Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA ......Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA...

112
Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA [email protected] 1 Foron peiraos feit0s pola necesidade creada coa crecente industria da salga, serradoiros de madeira e algún incluso da industria pesada e logo das fábricas de conservas que evolucionaran a partires dos almacéns de salagre. Industrias que por outra banda apareceron coa incursión dos fomentadores cataláns nas nosas costas. O curioso é que foi un tipo de inmigración moi parecida as nosas emigracións, explícome, nas nosas idas polo mundo adiante case que sempre ocorreu que un que o conseguía, chamaba o cuñado, este o irmán, o irmán o veciño, etc, etc. Pois o dos cataláns debeuche ser o mesmiño porque todos proceden de unha franxa moi concreta entre Arenys de Mar e Blanes (segundo estudos J.A.C.) . Como o trasporte tiña que ser a través de barcos non só os de pesca, tamén os que se dedicaban a compra e carrexo do peixe pas fábricas das citadas industrias e troncos de piñeiro e material manufacturado das diversos serradoiros e das telleiras, a parte de iso, estaba o movemento comercial e que xeralmente viña todo de Vigo e Vilagarcía nos veleiros, Balandros, Galeóns, Pailebotes, Polacras, etc. E deste xeito agromaron por toda veira do mar dando testemuña do industrializada que se encontraba esta parte de Galicia. Como tales foron efémeros debido no só o material empregado senón, tamén, a evolución nos sistemas de trasporte que pasou a ser por estrada. Na década dos sesenta aínda quedaba algún en pé e en uso, nembargante a maioría xa non estaban pa andar por enriba con certa seguridade. Onde os encontramos é a partires dun imaxinario eixo dende o Touro de Ribeira ao Touro da Illa de Arousa, pero con unha actividade extra na zona de Vilagarcía que daquela era o embigo dinámico-socio-comercial e xurídico-administrativo (no eido marítimo) de toda a Ría.

Transcript of Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA ......Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA...

Page 1: Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA ......Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA gagoperezm@gmail.com 4 E esta é unha “habilidá miña” para reflexar

Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA [email protected]

1

Foron peiraos feit0s pola necesidade creada coa crecente industria da

salga, serradoiros de madeira e algún incluso da industria pesada e logo

das fábricas de conservas que evolucionaran a partires dos almacéns de

salagre. Industrias que por outra banda apareceron coa incursión dos

fomentadores cataláns nas nosas costas. O curioso é que foi un tipo de

inmigración moi parecida as nosas emigracións, explícome, nas nosas idas

polo mundo adiante case que sempre ocorreu que un que o conseguía,

chamaba o cuñado, este o irmán, o irmán o veciño, etc, etc. Pois o dos

cataláns debeuche ser o mesmiño porque todos proceden de unha franxa

moi concreta entre Arenys de Mar e Blanes (segundo estudos J.A.C.) .

Como o trasporte tiña que ser a través de barcos non só os de pesca,

tamén os que se dedicaban a compra e carrexo do peixe pas fábricas das

citadas industrias e troncos de piñeiro e material manufacturado das

diversos serradoiros e das telleiras, a parte de iso, estaba o movemento

comercial e que xeralmente viña todo de Vigo e Vilagarcía nos veleiros,

Balandros, Galeóns, Pailebotes, Polacras, etc. E deste xeito agromaron por

toda veira do mar dando testemuña do industrializada que se encontraba

esta parte de Galicia.

Como tales foron efémeros debido no só o material empregado senón,

tamén, a evolución nos sistemas de trasporte que pasou a ser por estrada.

Na década dos sesenta aínda quedaba algún en pé e en uso, nembargante

a maioría xa non estaban pa andar por enriba con certa seguridade.

Onde os encontramos é a partires dun imaxinario eixo dende o Touro de

Ribeira ao Touro da Illa de Arousa, pero con unha actividade extra na

zona de Vilagarcía que daquela era o embigo dinámico-socio-comercial e

xurídico-administrativo (no eido marítimo) de toda a Ría.

Page 2: Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA ......Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA gagoperezm@gmail.com 4 E esta é unha “habilidá miña” para reflexar

Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA [email protected]

2

Nestes cadros adxacentes procedente de un documento editado pola FAO

no seu departamento de pesca, podemos ver a durabilidade das madeiras

sen tratamento, obviamente o ser tratadas contra as incrustacións

conseguíase unha maior duración pero, non cabe dúbida, dentro de un

marxe.

Como se pode apreciar nos seguinte cadros vemos o deterioro ocasionado

por este crustáceo da madeira que lles producía o efecto “reloxo de area”

nos pilotes de soporte verticais.

E neste outro da dereita, vemos como este tipo de lombriga chamado

teredo ten o pilote todo comesto internamente.

Crustáceo de la madera y efecto «reloj de arena» en los pilones

Gusano teredo y pilón perforado internamente.

Page 3: Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA ......Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA gagoperezm@gmail.com 4 E esta é unha “habilidá miña” para reflexar

Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA [email protected]

3

RIVEIRA

(Cando o mar ronca en Corrubedo, mariñeiro fica quedo)

O TOURO

Os primeiros que topamos en senso de unha viaxe norte-sur, como fan os

ingleses nas cartas náuticas, e que se poden considerar como molles, son os

das fábricas da AREA SECADA e do TOURO, se ben o primeiro debía ser

moi pouquiña cousa, parece ser que era un aproveito entre os cons en que

acababa o recheo o outros un pouco mais afora. Puxéronlle unhas vigas de

madeira entre eles e logo as travesas. Nesta foto en branco-negro sacada

do voo americano do ano 1956, vemos un pequeno apéndice saíndo de

terra . Logo debeu ser modificado por un acabado na punta en pedra

coma a ponte de cemento tal como se ve nestoutra foto dos anos setenta.

Isto sería bastante lóxico xa que e un lugar moi aberto o sur e sudoeste só

un pouco abrigado (se se pode considerar) po las pedras das Airó.

Pertencía a fábrica dos Briz, oriundos casteláns da parte de Salamanca;

os últimos tempos estivo nas mans dos Colomer de Palmeira que cerraran

a da Pobra. E por último ate hoxe nas de un señor de Pobra, Mauricio

Rebollido, pero sen actividade algunha.

Page 4: Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA ......Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA gagoperezm@gmail.com 4 E esta é unha “habilidá miña” para reflexar

Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA [email protected]

4

E esta é unha “habilidá miña” para

reflexar como habería podido ser nun

primeiro momento. Logo xa se lle puxo a

punta de pedra.

Logo ven o do TOURO, moi a caronciño do primeiro. Este xa era mais

grande ainda que non moito, coido que porque nesta parte da Ría as

augas collen profundidade moi rapidamente e non teñen a necesidade de

alargarse mais.Tamén era case que todo en pedra e só unha pequena

parte era de madeira (as vigas e traversas), os pedestales eran de pedra.

Estaba mais protéxido do ventos do sur que o anterior non só por unha

barra de praia alta senon que lle fixeran un muro de pedra para abrigo.

Este pertencía a fábrica dos Valeiras e aínda que a foto dí que é do 1929,

coido que en absoluto, por dúas razóns: unha, o molle xa está moi

deteriorado pa unha época que debía estar en pleno apoxeo, a outra,

demasiados nenos tomando baño para daquela. A fábrica xa non existe,

só as paredes restauradas co interior sen teito, foi habilitado coma parque

infantil

E unhas recreacións miñas de como podería haber sido.

Page 5: Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA ......Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA gagoperezm@gmail.com 4 E esta é unha “habilidá miña” para reflexar

Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA [email protected]

5

Estas luces entre a base da factoría e tramo maioritario de pedra, debe

ser a resposta a un imperativo de normativa legal para que as praias

tivesen continuidade no acceso público libre a súa totalidade.

CERQUEIRAS

Este debía ser moi fotoxénico xa que topeime con unha fartura de tomas.

Pertencía en segue pertencendo a Cerqueiras e hoxe ese espazo está recheo aínda que a fábrica segue. O interesantísimo de estas secuencia e que nos mostra o desenrolo no tempo desa parte de Riveira que é o barrio de Bandorrio. Como vemos este tiña as bases de soporte en pedra, non che era moi habitual pero algún mais atopamos como era o anterior do Touro e outro na Illa de Arousa. Na foto aérea do ´56 vémolo claramente e na actual púxenlle unha simulación de onde quedaría hoxe no recheo.

Page 6: Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA ......Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA gagoperezm@gmail.com 4 E esta é unha “habilidá miña” para reflexar

Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA [email protected]

6

Nos primeiros tempos vese que está toda a fábrica xa en espazo gañado o

mar.

Nesta excelente panorámica, seguramente dos cincuenta-sesenta,

podemos chegar a ver o peirao de

Valeiras que aínda está todo

enteiro, e mais o abrigo que o

separa da Area Secada, unha

verdadeira lástima que non se poda

ver o da Area Secada, aínda que

esta perspectiva ía ser difícil polo

pequecho que debía ser e tapado

pola mesma factoría. Tamén se

constata a gaña de expansión a

Page 7: Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA ......Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA gagoperezm@gmail.com 4 E esta é unha “habilidá miña” para reflexar

Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA [email protected]

7

costa de roubarlle ao mar anacos, a praza da verdura (hoxe debe ser onde

está o Auditorio).

E nesta derradeira, da

direita, con un pouquiño

mais de escombro o mar, xa

temos outra edificación ,

logo seguirán mais ate

covertilo en carreteira e

estes días con paseo

marítimo incluído.

Tiña unha característica exclusiva e era que a parte de madeira tiña

unha orientación mais o menos o leste e a parte final en pedra xiraba

hacia o norte coma buscando de aveirar as embarcacións atracadas o

socaire dos ventos do nerdés tan habituais.

Page 8: Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA ......Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA gagoperezm@gmail.com 4 E esta é unha “habilidá miña” para reflexar

Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA [email protected]

8

Embarcadero de madera.

Page 9: Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA ......Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA gagoperezm@gmail.com 4 E esta é unha “habilidá miña” para reflexar

Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA [email protected]

9

RIBEIRA-FRANXA PORTUARIA

(Cando ronca Teira, ou chuvia ou neboeira)

E xa en Santa Uxía, nos mesmos alicerces, ou sexa, aínda parece que lle

estaban facendo as cementacións a vila. Comentando con algúns dos mais

vellos sabemos que esta foto amósanos o molle do Filipino co almacén onde

estaban ate fai pouco os efectos navais de A Poutada pegado a fábrica do

xeo, nesta rampla en primeiro plan amarraban as veces algún barco

porque tiña unha argola de pedra furada.

Este almacén aínda se pode ver a pesares de uns pequenos cambios nos

accesos e xanelas. Estaba ocupado ate foi pouco como escaparate da

mentada tenda de efectos navais e de

lecer náutico

Page 10: Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA ......Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA gagoperezm@gmail.com 4 E esta é unha “habilidá miña” para reflexar

Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA [email protected]

10

E aquí enriba vemos o de Mariano Maldonado (“o Abadiño”) e mais o do

Filipino, vistos posiblemente dende a rampla do Cabalán, e xa se aprecia o

movemento de terras para os recheos que sucesivamente se irán

producindo. E esa laxe sería o que daba nome o lugar do Castelo? é onde

están hoxe o semáforo fronte o os barcos de Salvamento e os da Xunta.

En primeiro plan o molle do Abadiño e o que está mais o fondo era o de

Cardona. O instante e posterior a 1904 en que esta datada a construción

Page 11: Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA ......Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA gagoperezm@gmail.com 4 E esta é unha “habilidá miña” para reflexar

Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA [email protected]

11

da casa dos Vilas. Logo, debaixo, os mesmos dous molles vistos

seguramente dende a rampla do Cabalán.

E nelas aproveito e poño unhas calcamonías

miñas imaxinando o molle de “Pelos Blancos”, que

grazas os amigos Juan Pérez Pérez (xa sabemos

que en Santa Uxía hai un cento deles) pero

acláranolo moi ben Chenel Pérez Lustres quen

tamén me falou del e queda resumido nesta

mensaxe que me mandou: con respeto a "pelos Blancos" o nome era José

Antonio Martinez , era de Pontevedra, en Ribeira tubo Camións e tenda de

texidos e o fresco, a Rambla era donde che dixo meu primo Juan o do Julimar,

era toda de tablóns de madeira coma o de Cardona, non tiñan na punta pedras

como as outras, estaba fronte o que

hoxe é o Bulebar. El viviu na casa

onde era o bar Nordeste e tamén no

Castelo en unha casa que era da

familia da muller entre a casa

matriz dos " Prixelos” e a de

Maria Bandin ou sexa o estanco de

Picher e Carniceiria , Este señor tubo

que marchar cando a guerra. Esta

información pregunteina a persoas

mais vellas que min e a unha

familiar.

Nesta das redes, podemos ver este molle, loguiño, case que pegado o de

Cardona e o fondo, o do Abadiño, só se aprecian os paus, a plataforma

queda moi esfumada no borde do malecón.

Page 12: Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA ......Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA gagoperezm@gmail.com 4 E esta é unha “habilidá miña” para reflexar

Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA [email protected]

12

Aquí o lado, posterior as outras,

os mesmos dous molles. O de

Cardona debía coincidir case que

onde hoxe está pastelería Fina ou

o Liceo e un pouco mais dereita a

fábrica que logo foi garaxe do

Baltar y Sarasquete, o do

Abadiño mais o menos onde a

actual edificio de N.G.B.

E agora un pegado de tres fotos que aínda que o meu xeito de facer, danos un pouco a idea dunha sacada con grande angular.

A que ficaron unha chulada? E en todas estas fotos de esta parte de Sta.

Uxía, estamos seguros de que existía a rúa Rosalía de Castro? Ou só sería

un camiño bordeando o río da Caloia?

E nesta outra actual que si non é pola casa dos Vilas, non o creríamos.

Page 13: Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA ......Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA gagoperezm@gmail.com 4 E esta é unha “habilidá miña” para reflexar

Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA [email protected]

13

O Peirao de Colón que xa foi feito a base de pedra e cemento (onde hoxe

amarran os barcos da Xunta), xa se fixera un considerable recheo e

desapareceran os de Cardona e o Abadiño, e tamén a zoa do Castelo onde

se atopaba o Eitón. Mais cerca o do Filipino, por debaixo da lonxa vella e

abaixo de todo o de Canucho, no medio deles as pedras que quedaban do

de D. Andrés do Río.

O do Filipino estaba dedicado o primeiro a almacén de salgadura e logo ao

tráfico de materiais de construción, principalmente ladrillo e tella das

telleiras de Dena e do Abanqueiro e os mais finos dende Vilagarcía.

Fotografía de superviventes do Santa Isabel, despedíndose agradecida ó

pobo de Ribeira, despois de tal catástrofe marítima. Supoño que o molle

será o de Cardona ou o de Maldonado “o Abadiño”.

Page 14: Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA ......Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA gagoperezm@gmail.com 4 E esta é unha “habilidá miña” para reflexar

Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA [email protected]

14

Nestas dúas fotos contrastando a do ¨56, puxen os tacos onde estarían

hoxe as antigas construcións: na parte superior o de Canucho, logo

baixando D. Andrés do Río, o do Filipino, O do Abadiño, o de Cardona e

finalmente, o mais a baixo da foto o de Pelos Blancos. Xa destaca esa

barra branca do molle de Colón en pedra.

Nestas dúas seguintes pódense ver na primeira, mais acá o que quedaba a

parte en punta de pedra do de D. Andrés Do Río, e o fondo o de Canucho e

na outra o mesmo pero cos plans cambiados.

Page 15: Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA ......Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA gagoperezm@gmail.com 4 E esta é unha “habilidá miña” para reflexar

Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA [email protected]

15

O de D. Andrés del Río Ferrer, fomentador/armador de barcos e varias veces alcalde de Ribeira tiña este almacén de salga e outro por Aguiño. O de Canucho tiña unha base saínte onde ademais nunha caseta estaba o taller da fábrica. Despois o almacén convertese nun taller mecánico, Tarisa. Tamén nos sesenta estaba nestes outros galpóns o estaleiro do Sr. Pepe Rodríguez Saavedra (Pepe

Saavedra), foto a esquerda, que se viñera seguindo a industria pesqueira, detrás dos posibles seareiros: A principios do século pasado estaba nos Areos da Pobra logo na posguerra asentouse en Palmeira e este foi o derradeiro, pero aquí polo menos estaba baixo teito cuberto . Fixo coma os

pescadores seguindo os bancos das especies migratorias, coma na Pobra e Palmeira a xentes do mar trataron de saír do marasmo miserento a procura dunha vida mais ilusionante na navegación mercante española e estranxeira e na emigración principalmente a USA, pois o mestre tamén foi migrando as zoas onde o traballo non lle faltaría, e acertou. Os seus barcos poñíalle un sinal identificativo que consistía nunha lanza

ao largo do costado debaixo da tapa de regala, mais o menos polo cintón.

Esta parte de Riveira foiche moi activa industrialmente e a pesares de

que non foi todo a mesmo tempo, estivéronche varias industrias

mecánicas coma o taller do “alemán” e mais a fundición do Nervión que

fabricaba os motores mariños HMR; qué mágoa de motores!.

Estas dúas fotos no

Caramecheiro,

unha a súa xente e

outra o maestro co

seu fillo Xosé

Page 16: Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA ......Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA gagoperezm@gmail.com 4 E esta é unha “habilidá miña” para reflexar

Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA [email protected]

16

Embarcadero sobre pilones.

Page 17: Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA ......Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA gagoperezm@gmail.com 4 E esta é unha “habilidá miña” para reflexar

Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA [email protected]

17

PALMEIRA

(Os de Palmeira, beben a caña na cunca dunha vieira)

EN INSUELA: A FÁBRICA DE LOJO, O SECADERO/SALAZÓN DE

COLOMER, O ALMACÉN DO ABADIÑO, A FÁBRICA DE CONSERVAS

DE CRUSAT E UN SERRADOIRO DE CRUSAT

O primeiro que encontramos é o da fábrica de Lojo, non tiña nada de

particular soamente que non acababa nunha punta de pedras. Como soía

acontecer tamén se aproveitaba para o tráfico de mercancías varias que

se movían comercialmente no entorno das dúas bandas da Ría, así temos

constancia de que se traballaba con cerámicas, madeiras, animais nos día

de feira e

loxicamente cos

produtos propios das

conservas de peixe.

Foi o que mais tempo

se mantivo útil,

seguramente ate

primeiros dos

setenta.

Esta fábrica foiche

bastante antiga,

Page 18: Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA ......Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA gagoperezm@gmail.com 4 E esta é unha “habilidá miña” para reflexar

Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA [email protected]

18

procedía dos García Millán, (familiares de D.Vicente García Millán

famoso médico-director do balneario da Toxa e

sobriño de Romero Ortiz), dos que por casamentos

sucesivos, (coa familia Ribadulla de tradción

escribanos), da Pobra e estes derradeiros con D. José

Núñez Enriquez), pasaron de vivir en Palmeira (no

“xardín”, o palacete que sae en tódalas fotos de

Palmeira no alto envolvendo a igrexa) para vivir na

Pobra (J.A.C.), e emparentaron cos Lojo Gelpí de

Cures (os irmáns Lojo Núñez). Logo estivo os últimos

tempos nas mans do señor Alvaro Mariño (Alvarito) un pobrense moi

emprendedor.

