Microrrelatos contra a VIOLENCIA DE XÉNERO

13
CONCURSO DE MICRORRELATOS Textos gañadores e finalistas IES POETA AÑÓN Novembro 2011 CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

description

Relatos breves que falan da VIOLENCIA DE XÉNERO, tal como a ven os alumnos do IES Poeta Añón de Outes (A Coruña)

Transcript of Microrrelatos contra a VIOLENCIA DE XÉNERO

Page 1: Microrrelatos contra a VIOLENCIA DE XÉNERO

CONCURSO DE MICRORRELATO

S

Textos gañadores e finalistas

IES POETA AÑÓN

Novembro 2011 CO

NTR

A A

VIO

LEN

CIA

DE

X

ÉN

ER

O

Page 2: Microrrelatos contra a VIOLENCIA DE XÉNERO

TEXTOSGAÑADORES

Page 3: Microrrelatos contra a VIOLENCIA DE XÉNERO

Ela é unha fotógrafa de prestixio e reflexa a realidade da vida nas súas fotografías. El é contable nunha pequena empresa. El é capaz de levar a contabilidade e o control rigoroso da casa. Ela non é capaz de fotografar a realidade da súa triste vida en parella.

CRISTINA PONCELAS ABEIJÓN 1º PCPI

MICRORRELATO GAÑADOR do 1º CICLO

Page 4: Microrrelatos contra a VIOLENCIA DE XÉNERO

Un día regaláchesme un sorriso. Logo chegaron os abrazos, as búsquedas entre a xente, as mans nas costas… . Non tardaron en aparecer as miradas que o dicían todo, os silencios eternos as palabras bonitas… os bicos… E si, agora, coas mans ensanguentadas, pregúntome o porqué. O porqué daquel sorriso.SARA MATO GONZÁLEZ 4ºA

UN DÍA REGALÁCHESME UN SORRISO

MICRORRELATO GAÑADOR do 2º CICLO

Page 5: Microrrelatos contra a VIOLENCIA DE XÉNERO

FINALISTAS

Page 6: Microrrelatos contra a VIOLENCIA DE XÉNERO

MANUEL RONQUETE FERNÁNDEZ 2ºPCPI

Eu son un home que se sente culpable por non ver que a ían matar. Como veciño vin a súa evolución: comezou insultándoa, logo empurrándoa, ameazándoa e finalmente matándoa.Fun incapaz de comprender a situación.É fácil ver cando e como rematan as cousas pero non nos decatamos cando comezan.

Page 7: Microrrelatos contra a VIOLENCIA DE XÉNERO

 Estaba asustada. O seu marido estaba fóra, seguramente borracho. Tiña medo, non sabía o que facer. Dubidaba, estaba indecisa e non sabía se denuncialo ou non. Sentíase soa, desamparada. Ao fin decidiuse, sabía que era o correcto. Aínda así sentíase insegura. Pero cando contou o seu problema sentíase moito mellor.

SIMÓN MATO GONZÁLEZ 2ºB

A DECISIÓN

Page 8: Microrrelatos contra a VIOLENCIA DE XÉNERO

Cando te sintes maltratada polo teu home, sintes medo. Hai que loitar moito, e seguir adiante pero quédanche moitas secuelas. Pensar que todos os días por calquera cousa era abuso continuo e tristeza. Cando sigues loitando e non aguantas máis chamas o 016 e contalo. A vida despois parece outra.

AINARA SOUTO FERNÁNDEZ 2ºB

SENTIRSE MALTRATADA

Page 9: Microrrelatos contra a VIOLENCIA DE XÉNERO

Todo ía ben, pero non sei o que me ocorreu, descontroleime. Odio, egoísmo, medo a perdela, non houbo un día en que ela non sufrise. Ese foi o único e gran fallo na miña vida. Agora non teño nada, só gañas de saír desta escuridade inmensa, chea de presos salvaxes.

ÁLVARO GARCÍA LAGO 3ºB

Page 10: Microrrelatos contra a VIOLENCIA DE XÉNERO

Cando Uxía chegou á casa non se sorprendeu do que viu … pero o pánico envolveuna de novo. Atopou á súa nai no chan da cociña … Esta vez non choraba, non temblaba, simplemente estaba tirada como unha boneca rota. Non vía a seu pai. ¿Escaparía?Uxía non volveu a ser ela.MARTÍN MANUEL LÓPEZ MÍGUEZ 3º B

Page 11: Microrrelatos contra a VIOLENCIA DE XÉNERO

-Por que non intentas facer algo?-Teño medo...-Medo? Pero se malla en ti todos os dias?

Mírate!-E se me mata?-De seguir así eu non tardarei en ir detrás da

túa caixa, mamá!-Deus Santo! Non digas eso!-Chorando e rezando as cousas non

mellorarán...-Xa pero…

ALBA LADO CAAMAÑO 3ºB

Page 12: Microrrelatos contra a VIOLENCIA DE XÉNERO

Espertándote todos os días igual. Con moito medo, coa túa fermosa cara totalmente desfeita... Non estás farta? Alégraste algunha vez que non está na casa pero o medo segue aí. Sabes que volverá a por ti, a pagar contigo a súa ira... Rebélate! Non estás soa! Non llo permitas.

ALBA LADO CAAMAÑO 3ºB

Page 13: Microrrelatos contra a VIOLENCIA DE XÉNERO

AGRADECEMENTOSA todo o alumnado participante.

Aos profesores colaboradores.Aos membros do xurado.

BIBLIOTECA IES POETA AÑÓN-OUTES-CURSO 2011-2012