MÚSICA 3º ESO · 2021. 2. 23. · 1.- Introdución e contextualización (páx 3) 2.-...

29
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DO DEPARTAMENTO DE MÚSICA 3º ESO A Xefa de Departamento Mª Teresa Iriso Delicado Profesora Mª Teresa Iriso Delicado 1

Transcript of MÚSICA 3º ESO · 2021. 2. 23. · 1.- Introdución e contextualización (páx 3) 2.-...

Page 1: MÚSICA 3º ESO · 2021. 2. 23. · 1.- Introdución e contextualización (páx 3) 2.- Contribución ao desenvolvemento das competencias clave(páx 4) 3.- Relación de estándares

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DO DEPARTAMENTO DE

MÚSICA

3º ESO

A Xefa de Departamento

Mª Teresa Iriso Delicado

Profesora

Mª Teresa Iriso Delicado

1

Page 2: MÚSICA 3º ESO · 2021. 2. 23. · 1.- Introdución e contextualización (páx 3) 2.- Contribución ao desenvolvemento das competencias clave(páx 4) 3.- Relación de estándares

Índice de contidos

1.- Introdución e contextualización (páx 3)

2.- Contribución ao desenvolvemento das competencias clave(páx 4)3.- Relación de estándares de aprendizaxe avaliables da materia que forman parte dos perfís competenciais.(páx 6)4.- Concreción de obxectivos por curso(páx 8)5.- Contidos(páx 9)

5.1.- Secuenciación de contidos(páx 11)6.- Estándares de aprendizaxe avaliables(páx 12)

6.1.-Estándares de aprendizaxe(páx 12)6.2-Relación de estándares de aprendizaxe avaliables da materia que forman parte dos perfís competenciais(páx 12)6.3.- Temporalización(páx 15)6.4.- Grao mínimo de consecución para superar a materia(páx 16)6.5.- Procedementos e instrumentos de avaliación(páx 17)

7.- Metodoloxía didáctica(páx 18)8.- Materiais e recursos didácticos(páx 19)9.- Avaliación, cualificación e promoción do alumnado(páx 20)10.- Indicadores de logro para a avaliación do proceso do ensino e a práctica docente(páx 22)11.- Actividades de seguimento, recuperación e avaliación das materias pendentes(páx 23)12.- Avaliación inicial(páx 23)

12.1.- Medidas individuais ou colectivas a adoptar en función dos resultados(páx 23)13.- Medidas de atención á diversidade(páx 23)14.- Elementos transversais(páx 26)15.- Actividades Complementarias e extraescolares(páx 27)16.- Mecanismos de revisión, avaliación e modificación da programación(páx 28) 16.1.- Modificacións propostas segundo a memoria do curso anterior(páx 29)

2

Page 3: MÚSICA 3º ESO · 2021. 2. 23. · 1.- Introdución e contextualización (páx 3) 2.- Contribución ao desenvolvemento das competencias clave(páx 4) 3.- Relación de estándares

1.- Introdución e contextualización

A música, como ben cultural e como linguaxe e medio de comunicación non verbal, constitúe unelemento con gran valor na vida das persoas; ademais, favorece o seu desenvolvemento integral,intervén na súa formación emocional e intelectual, a través do coñecemento do feito musical comomanifestación cultural e histórica, e contribúe ao afianzamento dunha postura aberta, reflexiva ecrítica no alumnado.

Na actualidade, a música constitúe un dos principais referentes de identificación damocidade. Co desenvolvemento tecnolóxico multiplicáronse as canles de acceso ás cada vez máisnumerosas fontes de cultura musical, así como aos seus diversos xeitos de creación e interpretación,a través de vehículos que forman parte da súa vida cotiá, como Internet, os dispositivos móbiles, osreprodutores de son e os videoxogos. Ademais, fomenta o desenvolvemento da percepción, asensibilidade estética, a expresión creativa e a reflexión crítica.

A materia de música contribúe ao desenvolvemento de valores como o esforzo, a constancia,a disciplina, a toma de decisións, a autonomía, o compromiso, a asunción de responsabilidades e oespírito emprendedor, innovador e crítico, que contribúen ao desenvolvemento integral da persoa. Apráctica musical mellora a memoria, a concentración, a atención, a psicomotricidade, o control dasemocións, a autoestima, as habilidades para enfrontarse a un público ou a capacidade para traballaren grupo. A música potencia o desenvolvemento de capacidades como a comunicación oral eescrita, o pensamento matemático ou o coñecemento tecnolóxico e científico, que axudan áadquisición das competencias, ademais de procurar un ensino integral e axudar na maduración doalumnado novo.

Consideramos ademais que a ensinanza de música é non só útil, senón moi necesaria, tantopara a integración do corpo e a mente, da razón e a emoción, como do propio individuo no grupo.Supón tamén unha aprendizaxe que traballa e pon en conexión múltiples aspectos do saber: amatemática, a ciencia, a historia, a literatura e as artes. A música permite igualmente traballar casemocións dun xeito moi explícito, e sabemos que educar persoas íntegras implica, ademais deposibilitar a adquisición de coñecementos, o traballo cas mesmas, pois saber xestionalas supónsaber estar no mundo dun modo máis axeitado.

A música permite así mesmo o exercicio da creatividade, e esta supón unha das maneirasmáis importantes que ten o ser humano de aprender e de adaptarse, pois a rixidez fainosvulnerables, mentres que a creatividade fortalécenos ao axudarnos na constante adaptación que, enúltima instancia, é a vida.

O feito de que a educación musical supoña unha educación integral do individuo eque o alumnado, polo xeral, desfrute da súa aprendizaxe e práctica -feito este tan importante para amotivación cara ao aprendizaxe- consideramos que lle outorgan un gran valor educativo.

3

Page 4: MÚSICA 3º ESO · 2021. 2. 23. · 1.- Introdución e contextualización (páx 3) 2.- Contribución ao desenvolvemento das competencias clave(páx 4) 3.- Relación de estándares

2.- Contribución ao desenvolvemento das competencias clave

En liña coa Recomendación 2006/962/EC, do 18 de decembro de 2006, do ParlamentoEuropeo e do Consello, sobre as competencias clave para a aprendizaxe permanente, no Decreto86/2015 do 25 de Xuño incorpórase a clasificación e denominación das definidas polaUniónEuropea. Considérase que “as competencias clave son aquelas que todas as persoas precisanpara a súa realización e o seu desenvolvemento persoal, así como para a cidadanía activa, ainclusión social e o emprego”.

Unha competencia supón a combinación de habilidades prácticas, coñecementos,motivación, valores éticos, actitudes, emocións e outras compoñentes sociais e de comportamentoque se mobilizan conxuntamente para lograr unha acción eficaz.

O referido Decreto, recolle unha serie de competencias, segundo a clasificación e denominacióndas definidas pola Unión Europea na Recomendación 2006/962/EC: comunicación lingüística(CCL); competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía (CMCT);competencia dixital (CD); aprender a aprender (CAA); competencias socias e cívicas (CSC);sentido de iniciativa e espírito emprendedor (CSIEE); e conciencia e expresións culturais (CCEC).Potenciarase o desenvolvemento da competencia lingüística e da competencia matemática ecompetencias básicas en ciencia e tecnoloxía.

A idea é que a presente materia contribúa á adquisición de todas as competencias claves, seben contribuirá de xeito particular ás competencias clave que citamos a continuación, suliñando quese entende por Competencias as capacidades para aplicar de xeito integrado os contidos propiosde cada ensinanza e etapa educativa, e para lograr a realización adecuada de actividades e aresolución eficaz de problemas complexos.

Comunicación lingüística (CCL): a música contribúe a enriquecer os intercambios comunicativos,e á adquisición e uso dun vocabulario musical básico. Tamén colabora coa integración da linguaxemusical e da linguaxe verbal.

Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía (CMCT): a educaciónmusical favorece a comprensión dos elementos básicos da linguaxe musical: a relación entre asdistintas figuras, o compás, a harmonía. O uso de recursos tecnolóxicos no campo da músicafavorece o seu aproveitamento como ferramenta para os procesos de autoaprendizaxe e a súaposible integración nas actividades de lecer.

Competencia dixital (CD): a través do uso da tecnoloxía como ferramenta para mostrar procesosrelacionados coa música e coa gravación e edición dixital do son.

