Manual de Uso de Web de SENDERS - METAPOSTA · correo sFTP para emisor Peme Contrato de usuario de...

21

Transcript of Manual de Uso de Web de SENDERS - METAPOSTA · correo sFTP para emisor Peme Contrato de usuario de...

Page 1: Manual de Uso de Web de SENDERS - METAPOSTA · correo sFTP para emisor Peme Contrato de usuario de Metaposta ASINADO Contrato de emisor Peme en Metaposta ASINADO Alta de peme como
Page 2: Manual de Uso de Web de SENDERS - METAPOSTA · correo sFTP para emisor Peme Contrato de usuario de Metaposta ASINADO Contrato de emisor Peme en Metaposta ASINADO Alta de peme como

2/21

Índice

1. INTRODUCIÓN _____________________________________________________________________ 3

2. INSTALACIÓN DA APLICACIÓN PACK PYME _______________________________________________ 5

2.1. Proceso de instalación e arranque ..................................................................................................... 5

2.2. Obtención de ficheiros do Pack Pyme ................................................................................................ 5

2.2.1. Ficheiro de configuración .................................................................................................. 5

2.2.2. Ficheiro Materiais ou Tipos de documentos .......................................................................... 5

2.2.3. Ficheiro subscritos ........................................................................................................... 6

3. VENTÁ DE SELECCIÓN DE EMPRESA_____________________________________________________ 7

4. VENTÁ DE SOLICITUDE DE USUARIO E CONTRASINAL ______________________________________ 9

5. VENTÁ MENÚ APLICACIÓN PACK PYME ________________________________________________ 10

6. VENTÁ DE VER/EDITAR CONFIGURACIÓN _______________________________________________ 11

6.1. Selección de ficheiro de subscricións ............................................................................................... 12

6.2. Selección de ficheiro de materiais ou tipos de documentos ................................................................ 12

6.3. Cambio de contrasinal ................................................................................................................... 13

6.4. Proba de comunicación .................................................................................................................. 13

7. VENTÁ DE ENVÍOS _________________________________________________________________ 15

8. VENTÁ DE CONFECCIÓN E ENVÍO DE PAQUETES __________________________________________ 16

8.1. Selección do directorio de traballo .................................................................................................. 16

8.2. Selección do tipo de documento ..................................................................................................... 17

8.3. Actualizar .................................................................................................................................... 17

8.4. Enviar ......................................................................................................................................... 18

9. CONSULTA DE ESTADO DOS ENVÍOS DO EMISOR _________________________________________ 19

APÉNDICE ___________________________________________________________________________ 20

Apéndice 1. Ver Pasos Descargar Ficheiro Configuración .............................................................................. 20

Apéndice 2. Ver Pasos Descargar Ficheiro Materiais .................................................................................... 20

Apéndice 3. Ver Pasos Descargar Ficheiro Subscritos .................................................................................. 20

Page 3: Manual de Uso de Web de SENDERS - METAPOSTA · correo sFTP para emisor Peme Contrato de usuario de Metaposta ASINADO Contrato de emisor Peme en Metaposta ASINADO Alta de peme como

3/21

1. INTRODUCIÓN

METAPOSTA constatou a existencia dun gran número de empresas de tipo Peme e outras organizacións

que contan con características que as diferencia das grandes institucións xa instaladas en METAPOSTA:

- Non teñen grandes departamentos de Informática para realizar aplicativos de integración con

METAPOSTA.

- Non contan con persoal con gran coñecemento técnico de telecomunicacións e envío

telemático de ficheiros a METAPOSTA.

- Non teñen un departamento nin traballadores especializados na explotación de tecnoloxías da

información capaces de seguir procesos programados de xeración de interfaces con

METAPOSTA.

Como resultado destas limitacións, e con vista a proporcionar ás Pemes e outras organizacións da

tecnoloxía necesaria para poder integrarse en METAPOSTA sen ter que dotarse de persoal e medios

especializados, formúlase o desenvolvemento en METAPOSTA do aplicativo «Pack Pyme».

