Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

332
rural e desenvolvemento Cultura tradicional Xavier Simón Fernández e Xabier Prado Orbán (eds.)

Transcript of Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

Page 1: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

rurale desenvolvemento

Cu

ltu

ra t

rad

icio

na

l e

de

sen

volv

em

en

to r

ura

l

Cultura tradicional

Xavier Simón Fernández e Xabier Prado Orbán (eds.)

Edición co Patrocinio de

Proxecto cofinanciado polo FEDER

Coa participación da UNIÓN EUROPEA

Page 2: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural
Page 3: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

Cultura tradicionale desenvolvemento rural

Page 4: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

Patrocinio da edición Xunta de GaliciaUniversidade de Vigo

Edición a cargo de Xavier Simón Fernández e Xabier Prado Orbán

Deseño seteseoitodeseñográfico

Imprime Artes Gráficas Diumaró

ISBN-13 978-84-611-2829-7

ISBN-10 84-611-2829-X

Depósito Legal VG-1078-2006

Este libro foi impreso en papel ecolóxico.

Page 5: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

Introdución 01 O Proxecto Cantata. Unha aposta pola cultura xenuína 35

Rosario Álvarez Cao

02 A cultura tradicional galego-portuguesa 43Álvaro Campelo

03 O Intanxible Común 47Francisco Fernández Rei

04 A Comunidade de Traballo Galicia-Norte de Portugal e a cultura común galego-portuguesa 51Manuel Cao Fernández

05 Patrimonio inmaterial vs. materialismo “apatrimonial” 57Xerardo F. Santomé

06 Arte, Creación, Vida 61Antón Patiño

07 A posta en valor do patrimonio etnográfico. Apuntamentos breves 63 e reflexión críticaXosé C. Sierra Rodríguez

08 Accións de salvagarda para o patrimonio cultural inmaterial 71Iván Area Carracedo; Anxo Fernández Ocampo; Xabier Prado Orbán; Xavier Simón Fernández

09 O coñecemento tradicional como un alicerce para 77construírmos o futuroXavier Simón Fernández

A candidatura do Patrimonio Inmaterial (PI) galego-portuguéscomo obra mestra da humanidade

10 Un patrimonio para o futuro: manifesto a favor do Patrimonio 87Inmaterial galego-portuguésSuso de Toro

11 Romance e árbore das tradicións orais galego-portuguesas 89Jorge Santos Silva; Xabier Prado Orbán

Presentación 11Edelmiro López Iglesias. Director Xeral de Desenvolvemento Rural

LimiarCultura tradicional e desenvolvemento. Unha achega posnormal para transformarmos o mundo rural 13Xavier Simón Fernández; Xabier Prado Orbán

Índice

Page 6: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

12 Presenza de elementos culturais europeos na cultura tradicional galego-portuguesa 93Xosé L. Méndez Ferrín

13 Candidatura de Patrimonio Inmaterial e desenvolvemento rural 97Xabier Prado

14 Ponte…nas Ondas!: 1 patrimonio para o futuro 101Santiago Veloso

15 As Escolas UNESCO e o desenvolvemento 103Luísa Márquez

16 A lusofonia como um factor valorizador da cultura tradicional galega e das súas potencialidades económicas 105Jorge Rodrigues Gomes

Institucións, axentes e PI

17 O Consello da Cultura Galega e os estudos de etnografía en Galicia 111X.M. González Reboredo

18 Actividades de dinamización do Museo do Pobo Galego 115Ana Estévez

19 Museu Agrícola de Entre Douro e Minho e o seu contributo para dar visibilidade a um tesouro invisível: o Patrimonio Inmaterial do Mundo Rural 119Abraão Veloso

20 Xermolos na recuperación do patrimonio 123Alfonso Blanco Torrado

21 Cando o museo está dentro da escola 127Secundino García

22 A Universidade Rural Paulo Freire do Eume 131Miguel Teixido Sotelo; Xavier Briset

23 Achegas ao perfil humano do emigrante galego 135Xosé Lois García

Manifestacións de PI: a cosmovisión

24 A Universidade Rural Galega e a posta en valor dos Saberes 141Secundino García

25 ¡Non sen elas! O papel das mulleres na cultura tradicional 145Rosa Pascual Abal; Puri Pérez Leirós

26 A agricultura tradicional como opción de futuro 147Xoán Carlos Carreira Pérez

27 Agricultura tradicional alternativa na aldea de Reboreda 151Pilar Penín Penín; Eloi Davila González

28 Conservando e valorizando a biodiversidade: un exemplo pioneiro e exitoso manexando o vacún na provincia de Ourense 155José Luís Vaz Fernández

Page 7: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

29 A galiña piñeira 159Xan Ramón Díaz Saavedra

30 Un novo impulso para os montes veciñais: un patrimonio único 161Xosé Represas Giráldez

31 Desenvolvemento local e patrimonio. Mardelira: un proxecto de desenvolvemento sustentable 165Emilio Louro Lamela

32 Agora ou nunca. A talasonimia 169Xosé Lois Pilar Pedreira

33 As embarcacións fluviais como recurso 173Xosé Manuel Vázquez

34 As pesqueiras do Miño, un patrimonio en perigo 177Inma Peniza

Manifestacións do PI: o universo artesán

35 A tradición, un patrimonio para o futuro 187José Antonio González Fernández

36 Centro de Recuperación da Cultura Popular (CRCP) do Castelo de Vilasobroso (Ponteareas) 191Ilda Amoedo Amoedo; Rafa González Goyanes

37 As olerías de Sober: unha experiencia 195Tomás López González

38 Os derradeiros batáns de Galicia 199Manuel Suárez Suárez

Manifestacións do PI: o universo lúdico-festivo

39 O proxecto Galicia Encantada. A web da fantasía popular de Galicia 207Antonio Reigosa

40 O patrimonio lúdico galego 209Lois Pardo

41 Algunhas propostas de acción de salvagarda en torno á música tradicional 213Iván Area Carracedo; Pablo Carpintero Arias

42 Os ranchos de Reis na Galiza. O caso de Guláns (Ponteareas) 221Nieves Barrera; Marisol González

43 Os músicos da Limia 227Iván Area Carracedo; Cástor Castro Vicente

44 Chegou o Entroido 231Xosé Manuel Atanes

Traballando co patrimonio inmaterial: as prácticas textuais

45 Cago na guineta: da salvagarda como reciprocidade entre texto e habitante 239Anxo Fernández Ocampo

Page 8: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

46 A revista oral O Pazo das Musas. Unha proposta para a dinamización da cultura popular 245Antonio Reigosa

47 Cultura tradicional nas aulas: improvisación oral 247Hortensia Bautista Fernández

48 A regueifa no mundo actual 251Pinto de Herbón

49 Educación ambiental a través dos contos tradicionais 255Papaventos. Escola Ambiental

50 Dinamización cultural na parroquia de Proendos 259Alfonso Campos; Manuel Falagueiro

Territorio, patrimonio e desenvolvemento

51 As imaxes do territorio: paisaxes e marcas de identidade 267Xosé Manuel Souto González

52 Achegamento a algúns principios do desenvolvemento sustentable 273Ramón López Rodríguez

53 A cultura da auga: balnearios e mares interiores na comarca do Ribeiro 277Rosario Álvarez Cao; Arturo Revilla Bonnin

54 A cultura enerxética en Galicia. Cara ao turismo industrial na comarca do Eume 285Rosario Álvarez Cao; Arturo Revilla Bonnin

55 A cultura vitivinícola na comarca do Ribeiro. A ruta das aldeas vitivinícolas medievais 289Rosario Álvarez Cao; Luis Cohen Bossié; Arturo Revilla Bonnin; Ana Suárez Samaniego

56 A valorización dos produtos tradicionais na comarca da Ulloa. A súa integración no Proxecto Cantata 295Rosario Álvarez Cao; Guadalupe Fernández Bouza

57 Marca de Calidade Territorial ULLAUMIA 299Xosé Mª Tobío Iglesias

58 O Centro de Desenvolvemento Rural “Ancares” 303Ramiro Martínez Carballosa

Transmisión e difusión do PI

59 Mostra do Patrimonio Inmaterial en Ourense 311Xerardo Feijoo; Lois Pardo

60 O sobrevivir do rural. A experiencia de San Tirso de Abres 315Loli Gutiérrez

61 Encontro da cultura tradicional do Bierzo e As Portelas 319Marisa Cela López; Héctor M. Silveiro Fernández

62 Estiño: un pouco de historia 323Colectivo Pedagóxico Estiño de Escolas Rurais

Relación de autoras e autores 326

Page 9: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural
Page 10: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

Presentación

Page 11: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

A Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO),na 32ª reunión da súa Conferencia Xeral celebrada en París no ano 2003, aprobou aConvención para a salvagarda do Patrimonio Cultural Inmaterial. En novembro de 2005 aCandidatura de Patrimonio Inmaterial Galego-Portugues concorreu á Terceira Proclamaciónde Obras Mestras do Patrimonio Oral e Inmaterial da Humanidade, buscando o recoñece-mento das tradicións orais de ambos países. Daquela, pese ao esforzo dos promotores dacandidatura, non se acadou tal consideración.

As sociedades rurais tradicionais son portadoras dun gran patrimonio de carácter oral einmaterial. Pénsese, sen ir máis lonxe, nas tarefas vinculadas ao ciclo agrario. Todas elas inclu-ían unha forte carga cerimonial: cantigas, danzas, traxes... Pénsese tamén nas lendas popula-res pero tamén na cultura (cerimonia) do viño e tamén no aproveitamento tradicional da ener-xía dos ríos. Agora, boa parte destas expresións atópanse nunha situación de vulnerabilidade.

Son moitas máis, porén, as expresións e manifestacións inmateriais comúns entre Galizae Portugal: a primeira delas a lingua. A nosa forma de relacionarnos os uns cos outros e comundo, e que nos confire identidade. Patrimonio Inmaterial é tamén a nosa forma denomear o que nos rodea e os lugares nos que vivimos. A toponimia, polo tanto, tamén for-ma parte dese excelente capital que temos que resgardar do esquecemento.

É neste contexto no que é pertinente a definición de accións de salvagarda que buscangarantir a viabilidade do Patrimonio Cultural Inmaterial. As accións deben traballarse cunenfoque participativo posto que os verdadeiros protagonistas, os portadores, son os homese mulleres do medio rural.

Non obstante, cómpre deixar moi claro que para a Consellaría do Medio Rural non esta-mos falando só de pasado, senón sobre todo do futuro. A tarefa colectiva que estaConsellaría pretende liderar nos próximos anos é a de construír un medio rural galego vivoadaptado ás novas condicións do século XXI, e un dos seus alicerces (tamén no planosocioeconómico) ten que ser a conservación renovada e a posta en valor do patrimonionatural e cultural herdado do pasado.

En consecuencia, non se trata só de salvagardar senón que as actuacións deben dirixir-se de modo preferente a identificar oportunidades e novas alternativas de produción e con-sumo de produtos rurais. Neste sentido, valores sociais e ambientais tradicionais, adecua-damente postos ao día, poden axudar a dar resposta aos problemas de despoboamento eabandono que caracterizan hoxe o noso medio rural. O patrimonio cultural –o material einmaterial- é un dos recursos do que poden nacer iniciativas de emprego para os mozos;unha materia prima que pode ser motor e xeradora de riqueza e benestar e, por iso, cóm-pre prestarlle atención crecente.

Finalmente, no mundo actual, convivindo co excepcional desenvolvemento das canlesde comunicación, existe unha evidente necesidade de actualización de enfoques e usos dospatrimonios locais inmateriais, co que xorden, tamén aquí, novas formas de cooperación,hoxe aínda maioritariamente exercidas a través de canles institucionais.

A presente publicación pon de manifesto a extraordinaria riqueza do noso patrimonioinmaterial e, sobre todo, que este patrimonio está vivo, que evoluciona e que quere crearun futuro propio. Este será o mellor recoñecemento que poda acadar.

Edelmiro López IglesiasDirector Xeral de Desenvolvemento RuralConsellaría do Medio RuralXunta de Galiza

Page 12: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

Limiar

Page 13: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

Esta pequena achega ao estudo e dinamización do patrimonio inmaterial galego e, porextensión, do noroeste peninsular, é o resultado da vinculación no tempo dun conxuntode axentes, movementos sociais, institucións e organismos públicos así como de persoas anivel individual.

O vínculo vén establecido polos promotores da candidatura do Patrimonio InmaterialGalego-Portugués á proclamación pola UNESCO como Obra Mestra da Humanidade que,malia non ter recibido ese recoñecemento, abriron novos campos de batalla nos que con-tinuar a loita pola defensa e posta en valor do noso PI.

O soporte material e institucional desta publicación vén dado pola coincidencia deobxectivos entre aquela iniciativa e o proxecto “Cantata” do arco atlántico europeo, comose explicará máis adiante.

É esta unha publicación mestiza no sentido de dar entrada a autores e colectivos queparticipan non en función do seu recoñecido prestixio, vara de medir predominante naciencia normal, senón en función de estaren afectados, en diferentes medidas, polo proce-so de recuperación e valorización do patrimonio inmaterial galego-portugués. Así, entre osautores encontramos científicos consagrados, pequenos aprendices de científicos, porta-dores e portadoras, axentes de dinamización social, mestres, políticos e artistas, utilizan-do diferentes formatos como entrevistas, textos formais, contos e outros.

Esta publicación, xa que logo, encádrase dentro do novo paradigma científico deno-minado ciencia posnormal. Neste novo paradigma, ademais de dar importancia ás perso-as, independentemente da súa valía científica, o obxectivo non é “acertar de forma exacta”na diagnose do problema analizado, pois recoñécese a existencia de incertezas ineludíbeis.Por outra parte, cando enfocamos un problema desde esta perspectiva colócase en pri-meiro lugar os compromisos ou valores dos axentes implicados máis que os feitos obxec-tivos, tal e como se fai na perspectiva científica. Neste sentido cómpre sinalar que de acor-do coa perspectiva da UNESCO, o enfoque do patrimonio inmaterial está centrado naspersoas (os denominados “portadores”) e nas súas comunidades.

Ademais todos os autores deste libro coinciden na preocupación polo estado actualdo noso patrimonio inmaterial en todas as súas esferas; é dicir, manifestan explicita-mente a existencia dun grave problema e o seu compromiso a traballar a prol da súa

Cultura tradicional e desenvolvementoUnha achega posnormal para transformarmos o mundo rural

Xavier Simón Fernández; Xabier Prado Orbán

Page 14: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

14

Cultura tradicional e desenvolvemento. Unha achega posnormal para transformarmos o mundo rural

defensa. Dito doutro xeito, o que está en xogo é moito: eis outra das características dosproblemas posnormais.

Neste sentido, o cambio político na Xunta de Galicia é observado como unha moi boanoticia para a defensa e valorización do PI pois o novo goberno cre na natureza do pro-blema e comprométese a fondo na súa salvagarda. Porén, a resolución dos problemas pos-normais non é algo exclusivamente técnico nin pode depender da vontade política especí-fica deste ou de calquera outro goberno. A calidade das estratexias de resolución para adefensa e posta en valor do PI ha de medirse a través dunha cada vez maior participacióne compromiso de leigos e expertos.

Por outra parte, o conxunto de traballos que fan parte desta obra colectiva non preten-den sentar cátedra e ser unha referencia absoluta no ámbito da cultura tradicional, espe-cialmente no que ten que ver cos procesos de valorización. Máis ben, queren ser o puntode partida para un debate rigoroso, pausado e transparente, sobre as posibilidades queexisten para definir novos sistemas de intercambio social, económico e ecolóxico que con-sideren oportuno tomar como alicerce a cultura tradicional propia. É dicir, a perspectivaque nos moveu a xuntar esforzos non é tanto a adoración da cultura tradicional como unhafin en si mesma na que os autores deste libro sexamos as “estrelas” senón, sobre todo,tomar a cultura tradicional no seu conxunto, e cada unha das súas manifestacións parti-culares, como un medio útil para alcanzarmos maiores niveis de desenvolvemento.

No noso país, durante décadas, ducias de persoas e colectivos traballaron a prol da cul-tura tradicional realizando un labor, en moitos casos de “salvación nacional”, poucas vecesrecoñecido e valorado no seu xusto punto. Sen querermos atribucións que non nos corres-ponden, gustaríanos que este libro fose ollado como un pequeno recoñecemento ao traba-llo de todos e todas eles e elas.

O libro témolo estruturado nunha parte introdutoria e oito partes, que brevementecomentamos de seguido, destinadas a facer un percorrido por diferentes aspectos vence-llados co PI. Queremos recalcar que a idea condutora de todas as achegas é que o PI podeser un dos alicerces para definirmos estratexias de desenvolvemento que dean resposta aalgúns dos problemas máis graves aos que se enfronta o mundo rural galego, entendidoeste de xeito amplo incluíndo, xa que logo, tamén ao mundo mariñeiro.

Introdución

A idea motriz desta publicación de ser un compendio de iniciativas que resulten nun-ha chamada á acción participativa a prol da salvagarda do PI como unha contribución aodesenvolvemento sustentábel, xustifica de por si a inclusión dun apartado específico decarácter netamente introdutorio, a modo dun “compendio de introducións”.

Cada un desde a súa particular perspectiva persoal, profesional ou institucional, os dife-rentes autores ofrécennos unha visión sintética deste vasto universo conceptual e ideolóxico.

Rosario Álvarez Cao, desde a Sociedade para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia,marca os aspectos máis salientábeis desa iniciativa denominada Cantata que tenta pularpola valorización de distintos aspectos do patrimonio inmaterial. Esta proposta, cuxasexperiencias están espalladas ao longo do libro, serve para amosar un dos camiños, o ins-titucional, que serven para traballar a prol do patrimonio inmaterial.

A dimensión transnacional do PI fica nitidamente clara co texto de Álvaro Campelo. Avisión deste investigador, redactor da parte portuguesa do dossier presentado á UNESCO,é moi interesante para o obxectivo fundamental desta publicación. Non en van, Campeloapela a “investigar e desenvolver conhecimento no campo dos recursos naturais e na defe-

Page 15: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

15

Limiar

sa do ambiente” e a “fundar uma economia do saber na capacidade que temos de estarmosabertos ao mundo” co obxectivo de sermos “herdeiros dignos da cultura que recebemos eparticipantes neste mundo globalizado”. Neste mesmo sentido exprésase FranciscoFernández Rei nese artigo con título tan suxerente (“o intanxible común”) que fora escritopara alimentar o proceso da Candidatura. Fernández Rei coida que as tradicións orais hanser recuperadas, revitalizadas e transmitidas pois deste xeito “os galegos e os portugueses(e tamén os estremeiros) que habitamos a costa e o interior da antiga Gallaecia contribui-remos a afianzar a nosa identidade común neste xeira globalizadora e uniformizadora”.

O papel que o patrimonio inmaterial pode ter, como elemento de dinamización socioe-conómica, para as comunidades galega e do norte de Portugal fica sobranceiramente expli-citado no artigo de Manuel Cao Fernández, desde a Comunidade de Traballo Galicia-Nortede Portugal (CTGNP). Cómpre sinalar tanto o rol que a CTGNP tivo durante o proceso dacandidatura como as súas intencións actuais para apoiar iniciativas orixinais que tentenavanzar no proceso de valorización do patrimonio inmaterial.

O traballo de Xerardo F. Santomé introduce a polémica rigorosa arredor dos proce-sos de mercantilización do patrimonio inmaterial, un aspecto salientábel que non debe-mos esquecer. Santomé apunta que “detrás da meirande parte dos intentos de actuali-zación e modernización (do PI) existen intereses particulares soterrados: intereses quevan desde a busca de prestixio social e profesional ata os económicos, como fin última,e pasando polos políticos”. Neste sentido atrevémonos a apuntar, para o debate, ocomentario da Sra. Concha de Luneda, que se reproduce no texto do gaiteiro de Xistra:“A min déronmo ghratis e eu dóuvolo ghratis. O importante é conservalo, que é o máisghrande que temos”.

O texto de Antón Patiño vai nesta mesma liña, cando sinala que “a endogamia acrí-tica, o ensimesmamento compracente e folclórico nun ruín oficialismo populista forondeica agora as consignas e as coordenadas básicas da actuación política co relación ácultura” Demandando “vitaminas de autoestima” e facéndose eco das palabras de UxíoNovoneyra, o pintor, neste libro escritor, sinala que as cuestións clave son “preservar econservar, inventar e transmitir”. Para convertermos en circunstancial o “déficit devisionarios” que padece a nosa terra, Patiño demanda arte, creación e vida, triloxía queha servir, no caso particular do PI, para construírmos novos escenarios esperanzadorespara o noso país.

Ao duplo obxectivo de sinalar apuntamentos críticos do que levamos feito ou deixadode facer e camiños para a valorización do PI, en especial no que se refire ao papel dosmuseos etnográficos, destínase o texto de Xosé Carlos Sierra.

O traballo conxunto de Iván Area, Anxo Ocampo, Xabier Prado Orbán e XavierSimón Fernández vai na liña creativa ao deseñar liñas mestras para avanzar no procesode salvagarda do PI. Resulta moi interesante a sistematización realizada neste texto enrelación co proceso de salvagarda ao distinguiren as fases de comprensión, intervencióne recomposición que veñen resumir moi acertadamente os pasos necesarios para o tannecesario proceso de valorización do PI.

A introdución finaliza cun texto de Xavier Simón Fernández no que se sinalan asgrandes oportunidades existentes para construírmos novas alternativas de produción econsumo de produtos rurais cos alicerces do sistema agrario tradicional. Sen excluír osavances tecnolóxicos, nin moito menos, Simón apunta que o sistema agrario tradicional,base na que se desenvolveu durante centurias a nosa cultura tradicional, ten valoressociais e ambientais que poden dar resposta aos actuais problemas de despoboamento eabandono dos recursos produtivos.

Page 16: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

16

Cultura tradicional e desenvolvemento. Unha achega posnormal para transformarmos o mundo rural

A candidatura

O Manifesto “Un Patrimonio Para o Futuro” escrito por Suso de Toro e asinado por tre-ce persoas de prestixio nacional e internacional no mundo da cultura, manifestando que oNoroeste da Península Ibérica “é unha esquina da Europa que non é lugar de paso, senónun recipiente no que se foron integrando elementos diversos de modo continuado” resaltaque “aquí vemos que o máis específico local noso é precisamente a cultura europea máisprofunda”. Perspectiva que coincide coa de Xosé Luís Méndez Ferrín, no texto elaboradopor Xabier Prado Orbán, Hortensia Bautista e Isabel Fernández, cando di “pódese dicir queestamos a falar dunha cultura europea no máis amplo sentido do termo” cando nos referi-mos á cultura galego-portuguesa.

