Lit sec esc

43

Transcript of Lit sec esc

Page 1: Lit sec esc
Page 2: Lit sec esc

Contexto históricoExisten unha serie de circunstancias de carácter político, social e económico que provocan este período de depresión:

A acción desgaleguizadora da Igrexa, que practicamente tiña todo o ensino nas súas mans

influencia da burocracia allea, xa for eclesiástica ou civil

A guerra civil da segunda metade do século XIV, orixinada pola disputa polo trono de Castela entre Pedro "o Xusticieiro" e Henrique de Trastámara

A derrota de Xoana "a Beltranexa" no século XV na loita pola sucesión do trono de Castela que a enfrontou a Isabel.

Page 3: Lit sec esc
Page 4: Lit sec esc

Durante a Idade Moderna a produción literaria refuxiouse na tradición oral. A ausencia dunha clase social culta, de raíces galegas, condicionou a existencia de formas literarias semellantes ás que se produciron no resto de Europa seguindo os canons do Renacemento ou do Barroco.

Page 5: Lit sec esc

A literatura de tradición popular ten unhas características moi diferentes da que se produce nos ámbitos cultos.

Códigos antiquísimosSegue códigos antiquísimos. Os seus temas coinciden en culturas moi distantes.

VariábelO texto varía constantemente ó longo do tempo, porque a transmisión de boca en boca favorece as modificacións.

VozO medio de transmisión é a palabra oral. O emisor retén a información na súa memoria.

Oínte A audición soe facerse para un grupo de xente. Os receptores perciben en directo os matices e as interpretacións que os emisores aportan á obra.

Autor anónimoO pobo, no seu conxunto, é o autor da obra.

POPULAR

Códigos estéticosSegue os códigos estéticos de cada época: Renacemento, Barroco, Romanticismo

InalterábelO texto non adoita variar, coas excepcións das alteracións pola censura, o deterioro físico do soporte, etc.

LibroÉ o medio máis usual de transmisión, aínda que tamén existen outros soportes: CDs, fitas, etc.

LectorA recepción da obra adoita facerse de forma individual e mediante a lectura.

Autor coñecidoDe acordo co xénero, temos poeta, novelista e dramaturgo

CULTA

CÓDIGOMENSAXECANLERECEPTOREMISOR

Page 6: Lit sec esc

literatura popular

• É tradicional: segue modelos antiquísimos e axústase a regras de composición que son inmutábeis.

• É oral: transmítese de boca en boca e de xeración en xeración.

• É anónima: é a comunidade quen dá forma ós textos orais, os modifica e os configura ó longo de moitas xeracións.

• É inestábel: vaise modificando co paso do tempo; mantense o celme da composición, mais en cada exhibición varíase e recréase.

Page 7: Lit sec esc

O cancioneiro popular

A canción ou cantiga popular é unha composición poética creada ou adaptada polas clases populares e transmitida oralmente a través do canto, e, en ocasións, tamén acompañada de baile. Este cancioneiro arrinca da Idade Media e non deixou de enriquecerse na Galicia dos séculos XVII e XVIII. As cantigas populares refírense ós costumes sociais do mundo tradicional e transmiten os valores e actitudes dese mundo: a queixa da namorada pola ausencia ou infidelidade do amado, o amor á terra e á familia, os labores do campo, as festas e romarías... As cantigas de Nadal foron tan populares que durante os séculos XVI, XVII e XVIII era moi común en toda a Península cantar panxoliñas en galego.