Neste manual detállase, como introdución, o protocolo que se debe seguir a fin de integrar unha nova

«Empresa Peme» en METAPOSTA. Nas páxinas seguintes, explícase o funcionamento e manexo do Pack

Pyme.

Page 4: Manual de Uso de Web de SENDERS - METAPOSTA · correo sFTP para emisor Peme Contrato de usuario de Metaposta ASINADO Contrato de emisor Peme en Metaposta ASINADO Alta de peme como

4/21

PROTOCOLO DE ALTA PEME

Acepta Denega

EMPRESA PEME METAPOSTA EJIE - PRODUCIÓN

Solicitude de alta

da empresa Peme

Recibe e verifica

datos de alta

Denegación de

alta como Peme

Alta de Peme

como usuario en

Metaposta

Comunicación de

denegación de alta Peme

Emisión de contrato de alta

como usuario e emisor Peme

Contrato de usuario de

Metaposta

Contrato de emisor

Peme en Metaposta

Recepción de

contratos asinados

Crear Caixa do

correo sFTP para

emisor Peme

Contrato de usuario de

Metaposta ASINADO

Contrato de emisor

Peme en Metaposta

ASINADO

Alta de peme como

emisor en Metaposta

Alta de

usuarios da

web do

Emisor Pack

Pyme

Revisión de

materiais

asignados

ao Peme

Configuración

sFTP en Web

Admin. para

o Peme

Xeración do ficheiro de

configuración de Pack Pyme

Compartir ficheiro de configuración e instrucións

de descarga en caixa do correo de usuario

Fin do proceso

Fin do proceso

Descarga aplicativo

Pack Pyme

Descarga configuración

de aplicativo Pack Pyme

Configura aplicativo

Pack Pyme

Page 5: Manual de Uso de Web de SENDERS - METAPOSTA · correo sFTP para emisor Peme Contrato de usuario de Metaposta ASINADO Contrato de emisor Peme en Metaposta ASINADO Alta de peme como

5/21

2. INSTALACIÓN DA APLICACIÓN PACK PYME

2.1. Proceso de instalación e arranque

METAPOSTA facilitará o acceso a un ficheiro ZIP en que se incorporan os diferentes arquivos do Pack

Pyme. O responsable da empresa ou organización que vaia xestionar este aplicativo instalarao no

ordenador correspondente desde o que desenvolverá o seu traballo.

Dentro dese .zip atópase o arquivo

Pack Pyme

Para arrancar a aplicación bastará con executar este arquivo

Unha vez executado mostrarase a ventá de Selección de Empresa que é a ventá de entrada á aplicación

Pack Pyme.

2.2. Obtención de ficheiros do Pack Pyme

A aplicación Pack Pyme necesita tres ficheiros para ser operativa:

Ficheiro de configuración.

Ficheiro de subscritos.

Ficheiro de materiais.

É de suma importancia para o funcionamento do aplicativo Pack Pyme a correcta localización destes

ficheiros no mesmo directorio e a súa posterior actualización ou mantemento.

2.2.1. Ficheiro de configuración

Será proporcionado por METAPOSTA e remitido á caixa do correo do usuario en METAPOSTA.

Para máis información sobre o proceso de descarga, ir a: Apéndice 1. Ver Pasos Descargar

Ficheiro Configuración

O usuario será responsable de gardalo e descomprimilo no devandito directorio de referencia

do Pack Pyme.

2.2.2. Ficheiro Materiais ou Tipos de documentos

Poderase descargar desde a web do emisor Peme de METAPOSTA

(https://senders.METAPOSTA.com), de acceso restrinxido, que facilitará METAPOSTA, e para o

que será necesario a introdución do usuario e o contrasinal do PACKPYME. Para máis

Page 6: Manual de Uso de Web de SENDERS - METAPOSTA · correo sFTP para emisor Peme Contrato de usuario de Metaposta ASINADO Contrato de emisor Peme en Metaposta ASINADO Alta de peme como

6/21

información sobre o proceso de descarga, ir a: Apéndice 2. Ver Pasos Descargar Ficheiro

Materiais.