Aprender a aprender (CAA): a música potencia capacidades e destrezas fundamentais para aaprendizaxe guiada e autónoma como a atención, a concentración e a memoria, á vez quedesenvolve o sentido da orde e da análise.

Competencias socias e cívicas (CSC): a participación en actividades musicais e de movemento dedistinta índole relacionadas coa interpretación e creación colectiva que requiren dun traballocooperativo, colabora na adquisición de habilidades para relacionarse cos demais.

4

Page 5: MÚSICA 3º ESO · 2021. 2. 23. · 1.- Introdución e contextualización (páx 3) 2.- Contribución ao desenvolvemento das competencias clave(páx 4) 3.- Relación de estándares

Sentido de iniciativa e espírito emprendedor (CSIEE): naquelas actividades relacionadas coainterpretación musical, desenvólvense capacidades e habilidades tales como a perseveranza, aresponsabilidade, a autocrítica e a autoestima, sendo estes factores clave para a adquisición destacompetencia.

Conciencia e expresións culturais (CCEC): a música fomenta a capacidade de apreciar,comprender e valorar criticamente diferentes manifestacións culturais e musicais, a través deexperiencias perceptivas, expresivas e do coñecemento de músicas de diferentes culturas, épocas...

5

Page 6: MÚSICA 3º ESO · 2021. 2. 23. · 1.- Introdución e contextualización (páx 3) 2.- Contribución ao desenvolvemento das competencias clave(páx 4) 3.- Relación de estándares

3.- Relación de estándares de aprendizaxe avaliables da materia que forman parte dos perfís competenciais.

En 3º da ESO os estándares de avaliación son:

BLOQUE 1: INTERPRETACIÓN E CREACIÓN

1.1 Distingue e emprega os elementos que se utilizan na representación gráfica da música (colocación das notas no pentagrama; notas adicionais, clave de fa en cuarta; duración das figuras; signos que afectan a intensidade e matices; indicacións rítmicas e de tempo, etc.).

1.2 Recoñece, comprende e analiza tipos de textura.

1.3 Comprende e identifica os conceptos e os termos básicos relacionados cos procedementos compositivos e os tipos formais.

1.4 Amosa interese polo coñecemento e a aplicación de técnicas e normas do coidado da voz, o corpo e osinstrumentos.

1.5 Canta pezas vocais propostas aplicando técnicas que permitan unha correcta emisión da voz.

1.6 Practica a relaxación, a respiración, a articulación, a resonancia e a entoación.

1.7 Adquire e aplica as habilidades técnicas e interpretativas necesarias nas actividades de interpretación adecuadas ao nivel.

1.8 Coñece e pon en práctica as técnicas de control de emocións á hora de mellorar os seus resultados na exposición ante un público.

1.9 Realiza improvisacións e composicións partindo de pautas previamente establecidas.

1.10 Amosa unha actitude de superación e mellora das súas posibilidades e respecta as capacidades e as formas de expresión dos seus compañeiros e das súas compañeiras.

1.11 Practica, crea, interpreta e memoriza pezas vocais, instrumentais e danzas de diferentes xéneros, estilos, épocas históricas e culturas, aprendidas por imitación e a través da lectura de partituras con diversas formas de notación, adecuadas ao nivel.

1.12 Practica, interpreta e memoriza pezas vocais, instrumentais e danzas do patrimonio español e galego.

1.13 Amosa apertura e respecto cara ás propostas do profesor/a e dos compañeiros/as.

1.14 Practica as pautas básicas da interpretación: silencio, atención ao/á director/a e a outros/as intérpretes, audición interior, memoria e adecuación ao conxunto, amosando espírito crítico ante a súa propia interpretación e a do seu grupo.

6

Page 7: MÚSICA 3º ESO · 2021. 2. 23. · 1.- Introdución e contextualización (páx 3) 2.- Contribución ao desenvolvemento das competencias clave(páx 4) 3.- Relación de estándares

1.15 Participa activamente en agrupacións vocais e instrumentais, colaborando con actitudes de mellora e compromiso e amosando unha actitude aberta e respectuosa.

1.16 Amosa interese polas paisaxes sonoras que nos rodean e reflexiona sobre elas.

1.17 Investiga de forma creativa acerca das posibilidades sonoras e musicais dos obxectos sonoros.

BLOQUE 2: ESCOITA

2.1 Explora e descubre as posibilidades da voz e os instrumentos, e a súa evolución ao longo da historia da música.

2.2 Le e analiza partituras como apoio á audición.

2.3 Valora e aplica o silencio como elemento indispensable para a interpretación e a audición.

2.4 Amosa interese por coñecer músicas doutras épocas e culturas, comparando e contrastando as novas músicas coñecidas.

2.5 Recoñece e sabe situar no espazo e no tempo músicas de diferentes culturas e épocas históricas.

2.6 Describe de xeito pormenorizado os diferentes elementos das obras musicais propostas usando distintas linguaxes.

2.7 Utiliza recursos con autonomía como apoio ao análise musical.

2.8 Emprega conceptos musicais para comunicar coñecementos, xuízos e opinións musicais de xeito oral e escrito, con rigor e claridade.

BLOQUE 3: CONTEXTOS MUSICAIS E CULTURAIS

3.1 Expresa contidos musicais e relaciónaos con épocas da historia da música e con outras disciplinas.

3.2 Recoñece e interpreta manifestacións da danza identificando e explicando con linguaxe técnica adecuada a época histórica á que pertencen.

3.3 Distingue e explica as diversas funcións que cumpre a música na sociedade ao longo da historia.

3.4 Amosa interese por coñecer música de diferentes épocas e culturas como fonte de enriquecemento cultural e satisfacción persoal, elaborando algún proxecto de investigación e exposición.

3.5 Relaciona as cuestións técnicas aprendidas vinculándoas ás épocas da historia da música correspondentes.

3.6 Distingue e sitúa temporalmente ás épocas da historia da música e as tendencias musicais.

7

Page 8: MÚSICA 3º ESO · 2021. 2. 23. · 1.- Introdución e contextualización (páx 3) 2.- Contribución ao desenvolvemento das competencias clave(páx 4) 3.- Relación de estándares

3.7 Examina e explica con criterio musical a relación entre os acontecementos históricos, o desenvolvemento tecnolóxico e a música na sociedade.

3.8 Emprega un vocabulario adecuado para describir percepcións e coñecementos musicais.

3.9 Comunica coñecementos, xuízos e opinións musicais de xeito oral e escrito, con rigor e claridade.

3.10 Utiliza diversas fontes de información para indagar sobre as novas tendencias, representantes, gruposde música popular, etc., e realiza unha revisión crítica desas producións.

3.11 Interésase por ampliar e diversificar as preferencias musicais propias.

BLOQUE 4: MÚSICA E TECNOLOXÍAS

4.1 Coñece algunhas das posibilidades que ofrecen as tecnoloxías e utilízaas como ferramentas para a actividade musical.

4.2 Participa en todos os aspectos da produción musical demostrando o uso adecuado dos materiais relacionados, os métodos e as tecnoloxías.

4.3 Utiliza con autonomía as fontes e os procedementos apropiados para elaborar traballos sobre temas relacionados co feito musical.

4.- Concreción de obxectivos por curso

A ensinanza da Música nesta etapa terá como finalidade o desenvolvemento das seguintes capacidades:

1. Utilizar a voz, o corpo, obxectos, instrumentos e recursos tecnolóxicos para expresar ideas esentimentos, enriquecendo as propias posibilidades de comunicación e respectando outras formas distintas de expresión. (a, b, d, e, h, k)

2. Desenvolver e aplicar diversas habilidades e técnicas que posibiliten a interpretación (vogal, instrumental e de movemento e danza) e a creación musical, tanto individuais como en grupo. (b, g, l)

3. Escoitar unha ampla variedade de obras, de distintos estilos, xéneros, tendencias e culturas musicais, apreciando o seu valor como fonte de coñecemento, enriquecemento intercultural e pracer persoal e interesándose por ampliar e diversificar as preferencias musicais propias. (a, g, f, j)

4. Recoñecer as características de diferentes obras musicais como exemplos da creación artística e do patrimonio cultural, recoñecendo as súas intencións e funcións e aplicando a terminoloxía apropiada para describilas e valoralas criticamente. (f, g, l, j )