E esta xoia que son os plans deste pantalán que como vemos tiña 76

metros de longo. O documento é do 1912, e gozámolo grazas a amabilidade

de César Alonso (Pobra Histórica).

Page 19: Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA ......Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA gagoperezm@gmail.com 4 E esta é unha “habilidá miña” para reflexar

Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA [email protected]

19

Nestes outros, debaixo, si que encontramos unha singularidade, os de

Maldonado (alcumado “O Abadiño”) e Colomer, dunha banda e Crusat da

outra, xuntábanse case que o final formando unha Y, seguido de un tramo

mais ancho ate finalizar en unha tradicional punta de construción de

pedra. Os barcos de Crusat atracaban polo norte e os do Abadiño e

Colomer polo banda do sur. Como vemos nestas dúas, era moi normal a

descarga de bacallau para proceder o seu curado no descampado.

Maldonado tiña unha sociedade nomeada Maldonado, Baspino y

Domínguez, con domicilio en Insuela. Tiñan dous balandros que habían

mandado facer nos numeroso “estaleiros” pola parte norte da ría de Noia.

Un deles embisteu nun dos cons do Camallón o 22 de Maio de 1925, parteu

en dous cachos e afundeuse. O tal Domínguez da Sociedade era D.

Esmeraldo Domínguez Macaya, sevillano, tiña un fantástico barco

bacaladero, o Melitón Domínguez e traía o bacallau pa ser curado e

elaborado aquí en Insuela en un campo de estacas situado onde hoxe está

o que queda da fábrica de Xaquín Gago

.

Page 20: Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA ......Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA gagoperezm@gmail.com 4 E esta é unha “habilidá miña” para reflexar

Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA [email protected]

20

Tamén no ano 1925, comprou a D. Francisco Villoch Gelabert da Pobrado

Caramiñal outro barco, un galeón nomeado Paquito. Logo o terceiro socio,

Baspino, no sei nada só que nese tempo na Pobra do Caramiñal había un

taller de mecánica naval “Paz y Baspino”. Coido por aí debería andar a

cousa.

Ámbolos dous deberon desaparecer mediados os sesenta.

Aquí dúas panorámicas de todo este emporio industrial, na da esquerda

vemos en primeiro plan o estaleiro do señor Pepe Rodríguez Saavedra,

sitio que hoxe ocupa os restos da posterior fábrica de Xoaquín Gago e

dende xa bastantes anos a granxa de rodaballos Stolt Farmer. Tamén se

aprecia a falla de un peirao mais. Estaba situado xusto debaixo das pilas

de madeira do serradoiro dos Crusat. Foi feito por Gerardo Cobas que

había emparentado cos Crusat. Como era moi alto polo desnivel que alí

tiña a carreteira coa praia pois pasaba o mesmo cos barcos atracados coa

marea baixa. Na primeira carga de madeira argallaron unha prancha

escorreguenta e…qué pasou?..., pois que as pezas de madeira collían tal

velocidade esfuracaron o plan da bodega facéndolle unha vía de auga e

aí acabou o uso do peirao, Despois a actividade madeireira finou e

escomenzou a traballar coma telleira, primeiro co mesmo señor Gerardo

Cobas e logo unha sociedade de D. Luís Sexto (un profesor do Galaxia) e

mais o señor Maneiro (un emprendedor do Caramecheiro, Ribeira) e logo

o derradeiro dono foi o Maroto, tamén de Ribeira hasta finais dos setenta,

en este caso si que chegaban balandros cargados de barro de Dena.

O que si se rumoreaba é que unha das actividades foi a de “denoite“ pouco

lícita. Déixolle pegada unha “calcamonía” onde mais o menos debía estar.

Page 21: Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA ......Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA gagoperezm@gmail.com 4 E esta é unha “habilidá miña” para reflexar

Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA [email protected]

21

Na toma da dereita vemos un galeón atracado pola banda norte ou sexa

a dos Crusat.

O que foi quedando do molle de Lojo, nas dúas dos extremos vemos a súa

dereita unha pequena rampla onde estaba o de Colomer e que logo quedou

tapada polo actual molle de pedra.

E nesta a carón, cos restos dos últimos piares, aínda se pode ver o que

quedaba da punta de pedra da rampla do de

Colomer-Crusat. E o fondo, sempre no alto, a

igrexa. Polas casas a carón da praia, o

momento debe ser arredor de finais oitenta.

A cinta branca non é por un loito chino-

xaponés senón o dedo acusador das nosas

porcalladas que lle votamos o mar.

E xa que che estamos. O señor alcalde

aproveitando que anda co paseo Coroso-

Riazor a voltas estes días , non podería

arranchar uns poucos paus e unhas cantas

táboas e restauralo? Non sería unha chulada?

Eu coido que estaríache moi ben..

Nesta de fai pouco: a esquerda onde estaba o estaleiro de Saavedra temos

as ruínas da fábrica de Xoaquín Gago e a granxa dos rodaballos Stolt

Farmer, logo o edificio da fábrica de Lojo que actualmente está sendo

habilitado coma invernadoiro de embarcacións, un peirao de pedra con

Page 22: Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA ......Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA gagoperezm@gmail.com 4 E esta é unha “habilidá miña” para reflexar

Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA [email protected]

22

ramplas que ocupa o lugar aproximadamente onde estaban os de Colomer-

Crusat e a dereita todo o dominio dos Crusat derruído (agora son unha

tira de chalets adosados) e a posible ubicación do último molle.

E gracias a esta foto da

santiaguesa familia Morán cedida

por D. Regueira, podémolos

distrutar. Están situados xusto no

arranque do peirao novo no cal

está o veleiro atracado, ao fondo os

outros xa mencionados antes.

Foto do Dr. Morán cos catro

primeiros fillos, Manolo, Paco

(q.e.p.d.), Mary en Tansy

Como anécdota, podo contar, que na punta de este novo peirao que se

encontra, como sinalei antes, practicamente ubicado no mesmo sitio que o

antigo de Colomer (na foto aquí o lado), filmouse a primeira escena da

película MARADENTRO de Amenabar (logo algunhas escenas mais aquí

e na veciña praia de Riazor). Cando Belén Rueda está meditando cos ollos

fixos no se sabe onde, a cámara tivo ben de coidado en enfocar soamente a

casa do Abadiño xa estartelada e un pouco a

dos Crusat en ruínas pero non a dos Torres

Colomer acabada de restaurar, puidera ser que

se tratase de resaltar o tópico do ancestral

atraso galego en contraste a unha Cataluña na

que na película xa contaban con pantallas de

plasma nos PCs , cando nos tempos de Ramón

Sampedro, onde se ubica a acción, aínda non se

inventaran.

Esta última foto dese abrente na punta que

mento, como é tan boa, “roubinlla” do face-book

a J.A.Lojo.

Page 23: Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA ......Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA gagoperezm@gmail.com 4 E esta é unha “habilidá miña” para reflexar

Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA [email protected]

23

NA CAMBRA

HABÍA TRES ALMACÉNS DE SALGADURA (SOLER, CRUSAT E

MARTÍNEZ RIVEIRO (OS NAFONSOS )

Na foto do ´56 non se aprecia o que había, asegúrovos que aínda estaba,

dan fe as fotos que me cedeu D. Regueira da familia Morán. Debeu ser

que a hora en que sobrevoaron Palmeira destellaba moito a area porque a

penas se nota algo nos de Insuela. Había tres salgaduras, contaba con

peirao só o dos Nafonsos, na superior, ós outros dous, accedíase por

rampla de pedra. Ningún deles evolucionou a fábrica de conservas de

peixe, os de Soler e Crusat serviron para gardar dornas. O de Soler chegou

a ser matadoiro de puchos e hoxe é a depuradora de Ojea. As travesuras

das mareas, xulio do 2016, deixaron un par de “fósiles” de poste de

madeira ó descuberto. Polo que anovo algo do escrito nas anteriores

versións. Lóxicamente fago os meus montaxes un pouco mais

experimentados.

O achádego, a situación respecto o almacén e finalmente, unha recreación miña do que coido a que foi debido: Esta parte da praia xunto cos terreos lindeiros en toda a contorna do almacén pertencían,

tamén, os Soler que tiñan na parte superior un encascadoiro (nos derradeiros tempos manexábao a familia dosFranco Rial, “os Sereiros”).

Page 24: Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA ......Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA gagoperezm@gmail.com 4 E esta é unha “habilidá miña” para reflexar

Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA [email protected]

24

Polo que toda esta parte era coñecida coma o “Campo das redes” por ser a utilidade do secado destas pezas, tanto nas varas da praia (de aí os restos na area) coma estiradas logo no campo que falta lle facía para a súa flota de galeóns, racús, bucetas e sobre todo dornas. Tamén, durante a pos-guerra, Marcial, o xastre, fíxose socio con un alemán “Erwin o alemán” e tiveron neses terreos un afumadoiro de peixe feito bastante malamente con casqueiro de pedra. Durou ben pouco. E volvendo ós almacéns, preséntovos estas dúas fotomontaxes, para dar

idea do que había. Unha feita por un artista dos trucos estes e outra miña en cores sen aspiracións artísticas ningunhas. Como me acaban de suministrar catro fotos nesta praia dos anos ´48 e

´49, propiedade dos “veraneantes” santiagueses que xa formaban parte

da paisaxe do estío nesta praia.

Aloxábanse na vivenda-almacén dos

Crusat. Érache a familia do afamado

meco D. Daniel Morán (na foto,

pescando) que non

faltaban a cita do

verán e aínda que sen

el, a familia

continuou

facendo así.

Son a

familia de

D. Daniel

Morán ex-

director do

istituto do Carril.

Page 25: Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA ......Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA gagoperezm@gmail.com 4 E esta é unha “habilidá miña” para reflexar

Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA [email protected]

25

O Molle pertencía a fábrica de salazón dos “Nafonso” Martínez Ribeiro

do Adro, logo a primeiros do século pasado acadou a mans de D.Paulino

Santos residente na Pobra pero de procedencia boirense (J.A.C.) logo un

dos fillos, Paulino, exerceu de médico da Pobra, había emparentado coa

acaudalada familia dos Ribademar e o complexo estivo na súas mans ate

os sesenta, en que xa non estaba operativo, cando o comprou o veciño de

Palmeira Andrés Domínguez como domicilio familiar.

NA CORNA (o muelliño de Peña)

Pertenceu en principio tamén os Nafonsos do Adro (Martínez Ribeiro) e

1904 convértese, xunto con outra de

Insuela, nas primeiras de Palmeira en

conservar o peixe en escabeche. No

1912 pasa a ser de D. Pedro Peña

industrial (J.A.C.) emparentado cos

Peña de Vilaxoan e Cambados. Por

último fíxose con todo o señor Anselmo

Millán de O Grove e converteu o solar

en cine e pista de baile de verán. Nesta foto do ´58 aínda se poden ver

unha fila de pedras pegadas o muro (no medio a dereita) que eran os

restos da plataforma de

arranque do peirao.

Cando os caprichos do

mar fan das súas e deixan

a praia esquilmada de

area podemos topar

restos, case fosilizados, de

algún pau vertical.

Page 26: Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA ......Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA gagoperezm@gmail.com 4 E esta é unha “habilidá miña” para reflexar

Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA [email protected]

26

Como tampouco conseguín unha

foto, poño esta recreación miña

para dar unha lixeira idea, coma

nas anteriores, do lugar que

aproximadamente ocupaba

baseándome nos restos dos bloques

de cemento, que é unha estraña

particularidade, da punta que

aínda quedan a dar testemuña.

A orquestra “Ritmo Swing” actuando nesa

pista de verán. Os compoñentes eran de

Palmeira, Pobra e Vilagarcía: Enrique

Paisal, Juan Torres, Tatino, Gildo e Siso, e

algún mais esporádico.

Page 27: Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA ......Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA gagoperezm@gmail.com 4 E esta é unha “habilidá miña” para reflexar

Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA [email protected]

27

Muelle de desembarco en playa abierta.

Page 28: Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA ......Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA gagoperezm@gmail.com 4 E esta é unha “habilidá miña” para reflexar

Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA [email protected]

28

A POBRA DO CARAMIÑAL

(Faille ríspeto a Curota cando lle vexas capota)

Tamén (Curota cuberta, vendaval na porta)

NOS AREEIROS: O DE BARRERAS

Este permaneceu longo tempo, coido que igual que o de Lojo en Palmeira,

chegou ate finais dos sesenta ou quizais un pouquiño mais, unha das fotos

xa é a cores. Pertencía a fábrica da familia Barreras. Estivo nesas mans

ate os sesenta en que estes fabricantes, descendentes dos fomentadores

cataláns do século anterior, cambiáronse pa unha nova de maquinaria

con tecnoloxía de vangarda no lugar do Castro en Castiñeiras. Esta da

Page 29: Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA ......Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA gagoperezm@gmail.com 4 E esta é unha “habilidá miña” para reflexar

Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA [email protected]

29

Pobra, quedou en réxime de aluguer explotada por Xoaquín Gago ate que

se foi tamén pa que fixo en Insuela-Palmeira.

Aquí o curioso é que sendo o que poderíamos chamar o polígono industrial

da Pobra, con un fato de instalacións de

serradoiros, de almacéns de salagre e de

conservas de peixe, tan só houbese este

peirao. Sería polas características da

praia tan plana que só se inclina ao final e

os barcos coa marea chea debían varar

case que ca proa na carreteira. Ou sexa

nas portas mesmas das factorías. Este,

como se ve, tiña a parte final na punta un

apoio en pedra sen chegar a ser rampla.

E agora aquí temos unha foto que está sendo polémica en face-book pola

situación. En Boiro Histórico puxérona fai un par de meses (xaneiro-

febreiro), logo sacárona. A polémica é que se é ou non o molle do Bodión e

que ao fondo vese Neixón e Rianxo. Ben, pois conseguín falar coa familia

do patrón/armador: O señor de Barraña era Juan José Trasbach,

coñecido coma o cheriff, pois incluso tivo un bar con ese nome o final da

Avenida de Barraña. A foto é do ano ´54 ou ´55 e é no molle de madeira

de Barreras . Este señor dedicouse case que exclusivamente a compra de

luras, ameixas, sardiña, etc. pa os Barreras do Caramiñal. Coma

comprobación da situación saquei unha foto dende o mesmo lugar e

superpúxenas e van calcadiñas. O fondo é a Lomba-Angustia logo pa

dereita a Ribeiriña, Escarabote.

Page 30: Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA ......Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA gagoperezm@gmail.com 4 E esta é unha “habilidá miña” para reflexar

Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA [email protected]

30

NO CENTRO DA VILA

Estes día marabilloume Pobra Histórica en face-book cunha foto do centro

da vila , unha foto que reflexa unha Pobra pa nos incomprensible sen

xardín, parécenos que xa estaba aí de toda a vida. Entón a foto e entre o

1920 e o 1925 que se empezou a recheo, (pero hoxe 17-4-1914 acabo de vela

nun bar e ten unha inscrición que di 1988, fíome mais de P.H. polo aporte

de datos e coñecemento) . No centro da foto aparece unha rampla que

deduzo sexan os vestixios de un anterior molle. Posiblemente fose o peirao

comercial para uso público antes de ter o de pedra e seguramente

empezase a súa desfeita coa construción da estrada xeral se neses intres

xa a dotaron dese pretil. Dicían que os barcos de gran porte varados na

praia chegaban co botalón-bauprés os balcóns do Liceo e mailo Casino.

Page 31: Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA ......Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA gagoperezm@gmail.com 4 E esta é unha “habilidá miña” para reflexar

Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA [email protected]

31

Como digo, non se sabe a quen pertencía pero puidera ser a un tal

Cadarso, posiblemente noiés, que no solar do Casino tiña un almacén de

suministros varios hasta o abrio de 1,920 que llo comprou Manuel Ferro ,

que foi a que mandou facer oeste edificio.

Unha hipótese recreada con pouca habilidade pero que serve pa o

cometido. Unha vela de dorna a secar estendida na area dinos que era un

día soleado, pero tampouco moito, a punta do molle e as xentes apenas

teñen sombra. Non nos fixemos na sombra do molle que iso xa é

demasiado pa mín.

O que me parece tremendamente difícil de crer e que esta obra de recheo

que pa esa época senón faraónica, si mastodóntica fose só coa intención de

dedicala o esparximento cando seguramente se necesitasen chabolas e

instalacións necesarias pa o desenrolo activo do mundo marítimo-

comercial-industrial. Ben pois parece ser que o aterramento fíxose co un

desmonte no Maño do que dou en ser despois o campo de fútbol e

descargábana en cestas dos galeóns, balandros e pailebotes que atracaban

nas ramplas que había xunta o actual bar Gelys (ex-Gildo) e mais outra

na de Maestú. A terra traída da parte de Vilanova foi pa superficie

cultivable en parterres e xardíns. Chegados a este punto, póñome a

cavilar e desvarío: Sería por isto que o Marqués de Bradomín cando

estaba na Viana del Prior se sentise coma na súa terra? E por qué lle

puxeron o seu nome os xardíns? Habería que preguntarllo os de Cuarto

Milenio

OPEIRAO COMERCIAL para a descarga xeralmente de túnidos.

Non é de madeira, obviamente, foi feito a finais do setenta a base de

recheo de pedras e terras. Poño porque coido que nunha liña que vaia

dende a Punta de Cabío a Punta Cabalo na Illa, a Ría vólvese un abeiro

Page 32: Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA ......Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA gagoperezm@gmail.com 4 E esta é unha “habilidá miña” para reflexar

Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA [email protected]

32

natural e o mais claro exemplo é a enseada do Caramiñal. Non tíñamos

moita necesidade de facer molles a base de encher o mar de escombro,

seguro que por aí arriba, o pasar os Pirineos, diante de tamaña

construción da natura como é esta Ría, non andarían modificando

correntes e mareas a base de cachotes e sarso senón que o farían con

pilotes e unha plataforma ben de cemento ou ben incluso de malla

metálica (digo porque os pisei) que deixase pasar o sol. A que estaría mais

bonito, práctico e sen cambiar o motor da natureza? tal como esta foto,

que eu me permitín retocar, nos amosa.

SAN LÁZARO

Esta foto, que pertence a unha serie

do partido xudicial de Noia do ano

1934, por mor da inscrición que trae

nela, despistounos, e na primeira

emisión de este relato, situeina na

Cobecha

Grazas a un “flash-back” do amigo

señor Joaquín Domínguez

(octoxenario), fíxome ver que esta

foto é na praíña de San Lázaro e a

instalación está nunha plataforma de

contención do almacén de salgado con

rampla entre o molle de Casto Dios e a

Punta Salera. Funme a comprobalo e

saquei unhas fotos.