O usuario será responsable de gardalo e descomprimilo no devandito directorio de referencia

do Pack Pyme.

O usuario será o responsable de actualizar este ficheiro cada vez que puidesen cambiar os

materiais ou tipos de documentos que envía a través de METAPOSTA. Nese caso, cómpre que

acceda á web do emisor Peme de METAPOSTA e volva descargar o ficheiro de materiais e

gardalo na mesma localización que o anterior ficheiro, de forma que o novo ficheiro substitúa o

antigo.

2.2.3. Ficheiro subscritos

Baixarase desde a web do emisor Peme de METAPOSTA (https://senders.METAPOSTA.com).

Para máis información sobre o proceso de descarga, ir a: Apéndice 3. Ver Pasos Descargar

Ficheiro Subscritos

O usuario será responsable de gardalo e descomprimilo nese directorio de referencia do Pack

Pyme.

O usuario será o responsable de actualizar este ficheiro cada vez que puidesen cambiar os

subscritos a quen envíe documentos a través de METAPOSTA. Nese caso, cómpre que acceda á

web do emisor Peme de METAPOSTA e volva descargar o ficheiro de subscritos e gardalo na

mesma localización que o anterior ficheiro, de forma que o novo ficheiro substitúa o antigo.

Page 7: Manual de Uso de Web de SENDERS - METAPOSTA · correo sFTP para emisor Peme Contrato de usuario de Metaposta ASINADO Contrato de emisor Peme en Metaposta ASINADO Alta de peme como

7/21

3. VENTÁ DE SELECCIÓN DE EMPRESA

Esta é a ventá de inicio ou entrada da aplicación pack Pyme. A primeira vez que se arranque a

aplicación, para unha entidade concreta, solicitarase o ficheiro de configuración correspondente a esa

empresa ou organización. En posteriores arranques, grazas a ese ficheiro de configuración instalado, xa

aparecerá o nome da empresa. Se se desexa arrancar como outra Peme (por exemplo, no caso dunha

xestoría que leve a contabilidade de diferentes empresas), cómpre utilizar o explorador para seleccionar

o novo ficheiro de configuración.

Page 8: Manual de Uso de Web de SENDERS - METAPOSTA · correo sFTP para emisor Peme Contrato de usuario de Metaposta ASINADO Contrato de emisor Peme en Metaposta ASINADO Alta de peme como

8/21

Ademais de solicitar a empresa e/ou ficheiro de configuración, solicitarase o idioma en que se desexa

iniciar a aplicación. Este idioma quedará como idioma por defecto.

Ao premer no botón de aceptar, mostrarase a ventá de solicitude de usuario e contrasinal. Se se preme

abandonar, pecharase a ventá e sairase da aplicación Pack Pyme.

Page 9: Manual de Uso de Web de SENDERS - METAPOSTA · correo sFTP para emisor Peme Contrato de usuario de Metaposta ASINADO Contrato de emisor Peme en Metaposta ASINADO Alta de peme como

9/21

4. VENTÁ DE SOLICITUDE DE USUARIO E CONTRASINAL

A ventá de solicitude de usuario e contrasinal permite acceder á aplicación de Pack Pyme. Para iso

cómpre inserir o usuario e contrasinal correctamente e premer no botón Aceptar.

Os usuarios que accedan al Pack Pyme serán aqueles usuarios definidos na web do emisor Pack Pyme.

Se se desexa engadir novos usuarios, será necesario dalos de alta na web do emisor Pack Peme e

deberán descargar nos seus ordenadores respectivos o ficheiro de configuración da entidade

correspondente. Para que a aplicación Pack Pyme funcione correctamente, cómpre que este ficheiro

substitúa o anterior ficheiro de configuración. Se non, a aplicación non poderá recoñecer os novos

usuarios dados de alta.

