Manual de Formación para a Acreditación de...

48
Manual de Formación para a Acreditación de Operadores de Maquinaria de Movemento de Terras

Transcript of Manual de Formación para a Acreditación de...

Page 1: Manual de Formación para a Acreditación de …emprego.ceei.xunta.gal/export/sites/default/Biblioteca/Documentos/... · Carga sobre camión. ... Check-list: .....43 4.3. Mantemento

Manual de Formación para a Acreditación de Operadores de Maquinaria de Movemento de Terras

Page 2: Manual de Formación para a Acreditación de …emprego.ceei.xunta.gal/export/sites/default/Biblioteca/Documentos/... · Carga sobre camión. ... Check-list: .....43 4.3. Mantemento

María Leivas Maroño Juan Manuel Coira López Fundación Laboral de la Construcción www.fundacionlaboral.org

Depósito Legal: M-36056-2015

Page 3: Manual de Formación para a Acreditación de …emprego.ceei.xunta.gal/export/sites/default/Biblioteca/Documentos/... · Carga sobre camión. ... Check-list: .....43 4.3. Mantemento

Manual de Formación para a Acreditación de Operadores de Maquinaria de Movemento de Terras

Página 3 de 48

U.D.1. SEGURIDADE NO MANEXO DE RETROESCAVADORAS 4

1.1. Introdución á seguridade, definicións básicas, elementos de protección persoal (EPP). ............. 4

1.2. Identificación e avaliación de riscos, prevención de accidentes. ........................................................... 10

1.3. Análise da Seguridade no Traballo (AST). ........................................................................................................... 14

1.4. Observación da Seguridade no Traballo (OST). ................................................................................................ 22

1.5. Interpretación de manuais, manuais do fabricante, ordes de traballo e marcado CE. .............. 23

U.D.2. TRABALLOS CON RETROESCAVADORA ................................................................................................................ 26

2.1. Uso da máquina. ............................................................................................................................................................ 28

2.2. Revisión antes do arranque do motor. ................................................................................................................ 28

2.3. Operación e revisión despois do arranque do motor. ................................................................................ 28

2.4. Recoñecemento de instrumentos da máquina. ............................................................................................. 29

2.5. Verificar a disposición dos accesorios de acordo ás actividades a desenvolver. ............................ 29

2.6. Técnicas básicas de operación da maquinaria pesada, ubicación, desprazamento e peche seguro da operación. .................................................................................................................................................................. 30

2.7. Gabias. ................................................................................................................................................................................. 31

2.8. Bataches. ............................................................................................................................................................................ 32

2.9. Carga sobre camión. ..................................................................................................................................................... 32

2.10. Movemento de material: acopio e limpeza. ...................................................................................................... 32

U.D.3. MOVEMENTOS DE TERRAS ....................................................................................................................................... 34

3.1. Organizar as actividades propias de acordo á operatividade dos equipos e accesorios. ........... 34

3.2. Organización e delimitación de espazos. ........................................................................................................... 34

3.3. Características do terreo. .......................................................................................................................................... 34

3.4. Condicións xeográficas e climatolóxicas. ........................................................................................................... 35

3.5. Tipos de terreos. ............................................................................................................................................................. 36

3.6. Distancias de seguridade en aberturas. .............................................................................................................. 36

3.7. Escavacións con afectación de servizos ............................................................................................................. 37

3.8. Movemento de terras e medio ambiente ........................................................................................................... 37

3.9. Interpretación de niveis, pendentes e cotas. .................................................................................................... 39

3.10. Coordinación de actividades. ................................................................................................................................... 40

U.D.4. MANTEMENTO PREVENTIVO .................................................................................................................................... 42

4.1. Pautas do mantemento preventivo ..................................................................................................................... 42

4.2. Check-list: .......................................................................................................................................................................... 43

4.3. Mantemento Preventivo. ............................................................................................................................................ 44

REFERENCIAS BIBLIOGRÁFICAS .............................................................................................................................................. 46

Page 4: Manual de Formación para a Acreditación de …emprego.ceei.xunta.gal/export/sites/default/Biblioteca/Documentos/... · Carga sobre camión. ... Check-list: .....43 4.3. Mantemento

Manual de Formación para a Acreditación de Operadores de Maquinaria de Movemento de Terras

Página 4 de 48

Manual de Formación para a Acreditación de Operadores de Maquinaria de Movemento de Terras

U.D.1. SEGURIDADE NO MANEXO DE RETROESCAVADORAS

1.1. INTRODUCIÓN Á SEGURIDADE, DEFINICIÓNS BÁSICAS, ELEMENTOS DE PROTECCIÓN PERSOAL (EPP).

INTRODUCIÓN Á SEGURIDADE. DEFINICIÓNS BÁSICAS

En España, os principios xerais da protección da saúde das persoas no traballo establécense na Lei 31/95, de Prevención de Riscos Laborais (LPRL).

Xa a Constitución Española obriga aos poderes públicos a velar pola seguridade e hixiene no traballo, e pola súa parte a Directiva Europea nº 89/391/CEE, coñecida como Directiva Marco establece a obriga, para tódolos estados membros a adoptar leis específicas para asegurar unha protección axeitada da saúde no traballo.

Pero a lexislación aplicable en saúde laboral non se reduce á LPRL, con posterioridade á súa aprobación aprobáronse unha serie de decretos que a desenvolveron e fan referencia a como actuar fronte a determinados riscos concretos ou en certos sectores específicos.

Con posterioridade a Lei 54/2003, de Reforma do Marco Normativo da Prevención de Riscos Laborais, incidiu en determinados aspectos tales como a integración da prevención ou a permanencia dos recursos preventivos na empresa.

A lexislación en materia de prevención ten por principal obxectivo o de “… promover a seguridade e a saúde dos traballadores mediante a aplicación de medidas e o desenvolvemento das actividades necesarias para a prevención de riscos derivados do traballo.”” (LPRL Art.2.1) establecendo para iso os seguintes principios:

Unha obriga xenérica do empresario de protexer aos traballadores fronte aos riscos laborais, garantindo a súa saúde e seguridade en tódolos aspectos relacionados co traballo.

Obrigas empresariais definidas e articulación do dereito á protección da saúde no traballo mediante dereitos máis concretos.

Cómo se integrará a actividade preventiva na xestión xeral da empresa a través do plan de prevención.

Articulación dos instrumentos para coñecer os riscos laborais e determinar as medidas necesarias para eliminar ou controlar o risco: avaliación de riscos e planificación da actividade preventiva.

Definición das diferentes modalidades de recursos técnicos necesarios para unha acción preventiva axeitada.

Participación dos traballadores na actuación preventiva.

Page 5: Manual de Formación para a Acreditación de …emprego.ceei.xunta.gal/export/sites/default/Biblioteca/Documentos/... · Carga sobre camión. ... Check-list: .....43 4.3. Mantemento

Manual de Formación para a Acreditación de Operadores de Maquinaria de Movemento de Terras

Página 5 de 48

FORMACIÓN DO TRABALLADOR. MANEXO DE EQUIPOS

O Artigo 19 da Lei 31/95, de Prevención de Riscos Laborais establece a obriga de formar e informar aos traballadores dos riscos aos que están expostos “…o empresario deberá garantir que cada traballador reciba unha formación teórica e práctica suficiente e axeitada, en materia preventiva, tanto no momento da súa contratación, calquera que sexa a modalidade ou duración desta, como cando se produzan cambios nas funcións que desempeñe ou se introduzan novas tecnoloxías ou cambios nos equipos de traballo…”

En canto á utilización de equipos e maquinaria o RD 1215/97 de Disposicións Mínimas de Seguridade e Saúde para a Utilización polos Traballadores dos Equipos de Traballo indica no seu Artigo 3 “…cando a fin de evitar ou controlar un risco específico para a seguridade ou saúde dos traballadores, a utilización dun equipo de traballo deba realizarse en condicións ou formas determinadas, que requiran un particular coñecemento por parte daqueles, o empresario adoptará as medidas necesarias para que a utilización de dito equipo quede reservado aos traballadores designados para iso…”

De aquí dedúcese que o traballo con equipos ou máquinas debe quedar reservado a traballadores que acrediten ter recibido a formación suficiente e axeitada.

O mesmo RD 1215/97 no seu Anexo II, Aptdo. 2, Punto 1 é máis específico: “…a condución de equipos de traballo automotores estará reservada aos traballadores que recibiran unha formación específica para a condución segura deses equipos de traballo…”

MOVEMENTO DE TERRAS. OUTROS DOCUMENTOS E NORMATIVA A TER EN CONTA

A NTP 126: Máquinas para movemento de terras, realiza un compendio dos riscos e medidas de seguridade que poden afectar en xeral á maquinaria para movemento de terras. En outras NTP analízanse os riscos e medidas de seguridade específicas para cada máquina concreta.

En relación cos riscos e medidas de seguridade xerais é de aplicación a palas cargadoras (de rodas e eirugas), bulldozer, compactadoras, mototraíllas e motoniveladoras, retroescavadoras (tanto de rodas como de eirugas), e compactadoras.

Nela estúdanse e analízanse os riscos e as medidas preventivas das máquinas atendendo ás fases de traballo así como unha vez finalizado este, diferentes operacións que se poden realizar nas mesmas.

Ademais o operario antes de comezar calquera traballo precisa coñecer as regras e recomendacións aconselladas polo contratista da obra e as recomendacións especiais que en cada caso realice o encargado da obra.

Complementariamente teremos en conta a seguinte normativa:

En función da data da súa comercialización e posta en servizo o RD 1435/1992. “Máquinas”, modificado polo RD 56/1995.

Orden de 26 de maio de 1989 (BOE nº 137, de 9 de xuño), pola que se aproba a ITC MIE AEM-3 do Regulamento de Aparatos de Elevación e Manutención.

UNE115403-2:2005 Maquinaria para movemento de terras. Definición de dimensións e símbolos. Parte 2: Equipos e accesorios.

UNE115419:1990 Maquinaria para movemento de terras. Determinación da velocidade de translación.

Page 6: Manual de Formación para a Acreditación de …emprego.ceei.xunta.gal/export/sites/default/Biblioteca/Documentos/... · Carga sobre camión. ... Check-list: .....43 4.3. Mantemento

Manual de Formación para a Acreditación de Operadores de Maquinaria de Movemento de Terras

Página 6 de 48

UNE115416:2000 Maquinaria para movemento de terras. Determinación das dimensións de xiro das máquinas sobre rodas.

UNE115438:2000 Maquinaria para movemento de terras. Determinación das pendentes límite para o funcionamento dos sistemas de fluídos que equipan as máquinas. Método de ensaio estático.

UNE-ISO6393:2009 Maquinaria para movemento de terras. Determinación do nivel de potencia acústica. Condicións de ensaio estáticas.

UNE-ISO6394:2009 Maquinaria para movemento de terras. Determinación do nivel de presión acústica emitida no posto do operador. Condicións de ensaio estático.

UNE-ISO16754:2010 Maquinaria para movemento de terras. Determinación do valor medio da presión de contacto sobre o solo para máquinas sobre cadeas.

UNE115239:2004 Maquinaria para movemento de terras. Dispoñibilidade da máquina. Vocabulario.

UNE115439:1998/1M: 2006 Maquinaria para movemento de terras. Dispositivo montado sobre a máquina para remolcala. Requisitos de funcionamento.

UNE115439:1998 Maquinaria para movemento de terras. Dispositivo montado sobre a máquina para remolcala. Requisitos de funcionamento.

UNE115430:1999 Maquinaria para movemento de terras. Dispositivo para control de baixada da pluma en escavadoras e retrocargadoras hidráulicas. Requisitos e ensaios.

E ademais, especialmente:

UNE-EN 474-1:2007+A4:2013 Maquinaria para movemento de terras. Seguridade. Parte 1: Requisitos xerais.

Na que se desenvolven os perigos significativos, situacións e sucesos perigosos aplicables á maquinaria para movemento de terras, cando se utiliza de acordo co previsto e baixo as condicións de uso que poidan estar razoablemente previstas polo fabricante. Tamén especifica as medidas técnicas axeitadas para eliminar ou reducir riscos que poidan transformarse en perigos significativos, situacións e sucesos perigosos durante a posta en servizo, o funcionamento e o mantemento da maquinaria para movemento de terras.

DOCUMENTACIÓN DA MÁQUINA

A lexislación vixente establece que xunto coa máquina débese entregar polo menos a seguinte documentación:

Manual de instrucións do fabricante, polo menos, en castelán. Declaración CE de conformidade. Copia da última folla de revisión. Contrato de aluguer no caso de que a máquina se tivera arrendada. Indicacións, normas e recomendacións que estableza o propietario ou a empresa alugadora. Documentación esixible para circular por vías públicas: permiso de circulación, ITV e seguro

de circulación.

Page 7: Manual de Formación para a Acreditación de …emprego.ceei.xunta.gal/export/sites/default/Biblioteca/Documentos/... · Carga sobre camión. ... Check-list: .....43 4.3. Mantemento

Manual de Formación para a Acreditación de Operadores de Maquinaria de Movemento de Terras

Página 7 de 48

MANUAL DO FABRICANTE

Como aplicación da directiva europea, o RD 1435/1992 (polo que se ditan as disposicións de aplicación da Directiva do Consello 89/392/CEE, relativa á aproximación das lexislacións dos Estados membros sobre máquinas), establece a obriga de que cada máquina leve un manual de instrucións.

Para iso, o fabricante elaborarao redactándoo nunha das linguas comunitarias.

No momento da súa entrada en servizo, toda máquina deberá ir acompañada do manual orixinal e, polo menos, dunha tradución do manual ao castelán.

Esta tradución realizaraa o fabricante ou o seu representante establecido na UE ao introducir a máquina na zona lingüística da que se trate (neste caso España).

Entón, o manual de mantemento destinado ao persoal especializado que dependa do fabricante ou do seu representante establecido na UE poderá redactarse nunha soa das linguas comunitarias que comprenda dito persoal.

Ademais no Artigo 1.7.4 do mencionado RD 1435/1992 indícanse tódalas características e contidos que debe incorporar dito manual. Entre eles podemos destacar:

“O manual de instrucións incluirá os planos e esquemas necesarios para poñer en servizo, conservar, inspeccionar, comprobar o bo funcionamento e se fose preciso, reparar a máquina e calquera outra instrución pertinente, en particular en materia de seguridade.”

“No manual de instrucións daranse as seguintes indicacións sobre o ruído aéreo emitido pola máquina (valor real ou valor calculado partindo da medición efectuada nunha máquina idéntica):

• O nivel de presión acústica continuo equivalente ponderado A nos postos de traballo cando supere os 70 dB, se este nivel fora inferior ou igual a 70dB, deberá mencionarse.

• O valor máximo da presión acústica instantánea ponderada C cando supere os 63 Pa (130dB en relación a 20uPa).

• O nivel de potencia acústica emitido pola máquina se o nivel de presión acústica continuo equivalente ponderado A supera nos postos de traballo os 85dB. “

EQUIPOS DE PROTECCIÓN PERSOAL

Debemos diferenciar a protección da prevención. O fin da protección persoal é o de interpoñer unha última barreira entre o risco e o traballador mediante equipos que deben ser utilizados polo propio traballador.

Os equipos de protección individual (EPI) son elementos, levados ou suxeitados pola persoa, que teñen a función de protexela contra riscos específicos do traballo. Por definición, non eliminan o risco e a súa función preventiva é moi limitada.

Ao ser a última barreira entre a persoa e o risco a súa función é a de minimizar as consecuencias do mesmo. Non actúan sobre a orixe do risco senón sobre a persoa que o sofre. O seu uso, ademais, pode resultar incómodo para as persoas que traballan.

