os venres as tapas poderán degus-tarse en 17 establecementos: O Lar de Manolo, O Alén, Mareta, Cháma-lle Estopa, Texturas Galegas, La Bote-llería, El Rincón del Gordo, La Solana, Madison, Queimada, Delicates, O Indiano, Asador La Quinta, A Dorada, Náutico, Cayo Coco e Malo Será.

Arrinca en Ribadeo o mes das tapas dos xoves e venres á noite

Hostaleiros participantes na iniciativa ribadense

A aula CeMIT do Concello de Riba-deo organiza un obradoiro gratuíto sobre o manexo de tabletas dirixido a persoas maiores, que terá lugar os días 14, 18 e 19 deste mes de no-vembro de 16.00 a 17.30 horas.A actividade, realizada en colabora-ción coa Fundación Vodafone Espa-ña, está orientada principalmente a introducir ás persoas maiores no uso básico destes dispositivos e mostrarlles as súas múltiples van-taxes. Tamén se abordarán as posi-

bilidades que se abren para o usua-rio aproveitando estas tecnoloxías que combinan unha gran portabili-dade e accesibilidade desde calque-ra punto e lugar.A Fundación Vodafone España porá a disposición dos asistentes dez tabletas para que, os que non dispoñan destes dispositivos, poi-dan practicar durante as clases. O obradoiro será exclusivamente para tabletas do sistema operativo An-droid. Non se traballará con iPads.

Composteiros. A Casa do Mar acolleu unha charla sobre compos-taxe doméstica, organizada polo Concello de Ribadeo e por Sogama. A actividade estivo dirixida a propieta-rios e propietarias de vivendas unifa-miliares que dispoñen de xardín, hor-tas ou terras de cultivo, a través da cal se explicou con detalle o proceso de fabricación do compost a partir dos residuos orgánicos xerados nos fo-gares, obtendo un abono de alta ca-lidade que poderán utilizar nas súas propiedades.

O Concello de Ribadeo saca a li-citación o Servizo de Axuda no Fogar na modalidade de depen-dencia, por un prazo de dous anos máis posible prórroga doutro. O orzamento para 2020 e 2021 as-cende en total 1.047.000 euros e as empresas interesadas dispo-ñen ata o 28 de novembro para presentar as súas ofertas. Serán 33.000 horas as que teña que prestar e deberá ofrecer servizos de podoloxía, fisioterapia e perru-quería a domicilio. Na actualidade o SAF na modalidade de depen-dencia conta con 52 usuarios e usuarias en Ribadeo.O rexedor explicou que “é un con-trato que engloba 33.000 horas anuais, aproximadamente 2.750 horas ao mes, e sacámolo a un prezo tipo de 15´25 euros por hora máis IVE, o que significa unha ac-tualización importante dos 12´8 euros que estábamos pagando agora. No día de hoxe temos 52 usuarios e usuarias neste servizo

sen prexuízo de que se poida am-pliar. Hai que lembrar que con-templa todo tipo de atencións de carácter persoal, de necesidades domésticas e mesmo tamén aten-ción de carácter psicosocial para toda esta xente que o necesita. Vai cunhas atencións complementa-rias desta volta con actividades de acompañamento, de servizos de podoloxía, de fisioterapia e tamén de perruquería a domicilio”.Suárez Barcia subliñou que “neste novo contrato, o seu importe está baseado basicamente en gastos de persoal, polo que ten un incre-mento importante”.O alcalde engadiu que “todas aquelas empresas cualificadas que se queiran presentar a este con-trato, teñen toda a información publicada na plataforma de con-tratos do Estado e teñen de prazo ata final deste mes de novembro, concretamente ata o día 28, para presentar as ofertas que conside-ren convenientes”.

Licitan o Servizo de Axuda no Fogar

O Concello de Ribadeo procederá a renumerar os edificios e vivendas tralas moitas queixas recibidas por parte da veciñanza, sobre todo das parroquias, polos problemas acon-tecidos coa entrega das cartas ordi-narias ou certificadas por parte do servizo público de Correos. A partir do 1 de xaneiro de 2020 procede-rase á implantación da nova nu-meración realizada polos servizos municipais e ata o 30 de xuño man-teranse as dúas para que se poidan facer as adaptacións procedentes, causando os mínimos prexuízos aos veciños e tratando de evitar devo-lucións de correspondencia.O alcalde de Ribadeo, Fernando

Suárez, lembrou que “nestes últi-mos anos estivemos tendo nume-rosas queixas por parte de veciños, singularmente das parroquias, pola falta de entrega do correo ordinario ou mesmo certificado por parte do

servizo público de Correos. Despois de ter conversas con responsables a nivel provincial deste servizo de-terminouse que todo isto era de-bido, por unha banda, por existir unha numeración moi obsoleta que non se adaptaba á realidade das vivendas construídas nestes últimos decenios, e pola outra pola mobilidade do persoal de Correos”.Suárez Barcia dixo que “o cambio da dos números lle corresponderá facelo aos propietarios dos inmo-bles que terán que cambiala tamén diante dos organismos ou empre-sas coas que puidesen ter relación”. Pode facerse a través da páxina web do Concello.

En xaneiro comezará a funcionar a nova enumeración dos edificios

Rúa Rodríguez Murias

Page 18: nº 11 novembro 2019 Novembro tínguese de negroamariñaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/AMX_NOVEMBRO_201… · nº 11 novembro 2019 EXEMPLAR GRATUÍTO a pontenova. O PAI e o SAF

actualidade18 novembro 2019

A asociación trabadense O Pica-to convida a participar do ma-gosto que teñen organizado para o 29 de novembro.A festa comezará ás 21 horas, no pavillón municipal de Trabada.Ofrecerase unha cea con base de bolos preñaos, paleta cocida e empanada e ademais as casta-ñas, que se repartirán de balde.A solista Sandra amenizará a velada que organiza a propia asociación cultural e na que co-labora o Concello, entre outras institucións.

Haberá magosto a finais de mes

trabada

Trabada conta con numerosas rutas de sendeirismo polas súas fragas de singular beleza natural, idóneas para percorrer este outono. Unha destas sendas é a da Fraga da Becerreira, de seis kilómetros. Disco-rre por un bosque caducifolio atlán-tico en bo estado de conservación, entre vexetación natural e autócto-na, na que os protagonistas son os carballos e as arandeiras. No primei-ro tramo de percorrido hai un apar-camento e un panel informativo.Comézase a ruta por un camiño que leva a Fraga da Becerreira, o sendei-ro continúa de forma ascendente, acompañado do rego de Vilapercide en dirección ao seu nacemento e cruzándoo varias veces por distintas pasarelas de madeira. Esta fraga é das que máis beleza entrañan tamén polos múltiples anfibios que se ato-pan nas súas fontes e regos naturais.A medio camiño hai unha fonte onde se pode facer unha parada no bos-que de ribeira. Este tramo de sendei-ro desemboca en As Liñeiras onde o percorrido se separa do rego para adentrarse cara a parte alta da fraga onde se poden observar numerosas especies como carballos, castiñeiros, arandeiras ou acivros.Continúa pola parte alta da fraga, onde hai outra fonte e regrésase ao punto de partida a través dun des-censo mediante curvas abertas, para disminuír or riscos de erosión e de dificultade do sendeiro.

VILAPENA. A outra ruta principal é a de Vilapena, que conta con dúas alternativas, unha de menor perco-rrido, de seis kilómetros, e outra de dez. Esta ruta rodea e atravesa a Fra-ga de Vilapena, caracterizada pola presencia de erbedeiros. Ao come-zo hai unha zona de aparcamento e

un panel informativo. Atravésase o pobo ata alcanzar a igrexa, na que se destaca o seu retablo. Tras saír de Vilapena o camiño vai cara a fraga.Máis adiante, ofrece dúas posibilida-des, tomando unha pista á dereita ou continuar de frente dous kiló-metros seguindo a pista que condu-cirá ata o alto da Pena do Gorro. A bifurcación dá a opción de recorrido máis curta. Tomando a mesma pista forestal, pouco a pouco, o visitante adéntrase na fraga.O sendeiro pouco a pouco faise máis sinuoso e algo escarpado ata desem-bocar nun punto onde cruza o rego de Vilaformán. O retorno remata na zona de aparcamento dende a saída

da fraga por unha pista forestal.

RUTA DO VENTO. A ruta do vento, de 11 kilómetros, é moi sinxela, dis-corre na súa totalidade por pistas existentes, de escasa pendente. Ade-mais da fascinante paisaxe, pódese desfrutar de impresionantes vistas panorámicas dende o alto de Cerro-chán, o punto máis alto do Concello, así como dunha explotación mineira a ceo aberto. É ideal para un perco-rrido en bicicleta ou a cabalo.Comeza na Área Recreativa Chao do Couso que conta cunha fonte, varias mesas e un refuxio. Síguese pola es-trada de Riotorto aproximadamente uns 300 metros para logo desviarse

á esquerda por un camiño que leva-rá ata ao alto do Cerrochán, onde se pode desfrutar dunha excelente vis-ta dos vales de Trabada.Tras pasar por unha cascada ou fer-venza e unha fonte, rodeado pola Fraga da Cabanela, chégase a un punto onde se une coa ruta da Fraga da Vilapena. Dese punto sae un ra-mal á dereita para deleitarse cunha vista panorámica da Fraga de Vilape-na e de Vilaformán, que se poderá alcanzar opcionalmente, unha me-dia hora máis, entre ida e volta.De regreso, parte deste último tra-mo é compartido co da ruta da Fraga de Vilapena. Conta cun refuxio de madeira e pódese observar a gran diversidade de especies.

O PICATO. Respecto da ruta da subi-da ao Picato, que tamén conta dúas alternativas, pódese facer unha de menor percorrido, con 5 kilómetros, e outra con 7. Tamén é ideal para realizar a cabalo, en bicicleta ou a pé.Parte da Área Recreativa Chao do Couso. No inicio a ruta apenas ten dificultade pero a medida que se vai adentrando paulatinamente no bos-que de pino silvestre, o camiño vól-vese cada vez máis empinado.Logo hai dúas posibilidades de regre-so: unha máis curta a través de ma-sas de pino e outra atravesando por preto da fraga da Becerreira.

MONTE ROXAL. E por último, ofrece a ruta do Monte Roxal de Teixido, de 7,2 kilómetros, moi sinxela. Avanza por pistas forestais, conta cunha va-riada gama de paisaxes con boas pa-norámicas da Serra da Cadeira. Atra-vésase a Fraga de Teixido por pistas forestais. Na metade do tramo conta cunha fonte. A baixada remata nun-ha pista de concentración parcelaria.

O municipio oferta cinco rutas de sendeirismo idóneas para o outono

Arriba, a ruta do Vento e, abaixo, a subida ao Picato

O Concello de Xove vén de po-ñer en marcha as obras de tea-tro para estes últimos días do mes de novembro. Todas as re-presentacións serán ás 19 horas no Centro Cívico.Así, o sábado 23 a obra será Ma-tías está tolo do grupo Pico do Castro, o domingo 24 represen-tarán Iriña Bailarina por Teatro Ghazafellos e o día 30 O silencio do badal, de Ardora.Todas estas obras englóbanse no programa Buxiganga da De-putación.

O Centro Cívico acolle a finais de mes tres obras de teatro

O Concello de Trabada e o colec-tivo Trabada Camiño Natural in-forman e animan a participar nos cursos de cociña que imparte Bru-no Pena Araú.O primeiro dos cursos céntrase na cociña saudable e será impartido o día 16. O sábado 30 de novem-bro haberá outro sobre cociña italiana e o seguinte será o 14 de decembro, acerca de cociña tradi-cional.Xa para finais de ano e principios do que vén, o 28 de decembro im-partirase o curso sobre intoleran-

cias alimentarias, onde o chef en-sinará mediante clases de cociña aplicada ás intolerancias e alerxias alimentarias.Comeza o ano co curso de cociña asiática que se impartirá o 11 de xaneiro e o último será o 25 dese mes cun de repostería.O custe dos cursos é de 15 euros por sesións e impártense en hora-rio de mañá, a partir das 11 horas. O número de prazas é limitado polo que convén chamar e inscri-birse canto antes no Concello cno teléfono 982 135 011.

O chef Bruno Pena impartirá cursos de cociña ata xaneiro

A delegación de agricultura do Concello de Xove puxo en co-ñecemento das persoas que estean interesadas que o prazo para solicitar árbores froiteiras, forestais e prantas de xardín, entre outros, está aberto.Os veciños de Xove poden soli-citar estas prantas e árbores na delegación de Agricultura, da que se encargan as edís Dolores ou Belén.Xa hai peticións dende o 6 de novembro e o prazo está aber-to ata o 30 de decembro, este incluído.

Abre un prazo para que os veciños soliciten plantas e árbores

O departamento de Recursos Hu-manos do Concello xovense lem-bra que xa están expostos nos respectivos concellos que parti-cipan do obradoiro de emprego, os resultados da selección do alumnado traballador do taller titulado Sendas de Burela, Cervo e Xove, VI edición.Respecto das actividades auxi-liares en conservación e mellora de montes hai 7 prazas. Contém-planse tamén actividades auxilia-res en viveiros, xardíns e centros de xardinería. Os alumnos aprenderán a ser ademais auxiliares en conserva-ción e mellora de montes, forma-ción para a que hai 6 prazas. E as actividades auxiliares de revesti-mentos continuos en contrución contan con outras 7 prazas.

O Concello expón a lista de seleccionados para o obradoiro de emprego

Page 19: nº 11 novembro 2019 Novembro tínguese de negroamariñaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/AMX_NOVEMBRO_201… · nº 11 novembro 2019 EXEMPLAR GRATUÍTO a pontenova. O PAI e o SAF

novembro 2019actualidade 19

A campaña da FCAM 1.000 motivos para mercar na Mariña sorteou en Xove mil euros en vales de compra para gastar nos establecementos asociados á Aciam local. Os números premiados foron os seguintes: con 500 euros resultou agraciado o 69.087, que foi repar-tido en Pescadería Barreira; e con 100 euros cada un foron premiados o 66.537 na Cafetería do Cetro Cí-vico, o 71.008 en Peluquería Fina, o 74.406 en Panadería Maral, o 70.271 en Mesón A Fuga e o 67.335 en Asesoría Noceda. Os posuidores das papeletas afortunadas dispoñen dun prazo de 30 días para reclamar e consumir os seus premios. Os sorteos teñen lugar os luns na sede de cada Acia participante. A campaña desenvolverase esta se-mana en Burela do 21 ao 27 de ou-tubro e o sorteo está previsto para o día 28 no CCA burelés; en Ribadeo a campaña será do 28 de outubro ao 3 de novembro e o sorteo farase o 4 en Acisa; en Covas esta campaña da FCAM terá lugar do 4 ao 10 de no-vembro e o sorteo será o 11 en Bei-ras de Viveiro; 1.000 motivos para mercar na Mariña será en Lourenzá do 11 ao 17 de novembro e o sorteo efectuarase o 18 na Acia laurentina.

O comercio mariñán sorteou mil euros

O Grupo Provincial do Partido Po-pular, que dirixe Elena Candia, insta ao presidente da Deputación a facer cumprir o convenio asinado en 2018 co Concello de Xove para o arranxo de estradas. O acordo incluía o acon-dicionamento das LU-Ps 2601 (de Xove a Portiño de Morás) e 2604 (de Xove a Valcarría), pero, na actualida-de, o organismo lugués aínda non fixo nada ao respecto do seu cum-primento e, todo elo, a sabendas de que o remate dos traballos, segundo se especifica no documento, está fixado para finais deste ano.O vicevoceiro, Javier Casteiñeira, su-pervisou o estado destes viais, a pe-tición do rexedor local, co fin de que dende o Grupo Provincial se solicite ao dirixente socialista o inicio inme-

diato das obras, pois na 2604 incluso os veciños, en sinal de protesta, colo-caron uns eucaliptos nas fochancas. “Cremos que o presidente e respon-sable de Vías e Obras ten que exer-cer a súa responsabilidade. E isto pasa por facer cumprir o que se asi-na. Está a piques de rematar o ano e nada sabemos que pensa facer con este convenio”, denuncia. Javier Castiñeira, asegura, ademais, que o presidente “discrimina aos ve-ciños da Mariña por cores políticas. Un exemplo claro é a estrada que vai de Xove a Viveiro (LU-Pn2607) e na que o treito deste último concello está en perfectas condicións, pero o que pertence ao primeiro municipio presenta claras deficiencias e un de-terioro notable”.

Instan á Deputación a cumprir o acordo de amañar estradas

xove

Un dos principais recursos para a poboación, non só do municipio, senón tamén dos arredores de Xove, é a súa piscina municipal á que acoden deceas de persoas. Aínda é posible durante este inver-no apuntarse aos seus cursos de natación.Hai un curso dirixido a distintos ni-veis de idade dos nenos e outros para adultos.No nivel de adultos os cursos van dos de iniciación aos de perfeccio-namento, se ben se pode ir aos do mantemento e mesmo aos que combinan a natación co aquagym.O prazo de inscrición abriuse re-centemente e poden quedar pra-zas libres polo que convén chamar

ao Concello. Cada curso ten unha duración de dous meses. Háinos para os máis pequenos, o nivel branco de iniciación, o seguinte ni-vel é o amarelo, e o nivel verde e o azul, que son os de perfecciona-mento. Tamén se ofrece formación de natación deportiva, que corres-pondería ao vermello, iniciación e mantemento de adultos, así como natación con aquagym.Os prezos dos cursos de dous me-ses van dende os 20 euros para os máis cativos que estean aboados a piscina, e 40 para os non aboados. 25 euros é o prezo para o resto dos nenos e os adultos que xa estén acreditados, e de 50 para o resto. O curso de aquagymn é de 30 euros.

Segue aberto a inscrición para os cursos da piscina municipal

Aínda é posible apuntarse aos cursos da piscina

Ata o luns 18 de novembro vai estar aberto o prazo para solicitar axudas no concello de Xove e para pedir as bolsas e axudas ao estu-do para este período 2019/2020. Para formalizar as solicitudes os interesados pódeno facer presen-cialmente no Departamento de Servizos Sociais ou ben a través da Sede Electrónica. A documenta-ción está colgada a través da rede na páxina web do Concello.As bolsas e axudas ao estudo regu-ladas nas presentes bases teñen por obxecto atender a sufragar os gastos derivados do aloxamento, material e pago das taxas ou pre-zos de quen se atope realizando estudos, coas dotacións máximas e demais condicionantes que se fixan nas bases posteriores. A con-tía destinada ás presentes axudas é de 43.000 euros.As bases reguladoras da conce-sión de Bolsas e Axudas ao Es-tudo do Concello de Xove con-templan varias modalidades. Por unha banda as de bolsas e axudas ao estudo universitario, dotadas

con 1.200 euros cada unha, cun-ha contía mínima de 100 euros. A segunda modalidade de bolsas son axudas para ciclos formativos que cursen especialidades que non existan en Xove, San Cibrao, Viveiro ou Burela, dotadas con 600,00 euros cada unha, cunha contía mínima de 100.A terceira modalidade de axudas é para alumnos con discapacida-de física ou psíquica que asistan a clases de educación especial

ou a terapias de estimulación, dotadas con 750 euros cada unha. A cuarta modalidade de axudas para compra de material escolar ten diferente dotación. Para preescolar 65 euros, para Primaria e ESO, 60, para o Ba-charelato, 125 e para os ciclos formativos, 125.A quinta modalidade é para dou-toramento, dotada con 1.200,00 euros e a sexta, as axudas para máster, dotada con 500 euros.