Page 8: Lit sec esc

Segundo a súa temática poden ser de varios tipos:Cantigas infantís: Cancións feitas para entreter aos máis pequenos. Pódense destacar os arrolos ou cantigas de berce, composicións monótonas e doces, de ritmo lento, usadas para adormecer os nenos.Cantigas de labor: cantigas compostas para pasar as horas durante os traballos do campo ou para celebrar o remate dalgunha actividade. Poden ser de varios tipos: cantar de arada, cantar de arrieiro, cantar de canteiros, cantar de sega, cantar de malla, cantar de fiadeira...Cantigas de festas: Eran cantigas compostas para seren cantadas nas festas máis importantes do ano. A este grupo pertencerían os xa comentados vilancicos, panxoliñas ou cantares de Aninovo, e cantos de Reis durante o Nadal. Doutras épocas do ano son as cantigas de Entroido, os Maios (cantos que realizaba un rapaz vestido con ramallos e flores - o Maio - e mais o resto da comitiva) e as cantigas de San Xoán.Cantigas de romaría e de santuario: Fan referencia a romaxes e santuarios nos que se rende culto a santos avogosos ou representativos.

Page 9: Lit sec esc

Cantigas de divertimento: Frecuentemente acompañadas de baile ou instrumentación, a súa finalidade básica é a de divertir. Entre elas podemos salientar:• A alborada: canto interpretado nas mañás dos días de festa para

celebrar o nacemento destes. Acompañábase de gaita e tamboril.• O alalá: canto de ritmo libre que non precisa de acompañamento

musical e que recibe esta denominación debido ao retrouso que leva “ai-la-la-la/ai-la...”

• O desafío: composición formada por un número indeterminado de coplas que consiste nunha disputa dialéctica improvisada na que dúas ou máis persoas, sempre baixo un ton irónico ou burlesco, tentan demostrar o seu enxeño.

• A muiñeira: estrofa que acompaña a danza e a melodía do mesmo nome.

• O cantar de cego: composición que cantaban os cegos en festas, romarías, feiras, etc., acompañados pola zanfona ou o violín. Adoita tratar sobre historias de crimes, casamentos ridículos, enganos, monstros, etc.

Page 10: Lit sec esc

A narrativa oral

Dentro desta narrativa transmitida oralmente diferéncianse dous tipos de narracións: as lendas, de localización determinada e consideradas verídicas, e os contos, de localización indeterminada e presentados como imaxinarios.

Page 11: Lit sec esc

As lendas divídense en tres grupos:

Lendas etiolóxicas. Son narracións que explican a orixe ou as causas dalgún feito da realidade inmediata, coma o nome dun lugar ou dunha cousa, a orixe dun pobo, as características dunha planta, dun animal ou dun home ou a orixe de certos fenómenos astronómicos ou meteorolóxicos.

Lendas haxiográficas. Son narracións que se refiren a feitos de Xesucristo, da Virxe ou dos Santos.

Lendas históricas. Son narracións que explican feitos destacados do pasado histórico que espertaron admiración no pobo. Nestas narracións o feito histórico é reinterpretado pola imaxinación popular, que lle confire un ton fabuloso e embelecedor.

Page 12: Lit sec esc

Os contos poden ser de varios tipos:

• Contos marabillosos. Son os máis antigos e universais. Neles aparecen personaxes fantásticos con poderes sobrenaturais, animais que toman aspecto humano e persoas que se transforman en animais, obxectos enmeigados e casas, castelos e lugares encantados.

• Contos exemplares. Son aqueles que teñen unha función didáctica, normalmente de carácter moral.

• Contos humorísticos. Son aqueles que sitúan a acción no mundo real e que causan graza, ben pola estupidez, astucia ou capacidade de burla dun personaxe, ben pola comicidade da situación.

Page 13: Lit sec esc

O teatro tradicional

Ademais do teatro relixioso sobre a Pascua, o Nadal, escenas bíblicas ou a vida dos santos, tamén existiron en Galicia varias formas teatrais profanas. A máis coñecida foi o entremés, composición breve nun acto, de carácter xocoso-burlesco e de ambientación popular.

Page 14: Lit sec esc

poesía popular

Lingua e estilo

A lingua da poesía tradicional é moi suxestiva, o seu léxico é popular e a súa sintaxe moi sinxela.Os recursos estilísticos da poesía popular están relacionados coa memorización das cantigas. As estrofas son breves e están cheas de recursos mnemotécnicos tales coma a repetición, a antítese e o paralelismo.