Por outra parte, os asinantes do Manifesto salientan a necesidade de esculcar, estimar erespectar o propio patrimonio cultural devecendo pola súa proclamación pola UNESCOpois iso mellorará a calidade de vida e será unha marca de identidade aquí e “en todo omundo a través das persoas e países nos que fai parte da súa identidade”.

Esta visión que parte do local pero que está situada no mundo, ocupando un espazosimbólico e tamén material, foi un punto de partida acertado que explica o éxito da can-didatura, malia no ter alcanzado o recoñecemento.

O romance do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués, traballo realizado conxunta-mente por un portugués, Jorge Santos Silva, e un galego, Xabier Prado Orbán, foi realiza-do como complemento da Árbore do Patrimonio, feita por un alumno dunha EscolaAsociada á UNESCO, Pablo Prado, no que se resumen os principais elementos da culturatradicional común en formato de banda deseñada.

O proceso de candidatura iníciase, de feito, moito antes do mesmo coñecemento polospromotores da existencia de tal posibilidade diante da UNESCO. De xeito paralelo, asEscolas galegas da Rede Internacional de Escolas Asociadas á UNESCO, por unha parte, ePonte… nas Ondas!, Asociación cultural da que forman parte centros de ensino galegos eportugueses, poñen en marcha iniciativas que conflúen en iniciativas comúns previas,como explica Xabier Prado no seu artigo, e levan a un traballo conxunto de 4 anos de pre-paración da candidatura e busca de adhesións. Ponte… nas Ondas!, en palabras do seuPresidente Santiago Veloso, coa presentación da Candidatura “culminou un ciclo de 11anos que, lonxe de pecharse en si mesmo, quere abrirse á sociedade galega e portuguesapara compartir e ofrecer unha actividade innovadora e creativa”.

Innovar e Crear, eis dous verbos necesarios para a defensa da cultura tradicional e a súaposta en valor. Unha vez máis, como escribe Luísa Márquez, a actividade previa e innovado-ra das Escolas UNESCO, mobilizando durante tempo a comunidade educativa en RedesInternacionais de Escolas que defenden os Dereitos Humanos e pulan pola aprendizaxe inter-cultural e a protección do medio ambiente, foi un insumo fundamental no resultado final dacandidatura. Outro tanto podemos dicir das Escolas asociadas en Ponte… nas Ondas!: ven-cellando a escolares de fala galega en moitos países do mundo con actividades participativasde formación e diversión foron construíndo, creando, a dimensión internacional asociada aonoso patrimonio inmaterial presente no proxecto de candidatura finalmente deseñado.

Esta sección do libro finaliza co traballo de Jorge Rodrigues Gomes, autor da primeiraformulación do concepto de cultura tradicional galego-portuguesa para a Candidatura áUNESCO, na cal aportou tamén o seu traballo de investigación encol das xergas gremiaisdo noroeste peninsular como elemento inmaterial por excelencia. Rodrigues propón no seuartigo unha reflexión sobre a importancia e o interese que ten para a Galiza o achegamen-to ao mundo cultural da lusofonía.

Page 17: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

17

Limiar

O proceso iniciado polos promotores ten outra virtude que cómpre salientar: iniciadodesde o mundo educativo público foi quen de alcanzar un elevado nivel de participaciónde axentes, portadores, investigadores, comunicadores, educadores e, en xeral, cidadánsconscientes, e institucións, xerando un certo nivel de participación horizontal que xerouaprendizaxe mutua e deixando pouso suficiente para que o traballo a prol do PI bula e inceas mentes e espazos de traballo e compromiso de moitos e moitas galegas.

Se o agromo da candidatura foi o resultado dun proceso plural e participativo, e por isofoi un éxito, o traballo que se queira desenvolver a partir deste momento tense que moverneses parámetros. É necesario dar cabida a todos os que teñan algo que dicir, desde os lei-gos aos expertos, e cómpre abrir novos ámbitos para facilitar a participación permanentena diagnose e avaliación de oportunidades en relación ás accións de salvagarda do PI.

Institucións, axentes e PI

Neste senso, este libro foi concibido como un medio que permita facer constar o papeldesenvolvido polos axentes sociais, independentemente do seu carácter ou ubicación, nadefensa e salvagarda do PI.

Xosé Manuel González Reboredo, redactor da parte galega do dossier presentado áUNESCO, como membro da Sección de Antropoloxía Cultural do CCG fai un recoñece-mento do traballo previo feito polos principais “folkoristas e etnógrafos” e relaciona asprincipais actividades que se teñen realizado a prol do PI. Cómpre sinalar que GonzálezReboredo chama a atención sobre a necesidade de que os axentes de desenvolvementorural valoren no seu xusto punto o valor da cultura tradicional pois “algúns (dos seus) ele-mentos poden ser recuperados de maneira operativa, con fins turísticos, comerciais, de agri-cultura ecolóxica ou de cohesión social”. A vinculación entre cultura tradicional e desen-volvemento convértese, como diciamos, no eixo condutor desta publicación.

Que fagamos mención dunha única institución pública, o CCG, que se dedica á inves-tigación antropolóxica, non quere dicir que non existan outros Centros que teñan esa fun-ción. Os Departamentos universitarios son, sen dúbida, un lugar común onde se realizainvestigación deste tipo mais cómpre salientar que poucas veces se dá o paso adiante devincular etnografía, cultura tradicional e desenvolvemento social.

No cumio institucional traballando a prol do PI está o Museo do Pobo Galego (MPG).Ana Estévez amósanos como o MPG traballa, principalmente, no eido da difusión do patri-monio inmaterial cando, acertadamente, sinala que os aspectos inmateriais do noso patri-monio “están unidos de forma inextricábel aos oficios, os saberes, as prácticas de toda ordepolo que se atopan presentes de xeito implícito en todo o discurso expositivo (do MPG)”.A autora tamén sinala como, desde 2003, o MPG, en colaboración coa Fundación AntonioFraguas, puxo en marcha un estimulante Proxecto Didáctico que leva o nome do ilustreAntón Fraguas e ten como propósito ”alentar entre a comunidade escolar un traballo sis-temático orientado á educación patrimonial, ao coñecemento do medio e á posta en valordos máis diversos elementos do noso acervo cultural”.

Nesta xeira da difusión do PI do noroeste peninsular, introducimos nesta parte do libroo traballo de Abraão Veloso, do Museu Agrícola de Entre Douro e Minho, co obxectivo deamosar as semellanzas entre as iniciativas de recompilación na Galiza e no Norte dePortugal. Veloso gaba o proceso da candidatura e chama a “atenção para o facto de todosos patrimónios nas suas componentes materiais e imateriais serem uma maisvalia para oNoroeste Peninsular, e necessitarem de ser protegidos e valorizados; Patrimônio genéticoanimal e vegetal; Património gastronómico; Património paisagístico; Patrimonio cultural;

Page 18: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

18

Cultura tradicional e desenvolvemento. Unha achega posnormal para transformarmos o mundo rural

etc.; etc”. Sinala, por outra parte, as singularidades patrimoniais que posúen as comunida-des campesiñas do norte portugués (xestión da auga, razas autóctonas, vezeiras etc.) paraseren elementos dunha nova estratexia de valorización.

Nestas dúas últimas experiencias a difusión do PI prodúcese, en xeral, cando os visi-tantes acoden ás súas dependencias. Os nenos e nenas, mozos e mozas e cidadáns e cida-dás en xeral acoden aos museos para apreciar o que alí nos queren amosar. Unha expe-riencia que reverte este fluxo é a desenvolvida polos mestres e mestras do CEIP Mosteirode Caaveiro, na Capela.

Esta iniciativa, que Secundino García, Director do referido Centro de Ensino, dá en cha-mar “Cando o Museo está dentro da Escola”, é mostra da presenza de actividade a prol donoso PI desde ámbitos ben diferentes aos comentados anteriormente. Ademais, xunto conoutras experiencias que aparecen ao longo deste libro e que na actualidade se vinculanarredor da Universidade Rural Galega (URG), amosan o compromiso brutal de moitos gale-gos e galegas pola defensa do noso PI cando as “condicións institucionais” non só non fre-aban as forzas modernizadoras chegadas a través do mercado senón que, na meirande par-te dos casos, miraban para outro lado.

O título do traballo de Secundino García reflicte claramente como é o CEIP da Capela:o seu interior é un museo no que podemos ollar unha inxente colección de pezas, distribu-ídas en diferentes seccións, que mostran os moitos e diversos coñecementos que os nososdevanceiros precisaban para a supervivencia: o cultivo dos cereais, a fabricación do pan, asprodutoras de téxtiles, os carboeiros e moitos outros “artistas”, como son denominados notexto que comentamos. Esta iniciativa ten como alicerce que “o presente e o futuro cons-trúense sobre o pasado”, así que o proxecto escolar do CEIP Mosteiro de Caaveiro contem-pla a colección reunida como un referente de aprendizaxe permanente do seu alumnado: atradición popular, a análise das súas formas e a súa evolución integradas na escola.

Esta vinculación entre iniciativas sociais e localidade tamén está presente na iniciativa deXermolos de dinamización cultural na vila de Guitiriz e, en xeral, na Terra Cha. Loitando30 anos pola defensa da cultura propia, cóntanos Alfonso Blanco Torrado, un grupo demozos, daquela, conseguiu pór en valor unha parte dos coñecementos tradicionais, comoforon as iniciativas cooperativas arredor dos canteiros da Terra Cha, e contribuíu á conser-var algunhas das máis fondas manifestación do noso patrimonio inmaterial. Tal é o caso dassucesivas Mostras de Artesáns de Instrumentos Tradicionais ou da máis recente Casa dasPalabras, lugar onde “se garda, con toda devoción a cultura oral que foi definindo o rumbodesta colectividade, a través da palabra transmitida xeración tras xeración”. Blanco Torradofai un apelo ao poder da palabra pois “é a alma do pobo e grazas a ela pode seguir enxer-gando toda esta vida”. A palabra, e o diálogo que se establece mediante ela, é unha das armasde transformación social máis potentes das que dispomos os seres humanos.

Durante moito tempo, ao longo da nosa historia, houbo pouco diálogo entre as partes e sidemasiada abdicación e imposición de modelos e condutas que pouco tiñan que ver coa pro-pia lóxica de desenvolvemento. Este é o punto de partida que leva ao inicio das actividades daUniversidade Rural Paulo Freire (URPF), tal e como amosan Miguel Teixido e Xavier Briset noseu artigo: “O modelo de desenvolvemento imposto significou, e significa, para o medio rurala desaparición de aldeas, de servizos de proximidade, de servizos culturais, de escolas, detransportes, de actividades, de paisaxe, da VIDA......”. Esta iniciativa ten como principal fin arecuperación urxente da memoria colectiva, facendo un exercicio participativo de historia oralonde fiquen recollidos os coñecementos, sensacións e sentimentos ou experiencias dos porta-dores, co gallo de crear un Fondo de Documentación para o Coñecemento do Territorio. Final-mente, Teixido e Briset sinalan que a iniciativa da URPF persegue “xerar unha dinámica de

Page 19: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

19

Limiar

autoestima para un mundo que foi sempre incomprendido pola cultura urbana, a pesar de serexemplo de adaptación respectuosa ao medio, exemplo de convivencia con valores solidarios,exemplo de autosuficiencia, de esforzo para sobrevivir a pesar das adversidades, exemplo deresistencia ante a agresión e exemplo de tolerancia”.

Finaliza este epígrafe co texto de Xosé Lois García quen, desde unha perspectiva mobi-lizadora e progresista sinala que “a emigración galega non deixa de ser un dos patrimoniosmáis distinguidos que cómpre cultivar as súas numerosas leccións e aprendizaxes” logo depresentala como “un invento opresor por parte do Estado centralista que nos levou a unhagrande desfeita sen precedentes”. O emigrante galego, sinala García, non se integrou naterra de destino senón que se adaptou. Como proba diso sinala a construción ao longo eancho do planeta de tecido asociativo “onde Galiza tiña o seu respiro, espiritual e material”(cómpre mencionar neste intre a inmensa cantidade de adhesións á Candidatura que, noseu día, chegaron desde todas as partes do planeta). Non esquece o autor, finalmente, acontribución da emigración á construción dunha Galiza progresista e lembra os “centos deescolas rurais que se construíron coa intelixencia e a dádiva dos emigrantes”.

Ben é certo que esas infraestruturas non foron suficientes para que o noso pobo se sen-tise orgulloso do seu nin para que se criasen estruturas educativas que pularan por siste-mas de aproveitamento dos recursos en función da nosa dotación, dos nosos coñecemen-tos e das nosas necesidades. Tiñamos unha parte, moi mellorábel, a infraestrutura, perofallaba a superestrutura: o sistema educativo fora construído segundo parámetros alleos.Nis as crenzas, nin as lendas, nin a historia que se contaba, nin a lingua que se utilizabanaquelas Escolas do franquismo impulsadas polos emigrantes respondían aos procesos eprácticas sociais propias do pobo onde se desenvolvían. En ámbitos máis técnicos e profe-sionais inzaban, tamén, os sistemas de aprendizaxe que pouco ou nada tiñan que ver cosprocesos produtivos que, desde tempo remotos, viñan transformando fisicamente o espa-zo aproveitado e fundado polos galegos e galegas.

A Cosmovisión

Canto máis atrás percorramos a Historia dun pobo máis elementos específicos e singu-lares toparemos. Mentres as forzas colonizadoras do mercado ficaron afastadas do mundorural máis fácil era ollar procesos, prácticas sociais ou medios culturais específicos de cadaespazo. Cada pobo tiña a súa propia cosmovisión, é dicir, en cada momento histórico ospobos desenvolveron prácticas produtivas sobre o cosmos (o espazo aproveitado poloshomes), tanto agrarias como doutra natureza.

Á análise deste ámbito do patrimonio inmaterial dedicamos o epígrafe cuxo comenta-rio encetamos neste intre. O primeiro texto, escrito por Secundino García en calidade dePresidente da URG, tenta explicar a xénese e obxectivos desta recente pero dinámica ini-ciativa. O texto enfronta dúas visións da cultura: a “cultura con maiúsculas”, a culturadominante, e a “cultura do pobo, unha cultura milenaria expresada nunha fala que se con-servou, conserva e ¿conservará? grazas aos labregos e mariñeiros”. García pon o acentoprincipal nas “xentes posuidoras desa cultura que se forxa na experiencia da vida”. Así, osSABERES destas xentes, traducidos a un Banco de Saberes, son o alicerce para construírunha nova xeira para a sociedade actual e as xeracións futuras. Queren, deste xeito, emediante a participación aberta de todas e todos, contribuír a parar ese “auténtico etnoci-dio” ao que está sometida a particular cosmovisión dos galegos e galegas.

A este mesmo obxectivo queren contribuír Rosa Pascual Abal e Puri Pérez Leirós can-do berran o NON SEN ELAS!. As autoras detectan un “proceso de invisibilización” das

Page 20: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

20

Cultura tradicional e desenvolvemento. Unha achega posnormal para transformarmos o mundo rural

contribucións das mulleres nos estudos clásicos sobre a cultura tradicional malia o reco-ñecemento unánime do seu papel central na súa reprodución. Logo de criticar a cienciaconvencional sinalan que non podemos deixar á marxe ás mulleres cando definimos estra-texias de desenvolvemento para o rural galego, “pois esa sabedoría resúltanos imprescin-díbel para poder afrontar, con posibilidades de éxito, os problemas do presente, na cons-trución dunha sociedade máis xusta, máis rica e tolerante”. Logo da lectura do seu textoestamos en disposición de resaltar a idea, cada vez máis estendida e compartida, de que osentido feminino é máis conservacionista, máis solidario e pacifista do que é o masculino.

Coidamos que poucos galegos fixeron tanto por resaltar a importancia dos SABERESe o papel das mulleres no sistema agrario tradicional como fixo o xeógrafo francés AbelBouhier nesa obra posnormal, adiantada, por certo, ao tempo onde agroma a cienciaposnormal, titulada La Galice. Xoán Carlos Carreira Pérez acerta ao referirse ao autorfrancés cando sinala que “demostrara claramente a tremenda eficacia dunhas prácticasagrícolas que usaban do xeito máis sostíbel posíbel os recursos dispoñíbeis”. CarreiraPérez, dando mostras da profunda retranca do galego, quizais mamada da relación direc-ta cos campesiños da súa terra, exprésase do seguinte xeito cando fala da sustentabili-dade: “que concepto máis vangardista que xa era practicado polos nosos avós.…”.Pulando pola reconstrución do sistema agrario tradicional, como xeito de superar os gra-ves problemas aos que se enfronta o rural, Carreira Pérez apunta que, ao igual que o quecontamina debe pagar, o que preserva (a paisaxe, a biodiversidade, a cultura...) deberíacobrar. Esta controversia, froito da consideración, ou non, de que o diñeiro pode, ounon, solucionar algúns dos nosos problemas, non fica resolta no texto.

A continuación, desde A Porqueira, o lugar onde “desapareceron eses carballos maxes-tosos que gardaban as historias que contaban ás súas sombras os avós e bisavós dos que oscortaron”, Pilar Penín e Eloi Davila cóntannos a súa historia vital arredor do descubrimen-to da profunda relación e da comunicación permanente que se establece entre o labrego ea natureza. Alianza coa natureza, por unha parte, e paciencia, pola outra, eis dous dosingredientes fundamentais da cosmovisión predominante no noroeste peninsular. Eloi ePilar, membros da Asociación Labregos Daiquí, auténticos innovadores sociais cuxo prin-cipal valor foi, e segue a ser, pór en contacto directo os produtores cos consumidores(recordando o espírito das feiras tradicionais) loan as virtudes agroecolóxicas da agricultu-ra tradicional da Baixa Limia e amósannos o xeito moderno de sobrevivir á modernizacióne ao crecemento económico, industrializadores da natureza e mercantilizadores da vida.

Son eses procesos de mercantilización os que usurparon, aló polos anos 40, aos veciñose veciñas os montes comunais, eses latifundios presentes no país do minifundio para pór enmarcha unha silvicultura de monocultivo que arrasou, de xeito definitivo, o proceso detransformación que estaba a producirse no noso agro desde principios do século XX. XoséRepresas Giráldez ocúpase, no seguinte texto, da análise das potencialidades actuais domonte comunal. A propiedade comunal e os sistemas de manexo con ela asociados son, sendúbida, unha das compoñentes diferenciadoras do patrimonio inmaterial galego portugués,xa extinguidas na inmensa maioría do territorio europeo. Represas sinala, acertadamente, afunción de servizo social que veñen desempeñando moitas CMVMC e recalca, ao longo doseu traballo, a papel innovador das actuacións de moitas delas. A posta en valor desta par-te do noso PI pódese conseguir, segundo Represas, mediante o aproveitamento enerxéticode todos os recursos do monte que ata agora non teñen sido obxecto de valorización. A súaexperiencia, con todo, lévao a ser cauto na proposta pois temos exemplos recentes que amo-san como as CMVMC teñen sufrido unha nova usurpación dos seus recursos. Trátase daproliferación de aeroxeneradores polos montes galegos, tanto comunais como privados, que

Page 21: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

21

Limiar

serven aos intereses especulativos das transnacionais “grazas á normativa que permite utili-zar a declaración de utilidade pública para este negocio privado”.

Con todas as reservas que quixeramos facer, temos que crer no valor absoluto que estaparte do noso patrimonio inmaterial debe ter no deseño de novas iniciativas que rachen astendencias negativas ás que está sometido o rural galego. Do mesmo xeito, unha parteimportante do acervo xenético propio resultado da milenaria interacción dos labregos elabregas co seu entorno, as razas animais, está chamada a desempeñar un papel decisivona superación daquelas tendencias.

É o caso das dúas experiencias gandeiras que incorporamos a continuación. En pri-meiro lugar, José Luís Vaz Fernández móstranos como resulta posíbel conxugar tradiciónpopular e desenvolvemento social. Ourense, esa terra galega berce de tantos e tantos caci-ques, é tamén a provincia galega onde máis razas autóctonas de vacún se teñen conserva-do. Nada teñen que ver coas novas castes de razas superprodutoras de leite ou carnehomoxénea. Son as cachena, caldelá, limiá, frieiresa e vianesa, auténticos prodixios da sin-cronizada coevolución dos nosos antergos co entorno natural do que formaban parte. Aexperiencia cooperativa da que nos dá conta Vaz amósanos o xeito de compatibilizardesenvolvemento socioeconómico con beneficios ambientais resultado da posta en valordo PI. Pero a cousa non fica aí. Sería doado, quizais, caer nas gadoupas das grandes áreascomerciais e dos distribuidores ao groso. Vaz Fernández e o seu equipo, porén, buscancompatibilizar o prezo xusto ao produtor co prezo xusto ao consumidor mediante a “ven-da directa” (outro exemplo que replica a filosofía das feiras tradicionais). Este sistema, sina-la o autor, “permítenos valorizar a nosa tenreira autóctona e libéranos da escravitude denon ter un canal comercial de ‘alto rendemento’”. Eles foron uns verdadeiros innovadoresao combinaren todo o comentado coas máis modernas técnicas de conservación dos ali-mentos. Non é para rir, nin para desprezalos cando afirman que “somos auténticos xardi-neiros da natureza e merecemos o recoñecemento social polo noso labor, que incide moipositivamente nas arcas públicas e na saúde dos nosos consumidores”.

A outra experiencia de manexo da biodiversidade animal está nos seus comezos peronon por iso resulta de menor interese, moito menos cando nos últimos temos ollamos a pre-senza no noso sistema alimentario de crises sanitarias constantes. Son múltiples os factoresque inciden na gripe aviaria, por exemplo, pero algúns apuntan á homoxeneización dascabanas e á industrialización dos procesos como a causa principal. Pois ben, iniciativascomo a que pretende conservar a galiña piñeira son merecentes de todo o noso respecto eapoio por responderen a lóxicas de supervivencia e non de maximización do beneficiomonetario. A iniciativa da Fundación ACIVEGA, como parte do proxecto que abrolla arre-dor da URG, responde ás mesmas pautas que outros dos traballos incluídos neste libro:recuperación dos nosos saberes e remobilización dos recursos dispoñíbeis para facer fronteás tendencias desagrarizadoras e á homoxeneización dos patróns de consumo e produción.