5. Utilizar de forma autónoma diversas fontes de información, medios audiovisuais, Internet,

8

Page 9: MÚSICA 3º ESO · 2021. 2. 23. · 1.- Introdución e contextualización (páx 3) 2.- Contribución ao desenvolvemento das competencias clave(páx 4) 3.- Relación de estándares

textos, partituras e outros recursos gráficos, para o coñecemento e desfrute da música. (b, g, l, e)

6. Coñecer e utilizar diferentes medios audiovisuais e tecnoloxías da información e a comunicación como recursos para a produción musical, valorando a sua contribución ás distintas actividades musicais e ao aprendizaxe autónomo da música. (b, g, l, e)

7. Participar na organización e realización de actividades musicais desenvolvidas en diferentes contextos, con respecto e disposición para superar estereotipos e prexuízos, tomando conciencia, como membro dun grupo, do enriquecemento que se produce coas achegas dos demais. (a, c, l)

8. Comprender e apreciar as relacións entre a linguaxe musical e outras linguaxes e ámbitos decoñecemento, así como a función e o significado da música en diferentes producións artísticas e audiovisuais e nos medios de comunicación. (b, i, h, l, e)

9. Elaborar xuízos e criterios persoais, mediante unha análise crítica dos diferentes usos sociais da música, sexa cal sexa a súa orixe, aplicándoos con autonomía e iniciativa a situacións cotiás e valorando a súa contribución á vida persoal e á da comunidade. (a, c, g)

10. Valorar o silencio e o son como parte integral do medio ambiente e da música, tomando conciencia dos problemas creados pola contaminación acústica e as súas consecuencias.(d, l, k)

5.- Contidos

Enténdense por Contidos o conxunto de coñecementos, habilidades, destrezas e actitudesque contribúen ao logro dos obxectivos de cada ensinanza e etapa educativa, e á adquisición decompetencias.

9

Page 10: MÚSICA 3º ESO · 2021. 2. 23. · 1.- Introdución e contextualización (páx 3) 2.- Contribución ao desenvolvemento das competencias clave(páx 4) 3.- Relación de estándares

5.1.- Secuenciación de contidos

BLOQUE 1. INTERPRETACIÓN E CREACIÓN

O.X. Contidos

n B1.1. Repaso dos elementos da representación gráfica da música.

n, b B1.2. Textura

n, b B1.3. Procedementos compositivos e formas de organización musical.

m, c, d

B1.4. Experimentación e practica das técnicas do movemento e da danza, expresión dos contidos musicais a través do corpo e do movemento, e a interpretación dun repertorio variado de danzas.

B1.5. Practica da relaxación, a respiración, a articulación, a resonancia e a entoación.

B1.6. Aceptación e cumprimento das normas que rexen a interpretación en grupo e a achega das ideas musicais que contribúan ao perfeccionamento da tarefa común.

B1.7. Aceptación e predisposición para mellorar as capacidades técnicas e interpretativas propias, e respecto ante outras formas de expresión.

B1.8. Sonorización de representacións dramáticas, actividades de expresión corporal, e danza e imaxesfixas e en movemento na realización de producións audiovisuais.

B1.9. Fomento da sensibilidade estética desenvolvida a través da comprensión e interiorización da musica.

a, n B1.10. Composición individual ou en grupo de cancións e pezas instrumentais para distintas agrupacións a partir da combinación de elementos e recursos presentados no contexto das actividades que se realizan na aula.

a, c,d, g,

ñ

B1.11.Practica, creación, memorización e interpretación de pezas musicais en grupo, aprendidas a través da lectura de partituras con diversas formas de notación.

B1.12. Practica das pautas básicas da interpretación: silencio, atención ao/a director/a e a outros/as interpretes, audición interior, memoria e adecuación ao conxunto.

n, b, e B1.13. Exploración das posibilidades de diversas fontes sonoras e practica de habilidades técnicas para a interpretación.

BLOQUE 2. ESCOITA

O.X. Contidos

B2.1. Clasificación e discriminación auditiva dos tipos de voces e instrumentos e das agrupacións vocais e instrumentais.

10

Page 11: MÚSICA 3º ESO · 2021. 2. 23. · 1.- Introdución e contextualización (páx 3) 2.- Contribución ao desenvolvemento das competencias clave(páx 4) 3.- Relación de estándares

b, n B2.2. Utilización dos recursos necesarios para a comprensión da música escoitada.

B2.3. Identificación dos elementos da música e das súas características na audición e na análise deobras musicais.

b, n B2.4. Aplicación de estratexias de atención, audición interior, memoria comprensiva e anticipación durante a interpretación e a creación musical.

l, n, g B2.5. Audición, análise elemental e apreciación crítica de obras vocais e instrumentais de distintos estilos, xéneros, tendencias e culturas musicais, incluíndo as interpretacións e composicións realizadas na aula. Interese por coñecer músicas de distintas características e por ampliar as propias preferencias musicais.

B2.6. Música en vivo: concertos e outras manifestacións musicais, da propia cultura musical ede outras. Interese por desenvolver hábitos positivos e de respecto as demais persoas durante aescoita.

h, e B2.7.Elementos que interveñen na construción dunha obra musical: melodía, ritmo, harmonía,, timbre, textura, forma, tempo, dinámica, etc.

B2.8. Valoración da audición como forma de comunicativo e como fonte de coñecemento e enriquecemento intercultural.

BLOQUE 3. CONTEXTOS MUSICAIS E CULTURAIS

O.X. Contidos

n, f B3.1.A música ao servizo doutras linguaxes: corporal, teatral, cinematográfica, radiofónica oupublicitaria.

B3.4. Análise da música empregada en diferentes tipos de espectáculos e producións audiovisuais.

l, n, ñ B3.5. Utilización de diversas fontes de información para indagar sobre instrumentos,compositores e compositoras, concertos e producións musicais en vivo e gravadas, tanto dopatrimonio galego como da musica occidental en xeral e doutras culturas.

B3.6. O son e a música nos medios audiovisuais e nas tecnoloxías da información e da comunicación. Valoración dos recursos tecnolóxicos como instrumentos para o coñecemento da música e a satisfacción con ela.

b, f, ñ B3.7. Recoñecemento e localización nas coordenadas espazo-temporais das manifestacións musicais mais significativas do patrimonio musical galego, occidental e doutras culturas.

n B3.8. Épocas da historia da música: características principais, autores/as significativos/as, audicións con apoio de partitura e interpretación de pezas ou fragmentos das distintas épocas.

h, n, g B3.9. Recollida de información, valoración e exposición do feito musical e as súas opinións.

g, n, e B3.10. Recollida de información, valoración e exposición do feito musical ao longo da

11

Page 12: MÚSICA 3º ESO · 2021. 2. 23. · 1.- Introdución e contextualización (páx 3) 2.- Contribución ao desenvolvemento das competencias clave(páx 4) 3.- Relación de estándares

historia.

BLOQUE 4. MÚSICA E TECNOLOXÍAS

O.X. Contidos

e, n B4.1.Utilización de dispositivos electrónicos, recursos de Internet e software musical de distintas características para o adestramento auditivo, a escoita, a interpretación e a creación musical.

B4.2. Aplicación de diferentes técnicas de gravación para rexistrar as creacións propias, as interpretacións realizadas no contexto da aula e outras mensaxes musicais.

B4.3. Utilización das tecnoloxías da información nos procesos de creación musical.

B4.4. Coñecemento e emprego das tecnoloxías da información na interpretación e na gravación de pezas musicais.

e, b B4.5. Emprego e coñecemento dos recursos necesarios para a conservación e a difusión das creacións musicais propias e alleas.

6.- Estándares de aprendizaxe avaliables

6.1.-Estándares de aprendizaxe

Enténdese por Estándares de aprendizaxe avaliables as especificacións dos criterios deavaliación que permiten definir os resultados de aprendizaxe e que concretan o que o alumnadodebe saber, comprender e saber facer en cada disciplina. Deben ser observables, medibles eavaliables, e permitir graduar o rendemento ou o logro alcanzado. Deben contribuír a facilitar odeseño de probas estandarizadas e comparables.

6.2-Relación de estándares de aprendizaxe avaliables da materia que forman parte dos perfís competenciais.

Seguindo os criterios de avaliación da presente programación definiremos para os mesmosos seguintes estándares de aprendizaxe avaliables:

UD Estándares de aprendizaxe avaliables

12

Page 13: MÚSICA 3º ESO · 2021. 2. 23. · 1.- Introdución e contextualización (páx 3) 2.- Contribución ao desenvolvemento das competencias clave(páx 4) 3.- Relación de estándares

1

MUB1.1.1. Distingue e emprega os elementos que se utilizan na representación gráfica da música(colocación das notas no pentagrama; notas adicionais, clave de fa en cuarta; duración das figuras;signos que afectan a intensidade e matices; indicacións rítmicas e de tempo, etc.).