Últimos días para solicitar axudas municipais ao estudo

O luns 18 será o último día para facer a solicitude

O venres 15 de novembro ás 20.30 horas no Concello de Xove, terá lugar o acto Míranos. Em-prendemento e Comercio Local, que ten como obxectivo fomentar o consumo local e transmitir a im-portancia da innovación para as pequenas empresas.O acto será presentado polo alcal-de José Demetrio Salgueiro, a con-tinuación a axente de emprego e desenvolvemento local dará a co-ñecer as accións que compoñen a campaña chamada para dar paso a dúas emprendedoras que expo-rán a propia experiencia, Nieves Medina de Conservas Artesanas Curricán, que fará a súa interven-ción que leva por título Tradición e Innovación no local, e Elena Ferro de Eferro, invitada, que falará de Emprender e dignificar dende o local. A este evento porá música o Gru-po Vocal SondeNós que interpre-

tará as pezas do seu traballo Iden-tidade.No acto presentarase a campaña de Nadal que o Concello organiza para este ano e que consiste na entrega dun papel de envoltorio deseñado polo debuxante Primi-tivo Marcos para que utilicen to-dos os comercios que o desexen ofrecendo así unha imaxe conxun-ta nos agasallos de Nadal (este papel de envoltorio foi realizado con subvención de Xunta de Ga-licia ao abeiro do programa Xove emprende en galego); por outra banda presentarase o concurso de escaparatismo deste Nadal.O evento estará presidido por un escaparate conxunto que se insta-lará para a ocasión con produtos e servizos de todos os comercios e negocios que quixeron mostrar todas as posibilidades que ofre-cen para agasallar neste Nadal comprando en Xove.

A campaña ‘Míranos’ chega a Xove

Page 20: nº 11 novembro 2019 Novembro tínguese de negroamariñaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/AMX_NOVEMBRO_201… · nº 11 novembro 2019 EXEMPLAR GRATUÍTO a pontenova. O PAI e o SAF

actualidade20 novembro 2019

a pontenova

Un dos principais proxectos e re-tos que se marcou o alcalde so-cialista da Pontenova, Darío Cam-pos, é ver aberta a residencia de anciáns para os seus veciños. O proxecto está cada vez máis preto de facerse realidade para o vindei-ro ano.O rexedor avanza que se está acabando de elaborar o proxecto construtivo e de execución das obras e xa dispoñen dos permi-sos da Confederación Hidrográfica do Cantábrico, xa que o inmoble estará nun lugar privilexiado, no

centro da localidade e na nova área recreativa que circunda o río Eo.As fincas onde se vai emprazar es-tán adquiridas e só falta rematar a escritura dalgunha.A residencia que lles permitirá aos maiores do municipio quedar nun centro da propia localidade con-tará con 30 prazas residenciais e outras 20 de centro de día.O alcalde recoñece que hai moita xente interesada en optar ás pra-zas e que as obras estarán rema-tadas nun ano.

A residencia de maiores terá 30 prazas e 20 o centro de día

Un dos servizos que máis auxe ten experimentado este ano na Pontenova é o Punto de Atención á Infancia, PAI, unha especie de gardería municipal con preto de oito anos de funcionamento, con 20 prazas, ocupadas neste mo-mento por 15 bebés de ata tres anos.A concelleira de servizos sociais, Isabel Couto, recoñece que hou-bo anos que o PAI apenas tivo ne-nos, chegou a haber tres cativos pero dun tempo a esta parte a ci-fra aumentou significativamente.Houbera tempo atrás pais do mu-nicipio asturiano de Taramundi que traían a este PAI os seus fillos e agora seguen tendo colabora-ción cos asturianos posto que hai un neno de San Tirso.O centro abre todo o día, de 9 da mañá ás 17 horas permitindo aos pais conciliar a vida laboral coa familiar mentres desenvolven os seus traballos. O prezo axústase

ás rentas de cada usuario.

AXUDA A DOMICILIO. Polo que respecta á axuda á domicilio, que é outro dos principais servizos que xestiona o departamento que dirixe Isabel Couto, son 80 os usuarios aos que atenden entre 20 e 22 empregadas.Como curiosidade, na Pontenova hai 89 persoas que naceron en-

tre 1925 e 1930, é dicir, que son octoxenarios ou nonaxenarios. É máis, hai dous veciños que aca-daron os cen anos, xusto nestas datas cumpriu 105 anos outra persoa da localidade, os memos que ten outra de Vilaoudrid, lu-gar onde vive unha veciña de 102. Iso si, é certo tamén que o padrón de habitantes experimen-tou un descenso.

O PAI e o SAF aumentan os usuarios e os servizos

O Concello da Pontenova e a asocia-ción de Mulleres Rurais organizan un guateque dos anos 60, cunha cea e un baile que terá lugar o 16 de novembro no local das sociedades.A comida estará servida polo res-taurante Lar de Balbina, ás 22 ho-ras, e despois, entre os asistentes repartiránse regalos e participarán en sorteos de premios. Os socios aboarán 18 euros e os que non o sexan, 20 euros. Os tíckets pódense

retirar no devandito bar e tamén na tenda de Teresa.A organización clarexa que o que non poda ir cear, pode ir bailar e o mellor é que se vaia caracterizado, pero non é necesario. Tamén habe-rá un Dj para continuar a festa todo o posible.Ademais, a Asociación convida a unha xuntanza de confraternidade o vindeiro 4 de decembro coincidin-do con Santa Bárbara.

A Pontenova organiza un guateque para o día 16

Aparte da actividade extracti-va do monte, da que vive en gran medida a localidade da Pontenova, xerando ingresos e empregos, o tecido industrial e empresarial do municipio vai crecendo aínda que timidamen-te. Dende que o alcalde socia-lista, Darío Campos, chegara a alcaldía, propúxose solucionar os problemas urbanísticas que aparcaban o desenvolvemento do polígono e así ten sido.Tras establecer cara onde vai cre-cer un polígono no que está asen-tada unha empresa tan impor-tante como Industrial Recense, con mercado exterior, o Concello dispón dalgunha solicitude de im-plantación. Trátase dun negocio de carpinteiría metálica. Tamén Recense estaba interesada en ampliar as súas instalacións.O polígono está practicamen-te legalizado definitivamente a falla dunhas obras que ten que

executar Xestur.A fábrica de carrocetas IPV, que noutro tempo funcionou ben na Pontenova pero que dende hai moitos anos arrastrou pro-blemas ata chegar á entrar en concurso de acreedores, está en novas mans dende hai case dous anos e funciona con algúns encargos, fundamentalmente, segundo teñen entendido no Concello, mediante proxectos de colaboración con empresas como Urbaser. Dá emprego a unha decea de persoas e están acometendo inversións signifi-cativas para a remodelación da nave.Polo que respecta ao negocio que move o monte, operan na Pontenova entre sete e oito em-presas de corta de madeira que operan con particulares e con empresas propietarias de bos-que que se ocupan de repoboar e despois de vender.

O polígono industrial medrará e a empresa IPV ten encargos

Darío Campos, entre o edil de Obras e a de Servizos Sociais

Unha imaxe da entrada do polígono industrial da Pontenova

O Concello da Pontenova acolle-rá o 6, 7 e 8 de decembro a cele-bración da XIII edición da Feira de Artesanía e Antigüidades.A feira terá lugar na praza dos Fornos, onde se instalarán para a ocasión numerosos postos de artesanía de diferentes zonas xeográficas españolas, onde se expoñerán artigos de cestaría, carpintería, complementos en tea, xoiería ou coiro.O evento tamén contará coa presenza de artesáns que rea-

lizarán talleres en vivo sobre torno de madeira, a cestaría en vimbio, a forxa de ferro, a pin-tura decorativa, o coiro e sobre ecolámpadas de cabaza.A feira permanecerá aberta en horario de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 21.00 horas ao longo dos tres días.O público asistente a estas xor-nadas de gran repercusión na provincia tamén poderá gozar coa IV Xuntanza de Vespas, Mo-tos e Coches Clásicos.

A feira da artesanía será tres días durante a ponte da Constitución

Page 21: nº 11 novembro 2019 Novembro tínguese de negroamariñaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/AMX_NOVEMBRO_201… · nº 11 novembro 2019 EXEMPLAR GRATUÍTO a pontenova. O PAI e o SAF

novembro 2019actualidade 21

A oficina de turismo da Pontenova conta cun experto ao fronte, Juan Carlos Pardo, que a atende dende 2017. As cifras de turistas que pasan ao mes durante estes dous anos va-ría, pero a Feira da Artesanía, o Fes-tival das Minas e as festas de Nadal enchen case tanto a localidade como o mes de agosto no verán, é dicir, un-has 2.300 persoas que teñen pasado por esta oficina en tales datas. Este verán ademais, a cifra aumentou un 40 por cento con respecto ao perío-do anterior.Respecto á cifra de visitantes que pasan pola oficina cada mes, de momento, e dado que a oficina só leva aberta dous anos de xeito inin-terrumpido, o responsable dela non dispón aínda dunha serie estadística de 5 ou 6 anos coa que poder esta-blecer unha tendencia estacional. A cifra mes a mes durante estes dous últimos anos completos de momen-to non é moi representativa, xa que son moi variables, como sinala Par-do.Por exemplo, durante o mes de de-cembro, no que coinciden a Feira de Artesanía e Antigüedades, o Festival musical das Minas e as festas de Na-dal, trátase dun mes comparable co mes de agosto en afluencia de públi-co. Outros meses de gran afluencia son o de maio, no que se celebra a Festa da Troita, e o mes de outubro, no que se celebran as festas patro-nais da Pontenova, as feiras e o es-

pectáculo pirotécnico da Queima dos Fornos.

SENDEIRISMO. Hai dúas rutas de sendeirismo que funcionan moi ben durante todo o ano, e son a Ruta do Ferrocarril ou Vía Verde do Eo e a Ruta das Reigadas.A Ruta do Ferrocarril porque, como todas as vías verdes, apenas ten desnivel polo que é moi doada de facer tanto en bicicleta como andan-do, por iso todas as fins de semana é normal ver pasar ao longo do día a pequenos grupos de ciclistas ou a familias con nenos.A Ruta das Reigadas discorre por un dos bosques atlánticos máis exten-sos e mellor conservados de Europa. Esta ruta, dado que non é circular e ten bastante desnivel, adoitan facela grupos organizados de sendeiristas desprazados en autobuses.

VISITAS GUIADAS. Outro tema que está funcionando moi ben durante todo o ano, son as visitas guiadas que dende a oficina fan cos grupos, tanto a colexios e institutos como a asociacións culturais, visitando o pa-trimonio mineiro-industrial que aín-da se conserva da antiga sociedade mineira que deu orixe ao Concello da Pontenova. Pardo apóiase nun-ha exposición fotográfica na que se poden apreciar os elementos máis característicos dunha explotación mineira de ferro de comezos do sé-

culo XX cando aínda estaba en fun-cionamento.

VERÁN. Respecto aos meses de ve-rán, as cifras medran ano tras ano. “Este ano con respecto ó verán do 2018 medramos un 40% en número de visitantes. É un aumento moi im-portante en tan pouco tempo pero, debido a que partimos de cifras ab-solutas moi discretas, a intención é seguir medrando nos próximos anos hasta acadar e consolidar unha cifra media de visitantes acorde coas que contan concellos limítrofes”, afirma o responsable.En canto ao perfil do visitante nos meses de verán, os meses de xullo e agosto soen ser familias con nenos e parellas novas que veñen buscando actividades de ocio como as rutas de sendeirismo, BTT, descenso de ca-noas polo Eo, etc... E durante o mes de setembro adoitan ser matrimo-nios sen nenos na súa maioría des-prazados en autocaravanas e dentro deste grupo, unha gran porcentaxe procedentes de Francia, no que hai moita máis tradición por este tipo de vehículos.Respecto ao máis demandado da xente que visita A Pontenova, sería a visita guiada polo conxunto etnográ-fico dos fornos de calcinación e mi-nas de Vilaoudriz, que abarca todos os elementos máis característicos dunha explotación mineira do ferro de comezos do século XX, como un

grupo de fornos de calcinación do mineral, os depósitos e tolvas de car-ga do mineral, as minas, os alicerces do antigo teleférico mineiro, as an-tigas instalacións do ferrocarril, etc. Na propia oficina de turismo contan cunha exposición de fotografías den-de 1903 en adiante na que se poden ver todos os elementos da explota-ción mineira cando estaban en fun-cionamento.Outro grande atractivo o supón a visita guiada pola Aula de Interpre-tación da Pesca situada no segundo andar da propia oficina de turismoNela pódese observar diverso ma-terial relacionado coa pesca dos salmónidos. Hai carretes e canas de diferentes épocas, coleccións de composicións realizadas polos mellores montadores de moscas, rapalas, cucharillas... de diferentes épocas e feituras. Tamén contan coa colección de riscos máis importante de Galicia, que son uns trebellos que se empregaban antigamente para a pesca do reo ó anoitecer. E xa por último, destacan na Ponte-nova as súas praias fluviais e o paseo fluvial a carón do río Eo dentro do casco urbano. Concretamente, hai tres praias fluviais, a do Pozo da Ola, situado no casco urbano; Salmeán, xunto ó refuxo de pesca do mesmo nome, e O Fondón, na parroquia de Vilaboa, que conta cunha área recreativa con parque infantil e me-rendeiros.

Crece o número de turistas no veránO Concello conta con rutas de sendeirismo e actividades que son un descubrimento para visitantes

Juan Carlos Prado, responsable da oficina de turismo, e, á dereita, o centro de interpretación do salmón

Unha das actividades que máis vida lle dan á Pontenova, non só polos espectáculos que ofrecen, senón porque nela participan numerosos veciños, é a do teatro, a través do grupo municipal, dirixido polo lucen-se Guillermo Cancelo. Está ao fronte da agrupación denominada Lume Escénico.Coa nova obra que están poñendo en escea os preto de vinte ponteno-veses que conforman a agrupación e que leva por título O achado do castro, están facendo unha especie de tourné na través do circuito Buxi-ganga.En febreiro actúan na súa propia localidade e, como sempre que así o fan, enchen a casa da cultura, na mostra teatral, pero cada Nadal ta-mén suben ao esceario antes da Noi-teboa. Se alguén quere formar parte ou chamalos para concertar colabo-racións ou actuacións, pódese poñer en contacto co Concello, onde se lles facilitará un teléfono.

Os veciños forman parte do grupo municipal de teatro

A Asociación contra o Cancro da Pontenova porá á venda en de-cembro os calendarios solidarios que este ano están protagoniza-dos con fotografías de asociacións deportivas de todo tipo da loca-lidade. Neles pódense ver inte-grantes do Centro de Iniciativas Turísticas, CIT, do equipo de fútbol e do de fútbol sala, así como do de pádel e da asociación cabalar.Poñeranse á venda por dez euros cada un.O ano pasado fixéranse os calen-darios con imaxes da xente do pobo. Tamén se venderán nesta ocasión na Feira da Artesanía e das Antigüidades, nun stand que o colectivo adoita instalar no even-to. Nel póñense tamén á venda, con fins solidarios, varios artigos doados por establecementos da localidade, así como tamén lotería de Nadal.

Deportistas da vila posan para un calendario solidario

Page 22: nº 11 novembro 2019 Novembro tínguese de negroamariñaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/AMX_NOVEMBRO_201… · nº 11 novembro 2019 EXEMPLAR GRATUÍTO a pontenova. O PAI e o SAF

actualidade22 novembro 2019

mondoñedo

Conseguir o embelecemento urba-nístico da cidade é un dos grandes obxectivos do Concello de Mondo-ñedo, presidido por Elena Candia. Unha das condicións necesarias para alcanzar tal obxectivo é que os edificios teñan as súas fachadas debidamente pintadas. Con esta finalidade, establécense subven-cións para inmobles situados no te-rritorio histórico do Camiño de San-tiago ao seu paso por Mondoñedo, na Área de Rehabilitación do Casco Histórico e nos barrios históricos de San Lázaro e Os Muíños.A regulación das citadas concesións faise segundo o bando da alcaldía que informa de que, o 31 de outu-bro aprobouse en Pleno a segunda

convocatoria das subvencións para os fins citados. A contía da sub-vención será do 40 % do custe das

actuacións subvencionables, para pintura de inmobles con materiais tradicionais, incluídos dentro da Área de Rehabilitación. O importe máximo das axudas, en calquera dos casos, será de 5.000 euros. Segundo o bando da alcaldía, a pre-sentación de solicitudes farase no Rexistro Xeral do Concello de Mon-doñedo. O prazo para tramitar as solicitudes comezará o día seguin-te ao da publicación da presente convocatoria no Boletín Oficial da Provincia e estará aberto ata o 15 de novembro de 2019, ou esgota-mento do crédito. A presentación de solicitudes deberase facer no modelo de solicitude do anexo das bases publicadas no BOP nº 189 de 19 de agosto de 2019.

O Concello ofrece axudas de ata 5.000 euros para renovar fachadas

FESTAS EN MASMA. A parroquia de Masma, no Concello de Mon-doñedo, celebrará as súas festas patronais o 30 de novembro e o 1 de decembro. A xornada festiva dará comezo ás 13.00 horas coa misa solemne e a sesión vermú que estará a cargo da orquestra Trébol. A partir das 22.30 horas haberá unha gran verbena coas orquestras Trébol e Stéreo. Xa o domingo 1 de decembro, repeti-rase o oficio relixioso ás 13.00 ho-ras e a continuación será a sesión vermú a cargo do grupo Lume. A organización lembra que haberá recinto cuberto con carpa e cale-facción, ademais de amplos apar-camentos.

LUCES DE NADAL. Á area de cul-tura do Concello mindoniense está a preparar a programación de Nadal, que incluirá un mercado de Nadal para a Ponte da Consti-tución. As luces de Nadal acen-deranse o venres, 29, coincidindo coa fin de semana das tapas en Mondoñedo. Entre as novidades que avanza o edil Alberto García figura a nova árbore que se insta-lará na Praza da Catedral que terá 10 metros de altura. Tamén orga-niza o Concello por estas datas a terceira edición do concurso de adornos de Nadal.

MAGOSTO NOS MUÍÑOS. O ba-rrio dos Muíños de Mondoñedo, o barrio antigo dos artesáns, con-vida a festexar o 23 de novembro un magosto que terá lugar no anfiteatro do Alfar. Os organi-zadores disporán para repartir de chourizos, bebida, castañas e chocolate, para desfrutar dun-ha xornada en boa compañía. O colectivo xa está preparando a decoración para este Nadal e avanzan que haberá novidades. Continúan tamén coas activida-des de formación de outubro a xuño. Trátase de cursos de infor-mática e novas tecnoloxías, ta-les como mecanografía, deseño gráfico, seguridade en internet, deseño en 3D e edición de vídeo.Para máis información, pódese escribir a [email protected].