Os tres últimos traballos que fan parte deste epígrafe tentan responder a outros aspec-tos referidos á cosmovisión galega. Trátase de procesos vencellados aos recursos acuáticos,tanto mariños como do interior.

Podería semellar, a un lector pouco informado, que a problemática da que se pretende darconta neste libro se cingue exclusivamente ao mundo rural interior. Nada máis lonxe da rea-lidade. Emigración, envellecemento, deterioro da base local de recursos, imposición de novos,e alleos, modelos de aproveitamento son comúns ao mundo mariñeiro e ao mundo labrego,tan difíciles de deslindar, por certo, no caso das vilas mariñeiras do Barbanza ou da Costa daMorte. Emilio Louro Lamela, Milucho, amósanos no seu traballo como reacciona a comuni-dade mariñeira de Lira, en Carnota, diante daqueles problemas. MARDELIRA é un proxecto

Page 22: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

22

Cultura tradicional e desenvolvemento. Unha achega posnormal para transformarmos o mundo rural

de desenvolvemento sustentábel que pretende mellorar a calidade de vida da comunidade debase e “recuperar a autoestima dos pescadores” pondo en valor “o senlleiro valor do patrimo-nio cultural da pesca artesanal”. Coa participación de 3 Confrarías máis puxeron en marcha a“comercialización directa” dos produtos pesqueiros procedentes da pesca artesanal e do maris-queo e “cos seus propios criterios e visión” os mariñeiros autolimitaron zonas de pesca paraactuaren a xeito de Reserva Mariña co obxectivo de “restauración do equilibrio do ecosistemacosteiro e conservar os recursos para conservar os pescadores”. As actuacións deseñadas porestes auténticos enxeñeiros do patrimonio inmaterial compleméntanse cun Taller de Pesca,con fins educativas e de difusión da cultura que lles é propia, cun Programa de TurismoMariñeiro. Esta última iniciativa, sinala Milucho, supón unha "importante inxección de auto-estima para os patróns ao poder participar como actores principais neste proxecto”.

Ollamos, xa que logo, a existencia de máis semellanzas que diferenzas entre os mundosrural e mariñeiro. O Prestige feriu de morte os ecosistemas costeiros, ennegreceu os cora-zóns dos mariñeiros e mariscadoras e encheu de tristura o peito de todos os galegos. Oespallamento masivo de aproveitamentos hidroeléctricos na terra dos mil ríos, pola súabanda, cortou a cultura das ribeiras e contribuíu o deterioro do noso PI.

Xosé Manuel Vázquez fai unha reflexión interesante neste sentido. As embarcación flu-viais eran entendidas na cultura das ribeiras como medios para a supervivencia, por serenelementos vinculados á actividade pesqueira, así como medios de transporte. Cos encorosque “cortaron a riqueza natural manifestada na pesca fluvial” e cos pasos elevados, asembarcacións fluviais perderon, maioritariamente, a súa función social. Vázquez, sabedordestas circunstancias, aposta pola “ocupación de tempo libre como única alternativa defuturo para as barcas de río”. Logo de facer mención ás diferentes actividades de difusióndas embarcacións fluviais realizadas en Galicia nos últimos anos finaliza o seu artigo sina-lando que o novo uso proposto desde Barcas do Minho “axuda a entender a natureza e ahistoria dos núcleos da ribeira, posibilita as relacións sociais arredor do río, engade un sím-bolo ou imaxe para o turismo e, especialmente, xera unha nova memoria colectiva”.

A zona do Río Miño onde se conservan as pesqueiras tamén está inzada de historiasremotas sobre noites de pesca, contrabando e balbordo desde os primeiros días de Xaneiroata ben entrada a primavera. Inma Peniza lémbranos no seu artigo a historia pasada e pre-sente das famosas pesqueiras e dos sistemas de pesca empregados e chama a atención sobreos perigos presentes que ameazan a súa supervivencia. Unha vez máis, os intereses das mul-tinacionais da electricidade que pretenden construír “tres minicentrais no tramo libre do ríoMiño entre Frieira e Salvaterra levaría a desaparición definitiva deste patrimonio secular”.

Cómpre salientar que estamos diante dunha manifestación do noso patrimonio inmate-rial que amosa unhas características singulares. Referímonos ao sistema de pesca que combi-naba construcións tradicionais, as pesqueiras ou pescos, con redes fixas altamente selectivasque garantían a constante reprodución das especies fluviais cobizadas. Non é pequena einsignificante esta característica cando observamos na actualidade un progresivo deterioro dariqueza pesqueira do Río Miño. Durante centos de anos, os nosos antepasados aproveitabansustentabelmente os ecosistemas, coevolucionando os sistemas sociais e os sistemas naturais.

Esta cosmovisión está a ser destruída e substituída polo interese do beneficio eco-nómico no curto prazo imposto polo vixente sistema capitalista. A nosa riqueza mate-rial e inmaterial xa non responde, maioritariamente, ás necesidades de supervivenciadas comunidades de base senón a intereses alleos e espurios que operan en todas as par-tes do mundo nesta fase de globalización capitalista. Neste epígrafe do libro quixemospór en evidencia as oportunidades ao noso dispor e as experiencias que colectivos epersoas veñen desenvolvendo para reverter esa tendencia.

Page 23: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

23

Limiar

Cangadas ao mesmo carro camiñan outras manifestacións do patrimonio inmaterialgalego que, como veremos, padecen dos mesmos síntomas. A partir de agora ocupámo-nos de reflectir neste limiar as razóns que nos levaron a telas en conta. Como diciamosantes, non pretendemos ser exhaustivos senón simplemente deixar constancia dunhamostra do traballo silencioso, e poucas veces recoñecido, de moitos homes e mulleres quecren nun futuro diferente.

O universo artesán

José Antonio González Fernández, Toño o Cesteiro, é un deles. Considérase un “aldeán-cesteiro” que obtén produtos útiles para a vida cotiá, verdadeiro obxectivo do artesán tradi-cional, mediante os materiais e técnicas comunmente utilizados polos seus devanceiros.Toño o Cesteiro, porén, milita na primeira liña de defensa do noso patrimonio ligando sem-pre artesanía con modelos de vida pois considera que manter vivas as pezas e as súas his-torias vitais permitirán definir“unha industria ecolóxica, barata, sostible, que aproveita unsrecursos que hoxe arden a cotío por mor do descoido do noso agro e que nos identificancomo pobo.” Finalmente, cómpre salientar o vencellamento entre arte, amor e superviven-cia presente nas labouras cotiás da Galiza tradicional. Velaí unha proba “o meu cestiño deverga / que vai á mesa do rei. / Miña alma por ti morre, / a túa por min non sei”.

Xunto cos cesteiros, outros artesáns da cultura tradicional eran os oleiros. Hai en Galizamoitos tipos diferentes de olerías. Nós incorporamos neste libro un exemplo dos máis par-ticulares: as olerías de Sober, caracterizadas por utilizaren roda baixa e por presentaren assúas pezas de cor negra. Tomás López González é o encargado de nos amosar as caracte-rísticas desta olería. Cóntanos como se introduce no mundo da artesanía logo de volver daemigración e como se vai recuperando un xeito de traballar uns barros (chamados farabu-llán e correúdo) que pola metade do século XX tiñan desaparecido. O oleiro de Gundivós,finalmente, analiza o futuro da olería de Sober pondo o acento na necesidade de impulsara “artesanía etnográfica” fronte á “industria da olería”.

Hoxe en día, na Galiza, encontramos algúns exemplos similares aos de Toño o Cesteiroe Tomás o Oleiro de Gundivós. Xentes teimudas que, aproveitando os poucos graos deliberdade que deixa o actual modelo de consumo, traballan con materiais localmente dis-poñíbeis para facer pezas con sabor tradicional.

O que xa non podemos oír, que nós saibamos, en ningunha parte de Galiza son os ron-cos e inenterrompidos brouquidos dos mazos dos batáns. A actividade dos bataneiros ebataneiras é só coñecida polas testemuñas orais de homes e mulleres como Estrela Lema,a “derradeira bataneira de Galicia”. Manuel Suárez Suárez amósanos no texto o xeito quetiñan os batáns, ou folóns, de traballar para completar a elaboración dos tecidos.

A artesanía téxtil era unha das máis estendidas polo noso país. Non en van temos quepensar que a materia prima que se requiría proviña de aproveitamentos agrarios ou gan-deiros que eran parte da vida cotiá de todas as nosas Parroquias. Rocas, teares e folóns exis-tían por todos os contornos da nosa xeografía. A recuperación da cultura popular noCondado, pero especialmente a vencellada coas fibras e co mundo téxtil, é a principal tare-fa que desenvolven Ilda Amoedo e Rafa González. A través da entrevista realizada porXabier Prado, Ilda e Rafa cóntannos como chegan a este mundo, unha vez máis logo daemigración, e como van construíndo, con moito sacrificio e traballo, un pequeno patamalonde amosar, difundir e transmitir o amplo conxunto de coñecementos tradicionais nacomarca do Condado. Coidamos merecente de ser salientada a parte máis reivindicativa doseu discurso cando falan da situación económica que padecen aqueles que queren manter

Page 24: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

24

Cultura tradicional e desenvolvemento. Unha achega posnormal para transformarmos o mundo rural

a esencia da artesanía tradicional sen renunciar a unha digna calidade de vida. Como sina-lan, o problema non é que non haxa medios para apoiar estas iniciativas senón que “estánmal encamiñados”.

Toño, Tomás, Manuel e Ilda e Rafa son unha mostra de resistencia popular fronte aoimperialismo dos plásticos e da homoxeneización industrial que enche as casas dos habi-tantes deste planeta de cousas pouco útiles, escasamente duradeiras e cun claro valor dedominación. A supervivencia da artesanía popular axúdanos a dispor de vimbios “quenos farán máis capaces de nos enfrontar o inevitable esgotamento do petróleo e de cola-borar activamente na redución de emisións de gases de efecto invernadoiro”, como nosconta Toño, o Cesteiro de Lobeira.

O lúdico festivo

Do mesmo xeito cá artesanía, o universo lúdico festivo do noso patrimonio inmaterialtenta reverter a orde establecida. Non podemos entender doutro xeito a idea que nos trans-mite Antonio Reigosa en relación co Proxecto Galicia Encantada: “escribindo coa boca elendo cos oídos”, ese xeito de pór en valor a “literatura de tradición oral, a primeira litera-tura que existiu”. A web da fantasía popular de Galicia quere ser un instrumento para otraballo dos escolares “que poderán aprender como dous mundos, aparentemente incom-patíbeis, o das tradicións e a modernidade, se enriquecen mutuamente”.

Os xogos tradicionais son outro dos elementos que conforman o universo lúdico fes-tivo do noso patrimonio inmaterial. Lois Pardo amósanos a potencialidade transforma-dora dos xogos tradicionais ao facer un pequeno percorrido pola xénese de Brinquedia,a Rede Galega do Xogo Tradicional. Unha vez máis fica manifesto o papel central dosensinantes na defensa e promoción do PI. Por outra parte, na liña que move a esta publi-cación, cómpre sinalar o afastamento das “visións nostálxicas” ou da “recuperaciónmuseística” para subliñar que os xogos populares “conforman un punto de reunión e decomunicación interxeracional”.

Elemento de comunicación inter e intraxeracional como ningún outro é, sen dúbida, amúsica. Como sinalan Area Carracedo e Carpintero Arias, alén dun xeito de expresión cul-tural, a música foi “unha escusa para favorecer a relación entre mozos e mozas dunha aldeaou aldeas veciñas”. A comunicación intraxeracional mediante a música ten esmorecidopaseniñamente, como sinalan os autores, pola caída en desgracia dos seráns, foliadas epolavilas como consecuencia, fundamentalmente, da chegada da radio e da televisión. Noque atinxe ao papel da música tradicional como nexo entre xeracións, os autores atréven-se a apuntar algúns elementos que permitan retirala do “zoolóxico” para reasentala nova-mente “no espazo natural propio para o seu desenvolvemento”. Ese espazo ten mudado,sinalan Area e Carpintero, consonte foi cambiando a sociedade galega: éxodo rural, crece-mento urbano, envellecemento da poboación, etc.., polo que as estratexias de valorizaciónda música tradicional han estar adaptadas a estas novas circunstancias. O artigo quecomentamos conecta perfectamente coa liña central deste libro cando apunta a conexiónentre música tradicional, patrimonio inmaterial e desenvolvemento socioeconómico: a pro-moción e difusión das manifestacións lúdico-festivas do rural e o pulo por novos merca-dos para os produtos artesanais han xerar rendas que axuden a fixar poboación no campo.

Os ranchos de Reis son unha desas manifestacións musicais que requiren de promocióne difusión para que sirvan tanto á súa propia valorización como ao pulo do desenvolve-mento do rural. Non en van, como sinalan Marisol González e Nieves Barrera, na entre-vista realizada por Xabier Prado, arredor dos ranchos de Reis cabería traballar durante todo

Page 25: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

25

Limiar

ano na recuperación e deseño dos traxes tradicionais, na recuperación e aprendizaxe damúsica e dos bailes, etc..

De recuperación e comprensión do patrimonio musical limián é do que nos falan IvánArea e Cástor Castro no seguinte artigo. Fronte aos intereses harmonizadores e deturpa-dores da tradición musical da Deputación de Ourense coas chamadas “Escolas de Gaita”,os autores sinalan un conxunto de iniciativas (Catálogo de Músicos da Limia; Día doOrgullo Gaiteiro…) encarreiradas a dignificar os saberes e coñecementos dos músicos tra-dicionais. Malia recoñeceren inicialmente o sobranceiro traballo de recompilación feito pornumerosos colectivos, conclúen o seu artigo facendo fincapé na necesidade “dun especialesforzo na fase de comprensión do patrimonio, así como no da protección, antes de abor-dar de xeito efectivo políticas de recomposición”.

A Limia, terra de músicos e, especialmente, terra de Entroido. Xosé Manuel Atanes fai unsinxelo percorrido vital polo amplo significado do Entroido limián. O seu artigo ten o valor danon caducidade: podería estar escrito hai douscentos anos ou neste inicio do século XXI. OEntroido limián tradicional, máis alá dos intentos por convertelo nunha simple representaciónde máscaras, resistiu á modernización festiva. Agora, os cambios políticos teñen que pór osmedios para que o traballo anónimo de Pantallas, Peliqueiros e tantos outros seres, sirvan deelemento para a dinamización socioeconómica do noso país. O Entroido galego, coa súa rique-za e diversidade local, ten potencialidade suficiente para converterse nun foco de atracción deturistas cuxas rendas poden axudar ao desenvolvemento de diversas bisbarras galegas.

As prácticas textuais

Anxo Fernández Ocampo, autor do primeiro dos textos que incluímos neste epígrafecomeza por desmitificar o concepto de oralidade ou literatura oral propoñendo o de “prác-ticas textuais” por ser máis amplo ao recoller os produtos tradicionais independentemen-te da canle utilizada e pór énfase na natureza social das manifestacións do PI. O autor apos-ta, ademais, pola necesidade de “compartir metodoloxías de salvagarda” entre os elemen-tos materiais e inmateriais do patrimonio e recalca a necesidade de superarmos o clixé docarácter estático das prácticas textuais. Finalmente, Fernández Ocampo chama a atenciónde evitarmos o risco “de seguir entendendo a patrimonialización das prácticas textuais uni-camente como recolleita e difusión de formas literarias populares”. De facérmolo deste xei-to, “a identidade local é secuestrada para ser convertida en peza doutro sistema, o cal noncontribúe a que o habitante perciba as posibilidades interpretativas que lle ofrecen as súaspropias prácticas” e, polo tanto, o PI, e as súas compoñentes, perderían o potencial trans-formador do mundo rural, verdadeiro valor á luz do texto de Fernández en liña co pensa-mento que move ao conxunto desta obra.

A ese mesmo obxectivo contribúe a innovadora proposta da Revista Oral da que nosfala Antonio Reigosa no seguinte artigo. Fronte aos formatos tradicionais e, en moitos casosacademicistas, de revistas culturais que pretenden a dinamización sen a participación acti-va do lector, no caso que nos presenta Reigosa ráchase a diferenciación entre creador e lec-tor, sendo o mesmo suxeito no mesmo momento do tempo. A experiencia vén ilustrada cocaso do número monográfico destinado a divulgar e apoiar a candidatura da tradición oralgalego portuguesa.

Sinala Reigosa que a fórmula da revista oral é “moi útil e efectiva para a divulgación cul-tural… pois todo é posible nun formato no que o esencial é comunicar” e pode servir paraachegar a nosa cultura tradicional a todos, especialmente aos máis novos. A este mesmofin téntase contribuír coa experiencia da improvisación oral nas aulas de varios centros

Page 26: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

26

Cultura tradicional e desenvolvemento. Unha achega posnormal para transformarmos o mundo rural

públicos do Condado, como nos relata Hortensia Bautista Fernández no seguinte texto.Logo dunha diagnose negativa sobre a evolución do uso do galego, en todos os ámbitos,na súa Comarca de influencia un grupo de mestres e mestras apostaron por incentivar opapel activo dos mozos e mozas no proceso de recuperación dos diferentes elementos danosa cultura tradicional utilizando a improvisación oral como ferramenta de traballo.

Un mestre da improvisación oral é, sen dúbida, Pinto de Herbón a quen Xabier Pradoentrevista no seguinte texto. Dando mostras da súa xenialidade, e, como non, das súasdotes para a improvisación, o Pinto déixanos xoias inéditas como aquela que di “O mun-do da tradición/ o global xa non atura/ O moderno hoxe en día /é a defensa da cultura”,que podería servir de resumo da loita contra dos procesos de homoxeneización e indus-trialización do salvaxe capitalismo da actual fase da globalización, un dos eixos que moveno conxunto de participantes nesta obra colectiva.

Creatividade e participación tamén encontramos na experiencia educativa de Papa-ventos reflectidas nas páxinas do seguinte artigo deste epígrafe que comentamos. A dilata-da experiencia destes educadores busca “espertar e sobre todo motivar a atención escolarsobre temas tan importantes como a protección do patrimonio natural e cultural, sobre anecesidade de mantelos vivos”. Non é, como podería ser pensado nun principio, unhaexperiencia cerrada na nosa propia cultura, malia ser esta o punto de partida. Entre as súasexperiencias queremos salientar a dos “ContoSolidarios” en colaboración coa ONG “BicisPola Paz”, cuxa razón de ser son “proxectos de contacontos para falar das desigualdadessociais, dos refuxiados, a fame e as guerras a través de personaxes doutras culturas”.Quixemos resaltar esta entre as numerosas actividades desenvolvidas por este colectivo nosseus 16 anos de existencia cando, nestes momentos, abren novas portas ao impulso domundo rural galego participando no proxecto da URG.

Finalmente, Alfonso Campos e Manuel Falagueiro, en entrevista realizada por XabierPrado, cóntannos o seu xeito de traballar a prol da recuperación da tradición oral local daParroquia de Proendos, en Sober. Malia faceren unha diagnose negativa do percorrido parro-quial das últimas 5 décadas e pensaren na imposibilidade de que Proendos, como tantasoutras Parroquias, recupere o balbordo da súa mocidade, Alfonso e Manuel son un exemploa seguir no traballo de recuperación das tradicións, dos contos, das lendas, das cantigas e damúsica tradicional. Todas esas “prácticas textuais”, utilizando o concepto proposto inicial-mente neste epígrafe por Fernández Ocampo, teñen que ser recompiladas malia non termos,individual ou colectivamente, claro cales serán os espazos socioculturais e xeográficos encuxa estratexia de desenvolvemento han xogar aquelas prácticas un papel activo.

Territorio, patrimonio e desenvolvemento

Como vimos dicindo ao longo deste Limiar, non cremos naquela visión que olla o patri-monio, material ou inmaterial, como algo estático con valor museístico. Máis ben cremos navisión do patrimonio como dinámico e compoñente do desenvolvemento. Neste epígrafe, pre-cisamente, presentamos un conxunto de textos que renden tributo a esta necesaria perspecti-va. Por unha banda dous textos que sentan as bases teóricas do que se dá en chamar dinámi-cas territoriais de desenvolvemento, o texto de Xosé Manuel Souto González, e a máis amplaestratexia de desenvolvemento sustentábel, o texto de Ramón López Rodríguez.

O traballo de Souto, enclavado no que el chama a mercadotecnia territorial, e aplicadoao Eixo Atlántico, chama a atención sobre “os recursos potenciais que poden facilitar odinamismo económico, social e cultural” así como sobre “os produtos territoriais específi-cos de cada área e do conxunto eurorrexional e, sobre todo, aquelas marcas ou potenciali-

Page 27: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

27

Limiar

dades de localización de actividades que permitan ensarillar as áreas urbanas e os mediosrurais do noroeste ibérico no conxunto da globalización”. En concreto, Souto sinala que a“marca” do Eixo Atlántico é “o territorio da pedra, da auga e da saudade”. Os traballos desen-volvidos por Cantata, aos que nos referimos posteriormente, encádranse perfectamenteneste proxecto de desenvolvemento construído cos recursos localmente dispoñíbeis e dife-renciadores, marcadores do territorio.

Mais a estratexia de mercadotecnia territorial tenta ir máis alá do deseño participativodas potencialidades de desenvolvemento, ficando encadrada dentro dunha estratexia máisampla que se chama desenvolvemento sustentábel. O traballo de López Rodríguez, ten-tando fuxir do non recomendábel dogmatismo conceptual, tan común neste ámbito, ten-ta sentar algunhas das bases xenéricas do novo modelo de desenvolvemento, por outraparte unha constante na meirande parte dos textos que conforman este libro. Entre elascómpre salientar: compatibilidade co medio ambiente, incompatibilidade coa pobreza, coafame, coa ignorancia, coas guerras e coa carencia de dereitos humanos. Por último, e unhavez máis, o autor resalta o papel fundamental das estratexias educativas participativas paraa transformación dos actuais modelos de vida. Entre os insumos dese proceso está, comonon, o patrimonio inmaterial local, as súas diferentes manifestacións.

Ao deseño de estratexias de desenvolvemento inzadas no territorio e nos recursos locaisestán dedicados os restantes traballos que conforman este epígrafe do libro. Son, xa quelogo, experiencias de desenvolvemento local realmente existentes que tentan pór en liñade acción recursos e coñecementos.