Despista un pouco esa pedra no medio

da praia aínda que a marea na foto

vella está mais chea. Debe ser que

houbo un efecto de remoción de area dende a

construción do peirao comercial, aquí houbo

aporte porque tamén están tapadas as do final

da rampla, por contra na praíña polo sur do

molle de Casto Dios quedou sen ela, coas pedras

Page 33: Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA ......Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA gagoperezm@gmail.com 4 E esta é unha “habilidá miña” para reflexar

Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA [email protected]

33

o aire. Recordo que xa tíñamos comentado, no seu momento,

estes feitos.

O señor esta sentado recostado no cruceiro

(posiblemente Juan Pazos - Juanito o

Quico) que había na esquina onde acaba a

plataforma e empeza a inclinación do

molle. Na outra vemos o oco onde estaba a

base do cruceiro. Hoxe, e dende finais dos

setenta, este referente relixioso foi levado

pa o xardín de Casto Dios alegando que era seu.

Está no medio da horta, non confundilo co que está a veira do muro. O

principal “dano colateral” foi a perda de marcas das enfilacións de touzas

fanequeiras que estaban baseadas neste “marco”.

O peirao pertencía o almacén de salgadura cuxo edificio se ve na foto a

esquerda que era do fomentador D. José Abal, coñecido coma “O Marelo”,

os dous barcos que están abarloados son o “Elvira” e o “Luisa” que eran os

nomes de dúas irmáns mudas que tiña este

empresario. Este señor tamén tiña unha boa

flota de lanchas de pesca. Vivía onde hoxe

está o Bar Malecón (ex-Pilman) e na planta

baixa tiña a chabola cos apeos e enseres da

pesca e na parte alta a vivenda. Tiña dúas

casas mais na costiña do Couto e entre as

dúas pola parte de abaixo tiña o

encascadoiro, hoxe vivenda privada.

Logo nos cincuenta a propiedade da salagre

pasou a ser do señor Ramón Franco e un

pouco mais ao norte, Punta

Salera, quen reencheu e fixo a

fábrica de conservas ate hoxe,

pero neses intres xa o molle era

recordo e coma sempre só

quedaban algún dos paus

verticais.

Do molle de Casto Dios xa che

vai quedando ben pouco,

practicamente os bordes de

Page 34: Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA ......Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA gagoperezm@gmail.com 4 E esta é unha “habilidá miña” para reflexar

Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA [email protected]

34

contención. Este conxunto casa-almacén-molle foi feito con autorización

de 1909 (P.Histórica) por D.

Enrique do Río Ferrer (“o

Ghopiño”, ou tamén “de Duriño”

que eran alcumes familiares),

fomentador de esa influinte

familia palmeirán. Logo dun

tempo como salgadura pasou a

converterse en serradoiro de

madeira e despois pasou as mans

de Casto Dios e por último, a casa

fixo de escola mixta (pero cada

uns pola súa banda: as nenas coas nenas e os os rapaces cos rapaces) e o

almacén acabou coma serradoiro. Hoxe está todo a broza e silvas.

Pobra Histórica o 13 de marzo do 2016 ven de poñer esta preciosa foto no

seu muro de F.B. cedida por Esperanza Pazos e que nos axuda coa súa

beleza a recordar como era aquel entorno.

NA MERCED

Aquí o abrigo da punta do mesmo nome, encóntranse os restos de outro

almacén de salga, posiblemente sexa este é o almacén fundado en en 1896

polo palmeirán D. Higinio Andrés del Rio González (casado con Josefa

Ferrer Casellas y Marlés do Caramiñal) no quinteiro da Merced despois

de haber deixado outro almacén que tiña nos Areos do Caramiñal. A

partires de 1901, pasa a rexentalo o seu fillo D.Enrique del Río Ferrer (o

Page 35: Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA ......Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA gagoperezm@gmail.com 4 E esta é unha “habilidá miña” para reflexar

Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA [email protected]

35

Ghopiño) (J.A.C.) . Posiblemente

mais tarde pasou a mans de un

Marlés, Pepito Ferrer, alcumado

“sen queixo” que vivía nos Areos na

casa onde oxe está Gadis a carón da

do ilustre pobrense Victoriano

García Martí.

Nos anos corenta xa pertence a

dous socios, D. Emilio Barreras en

D. Paco Crusat Barnet, tiña un

peirao de madeira que foi posto enriba da rampla de pedra xa existente

dende os tempos da construción do almacén e que resiste o paso do tempo.

Aínda hoxe, logo

de que o actual

propietario lle

pasase a

desbrouzadoira,

pódense ver os

lagares en moi bo

estado. Nas fotos

comparativas do

´56 e actual, vemos

que na vella seguía

o almacén enteiro

e coa teitumbre completa onde apreciase o patio interior, pero non o

molle, o que se ve é o derrubamento de un pouco do bosque e na foto

actual vense os restos do muro de

contención e tamén se debuxan as

liñas dos lagares.

Tiña unha particularidade que era

unha fonte no medio do patio que daba

auga pa autoservicio do emporio tanto

pa beber coma de lavadoiro, e hoxe

segue correndo ate a praia.

Page 36: Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA ......Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA gagoperezm@gmail.com 4 E esta é unha “habilidá miña” para reflexar

Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA [email protected]

36

Estes dous socios eran das familias Barreras na Pobra e Crusat en

Palmeira moi ben levadas (din

que chegaron xuntas dende

Cataluña), pois xa dende

pequenos foran o colexio de Noia

xuntos.

D. Paco viviu un tempo na casa

de D. Paulino Santos Mieites, logo

outro pouco en Escarabote e

finalmente foi a vivir coa súa

irmán en Palmeira onde está

enterrado. O almacén seguiu

ocupado por catro familias de mantemento ate que o adquiriu o actual

propietario Rosendo, empresario da construción, a dona Sabela Tato

viúva do Emilio Barreras.

NA RIBEIRIÑA

O serradoiro de D. Emilio Barreras tiña un molle case que todo en pedra

coma na Area Secada, só unha pequena ponte de madeira era a única luz

entre o recheo da fábrica e o resto en pedra. A día de hoxe pódese ver este

peirao pero a parte da madeira foi substituída por formigón.

Page 37: Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA ......Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA gagoperezm@gmail.com 4 E esta é unha “habilidá miña” para reflexar

Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA [email protected]

37

Parece ser que tiña bastante mal feita a parte de madeira con moitos

tramos demasiado separados que o facían un pouco perigroso, de feito un

neno colouse e caeu a praia, coma case sempre pasa cos nenos que alguén

está mirando por eles, sen moito que lamentar.

Coma digo,

pertenceu a D.

Emilio Barreras un

tempo como almacén

de salga e

finalmente, coma en

tantos casos,

somellando fose

unha evolución

natural nesta parte

da Ría, acabou

sendo un serradoiro.

Coma anécdota contan que un volta uns homes lle foron a pedir suba de

soldo a este patrón e que entre gargalladas lles dixo se o queredes mais

alto gaveade a chimenea.

Tamén ocorreu nos primeiros dos ´40 que estando un mercante de dous

paus fondeado un pouco por fora do molle a espera para cargar de táboas

de madeira, caeuse un temporal e tirou co barco na praia con algún

pantoque rompido contra as pedras. O barco varado na area foi unha

especie de parque infantil, pois os nenos da contorna en vez de ir a escola

íanse xogar colgados das jarcias de labor (brazas, escotas, etc) para

columpiarse e levaban ferramentas da casa pa sacarlle os aros metálicos

dos paus e faceren aros de xogar. Algunha malleira por non ir a escola

había de haber pero pagaba a pena a novidade. Algún tempo despois

conseguiron reflotalo e levalo.

Page 38: Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA ......Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA gagoperezm@gmail.com 4 E esta é unha “habilidá miña” para reflexar

Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA [email protected]

38

Coma no anterior caso a complexo quedou nas mans da súa viúva, ate a

década dos sesenta, cando fíxose con él un señor de Escarabote dedicado a

construcción, Castro o Picoño, e a finais de esa década, debeu de estar

asociado con outro de Santander, Miguelín Pombo, nunha aventura de

criadoiro de salmóns. Preparouno pa cría facéndolle dúas piscinas, na de

mais arriba recollía a auga do regato que escorre polo lindeiro sur da

finca pa racionalizar o suministro a segunda piscina (hoxe cuberta e

climatizada) onde depósitaba os alivíns de salmón traídos en camións.

Logo de un período de crecemento íanos adaptando a auga do mar co

suministro paulatino da mesma con

unhas tuberías con bomba istalada no

molle. Unha volta adaptados, levábanos

pa unhas xaulas que tiñan no mar alí a

carón….. pero puxeron de guardian a un

Fancho (o raposo gardando as galiñas),

de maneira que aínda que somellaba

que todo ía ben resultaba que os

exemplares mellores e mais grandes

disque morrían, decílle o “vixilante” e

polo visto mandáronlle que cando morresen que llos enseñase. De tódolos

xeitos, a cousa non callou, e o cabo de catro ou cinco anos deixárono.

Logo parece ser que o Sr. Castro estuvo usando coma depósito de

embarcacións de lecer e mais escola de vela outro pouco tempo. E por

último gardaba toda aferramenta e maquinaria da súa empresa edil .

Dín que a cheminea era moi fetiña e tiña unha franxa en azulexos co

nome de EMILIO BARRERAS.

O fomentador fixérase con bastantes terreos enderredor froito da

adquisición, ben por compra direta, ben como cobro de préstamos

impagados.

Na actualidade ese espazo está ocupado por chalés adozados pero o

entorno fica a bastanza descoidado.

Page 39: Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA ......Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA gagoperezm@gmail.com 4 E esta é unha “habilidá miña” para reflexar

Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA [email protected]

39

NO CONCHIDO

Seguindo a José Alvarez Castrelo (J.A.C.), sabemos que D. Enrique del Río

Ferrer (O Ghopiño) cando se fixo cargo do almacén da Mercede en 1901

incorpora ao patrimonio familiar un novo establecemento, a construción

de un serradoiro de madeira no Conchido. No 1907 traspásallo a D.

Gabino Crusat Barnet e il monta outro na Conlleira.

Tiña un molliño de madeira pequeneiro (sinalado con dous puntos

amarelos) que logo mudou no de pedra que aínda resiste o paso do tempo a

pesares dos movementos

industriais que alí tivéronse feito.

Despois pasou a mans de D. José

Barreras. E nos últimos tempos

tamén elaboraban carbón vexetal;

pero a transformación total foi a

conversión nunha fábrica de

fariña de peixe (a fábrica do

cheiro), HADASA que algúns

veciños din que nun primeiro

tempo non daba olor pero mais tarde era

un cheiro total que so era soportable polos

veciños porque lles daba traballo. Ai quen

Page 40: Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA ......Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA gagoperezm@gmail.com 4 E esta é unha “habilidá miña” para reflexar

Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA [email protected]

40

di que ese cheiro posterior era porque a fariña entón non era só de peixe.

Logo a carón de esta factoría

tamén se estableceu a famosa

fábrica de peixe La Onza de Oro no

solar onde estaba o emporio dos de

Rábago.

Entrámbalas dúas fixeron un

peirao de pedra mais grande.

Hoxe todo está desfeito e

abandonado e de Hadasa aínda

quedan restos de casetas muros e

partes metálicas que alguén de vez

en cando ía “retirar” o que pasa que agora téñenlle medo porque unha

volta afrouxando unhas pezas derramóuselle un líquido enriba deles sen

saber que diaños era e houbo que chamar a ambulancia que se

queimaban vivos.

Todo está valado cun letreiro que di que

vai a ser rehabilitado pa espazo natural.

Consérvase esta reliquia que é a

cheminea do serradoiro (sinalada con un

punto amarelo). De planta octogonal de

ladrillo pero non de moi boa factura.

Nesa praia tamén os de Rábago

mandaran facer un bo barco mercante e

o mestre de ribeira fora o Sr. Núñez da

Vila. O caso foiche parecido o do barco

que co mal tempo se esnafrou na

Ribeiriña, pois do mesmo xeito, con outro

temporal dos nosos, que sempre veñen do

sur ou suroeste, tiroulle co barco, grada e

tódolo demais escachizando a

construción.

Mais tarde o fillo tivera un taller de pequenas embarcacións no campo

da feira.

Page 41: Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA ......Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA gagoperezm@gmail.com 4 E esta é unha “habilidá miña” para reflexar

Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA [email protected]

41

Mareas y método de medir sus variaciones.

Page 42: Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA ......Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA gagoperezm@gmail.com 4 E esta é unha “habilidá miña” para reflexar

Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA [email protected]

42

BOIRO

(Cando a Barbanza ten touca, auga, moita ou pouca)

EN ESCARABOTE

Non sei de ningún molle de madeira en este porto pero si que na zoa de

Peralto houbo un estaleiro e aínda que os

que o recordan coinciden en que era só de

chalanas o certo é que a primeiros do século

XX concretamente entre o 1917 e 1919

construíuse unha magnífica goleta

mercante de tres mástiles co nome de

BARBANZA, de 384 toneladas e 41,35

metros de eslora pertencente a sociedade

Dios, Gómez y Cía, (familia dos Treus da

Madanela). O mestre que a fixo foi Manuel

Meledo Meledo veciño de San Cosme (ría de

Muros-Noia). Empeza a súa “corta vida

laboral” en xuño do ´19. Fixo uns viaxes o

estranxeiro, Cardiff, Bayonne, Lisboa e

algún que outro o levante, Valencia,

Alacante, pero no 1921 xurdiulle unha viaxe, tiña que cargar en Tuy o

mais que puidera e lle permetese o calado con destino a Gandía. Estes

condicionantes foron a súa perdición, o ter que saír so coas mareas vivas

e ser en decembro cos malos tempos, total que unha serie de desgrazas

encadeadas, temporais, garreo das ancoras, embarrancar, etc deixaron o

barco tan mal treito que o trouxeron para a Pobra do Caramiñal e alí

acabou os seus días onde son hoxe os

xardíns Valle Inclán1. No agosto do ´26

certificase a súa baixa por desguace.

O que sí foi un acontecemento que

trastocou a monotonía da xente foi o

embarrancamento dunha balea alí mesmo

en Peralto, que debeu ser bastante grande

1 Para saber moito mais, ler TIEMPOS DE VELA de d. J. Villoch. Páx. 193

Page 43: Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA ......Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA gagoperezm@gmail.com 4 E esta é unha “habilidá miña” para reflexar

Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA [email protected]

43

e aínda viva. Dela queda a memoria en algunhas poucas persoas que

daquela eran moi novas e lémbrana porque xurdiron unhas coplas do

feito. Estas chégannos moi eivadas e grazas a señora María Treus (dos

Casais de Graso) dado que ela era da Madanela dende onde tiña que ir

vender os produtos da horta a Vila e de nena cantábanas polo camiño.

Logo sobre todo a señora Tareixa Abuín da Ribeiriña (xunto co seu home

Bieito López, un artista sacándolle a golpe de cicel as figuras que as

pedras levan dentro), que ma recitou case completa, e xa por último,

topeime co amigo Manuel González Davila (Manolo das Taras), primo de

Bieito, que me abraiou cando íamolos dous para a súa casa nas Taras,

dixome que il tíñaa toda completa fotocopiada, dín un respingo na

cadeira do coche. Este home, que de neno ía andando ata a escola en

Escarabote fixera o tempo que fixera, ten gardadas moitas cousas de

cando rapaz con verdadeira tenrura. Grazas Manolo. E velaí todiña: PRIMERA PARTE

Aquí vimos a cantar Escoitade unha gran cousa Un peixe de vinte metros Entrou na Ría da Arousa Dixemos os mariñeiros Aí ven un barco de guerra E cando varou na Praia Vimos que era una balea Cando se encontrou varada Non vin cousa coma ela Cos zapatazos que daba Anegaba a Madanela O día sete de maio O que houbo de suceder En Boiro en Escarabote Desgracias houbo de haber Eran as catro da tarde Oeuse una “ghritaría” Que lle foran acudir Que a balea os comía Acudiron de Rianxo De Cespón en Taragoña Para matar a balea Todos traían lagoña

Mátalo, mátalo, mátalo, No lo puedo matar Qué dientes, qué ojos Tiene el animal Viñeron de Sanisidro De Gonderande e Lesón Para matar a fera Todos traían arpón E dixo un home de mando Que de patrón ten a fama Collede remos e picas E embarcarse nas chalanas Cando chegaron as gamelas Quixeron manobrar Non se acercaban o peixe Nin de terra nin do mar E dixo un “moso” solteiro Que é un home de traballo Larguémoslle un ahorcaperros Faise firme a este carballo Fixeron a manobra O lazo foi ben botado Levou malletas e homes Hasta arrincou o carballo Dixeron os da Madanela E tiñan moita razón

Para matar a balea Ten que vir un avión E contestou outro home Non fai falta o aparato Vou buscar outro invento De matar con zapato Non valeron as chalanas Nin valeron os arpóns Que quen matou a fera Foi un tal José Ramón Cando estaba na agonía Moito traballou co rabo Que chalana que collía Botaba o campanario De que morreu a balea Todos fomos a “ghritar” Que viva José Ramón Matou o peixe do mar. SEGUNDA PARTE E dixo un mozo da Lomba Casado en Escarabote: Non lle toquedes ao peixe Que é meu o ballenote Contestóulle moito un “moso” Coa palabra lixeira:

Page 44: Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA ......Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA gagoperezm@gmail.com 4 E esta é unha “habilidá miña” para reflexar

Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA [email protected]

44

Quen me paga o meu traballo De darlle coa pandulleira? Dixo o dono da balea: Tamén entendo de mar Por lle dares co pandullo Non tes nada que cobrar Contestoulle un compañeiro: Eu pesco peixes sen bica E merezo parte e media Por ir a cravar coa pica E dixeron os dos bistés Na casa do taberneiro: Que non “destraghen” o peixe Que sabe coma carneiro E o dono da balea Colleu rumbo a Ribeira E foi vende-lo peixe A una fábrica de Palmeira Contestóulle o fabricante: Comprareicho meu amigo Pero antes de comprarcho Teño que falar con Vigo O que se chamou ao peixe Non se levou mal calote Chamou homes o xornal Para abrir o ballenote Foron abrir a balea Con machados e serróns Dentro da barriga tiña Un tren con vinte vagóns Dixemos mosos e vellos Polo sí, polo non Este tren pertenecelle A provincia de Lesón

E chegou o fabricante Co vendedor a falar: Pode dispor do peixe Que non cho podo comprar E falou por conferencia A praza de San Martiño Véndense cachos de atún A peseta medio quilo E veu unha muller gorda Que vive alá en San Paio Eu quero cincuenta quilos Se mos dades polo rabo E para o levar nun feixe Xa foi pedir un cabestro E tanto quixo cargar Que ata lle rompeu o cesto Comeron peixe sen conto Ela e mailo seu señor Alá pola media noite Chamaban por un doutor Ainda que sexa da boliña Tamén temos que falar Que de tanto que comeron Tivéronse que purgar O peixe coma era grande No poideron acabar Tiveron que vir os barcos Para pódelo sacar TERCEIRA PARTE Desmarraron os mercantes Do río de Pumadiño E foron carga-lo peixe Para Ouxo e Vilariño E caeuse un temporal

Que se picou moito o mar E fórono descargar a capital de Baltar E cargaron as chalanas De Escarabote e Ribeira Para ir a descargar A fábrica da Plagueira Tendes que esperar un pouco, Contestóulles o encargado Non podo meter o peixe Sen me vir razón do amo E dixo moito un patrón Que gobernaba unha gamela: Imos a rogar co peixe A cidade da Aldea Vella Contestóulle un labrador: Non esteas disgustado Aquí non se vende nada ata xoves que é mercado Saleu o tren de Lesón E veu pola carreitera Alí envisteu cun burro Que saleu da Aldea Vella E díxolle moito o burro: Aí quedas escarrilado Que eu sigo para Palmeira Coa miña ama cargado Aquí se acaba a historia Deste peixe desgraciado Porque xa nacera co signo Que había de ser varado

O “bardo” artífice de esta “poesía” parece ser que foi o señor Abelardo o

Tatano da Angustía, e aquí ven o bo: era analfabeto. Cóma o facía? Pois

cada vez que lle viña a inspiración (ou ocorrencia), chamaba pola muller

pa que llas escribira sen importarlle se eran as tres da tarde ou as dúas da

Page 45: Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA ......Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA gagoperezm@gmail.com 4 E esta é unha “habilidá miña” para reflexar

Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA [email protected]

45

mañán, haiche cousas que non poden esperar, e a señora xa o sabía e ía

con lapis e papel pa mesiña de noite.

