Modelo de comentario feito: poema de Manuel María

12
COMENTARIO DE TEXTO “Bando”, de Manuel María

description

É unha orientación para realizar comentarios de poesía; os pasos son os mesmos sempre.

Transcript of Modelo de comentario feito: poema de Manuel María

Page 1: Modelo de comentario feito: poema de Manuel María

COMENTARIO DE TEXTO

“Bando”, de Manuel María

Page 2: Modelo de comentario feito: poema de Manuel María

Publícase por orde da alcaldíaque medren porque sias rosas do xardín municipal.Desde agora as pombas teñenque pedir licenza para voar.

Prohíbeselle á lúaandar ceiba de noite polo ceo.A lúa é unha tola que anda

espidadando mal exemplo ás nenas

castase aos fillos e familia.

Pagarán trabucos os poetas.Prohíbese soñar de 10 a 11.Prohíbese tamén derramar

bágoas.Pódese chorar tan só cando hai

sequíapara que non fiquen baldeiros os

pantanos.

Un só se pode emocionaros xoves e os domingoscando tocaa banda do Concello no quiosco.

Están fóra da leias estrelas, a primavera,as flores e os paxaros.

Dáse este bando en tal e talpara que se cumprade orde do alcalde.Asinado e rubricado.

Manuel María

Poema

Page 3: Modelo de comentario feito: poema de Manuel María

INTRODUCIÓN

Indicar quen é o autor e falar sobre el (dúas liñas).

A que xénero e subxénero pertence o texto?A que alude o título?

Page 4: Modelo de comentario feito: poema de Manuel María

O autor do poema “Bando” é Manuel María (1930 – 2004), poeta de produción extensa que ensaiou liñas temáticas como a poesía social comprometida, da que o poema “Bando” é un claro exemplo.

É unha poema de denucia social cuxo título ( “Bando”) alude a un tipo de escrito administrativo polo cal un alcalde se dirixe ao conxunto de cidadáns dun concello.

INTRODUCIÓN

Page 5: Modelo de comentario feito: poema de Manuel María

PLANO PRAGMÁTICO

Quen fala no poema? A quen se dirixe?Cal é o espazo do poema?E o tempo?

Page 6: Modelo de comentario feito: poema de Manuel María

PRAGMÁTICO

No poema un alcalde utiliza un bando para dirixirse ácidadanía no cal se enumeran prohibicións e obrigas: o alcalde é, polo tanto ,a voz poéticaO personaxe (ficticio) que fala é o suposto alcalde através do bando. O espazo hai que entendelo comounha representación de calquera vila galega da época eo tempo, se atendemos aos condicionantes sociais da época,está referenciado ao tempo da ditadura franquista, época quecoincide co curso biográfico do autor.

Page 7: Modelo de comentario feito: poema de Manuel María

PLANO DO CONTIDO

Que expresa o argumento? Cal é o tema? Que outros subtemas

aparecen?Por que cres que o autor escolleu esa

estrutura textual do bando?Que imaxe dá da sociedade dese momento o

autor?Utiliza a ironía? Onde se ve?É unha parodia? Razoa a resposta.

Page 8: Modelo de comentario feito: poema de Manuel María

CONTIDO

O argumento está claro: unha serie de ordes e prohibicións enumeradasnun texto que imita a estrutura propia dos bandos municipais serven paraparodiar as prohibicións, moitas delas absurdas, da época franquista.Emprégase a ironía de maneira reiterada (chegando á parodia) e mesmoxógase co absurdo de certas imaxes para identificar claramente osensentido de moitas prohibicións. Tamén o ton rebuscado, difícil e baleirode significado que moitas veces ofrece a linguaxe administrativa apareceparodiado.

O poema é un canto á liberdade e unha crítica da prepotencia daadministración no tempo da ditadura.

Page 9: Modelo de comentario feito: poema de Manuel María

PLANO DA EXPRESIÓN

Hai algo gráfico que afecta á expresividade do poema?

Nivel fónico: como é a métrica (se a hai)? como é a rima (se a hai)?

Como empeza o poema? Por que empeza así?Recursos literarios que encontras (nivel

morfosintáctico): omisión de palabras, repeticións…

Recursos literarios (nivel semántico): campos lexicais presentes, tropos (metáforas, símiles…), etc.

Page 10: Modelo de comentario feito: poema de Manuel María

EXPRESIÓN

- O poema imita graficamente a estrutura do bando; comeza con ese verbo en formaimpersoal tan propio destes textos (neste caso prohíbese),desenvólvese o contido deprohibicións e obrigas e remátase coa fórmula de peche, que inclúe data e lugar (en tal ecual) e suposta sinatura (Asinado e rubricado). - É un poema isométrico e carece de rima.- A repetición dos verbos –anáfora- (prohíbese, 4 veces) serve para enfatizar ocarácter represor das institucións da ditadura. - Hai personificacións para subliñar o absurdo de moitas prohibicións (dendeagora as pombas teñen que pedir licencia…, ou mesmo cando as estrelas, aPrimavera, as flores e os paxaros están sometidos ao imperio da lei…); tamén a idea deabsurdo se reforza couso da ironía (pódese chorar tan só cando hai sequía / para quenon fique baldeiros os pantanos ou en un só se pode emocionar os Xoves eDomingos cando toca a Banda do Concello no quiosco).

Page 11: Modelo de comentario feito: poema de Manuel María

INTERPRETACIÓN DO POEMA E CONCLUSIÓN.

Que idea quere transmitir o autor? Tentar estabelecer unha relación entre a análise gramatical / formal (estrutura de bando) e a idea que se quere transmitir.

Page 12: Modelo de comentario feito: poema de Manuel María

INTERPRETACIÓN E CONCLUSIÓN

Polo tanto o poeta utiliza a estrutura dun bando para enumerar asprohibicións e obrigas (que son funcións propias dun bando) cun contidoirónico e até absurdo; deste xeito, co sometemento de elementos danatureza, e o do propio elemento poético, ao dominio da lei, ás veces entermos ilóxicos ou mesmo ridículos, reflicte o estado de falta de liberdadeque existía na sociedade da época. O poema é un magnífico exemplo de fusión de linguaxes con trazos efinalidades moi distintas como son a linguaxe poética e a administrativa etodo se pon ao servizo da denuncia social nun tempo no que quizais ohumor, a ironía, eran armas que valían moito e ben para exercer a críticado réxime. Isto provoca un estrañamento no receptor, que se prepara parainterpretar o poema en termos de parodia.