Por unha banda, Rosario Álvarez Cao e Arturo Revilla Bonnin sitúan ao lector no eixorecursos acuáticos/desenvolvemento local cando se ocupan, nos dous primeiros traballos, deamosar a potencialidade de xerar rendas locais dinamizando ese recurso tan abundante naterra dos mil ríos. Nas súas propias palabras, “é necesario recoñecer os valores sociais, cultu-rais e de identidade que significan fontes, ríos, lagos e zonas húmidas e, baixo criterios desostibilidade, manter e potenciar eses valores que forman parte do noso patrimonio materiale inmaterial”. Tanto no Ribeiro, “ese mundo de auga e viño”, como nas terras do Eume, ber-ce de innumerábeis enxeños de aproveitamento colectivo da forza da auga para producir elec-tricidade, os autores apostan por iniciativas que permitan atraer turistas que desfrutandodaqueles valores contribúan a que agrome unha nova xeira no rural galego, ata agora mer-gullado nunha nefasta dinámica de despoboamento e modernización sen moito sentido.

A este obxectivo está dedicado o Proxecto Cantata do que forman parte Rosario ÁlvarezCao e Guadalupe Fernández Bouza, autoras do artigo sobre a valorización dos produtos tra-dicionais da comarca da Ulloa. Neste traballo amósase a potencialidade que ten o conxun-to e a diversidade de valores e recursos dispoñíbeis nunha zona xeográfica concreta paradefinir estratexias de desenvolvemento. Así, a comarca da Ulloa dispón de “riqueza naturalnas súas paisaxes…; singular legado monumental....; unha arquitectura popular…; rutas ecamiños…; diversidade económica e gastronómica asentada nos recursos tradicionais....” etenta “recuperar a súa economía dándolles un pulo aos produtos tradicionais para adapta-los ás novas esixencias do mercado e das economías de escala e que, sen deixar de mirar aofuturo, considera a potenciación dos costumes propios como un piar fundamental paramanter a súa identidade e proxectarse como unha parte do todo que é a cultura galega”.

Eis un exemplo de como podemos pensar o futuro en base ao pasado tendo en con-ta o presente. Este é o mesmo criterio que se segue na definición da ruta das aldeas viti-vinícolas medievais na comarca do Ribeiro, no texto que asinan Rosario Álvarez Cao,Luis Cohen, Arturo Revilla e Ana Suárez. A idea que move aos autores compatibiliza per-fectamente ca idea xeral desta obra colectiva pois a cultura vitivinícola desta comarca

Page 28: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

28

Cultura tradicional e desenvolvemento. Unha achega posnormal para transformarmos o mundo rural

ourensá “constitúe unha riqueza e diversidade patrimonial que merece ser coñecida eque pode aportar novos vieiros ao desenvolvemento local partindo do seu coñecementoe valorización”. É dicir, deseñando produtos con “marca territorial” xeramos novas opor-tunidades de emprego que producirán rendas que han complementar as “rendas nor-mais” derivadas da actividade agraria de tal xeito que poremos os alicerces para contra-rrestar as tendencias modernizadoras que tan malos resultados están a levar ao agro gale-go en xeral, e ao Ribeiro en particular.

A vencer esas dinámicas tamén están destinadas iniciativas de marcado carácter terri-torial como as desenvolvidas desde as comarcas do Ulla e do Umia, segundo nos contaXosé María Tobío Iglesias no seguinte texto que forma parte deste epígrafe. A creaciónda Marca de Calidade ULLAUMIA pretende ir máis aló dunha simple marca comercialpois os promotores cren nela ”como un motor de desenvolvemento rural, a través dunproxecto de Calidade global, dos produtos, servizos, actividades, eventos etc. da comar-ca e que se fundamenta na calidade económica, na responsabilidade social e no respec-to medioambiental das empresas ou entidades que os producen ou realizan”. Unha ideainnovadora e con entidade para se converter en motor do desenvolvemento local nestasdúas comarcas.

Este epígrafe finaliza cunha pequena referencia a outra iniciativa con base territorial.Trátase do traballo presentado por Ramiro Martínez sobre o Centro de DesenvolvementoRural “Ancares”. Se nas Comarcas máis achegadas aos centros urbanos existen problemasde despoboamento e de “fracaso vital” que dicir das zonas de montaña onde xunto ás con-dicións de vida máis duras aparece a maior ausencia de servizos colectivos de calidade(sanidade, ensino, transporte e unha longa restra de carencias). É neste contexto onde des-envolveu e desenvolve o seu traballo o CDR, tal e como nos conta Ramiro. A validez da súaexperiencia fica demostrada pola súa propia lonxevidade (case 20 anos) e tamén polos fol-gos para continuar a traballar polo desenvolvemento local no futuro máis próximo. De fei-to, esta iniciativa é parte tamén da URG.

Transmisión e difusión do PI

Moitos dos artigos que foron presentados previamente fálannos de experiencias quecumpren, de xeito indirecto, a función de difundir e transmitir o patrimonio inmaterialgalego-portugués. Neste último epígrafe incluímos unha breve referencia a 3 experienciasconcretas de difusión que se realizaron co gallo da candidatura. Lois Pardo e XerardoFeijoo apuntan as principais liñas da Mostra realizada en Ourense. Pola súa banda, asoutras dúas experiencias tentaron amosar como a cultura inmaterial galego-portuguesanon finaliza coa delimitación xeográfica e administrativa. As zonas de fronteira son zonasde mestura de valores propios e alleos, que dan lugar a manifestacións particulares. LoliGutiérrez cóntanos a experiencia do occidente asturiano mentres que Marisa Cela eHéctor M. Silveiro documentan o traballo desenvolvido no Bierzo para a difusión dopatrimonio inmaterial.

Finalmente, neste epígrafe de difusión e transmisión do patrimonio inmaterial in-corporamos a experiencia do Colectivo Pedagóxico de Estiño. Unha vez máis, a comuni-dade educativa galega traballando a prol do PI. Nesta xeira coa elaboración dun calendarioque reflicte aspectos, persoas, eventos ou oficios vencellados á cultura tradicional galega:desde os ditos, a nosa memoria colectiva, a música, as festas, as herbas máxicas, os oficios,as lendas, os animais do monte e así ata 27 motivos diferentes que deron lugar a outrostantos almanaques ilustrativos do noso patrimonio inmaterial.

Page 29: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

29

Limiar

Conclusión

Agardamos que os textos que conforman este libro, e que serán de libre disposición napáxina web: webs.uvigo.es/cultura.tradicion.innovacion, sexan un estímulo para o necesariotraballo que colectivamente debemos desenvolver na defensa e valorización do noso PI.

A idea que move aos autores dos traballos que aparecen neste texto non é, porén, negarcalquera valor a aquilo que non sexa resultado da interacción secular dos galegos e galegasentre si e co entorno natural. Non é iso. Debemos estar abertos a outras formas de cultu-ra pero non debemos perder o noso. A defensa do indíxena, do particular, do propio haser o punto de partida que dea lugar á mestizaxe das culturas. Calquera outra iniciativa quenon comece pola valorización do propio e chegue á exaltación do alleo só pode ser cuali-ficada como un proceso de colonización.

Nestes tempos da globalización económica, política e cultural semella ir contraco-rrente cando un pobo reivindica o seu, o que lle é propio, os elementos da súa cultura.Non importa que camiñemos para alá cando case todos veñen cara acó, se o que impul-sa o noso movemento é a necesidade de darmos pasos firmes na reconstrución da basesocial e económica do noso país.

Existen feitos indiscutíbeis que dan solidez a unha iniciativa contracorrente como esta.Por unha banda, a constatación do fracaso do modelo de modernización económica doagro impulsado fortemente desde a década dos sesenta do século XX. Fracaso que se obser-va na continua perda de poboación nas zonas rurais así como na progresiva redución darenda dispoñíbel. Fracaso, por outra banda, que vén explicado, orixinariamente, polainadaptación do modelo de modernización ás condicións estruturais do agro galego, alénda posta en marcha de políticas agrarias por gobernos cuxo xeito de pensar pouco tiña quever coas especificidades da nosa economía rural.

Só desde a disidencia seremos capaces de contribuír a que haxa no noso país espe-ranzas dun desenvolvemento diferente, fincado nos nosos recursos, nos nosos saberese nas nosas necesidades. Os traballos que son parte deste libro queren, nada máis, con-tribuír ó inicio do debate.

Page 30: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural
Page 31: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

0109

Page 32: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

Introdución

Page 33: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

O Proxecto Cantata. Unha aposta pola cultura xenuínaRosario Álvarez Cao

A cultura tradicional galego-portuguesaÁlvaro Campelo

A Comunidade de Traballo Galicia-Norte dePortugal e a cultura común galego-portuguesaManuel Cao Fernández

Patrimonio inmaterial vs. materialismo “apatrimonial”Xerardo F. Santomé

Arte, Creación, VidaAntón Patiño

A posta en valor do patrimonio etnográfico. Apuntamentosbreves e reflexión críticaXosé C. Sierra Rodríguez

O Intanxible ComúnFrancisco Fernández Rei

01

02

03

04

05

06

07Accións de salvagarda para o patrimonio cultural inmaterialIván Area Carracedo; Anxo Fernández Ocampo; Xabier Prado Orbán; Xavier Simón Fernández

08O coñecemento tradicional como un alicerce para construírmos o futuroXavier Simón Fernández

09

Page 34: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural
Page 35: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

O Proxecto Cantata.Unha aposta pola cultura xenuína

Rosario Álvarez Cao

01

1. Preocupación institucional pola cultura. UNESCO e Unión Europea

Na Conferencia Mundial sobre políticas culturais celebrada en México en 1982, a Orga-nización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura, UNESCO, define acultura como o “conxunto de trazos distintivos, espirituais e materiais, intelectuais e afec-tivos, que caracterizan unha sociedade ou un grupo social. Ademais das artes e as letras, acultura engloba os modos de vida, os dereitos humanos fundamentais, os sistemas de valo-res, as tradicións e as crenzas”.

O labor desenvolvido por esta Organización no ámbito da cultura e do patrimonio éintenso e continuo, inclusive na posta en marcha de instrumentos xurídicos para axudaraos Estados a brindar unha mellor protección á cultura en todas as súas formas.

A definición da UNESCO foi retomado polo Consello de Europa na Declaración euro-pea sobre os obxectivos culturais, na 4ª Conferencia de Ministros Europeos da Cultura enBerlín en 1984. Pero sería a raíz do Tratado de Maastricht en 1992, cando a cooperacióncultural pasa a ser unha competencia máis da Unión Europea, que ata ese momento fun-cionara sobre unha base esencialmente económica. O artigo 151 de dito tratado sinala quea Unión deber contribuír “á expansión ou completo desenvolvemento das culturas dosEstados membros no respecto da súa diversidade nacional e rexional, potenciando opatrimonio cultural común”.

A Unión Europea é consciente de que a posta en valor do inmenso patrimonio históricoe cultural que posúen todos os Estados membros pode ser un motor de cohesión e desen-volvemento local e reforza a identificación da poboación co seu territorio e a súa cultura.Para isto hai que partir do coñecemento deste rico e diverso patrimonio e, por suposto,protexelo e salvagardalo para evitar o perigo de instrumentación e de sobrecarga. A Uniónactúa impulsando accións directas e indirectas neste senso.

O programa da Unión de maior significación neste ámbito é Cultura 2000 que englobaprogramas anteriores de menor importancia orzamentaria e moi específicos (Raphael –paratemas de patrimonio–, Arianne –temas literarios– e Caleidoscopio –para as artes vivas).Crear un espazo cultural común fomentando o diálogo cultural e o coñecemento da histo-ria e do patrimonio común, a creación, a difusión da cultura dos pobos europeos e a mobi-lidade dos artistas e as súas obras, as novas formas de expresión cultural e o papel socioe-

Page 36: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

36

01 O Proxecto Cantata. Unha aposta pola cultura xenuína

conómico da cultura, é o principal obxecto deste programa. Pero a súa importancia radicatamén en que considera que o concepto de cultura inclúe a cultura popular, a sociedadeda información e o emprego e a cohesión social, polo que integra a dimensión cultural nasdecisións con impacto estes elementos.

No marco da política rexional, as Iniciativas Comunitarias cofinancian accións queabordan a dimensión e cooperación cultural. LEADER+ aborda a creación de redes de coo-peración que experimentan novas formas de valorización do patrimonio natural e cultural.O IFOP (Instrumento financeiro de orientación da pesca) apoia proxectos culturais.URBAN potencia a recuperación do patrimonio material das cidades e vilas. INTERREG IIIconcentra os seus esforzos en potenciar a cooperación entre Estados, entre rexións e entrezonas limítrofes.

É indubidable que a cultura e o patrimonio cultural se converte en apostas dos orga-nismos, das organizacións internacionais e da propia sociedade, e que ten efectos estrutu-rantes no ámbito da cohesión social e do desenvolvemento rexional grazas a unha impli-cación significativa dos Fondos Estruturais e de programas comunitarios.

Trátase de crear un verdadeiro “espazo cultural europeo”, aberto tamén aos países can-didatos, cun importante papel nas relacións da Unión co resto do mundo.

A preocupación pola cultura queda patente na proposición que presentou, en outubrode 2005, a Comisión sobre a decisión do Parlamento Europeo e do Consello para declarar2008 como “Ano Europeo do Diálogo Intercultural”.

2. O Proxecto Cantata

Cantana é un exemplo de aposta polo patrimonio cultural como motor de desenvolve-mento territorial e de cooperación entre países. Está cofinanciado pola IniciativaComunitaria INTERREG III B Espazo Atlántico. Comezouse a implementar en abril de2005 e está previsto o seu peche en marzo de 2008.

O Xefe de Fila do proxecto é Denbighshire County Council –Condado de Denbighshire–(Gales-Reino Unido) e o restantes socios son: Clare County Council –Condado de Clare–(Shannon-Irlanda), Communauté de Communes du Poher –Mancomunidade de Muni-cipios de Poher– (Bretaña-Francia), Sociedade para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia(Galicia-España), Câmara Municipal de Montemor-o-Velho –(Portugal).

Page 37: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

37

Introdución

Países e organismos socios de Cantata

A. Antecedentes

A súa xestación iníciase co remate dun proxecto anterior no ano 1998, PLEIADES, cofi-nanciado tamén pola Unión Europea a través do Artº10 do FEDER, relativo ao desenvol-vemento económico de índole cultural, no que algún dos socios participaran; é dicir, exis-tía un traballo xa desenvolvido, un coñecemento mutuo entre os participantes, unha expe-riencia de cooperación, e o convencemento de que aínda había moito que aprender unsdos outros e entre todos. Houbo ademais un labor continuado do Condado deDenbighshire (Gales) e Condado de Clare (Irlanda) no senso de desenvolver un turismosingular que contribuíse a valorizar o patrimonio destas rexións.

Clare foi consciente, a partir de diversos estudos e da propia realidade, de que tiña quemanter a súa competitividade como destino turístico tanto no contexto nacional comoeuropeo, diferenciándose das grandes iconas turísticas da zona (Acantilados de Moher,Dolmen de Poulnabrone, Castelo de Bunratty) e ofrecendo ao visitante experiencias típicasda súa rexión e auténticas: música, paseos pola costa, pesca, baile…, ou sexa, cultura,modos de vida, natureza.

Baixo este criterio, puxo en marcha o proxecto LIVETHELIFE co obxectivo último decrear unha estratexia de márketing e marca que permitise vender o produto “Clare” comoun todo no mercado. Nesta estratexia había dous puntos clave: o papel da comunidadelocal como punto único de venta e as novas tecnoloxías.

Tras varios estudos o resultado foi o desenvolvemento dunha metodoloxía innovadorana que a participación da poboación local xogaba un papel clave para identificar mercadospotenciais; identificar produtos “auténticos” locais comercializables; identificar as necesi-dades locais de formación e adquisición de capacidades; desenvolver o produto.

A experiencia do Condado de Clare, serviu de base para formular un proxecto de coo-peración europea entre rexións do espazo atlántico no eido do desenvolvemento territorialtendo como elemento común a valorización do patrimonio cultural propio, e tomando estecomo punto de partida para definir unha oferta turística “xenuína”, sostible, orientada aomercado e xestionada pola comunidade local.

O concepto LIVETHELIFE parecía transferible e podería enriquecerse con achegasdoutras rexións. O Condado de Clare contactou, no ano 2002, con organismos doutrospaíses para analizar a posibilidade de definir un proxecto conxunto que puidese contarcoa aprobación da Unión Europea. A convocatoria de INTERREG III B Espazo Atlánticoabriu a porta desta posibilidade con éxito e o novo proxecto denominado Cantata foiaprobado pola Comisión.

O acrónimo Cantata responde a Celtic Authentic Niche Tourism Advancing TheAtlantic Area, Impulso do Espazo Atlántico Promovendo un Turismo Celta e Xenuíno.

Confinanciado por INTERREG III B Espazo Atlántico, encádrase na Prioridade D(Reforzo e promoción da identidade atlántica na globalización) e na Medida D-2 (Creaciónde produtos turísticos atlánticos).

B. Obxectivos e metodoloxía

O obxectivo de Cantata, dun xeito resumido, é conseguir unha distribución sostible eequilibrada da actividade turística nas rexións atlánticas desenvolvendo a capacidade dacomunidade e promocionando servizos e atraccións turísticas xestionadas localmente,mediante a creación de accesos á cultura local para os visitantes.

Page 38: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

38

01 O Proxecto Cantata. Unha aposta pola cultura xenuína

As investigacións recentes evidencian que os visitantes son cada vez máis inmunes áexcesiva carga de márketing e se senten decepcionados coas súas experiencias turísticas.Nun mercado sofisticado, o visitante converteuse nun entusiasta de “chegar a coñecer oreal”, coñecer a xente real e desfrutar da experiencia interesante que reflicte a frescura, asingularidade e o dinamismo dunha cultura, o calor xenuíno da xente e un sentido de per-tenza ao lugar que visitan.

No Espazo Atlántico a miúdo ocorre que un pequeno número de atraccións turísticasconvencionais atraen a maioría das visitas. Isto supón non só unha concentración dosimpactos negativos, senón tamén que os beneficios derivados desde o punto de vista eco-nómico, social e cultural non se distribúan equilibradamente, privando da oportunidadede desenvolvemento a espazos dotados de gran potencial.

Cantata pretende incidir na rectificación desta situación, común en todas as rexiónsatlánticas participantes, movendo aos visitantes desde estes centros turísticos de masas ásáreas máis periféricas e menos desenvolvidas, e promovendo experiencias auténticas exenuínas para os visitantes, que fortalezan e promocionen a cultura e as singularidadeslocais. Evidentemente todo esto baixo criterios de respecto, sostibilidade e calidade noámbito cultural e medioambiental.

Así pois os obxectivos xerais de Cantata son:

❙ Distribuír aos visitantes máis homoxeneamente nunha área dada, minimizando osimpactos do turismo e equilibrando os beneficios económicos e sociais no territorio.

❙ Atraer máis visitantes e fidelizar a demanda.❙ Incrementar a duración da estancia e a calidade da experiencia turística.❙ Xerar repetición de visitas cara a un turismo sensible medioambiental e culturalmente.

Na metodoloxía de traballo as comunidades locais desempeñan un papel fundamental,Elas son os “informantes”, son os “actores” e os responsables á hora de construír e mello-rar a capacidade local, de “recoñecer” e poñer en valor a súa cultura, de sentirse orgullo-sos dela, da súa rexión, dos seus modos de vida, de incrementar a conectividade, de defi-nir e deseñar propostas para ofertar ao visitante transmitíndolle ese orgullo ao tempo quese reforza a identidade local. De aí que o proxecto non tería sentido se non se implicanorganismos, asociacións, entidades locais, empresarios e actores turísticos. Eles participana través dos workshops e grupos de traballo comarcais.

Pola metodoloxía de traballo e pola filosofía subxacente no proxecto, Cantata non bus-ca un enfrontamento de culturas, nin crear unha “cultura para o turismo” senón que pre-tende crear un lugar de encontro no que o visitante consiga identificar e compartir o ver-dadeiro sentido do lugar que visita e haxa un encontro xenuíno coa poboación. Esta ideanon resta credibilidade ao produto turístico; máis ben ao contrario, dótao de “alma” e cons-titúe a súa razón primeira.

Todo isto tense que reflectir nunha mellora do márketing a partir da investigación demercado e dos workshops.

O intercambio de coñecementos e de know-how entre os socios do proxecto fortaléce-no e enriquéceno porque hai unha variedade histórica, económica e cultural rexional aín-da que existen elementos comúns entre todas as rexións participantes. A competitividadecolaboradora permite conectividade, aumento da conciencia e promoción dunha culturade diversidade: unha aproximación común con solucións aplicadas localmente.

O esquema básico do modelo é: consultar, investigar, identificar carencias, identificarnecesidades, tratar as carencias en canto a provisións, realizar accións prácticas e compar-tir información.

Page 39: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

39

Introdución

C. Comarcas Cantata en Galicia

En Galicia estase a implementar Cantata nas comarcas do Eume, O Ribeiro e A Ulloa.Trátase de comarcas rurais cunha grande potencialidade en canto aos recursos que

posúen e relativamente próximas ás cidades importantes de Galicia.Todas elas contan con organismos e organizacións que traballan polo desenvolvemen-

to turístico do territorio e pola revalorización dos seus recursos e constitúen ámbito deintervención de programas de desenvolvemento rural (PRODER, LEADER+, AGADER)que se reforzan con Cantata.

En total, 18 concellos, preto de 60.000 habitantes e unha superficie de 1.364,3 km2.Montañas e vales, ríos e embalses, paisaxes espectaculares, patrimonio cultural variado e rico,atractivos turísticos indubidábeis, espertar dun incipiente turismo, tecido empresarial apoiadonos recursos endóxenos e, sobre todo, vontade social por desenvolver o territorio e potenciaro que lle é propio...., son todos eles trazos que identifican cada unha das tres comarcas.

Dúas son as estratexias de actuación:

1. Atraer os fluxos turísticos que reciben as cidades galegas e zonas costeiras, –as máisvisitadas–, cara ás tres comarcas, situadas relativamente próximas a ditos espazos.

2. Animar aos excursionistas –máis de 4 millóns– procedentes doutras rexións espa-ñolas e do norte de Portugal a visitar e pernoctar nas comarcas Cantata; incidirá, sendúbida, na súa estrutura socio-cultural e económica.

Tras un primeiro estudo do territorio definíronse as principais liñas temáticas nas quese pode traballar para deseñar produtos turísticos. Estas liñas están intimamente relacio-nadas coa cultura de cada comarca, coa súa historia e co seu patrimonio cultural.

No Eume a liña principal é a natureza, o parque natural Fragas do Eume, complementán-dose co patrimonio arquitectónico (mosteiros, igrexas, castelos) e coa industria da enerxía.