Page 15: Lit sec esc

Métrica da poesía popular

As formas estróficas e métricas máis usadas na poesía popular son:

• O cantar ou copla de catro versos de rima asonante alterna nos versos pares, xeralmente octosílabos pero tamén hexasílabos.

• O terceto de octosílabos que riman en asonante o primeiro e o terceiro quedando o segundo libre. Varios tercetos seguidos constitúen o cantar de pandeiro.

• A muiñeira de hendecasílabos con acentos na primeira, cuarta, sétima e décima sílabas (chamado hendecasílabo de gaita galega) ou articulado en dous hemistiquios co seguinte esquema acentual cada un: /uu/. Neste tipo de versos o ritmo depende do esquema acentual e non do cómputo silábico, polo que o hemistiquio pode ir precedido ou seguido de unha ou dúas sílabas

• átonas.

Page 16: Lit sec esc

O mar tamén ten amores,o mar tamén ten muller,está casado coa area

dálle bicos cando quer.Catro cousas hai no mundo

que quitan o sentido:amar e non ser amado,

querer e non ser querido

Page 17: Lit sec esc

Vamos a rae-lo pan,ti levarás unha rosa

e un caravel eu na man.O namorar vai nos ollos:

eu non sei cal será meu…¡será ben amar a todo!

Page 18: Lit sec esc

Polo camiño ehí ven un home;aínda ven lonxe, lonxe, lonxe[1]...Eu non sei si anda ou si correporque ven lonxe, lonxe, lonxe. ¡Quen fora galgoquen fora páxaroquen fora vento! Fai moito tempo que nos deixou,alá pra lonxe, lonxe, lonxe.Anda na guerra polo Señoralá moi lonxe, lonxe, lonxe. ¡Quen fora galgoquen fora páxaroquen fora vento! Viñeron os mouros arrenegadoslá de moi lonxe, lonxe, lonxe.Todo levaron e nós fuxemosalá pra lonxe, lonxe, lonxe.

¡Quen fora galgoquen fora páxaroquen fora vento! Aqueles homes eran us demoslá de moi lonxe, lonxe, lonxe.Todo levaron e nós fuxemosalá pra lonxe, lonxe, lonxe. ¡Quen fora galgoquen fora páxaroquen fora vento! O altariño do noso Diosque mora lonxe, lonxe, lonxe,quedou como a noitiña sin solfuxido lonxe, lonxe, lonxe. ¡Quen fora galgoquen fora páxaroquen fora vento!

Entre penedos i entre touzasalá lonxe, lonxe, lonxe,levamos o Cristo coutras cousasalá pra lonxe, lonxe, lonxe. ¡Quen fora galgoquen fora páxaroquen fora vento! I os mouros arrenegadosforon detrás lonxe, lonxe,i aqueles penedos rodeados(era moi lonxe, lonxe, lonxe). ¡Quen fora galgoquen fora páxaroquen fora vento! ¡Probes de nós!, berraban todosalá moi lonxe, lonxe, lonxe,¡válenos Cristo!, apelidaban,era moi lonxe, lonxe, lonxe.

Page 19: Lit sec esc

Conservamos algúns poemas populares:

— "Pranto da Frouseira". É unha pequena composición (32 versos), posibelmente de fins de século XV. Está directamentemotivada polo asedio, traizón e posterior decapitación na praza maior de Mondoñedo (17 de Nadal de 1483) da figura mítica de Pardo de Cela.

— "Saqueo de Cangas polos turcos". Relato en verso dos sucesos ocorridos nesta vila do Morrazo, a raíz da invasión de piratas turcos e a morte de máis de cen veciños da localidade.

Page 20: Lit sec esc

Á morte de Henrique IV de Castela, a maioría da nobreza castelá apoiou a causa de Isabel de Castela acusando á filla do rei Xoana de ser filla ilexítima de Beltrán de la Cueva e alcumándoa a Beltranexa. A nobreza galega en xeral apoiou á herdeira mais lexítima que ademais supoñía a unión dos reinos de Castela e Portugal fronte á unión con Aragón. Pardo de Cela xunto coa súa familia política e o bispo Alonso I de Fonseca pola contra puxéronse de parte de Isabel e parece que o mariscal chegou a combater en Zamora. Participou tamén xunto a Fonseca no cerco a Pontevedra de 1476.