Esta composición foi escrita en papel coma as “historias”

dos cegos e cantada por tódolos sitios pola xente da

contorna que ata competiron nun especie de certame na

Coruña. En un cornecho da copia reza o seguinte: VENDIDO EN LAS FERIAS DE MOAÑA, VILLAGARCIA.

PUEBLA Y RIBEIRA.

E contan algúns, que daquela eran nenos, que como non

se daban desfeito do peixe, aquilo empezou a feder que tiña todo

Escarabote apestando. A solución foi picalo en cachos e tiralo no medio do

mar, o que pasa e que non foron moi lonxe fondealos, e qué pasou?: Pois

como nesta vila mariñeira éranche moito das artes de arrastre coma a

rapeta e vou de vara, non facían mais que enganchar os cachos espallados

da besta co resultado de cabreo por perde-lo día coa avaría da rotura das

mallas ou mais perdendo o aparello.

EN BARRAÑA

Dous en Barraña, pero unha

instalación mais impactante é

a de unha telleiriña do señor

Manuel Lojo Blanco.

A cousa debeuche ser así :

Dous socios, Arturo Sieira o

capitalista e Manuel Lojo

Page 46: Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA ......Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA gagoperezm@gmail.com 4 E esta é unha “habilidá miña” para reflexar

Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA [email protected]

46

Blanco o currante tiñan un serradoiro. Andando o tempo, Sieira

propúxolle o socio aquelo de “ou véndesme ou cómprasme”, coma Lojo non

era o de posibles, pois vendeulle. Lojo, que tiña alí mesmo unha casiña con

un cachiño de terra, preparouno, xunto cos seus oito fillos, con unha cova

grande a maneira de lagoíña pa o “atraque” dos barcos, unhas covas

redondas (as pías) de entorno de 75 cms a 1 metro de profundidade pa

depósito e amasado do barro e logo unha eira chan pa o secado das tellas

e cerrou todo con uns muros de perpiaño que parecen de un profesional .

Isto contoumo a señora Josefa Sánchez, esposa de Manuel Lojo Torrado,

fillo de este personaxe. Parece ser que tiña o forniño preto do estaleiro do

señor Silva que estaba entre a telleira e o serradoiro do ex-socio o señor

Arturo Sieira. Coma solución pa o suministro do barro e distribución da

tella argallou unha auténtica marabilla. Unha solución alternativa a esta

praia tan tendida na que coa marea baixa cánsaste antes de chegar o

mar. Entón dou en cavar, aproveitando, o curso dun regato, xa que tiña

tantos brazos dispoñibles, e entre todos, unha canle en U entorno a metro

e medio de fondo dende o cantil onde acaba o solo areoso e empeza coller

profundidade o mar ate o seu obradoiro onde dispuxo unha lagoíña.

Desta maneira, os botes tiñan calado a partires dun pouco de marea

(poñamos que o mar tivese un calado de medio metro sobre a area, pois xa

en total teríamos case que dous metros, polo que os galeóns poderían subir

e chegar a lagoa artificial. Obviamente, pa que non se lle tapase de area

espichou uns puntais cravados en forma de uve e forrados por táboas.

Coñecíase coma “o dique”. Estes días por mor dos temporais puidemos ver

os restos dos madeiros que daba a impresión de restos dun barco ao que só

lle quedan as cadernas, apenas xurdían da area e bastaba pa

imaxinarnos a magnífica obra que levaron a cabo estas xentes a base de

golpe de brazos. Aproveito para facer una recreación baforda de como

sería a cousa (un pouco ladeada para que se vexan os tocos dos paus que

sobresaen na area). Continuaba así ¿?, ata as chousas onde tiña a piscina.

Page 47: Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA ......Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA gagoperezm@gmail.com 4 E esta é unha “habilidá miña” para reflexar

Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA [email protected]

47

Vemos nestas seguintes fotos os restos dos puntais e mais o tramo do río

canalizado nos tempos do alcalde Velo, aínda que un pouco cambiado o

seu curso.

Como se pode ver na foto final, nesta especie de estanque estaba a alberca.

Cando o mar devalaba o barco pousaba no fondo e procedíase as tarefas

de carga/ descarga segundo fose o caso.

Podería ser algo así? A telleira en primeiro plan e o barco chegando pola

canle artificial recórdanos os barcos subindo dende Maasluis Pilot ate

Bottlek ou Dordrecht ou aínda mais ate o mesmo Rotterdam. Quedaríame

mais creíble coa marea chea?

Page 48: Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA ......Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA gagoperezm@gmail.com 4 E esta é unha “habilidá miña” para reflexar

Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA [email protected]

48

A primeira montaxe foi cando a señora Josefa me dixo o da telleira pero

non se acordaba como era e fíxena collendo un barco e unha telleira do

Facho, pero agora encontreime no bar Manuela o señor José Romero (o

Crecho) do Saltiño de toda a vida e díxome que tiña cheminea e o tellado

era soportado con postes sen cerrar con ladrillo, polo que tiven que

cambiar a montaxe. Como a primeira me quedara tan chula despois do

traballo que a min isto me da só coas ferramentas de Word, pois doume

lástima quitala. O que me pasou nas dúas versións e que “machaquín” os

restos do estaleiro do señor Silva. (Non importa moito porque agora son

galpóns feitos con bloques de cemento).

Chegou a ter tamén barco propio.

Se eu fose de Boiro promovería unha plataforma para dedicarlle unha

rúa a Manuel Lojo Blanco, este xenio.

O tío apréndelle o rapaz coma eran os

trafegos daquela co barro nas pequenas

telleiras familiares. O momento recolle o

feito, no banco de telleiro onde se estendía o

barro, logo bruñiase co baño de barro moi

fino diluído en auga, pasábaselle o formal

pa darlle a curvatura da tella e por último

tendíase na eira a secar. Logo viría a fase

do forno. Aquel rapaz é quen me facilitou

estes datos e a telleira da foto superior era a de seu tío e a segunda

montaxe é a de súa avoa, ámbalas dúas na zoa do Facho-Cambados.

A lagoíña seguiu dando servizo despois de cerrada a telleira, pois foi

aproveitada polo estaleiro do señor Silva alí cerquiña (un pouco mais

contra o Cabo da Cruz), pois botaba as táboas de carballo e castaño pa

logo ir collendo delas pa os barcos que facía, porque daquela os barcos

facíanse pa durar e a madeira tiña os seus tempos e procesos antes de

chegar a súa clavazón definitiva.

Page 49: Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA ......Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA gagoperezm@gmail.com 4 E esta é unha “habilidá miña” para reflexar

Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA [email protected]

49

O DO SERRADOIRO DE CASAIS (o Cunqueiro)

Situado tamén no mesmo lugar un pouco mais ao sur, onde actualmente

se atopa o ambulatorio de

Boiro. A fábrica foi feita,

coma dixen antes polo

señor Arturo Sieira, que

tamén era socio na

empresa de explotación

de volframio de Lampón ,

logo cando xa ía vello e

as cousas

economicamente non ían

ben, o señor Manuel

Casais Sánchez, de Graso,

fíxose coa fábrica por liberación bancaria. Non durou en vida moito mais

o fundador.

O señor Casais nos principios dos cincuenta meteuse tamén no emerxente

e puxante negocio das bateas de mexilón (segundo o seu xenro Ruperto do

Bar O Rodas).

Tiña, segundo se pode medir na toma aérea en torno os 75 metros, dende

onde se cargaban as vigas e táboas de todo los tipos para levalas a

Vilagarcía aos mercantes con destino as Canarias e o sur da Península.

O DE CHOUZA

Tamén se encontraba moi preto do anterior un pouco mais ao sur, que

aínda se pode ver nas fotos do ´56 e nas actuais xa con unha plataforma e

un peirao de pedra, que foi a substitución do primeiro de madeira, agora

nesa base hai unha estación de bombeo de augas

residuais (estaría ben que a coidasen e non botase

nada por fora, por ben non só dos veciños, senón de

todos).

Na foto de Boiro Histórico, mulleres apiando as

táboas nese serradoiro.

Coma o outro, era principalmente pa dar servizo o

serradoiro con fretes comerciais propios. Logo

Page 50: Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA ......Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA gagoperezm@gmail.com 4 E esta é unha “habilidá miña” para reflexar

Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA [email protected]

50

tamén se dedicou aos materiais de construción e de esta maneira xa os

barcos non tornaban en lastre ben si, cargadiños cos novos materiais en

saneamento e construción que vía tren chegaban a metrópole arousana

por excelencia coas novidades que os avances económicos ían facendo

necesarios nas novas vivendas.

A factoría o primeiro estaba na outra banda da estrada e tamén contaba

con un muíño fariñeiro, pero despois de ser pasto do lume, refixo todo,

incluído o muíño, na banda do mar.

Este empresario tamén instalou unha telleira de considerables dimensións

pa época no lugar de Exipto-Abanqueiro. Tiña un socio principal que era

meco, D. Gonzalo, e tamén estaba na sociedade o Sr. Manuel Escurís.

Parece ser que un empregado familiar, nun mal día, cando estaba

xuntando barro cunha pala mecánica tivo unha mala manobra e caeu

coa máquina encima del e xa quedou no sitio. O Señor Chouza ademais

chegou a ser alcalde de Boiro. Tamén se meteu no das bateas que contou

ata dez.

Tamén era armador e tiña varios barcos. Nuha ocasión, alá po los anos

´50 ou ´52, cargaron troncos de pino para Vilagarcía pero a causa do mal

tempo non completaron a capacidade. Cando ian a altura de “O Seixo”, o

patrón díxolle ó xoven Ricardo Pérez, (O Polveiro, de Taragoña, o

informador), que cobrase a maior pero o chaval xa veu que lles chegaba a

auga a cociña, avisáronlle ó mozo timonel que metese a caña a outra

banda pero xa, sen saber cómo, encontrouse sobre a quilla do barco

emborcado, o timonel consigueu recuperar a gamela que se lles marchara

e os tres subíronse a ela. Veulles a socorrer o barco de mantemento dos

faros que estaba cerca y decidiron, logo de esperar a que acabasen de saír

coma obuses a superficie tódolos troncos, de remolcalo hasta Vilagarcía

para non deixalo no medio do canal. Loxicamente paseniño xa que tiña

os paus coas velas despregadas. Ó seu pesar non lles quedou mais remedio

ó patrón que decidir levalo hasta o molle causándolle lla perda de paus e

velas. Desde alí púsoxose en contacto co Sr. Chouza quen xa tomou as

rendas. Apareceu no peirao con un camión de Lantero cargado de pinos e

con el largaron uns cabos ó costado exterior do bote e conseguiron darlle a

volta e poñelo a flote.

Page 51: Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA ......Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA gagoperezm@gmail.com 4 E esta é unha “habilidá miña” para reflexar

Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA [email protected]

51

EN ABANQUEIRO

Aquí tampouco había ningún tipo de peirao de maneira que cando tiñan

algún evento especial na que se invitaba a xente de alcurnia ou

autoridades non lles quedaba mais que recorrer a solucións de fortuna.

Aquí vemos as autoridades subir a bordo de un barco e mais o embarque

da imaxe na procesión marítima do Carme, tiveron que armarlles unha

pasarela con unha escada e unhas táboas de madeira de reforzo e mais

facendo de tapacoños.

Estas xentes débenche ser moi gaiteiras, por un nadiña móntanche unhas

copliñas, sen ir mais lonxe, no ano´35 na praia de Angados apareceu

unha toniña e tamén lle montaron outra “homenaxe” que a recorda moi

ben o señor Bautista Suárez, nonaxenario, de Porto de Mouro:

Anda lixeira María

traime a cortiza do sal

para salala toniña

que saleu en Sucordal

Page 52: Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA ......Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA gagoperezm@gmail.com 4 E esta é unha “habilidá miña” para reflexar

Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA [email protected]

52

O BODIÓN

Este peirao foi durante moitos anos o punto de escada e logo o último

terminal do derradeiro vapor dende esta banda do mar a Vilagarcía. Era

de titularidade pública.

A ubicación e a mesma que ten hoxe en día o porto-explanada que usa a

fábrica de Gealsa . Parece ser que nunca foi de madeira, o inicio era unha

canteira onde, coma noutras partes puxeran uns raís para uso de unha

vagoneta ata a parte mais saínte e poder cargar a pedra nos barcos.

Como nese sitio o fondo é moi fangoso, decidiron reenchelo empezando

con bloques de formigón e logo xa votarlle a pedra enriba. Isto ocorreu

entorno o corenta e tres, díxomo unha señora que tiña daquela catro

anos e agora tamén cóntamo un matrimonio que tamén andaban polos

nove e catro anos, xa que nas tomas aéreas do ´56 non parece que sexa de

dimensións de madeira e mais pola continuidade co terreo.

Como anécdota, contan, este matrimonio o mesmo que señora da

primeira versión, que antes do cambio, unha balea quedou atrancada

entre os bloques do molle e xerou unha

boa novidade porque chegaban xentes de

toda a contorna pa vela (o mesmo que en

Peralto). A ela pareceulle unha pedra

entre as outras, pero a parella dime que

incluso xogaban por enriba dela e que

estivo moito tempo, fálanme de anos,

aquí teño que discrepar dos recordos

porque seguramente foi un tempo largo que lles pareceu moi largo. O

animal chegou vivo coa marea alta e logo o devalar quedou nas obras,

Page 53: Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA ......Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA gagoperezm@gmail.com 4 E esta é unha “habilidá miña” para reflexar

Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA [email protected]

53

polo visto daba uns “zapatazos” que ata retumbaban nas casas. O que

pasa é que unha vez morta cando empezasen a saír os “aromas” da

descomposición e dun animal tan grande, probe Bodion! Non sei se aínda

hoxe darían volto! Certo é que así debeu pasar e alguén aproveitou o feito

pa sacarlle unhas copliñas. Grazas a excelente memoria da señora Lola

Trasbach (a Cuca, irmán do Cheriff de Barraña) de Ferreiros hoxe

podémolas disfrutar:

Decían os mariñeiros

aí ven un barco de guerra!

E cando varou na Praia

resultou ser unha balea.

Acudiron de Cespón,

de Bealo e Taragoña

para matar a Balea

todos traían lagoña.

Xa vos direi mais tarde

o que lle ocorreu a Barreiro,

non lle quixo dala carne

os vecinos de Abanqueiro.

Xa veredes vos agora a Praia do Bodión

qué bonito queda o ancoradoiro coa graxa do xibarrón.

Uns dín que é unha balea

outros un xibarro

quen levou un saco dela

foi Cachiñas o de Graso

O señor Agustín viña na procura dunha rebanda

non tiña onde levala,

lévalla a neta na faldra.

Veciños do Bodión* Andades mortos de pena. seica vos chegou o cheiro

que traía a balea?

*suposición míña do verso en esta estrofa que xa me chegou eivada.

Como vemos ten algunhas semellanzas coa de Peralto, vese que o vate de

estas composicións tamén a coñecía.

Cóntame o señor Ricardo Herbón, que seu pai Manuel lle conta cos seus

oitenta e catro anos, que o tal Barreiro da copla era un veciño de

Ferreiros que se dedicaba a compra-venda de peixe no seu barco e

dándose conta do negocio, chamouse a dono do cadavre. Logo

arrastrárona para ó serradoiro do señor Figueiras xunto co señor Manuel

Herbón e mailo “Peiteado” e outro home mais e alí mesmo a tronsaron en

Page 54: Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA ......Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA gagoperezm@gmail.com 4 E esta é unha “habilidá miña” para reflexar

Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA [email protected]

54

toros e fixeron con ela grasa (e velaí o cheiro das coplas) que encheron en

barrelos cos que se supón debeu negociar o señor Barreiros.

Os restos e mailo esquelete tiráronos alí mesmo por fora do novo dique en

construción e tivo as súas consecuencias: unha que entre os osos pescábase

lorchos coma mans de grandes e outra que dín que os curriolos,

anguiachos e ata os congros sabían a touciño.

Como digo, alí cerquiña, onde se atopa actualmente o multi-servizos de

fibra e PVC dos Otero y

Losada, estaba o

serradoiro do señor

Figueiras, pero o peirao

que lle fixo xa foi de

pedra. Esta foto

“collida” de Boiro

Histórico, é dos anos

cincuenta, a xente do

lugar está no molle do

serradoiro do señor Figueiras e o fondo o do Bodión.

E xa postos, temos un actual que combina o cemento coa madeira (a

madeira está coma elemento de

protección) e que está operativo e

ademais é o que podíamos chamar

ecolóxico porque este tipo de

instalacións non amola o

funcionamento rutinario da natureza.

É o de Talleres Piñeiro dedicado o

montaxe e reparación de motores

mariños. Como lles pasaba a tódolos “seus antergos”, ten o problema dos

calados coa marea baixa, pois cando devala o mar queda todo en seco. Foi

feito polo propio titular do taller Luís Piñeiro. No mesmo sitio xa o seu pai

tiña unha fragua de maneira que o dos ferros sexan quentes, oxidados ou

brilantes xa o leva no ADN.

Page 55: Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA ......Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA gagoperezm@gmail.com 4 E esta é unha “habilidá miña” para reflexar

Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA [email protected]

55

Martillo pilón simple para terrenos de arcilla blanda.

Page 56: Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA ......Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA gagoperezm@gmail.com 4 E esta é unha “habilidá miña” para reflexar

Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA [email protected]

56

RÍA DO BELUSO

(Para mariñeiros, Rianxo)

(tamén podería dicir: Pa carpinteiros de ribeira, Rianxo)

PONTE BELUSO

Neste fermoso curruncho, entre Boiro e Rianxo, non había ningún peirao

de madeira pero traio a este espazo porque coido que paga moito a pena.