No Ribeiro a cultura do viño tómase a priori como o eixo central, complementada coacultura sefardí, a gastronomía –presente tamén nas outras comarcas-, o patrimonio histó-rico e arquitectónico, e a auga no referente a ríos, balnearios e mares interiores.

A Ulloa, atravesada polo Camiño Francés a Santiago, tómao como eixo de actuaciónprincipal unido ao patrimonio histórico-artístico e á agroindustria, reforzando a presenza

Page 40: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

40

01 O Proxecto Cantata. Unha aposta pola cultura xenuína

de producións tradicionais como o queixo e derivados econcedendo un espazo ás novas producións (framboesas,espárragos trigueiros, ovos ecolóxicos...).

D. Actuacións acometidas

Seguindo a metodoloxía de traballo definida no proxec-to, as accións que se acometen englóbanse nos seguintesámbitos: investigación, creación de grupos de traballo, pro-moción, comercialización e intercambio de experiencias.

Ata o momento o traballo centrouse na investigación, nacreación de grupos de traballo e na promoción.

Na fase de investigación realizouse un diagnóstico doterritorio e un estudo do mercado turístico, a través deentrevistas e enquisas motivacionais.

A entrevista a actores da industria local deu como con-clusións que os empresarios son conscientes da necesidade de coñecer e valorar os recursosdas súas comarcas, partindo da súa identificación dos mesmos nun traballo conxunto; anecesidade de cooperación entre as pequenas empresas turísticas para achegarse competiti-vamente ao mercado; e a necesidade de definir estratexias conxuntas de comercialización encooperación coa administración. O concepto Cantata foi avaliado moi positivamente.

Coa enquisa motivacional realizada aos turistas pretendeuse coñecer as opinións e as acti-tudes dos visitantes sobre a comarca visitada. A procedencia é fundamentalmente Galicia, res-to de España (Madrid, Barcelona, norte de España), un 8% do estranxeiro, e maioritariamentede ámbitos urbanos. A maioría destes visitantes que viaxan coa familia ou coa parella, reser-van directamente ou viaxan sen reserva e os aspectos que máis valoran das comarcas son: apaisaxe, a natureza, a xente, a gastronomía, as praias fluviais e o mar. É salientable que unhadas fontes de información máis habitual é internet. Entre os aspectos que se considera nece-sario mellorar están a sinalización –que segue sendo unha materia pendente–, os aspectosmedioambientais e de accesos, a organización de actividades turísticas que complementenunha oferta e proporcionar máis información sobre os recursos locais.

O fomento da cooperación entre as empresas do sector pasa por un traballo conxunto dostécnicos cos empresarios, por iso se crearon grupos de traballo que, ademais de constituír unforo para coñecerse e compartir información, supoñen unha actividade formativa.

Neste senso organizáronse dúas xornadas dirixidas por técnicos especialistas en turis-mo. En novembro de 2005 tiveron lugar as Xornadas “Cooperación empresarial en turis-mo a nivel local” en cada unha das comarcas. Os obxectivos principais destas foron:Animar e incentivar as comunidades locais e cooperar e concienciar a poboación cara aodeseño de produtos turísticos.

En febreiro de 2006 celebrouse un seminario obradoiro para “Deseño e creación de pro-dutos turísticos”, orientado ao deseño de produtos turísticos comarcais, á busca de canlesde comercialización e á promoción dos produtos.

Destacar que a asistencia a ámbalas dúas xornadas foi moi nutrida nas tres comarcasCantata e que serviron para que os empresarios sexan máis conscientes dos seus recursos, dopotencial que lles brinda o territorio, da necesidade de colaborar e cooperar e de establecerunha metodoloxía de traballo e, finalmente, de que eles deben ser os actores principais dodesenvolvemento turístico das súas comarcas.

O traballo está iniciado. A participación de empresarios turísticos e axentes culturaisdas comarcas é un feito; os recursos están aí, a man; as ilusións están motivando á acción.

Page 41: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

41

Introdución

Agora queda continuar a liña de traballo emprendida e arriscar na aposta polo desenvol-vemento territorial. O obxectivo final non se poderá acadar se non se implican activamen-te todos os axentes: empresarios, Fundacións para o Desenvolvemento Comarcal, Gruposde acción local, Mancomunidade do Ribeiro, Oficinas de turismo e Centros de IniciativasTurísticas, Centros Comarcais, etc., e, por suposto, a propia Administración Autonómica através, neste caso, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural (Cª do Medio Rural) e coacolaboración da Dirección Xeral de Turismo (Cª de Innovación e Industria).

E. Resultados esperados

O principal resultado será conseguir a articulación da actividade turística no desenvol-vemento socioeconómico do medio rural e da economía comarcal. Para logralo poñeranseno mercado produtos turísticos comarcais deseñados a partir do traballo desenvolvido aolongo dos anos de implementación do proxecto, que reforcen a identidade e a singulari-dade de cada comarca e constitúan unha oferta “auténtica” e xenuína para os visitantes. Enprimeiro lugar fomentar un sentimento de orgullo nas comunidades locais polo propio éunha das bases non só para deseñar os produtos senón tamén para dotalos da calidade queprecisan para competir nun mercado global.

Os resultados xerais que esperamos do proxecto sinálanse a continuación:

❙ Desenvolvemento do potencial das comarcas e territorios implicados para ofertarexperiencias turísticas diferenciadas e culturalmente auténticas.

❙ Desenvolvemento dun turismo equilibrado no Espazo Atlántico.❙ Intercambio de coñecementos a nivel transnacional a través de seminarios para iden-

tificar métodos e mercados para o turismo.❙ Promoción da identidade do Espazo Atlántico e da especificidade e peculiaridade

local como atracción para os turistas a través dun márketing fortalecido e de com-partir o coñecemento.

❙ Mellora da calidade a través do fortalecemento da confianza, competencia e conec-tividade no produto local a través de workshops e o intercambio de información.

❙ Mellora do uso das novas tecnoloxías na industria turística a través do uso da páxi-na web do proxecto.

❙ Abrir o potencial para o márketing conxunto e posibles futuras accións.

A demanda do mercado polo “auténtico” abre camiños para poñer en valor o “auténti-co” de cada territorio e conseguir que a identidade territorial sexa un factor de benestarsocial e de desenvolvemento económico, en suma, un capital de desenvolvemento.

Bibliografía

Formulario de candidatura do Proxecto Cantata

Información Oficial da Unión Europea

Información UNESCO

Page 42: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural
Page 43: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

A cultura tradicional galego-portuguesa: da descoberta das especificidades à necessidade da relação

Álvaro Campelo

02

Junto ao célebre anúncio publicitário “a tradição já não é o que era!”1, poderíamos acres-centar: “a cultura já não é o que era”. De facto, o conceito de cultura, aparentemente con-sensual e perceptível por todos, de tanto uso, a propósito e a despropósito, tem-se reveladoproblemático para suster uma reflexão desapaixonada e coerente. A suposta “naturalidade dacultura” enferma da condição paradoxal em que se afirma. Se tudo é cultura, nada é cultura!

No entanto, se olhamos para a cultura como o resultado de processos históricos que sedi-mentam uma particular forma de estar e interpretar o mundo, onde esse resultado expres-se tanto os consensos como as contradições e complexidades de interacção entre os actoressociais, e destes com o espaço ecológico, com os recursos tecnológicos herdados ou criadose com os discursos simbólicos que suportam a todos, então teremos uma visão aproximadado que é a cultura de uma comunidade. Se a palavra tradição tem na sua raiz o significadode acto ou efeito de transmitir, a cultura é, de alguma forma, sempre tradicional, porquenascemos dentro de um espaço cultural preexistente, transmitido, herdado, que traduz oque «aparece» como novo, que delimita regras e normas de acção e interpretação. A cultu-ra encerra em si mesma um discurso de constrangimento e de possibilidades a que os acto-res sociais se sujeitam no seu quotidiano. Mas sendo ela o resultado de processos históricos,ela está sujeita à mutação da própria história e à dinâmica que esta impõe aos sentidos pre-sentes nos acontecimentos. E é na relação estabelecida entre o estável, e permanente dosprocessos sociais, e as mutações e reinterpretações próprias da sua dinâmica, que se situa aproblemática da identidade cultural, outra das invenções supostamente pacíficas.

O questionar no presente o significado e papel da cultura tradicional advém do facto dasmutações sociais e económicas serem na contemporaneidade de tal ordem que os sentidosdo tradicional aparecem como «não-sentidos», ou como desfasados do campo da acçãosocial. O que está em causa é a relação que estabelecemos com o que nos foi transmitido,com os conteúdos, práticas e sentidos que informaram o espaço onde os nossos antepassa-dos interagiram. O corte estabelecido com essas práticas e sentidos causado pelas rápidas eprofundas mutações do século XX, particularmente da segunda metade, fez com que o «tra-dicional» adquirisse um sentido negativo, algo estranho e sem particular interesse para os

1 Spot publicitário do whisky JB.

Page 44: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

44

02 A cultura tradicional galego-portuguesa: da descoberta das especificidades à necessidade da relação

dias de hoje. Outras vezes, a «cultura tradicional»apresenta-se como um objecto a proteger e a guar-dar em alguma gaveta do acervo da memória muse-ológica. O destino é a contemplação estética e sau-dosista. Fascina-nos o arcaico que encerra e o exóti-co que nos transporta para o mistério e o inacessí-vel, porque estranhos aos nossos sentidos.

Ora a «cultura tradicional» deverá ser algo dediferente. Ela, nas suas múltiplas formas, pois esca-pa a toda a homogeneização que se lhe queiraimpor, apresenta-se como um conjunto de expe-riências onde os costumes, os valores, os modos deser, as crenças, as expressões artísticas, as ideias eacções do quotidiano se sedimentaram em saberes eartes de fazer, imprescindíveis na compreensão dequalquer comunidade. A cada momento do quoti-diano, a cada acontecimento extraordinário, a cadaprovocação do social e do ecológico, a memoria cultural é activada em relações de sentidos,explícitos e implícitos, que organizam e governam o comportamento. Criada e alterada naimprevisibilidade da história, na relação com diferentes interlocutores, num diálogo íntimoe desafiante com o espaço ecológico, a cultura tradicional comunica-nos essa própria histó-ria do saber, da capacidade da negociação com o diferente. Muito longe de ser algo de umarigidez fixista, ela fornece a sábia capacidade de olhar para o tempo com o distanciamentoda experiência, ao mesmo tempo que vê nele os sinais da mudança, para os quais tem oespaço de compreensão e de inovação necessários.

Ao falarmos da cultura tradicional galego-portuguesa, queremos salientar todo umpatrimónio cultural que partilhamos, que nos foi comunicado (que faz parte da nossa tra-dição), e que se apresenta para nós como o espaço de construção de uma identidade múl-tipla e complexa, mas que fornece as referencias suficientes para nela reflectirmos os sen-tidos comuns do passado, do presente e, sobretudo, do futuro. Neste Noroeste Peninsularpartilhamos um espaço ecológico, saberes e práticas que, independentemente de qualquersimulação ou imposição identitária, reconhecemos como familiares. O ‘ar de família’ comque os sentimos e os partilhamos, informam uma maneira de estar no mundo, de nos rela-cionarmos com o novo e diferente, de tal forma visível e operante, que transportamos paraoutras terras e paragens esse modo de vida tão singular em variadíssimas expressões artís-ticas, que agora fazem parte do nosso património imaterial.

É indiscutível que qualquer proposta de desenvolvimento no mundo contemporâneodeverá ter em conta a realidade e o discurso da globalização. Mas esta globalização não sefará sem o reforço e a singularidade das expressões locais. O desafio não está na imitação ouna diluição do particular e local. Está sim na afirmação deste, enquanto saber local, enquan-to expressão de uma história particular que oferece ao mundo globalizado a sua especifici-dade, a riqueza das variadas e originais formas com que lidou com os constrangimentos eas oportunidades da história e do espaço ecológico. O local é o espaço dos problemas sen-tidos. Ao saber acrescentamos a emoção e é na conjugação de ambos que se reforça a cren-ça na capacidade de mudar o mundo e de ser interveniente na história. A nossa cultura tra-dicional é a expressão dessa riqueza e é nela que estamos dispostos à negociação de umapartilha generosa. A nossa cultura tradicional galego-portuguesa é um manancial de opor-tunidades para o mundo, depois de ser a razão e o sentido das nossas práticas e saberes.

Page 45: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

45

Introdución

Nenhum desenvolvimento se fará nas comuni-dades locais, num mundo globalizado, se os actoressociais dessas comunidades não descobrirem pri-meiro a riqueza dos seus saberes e a capacidadedeles serem uma mais-valia nas relações mundiali-zadas. O desenvolvimento faz-se pela capacidadede cada região encontrar um «lugar» entre as redesque definem as relações económicas, culturais epoliticas da globalização. E esses lugares nascem orada capacidade induzida pelas estratégias politicas eeconómicas daqueles que detêm o poder económi-co e politico, ora pela capacidade com que as comu-nidades de uma determinada região têm de valori-zar e destacar a especificidade da sua cultura tradi-cional e nela construir estrategicamente as razões epapeis que invocam para se afirmarem incontorná-veis nessas redes da globalização. A memória cultu-

ral e a experiência de uma região, longe de serem obstáculos à inovação, devem tornar-se abase de um saber e de uma capacidade de renovação e de descoberta. Essa capacidade refor-ça-se pelo sentimento de pertença. A cultura tradicional dá-nos essa pertença e essa segu-rança num mundo em constante mutação.

Ao longo dos tempos a nossa cultura, nas suas variadas expressões, foi criativa e Sábia naforma como dialogamos com o nosso espaço e como nos posicionou nos variados locais paraonde o dealbar da mundialização nos levou. Nas montanhas, nos vales e nas margens do oce-ano desenvolvemos o engenho e a arte da sobrevivência. Nos continentes para onde partimoslevamos esse engenho e arte de fazer e estar. Nesta época da globalização, depois de darmosmundos ao mundo, temos a partilhar a arte da relação, da capacidade de lidar com o diferen-te, o saber de encontrar nas dificuldades a razão para a acção, uma espiritualidade fundada nodom da natureza e na graça da partilha. Estes e outros sentidos que informam a nossa cultu-ra tradicional apresentam-se como o legado sobre o qual trabalhamos e criamos agora mun-dos novos e para os quais queremos convocar todos os que queiram entrar neste diálogo.

Olhar para a nossa cultura tradicional é olharmos e preocuparmo-nos com a arte dosaber, a arte da criação, a arte da construção sábia de uma relação eficaz e respeitadora comos outros e com a natureza. Alguém poderia dizer que muitas outras culturas tradicionaispodem oferecer o mesmo! Mas haverá alguém que possa contestar ser esta uma das mar-cas mais distintivas da nossa região, uma forma de estar que se distingue na maioria dasnossas expressões culturais e na nossa história?

Investigar e desenvolver conhecimento no campo dos recursos naturais e na defesa doambiente; fundar uma economia do saber na capacidade que temos de estarmos abertos aomundo; definirmos uma politica de acolhimento ao diferente, partilhando aquilo que herda-mos como a nossa história particular; e assumirmos que temos uma história e recursos criati-vos que nos capacitam para ultrapassar todo o tipo de fronteiras, são as acções que se nosimpõem se queremos ser herdeiros dignos da cultura que recebemos e participantes nestemundo globalizado.

Page 46: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural
Page 47: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

O Intanxible Común

Francisco Fernández Rei

03

Moi probablemente o vindeiro 25 de novembro a UNESCO declare Obra Mestra doPatrimonio Inmaterial da Humanidade o inmenso patrimonio intanxible común a Galiciae ás comarcas estremeiras de Asturias, León e Zamora, que compartimos cos portuguesesmiñotos e trasmontanos. Ese día será o triunfo dunha candidatura de base, impulsada des-de outubro do 2001 pola asociación escolar “Ponte... nas Ondas!” e polas Escolas asocia-das á UNESCO, que no seu posterior camiñar foi contando co inequívoco apoio de diver-sas asociacións e institucións galegas e portuguesas e tamén co apoio de asociacións e enti-dades do Eo-Navia, do Bierzo e das Portelas.

Son testemuña de que cando chegou a esta Academia Galega, ao Museo do Pobo e aoConsello da Cultura un escrito das asociacións impulsoras no que se daba información ese solicitaba a adhesión, os respectivos plenarios foron totalmente receptivos. E tamén lem-bro que, cando hai un par de anos, Santiago Veloso veu a Cambados a unha asemblea daFederación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial para informar desta candidatura áUNESCO, a xente da Federación acabou facéndoa súa e volcouse totalmente nela, polo quecando esa Federación acordou editar unha revista, Ardentía, o primeiro número dedicou-no integramente ao patrimonio inmaterial dos ríos e dos mares da Gallaecia.

Pase o que pase o 25 de novembro, o intenso labor feito para divulgar e acadar a can-didatura da tradición oral galaico-portuguesa nunca será traballo perdido. E non teño nin-gunha dúbida de que moitas persoas continuarán a ser portadoras das múltiples manifes-tacións dese patrimonio.

Ás dúas beiras do Miño e da raia seca haberá xente que seguirá a mergullarse na tradi-ción oral para devolvernos historias de vida de galegos e portugueses, cos seus xeitos defalar; e seguiranse a recoller coplas e cantigas populares, regueifas e romances, contos reaisou fantásticos e lendas, así como a gran riqueza léxica e fraseolóxica relacionada cos ofi-cios, cos labores do campo e do mar e co variado ciclo das festividades anuais.

Na comarca do Ulla vibrarán cos xenerais e en Salcedo de Brollón co seu oso, na Terrade Lemos cos compadres e comadres, en Laza cos peliqueiros e en Verín cos cigarróns, noSalnés cos choqueiros e coas comparsas, como tamén se vibrará en tantos lugares ondehaxa manifestacións parateatrais encadradas no ciclo do Entroido.

En Vilafranca do Bierzo os rapaces volveranse vestir con “cañaveiras ou mazandois”,que cortarán na mesma mañá do primeiro de maio, para así festexaren o maio-mozo, o úni-

Page 48: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

48

03 O Intanxible Común

co exemplar vivo dos moitos maios humanos galegos noutrora existentes. E en Ourense,en Pontevedra e noutros lugares farán maios figurativos, que terán forma de barcos en vilasmariñeiras como Marín ou Vilagarcía.

Nos dous costados da ría da Arousa e na ría de Pontevedra, o derradeiro día do mes deabril, –e sempre antes do sol baixo, tal como dicían os vellos–, volveranse poñer ramos dexesta nas portas das casas e nos coches, como antes se poñían nos carros tirados por ani-mais. E con estes “maios” a xente do Salnés e lugares veciños estará a transmitir unha mile-naria tradición da Gallaecia, que un Concilio de Braga prohibiu no séc. VI, á vez queMartiño Dumiense ou Bracarense denunciaba iso como culto propio de seres infernais.

En todos os lugares da Gallaecia acenderanse cacharelas na noite de San Xoán; e candosexa día, moitos madrugarán para lavarse co orballo e coas augas que recenden a fiúncho,a menta, a poexo e a tantas plantas recollidas nos lameiros.

En Lubián, entre a Portela da Canda e do Padornelo, o 8 de setembro festexarán o seupatrón San Mamede coa recuperada tradición do “carro enfeitado”, que inzan de flores evexetación e que logo pasean por toda a vila coa xente detrás bailando, cantando ebebendo, ata deixaren o carro no adro da igrexa. Ese rito do carro “afeitado”, que é comodin os vellos portelaos, seguramente é unhatradición precristiá, como deben selo tantasfestas e ritos que tamén o 8 de setembro (ouarredor del) se celebran en Muxía e en Rianxo,en Amil e no Cebreiro, na Saínza e na Fran-queira e noutras parroquias onde hai ese díafesta dedicada á Virxe.

Na Galicia da beiramar estas festas coincidi-rán coas grandes mareas vivas (e as grandessecas) do equinoccio de outono: son as “mareasdos lagares” de Cambados, que marcarán o co-mezo da vendima; e son as “lagarteiras” de se-tembro da batida costa de Valdoviño, esas mare-as tan areladas polos percebeiros por descubrirenpedras sempre cubertas polo mar. E na Galiciarural, estas festas marcarán o comezo da prima-vera de outono, que é como de xeito tan poéticoos labregos da Terra Cha e de tantas outras terrasgalegas denominan a estación do ano que vai davendima á castañeira de Otero Pedrayo.

Alá “por Santos”, en Sárdoma e noutras parro-quias rururbanas de Vigo os rapaces furarán“cabasas” para meter velas acesas dentro, que col-garán das ponlas das árbores que rodean os camiños para asustar as rapazas; e en Cambadosfurarán “calacús”, que é como se chaman as cabazas no Salnés, aínda que hoxe xa non sepoñan nas fontes para “darlle unha impresión ás mulleres e ás mosas que ían buscar aghua”.

Polo San Martiño, por todos os lugares, faranse magostos, á vez que os trompos iránpara o camiño, para logo polo San Amaro volveren ao faiado.

En Chantada e noutras partes da cunca do Miño seguirán recuperando e estudando osbatuxos e outras barcas de río, de igual xeito que en Lanhelas e noutros lugares do altoMinho portugués farán o mesmo cos carochos e coas masseiras, derivacións estas da “bru-ta” e fermosa ghamela da Guarda.

Page 49: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

49

Introdución

Nos meses de verán, desde Ferrol a Vila doConde, camiño da desembocadura do Douro,faranse encontros e regatas a vela de embarca-cións tradicionais aparelladas ao xeito tradicio-nal; e asemade estudarase o patrimonio inmate-rial dos mares (e dos ríos) da Gallaecia, noncunha visión saudosista e folclórica dun mundoque se foi, senón para valorizar a herdanza reci-bida, engadíndolle novas e frutíferas achegasdesde o traballo mariñeiro de hoxe e de mañá.

E cando chegue o vindeiro 17 de maio e aAcademia Galega estea a homenaxear naCoruña ou en Sada (ou nestas dúas vilas) aManuel Lugrís Freire, ese mesmo día, un anomáis, a Escola de Navegación Tradicional daCultural “Dorna” da Illa da Arousa botará aomar as dornas aparelladas con vela de relinga (a

popular vela “de cuadro”) para facer unha travesía pola ría da Arousa en honra de ManuelAntonio, de Xaquín Lorenzo e de toda a xente que poetizou e estudou o mar. E no verán,e ata ben entrada a primavera de outono, os patróns desa Escola seguirán aprendéndolle avelear en dorna e en lancha xeiteira a quen estea interesado na cultura marítima, á vez quelle transmitirán o léxico e os saberes mariñeiros que eles mesmos aprenderon (e seguen aaprender) no libro salgado do mar e no contacto diario cos vellos patróns.