Cómpre ter en conta que, cada vez que se actualice o ficheiro de configuración, os contrasinais dos

usuarios serán inicializados cos contrasinais da web de METAPOSTA. Polo tanto, perderase calquera

cambio de contrasinal realizado na aplicación Pack Pyme.

O botón Abandonar permite saír da aplicación..

Page 10: Manual de Uso de Web de SENDERS - METAPOSTA · correo sFTP para emisor Peme Contrato de usuario de Metaposta ASINADO Contrato de emisor Peme en Metaposta ASINADO Alta de peme como

10/21

5. VENTÁ MENÚ APLICACIÓN PACK PYME

O menú da aplicación de Pack Pyme permite acceder ás seguintes pantallas do programa:

Ver/editar configuración. Pantalla de configuración da aplicación Pack Pyme.

Envíos. Pantalla co historial (dos últimos dous meses) dos paquetes enviados. Desde esta ventá

accédese á Ventá de confección e Envío de paquetes.

O botón Abandonar permite saír da aplicación.

Page 11: Manual de Uso de Web de SENDERS - METAPOSTA · correo sFTP para emisor Peme Contrato de usuario de Metaposta ASINADO Contrato de emisor Peme en Metaposta ASINADO Alta de peme como

11/21

6. VENTÁ DE VER/EDITAR CONFIGURACIÓN

A ventá de configuración amosa información sobre a configuración da aplicación para o emisor concreto

que se seleccionou na pantalla de inicio.

A primeira vez que un determinado emisor acceda ao Pack Pyme, esta pantalla obrigarao a cubrir os

campos onde se describe a localización dos ficheiros de subscricións e materiais. Unha vez cubertos, a

aplicación gardará esa localización (sempre e cando se abandone a ventá co botón de aceptar). Só

cando algún destes ficheiros sufrise algunha modificación, será necesario actualizar o campo

correspondente. Se non se procede desta forma, a aplicación non poderá ter «coñecemento» destes

cambios e seguirá utilizando información dos ficheiros antigos.

O botón Atrás permite volver ao menú da aplicación sen realizar ningún cambio.

Os primeiros datos desta pantalla son meramente informativos:

Código de emisor: identificativo que se utiliza para os paquetes enviados polo emisor

CIF do emisor

Razón social ou nome de empresa (en castelán)

Page 12: Manual de Uso de Web de SENDERS - METAPOSTA · correo sFTP para emisor Peme Contrato de usuario de Metaposta ASINADO Contrato de emisor Peme en Metaposta ASINADO Alta de peme como

12/21

A seguir descríbense as funcionalidades da ventá de configuración:

6.1. Selección de ficheiro de subscricións

Utilizando o botón de lupa ou explorador, poderase seleccionar o ficheiro de subscricións, que permite

actualizar os subscritos ao emisor Peme.

Cada vez que o emisor Peme teña constancia de que os seus subscritos variaron, cómpre que vaia á web

do emisor Peme de Metaposta para «descargar» o novo ficheiro. É conveniente situar este ficheiro na

mesma localización cada vez que se descargue e substituílo polo anterior.

6.2. Selección de ficheiro de materiais ou tipos de documentos

Utilizando o botón de lupa ou explorador, poderase seleccionar o ficheiro de materiais, que permite

actualizar os materiais ou tipos de documentos ao emisor Peme.

Cada vez que o emisor Peme teña constancia de que os seus materiais puidesen variar, cómpre que vaia

á web do emisor Peme de METAPOSTA para «descargar» de novo este ficheiro. É conveniente situar

este ficheiro na mesma localización cada vez que se descargue e substituílo polo anterior.