PAPANOELADA MOTEIRA. O Con-cello de Mondoñedo prepara a terceira Papanoelada moteira na que todo o que queira participar pode ir en moto vestido de Santa Claus. A cita terá lugar o 21 de de-cembro, a partir das 16 horas, na Praza do Concello. Organiza este simpático encontro o Motuclub Ruta N-634, en colaboración co Concello de Mondoñedo. Será un día de festa que inclúe inchables, chocolatada, sorteos e agasallos.

EN BREVE

Fachada rehabilitada

A alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, informou sobre que a Conse-llería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, a través da Dirección Xe-ral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, acaba de poñer en mar-cha no Concello de Mondoñedo un proxecto demostrativo e pioneiro de compostaxe comunitaria dirixido a núcleos rurais e que busca a implica-ción tamén de grandes xeradores de residuos orgánicos asimilables aos domésticos. Precisamente, o Conce-llo de Mondoñedo xunto cun super-mercado local comprometéronse xa a participar no proxecto, que aspira a implicar tamén activamente a unha trintena de familias.Con este fin, procedeuse á instala-ción no municipio dunha área de compostaxe comunitaria integrada por oito compostadoras dun metro cúbico cada unha, con capacidade para asumir os residuos orgánicos xerados por ata 31 familias da con-

torna máis un supermercado. Aqueles fogares situados na área de influencia deste punto recibirán unha carta para invitalos a participar voluntariamente na iniciativa. De feito, a primeira reunión informativa celebrouse no Centro Comarcal de Mondoñedo co fin de explicarlles aos veciños en que consiste o pro-ceso de compostaxe e as principais vantaxes da súa implantación.As familias que se animen a partici-

par recibirán de balde un caldeiro de 10 litros para facilitar a separación dos residuos orgánicos que xeren nas súas casas e achegalos á área de compostaxe comunitaria. Pola súa banda, o supermercado recibirá un contedor de 60 litros para a recollida dos residuos que xere pola súa pro-pia actividade. Durante as semanas sucesivas á implantación do proxec-to realizaranse visitas de seguimento para facer os reforzos formativos.

Aposta polo compostaxe colectivo

A alcaldesa, ante un dos compostadores instalados

Javier Rodríguez, natural de Ou-rense, alzouse como gañador da VIII edición do Certame de Poesía Manuel Leiras Pulpeiro, premio convocado polo Concello en co-laboración coa Área de Cultura de Deputación Provincial. Unha edición marcada polo gran núme-ro de participación de obras, con preto de 100 orixinais recibidos. O traballo presentado polo gañador, que obterá un premio de 1.500 euros, placa e diploma, ten por título Citerea.O segundo premio, dotado con 600 euros, placa e diploma, re-caeu na obra titulada A ferida, da que é autor Manuel López Rodrí-guez, de Noia.Branca Trigo Cabaleiro acadou o terceiro premio, dotado con 300 euros, placa e diploma, coa obra presentada baixo o rótulo O heroe de vidro. Branca Trigo é de Vigo.A entrega do premio terá lugar o sábado, día 23, de novembro de 2019, segundo o seguinte pro-grama: ás 12 horas é a recepción oficial na Casa do Concello e un cuarto de hora despois, a ofrenda floral ante a tumba do poeta. E ás 12.45 farase a entrega de premios no Salón de Plenos do Concello.

O ourensán Javier Rodríguez álzase co premio Leiras Pulpeiro

O zoqueiro Alberto Geada, respon-sable do Museo das Zocas de Mon-doñedo, continúa dando a coñecer o seu orixinal traballo, no que non só crea zocas novas, de novo cuño, senón que tamén anima a facerse cunha camiseta que promocionará este museo seu mindoniense.Quen queira pode facerse coa ca-miseta que leva o texto Museo das Zocas de Mondoñedo e un escudo. Levarán polo mundo adiante a ima-xe do museo, dándoo a coñecer.O zoqueiro promove durante o ano visitas guiadas nas que explica o seu oficio tradicional e promociona o traballo artesanal doutros secto-res organizando sesións nos seus talleres abertas ao público.

O Museo das Zocas promociónase cunha camiseta

A camiseta promocional

Mondoñedo organiza para os días 29 e 30 de novembro e 1 de decem-bro o seu XIII Concurso de Tapas.A asociación de comerciantes, in-dustriais e autónomos de Mondo-ñedo, conformada por 71 asociados, programa esta nova edición na que participan dez locais de hostalería, O Palique, A Bodeguiña, Vinoteca Segundo Centro Social, A Taberna de Galiana, Bodegón A Catedral, O Pasatempo, O Petisco, Amencer, O

Rincón de Mondoñedo e O Porriño.O horario do tapeo será os venres de 20.30 a 00.00 horas, o sábado de 12 a 15 e de 20.30 a 00.00 horas, e o domingo tan só en horario de me-dio día, de 12 a 15.As tapas terán un prezo de 2 euros e poderanse degustar, e, do mesmo xeito que en edicións anteriores, os clientes participantes na ruta entrarán no sorteo de fantásticos premios.

A hostalería celebra a XIII edición do concurso de tapas

Page 23: nº 11 novembro 2019 Novembro tínguese de negroamariñaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/AMX_NOVEMBRO_201… · nº 11 novembro 2019 EXEMPLAR GRATUÍTO a pontenova. O PAI e o SAF

novembro 2019actualidade 23

O BNG de Mondoñedo presentou unha queixa ante a Valedora do Pobo en relación co funcionamento ordinario do Concello no que ten que ver co acceso á información, coa entrega das Actas das reunións da Xunta de Goberno Local e sobre a celebración periódica dos Plenos ordinarios. Segundo o voceiro do BNG no Con-cello, Eloi Cabanas, o funcionamen-to ordinario “é totalmente contrario aos dereitos dos concelleiros” e denuncia “obstrucións nas funcións de fiscalización e control encomen-dadas aos concelleiros da oposición por parte da lexislación local bási-ca”. A modo de exemplo, Cabanas apunta que desde o 1 de xullo deste ano non se entregan as actas das reunións da Xunta de Goberno Lo-cal, reuníndose esta todos os luns tal e como se estableceu no pleno de organización. “Con este feito o goberno popular de Elena Candia incumpre de forma flagrante a lexis-lación vixente a cal establece que despois da celebración da xunta de goberno hai un prazo de dez días para enviar copia da acta a todos os

membros da corporación”.Por outra banda o BNG tamén se queixa pola demora no tempo de entrega da documentación solicita-da formalmente no rexistro, denun-cia a demora no acceso á informa-ción de expedientes que obran en poder do Concello para poder facer efectivas e reais as funcións de con-trol e fiscalización da labor do go-

berno que ostentan os concelleiros da oposición.Esta solicitude de información, no mellor dos casos, sosteñen, facilíta-se pasados meses desde a solicitu-de, o que ocasiona un grave prexuí-zo aos concelleiros da corporación, “a última documentación que re-cibimos foi solicitada por escrito a mediados de agosto e o goberno ten que saber que se no prazo de cinco días non se dita resolución de-negatoria debidamente xustificada, a petición de acceso a información entenderase concedida por silencio administrativo”. Finalmente o edil nacionalista indica que tampouco se respecta a periodicidade de ce-lebración dos plenos ordinarios, debendo así realizarse un pleno no mes de setembro que non foi con-vocado, mais no mes de outubro celebráronse tres extraordinarios convocados por urxencia.A concelleira socialista, Esperanza González, mostrou o seu apoio ao concelleiro nacionalista e asegurou e trala denuncia comezaron a reci-bir as primeiras actas, correspon-dentes ao mes de xullo.

O BNG acude á Valedora do Pobo polo acceso á información municipal

Eloi Cabanas, voceiro do BNGQuen visite Mondoñedo dispón dende o mes de setembro dun recurso máis, como é o do Centro de Interpretación da Imprenta ou Museo da Imprenta que está a ter un gran éxito. Alí o visitante pode ver desde a orixe da imprenta manual ata como se implantou a mecánica, pasando polo seu des-enrolo en Galicia. Tan só o pasado día 8 de novembro, entraron ao

Museo unhas 120 persoas.Entre os tesouros que agocha o espacio figura unha máquina pla-no cilíndrica de 1870, fabricada en Bélxica e ideada para grandes formatos, así como unha Minera Hispania semiautomática e unha linotipia. O Concello mantén o museo e ábrese segundo solicitu-de na oficina de turismo e ensína-se cun guía.

O Museo da Imprenta recibiu nun só día a 120 persoas nada máis abrir

Unha vista do interior do Museo da Imprenta

ourol

A cantante pontesa con raíces en Ourol Sabela Ramil publicará o seu primeiro disco de estudo en solita-rio, Despedida, o 29 de novembro.A vocalista galega, finalista na pasa-da edición do programa televisivo Operación Triunfo, onde fixo unha declarada defensa da lingua e cul-tura galegas, anunciou a publica-ción do álbum nas redes sociais.“Tiven que pechar para poder abrir. Tiven que despedirme e des-pídome para dar a benvida a este novo e marabilloso camiño. Nel envorquei o meu tempo e enerxía, baleirei o meu interior e recreei a miña vida e a miña música xunto a persoas extraordinarias”, confesa-ba nas redes sociais.Polo momento non trascendeu o repertorio do disco, aínda que moitos seareiros da cantante agar-

dan que conteña o tema Nai, unha peza que canta dende hai meses.Nacida nas Pontes, Sabela ten fa-milia en Bravos, en Ourol, a onde volve con frecuencia, mesmo for-mou parte da directiva da Asocia-ción Aturuxeiros, coñecida por di-namizar a vida social e cultural do municipio ourolés.

A cantante Sabela edita o seu primeiro disco Os maiores de Ourol participarán

dun encontro no que poderán xuntarse e compartir experiencias o vindeiro 17 de novembro, ás 14 horas, no restaurante Louzado, en Area, en Viveiro.Este encontro promovido polo Concello inclúe unha comida e un baile para que os maiores desfru-ten dun día de festa para eles.Non terán que pagar nada por asistir e comer e está pensado para os maiores empadroados no Concello de Ourol. Si que convén facerse coas entradas ou pases á festa nos servizos sociais ourole-ses.

Festa para os maiores

A asociación Aturuxeiros da parro-quia de Bravos iniciou xa as súas ac-tividades de inverno coa esfoliada tradicional do millo e cunha saída ao río, co que celebraron tamén o apadriñamente dun tramo do cau-ce, ao seu paso por esta parroquia. Ademais realizarán dúas visitas ao ano para comprobar o seu estado.Os actos centralizaranse coa apertu-ra o día 8 de decembro do seu local social á veciñanza para que coñezan o traballo que están a realizar.Continúan co curso de cestería, dada a boa acollida que ten tido ata o de agora. Dous días ao mes (segundos e cuartos sábados, de 10 a 13.30 horas) van facendo aque-les traballos que lles gustan, dende o máis básico dos protectores de mantel ata as lámpadas, pasando por todo tipo de bandexas, cestas ou costureiros, traballados en mé-dula por cada un dos asistentes.

Os Aturuxeirosapadriñan parte do cauce do río Bravos

Page 24: nº 11 novembro 2019 Novembro tínguese de negroamariñaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/AMX_NOVEMBRO_201… · nº 11 novembro 2019 EXEMPLAR GRATUÍTO a pontenova. O PAI e o SAF

actualidade24 novembro 2019

cervo

O Concello de Cervo está a aco-meter estes días obras de mellora e renovación da rede de abastece-mento de auga do núcleo de Cervo, en concreto na rúa Xosé Álvarez, no tramo que vai desde a ponte do río Xunco ata o Paraño, en Sargadelos, dirección Figuerido.O rexedor Alfonso Villares, que se desprazou ata a zona para supervi-sar os traballos acompado pola edil de Obras, Mali Méndez, precisou que “se trata dunha actuación im-portante que nos permitirá reducir os costes de mantemento e, sobre todo, mellorar a calidade do servizo para a veciñanza”.A obra conta cun orzamento de preto de 40.000 euros (39.288,09 euros concretamente), dos cales o 75% corresponden ao Fondo de Compensación Ambiental da liña

en concorrencia competitiva da Consellería de Presidencia da Xunta de Galicia. Trátase dunha actuación que abran-gue medio quilómetro de distancia, que consiste na substitución das

canalizacións existentes de fibroce-mento por outras de polietileno, que inclúe tamén a renovación das acometidas domiciliares e a execu-ción dunha boca de rego e dos co-rrespondentes pozos de rexistro.

Cervo acomete obras de mellora do abastecemento de auga O alcalde de Cervo, Alfonso Villares,

e o edil de Deportes, David Rodrí-guez, fixeron balance deste primei-ro mes de funcionamento da pis-cina e subliñaron o incremento da matrícula por segundo ano conse-cutivo, con 242 persoas asistentes aos diferentes cursos que se ofertan por grupos de idade (adultos, ne-nos/as e bebés) -17 máis que o ano pasado por estas datas-.Dentro de cada grupo establécen-se diferentes niveis en función da destreza do alumno, desde inicia-ción a perfeccionamento. Ademais, tamén se ofrecen actividades com-plementarias como Aquagym ou o servizo de sauna e ximnasio.Villares e Rodríguez tamén fixeron reconto do número de socios da instalación, que a día de hoxe rol-da os 800, unha vintena máis que o curso pasado neste mesmo mes.A maiores todos os venres acoden

á piscina uns 50 nenos e nenas das ANPAS dos dous colexios do munici-pio, que teñen a inscrición de balde. “A filosofía do Concello de Cervo é promover a práctica deportiva no seu conxunto desde as idades máis temperás; e con ese obxectivo ofre-cemos de balde ás ANPAS do noso municipio os diferentes cursos de natación para os pequenos e pe-quenas”, como precisou Villares.O alcalde e o concelleiro destaca-ron, así mesmo, o investimento que se fixo neste último ano nas instala-cións cunha inversión que superou os 60.000 euros procedentes dos fondos municipais, dirixida funda-mentalmente aos traballos de man-temento que se executaron durante o verán e á renovación do ximnasio que supuxo 45.000 euros para ac-tuar na cuberta, na estrutura e no piso e para a adquisición de nova maquinaria.

A piscina olímpica conta con máis usuarios este ano

A hostalería sancibrense repartirá premios por participar no seu tapeo que consistirán en vales de compra de 250 euros, 150 e 100 para gastar nos locais asociados.As fotografías das tapas de cada xo-ves subiranse ao perfil de facebook do colectivo en sancitapeando cada

semana. Cada tapa custa dous eu-ros e as ofrecen Pizzería O Trasgo, o bar Maruxaina, o mesón A Bodega, a terraza O Noso Lar, o bar O Faro e a Pizzería Las Titas.Cada xoves cambiarán estas tapas por outras creatividades culinarias ata o 20 de febreiro de 2020.

Tapas variadas e premios, cada xoves en San Cibrao

Ánxeles Cuña, deputada do Gru-po Común da Esquerda, presen-tou na Comisión de Educación e Cultura do Parlamento de Galicia unha iniciativa para que se estu-de e poña en valor a sauna da Idade de Ferro, que foi rexeitada polos votos en contra do Parti-do Popular. “Non entendemos como os responsables máximos da conservación e xestión do noso patrimonio son tamén os responsables da súa indefensión, e neste caso podemos mesmo fa-lar da sua ocultación”, denunciou a deputada.“Tiña que ser unha excelente nova a reaparición dunha sau-na da Idade do Ferro, unha xoia arqueolóxica extraordinaria e a edificación mellor conservada do norte peninsular no concello

de Cervo, baixo as ruínas de San Cibrao no Castro da Atalaia. Por lóxica, debera documentarse, escavarse, estudarse e poñer en valor. Non obstante, a Dirección Xeral de Patrimonio tapouna e permitiu que pasase por enriba unha máquina apisonadora, que puido ter causado danos no tei-to”, manifestou Ánxeles Cuña.A PNL presentada solicitaba que se fixese un estudo da sauna e que se consensuase co Concello de Cervo unha obra para a pos-ta en valor deste elemento pa-trimonial. “Existe un conflito de intereses entre a protección e valorización do noso patrimonio e as escusas de índole económi-ca de quen non está disposto a destinar os recursos necesarios”, apuntou a deputada.

Piden no Parlamento a posta en valor da sauna da Idade do FerroO grupo En Marea asegura que, a

pesar de que no pasado mes de se-tembro a Consellería de Educación asegurou que as obras do colexio de Cervo estaban rematadas e as instalacións listas para o seu uso educativo, a día de hoxe o centro, os seus alumnos e o profesorado padecen unha situación inacep-table para o normal desenvolve-mento da actividade educativa. En Marea denunciou esta situación no comezo do curso escolar e volverá a preguntar polas obras de Cervo no Parlamento de Galicia.Desde a comunidade educativa denúnciase que padece unha situa-ción que afecta seriamente á vida educativa, con frío nas aulas, gotei-ras, filtracións, e obras que entor-pecen as clases. Nalgunhas aulas fíltrase auga, a través das fiestras recén instaladas, pero non remata-das, de tal maneira que se forman bolsas de auga no chan e por causa destas filtracións molláronse traba-llos dos alumnos e material escolar.Os pais tamén sinalan que hai goteiras noutros locais como ves-tiarios e aseos, e filtracións de auga en paredes pintadas hai aproximadamente dous meses. Ademais dos problemas derivados das obras, o centro padece outras deficiencias: a cociña segue sen extractor, a pesar da promesa de Educación de telo amañado hai máis dun mes.

Levarán ante o Parlamento a “pésima” situación dos colexios

Segunda pedra Formosa da Sauna da Atalaia, en verán

Día Mundial do Cancro. Cervo volcouse coa celebración do Día Mundial do Cancro, programou unha andaina solidaria e durante outubro, permaneceron iluminados de cor rosa os edificios públicos.