Page 21: Lit sec esc

PRANTO DA FROUSEIRAA min chaman toda Mira,señora do gran tesouro;por estrera crarecidaxago neste Valedouro.Más tredor foi que un mouro vilaon que me vendeo,que de Lugo a Ribadeotodos me tiñan temorde min, a triste Frouseira,que por treiçón foi vendida,derribada na ribeira,ca jamais se veo vencida.Por treiçón tambén vindidoJesús nosso Redentor,e por aquestes tredores

Pedro Pardo, meu señor,vinte e dous foran chamadosos que vindido o han,non por fame de sustentode carne, viño nen pan,nen por outro ministerque falezcan de bondad,senón por súa vilaicía,e mais por maa intençaon.Eles quedan por tredorese seu amo por leal,pos os Reis e a seua fillaseuas terras mandan dar.A Deus darán conta delo,que llos queira perdoar,co que acabou a Frouseirae a vida do Mariscal.

Anónimo (fins do séc. XV)

61

Page 22: Lit sec esc

Dentro da literatura de tradición oral tamén se inclúen os refráns e as adiviñas.

Os refráns son sentencias de carácter didáctico ou moral transmitidas oralmente de xeración en xeración. Con frecuencia constan de dúas partes: a primeira presenta a situación e a segunda saca as conclusións de tipo didáctico.

As adiviñas son a definición ou descrición enxeñosa de algo coñecido no que se destacan notas ou características sobresalientes. Adoitan presentarse en estrofas de dous, tres ou catro versos, as veces rimados, e a súa lóxica aséntase na asociación de ideas.

Page 23: Lit sec esc

As manifestacións literarias cultas

Con todo, o abandono no terreo da literatura culta non foi total, pois temos algunhas mostras destacábeis.

Page 24: Lit sec esc

PoesíaDo século XVI e principios do XVII consérvanse tres sonetos de estilo renacentista: o Soneto de Monterrei, escrito arredor de 1530, e os dous sonetos Soneto con falda, de Gómez Tonel, e Respice finem, de Vázquez de Neira, incluídos no libro Relación de las Exequias de la Reina Doña Margarita de Austria (1612).

Do século XVII consérvanse as Décimas ao Apóstolo Santiago (1617), do crego Martín Torrado, que tiñan como finalidade combater a idea de declarar a Santa Teresa co-patroa de España ó lado do Apóstolo Santiago.

De finais do XVII consérvanse nove romances de estilo barroco presentados ao concurso das Festas Minervais do ano 1697. Estas festas, convocadas para loar a figura do seu fundador Alonso de Fonseca, comezáronse a celebrar no ano 1536.

62

Page 25: Lit sec esc

SONETO DE MONTERREIAlá en Monterrei, en Val de Laça,

a Violante vi, beira de un río,tan fermosa, en verdá, que quedei fríode ver alma inmortal en mortal maça.De un alto e lindo copo a seda laça

a pastora sacaba fío a fío,cuando lle dise:

Morro, corta o fío.—Vólveo, non cortarei, seguro pasa.

—¿E como pasarei, se eu acá quedo?Se pasar –respondí–, non vou seguroque este corpo, sen alma, morra cedo.—Con a miña, que levas, te aseguro

—Que non morras, Pastor.—Pastora, hei medo;

o quedar me parece máis seguro.Anónimo ( c. 1530)

61

Page 26: Lit sec esc

Turbas corran as augas; poña luto o aire denso, en melancolía tanta; queime o fogo a terra, que sen planta negue ó fortuno ano o seu tributo,

mentres a Porcia do Filipo Bruto en os ombros da fama sacrosanta se ergue ó ceo, que a súa gloria canta collendo en flor o xa maduro fruto.