Esta ría do Beluso formaba parte de un espazo que dende o Chazo en

Boiro ate o peirao de Rianxo, poderíamos decir que érache coma fai uns

anos atrás Ferrol-Terra ou Vigo-Bouzas pola cantidade concentrada de

Estaleiros de ribeira que se reuniron, así a ollo: No Chazo o de Francisco

Places Fernández e mais o de GerardoTriñáns (aínda capeando esta

enésima crise), aquí no Beluso pola parte de Boiro o de Manuel Places

Piñeiro, fillo do anterior e xa pola parte de Rianxo o de Jolías e o de

Forjan e en Targoña tamén o de Muíños na praia da Torre e xa entrando

en Rianxiño, Carracedo (xubilado), Lojo (que se desprazara nos sesenta

dende a praia do Porrón por falta de electricidade) ,resistindo tamén

como pode, os irmáns Losada (os Morechos) desmantelado cando se fixo o

paseo marítimo, e por último o dos irmáns Collazo Mosquera (antes

Collazo Dieste mais coñecido coma “o de Catoira”) xa no porto

aguantando a capa.

Pero tamén o Beluso foi un recuncho de enorme actividade económica no

eido da madeira pola cantidade se serradoiros, case que toda a veira rúa

entre o mar e a estrada eran apiamentos de táboas. Outra

Page 57: Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA ......Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA gagoperezm@gmail.com 4 E esta é unha “habilidá miña” para reflexar

Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA [email protected]

57

particularidade que lles vexo e que fixeron barcos de considerable

envergadura pa ser de madeira. Voume a referir só a un, o do Señor

Places na banda sur (Boiro).

Estaba ubicado xusto debaixo do peto da Santa Ritiña que tantos

seareiros ten polas cantidades de ofrendas que sempre ten e case que a

tapan entre botellas de aceite e flores.

Aínda hoxe se poden ver os galpóns nos que se desenvolvía esta

carpintería. A toma do ´56 púxenlle uns círculos onde parece que ai uns

barcos atracados, a foto non

se pode acercar mais que se

pixela demasiado, tamén na

outra banda parece que se

ven dous no de Forján.

Nesta toma o sitio actualmente, o cuberto

columnado era o estaleiro, o galpón da

dereita e posterior.

E aquí temos o Sr. Manuel Places Piñeiro

desembarcando no peirao de ferro, nunha

visita a Vilagarcía. Tiña moi boa man pa

construción de ribeira e na súa conta ten a

do mercante

extraordinariamente grande

para época e loxicamente en

madeira o “Bella Otero”. Foi

un mercante feito coa idea

de fretalo pa o carrexo de

madeira entre Marín e

Barcelona. E a pesares de

que cando se acabou a súa

construción xa a sociedade

de dos dous cuñados

armadores de Pontecesures

non ía por bo camiño, o certo é que o barco

Page 58: Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA ......Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA gagoperezm@gmail.com 4 E esta é unha “habilidá miña” para reflexar

Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA [email protected]

58

estivo case que sempre facendo a rota ideada, aínda que logo tivo

desprazamentos distintos. A foto foi feita en Santander e alguén

contoume que o veu por Palma de Mallorca. Logo acabou de batea na

parte de Bueu. Foi construído entre os anos ´59 e 62. Tiña 36 metros de

eslora total, un motor de 300CV e 300 TPM.

Tamén podemos ver un cachiño da súa proa durante ese

tempo no estaleiros. Danos idea das dimensións o home

que quixo saír na foto, quizais a posta.

Nos plans que figuran no proxecto de construción, danos

a data do 1958 por un enxeñeiro naval do Ferrol. O

motor asentáronllo en Marín. Grazas a que esta xente

descendentes Places conservan coma unha reliquia estes

recordos, hoxe podemos gozalos todos un pouco e

apreciar o esmero con que estas cousa se fixeron. O plan

xeral tíveno que sacar a cachos e volvelo a encanar .

A que era fantástico?

Como digo o primeiro, este

golfiño de mar, tiña abundante

actividade, non só a dos

estaleiros senón tamén varios

serradoiros a unha e outra

marxe da ría, o pasar pola

estrada en coche todo eran pilas

de táboas de madeira no

Page 59: Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA ......Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA gagoperezm@gmail.com 4 E esta é unha “habilidá miña” para reflexar

Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA [email protected]

59

recorrido da circunvalación dela.

E na parte norte estaba o estaleiro de Forján e mais o do “Jólias,” ámbolos

dous de Taragoña.

O Jólias xa traballara con Places e logo co Forján pero como era “moi seu”, púxose “en por el “ con outro asentamento o carón de este último. Entre as súas construcións cabe destacar un barco arredor de 500 trb nos anos ´54-´55, chamábase “Pilaruca” e foi un encargo de un dos Pérez Lafuente de Vilanova para mercante de navegación costeira. O señor tivo moi mala sorte porque xa tendo unha placa metálica no cranio de outro accidente, cando estaba poñéndolle a este o bao do castelo de proa, este madeiro zafóuselle e caeulle na testa, deixándoo no sitio. E así, nos tempos en que Manuel Places estaba facendo o Bella Otero, o Señor Bieito Forján facía o “Isla de Sagres” de 200 TRB, tamén un bo cachopo pa dous socios de Riveira con destino de mercante (no 1956 había ardido o Tritón varado durante as festas do verán), e a intención era pa sustituílo na liña Ribeira-Vigo. Esta sociedade o mesmiño que a anterior, xa facía auga antes de acabalo, resultado do cal

o barco (que non chegou a ser), acabou amarrado unha porrada de anos nos molles de Ribeira. Namentres o tráfico marítimo de liñas cortas empezou a decaer e parece ser que houbo un amago de preparalo coma baka, pero

tampouco callou, e deste xeito “navegou” dun molle pa outro onde menos estorbase, sendo fogar de unha coñecida parella de indixentes voluntarios. Finalmente, despois de “aproveitárenlle” algunha chatarra e pouco mais, o resto quedou pa sempre enterrado no recheo onde están as primeiras chabolas do porto. Qué pena, non? Nestas catro fotos

Page 60: Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA ......Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA gagoperezm@gmail.com 4 E esta é unha “habilidá miña” para reflexar

Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA [email protected]

60

comprobamos o seu peculiar tipo de navegación dentro do porto ribeirán e atracando “onde menos estorbara”: no molle externo, no malecón fronte a rúa Rosalía de Castro e a carón do varadoiro do Cabalán.

E esta derradeira é un recorte, con reproducción parcial da popa, de outra mais

extensa con partes ocultas pola xente.

Nesta “instantánea”, algúns dos persoeiros que viviron estas istorias, os

fillos do mestre 1 – Ramón Places, 3 – Manuel Places, 2 -Francisco Piñeiro

e 4 – O Jólias.

Page 61: Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA ......Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA gagoperezm@gmail.com 4 E esta é unha “habilidá miña” para reflexar

Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA [email protected]

61

Ao fondo estaba estaleiro de Forján e xusto encima do 3 o “Taloli,” un

mercante de Prego (consignatario/armador) de Vilagarcía que estaba pa

reparar, por certo, nese mesmo sitio xa lle fixeran, tamén pa Prego outro

mercante de 200 TRB chamado “Sara”.

Aquí temos o INDUSTRIAL feito por BieitoForján no 1945 con 18,02

metros de eslora e 33,64 TRB pao fomentador ABALO-OZORES de

Vilanova de Arousa. Logo de unha larga tempada na compra de peixe a

flote, nese tempo que tuvo unha embestida con unha baka de Ribeira a

altura de Sálvora e morreran dous mariñeiros da baka. Despois pasou a

pertenecer a confraría de Arcade onde o tiveron traballando de areeiro e

ao sal , mais tarde pasou os armadores Domínguez Oliveira de Carril e

atraballar de draga, dende o 2008 que pasou a mans de Dragados del

Noroeste, S.L. de Vilanova e restaurado nos estaleiros de Aguiño, exerce

actualmente coma barco de lecer co nome de MANUYAEL

INDUSTRIAL.

O señor Manuel Places Piñeiro, tiña seu pai Francisco Places Fernández,

coma xa dixen antes, que tamén

posuía un estaleiro no Chazo (xusto

onde a capela) e fixera parece ser

que no ano ´22, un super-barco de

400 TRB de nome “Guadaira”,

encargo dun armador andaluz2. Debía ser

magnifico, tiña tres paus, moi parecido o 2 No me extrañaría nada que hubese sido D. Esmeraldo Domínguez

Page 62: Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA ......Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA gagoperezm@gmail.com 4 E esta é unha “habilidá miña” para reflexar

Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA [email protected]

62

Barbanza polas características. Houbo moita festa e algarabía o día da

botadura. O certo é que só fixo unha viaxe a ultramar, un frete de follas

de tabaco e de capitán foi un señor de Burata-Rianxo. Logo cando chegou

de volta co cargamento xa veu, como lle pasara o Barbanza, ferido de

morte (os barcos tamén debería ir vacinados a eses mares quentes, ou

sexa, tratada a madeira) co casco todo podrecido do teredo tropical que

lle entrou e entón deixárono fondeado na Ría de Muros-Noia por moitos

anos, mais tarde trouxérono pa praia de Rianxo coñecida coma da Torre

ata que un mal día do inverno do ´55 o ´56 que foi dos peores que se

recordan, tan malo foi que a mortaldade do marisco foi total e os

mariñeiros xovens de Rianxo tiveron que ir a procura de subsistencia nas

minas asturianas (consecuentemente algúns xa se afincaron alá pa

sempre), pois, coma digo, cun temporal dos bos que houbo, o barco garreou

e foi dar mal treito a praia da Torre onde finou. Entón comezou a

“reciclaxe natural” por parte dos veciños ate que non quedou nadiña.

Andiveron a procura da botavara, polo visto non resultara atacada do

mal, pero non se encontrou, lóxico porque algún listiño xa soterrara na

area antes que chegara os outros.

Neste derradeiro emprazamento do Chazo, montáranse os maquínallos

para intentar arrastrar os restos que puidesen do pecio do “Cabo Razo”

logo do seu afundimento o 4 de agosto do ´58 . Aínda hoxe se poden ver os

asentos onde estiveran. Os

traballos foron feitos polos buzos

e persoal da fábrica de

fundición “la Atlántica” de

Vilaxoán.

Unhas fotos de esa desgraza,

feito que grazas a Boiro

Histórico e os amigos de Graso

podemos tristemente lembrar e

cuxo avó foi náufrago deste barco e

salvouse porque o recolleron cando

ía polo mar a baixo xa chegando a

illa de Sálvora.

Page 63: Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA ......Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA gagoperezm@gmail.com 4 E esta é unha “habilidá miña” para reflexar

Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA [email protected]

63

O rescate de restos do relicto, o funeral de campaña multitudinario polos

trece mortos e o enterro de algúns dos desdichados en Vilagarcía

Aínda que non todo saía sempre ben, pois resulta que nos albores do século

pasado, na praia da Torre en Taragoña, no estaleiro de Muiños, durante

unha botadura o barco caeulles tres veces, menos mal que o puideron

recuperar e levalo a flote, o feito chegou a nos grazas as coplas populares

que sempre estaban prestas pa cantar “as xestas” do que se saía co cotián.

O barco de Muiños

Nazareno é

dou as tres caídas

e caeu de pé.

Os de Taragoña

tirabeques son

que o dixo o cura

na Santa Misión

Témollas que agradecer o señor José “o Carrileiro”.

Falando de Taragoña, ainda que a día de hoxe carece case de flota

(exceptuando a bateeira con base en Rianxo), na primeira metade do

século pasado era todo o contrario pois contaba con unha abondosa flota

de costeiros de dous e tres mástiles.

No cabe dúbida de que isto dos estaleiros de ribeira merecería de, per sé,

un monográfico.

Page 64: Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA ......Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA gagoperezm@gmail.com 4 E esta é unha “habilidá miña” para reflexar

Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA [email protected]

64

Configuración de una estación de observación de olas.

Page 65: Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA ......Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA gagoperezm@gmail.com 4 E esta é unha “habilidá miña” para reflexar

Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA [email protected]

65

Extremo de un Pilote

NO RÍO ULLA

(Néboa en Padrón, sinal de cerrazón)

Neste treito de ámbalas dúas marxes, na época en que eu me estou a

mover, non encontro ningún, aínda falando coas familias dos

descendentes dos valeiros e algún deles de oitenta anos.

Pero o señor Francisco Barreiro (Picafolla), andou interesándose por

axudarme e deixoume (con volta) un libro “Historia de Puentecesures” de

José Piñeiro Ares, edición 1989.

Non me queda mais que repetir o que neste libro se pon.

Que no 1959 durante unhas reformas do peirao de Pontecesures, unha pala

escavadora tropezou con un “tesouro” : uns madeiros xa fosilizados que

eran da época romana e que formaban parte de un molle pa o atraque

das súas galeras.

O lugar é no Porto, xunta onde está hoxe a Cerámica Celta.

Deixo algunhas das fotos que

alí aparecen dos achádegos

encontrados nestas

escavacións, tal coma esta

punta dun dos pilotes, vemos

que ten unha entalladura que

debía servir coma amarre.

En moitas destas vigas

apareceron estes rebaixes polo

que se pensou fosen pa o encapillamento dos cabos.

Este entrabado de pontóns e vigas,

coma todo o resto da instalación,

estaba carente de cravazóns metálicas

e estaba confeccionado a base de

machembrados e espigas de madeira.

Vigas e pontóns liados en “cola de milano”

Page 66: Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA ......Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA gagoperezm@gmail.com 4 E esta é unha “habilidá miña” para reflexar

Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA [email protected]

66

Arrastrando as vigas que no seu

orixen debían ter polo menos uns

doce metros. A todo o largo delas

tiñan uns furacos que debían ser

pa encastre dos outros paus.

Nunha destas vigas apareceu

unha inscripción “C O R”.

Este pilote aínda o puideron

fotografar cando

desterraron todo este

achádego

E finalmente unha mostra do

armazón do peirao.

Parece ser que esta armazón tiña hasta 20

metros de fronte por seis de fondo. Tamén

se comenta no libro, que as vigas e os

pontóns chegaban a medidas considerables

de 10 metros de longas por 20 ou 30

centímetros de espesor. Ademais

comprobaron que no enterramento destes

pilotes había uns restos de material que

podería ser morteiro.

Aí! Qué pouco publicitamos os nosos

tesouros!. Nalgures por bastante menos

danlle un bombo que parece unha exclusiva mundial.

Restos do entramado do molle

Pontón petrificado e

mailo autor

Extraendo enormes vigas

Page 67: Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA ......Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA gagoperezm@gmail.com 4 E esta é unha “habilidá miña” para reflexar

Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA [email protected]

67

Page 68: Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA ......Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA gagoperezm@gmail.com 4 E esta é unha “habilidá miña” para reflexar

Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA [email protected]

68

O CARRIL

(O inglés non se lle pode dar confianza nin na Malveira)

En Carril, na época en que, asegundo me contou o finado do Sr. Agustín o

“Tecelán”, chamábanlle a das tres sirenas: a dos barcos, a das fábricas e

a do tren. Tamén eran os tempos en que en calquera casa podíase escoitar

unha conversa doméstica coma esta:

Nai - Encarnita

Nena – Mande

Nai – Agora que está a marea baixa, vaite a praia e trae un

caldeiro de ostras, logo cando chegues machúcalas e bótasllas as

ghaliñas,

Esta ilustración debe de ser de cando veu o rei e maila súa nai a “recollelo

agasallo” da Illa de Cortegada.

Page 69: Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA ......Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA gagoperezm@gmail.com 4 E esta é unha “habilidá miña” para reflexar

Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA [email protected]

69

Póster cedido polo bar “La Plaza” de Carril

Tamén era o porto mercante mais importante da Ría de Arousa, antes de quedar absorbido pola puxanza de Vilagarcia e acabar formando os tres pobos, xunto con Vilaxoán, un único concello a principios do século. ¿Cántos dos nosos emigrantes haberán visto marchar estas vellas pedras?

Page 70: Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA ......Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA gagoperezm@gmail.com 4 E esta é unha “habilidá miña” para reflexar

Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA [email protected]

70

Contaba con un tecido de industrias considerable incluído de pesada con

varias fundicións. Con todo só encontro dous molles de madeira, seguindo

o paseo marítimo actual,

NA PRAIA DE COMPOSTELA

A altura do lavadoiro polo lado sueste do actual peirao de pedra despois

do que queda da fundición dos Alemparte, chamábanlle o de

“Cantalarrana”. Outro mais, pasado o actual centro de interpretación do

areal, era o de D. Juan Gil. Ámbolos dous de serradoiro.

Estes dous peiraos tiñan raís para o uso de vagonetas na descarga/carga

da madeira.

O de Cantalarrana pertencía os Cambón que tiñan, nunha grande

extensión de terreos a un lado e outro da carreteira, un serradoiro que

debía ocupar todo o entorno do actual istituto de Carril, ou sexa entre os

dous accesos a Trabanca, o da rúa dos Anxos ate a carreteira por debaixo

da vía do tren. Esta panorámica sacada dende a Tomada no cincuenta,

danos unha idea da situación destes emporios industriais.

Mediados os corenta xa os Cambón (que habían constituído NAVICOM logo FINSA en Pontecesures), ían deixando esta propiedade de lado e na parte baixa a carón da estrada, instalárase Mequinsa, unha fundición de volframio. Tamén naquel entón tíñamos onde hoxe está o hotel Carril e mais os chalets adosados outra fundición, a de Mensa (Metales del Norte SA). Cantos postiños de traballo!

O mineral traíano en carros de bois dende as minas de San Fins “The San Fins Tin Mines Ltd.” en Lousame. Tamén posiblemente virían co mesma procedencia, a través dos galeóns cargados desde os carros en Pontebeluso e posiblemente algo tamén desde Escarabote das minas de Lampón e mais da pequena mina de Mondelo en Palmeira. Por certo, nesta derradeira

Page 71: Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA ......Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA gagoperezm@gmail.com 4 E esta é unha “habilidá miña” para reflexar

Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA [email protected]

71

cargábanos mo molle da fábrica de Ignacio e dunha volta, cando non lles viñeron os botes recoller o mineral, os carreteiros tiraron con todo o mar, agora ó sítio quedoulle “Pedras Negras”.

Algúns barcos de ferro que facía escada nestes portos e encontrábanse con algún problema de chapa na súa estrutura, varábano nestas praias e procedíase a s reparación ou cambio das láminas e remachado das mesmas. Tamén din que aquí se fixo o primeiro barco de aceiro a vapor de toda a Ría..

Nestas dúas fotos (grazas a D. Daniel Garrido e O faiado da Memoria)

vese o comezo do peirao, posiblemente algún dos nenos sexa D. Mariano

Rajoy que veraneaba a carón de este emporio.