MUB1.2.1. Recoñece, comprende e analiza distintos tipos de textura.

MUB1.3.1. Comprende e identifica os conceptos e os termos básicos relacionados cosprocedementos compositivos e os tipos formais.

MUB1.4.1. Amosa interese polo coñecemento e a aplicación de técnicas e normas do coidado davoz, o corpo e os instrumentos.

MUB1.4.2. Canta pezas vocais propostas aplicando técnicas que permitan unha correcta emisiónda voz.

MUB1.4.3. Practica a relaxación, a respiración, a articulación, a resonancia e a entoación.

2 MUB1.4.4. Adquire e aplica as habilidades técnicas e interpretativas necesarias nas actividades de interpretación adecuadas ao nivel.

MUB1.4.5. Coñece e pon en practica as técnicas de control de emocións a hora de mellorar os seusresultados na exposición ante un publico.

MUB1.5.2. Amosa unha actitude de superación e mellora das súas posibilidades e respecta as capacidades e as formas de expresión dos seus compañeiros e das súas compañeiros.

3

MUB3.1.2. Recoñece e interpreta manifestacións da danza identificando e explicando con linguaxe técnica adecuada a época histórica a que pertencen.

MUB3.4.2. Examina e explica con criterio musical a relación entre os acontecementos históricos, odesenvolvemento tecnolóxico e a musica na sociedade.

MUB3.4.1. Distingue e sitúa temporalmente as épocas da historia da música e as tendencias musicais.

4

MUB1.7.1. Amosa interese polas paisaxes sonoras que nos rodean e reflexiona sobre elas.

MUB2.1.3. Explora e descubre as posibilidades da voz e os instrumentos, e a súa evolución ao longo da historia da música.

MUB2.2.1. Le e analiza partituras como apoio a audición.

MUB2.3.1. Valora e aplica o silencio como elemento indispensable para a interpretación e a audición.

5

MUB2.4.1. Amosa interese por coñecer músicas doutras épocas e culturas, comparando e contrastando as novas músicas coñecidas.

MUB2.4.2. Recoñece e sabe situar no espazo e no tempo músicas de diferentes culturas e épocas históricas.

MUB2.5.1. Describe de xeito pormenorizado os diferentes elementos das obras musicais propostas usando distintas linguaxes.

MUB2.5.2. Utiliza recursos con autonomía como apoio ao análise musical.

13

Page 14: MÚSICA 3º ESO · 2021. 2. 23. · 1.- Introdución e contextualización (páx 3) 2.- Contribución ao desenvolvemento das competencias clave(páx 4) 3.- Relación de estándares

6

MUB3.1.1. Expresa contidos musicais e relacionados con épocas da historia da música e conoutras disciplinas.

MUB3.1.3. Distingue e explica as diversas funcións que cumpre a música na sociedade ao longoda historia.

MUB3.2.1. Amosa interese por coñecer música de diferentes épocas e culturas como fonte deenriquecemento cultural e satisfacción persoal, elaborando algún proxecto de investigación eexposición

7

MUB3.4.1. Distingue e sitúa temporalmente as épocas da historia da música e as tendencias musicais.

MUB3.3.1. Relaciona as cuestións técnicas aprendidas vinculándoas as épocas da historia da música correspondentes.

MUB1.6.5. Participa activamente en agrupacións vocais e instrumentais, colaborando con actitudes de mellora e compromiso e amosando unha actitude aberta e respectuosa.

8

MUB1.5.1.Realiza improvisacións e composicións partindo de pautas previamente establecidas.

MUB1.6.1. Practica, crea, interpreta e memoriza pezas vocais, instrumentais e danzas dediferentes xéneros, estilos, épocas históricas e culturas, aprendidas por imitación e a través dalectura de partituras con diversas formas de notación, adecuadas ao nivel.

9

MUB1.7.2. Investiga de forma creativa acerca das posibilidades sonoras e musicais dos obxectos sonoros.

MUB4.1.1. Coñece algunhas das posibilidades que ofrecen as tecnoloxías e utilízaas como ferramentas para a actividade musical.

10 MUB4.2.1. Utiliza con autonomía as fontes e os procedementos apropiados para

elaborar traballos sobre temas relacionados co feito musical.

MUB3.4.2. Examina e explica con criterio musical a relación entre os acontecementos históricos, odesenvolvemento tecnolóxico e a música na sociedade.

MUB2.5.3. Emprega conceptos musicais para comunicar coñecementos, xuízos e opinións musicais de xeito oral e escrito, con rigor e claridade.

11

MUB1.6.2. Practica, interpreta e memoriza pezas vocais, instrumentais e danzas do patrimonioespañol e galego.

MUB1.6.3. Amosa apertura e respecto cara as propostas do profesor/a e dos compañeiros/as.

MUB1.6.4. Practica as pautas básicas da interpretación: silencio, atención ao/a director/a e aoutros/as interpretes, audición interior, memoria e adecuación ao conxunto, amosando espíritocrítico ante a súa propia interpretación e a do seu grupo.

12

MUB3.6.1. Utiliza diversas fontes de información para indagar sobre as novas tendencias,representantes, grupos de música popular, etc., e realiza unha revisión critica desas producións.

MUB3.6.2. Interesase por ampliar e diversificar as preferencias musicais propias.

MUB4.1.2. Participa en todos os aspectos da produción musical demostrando o uso adecuado dosmateriais relacionados, os métodos e as tecnoloxías.

14

Page 15: MÚSICA 3º ESO · 2021. 2. 23. · 1.- Introdución e contextualización (páx 3) 2.- Contribución ao desenvolvemento das competencias clave(páx 4) 3.- Relación de estándares

6.3.- Temporalización

A presente materia impartirase en períodos lectivos de 2 horas semanais, polo que aduración total da materia será de aproximadamente de 72 horas. Esas horas distribuiranse entre asdiferentes unidades didácticas, todas elas estruturadas para dar cabida a tódolos estándares deaprendizaxe a medir. Tendo en conta a distinta dificultade e extensión de cada unha das unidadesdidácticas, a distribución temporal para o presente curso é como segue:

UNIDADES DIDÁCTICAS

SESIÓNS 1º AVALIACIÓN1. A FUNCIÓN DA MÚSICA 62. “TROPEMOS” TODOS XUNTOS 63. ¿E SI BAILAMOS UNHA SARABANDA? 64. PRESENCIEMOS AS ESTACIÓNS 6

2º AVALIACIÓN5. A MÚSICA EN CENTRO EUROPA 66. A INTERPRETACIÓN DOS VIRTUOSOS 67. INVENTA AS TÚAS PROPIAS VANGARDAS 68. CREEMOS CÓ RITMO DE JAZZ 5

3º AVALIACIÓN9. ESCOITEMOS AS IMAXES E VEXAMOS OS SONS 610.A ESCOITA DA MÚSICA NOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN 511. INVENTEMOS UNS PASOS 512. DO FONÓGRAFO Ó MP3 5

15

Page 16: MÚSICA 3º ESO · 2021. 2. 23. · 1.- Introdución e contextualización (páx 3) 2.- Contribución ao desenvolvemento das competencias clave(páx 4) 3.- Relación de estándares

En total suma 68 sesións. As restantes sesións que restan para completar as que compoñen o curso académico, dedicaranse á realización dos exames ou probas pertinentes.

6.4.- Grao mínimo de consecución para superar a materia

Na presente programación deberemos indicar os mínimos esixibles ó alumnado necesariospara a avaliación positiva da materia. Así, estableceranse os seguintes mínimos:

Mínimos esixibles

1

B1.1. Distinción e uso dos elementos da representación gráfica da música (colocación das notas nopentagrama; notas adicionais, clave de sol e de fa en cuarta; duración das figuras; signos que afectan aintensidade e matices; indicacións rítmicas e de tempo, etc.).

B1.3. Coñecemento dos principios básicos dos procedementos compositivos e as formas de organizaciónmusical.

2

B1.4. Mostra de interese polo desenvolvemento das capacidades e as habilidades técnicas como medio paraas actividades de interpretación, aceptando e cumprindo as normas que rexen a interpretación en grupo, eachegando ideas musicais que contribuían ao perfeccionamento da tarefa común.