Responsables municipais, visitando as obras

Veciños desfrutando dunha tarde de tapas en San Cibrao

Page 25: nº 11 novembro 2019 Novembro tínguese de negroamariñaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/AMX_NOVEMBRO_201… · nº 11 novembro 2019 EXEMPLAR GRATUÍTO a pontenova. O PAI e o SAF

novembro 2019actualidade 25

O Concello de Barreiros vén de supervisar a finalización das obras de mantemento e refor-ma de varios parques infantís do municipio. Este contrato incluía a instala-ción de pezas novas, o adecen-tamento dos elementos xa exis-tentes, así como a mellora dos

pavimentos e peches para os parques infantís dos núcleos de San Miguel, Agolada en Benque-rencia e en San Bartolo.As obras, que contaban cun presuposto de 25.912,15 euros, foron financiadas nun 70% pola Xunta de Galicia e o 30% con fondos municipais.

barreiros

Unha visita a un dos parques infantís remodelados

A alcaldesa de Barreiros, Ana Ermi-da, e a segunda tenente de alcalde-sa, Carmen Veiga, desprazáronse a Madrid onde mantiveron reunións con responsables dos Ministerios de Fomento e Transición Ecolóxica para trasladar cuestións de intere-se para o municipio barreirense. O executivo local valora moi po-sitivamente os encontros manti-dos cos responsables ministeriais, onde acadaron o compromiso do Ministerio de Fomento de actuar no xacemento de A Roda para a súa consolidación e posta en valor coordinadamente co departamen-to de Patrimonio Cultural da Xunta.O compromiso do Ministerio de Fo-mento foi claro á hora de asegurar a intervención baixo as directrices do servizo competente da Xunta de Ga-licia, polo que se iniciarán os contac-tos para a execución dos mesmos.O goberno barreirense tamén trasladou a necesidade de que se recolla a previsión de conexión do polígono de Barreiros co enlace da A8 e a A74, para aproveitar o po-tencial do mesmo e garantir a me-llor comunicación posible. Na reunión mantida con respon-sables do Ministerio de Transición Ecolóxica, adquiriuse o compro-miso de trasladar a demanda

barreirense aos departamentos implicados na execución do plan hidrolóxico Galicia Costa, así como de estudar a prioridade da ac-tuación a nivel autonómico para poder valorar unha colaboración interadministrativa; así como a po-sibilidade de implicación da admi-nistración estatal no finanzamento das obras necesarias.Desde o goberno municipal consi-deran “moi importante” ter manti-do esta reunión, xa que “nos sitúa nunha boa posición de inicio, con todas administracións ao corrente das necesidades e co compromiso de tirar na mesma dirección para poñerlle solución a un problema que se arrastra desde hai moitos anos.”

O Estado comprométese a pór en valor o círculo lítico da Roda

A alcaldesa, en Madrid

O Concello de Barreiros compar-te na súa web para coñecemento xeral un informe de secretaría-intervención no que se explica a situación económica municipal. Desde o goberno municipal teñen o convencemento de que “é pre-ciso afrontar a realidade de xeito serio e rigoroso, rompendo a diná-mica económica que se viña man-tendo e que coloca a este Concello nunha situación límite”.Acredita tamén o goberno a nece-sidade de transparencia e de pú-blico coñecemento da situación, polo que nas vindeiras datas or-ganizarán reunións nas parroquias nas que, sen dubida se falará disto.Segundo indican, o Concello es-taría obrigado a elaborar un novo Plan Económico-Financieiro para os anos 2019-2020, adaptado as novas circunstancias económicas que xa son bastante peores que as que existían a finais do ano 2018. “Dadas as circunstancias actuais,

ningún plan económico-financiei-ro será suficiente para reconducir a situación nin neste ano nin para o ano 2020”, din.“Hai que ter en conta que, nas cir-cunstancias actuais, inda que non se fixese ningún gasto máis que os xa realizados e os que obrigato-riamente se terán que realizar ata fin de ano para manter ó mínimo os servizos públicos, vai haber un montante de facturas sin aprobar por falta de crédito e que terán que aprobarse mediante recoñe-cemento extraxudicial en pleno, de preto de 1.000.000 euros. Esto supón, que, sin facer nada máis, estaría esgotado xa o orzamento deste ano 2019 e o orzamento do ano 2020, co cal a práctica totali-dade dos gastos do ano 2020, por moito que se conseguisen reducir, quedarían igualmente sin aprobar, trasladándose de novo ó ano se-guinte e sin posibilidade de recon-ducir a situación”, engaden.

Un informe afirma que o orzamento deste ano e do que vén estaría esgotado

O Concello de Barreiros chama á sociedade a implicarse na con-memoración do 25 de novembro propoñendo a negocios e veciños tinguir todo o seu arredor e mes-mo a eles mesmos de cor negra. Dende a Concellaría de Igualdade de Barreiros, que dirixe Montse-rrat Porteiro, considérase que a actual situación require dunha resposta unánime de toda a so-ciedade que poña de manifesto o rexeitamente de todas as formas de violencia contra as mulleres.Para iso, o Concello de Barreiros anima ao sector do comercio e a todos os axentes sociais do muni-cipio a implicarse na conmemora-ción do 25 de novembro.Propón vestir de loito o Concello en sinal de dor por todas as mulle-res que sofren violencia. Do 18 ao 25 de novembro o Concello pro-pón vestir as tendas, comercios, empresas, bar, posto do mercado, etc. de negro, propón vestir tamén así os manequíns, os manteis ou ás persoas mesmas. O Concello

vai facilitar material e información que tamén compartirá nas redes sociais.Esta campaña desenvolverase conxuntamente con máis dun cen-tenar de vilas e cidades galegas baixo o lema En negro contra as vio-lencias, co obxectivo de “pór sobre as axendas, coa maior contunden-cia posible e dunha vez por todas, a violencia machista como un pro-

blema público de toda a cidadanía”.Os que queiran participar só te-ñen que chamar ao teléfono 982 124 002 ou enviar un mail a [email protected], cos datos do establecemento, nome e enderezo e da persoa de referencia, nome e teléfono de seguido o Concello poñerase en contacto.

Barreiros chama a celebrar o 25N tinguindo de negro

Rematan as obras de mellora en varios parques infantís

Unha imaxe da celebración do ano pasado

O Concello de Barreiros fixo pública na súa web municipal a subvención que recibiu do Fondo Europeo de Desenvol-vemento Rexional, Feder, que irá destinada á rehabilitación enerxética da envolvente tér-mica de cuberta da sede muni-cipal consistorial.Trátase dun proxecto acollido á liña de axudas a proxectos de economía baixa en carbo-no, promovidos polas entida-des locais e confinanciada con fondos Feder, pero xestionada polo Instituto para a Diversi-ficación e Aforro da Enerxía, IDAE, co obxectivo de conse-guir unha economía máis lim-pa e sostible.O importe a axuda ascende a 50.132,74 euros e a inversión total é de 62.665,93 euros.

O Concello recibe 50.000 euros para rehabilitar a cuberta do consistorio

Page 26: nº 11 novembro 2019 Novembro tínguese de negroamariñaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/AMX_NOVEMBRO_201… · nº 11 novembro 2019 EXEMPLAR GRATUÍTO a pontenova. O PAI e o SAF

actualidade26 novembro 2019

riotorto

O día 30 de novembro, a Asocia-ción de Veciños de Santa Comba de Órrea organiza unha charla e mesa participativa de composta-xe.Esta xornada dará comezo ás 11 horas no local social da asocia-ción e estará impartida por Án-gel Lorenzo Silva, biólogo e edu-cador ambiental.

O curso está aberto a todo o público en xeral e con preferen-cia aos veciños da parroquia ou aquelas persoas que teñan vín-culos con Órrea ou con Concello de Riotorto.As persoas interesadas en parti-cipar nesta sesión poderán con-tactar con calquer membro da asociación.

Os veciños de Órrea organizan unha charla sobre compostaxe

O Vicedo vén abordar un proxec-to de renovación das luminarias grazas a unha inversión da Depu-tación de Lugo.Segundo avanzaron os socialis-tas na oposición, vaise asinar un convenio interadministrativo para a cooperación entre a De-putación Provincial de Lugo e o Concello para o desenvolvemen-to do proxecto de renovación de lámpadas e luminarias existen-tes por luminarias de tecnoloxía LED.Segundo aparece na orde do día, a corporación municipal apro-bou tamén a acta da sesión an-terior, así como un expediente de modificación do presuposto municipal de gastos e o cambio da base 14 de execución do orza-mento municipal para 2019.

CASA DA CULTURA. No Concello do Vicedo abríuse o prazo para presentar ofertas a fin de ocupar-se do servizo de cafetería da Casa da Cultura.Máis concretamente, pódense presentar ofertas ata o 19 de no-vembro.Toda a información relativa ao procedemento pódese atopar na web do Concello, no que hai que introducir a clave dixital. As persoas interesados nesta ofer-

ta tamén poden chamar ás ofi-cinas do Concello de O Vicedo 982.590.029.A Casa da Cultura inaugurouse en 1999 e conta con dúas plantas, máis un soto con diferentes estan-cias.O edificio está situado na céntri-ca rúa Cidade de Mondoñedo e supón un punto de encontro dos veciños, un lugar de reunión de asociacións e colectivos munici-pais, que conta con salón para di-ferentes actos e salas para cursos, entre outras dependencias.Ademais, o edificio multiusos, sito ao lado da Casa da Cultura, tamén alberga unha aula e as instalacións do Punto de Atención á Infancia.

O Concello cambia as luminarias e licita a xestión da cafetería da Casa da Cultura

A aula tecnolóxica do Vicedo, aula Cemit, ubicada na Casa da Cultura, ofrece durante o in-verno diversos cursos gratuítos para a poboación. Dispón de 7 ordenadores para os distintos alumnos ademais de distintos periféricos para o traballo dos mesmos como dúas impreso-ras, un escáner e cámara de fotos dixital.A programación de inverno ofrece aos veciños clases de informática de balde, así como outras de iniciación e perfec-cionamento do uso de orde-nadores. Toda a formación está dirixida tanto para adultos como para os nenos.As clases impártense de 16 a 20 horas de luns a venres e os in-teresados en acudir poden es-cribir a [email protected] ou ben chamar ao 982 590 195 ou 670 903 659.

A aula Cemit ofrece cursos durante o inverno

Casa da Cultura do Vicedo

Os días 29 e 30 de novembro celebrarase a quinta edición da tradicional Ruta das Tapas de Riotorto. Son un total de seis os establecementos hostalei-ros do concello que ofrecerán as súas propostas á ruta do tapeo: Mesón Novo América, Casa Rivas, Casa Rodil, Confi-tería Irma, Café-Bar Volante e Mesón o Mazo.O prezo de cada tapa, que se servirán en horario de oito do serán a doce da noite, é de 2 euros.Entre as persoas participantes sortearanse ata cinco premios: o primeiro de 200 euros, o se-gundo de 100 euros, o tercei-ro por un vale de 50 euros de queixos Don Hilario, o cuarto da mesma cantidade por pro-duttos cárnicos O Mazo e o

quinto tamén de 50 euros para gastar na Panadería Carteire. Esta ruta está organizada un ano máis polo Concello de Rio-torto para impulsar a hostale-ría da zona.

A vila celebrará a V ruta das tapas o 29 e o 30

O Concello de Riotorto rematou as obras da colocación da cuber-ta de pádel da localidade, ubi-cada no lugar do Mazo, fronte a Cárnicos Río.Estas obras que se iniciaron en xaneiro, tiveron un orzamento de 51.528 euros, dos cales finan-

ciaron a Consellería de Medio Ambiente un 70 % e o resto foi a cargo do fondos propios do Con-cello.A obra consistiu en dotar esta instalación deportiva con chapa tipo sandwich e cunha cúpula que dea claridade ao interior.

A pista de pádel xa ten cuberta

A pista de pádel coa nova cuberta

Un grupo de 20 persoas participa-ron no roteiro reivindicativo da Vía Rexia organizado pola asociación de veciños de Santa Comba da Órrea.Aínda que foi un día de intensa choiva, a sesión tivo un percorrido animado entre o lugar das Fontelas, última aldea da parroquia ponteno-vesa de Xudán, ata o Mesíus Vello, na pastoricense de Álvare, e tras percorrer a parroquia de Órrea atra-vesando os lugares de Regocroto, O Val e A Barreira.A actividade contou coa celebra-ción dun xantar nun restaurante da localidade. Os camiñantes aprovei-taron para deseñar unha serie de actividades destinadas a divulgar e potenciar esta ruta, entre as que destacan a organización no local pa-rroquial dunha conferencia a cargo

dun coñecido historiador, especia-lista en rutas xacobeas, e dunhas xornadas a celebrar na Pontenova e nas que participan diversos colec-tivos implicados na posta en valor

deste vía.A Vía Rexia do Norte, é unha varian-te do Camiño Norte, que pasa polos concellos lucenses da Pontenva, A Pastoriza, Meira, Pol e Castro de Rei.

Órrea acolleu unha andaina reivindicativa da Vía Rexia

Os participantes na andaina reivindicativa

Page 27: nº 11 novembro 2019 Novembro tínguese de negroamariñaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/AMX_NOVEMBRO_201… · nº 11 novembro 2019 EXEMPLAR GRATUÍTO a pontenova. O PAI e o SAF

novembro 2019actualidade 27

A asociación recreativa e cultu-ral Os do 21 do Vicedo organiza para o sábado 30 de novembro un obradoiro de baile galego.Esta xornada será en horario de 18 a 20 horas e ten un prezo de 10 euros para socios e 15 para non socios.Os mestres neste obradoiro se-rán Samuel Ramos e Carlos Che-da.

Obradoiro de baile galego

o vicedo

As oito obras seleccionadas para a terceira edición do certame de tea-tro Concello de Lourenzá represen-taranse desde o 2 de novembro ata o 1 de decembro. E na gala de en-trega de premios, que será o 14 de decembro, actuará Sergio Pazos.O sábado 2 de novembro eu come-zo a terceira edición do Certame de Teatro Concello de Lourenzá. Abriu o telón a compañía Coles Teatro, de Ourense, coa obra A tía Rosi-ta. Será ás 20.30 horas no salón de actos do Concello. A última das obras que se presentan a concur-so representarase o domingo 1 de decembro. Este certame de teatro rematará o sábado 14 de decem-bro cunha gala de entrega de pre-mios na carpa que se instalará no Campo dos Bolos e que contará coa actuación do humorista galego Sergio Pazos, co monólogo Reben-to se non o conto.A segunda representación do cer-tame foi o 3 de novembro e tratou-

se da obra All you need is war, de O Catre Teatro das Pontes.O venres 15 de novembro ás 20.30 horas Touporroutou, de Foz, ofre-cerá Comedia bífida; e o sábado 16 á mesma hora Carauta Teatro, de Santiago, representará Un! dous! tres!O certame continuará o sábado 23 ás 20.30 horas con Fauna 113, de Vigo, que porá en escena A última

cea. E o domingo 24 ás 20.00 horas Matabelas Teatro, de Teo, ofrecerá a obra A estraña familia.As actuacións do certame remata-rán a fin de semana do 30 de no-vembro e 1 de decembro. O sába-do ás 20.30 horas Avelaíña Teatro, de Pontevedra, representará A Lola e o domingo ás 20.00 horas Garga-llada Teatro, de O Barco de Valdeo-rras, ofrecerá Fuga.

Comezou o certame de teatro, que contará con Sergio Pazos

A premiada como mellor actriz o ano pasado no certame

lourenzá

A Concellería de Servizos So-ciais de Lourenzá amplía os ser-vizos a persoas dependentes e de libre concorrencia ofrecendo podoloxía e fisioterapia gratuí-tos para todos os usuarios.As semanas pasadas, a con-celleira Mercedes Dengra e a técnico social visitaron aos usuarios para ofrecer estes no-vos servizos, que teñen moi boa acollida entre todos os veciños. A partir deste mes de novembro un especialista en podoloxía e outro en fisioterapia realizarán estes servizos a domicilio.Mercedes Dengra explicou que “a atención aos nosos maiores e dependentes é unha das no-sas prioridades e por iso se po-

ñen en práctica medidas coma

esta para mellorar a calidade e

o benestar social de todos os

veciños e veciñas do municipio

usuarios deste servizo”.

Visita aos maiores do Concello

Lourenzá ofrécelles aos maiores servizo de podoloxía e fisioterapia gratis a domicilio

Trinta profesionais do sector tu-rístico participaron nun Fam-Trip á Ruta da Faba. A xornada deu comezo no Centro de Interpreta-ción da Faba coa benvida que lles deron aos participantes a alcalde-sa, Rocío López; Paloma Vázquez, xefa de Área Provincial de Turismo en Lugo; e o presidente da Man-comunidade de Concellos da Ma-riña, Alfredo Llano. A acción foi organizada pola Mancomunidade, ao amparo do convenio asinado coa Axencia de Turismo de Galicia. Alfredo Llano explicou que “esta é unha iniciativa que promove a Mancomunidade de Municipios porque consideramos que é algo moi positivo non soamente para Lourenzá e para toda a activida-de da faba senón para a comarca. Estivemos alí con xente profesio-nal do sector que son tourope-radores, axentes de turismo ou persoas que teñen negocios rela-cionados co sector. Polo tanto me parece que é unha visita obrigada e ademais moi interesante do que se pretende amosar e que temos definido como Ruta da Faba”.O presidente da Mancomunidade de Concellos da Mariña engadiu que “a Ruta da Faba é unha inicia-tiva extraordinaria que se reparte

en varios aspectos como a gastro-nomía porque ven as diferentes propostas para preparala e como se cultiva. Tamén visitan a paisaxe de todo o val de Lourenzá, onde está cultivada a faba, os muíños, o Pazo de Tovar, onde se fai a degus-tación gastronómica, e a igrexa de Lourenzá con toda a súa historia e o seu patrimonio. Esta visita non soamente é algo ecolóxico para valorar o cultivo da faba, senón que se complementa con todos os recursos que hai na zona para motivar á xente a que visite a zona de Lourenzá e calquera outro lu-gar da Mariña. A Mancomunidade son 16 concellos e a faba non soa-mente se cultiva en Lourenzá, aín-

da que aí ten o epicentro, e polo tanto penso que a visita pode dar lugar a estenderse e complemen-tarse perfectamente con todo o que nosoutros temos que ofrecer na Mariña”.Llano subliñou que “é positivo por-que esta actividade complementa o Mes da Maxia e outras iniciati-vas que estamos intentando reali-zar desde a Mancomunidade para que o turismo sexa fluído durante todo o ano. Así que esta é unha iniciativa máis que creo que pode dar bo resultado para que toda esta xente profesional poida re-comendar a outra xente que nos visite tanto en Lourenzá como no resto da comarca”.

Trinta profesionais do sector turístico coñecen a ruta da faba

Profesionais do sector turístico, visitanto a ruta da Faba

O Vicedo vivirá unha nova edi-ción da súa Festa de Avós e Ne-tos o vindeiro 16 de novembro. A esa cita, que promove o Con-cello espérase que acudan máis de trescentas persoas, como nas últimas edicións. Un dos seus alicientes é o sorteo e o reparto de agasallos, que nesta ocasión roldan os setenta.O encontro terá lugar no pavillón polideportivo.

Festa dos avós e dos netos

O Concello do Vicedo vén de adquirir un arma trazadora para axudar na loita contra as vespas velutinas.Esta arma dispara un tipo de bala ou dardo venenoso e permitirá eliminar os niños desta especie invasora. Con ela, poderase loi-

tar con máis facilidade nas zonas altas, xa que é máis dificil a súa eliminación.A arma será usada por persoal de Protección Civil, que asistiron a un curso previamente para co-ñecer de primeira man o uso e manexo da mesma.