Pase o que pase o vindeiro 25 de novembro, estas accións e moitas outras que se con-tinuarán a facer ás dúas beiras do Miño, do Sil e do Eo e ás dúas beiras dos portos dePedrafita e da Canda son unha garantía para que o inmenso caudal das tradicións oraisgalegas e portuguesas se recupere, se revitalice e se transmita para gozo noso e das vindei-ras xeracións. E deste xeito os galegos e os portugueses (e tamén os estremeiros) que habi-tamos a costa e o interior da antiga Gallaecia contribuiremos a afianzar a nosa identidadecomún neste xeira globalizadora e uniformizadora.

*Este texto leuse no acto de presentación da Candidatura á UNESCO da Tradición OralGalego-Portuguesa, que se celebrou na Coruña o 9 de novembro do 2005, no salón deactos da Real Academia Galega. Publicouse no nº 594 da Revista das Letras, de 17 denovembro do 2005, no especial Patrimonio que une, dedicado ao patrimonio inmaterialcomún ás dúas beiras do Miño.

Page 50: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural
Page 51: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

A Comunidade de Traballo Galicia-Norte dePortugal e a cultura común galego-portuguesa

Manuel Cao Fernández

04

A Candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués ante a UNESCO, polo feito deser unha proposta de carácter transnacional, presentaba unhas particularidades moi espe-cíficas. A principal particularidade era a necesidade de creación dun organismo interna-cional conxunto que asuma a función de coordinación das administracións e instituciónsdos países participantes na iniciativa así como de representar esta mesma a tódolos efectosante a UNESCO.

No caso da candidatura galego-portuguesa dita función foi asumida, no seu día, por unorganismo xa existente e que encaixaba perfectamente dentro dos parámetros establecidospola UNESCO: A Comunidade de Traballo Galicia-Norte de Portugal (CTG-NP).

A posta en marcha da Comunidade de Traballo

A apertura de relacións institucionais entre Galicia e o Norte de Portugal data dos anosoitenta, máis especificamente da integración de Portugal e España na anterior ComunidadeEconómica Europea, posteriormente U.E., cando foron acordadas as primeiras posiciónscomúns en seminarios conxuntos. Do incremento das relacións entre as dúas rexións resul-tou a necesidade de crear unha estrutura que favorecese a continuidade, coherencia eintensificación da cooperación transfronteiriza. A resposta a esta necesidade foi a base paraa sinatura do Acordo de Constitución da CTG-NP o 31 de Outubro de 1991.

O Acordo Constitutivo foi executado ao abeiro do Convenio Marco Europeo para aCooperación Transfronteiriza entre Comunidades e Autoridades Territoriais do Consello deEuropa de 1980.

O Acordo Constitutivo da Comunidade de Traballo Galicia-Norte de Portugal, foi actua-lizado o pasado 24 de Febreiro de 2006, debido á necesidade de adaptalo ás disposiciónsdo Tratado Hispano-Portugués de Cooperación Transfronteiriza entre Entidades eInstancias Territoriais de 3 de outubro de 2002, coincidindo coa asunción da Presidenciada CTG-NP por parte do Presidente da Xunta de Galicia.

A Presidencia da CTG-NP recae alternativamente sobre o Presidente da Xunta de Galiciae o Presidente da Comissão de Coordenação e Desenvolvimento Regional do Norte(CCDR-N) de Portugal. No momento de redactar o dossier da Candidatura, a Comunidadede Traballo estaba presidida polo Presidente da CCDR-N.

Page 52: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

52

04 A Comunidade de Traballo Galicia-Norte de Portugal e a cultura común galego-portuguesa

A estrutura da CTG-NP

A estrutura orgánica da CTG-NP está composta pola Presidencia, a Vicepresidencia, oConsello, o Comité de Coordinación e o Secretariado.

O Consello, órgano plenario da CTG-NP, está constituído por Comisións Sectoriais eTerritoriais compostas por diferentes representantes da Administración Rexional e Localdas dúas marxes da fronteira. Todas elas teñen xogado un papel importante na presenta-ción de proxectos de cooperación conxuntos que teñen contribuído en gran medida aoachegamento e permeabilización da fronteira entre as dúas rexións.

Actualmente, a CTG-NP está integrada por 172 institucións galegas e portuguesas.A composición do Consello estrutúrase en 10 Comisións Sectoriais(Agricultura, Medio

Ambiente, Educación, Dinamización Económica, etc.) e 5 Comisións Territoriais (4 Comu-nidades Territoriais de Cooperación e o Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular, asociacióndas 18 principais cidades de Galicia e o Norte de Portugal).

A esencia da CTG-NP: a cooperación transfronteiriza

Trátase dunha institución de carácter bilateral para o fomento da cooperación trans-fronteiriza que ten como grandes obxectivos os seguintes:

a) Tratar asuntos de interese común no ámbito da cooperación transfronteiriza;b) Formular propostas de cooperación entre as entidades e instancias territoriais que a

integran, mediante a concertación de iniciativas e a adopción de decisións, impul-sando a súa posta en práctica e efectuando o seu seguimento;

c) Preparar estudos, plans, programas e proxectos en que se concerten actividades con-xuntas no ámbito da cooperación transfronteiriza, especialmente os que sexan sus-ceptibles de cofinanciamento estatal, comunitario ou internacional;

d) Promover formas de relación entre estruturas, axentes e entidades públicas e priva-das interesadas, que poidan contribuír ao desenvolvemento da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal ofrecéndolles, co respecto da súa respectiva autonomía, un mar-co permanente de encontro e colaboración;

e) Executar as tarefas previstas para este tipo de estruturas (comunidades de traballo) noPrograma España-Portugal da iniciativa comunitaria INTERREG ou calquera outro ins-trumento aceptado polo Reino de España e a República Portuguesa que o substitúa;

f) Impulsar a creación de organismos de cooperación transfronteiriza con ou sen per-sonalidade xurídica e, de ser o caso, establecer mecanismos de cooperación entreestes e a Comunidade de Traballo;

g) Fomentar a colaboración e a cooperación con outros organismos que teñan porobxectivo ou que se ocupen de cuestións de cooperación transfronteiriza;

h) Exercer as demais actividades que lle sexan atribuídas por instrumentos internacio-nais relativos á cooperación transfronteiriza.

En resumo, os obxectivos da CTG-NP levan ao intercambio de información, ao traba-llo cooperativo e á resolución de cuestións de mutuo interese, tratando de obter o máximobeneficio posible en función dos recursos materiais e inmateriais dispoñibles.

O ámbito de actuación cooperativa da CTG-NP é multisectorial, abranguendo aspectosrelacionados cos sectores económicos máis importantes (agricultura, pesca, turismo), coasinfraestruturas (transportes e comunicacións), co desenvolvemento social (sanidade, ensi-no) e cultural (patrimonio), co desenvolvemento sustentable (medio ambiente, recursosnaturais, ordenación do territorio) así como coa cooperación no ámbito das Admi-

Page 53: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

53

Introdución

nistracións Locais e Rexionais. A cooperación transfronteiriza no ámbito da CTG-NP tentamén como obxectivo estratéxico impulsar o desenvolvemento económico mediante axeración de emprego en base á Investigación e Desenvolvemento (I+D) realizado por todosos axentes dispoñibles, públicos e privados.

Dende principios dos noventa, caracterizados por un incremento na interdependenciae a solidariedade entre rexións, a CTG-NP ten desempeñado un papel de coordinaciónestrutural do desenvolvemento común destas dúas rexións do Espazo Europeo.

A práctica da cooperación entre espazos achegados, histórica e xeograficamente, comoson Galicia e o Norte de Portugal, ten promovido actividades e proxectos específicos, entreos que cómpre salientar:

❙ Promoción da posta en marcha de infraestruturas de conexión fronteiriza (estradasde conexión fronteiriza, pontes internacionais, etc.);

❙ Pulo ao Parque transfronteirizo Gerês-Xurés;❙ Impulso da recuperación das bacías hidrográficas dos ríos Miño, Limia e Támega;❙ Aposta polos saneamentos e abastecementos de augas en zonas fronteirizas;❙ Creación do Fondo de Capital Risco Galicia-Norte de Portugal;❙ Impulso de proxectos de apoio á internacionalización das PEMES;❙ Creación do Servizo Eures Transfronteirizo de apoio a traballadores transfronteirizos;❙ Pulo a Programas sociais de apoio e reinserción de toxicodependentes e de menores

conflitivos;❙ Rehabilitación de monumentos históricos fronteirizos;❙ Creación do Mapa turístico da Eurorrexión;❙ Posta en marcha de iniciativas de cooperación no ámbito do I+D entre Centros

Tecnolóxicos en Universidades;❙ Xeración de información estatística da Eurorrexión;❙ Posta en marcha do CEER (Centro de Estudios Eurorrexionais), entidade na que

participan as 6 Universidades públicas da Eurorrexión e aberta ás iniciativas sociaise institucionais. Etc.

Como xa foi comentado, a CTG-NP tivo no seu momento un papel activo a prol da can-didatura do Patrimonio Inmaterial Galego Portugués a obra Mestra da UNESCO e que esperaseguir tendo tal e como manifestaron, na recente cimeira eurorrexional, os presidentes daXunta de Galicia e da CCDR-N como a súa vontade de continuar apoiando o proceso inicia-do coa presentación da citada candidatura da cultura tradicional galego-portuguesa.

A Candidatura das Tradicións Orais Galego-Portuguesas áproclamación de Obra Mestra do Patrimonio Inmaterial daHumanidade pola UNESCO e a CTG-NP

A CTG-NP interesouse na iniciativa da Candidatura practicamente dende o seu inicio,participando nas diferentes reunións celebradas para a constitución da súa Comisión deCoordinación.

Unha vez iniciados os traballos de preparación do dossier requirido pola UNESCO, ede acordo coa Guía oficial destas institución para as candidaturas multinacionais, fíxoseimprescindible a designación dun organismo coordinador de carácter supranacional (aexperiencia doutras candidaturas anteriores indicaba que en moitos casos se recorría aoestablecemento dun organismo “ad hoc” para este propósito). Dadas as características dapropia CTG-NP, esta encaixaba perfectamente dentro dos requirimentos da UNESCO, poloque dende o principio, e tras consultas coas persoas responsables en Galicia e Norte de

Page 54: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

54

04 A Comunidade de Traballo Galicia-Norte de Portugal e a cultura común galego-portuguesa

Portugal, acordouse que sería a Comunidade de Traballo a institución supranacional querespondese pola Candidatura ante a UNESCO, e pola coordinación das actividades de pro-moción levadas a cabo dende todos os axentes institucionais e sociais.

O propio dossier da candidatura, cofinanciado pola CTG-NP, e presentado ante aUNESCO recolle nestes termos a participación da CTG-NP:

❙ Organismo responsable pola coordinación de todos os Organismos e ComunidadesImplicadas (Apartado G do dossier).

❙ Institución responsable do Plan de Xestión do Patrimonio Inmaterial (Apartado 4 a)

A promoción da candidatura pola CTG-NP

Froito do seu compromiso a CTG-NP, xunto cos promotores da candidatura, organizouunha serie de actos de promoción dela. Entre eles cómpre salientar:

1. Acto de presentación en Porto, principal cidade da Rexión Norte

A CTG-NP encargouse de organizar un acto institucional na cidade de Porto para pre-sentar a candidatura, que estivo presidido polos responsables da Eurorrexión ao máis altonivel, o Presidente da Xunta de Galicia e o Presidente da CCDR-N, xunto co Ministro dasCidades do Goberno portugués.

Con motivo da celebración deste acto, a CTG-NP editou uns dípticos informativossobre a Candidatura que serviron como material promocional en sucesivas oportunidades.

2. Acto central da promoción internacional da candidatura

Da mesma forma, a CTG-NP, xunto coa Asociação de Municipios do Vale do Minho,organizou na vila fronteiriza de Melgaço o que sería o primeiro e máis importante acto devisibilización dos elementos da Candidatura: o I Encontro de Portadores das TradiciónsOrais Galego-Portuguesas, acto que contou coa presencia da Ministra de Cultura dePortugal para a súa inauguración.

Durante tres días, do 3 ao 5 de xuño do 2005, sucedéronse en Melgaço exposicións,animación de rúa, demostracións artesanais, obradoiros de xogos tradicionais e debatessobre a cultura tradicional común. Polas tardes podíase desfrutar de exemplos de gastro-nomía popular galega e do Norte de Portugal, e cada noite celebrábase un Encontro dePortadores da Oralidade Galego-Portuguesa, que por primeira vez permitiu contemplarnun mesmo escenario mostras de cultura tradicional de raíz ao longo do ciclo festivo anual,como os pauliteiros de Miranda, os ranchos de Reis de Guláns e de Salceda, os boteiros deVilariño de Conso e a serração da velha de Afife, cantigas de traballo do liño e do millo, asícomo elementos culturais de características similares como os cantos de pandeiro galegose de adufe portugueses, e dun xeito especial a actuación conxunta da regueifa galega e ocanto ao desafío de Portugal como mostra da forza e viabilidade da comunicación mutuaincluso no marco das expresións culturais máis tradicionais.

3. Edición de publicación promocional

A CTG-NP editou unha Revista promocional da Candidatura, na que se reflectiron osseus principais compoñentes, as razóns que xustificaban a presentación da candidatura, asícomo o Plan de Salvagarda adxunto no dossier a modo de garantía e compromiso ante aUNESCO de que a cultura tradicional sería protexida, estudada, conservada e promovidadende todas as institucións e entidades participantes.

Page 55: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

55

Introdución

O papel da CTG-NP no impulso futuro da cooperación aprol do Patrimonio inmaterial galaico-portugués.

A Comunidade de Traballo de acordo cos obxectivos para oscales foi constituída contempla, entre as súas liñas de actuación,a posta en valor do patrimonio cultural común a portugueses egalegos. Esta posta en valor terá un papel importante na postaen marcha de iniciativas para dinamizar a vida sociocultural erendibilizar ao máximo as potencialidades da EurorrexiónGalicia-Norte de Portugal. Trátase, polo tanto, de recuperar esalvagardar o pasado co ollar posto no futuro. A riqueza cultu-ral e etnográfica atesourada nestas terras corre un perigo dedesaparición debido ao inexistente relevo xeracional, pero polamesma razón o esforzo colectivo para que non morra permitirádotar as novas xeracións dun importante recurso inmaterial decara aos desafíos do futuro.

Neste senso, os plans de salvagarda deberán contemplar aparticipación dos portadores e das comunidades corresponden-tes, xa que non se trata de musealizar a cultura tradicional comounha lembranza fosilizada e nostálxica do pasado senón de pro-curar descubrir o valor engadido que o patrimonio culturalpode aportar ás actividades produtivas e aos produtos resultan-tes delas, cunha clara finalidade de desenvolvemento sustentá-bel e endóxeno.

A CTG-NP ten unha vontade clara de cooperación interna-cional dende a súa constitución. Ás moitas iniciativas desenvol-vidas ao amparo desta institución, cabería sumar un campo detraballo interesante e de futuro: a promoción da cultura común,especialmente do patrimonio inmaterial e intanxible, ese que

non existe senón no seo de cada persoa e non se manifesta se non é na vida e nas relaciónsdunha colectividade. Por esta mesma razón tamén é a medida da vitalidade dun pobo, epor iso dende a Comunidade de Traballo se lle concede un papel fundamental na confi-guración da identidade colectiva das persoas e comunidades que constitúen a EurorrexiónGalicia-Norte de Portugal.

O Plan de Salvagarda do Patrimonio Inmaterial proxectado pola Universidade de Vigosintoniza nalgúns aspectos con obxectivos da CTG-NP tanto pola súa metodoloxía partici-pativa, con presenza dos sectores sociais comprometidos coa defensa da cultura común,como por liñas de acción de dinamización sociocultural no ámbito local e de potenciacióndos aspectos comúns na cultura tradicional da Eurorrexión para a súa posta en valor coollar posto no futuro.

De acordo co novo réxime de funcionamento da CTG-NP é posible, coa invitación doseu Presidente ou Vicepresidente, participar como observadores nas xuntanzas do seuConsello, representantes das respectivas administracións públicas e dos organismos hispa-no-portugueses de cooperación transfronteiriza, de servizos públicos, de sectores econó-micos, sociais e culturais públicos e privados, de institucións universitarias e centros deinvestigación, así como expertos, que teñan competencias ou un interese relevante nasmaterias que sexan debatidas. Esta apertura da CTG-NP á participación social pode cons-tituír un mecanismo de apoio a algunhas das actuacións do Plan de Salvagarda e á propiadinámica de funcionamento do tal.

Page 56: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

56

04 A Comunidade de Traballo Galicia-Norte de Portugal e a cultura común galego-portuguesa

Tamén están constituídas dentro da CTG-NP Comisións sectoriais que teñen como fun-ción o estudo dos asuntos relativos ás materias obxecto de cooperación da Comunidade deTraballo, as cales de forma directa ou indirecta afectan ao ámbito de actuación do Plan deSalvagarda do Patrimonio Inmaterial:

❙ Desenvolvemento económico.❙ Transportes e comunicacións.❙ Agricultura, ambiente, recursos naturais e ordenación do territorio.❙ Pesca.❙ Sanidade e asuntos sociais.❙ Desenvolvemento local.❙ Administración rexional e local.❙ Educación, formación e emprego.❙ Investigación científica e universidades.❙ Cultura, patrimonio e turismo.

A promoción da cultura nun único país dentro destes parámetros non é tarefa doada, emoito menos se falamos dunha cultura transfronteiriza, pola necesidade de coordinaciónpermanente de innumerables actuacións e medidas promocionais e de salvagarda necesa-rias. É aquí onde o papel da CGT-NP podería contribuír á concreción dalgunhas das actua-cións previstas no Plan de Salvagarda do Patrimonio Inmaterial, polas súas atribucións nacoordinación das actuacións das dúas Administracións, pola dinámica de traballo cos axen-tes sociais en ámbitos multisectoriais e pola experiencia da coordinación do proceso dacandidatura transnacional e da súa presentación ante a UNESCO.

A cultura común de Galicia e o Norte de Portugal presenta características que a con-verten nunha quintaesencia de cultura paneuropea, como se manifesta nesta mesma publi-cación: irlandeses e demais pobos célticos, italianos, alemáns, franceses, escandinavos eingleses deixaron aquí algunha marca da súa cultura nos sucesivos avatares históricos, eaínda hoxe poden recoñecerse en moitas manifestacións culturais tradicionais do Noroestepeninsular. A necesidade crecente de construción dunha cultura europea plural e integra-dora pode encontrar un referente nas actuacións de investigación, salvagarda e promociónque se leven a cabo.

Por outra parte, a diáspora de galegos e portugueses fixo que a nosa cultura común poi-da ser hoxe un referente de primeira magnitude para millóns de persoas dos cinco conti-nentes, como se analiza nun artigo desta publicación. Esta presenza cultural internacionalconta coa CTG-NP, organismo central na proxección internacional da Eurorrexión, comoun dos avais para a súa consolidación e posta en valor.

A UNESCO, organismo de cooperación internacional por excelencia, contempla semprecon sumo interese as iniciativas de cooperación transnacional no ámbito cultural. As activi-dades promovidas neste senso dende a CTG-NP poderán ser presentadas como exemplo deboas prácticas para outras zonas a través da colaboración con ese organismo internacional.

Page 57: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

05

Patrimonio inmaterial vs. materialismo“apatrimonial”

Xerardo F. Santomé

“Estes querían saber máis ca vós, eh?” Así concluía o señor Xosé despois de que aquelgrupo de xoves da Coruña rematara a súa “recolla”.

Permítanme que comece relatando unha desas vivencias que marcan un antes e un des-pois e que provocan dúbidas e fan mudar certos enfoques no teu traballo:

Xa hai uns anos. Nunha aldea calquera da provincia de Pontevedra. Alí estabamos compartin-do cos veciños unha desas festas “cuasi-improvisadas” como son as chocolatadas ou as castaña-das. As pandeiretas xa levaban un tempo impoñendo o seu ritmo e os seus cantos. Pouco a pou-co ían aparecendo máis veciños e máis amigos de Vigo e doutras zonas.O señor Xosé tomaba un viño connosco. A el achegáronse tres xoves que se presentaron comointegrantes dun grupo folclórico da Coruña e que querían falar co noso anfitrión, quen de xei-to natural púxose a cantar e a responder a todas aquelas preguntas perfectamente estudadase formuladas. Transcorrido certo tempo, Xosé sentencia: “e xa está, había moito máis pero ago-ra non me lembro”. Aqueles dous rapaces e a súa compañeira despedíronse agradecendo aquelmomento tan marabilloso e contentos polo acadado na súa xornada de recolla.Fiquei estrañado daquel comportamento do meu amigo, pois eu sabía que el atesourababastante máis do que contara. Sinto un cobadazo nas miñas costas que me esperta do meuasombro e que me fai xirar: alí estaba un sorrinte Xosé que me di: “estes querían sabermáis ca vós, eh?”.

Moito me fixo miolar aquela sentencia. De seguro que un grupo folclórico da Coruñaampliou o seu repertorio pero a min deixoume “tocado”. ¿Que e canto había de certo no queXosé me contara tempos atrás? Se eu non me decatara de nada estraño naqueles rapaces... ¿que é o que o fixo comportarse daquel xeito? ¿Que é o que motivou a escolla de trato prefe-rencial cara min? ¿Isto acontece dun xeito xeral con todos os paisanos e paisanas de Galiza?

Dende hai un feixe de anos continúo a visitar aldeas, a conversar cos veciños, a organizardiferentes tipos de eventos e a colaborar en foros e publicacións; pero dende aquel entón, nonsei si equivocadamente, someto todas as informacións que recibo ao que eu considero “dúbi-da razoable”, converténdome nun mero transmisor aberto a calquera tipo de colaboración.

E baseándome en todas estas experiencias coido que na meirande parte dos intentosde recuperación do noso patrimonio inmaterial camiñamos cara un puro e simple mate-rialismo que se manifesta en diferentes vertentes que progresivamente se van dando tan-

Page 58: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

58

05 Patrimonio inmaterial vs. materialismo “apatrimonial”

to nos comportamentos dos “etnógrafos” (a maioría de carácter afeccionado) coma dosorganismos ou entidades que os amparan e organizan todo tipo de actos baixo o epígrafede ser “reflexo fiel”. E o que aínda é máis grave: os nosos portadores tamén comezaron aaplicar un materialismo moi particular nos seus comportamentos ante estes etnógrafos eacontecementos.