Page 13: Manual de Uso de Web de SENDERS - METAPOSTA · correo sFTP para emisor Peme Contrato de usuario de Metaposta ASINADO Contrato de emisor Peme en Metaposta ASINADO Alta de peme como

13/21

6.3. Cambio de contrasinal

Desde esta pantalla tamén se poderá cambiar o contrasinal do usuario. Para iso, será necesario

introducir o novo contrasinal nos campos de contrasinal e repetir contrasinal, o novo contrasinal. Este

novo contrasinal utilizarase no próximo acceso deste usuario á aplicación Pack Pyme. Xa se comentou

anteriormente, pero estes cambios de contrasinal só son cambios locais, é dicir, cambios que afectan a

aplicación Pack Pyme e non afectan os usuarios da web do emisor Peme de METAPOSTA.

Cada vez que se descarga un novo ficheiro de configuración para un emisor Peme, os usuarios e

contrasinais serán inicializados cos que se atopan na web do emisor Peme en METAPOSTA. Polo que,

para entrar no aplicativo coa nova configuración, cómpre utilizar os usuarios e os contrasinais que

aparecen nesta web.

Para realizar o cambio de contrasinal, cómpre que saia desta ventá co botón Aceptar.

6.4. Proba de comunicación

O botón de Proba de comunicación permitirá realizar unha proba da conexión FTP con METAPOSTA.

Recoméndase realizar unha proba de comunicación previa á xeración de paquetes para verificar o

estado das comunicacións.

Page 14: Manual de Uso de Web de SENDERS - METAPOSTA · correo sFTP para emisor Peme Contrato de usuario de Metaposta ASINADO Contrato de emisor Peme en Metaposta ASINADO Alta de peme como

14/21

Se a proba non foi correcta, a ventá mostrará unha mensaxe de erro, indicando o motivo polo que non

se pode comunicar con METAPOSTA.

Page 15: Manual de Uso de Web de SENDERS - METAPOSTA · correo sFTP para emisor Peme Contrato de usuario de Metaposta ASINADO Contrato de emisor Peme en Metaposta ASINADO Alta de peme como

15/21

7. VENTÁ DE ENVÍOS

Esta ventá mostrará unha relación dos paquetes enviados polo emisor Peme a METAPOSTA. Estes

paquetes estarán sinalados pola data do envío. En cada envío incorporase a información tamén sobre

aqueles documentos que se encontraban no directorio de traballo e que, por algún motivo, non

puideron ser enviados dentro do paquete ao que estaban asignados.

Só se mostrarán os envíos realizados nos dous últimos meses.

O botón Atrás permitirá volver ao menú e o botón Novo envío permitirá entrar na ventá de confección e

envío de paquetes.

Page 16: Manual de Uso de Web de SENDERS - METAPOSTA · correo sFTP para emisor Peme Contrato de usuario de Metaposta ASINADO Contrato de emisor Peme en Metaposta ASINADO Alta de peme como

16/21

8. VENTÁ DE CONFECCIÓN E ENVÍO DE PAQUETES

Esta pantalla permite xerar os paquetes que se enviarán a través de METAPOSTA. A ventá mostra a data

da última actualización de subscritos, para lembrar ao usuario que debe encargarse de actualizar este

ficheiro. Se non, os envíos poden non chegar a todos os subscritos que ten o emisor Peme no momento

do envío.

Se ao entrar nesta pantalla a data de actualización de subscritos é moi afastada, recoméndase volver

descargar o ficheiro de subscritos.

A continuación descríbense os pasos necesarios para xerar un envío a METAPOSTA:

8.1. Selección do directorio de traballo

O usuario do Pack Pyme terá creado no seu ordenador un directorio de traballo onde deberá deixar os

documentos que desexa enviar a través de METAPOSTA. Os documentos deste directorio deben

cumprir os seguintes requisitos:

Page 17: Manual de Uso de Web de SENDERS - METAPOSTA · correo sFTP para emisor Peme Contrato de usuario de Metaposta ASINADO Contrato de emisor Peme en Metaposta ASINADO Alta de peme como

17/21

1. O nome do documento debe ser da forma:

numDocIdentificativo_NomeDoDocumento.pdf

Onde:

numDocIdentificativo: é o nº do documento identificativo (DNI; NIE; CIF ou número de

pasaporte) do usuario subscrito a METAPOSTA ao que se desexa enviar o documento.

nomeDocumento: é o nome do documento co que aparecerá na caixa do correo do

receptor.