En certa medida o desexable, por estas razóns, é evitar ou limitar os riscos mediante técnicas de protección colectiva ou coa introdución de cambios na organización do traballo, e reservar o emprego dos EPI para aqueles riscos que non poden ser evitados.

Page 8: Manual de Formación para a Acreditación de …emprego.ceei.xunta.gal/export/sites/default/Biblioteca/Documentos/... · Carga sobre camión. ... Check-list: .....43 4.3. Mantemento

Manual de Formación para a Acreditación de Operadores de Maquinaria de Movemento de Terras

Página 8 de 48

Ante a presenza dun risco as medidas a adoptar serían por orde de preferencia:

1. Evitar o risco. Por exemplo substituíndo o elemento que produce o risco. 2. Controlar o risco na orixe. Por exemplo aillando as zonas de traballo das zonas de risco. 3. Protexer á persoa. Por exemplo utilizando un EPI que minimice as consecuencias que poida

ocasionar ese risco.

ELECCIÓN DOS EPI

O Anexo IV do RD 773/1997 contén indicacións sobre os factores que deben terse en conta para elección e utilización de EPI.

Actualmente o marcado CE representa a conformidade dun produto con tódolos requisitos de seguridade impostos ao fabricante pola normativa comunitaria.

O marcado CE é obrigatorio nos EPI e significa que a persoa que o coloca (xeralmente o fabricante) declara que:

o produto axústase a tódalas disposicións comunitarias, e que se levaron a cabo os procedementos pertinentes de avaliación da conformidade.

Ademais, é preceptivo que todo EPI se acompañe dun folleto informativo, elaborado e entregado obrigatoriamente polo fabricante, contendo, entre outras cousas, instrucións de uso e mantemento, rendemento do equipo, clase de protección e límites de uso, data de caducidade, accesorios e repostos, normas de embalaxe e transporte, etc.

Dita información debe estar redactada de forma precisa, comprensible e en lingua oficial do Estado destinatario.

USO DOS EPI. OBRIGAS, DEREITOS

Con carácter xeral teranse en conta as seguintes determinacións:

Como xa se mencionou anteriormente, os EPI só se usarán cando non se poidan evitar ou limitar os riscos por outros medios.

O seu uso non dispensa en ningún caso da obriga de empregar os medios preventivos de carácter xeral.

Os EPI deben ser seguros e cómodos. Os equipos de protección individual deben ser de uso persoal. Non só por motivos de hixiene

individual, isto tamén facilita a adaptación dos equipos ás características anatómicas ou á comodidade propia de cada usuario.

Os fabricantes dos EPI están obrigados a:

Tódolos EPI deben cumprir as disposicións mínimas de seguridade que esixa a lexislación vixente.

Para ser comercializados en Europa deben levar o marcado CE. Débese subministrar obrigatoriamente, xunto co EPI, un folleto informativo con: datos do

fabricante; instrucións de mantemento, uso, limpeza, revisión e desinfección; rendementos acadados nos exames técnicos; instrucións de uso; data de caducidade, etc.

Page 9: Manual de Formación para a Acreditación de …emprego.ceei.xunta.gal/export/sites/default/Biblioteca/Documentos/... · Carga sobre camión. ... Check-list: .....43 4.3. Mantemento

Manual de Formación para a Acreditación de Operadores de Maquinaria de Movemento de Terras

Página 9 de 48

Os empresarios están obrigados a:

Limitar o uso dos EPI aos casos nos que non sexa posible evitar ou limitar os riscos mediante técnicas de protección colectiva ou coa introdución de cambios na organización do traballo.

Proporcionar os EPI de maneira gratuíta aos traballadores. Vixiar o seu bo estado e que sexan utilizados correctamente. Informar aos traballadores dos riscos contra os que protexe o EPI, das súas características

técnicas e do seu correcto uso. Garantir polo tanto a formación no uso dos EPI, organizando si é preciso sesións de

adestramento.

Ademais, os traballadores teñen dereito a:

Recibir formación e información axeitadas acerca dos EPI. Resistencia, que neste ámbito se concreta na posibilidade de demorar a execución dun traballo

mentres non lle sexan facilitados os EPI obrigatorios para a súa realización. Ser consultados polo empresario no proceso de toma de decisións acerca dos EPI. Que exista un lugar idóneo habilitado para o almacenamento dos EPI.

EPI OBRIGATORIOS CON MAQUINARIA DE OBRA

Para traballar con maquinaria de obra é obrigatorio que os traballadores conten cos seguintes EPI e os utilicen:

Casco protector da cabeza. Aínda que habitualmente o posto do condutor está protexido con cabina, é indispensable o uso

dun casco protector homologado por se precisa abandonar a máquina e circular pola obra. Botas de seguridade antideslizantes. Dadas as condicións nas que se adoita traballar nas obras, a característica de antideslizante é

importante, en particular dado o risco existente nos momentos de subida e baixada á máquina. Protección dos oídos. O uso de auriculares ou tapóns homologados é obrigatorio cando o nivel de ruído supere a

marxe de seguridade establecida e en todo caso, cando sexa superior a 80 dB. Roupa de traballo. Non se deben utilizar roupas de traballo soltas que poidan ser atrapadas por elementos en

movemento. Cando as condicións atmosféricas o aconsellen e dependendo da protección que ofreza a

cabina, pode ser preciso dispoñer de roupa que protexa ao condutor da choiva. Luvas. O condutor deberá dispor de luvas axeitadas para posibles emerxencias de conservación durante

o traballo. Protección da vista. Se a cabina non ofrece protección, o condutor deberá facer uso de gafas de seguridade a fin de

protexerse da proxección de partículas en operacións de escavación. As lentes de tipo universal serán homologadas.

Cinto abdominal antivibratorio. Co obxecto de quedar protexido dos efectos das vibracións. Ademais, este cinto pode cumprir a

dobre misión de evitar o lanzamento do condutor fora do tractor. Protección do aparato respiratorio. Deberase facer uso de mascaras axeitadas en traballos con terras que xeren po ao traballar con

elas.

Page 10: Manual de Formación para a Acreditación de …emprego.ceei.xunta.gal/export/sites/default/Biblioteca/Documentos/... · Carga sobre camión. ... Check-list: .....43 4.3. Mantemento

Manual de Formación para a Acreditación de Operadores de Maquinaria de Movemento de Terras

Página 10 de 48

LEXISLACIÓN AFECTADA

Ordenanza Xeral de Seguridade e Hixiene do Traballo (Artigos 31, 65, 92, 124, 141, 143, 145, 147, 148, 149 e 151).

Ordenanza Laboral de Construción, Vidro e Cerámica (Artigos 277, 278, 279, 281, 285, 289, 290 e 291).

1.2. IDENTIFICACIÓN E AVALIACIÓN DE RISCOS, PREVENCIÓN DE ACCIDENTES.

A retroescavadora é un equipo de traballo que se utiliza en operacións de movemento de terras; por un lado, en operacións de carga e polo outro para demoler determinados elementos.

Neste apartado analízanse os riscos e factores de risco da maquinaria utilizada para o movemento de terras, tanto os comúns a calquera máquina coma os específicos de cada unha de elas. Ademais indícanse as medidas preventivas que se aplicarán durante estes traballos e unha identificación das potenciais causas que poden orixinar un accidente ao operador da máquina e ao resto de traballadores que se atopen no radio de acción desta.

Podemos agrupar os riscos da seguinte maneira:

Riscos debidos á máquina: por deficiencias no deseño, construción ou mantemento da máquina.

Riscos debidos ao uso da máquina: por falta de cualificación ou formación do operario da máquina, precisa para executar dunha maneira segura os traballos.

Riscos debidos ao proceso de traballo: por falta de planificación nas tarefas e operacións que se van realizar. O proceso de traballo é o factor máis importante de cara a evitar riscos e previr accidentes.

Riscos debidos ao entorno de traballo: por condicións do medio no que traballa a maquinaria, tanto na súa vertente atmosférica como pola posible interferencia con servizos existentes, nos que teremos en conta:

• Os camiños de servizo e as vías de circulación. • As zonas de interferencia. • Os traballos na proximidade de liñas eléctricas aéreas. • Os talleres e as zonas de estacionamento de maquinaria.

Page 11: Manual de Formación para a Acreditación de …emprego.ceei.xunta.gal/export/sites/default/Biblioteca/Documentos/... · Carga sobre camión. ... Check-list: .....43 4.3. Mantemento

Manual de Formación para a Acreditación de Operadores de Maquinaria de Movemento de Terras

Página 11 de 48

RISCOS

Sen clasificalos, podemos enumerar unha serie de riscos de maneira non exhaustiva:

Envorco ou choque da máquina (por exceso de máquinas traballando nun mesmo punto ou por falta de organización do traballo).

Envorco da máquina por imprudencia do operador ou por circular por camiños en mal estado sen asegurarse da súa viabilidade para a máquina.

Inhalación de po por levar aberta a cabina da máquina. Atropelo ou golpes (a persoas por invadir as zonas de traballo das máquinas) Caída de persoas a distinto nivel (ao subir ou baixar da máquina por non facelo de forma

debida) Caída de obxectos (Caída de materiais dende o cazo da máquina) Atrapamento por elementos móbiles da máquina. Proxección de fluído hidráulico. Queimaduras en operacións de mantemento. Incendio e explosión. (ao repostar) Contacto con enerxía eléctrica. Electrocución nos traballos nas proximidades de liñas

eléctricas aéreas ou enterradas e por non respectar as distancias de seguridade. Ruído. Vibracións. Estrés térmico (no verán si non ten climatización a máquina) Cegamentos dependendo da hora e posición de traballo, en caso necesario débense utilizar

gafas de sol) Outros riscos.

MEDIDAS PREVENTIVAS

Á súa vez enumeraremos unha serie de medidas preventivas clasificadas segundo o ámbito co que están relacionadas:

REFERIDAS AO AXENTE:

Non sobrecargar a máquina. Evitarse cargar o cazo en exceso. Levarase o cazo a ras do chan cando a máquina se teña que mover co cazo cargado. As máquinas teñen un ángulo morto ou de sombra no que o maquinista non ve se é invadido

por unha persoa. A máquina estará dotada de sinal acústica de marcha atrás. En traballos de demolición, non derrubar elementos que se atopen sobre a cabina e que sexan

máis altos que a máquina co cazo estendido. A máquina debe dispor de avisador luminoso de tipo rotatorio. Non realizar traballos ao pé de noiros inestables. As máquinas para repostar terán un lugar específico, no que estará prohibido facer lume o

fumar. Na súa proximidade existirá un extintor para líquidos. Non abrir a tapa de enchido do circuíto de refrixeración co motor quente.

Page 12: Manual de Formación para a Acreditación de …emprego.ceei.xunta.gal/export/sites/default/Biblioteca/Documentos/... · Carga sobre camión. ... Check-list: .....43 4.3. Mantemento

Manual de Formación para a Acreditación de Operadores de Maquinaria de Movemento de Terras

Página 12 de 48

REFERIDAS AO ENTORNO:

Non permanecer no radio de acción da máquina. Non acopiar terras nin materiais a menos de 2 m do borde da escavación. Achicarase a auga presente na escavación, evitando a formación de terreos embarrados e

mantendo a estabilidade do terreo. Regar de forma constante e habitual en presencia de ambiente pulvíxeno. Inspeccionar o lugar de traballo antes de comezar a traballar, comprobando a estabilidade do

terreo, se existen servizos públicos enterrados, se hai liñas eléctricas aéreas... Delimitar e asegurar o perímetro de alcance da máquina balizando. Para falar ou darlle ordes ao maquinista esperaremos a que nos vexa e entón farémoslle sinais

para que deteña a máquina. Unha vez que pare achegarémonos.

REFERIDAS AO TRABALLADOR:

Os requisitos esixibles ao operador da máquina son:

Ter máis de 18 anos de idade. Estar en posesión do carné de conducir en función do regulado pola DGT. Dispor dunha formación e información axeitada aos riscos derivados da utilización da

máquina, e adaptada ás necesidades do traballador (tales como, por exemplo, o idioma). Neste sentido, tal e como establece o Artigo 5 do Real Decreto 1215/1997, polo que se establecen as disposicións mínimas de seguridade e saúde para a utilización polos traballadores dos equipos de traballo, esta formación e información será facilitada polo empresario conforme ao disposto nos Artigos 18 e 19 da Lei 31/1995 de Prevención de Riscos Laborais.

Dispor da autorización de uso por parte do empresario. Ter plena capacidade física, psíquica e sensorial, constatada mediante exame médico, con

certificado de aptitude para os requirimentos da tarefa.

E as medidas preventivas:

Uso dos EPI obrigatorios: • Utilizar casco de seguridade. • Utilizar protectores auditivos en situacións de altos niveis de ruído. • Uso de máscara antipó. • Uso de calzado de seguridade. • Usar luvas protectoras durante a substitución ou o abastecemento do aceite

lubricante. • Utilizar o cinto de seguridade da máquina.

Evitar contactos coas partes quentes da máquina. Evitar a exposición ás emisións de gases do equipo, poden producir queimaduras. Non utilizar o sistema hidráulico para manter a eiruga, as rodas ou o cazo elevador. Non repostar ou manipular a batería co motor en marcha e/ou fumando. Non deixar ferramentas soltas na cabina. Utilizar os chanzos e asas das que dispón a máquina para subir e baixar dela. O acceso e descenso farase de cara a máquina. Non baixará da máquina saltando da mesma ou utilizando rodas como chanzos. Non abandonar a cabina cando se produza un arco eléctrico ou un contacto con cables

eléctricos ata que se interrompa dito contacto. Accionar a panca de seguridade de desconexión do sistema hidráulico sempre que alguén entre

dentro do perímetro de seguridade da máquina.

Page 13: Manual de Formación para a Acreditación de …emprego.ceei.xunta.gal/export/sites/default/Biblioteca/Documentos/... · Carga sobre camión. ... Check-list: .....43 4.3. Mantemento

Manual de Formación para a Acreditación de Operadores de Maquinaria de Movemento de Terras

Página 13 de 48

Ao realizar calquera intervención na máquina: poñer os mandos en punto morto, colocar o cazo apoiado no chan, accionar os dispositivos de inmobilización e bloqueo, e quitar a chave do contacto.

Ao circular por costas, facelo sempre marcha adiante, nunca transversalmente.

REFERIDAS Á ORGANIZACIÓN:

Dispor da debida formación para o uso e manexo deste tipo de máquinas. Seguir as instrucións do fabricante. Inspeccionar os principais elementos de seguridade da escavadora, ao iniciar a xornada. Para desprazar a escavadora, apoiar o cazo sobre a máquina ao realizar a operación co brazo e

o cazo recollidos. Nunca abandonar a escavadora co motor en marcha ou sen ter depositado o cazo no chan. Prohibido o transporte de persoas, nin na cabina nin no cazo nin en ningún outro lugar da

máquina, excepto naquelas con estancias deseñadas para tal fin. Ao remate da xornada, estacionar a máquina nun lugar chan, colocando o cazo sobre o chan,

apoiando a folla de nivelación, colocándolle calzos se fose preciso, co freo de man posto e coas chaves quitadas.

Realizar o mantemento da máquina sempre co motor parado e en frío (sempre que sexa posible).

As operacións de mantemento realizaraas persoal especializado.

Ilustración 1 Riscos e Factores de Risco. Resumen

RISCO LABORAL

Posibilidade de sufrir un

determinado risco por parte dun

traballador

FACTORES DE RISCO

PROCESO DE TRABALLO

Procedemento de escavación

ENTORNO DE OBRA

Accesos, orografía, tipo de obra, proximidade de liñas eléctricas,

existencia de conduccións, presencia de

persoas ou outras máquinas...