Dende o serradoiro de Pontecesures a miúdo facía o trasporte das táboas

en feixes amarrados en fila a un barco e este remolcábaos hasta o porto de

Vilagarcía. Debía parecer os madeireiros do Tajo polo río abaixo.

Un momento de un día de actividade “frenética” no molle de Cantalarrana, basta fixarse na gabarra primeira pola esquerda e preguntarse cómo tal aguantaban.

Page 72: Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA ......Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA gagoperezm@gmail.com 4 E esta é unha “habilidá miña” para reflexar

Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA [email protected]

72

Pola banda de Carril deste peirao, hoxe temos outro de pedra, e un pouco mais alá aínda se pode apreciar na praia un cercado de pedra que non é unha linde de concesión marisqueira, senón a testemuña de unha poza onde os da fundición de Alemparte enfreaban os caldeiros e outras pezas metálicas que elaboraban. Nunha das nosas crises periódicas, alá polos sesenta, as mulleres da contorna pa axudar a sempre maltreita economía ían escarvar nesta poza a procura de pezas metálicas residuais pa vendelas coma chatarra.

Nesta foto aérea do ´56 podemos ver os tres, o primeiro nótase pouco de Cantalarrana, logo o de D. Juan Gil e por último a caseta de Lantero.

A montaxe aquí debaixo, corresponde a ubicación que tería oxe esta marabilla, debe terse en

conta a cantidade de area con que se cubreu esta praia, daquela xa

tíñamos mais de un metro de altura no arranque da istalación, as pedras que se ven na foto vella xa non están

ou foron tapadas pola area, a instalación chegaba case que a altura da “pedra redonda” que sobre sae das outras. De fondo Carril e a dereita a

Page 73: Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA ......Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA gagoperezm@gmail.com 4 E esta é unha “habilidá miña” para reflexar

Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA [email protected]

73

factoría de Alemparte coas xanelas selladas con ladrillo. Abaixo na praia a poza de enfreado. Aínda que a foto seguinte pertence o Ramal podería

ser común a estes outros. A pesares que tiñan os molles para estes servizos, vese que a voltas estes botes (galeóns?) coa marea moi devalada

non estaban para operar amarrados e habería que recorrer a facer de funambulistas para cargalos varados. Esa mulleriña coa táboa a cabeza

andando por unha prancha de madeira que ademais seguro que abaneaba ben cos andres, namentres os homes estibábanas na cuberta do barco.

O de D. Juan Gil, debía estar mais ou menos a altura do edificio a continuación da pulpería SUSO, ou fronte o Museo de Renfe. Tamén era, como dixen, un serradoiro con unha boa extensión de terreo, polo menos dende o mamotreto de

vivendas Ribainsa ate a altura do grupo de casas baratas por ámbalas dúas marxes da estrada. Tiña, ademais un muíño fariñeiro pa o gran de millo, trigo ou cebada, etc. Sufreu un incendio no ´33 e no ´55 vendeullo a explotación a Carbonell y Cia. de Córdoba que ademais tiña outro serradoiro e Pontebeluso. De este temos esta espectacular foto aérea en que aparece en primeiro plan, o que segue despois do xardín de Artime debe ser o de Lantero que antes de ser de pedra foi unha caseta-almacén

Page 74: Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA ......Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA gagoperezm@gmail.com 4 E esta é unha “habilidá miña” para reflexar

Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA [email protected]

74

tipo palafito sobre puntais que parece ser tiña un pequeno atracadoiro con raís hasta o serradoiro que estaba na outra banda da avenida, aínda hoxe quedan unhas vías na beirarrúa que da a ex-factoría cruzando a estrada. E logo das innumerables fotos que hai da praia de Compostela en que se

aprecia ao fondo o molle

do señor Gil, escollín esta

porque é a mais preto. A

cheminea destaca por

encima dos paus

abandeirados.

E finalmente, por seguir

esta teima, poño outra

montaxe coma e onde

estaría a día de hoxe. O mesmo que na anterior, a praia quedaba moito

mais baixa como se ve na foto desa época notando os pasos das escaleiras

de baixada dende os xardíns.

Maqueta deste molle feita

polo xubilado de Fenosa,

Antonio Rodríguez

Cóntanme que unha particularidade de este era que tiña no metade del un “escusado” para as donas.

E por último un plano de estas instalacións que debe ser de finais do século XIX, porque esta estrada fíxose nesa época, antes non había o camiño a

Carril bordeando praia, eran unhas propiedades privadas, os Artime cuxo xardin quedou divido en dous e dunha familia Martínez que cedeu os terreos e o primeiro nome desta carreteira de Carril a Chapas neste treito foi o de Avda. De los Martínez, qué menos.

Page 75: Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA ......Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA gagoperezm@gmail.com 4 E esta é unha “habilidá miña” para reflexar

Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA [email protected]

75

Método de líneas paralelas para fijar la posición de sondeos.

Page 76: Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA ......Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA gagoperezm@gmail.com 4 E esta é unha “habilidá miña” para reflexar

Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA [email protected]

76

VILAGARCIA DE AROUSA

(Cando amolega o Xiabre, mal tempo espera)

Nesta toma do 1956 xa se ve como Vilagarcía se empezaba a alonxar do

mar; as fermosas e produtivas praias que a lambían ían quedando

cubertas para dar paso o “progreso” que dunha capital se esperaba. E

chegando a situación actual na toma adxacente.

O RAMAL

De este molle, acabado de construír no 1903, debemos dicir da moita

importancia que tivo, xa que dotado de raís chegaba a vía ate a estación

do ferroviaria, polo que contribuíu tremendamente o fomento de

desenrolo industrio-comercial da Vila. O propio avó de Camilo José Cela

(John Trulok) chegou a escribir da importancia económica que lle estaba

dando a Vila e a profusión de talleres e industria que se estaba desenrolar

Page 77: Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA ......Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA gagoperezm@gmail.com 4 E esta é unha “habilidá miña” para reflexar

Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA [email protected]

77

a carón del. O trazado aínda hoxe é o mesmo, pero nestes intres estase

derivando para o peirao de contenedores no Ferrazo.

Contoume un señor de Carril, que no ano ´44 neste molle sucedera un

episodio moi lamentable, pois ocorreu que un tren de mercadorías

cargado con vacas que ía de Santiago pa Vigo, algo pasou nos controis de

cambio de agullas nas vías que o convoy acabou no Ramal

descarrilándose e precipitándose o mar. O momento cólleo a foto da

dereita destas tres arriba, grazas A.P.V. Morreron moitos animais e como

a marea ía pa arriba as reses mortas flotando subían por Cortegada e

polo río que daba a impresión de que estaban tornando aos seus prados en

vez de ir pa O Porriño, o de tantas xuntas o mais seguro que ese fose o seu

destino.

Na primeira pola esquerda, vémolo en

construcción. Se a ampliásemos veríamos

a caseta-almacén de Lantero e

apreciaríanse tamén os molles de D. Juan

Gil e Cantalarrana.

E finalmente, outras tomas mais do

mesmo e tamén grazas a D. Daniel

Garrido.

Page 78: Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA ......Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA gagoperezm@gmail.com 4 E esta é unha “habilidá miña” para reflexar

Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA [email protected]

78

O MUELLE DE FERRO

Con ríspeto a este peirao sobran as palabras dada a enorme importancia

que tivo, non só para Vilagarcía se non pa toda a Ría. O tráfico de

mercantes, aínda que tiñan que quedarse fondeados por mor da falla de

calado, logo se procedía a través das gabarras a carga/descarga deles.

Verdadeiramente este molle era de ferro pero “meto no paquete” porque a

plataforma peonil era de madeira. Foi acabado facer en xaneiro de 1890

con unha lonxitude de 420 metros. Tanto de este coma o do ramal os que

queiran saber mais ou ver fotos ben bonitas, poden facelo nas páxinas de

O FAIADO DA MEMORIA, e mais PATRIMONIO VILAGARCIA, este

último tamén case que sempre apoiando as ilustracións con escrito

contando algo sobre o momento que reflexan.

Estivo activo ate finais dos cincuenta. As fotos púxennas en pequeno en

grupos pa non ocupar moito porque como digo arriba, o que guste de estas

cousas pódeo pasar moi ben nas páxinas web vilagarcianas mentadas.

Como anécdota, debo suliñar a tremenda manifestación que no seu

entorno se celebrou no 1900 co gaio da visita do Rei D. Alfonso XIII (polo

asunto de ver o agasallo que lle facían da illa de Cortegada para

Page 79: Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA ......Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA gagoperezm@gmail.com 4 E esta é unha “habilidá miña” para reflexar

Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA [email protected]

79

residencia real de verán); pois ocorreu que se xuntaron unhas catro mil

embarcacións de toda a Ría cuns vinte mil homes protestando polo uso

das traíñas na pesca da sardiña que

puxeran “de moda” os fomentadores

cataláns e que estaba desequilibrando non

só o sistema ecolóxico se non tamén o

financeiro das xentes da pesca. Cos remos

en alto oíase o grito: “morran as traíñas,

viva a nosa nai”. O que non sei é o que

siñificaba “nosa nai”, puidera ser porque

co rei tamén estaba a su nai a raíña rexenta? Este momento corresponde

as fotografías do último grupo a mais da dereita e mais esta o carón. O

que si ben recordo unha copla que debeu xurdir de estes feitos e que na

casa de meus avós, na Ameixida, cando había comida familiar acabábase

cantando:

“Algún día largábanse as redes

e quitábanos a nosa pobreza,

e caeuse a motora no mar

e acabóusenos toda a riqueza”

O certo é que este peirao case que foi unha solución de fortuna porque non

solucionou o principal problema que era o dos atraques dos mercantes,

polo que mediados os cincuenta, puxéronse mans a obra de reencher un bo

treito de praia e logo dragar o fondo para dar o calado necesario e poder

operar con eficacia por mor de ser competitivo cos outros portos

circundantes, en materia comercial.

Como neses tempos en esta Vilagarcía en fervente transformación de

poboado encharcado a cidade, dedicóuselle unha rúa ao palmeirán

Romero Ortiz (verdadeiro nome

Antonio Romero García) (J.A.C.),

supoño que sería porque debeu

influír en algo positivo para a

Vila durante algún dos seus

períodos alternantes: bos de

ministro no goberno liberal de

Sagasta, ou malos fuxindo no

conservador de Cánovas. Aqueles

Page 80: Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA ......Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA gagoperezm@gmail.com 4 E esta é unha “habilidá miña” para reflexar

Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA [email protected]

80

presidentes que mais parecían competidores de cucañas no pau ensebado

nas festas do verán, pois estábase mais pendentes de cando caerían

entroques do que farían.

Unha manifetación dos estivadores

nos anos ´20-´30.

Vese que coa “contundente resposta”

por parte das Autoridades

Competentes.

Deixo esta postal que parece de

primeiros do sesenta. O barquiño en

primeiro plan é o que facía a liña a

Rianxo, o Cambeses, nome do barco e

mais da familia do armador

rianxeiro. Logo mais alá a temida

“patrulleira” da Armada.

Esta póñoa porque me informaron que xusto pola dereita da foto a carón

da praza vella había un pequeno

embarcadoiro de madeira.

A foto corresponde a unha regata

de botes de Carril (faluchos) co gaio

das festas de San Roque, feito que

era moi normal nestas festas

estivais do santo patrón da Vila.... e

ben tiñan razón os que me falaran

de este peiraiño porque cedida por D. Daniel Garrido aparece esta

reliquia. O lugar era coñecido coma As Hortiñas no que hoxe é o empece

da Avda. da Mariña e o molle

pertencía a D. José Bouzada

que tiña un establecemento de

ultramariños e coloniales

entre outras actividades

xusto onde hoxe está o banco

de Santander. Posiblemente

sexa este personaxe o que foi

socio de D. Ramón Gil no

almacén de salga ao que me

Page 81: Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA ......Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA gagoperezm@gmail.com 4 E esta é unha “habilidá miña” para reflexar

Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA [email protected]

81

refiro situado no Cantiño da Illa da Arousa. Aínda no estaba a praza da

pescadería

AS PONTES DO CASTRO

Nestas dúas foto poño estas pontes que datan da primixenia Vilagarcía, o

lugar ou insuela do Castro, para pasar a praia de Vista Alegre salvando o

río Con. Obviamente non son molles pero coido que vale a pena recollelos

aquí. Posiblemente sexan as dúas fotos no mesmo sitio o que nos levaría a

un recambio, o da esquerda sería o primeiro, digo polas formas arcaicas, o

da dereita xa está mellor acabado.

Tamén había unha

pequena carpintería de

ribeira no Castro dando o

río do Con. Aquí vese o

pendelliño con un par de

chalanas varadas.

Page 82: Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA ......Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA gagoperezm@gmail.com 4 E esta é unha “habilidá miña” para reflexar

Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA [email protected]

82

COMBOA

Este foi un peirao privado da casa dos Duques de Terranova e Medina de

las Torres e verdadeiramente é un lugar

moi abrigado como parece ser que significa

a palabra comboa. Como detalle,

seguramente andou por el o rei Afonso XIII

que era moi amigo desta Casa.

Foi feito no 1877, tiña tres metros de ancho , unha altura sobre a preamar de 0,60 metros e tamén era bastante longo sobre 145 metros. Na foto da dereita un rapaz rastrexa e amorea argazo para abonalas leiras.

Desapareceu co recheo polo novo

deseño do porto no Ferrazo e unión

por estrada con Vilaxoán pola

costa.

Nesta derradeira foto xa se ve que comeza o deterioro.

Page 83: Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA ......Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA gagoperezm@gmail.com 4 E esta é unha “habilidá miña” para reflexar

Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA [email protected]

83

Utilización de una cuerda flotadora para fijar la posición de cada sondeo (embarcación B).

Page 84: Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA ......Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA gagoperezm@gmail.com 4 E esta é unha “habilidá miña” para reflexar

Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA [email protected]

84

VILAXOAN

(Nubrado na Armenteira, norte na ribeira)

NA PRAIA DO CASTELETE

O DE CONSERVAS PITA (Hoxe GARABILLA)

Neste aínda quedan os restos de algún pilote. Pertencía a fábrica de Pita

(dixéronme que este señor era indiano). Logo un pouco mais contra

Vilaxoán estaba outro pequeniño que era o de Bieito Guillán (Benitiño)

que se viñera da Illa para asentarse nesta outra localidade Mais tarde

cambiou o molliño de madeira por un de pedra que hoxe segue en pé. O

curioso de está factoría era que na fachada en alto púxolle unha furniña

con un San Bieito. A fábrica decontado foi absorbida por Pita e o santiño,

como non che era moi valioso, feito en cemento por algún mañoso local,

acabou xunto cos restos de cascallos da reforma, na barreira de escombro

que dende a rúa daba a praia. O mesmo que o cruceiro na Pobra, tamén

causou danos colaterais por mor do servizo que tiña coma enfilación de

fanequeiras .

PITA

Page 85: Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA ......Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA gagoperezm@gmail.com 4 E esta é unha “habilidá miña” para reflexar

Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA [email protected]

85

A fábrica de Pita acabou nas mans de Garabilla (Cuca)e xa sabemos en

que trafegos andan coa xente estes días.

Coma anécdota cóntanme algúns veciños que de pequenos (coido que na

incipente adolescencia, como as tardes eran tan largas, dábase en todo

como corresponde a esas idades), unha

das actividades era a de ir axexar por

debaixo das rendixas das táboas as

mulleres cando pasaban na súa

actividade cotiá. Supoño que isto sería

común en tódolos portos. O que pasa e

que vendo esas mulleres de Palmeira

ou na Illa con esas saias escuras, logo

enaguas e toda a trapallada que

levarían daquela por debaixo, vexo

difícil que obtivesen “premio”. Estou por crer que nalgún destes casos, con

o evidente cabreo, alguén soltou aquilo que logo se fixo tan popular:

“Negra sombra que me asombras”. (perdón Rosalía)

Hoxe estamos a tempo de ver o

que queda del. Pero se o Señor

Durán aproveitando que é veciño

e que está nesa posición política

tan propicia, non estaría tentado

de restauralo como fixeron os da

Illa?

Esperemos que algunha comisión

lle leve esta idea e non se perda a

oportunidade.

Page 86: Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA ......Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA gagoperezm@gmail.com 4 E esta é unha “habilidá miña” para reflexar

Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA [email protected]

86

NA PRAIA DO PREGUNTOIRO

Nesta parte de Vilaxoán, había catro peiraos de madeira.

Coma nas outras, poño as dúas fotos comparativas onte/hoxe e no caso da

segunda coas calcamonías dos peiraos onde estarían se non fosen os

recheos e alguén lles procurase mantemento.

Page 87: Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA ......Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA gagoperezm@gmail.com 4 E esta é unha “habilidá miña” para reflexar

Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA [email protected]

87

O de mais o norte era o de D. Zoilo que tiña almacén de salagre onde

hoxe e o bar As Eiras e mais na casa que da a carreteira antiga antes do

recheo. Era de dous espazos, o mais o norte con orientación leste-oeste e

pegado o outro coa casa en senso norte-sur. Tiña dúas ramplas de pedra

unha na esquina dos dous bloques e

outra no extremo sur. Este espazo foi

cuberto fai moi pouco. Nestas dúas fotos vemos o emporio industrial de D.

Zoilo.

Na esquina da esquerda nos últimos tempos un tal señor Rial que

fora encargado na fábrica de Pita, puxo un aproveito de tanques de batea

de madeira e uns tablóns facendo un tingladiño que usou un pouco tempo

coma atraque de barcos e os rapaces pa chimparse del o mar. Tiña bateas

e barco e o seu edificio é xusto esa casa branca que está pegada ao de D.

Zoilo.

Logo viña o de D. José Rodríguez Alarcón tiña tamén un almacén

de salazón que hoxe nas mans de outros propietarios, COINBA,

dedicábase a elaboración do

bacallau. Comprou tamén o pazo

dos marqueses de Pardiñas pero

moito da súa vida familiar facía

en Madrid. Tiña tres barcos

propios a traballar pa súa

industria. Posiblemente esta

foto corresponda a ese molle, foi

sacada do vídeo “Lembranzas”

de Vilaxoan (paréceme que de Teo Cardalda). A escena corresponde a un

carrexo de peixe nun carro, a polo xulgar da cantidade de mulleres e o

Page 88: Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA ......Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA gagoperezm@gmail.com 4 E esta é unha “habilidá miña” para reflexar

Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA [email protected]

88

esforzo, debía pesar bastante. O molle digo que pode ser o de D. José

Rodríguez Alarcón porque era o mais grande e ademais este tiña filas de

tres pilotes en fondo, ou

sexa,

extraordinariamente

consistente ao que

levamos visto con

pilotes. Mais tarde tivo

tamén bateas.

O seguinte, moi

preto cara o sur, estaba

o de RECUNA que

tamén era almacén pa

salgadura. Tamén tiña un barco propio. Este empresario foi o primeiro

alcalde socialista de Vilagarcía. Mais tarde pasou a mans do boirense

Jesús Alonso e despois a doutra xente A MARISCADORA, fai un tempo

que deixaron estes locais para marchar pa Cambados. A casa segue case

que en pé detrás do que era a fábrica.

