Memoria de actividades extraescolares · Día 14.- Recital do poeta Francisco Gomis (poemas de...
Transcript of Memoria de actividades extraescolares · Día 14.- Recital do poeta Francisco Gomis (poemas de...
1
10-11
IES Alexandre Bóveda
Memoria de actividades extraescolares
2
MEMORIA DE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES CURSO 10-11
Este ano fixemos unha serie de actividades que consideramos necesarias
para unha formación integral do noso alumnado.
Compre salientar a gran colaboración de case todo o profesorado, algo totalmente
imprescindible para levar a cabo estas actividades. Dende a vicedirección tentamos
promover e coordinar as visitas, saídas, excursións etc, pero non hai que esquecer o
Departamento de Orientación e a Biblioteca como dinamizadores do instituto.
Como todos os anos celebramos as festas tradicionais: magosto, entroido.
Tivemos charlas e conferencias. Moitos escritores visitaron a biblioteca.
As liguiñas de fútbol, balonmán, baloncesto celebráronse como todos os anos nos
recreos .
O instituto rememorou a figura de Lois Pereiro a quen se lle dedicou este ano o día
das Letras Galegas.
Participamos de novo na Semana Matemática, no Rallye Matemático e fomos a
Toulouse para participar na Olimpíada Matemática.
Tivemos teatro en inglés coa compañía Clever Pants coa obra School’s Out e contos
en inglés e galego con Tim Bowley e Charo Pita.
E, como non podía ser menos tratándose deste centro, viaxamos por Galiza, Andorra,
Portugal, e mesmo chegamos a París.
3
OUTUBRO
Día 5.- Visita a Ourense do curso 1º Bacharelato D acompañado por Dani
Rodríguez e Ana Álvarez.
Día 11.- Saída á illa de Sálvora dos cursos 4º ESO A e B e algúns alumnos de
2º de Bach B, acompañados por Conchi Alonso e Mª Carmen
Martínez.
Día 15.- Dentro do programa Vigo por dentro visita á vila romana de Toralla.
3º B e 3º Div acompañados por Fernando Pérez.
Día 18.- Proxección da película galega Retornos para os 4ºs de ESO e o 2ºBach
de Artes Escénicas.
Día 20.- Obradoiro de arqueoloxía do CEDAM. 1º Bach C e D de Antropoloxía,
coa profesora Mercedes Oliveira.
Día 28.- Excursión para visitar os petroglifos de Campo Lameiro. 1º Bach C e D
con Ricardo Álvarez e Álvaro Varela.
NOVEMBRO
Día 4.- Visita a Toysal dentro do programa Vigo por dentro dos alumnos de
1º ESO C con Rosa Conde.
4
Proxección de curtametraxes do festival Curtopía para 4º DIV e 1ºs
Bach D e F.
Día 5.- Magosto no monte Vixiador. Asisten 438 alumnos e 25 profesores.
Día 11.- 3º A, B e DIV acompañados por Paco Centeno e Antón Piñeiro visitan
Lugo .
Día 15.- Todos os 1ºs Bach asisten a dúas sesións dos contacontos en inglés e
galego Charo Pita e Tim Bowley.
Día 17.- 2º ESO C con Miguel Alonso visita as excavacións do Castro.
5
Día 18.- 54 alumnos de 3º ESO van ver a representación teatral Rinconete y
Cortadillo con Pilar Ferrín e Josefa Beloso.
Alumnos de 4º A e C van a unha exposición ao Marco, cos profesores
Daniel Rodríguez e José Luis Varela.
DECEMBRO
Días 12-15.- Viaxe de 52 alumnos de 2º de Bach a Lisboa, acompañados por
Ricardo Álvarez e Mª Luz Valencia.
Día 16.- Os alumnos de 2º de Bach D e E visitan a Escola de Arte Dramático
acompañados por Carmen Otero e Ana López.
XANEIRO
Día 14.- Recital do poeta Francisco Gomis (poemas de Miguel Hernández)
para alumnos de 3º, 4º e 2º de Bach.
Días 15-22 Excursión a Andorra. 85 alumnos acompañados por Conchi Alonso,
Víctor Bernal, Laura Espinosa e Mª Carmen Martínez.