MAQUINARIA

Defectos de fabricación, operacións

contraindicadas polo fabricante,

ausencia de mantemento,...

OPERADOR

Falta de formación,

distraccións, manexo

inadecuado, ...

CONDICIÓNS AMBIENTAIS

Climatoloxía, ambiente pulvixeno,

concentración de gases, ruidos, falta de iluminación,...

Page 14: Manual de Formación para a Acreditación de …emprego.ceei.xunta.gal/export/sites/default/Biblioteca/Documentos/... · Carga sobre camión. ... Check-list: .....43 4.3. Mantemento

Manual de Formación para a Acreditación de Operadores de Maquinaria de Movemento de Terras

Página 14 de 48

1.3. ANÁLISE DA SEGURIDADE NO TRABALLO (AST).

Podemos definir a Análise da Seguridade no Traballo como un método para identificar os riscos de accidentes potenciais relacionados con cada etapa dun traballo e o desenvolvemento de solucións que nalgunha forma eliminen ou controlen estes riscos.

Para que unha persoa poida realizar en forma eficiente o traballo, é preciso que:

a) Teña os coñecementos técnicos que dito traballo contén. b) Que aprendera e desenvolvera as habilidades manuais que dito traballo ocasiona. c) Coñecer os diferentes riscos inherentes en cada etapa do traballo.

É importante que intentemos definir uns pasos a seguir para realizar dita análise:

1) Seleccionar o traballo que se vai analizar. 2) Dividir o traballo en etapas sucesivas. 3) Identificar os riscos de accidentes potenciais. 4) Desenvolver maneiras de eliminar os riscos de accidente potenciais.

RETROESCAVADORAS. REQUISITOS DE SEGURIDADE E SAÚDE NO DESEÑO E FABRICACIÓN.

Se a retroescavadora está provista do marcado CE e vai acompañada da correspondente declaración CE de conformidade, consideraremos que cumpre os requisitos esenciais de seguridade e de saúde que figuran no anexo I do Real Decreto 1644/2008, polo que se establecen as Normas para a Comercialización e Posta en Servizo das Máquinas.

A continuación inclúense unhas táboas onde se fai unha adaptación do contido do ANEXO I do mencionado Real Decreto incorporando requisitos esenciais de seguridade e saúde a comprobar en retroescavadoras, por exemplo, no caso de que a máquina puidese ter sufrido algunha modificación.

Estas táboas foron desenvolvidas por LINEA PREVENCIÓN da FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN e poden ser consultadas en: [http://www.lineaprevencion.com/ProjectMiniSites/IS41/html/cap-1/cap22.htm]

REQUISITOS ESENCIAIS DE SEGURIDADE E SAÚDE RELATIVOS AO DESEÑO E Á FABRICACION DA RETROESCAVADORA (ANEXO 1 do REAL DECRETO 1644/2008)

APARTADO 1 REQUISITOS ESENCIAIS DE SEGURIDADE E SAÚDE

APARTADO 1.1 XERALIDADES

APARTADO 1.1.2 Principios de integración da seguridade

- O manual de instrucións debe prever non so o uso previsto da máquina, senón tamén calquera mal uso razoablemente previsible. Neste sentido:

- O uso habitual da retroescavadora é o de escavar, cargar e descargar materiais, e nivelar.

- Normalmente, a retroescavadora non está deseñada para elevar cargas.

- A retroescavadora non está deseñada para escavar usando a forza de impacto.

- A máquina debe dispor de tódolos equipos e accesorios especiais imprescindibles para que se poida regular, manter e utilizar de maneira segura.

Page 15: Manual de Formación para a Acreditación de …emprego.ceei.xunta.gal/export/sites/default/Biblioteca/Documentos/... · Carga sobre camión. ... Check-list: .....43 4.3. Mantemento

Manual de Formación para a Acreditación de Operadores de Maquinaria de Movemento de Terras

Página 15 de 48

APARTADO 1.1.3 Materiais e produtos

- Os compoñentes que sirvan para canalizar os fluídos dos elementos do motor ou baterías e sistemas hidráulicos do brazo da retroescavadora, deben estar en perfecto estado co fin de evitar calquera tipo de risco de proxección ou vertido durante o seu enchido, utilización ou recuperación. Neste sentido:

- Tódolos depósitos contarán co seu tapón. O tanque de combustible tense que bloquear con chave ou outro dispositivo.

APARTADO 1.1.4 Iluminación

- A retroescavadora debe dispor de alumeado incorporado. En todo momento, este alumeado atoparase en boas condicións. Neste sentido:

- A retroescavadora ten que dispor de luces e faros tanto dianteiros, como traseiros. En determinadas condicións (de forma habitual} debe estar provista dun rotativo luminoso de apoio.

APARTADO 1.1.5 Deseño da máquina con vistas á súa manutención

- O dispositivo dianteiro destinado a enganchar o equipo cun cable metálico para o seu desprazamento atoparase en boas condicións.

- A máquina ten que dispor dun pasador de fixación de oscilación do brazo, ademais duns dispositivos de bloqueo da pluma e a pala (si está provista dela), para proceder ao seu transporte seguro.

- O dispositivo de remolque irá equipado con dobre seguro. - Os puntos de enganche situados no chasis da máquina, para o seu

izado, débense atopar en boas condicións.

APARTADO 1.1.6 Ergonomía

- O acceso á cabina levarase a cabo a través de chanzos. Estes teñen que ser antideslizantes e manterse en boas condicións (por exemplo, non se deben atopar dobrados).

- Dito acceso debe dispor dos tres puntos de apoio esenciais: das asas e o chanzo.

- A porta de acceso poderase abrir e pechar facilmente. A forza necesaria para abrir a porta non debe ser superior a 150 N.

- A regulación do asento ten que funcionar en tódalas súas posicións, e permitir, en todo momento, unha visibilidade directa axeitada.

- O asento debe poder adaptarse ao peso do operador. - O asento atoparase en boas condicións (os asentos rotos ou aos

que lles falta parte do acolchado teñen que substituírse).

APARTADO 1.1.7 Posto de mando

A cabina da retroescavadora debe: - estar correctamente insonorizada, - non presentar cristais rotos, - protexer ao operador de vapores, radiacións, etc., - dispor de asento ergonómico, calefacción e aire acondicionado, e

sistema de ventilación.

APARTADO 1.1.8 Asento

- A distancia entre o asento e os órganos de accionamento poderanse adaptar ao operador.

- O asento debe dispor dun sistema de amortiguación de vibracións. - O asento ten que vir provisto de cinto de seguridade.

Page 16: Manual de Formación para a Acreditación de …emprego.ceei.xunta.gal/export/sites/default/Biblioteca/Documentos/... · Carga sobre camión. ... Check-list: .....43 4.3. Mantemento

Manual de Formación para a Acreditación de Operadores de Maquinaria de Movemento de Terras

Página 16 de 48

APARTADO 1.2 SISTEMAS DE MANDO

APARTADO 1.2.1 Seguridade e fiabilidade dos sistemas de mando

- Os sistemas de mando tanto do chasis, coma do brazo da escavadora, deben estar en boas condicións. Estes sistemas resistirán os esforzos realizados e as influencias externas.

- A panca de bloqueo que impide que calquera outro mando se accione, voluntaria ou accidentalmente, ten que funcionar correctamente.

- Desta maneira, os dispositivos de bloqueo de pala, de pluma e de oscilación deben funcionar correctamente.

APARTADO 1.2.2 Órganos de accionamento

- Os órganos de accionamento teñen que ser claramente visibles e estar identificados.

- A dirección de movemento de pancas e de pedais de desprazamento debe coincidir coa que desexe ordenar o operador.

APARTADO 1.2.3 Posta en marcha

- A posta en marcha so se poderá facer de forma voluntaria e sobre un órgano identificado a tal efecto con un pictograma claro. Da mesma maneira, isto debe ocorrer tras unha parada, de maneira que se impida a posta en marcha involuntaria.

- A retroescavadora tense que arrancar por medio da chave de arranque, e efectuando varios pasos.

APARTADO 1.2.4 Parada

- A retroescavadora debe dispor dun interruptor de parada do motor para o caso no que este non pare ao xirar a chave de acendido á posición “OFF”.

APARTADO 1.2.6 Fallo da alimentación da enerxía

- O brazo da retroescavadora manterase na súa posición no caso de fallo da alimentación de enerxía.

APARTADO 1.3 MEDIDAS DE PROTECCION CONTRA PERIGOS MECANICOS

APARTADO 1.3.1 Risco de perda de estabilidade

- Os mecanismos de bloqueo teñen que funcionar correctamente. Neste sentido, na máquina deben vir indicados os medios e protocolo de desbloqueo da mesma.

- Os estabilizadores hidráulicos deben funcionar correctamente.

APARTADO 1.3.2 Risco de rotura en servizo

- O manual de instrucións debe indicar os tipos e a frecuencia das inspeccións e mantementos que son precisos para garantir a seguridade do equipo. No seu caso, detallaranse as pezas que se poden desgastar, así coma os criterios para a súa substitución.

APARTADO 1.3.3 Caída e proxección de obxectos

- A estrutura de protección anti-impacto FOPS da cabina da retroescavadora débese atopar en boas condicións.

APARTADO 1.3.4 Riscos debidos a superficies, arestas ou ángulos

- As partes accesibles da máquina non deben presentar, na medida que permita a súa función, nin arestas, nin ángulos pronunciados, nin superficies rugosas que poidan producir lesións.

APARTADO 1.3.9 Riscos debidos a movementos incontrolados

- O brazo estará provisto de medios de bloqueo manual co obxecto de garantir a seguridade durante a realización dos traballos de mantemento.

Page 17: Manual de Formación para a Acreditación de …emprego.ceei.xunta.gal/export/sites/default/Biblioteca/Documentos/... · Carga sobre camión. ... Check-list: .....43 4.3. Mantemento

Manual de Formación para a Acreditación de Operadores de Maquinaria de Movemento de Terras

Página 17 de 48

APARTADO 1.4 CARACTERISTICAS QUE DEBEN REUNIR OS RESGARDOS E OS DISPOSITIVOS DE PROTECCION

APARTADO 1.4.1 Requisitos xerais

- Os resgardos e os dispositivos de protección non teñen que poder ser burlados ou anulados con facilidade.

APARTADO 1.4.2 Requisitos específicos dos resgardos: fixos, móbiles con dispositivo de enclavamento, regulables

- Os resgardos das partes móbiles do motor deben ser accesibles so mediante unha acción voluntaria. Esta acción estará sinalizada con pictogramas claros (tales como por exemplo: ”Pare o motor antes de abrir o capó”, etc.).

- Dado que para acceder ao motor hai que abrir o capó, ten que ser preciso desbloquear este mediante un dispositivo (botón, panca, etc.).

- Para abrir a cuberta lateral será preciso xirar a chave. Esta debe contar con un soporte para fixala.

- Esta mesma última operación ten que ser precisa para abrir a cuberta de mantemento.

APARTADO 1.5 RISCOS DEBIDOS A OUTROS PERIGOS

APARTADO 1.5.1 Enerxía eléctrica

- Levarase a cabo un mantemento axeitado do sistema eléctrico da retroescavadora co obxecto de evitar calquera posible risco de orixe eléctrico.

APARTADO 1.5.3 Enerxías distintas da eléctrica

- Levarase a cabo un mantemento axeitado do equipo co obxecto de evitar calquera posible risco ligado á fonte de enerxía utilizada.

APARTADO 1.5.5 Temperaturas extremas

- As pezas que se manteñen quentes, mesmo despois de apagar o motor, deben estar protexidas por tapas. Desta maneira, existirá un pictograma que avise do risco de queimaduras por contacto con ditas partes.

APARTADO 1.5.6 Incendio

- Tense que levar a cabo un mantemento axeitado da retroescavadora, que evite calquera risco de incendio ou de sobrequentamento provocado pola máquina en sí ou polos gases, líquidos, pos, vapores e demais sustancias producidas ou utilizadas pola máquina.

APARTADO 1.5.7 Explosión

- Débese levar a cabo un mantemento axeitado da retroescavadora, que evite calquera risco de explosión provocado pola propia máquina ou polos gases, líquidos e demais substancias producidas ou utilizadas pola máquina.

Page 18: Manual de Formación para a Acreditación de …emprego.ceei.xunta.gal/export/sites/default/Biblioteca/Documentos/... · Carga sobre camión. ... Check-list: .....43 4.3. Mantemento

Manual de Formación para a Acreditación de Operadores de Maquinaria de Movemento de Terras

Página 18 de 48

APARTADO 1.5.8 Ruído

- A cabina da retroescavadora estará insonorizada correctamente. - A retroescavadora debe contar con un pictograma que identifique o

ruído aéreo que produce (normalmente, arredor dos 100 dB), de forma que se poidan tomar as medidas oportunas ao efecto. Dito pictograma será visible.

APARTADO 1.5.9 Vibracións

- As vibracións derivadas do uso da retroescavadora deben estar indicadas no manual de instrucións.

APARTADO 1.5.13 Emisións de materiais e sustancias perigosas

- Os escapes do motor de explosión serán visibles. Polo tanto, este risco debe estar sinalizado mediante pictograma claro.

- O tubo de escape estará situado de maneira que o operador, na súa cabina, no se vexa afectado polas citadas emisións.

- Neste sentido, é preciso mencionar que as retroescavadoras (salvo as eléctricas) non están deseñadas para traballar en lugares cerrados ou pouco ventilados. Nestes casos, deberanse tomar medidas alternativas.

APARTADO 1.5.14 Risco de quedar encerrado nunha máquina

- As portas contarán con dispositivos de bloqueo para impedir movementos de apertura ou peche involuntarios.

- No caso de que o operador quede encerrado na cabina, a ventá dianteira tense que poder abrir de forma que a mesma se converta nunha saída de emerxencia. Esta ventá débese poder abrir facilmente. En caso contrario, disporase dun martelo de evacuación para a rotura de dita ventá.

APARTADO 1.5.15 Risco de esvarar, tropezar ou caer

- O chan da plataforma de traballo da máquina ten que ser antideslizante.

- A máquina debe dispor de asas para baixar e subir da mesma.

APARTADO 1.6 MANTEMENTO

APARTADO 1.6.1 Mantemento da máquina

- As operacións de mantemento, reparación, limpeza e as intervencións sobre a máquina débense poder efectuar con esta parada.

- As zonas de mantemento estarán protexidas mediante tapas. Neste sentido:

- Para acceder ao motor hai que abrir o capó. Para iso, ten que ser preciso desbloquear o capó mediante un dispositivo (botón, panca, etc.).

- Para abrir a cuberta lateral debe ser preciso xirar a chave. Esta última contará cun soporte para fixala.

- Ten que ser preciso realizar dita última operación para abrir a cuberta de mantemento.

- A retroescavadora debe dispor do correspondente documento no que se indique o momento (horas de utilización, etc.) no que se chamará ao técnico especialista para realizar o mantemento da mesma (cambio de filtros, aceite, etc.).

APARTADO 1.6.2 Acceso aos postos de traballo ou aos puntos de intervención

- Tense que poder chegar con total seguridade a tódalas zonas nas que se require intervir durante o seu funcionamento, regulamento e mantemento.

- No caso de que se deba traballar a máis de 2 m de altura, existirá un punto de ancoraxe ao que se poda enganchar o traballador por medio de un arnés de seguridade.