B1.5. Mostra de interese polas actividades de composición, e improvisación e amosar respecto polascreacións dos seus compañeiros e das súas compañeiras.

B1.6. Participación activa e con iniciativa persoal nas actividades de interpretación, asumindo diferentespapeis, intentando concertar a súa acción coa do resto do conxunto, achegando ideas musicais econtribuíndo ao perfeccionamento da tarefa en común.

3

B2.1. Identificación e descripcion dos instrumentos e voces e as usas agrupacións.

B2.3. Valoración do silencio como condición previa ao acto musical.

B2.4.Recoñecemento auditivo e determinación da época ou a cultura a que pertencen distintos estilos,xéneros, tendencias e culturas musicais.

B2.5.Identificar e describir, mediante o uso de distintas linguaxes (gráfica, corporal ou verbal) algúnselementos e formas de organización e estruturación musical (ritmo, melodía, textura, timbre, repetición,imitación e variación) dunha obra musical interpretada en vivo ou gravada.

4

B3.2. Mostra de interese por coñecer músicas de distintas características, épocas e culturas, e por ampliare diversificar as propias preferencias musicais, adoptando unha actitude aberta e respectuosa.

B3.3. Relación das cuestións técnicas aprendidas coas características das épocas da historia musical.

B3.4. Distinción, situación e caracterización das grandes épocas da historia da música.

B3.5. Valoración da asimilación e emprego de algúns conceptos musicais básicos necesarios a hora deemitir xuízos de valor ou falar de música.

B3.6. Mostra de interese e actitude critica pola música, os concertos en vivo e as propostas musicais,valorando os seus elementos creativos e innovadores ao longo da historia.

5B4.2.Uso de maneira funcional dos recursos informáticos dispoñibles para a aprendizaxe e a indagación do feito musical.

16

Page 17: MÚSICA 3º ESO · 2021. 2. 23. · 1.- Introdución e contextualización (páx 3) 2.- Contribución ao desenvolvemento das competencias clave(páx 4) 3.- Relación de estándares

Así pois, o alumnado debería de poder:

1- Utilizar a voz, o corpo, obxectos, instrumentos e dispositivos electrónicos para expresar ideas esentimentos, enriquecendo as propias posibilidades de comunicación e respectando outras formasdistintas de expresión.2.- Desenvolver e aplicar diversas habilidades e técnicas que posibiliten a creación, a interpretaciónvocal e a instrumental, o movemento e a danza, tanto de forma individual como en grupo.

3.- Desfrutar coa escoita de obras de distintos estilos, xéneros, tendencias e culturas musicais,apreciando o seu valor como fonte de coñecemento e enriquecemento intercultural.

4.- Recoñecer as características de diferentes obras musicais como exemplos da creación artística edo patrimonio cultural, recoñecendo as súas intencións e funcións e aplicando a terminoloxíaapropiada para describilas e valoralas críticamente.

5.- Utilizar de forma autónoma diversas fontes de información -medios audiovisuais, internet,textos, partituras e outros recursos gráficos para o coñecemento e gozo da música.

6.- Coñecer e utilizar diferentes medios audiovisuais e tecnoloxías da información e dacomunicación como recursos para a produción musical, valorando a súa contribución ás distintasactividades musicais e a aprendizaxe autónoma da música.

7.- Participar na organización e realización de actividades musicais desenvolvidas nos diferentescontextos, con respecto e disposición para superar estereotipos e prexuízos, tomando conciencia,como membro dun grupo, do enriquecemento que se produce coas contribucións dos demais.

8.- Valorar as relacións, a función e o significado da música en diferentes producións artísticas eaudiovisuais e nos medios de comunicación.

9.- Elaborar xuízos e criterios persoais, mediante unha análise crítica dos diferentes usos sociais damúsica, e valorando a contribución que a música pode facer á vida persoal e a da comunidade.

10.- Valorar o silencio e o son como fenómenos naturais e como elementos musicais, tomandoconciencia da súa función como parte integral do ambiente e utilizando coñecementos da ecoloxíaacústica para aproximarse a paisaxes sonoras de diferentes épocas e espazos para combater apolución sonora.

6.5.- Procedementos e instrumentos de avaliación

Os procedementos de avaliación realizaranse tendo en conta o seguinte:

• Asistencia regular a clase. Será necesaria a recuperación das horas perdidas mediantea realización de actividades relacionadas cos contidos traballados durante a sesióncorrespondente e facilitadas polo profesor.

• Participación do alumnado en todas as actividades propostas tanto individuais como en grupo.

• Unha ou varias probas teóricas ou practicas relacionadas coa unidade didáctica.• Entrega dun traballo final a determinar polo grupo.

Como instrumentos de avaliación utilizaranse, nos dous últimos apartados dos procedementos descritos antes:

• Exames escritos, os cales poden ser teóricos (resposta de preguntas ou exames tipo

17

Page 18: MÚSICA 3º ESO · 2021. 2. 23. · 1.- Introdución e contextualización (páx 3) 2.- Contribución ao desenvolvemento das competencias clave(páx 4) 3.- Relación de estándares

test, por exemplo), ou prácticos (exposicións, danzas, interpretacións, composicións...)

• Probas prácticas.• Traballo final sobre unha creación grupal.

No caso de alumnado que non supere a materia en xuño e teña que presentarse en setembro

18

Page 19: MÚSICA 3º ESO · 2021. 2. 23. · 1.- Introdución e contextualización (páx 3) 2.- Contribución ao desenvolvemento das competencias clave(páx 4) 3.- Relación de estándares

os instrumentos de avaliación basearanse nun exame a realizar polo alumno/a, podendo serescrito ou práctico (ou unha mistura das dúas opcións), debendo superar o alumnado omesmo.

7.- Metodoloxía didáctica

Enténdese por Metodoloxía didáctica o conxunto de estratexias, procedementos e acciónsorganizadas e planificadas polo profesorado, de xeito consciente e reflexivo, coa finalidade deposibilitar a aprendizaxe do alumnado e o logro dos obxectivos suscitados.

Os principios metodolóxicos nos que se sustenta a nosa ensinanza serán os seguintes:

Aprendizaxe significativa: pártese dos coñecementos previos que posúe o alumnado paraadquirir outros novos. Segundo a psicoloxía construtuvista, a nova información conéctase cunconcepto relevante presente na estrutura cognitiva, de xeito que as novas ideas e conceptos podenser aprendidos significativamente polo alumno ou alumna. Neste sentido, teranse en conta oscoñecementos previos do alumnado e proporcionaranse actividades que esperten o seu interese.

Enfoque globalizador: darase un enfoque globalizador da área, procurando interrelacionaros contidos duns bloques con outros. Tamén se proporán actividades que relacionen a música conoutras áreas curriculares. Deseñaranse actividades de aprendizaxe integradas que lle permitan aoalumnado avanzar na adquisición eficaz de máis dunha competencia ao mesmo tempo. Éfundamental a coordinación co equipo docente.

Ensinanza motivadora: a motivación farase partindo das súas experiencias e de situaciónsconcretas que esperten o interese do alumnado e manteñan a súa atención. O aspecto lúdico serácentral á hora de realizar as distintas actividades, dando unha grande importancia á práctica efomentando o interese por aprender.

Ensinanza individualizadora-socializadora: teranse en conta as características cognitivas,psicomotrices e afectivo-sociais de cada alumno e alumna, favorecendo o desenvolvemento persoalsen esquecer que somos seres que vivimos en sociedade. A acción educativa procurará a integracióndas distintas experiencias e aprendizaxes do alumnado e terá en conta os seus diferentes ritmos eestilos de aprendizaxe, favorecendo a capacidade de aprender por si mesmo e promovendo otraballo colaborativo e en equipo.

Aprendizaxe autónoma: darase importancia á adquisición de ferramentas de traballo quevaian articulando estratexias de aprendizaxe autónoma, posibilitando que o alumnado “aprenda aaprender”

8.- Materiais e recursos didácticos

Para o correcto desenvolvemento da nosa práctica docente, precisaremos unha serie derecursos que nos permitan realizar adecuadamente as actividades programadas e facilitar aadquisición dos coñecementos por parte do alumnado.