Loita contra as vespas velutinas

Festa do ano pasado

Page 28: nº 11 novembro 2019 Novembro tínguese de negroamariñaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/AMX_NOVEMBRO_201… · nº 11 novembro 2019 EXEMPLAR GRATUÍTO a pontenova. O PAI e o SAF

actualidade28 novembro 2019

o valadouro

O alcalde do Valadouro, Edmun-do Maseda, criticou con dureza o rexeitamento do PP e do BNG, no Pleno ordinario, da aprobación da segunda prórroga do convenio de colaboración pola xestión compar-tida do servizo de recollida de lixo e do punto limpo, entre os conce-llos de Alfoz e Valadouro. O rexedor advirte que “a pinza que están utilizando o BNG e o PP no Valadouro impiden aos veciños beneficiarse dunha subvención de preto de 120.000 euros do Fondo de Compensación pola realización deste servizo”. Así as cousas, Maseda argumen-ta “non entender absolutamente nada do que está facendo a for-mación nacionalista no Valadouro, e creo que os veciños están aínda mais desorientados, porque o BNG non tivo ningún problema en aprobar a primeira prórroga deste convenio”. O máximo mandatario convidou ao BNG a achegarse a todas as pa-rroquias da vila “para explicarlles a todos os veciños, un por un, que o BNG coa conivencia do PP fixo per-der unha subvención de 120.000 euros, para realizar o servizo de recollida de lixo como se viña fa-cendo ata o de agora”, sinalou.“A orde do día do Pleno de novem-

bro é bastante representativa do que fai á oposición no Valadouro, por unha banda non deixar go-bernar rexeitando proxectos vitais para o Concello como o servizo de lixo, e por outra parte, a inacción nin unha soa proposta ou medida para mellorar a vida dos veciños, senón máis ben o contrario, como podemos comprobar”, espetou.“Pídolles aos dous grupos que rec-tifiquen, que non castiguen ás ve-ciñas e veciños do Valadouro pola súa inquina puramente persoal. O Valadouro non merece este blo-queo e esta pinza, con decisións que só van traer ter menos recur-sos económicos e menos servi-zos”, dixo Edmundo Maseda.

O PSOE do Valadouro culpa á “unión” entre PP e BNG de non ter unha subvención

A Asociación Forestal de Galicia or-ganizou en Ferreira do Valadouro e en Trabada senllos cursos sobre xes-tión de xuntas reitoras de montes. O colectivo asegura que A Mariña de Lugo ten un total de 56 montes veciñais, cunha superficie total de 20.151 hectáreas, e que cada monte veciñal ten unha media de 359 hec-táreas e tamén unha media de 60 comuneiros.Polo que respecta aos montes ve-

ciñais e aos montes particulares, A Mariña é a comarca con maior volu-me de cortas de madeira. O ano pa-sado solicitouse a corta de 1.456 mi-llóns de metros cúbicos de toneladas de madeira. Esta cifra representa un 15% do total de Galicia. Se se ten en conta que a comunidade autónoma representa aproximadamente a me-tade das cortas do total de España, a Mariña lucense ten arredor dun 7,5% no total de España.

Organizaron cursos sobre xestión de xuntas de montes

O motoclub Val D’Ouro quece motores para a vixésimo quinta concentración moteira da locali-dade que se vai celebrar os días 8, 9 e 10 de maio de 2020. Será unha data moi especial posto que a asociación celebrará o seu 25 aniversario.Ademais, os integrantes do club participan en multitude de ci-tas, como esta fin de semana que acudiron á concentración de Arriondas, en Asturias. Tamén in-formaron aos seus socios sobre a Motocallada de Redondela, así como do motococido de Vigo e da manifestación de motoristas de Santiago. Obtiveron o terceiro premio ao motoclub máis nume-

roso que asistiu á terceira con-centración Chova ou Non Chova de Mondariz. E tamén participa-ron nas concentracións que hou-bo con motivo das festa da faba de Lourenzá e do San Froilán de Lugo.

A vindeira concentración moteira será no mes de maio

O Concello do Valadouro súmase un ano máis á campaña En Negro con-tra as Violencias, que desenvovlerá dende o 18 ó 25 de novembro faci-litando material para axudar á difu-sión da mesma. Colectivos e empre-sas tamén poden adherirse e toda a información está na web www.vala-douro.org.En Negro contas as Violencias é unha acción colectiva de sensibilización social contra as violencias machis-tas que xorde en 2015 en Santiago de Compostela, co impulso da Ad-ministración local, e que ano tras ano foi medrando, involucrando a máis concellos, institucións e secto-res, chegando a expandirse de xeito viral mesmo fóra de Galicia. Aínda que está latente durante todo ou ano é sobre todo no mes de novem-bro, e no 25N ou 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, cando a acción desprega a súa actividade de forma máis intensa.Dende o seu inicio buscouse implicar o tecido económico, asociativo, edu-cativo, deportivo, social e cultural, así como a toda a cidadanía, nunha resposta colectiva de rexeitamento das violencias de xénero e mais dos asasinatos machistas.Tamén se apostou por identificar, transmitir e incidir nos comporta-mentos e expresións verbais que es-tán detrás das violencias de xénero a través do uso de materiais de cam-paña específicos por parte da cida-danía, empresas, establecementos comerciais e axentes sociais.Colectivos e empresas tamén poden adherirse. O colectivo que decida

unirse á campaña asume compro-misos como os de participar nas accións de difusión e loita contra a violencia de xénero, empregar os materiais identificadores da campa-ña en lugar visible e representativo da organización, manifestar o seu rexeitamento a toda manifestación de violencia de xénero, propoñer accións de difusión, concienciación e erradicación da violencia de xé-nero, manifestar o seu compromiso

coa erradicación de toda mostra ou manifestación de discriminación por razón de sexo e difundir a acción nas redes sociais ou por calquera outra canle que teña a súa disposición.Os colectivos poden confirmar a súa participación neste enlace: https://ennegrocontraasviolencias.gal/ad-hesion/colectivos. E as empresas neste outro: https://ennegrocontra-asviolencias.gal/adhesion/empre-sas.

O Concello súmase de novo á campaña ‘En negro contra as violencias’

Imaxe da campaña do ano pasado

O alcalde, Edmundo Maseda

A Deputación de Lugo apoia unha charla promovida pola Fe-deración de Asociacións de Ve-ciños de Lugo sobre violencia de xénero no medio rural.O título concreto é taller de igualdade e loita contra a vio-lencia de xénero no medio rural

de Lugo, deconstruíndo unha realidade.Váise impartir o sábado, 16 de novembro, ás 18 horas, na Casa da Cultura da Avenida Deputa-ción do Valadouro. Para saber máis detalles, pódese chamar ao 982 203 721.

Obradoiro contra a violencia de xénero no rural

O Concello do Valadouro dispuxo todo o necesario para que a partir do 1 de novembro todos os xoves haxa un autobus para ir á piscina municipal situada no Concello de Foz. Os veciños poderán coller dito au-tobús todos os xoves no parque Concepción Arenal a partir das 10.30 horas.O prezo é de 11,50 euros por per-soa e deberase pagar na propia piscina, xa que o autobús é gra-tuíto.As persoas interesadas en parti-cipar en dita actividade deberán inscribirse nas oficinas municipais en horario de 10 a 14 horas.

O Concello fleta un autobús para que os veciños vaian á piscina de Foz

Asistentes ao curso sobre xestión forestal

Page 29: nº 11 novembro 2019 Novembro tínguese de negroamariñaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/AMX_NOVEMBRO_201… · nº 11 novembro 2019 EXEMPLAR GRATUÍTO a pontenova. O PAI e o SAF

novembro 2019 29actualidade

alfoz

Alfoz dispón dun proxecto de recompilación de topónimos exemplar no que os cidadáns e calqueira interesado pode par-ticipar e aportar aos seus datos que serán contrastados por uns expertos e así enriquecer a docu-mentación relativa os nomes cos que se denomina historicamente a cada lugar da zona.En agosto engadiuse un exemplo do titorial da páxina coa inten-ción de facer máis simple e com-prensible o proceso na páxina de facebook dispoñible.O proxecto non está nin moi-to menos abandoado porque con frecuencia se insiren novos termos. Este mes engadiron un novo aporte, neste caso a car-go de Dani Cao, xa que sempre adoitan referenciar a quen parti-cipa na iniciativa. O colaborador engadiu algúns lugares da sua veciñanza en Adelán. Por iso os organizadores do perfil animan a todos a engadir as zonas que co-ñecen preto de onde viven para completar o mapa toponímico de Alfoz. Cao aportou o Cerrado da Escoura e Liñares. Coma acciden-tes terrestres, no monte Outeiro,

tamén se engadiu o nome Costa de Mourán.Despois das vacacións do verán, os responsables do perfil volveron estar activos e engadiron un apor-te de Ángel Vizoso que fixo un moi bo traballo recabando lugares non só do Castro senón tamén de Mor ou Lagoa, algúns dos cales o perfil permite ver en imaxes. Así se en-gadiron os nomes de Pousafoles e Seixalbo, no monte, e o regato de Rego da Seara.A web de topinimia local creada por un rapaz novo de Alfoz, David

Rivas, necesita toda a axuda po-sible para correxir os nomes erra-dos, engadir máis e así conservar un valor cultural tan importante como é a toponimia. A páxina comezou estar activa este ano e aínda que no futuro faranse al-gunhas publicacións para explicar o seu funcionamento dunha for-ma sinxela, o responsable quixo lembrar que poden escribir para consultar calquera dúbida sobre o proxecto, o funcionamento da páxina ou as distintas formas de colaboración.

Os alfocenses seguen traballando por completar un mapa toponímico

Ramón Geada Maseda, presiden-te da Asociación Veciñal de Mor, foi un dos responsables da crea-ción desta asociación que preten-de ser un vínculo de unión entre os veciños e ofrecer unha ampla actividade social e cultural.

Cales foron os motivos principais para crear esta nova entidade sen ánimo de lucro?Creamos a asociación a prin-cipios deste ano, e está inte-grada por veciños da propia parroquia, pero a maior parte das actividades que levamos a cabo están abertas a persoas de outras parroquias e localida-des, como pode ser o magosto que faremos. Os motivos que fundamentaron a creación da asociación foron varias. Mor é a parroquia con maior poboación do Concello e realizamos reu-nións cos veciños de idade máis avanzada onde todos coincidi-

mos na necesidade de organi-zarnos para poder levar a cabo actividades de interese social e comúns. Tras varias reunións acordouse crear unha directiva porque así o establecen os esta-tutos, pero todos temos a mes-ma importancia.

Unha vez feitos os estatutos e for-malizada a sociedade, cal foi o se-guinte paso dado pola directiva?Pois decidimos entre todos facer socios cunha pequena cota anual de 20 euros a cada persoa, a pare-lla ten dereito así mesmo a algún beneficio en moitas das nosas ac-tividades. Pode asociarse calquera persoa aínda que non sexan da propia parroquia de Mor. Na ac-tualidade estamos rondando os 100 socios aproximadamente.

Para asociarse a onde poden di-rixirse os interesados?Temos un correo electrónico

onde poden escribirnos e nós atenderémolos ao [email protected].

E a primeira actividade levada a cabo pola asociación cal foi?A primeira actividade que fixemos foron as festas parroquiais, tanto a de San Pedro que foi o 29 e 30, de xuño coma a Virxe do Carme que foi o pasado 16 de xullo. Teño que decir que todo saíu ben, e con nós todos os veciños portáronse de marabilla, axudáronnos moito e estamos moi agradecidos.

Excutaron algúnha actividade máis na asociación?Vimos de realizar unha viaxe á Costa da Morte, visitando Muros, Carnota, a Cascada do Ézaro e Cee no mesmo día.

A seguinte actividade programa-da, en que vai consistir?O 16 de novembro faremos un

magosto as 21.30 no pavillón de Alfoz, teremos un menú con empanada de atún, pastelón de xamón de York e queixo, chouri-zo pan e castañas. Para os socios será de balde, os acompañantes dos socios 3 euros e os non socios 5 euros. Os nenos ata 12 anos po-den vir gratis.

Teñen algún proxecto pensado para seguir facendo cousas?Pois si, unha das cousas que que-remos levar a cabo é organizar cursos e actividades para persoas maiores. Non só basearnos en cousas gastronómicas senón bus-car que a xente poda entreterse

e pasar o tempo de lecer na súa propia parroquia. Tamén intenta-remos traer charlas e coloquios de persoas de renome e que po-den aportar grandes experiencias e poñelas en común cos veciños.

Teñen pensado solicitar ou con-tar con axudas das diferentes ad-ministracións?Pois por exemplo para as festas contamos con axuda do Conce-llo, e tamén nos plantexamos participar en diferentes activi-dades e programas que levan a cabo polas parroquias outras institucións coma poden ser as da Deputación.

Membros do colectivo, na súa viaxe a Carnota

“O 16 de novembro faremos un magosto no pavillón de Alfoz”Ramón Geada Maseda, presidente da Asociación Veciñal de Mor

POSTAIS DE NADAL. A Biblioteca Municipal de Alfoz convoca un ano máis o seu tradicional Concurso de Postais de Nadal no que pode-rán participar todos os rapaces e rapazas matriculados nos centros educativos do concello (Ceip ou IES) que deberán presentar as súas postais con motivos relacionados co Nadal na Biblioteca Municipal ou en calquera dos centros educativos.A convocatoria establece tres ca-tegorías: infantil (de 3 a 5 anos), primaria (de 6 a 12) e secundaria (de 12 a 16). Haberá un premio por cada categoría de 50 euros e, ade-mais, as tres postais gañadoras se-rán reproducidas como felicitación do Concello. As bases completas do concurso poden consultarse na web d www.concellodealfoz.com.

CEA BAILE. O pavillón polide-portivo de Alfoz acollerá unha cea e un baile o vindeiro 23 de novembro, a partir das 21.30 ho-ras. O prezo para que os adultos

participen desta festa é de 22 euros por persoa. Os cativos ata catro anos poden ir de balde e os menores de 12 aboarán once euros. O menú estará composto por paella, costela asada, pos-tre, café e licores e estará servi-do polo cátering Chao da Brea. O último día para anotarse é o 20 de novembro.

TEATRO. O Concello ten progra-mada unha serie de funcións es-cénicas afeccionadas, no salón de actos da casa da cultura, ás 19 horas, ao longo de novembro grazas ao Teatro de Outono de Buxiganga. O 16 de novembro, a agrupación Torques de Burela representará a obra Cea de fami-lia. E xa o día 23, Ti e máis eu, teatro de Lugo subirá ás táboas para representar A meiga no pa-lleiro do galo castiñeiro.

ACTIVIDADES PREVISTAS

As colaboracións para o mapa toponímico fanse a través da web

Page 30: nº 11 novembro 2019 Novembro tínguese de negroamariñaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/AMX_NOVEMBRO_201… · nº 11 novembro 2019 EXEMPLAR GRATUÍTO a pontenova. O PAI e o SAF

actualidade30 novembro 2019

MAR

A portavoz de Pesca do Grupo Socia-lista, Patricia Otero, reclamoulle ao goberno galego que habilite unha liña de axudas para a instalación de mecanismos de eliminación do para-sito anisakis nos buques pesqueiros. Algúns deles, con base en Burela, xa os teñen. A responsable socialista presentou unha proposición non de Lei neste sentido na Comisión de Pesca, que foi rexeitada polo PP.Otero criticou a “incompetencia e desleixo” da Consellería para a im-plantación destes mecanismos, e lembrou a drástica redución da par-tida orzamentaria destinada a “in-vestimentos a bordo”. Esta partida, incluída no programa de Mellora da Calidade Produtiva Pesqueira, pasou de 1,3 millóns de euros en 2017 –dos que só executaron o 37 por cento- a apenas 100.000 euros en 2019.Reclamou ademais a posta en mar-cha de campañas de promoción para estas axudas, máxime cando o goberno galego argumenta que non se executan porque “non foron soli-citadas polo sector”. Criticou a “falla

de competencia absoluta por parte da Xunta para dar a coñecer estas medidas, que na súa maior parte proceden de fondos europeos.

BURELA. A parlamentaria socialista lembrou que dous buques galegos da flota do Gran Sol, con porto base en Burela, instalaron a finais de 2017 o primeiro equipo para suprimir o anisakis a bordo. Trátase dun dispo-sitivo desenvolto con financiamento do Fondo Europeo Marítimo da Pes-

ca xestionado polo goberno galego, que permite manipular as vísceras dos produtos a bordo.Este tipo de controis permiten li-mitar tanto a chegada a porto de produto co parasito como a súa pre-senza nas vísceras que son devoltas ao mar, pero resultan custosos, polo que é “necesario que por parte da Xunta de Galicia se creen liñas de axuda que permitan dotar de me-dios ás embarcacións para mellorar o proceso de evisceración a bordo”.

O PSOE demanda axudas para controlar o anisakis nos barcos

O anisakis está presente nalgúns peixes

A consellería do Mar vén de tra-mitar un proxecto de decreto polo que se regula o réxime de conser-vación e explotación dos recursos marisqueiros de Galicia co obxec-tivo de adaptar a regulación desta actividade á situación actual do sector e mellorar a eficiencia na resolución dos procedementos relacionados coa elaboración e desenvolvemento das actividades dos plans de xestión marisqueira. O texto desta nova norma esta-blece a gobernanza dos recursos marisqueiros mediante un novo concepto de plans de xestión con obxectivos -tanto biolóxicos como ecolóxicos e socioeconómicos- a tres anos.Este período de tres anos considé-rase axeitado para observar a evo-lución e os posibles cambios de tendencia nos recursos, polo que o decreto establece que nos próxi-mos anos se prorrogarán tanto o Plan Xeral de Explotación Maris-queira de 2019 como os plans de xestión para recursos específicos deste ano co obxectivo de que o

primeiro plan de xestión trianual de marisqueo de recursos xerais sexa o do período 2021-2023 e que o primeiro de recursos espe-cíficos sexa o dos anos 2022-2024.En canto ás habilitacións para ma-risqueo a pé e desde embarcación, ao igual que os plans, terán carác-ter trianual e prorrogaranse os actuais ata que comece a aplicar-se o primeiro plan trianual. Neste sentido, co obxectivo de favorecer a renovación do permiso ante si-tuacións que os profesionais non poden prever ou evitar, compu-taranse os períodos que a persoa estivo inactiva por causa debida-mente xustificada, non limitándo-se ás causas de forza maior.O texto aprobado polo Consello da Xunta tamén prevé a posibilidade de autorizar a actividade extracti-va en situacións extraordinarias e datas de celebración sinaladas, Se-mana Santa ou decembro, co que se podería permitir a extracción en sábados ou festivos sempre que esa posibilidade se recolla no plan de xestión correspondente.

Galicia regula o réxime de conservación e explotación dos recursos marisqueiros

A presidenta da Cruz Vermella en Galicia, María Carmen Colmeiro, asinou na Xunta un convenio de colaboración sobre salvamento no mar e loita contra a contaminación mariña ao que a Administración destina 30.000 euros para sufragar as actividades realizadas ao longo deste ano e que inclúen, entre ou-tros, exercicios prácticos de rescate e de busca de desaparecidos no mar. No acto de sinatura do convenio ta-mén estivo presente o subdirector xeral do Servizo de Gardacostas de Galicia, Lino Sexto, pois a colabora-ción entre as partes materialízase a través deste organismo autonómi-co e supón renovar unha coopera-ción no eido marítimo que xa suma máis dunha década. Esta medida enmárcase na aposta polo salvamento no mar e a loita contra a contaminación mariña co obxectivo de avanzar na segurida-de no eido marítimo-pesqueiro.

