MAIO 2015marinasbetanzos.gal/wp-content/uploads/2016/12/BOLETIN-25.pdf · Sistema Alimentario...
Transcript of MAIO 2015marinasbetanzos.gal/wp-content/uploads/2016/12/BOLETIN-25.pdf · Sistema Alimentario...
A través dun Convenio asinado entre O Consorcio As
Mariñas e o Organismo Autónomo de Parques Nacionais
estase a desenvolver o proxecto piloto para a sinaliza-
ción e tematización da Reserva da Biosfera.
A maiores dos paneis temáticos colocados nos últimos
meses, nesta última semana se instalaron diversos pa-
neis SISTHO nas principais vías de entrada da Reserva:
A-6 (Aranga). Límite provincia de Lugo.
N- 550 (Culleredo). Subida Aeroporto de Alvedro.
N-550 (Carral), entrada pola estrada de Santiago- Coruña.
N-651 (Miño), entrada ao Concello de Miño dende Ferrol.
Por outra banda, no mes de xullo está previsto dotar ao
territorio de sinalización direccional ata os centros de
interpretación, tematización de rutas e recursos turísti-
cos, así como complementar a sinalización actual con
diversos paneis informativos adaptados ao Manual de
Sinalización da Rede Española de Reservas de Biosfera.
Visibilizarase o territorio da Reserva da Biosfera e contri-
buirá a dinamizar turísticamente o territorio conformado
polos 17 concellos.
SINALIZACIÓN VIARIA NA RESERVA DA BIOSFERA
BOLETÍN Nº 25
MAIO 2015
Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo
INDICE:
Proxectos e Xornadas
Leader
2
Plan Alimentario da Reser-
va da Biosfera
3
Bolsa de Terras 3
Curso de verán da USC 4
Novidades e próximos
eventos
4
Coñece a Reserva 4
Panel temático da Ruta
das Adegas “Viño da
Terra de Betanzos” .
Panel no Observatorio
Ornitolóxico de
Paderne
O 7 de maio celebrouse no Salón
de Actos do Centro Sociocultural
de A Senra (Concello Bergondo), a
Asemblea anual de socios da
Asociación Mariñas -Betanzos,
onde se aprobaron as actividades
e contas económicas do ano 2014
e o orzamento e a previsión de
actividades para este ano 2015,
entre outros asuntos a tratar.
ASEMBLEA XERAL DE SOCIOS DE MARIÑAS BETANZOS
Coa axuda do Programa LEADER tense apoiado a apertura do Mesón “Xente do Ca-
miño”, á beira do Camiño Inglés, o que permitirá que os peregrinos, coñezan a his-
toria da Galicia Medieval e como as Rutas Xacobeas contribuíron á creación da ac-
tual Unión Europea.
Obras de Alfredo Erias recrean as paredes deste Mesón-Museo, no que ademáis de
recuperar forzas, pode “alimentarse” o espíritu.
Configurase por tanto, un centro único en Galicia. Froito de trinta anos investiga-
ción, o artista galego Alfredo Erias, fai un percorrido polas mellores e polas menos
coñecidas obras de arte espalladas por toda Galicia.
APERTURA DO MESÓN-MUSEO XENTE NO CAMIÑO EN PRESEDO (ABEGONDO)
XORNADA O LEGADO
ROMANO NAS MCeTM.
Nesta Xornada deuse a coñecer o Lega-
do Romano existente no territorio da
Reserva da Biosfera, destacando un
dos campamentos romanos visitables
en Galicia, localizado en Sobrado dos
Monxes. Celebrouse o 30 de abril no
Centro Etnográfico do Mandeo en
Teixiero (Concello de Curtis) organiza-
da conxuntamente co GDR Ulla Tambre
Mandeo. Unha vez rematada a xorna-
da realizouse unha Visita Guíada ao
Campamento de Cidadella en Sobrado.
DÍA DA ÁRBORE 2015
Tódolos anos os 17 concellos que for-
man parte da Reserva Mundial da Biosfe-
ra “Mariñas Coruñesas e Terras do Man-
deo” celebran o día da Árbore, cunha
plantación simbólica de especies cedidas
pola Xunta de Galicia.