Perdeu, marrando tan ditosa vida, a humildá precio; a piedá templo (que derrubou, ¡oh morte! a túa gadaña);

o mundo, Reina; o Rei, súa Margarida; a Fe, colúa; a virtude, exemplo; a pedra (cuio engaste foi), España.

Chore a nosa montaña, do gando, leite e novidade espida, semellando ás abellas no exemplo: Que se a súa Margarida, Reina, precio, colúa, pedra, templo, perden Rei, Mundo, Fe, Virtude, España..., ti, que tal perda viche, ¡Oh, magoada Galicia!, ¿que perdiche? Gómez Tonel

EXEQUIAS DA RAÍÑA MARGARIDA

Page 27: Lit sec esc

Teatro

Consérvase o Entremés famoso sobre a pesca no río Miño, de Gabriel Feixó de Araúxo (1691), pequena peza teatral escrita en galego e portugués sobre os problemas fronteirizos derivados das artes de pesca practicadas polos habitantes dun e doutro lado do Miño.

Page 28: Lit sec esc

Prosa

A única mostra conservada de prosa literaria é a Relazón da carta xecutoria de comezos do século XVI, na que se narra a morte do lendario mariscal Pardo de Cela.

O día 17 decembro 1483, diante dunha multitude que esperaba o indulto para o seu Señor, o último defensor da soberanía do Reino de Galicia era decapitado na Praza de Mondoñedo, rodando a súa cabeza ata a porta da Catedral ao tempo que gritaba: - CREDO!, CREDO!, CREDO! O corpo de Pero Pardo de Cela e do seu fillo foron feitos desaparecer para evitar a veneración dos heroes galegos, e o castelo da Frouxeira foi destruído. Constanza de Castro, filla do Marechal que loitou tamén pola soberanía do Reino de Galicia desde o castelo de Caldaloba, repousa no Convento de San Francisco de Viveiro, onde foi enterrada en odor de santidade.

Page 29: Lit sec esc

O galego perdeu a oportunidade de difundirse a través dun medio de comunicación poderosísimo,

a imprenta.

O galego resistiu como lingua falada polo conxunto do pobo,

pero seguiu perdendo oportunidades históricas para actualizarse e

arrequentarse.

Page 30: Lit sec esc

A Literatura no século XVIII: os Ilustrados

galegos

Page 31: Lit sec esc

Os pensadores de diferentes países europeos, especialmente franceses e alemáns, desenvolveron ó longo do século XVIII unha nova forma de pensar baseada na razón. Coñecemos esta época co nome de Ilustración e os seus protagonistas como os “ilustrados”. Estes nomes agrupan personaxes e tendencias diferentes pero con aspectos en común:

• A confianza na autonomía da razón.• A importancia da educación como medio de mellorar o

nivel cultural da poboación.• A defensa da liberdade de pensamento, especialmente

en materia de relixión.• A loita contra a ignorancia.

Page 32: Lit sec esc

As ideas da Ilustración prenderon en Galicia en sectores minoritarios da sociedade. Se ben a Ilustración en Europa foi profundamente reformista e tivo como obxectivo substituír o Antigo Réxime (en Francia deuse principalmente o cambio máis radical coa Revolución burguesa de 1789), os ilustrados galegos, pola súa contra, non foron na súa maioría, opositores ó Antigo Réxime. A súa vontade non era destruír o vello sistema político senón racionalizar a economía tradicional para conseguir un reparto máis xusto da riqueza e evitar a miseria e a emigración que xa empezaba a ser masiva. Para eles este cambio só podía chegar co desenvolvemento da ciencia e da técnica. Confiaban na razón humana e na educación para resolver os problemas e presentaron numerosas propostas buscando o progreso para Galicia.

Page 33: Lit sec esc

Os ilustrados vanse salientar por reivindicar:

— a modernización da agricultura— a industrialización do País e a necesidade de vías de comunicación— a recuperación da nosa rica literatura popular— o uso do galego no ensino, na Igrexa e na administración,denunciado o abuso da imposición do castelán.