Page 19: Manual de Formación para a Acreditación de …emprego.ceei.xunta.gal/export/sites/default/Biblioteca/Documentos/... · Carga sobre camión. ... Check-list: .....43 4.3. Mantemento

Manual de Formación para a Acreditación de Operadores de Maquinaria de Movemento de Terras

Página 19 de 48

APARTADO 1.7 INFORMACIÓN

APARTADO 1.7.1 Informacións e advertencias sobre a máquina. APARTADO 1.7.2 Advertencia dos riscos residuais

- As informacións e advertencias sobre a máquina (tales como, por exemplo, zonas quentes, zonas de atrapamento, risco de caída en altura, mandos, etc.) téñense que indicar, preferentemente, en forma de pictogramas ou símbolos facilmente comprensibles.

APARTADO 1.7.3 Marcado das máquinas

- A placa identificativa da máquina debe levar marcadas, de forma visible, lexible e indeleble, as indicacións seguintes:

- A razón social e dirección completa do fabricante e, no seu caso, do seu representante autorizado.

- A designación da máquina. - O marcado CE. - A serie ou modelo. - O ano de fabricación.

APARTADO 1.7.4 Manual de instrucións

- A máquina disporá dun manual de instrucións, polo menos en castelán, xunto coa declaración CE de conformidade.

APARTADO 3 REQUISITOS ESENCIAIS COMPLEMENTARIOS DE SEGURIDADE E DE SAÚDE PARA NEUTRALIZAR OS PERIGOS DEBIDOS Á MOVILIDADE DAS MAQUINAS

APARTADO 3.2 POSTOS DE TRABALLO

APARTADO 3.2.1 Posto de condución

- Dende o posto de mando ten que existir unha visibilidade tal que permita ao condutor manipular a retroescavadora con total seguridade.

- Neste sentido, a máquina debe ir provista de retrovisores. APARTADO 3.2.2 Asentos VER APARTADO 1.1.8

APARTADO 3.3 SISTEMAS DE MANDO

APARTADO 3.3.1 Órganos de accionamento

- Tódolos órganos de accionamiento serán facilmente accesibles e estarán situados fora da zona de perigo.

- Os pedais teñen que ser antideslizantes. - Os mandos deben volver á súa posición neutra cando o operador os

solta, é dicir, serán de accionamento mantido. APARTADO 3.3.2 Posta en marcha /desprazamento

VER APARTADO 1.2.3

Page 20: Manual de Formación para a Acreditación de …emprego.ceei.xunta.gal/export/sites/default/Biblioteca/Documentos/... · Carga sobre camión. ... Check-list: .....43 4.3. Mantemento

Manual de Formación para a Acreditación de Operadores de Maquinaria de Movemento de Terras

Página 20 de 48

APARTADO 3.3.3 Función de desprazamento

- O condutor poderá desacelerar e deter a retroescavadora mediante un dispositivo principal.

- A máquina ten que dispor dun dispositivo de emerxencia, que permita frear e parar a máquina no caso de que falle o citado dispositivo principal ou se produza calquera outra emerxencia.

- Desta maneira, existirá un dispositivo de estacionamento que permita manter a máquina inmóbil cando sexa preciso.

- A panca de bloqueo debe activar o freo de estacionamento. - A máquina disporá dun dispositivo adicional que permita, no caso

de que esta se manexe sobre unha pendente o inclinación importante, bloquear a mesma con seguridade e, desta maneira, evitar movementos incontrolados.

APARTADO 3.3.5 Fallo do circuíto de mando

- No caso de que exista un fallo na alimentación da servodirección, este non debe impedir dirixir a retroescavadora durante o tempo necesario para detela.

APARTADO 3.4 MEDIDAS DE PROTECCIÓN CONTRA PERIGOS MECÁNICOS

APARTADO 3.4.1 Movementos non intencionados

VER APARTADOS 1.3.1 / 1.3.9

APARTADO 3.4.2 Elementos móbiles de transmisión

VER APARTADO 1.4.2

APARTADO 3.4.3 Risco de envorcar ou de dar voltas

- A estrutura con protección antienvorco ROPS da cabina da retroescavadora atoparase en boas condicións.

APARTADO 3.4.4 Caída de obxectos VER APARTADO 1.3.3

APARTADO 3.4.5 Medios de acceso VER APARTADO 1.1.6

APARTADO 3.4.6 Dispositivos de remolque VER APARTADO 1.1.5

APARTADO 3.5 MEDIDAS DE PROTECCIÓN CONTRA OUTROS PERIGOS

APARTADO 3.5.1 Batería de acumuladores

- O compartimento da batería estará protexido por unha reixa, de maneira que se impida a proxección do electrólito sobre o operador no caso de que a máquina envorque ou dea voltas, e se evite a acumulación de vapores nos lugares ocupados polos operadores.

- As tapas dos respiradoiros téñense que atopar ben apertadas.

APARTADO 3.5.2 Incendio

- A retroescavadora debe dispor de extintor nun espazo habilitado para iso, no caso de que a avaliación de riscos así o determine e as súas dimensións así o permitan.

- Dito extintor estará sinalizado co seu pictograma correspondente.

Page 21: Manual de Formación para a Acreditación de …emprego.ceei.xunta.gal/export/sites/default/Biblioteca/Documentos/... · Carga sobre camión. ... Check-list: .....43 4.3. Mantemento

Manual de Formación para a Acreditación de Operadores de Maquinaria de Movemento de Terras

Página 21 de 48

APARTADO 3.6 INFORMACION E INDICACIÓNS

APARTADO 3.6.1 Rótulos, sinais e advertencias

- A retroescavadora ten que dispor de: - Rótulos claramente visibles coas instrucións relativas á utilización,

regulamento e mantemento. - Avisador acústico de movemento. - Rotativo luminoso. - Luces.

APARTADO 3.6.2 Marcado

- A máquina debe levar, de forma visible, lexible e indeleble, as indicacións seguintes:

- A potencia nominal expresada en quilovatios (kW). - A masa en quilogramos (kg}, na configuración máis usual. - A carga máxima de utilización.

SINALIZACIÓN ESIXIBLE

O Real Decreto 485/1997, de 14 de abril, establece as disposicións mínimas en materia de sinalización de seguridade e saúde no traballo.

Neste Real Decreto se establécense as seguimentos definicións:

a) Sinalización de seguridade e saúde no traballo: unha sinalización que, referida a un obxecto, actividade ou situación determinadas, proporcione unha indicación ou unha obriga relativa á seguridade ou á saúde no traballo mediante unha sinal en forma de panel, unha cor, unha sinal luminosa ou acústica, unha comunicación verbal ou unha sinal xestual segundo proceda.

b) Sinal de prohibición: unha sinal que prohibe un comportamento susceptible de provocar un perigo.

c) Sinal de advertencia: unha sinal que advirte dun risco ou perigo. d) Sinal de obriga: unha sinal que obriga a un comportamento determinado. e) Sinal de salvamento ou socorro: unha sinal que proporciona indicacións relativas ás saídas. f) Sinal indicativa: unha sinal que proporciona outras informacións distintas das previstas nos

parágrafos b) a e). g) Sinal en forma de panel: unha sinal que, pola combinación dunha forma xeométrica de cores e

dun símbolo ou pictograma, proporciona unha determinada información, cuxa visibilidade está asegurada por unha iluminación de suficiente intensidade.

h) Sinal adicional: unha sinal utilizada xunto a outra sinal das contempladas no parágrafo g) e que facilita informacións complementarias.

i) Cor de seguridade: unha cor á que se atribúe unha significación determinada en relación coa seguridade e saúde no traballo.

j) Símbolo ou pictograma: unha imaxe que describe unha situación ou obriga a un comportamento determinado, utilizada sobre unha sinal en forma de panel ou sobre unha superficie luminosa.

k) Sinal luminosa: unha serial emitida por medio dun dispositivo formado por materiais transparentes ou translucidos, iluminados dende atrás ou dende o interior de tal maneira que apareza por si mesma como unha superficie luminosa.

l) Sinal acústica: unha sinal sonora codificada, emitida e difundida por medio dun dispositivo axeitado, sen intervención de voz humana ou sintética.

Page 22: Manual de Formación para a Acreditación de …emprego.ceei.xunta.gal/export/sites/default/Biblioteca/Documentos/... · Carga sobre camión. ... Check-list: .....43 4.3. Mantemento

Manual de Formación para a Acreditación de Operadores de Maquinaria de Movemento de Terras

Página 22 de 48

m) Comunicación verbal: unha mensaxe verbal predeterminada, no que se utiliza voz humana ou sintética.

n) Sinal xestual: un movemento ou disposición dos brazos ou das mans en forma codificada para guiar ás persoas que están realizando manobras que constitúan un risco ou perigo para os traballadores.

Sobre elas nos seus anexos concreta as condicións e tipifica os tipos de sinais básicos que se deben empregar.

Tamén teremos en conta que a maquinaria debe dispor da seguinte sinalización:

Placa de identificación. Sinais de perigo (atrapamento, etc.). Sinais de advertencia. Marcado CE.

1.4. OBSERVACIÓN DA SEGURIDADE NO TRABALLO (OST).

CONDUCCIÓNS

Nos traballos de movemento de terras un dos primeiros aspectos preventivos aos que debemos atender depende do entorno e deriva da capacidade destes traballos de interferir cos tendidos de canalizacións e servizos existentes.

Destas, en canto a súa capacidade de xerar risco, quizais as principais sexan as conducións eléctricas tanto aéreas como enterradas.

En relación a elas podemos establecer as seguintes recomendacións ou consideracións preventivas:

1) Definición en planos de proxecto. no proxecto de construción deberán estar incluídos tanto a identificación e localización de tódolos servizos afectados pola futura obra coma os planos de situación dos mesmos identificando as profundidades e alturas ás que se atopan.

2) Retirada e reposición priorizada dos servizos e conducións que poidan afectar á seguridade da obra. Xa durante a elaboración do proxecto, débense analizar de maneira específica os traballos a executar nas proximidades dos servizos existentes para, en caso de que estes se vexan afectados polos mesmos, se planifique e posibilite a súa retirada temporal ou colocación previa. Nos casos en que sexa inviable ou se a afección é mínima poderase optar por unha sinalización, balizamento e protección suficientes.

3) Estudiar as afeccións tendo en conta a fase de realización da obra. Aínda que das dimensións da obra prevista e a posición de ditas conducións non se desprenda directamente unha interferencia necesaria, sí que debemos ter en conta os movementos que desenvolverán as máquinas durante a fase de execución pois os seus traxectos, radios de acción ou dimensións poden acadar zonas distintas das previstas no estado final da obra acabada.

CIRCULACIÓN INTERNA DA OBRA

As rutas de circulación de peóns e vehículos dentro da obra deben estar perfectamente definidas, planificadas e sinalizadas. Terase en conta na planificación que os radios de acción de diferentes máquinas non se interfiran ou os riscos que os traballos poidan xerar sobre outras máquinas ou peóns situados ao mesmo ou diferente nivel.

Page 23: Manual de Formación para a Acreditación de …emprego.ceei.xunta.gal/export/sites/default/Biblioteca/Documentos/... · Carga sobre camión. ... Check-list: .....43 4.3. Mantemento

Manual de Formación para a Acreditación de Operadores de Maquinaria de Movemento de Terras

Página 23 de 48

Outras recomendacións relativas a este aspecto serían:

1) Diferenciar os camiños ou vías destinados a maquinaria dos destinados aos traballadores que se desprazan a pé. Ademais as dimensións destas vías deben estar sobredimensionadas e contar con ancho suficiente para o cruce de dous vehículos, e en todo caso encontrarse perfectamente sinalizadas e balizadas.

2) Indumentaria de alta visibilidade. Será empregada por tódolos traballadores que deban compartir espazo coas máquinas para que poidan ser máis facilmente percibidos por parte dos maquinistas.

3) Sinalistas de maniobras. Cando sexan necesarios colocaranse en zonas que non afecten á zona de traballo das máquinas, especialmente se hai varias traballando en zonas contiguas.

4) Condicións de traballo. Respectaranse os límites das condicións de traballo definidas nas especificacións técnicas de cada máquina (pendentes máximas de traballo, cota mínima de escavación referida ao plano de traballo,…)

5) Dos puntos anteriores dedúcese que as vías de circulación deberán ter como pendente máxima a que corresponda á máquina máis restritiva que circule por ela, e ademais axeitaranse á natureza e estado do terreo.

6) Rego con auga. Pode ser empregado para a necesaria redución dea formación de po que carrexa un risco de inhalación por parte dos traballadores e pode ademais producir unha redución da visibilidade.

7) Sinalización tráfico externo. Terase en conta que ás veces o desenvolvemento da obra compatibilizarase co tráfico rodado externo. Por isto é de fundamental importancia unha correcta sinalización das vías afectadas así como a protección da propia obra co fin de controlar os riscos que o tráfico externo pode xerar sobre os traballadores da obra.

8) Terrapléns. É frecuente que ademais de zona de traballo se constitúan nunha zona de circulación interna polo que se deben balizar os seus bordes en cada tongada para impedir a circulación ou estacionamento de vehículos nas proximidades do mesmo.

1.5. INTERPRETACIÓN DE MANUAIS, MANUAIS DO FABRICANTE, ORDES DE TRABALLO E MARCADO CE.

Realizar o mantemento da máquina axeitadamente realizando as verificacións periódicas dos seus sistemas segundo indica o fabricante, non só é esencial para a súa conservación e funcionamento durante un período prolongado de tempo senón que tamén forma parte (xunto coa formación apropiada do operario e a observación de procedementos seguros de traballo) da base necesaria para reducir gran parte dos riscos asociados e incluso evitalos.

MANUAL DE INSTRUCIÓNS

Xa falamos del cando falamos da documentación da máquina pero a modo de recordatorio indicaremos:

Conterá información suficiente para que a máquina poida ser utilizada con seguridade durante todas as fases da súa vida, dende o seu transporte ata o seu desguace. En todo caso instrucións para efectuar sen risco:

• a posta en servizo • a utilización, • a manutención, coa indicación da masa da máquina e os seus diversos elementos

cando, de forma regular, deban transportarse por separado, • a instalación,

Page 24: Manual de Formación para a Acreditación de …emprego.ceei.xunta.gal/export/sites/default/Biblioteca/Documentos/... · Carga sobre camión. ... Check-list: .....43 4.3. Mantemento

Manual de Formación para a Acreditación de Operadores de Maquinaria de Movemento de Terras

Página 24 de 48

• a montaxe, a desmontaxe, • a regraxe, • o mantemento (conservación e reparación).

Sempre deberemos dispor do manual orixinal, editado no idioma do país que comercialice a máquina. En calquera caso o empresario debe recadar un manual na lingua do país de uso.

Cada máquina deberá ter o seu. O manual deberá incluír como mínimo:

• O recordatorio das indicacións establecidas para o marcado, completadas, no seu caso, polas indicacións que permitan facilitar o mantemento (por exemplo, dirección do importador, dos reparadores, etc.)

• As condicións previstas de utilización. • O ou os postos de traballo que poidan ocupar os operadores. • As instrucións antes mencionadas.

As características das ferramentas, implementos ou accesorios que poida portar. Si é preciso, instrucións de aprendizaxe.

ORDEN DE TRABALLO

Instrución detallada e escrita que define o traballo que se debe realizar. É moi importante nun sistema de xestión de seguridade e saúde no traballo, sobre todo si se trata de actividades de medio ou alto risco.

O usual é que cada empresa utilice o seu propio modelo, pero en xeral considerarase:

As ordes de traballo seguirán a programación establecida. Débense engadir os datos e información precisa sobre a natureza do traballo, riscos, perigos,

medidas a adoptar, permisos especiais e instrucións sobre como realizar o traballo. Describiranse tódalas actividades que se realizarán co equipo en cuestión. Débese actualizar se se detecta algún novo risco o perigo.

A súa razón de ser reside no establecemento de instrucións operativas ou procedementos de traballo seguro aos maquinistas facilitándolles toda a información necesaria.