Chegado a este punto de escepticismo teño que clarexar que son consciente de que osmeus razoamentos están baseados case exclusivamente en experiencias persoais referentes ásexpresións de tipo folclórico e que considero que o camiño andado dende fai unhas décadasresultou moi positivo para o fortalecemento das nosos propios sinais de identidade; pois secadra doutro xeito nin sequera tratariamos destes temas nos termos nos que estamos a falar.

E volvendo aos estudos e acontecementos que na actualidade estamos a realizar ennome da recuperación e da exaltación do noso patrimonio inmaterial, quixera que consi-derasemos algúns erros fundamentais que nos están encamiñando cara uns intereses queeu catalogaría de “materialismo apatrimonial” por canto que as motivacións e os resultadosnos levan precisamente a todo o contrario do marcado previamente nos obxectivos (nocaso de que nalgún intre os houbera). Se por patrimonio dun pobo entendemos “os bensou conxunto indivisible de bens herdados dos pais ou dos devanceiros que deben sertransmitidos ás novas xeracións” (e que non poden ser vendidos, engadiría eu nestesmomentos nos que andamos), ¿quen somos nós ou con que dereito nos apropiamos des-tes bens e os seus medios de transmisión para proveitos particulares? Porque non nos enga-nemos, detrás da meirande parte dos intentos de actualización e modernización neste sen-so existen intereses particulares soterrados: intereses que van dende a busca de prestixiosocial e profesional ata os económicos, coma fin último, e pasando polos políticos.

Vexamos pois algúns exemplos:Algúns medios de comunicación, incluídas certas canles de televisión pública, ofertan

programas onde mesturan aparicións de “portadores” de avanzada idade con intérpretesmusicais doutras xeracións e culturas nun sen fin de variedades para acadar o obxectivo teó-rico de dar a coñecer a nosa cultura máis ancestral a través das novas técnicas de comuni-cación. Ninguén dubida dos aspectos positivos que isto poida ter, pero coido que son máisos perigos e as achegas negativas para o noso patrimonio inmaterial; pois o certo é quedetrás disto existe un dobre obxectivo agochado: por unha banda, o ser número 1 deaudiencia, conscientes de que o seu público potencial é netamente rural e de determinadasidades polo que a achega de conceptos de tipo cultural non resulta un factor aconsellable,e, pola outra banda, abaratar ao máximo posible os gastos de produción. ¿Por qué non selle paga de igual xeito a estes portadores e portadoras cás estrelas modernas? ¿Non ocupano mesmo ou máis tempo televisivo? E sobor de todo, existe neste tipo de programacións unpretexto de xustificación dos entes públicos cara á nosa propia cultura, como o demostraque non existan espazos televisivos especializados nos temas que nos ocupan. Co tempoadicado xa abonda para argumentar que se tamén se fala do noso.

Está moi de moda o recibir no teu e-mail ou no teu telemóbil mensaxes do tipo: “estesábado pola noite serán en tal sitio. Pásao”. Que curioso: cando comprobas o remitente damensaxe sempre coincide con persoas que exercen de mestres ou directores de grupos fol-clóricos que se caracterizan por “cantar e bailar tradicional de recollida”. Ese día acodes aolugar da cita e, se es coñecido por tocar algún instrumento, es recibido por ese tipo de per-soeiros que xa che asignan o lugar e a orde na que tes que realizar a túa interpretación. ¿Porque lle chamarán serán e non festa, troula ou calquera outro nome? ¿Onde irán aquelesseráns e festas con razón de ser: ao remate da faena, na homenaxe ao santo, etc? Os de ago-ra só teñen de natural o seren celebrados en contextos e ambientes rurais pero moito temo

Page 59: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

59

Introdución

que se non acoden os amigos da cidade cos seus puntos de bai-le e os seus cantos doutros lugares de Galicia, estes seráns nonacadarían o éxito e a repercusión que merecen. Outro aspectopositivo que posúen é que realmente cobren as lagoas e ascarencias nas programacións de lecer que para eses lugaresdeberían realizar os Concellos e as asociacións de tipo culturalvidas a menos nos derradeiros anos.

E falando deses persoeiros e grupos folclóricos, ¿por quénas súas actuacións e folletos publicitarios sempre argumen-tan ser ou pretender ser “reflexo fiel”? Iso tamén o fan asoutras agrupacións nas que aínda aguantan certos “survivals”da antiga Sección Feminina e que non son catalogadas coma“autenticamente tradicionais” (das que é mellor non falar).¿Non son capaces de admitir que as súas accións son simple-mente un espectáculo folclórico baseado nas interpretaciónsartísticas que realizan a partir das conversas e gravacións cosportadores? Resulta sorprendente escoitar falar a moitos dos

integrantes destas formacións sobre o que é tradicional e o que non é tradicional. Coidoque algo esconde todo isto porque ¿a que vén o de realizar unha vez ao ano unhas “xor-nadas de portas abertas”? ¿Para amosar aos pobres ignorantes e incultos cidadáns do quesaben e gardan coma se foran os gardiáns do tesouro? ¿É que nalgunha das súas visitasaos pobos ou aldeas atoparon algunha porta pechada? Eu non. E como di a ben queridae admirada Concha de Luneda: “A min déronmo ghratis e eu dóuvolo ghratis. O importanteé conservalo, que é o máis ghrande que temos”. Pero moito me temo que isto non vai conalgúns, Sra. Concha; se non ¿a que vén tanto misterio?

Outro dos exemplos máis aberrantes do “materialismo apatrimonial” atopámolonese falso agradecemento que temos que dar os galegos a determinadas estrelas actuaisda denominada música folk. Estamos fartos de que se nos tache de desagradecidos cara“fulanito de tal”, pois grazas a el e algún que outro máis a gaita chegou a estar ondeestá, ou cara “fulanita de cual” porque vende moitos discos cantando cunha pandeire-ta e sen eles e elas o noso país e a nosa música popular no tería o recoñecemento e oprestixio que agora ten. Pois..., mal nos vai se temos que depender dos produtos domárketing moderno e non sei se non estariamos máis a gusto co noso e sen a súa ache-ga desmesuradamente interesada a prol da imaxe pública e das vendas discográficas.Considero que precisamente son eles e elas quen teñen que agradecer a moitas xera-cións de portadores que gardaron e transmitiron os seus coñecementos. E máis...,algúns destes ilustres contemporáneos deberían pedir perdón por abusar, por faltar aorespecto e enganar aos nosos maiores; pois non tiveron nin teñen escrúpulos en convi-dalos aos seus estudios de gravación para despois non respectárlle-lo seu traballoempregando nas súas edicións discográficas aquelas partes e fragmentos que máis llesinteresan para un produto final que ademais lles serve para xustificar que tamén base-an o seu traballo nas informacións de auténticos portadores. Se realmente o obxectivodas súas colaboracións é o de basearse nas achegas dos músicos tradicionais ¿a que véno de gravar por separado en diferentes salas para despois desprezar algunha das inter-pretacións e escoller o que máis interesa? ¿que sentido ten escoitar cantos de señorasque nada teñen que ver no ton nin no ritmo co que a estrela moderna está a interpre-tar? Iso non é respectar nin transmitir ás novas xeracións a nosa música popular, sim-plemente é abusar e actuar polo interese particular.

Page 60: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

60

05 Patrimonio inmaterial vs. materialismo “apatrimonial”

Ata o de agora expuxemos varias situacións nas que se dan algúns dos intereses camufla-dos, pero... ¿existe algún outro exemplo no que estean presentes todos os tipos de interese?¿Dáse algún exemplo que poida ilustrar ou amosar o estado máis puro de “materialismo apa-trimonial”? Si, e se cadra desgraciadamente máis dun; pero ímonos deter un pouco, porquenon merece máis atención nin publicidade, no que está a acontecer en Galiza, e dende xa faiuns anos en Asturies e Portugal, co asunto das gaitas marciais e as bandas modelo escocésque dende a capital ourensá se impoñen dun xeito estratexicamente planificado e apoiadopor determinados persoeiros políticos e por aqueles organismos oficiais nos que estes teñencancha. Nin sequera me vou parar en pormenorizar naqueles tipos de interese que resultanextremadamente obvios, pois en todo o que rodea ás popularmente coñecidas coma “gaitastricornias” existen os de tipo económico (importación de instrumentos e accesorios, subven-ción astronómicas, etc.), os de prestixio particular (un director que se permite o luxo de esco-ller os foros onde debater e expor os seus puntos de vista...) e os de falsa representatividadecorporativista (falar en nome doutros colectivos pero sen telos en conta á hora de tomar deci-sións...); pero, sobor de todo, existen dous elementos fundamentais que marcan a aquelasactividades que levan ao “materialismo apatrimonial”: o trasfondo político e a ruptura dacadea de transmisión. O apoio desmesurado e insolidariamente inxusto que dende determi-nados estamentos oficiais reciben estas manifestacións resulta máis que sospeitoso, porque...¿é ou non é sospeitoso que se outorgue case a totalidade do orzamento adicado á culturapopular soamente a un determinado proxecto deixando a outros sen unha asignación míni-ma?, ¿non será que con este apoio tamén estaremos controlando e manipulando vontadescon resultados electorais ao noso favor?.

O cualificativo de “apatrimonial” débese traducir coma “todo aquilo que vai en contrado patrimonio” e non hai cousa máis apatrimonial que actuar ou promover actuacións queleven consigo a ruptura da cadea de transmisión, inventando ou introducindo factores quepoden contaminar e confundir as novas xeracións, provocando dúbidas que no transcorrerdos anos poidan chegar a ser considerados como orixinarios e autóctonos da nosa culturapopular. Entón... ¿cómo teriamos que considerar as gaitas marciais e toda a parafernaliaque as envolve? Non queda outra solución que consideralas como un elemento puramen-te apatrimonial porque están a contribuír a que nun futuro non moi lonxano, cando novasxeracións recorran aos portadores, estes terán que transmitir inconscientemente unhasvivencias e experiencias aprendidas a partir da introdución de factores erróneos como son,entre outros: o considerar que a gaita galega sempre tivo unha morfoloxía de tipo escocése perviviu nun ambiente militar e, como tal, ser considerada coma un símbolo dun pobohostil. Nada máis lonxe da realidade.

Pero non imos rematar de maneira pesimista. E para concluír diremos que non todo foi,nin ter por que ser, negativo. Debemos continuar traballando coa intención seria e firmede que o noso patrimonio inmaterial ten futuro. Para iso soamente temos que intentar queese sexa o noso verdadeiro e único obxectivo real, sen falsos envoltorios, aínda que taménse poidan acadar paralelamente outro tipo de intereses. Sirvan de exemplo os primeirosfestivais que, na década dos oitenta e primeiros anos dos noventa, se organizaron con par-ticipación activa dalgúns dos nosos portadores: colectivos coma Xacarandaina, a A.F.I.Berce cos seus “Encontros de Músicos Tradicionais” ou a “A Buxaina” co seu “Homenaxeao Gaiteiro”, entre outros, foron quen de investir os seus ingresos económicos por actua-cións artísticas en organizar orixinais espectáculos para amosar que había outros xeitos dever o noso folclore nuns momentos históricos onde Galiza precisaba dun reforzamento nosseus sinais de identidade.

Page 61: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

Arte, Creación, Vida

Antón Patiño

06

A actividade cultural e artística cumpre un papel decisivo na configuración aberta da iden-tidade dun país. O imaxinario colectivo vai recoñecerse en moitas achegas senlleiras da cre-ación individual. Artellando un proceso de devolución, correspondencia e interacción. A artecomo feito social, onde son centrais os aspectos simbólicos (mesmo intanxibles) deica acadarunha decisiva irradiación no eido colectivo. Existe un patrimonio inmaterial (que vai adxun-tar unha chea de referentes das diversas facianas e perspectivas da creatividade humana). Afonda pegada da innovación e da reinvención. Todos estes aspectos teñen como é ben sabi-do mesmo unha dimensión económica crecente. Economía e cultura son de feito polarida-des complementarias no desenvolvemento dos países máis avanzados. Ben o saben moitosprestixiosos economistas cando teiman no concepto de “capital social” con relación ós aspec-tos vencellados á educación e a formación das novas xeracións. O milagre económico de paí-ses como Irlanda (que tantas semellanzas garda co noso) ten o seu segredo máis nidio noapoio á cultura, á educación e á creatividade (dende o eido musical ao cinematográfico: dei-ca abranguer á totalidade do tecido produtivo). Un país que consegue exportar a súa cultu-ra ten gran parte do camiño andado. Neste sentido con respecto a Galiza está case todo prac-ticamente por facer. A endogamia acrítica, o ensimesmamento compracente e folclórico nunruín oficialismo populista foron deica agora as consignas e as coordenadas básicas da actua-ción política co relación á cultura (con moi contadas excepcións). O cambio en Galiza de fei-to tería para se materializar que incidir de xeito decisivo na cultura e na educación. Para nonlle ter medo á palabra futuro e mirar para adiante sen complexos. Vitaminas de autoestimapara poder compensar as eivas e atrancos derivados da profunda anomia antropolóxica quevive o país dende hai décadas. A necesidade de contemplar expectativas dun horizonte deesperanza e mellora social. Galiza ten un importante patrimonio artístico tanto no eido his-tórico coma no contemporáneo. Xorde dende un fértil palimpsesto onde cada estrato cultu-ral vai amosar as claves da época. Hai xa anos que Galiza vive un novo rexurdimento cultu-ral no ámbito poético e literario, nas diferentes fasquías das artes plásticas, na música, naarquitectura. O remuíño das xeracións. Un ecoar de imaxes, ideas, palabras, sons, volumes,formas e cores a xeito de calidoscopio para poder visualizar a impronta do pulo creador.Metáfora, viaxe e metamorfose. Grazas á iniciativa individual e ás inquedanzas renovadas defatos de artistas e creadores que sen medios e con moi escaso apoio foron quen de vertebrar

Page 62: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

62

06 Arte, Creación, Vida

novos espazos de sensibilidade. Logrouse neste tempo a creacióndalgúns centros e museos de arte que actúan esencialmente comocaixas de resonancia mediática, mantendo unha programación decalidade. Cómpre salientar positivamente o desenvolvemento do“ecosistema” e infraestuturas de mediación artística cunha impor-tancia crecente do labor das fundacións vencelladas ás diferentesentidades e institucións. Xerando unha rede de actividades dedivulgación, de espallamento de actitudes receptivas cara ó feitoartístico. Consolidouse a obra de artistas de varias xeracións etamén avanzou parcialmente o estudo e redescuberta da nosa van-garda histórica. O triplo consello do poeta Uxío Novoneyra seguea ser a clave de todas estas cuestións: preservar e conservar, inven-tar e transmitir. A lúcida mensaxe do gran poeta do Courel é omellor programa e a máis convincente análise de base arredor dacultura. Unha cultura de intensidade na procura de novos vieirosde expresión. As esculcas mergullándose na autenticidade da crea-ción. Novos signos que viaxan dende o raizame cara ó contacto connovas formas de vida. O evolucionar dos cumes de expresividade:a metamorfose creadora. A árbore viva da cultura e da arte comonaquela fermosa viñeta que debuxara Luís Seoane vai ter unhachea de novas ponlas. Que medran con zume anovado. Facer unhasíntese da vitalidade da escena non é doado en poucas liñas.Efervescencia creativa, as fumegantes fábricas da imaxinación queseguiron a funcionar dende a eclosión resistente do antifranquismodeica ós recentes episodios de loita pola liberdade e dignidade. Artee liberdade forman de sempre un binomio inseparable. Com-pañeiras de viaxe a facer dinámicas propostas.

Os complexos procesos da chamada mundialización ou globa-lización representan hoxe unha inédita encrucillada histórica. Neste sentido cómpre fuxirna arte de mimetismos baldeiros e da superficial apropiación de propostas alleas. A estan-darización dentro dos parámetros estéticos da chamada “sociedade do espectáculo” coaincesante reificación da parafernalia do consumo. O triunfo arreo do “realismo capitalista”na autocelebración da lóxica do capital e da alienación humana no estrañamento colectivo.Xa o artista Torres García facía no seu tempo distingo entre a pulsión internacional (dun fal-so cosmopolitismo) e a dinámica universal que toda obra de arte auténtica ten. O cerne detoda obra poderosa vai expresar a raíz universal da arte. A radicalidade vén ser (na vertixedas verbas cara a súa intrahistoria) a raíz da orixe. O núcleo ético e mítico que expande áobra deica acadar o acougo comunitario. Vivencia que ten moito de transpersoal e sobrepa-sa de feito tódalas lindes ou barreiras que se lle queiran poñer. Hai “déficit de visionarios”dicía hai pouco en Santiago de Compostela, o teórico da imaxe (e da percepción) RomáGubern. “O pragmatismo e a especialización tenden a eclipsar a loucura creativa, esa gala-xia mental imaxinaria, que é a dos xenios. Coido que estamos cun déficit de visionarios”.Neste senso a precipitación e o oportunismo son moeda corrente. O que Walter Benjaminchamaba “a moeda devaluada do actual”. O reto hoxe en día dende Galiza segue a ser comoofrecer unha perspectiva de seu ó noso momento histórico (cheo de incertezas e complexi-dade). Como mirar o mundo de xeito anovado dende a atalaia da Fisterra europea. O dobrecompromiso que artistas coma Luis Seoane ou Reimundo Patiño no seu momento souberonmanter. Mesturando de xeito moi fermoso: arte, creación e vida.

Page 63: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

A posta en valor do patrimonio etnográficoApuntamentos breves e reflexión crítica

Xosé C. Sierra Rodríguez

07

Achegamento previo

Todos os patrimonios son, en boa medida, etnográficos, porque a etnografía fai a des-crición dos trazos culturais que significan e caracterizan a identidade dun pobo ou dunhacomunidade concreta. Hai tamén, conseguintemente, unha etnografía urbana e vilega eunha etnografía industrial e obreira. Debemos, polo tanto, facer a revisión crítica dos nososetnógrafos e folcloristas e superar as súas eivas teóricas e metodolóxicas, fillas do tempo noque traballaron e do contexto científico baixo o que actuaron.

Parroquia de Velle (1936). Un achegamento inédito, daquela, á comprensión etnolóxica da vida rural

A obra máis rica conceptualmente dos nosos etnógrafos –da autoría de López Cue-villas, Xaquín Lorenzo e F. Hermida (1936)– é Parroquia de Velle. Nela hai unha cone-xión entre territorio, prácticas económicas, perfís sociais e universos simbólicos, ámbi-tos todos eles sobre os que se delimita e articula a dimensión inmaterial da cultura. Unhacomunidade (Velle) situada na contorna dunha cidade (Ourense) convive con ela e par-ticipa das dinámicas de cambio que afectan conxugadamente aos espazos rural e urba-no. O ferrocarril incide sobre a comercialización dos caldos nun territorio vitícola e olabrego penetra na cidade confrontando a súa lóxica campesiña coa racionalidade ope-raria que se configura nunha sociedade mercantil e pequenoburguesa que crea formasmixtas de ‘obreiro-labrego’.

Con anterioridade (primeiro tercio do s. XX) autores non recoñecidos formalmentecomo etnógrafos –Prudencio Rovira, Alfredo Vicenti, García Ramos, Nicolás Tenorio ouValeriano Villanueva– escribiron sólidos textos xurídicos, xornalísticos e agronómicos deindiscutible interese etnográfico e dotados da dimensión social (inmaterial) que deman-damos hoxe do coñecemento etnolóxico. É esa tradición social a que procede recuperarpara enunciar unha idea de patrimonio rural (etnográfico) que facilite respostas solventese imaxes ilustrativas sobre as dúas nocións chave neste debate: a noción de patrimonio(rural) e o concepto de tradición.

Page 64: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

64

07 A posta en valor do patrimonio etnográfico. Apuntamentos breves e reflexión crítica

Patrimonio

Cómpre incidir na idea divulgada pola moderna antropoloxía de que o patrimonio cul-tural é unha construción social. Son a sociedade, as institucións ou o mundo académico osque lle atribúen recoñecemento social e valor cultural a un fenómeno concreto.

Polo tanto, sen unha comprensión adecuada dos procesos de activación patrimonialdificilmente artellaremos accións e políticas sobre a función social do patrimonio culturaldotadas de sentido e de eficacia. Non é difícil entender que un muíño ‘per se’ non ten unvalor cultural para os protagonistas históricos do ‘vello complexo agrario’; igualmente osegador a Castela non rende culto á fouce da que dependía para realizar o seu labor, nin atecelá ao tear que lle fixo perder vista ao tempo que progresaba a súa artrose. Conse-cuentemente, a asignación de significados e valores culturais –a monumentalización– dosprodutos materiais das culturas do traballo é unha acción promovida por axentes alleos áexperiencia vivida polas comunidades campesiñas.

As prácticas sociais e institucionais ligadas á patrimonialización das culturas do traballo(etnográficas) deben negociar cos protagonistas da memoria social a súa implicación nocomplexo proceso que outorga rango cultural a fenómenos sen recoñecemento culturalprevio. O muíño é só un soporte, o seu valor patrimonial reside na memoria do muiñeiro,da súa xente, dos seus veciños e clientes, e da comunidade que se apropia gradualmentedo seu potencial emblemático. A defensa e protección deste soporte xorde porque esa edi-ficación se converte na imaxe representativa das lembranzas que queremos conservar etransmitir. Pero sen elas esta edificación pasa a ser un elemento afásico e silente, irrecoñe-cible para uns e transformado por outros nun espacio novo, desvencellado totalmente darealidade social que lle deu vida e orfo dos seus densos e complexos significados: substi-tuímos a súa significación como lugar de memoria pola de fito ‘monumental’, apto só parao consumo do visitante ou do turista e amnésico para a lembranza dos descendentes doshomes e mulleres que construíron, utilizaron, xestionaron e arranxaron, material e simbo-licamente, este enxeño hidráulico.

Tradición

Cómpre tamén utilizar con máis precisión a noción de tradición. Atribuímos frecuen-temente esta expresión ao “pasado’ ou ao ‘antigo’, a todo aquelo que non participa dosvalores e signos do presente. Contrariamente, a tradición (trado=pasar) é o que chega vivoao presente e o que informa o noso xeito de ser actual. A modernidade nunca pode existirfóra da tradición. Por tal motivo a comprensión dos valores que a tradición traslada cons-titúen o mellor instrumento para unha doada comprensión da noción de innovación.

