Mapas

20
Tratamento de información e competencia dixital Uso das TIC nas clases de Ciencias Sociais CFR de Lugo, outubro do 2008

description

Tutorial básico de Google Maps e Google Earth

Transcript of Mapas

Page 1: Mapas

Tratamento de información e competencia dixital

Uso das TIC nas clases de Ciencias Sociais

CFR de Lugo, outubro do 2008

Page 2: Mapas

Google MapsBuscador. Aquí escribimos os lugares que queremos ver da forma enderezo, cidade

Neste panel veremos as ferramentas para calcular traxectorias e para gardar mapas

Ferramentas de desprazamento e zoom

Distintas formas de ver os mapas

Page 3: Mapas

Google Maps - Controis

Frechas de desprazamento norte, sur, este e oeste. Teñen a mesma función que o movemento do mapa co botón esquerdo do rato pulsado

O botón central devolve á vista inicial, tanto no desprazamento como no zoom

Zoom. Podemos empregalo pulsando os botóns co símbolo + e -, movendo a barra de desprazamento ou movendo a roda do rato.

Page 4: Mapas

Google Maps – Panel esquerdoResultados das buscas, nalgún caso acompañadas das fotos de Panoramio. Se hai varios lugares co mesmo nome aquí veremos a relación e temos que elixir o que buscamos.

Se pedimos unha traxectoria veremos a ruta detallada.

Se estamos facendo un mapa veremos as marcas e comentarios que poñemos.

Page 5: Mapas

Google Maps - BuscasGoogle Maps permite buscar:

• Enderezos: Rúa Yáñez Rebolo 31, Lugo

• Carreteras: N VI, Rábade

• Lugares, pobos, cidades, provincias, países, continentes: Galicia

• Negocios: Panadería, Lugo

• Coordenadas: +42° 23' 58", -108° 40' 38“ (o símbolo dos grados ° corresponde ao código 0176 e ponse pulsando este código no teclado numérico do ordenador coa tecla Alt pulsada. Nos ordenadores portátiles hai que activar previamente o teclado numérico, no meu coa combinación Fn + Num LK, pero vaite ti a saber a combinación de cada modelo.Tamén pódese usar o mapa de caracteres: Inicio Todos os programas Accesorios Ferramentas do sistema Mapa de caracteres)

• Accidentes xeográficos: Pico Mustallar

Page 6: Mapas

Google Maps - VistasMapa Satélite

Relieve Street View (só nalgunhas cidades)

Page 7: Mapas

Podemos elixir se se mostran ou non os mapas na impresión. Pódese poñer un mapa grande ou os pequenos correspondentes a cada paso.

Google Maps – Imprimir, enviar, enlazar

Mensaxe que se enviará por correo

Botóns para imprimir, enviar por correo ou enlazar nunha web ou nun blog

No enlace vemos dous códigos, un para facer un vínculo e outro para incrustar o mapa na web ou blog

Page 8: Mapas

Google Maps – Crear mapasPódense crear mapas poñendo marcas nos lugares que queremos gardar. Para crear un mapa imos ao panel esquerdo e pulsamos no enlace “Mis mapas” e despois en “Crear un mapa novo”.

Vainos pedir un título e unha descrición. Tamén podemos marcar se o mapa vai ser público (aparece nas buscas) ou restrinxido (pode accederse coñecendo o enderezo).

Page 9: Mapas

Google Maps – Crear mapas

Para engadir un novo punto no mapa.Temos que cubri o título e a descrición.

Os botóns “Texto enriquecido” e “Edición de HTML” serven para dar formato ao comentario

Ferramentas para sinalar lugares no mapa: seleccionar/editar características do mapa, engadir marcador, debuxar unha liña e debuxar unha forma.

Page 10: Mapas

SigpacSistema de Información Xeográfica de Parcelas Agrícolas.

Foi creado para facilitar aos agricultores a presentación de solicitudes con soporte gráfico e os controis administrativos sobre o terreno.

Zoom

Barra de ferramentas

Opcións de visualización

Pódese mover o mapa movendo o rato co botón esquerdo pulsado ou coas frechas do teclado.

A roda do rato e as teclas AvPag e PePag tamén funciona como zoom

Page 11: Mapas

Sigpac - FerramentasFerramenta busca. Ábrese o cadro de busca no que temos que cubrir a provincia, poboación... con códigos numéricos. No exemplo busco o pobo Abadín (1) na provincia de Lugo (27)

Voltar á vista inicial

Engadir a favoritos

Imprimir

Medir distancias e áreas

Page 12: Mapas

Microsoft Live MapsMicrosoft ten unha ferramenta de mapas similar a Google Maps. O aspecto gráfico está moito máis coidado, pero está en inglés e, de momento, non ten os servizos engadidos de Google (Panoramio, enlaces coa wikipedia...)

Page 13: Mapas

Google EarthPanel de busca. Pódense buscar cidades, países, enderezos, coordenadas xeográficas

Barra de ferramentas

Controis de navegación, para acercarse, inclinarse, moverse...