6
Día 24 Os 3ºs e 4ºs asisten a unha representación de teatro en inglés a cargo
do grupo Clever Pants, coa obra School’s Out.
Día 26 Alumnos de 1º Bach C e D, con Ana Álvarez e Ana López viaxan a
Oporto.
Día 28 Dentro do programa Vigo por dentro, realízase unha visita guiada en
inglés polo casco vello de Vigo. Asisten 3º A e Div.
FEBREIRO
Día 1.- Os profesores Daniel Rodríguez e Ana Álvarez acompañan aos
alumnos de 1º Bach B a unha visita ao Marco.
Día 3.- Casa das Ciencias de A Coruña, 4º A e B acompañados por Mª Carmen
Martínez e Conchi Alonso.
Día 10.- Alumnos de 2º Bach D e E acoden ao Verbum para ver unha
representación teatral basada en Farenheit 451. Acompáñaos Carmen
Otero.
7
Día11.- Obradoiro de danza impartido polo bailarín Diego Lago para 1º Bach
F.
Día 13.- Dentro do programa Vigo por dentro, 1º ESO D, acompañado por
Dolores Araújo, visita Radio Vigo-Localia.
Días 14-25.- Exposición sobre meteoroloxía no centro.
Día 15.- Visita a La Voz de Galicia concedida por Vigo por dentro. 2º ESO D
con Ildefonso Piñeiro.
Día 17.- Jesús Díaz leva aos alumnos de 2º ESO A a unha visita a Aqualia,
dentro do programa Vigo por dentro.
Día 21.- Visita á fábrica de confección Pili Carrera, dentro do programa Vigo
por dentro. Alumnos de 4º C e D acompañados por Daniel Rodríguez.
Día 22.- Visita ao Marco do curso 4º B, acompañado por Ana Álvarez e Anxo
Alvaredo.
Día 24.- 1º Bach E visita a Escola de Arte Dramático acompañados por Eva
Fernández e Almudena Vidal.
Día 28.- 4º B e D e os 2ºs de Bach acoden á representación teatral de Tres
sombreros de copa, acompañados por Inés Pousa, Mercedes
González-Alegre e Josefa Beloso.
8
MARZO
Día 4.- Celebración do Entroido no instituto.
Día 10.- Teatro: El perro del hortelano. 1ºs de Bach con Enma Pérez,
Mercedes González-Alegre e Luz Cao.
Día 16.- Teatro: La casa de Bernarda Alba. 4ºs ESO e alumnos de 2º Bach.
Acompáñanos as profesoras Josefa Beloso, Inés Pousa e Pilar Ferrín
Día 23.- Visita á Fundación Laxeiro. Alumnos de 2º Bach D e E con Mª Dolores
Vázquez e Álvaro Varela.
Día 25.- Recital de poesía portuguesa a cargo do profesor Ricardo Álvarez
para os alumnos de 2º Bach.
9
Día 30.- Conferencia a cargo da decana da Facultade de Matemáticas da
Universidade de Vigo para 4ºs e 1ºs de Bach. Entrega de premios do
Departamento de Matemáticas.
ABRIL
Día 4.- Viaxe a Guimarâes de alumnos de 4º A, B e C, cos profesores Ana
Álvarez e Daniel Rodríguez.
Día 7- Saída a Santiago de 1º Bach A e B, para visitar a Cidade da Cultura e o
observatorio meteorolóxico. Van con eles as profesoras Rosalía
Fernández e Beatriz Iglesias.
Museo Liste. 3ºs B e D con Ricardo Álvarez e Daniel Rodríguez.
Día 8.- Conferencia para o Bach musical a cargo de D. Javier Jurado, profesor
do Conservatorio Superior de Música.
Días 9-13.- Viaxe a París de 68 alumnos do centro acompañados polos profesores
Sara Pérez, Mercedes Pérez, Benigno Nerga, Ángeles López e Antón
Piñeiro.
10
Día 13. Visita á Facultade de Bioloxía de alumnos de 4º B e 1ºs Bach A e B,
coas profesoras Mercedes Chamorro, Rosa Domínguez e Mª Carmen
Martínez.
Día 14.- Aula de arqueoloxía de Castrelos. 1º ESO A con Pilar Vázquez.