Non só deben contemplar o traballo dende o punto de vista do maquinista senón que se debe reflectir a súa influencia en toda a obra e sobre a seguridade do resto de traballadores. Buscará garantir un entorno de traballo axeitado, o correcto adestramento dos traballadores implicados e unha correcta organización dos medios, o espazo e o desenvolvemento dos traballos en xeral.

Por exemplo para o uso de maquinaria móbil nunha obra, definirá a presenza dun sinalista habilitado, formado e correctamente equipado, no acceso desta á obra para facilitar a súa entrada e saída.

MARCADO CE

Mediante o marcado CE indícase que un produto é conforme con tódalas disposicións das directivas que lle son de aplicación e que o fabricante garante que tomou tódalas medidas oportunas para garantir o cumprimento das mesmas e que o produto cumpre cos requisitos esenciais das directivas de aplicación.

Este marcado concrétase nunha etiqueta ou placa na que de forma indeleble, visible e lexible ademais do logotipo que simboliza o marcado incluiranse como mínimo unha serie de indicacións:

Ilustración 2 Logotipo do marcado CE

Page 25: Manual de Formación para a Acreditación de …emprego.ceei.xunta.gal/export/sites/default/Biblioteca/Documentos/... · Carga sobre camión. ... Check-list: .....43 4.3. Mantemento

Manual de Formación para a Acreditación de Operadores de Maquinaria de Movemento de Terras

Página 25 de 48

1) A razón social e a dirección completa do fabricante e, no seu caso, do seu representante autorizado.

2) A designación da máquina. 3) O marcado CE deberá colocarse xunta ao nome do fabricante ou o seu representante

autorizado mediante a mesma técnica. 4) A designación da serie ou do modelo. 5) O número de serie, si existira. 6) O ano de fabricación, é dicir, o ano no que finaliza o proceso de fabricación.

DECLARACIÓN CE DE CONFORMIDADE

Xunto co marcado CE, a declaración CE de conformidade, debe constituír unha garantía da conformidade intrínseca dunha máquina. Son os signos externos do procedemento de certificación da conformidade cos requisitos esenciais. Tódalas máquinas deben ir acompañadas da declaración CE de conformidade ou da declaración de incorporación no caso das cuasi-máquinas, que o fabricante, ou o seu representante, debe elaborar.

De acordo coa Directiva 2006/42/CE1 do Parlamento Europeo e do Consello, de 17 de maio de 2006, relativa ás máquinas, debe conter como mínimo:

1) razón social e dirección completa do fabricante e, no seu caso, do seu representante autorizado;

2) nome e dirección da persoa facultada para elaborar o expediente técnico, quen deberá estar establecida na Comunidade;

3) descrición e identificación da máquina incluíndo denominación xenérica, función, modelo, tipo, número de serie e denominación comercial;

4) un parágrafo que indique expresamente que a máquina cumpre tódalas disposicións aplicables da presente Directiva e, cando proceda, un parágrafo similar para declarar que a máquina é conforme con outras directivas comunitarias e/ou disposicións pertinentes. Estas referencias deberán ser as do texto publicado no Diario Oficial da Unión Europea;

5) no seu caso, nome, dirección e número de identificación do organismo notificado que levou a cabo o exame CE de tipo a que se refire o anexo IX, e número do certificado de exame CE de tipo;

6) no seu caso, nome, dirección e número de identificación do organismo notificado que aprobou o sistema de aseguramento de calidade total ao que se refire o anexo X;

7) no seu caso, referencia ás normas armonizadas mencionadas no Artigo 7, apartado 2, que se utilizaran;

8) no seu caso, a referencia a outras normas e especificacións técnicas que se utilizaran; 9) lugar e data da declaración; 10) identificación e sinatura da persoa apoderada para redactar esta declaración en nome do

fabricante ou do seu representante autorizado.

Page 26: Manual de Formación para a Acreditación de …emprego.ceei.xunta.gal/export/sites/default/Biblioteca/Documentos/... · Carga sobre camión. ... Check-list: .....43 4.3. Mantemento

Manual de Formación para a Acreditación de Operadores de Maquinaria de Movemento de Terras

Página 26 de 48

U.D.2. TRABALLOS CON RETROESCAVADORA

HISTORIA

A historia das retroescavadoras comeza coa “draga de pala” unha máquina extremadamente grande coa capacidade de escavar solo e rocha dura e logo cargar o material extraído en carros. Inventouse a mediados do século XIX e o seu uso reducíase a minas e grandes proxectos de escavación.

A mediados do século XX o desenvolvemento residencial e o auxe da construción estimulou a creación dunha máquina máis pequena que se puidese empregar en espazos máis reducidos, supoñendo o nacemento da retroescavadora.

O seguinte paso deuno en 1957 o enxeñeiro norteamericano Elton Long que aumentou a versatilidade da máquina montando unha pala cargadora no outro extremo da máquina creando o que coñecemos hoxe como retroescavadora mixta.

DEFINICIÓN

Segundo a UNE-EN 474-5 unha retroescavadora é unha máquina autopropulsada sobre rodas, cadeas ou apoios cunha estrutura superior capaz de efectuar unha rotación de 360º que escava, carga, eleva, xira e descarga materiais pola acción du cazo fixado a un conxunto de pluma e balancín ou brazo, sen movemento do chasis portante.

O brazo adoita dispoñer dun acoplamento rápido que permite o intercambio de accesorios (cazos, martelos rompedores, pinzas, etc.)

Unha retroescavadora mixta está composta das seguintes partes básicas:

1) Un TRACTOR especialmente configurado que serve de vehículo e de elemento de apoio ás ferramentas de traballo. Este tractor está contrapesado (contando tamén coa colaboración do motor) cuxa función é equilibrar os grandes momentos xerados, durante a operación, pola carga, os cales tenden a desestabilizar a máquina.

2) AS FERRAMENTAS DE TRABALLO montadas nos dous extremos do tractor: unha retroescavadora e unha pala cargadora. a) A RETROESCAVADORA consta das seguintes partes:

Pluma. É un elemento acodado de sección variable e articulado. Brazo. É un elemento, tamén de sección variable, articulado na punta da pluma nun dos seus

extremos e no outro articúlase o cazo. Panca de descarga. É un elemento onde se articula o cilindro co cazo e que serve para facelo

xirar, co cal acádase o seu enchido ou baleirado. Cilindros de elevación. (cilindro da pluma) Son dous cilindros hidráulicos apoiados no tractor

con conexión no cóbado da pluma e os cales serven para elevar ou baixar a mesma.

Ilustración 3 Partes fundamentais dunha retroescavadora mixta

Page 27: Manual de Formación para a Acreditación de …emprego.ceei.xunta.gal/export/sites/default/Biblioteca/Documentos/... · Carga sobre camión. ... Check-list: .....43 4.3. Mantemento

Manual de Formación para a Acreditación de Operadores de Maquinaria de Movemento de Terras

Página 27 de 48

Cilindro do brazo. É un cilindro hidráulico apoiado na pluma e conectado no extremo anterior do brazo. Serve para controlar os movementos do brazo.

Cilindro de descarga. (cilindro do cazo) É un cilindro hidráulico apoiado no brazo e conectado no vértice da panca de descarga. É o cilindro encargado de controlar os movementos do cazo.

Cazo. É o recipiente no cal se deposita o material escavado. Está provisto de dentes no seu borde para facilitar o arranque dos materiais.

Sistema hidráulico. É o conxunto de circuítos hidráulicos que controlan o movemento de tódolos cilindros antes descritos.

b) De modo similar a PALA CARGADORA consta das seguintes partes: Brazo elevador. É un elemento acodado de sección variable e articulado no tractor nun dos

seus extremos e no outro articúlase o cazo. Panca de descarga. É un elemento onde se articula o cilindro coa pala e que serve para facela

xirar, acadando así o seu enchido ou baleirado. Cilindros de elevación. Son dous cilindros hidráulicos apoiados no tractor con conexión no

cóbado do brazo elevador que serven para elevar ou baixar o brazo. Cilindro de descarga. (cilindro da pala) Son dous cilindros hidráulicos apoiados no tractor e

conectados nos vértices das pancas de descarga. Son os encargados de controlar os movementos da pala.

Pala cargadora. É o recipiente co cal se recolle o material para a súa carga ou traslado. Está provisto de dentes no seu borde para facilitar o arranque dos materiais.

Sistema hidráulico. É o conxunto de circuítos hidráulicos que controlan o movemento de tódolos cilindros antes descritos.

Ilustración 4 Partes principais das Ferramentas de Traballo dunha Retroescavadora mixta

Page 28: Manual de Formación para a Acreditación de …emprego.ceei.xunta.gal/export/sites/default/Biblioteca/Documentos/... · Carga sobre camión. ... Check-list: .....43 4.3. Mantemento

Manual de Formación para a Acreditación de Operadores de Maquinaria de Movemento de Terras

Página 28 de 48

2.1. USO DA MÁQUINA.

O uso habitual da retroescavadora mixta é o de realizar obras de movemento de terras a un nivel inferior ao plano de apoio ou un pouco superior a este, por medio do uso da retroescavadora e o de cargar, trasladar ou mover terras por medio do uso da pala cargadora.

O punto forte desta máquina é a versatilidade nas obras de construción no que se refire a movemento, carga e traslado de terras.

É moi utilizada para abrir sucos, gabias, caixas para o asento de cimentacións superficiais, creación de costas de terra, e movementos de terra a pequena e media escala.

USO IMPROPIO

É unha máquina deseñada para o movemento de terra, tratamento de áridos e escavación. Existen implementos e accesorios que a dotan doutras funcionalidades pero non está deseñada para golpear ou elevar cargas, polo que non se debe empregar como grúa ou como ferramenta en demolicións máis alá das indicacións e o modo de uso que determine o fabricante.

2.2. REVISIÓN ANTES DO ARRANQUE DO MOTOR.

Nunca se deben facer reaxustes da máquina co motor en marcha.

Comprobar o estado dos dispositivos de freado, pneumáticos, batería, etc. Cada día antes de acender o motor débese comprobar ou realizar a limpeza das ventás, axustar

o retrovisor e comprobar a limpeza e funcionamento das lámpadas dianteiras e de traballo. Verificar os niveis de aceite motor, aceite tanque hidráulico, líquido refrixerante, combustible;

revisar motor de xiro, filtro de aire, tensión das correas, estado das mangueiras, eirugas, cazo, dentes do cazo e comprobar a ausencia de fugas.

Periodicamente comprobaranse os puntos de escape do motor para verificar que os gases de combustión non poden chegar á cabina.

Verificar que non exista ningún obxecto que interfira no funcionamento do motor ou nos movementos do equipo. Axustar o asento a unha posición óptima para os traballos que se vaian executar, xa sexa coa pala ou a retroescavadora. Verificar o estado do cinto de seguridade e comprobar que os instrumentos funcionen correctamente.

Comprobar a panca de bloqueo do sistema hidráulico. Inspeccionar e comprobar o ambiente ou zona de traballo incluíndo persoas, obstáculos, outras

máquinas operando, camiños, etc.

2.3. OPERACIÓN E REVISIÓN DESPOIS DO ARRANQUE DO MOTOR.

IMPORTANTE: “Durante a inspección, debemos mover a máquina a unha zona despexada sen obstáculos e probar o seu funcionamento. Non se debe permitir que haxa persoas preto da máquina”.

Nunca se levantará, en quente, a tapa do radiador. Os gases desprendidos poden provocar queimaduras.

Protexerémonos con luvas e lentes de protección, especialmente se por algunha causa temos o risco de tocar líquido anticorrosivo, como pode ser na batería.

Se necesitamos manipular o sistema eléctrico, por algunha causa, desconectaremos o motor e quitaremos a chave de contacto.

Page 29: Manual de Formación para a Acreditación de …emprego.ceei.xunta.gal/export/sites/default/Biblioteca/Documentos/... · Carga sobre camión. ... Check-list: .....43 4.3. Mantemento

Manual de Formación para a Acreditación de Operadores de Maquinaria de Movemento de Terras

Página 29 de 48

Antes de nada aseguraremos a zona de traballo visualmente. Ao acender o motor, manteremos en funcionamento o motor a unha baixa velocidade sen

aceleralo, revisaremos a presión do aceite, a corrente de carga, a temperatura do líquido refrixerante, o nivel de combustible e o funcionamento de as luces.

Buscaremos a presenza de fugas de aceite, refrixerante ou combustible no equipo ou escoitaremos por se se producen ruídos anormais ou non frecuentes.

Aconséllase manter o motor do equipo en ralentí (revolucións mínimas máximo durante 5 minutos) para que acade o seu réxime de temperatura de traballo.

Probar o sistema hidráulico, mediante a operación das pancas de mando e verificar a apertura/peche do cazo, xiro da máquina e movemento do brazo mecánico.

Os líquidos da batería desprenden gases inflamables. Debemos usar luvas axeitadas e non fumar nunca ao manipulala.

Comprobar que tódolos indicadores ofrecen lecturas axeitadas. Faga funcionar tódolos controis, comprobe que funcionan adecuadamente. Comprobaremos o control de velocidade do motor. Revisaremos os indicadores luminosos e

tódolos sistemas de aviso e seguridade. Rexistraremos tódolos defectos de seguridade detectados para a súa inmediata corrección.

2.4. RECOÑECEMENTO DE INSTRUMENTOS DA MÁQUINA.

Verificaremos que os accesorios están en bo estado e que as suxeicións se atopan seguras. Ademais como criterio básico observaremos tanto durante as comprobacións como na operación normal da máquina os seguintes principios:

Nunca poremos en marcha ou manexaremos a escavadora dende un lugar que non sexa o correspondente ao operador. Manexalo dende calquera outra posición, como alargar o brazo dende unha porta ou ventá constitúe un perigo serio.

Nunca permitiremos a ninguén que suba ao equipo de carga, é algo extremadamente perigoso. Antes de utilizar os accesorios ou ferramentas da máquina asegurarémonos que o accesorio ou

a carga non van tropezar con ningún obstáculo ao elevalo ou xiralo. Non xiraremos, elevaremos ou frearemos con velocidade innecesaria, polo risco de producir accidentes.

Para iso asegurarémonos de que a zona está despexada antes de mover ou virar en calquera dirección.

Nunca moveremos ou deteremos o accesorio ou a carga sobre o persoal de terra ou a cabina dun camión.

2.5. VERIFICAR A DISPOSICIÓN DOS ACCESORIOS DE ACORDO ÁS ACTIVIDADES A DESENVOLVER.

Vista a orde de traballo e interpretadas as operacións que debemos facer e en qué condicións, debemos seleccionar o accesorio que debemos utilizar segundo a operación concreta e a máquina que vamos a empregar.

En canto ás ferramentas principais ademais de seleccionar o accesorio debemos verificar a súa disposición e aseguramento:

Para tarefas de escavación e gabia, seleccionaremos o brazo ou a pluma de acordo ao tipo de actividade a realizar.

Para tarefas de carga, selecciónase o cazo de acordo ao tipo de actividade concreta a realizar.

Page 30: Manual de Formación para a Acreditación de …emprego.ceei.xunta.gal/export/sites/default/Biblioteca/Documentos/... · Carga sobre camión. ... Check-list: .....43 4.3. Mantemento

Manual de Formación para a Acreditación de Operadores de Maquinaria de Movemento de Terras

Página 30 de 48

En tarefas de acopio e limpeza, selecciónase a pala cargadora conforme ao tipo de operacións a realizar.

Por outra parte debemos comprobar que os accesorios:

Foron verificados e cumpren as condicións para ser utilizados na tarefa encomendada. Que foron correctamente seleccionados e que a tarefa que debemos facer corresponde ao uso

previsto. Que se atopan correctamente dispostos para a súa utilización segura.