19

Page 20: MÚSICA 3º ESO · 2021. 2. 23. · 1.- Introdución e contextualización (páx 3) 2.- Contribución ao desenvolvemento das competencias clave(páx 4) 3.- Relación de estándares

Materiais: Empregaremos principalmente instrumentos Orff para a interpretación musical, por ser omáis axeitado desde o punto de vista técnico-interpretativo. Cada alumno e alumna terá a súa propiafrauta doce. No instrumental PAD, contaremos con láminas de metal e madeira nas tesituras desoprano, contralto e baixo. Entre os membranófonos contaremos con caixa, pandeiretas, pandeirosde distintos tamaños e bongoes e/ou timbais Orff. Tamén se van precisar instrumentos de pequenapercusión de madeira de metal. Haberá que contar con materiais auxiliares, como atrís, baquetas conmazas duras e brandas, encerado pautado, metrónomo, partituras... Sería bo dispor dalgúninstrumento harmónico (teclado ou guitarra) e tamén se poderán aproveitar os instrumentos quepoda aportar o propio alumnado ou utilizar instrumentos construídos con materiais reciclados. Oprofesor tamén pode contribuír co seu propio material.

Ambientais: Os elementos visuais e decorativos (láminas didácticas, murais...) serán empregadoscomo recursos de apoio para a actividade docente.

Persoais: O profesorado será o principal recurso humano co que contemos na nosa prácticadocente, prestando atención á colaboración entre áreas. Tamén sería importante contar coacolaboración externa de intérpretes profesionais ou afeccionados, agrupacións musicais, así comodocentes doutros centros como escolas de música ou conservatorios... para a realización deconcertos didácticos.

Informáticos e audiovisuais: Será preciso contar con medios para a reprodución de audio e vídeo.Tamén sería conveniente contar con un ou dous micrófonos e soportes, unha tarxeta de son externae software para a gravación e edición musical (Audacity, GarageBand, Cubase...). Será importantecontar cunha pequena fonoteca musical en formato CD e DVD ou ben en MP3 para reproducir noordenador ou noutro soporte dixital (iPod, reprodutor MP3...).

A posibilidade xeralizada de dispor hoxe en día de acceso a Internet na aula permite oacceso a unha grande cantidade de información entre a que se inclúe vídeos, tutoriais, manuaistécnicos...

Así pois, na presente programación optaremos por empregar a maiores materiais e recursosen rede (a través da aula virtual do Centro) para que o alumnado poda participar e construír de xeitodirecto o seu propio entorno cognitivo.

9.- Avaliación, cualificación e promoción do alumnado

A avaliación non é unha acción sancionadora, senón orientativa e reguladora que nos permite coñecer os logros conseguidos e reflexionar sobre o proceso de ensino e aprendizaxe.

A acción avaliadora deberá ter en conta tanto os procesos de aprendizaxe do alumnado como a práctica docente, así como a propia programación.

No contexto do proceso de avaliación continua, cando o progreso dun alumno ou alumnanon sexa o axeitado estableceranse medidas de reforzo educativo. Estas medidas adoptaranse encalquera momento do curso, tan pronto como se detecten as dificultades, e estarán dirixidas agarantir a adquisición das competencias imprescindibles para continuar o proceso educativo.

Avaliaranse tanto as aprendizaxes do alumnado como os procesos de ensinanza e a propiapráctica docente, para o que establecerán indicadores de logro nas programacións docentes.

20

Page 21: MÚSICA 3º ESO · 2021. 2. 23. · 1.- Introdución e contextualización (páx 3) 2.- Contribución ao desenvolvemento das competencias clave(páx 4) 3.- Relación de estándares

9.1.- Criterios de avaliación

Enténdese por Criterios de avaliación o referente específico para avaliar a aprendizaxedo alumnado. Describen aquilo que se quere valorar e que o alumnado debe lograr, tanto encoñecementos coma en competencias, e responden ao que se pretende conseguir en cada disciplina.

Na seguinte táboa pódese ver os contidos relacionados, os criterios de avaliación da mesmae as competencias clave coas que se asocian eses criterios.

Criterios de Avaliación C. Clave

B1.1. Distinguir e utilizar os elementos da representación gráfica da música (colocación dasnotas no pentagrama; notas adicionais, clave de sol e de fa en cuarta; duración das figuras;signos que afectan a intensidade e matices; indicacións rítmicas e de tempo, etc.).

CCEC

B1.2. Analizar e comprender o concepto de textura, e recoñecer a través da audición e lectura de partituras, os tipos de texturas.

CCEC CAA

B1.3. Coñecer os principios básicos dos procedementos compositivos e as formas de organización musical. CCEC

B1.4. Amosar interese polo desenvolvemento das capacidades e as habilidades técnicas comomedio para as actividades de interpretación, aceptando e cumprindo as normas que rexen ainterpretación en grupo, e achegando ideas musicais que contribúan ao perfeccionamento datarefa común.

CCEC CAA

B1.5. Amosar interese polas actividades de composición, e improvisación e amosar respecto polas creacións dos seus compañeiros e das súas compañeiras.

CCEC CAACSIEE

B1.6. Participar activamente e con iniciativa persoal nas actividades de interpretación,asumindo diferentes papeis, intentando concertar a súa acción coa do resto do conxunto,achegando ideas musicais e contribuíndo ao perfeccionamento da tarefa en común.

CCEC CSIEE

B1.7. Explorar as posibilidades de distintas fontes e obxectos sonoros. CCEC CD CAA

B2.1. Identificar e describir os instrumentos e voces e as súas agrupacións. CCEC CAA

B2.2. Ler e analizar distintos tipos de partituras no contexto das actividades musicais da aula como apoio as tarefas de audición. CCEC

B2.3. Valorar o silencio como condición previa para participar nas audicións. CSC

B2.4. Recoñecer auditivamente e determinar a época ou a cultura a que pertencen distintas obrasmusicais, interesándose por ampliar as súas preferencias. CAA

B2.5. Identificar e describir, mediante o uso de distintas linguaxes (gráfica, corporal ou verbal),algúns elementos e formas de organización e estruturación musical (ritmo, melodía, textura,timbre, repetición, imitación e variación) dunha obra musical interpretada en vivo ou gravada.

CCEC CAA CCL

21

Page 22: MÚSICA 3º ESO · 2021. 2. 23. · 1.- Introdución e contextualización (páx 3) 2.- Contribución ao desenvolvemento das competencias clave(páx 4) 3.- Relación de estándares

9.2.- Procedementos e instrumentos de avaliación

Os procedementos de avaliación realizaranse tendo en conta o seguinte:

• Asistencia regular a clase. Será necesaria a recuperación das horas perdidas mediantea realización de actividades relacionadas cos contidos traballados durante a sesióncorrespondente e facilitadas polo profesor.

• Participación do alumnado en todas as actividades propostas tanto individuais comoen grupo.

• Unha ou varias probas teóricas ou practicas relacionadas coa unidade didáctica.ntrega dun traballo final a determinar polo grupo.

Como instrumentos de avaliación utilizaranse, nos dous últimos apartados dosprocedementos descritos antes:

• Exames escritos, os cales poden ser teóricos (resposta de preguntas ou exames tipo test, por exemplo), ou prácticos (exposicións, danzas, interpretacións, composicións...)

• Probas prácticas.• Traballo final sobre unha creación grupal.

No caso de alumnado que non supere a materia en xuño e teña que presentarse en setembroos instrumentos de avaliación basearanse nun exame a realizar polo alumno/a, podendo ser escritoou práctico (ou unha mistura das dúas opcións), debendo superar o alumnado o mesmo.

9.3.- Criterios de cualificación

Os criterios de cualificación para a avaliación da materia serán os seguintes:

• Asistencia regular a clase e Participación nas actividades propostas: suporán un10% da nota final, tendo en conta que nos traballos en grupo avaliarase a cadaalumno de xeito individual segundo a súa participación na actividade do grupo.

• Probas teóricas ou practicas: suporán o 80% da nota final, debendo ter neste apartado máis dun 4 de media para que se avalíe o seguinte apartado.

• Traballo final: suporá o 10% da nota final.

O traballo final debe superarse cunha nota igual ou superior a 5 para que se considereválido. Se a nota é inferior considerarase un proxecto incompleto e a puntuación do mesmo será tidaen conta ou non para a nota final segundo o criterio do profesor.

Para o alumnado que non supere a materia en xuño e teña que presentarse en setembro oscriterios de cualificación basearanse nun exame a realizar polo alumno, supoñendo o mesmo o100% da nota.