. pdf: O tipo de ficheiro debe ser pdf

Por exemplo, 11111111B_nóminaoutubro 2011.pdf

2. O tamaño máximo de documento non debe exceder os 600 Kb.

3. Só se poderán enviar documentos que sexan ficheiros de tipo pdf.

Calquera documento que non cumpra os requisitos anteriores non poderá ser enviado a través de

METAPOSTA.

Cada vez que se prema no botón Actualizar, a aplicación lerá os documentos do directorio de traballo e

tratará de validalos. Os documentos validados mostraranse na lista da ventá.

Ademais da lista actualizaranse os seguintes datos da pantalla:

Nº documentos paquete: Contén o nº de documentos validados da lista.

Nº documentos directorio: contén o nº de documentos atopados no directorio de traballo.

Sempre que haxa un cambio no directorio de traballo, cómpre premer no botón Actualizar para que a

pantalla recolla e amose os cambios.

8.2. Selección do tipo de documento

Cómpre que o usuario seleccione da lista da ventá o tipo de documento do envío. Se se desexa enviar documentos de diferente tipo cómpre realizar envíos diferentes.

Lembre que esta lista contén os tipos de documentos que a entidade correspondente ten contratados

con METAPOSTA. Cada vez que o emisor Peme contrate novos tipos de documentos, será necesario que

descargue o novo ficheiro de materiais da web do emisor Peme de METAPOSTA.

8.3. Actualizar

O botón Actualizar valida os documentos que se atopan no directorio de traballo. É necesario actualizar

a ventá de confección e envío de paquetes antes de poder realizar un envío.

Este proceso, ademais de validar a nomenclatura dos documentos, o seu tamaño e tipo, tamén realiza

as seguintes comprobacións:

Validación de subscritos. Só se poderán enviar documentos a aqueles subscritos do emisor

Peme. Se un documento contén un nº de documento dunha persoa ou entidade non subscrita

ao emisor Peme, este documento será considerado inválido.

Page 18: Manual de Uso de Web de SENDERS - METAPOSTA · correo sFTP para emisor Peme Contrato de usuario de Metaposta ASINADO Contrato de emisor Peme en Metaposta ASINADO Alta de peme como

18/21

8.4. Enviar

Unha vez que o usuario considere que a lista que se amose na pantalla contén os documentos que

desexa enviar, deberá premer no botón de Enviar para que a aplicación empaquete e envíe os

documentos a Metaposta.

Ao premer en enviar, aparecerá unha ventá pop-up que amosa o estado do proceso de envío. Esta

ventá terá un botón para cancelar o envío.

Ao rematar o proceso de envío, o botón Cancelar cambiará a botón de Aceptar, que permitirá volver á

ventá de Lista de paquetes enviados, onde aparecerá a información do envío que se acaba de realizar

xunto cos envíos anteriores.

O botón Atrás da ventá de confección e envío de paquetes permite volver á ventá de Lista de paquetes

enviados sen realizar ningún envío.

Page 19: Manual de Uso de Web de SENDERS - METAPOSTA · correo sFTP para emisor Peme Contrato de usuario de Metaposta ASINADO Contrato de emisor Peme en Metaposta ASINADO Alta de peme como

19/21

9. CONSULTA DE ESTADO DOS ENVÍOS DO EMISOR

Desde o Monitor de envíos na web do emisor Peme, o emisor poderá revisar o estado dos seus envíos e

ver o detalle dos erros tanto dos paquetes enviados como dos documentos individuais que non

puideron enviarse. Téñase en conta que o proceso de envío require un tempo de integración por

motivos de seguridade, polo que a consulta se deberá realizar pasadas unhas horas.