Ademais é necesario que o operario teña coñecemento de aspectos xerais da totalidade da obra:

Aplicación de normas de prevención e protección contra incendios e evacuación de persoas. Aplicación de normas de seguridade, hixiene e medio ambiente referidas aos procesos de

traballo e no uso do equipamento propio da ocupación. Normativa intervinte nas actividades de operación de maquinaria vial. Sinalización. Características da organización na que desempeña o seu traballo. Características e alcances xerais da súa ocupación.

2.6. TÉCNICAS BÁSICAS DE OPERACIÓN DA MAQUINARIA PESADA, UBICACIÓN, DESPRAZAMENTO E PECHE SEGURO DA OPERACIÓN.

Antes de realizar un desprazamento, levante as ferramentas do chan e colóqueas en posición de desprazamento.

Ademais verifique os a redores, incluíndo a persoas, obstáculos, etc. antes de iniciar o desprazamento da escavadora.

Toque a bucina para avisar que a maquina se pon en marcha. Mantéñase sempre sentado mentres opera a escavadora, ademais asegúrese de ter o cinto de

seguridade posto. Onde haxa risco de ser golpeado por obxectos, asegúrese de que as portas e ventás se

manteñan pechadas. Cando a máquina realice xiros, ter especial atención de non golpear con obxectos ou persoas.

Se é necesario coloque a unha persoa para que sinale e dea aviso das manobras a realizar. É necesario que o operador evite calquera obstáculo durante o desprazamento da escavadora.

Debe asegurarse de que garda unha distancia de seguridade suficiente respecto ás persoas, aos edificios ou a outras máquinas para evitar chocalos.

Si se ten que desprazar nunha zona na que existan obstáculos, os dispositivos de traballo deben estar o máis retirados do chan posible e manter pouca velocidade. Non se desprace sobre obstáculos que poidan provocar que a máquina se incline violentamente dun lado a outro.

Se o terreo é desigual e irregular, débese manter pouca velocidade. Non cambie a dirección bruscamente pois hai risco de envorque. Os dispositivos de traballo poden golpear a terra e desequilibrar a máquina xerando un accidente ou danos ao equipo.

Ao cruzar pontes, ou circular sobre estruturas ou edificios, en primeiro lugar, débese comprobar que estes poden soportar o peso da máquina, para evitar que cedan e se produza un accidente.

Durante o paso por un túnel, debaixo dunha ponte, arames e outros lugares con altura limitada, débese realizar un desprazamento lento prestando atención especial para evitar que os dispositivos de traballo golpeen algún obxecto.

Page 31: Manual de Formación para a Acreditación de …emprego.ceei.xunta.gal/export/sites/default/Biblioteca/Documentos/... · Carga sobre camión. ... Check-list: .....43 4.3. Mantemento

Manual de Formación para a Acreditación de Operadores de Maquinaria de Movemento de Terras

Página 31 de 48

Non circule coa escavadora cerca de redes de sumidoiros ou zonas de pavimento débil porque o peso da máquina pode facer que ditos sistemas cedan.

Nunca transporte persoas nin no cazo, nin na máquina coa excepción de aqueles casos nos que este previsto no deseño da máquina, mentres esta se este trasladando xa que pode xerar un accidente.

O operador debe coñecer e respectar as sinais e normativa de tráfico, especialmente se traballa cerca de vías públicas ou se debe circular aínda que sexa ocasionalmente por elas.

Non realice operacións de demolición por enriba da máquina xa que corre o risco de lesión por caída de fragmentos.

Non realice operacións utilizando de forma inapropiada os dispositivos de traballo, xa que pode causar danos ao equipo, utilice as ferramentas e dispositivos axeitados para realizar as labores dependendo do tipo de tarefa.

Cando se estean realizando labores de transporte de material, nunca se debe pasar a carga por enriba de persoas, e lugares onde poida xerar accidente, debido á caída de fragmentos ou material dende o dispositivo empregado.

Estacione a máquina en terreo firme e plano, en lugares alonxados de risco como caída de rochas, terreos inestables ou con posibilidade de derrubamento e lugares baixos onde haxa a posibilidade de inundacións.

Baixe os dispositivos de traballo ao chan totalmente hasta tocar o chan. Empurre cara arriba a panca de bloqueo de seguridade do sistema hidráulico firmemente á posición de fixación.

Co sistema hidráulico bloqueado, apague o motor e poña a chave na posición específica e retírea do contacto. Logo peche tódalas ventás da cabina, póñalle o dispositivo de seguridade e verifique que quedasen bloqueadas.

2.7. GABIAS.

Son escavacións lineais, xeralmente estreitas moi empregadas no tendido ou renovación de instalacións, redes de distribución, drenaxes, etc.

A retroescavadora é unha máquina moi empregada para a súa escavación pois escollendo un ancho de cazo axeitado pode acometer estes traballos en condicións vantaxosas que se ven potenciadas pola capacidade de carrexar as terras sobrantes coa pala cargadora, no caso das mixtas.

O principal risco que carrexa a escavación de gabias é o de desplome das terras dentro da gabia escavada con risco de atrapamento dos traballadores.

Por iso dende un punto de vista xeral na obra as medidas preventivas máis importantes ao escavar gabias veñen dadas por minimizar este risco:

Realizar as escavacións cunha inclinación de talude axeitada ás características do terreo. Non debemos realizar ningunha modificación das determinacións que na orde de traballo nos deran respecto a ese talude, pois calquera modificación ten que vir aprobada pola dirección facultativa da obra.

Observar especial precaución con condicións adversas ou ao traballar cerca de gabias. Ante a aparición de auga debemos paralizar a escavación, a acción da auga pode derruír

facilmente os taludes polo que deberá ser achicada. Posicionaremos a escavadora a distancia suficiente e evitaremos cargar o terreo adxacente á

gabia coas terras escavadas ou outros acopios (como norma xeral unha distancia mínima de 2 m, aínda que en terreos de dureza media, esta distancia resulta recomendable que sexa

Page 32: Manual de Formación para a Acreditación de …emprego.ceei.xunta.gal/export/sites/default/Biblioteca/Documentos/... · Carga sobre camión. ... Check-list: .....43 4.3. Mantemento

Manual de Formación para a Acreditación de Operadores de Maquinaria de Movemento de Terras

Página 32 de 48

superior á metade da profundidade da gabia e en terreos soltos superior á profundidade da escavación)

Outra fonte de riscos en traballos de escavación provén da presenza de traballadores no radio de acción da máquina tanto nos seus desprazamentos como en situación de traballo. Por iso con carácter xeral:

Prohibirase a presenza de traballadores no radio de acción da máquina en movemento.

Ademais, como medidas alternativas ou complementarias débese:

Dispor de avisadores acústicos de marcha atrás. Establecer como sentido de marcha en avance obrigatorio ou de “marcha á vista”. Empregar sinais acústicas para indicar o inicio dunha manobra en retroceso. Presencia de sinalistas se as condicións o aconsellan. Ademais os traballadores deben vestir prendas de alta visibilidade.

2.8. BATACHES.

A escavación por bataches é un procedemento de escavación empregado en zonas de risco de desplome onde non se pode facer unha contención previa.

Consiste en realizar tramos non contiguos de escavación procedendo a construír en eles o elemento proxectado e esperar a que estes se consoliden para continuar coa elaboración de máis tramos ata completar. Por exemplo: a escavación dun talude para substituílo por un muro de contención, se usamos esta técnica seguiría un procedimiento similar ao seguinte: procederíase a retirar o talude en franxas de 4 metros deixando 8 metros de talude intacto entre escavacións, unha vez construídos os tramos de muros nas zonas escavadas escavaríanse outros tramos de 4 metros alternos ata completar o muro.

Dende o punto de vista da máquina os riscos e medidas preventivas son os mesmos que no caso das gabias coas lóxicas diferencias que existen cos traballos en bataches que se realizan dende o plano inferior.

2.9. CARGA SOBRE CAMIÓN.

En operacións de carga de camións debe establecerse unha comunicación fluída co condutor do camión para evitar situacións de risco.

O condutor do camión ao igual que calquera peón ou traballador debe situarse fora do radio de acción da máquina.

Durante a carga debemos asegurarnos que non impactamos con outros elementos ou co propio camión.

Debemos depositar a carga con precaución sobre o camión, asegurarnos de que esta non es excesiva e deixar o material uniformemente distribuído sobre a caixa do camión.

2.10. MOVEMENTO DE MATERIAL: ACOPIO E LIMPEZA.

Ademais dos movementos de terras e materiais sobrantes de escavación, as retroescavadoras poden ser empregadas para a organización e acopios de áridos en obra para isto se observarán ademais dos criterios e medidas aplicables mencionadas en apartados anteriores condicións xerales de acopio de materiais en obra.

Page 33: Manual de Formación para a Acreditación de …emprego.ceei.xunta.gal/export/sites/default/Biblioteca/Documentos/... · Carga sobre camión. ... Check-list: .....43 4.3. Mantemento

Manual de Formación para a Acreditación de Operadores de Maquinaria de Movemento de Terras

Página 33 de 48

Los materiais e ferramentas teñen nas obras lugares preestablecidos de almacenamento. Estes lugares se definen en planos con circulacións indicadas para as operacións de recollida e depósito de ditos materiais.

Las áreas afectadas deben ser adecuadas a as características dos materiais e deben manterse en orden para protexer a saúde dos traballadores. no ámbito de as retroescavadoras mixtas os materiais que poden manexar son os áridos, os acopios de terra procedente de escavación, especialmente as reservas de terra vexetal e, en casos, escombros e residuos seleccionados. Para os traballos de xestión e acopio destes materiais debemos observar un escrupuloso respecto da do imitación de as zonas de acopio, evitar a mezcla de diferentes materiais e manter os taludes nos rangos que se nos indiquen.

Verificaremos que o ancho e condicións dos accesos son axeitados. Comprobar que existen corredores axeitados entre materiais distintos que permitan a súa

manipulación e acceso en orde e seguridade. Nas operacións de retirada o depósito de materiais debemos observar unha orde de operacións

de modo que non se comprometa a estabilidade do acopio.

Page 34: Manual de Formación para a Acreditación de …emprego.ceei.xunta.gal/export/sites/default/Biblioteca/Documentos/... · Carga sobre camión. ... Check-list: .....43 4.3. Mantemento

Manual de Formación para a Acreditación de Operadores de Maquinaria de Movemento de Terras

Página 34 de 48

U.D.3. MOVEMENTOS DE TERRAS

3.1. ORGANIZAR AS ACTIVIDADES PROPIAS DE ACORDO Á OPERATIVIDADE DOS EQUIPOS E ACCESORIOS.

Para que este claro en que consiste o traballo que se nos encomenda débese establecer unha boa comunicación entre tódolos implicados: xefes de obra, encargados, capataces… e operadores, e debe ser áxil nos dous sentidos de modo que os traballadores poidan comunicar calquera anomalía que poida resultar nunha situación de risco, ou simplemente para garantir a boa marcha dos traballos.

As ordes deben ser claras e concretas e incluír tódolos datos pertinentes en canto á realización do traballo nun contexto seguro.

As operacións deben organizarse de acordo coas características de cada máquina e do modo en que éstas aproveiten ao máximo as súas capacidades escollendo no seu caso os accesorios oportunos.

Non accederemos a executar traballos que o fabricante desaconselle e que non correspondan ao modo indicado de uso da máquina, das súas ferramentas e accesorios. É de suma importancia coñecer os límites da nosa máquina e non sobrepasalos, (capacidade de carga, cota de traballo, tipos ou modos de operación admitidos, etc.)

3.2. ORGANIZACIÓN E DELIMITACIÓN DE ESPAZOS.

Dentro da obra prevíronse e sinalizáronse as zonas de traballo, de acopio e de circulación, adaptándoas á evolución da propia obra.

Dentro das nosas responsabilidades debemos comprobar estas circunstancias e respectar e manter estas delimitacións verificando a súa idoneidade antes de traballar ou desplazalos por elas.

Marcado das zonas de pasos para vehículos e peóns. Sinalización de interseccións. Sinalizar espazos seguros arredor das máquinas de escavación durante a súa operación. Estes

espazos veñen dados polo máximo alcance das máquinas e deben ser balizados e sinalizados en cada caso.

3.3. CARACTERÍSTICAS DO TERREO.

Ademais de ser necesario un técnico responsable ao fronte a calquera traballo de escavación débense coñecer unha serie de aspectos acerca do terreo e do lugar concreto onde se desenvolverá o traballo.

Características propias do terreo que inflúen no rendemento da máquina:

Densidade Cohesión Compacidade Talude natural, Capacidade portante,

Factores intrínsecos do terreo que inflúen en condicións de traballo ou na medición:

Nivel freático, Contido de humidade, Posibilidade de filtracións, Asentamentos,

Page 35: Manual de Formación para a Acreditación de …emprego.ceei.xunta.gal/export/sites/default/Biblioteca/Documentos/... · Carga sobre camión. ... Check-list: .....43 4.3. Mantemento

Manual de Formación para a Acreditación de Operadores de Maquinaria de Movemento de Terras

Página 35 de 48

Estratificacións, Alteracións previas do terreo, etc.),

Factores externos que poden condicionar o modo en qué se fai a escavación, ou incluso a súa paralización:

Proximidade de edificacións e características de sus cimentacións, e Existencia de fontes de vibracións, (estradas, fábricas, etc.) Existencia de instalacións de auga, gas, electricidade ou redes de sumidoiros. Tendidos aéreos. Clima.

Tódalas condicións que se superporán ás propias da escavación e que indicará o tipo de traballo e máquina máis adecuado.

3.4. CONDICIÓNS XEOGRÁFICAS E CLIMATOLÓXICAS.

Poden afectar á seguridade do traballo, e dada a súa natureza cambiante é posible que o operador dunha máquina de escavación se atope con que non pode cumprir o seu cometido con seguridade.

La lei obriga ao empresario a tomar todo tipo de medidas preventivas e ademais, recoñece no Artigo 21 da LPRL o dereito dos traballadores a paralizar o traballo en situacións de risco grave e inminente.

Tal pode ser o caso coa aparición de ventos, choivas ou tormentas eléctricas.

Traballos con choiva ou auga.

As augas de escorrenta poden exercer un efecto erosivo coa súa filtración e desgaste, especialmente perigoso nos taludes. Debemos manter a escavación libre de embalsamentos de auga e evitar que as escorrentas, si se producen, traballen nos taludes, principalmente na súa base.

Debemos minimizar as escorrentas preparando canles de drenaxe e vías de desaugue no perímetro da escavación co fin de que a auga non entre nela.

Tódalas augas que poidan ir a parar ao interior das escavacións deben ser interceptadas e controladas alonxándoas dos taludes e conducidas con canais a pozos dende onde se evacuarán por gravidade ou bombeo.

En caso de inundación ou de que fora necesario un achicado se comprobarase a estabilidade do terreo, dos taludes e das entibacións.

En caso de choiva en operacións de terraplenado ou recheo debemos asegurarnos de que extendemos e compactamos os terreos e que se tomaron as medidas de drenaxe superficial para evitar a acumulación de auga ou que esta corra cara o borde dos taludes.

Cando reiniciemos unha actividade interrompida pola choiva ademais de comprobar os elementos da escavadora, fundamentalmente os freos, debemos ter en conta que as condicións do terreo poden ter variado substancialmente.

Se varía o nivel freático ou debemos traballar por debaixo do mesmo, a filtración de auga ocasionaría riscos importantes de desmoronamento e deterioro dos bordes ou taludes polo que é práctica frecuente a drenaxe mediante gabias ou pozos perimetrais que han de evacuar ou auga por gravidade ou bombeo, debemos estar atentos ante calquera variación no funcionamento destas drenaxes e ser especialmente coidadosos ao iniciar cada xornada de traballo comprobando o estado e condicións do terreo.