22

Page 23: MÚSICA 3º ESO · 2021. 2. 23. · 1.- Introdución e contextualización (páx 3) 2.- Contribución ao desenvolvemento das competencias clave(páx 4) 3.- Relación de estándares

10.- Indicadores de logro para a avaliación do proceso do ensino e apráctica docente.

O mellor indicador do proceso do ensino e a práctica docente é a nota reflectida en cadatrimestre, pois nela van incluídos os diferentes baremos que consideramos que deben ser avaliados.Tamén se terá en conta a actitude cara a materia, a atención e participación na clase, a realizacióndas tarefas encomendadas diariamente, así como os resultados obtidos nos diferentes exames erecuperacións.

A efectos de recibir información do propio alumnado acerca do desempeño do noso traballo,cara o final de curso pediráselle que fagan unha avaliación da nosa labor como docentes, anónimo exustificado, pois non debemos esquecer que a información que eles nos proporcionen pode ser moivaliosa.

A práctica docente verase reflectida tamén nos resultados obtidos nas diferentes probasinternas levadas a cabo no Instituto e nas externas, entendendo por estas últimas as que se poidanfacer de acordo coa nova lei. Os resultados do alumnado na Selectividade proporcionarán taméninformación acerca da efectividade do exercicio docente.

23

Page 24: MÚSICA 3º ESO · 2021. 2. 23. · 1.- Introdución e contextualización (páx 3) 2.- Contribución ao desenvolvemento das competencias clave(páx 4) 3.- Relación de estándares

11.- Actividades de seguimento, recuperación e avaliación das materias pendentes.

O profesorado que teña alumnado con materias pendentes será o encargado de realizar actividadesde reforzo e de avaliación de acordo cos procedementos que se indican nesta programación; estasactividades desenvolveranse no tempo libre, tanto do alumnado coma do profesorado e consistirán eninterpretacións musicais, lectura ou traballos de investigación etc. Deste xeito o alumnado pode irsuperando parte do currículo con este tipo de actividades.

Non obstante, cando o resultado da avaliación continua nos casos anteriormente citados sexanegativo, este alumnado poderá realizar unha proba no mes de maio e outra en setembro que versará sobreos contidos mínimos indicados en cada caso.

O alumnado ao que non se lle imparta a materia por recuperar do curso correspondente no que estámatriculado e ten pendente a do curso anterior, será tutelado periodicamente ao longo do curso pola Xefade Departamento que é á que lle corresponde avalialo.

12.- Avaliación inicial

Realizase ao comezo das actividades para poñer de manifesto as capacidades,coñecementos e actitudes previas do alumnado. Isto permite coñecer o punto de partida a partir docal valorar o seu progreso. Dese xeito, ó comezo do curso realizarase un cuestionario individualpara coñecer os coñecementos previos do alumnado e detectar posibles problemas.

Por outra banda, o seguimento do alumno e do seu traballo no día a día permitirá localizaralumnado que requira unha atención educativa diferente á ordinaria, aplicando nese caso as medidasnecesarias seguindo en todo caso o Plan Xeral de atención á Diversidade.

12.1.- Medidas individuais ou colectivas a adoptar en función dos resultados

En base aos resultados obtidos na avaliación inicial tomaranse as medidas oportunas,tanto no plano individual como no grupal, no intento de adaptar a programación da clase áheteroxeneidade do grupo e as capacidades individuais tamén.

13.- Medidas de atención á diversidade

En relación ó alumnado con necesidades específicas de apoio educativo, o Decreto86/2015 do 25 de Xuño establece no seu Artigo 7 que:

“Para o alumnado que requira unha atención educativa diferente á ordinaria,por presentar necesidades educativas especiais, por dificultades específicas deaprendizaxe, trastorno por déficit de atención e hiperactividade (TDAH), polas súasaltas capacidades intelectuais, por se incorporar tarde ao sistema educativo ou porcondicións persoais ou de historia escolar, estableceranse as medidas curriculares eorganizativas necesarias co fin de que poida alcanzar o máximo desenvolvemento dassúas capacidades persoais e os obxectivos e competencias establecidas en cada etapapara todo o alumnado.

24

Page 25: MÚSICA 3º ESO · 2021. 2. 23. · 1.- Introdución e contextualización (páx 3) 2.- Contribución ao desenvolvemento das competencias clave(páx 4) 3.- Relación de estándares

Entre estas medidas estableceranse aquelas que garantan que as condicións derealización das avaliacións se adapten ás necesidades do alumnado con necesidadesespecíficas de apoio educativo.”

Unha educación verdadeiramente integradora e que preste especial atención ádiversidade ha de partir dos principios básicos de inclusión, normalización,individualización, igualdade de oportunidades, coñecementos previos (avaliacióninicial), detección e intervención temperá, intelixencias múltiples (Gardner)…

O Decreto, establece que o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo que requiraunha atención educativa diferente á ordinaria por presentar (1) necesidades educativas especiais, (2)dificultades específicas de aprendizaxe, (3) trastorno por déficit de atención e hiperactividade(TDAH), (4) altas capacidades intelectuais, (5) por se incorporar tarde ao sistema educativo ou por

(6) condicións persoais ou de historia escolar poida alcanzar o máximo desenvolvemento das súascapacidades persoais e os obxectivos e as competencias da etapa, estableceranse as medidascurriculares e organizativas oportunas que aseguren o seu progreso axeitado.

Dentro das medidas de atención á diversidade podemos adoptar as seguintes: adaptacións de acceso ao currículo, adaptacións significativas e adaptacións non significativas.

Adaptacións de acceso ao currículo. De acceso físico: recursos espaciais, materiais epersoais (eliminación de barreiras arquitectónicas, adecuada iluminación e sonoridades, mobiliarioadaptado, profesorado de apoio especializado). De acceso á comunicación: materiais específicos deensinanza: aprendizaxe, axudas técnicas e tecnolóxicas, sistemas de comunicacióncomplementarios, sistemas alternativos (braille, lupas, telescopios, ordenadores, gravadoras,linguaxe de signos)

Adaptacións significativas. Modificacións que se realizan desde a programación, previaavaliación psicopedagóxica, e que afectan aos elementos prescritos do currículo, por modificarobxectivos xerais de etapa, contidos, criterios de avaliación e estándares de aprendizaxe. Estasadaptacións poden consistir en: adaptar os obxectivos, contidos, criterios de avaliación e estándaresde aprendizaxe; mudar a temporalización dos obxectivos, contidos, CA e estándares, eliminarobxectivos, contidos, CA e estándares do curso; ou introducir obxectivos, contidos, CA e estándaresde cursos anteriores.

Adaptacións non significativas. Modifican elementos non prescritos do currículo. Sonadaptacións en canto a temporalización, actividades, metodoloxías, técnicas e instrumentos deavaliación.

En cumprimento do anterior, na presente materia adoptaranse as seguintes medidaspreventivas para a detección de necesidades atendendo aos distintos ritmos de aprendizaxe:

• Avaliación inicial.

• Análise dos traballos realizados polos alumnos.

• Actividades iniciais sobre meta-aprendizaxe: explicación de métodos de traballo dasunidades didácticas, destrezas básicas para estudalas e procedemento de controlsobre a propia aprendizaxe.

E, en caso necesario, tomaranse as seguintes medidas ordinarias:

25

Page 26: MÚSICA 3º ESO · 2021. 2. 23. · 1.- Introdución e contextualización (páx 3) 2.- Contribución ao desenvolvemento das competencias clave(páx 4) 3.- Relación de estándares

• Actividades de reforzo que fundamenten futuras aprendizaxes significativas e van dirixidas a aqueles estudantes que teñen lagoas en aspectos básicos.

14.- Elementos transversais

En relación ós elementos transversais, o Decreto 86/2015 do 25 de Xuño establece no seuArtigo 4 que:

“A comprensión lectora, a expresión oral e escrita, a comunicación audiovisual, astecnoloxías da información e da comunicación, o emprendemento, e a educación cívica econstitucional traballaranse en todas as materias, sen prexuízo do seu tratamento específiconalgunhas das materias de cada etapa.”

E, no apartado 3 do mesmo punto:

“A consellería con competencias en materia de educación fomentará asmedidas para que o alumnado participe en actividades que lle permitan afianzar oespírito emprendedor e a iniciativa empresarial a partir de aptitudes como acreatividade, a autonomía, a iniciativa, o traballo en equipo, a confianza nun mesmo eo sentido crítico.”

