Lingua padrón e variantes lingúísticas

14
Lingua padrón e variantes lingüísticas

Transcript of Lingua padrón e variantes lingúísticas

Page 1: Lingua padrón e variantes lingúísticas

Lingua padrón e variantes lingüísticas

Page 2: Lingua padrón e variantes lingúísticas

Lingua ESTÁNDAR ou PADRÓN

Modelo de lingua común cuxa función principal é servir como canle de comunicación nos usos orais formais e na escrita:

• Documentación administrativa.• Medios de comunicación.• Ensino• As conferencias e os discursos.

A proposta do galego estándar coñecida como normativa oficial está recollida nas NORMAS ORTOGRÁFICAS E MORFOLÓXICAS DO IDIOMA GALEGO (2003)

Page 3: Lingua padrón e variantes lingúísticas

Variedades lingüísticas

A diversidade interna da lingua pódese clasificar, atendendo ás circunstancias que inciden no seu uso, en:

• Variedades xeográficas ou dialectos.

• Variedades situacionais ou rexistros.

• Variedades sociais/profesionais.

Page 4: Lingua padrón e variantes lingúísticas

Variades xeográficas ou dialectos

Os estudos sobre as variacións fonéticas e morfolóxicas que presenta o galego ao longo do seu territorio distinguen tres grandes bloques lingüísticos:

• OCCIDENTAL• CENTRAL• ORIENTALO fenómeno lingüístico que nos permite establecer

estes bloques é o plural da palabras rematadas en –N: corazóns/corazós/corazois.

Page 5: Lingua padrón e variantes lingúísticas

BLOQUES DIALECTAIS

Page 6: Lingua padrón e variantes lingúísticas

Fenómenos lingüísticos

• Gheada: aspiración do fonema velar /g/ que se pronuncia como velar ou aspirada (ghato, logho)

• Seseo Implosivo (final de sílaba: des, lus) e explosivo ( inicio de sílaba: sinco, cabesa, sen): transformación do son interdental en alveolar /s/

• Diferentes terminacións para os sufixos latinos - anum/-anam: o irmán/a irmán, o irmao/a irmá, o irmán/a irmá.

• Pronome tónico TI/TU , EL/IL e dos demostrativos ESTE/ISTE

• Mantemento ou perda do u nos ditongos CUA/GUA• Emprego dos pronomes átonos TE/CHE• Terminacións do pretérito: colleches/colliches.• Terminacións do presente: Cantades/cantais• Ditongo UI / OI

Page 7: Lingua padrón e variantes lingúísticas

Mapas

Page 8: Lingua padrón e variantes lingúísticas

BLOQUE OCCIDENTAL

• Seseo implosivo• Seseo explosivo• Gheada• Pronome suxeito TI/TU• Pronome suxeito EL• Ditongo OI/UI• Perdéches• Terminación NS, camións, xamóns• Terminación ÁN para masc. e fem.( verán, man,mañán)• Formas: cantades, comedes• * Zonas de cheísmo, teísmo.

Page 9: Lingua padrón e variantes lingúísticas

BLOQUE CENTRAL

• Non hai seseo( algo de seseo implosivo)• Non hai gheada*• Ditongo OI maioritario• Alternancia A/UA (catro, gardar/cuatro, guardar)• Pronome suxeito TU• Pronome suxeito IL/EL• Terminación AO/Á masc. e fem.(verao, a mao,mañá)• Colliches• Terminación do plural Vogal tónica +S(xamós, pantalós)• Demostrativo ISTE/ISE/AQUIL• * zonas de LLELO

Page 10: Lingua padrón e variantes lingúísticas

BLOQUE ORIENTAL

• Non gheada• Non seseo• Pronome suxeito TU• Terminación AO/Á( o irmao, verao, mao, mañá)• Plural IS (pantalois, xamois)• Formas: cantais, comeis• Ditongo UA (cuatro, guardar)• Ditongo UI/U (truita, truta, trutia)• Plural de palabras rematadas en –L en IS (animais)• * Ancares: vogais nasais, gheada• *Terminación –IN ( paxarín, camín)• *Forma: Vecius(veciños)

Page 11: Lingua padrón e variantes lingúísticas

Variedade s situacionais ou rexistros

Determinadas polo contexto

• Canle: oral ou escrita.

• Interlocutores: grao de familiaridade, idade…

• Tipo de mensaxe: carta, nota, discurso...

• Situación comunicativa: charla informal, conferencia, comunicado …

Page 12: Lingua padrón e variantes lingúísticas

Rexistro informal/oral/non planificado/coloquial

• Dialectalismos: fonéticos e morfolóxicos• Vulgarismos(dependendo do nivel cultural do falante)• Abundancia de deícticos: demostrativos, adverbios(aquí).• Pronomes persoais de 1ª e 2ª persoa, posesivos.• * Pronomes de solidariedade (che, vos, lle, lles)• *Dativo de interese ( me, nos)• Elementos non verbais: acenos, expresión facial …• Sintaxe sinxela: simples, coordinadas, oracións curtas.

( anacolutos, frases inacabadas, elipses, hipérbatos)• Interxeccións:

ah,ai,bah,boh,ca,canté,eh,ei,hala,ho,oi,ola,ouh,vaites.

Page 13: Lingua padrón e variantes lingúísticas

Rexistro informal/oral/non planificado/coloquial

• Léxico e información.- Vocabulário pouco preciso: palabras “comodín” ( couso,

cousa, historia, asunto …)*inflúe o nivel cultural.- Repeticións de palabras e información.- Onomatopeas: facía téquele-téquele ao andar- Frases feitas: chover a cachón, ser un ninguén, andar ás

minchas.- Xirias(*inflúe o grupo social): chupa, carro, cocer …- Refráns e proverbios: falar non ten cancelas …- Coloquialismos, palabras tabú: espichar, cabrear, foder..

Page 14: Lingua padrón e variantes lingúísticas

Rexistro formal/escrito

Acostuma ser non espontáneo, planificado.• Falta de elementos non verbais.• Progresión da información: estrutura, orde, causalidade.• Lingua coidada:- Sintaxe complexa: subordinación, interordinación,

oracións longas.- Lingua estándar: respecta a gramatica, sen

dialectalismos.- Léxico variado, preciso e respectuoso: tecnicismos,

cultismos, ausencia de palabras comodín.- Non hai apoios verbais e interxeccións.