Para a realización destas plantacións,
contouse coa participación de escolares,
que aprenderon a plantar estas árbores
autóctonas.
O 30 de abril, alumn@s da Escola de Turismo da
Universidade de A Coruña, visitaron o territorio, on-
de se lles deu a coñecer o patrimonio cultural e et-
nográfico da Reserva da Biosfera; os aspectos técni-
cos de estratexias de recuperación e posta en valor e
as oportunidades da Reserva da Biosfera “Mariñas
Coruñesas e Terras do Mandeo” e a súa estratexia de
conservación dos recursos naturais e patrimoniais.
En total 50 alumn@s que viñeron acompañados pola
Profesora da Escola de Turismo, Elvira Lezcano
González.
DÍA DA ÁRBORE
En total repartironse
494 árbores
autóctonas:
castiñeiros, carballos,
faias, bidureiros,
cerdeiras, ameneiros,
que foron plantados
na Reserva da
Biosfera.
Páxina 2
TEMATIZACIÓN
RESERVA BIOSFERA
Colocaronse 50 paneis
temáticos na Ría do
Burgo con información
das aves máis
frecuentes.
LEGADO ROMANO
Cidadella é un dos
campamentos romanos
máis extensos dos
achados en Galicia.
II MARATÓN ORNITOLÓXICA NA
RESERVA DA BIOSFERA MCeTM
O 16 de maio celebrouse esta actividade lúdica, con-
sistente en identicar por equipos o maior número
posible de especies de aves silvestres dentro de
cada un dos municipios da Reserva da Biosfera e a
cidade de A Coruña nun tempo determinado. O
obxectivo era achegar o avistamento e a identifica-
ción de aves ao público en xeral, e poñer en valor os
atractivos naturais da Reserva da Biosfera.
Evento en auxe organizado en colaboración co Gru-
po Naturalista Habitat, que cada ano vai aumentan-
do en público, axudando a potenciar este territorio
coma un destino turístico de natureza. Cada un dos
equipos, cun experto ornitolóxico á cabeza lograron
identificar e poñer en valor a gran riqueza natural
desta área. A lista definitiva de especies identificadas
próximamente será publicada en distintas revistas
científicas .
Máis información: http://gnhabitat.blogspot.com.es/
VISITA ALUMN@S DA ESCOLA DE TURISMO DA UNIVERSIDADE DE A CORUÑA
BOLSA DE TERRAS DA RESERVA DA BIOSFERA
Dende a Reserva da Biosfera, estase traballando na dinamiza-
ción de terras para a posta en produción das mesmas. Neste
senso iniciouse o contacto con axentes do territorio para a
dinamización das terras infrautilizadas na zona da Rectoral de
Bribes no Concello de Cambre.
Realizouse unha xuntanza o día 6 de maio cos propietarios de
terras desta zona, que xa non están en activo na actividade
agrario, co obxecto de levar a cabo un proxecto piloto de
apoio aos emprendedores de horta ecolóxica procedentes do
Programa Integrado de Emprego. Acordouse traballar cos
propietarios das diferentes fincas da zona desta Rectoral,
para establecer as condicións de uso das parcelas e estudia-
riase a viabilidade da posta en marcha deste proxecto.
Páxina 3 ACTUACIÓNS DO PLAN ALIMENTARIO DA RESERVA DA BIOSFERA
“MARIÑAS CORUÑESAS E TERRAS DO MANDEO”
O Plan Alimentario está
financiado pola Funda-
ción Biodiversidad co
apoio do Programa
LEADER
MENÚ ECOLÓXICO
No CEIP de Curtis cele-
brouse un taller cos 70
alumnos, co obxecto de
divulgar os principios da
Reserva de Biosfera e
os beneficios do consu-
mo de produtos
ecolóxicos. Contouse
coa colaboración do
CRAEGA.