Por iso, os orzamentos do próximo ano inclúen unha partida de máis de seis millóns de euros para conti-nuar co plan de renovación parcial da frota do Servizo de Gardacostas, o que supón un aumento de máis do 50% en relación con este ano. Este plan de renovación parcial prevía a construción de catro pa-trulleiras lixeiras aptas para tarefas de inspección e vixilancia pesquei-ra, control e apoio á frota, colabo-ración en operacións de busca e salvamento marítimo e participa-ción en actividades de loita contra a contaminación así como dunha patrulleira de altura para substituír á Paio Gómez Chariño.A esta mellora dos medios maríti-mos súmase a dos medios terres-tres e a ampliación do cadro de persoal do Servizo de Gardacostas, que incorporou máis de 40 profe-sionais nos últimos anos para labo-res de inspección veterinaria e loita contra o furtivismo.

Cruz Vermella recibe fondos para tarefas de rescate no mar

As candidatas e candidatos do BNG ao Congreso e ao Senado recorreron as comarcas de Lugo expoñendo a axenda de país que levarán a Ma-drid. A cabeza de lista ao Congreso, Olalla Rodil, incidiu desde o porto de Celeiro, en Viveiro, na necesidade de “ter unha representación forte para situar na axenda do Estado os intereses do sector marítimo pes-queiro”.“Hai catro cuestións prioritarias para nos na provincia de Lugo, a crea-ción dunha autoridade portuaria propia para A Mariña que dote o porto de San Cibrao de autonomía, a liberalización e apertura ao tráfico comercial do dique norte de Morás,

o saneamento integral das rías e a defensa do sector pesqueiro diante, entre cousas, das incertezas que se están a xerar polo Brexit”, enumerou Rodil.En relación co sector pesqueiro, o programa eleitoral do BNG de cara aos comicios implica a participación directa de Galiza na reforma da Po-lítica Pesqueira Común (PPC) e a súa consideración como zona altamente dependente da pesca. Tamén abor-darán a negociación do reparto equitativo de cotas de pesca para a frota galega, que parta da capacida-de extractiva do sector, e a esixencia de que a pesca artesanal fique exen-ta de TAC´s e cotas.

O BNG defende unha autoridade portuaria propia para A Mariña

Concentración nacionalista con demandas para o sector

O Servizo de Protección de Cos-tas en Lugo informou aos intere-sados na explotación de servizos en praias da provincia de Lugo, como expendedores de comida e bebida, patíns, hamacas, som-brillas... que a documentación que deberá presentarse antes do 20 de decembro. A web do Con-cello de Foz, por exemplo, expón os requisitos para cumprimentar a instancia suscrita polo intere-sado acompañada do DNI ou CIF se se trata de empresas. Ten que constar na petición a zona ocu-par de zona de dominio público marítimo terrestre, indicando metros cadrados, presuposto e proxecto. Respecto das activida-des deportivas de carácter náu-tico, así como das que implican lanzamento e varada de embar-cacións, os solicitantes deben acreditar a inscrición da Fede-ración. Nestes casos só poderán autorizarse en tramos urbáns de praia.En caso de concurrencia de va-rias solicitudes para unha mes-ma zona, a Administración pode-rá iniciar un concurso.

Costas limita o prazo para pedir a instalación de postos nas praias

Page 31: nº 11 novembro 2019 Novembro tínguese de negroamariñaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/AMX_NOVEMBRO_201… · nº 11 novembro 2019 EXEMPLAR GRATUÍTO a pontenova. O PAI e o SAF

novembro 2019actualidade 31

DEPUTACIÓN

A Deputación aprobou abrir o pro-cedemento para a contratación do servizo de teleasistencia do-miciliaria que ofrece de maneira gratuíta a veciños e veciñas dos 67 concellos da provincia. Segun-do explicou a voceira socialista do Goberno, Pilar García Porto, con este novo contrato, que supón un investimento de 750.000 euros e ten unha duración de dous anos –ata o 2021-, aumentan nun 13% o número de prazas ofertadas, ata chegar ás 1.795.Deste xeito, ás 1.555 prazas para persoas usuarias directas (xa con-templadas no anterior contrato, de 2013) engádense agora outras 180 prazas, dirixidas a persoas que, convivindo co titular do servizo, reúnen tamén os requisitos para ser beneficiarias, e que disporán dunha unidade de control remoto adicional para o seu uso exclusivo, e outras 60 persoas beneficiarias indirectas, aquelas que convivindo coa persoa usuaria e necesitando das prestacións e atencións que este proporciona, carece de capa-cidade física, psíquica ou sensorial

para poder utilizar por si mesma esta atención. Esta persoa usua-ria indirecta non ten unidade de control remoto e debe ser dada de baixa ao mesmo tempo que a titular, salvo que pase a depender doutra persoa usuaria titular coa que tamén conviva.A maiores, este novo prego con-templa outras melloras, como son a achega de 60 terminais a maio-res, de ata 48 dispositivos periféri-cos e 48 terminais móbiles.

Aumentan un 13% as prazas da teleasistencia domiciliaria luguesa

A Deputación vén de activar unha nova aplicación para dispositivos móbiles con información turística de preto de 2.500 puntos de interese dos 67 concellos lucenses, unha fe-rramenta coa que a institución busca atraer máis visitantes e mellorar a súa experiencia na provincia.Esta App foi presentada na primeira sesión do Consello Provincial de Tu-rismo que se celebra neste mandato, no que precisamente se reafirmou a idoneidade de apostar polas inno-vacións tecnolóxicas para mellorar a difusión e acceso á oferta turística. A App funciona a través da platafor-ma INVENTRIP, onde os usuarios po-derán escoller un itinerario por cada un dos 67 concellos, un xenérico por cada un dos xeodestinos e unha se-rie de viaxes temáticas. Os usuarios poderán descargala a través dos sis-temas operativos en Android e IOS, ou ben, acceder aos contidos a tra-vés da seguinte páxina web: https://inventrip.com/deputaciondelugo/.Recolle preto de 2.500 puntos de

interese que van dende elementos patrimoniais, paisaxes ata plans para aproveitar dunha forma máis efi-ciente a visita, por iso a aplicación es-tará nunha renovación permanente en colaboración cos concellos, para achegar a información da maneira máis actualizada posible.Ademais, nesta sesión aprobáronse as bases do novo premio Lugo Cam-bia, que incluirá dúas modalidades, unha propia de turismo e outra da gastronomía lucense.

A Deputación activa unha App con información turística

A Deputación de Lugo reclamará me-didas urxentes para garantir o futuro de Alcoa en San Cibrao e da central térmica de Endesa nas Pontes. Así o acordou o Pleno, no que destacou a unanimidade de todos os grupos po-líticos para sacar adiante cuestións de calado para a provincia. Deste xei-to, aprobouse ademais, co consenso de PSdeG, BNG e PP, a reclamación dunha Autoridade Portuaria propia para o porto de San Cibrao, impulsa-da polo Grupo Provincial Socialista, así como a esixencia de melloras nas dotacións de persoal e horarios para as ambulancias de Foz e de Monfor-te. Á sesión plenaria acudiron repre-sentantes municipais dos concellos afectados pola problemática indus-trial.Respecto do futuro da planta de alu-minio que Alcoa ten en San Cibrao e do da central térmica de Endesa nas Pontes, a Corporación da Deputa-ción votou a favor de reclamar me-didas de carácter urxente á Xunta de Galicia e ao Goberno do Estado para garantir a súa viabilidade. O acordo unánime chegou logo da proposta do Goberno que defendeu a Depu-tada María Loureiro. A socialista re-calcou a importancia das dúas com-pañías para o futuro económico da

provincia e lembrou que o Executivo tivo que levar esta proposta ao Pleno porque o Partido Popular non quixo na anterior sesión incluír nunha mo-ción a responsabilidade da Xunta na política industrial, cando o Estatuto de Autonomía, no seu artigo 30, lle confire as competencias neste eido.A Corporación acordou tamén unha declaración institucional contra a Violencia Machista. Todos os grupos acordaron un texto elaborado con motivo da conmemoración do Día Internacional da Eliminación da Vio-lencia contra a Muller, que terá lugar o 25 de novembro.

O PP conseguiu sacar adiante as súas propostas para frear o posible empeoramento dos servizos ferro-viarios de viaxeiros entre Lugo e Bar-celona, así como para a construción dun novo pavillón polideportivo na capital. Quedou claro, no debate dunha moción presentada polo Blo-que, que o desdobramento do corre-dor Nadela-Monforte está a punto de ser licitado e, polo tanto, de que comecen as obras.O Grupo Popular presentou presen-tou tamén rogos para o amaño de estradas como a LU-P 4404 de Rioca-bo-Aldurfe-As Rodrigas, do quilóme-tro 11,5 ao 18, en Riotorto.

O Pleno pide medidas urxentes para o futuro de Alcoa e As Pontes

Tomé, Porto e Rivera, de camiño ao Pleno

O deputado de Promoción Econó-mica e Social, Pablo Rivera Capón, asistiu a un programa de especia-lización en financiamento comu-nitario que se celebrou en Bruxe-las no marco da Semana Europea das Rexións e das Cidades. A par-ticipación neste foro, ao que Rive-ra acudiu acompañado do xefe da sección provincial de Innovación e Participación Cidadá, responde á vontade do Goberno de preparar-se para concorrer a novos fondos europeos, unha liña de acción que marcou o presidente, José Tomé, na súa toma de posesión co fin de que a Deputación puidese dispo-ñer de máis recursos económicos da Unión Europea que axuden a aproveitar e desenvolver as po-tencialidades da provincia, e, con elo, a crear riqueza e emprego, e fixar poboación.Este evento brindou a responsa-

bles das administracións rexio-nais e locais, expertos e repre-sentantes do mundo académico, a posibilidade de poñer en co-mún boas prácticas e coñece-mentos especializados en mate-ria de desenvolvemento rexional e urbano. O principal obxectivo da Deputación de Lugo, tal e como explicou Rivera Capón, é “atopar solucións e financiamen-to que axuden a combater a san-gría demográfica”.Organizado polo Comité Europeo das Rexións e a Dirección Xeral de Política Rexional e Urbana da Comisión Europea (DG REGIO), este evento celébrase cada ano en Bruxelas. Nesta edición reuní-ronse máis de 6.000 asistentes e 600 relatores. O programa incluiu máis de 150 actos relacionados coas políticas rexionais e locais europeas.

O goberno provincial dí que a entidade concorrerá a fondos europeos de desenvolvemento

A Deputación de Lugo abriu o prazo de solicitudes para as máis de 1.350 prazas de Lugo Termal. O programa de termalismo desenvolverase este ano en tres establecementos parti-cipantes, o Balneario e Termas de Lugo, o Hotel Balneario Río Pambre de Palas de Rei e o Hotel Balneario de Augas Santas de Pantón e está dirixido aos maiores de 55 anos que estean empadroados na provin-cia. A solicitude poderá realizarse tamén a través da páxina web da Deputación de Lugo, www.deputa-cionlugo.gal.Lugo Termal, co que dende hai xa oito anos a Deputación provincial fa-vorece o benestar social e impulsa o turismo, ofrece 1.350 prazas (1.113 con estancia e 238 sen estancia) con descontos de máis de 60 euros para recibir terapias mineromedicinais, ata xuño do 2020. Realizarase aos usuarios e usuarias un control médi-co, recoñecemento previo a aplica-ción das técnicas termais, así como seguemento e un informe médico final a petición do usuario

Abre o prazo para Lugo Termal

Asistindo a unha muller

Page 32: nº 11 novembro 2019 Novembro tínguese de negroamariñaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/AMX_NOVEMBRO_201… · nº 11 novembro 2019 EXEMPLAR GRATUÍTO a pontenova. O PAI e o SAF

actualidade32 novembro 2019

DEPORTES

O Concello de Ribadeo home-naxeou no transcurso da VI Gala do Deporte a preto de 300 depor-tistas locais de 14 modalidades polos éxitos conseguidos ao longo dos últimos meses. Ao acto asis-tiron o alcalde, Fernando Suárez, o concelleiro de Deportes, Jorge Díaz, a concelleira de Igualdade, Mariluz Álvarez, a concelleira de Cultura, Pilar Otero, e o concelleiro

de Turismo, Pablo Vizoso. O Concello fixo entrega de esta-tuíñas aos deportistas que des-tacaron nas súas modalidades deportivas en equipo ou de xeito individual. As disciplinas foron ximnasia rítmica, tiro, tenis de mesa, surf, rugby, remo, piragüis-mo, hockei liña, fútbol sala, fút-bol, bolos, billarda, baloncesto e atletismo.

Ribadeo homenaxeou a 300 xogadores na gala do deporte

A Camovi, a carreira de monte de Viveiro, será o 26 de abril do 2020, e será polo seu percorrido circular.Esta carreira é a única carreira na que prácticamente en todo mo-mento pódese observar o mar.A organización anuncia que este ano vai ser unha edición moi es-pecial cargada de novidades.Foi unha carreira pioneira na pro-vincia de Lugo, nunha época na que o trail running era un deporte minoritario e cuxos adeptos esta-ban máis encasillados como tribu que como deportistas.Nas súas primeiras edicións a Camovi compoñíase de dúas ca-rreiras de 40 e 15 kms, pero ante

a gran aceptación que tivo entre os corredores de montaña de Ga-licia, Asturias e León, no ano 2015 decidiuse modificar a carreira nai de 40 kms para convertela en dis-tancia maratón de 42 kms de puro monte galego.

A Camovi de Viveiro xa ten data para o 2020, 26 de abril

O Concello de Viveiro converti-rase entre os días 15 e 17 deste mes na capital galega do motor coa celebración da primeira edi-ción do Rally da Mariña Lucense.A proba, dentro do Campiona-to Galego de Rallys, percorrerá diferentes concellos da Mariña Lucense, pero Viveiro será un dos seus epicentros. No peirao darase a saída, a chegada, en-tregaranse os trofeos e estará o parque técnico para os automó-biles, que poderá visitarse des-de o venres. Por outra parte, no aparcadoiro da Praia dos Castelos de Covas

faranse as verificacións dos vehí-culos participantes, co obxectivo de que a proba esté repartida por todo o concello.

A carreira, que levará por pri-meira vez á comarca unha com-petición do Campionato Galego de Rally, reunirá na súa estrea 72 pilotos entre os que destacan Iago Caamaño, Alberto Meira ou o lucense Adrián Díaz.A competición desenvolverase o sábado a partir das 8:00 horas, con tres treitos cronometrados polos concellos do Vicedo, Xove e Cervo polos que realizarán tres pasadas ao longo da xornada.A entrega de premios será ás 00:00 horas do domingo no par-que pechado de Viveiro.

O primeiro Rally da Mariña terá tramos en catro concellos

Deportistas de toda a Mariña reuní-ronse para presentar a nova campa-ña Xogade 2019/2020 que abriu xa a competición.Sobre piragüismo, falouse da posi-bilidade de recuperar algún galego máis de Deporte Escolar, ademais do Campo a Través. Acordouse seguir co mesmo protocolo para o seguro. Fa-louse tamén do deporte de orienta-ción. E, vistas as datas establecidas, os equipos que disputen o Campio-nato Provincial de Fútbol Sala non participarán na Copa Local. Ademáis clasificarán máis entidades para o Provincial. Acordouse a posibilidade de disputar unhas xornadas de bas-ket provincial así como de fútbol sala cadete xunto coa asociación da Terra Chá e o bádminton terá lugar en 2 xornadas de domingo tarde.En canto á confirmación definitiva

de equipos, no fútbol sala benxamín, no grupo A do campionato provincial estarán o Santiago de Foz B, Santiago de Foz A, Burela A, ACD Xove e Ba-rreiros A. E cun único grupo todos contra todos na ida e volta.No fútbol sala benxamín, grupo B zonal, figuran o Barreiros B, o Burela B, Ribadeo, Celeiro, Lourenzá e Río Ouro. E tamén un grupo único de to-dos contra todos para a final.No grupo A do campionato provin-cial alevín, xogarán o Santiago de Foz, Burela A, Celeiro A, Ribadeo A e Lourenzá A. A proposta de competi-ción definitiva será dun grupo único, todos contra todos, con ida e volta.En alevín grupo B zonal, o praias de Barreiros, Burela B, Ribadeo B, Celei-ro B e Lourenzá B enfrontándose a un grupo único.No fútbol sala infantil, grupo único

provincial, xogarán o ACD Xove, P. Barreiros, Ribadeo, Celeiro e Louren-zá.O fútbol sala cadete, grupo único provincial, contará co Praias de Ba-rreiros, Ribadeo, Lourenzá e Xove FS.Dispuxeron tamén os equipos que xogarán en masculino e mixto benxamín de baloncesto, cuxos par-tidos serán os venres. Tamén os alevín xogarán ao balon-cesto os venres cunha liga regular de ida e volta.Contémplase tamén o baloncesto in-fantil, en alevín mixto feminino.E polo que respecta á numeración de equipos nas distintas disciplinas, son as seguintes, Atletismo (13) , Campo a Través (15), Xadrez (6), T. Mesa (7), Patinaxe (7), Bádminton (3), Nata-ción e Volei (1) e Duatlon/Triatlon e Ximnasia Rítmica (2).

O deporte base encarrila a liga

Campión de Europa de Futsal Sub19. No Concello de Burela tivo lugar unha recepción a Nito Valle, pola súa proclamación como campión de Europa coa selección española sub 19 de fútbol sala.

O Concello de Ribadeo ofreceu unha recepción a Iván Lindín Rodil pola medalla de ouro con-seguida en R1 e pola medalla de prata en R3 acadada no Campio-nato de España de Tiro Olímpi-co, que se celebrou en La Rioja. O alcalde, Fernando Suárez, e o concelleiro de Deportes, Jorge Díaz, destacaron os éxitos conse-guidos nos últimos anos por este deportista ribadense, ao que lle entregaron unha reprodución da fachada da Casa do Concello.

O ribadense Iván Lindín gañou unha medalla en Tiro Olímpico

Os xogadores homenaxeados, no pavillón municipal

O deportista foi recibido no Concello de Ribadeo

Page 33: nº 11 novembro 2019 Novembro tínguese de negroamariñaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/AMX_NOVEMBRO_201… · nº 11 novembro 2019 EXEMPLAR GRATUÍTO a pontenova. O PAI e o SAF

novembro 2019actualidade 33

CEA BAILE MONDOÑEDO FC. O Mondoñedo Fútbol Club organi-za unha cea baile que terá lugar o 23 de novembro ás 22.30 ho-ras, no Casino mindoniense. Para poder asistir é necesario reser-var nos locais O Rincón de Mon-doñedo, cafetería Segundo e O Palique, onde pódense mercar as entradas para asistir a un ban-quete no que haberá sorteos. O menú da cea consistirá en empa-nada, paella, carrilleiras, sobre-mesa, café e chupito. O prezo da cea por comensal é de 25 euros e a música para o baile apórtana Eventec Discomóvil.