Un dos principios en que se inspira o sistema educativo é a transmisión e posta en práctica devalores que favorezan a liberdade persoal, a responsabilidade, a cidadanía democrática, asolidariedade, a tolerancia, a igualdade, o respecto e a xustiza, así como que axuden a superarcalquera tipo de discriminación. Estes e outros aspectos han de abordarse de xeito transversal atodas as disciplinas, tendo a Educación Musical un papel destacado na transmisións dos seguinteselementos:

Comprensión lectora. Favorecerase a través da lectura dos contidos específicos da materia enaquelas actividades concretas que teñan un soporte textual: cancións, poemas musicados,audición e lectura de contos musicais...

Expresión oral e escrita. A través da interpretación vocal de cancións, textos dramatizados,lectura e gravación de contos sonoros... e na realización de composicións textuais e creación deletras a partir dunha melodía dada.

Comunicación audiovisual. Fomentarase a gravación sonora e audiovisual das producións ecreacións propias mediante a utilización de soportes dixitais para a gravación e edición deaudio e vídeo. Reprodución de audio e vídeo en distintos soportes.

Tecnoloxías da información e da comunicación. Utilización de distintos medios para aaprendizaxe dos contidos específicos da materia, así como para a procura de información ereprodución e visualización de contidos.

Emprendemento. A música facilita o desenvolvemento e afianzamento do espíritoemprendedor, a través da interpretación grupal e individual de pezas musicais e danzas, e através da escoita activa das producións propias e das alleas. Estas actividades implican

26

Page 27: MÚSICA 3º ESO · 2021. 2. 23. · 1.- Introdución e contextualización (páx 3) 2.- Contribución ao desenvolvemento das competencias clave(páx 4) 3.- Relación de estándares

aptitudes como a creatividade, a autonomía, a iniciativa, o traballo en equipo, a confianza nunmesmo e o sentido crítico.

Educación cívica e constitucional. Potenciarase a través de distintas actividades nas que sepoña en valor a importancia da música como elemento fundamental da nosa identidade culturale da transmisión dos principios sociais de xustiza, igualdade, fraternidade, democracia... porexemplo a través da interpretación de himnos (Oda á alegría). Igualmente, partirase do traballoen grupo para fomentar os valores democráticos, a tolerancia, o respecto... como marcofundamental para a interpretación en conxunto.

Ademais dos elementos mencionados, promoveranse e fomentaranse a través da música, unhaserie de valores transversais:

Educación ambiental. Terase en conta a relación co medio no que viven. A contaminaciónacústica, as implicacións do son sobre a saúde, a importancia do silencio...

Educación para a igualdade. Débese ter coidado na división entre sexos, por exemplo á horade realizar danzas ou asignar roles, e prestarase importancia ao papel da muller no mundo damúsica. Evitaranse os comportamentos estereotipados e contidos sexistas, así como aqueles quesupoñan discriminación por razón da orientación sexual ou da identidade de xénero,favorecendo a visibilidade da realidade homosexual, bisexual, transexual, transxénero eintersexual. Fomentarase o respecto e o valor de cada sexo na produción musical e daranseoutros enfoques sobre a música desde o punto de vista de xénero.

Educación para a paz. Promover a aprendizaxe da prevención e resolución pacífica deconflitos en todos os ámbitos da vida persoal, familiar e social, tendo en conta o valorconciliador da música e o seu carácter de práctica grupal, así como a súa característica de serunha linguaxe asemántica. Fomentarase a tolerancia cara distintos grupos étnicos e culturais,dando relevancia a manifestacións culturais concretas e considerándoas en igualdade dedignidade que as propias. Do mesmo modo débese fomentar o respecto aos compañeiros e ásproducións xurdidas na aula, así como fóra dela. Débese manter en todo momento unhaconexión co mundo que rodea ao noso alumnado, sobre todo o seu ambiente máis inmediato coque poder exemplificar e, deste modo, facer máis significativos os contidos tratados.

Educación do consumidor. No referente ao consumo de música, crear unha actitude críticaante o mercado discográfico, distinción entre os dereitos de autor e o dominio común,promover o uso responsable dos dispositivos electrónicos, orientar na escoita de distintosestilos musicais atendendo a criterios estéticos e de calidade interpretativa... Analizar apublicidade e os medios de comunicación.

Educación cívico-vial. Aínda que non é un aspecto central a tratar na educación musical, podenfacerse paralelismos entre as normas que permiten unha boa execución instrumental e corporale aquelas que favorecen o diálogo, a tolerancia, a prudencia, o autocontrol... encamiñadas aevitar os accidentes de tráfico e mellorar a convivencia.

Educación para a saúde. Atópase nun lugar destacado, posto que a música e a danza

27

Page 28: MÚSICA 3º ESO · 2021. 2. 23. · 1.- Introdución e contextualización (páx 3) 2.- Contribución ao desenvolvemento das competencias clave(páx 4) 3.- Relación de estándares

constitúen un magnifico ámbito para o estímulo do equilibrio psicofísico. A maiores, taméntemos que ter en conta, á hora de empregar técnicas de canto, a importancia de cuidar o nosoaparato fonador, unha hixiene bucal axeitada, así como a importancia de fomentar unhacorrecta respiración. Tamén podemos traballar técnicas de relaxación e a musicoterapia.

A interdisciplinariedade da Música implica establecer relacións entre esta e outras áreas. Acomplementariedade interdisciplinar dependerá do grao de coordinación efectiva alcanzado polosequipos docentes e da estrutura organizativa do Centro.

Este enfoque pedagóxico contribúe a dar significado e coherencia ás aprendizaxes, a que oalumnado poda integralos ampliando globalmente os seus esquemas de coñecemento e a mellorar asúa capacidade para establecer relacións e comprender mellor o mundo que o rodea.

A través deste procedemento o alumno/a poderá adquirir unha formación que lle permitavalorar criticamente as diferentes manifestacións musicais que lle ofrece a nosa sociedade. Débesecolaborar con outras áreas para elaborar actividades conxuntas ou complementarias e favorecer untratamento globalizado cun maior nivel de significado para as nosas alumnos e alumnas.

15.- Actividades complementarias e extraescolares

1.- O Departamento programa saídas aos concertos didácticos ofertados polo Auditorio de Galiza en Santiago de Compostela. Ditas actividades están pendentes de confirmar, pero tentaremos distribuílas ao longo de curso (unha por trimestre mínimo)

2.- No mes de maio o Departamento coordinará un encontro de Regueifa “Regueifesta” a nivel galego noAuditorio de Galiza de Santiago de Compostela para 1.000 alumnos/as.

3.- No mes de abril está programado o terceiro encontro “Regueibertso” con un centro de Arratia (EuskalHerria). O alumnado de Baio participante na actividade visitará durante catro días este Centro Educativo eno mes de maio o alumnado do País Vasco visitará a nosa zona.

4.- Participamos activamente na Semana Cultural.

5.- Estamos pendentes dunha colaboración no proxecto Erasmus + con un intercambio a través daimprovisación oral en verso coa Illa de Madeira.

6.- Durante todo o ano realizaremos actividades co IES Marco do Camballón de Vila de Cruces.

7.- Co alumnado de Artes Escénicas e Xestión Cultural seguimos organizando en Nadal a “FoliadaSolidaria”, en colaboración coas familias e a Asociación Cultural Adro.

8.- Saídas a Coruña para a programación de Concertos Didácticos ou Obras Teatrais. (por confirmar)

9.- Programaremos saídas a Ciclos de Cine en Coruña e Santiago. (Sala Numax, Ciclo Amal,Curtocircuito...)

28

Page 29: MÚSICA 3º ESO · 2021. 2. 23. · 1.- Introdución e contextualización (páx 3) 2.- Contribución ao desenvolvemento das competencias clave(páx 4) 3.- Relación de estándares

16.- Mecanismos de revisión, avaliación e modificación da programación

Periodicamente, a través das reunións do Departamento, farase un seguimento daprogramación didáctica e das modificacións oportunas, que se reflectirá na memoria final. Faraseespecial fincapé nos procesos de ensinanza aprendizaxe e adecuarase a actuación docente e osrecursos metodolóxicos cando sexa preciso.

16.1.- Modificacións propostas segundo a memoria do curso anterior.

Nada salientable agás os cambios que se piden no calendario da Lomce

29