ies.cosme.lopez · Web view25 NOVEMBRO. Día contra a Violencia de Xénero. A violencia de xénero...

3
25 NOVEMBRO. Día contra a Violencia de Xénero. A violencia de xénero segue sendo un das principais lacras da nosa sociedade. A violencia de xénero é un problema que persiste globalmente: a OMS estima que unha de cada tres mulleres do mundo sufriu violencia física ou sexual. É preciso ser consciente de toda esta situación que nos rodea. Por iso, todos os días 25 de novembro celébrase o Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Un día para reflexionar. O alumnado do IES Cosme fai a súa pequena homenaxe elaborando un mural “Valdeorras en negro, en cor”. Coordinados pola profesora de galego o alumnado de 2º da ESO elaborou este mural en representando unha árbore como a vida, por unha banda cando existe unha convivencia sá e pola outra cando existe maltrato. Outra das actividades organizadas para este día dende o departamento de orientación en colaboración coa Cruz Vermella foi o alumnado de 1º e 2º da ESO que baixou ao Concello onde se

Transcript of ies.cosme.lopez · Web view25 NOVEMBRO. Día contra a Violencia de Xénero. A violencia de xénero...

Page 1: ies.cosme.lopez · Web view25 NOVEMBRO. Día contra a Violencia de Xénero. A violencia de xénero segue sendo un das principais lacras da nosa sociedade. A violencia de xénero é

25 NOVEMBRO. Día contra a Violencia de Xénero.

A violencia de xénero segue sendo un das principais lacras da nosa sociedade. A violencia de xénero é un problema que persiste globalmente: a OMS estima que unha de cada tres mulleres do mundo sufriu violencia física ou sexual.É preciso ser consciente de toda esta situación que nos rodea. Por iso, todos os días 25 de novembro celébrase o Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Un día para reflexionar.

O alumnado do IES Cosme fai a súa pequena homenaxe elaborando un mural “Valdeorras en negro, en cor”. Coordinados pola profesora de galego o alumnado de 2º da ESO elaborou este mural en representando unha árbore como a vida, por unha banda cando existe unha convivencia sá e pola outra cando existe maltrato.

Outra das actividades organizadas para este día dende o departamento de orientación en colaboración coa Cruz Vermella foi o alumnado de 1º e 2º da ESO que baixou ao Concello onde se gardou un minuto de silencio polas vítimas e se leu un manifesto.

Page 2: ies.cosme.lopez · Web view25 NOVEMBRO. Día contra a Violencia de Xénero. A violencia de xénero segue sendo un das principais lacras da nosa sociedade. A violencia de xénero é

Tamén durante o recreo, de novo, coordinado pola profesora de galego alumnado de música tocou unha canción na entrada do IES Cosme López mentres alumnos/as e profesores lían un manifesto e todo o Centro gardaba un minuto de silencio polas vítimas.