Page 36: Manual de Formación para a Acreditación de …emprego.ceei.xunta.gal/export/sites/default/Biblioteca/Documentos/... · Carga sobre camión. ... Check-list: .....43 4.3. Mantemento

Manual de Formación para a Acreditación de Operadores de Maquinaria de Movemento de Terras

Página 36 de 48

3.5. TIPOS DE TERREOS.

A dirección e organización da obra debe ter en conta a natureza e estado do terreo e a variabilidade do seu comportamento baixo diferentes condicións.

Os terreos rochosos sen fisuras adoitan ser estables e non xerar problemas. Debemos prestar atención ás fisuras se existen ou se a inclinación dos estratos coincide con a do corte. Pode ocasionar riscos a presenza de material sedimentario entre estratos que pode orixinar deslizamentos.

As areas e gravas se son compactas non adoitan ocasionar deslizamentos pero disgréganse con facilidade co tempo. Se o seu grado de compacidade é baixo probablemente orixinaránse desprendementos o deslizamentos se a inclinación supera o ángulo de talude propio dese terreo.

Os terreos arxilosos son moi sensibles á acción da humidade que os fai variar en volume entre épocas secas e húmidas cambiando radicalmente as condicións do terreo aínda que a simple vista pareza en boas condicións de estabilidade. Poden chegar a plastificarse ao igual que certos terreos calcarios e xerar unha lámina de deslizamento.

Se se trata de terreos de recheo existen riscos pois non estarán xeralmente ben compactados nin unidos homoxeneamente ao terreo natural subxacente.

A modo indicativo pódense sinalar uns valores de referencia a partires dos cales resultará perigoso escavar unha parede vertical sen adoptar reforzos.

3.6. DISTANCIAS DE SEGURIDADE EN ABERTURAS.

A estabilidade dun talude ou do borde dunha escavación pode verse drasticamente afectada pola acción de sobrecargas na proximidade do seu borde. Estas poden estar orixinadas pola acción continua de pesos ou accións (sobrecargas dinámicas) ou deberse á acción de cargas móbiles ou impactos (sobrecargas dinámicas).

No caso de sobrecargas estáticas, tales como terras, materiais e conducións acopiadas como norma xeral, en terreos normais deixarse unha separación equivalente, como mínimo, á metade da profundidade da escavación, mentres que en terreos areosos, esta distancia será maior ou igual a dita profundidade e en ningún caso inferior a 2 metros.

A acción das sobrecargas dinámicas a igual sobrecarga produce máis risco aínda que a das estáticas debido ás vibracións e aos ciclos de carga-descarga. Por iso a separación das vías de circulación, zonas de traballo, etc. determinarase de acordo á natureza concreta da sobrecarga e en todo caso actuaremos con maior prudencia se é posible.

TIPO DE TERREO PROFUNDIDADE CRÍTICA AREA NON COHESIVA Non se sostén. Talude natural AREA COHESIVA 1,25 m ARXILOSO 1,50 m TERREO MOI COMPACTO SEN ROCHAS 1,80 m

Page 37: Manual de Formación para a Acreditación de …emprego.ceei.xunta.gal/export/sites/default/Biblioteca/Documentos/... · Carga sobre camión. ... Check-list: .....43 4.3. Mantemento

Manual de Formación para a Acreditación de Operadores de Maquinaria de Movemento de Terras

Página 37 de 48

3.7. ESCAVACIÓNS CON AFECTACIÓN DE SERVIZOS

É posible que na área na que se desenvolverá o traballo de escavación estean localizadas conducións, tendidos de servizos ou outros elementos enterrados susceptibles de xerar riscos ou pode que a renovación de canalizacións enterradas sexa precisamente o obxecto dos nosos traballos.

Frecuentemente tratarase dalgunha ou varias das seguintes:

Redes de subministro eléctrico (aéreas ou enterradas). Subministro de gas para uso doméstico. Redes de telefonía e transmisión de datos (aéreas e enterradas). Subministro de auga potable. Colectores e redes de saneamento. Municións sen detonar (isto dáse sobre todo en grandes movementos de terras en zonas non

urbanas).

Estas ademais poden estar localizadas e identificadas ou non estalo, (sobre todo no último caso) ou pode que debamos contar coa probabilidade da súa existencia.

SERVIZOS IDENTIFICADOS

Se se coñece a ubicación e natureza dos servizos que se van a afectar ou que puidesen ser afectados durante a escavación débese comunicar á compañía subministradora dita situación.

Posteriormente tomaranse as medidas que a propietaria do servizo determine sobre cortes, desvíos o condicións de traballo tales como distancias de seguridade a observar pola maquinaria ou os traballadores. (condicións que deberán formar parte do contido dea orden de traballo).

SERVIZOS NON IDENTIFICADOS

No caso de que non teñamos datos sobre a súa localización precisa, os responsables da obra adoptarán as medidas oportunas para a súa localización, especialmente se se trata de instalacións que poidan xerar algún risco. Para iso poderanse utilizar xeo-radares ou equipos de detección.

Se a pesar de tódalas precaucións durante a escavación aparecesen balizas indicadoras tales como bandas plásticas, ladrillos, etc. ou as propias conducións paralizaremos inmediatamente a escavación, informar ao noso superior e considerar que están en carga por moi deterioradas que parezan.

3.8. MOVEMENTO DE TERRAS E MEDIO AMBIENTE

Os movementos de terras son operacións de gran impacto ambiental, non só no resultado final das modificacións senón que tamén (e en alto grado) de cómo se executen os traballos.

Na elaboración de proxecto e durante a organización da obra decidiranse medidas e condicións de execución que deberemos respectar, pero aínda así existen certas medidas de aplicación xeral que axudarán a reducir na medida do posible o impacto das actividades que impliquen movemento de terras.

Page 38: Manual de Formación para a Acreditación de …emprego.ceei.xunta.gal/export/sites/default/Biblioteca/Documentos/... · Carga sobre camión. ... Check-list: .....43 4.3. Mantemento

Manual de Formación para a Acreditación de Operadores de Maquinaria de Movemento de Terras

Página 38 de 48

PROTECCIÓN DO SOLO

Realizaremos o descortizado exclusivamente da base das explanacións evitando así a eliminación innecesaria de capa vexetal e reducindo á vez os volumes de terra desprazados.

Compensar o máximo posible a distribución de terras entre zonas de extracción e zonas de aporte reducindo no posible os desprazamentos.

Empregar para o movemento de terras e a circulación as zonas designadas no proxecto a tal efecto co fin de reducir o impacto en zonas libres.

Racionalizar e minimizar a construción de vías de circulación ou desvíos provisionais. Observar coidadosamente o respecto a zonas protexidas, e en todo caso a dunas, humedais,

cauces,… Acopiar e usar o chan vexetal extraído para a restauración de zonas degradadas, protección de

taludes axardinamentos, etc.

PROTECCIÓN DA VEXETACIÓN

Prácticamente as mesmos aspectos terán efecto positivo na conservación da vexetación.

Corresponde á organización da obra limitar a tala e desbroce aos terreos comprendidos na faixa de explanación ou no ámbito da construción, pero nas operacións, acopios e traslados, as máquinas tampouco deben sobre-pasar ese límite.

Reducir camiños provisionais. Recubrir taludes con terra vexetal de extracción o que redundará en protección dos mesmos

contra a erosión.

PROTECCIÓN DA AGUA

A auga es un elemento moi fráxil e susceptible de ser afectado nos traballos de movemento de terras con máquinas. Para evitalo, en xeral debemos ser escrupulosos coas determinacións do proxecto e as instrucións recibidas e con criterio xeral prestar atención aos seguimentos puntos:

Comprobar que non existen derrames de fluídos xa sexa dende as máquinas ou provintes dos materiais manipulados e en todo caso evitar que estes cheguen a contaminar o chan, correntes de auga ou acuíferos.

Construír correctamente os sistemas de drenaxe proxectados e velar pola súa conservación, reparación ou mellora.

Evitar a destrución e desvío de acuíferos ou cauces ao realizar os traballos de movemento de terras encomendados.

PROTECCIÓN DA ATMÓSFERA

Dende o cometido de operadores de maquinaria en movementos de terra debemos:

Comprobar e manter un bo estado da máquina e os seus motores. Evitar as operacións innecesarias, reducir os desprazamentos e en xeral o tempo de

funcionamento da máquina. Evitar a xeración de ruídos innecesarios ou tomar as medidas que nos indiquen para mitigalos. Evitar a creación de nubes de po solicitando a rega ou outras medidas para evitar accidentes

por falta de visibilidade ou afectar á saúde dos traballadores que poidan aspirar ese po.

Page 39: Manual de Formación para a Acreditación de …emprego.ceei.xunta.gal/export/sites/default/Biblioteca/Documentos/... · Carga sobre camión. ... Check-list: .....43 4.3. Mantemento

Manual de Formación para a Acreditación de Operadores de Maquinaria de Movemento de Terras

Página 39 de 48

3.9. INTERPRETACIÓN DE NIVEIS, PENDENTES E COTAS.

Nas labores de movemento de terras empréganse fundamentalmente os planos que teñen que ver coas primeiras fases da obra que serán xeralmente o plano de replanteo, ou de cimentación, e o de saneamento. Ás veces a información pode estar contida en un ou dous deles, ou pode haber a maiores un plano específico de movemento de terras. Ademais teremos que coñecer os planos que dentro das determinacións do estudio de seguridade e saúde se fagan respecto da ubicación dos diferentes elementos da obra e disposición das zonas de traballo e circulacións.

No plano de replanteo indícanse os principais elementos da construción ou explanada referidos a puntos fixos e recoñecibles durante a obra.

Xeralmente nos planos de replanteo faise referencia ás escavacións, pois son as primeiras actuacións da obra e en caso de que existan ás cimentacións e ás obras de redes enterradas como mínimo ás de saneamento e drenaxe.

Serán fundamentalmente planos en planta que xeralmente coinciden en diversas convencións.

As liñas máis grosas corresponden a elementos seccionados, que están en primeiro plano ou que deben diferenciar estado orixinal e reformado e os límites do terreo xeralmente indicaranse con liñas grosas descontinuas. As liñas descontinuas xeralmente representan elementos non existentes, ocultos (por exemplo enterrados) ou por riba do plano representado (tendidos aéreos, voladizos, etc.). Por outra parte diversas combinacións de liñas descontinuas, con puntos, etc. poden responder a un código para o que deberemos consultar a lenda do plano.

A escala: a pesar de que nos planos figurarán medidas acotadas indicando as dimensións máis relevantes estes debuxáronse a escala. Isto quere dicir que cada elemento esta debuxado de xeito que o seu tamaño no papel corresponda co seu tamaño na realidade mediante unha relación, é dicir, se a escala dun plano é 1:100 quere decir que cada medida que tomemos no plano será cen veces máis grande na realidade (1 cm corresponderá a 100 cm e 1 mm corresponderá a 100 mm). En todo caso se a medida está indicada no plano terá prevalencia sobre o que poidamos medir nel, se hai algunha contradición as medidas indicadas no plano “mandan”.

Coa palabra cota desígnanse dúas cousas distintas que non se deben confundir:

por un lado cota pode significar a distancia en vertical dun plano ou elemento respecto dunha referencia. É dicir se un plano indica que unha explanada está a cota +1,25 quere dicir que se atopa a un nivel 1,25 metros por enriba do punto que se marcara como nivel 0,00 da obra.

Ademais a palabra cota pódese referir a cada unha das medidas que se indican con liñas nos planos acotados.

Unha rampa consiste nun plano que une dúas zonas a diferentes niveis ou cotas mediante unha pendente ou inclinación constante. Virá representada xeralmente polo seu contorno do imitado por liñas rectas (case sempre un rectángulo) e unha frecha ou triángulo apuntando en sentido de subida coa información da pendente que desenvolve en tanto por cento. Esta última información xunto coas cotas de partida e chegada daranos a información necesaria para construíla.

A pendente é a magnitude que nos permite describir a inclinación dunha liña respecto a un plano horizontal. Se nos referimos a unha superficie plana indicará a da liña recta máis inclinada de tódalas que forman parte desa superficie. Representa, en proporción de 1:100, a relación entre a cota gañada e a distancia horizontal recorrida. Por exemplo unha pendente do 5% quere dicir que por cada 100 cm (1 metro) recorridos en horizontal subíronse 5 centímetros en vertical.

Page 40: Manual de Formación para a Acreditación de …emprego.ceei.xunta.gal/export/sites/default/Biblioteca/Documentos/... · Carga sobre camión. ... Check-list: .....43 4.3. Mantemento

Manual de Formación para a Acreditación de Operadores de Maquinaria de Movemento de Terras

Página 40 de 48

3.10. COORDINACIÓN DE ACTIVIDADES.

A interferencia entre distintos oficios nas obras de construción é moi común debido á rapidez na construción e na diminución dos prazos de entrega que xera unha simultaneidade de actividades, polo que é necesario ter en conta unha serie de puntos:

O contratista principal deberá realizar reunións de coordinación de actividades empresariais para expoñer aos responsables de seguridade de cada oficio en qué fase de obra se atopa esta, cales son as proteccións colectivas existentes nela e qué oficios son os que xeran a simultaneidade.

Deberase informar a tódolos traballadores que entren na obra dos oficios que existen nese momento nela, dos riscos que entraña cada un e de cómo interfiren no traballo que vai desempeñar ese traballador na obra.

Os distintos oficios deberán explicar o seu procedemento de traballo e revisar os seus medios auxiliares.

As zonas de traballo quedarán suficientemente sinalizadas e balizadas. Non deberán retirarse as proteccións colectivas; en caso de ter que retirarse algunha debido a

necesidades da construción, comunicarase ao encargado de obra para que provexa de outras proteccións ou se balice e sinalice dita zona.

Nas zonas de obra onde traballan simultaneamente dúas ou máis máquinas, dado o reducido espazo de maquinaria, danse interferencias entre as máquinas e entre estas e os traballadores que acceden á zona de traballo, o que produce choques e atropelos.

Para evitar estes accidentes debemos:

Evitar a presenza de persoas nas zonas de interferencia. Controlar a circulación, movementos e manobras das máquinas e os vehículos de transporte. Nomear un responsable de operacións. Establecer nas normas internas da obra un código de mando que deberán coñecer tódolos

traballadores.

Page 41: Manual de Formación para a Acreditación de …emprego.ceei.xunta.gal/export/sites/default/Biblioteca/Documentos/... · Carga sobre camión. ... Check-list: .....43 4.3. Mantemento

Manual de Formación para a Acreditación de Operadores de Maquinaria de Movemento de Terras

Página 41 de 48

Segundo REAL DECRETO 171/2004, de 30 de xaneiro, polo que se desenvolve o Artigo 24 da Lei 31/1995, de 8 de novembro, de Prevención de Riscos Laborais, en materia de coordinación de actividades empresariais:

1. Cando nun mesmo centro de traballo desenvolvan actividades traballadores de dúas ou máis empresas, estas deberán cooperar na aplicación da normativa sobre prevención de riscos laborais. A tal fin, establecerán os medios de coordinación que sexan necesarios en canto á protección e prevención de riscos laborais e a información sobre os mesmos aos seus respectivos traballadores.

2. O empresario titular do centro de traballo adoptará as medidas necesarias para que aqueles outros empresarios que desenvolvan actividades no seu centro de traballo reciban a información e as instrucións axeitadas, en relación cos riscos existentes no centro de traballo e coas medidas de protección e prevención correspondentes, así como sobre as medidas de emerxencia a aplicar, para o seu traslado aos seus respectivos traballadores.