Page 34: Lit sec esc

"É bárbara crueldade" e "ignorancia inaudita" "que

ensinen aos nenos galegos mediante a lingua castelá,

que non saben, unha lingua antiga (o latín) que non

deben saber, castigándoos se se lles escapa algunha

voz ou frase galega"...

Page 35: Lit sec esc

"Nacín a noite dun 9 de marzo de 1695 en Vilafranca do Bierzo, facendo alí mansión meus pais por algún tempo" Ao recibir seu pai, meses despois, unha nova oferta de traballo como Correo maior na vila de Pontevedra, trasládase alí toda a familia e na "Boa Vila", como sempre a chamará Sarmiento, vai transcorrer a súa nenez que ao longo da súa vida terá sempre moi presente."Aos 15 anos, a 3 de maio saín de Pontevedra para Madrid a vestir o santo hábito no Convento de S. Martín" Os primeiros estudios lévano ao terreo da Xeografía, da Cronoloxía e a Mitoloxía e xa no curso seguinte en Hylache (Navarra) atopámolo estudando durante tres anos Artes e Filosofía, seguindo os pasos habituais dos estudos na orde bieita. En 1714 regresa ao Convento en Madrid. Entre curso e curso cando, outra das súas grandes paixóns emerxe con forza: os estudos de filoloxía. Á vez de ser copista polígrafo duns 150 alfabetos de documentos antigos, irá aprendendo idiomas latín, grego, francés, italiano, caldeo, hebreo, árabe, etc... "entón aínda non tiña eu barbas cando tentei facer un vocabulario etimolóxico das linguas latina, galega e castelá" posiblemente para facer fronte as súas dúbidas lingüísticas que tiña como galego falante e polo que confesa recibira algunha burla dos seus compañeiros no convento.

Page 36: Lit sec esc

"A principios de outubro saín de Madrid para o colexio de San Vicente de Salamanca a estudar Theoloxía". Na época salmantina aparecerá matriculado co nome de Frei Martín Sarmiento que xa utilizará permanentemente. O nome de Martín adoptouno en honor do padrón do convento no que profesou, o de Sarmiento, segundo apelido materno.

Page 37: Lit sec esc

A súa sona de erudito polígrafo vaise espallando pola Corte, especialmente por ser coñecido como o corrector do xa consagrado Padre Feixoo. "Quixo o Reverendísimo Feixoo que eu correxise os seus tomos, así o fixen ata a súa morte". E aínda vai ser máis coñecido e un home público porque "a primeiros de marzo de 1732 xa presentei todo o material dos meus dous tomos da Demostración Crítico-Apoloxética do Teatro Crítico de Feixoo." É o único libro que publica en vida Martín Sarmiento fronte a reacción ao ideario ilustrado que defendían tanto o Padre Feixoo como Sarmiento. Concepcións tan modernas e inauditas na súa época como a de que a diferenza entre homes e mulleres non provén da natureza, como pensaban os seus coetáneos, senón da educación. Todo un alegato da igualdade entre os dous sexos en pleno século XVIII.

Page 38: Lit sec esc

Sarmiento pode considerarse representante do vencellamento entre o pensamento reformador e certos sectores do clero na Galicia do século XVIII. Os seus estudos abranguen moitas ramas do saber. Foi un grande defensor da lingua galega e do seu emprego no ensino; estudou a fauna e flora de Galicia con criterios modernos, de análise e clasificación.A súa preocupación pola economía levouno a escribir sobre a situación do campo galego. Criticou duramente ós intermediarios, administradores, rendistas, comerciantes… “que comen, visten e triúnfan opiparamente, a costa do traballo e suor dos probres galegos”. Pensaba que debían darse axudas económicas aos agricultores para que non abandonasen a agricultura, porque esta era a base de toda a economía: “Sen agricultura non pode haber fábricas, nin manufacturas, nin comercio sólido e estable”.