Destacar o sistema
de traballo, a través
de Dinámicas de
Grupos, que aportan
novas ideas de cara
aos retos a afrontar
polo Sistema
Alimentario Local.
VISOR DA BOLSA DE TERRAS DA RESERVA DA BIOSFERA
Ferramenta para a dinamización de terras agrarias sen uso e/
ou abandonadas. Base de datos de intercambio entre propie-
tarios e emprendedores, ben sexa a través de fórmulas de
cesión, aluguer ou venta. Actualmente xa hai máis de 25 par-
celas que se poden visualizar neste Visor. (ver páxina web)
Máis información e seguimento do proxecto:
https://biosferamarinasbetanzos.wordpress.com/bolsa-de-terras-2/
MENÚS ECOLÓXICOS NOS COLEXIOS DA RESERVA DA BIOSFERA
Co obxecto de demostrar a viabilidade económica do consumo de produtos ecolóxicos nos colexios, o 16 de abril levouse a cabo
como iniciativa piloto un menú ecolóxico con produtos da Reserva da Biosfera no comedor do CEIP de Curtis, consistente en
sopa de verduras, albódengas con arroz e xeado. O menú foi sufragado co orzamento diario do que disponen no colexio.
Os produtores e transformadores ecolóxicos que participaron nesta iniciativa foron: Finca Bouzón (Curtis); Revolta na Horta
(Carral); A Horta de Ana (Carral); La Huerta de la Almuzara (Abegondo); Ivan Lata Rodríguez (Oza-Cesuras); José Mª Hernández
Hernández (Oza-Cesuras); O Lugar de Vilariño (Oza-Cesuras), Granxas de Lousada (Irixoa); Orballo (Paderne) e Biofactory
(Oleiros).
Actualmente estase traballando
con outros dous centros escola-
res do territorio, para o próximo
mes de xuño.
REUNIÓN DA COMISIÓN TÉCNICA
A Comisión Técnica, formada por diferentes axentes do
Sistema Alimentario Local, leva traballando de xeito
participativo dende novembro de 2014 no establecemen-
to e posta en marcha de liñas de acción para o desenvol-
vemento sostible do Sistema Alimentario Local da Reser-
va da Biosfera. Continuando co traballo que se ven de-
senvolvendo dentro deste proxecto, para o deseño e
posta en marcha das liñas de acción do Plan Alimentario,
celebrouse na Fundación Juana de Vega en Oleiros o 13
de maio unha xuntanza da Comisión Técnica do Plan
Alimentario, onde debateuse sobre os avances do docu-
mento borrador.
NOVIDADES E PRÓXIMOS EVENTOS
Dende a Reserva da Biosfera seguimos a visitar diferentes centros escolares, co ob-
xecto de dar a coñecer a Reserva da Biosfera entre os rapaces do territorio.
Así está previsto para o mes de xuño o día 3 Paderne; o día 4 Miño e o día 5 Sada.
Os días 10 e 11 de xuño estaremos nas Escolas Unitarias do Concello de Bergondo.
SI QUERES QUE VISITEMOS O TEU CENTRO ESCOLAR,
CHAMA AO 981 669 541 (Diego López).
CAMPAÑA DE DIFUSIÓN “COÑECE A RESERVA DA BIOSFERA”:
VISITA AOS CENTROS ESCOLARES DO TERRITORIO.
CURSO DE VERÁN UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE
COMPOSTELA.
CALIDADE AGROALIMENTARIA E
DESENVOLVEMENTO RURAL: UN ENFOQUE
AGROECOLÓXICO (25 horas)
Coa colaboración da Asociación Mariñas—Betanzos, e a
Fundación Juana de Vega, IBADER, SOGA e SEAE.
Datas de celebración: 15,16 e 17 de xuño de 2015
Localización: Fundación Juana de Vega (Oleiros)
Nº horas: 25
Dirección: Xan Neira Seijo, Tomás Cuesta García e Jorge
Blanco Ballón.