Esta foto vese pola popa enriba do barco o de D. José e un pouco

mais a proa apreciase mal o de Recuna. Mais o fondo a Atlántica e logo o

palacete dos Peña.

Aquí a miña habitual recreación de onde estarían hoxe.

Page 89: Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA ......Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA gagoperezm@gmail.com 4 E esta é unha “habilidá miña” para reflexar

Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA [email protected]

89

No illote que está na punta do Preguntoiro montábase o matadoiro

para suministrar a escuadra inglesa cando arribaba a Vilagarcía, que

daquela era moi a miúdo.

E por último, xa mirando contra o

oeste, despois da curva que está no

carreiro do Preguntoiro e que da saída a

carreteira principal polas casas de

Fontán, estaba o molle de PEÑA que xa

era fábrica de conservas. Era moi

pequeno.

E xa que che andamos cos contos de antes, aproveito para poñer

unhas coplas que os de Rianxo lle

regalaron aos de Vilaxoán co gaio

dunha da botadura falida do barco

VILAJUAN PRIMERO alá polos

albores do pasado século.

O estaleiro estaba situado na

praia das Saiñas que aquí temos na foto

e na seguinte durante a construción do “famoso” barco. Hai que ter en

conta que antes do tráfico

rodado todo era por mar e as

xentes de ámbalas dúas bandas

estaban moito mais

relacionadas, unha porque case

que todo o comercio e papeleo

dependía de Vilagarcía e outra

de seguro que cos malos tempos

e aquelas barcas, moitas das

voltas quedaríanse sen poder volver pa “súa banda”, o que trabaría

amizades e bastantes casamentos. Pois ben, os de Rianxo viñeron ver a

dichosa botadura en plan festivo e aos de Vilaxoán non se lles ocorreu

mais que facelo mal e o barco escoróuselle, rompeulle as amarras e alí

Page 90: Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA ......Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA gagoperezm@gmail.com 4 E esta é unha “habilidá miña” para reflexar

Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA [email protected]

90

quedou pa sempre tirado, feito que lles faltou tempo os rianxeiros para

soltarlle unhas copliñas, pero os de Vilaxoán pensaron que non era pa

tanto e que non era xusto porque no se debía xeralizar e corrixiron a

mala uva dos da banda norte da Ría.

Versión Rianxeira Versión de Vilaxoán

Por Ricardo Cebreiro (o Caramuxo) Por Ramón Vidal Durán (Ramoné)

Si supieras ingrata la pena que pasamos la gente está mirando

como se echaba el barco

Nosotros trabajamos con toda la ilusión

rompieron las estachas el barco allí quedó

Ay Jesús que barbaridad!

os de Villajuan fixeron o barco e no souberon votar

e despois que se emborrachou

fixeron o barco e alí lles quedou

Si supieras ingrata qué tristes nos quedamos

todo el mundo miraba como se echaba el barco

. . . .

¡Ay Jesús qué barbaridad! os “mexa na cama”fixeron un barco

e no souberon votar

E despois que o rapaz marchou e quedou o barco onde se empezou

Tamén ocorreron nalgunha praia de esta parroquia uns feitos que deben

estar un pouco confusos na memoria.

A cousa foi o embarrancamento de unha (ou dúas) balea(s).

Segundo nos conta Teo Cardalda no seu libro A BEIRA DA RIA DE

AROUSA: VILAXOÁN, alá polo nove de novembro do 1916, dúas lanchas

que saían po mar encontráronse na punta do Rial con algo insólito, un

vulto enorme de cor azul amourado. O primeiro pensaron que era un

submarino pero logo déronse conta que era una balea moi grande. O

animal estaba moribundo e aínda dou unhas sacudidas e acabou na praia

onde logo de unhas moqueadas, sobre das seis da tarde, morreu.

Os patróns xunto con ámbalas tripulacións e mais dous homes de Corón

que traballaban nun serradoiro, metéronlle un par de rizóns nun hoco

detrás da testa e tiraron por ela ate embarrancala. Xuntouse un mundiño

de xente. Seica medía uns 16,40 metros e pesaba 16 toneladas e media.

Pola mañán do outro día poxárona por 550 pesetas. Un pastón!

Page 91: Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA ......Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA gagoperezm@gmail.com 4 E esta é unha “habilidá miña” para reflexar

Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA [email protected]

91

Foto cedida por O FAIADO DA MEMORIA no cal pon que foi do 1929 e

que no libro do señor Cardalda figura coma no 1916.

Estes días na zoa das Sinas falei co señor Xosé Conde Torrado, dos de

Conde de Boqueirón de toda a vida. Acaba de facer estes días 94 anos,

naceu no ´20.

Díxome que il lémbrase de neno do embarrancamento de unha balea moi

grande na praia da Ostrícula, polo camiño do Con na zoa coñecida coma

As Brañas (debe ser mais ou menos por onde hoxe está o INTECMAR da

Xunta). Lembra que os rapaces saltábanlle enriba e que levaron un bo

susto porque de repente votou un chorro de auga polo lombo. Polo visto

aínda non estaba morta de todo. Logo, seguiu, contoume que pola mañán

viñeron uns homes e logo de faceren toros dela, levárono todo.

É a mesma ou foron dúas e a memoria enribiríchase facendo novelos cos

recordos?

Pois ben, coido que foron dúas que por esas casualidades das que a voltas

temos coñecemento, esta foi unha delas.

O insigne rianxeiro Rafael Dieste escribeu que os desta vila no 1917, cando

souberon do prezo da balea que arrancharan os de Vilaxoan, votáronse o

mar na procura de que os da outra banda, lles deran a parte que lles

correspondía. Qué foi o que pasou pa que os rianxeiros fosen con esas

Page 92: Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA ......Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA gagoperezm@gmail.com 4 E esta é unha “habilidá miña” para reflexar

Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA [email protected]

92

esixencias? Eu coido que debeu ser que a balea primeiro varou pola

banda de Rianxo e estas xentes deberon tentar de capturala zoscándolle

algún tipo de golpe ou ferida, pero o animal aínda no estaba para

deixarse matar e tivo folgos pa escapar e chegou ata a outra banda. Unha

volta que os rianxeiros souberon do prezo acadado, sentíronse no seu

dereito da reclamación (o mellor foi doutro xeito, sabeo alguén?).

Grazas a Xosé Comoxo e Xesús Santos, aclaráronnos este pequeno feito

nun estupendo artigo de La Voz de Galicia-Barbanza do domingo 1 de

febreiro do 2015: A balea de Tanxil , e que, como poño no preámbulo, podédelo ler

neste link, donde tamén se pode comprobar que as miñas suposicións no

ían mal encamiñadas.

Page 93: Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA ......Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA gagoperezm@gmail.com 4 E esta é unha “habilidá miña” para reflexar

Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA [email protected]

93

Embarcación para la realización del estudio.

Page 94: Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA ......Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA gagoperezm@gmail.com 4 E esta é unha “habilidá miña” para reflexar

Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA [email protected]

94

VILANOVA DE AROUSA

(Barqueiros de Vilanova, qué vento queredes levar?

Pola mañán da ría e pola tarde do mar)

Este porto, debeu ser un auténtico fervedoiro de actividade económica

conserveira pois tiña unha morea de almacéns de salazón e fábricas de

conservas. Nunha entrevista do faro de Vigo a un mariñeiro

nonaxenario que lle fixeran no ano 1999, contaba que había 24 fábricas de

salazón e con cadanseu barco pa o abastecemento (menos mal que non

Page 95: Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA ......Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA gagoperezm@gmail.com 4 E esta é unha “habilidá miña” para reflexar

Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA [email protected]

95

tiñan tamén cadanseu molle). Tamén dicía que con doce anos foi pa

fábrica ganando un patacón (dez céntimos de peseta), logo fixo durante

moito tempo de patrón do barco Industrial dos ABALO-OZORES.

Nesta vista aérea (que a primeira tamén parece que corresponde o mesmo

voo americano dos anos ´55-56) danos unha Vilanova veneziana . Na

seguinte, posterior, xa esta empezado o recheo da zoa dos Olmos, por iso

puxen as dúas para poder completar a ubicación dos molles. Enumereinos

para poder seguilos no relato.

E nesta outra foto

militar aprezase mellor

os molles que figuraban

nese tempo.

Dos que conseguín ter

coñecemento que tivesen

molle de madeira foron,

empezando sempre polo

norte, Na praia da

Cartalería o de Rafael

Sanmartín (1) que tiña

unha especie de cetárea-

depuradora con lagares de auga mariña, debeuche ser un pioneiro nesto

das depuradoras. Fíxolle un molle peculiar para o desembarco de

mexillóns das bateas. Aínda que na toma do ´56 non se aprecia, pero sí na

Page 96: Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA ......Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA gagoperezm@gmail.com 4 E esta é unha “habilidá miña” para reflexar

Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA [email protected]

96

segunda, vese nembargante a factoría de formas xeométricas irregulares.

Consistía nun peirao soportado por piares en pedra e o ancho era o da vía

de raís coas travesas de madeira. O carrexo levábase a cabo con un carro

tirado por un sistema de cable dende un molinete con cabrestante situado

dentro da factoría de maneira que o carro chegaba ate unha plataforma

andén onde se procedía a súa

descarga. Nesta foto miña ao

lado coa marea baixa, vemos

aínda as formas de pedra

enfiladas. Este señor que polo

visto tiña unha fartura de bateas, tamén se di que foi o primeiro en facer

os tanques pa elas de poliéster. Actualmente os terreos pertencen a

coñecida familia dos Janeiro, quen xa non quixeron renovar a concesión

da Autoridade Portuaria, cuxo período se esgotaba.

Tendo en conta que este tipo de concesións administrativas son por un

período máximo de 99 anos (mais de iso pasa a consideración con termo

de Inmemorial), pois podemos

supoñer o tempo que tiña o

peirao.

Coma nas outras, unha miña

“habilísima” suposición de

como sería.

Logo xa na zona da Basella

estaba o de D. Isidoro Peña (2) que era de salgadura e por último facendo

fariña de peixe que sempre se lles coñece a

estas factorías co nome popular de “fabrica do

cheiro”. Xa está desaparecida no recheo do

IES.

Logo unha rampla de pedra de D. Antonio

Pérez Lafuente que aparte de ser de esta

influinte familia tamén era mestre de escola, a

instalación aínda funciona onda sempre, só

que co recheo e as edificacións posteriores o

mar xa lle queda case que a cen metros. Na

rúa que vai dar a igrexa nova que aínda se

estaba a facer, xusto a esquerda da foto. Os

que quedan por dentro do abeiro dos diques son de pedra, na páxina

Page 97: Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA ......Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA gagoperezm@gmail.com 4 E esta é unha “habilidá miña” para reflexar

Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA [email protected]

97

anterior do ´61, o dos Nogueira e o dos Oubiña, mais coñecidos polos

Chazo. A de Paladar (Pomares), xusto fronte o dique, na outra banda da

rúa a de A. Pérez Lafuente, non debeu ter molle propio. Xa se pode ver

tamén a “rampla da motora”, chamada así porque era onde atracaba a

barquiño de pasaxe que facía liña a Illa da Arousa ate os tempos en que

se fixo a ponte no Bao.

Nesta foto a carón podemos constatar que en aqueles tempos as relacións

das xentes das dúas bandas era

moito mais común, a familia

Pomares con xente de Palmeira.

Manolo Pomares (o Vaquero) en

xionllos, tíñalle alugado o almacén

de salgadura a D. Antonio Soler de

Palmeira, o señor maior con

sombreiro e paxariña . Xa postos,

meu pai agochado con pantalóns

brancos e gorra. Ao fondo as

fábricas de D. A. Pérez Lafuente e

a dos propios Paladar.

Logo os outros xa me comentaron que estaban polo abeiro na zoa mais

central do pobo dando a entrada o Terrón , éranche o dos Abalo-Ozores

no Cabo, que sae nas fotos como de pedra pero un tempo antes que foi de

madeira ate que un militar de alta graduación do Ferrol, fixo a

restauración con pedra. Logo estaba o dos Portas (3), nun pequeno

entrante de praia-mar (Os Olmos) xusto onde hoxe está o BBVA, (estas

dúas fotos encima) nese recheo que fai toda a praza, nelas vemos na zoa

chamada Os Olmos ao señor Portas coa familia e o fondo o seu almacén de

salazón e na outra dos anos ´30 o seu peirao propio

Page 98: Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA ......Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA gagoperezm@gmail.com 4 E esta é unha “habilidá miña” para reflexar

Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA [email protected]

98

O de Santos é unha rampla que debeuche ser xa sempre de pedra e logo viña o do señor Juan Pérez Lafuente (Poutada) (4) que tamén tiña o cine e mais era socio de dous en Vilagarcía. Este molle quedou absorbido polo recheo da actual Confraría, despois seguindo viña outro de Abalo-Ozores (5) que, por certo, non estaba perpendicular a dársena como é habitual senón un pouco o sesgo. E finalmente dándolle a volta o Castro estaba un pequeneiro que era o de Francisco Pérez Lafuente (6). Este momento permítenos ver un chisco o peirao de Poutada (D. Juan

Pérez Lafuente), hoxe xa recheo onde se atopa o local da Confraría. Peirao que tamén podemos ver na seguinte na punta do Castro, en primeiro termo, debe ser mais vella que outras porque aquí aínda é todo de madeira e ao fondo o de Abalo-Ozores.

E xa nesta encima, os mesmos tres, a esquerda de todo

o de Portas, logo o de Poutada e mais a dereita, o dos

Abalo-Ozores.

Page 99: Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA ......Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA gagoperezm@gmail.com 4 E esta é unha “habilidá miña” para reflexar

Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA [email protected]

99

Foto no molle deste derradeiro no Castro,

o barco INDUSTRIAL (hoxe

MANUEYAEL INDUSTRIAL) que

como xa dixemos, restaurado e dedicado

a náutica de lecer. Fora feito no estaleiro

de Places na Ponte Beluso. O armador

tamén segue sendo de Vilanova. Ao

fondo a casa dos Abalo-Ozores no Cabo. E

na seguinte unha foto que poderíamos

dicir invertida coa anterior porque é no

molle de

A-Ozores

no Cabo

vendo o

Castro.

Era un ex-tripulante deste barco que vivía

na Arxentina e veu de visita fai pouco e

conservaba esta foto doutra volta anterior.

O molle de Abalo-Ozores aquí xa era de

pedra despois do cambio polo anterior de

madeira.

É obvio que con tanta industria houbese tamén un bo rexistro de flota

para abastecela de peixe e sal e logo transportar o elaborado pa

seguramente Vilagarcía, Marín eVigo

como portos de mercantes e viaxes de

longo percorrido. Nestas tres fotos

podemos contemplar algo de este

potencial flotante en torno os anos

corenta. O

primeiro e o

Camallón, un

dos dous que tiña Fco. Pérez Lafuente, logo

seguen unha

na procesión

do Carme e

outra na

parte do Cabo con algo da flota

Page 100: Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA ......Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA gagoperezm@gmail.com 4 E esta é unha “habilidá miña” para reflexar

Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA [email protected]

100

atracada. Qué destreza no manexo e qué barullo se non fosen quen de

espíar ben os cabos pa que cada un seguise o seu camiño sen tropezar cos

alleos.

O recheo na parte de Santos xa estaba operativo.

Aquí unha Vilanova xa co recheo dos Olmos que hoxe está axardinado

coa estatua de D. Ramón no medio; o recheo tamén seguiu no Cabo e xa

desapareceu o peirao dos Abalo-Ozores e todo ese frontal son edificios

novos.

Daquela Vilanova debía semellarse a unha pequena Venecia. O mar

chegaba por todas partes. Aquí vemos o Grupo Escolar e a esquerda

estaba o Concello, o mar batíalle os

pes. Alguén aínda recorda que con

mareas vivas as voltas o mar chegaba

o curral do recreo.

E se houbesen desenrolado a vila sen

facer recheos e tivesen bo coidado de

ourillala ben? Mi madriña! Qué luxo

pa vista; seguro que saía unha unha

postal que daría moita vida turística.

Poderanse algún día compatibilizar o progreso e a conservación dos

medios que a Natura nos regalou?

Page 101: Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA ......Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA gagoperezm@gmail.com 4 E esta é unha “habilidá miña” para reflexar

Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA [email protected]

101

Dos tipos de muelle tipo espigón

Dos tipos de muelle tipo espigón

Page 102: Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA ......Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA gagoperezm@gmail.com 4 E esta é unha “habilidá miña” para reflexar

Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA [email protected]

102

A ILLA DA AROUSA

(O barco cachou, mariñeiro pa o illó!)

Tamén (Polo illó anda quen pa nos traballa) din as mulleres da Illa.

NA PRAIA DO CAMPO

Aínda que parece ser, tópome varias opinións de recordos encontrados,

que había uns cuantos pero o que conseguín en fotos e hoxe tópase

restaurado é o da praia do Campo de CONSERVAS GODAY. Este foi un

dos Fomentadores Cataláns que xunto cos Massó do Morrazo e os Curbera

de Vigo chegaron coma pioneiros de toda a avalancha que logo se

espallaría polas costas galegas.

Page 103: Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA ......Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA gagoperezm@gmail.com 4 E esta é unha “habilidá miña” para reflexar

Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA [email protected]

103

Anterior a este había dous moi preto un do

outro: un era o do propio Goday e o outro de

Bieito Guillán (Benitiño). Mais tarde este

segundo marchou para establecerse en

Vilaxoán e os seus dominios pasaron as mans

de Campaneiro. Ámbolos dous tiñan cancela.

O Sr. Goday e o Campaneiro refixeron os dous

peiraos en un só, tal como se pode ver nas fotos

antigas e mais nas de agora restaurado. Coma

os dous primeiros, tiña cancela e emitíanse uns

tickets para o pago por uso do atraque os que

necesitasen o servizo. Obviamente o servizo

principal era o dos donos coas fábricas de

salgadura e conservas de peixe. Podemos contemplar este grupo de

mulleres carrexando a cabeza as pandeiretas (ou tabales) seguramente

con sardiña salgada e

prensada. Cargaríase en

algún bote de vela con

destino a Vilagarcía pa

súa exportación nos

mercantes. A familia

Goday tiña casa na Illa

pero tamén en

Vilagarcía dende onde

mais ben levaban o

seguimento e control do

negocio. Como

curiosidade, que segue

sendo a mesma que tiña

a xente daquela, era

que tódolos días levaban

do almacén pa unha

rampliña que había no

Cantiño un baúl de

considerables

Page 104: Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA ......Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA gagoperezm@gmail.com 4 E esta é unha “habilidá miña” para reflexar

Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA [email protected]

104

dimensións po los mozos empregados que se vía que ían ben cargados.

Metíana no vapor que chegaba as oito da mañán procedente de Ribeira

continuaba pa Vilagarcía. Pola tardiña traíano no mesmo medio de volta.

Coidase que debían ser víveres, peixe verduras e viño que de todo tiñan

na Illa.