Page 39: Lit sec esc

o Padre Sarmiento foi un auténtico sabio que, con verdadeira devoción, estudou variados aspectos da realidade galega. O relativo valor literario das súas obras, acrecéntase, sen embargo, pola relevante achega lexicográfica. Tal é o caso do seu Coloquio de Perico e Marica ou Coloquio de 24 gallegos rústicos.Coloquio de los 24 rústicos. Esta obra é un conxunto de coplas de versos hexasílabos, nos que catro rapaces, empregados en Madrid, falan da morte de Filipe V e da subida ó trono de Fernando VI.

Page 40: Lit sec esc

Outras figuras da Ilustración galega son o Padre Feixóo, Xosé Cornide Saavedra, Francisca Isla Losada, Diego Antonio Cernadas e Castro e Anselmo Feijóo Montenegro.

Benito Xerónimo Feixoo e Montenegro

É o autor do Teatro crítico universal, ou Discursos varios en todo género de materias para desengaño de errores comunes, que se publicou entre 1726 e 1740. Nesta obra trata temas de distintas ciencias e actividades humanas e, polo seu propósito de discorrer acerca das falsas crenzas e as supersticións, entre outros erros difundidos no pobo, chamáronlle "o desenganador das Españas". É autor tamén das Cartas eruditas y curiosas, publicadas entre 1742 e 1760.

Page 41: Lit sec esc

Veinticinco personas

Perucho dos Merolos,Maruxa das Rulas,Xepiño da Fonte,Minguiña do Rego.

Antón de DomayoMamed de SalcedoAlbertos de CoyroMacias de Hermelo

Martiño dos Cobres,Bartholo do Tesso,Bieito de Ardán,Bras de Montezelo,

Roque de Beluso,Bastián do Castelo,Jhan de Figueirido,Mingos do Penedo.

Lucia da Esculca,Thereixa do Cerro,Farruca da Braña,Marta dos Rexelos

Andrea da Chouza,Thomasa d’OuteyroCatuxa do Mato,Mariña a do Cego.

El poeta Marcos da Portela

Page 42: Lit sec esc

Coloquio de 24 gallegos rústicos, por Frei Martín Sarmiento

MARCOS DA PORTELA: 1.- No chan que en Morrazochaman os galegoschán de Parafita,que chega hasta o cèo,

2.- que está nò camiñoque vay á o Ribeyrodendes Pontevedra,a vila do reyno;

3.- a hum-há legoiña,camiño dereyto,fay conta que sigueso rumbo surlesto;

4.- se sube en relanzopor todo o vieyro,sin muita fadiganem muito tormento.

5 agiña se chegaao chan que dixemos,e mais ê bem anchotodo o seu terreo.

6 Alí corren lebres,e cazan coellosos homes nas festas,despois van vendelos.

7 De alí, d’aquel chan,tan alto en extremo,se ve toda a vilacos seus arrodeos;

8 se ve o mar bravo,se ve o mar quedo,de Ons e do Tamboas ilhas ao lexos

Page 43: Lit sec esc

Non poucas veces teño pensado en cal foi a causa de que en Galicia se introducise o uso ou abuso de escribir en castelán o que antes se escribía en galego. Non hai xénero de escritura, testamento, doazón, venda, contrato, foro, arrendo, merca, troco, partixas, etc., que eu non teña visto ou lido en Galicia en latín ou galego e sei que se poden cargar carros destes instrumentos que se conservan en Galicia. Non habendo pois precedido nin concilio nin cortes, nin consentimento uniforme dos galegos para actuar, outorgar, comerciar en lingua castelá, ¿quen o introduciu? A resposta está tan patente que Galicia chora e chorará sempre; non os galegos, senón os non galegos que ós principios do século XVI inundaron o Reino de Galicia, non para cultivar as súas terras, senón para facerse carne e sangue das mellores e para cargar cos máis pingües beneficios así eclesiásticos como civís. Eses foron os que por non saber a lingua galega nin por palabra nin por escrita, introduciron a monstruosidade de escribir en castelán para os que non saben senón o galego puro. Esta monstruosidade é máis evidente nos empregos eclesiásticos.

Martín Sarmiento