Descrición: A análise dos instrumentos para tratar de
impulsar un proceso de desenvolvemento cos axentes
locais de cara ao deseño e aplicación dunha estratexia
alimentaria que estimule a produción, transformación e
consumo sostible de produtos agroalimentarios locais:
Módulo I. Agroecoloxía e Desenvolvemento Rural.
Módulo II. Beneficios do consumo agroecolóxico.
Módulo III. Emprendemento Verde Agroalimentario.
MÁIS INFORMACIÓN E INSCRICIÓNS:
https://biosferamarinasbetanzos.wordpress.com/2015/05/26/curso-de-
veran-calidade-agroalimentaria-e-desenvolvemento-rural-un-enfoque-
agroecoloxico/
Outras actividades programadas no mes xuño:
Xornadas culturais (Asociación Vedoreira e Alfredo
Erias), dirixidas a persoas con alzheimer en Abegon-
do. 25 de xuño de 2015
Xornadas achegamento de aves dirixidas a discapaci-
tados visuais.(12, 13 e 20 de xuño)
http://www.gnhabitat.blogspot.com.es/2015/05/xornadas-de-
achegamento-as-aves.html
DÍA 29 MAIO / 5 DE XUÑO
XESTIÓN INTEGRADA DE ZONAS
COSTEIRAS EN SADA
Dende a Asociación Mariñas Betanzos, esta-
se traballando no proxecto “Xestión Inte-
grada da Zona Costeira na ría de Betanzos
como ferramenta de desenvolvemento do
Concello de Sada”. Iniciativa impulsada polo
Concello de Sada, que conta co financia-
mento do Grupo de Acción Costeira “Golfo
Ártabro”.Os obxectivos deste proxecto son:
coñecer en detalle a situación do litoral da
ría de Betanzos; liderar un proceso de defi-
nición de obxectivos entre todos os axentes
implicados (turismo, medio ambiente, ma-
risqueo, empresas, administración, etc.);
promover a conexión social, a cooperación
e a participación no proxecto; fomentar o
aproveitamento sostible dos recursos natu-
rais da ría, buscar sinerxías e complementa-
riedades entre o sector turístico e o mariñei-
ro e promover a educación ambiental no
litoral.
Dentro deste proxecto estánse a organizar
unha serie de xornadas para dar a coñecer
investigacións, proxectos, iniciativas sobre
aproveitamento e xestión do litoral, tratan-
do de crear un debate sobre futuras liñas de
traballo e oportunidades.
Estas xornadas desenvolveránse no Salón de
Plenos do Concello de Sada entre os días 29
de maio e 5 de xuño, en horario de mañá e
tarde. Máis información e programa:
https://xizcriadebetanzos.wordpress.com/ Asociación Mariñas - Betanzos
Rúa San Marcos, s/n
(Antiga Cámara Agraria 1ª andar)
15318 Abegondo - A Coruña
Teléfono: 981 669 541
Correo: [email protected]
Web: www.marinasbetanzos.org
7 PERSOAS VOLUNTARIAS PARA
DESENVOLVER UN PROXECTO AM-
BIENTAL NA RESERVA DA BIOSFERA.
Mariñas Betanzos está inscrita no
Censo de entidades de acción volunta-
ria de Galicia co número O-605.
Entidade Xestora da Reserva da Bios-
fera Mariñas Corueñesas e Terras do
Mandeo.
Proxecto Voluntariado: Identificación
de problemas ambientais na Reserva
da Biosfera MCeTM.
Actividades previstas a realizar por 7
persoas voluntarias: Identificación de
problemas ambientais en diferentes
espazos da Reserva Biosfera MCeTM.
Se estás interesado/a en participar
nas diferentes actuacións da Reserva
da Biosfera Mariñas Coruñesas e
Terras do Mandeo, ponte en contacto
coa Asociación Mariñas Betanzos.
Todas as persoas voluntarias terán a
súa disposición os medios e recursos
necesarios para desenvolver con
éxito o seu desempeño en cada unha
das actividades deste proxecto.
Máis información na páxina web da
Asociación ou chama por teléfono.
PROGRAMA
VOLUNTARIADO