Museo Liste. 3ºs A e C con José Ramos e Belén .
Día 29.- Obradoiros de artesanía (canteiros) para 1º ESO E e B. Van
acompañados por Josefa Beloso, Joaquín Sandoval, Patricia Cordeiro
e Jesús Díaz.
Día 28.- 3º ESO A viaxa a Santiago para recoller o premio de gañadores do
Rallye matemático. Visitan as cubertas da catedral. Acompáñanos
Paco Centeno e Rosalía Fernández.
11
Uns vinte alumnos de 2º Bach, coa profesora Inés Pousa, visitan a
Facultade de Filoloxía do CUVI.
Día 29.- 54 alumnos de 4º A, B e C van dous días ás Fragas do Eume, dentro do
programa Proxecto Terra. Os profesores acompañantes son Ana
Álvarez, Cristina Baltar e Daniel Rodríguez.
MAIO
Día 2.- Charla sobre nutrición impartida por Dona Flora Barreiro e
organizada polo Departamento de Educación Física para 1ºs Bach A, B
e D.
Día 5.- Anxos Vázquez e Álvaro Varela acompañan a alumnos de 1º Bach C,
D e E ao Verbum para asistir a unha representación teatral e visitar o
museo.
Día 6.- Todos os 1ºs da ESO acoden ao Rebumbio matemático.
.
Día 10.- Un grupo de teatro do colexio 6do Nadal dá unha representación da
obra Ai mamasiña que medo para os 1ºs da ESO.
Día 11.- Vela e remo no Náutico de Bouzas. 1º Bach E con Laura Vieites.
Día 12.- Vela e remo no Náutico de Bouzas. 1º Bach C con Laura Vieites e José
Ramos.
12
Os 1ºs da ESO participan no Correlingua. Os profesores
acompañantes son Josefa Beloso, Álvaro Varela, Antón Piñeiro,
Patricia Cordeiro e Ildefonso Piñeiro.
Día 13.- Vela e remo no Náutico de Bouzas. 3º A e Div con Laura Vieites e José
Ramos.
Día 18.- Vela e remo no Náutico de Bouzas. 3º C con Laura Vieites e Carmen
Otero.
Día 19.- Vela e remo no Náutico de Bouzas. 3º D con Laura Vieites e Mercedes
González-Alegre.
4º Div, acompañados por Rosa Bea e Daniel Rodríguez fan unha ruta
arquitectónica por Vigo.
Día 20.- Vela e remo no Náutico de Bouzas. 3º B con Laura Vieites e Cristina
Baltar.
Día 23.- Visita á ONCE, dentro do programa Vigo por dentro. 1º ESO A con
Pilar Vázquez.
Vela e remo no Náutico de Bouzas. 1º Bach F con Laura Vieites .
Día s 24-27.- O grupo de 3º A viaxa a Toulouse para participar na Olimpíada
Matemática coas profesoras Rosalía Fernández e Mercedes Pérez.
Día 25.- Alumnos de 3º B, D e Div, co profesor Antón Piñeiro fan unha
excursión a Corrubedo.
13
Os 2ºs da ESO acoden a unha representación teatral (Tengamos el
sexo en paz) a cargo do grupo de teatro do Politécnico.
Día 26.- Os 4ºs da ESO practican piragüismo no río Miño. Os profesores
acompañantes son Conchi Alonso, Víctor Bernal, Luz Cao e Mª
Carmen Martínez.
Día 30.- Acto de despedida dos 2ºs de Bacharelato.
14
XUÑO
Día 1.- Un grupo de alumnos de 1º Bach D, co seu profesor Daniel Rodríguez,
recollen en Santiago un accésit obtido cunha curtametraxe sobre os
trasplantes.
4º Div viaxa a Santiago coa súa profesora Rosa Bea.
Día 2.- As escritoras Salma e María Reimóndez charlan cos alumnos de
antropoloxía de 1º Bach B e C.
Día 17.- Os 1ºs de Bach E e F representan un musical
Día 20.- Excursión ás Cíes. 390 alumnos acompañados por 18 profesores.
15
Día 22- Representación da obra O anel máxico polo grupo de teatro do
instituto Vicus Teatro.