Un acto contra a violencia de xéne-ro abriu a cuarta xornada da Liga Nacional da Billarda, LNB, no pavi-llón de San Miguel. A cita foi moi aberta e disputada, con sesenta e nove participantes.Aínda que toda a xornada estivo moi emocionante polo incerto dos resultados, os organizadores subli-ñan tres pinceladas, a impecable ac-tuación da tricampiona Geni; Rubén, de Chaínzos-Cadaval, que obtivo vin-tecatro puntos e o Yul Brynner dos Carabullo. Charli non quixo repetir o fiasco da derradeira xornada, que rematou como campión facéndose coa xornada cun pleno de vintecinco

puntos que o sitúa no décimo cuarto posto da xeral.Nun desempate para o segundo e terceiro posto do podio entre Geni e Rubén, foi a ribadense quen se fixo co segundo posto.No tocante a equipos, os Billardei-ros Musicais prolongan a sinfonía coa que comenzaron na derradeira xornada e voltaron mandar por riba de Carabullo e de Chaínzos–Cadaval co que se aúpan ao mando da táboa de clasificacións.Boa xornada para as donas des-tacando ademais da xa mentada Geni, Chinita (Troitas Bravas) e Lucía (Remourelle Bulls).

Os billardeiros protestaron contra a violencia de xénero

A directiva do CD Alfoz segue tra-ballando durante a tempada para coidar ao equipo e a afección cun-ha serie de novidades. Entre elas atópase o intercambio de cromos entre os xogadores onde eles son os protagonistas, unha cea e a lote-ría de Nadal.“A clave do éxito dun equipo parte da cohesión entre os seus membros. No clube temos a sor-te de convivir cun grupo de xoga-dores cunha calidade humana e implicación inmellorable. Isto fai que a directiva se sinta na obri-ga de estar ao nivel da xente coa que conta, polo que decidimos elaborar uns cromos nos que os propios xogadores son os prota-gonistas” din.Pouco a pouco irán obtendo so-bres con 5 cromos e ao final da tempada, mediante o intercam-bio cos seus compañeiros, cada

un poderá contar con todo o Equipo 2019/2020.O club celebrará unha cea o sába-do 7 de decembro no pavillón de Alfoz con descontos para as aso-ciados. A directiva está conster-nada debido á lesión de Ayoub. Por outra, están moi contentos dos resultados que se están aca-dando na clasificación e bo am-biente que se respira dentro do vestiario local.O sábado 7 de decembro, ás 22 horas, e coas portas abertas den-de ás 21, no pavillón degustarase unha cea de Nadal cun menú de empanada de bonito, empanada de liscos, callos, bandexa de pos-tres, café, auga e viño. Os socios pagarán 10 euros e os que non o sexan, 15. O dúo Kalima actuará e a data límite para apuntarse é o 4 de decembro. Pódese chamar ao teléfono 653 938 645.

Deseñan cromos cos futbolistas do Alfoz

Campión de España sub14 de surfing. O Concello de Riba-deo ofreceu unha recepción a Martín Fernández en recoñecemento por terse proclamado campión de España sub-14 de surfing coa se-lección galega.

A Escola de Ximnasia Porta Norte de Burela vén de competir en Pam-plona no Campionato de España de Conxuntos Base acadando a praza número 53 dun total de 107 conxun-tos participantes cunha nota de 8,450. Na Copa de España Individual Base destacou a vicedense Mara Pi-gueiras, que obtivo un 6,650 e com-petiu na categoría infantil con cinta.A escola de ximnasia Porta Norte conta con socias en Ribadeo, Burela e Viveiro, onde se realizan entrenos dous ou tres días á semana co obxec-tivo de preparar ás deportistas para a competición. Seguen competindo e colleitando éxitos no palmarés.

De feito, cabe lembrar que en 2011 quedaron no terceiro posto a nivel Galicia no conxunto infantil do nivel de promoción. En 2012, o conxun-to sénior de nivel escolar quedou campión galego, o prebenxamín de promoción foi subcampión galego e Ana Rico, a ximnasta infantil de pro-moción subcampioa galega.No 2013, o conxunto infantil escolar quedou en terceiro posto do Galego, o conxunto cadete deste mesmo nivel resultou subcampión galego, o conxunto infantil de promoción quedou terceiro clasificado galego e Ayelén García, ximnasta cadete de promoción, foi campioa galega.

As ximnastas de Porta Norte seguen acadando notoriedade

Os organizadores do Xove Costa Trail xa teñen posto o marcador para a conta atrás que os achegue á cita deportiva, para a que apenas faltan cinco meses e será o 22 de marzo. Trátase de desfrutar dun dos trails costeiros máis espectacu-lares de Galicia.Tentarán pasar esta segunda edi-ción da carreira pola praia de Es-teiro, xa que a organización está inmersa no percorrido dos lugares polos que vai pasar.Son uns 25 quilómetros polos que pasaron 430 atletas nunha cita impulsada por Roq Sport e a ACD Xove, e patrocinada polo Concello, para conxugar deporte e natureza e promocionar a senda costeira do Camiño Natural do Cantábrico.

Xove comeza a anunciar o trail do próximo ano

As ximnastas do Porta Norte estiveron en Pamplona recentemente

Page 34: nº 11 novembro 2019 Novembro tínguese de negroamariñaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/AMX_NOVEMBRO_201… · nº 11 novembro 2019 EXEMPLAR GRATUÍTO a pontenova. O PAI e o SAF

34 novembro 2019 opinión

COLABORACIÓNS

Estimado lector, abor-damos neste mes de novembro un tema to-talmente apaixonante e estratéxico na cadea de

valor do márketing de servizos, e especialmente do márketing tu-rístico: a personalización do ser-vizo e a atención ao detalle…Cada vez en máis medida, os negocios turísticos esfórzanse por deseñar produtos e servizos personalizados para ofrecer aos seus clientes. Por outra banda, os turistas prefiren e esperan ob-ter unha atención personalizada, non só cando xa comezaron a gozar das súas vacacións, senón tamén nunha fase anterior e por suposto, posterior.A experiencia da personalización prodúcese a través de todas as canles e en todas as fases da via-xe. O turista quere sentirse único e especial e sentir a viaxe como algo propio. Gustaríache chegar a un hotel e atoparche unha notita de benvida co teu nome e foto na habitación e/ou a túa canción favorita soan-do de fondo? Ou mellor aínda, que nada máis chegar ao hall para facer o check in alguén do sta-

ff dirixísese a tí polo teu nome? Isto é a era da personalización; xa non serve tratar a todos os clien-tes coma se nadasen na mesma acuario, necesitamos tratarlles de forma única e personalizada. Máis aínda no sector do turismo rural, na Mariña Lucense, en que temos unha gran oportunidade neste sentido.Os clientes queren sentirse espe-ciais. Para facer unha boa acción de personalización hai que pescu-dar cales son as preferencias dos clientes, como reservan (canle di-recta, app, OTA, etc), cal é a razón ou motivación da súa viaxe, que lles gusta, cales son os seus inte-reses e necesidades, etc. e imos facer uso desta información para conseguir que teñan unha estan-cia súper personalizada. A algúns hostaleiros pode pare-cerlles “pouco rendible” investir moito no Guest Experience ou unha figura que o lidere, como un GEM (Guest Experience Ma-nager). A realidade é que si o é, e moito. Todo o que invistamos en crear experiencias personalizadas e únicas para os nosos clientes nun hotel, seranos recompensado con fartura: popularidade, satis-facción de cliente, novos clientes grazas ao boca-a-boca ou a com-partición en RRSS, e fidelización. A idea é que a experiencia dos clien-tes sexa o máis impresionante e

personalizada posible, ademais de ter a un “GEM” centrado en que isto sexa así.Que aspectos inflúen en ter un bo Guest Experience?Unha boa experiencia durante o check-in & check-out, con algún detalle. Detalles relacionados coas redes sociais e a facilida-de de compartir a experiencia. Debemos presentar un produto top: habitacións de ilusión, co-mida deliciosa, agasallos como unha cesta de froita ou doces á chegada… Un servizo ao cliente de 10, co que se poida solucionar calquera problema facilmente. Room service na habitación. Per-sonalización de calquera expe-riencia e servizo.Ofrecer un servizo 360º que vaia máis aló do simple aloxamento; o cliente busca un asesoramento global, hai que transcender e ir

un paso máis aló como hostalei-ros para ofrecer ese servizo inte-gral (planificar roteiros, tramitar reservas en restaurantes, facilitar compra de entradas ou visitas a monumentos ou lugares de inte-rese, habilitar entradas a recintos ou eventos determinados, ofrecer e promocionar sempre produto local e/ou visitas a produtores/fa-bricantes/adegas, etc…)Pero non esquezamos o máis im-portante: o nome do cliente! Di-rixirche aos teus clientes polo seu nome propio é a melodía máis doce que os seus oídos poden es-coitar, e a mellor forma de con-quistalo! Para ofrecer un Guest Experience excelente e de calidade, debemos coñecer ao hóspede á perfección, ofertar os nosos servizos da mellor maneira posible e cumprir coas ex-pectativas que creamos. Ademais,

o máis efectivo será empezar a comunicación co hóspede canto antes, axudarlle e facerlle sentir de marabilla durante a estancia, e continuar a relación unha vez foi-se, mantendo unha adecuada re-lación post-venda e por que non, unha continuidade regular no con-tacto, en aras a fidelizalo como cliente #cativo. Atopamos por fortuna excelentes exemplos de estratexias de per-sonalización en establecementos hostaleiros, e resto de tecido em-presarial turístico, da Mariña Lu-cense, que obviamente tiveron a súa tradución en recoñecementos por parte do sector e por suposto tamén en comentarios positivos por parte dos seus hóspedes: por mencionar só algúns: impecable o labor de Casarón de Labrada con Susana á fronte ou Antón en casa do Batán, ou un humilde servidor á fronte de As Casas do Retra-tista. Mención aparte e destacada me-recen neste ámbito da persona-lización do servizo e a cultura da atención ao detalle e a creación de experiencias únicas e memo-rables, os dous grandes Selos de Calidade e referentes absolutos no sector hostaleiro de aloxamentos con encanto: Rusticae e Ruralka, paraugas imprescindibles para conformar unha oferta turística experiencial de calidade.

Personaliza a experiencia turística?! Non hai máis!!

Juan Carlos GacalExperto en Xestión de Marketing e Comunicación Turística

FALEMOS DE TURISMO

Quizais cando pensa-mos en violencia de xénero pensamos só nos crimes machis-tas que aparecen nas

noticias. Hai outros tipos de vio-lencia. Pequenos comportamen-tos cotiás que deberían facernos reflexionar sobre o necesario que é educar para deter esta lacra. Estou segura que moitas de nós vivimos nalgún momento das no-sas vidas cousas parecidas ás que seguen.Naquela festa estaba o rapaz ao que miraba de reollo polos co-rredores do instituto. Falaron, se riron e comezaron a bicarse. Non

se lembra que foi o que fixo que se sentise incómoda pero está segu-ra que lle pediu que parase. Non o fixo. Ao día seguinte cando llo contou as súas amigas algunhas pensaban que o rapaz pasárase da raia porque non parou cando ela llo dixo; outras dicían que si se bicaba con el xa sabía o que viña despois, e non a magoara nin lle rompera a roupa, así que o seu “non” seguramente non fora tan tallante como recordaba.Estaba na cafetería da faculta-de partillando cuns compañeiros e decidiron subir a foto ás redes sociais. Cando chegou ao piso no que vivía, o seu mozo estaba espe-rándoa. Enfadado e entre berros preguntoulle con cal daqueles ra-paces se quería deitar “só estaba-mos falando” dicía ela. Insultouna e foise. A súa compañeira de piso

saíu a consolala e lle dixo que iso era que tiña medo de perdela e que non debía tomalo a mal. Camiñaba tranquila pola rúa can-do alguén lle berrou algo sobre os seus peitos. Con vergoña cruzou o abrigo e apurou o paso. Cando o contou ao chegar ao traballo unha das súas compañeiras díxo-lle “muller, se non queres que che digan nada non te vistas así”.Estando pola noite nun bar to-cáronlle o cu, virouse enfadada e respondeu de malas formas. Na barra había dous tipos sorrindo “vaia xeito de falar para unha señorita” dixeron. A súa amiga riuse, e lle dixo “aproveita, dentro de 10 anos ninguén cho vai querer tocar”Unha noite, indo cara a súa casa, un coche pasou ao seu carón, moi a modiño, “ola guapa” lle dixeron,

viu que había tres rapaces no ve-hículo, non contestou e seguiu ca-miñando. O coche deu a volta e se parou ao final da rúa. Ela púxose nerviosa e botou a correr ata que entrou nun bar e chamou a súa nai para que a viñera a buscar, “¿pero como se che ocorre vir camiñando soa a estas horas?” lle dixo.Nun momento determinado da

súa vida gravou un vídeo ínti-mo coa que era a súa parella do momento. A relación rematou e el ameazouna con publicalo por redes sociais, “¿pero como se che ocorre facer iso?” díxolle unha amiga á que llo comentou.Moitas mulleres teñen medo can-do voltan soas á casa, cruzan a beirarrúa se escoitan pasos tras elas, algunhas levan o móbil co 112 marcado ou inventan conver-sacións, outras levan as chaves na man para poder defenderse. Nos bolsos doutras podemos atopar chifres ou sprays de pementa... vivimos nunha sociedade que nos obriga a protexernos a través do medo e da culpa. O 25 de Novembro é o Día Inter-nacional contra a Violencia de Xé-nero. Ogallá chegue o día que non teñamos que ter medo.

Lara Real LemaPsies Psicoloxía

MedoMARABILLOSA-MENTE

Page 35: nº 11 novembro 2019 Novembro tínguese de negroamariñaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/AMX_NOVEMBRO_201… · nº 11 novembro 2019 EXEMPLAR GRATUÍTO a pontenova. O PAI e o SAF

novembro 2019 35opinión

Ap r ox i m a d a m e n t e sete segundos mais tarde de que alguén me pregunte a que me adico, sempre

cae outro interrogante. Senón di-recto, algo como “Xa, mentras que non opositas está ben”. Dando por feito algo que eu, ata o momento, nunca me plantexei para o futuro. Cabe afirmar que é ben certo eso de: nunca digas nunca, porque ata a temporada pasada, perxurei en arameo que non ía poñer endexa-mais mallas de ciclista, e a miña páxina de Instagram (@ciencias-candil) da boa conta do contra-rio. Que se note ben o spam. Pero imos ao carozo.Plenamente consciente de que de-trás desa misiva, probablemente non se agochen malas intencións por parte do emisor. A miña profe-sión é moi fermosa, palabra. Pero é moi fermosa para min, non o sei para ti. Eu son das que pensan que debemos facer todo o posible por ser felices no noso traballo, por traballar con amor para conseguir

cousas fermosas. O mundo está cheo de persoas que odian o seu traballo, que están desencanta-das con el e eso é motivo de frus-tración e desencanto. Lía o outro día na biografía do actor Miguel Herrán un adaxio que non pode representarme mais: “ Vivo para rodar (en moto). Ruedo (películas) para vivir.” Levado ao meu terreo sería algo así como Vivo para aprender. Ensino para vivir. Incontables os motivos polos que atopo apaixoante o feito de ser profesora particular. Estou moi preto de cada unha das miñas alumnas, teño a oportunidade de tratar diariamente con decenas de rapaces cheos de inquedanzas. E son capaz de acougar moitas delas, eso é o que me reconforta. O que leva máis de tres anos fa-céndome feliz. Cada alumno é un mundo, acoden a min alumnas e alumnos excepcionais, que veñen para lograr exprimir todo o seu potencial, con dúbidas moi avan-zadas para a súa idade. Son eu a que conteño o sorriso por vela paixón que senten polas ciencias en cada pregunta. Con sede de máis. Persoas ás que cincuenta minutos de clase no instituto lles saben a pouco, que van a polo

sublime. Coas que é moi doado traballar, porque adican parte das súas tardes a perfeccionar as asig-naturas ás que lles queren adicar a vida.Tamén acoden a min outros aos que lles custa unha miguiña mais, que precisan dun empurrón. Aos que é moi gratificante acompa-ñar nos aprobados, e mesmo nas recuperacións. Porque cada apro-bado é unha victoria. Non son das mestras que lles dan todo masti-gado, xeneralizar aquí, como en todas partes, é moi feo. Invítoos a darlle á cabeciña, a ser teimudos e conseguir de por sí as respostas que andan buscando. Ensínolles a planificar o estudo, a levar as cou-

sas ao día.E por suposto, tamén os hai que veñen obrigados. Onde o mérito consiste en tratar de transmitir-lles unha miguiña de paixón polo que fago, tratar de facer o tran-ce levadeiro e lidiar coas ciencias dun xeito sano. Como ben dicía unha profe do meu colexio. “ Non todos imos a seguir o mesmo ca-miño” Tamén precisamos de xente de letras e de artes, para facer o mundo mais humano. Xente á que lle contemos que vimos Series de Fourier e nos pregunte se en Net-flix ou en HBO.Trato con familias que me con-fían unha parte da educación dos seus fillos e das súas fillas. Non só

de maneira académica, porque acabo formando parte de moitas delas. Fai unha semana caíanme as bágoas falando cunha antiga alumna xa universitaria, futura en-fermeira por vocación, pedíame se podía acudir a algunha clase para lembrar o ben que se sentía cada vez que entraba na Academia. Coido que é o mais fermoso que podía escoitar. En moitas ocasións acoden a min con dúbidas que nada teñen que ver coas Matemá-ticas, pero que os preocupan. Ven en min unha figura maior que está preto delas en momentos convul-sos. Na transición á idade adulta, alguén a quen recorrer para cou-sas serias e outras que non o son tanto. Creo no poder sanador dun sorriso. Intermediaria entre nais e fillos. Porque carezo dun soldo fixo, porque me embarquei nun proxecto sen ningunha garantía de que fose a funcionar, pero que funciona e me fai moi feliz. Gra-ciñas infinitas a todas as mestras que senten que remamos na mes-ma dirección e a todas aquelas fa-milias que me converteron nunha mais ata invitarme ás patronais, porque que hai mais gratificante para unha galega?

Noelia Castro Yáñez

Vivo para aprenderSENTIDIÑO, POUCO PERO QUE DURE

Este 14 de Novembro celébrase o Día Mun-dial da Diabetes, unha campaña que naceu coa idea de aumentar a con-

cienciación desta enfermidade na poboación. Trátase dunha enfer-midade crónica que afecta aproxi-madamente ao 4% da poboación.A Diabetes Mellitus é unha en-fermidade na que se atopan au-mentados os niveis de azucre en sangue. A hormona encargada de regular a glucemia en sangue é a insulina. A Diabetes Mellitus oco-rre cando o páncreas non é capaz de segregar a insulina ou ben o noso corpo crea unha resistencia a ela.É unha enfermidade silente, que de inicio apenas da síntomas que afecten ao noso día a día. A me-dida que evoluciona a enfermida-de aparecen danos crónicos. Uns deses danos é o pé diabético do

que este mes imos a falar.Entón... Qué relación ten a Diabe-tes Mellitus cos pés?Unha das consecuencias de man-ter unha glucemia elevada ou des-controlada é a alteración no fun-cionamento do sistema vascular e do sistema nervioso periférico. A nivel podolóxico estamos falando dunha disminución do rego san-guíneo, aumento da sequedade e fraxilidade da pel, unha disminu-ción da percepción de estímulos (como a dor, a temperatura, o tacto, a vibración...) e unha alte-ración na pisada.Polo tanto, as persoas que sofren Diabetes Mellitus considéranse pacientes con pé de risco, xa que son máis susceptibles de padecer lesións nos pés. Ao ter disminuída a sensibilidade teñen máis proba-bilidades de ter feridas nos pés. Se isto o xuntamos a unha dismi-nución do rego sanguíneo, éstas féridas tardan moito máis en cica-trizar, chegando en moitos casos a non facelo nunca. Cando isto ocorre estamos a falar do Pé Diabético.

