Mensaxe da 2ª botella

1
Ola: Desde o Lugar de Mórdomo arranca unha senda que remata na Vila de Laxe, 5 quilómetros máis ao norte, e que atravesa a Praia de Traba, unha praia aberta ao mar e co vento de nordés predominante. O sábado 2 de febreiro ás 17:06 atopámola vosa botella barada neste areal nas coordenadas: 43º 12´ 17´´ N 8º 51´ 43´´ W O interior estaba cheo de auga e a carta diluida formaba unha sopa de letras, so salvándose a parte da mensaxe que ía plastificada e a palabra PAZ, polo que damos por recibida a parte fundamental. Seguro que a próxima mensaxe chegará máis lonxe ... Unha aperta a todos os nenos e nenas da vosa escola. Por unha educación pública e de calidade Miguel e Mónica Lugar de Mórdomo , Traba de Laxe.

description

CEIP Antonio Pedrosa Latas

Transcript of Mensaxe da 2ª botella

Page 1: Mensaxe da 2ª botella

Ola:

Desde o Lugar de Mórdomo arranca unha senda que remata na Vila de

Laxe, 5 quilómetros máis ao norte, e que atravesa a Praia de Traba,

unha praia aberta ao mar e co vento de nordés predominante. O sábado 2

de febreiro ás 17:06 atopámola vosa botella barada neste areal nas

coordenadas:

43º 12´ 17´´ N

8º 51´ 43´´ W

O interior estaba cheo de auga e a carta diluida formaba unha sopa de

letras, so salvándose a parte da mensaxe que ía plastificada e a

palabra PAZ, polo que damos por recibida a parte fundamental.

Seguro que a próxima mensaxe chegará máis lonxe ...

Unha aperta a todos os nenos e nenas da vosa escola.

Por unha educación pública e de calidade

Miguel e Mónica

Lugar de Mórdomo , Traba de Laxe.