Capas, que podemos activar para ver rúas, vídeos, fotos realistas, edificios, carreteras... Poden descargarse máis de internet, creadas por Google ou outros organismos como o Ministerio de Cultura

Lugares, que podemos destacar engadindo marcas de posición que nos permitan chegar a eles rapidamente

Page 14: Mapas

Google Earth – ferramentas

Ver/ocultar o panel da esquerda

Engadir marca de posición. A usamos cando queremos destacar algún lugar

Engadir polígono, ruta, superpoñer imaxe

Mostrar regra. Podemos medir distancias no mapa

Mostra luz ou escuridade segundo a hora do día que indiquemos

Alterna entre Google Earth e Google Sky

Enviar por correo, imprimir

Abre a imaxe que estamos vendo no Google Maps

Ver/ocultar o panel da esquerda

Engadir marca de posición. A usamos cando queremos destacar algún lugar

Engadir polígono, ruta, superpoñer imaxe

Ver/ocultar o panel da esquerda

Engadir marca de posición. A usamos cando queremos destacar algún lugar

Mostrar regra. Podemos medir distancias no mapa

Engadir polígono, ruta, superpoñer imaxe

Ver/ocultar o panel da esquerda

Engadir marca de posición. A usamos cando queremos destacar algún lugar

Mostra luz ou escuridade segundo a hora do día que indiquemos

Mostrar regra. Podemos medir distancias no mapa

Engadir polígono, ruta, superpoñer imaxe

Ver/ocultar o panel da esquerda

Engadir marca de posición. A usamos cando queremos destacar algún lugar

Alterna entre Google Earth e Google Sky

Mostra luz ou escuridade segundo a hora do día que indiquemos

Mostrar regra. Podemos medir distancias no mapa

Engadir polígono, ruta, superpoñer imaxe

Ver/ocultar o panel da esquerda

Engadir marca de posición. A usamos cando queremos destacar algún lugar

Enviar por correo, imprimir

Alterna entre Google Earth e Google Sky

Mostra luz ou escuridade segundo a hora do día que indiquemos

Mostrar regra. Podemos medir distancias no mapa

Engadir polígono, ruta, superpoñer imaxe

Ver/ocultar o panel da esquerda

Engadir marca de posición. A usamos cando queremos destacar algún lugar

Abre a imaxe que estamos vendo no Google Maps

Enviar por correo, imprimir

Alterna entre Google Earth e Google Sky

Mostra luz ou escuridade segundo a hora do día que indiquemos

Mostrar regra. Podemos medir distancias no mapa

Engadir polígono, ruta, superpoñer imaxe

Ver/ocultar o panel da esquerda

Engadir marca de posición. A usamos cando queremos destacar algún lugar

Page 15: Mapas

Google Earth - navegaciónRestablecer o norte. Pulsando neste botón coloca o norte na parte superior. Xirando a roda pódese cambiar o punto de vista.

Coas frechas cambiamos o punto de mira. Podemos facer o mesmo arrastrando o rato co botón dereito pulsado.

Para cambiar a posición, un pouquiño se pulsamos na frecha ou un movemento continuo se a mantemos pulsada. E o mesmo que usar as frechas do teclado ou mover o rato co botón esquerdo pulsado.

Zoom para acercarte ou alonxarte. Pódese simular co rato movéndo co botón dereito e a tecla Mayus pulsados.

Pódese simular un efecto 3D movendo o rato coa roda pulsada (ou a tecla Ctrl e o botón esquerdo se non ten roda nin botón central.

Page 16: Mapas

Google Earth – marcar un lugarPulsando na icona “Engadir marca de posición” ábrese un cadro no que temos que escribir o nome que imos dar á marca e un comentario que aparecerá no panel Lugares.

Na pestana Ver podemos cambiar a icona que pon a marca e en Estilo/cor cambiamos as cores coas que se ven o texto e a icona.

Primeiro temos que seleccionar a carpeta do panel Lugares onde queremos gardalo

En Ver hai un botón “Instantánea de vista actual” no que facemos que quede gardada a imaxe que temos na pantalla. Coa pestana Altitud podemos configurar a altura coa que imos ver o sitio.

Page 17: Mapas

Google Earth – marcar un sitioPódense crear carpetas nas que gardaremos unha serie de sitios relacionados, aos que podemos facer unha viaxe virtual facendo clic-clic na carpeta.

Podemos gardar unha carpeta ou un lugar pulsando nela co botón dereito e elixindo gardar lugar como.

O formato de gravación pode ser KMZ ou KML. Basicamente é o mesmo formato, pero nos KMZ o arquivo está comprimido.

Se temos un destes arquivos podemos levar o lugar gardado a outro ordenador ou envialo por correo.

Page 18: Mapas

Google Earth - Capas

A información que vexamos dos sitios depende das capas que teñamos seleccionadas.

A única diferenza entre capas e lugares é a entidade que as elabora: as capas están creadas por Google e os lugares pode crealos calquera persoa.

Unha capa que pode ser interesante marcar cando se visitan cidades é a de Edificios 3D, que permite ver algúns edificios en tres dimensións.

Page 19: Mapas

Google Earth – cambiar ceo e terra

O botón cambiar ceo e terra serve para entrar no programa Google Sky, con información sobre o espazo, aínda que a maioría dos recursos están en inglés.

Para volver ao Google Earth hai que darlle outra vez ao mesmo botón.

Page 20: Mapas

Google Earth – simulador de voo

Tamén hai un simulador de voo, no que podemos controlar co rato o funcionamento dun caza F16 ou unha avioneta SC22

Aínda que aos poucos segundos o resultado é sempre o mesmo.