O paciente diabético é maís sus-ceptible á infección, xa que a maioría dos diabéticos de larga evolución poden estar inmunoló-xicamente deprimidos. Por iso as lesións do pé diabético teñen altas

posibilidades de infectarse. A isto debemos sumarlle a ausencia da dor, que fai que a ferida evolucio-ne máis.Aínda que a infección non seña a causa da aparición sí que inflúe na evolución, retrasando a curación. O perigoso das úlceras de pé dia-bético de larga evolución, combi-

nadas cunha infección difícil de controlar, é que poden desembo-car nunha amputación.Cómo podemos previr o pé dia-bético?A clave está en levar un control correcto da Diabetes Mellitus. Se vostede sofre Diabetes Mellitus non ten porqué desarrollar es-tas lesións nos pés se sigue estos consellos: levar un bo control dos niveis de azucre en sangue. Se é fumador, ¡deixe de fumar! O taba-co disminue o fluxo sanguíneo ao pés. Debe revisar todos os días os pés co obxetivo de detectar de for-ma precoz lesións coma erosións, rasguños, ampollas...Se fora ne-cesario podemos mirar a planta do pé cun espello. Lavar con auga templada e cun xabón neutro. Moi importante un bo secado, sobreto-do entre as dedas. Aplicar crema hidratante todos os días nos pés, excepto entre as dedas xa que pode producir maceración. Usar calcetíns de fibras naturais coma o algodón ou a lá, sen costuras e que non apreten. Revisar a diario o interior do calzado. É importante

que o calzado seña cómodo e sen costuras. Realizar revisións co teu podólogo, que te informará e te guiará no coidado dos teus pés.

Qué non debemos facer nunca se temos pés de risco?Non debemos camiñar descalzos. Non se deben quentar os pés en fontes directas de calor coma bolsas de auga quente, calefac-tores... É preferible abrigar os pés cuns calcetíns ou patucos de lá ou algodón. Non use callicidas, pode provocar o inicio dunha úlcera. O coidado das uñas e da planta do pé debe quedar en mans do seu podólogo.É determinante entender que su-frir Diabetes Mellitus non debe relacionarse con sufrir sempre ul-ceracións nos pés. O importante é concienciarse de que o pé dunha persona con Diabetes é unha par-te moi sensible que debemos coi-dar. Se detecta unha ferida no seu pé non debe dudar en acudir ao seu podólogo, que o guiará sobre o tratamento e coidado dos seus pés.

Yaiza Puente AriasPodóloga

PODOLOXÍA

Falemos do pé diabético...

Page 36: nº 11 novembro 2019 Novembro tínguese de negroamariñaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/AMX_NOVEMBRO_201… · nº 11 novembro 2019 EXEMPLAR GRATUÍTO a pontenova. O PAI e o SAF

36 novembro 2019 sociedade

A Fervenza de Sargadelos de Cervo celebrou o Samaín Os pequenos do Vicedo desfrutaron do Samaín na Casa da Cultura municipal

Os pequenos da Escola Infantil de Cervo luciron os seus disfraces Os membros da Asociación de Axuda ó Enfermo Mental A Mariña caracterizáronse no cambio de mes

Os cativos barreirenses tiveron teatro de Samaín Os nenos do colexio Martínez Otero de Foz baleiraron cabazas nun obradoiro

O Ceip Celso Currás de Trabada disfrazouse durante a xornada lectiva Os pequenos do colexio Sagrado Corazón de Ribadeo tiveron varias actividades arredor do Samaín

Page 37: nº 11 novembro 2019 Novembro tínguese de negroamariñaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/AMX_NOVEMBRO_201… · nº 11 novembro 2019 EXEMPLAR GRATUÍTO a pontenova. O PAI e o SAF

novembro 2019 37sociedade

Francisco Fraga, de Cervo, cumpriu 102 anos rodeado da súa familia

Un momento do campionato de tute celebrado en Cervo 65 mariñaos e asturianos participaron nunha excursión ao santuario francés de Lourdes

As Espalladoras de Cervo viaxaron ás Rías Baixas O Ceip Vista Alegre, de Burela, participou nun proxecto chamado Coidemos o mar

O Club Atletismo Lourenzá tivo unha cea de presentación da tempada

Alumnos do Ceip San Cosme de Barreiros desfrutaron dunha visita guiada na Casa dos Peixes

Page 38: nº 11 novembro 2019 Novembro tínguese de negroamariñaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/AMX_NOVEMBRO_201… · nº 11 novembro 2019 EXEMPLAR GRATUÍTO a pontenova. O PAI e o SAF

38 novembro 2019 cultura

Os artigos de opinión publicados reflicten unicamente posturas persoais dos seus autores. O contido dos artigos será responsabilidade do seu autor. Este medio non se responsabiliza das opinións e ideas incluídas no mesmo.

TELÉFONOS DE INTERESE

Os artigos de opinión publicados reflicten unicamente posturas persoais dos seus autores. O contido dos artigos será responsabilidade do seu autor. Este medio non se responsabiliza das opinións e ideas incluídas no mesmo.

BARREIROSConcello: 982 12 40 02Garda Civil: 982 12 41 94Centro de Saúde (cita previa): 982 12 41 05

LOURENZÁConcello: 982 12 10 06Garda Civil: 982 52 19 05Centro de Saúde (cita previa): 982 12 20 29

FOZConcello: 982 14 00 27Policía Local: 982 13 36 40Garda Civil: 982 14 04 44Centro de Saúde (cita previa): 982 13 23 85Agencia Tributaria: 982 13 35 12

CERVOConcello: 982 55 77 77Policía Local: 615 52 10 52Garda Civil: 982 58 57 05Centro de Saúde (cita previa): 982 55 75 25

XOVEConcello: 982 59 20 01Centro de Saúde (cita previa): 982 59 24 24

VICEDO, OConcello: 982 59 00 02Garda Civil: 982 59 01 81Centro de Saúde (cita previa): 982 59 03 51

RIBADEOConcello: 982 12 86 50Policía Local: 982 12 86 50Garda Civil: 982 12 80 48Centro de Saúde (cita previa): 982 13 01 43

OUROLConcello: 982 55 91 09Garda Civil: 982 56 10 39Centro de Saúde (cita previa): 982 55 90 62

VIVEIROConcello: 982 56 01 28Policía Local: 982 56 29 22Policía Nacional 982 56 17 11Policía Nacional cita DNI 060/ 982 57 06 62Centro de Saúde (cita previa): 982 56 12 01

MONDOÑEDOConcello: 982 52 40 03Policía Local: 982 50 70 40Garda Civil : 982 52 19 05Centro de Saúde (cita previa): 982 50 74 52

RIOTORTOConcello: 982 34 62 22Garda Civil: 982 34 22 22Centro de Saúde (cita previa): 982 34 66 63

TRABADAConcello: 982 13 50 11Garda Civil: 982 34 22 22Centro de Saúde (cita previa): 982 13 53 00

PONTENOVA, AConcello: 982 34 22 77Garda Civil: 982 34 22 22Centro de Saúde (cita previa): 982 34 24 00

VALADOURO, OConcello: 982 57 40 00Garda Civil: 982 57 40 30Centro de Saúde (cita previa): 982 57 43 12

ALFOZConcello: 982 55 85 81Garda Civil: 982 57 40 30Centro de Saúde: 982 55 86 97

Emerxencias: 112Urxencias Sanitarias: 061

Incendios Forestais: 085Garda Civil: 062

TELÉFONOS DE INTERESE

www.amariñaxa.com

BURELAConcello: 982 58 60 00Policía Local: 982 58 62 11Garda Civil: 982 58 57 05Centro de Saúde (cita previa): 982 58 51 29Hospital da Costa (centraliña): 982 58 99 00Capitanía Marítima: 982 57 51 53

AXENDA DA MARIÑA

TAPEO EN SAN CIBRAOTodos os xovesCervo

MES DAS TAPASXoves e venres de novembroRibadeo

III CERTAME DE TEATROAta o 1 de decembroLourenzá

I RALLY DA MARIÑADo 15 ao 17 de novembroViveiro, Xove, Cervo e O Vicedo

TEATRO EN ALFOZ16 e 23 de novembroAlfoz

MAGOSTO EN ALFOZ16 de novembroAlfoz

FESTA DOS NETOS E AVÓS16 de novembroO Vicedo

GUATEQUE 16 de novembroA Pontenova

CHARLA SOBRE A VIOLENCIA16 de novembroO Valadouro

EVENTOSTEATRO EN BURELA16, 17, 22, 23, 29 de novembroBurela

TEATRO PASTOR DÍAZDías 17 e 23 de novembroViveiro

CONCERTO DE XOÁN CURIEL17 de novembroRibadeo

XORNADAS MICOLÓXICAS17, 21 e 23 de novembroFoz

ENCONTRO DE MAIORES17 de novembroOurol

CHARLAS PREZO DA LUZ18, 19, 25, 26 e 27 de novembroFoz

CHARLAS MÉDICAS21 e 28 de novembroFoz

XORNADAS DE ARQUEOLOXÍA23 e 24 de novembroViveiro

CEA BAILE ALFOZ23 de novembroAlfoz Máis eventos en:

www.amariñaxa.com

CURSOSAPRENDE A USAR A TABLETA14, 18 e 19 de novembroRibadeo

AUTODEFENSA18 e 19 de novembroBurela

BIODIVERSIDADEDo 9 ao 13 de decembro Foz

MÚSICA TRADICIONAL GALEGA18 e 19 de xaneiroRibadeo

MAGOSTO23 de novembroMondoñedo

CEA BAILE DO MONDOÑEDO FC23 de novembroMondoñedo

MAGOSTO23 de novembroMondoñedo

CONCURSO DE TAPAS Do 29 de novembro ao 1 de decembroMondoñedo

MAGOSTO29 de novembroTrabada

FESTIVAL DE DANZA E MÚSICA30 de novembroBurela

FEIRA ARTESANÍA E ANTIGÜIDADESDo 6 ao 8 de decembroA Pontenova

CEA NADAL DE CD ALFOZ7 de decembroAlfoz

CONCERTO DE TANXUGUEIRAS14 de decembroBurela

CARMEN PRADOAta o 24 de novembroViveiro

ARQUIVO WALTER EBELINGAta o 15 de decembroFoz

CLUB IMAXEAta o 27 de decembroBurela

EXPOSICIÓNS

Page 39: nº 11 novembro 2019 Novembro tínguese de negroamariñaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/AMX_NOVEMBRO_201… · nº 11 novembro 2019 EXEMPLAR GRATUÍTO a pontenova. O PAI e o SAF

novembro 2019 39cultura

RECOMENDACIÓNS

a elección de...

Bárbara RamosResponsable de Protección Civil en Foz

un libro un disco

50 Sombras de Greyde E.L. James

Calquera de Rocío Durcal

unha película unha personaxe histórica

Top Gunde Tony Scott

Tutankamón

un lugar para visitar un sitio onde vivir

Exipto Foz

unha comida unha bebida

Caldo galego Red Bull

que visitar?

Atópase no municipio de Xove, a uns 10 km de Viveiro. Na cima deste acantilado álzase o faro, dominando o Cantábrico e rodeado dunha con-torna agreste e salvaxe. Desde o alto podemos divisar ao carón a illa de Coelleira e o cabo de Estaca de Bares, e ao outro os acantilados de Pun-ta Mansa e Punta de Morás. Bordeando os acantilados e achegándonos ata a poboación de Vilachá, podemos visitar as ruínas de San Tirso, unha antiga ermida ao bordo do mar de orixe prerrománico, que acabou con-verténdose en mosterio no século VIII.

Punta RoncadoiraXove

que ler?

Estamos no ano 50 antes de Cristo. Toda a Galia está ocupada polos ro-manos... Toda? Non! Unha aldea poboada por irredutibles galos aínda se-gue resistindo o invasor. E a vida non é doada para as gornicións de lexio-narios romanos nos reducidos campamentos de Babaórum, Aquárium, Laudánum e Petibónum... Os dous galos máis famosos regresan nunha nova aventura realizada, como en ocasións anteriores, polo talentoso dúo creativo formado por Jean-Yves Ferri no guión e Didier Conrad na ilustración. Escoltada por dous xefes arvernos, unha misteriosa adoles-cente chega de noite á aldea. Xulio César e os seus lexionarios búscana, pois murmúrase que o pai desta enigmática visitante non é outro que... o gran Vercinxetórix, vencido dous anos antes en Alesia.

Astérix: A filla de VercinxetórixRené Goscinny

que escoitar?

El último clásico é o título dun disco de Loquillo, avanzado como primeiro single polo tema que aporta o nome ao conxunto da obra. Dá continui-dade a Lentes de sol.Gravado nos estudos Music Lan de Figueras (Gerona) baixo a produción de Josu García, con Jordi Solé aos controis, e acompañado da súa banda; con composicións de Gabriel Sopeña, Marc Ros (Sidonie), Santi Balmes (Love of Lesbian), Leiva, Igor Paskual, Luís Alberto de Cuenca, Carlos Za-nón e Josu García.

El último clásicoLoquillo

que ver?

Unhas estrañas luces planean sobre o ceo do tranquilo Mossingham anunciando a chegada de visitantes dunha afastada galaxia, pero na granxa Mossy Bottom a ovella Shaun e o resto do rebaño seguen facendo das súas.Tras esta incursión, unha adorable extraterrestre de asombrosos poderes, quédase na terra e Shaun ve nela unha oportunidade de diversión alieníxena. Pero antes terá que evitar que a súa nova amiga sexa capturada por unha sinistra organización. Estará preparado o rebaño para afrontar unha misión de dimensións astronómicas?

La oveja Shaun: GranjaguedonRichard Phelan e Will Becher.

Page 40: nº 11 novembro 2019 Novembro tínguese de negroamariñaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/AMX_NOVEMBRO_201… · nº 11 novembro 2019 EXEMPLAR GRATUÍTO a pontenova. O PAI e o SAF

40 novembro 2019 reportaxe

DESCUBRINDO O PATRIMONIO

As pegadas de antigos asentamen-tos na costa lucense son outros dos motivos que ofrece a comar-ca ao visitante e que paga a pena coñecer. Segundo explica o profe-sor Emilio Piñeiroa, moitos destes xacementos foron postos en valor polos propios veciños, nomeada-mente profesores e membros de colectivos veciñais, que instaron ás administracións competentes a investigalos, como pasara co Cas-tro das Grobas en Ribadeo, que foi obxecto dunhas primeiras catas, preto do faro de Illa Pancha.O Marco de Pena Verde ou Pedra Fita, en Trabada, é outra desas se-ñeiras pegadas que cabe divulgar e protexer na Mariña. Está na pa-rroquia trabadense de Fórnea, e os arqueólogos consultados din que polas medidas pode tratarse dun menhir, tamén dun marco xeográ-fico que sinala os lindes entre pa-rroquias ou concellos ou ambos os dous, pois moitos menhires foron aproveitados como marco.

Hoxe en día está a servir como lindeiro ou pedra de termo entre os concellos de Trabada, Ribadeo e Barreiros. O achádego das Fádegas ou as pi-sadas do encanto como o chama o profesor Emilio Piñeiroa, é o primeiro petróglifo de Ribadeo e o primeiro podomorfo da Mariña. Está nas Anzas, na parroquia de

Cubelas. Este ben cultural foi in-cluído no inventario de Xacemen-tos Arqueolóxicos da Dirección Xeral do Patrimonio, co nome de As Fádegas. No extremo sueste da finca, á beira norte do Río Grande, hai un gran afloramento vertical de pizarra. Os motivos están nunha laxe plana, en disposición horizon-tal, situada ao pé do afloramen-to, entre este e o río. Nesta laxe identifícanse, cando menos, catro motivos que semellan podomor-fos, dunha lonxitude media duns 50 centímetros; dous deles están entre un motivo circular tipo cazo-leta. Hai outro motivo indefinido, que parece unido a unha segunda cazoleta por unha liña. Os podo-morfos están orientados no sen-tido da pendente da laxe, oeste – leste; segundo os propietarios da finca, a rocha forma parte dun ca-miño tradicional que discorría an-tigamente bordeando o río, polo cal circulaban bestas de carga.Os motivos podomorfos e circu-lares, así como a laxe horizontal que lles sirve de soporte, non te-ñen asociada directamente, unha tradición de lendas. Sen embargo, segundo os donos da finca, o aflo-ramento vertical, ao pé do cal se sitúan, si ten asociada unha tra-dición referente ao encanto. Na noite de San Xoán, ábrese unha das penas verticais do aflora-mento, sae o Encanto, é dicir que captura e fai desaparecer definiti-vamente, a calquera que pase por alí; polo tanto, non é aconsellable pasar pola zona nesta data, unha zona que era un camiño habitual no resto do ano.Nas Fádegas atópanse dous tipos

de petróglifos, as pisadas e as ca-zoletas ou cazoliñas. As pisadas con forma de pé é un dos tipos de petróglifos máis intrigantes e me-nos estudados de Galicia. Nesta rocha hai representadas ao redor de 11 pegadas do pé. Ao non ser unha ciencia exacta hai moitas opinións sobre o significa-do de estes símbolos. A idea máis xeneralizada é a veneración das

divinidades, espíritos ou xenios inmateriais, que escollen como lugar de fixación o cume dunha montaña, as fontes, os camiños, as rochas..., que quedan consa-grados como santuarios onde se dá culto e que xustifican este tipo de inscricións. Poden representar simplemente a boa sorte para a caza ou a busca da fertilidade fe-minina.Polo que respecta ás cazoletas son motivos rupestres moi frecuentes, en todas as épocas e latitudes. Nas Anzas hai dúas cazoletas de 12 e 16 centímetros de diámetro.As hipóteses existentes sobre a funcionalidade das cazoletas son múltiples, entre elas que as ca-zoletas poderían ter sinalado un espazo sagrado prehistórico, que son recipientes para ofrendas ou lugares para recoller a chuvia vin-culada óao mundo ritual. Tamén poden ser símbolos de carácter sexual feminino, receptáculos de sacrificios, poden representar cartografías, de constelacións e terrestres, e mesmo calendarios austrais.

O pasado prehistórico da Mariña OrientalA costa lucense conta con numerosos vestixios de antigos asentamentos e xacementos prehistóricos en continua análise

Marco de Pena Verde

As Fádegas Cazoletas ou cazoliñas

Pisadas, pegadas ou podomorfos