Na outra foto temos o peirao vello e de paso podemos ver este barquiño

que era o Victoria feito en Vilanova no 1949 para un señor de Corbillón-

Cambados, tiña 4,20 metros de eslora.

E unha vez restaurado e dando exemplo de como se pode e deben facer as

cousas para conservar algo do patrimonio que se está perdendo dun xeito

tolemio.

Nesta foto, xentileza de

Xaquín Besada (Casa do

Mar), vemos coma se

traballaba nos primeiros

tempos do cambio, 1925,

segundo o carteliño da

esquina. O envasado en

latas feitas a man (o

vasío) e posterior selado.

Coma sempre os Goday,

tamén nesto, foron

pioneiros.

Seguindo un pouco para ó sur, na parte de Semoiño topámonos no lugar

de CONRRETELLADO outro almacén de salagre pertencente neses tempos

ao señor Manuel Guillán, irmán de Bieito. Algún home maior me dixo que

cando él era neno ían as ameixas nesa

praíña e topaban cos tocóns do que

foran os piares dun molle de madeira

dese almacén, por aquel entón xa tiña a

rampliña de pedra que se pode ver

hoxe. O fomentador alcumábano

“poucacousa” e foiche porque cada vez

que lle preguntaban qué tal lle había

ido con esta ou outra pescaduría a conservar, sempre respostaba o mesmo:

eh, pouca cousa.

Page 105: Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA ......Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA gagoperezm@gmail.com 4 E esta é unha “habilidá miña” para reflexar

Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA [email protected]

105

PRAIA DO NAVAL

Pola parte do norte tíñamos tres, un preto do Naval xusto onde está hoxe

a brasería A SALGA. O nome do Naval podería vir de que alí en tempos

remotos había un estaleiro. Na década dos sesenta, cóntanme que os paus

verticais que quedaban servíanlles os xeiteiros para poñer a secar as

pezas e alguén tamén dixo que secaban os polbos.

Os días de mareas vivas, cando o mar está devalado aínda se poden ver as

pedras da punta. Pertencía a unha fábrica que se lle coñecía polo nome de

A FRANCESA e que estaba situada onde hoxe está o edificio de vivendas

xusto na outra banda da rúa. A Francesa (¿Lola?) era a persoa mais

influinte da Illa, non había cousa ou situación que ela non resolvese, non

só alí senón tamén en toda a comarca e no eido das autoridades en

Vilagarcía. Non había favor que ela non puidese solucionar. O feito no

soia ser gratuíto e era amiga de cobralos dende o mellor peixe hasta

terreos segundo fose o compromiso. Dese xeito chegou a ser dona do mais

da Illa.

Aquí poño o molle da Francesa, a miña maneira onde seguramente

estaba, baseándome nas pedras da punta que aínda quedan como

Page 106: Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA ......Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA gagoperezm@gmail.com 4 E esta é unha “habilidá miña” para reflexar

Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA [email protected]

106

testemuñas vivas de aquel tempo. Os outros dous peiraos xa foron

cubertos por area ou polo recheo e que estaban

NO CANTIÑO

No Cantiño, cerca do actual miradoiro, o da fábrica de D. Ramón Gil que

mais tarde pasaría a Dardo. Este D. Ramón tiña un socio de Vigo que

tiña un almacén de COLONIALES en

Vilagarcía (posiblemente D. José

Bouzada) pero a cousa, como sole

pasara a miúdo, non ía ben. Entón o

señor Gil dou en facer de masidán

secando e exportando polbo (o de

masidán ven de que os primeiros que

empezaron o secado e exportación

do polbo eran de Maside-Ourense). O

lugar de secado era toda a praia do

Campo e maila Carbonera (fotos doadas polo señor Pasensia de Carril e

mais Xaquín Besada) que

daquela eran praias case que

tipo duna coa súa clásica

vexetación de litoral.

Logo cando pasou a mans de

Dardo todo empezou a

funcionar moi ben.

NO XUFRE

O do fabriquín de D. Ramón

Nieto (o da Ghesusa).

Érache un pequeno almacén de salgadura que mais tarde foi convertido

en fábrica de conservas e xa por último de todo, acabou poñendo unha

churrasquería ate fai mais o menos vinte anos no mesmo sitio onde a día

de hoxe esta o Banesto.

Nel atracaba tódolos martes e sábados a lancha de Paco “o vello” que

traía do mercado de Vilagarcia as mercadurías que na Illa se carecían. É

Page 107: Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA ......Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA gagoperezm@gmail.com 4 E esta é unha “habilidá miña” para reflexar

Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA [email protected]

107

curioso coma aínda hoxe os días de mercado semanal en Vilagarcía se

manteñen o mesmiño.

Outra curiosidade mais, coma isto das fanequeiras coñécense coas marcas

que cada un ten que as garda ben secretas, pero outras sonche case que

de dominio popular, pois aquí na banda sur da Ría, tiñan unha delas que

daba nunha fanequeira no canal, unha das enfilacións era a casa do

médico en Palmeira pola falante de Rúa (o último con polo norte do illote).

Chamábanlle a casa do médico e non recordan por qué. É obvio que se

refería ao xardín que fago mención nos molles de Palmeira e non saben

que era o médico D. Vicente García Millán, famoso director do balneario

da Toxa.

E xa por último, para acabar con bo sabor esta aventura, unha perla: esta

espléndida vista aérea da Illa, que debe ser dos anos sesenta.

Page 108: Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA ......Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA gagoperezm@gmail.com 4 E esta é unha “habilidá miña” para reflexar

Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA [email protected]

108

Como epílogo a este recorrido, debo dicir que, a pesares que xa sabía algo,

non me esperaba coñecer a inxente cantidade de instalación industrial

porque aquí só se reflexa o que tiven coñecemento con molles de madeira,

pero a inmensa maioría das industrias non tiña ningún e noutros casos

xa o fixeron de pedra desde un principio. Cabe subliñar que non aparecen

poboacións como Corrubedo, Aguiño, Castiñeiras, Escarabote, Ponte

Beluso-Taragoña e Rianxo pola banda norte e incriblemente na outra

ribeira, non os tiñan nin Cambados nin O Grove e mais, con un rexistro de

tráfico fantástico, as telleiras de Dena, xa que a estas accedíase a traveso

de canles que cruzaban a marisma ate os andeis das fábricas

aproveitando as mareas altas.

Coido que se toda esta inxente cantidade de persoal en vez de traballar

arreo por unha paga de subsistencia houbese tido un salario que

minimamente lles houbese permitido vivir e aforrar un pouco, daría paso

a un desenrolo económico tremendo de toda a zona litoral : o que ten o

estómago agasallado e aforra, pódese permitir ter ilusións de mellorar o

que leva a adquirir melloras e as veces caprichos que redunda nunha

actividade socio-comercial-cultural-etc.. ou sexa, a unha xeración de

riqueza no entorno. E o mellor non teríamos que andar tiradiños polo

mundo adiante, coma así foi e non nos quedou outra.

Doutra banda, as fundicións, xa que algunhas delas ían en función da

creatividade. Supoñamos na mecánica que algunhas mentes destacadas

foron capaces de desenrolar. O exemplo foron uns motores mariños que

todo o mundo vello conta que eran extraordinarios, duradeiros e case que

sen avarías e ademais irrompibles, con moi pouco mantemento.... pero nos

anos sesenta foron empezando a desaparecer , a causa? O mais seguro a

pouca ou nula evolución e falla de continuidade na ilusión primixenia por

quen tiña que coller o relevo para facelos competitivos cos que estaban

entrando de fora. Eiquí debemos lembrar os ANYÓN de Noia, os HMR de

Ribeira e os LORES de O Grove.

En esta experiencia ai dúas cousas sobre todo: unha pa marabillarme e a

outra pa abraiarme: Unha, que en tódolos casos de concentración de

fábricas de salgadura e conserva, e non debía ser fácil, principalmente no

caso de Vilanova porque era extraordinario, (viñan a traballar ate de

Portas e as voltas, as horas de entrada ou saída, parecía mais unha

Page 109: Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA ......Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA gagoperezm@gmail.com 4 E esta é unha “habilidá miña” para reflexar

Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA [email protected]

109

procesión de algún/ha santo/a moi avogoso/a que un día de fatigas). Un

gran misterio: tendo en conta que cada industria tiña a súa serea con ton

distinto e que aparte diversos toques segundo a xente que estaban

requirindo, cómo as mulleres entendían esa especie de sinales Morse pa

acudir o traballo cando desa maneira eran chamadas?. Pois ben,

seguramente pasaría algo asi:

- Unha veciña: Moncha, cómo vas ti soa e onte ías canda

Hermelinda?

- A que pasaba: E que hoxe tocou só pas encargadas pa preparar o

“vasío” e onte era tamén pas das mesas pa empacar.

todo isto multiplicado por vintecatro, coma pa distinguir quén tocaba e

por quén chamaba.

A outra e que con todo este potencial contaminante no que cando se

procedía o fregado das mesas de elaborar e baldeo de toda a fábrica, o

mar enchíase de unha espuma color crema (peor, marrón claro) e con un

cheiro a potasa e sosa cáustica que tiraba pa atrás, todo iso aboiando

chegaba as pedras e praias pringandoo todo, íamos a bañarnos e

chegábamos a casa para unha sesión de xabón “lagarto” que traíamos os

pes cheos desa morca graxenta, pero.... en cambio...nembargantes..., as

pedras estaban cheas de queimacasas (queimonas), as pozas da mallante

cheas de lorchas, lorchóns, camaróns, etc, as praias cheas de saltóns

(pulgón) e pateiriños brancos e verdes e lorchiñas da area. E aquí chega a

pregunta, qué co...(perdón) compoñentes lles meten agora na limpeza das

fábricas que quedan e as ramplas e mais as depuradoras que fai que todo

isto sexa un morriñento recordo?

En canto os refráns, que son todos sacados do Refraneiro do Mar de

Clodio González, son coma tódolos refráns moitas, veces para reflexar a

experencia popular pero sabendo que o que un dí, ai outro que o desdí,

coma aquelo de a quén madruga... e o outro non por moito madrugar....

pero un si que me chamou a atención: De terra virán que o mar

queimarán , mais ben parece unha profecía, Paracelso e Nostradamus

acolloados, o que o inventou sabería que un día aparecerían os bateeiros?.

Xeralmente son xentes procedentes do agro e alternan esas actividades

coa “leira” que plantaron no medio do mar, a mesma actividade:

sementar, rarear, cosechar. Pero a onde van parar case que tódolos

residuos que xenaran? O primeiro capitán Marítimo de Vilagarcía,

Roberto Rietz (q.e.p.d.) estivera estudando o tema e comentoume un día

Page 110: Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA ......Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA gagoperezm@gmail.com 4 E esta é unha “habilidá miña” para reflexar

Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA [email protected]

110

que entorno a unhas duascentas mil toneladas de residuos de bateas ían o

fondo da ría anualmente e iso antes de vedar o arrastre do mal chamado

mexilón de fondo. Uou! diría un yanqui. Poderíamos facer algo o

respecto?

Coma na manifestación de 1900 polo desequilibrio que estaba ocasionando

a actividade nova da motora, a cousa non se arreglou e a xente de mar

¿?, seguimos a estas alturas facendo o que nas nosas mans está para

exhaustar os recursos naturais que esta nosa Ría nos regala a pesares das

barbaridades que lle seguimos facendo sen cortarnos un pelo e de este

xeito podemos preguntarnos: onde están os tranchos?, ulos buraces? e ate

as queimacasas (ou queimonas) se marcharon (un día de xaneiro do 2012,

mentres os meus fillos -Manuel Gago Mariño–

http://www.manuelgago.org/blog/ e (Xurxo Gago Mariño-

http://blogueiros.axena.org/) gravaban o vídeo de Unha viaxe a Illa dos

Mortos no Ghidoiro Areoso, eu anduben desesperado por se acadaba

algún, pero por ningures o mirei ¡nin alí!) e xa non digamos os argazos

coas novidades das “verduras” pas delicatessen, os golfos (lLaminaria

ochroleuca, Saccorhiza polyschides hyperborea) segados con algunha

especie de fouciño que cando a marea está ben baixa o mar parece unha

leira de millo en outubro, só os tocos dos canotos sobresaíndo do mar; e as

correas (ou agora spaghetti de mar (Himanthalia Elongata)) arrancadas

sen miramentos para encher os salabardos dos individuos enfundados en

neoprenos, que deixaron as pedras coma planchas de PVC e xa están

sendo colonizadas por outras especies, ¡sen flora, no ai fauna! Cómo nos

queixamos cando arde o monte e o tempo que vai tardar e rexenerarse,

pois esto éche o mesmo. Din que van a empezar a repañar as anémonas

(Actinaria, pa nos “mexonas”) que en Cádiz están moi ricas fritas, e qué

será logo? O arneirón (crustáceo cirrópodo) das pedras que en algures o

liofilizarán, tostarán e dirán que é un “sabroso y crujiente aperitivo”

cantando as bondades que nos trae o corpo principalmente a mellora no

tránsito no colon descendente, ou peor aínda, algún carota que coñeza que

son da familia dos percebes e lles endose propiedades afrodisíacas que

entón xa o tería todo vendido pa o Xapón agora que os cornos de

rinoceronte lles andan escasos. Está visto que a esta FEMIA TAN

ABONDOSA E FARTURENTA que tanto nos quer e tanto nos da sen

Page 111: Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA ......Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA gagoperezm@gmail.com 4 E esta é unha “habilidá miña” para reflexar

Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA [email protected]

111

pedir nada a cambio e sen queixarse ¿ou si? a pesares de todo, en canto

podemos saltámolle enriba e poñémola mirando pa Cuenca.

NOTAS:

Tódolos ditos e refráns pertencen a O REFRANEIRO DO MAR de Clodio González Pérez.

As viñetas coas referencias a construción de molles son dun manual da F.A.O. facilitado por Carlos

Abellas (Autoridade Portuaria de Vilagarcía)

(J.A.C.) referencia a notas collidas dos libros “Historia de Palmeira” e ”Nacer, crecer, vivir e

morrer en Palmeira 1500-2000”de José Alvarez Castrelo.

AGRADECEMENTOS A INFORMANTES E FACILITADORES DE DATOS E FOTOS

En Riveira a Ramón Ces (Concello), Chenel Pérez Lustres, Juan Pérez Pérez e Conocer Palmeira.

En Palmeira, Moncho Torres, Pobra Histórica, José García Pazos, Arqueoloxia do Barbanza,

J.A.Lojo, e sobre todo os comentarios de José o Monterroso.

En Pobra, Pobra Histórica e Boiro Histórico, Sr. Ignacio (o Tapiceiro da Cobecha) e Sra. Dolores

Iglesias (a Loura), a Sra. Gabriela Pazos (Gabi a Quica)), e o Sr. Joaquín Domínguez, Sra. Asuncíon

do almacén, Benito López Davila y Antonio Pérez

En Boiro, nesta versión xa conseguín algunhas aportacións gráficas de Boiro Histórico e en

Escarabote da familia Casais de Graso, especialmente a Sra. María Treus coa su memoria, a do

matrimonio da Ribeiriña Bieito López Davila e o súa dona Tereixa Abuín e finalmente o señor

Manuel González Davila (Manolo das Taras). En Barraña as informacións foron de Ramón Blanco

(estaleiros Aguiño), Sra. Josefa Sánchez, Benigno Yáñez (fillo) e o señor José Romero (o Crecho) e as

aclaracións da Sra. Sara Sieira (neta do señor Arturo), o señor Ruperto (xenro do señor Casais) .

No Bodión un matrimonio maior local e mais Isidro Martínezque me consigueu as coplas da Sra,.

Lola (a Cuca irmán do Cherif), ámbolos dous de Ferreiros, tamén Ricardo Herbón de Cespón. A

primeira telleira é a do Sr. Manuel González de Castrelo-Cambados que a tiña no lugar de O Facho,

estivo operativa ate os oitenta, restaurada, a segunda é da señora Adolfina Camiña (nai do

anterior), estivo funcionando ate o 74, só se conserva o forno ( do libro O BARRO E AS

TELLEIRAS do IES Francisco Asorey) facilitado por Ramón González sobriño e neto dos

anteriores.

En Ponte Beluso, José Luís Fdez España (ex-estaleiros Aguiño), Sr. Ramón Places e o xenro Sr.

Ramón Dieste e o señor Bieito Forján.

No Río Ulla, Francisco Barreiro (Picafollas) de Pontecesures que me prestou o libro Historia de

Puentecesures de José Piñeiro Ares edición de 1989, seu pai, nonaxenario, di que por alí non houbo

nunca molles de madeira.

En Rianxo, o Sr. Ricardo Cebreiro (o Caramuxo), Sr. Manuel Lojo Lorenzo(Estaleiros Lojo) e

Baltasar Rodríguez (Patrón Maior)

Page 112: Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA ......Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA gagoperezm@gmail.com 4 E esta é unha “habilidá miña” para reflexar

Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA [email protected]

112

Os comentarios de Carril foron do señor Jesús Romero Fandiño (Suso Fandiño) e mais o mestre D.

Ramón Quintáns, que tamén me pasou algunha foto, o mesmo do señor Ramón Abenleda

(Pasiensia) y o señor Vicente García (Pilleto) e finalmente o profesor D. Daniel Garrido Castromán.

En Vilagarcía-Carril as fotos de son de O faiado da Memoria, Asociación Patrimonio Vilagarcía,

un libro da Asociación de Amas de Casa así como do libro LA CIUDAD DE AROUSA de Manuel

Villaronga ámbolos dous editados pola Deputación de Pontevedra, e mais os mesmos señores do

Carril, especialmente as fotos do señor Abelenda e mais do profesor D. Daniel Garrido.

En Vilaxoán as fotos son unhas de APV e outra do señor Ramón Vidal Durán (Ramoné), tamén

collín algunha do vídeo do Sr Teo Cardalda. Os informes de varios entre eles o mesmo Ramoné, Os

Pelonios, señor Escobar, Pepe (o mariñeiro) e algún outro que se xuntou as conversas, Por último o

señor José Conde Torrado (Pepe de Conde).

En Vilanova as fotos foron grazas a moita información e documentación gráfica de Luís Iglesias e

mais sacadas do libro VILANOVA DE AROUSA – Crónicas dunha Vila, da Deputación de

Pontevedra prestado por Antonio Piñeiro (Bar O Porto de Vilaxoán), Fotos suministradas pola

Diputación de Pontevedra e os comentarios de Luís Iglesias, o Sr. Enrique (Riquitolo) e Manuel o de

Lelo.

Na Illa, as fotos son grazas a Xoan Dopico en mais o señor Ramón Abelenda (Pasensia) de Carril.

Os comentarios son de un corro de señores maiores un día de nordés no abrigo da praia do Campo

aproveitando o morniño sol do mediodía e os señores Antonio Gondar (Tucho o Cobecho) , o señor

Manolo o Parexo e Augusto García (o Castelo), e loxicamente o señor Xaquín Besada (Quinso da

Casa do Mar).

E Finalmente a xentes varias que con pequenos detalles e comentarios saquei as miñas conclusións