Os paquetes de documentos que deron erros e, polo tanto, non puideron procesarse (ningún

documento), aparecerán en vermello.

Os paquetes de documentos que se procesaron, pero en que algún documento deu erro,

aparecerán en laranxa.

E despois de seleccionar o paquete, poderase ver o detalle dos documentos erróneos do paquete.

Page 20: Manual de Uso de Web de SENDERS - METAPOSTA · correo sFTP para emisor Peme Contrato de usuario de Metaposta ASINADO Contrato de emisor Peme en Metaposta ASINADO Alta de peme como

20/21

APÉNDICE

Apéndice 1. Ver Pasos Descargar Ficheiro Configuración

METAPOSTA compartirá o ficheiro de configuración co usuario da Peme coa información que terá

proporcionado previamente a METAPOSTA. Por iso:

1. O usuario descargará ese ficheiro de configuración comprimido (.zip).

2. Gardará o ficheiro no directorio que creou para traballar co Pack Pyme despois de descomprimilo.

Trátase dun ficheiro .XML cunha denominación formada por unha cadea de carácteres que

identifican o emisor en METAPOSTA.

Por exemplo: Configuración_8C1818F9183AC7512FA2A18F694A770F

3. Lembre a localización do ficheiro de configuración porque a aplicación Pack Pyme a solicitará na

ventá de Selección de empresa, cando se accede por primeira vez al Pack Pyme. Sen este ficheiro a

aplicación Pack Pyme non funcionará.

Apéndice 2. Ver Pasos Descargar Ficheiro Materiais

1. O emisor Peme accede á web de emisores Peme de METAPOSTA.

2. O seguinte paso é acceder á pantalla de datos do emisor (Información do emisor) para descargar o

ficheiro XML de materiais, despois de premer o botón que aparece na parte de debaixo da ventá.

3. Gardará o ficheiro no directorio que creou para traballar co Pack Pyme despois de descomprimilo.

Trátase dun ficheiro .XML cunha denominación formada por unha cadea de carácteres que

identifican o emisor en METAPOSTA.

Por exemplo: Materiais_8C1818F9183AC7512FA2A18F694A770F

4. Cómpre lembrar a localización do ficheiro de materiais porque esta localización será requirida pola

aplicación Pack Pyme na ventá de Editar Configuración, cando se accede por primeira vez ao Pack

Pyme e sempre que se producise un cambio no tipo de documento que se envía. Sen este ficheiro a

aplicación Pack Pyme non funcionará.

Apéndice 3. Ver Pasos Descargar Ficheiro Subscritos

1. O emisor Peme accede á web de emisores Peme de METAPOSTA.

2. O seguinte paso é acceder á entrada de «Consultas: subscricións», que aparece na listaxe da

esquerda, en último lugar. Unha vez sinalado o período de tempo durante o que se quere traballar,

prémese no botón «buscar» e aparecerá a listaxe de subscritos.

Page 21: Manual de Uso de Web de SENDERS - METAPOSTA · correo sFTP para emisor Peme Contrato de usuario de Metaposta ASINADO Contrato de emisor Peme en Metaposta ASINADO Alta de peme como

21/21

3. Gardará o ficheiro no directorio que creou para traballar co Pack Pyme despois de descomprimilo.

Trátase dun ficheiro .XML cunha denominación formada por unha cadea de carácteres que

identifican o emisor en METAPOSTA.

Por exemplo: Subscritos_8C1818F9183AC7512FA2A18F694A770F

4. Cómpre lembrar a localización do ficheiro de materiais porque esta localización será requirida pola

aplicación Pack Pyme na ventá de Editar Configuración, cando se accede por primeira vez ao Pack

Pyme e sempre que se producise un cambio nos subscritos aos que se envían os documentos. Sen

este ficheiro a aplicación Pack PYME non funcionará..