3. As empresas que contraten ou subcontraten con outras a realización de obras ou servizos correspondentes á propia actividade daquelas e que se desenvolvan nos seus propios centros de traballo deberán vixiar o cumprimento por ditos contratistas e subcontratistas da normativa de prevención de riscos laborais.

4. As obrigas respecto das operacións contratadas, nos supostos en que os traballadores da empresa contratista ou subcontratista non presten servizos nos centros de traballo da empresa principal, sempre que tales traballadores deban operar con maquinaria, equipos, produtos, materias primas ou útiles proporcionados pola empresa principal.

5. Os deberes de cooperación e de información e instrución serán de aplicación respecto dos traballadores autónomos que desenvolvan actividades en ditos centros de traballo.

En cuanto a traballos con retroescavadoras:

Coñeceranse as normas de circulación na zona de traballo, as sinais e balizamentos utilizados tales como: bandeirolas, vallas, sinais manuais, luminosas e sonoras.

Cando se deba traballar na vía pública, a máquina deberá estar convintemente sinalizada de acordo co indicado no Código de Circulación.

Nos frontes de carga:

evite o socavado, deteña o traballo cando se descubra unha banda sinalizadora ou rasillas cerámicas que avisan

da presenza de cables ou de canalizacións enterradas, coordine as súas manobras cos operadores condutores de motovolquetes e de camións. Utilice

a bucina, manteña a área de traballo limpa e nivelada.

Page 42: Manual de Formación para a Acreditación de …emprego.ceei.xunta.gal/export/sites/default/Biblioteca/Documentos/... · Carga sobre camión. ... Check-list: .....43 4.3. Mantemento

Manual de Formación para a Acreditación de Operadores de Maquinaria de Movemento de Terras

Página 42 de 48

U.D.4. MANTEMENTO PREVENTIVO

Débese garantir o mantemento axeitado da retroescavadora conforme ao indicado polo fabricante no manual de instrucións da retroescavadora. Podemos diferenciar entre o mantemento técnico e o mantemento preventivo.

As revisións de mantemento técnico determinadas polo fabricante serán realizadas por persoal especializado.

4.1. PAUTAS DO MANTEMENTO PREVENTIVO

A máquina antes de comezar calquera traballo, deberá ser examinada en tódalas súas partes. Os exames débense tódalas veces que sexan necesarias e fundamentalmente cando houbese

un fallo no material, na máquina, nas instalacións ou nos dispositivos de seguridade producíndose ou non un accidente.

Todos estes exames realizaraos o encargado ou persoal competente designado polo mesmo. O nome e o cargo desta persoa consignaráselle nun libro de rexistro de seguridade, o cal o gardará o encargado.

MEDIDAS PREVENTIVAS

Realizarase o engraxe co motor parado e respectando os niveis indicados para evitar sobrequentamento ou desgaste do motor.

A zona de repostaxe establecerase nun lugar apartado de elementos que accidentalmente puidesen provocar a ignición do carburante

Desta maneira evitarase calquera chama ou chispa nas proximidades das baterías. En posición de parada debemos instalar tacos fiables nas rodas antes de liberar os freos. Co motor en funcionamento non se realizarán axustes. Durante os períodos de parada ou fora de servizo debemos apoiar o cazo no chan, o motor

parado, quitaremos a chave, poremos en punto morto a transmisión, desconectaremos a batería e teremos o freo de estacionamento posto.

Comprobaremos periodicamente o estado de tensión das cadeas ou, no seu caso, a presión dos pneumáticos.

Antes de efectuar calquera operación baixo o cazo colocaremos topes ou elementos que impidan su caída.

NEUMÁTICOS

Para cambiar unha roda debemos colocar os estabilizadores. Non debemos elevar a máquina empregando o cazo. Durante o inflado da roda debe permanecer no lateral, nunca no fronte. Nas proximidades das rodas non debemos realizar operacións como cortar ou soldar que

podan dánalas co conseguinte risco de provocar o seu estalido.

CAMBIOS DO EQUIPO DE TRABALLO

Para estas operacións escolleremos un emprazamento chan e despexado. As pezas desmontadas acopiaranse fora do lugar de traballo. Guiarnos escrupulosamente polas instrucións de montaxe do fabricante. Baixar a presión dos circuítos pneumáticos con anterioridade á súa desconexión. Empregar luvas de protección mecánica. En caso de precisar dun axudante, informarémoslle exactamente do que ten que facer e

vixiaremos as súas accións continuamente.

Page 43: Manual de Formación para a Acreditación de …emprego.ceei.xunta.gal/export/sites/default/Biblioteca/Documentos/... · Carga sobre camión. ... Check-list: .....43 4.3. Mantemento

Manual de Formación para a Acreditación de Operadores de Maquinaria de Movemento de Terras

Página 43 de 48

4.2. CHECK-LIST:

Denominamos check-list a unha lista de comprobacións que faremos ordenadamente nos momentos en que sexa precisa unha verificación da máquina e os seus compoñentes.

A empresa pode elaborar a súa check-list pero debe seguir fielmente as indicacións do fabricante polo que o máis frecuente é empregar o proposto polo fabricante para cada modelo.

A continuación a modo de exemplo inclúese un cadro con un check-list tipo elaborado por Líneaprevención da Fundación Laboral da Construcción e que se pode consultar no microsite “GUÍA DE VERIFICACIÓN DE MAQUINARIA” [ http://www.lineaprevencion.com/ProjectMiniSites/IS41/ ]

Ilustración 5 Cadro de comprobacións de Retroescavadoras

REVISIÓNS BÁSICAS DE MANTEMENTO DE UNHA RETROESCAVADORA

ANTE

S DE

COM

ENZA

R

o TR

ABAL

LO

DIAR

IAM

ENTE

SEM

ANAL

MEN

TE

SEGÚ

N NE

CESI

DADE

S

MÁQUINA COMPLETA Control visual X

Limpieza X

NIVEL DE ACEITE, FUGAS DE ACEITE Control visual X

Recheo X

PNEUMÁTICOS Control visual X

Sustitución X

CADEAS Control visual X

Sustitución X

LUCES, ROTATIVOS E AVISADORES ACÚSTICOS DE MOVEMENTO

Control visual X Sustitución X

FREOS Comprobar X

Servicio Técnico X

PLACAS DE INSTRUCIÓNS e SINAIS Control visual X

Cambio X

MANDOS EN VACÍO Comprobar X

Servicio Técnico X

PARADA DE EMERXENCIA Comprobar X

Servicio Técnico X

CONEXIÓNS ELÉCTRICAS Comprobar X

Servicio Técnico X

PILOTOS OU CHIVATOS Control visual X

Servicio Técnico X

PORTA DE ACCESO Comprobar X

Servicio Técnico X

INTERRUPCIÓN DE MOVEMENTOS CON DISPOSITIVO DE SEGURIDADE

Comprobar X Servicio Técnico X

Page 44: Manual de Formación para a Acreditación de …emprego.ceei.xunta.gal/export/sites/default/Biblioteca/Documentos/... · Carga sobre camión. ... Check-list: .....43 4.3. Mantemento

Manual de Formación para a Acreditación de Operadores de Maquinaria de Movemento de Terras

Página 44 de 48

4.3. MANTEMENTO PREVENTIVO.

O RD 1215/97 de Disposicións Mínimas de Seguridade e Saúde para a Utilización polos Traballadores dos Equipos de Traballo indica que:

Os equipos de traballo serán adecuados ao traballo que deba realizarse e estarán convintemente adaptados ao mesmo, de forma que garantan a seguridade e saúde dos traballadores ao utilizar ditos equipos de traballo.

Os equipos de traballo non deberán utilizarse de forma ou en operacións ou en condicións contraindicadas polo fabricante.

Tampouco poderán utilizarse sen os elementos de protección previstos para a realización das operacións das que se trate.

Os equipos de traballo só poderán utilizarse de forma ou en operacións ou en condicións non consideradas polo fabricante se previamente se realizou unha avaliación dos riscos do que iso conlevaría e se tomaron as medidas pertinentes para a súa eliminación ou control.

Na Guía para a Prevención de Riscos na Utilización de Equipos de Traballo, na NTP 126 Máquinas para Movemento de Terras, ambas do INSHT faise unha análise de cómo estas determinacións e outras do mesmo decreto teñen efecto sobre as operacións de mantemento.

É importante que os equipos de traballo sexan mantidos de maneira que as súas características non se degraden ata o punto de poñer ás persoas en situacións perigosas.

A amplitude e complexidade do mantemento pode variar enormemente, desde a simple comprobación do estado das ferramentas manuais ata un programa integrado para un proceso máis complexo.

As operacións de mantemento, reparación ou transformación dos equipos de traballo cuxa realización supoña un risco específico para os traballadores só poderán ser encomendadas ao persoal especialmente capacitado para iso.

A montaxe e desmontaxe dos equipos de traballo deberá realizarse de maneira segura, especialmente mediante o cumprimento das instrucións do fabricante.

As operacións de mantemento, axuste, desbloqueo, revisión ou reparación dos equipos de traballo que poidan supor un perigo para a seguridade dos traballadores realizaranse tras ter parado ou desconectado o equipo, ter comprobado a inexistencia de enerxías residuais perigosas e ter tomado as medidas necesarias para evitar a súa posta en marcha ou conexión accidental mentres se estea efectuando a operación.

Así debemos diferenciar:

AVERÍAS NA ZONA DE TRABALLO - Baixar o equipo ao chan, parar o motor e colocar o freo, sempre que isto sexa posible. - Colocar as sinais axeitadas indicando a avaria da máquina. - Se para o motor, parar inmediatamente a máquina, xa que se corre o risco de quedar

sen freos nin dirección. - Para calquera avaria reler o manual do construtor. Non facerse remolcar nunca para

poñer o motor en marcha. - No servirse nunca da pala para levantar a máquina. - Para cambiar un pneumático colocar unha base firme para subir a máquina.

Page 45: Manual de Formación para a Acreditación de …emprego.ceei.xunta.gal/export/sites/default/Biblioteca/Documentos/... · Carga sobre camión. ... Check-list: .....43 4.3. Mantemento

Manual de Formación para a Acreditación de Operadores de Maquinaria de Movemento de Terras

Página 45 de 48

MANTEMENTO NA ZONA DE TRABALLO - Colocar a máquina en terreo chan. Bloquear as rodas ou as cadeas. - Colocar o cazo apoiado no chan. Se se debe manter o cazo levantado inmobilizarase

axeitadamente. - Desconectar a batería para impedir un arranque súbito da máquina. - Non quedarse entre as rodas ou sobre as cadeas, baixo o cazo ou o brazo. - Non colocar nunca unha peza metálica encima dos bornes da batería. - Utilizar un medidor de carga para verificar a batería. - Non utilizar nunca un chisqueiro ou mistos para ver dentro do motor. - Aprender a utilizar os extintores. - Conservar a máquina en bo estado de limpeza.

MANTEMENTO EN TALLER - Antes de empezar as reparacións, é convinte limpar a zona a reparar. - Non limpar nunca as pezas con gasolina. Traballar nun local ventilado. - NON FUMAR. - Antes de comezar as reparacións, quitar a chave de contacto, bloquear a máquina e

colocar letreiros indicando que non se manipule o mecanismo. - Se varios mecánicos traballan na mesma máquina, os seus traballos deberán ser

coordinados e coñecidos entre eles. - Deixar enfriar o motor antes de quitar o tapón do radiador. - Baixar a presión do circuíto hidráulico antes de quitar o tapón de baleirado, así mesmo

cando se realice o baleirado do aceite vixiar que non estea queimando. - Se se ten que deixar elevado o brazo e o cazo, procederase á súa inmobilización antes

de empezar o traballo. - Realizar a evacuación dos gases do tubo de escape directamente ao exterior do local. - Cando se arranxe a tensión das correas do motor, este estará parado. - Antes de arrancar o motor, comprobar que no se deixara ningunha ferramenta encima

do mesmo. - Utilizar guantes e zapatos de seguridade.

Page 46: Manual de Formación para a Acreditación de …emprego.ceei.xunta.gal/export/sites/default/Biblioteca/Documentos/... · Carga sobre camión. ... Check-list: .....43 4.3. Mantemento

Manual de Formación para a Acreditación de Operadores de Maquinaria de Movemento de Terras

Página 46 de 48

REFERENCIAS BIBLIOGRÁFICAS Lei 31/95, de Prevención de Riscos Laborais (LPRL).

Lei 54/2003, de Reforma do Marco Normativo de a Prevención de Riscos Laborais

RD 1215/97 de Disposicións Mínimas de Seguridade e Saúde para a Utilización polos Traballadores dos Equipos de Traballo

Real Decreto 773/1997, de 30 de maio, sobre disposicións mínimas de seguridade y saúde relativas á utilización por los traballadores de equipos de protección individual.

Real Decreto 1627/1997, de 24 de outubro, polo que se establecen disposicións mínimas de seguridade e de saúde nas obras de construción.

Real Decreto 1644/2008, de 10 de outubro, polo que se establecen as normas para a comercialización e posta en servizo das máquinas.

RD 1435/1992 (polo que se ditan as disposicións de aplicación da Directiva do Consello 89/392/CEE, relativa á aproximación das lexislacións dos Estados membros sobre máquinas)

NTP 126: Máquinas para movemento de terras

RD 1435/1992. “Máquinas”, modificado polo RD 56/1995.

Orde de 26 de maio de 1989 (BOE nº 137, de 9 de xuño), pola que se aproba a ITC MIE AEM-3 do Regulamento de Aparatos de Elevación e Manutención.

UNE115403-2:2005 Maquinaria para movemento de terras. Definición de dimensións e símbolos. Parte 2: Equipos e accesorios.

UNE115419:1990 Maquinaria para movemento de terras. Determinación da velocidade de translación.

UNE115416:2000 Maquinaria para movemento de terras. Determinación das dimensións de xiro das máquinas sobre rodas.

UNE115438:2000 Maquinaria para movemento de terras. Determinación das pendentes límite para o funcionamento dos sistemas de fluídos que equipan as máquinas. Método de ensaio estático.

UNE-ISO6393:2009 Maquinaria para movemento de terras. Determinación do nivel de potencia acústica. Condicións de ensaio estáticas.

UNE-ISO6394:2009Maquinaria para movemento de terras. Determinación do nivel de presión acústica emitida no posto do operador. Condicións de ensaio estático.

UNE-ISO16754:2010 Maquinaria para movemento de terras. Determinación do valor medio da presión de contacto sobre o solo para máquinas sobre cadeas.

UNE115239:2004 Maquinaria para movemento de terras. Dispoñibilidade da máquina. Vocabulario.

UNE115439:1998/1M: 2006 Maquinaria para movemento de terras. Dispositivo montado sobre a máquina para remolcala. Requisitos de funcionamento.

UNE115439:1998 Maquinaria para movemento de terras. Dispositivo montado sobre a máquina para remolcala. Requisitos de funcionamento.

UNE115430:1999 Maquinaria para movemento de terras. Dispositivo para control de baixada da pluma en escavadoras e retrocargadoras hidráulicas. Requisitos e ensaios.

UNE-EN 474-1:2007+A4:2013 Maquinaria para movemento de terras. Seguridade. Parte 1: Requisitos xerais.

Page 47: Manual de Formación para a Acreditación de …emprego.ceei.xunta.gal/export/sites/default/Biblioteca/Documentos/... · Carga sobre camión. ... Check-list: .....43 4.3. Mantemento
Page 48: Manual de Formación para a Acreditación de …emprego.ceei.xunta.gal/export/sites/default/Biblioteca/Documentos/... · Carga sobre camión. ... Check-list: .....43 4.3. Mantemento