É necesario tamén desfacer a oposición ambigua e falaz entre tradición e progreso ouentre tradición e modernidade. A tradición como resorte crítico da acción innovadorademanda que o patrimonio herdado sexa ademais compartido. Deste xeito a tradición pro-cura a súa asunción polo suxeito colectivo que converte o patrimonio recibido en meca-nismo de cohesión e identidade, e a identidade –manexada como canle para a produciónde estratexias– abre novos e variados camiños para utilizar o patrimonio cultural comonutriente e para viabilizar a identidade que o patrimonio promove como unha identidade-proxecto, no sentido dado a esta expresión polo sociólogo Manuel Castells. Os saberes, acti-tudes, predisposicións e acentos que a tradición traslada ao presente desvelan, doadamen-te filtrados, horizontes nidios e visibilidade para as navegacións vindeiras e portos de abri-go para a cabotaxe dos programas e proxectos que inician a súa singradura.

Page 65: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

65

Introdución

Activacións patrimoniais. Unha reflexión obrigada

Concibida a noción de patrimonio cultural como un todo complexo e diverso e des-crita a parcela etnográfica como unha dimensión específica daquela noción, procedeacoutar a idea de patrimonio rural e facelo no marco etno-histórico ao que remite a tra-dición do mundo rural.

Son as formas de existencia colectiva, o territorio como base das condicións materiaisdesta existencia, os espazos de ocupación e asentamento, os recursos que se mobilizan, oscoñecementos que se transmiten, os valores e as crenzas que se comparten e a lingua sobrea que se establece a comunicación e a través da que se manifesta, percibe e reproduce ocapital simbólico as parcelas que conforman o predio etnográfico rural. O universo da pro-dución –combinación de recursos, técnicas, utensilios, individuos e produtos–, a suma decomportamentos, prácticas e relacións para a reprodución social e o complexo de signos,imaxes e interpretacións que configuran a dimensión inmaterial da cultura perfilan, noámbito rural e nos territorios delimitados por actividades agrarias, o que entendemos, naliteralidade etnográfica, por patrimonio rural. Pero este patrimonio rural participa da tramacomplexa de relacións que definen, como noción ampla e diversa, o patrimonio cultural;pois as comunidades campesiñas das sociedades complexas viven en interacción continuae crecente coas comunidades urbanas e coa vida das vilas e cidades.

As experiencias desenvolvidas entre nós durante os últimos catro lustros para poñer envalor cultural e social o ‘patrimonio rural’ adoeceron de dúas eivas fundamentais,

Por unha banda do reducionismo conceptual que identificaba patrimonio etnográfico epatrimonio rural. Este reducionismo deriva:

❙ da concepción que tiñan do feito etnográfico os etnógrafos e os folcloristas do pasa-do, incluídos os autores do SEG e os mestres de Nós.

❙ da asimilación entre arqueoloxía e etnografía, nun complexo esquema que relacio-naba pasado e primitivismo como compoñentes identificadores do ‘rural’.

❙ da consolidación desta identificación no campo da museística❙ das normativas de protección dos bens culturais, que fixan xuridicamente tal iden-

tificación.

Pola outra dun mecanismo de reparto de patrimonios, asentado sobre as causas indi-cadas e promovido e sancionado polos poderes públicos e pola difusión mediática des-ta cuestión. O mecanismo de reparto de patrimonios favorece a atribución de ‘singula-ridade’ etnográfica aos patrimonios subalternos –entre nós os ligados ás manifestaciónsda vida rural– e permite ao espazo local monumentalizar elementos físicos e folclóricosque as tendencias desagrarizadoras e descampesiñizadoras desactivan como ámbitos daprodución económica ou da reprodución social e introducen no espazo de oportunida-des dunha economía terciaria. O patrimonio cultural rural “monumentalizado” esqueceo seu significado como parte central da memoria social do noso pobo e como factor crí-tico para artellar un discurso etnográfico coherente das culturas do traballo na Galizacontemporánea.

O Museo etnográfico. Reflexións para unha musealización necesaria

Non lograremos unha comprensión doada dos relatos etnográficos e da realidade socialagraria que se desenvolve en Galicia dende finais do s. XIX ata hoxe se non encadramosestes relatos no tránsito de saída da economía propiamente campesiña e no de entrada nas rela-cións capitalistas de produción, como ten indicado certeiramente Raúl Iturra.

Page 66: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

66

07 A posta en valor do patrimonio etnográfico. Apuntamentos breves e reflexión crítica

Iso é o que debemos demandar aos expertos en historia, antro-poloxía-etnografía, patrimonio cultural e museoloxía: unha concep-ción e descrición de patrimonio cultural rural determinada polasanálises que a ciencia social e, moi singularmente, a antropoloxía, ofolclore (revisado á luz das novas metodoloxías), a historia e a xeo-grafía proporcionan. Tamén a socioloxía, a economía e a politoloxíateñen moito que dicir para comprendermos ‘etnograficamente’ anoción de patrimonio rural que coidamos cientificamente pertinentee socialmente necesaria. Se a sociedade campesiña galega pode edebe ser descrita e interpretada consonte aos parámetros científicospropios das ciencias sociais, debemos igualmente enunciar o patri-monio etnográfico dende a disciplina etnolóxica/antropolóxica.

O museo, parafraseando a Namer, é unha institución e un espa-zo orientado a organizar as prácticas de memoria. Certamente, peroantes foi, e segue a ser, un conservatorio, un lugar para acoller epreservar o patrimonio que recoñecemos e dignificamos como tal.

A museoloxía etnográfica (necesariamente antropolóxica) e osmuseos etno-históricos non atravesaron aínda o rubicón do pasa-dismo, do arqueoloxicismo e do ruralismo na súa versión máisestancada. Só a experiencia do Museo do Pobo Galego, o traballocrítico interno de centros como o Museo Etnolóxico con sede enRibadavia, a experiencia iniciada de musealización territorial enAllariz, os modestos ensaios de museo-obradoiro do Museo daLimia (Vilar de Santos), ou a renovación museográfica parcial domuseo da Fundación Liste de Vigo permiten a penetración enGalicia dunha renovación etnomuseolóxica modesta, que non foiquen de dar o salto cualitativo necesario.

O mapa cultural de Galicia precisa revisar, con criterios teóricossolventes e mediante accións programáticas transversais, o seu sis-tema museístico. E no interior deste sistema cómpre delimitar opapel dos museos etnográficos, asumindo que a disciplina quedebe alimentar o seu discurso museolóxico é a antropoloxía social.As tramas socioculturais que atribúen ao traballo e ás colectivida-des que o organizan e transforman un valor cultural orienta o labordos museos etnográficos como lugares nos que se acolle a memo-ria social das comunidades rurais e/ou urbanas, que lembran o vivi-do dende a experiencia presente. A etnografía narra feitos e expe-riencias dos grupos, interpolando as vivencias das figuras coñeci-das coas das figuras anónimas da colectividade. O patrimonio que os museos recollen,documentan e estudan debe operar na museoloxía etno-antropolóxica como un elementode mediación para interpretar, comprender e debater sobre os significados e os sentidos(sempre inmateriais) da cultura. O museo etnográfico debe manexar as súas museografíaspara transmitir á sociedade as imaxes do que permanece e do que cambia –etnografía pro-cesual– e para ofrecer o seu espazo como un foro de reflexión sobre a realidade que recibi-mos e sobre a percepción que construímos do porvir como proxecto e esperanza.

O museo, como foro para a comprensión, a análise e o debate ofrece unha linguaxe (amuseográfica) para divulgar e socializar a realidade da que trata. O patrimonio que omuseo acumula e manexa é unha ferramenta que proporciona o potencial sintáctico para

Palletas.Fotografía de Alba VázquezCarpentier.

Page 67: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

67

Introdución

facer un relato articulado e coherente do fenómeno musealizado. Galiza precisa do/smuseo/s etnográfico/s para trasladar a imaxe da sociedade rural no seu devir xeográfico ena súa singularidade como ecosistema que modelou, dun xeito propio e diferenciado, abase territorial sobre a que se adaptaron historicamente as comunidades agrarias.

Pero o museo etnográfico ten ademais outra función: a de ser un espazo didáctico paraensinar as analoxías que a historia presenta para comprendermos o presente, explicar opasado e olfactear criticamente o futuro. O museo etnográfico pode e debe ilustrar o xogode contradicións e complementariedades que operan no agro e como a adaptación do cam-pesiñado á economía de mercado e ás relacións sociais de produción capitalista acontece,dende finais do s. XIX ata hoxe, a través da combinación dos dispositivos de competenciae intercambio (‘modernos’) cos mecanismos de cooperación e reciprocidade (‘tradicionais’).

Formulamos unha idea de museoloxía etnográfica, que traballe cunha visión procesual(etnohistórica) do patrimonio rural, capaz de mostrar o potencial innovador do espazo terri-torial agrogandeiro e a versatilidade para a adaptación e a innovación das xentes do agro.

¡Non se recibe dó!

Os museos autodenominados ‘etnográficos’ e moitas das celebracións e escenificacións(performances) ‘etnográficas’ que foron medrando nos últimos quince anos entre nós cons-titúen autenticas expresións de dó nas que se idealiza a Arcadia perdida. Os museos crea-dos ou os recintos etnográficos restaurados son parroquias ausentes de veciños, que nonaparecen, nin traballan, nin se asocian, que tampouco emigran ou retornan. A vida sociale familiar non se conta, o sufrimento e a morte tampouco e nada sabemos do seu matri-monio, de cómo parten a herdanza, como venden os froitos e produtos que cultivan e quecausas os levan a deixar as súas casas ou a abandonar o traballo da terra. Nestes recintos,os obxectos acumúlanse e o tear é agora unha peza tan monumental como silente e a tece-deira xa non conta as horas de soidade e fatiga. Devandoiras, fusos e rocas nada lembranda condición feminina e unha máquina de coser, colocada nun estaribel ou nunha vitrina,esquece falar da resposta da muller diante da penetración no agro do diñeiro e das modi-ficacións que provoca a xeneralización da economía monetaria nas familias campesiñas.

Estas musealizacións contribúen a manter a fenda entre patrimonio e memoria social,xeneralizada polas activacións patrimoniais orientadas só ao ‘formato’ turístico. Pero omuseo etnográfico ten unha obriga cultural esencial: a de establecer un diálogo entre asformas de existencia social e material herdadas e os dispositivos e trazos que modelaron anosa identidade colectiva.

Galiza precisa actualizar o seu modelo etno-museolóxico e configurar un mapa racio-nal de museos etnográficos, nos que a comarca sexa o marco delimitador das musealiza-cións posibles. Pero a concepción de museo etnográfico que se precisa debe utilizar o patri-monio rural baixo tres parámetros concretos:

❙ comprensión do territorio e da transformación histórica das paisaxes.❙ elaboración dun relato procesual (etno-histórico).❙ interpretación do patrimonio como un conxunto de elementos físicos e simbólicos

que, de maneira inseparable, tecen unha tradición e delimitan un perfil identitario.Os obxectos, o traballo, a organización social, as crenzas, a festa, a música e o can-to, ou propia expresión oral constitúen un sistema de relacións que o tempo mode-la, fixa e cambia.

Asistimos ao paradoxo de celebrar, mediante variadas ‘performances’, a cultura agrariaque esmorece, sen utilizar a etnoloxía e o patrimonio etnográfico rural como campo de

Page 68: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

68

07 A posta en valor do patrimonio etnográfico. Apuntamentos breves e reflexión crítica

reflexión e posicionamento fronte ao que acontece. Os museos que promovemos, os muí-ños, fornos, pendellos, adegas e outras edificacións que restauramos, ou as mallas, fiadei-ros, regueifas ou desafíos que representamos producen máis o efecto de festa-funeral ou delaio polo paraíso perdido que de auténticas operacións de memoria social para activar unhaacción cultural reflexiva e educativa. É lexítimo aproveitar este patrimonio para o visitan-te ou turista, pero é igualmente lexítimo e aínda máis necesario explicalo historicamente einterpretalo antropoloxicamente para orientar un porvir incerto á marxe da compresión ereactivación do sector primario. Invitamos a todos á reflexión e, conseguintemente, aodebate necesario.

Referencias bibliográficas de interese

ARIAS VILAS, F. (1992) “Aspectos xerais e particulares do tema museolóxico en Galicia: osmuseos comarcais”. Coloquios Galegos de Museos. Consello Galego de Museos. Santiagode Compostela.

BRAÑA, F. e MARIÑO, E. (1999) “Trama y urdimbre. Género y gestión patrimonial en Vilarde Santos”. En Las Identidades culturales de la modernidad. Homenaje a la generación Nós.VIII Congreso de Antropología. FAAEE-AGANTRO. Santiago de Compostela

CARDESIN, J. M. (1992) Tierra, trabajo y reproducción social en una aldea gallega (s. XVIII-XX): Muerte de unos vida de otros. M.A.P.A. Madrid.

CASTELLS, M. (1999) La era de la información: Economía, sociedad y cultura. Vol, II: Elpoder de la Identidad. Alianza Editorial, S.A. Madrid

COSTA VÀZQUEZ MARIÑO, L. (2001) “Música e galeguismo: estratexias de construccióndunha cultura nacional galega a través do feito musical”. En González Reboredo(coord.), Etnicidade e Nacionalismo. Actas do Simposio Internacional de Antropoloxía (17-19 abril, 2001).

DURÁN, J. A. (Ed.) (1984) Aldeas, Aldeanos, y Labriegos en la Galicia Tradicional. AlfredoVicenti, Prudencio Rovira, Nicolas Tenorio. Mapa-Xunta de Galicia. Madrid.

FERNÁNDEZ PRIETO, L. (1992) Labregos con ciencia. Estado, sociedade e innovación tecno-lóxica na agricultura galega, 1850-1939. Ed. Xerais de Galicia. Vigo.

GODELIER, M. (1973) Racionalidad e irracionalidad en economía. Ed. Siglo XXI. México

GONDAR PORTASANY, M. (1993) Crítica da razón galega. Entre o nós-mesmos e o nós-outros. A Nosa Terra. Vigo

GONZÀLEZ REBOREDO, X. M.. (1999) “Antecedentes históricos de las fiestas tradiciona-les”. En Las fiestas. De la antropología a la historia y la etnografía. Centro de CulturaTradicional. Diputación Provincial. Salamanca.

GROBA GONZÁLEZ, X. (1999) “O estudio da música tradicional galega e o canto de tra-dición oral”. En Galicia. Antropoloxía. Edicións Hércules. A Coruña.

ITURRA, R. (1988) Antropología económica de la Galicia rural. Xunta de Galicia. Santiago deCompostela.

JAMIN, J. (1998) “Faut-il brûler les musées d’ethnographie?” Gradhiva, 24.

KIRSHENBLATT-GIMBLET, B. (2004) “Le patrimoine immateriel et la production métacultu-relle du patrimoine”. En Visages et visions de l’immateriel. Museum International, 221-222.

LOIS GONZÁLEZ, R. C. e PIÑEIRA MANTIÑÁN, M. J. (1998) “Os espacios construídosen Galicia: persistencias da cultura labrega despois do proceso de urbanización”. EnCastro Seixas, Pereiro Pérez e Mota Santos (Coords.) Cultura e Arquitectura. Incursiónsantropolóxicas no espacio construido. Ed. Lea. Santiago de Compostela.

Page 69: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

69

Introdución

LÓPEZ IGLESIAS, E. (1997) “Crise da agricultura tradicional e formación do agricultor. Asmudanzas experimentadas polo agro galego na segunda metade do s. XX”. En O feitodiferencial galego, I. Historia, vol, 2. Museo do Pobo Galego. Santiago de Compostela.

LÓPEZ CUEVILLAS, F., LORENZO FERNÁNDEZ, X. e FERNÁNDEZ HERMIDA, V.,(1936) Parroquia de Velle. Seminario de Estudos Galegos. Santiago de Compostela.

LORENZO FERNÀNDEZ, X (1962) Etnografía. Cultura material. En Historia de Galiza,dirixida por R. Otero Pedrayo, vol. II. Ed. Nós. Buenos Aires.

MANJERI, D. (2004) “Le patrimoine matériel et immateriel: de la différence à la conver-gence”. En Visages et visions de l’immateriel. Museum International, 221-222.

MENDEZ, L. (2003) “Galicia, región de Europa: dimensiones europeistas del imaginarioculturalista de la Xunta”. RAS (Revista de Antropología Social), 12, Universidad Com-plutense. Madrid.

MOORE, W. B. (1987) “Connecting the Past with the Present, Reflections upon Interpretationin Folklife Museums”. En P. Hall e Ch. Seemann (eds.): Folklife and Museums. SelectedReadings. The American Asociation for State and Local History. Nashville, Tennessee.

MORENO, I. (1999) “Globalización, ideologías sobre el trabajo y culturas del trabajo”.AREAS, Revista de Ciencias Sociales, 19.

NAMER, G. (1987) Mémoire et société. M.Klincksieck. Paris.

PEREIRO PÉREZ, X. (2001) “Reflexão sobre a Antropologia na Galiza de Hoje”. Etnogáfica,5. POMIAN, K. (1996) “Les musées d’ethnographie dans l’Europe d’aujourd’hui”. EnRencontres européennes des musées d’ethnographie 1993 / European meeting of ethnographyand social history of museums 1993. Musée National des Arts et Traditions Populaires-École du Louvre. Paris

SIERRA RODRÍGUEZ, X. C.. (2000), “O patrimonio etnográfico. Procesos de patrimonia-lización en Galicia” En González Reboredo (Coord.), Galicia. Antropoloxía. EdiciónsHércules. A Coruña.

— (2001). “O patrimonio cultural e os museos, instrumentos para a construcción e arepresentación das identidades. Notas sobre (e dende) Galicia”. En González Reboredo(coord.), Etnicidade e Nacionalismo. Actas do Simposio Internacional de Antropoloxía.

— (2003) “Museos e desenvolvemento. Experiencias e itinerarios en Galicia”. En Museos:construindo a comunidade. VII Coloquio Galego de Museos, Consello Galego de Museos.Santiago de Compostela.

SOUTELO VÀZQUEZ, R.. (1999) “«Eu non tiña oficio, era labrego». Identidade, repre-sentación e memoria na Galicia rural, 1890-1960”. Actas do V Congreso Internacional deEstudios Galegos/Akten des 5. Internationalen Kongresses für Galicische Studien.Universidade de Tréveris/Universität Trier, 1997. Trier.

STEENBERG, A. (1966) Dansk Folkmuseum. History and activities. København

VEILLARD, J.-J. (1983) “Le Musé de Bretagne: musée d’identité térritoriale?”. En Quelsmusées, pour quelles fins aujourd’hui? La Documentation française. Paris.

VERGO, P. (1993) The New Museology. Reaction Books Ltd. Londres.

VILAR ÁLVAREZ, M. (2003) “Patrimonio, museos, memoria e identidade en Galicia”. EnMuseos: construindo a comunidade. VII Coloquio Galego de Museos, Consello Galego deMuseos. Santiago de Compostela.

VV.AA. Imaxes de Galicia: Fotografía etnográfica (Homenaxe a Xaquín Lorenzo). Arquivo doReino de Galicia-Museo Etnolóxico de Ribadavia. Xunta de Galicia. A Coruña

Page 70: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural
Page 71: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

Accións de salvagarda para o patrimoniocultural inmaterial

Iván Area Carracedo; Anxo Fernández Ocampo; Xabier Prado Orbán; Xavier Simón Fernández

08

1. Introdución

O proxecto de accións de salvagarda do PI en Galiza que se discute a continuación pre-tende ser un punto de partida para o traballo. Os nosos presupostos de partida, que a con-verten nunha simple proposta pendente de debate e discusión, son os seguintes:

1. O patrimonio inmaterial componse dun repertorio de prácticas sociais transformablesque actualizan a representación da cultura. A súa salvagarda depende esencialmente daparticipación, da creatividade e da súa materialización polos membros das comunida-des que o producen e manteñen.

2. Todo instrumento referente ao patrimonio cultural inmaterial debe facilitar, estimular eprotexer o dereito e a capacidade das comunidades de seguir interpretando o seu patri-monio cultural dotándose das súas propias modalidades de conservación, ordenación eprevisión de futuro.

3. Os elementos culturais propios compartidos e o diálogo fomentan a creatividade xeral,sempre que se garanten o recoñecemento da singularidade e os intercambios equitativos.

4. Pódese tirar un rendemento social efectivo velando pola posibilidade de reproducir ossignificados, as condicións que o fixeron posible e as competencias necesarias para acreación, interpretación e transmisión do patrimonio cultural inmaterial, tratando aomesmo tempo de non perpetuar modelos de desigualdade.

5. As iniciativas destinadas a promover os usos sociais contemporáneos do patrimoniocultural inmaterial deben fundarse en principios como o respecto aos dereitos huma-nos universalmente aceptados, a equidade e o seu carácter duradeiro e o respecto detodas as formas culturais e sociais que, á súa vez, respectan as demais.

2. O proceso xeral de salvagarda

Cómpre sinalar que a salvagarda é referida ás medidas encamiñadas a garantir a viabi-lidade do patrimonio cultural inmaterial, comprendidas a identificación, documentación,investigación, preservación, protección, promoción, posta en valor, transmisión -basica-mente a través de ensino regrado e non regrado- e revitalización deste patrimonio nos seusdistintos aspectos. Neste sentido tórnase importante contemplar as comunidades como os

Page 72: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

72

08 Accións de salvagarda para o patrimonio cultural inmaterial

espazos onde o patrimonio se expresa. Por este motivo, preténdese a definición dun plande desenvolvemento socioeconómico e cultural do territorio, para o cal se definirán unhaserie de accións de salvagarda do patrimonio cultural inmaterial. A salvagarda concirnecada un dos cinco ámbitos nos que habitualmente se divide o patrimonio cultural inmate-rial (UNESCO), a saber:

1. Tradicións e expresións orais, incluídos os usos lingüísticos como vehículo do patri-monio cultural inmaterial,

2. Artes do espectáculo,3. Usos sociais, rituais e actos festivos,4. Coñecementos e usos relacionados coa natureza e o universo,5. Técnicas artesanais tradicionais.

Esta clasificación é puramente operativa, pois o proxecto ha ter en conta que moitasprácticas sociais patrimonializables se entretecen no medio ou por fóra desta clasificación.Pola súa propia definición e configuración o coñecemento tradicional está atomizado,incorporado no saber facer individual ou comunitario. Así, o éxito no seu proceso de valo-rización require da incorporación dunha visión participativa, sendo os chamados “porta-dores” os axentes principais no proceso de recuperación. Faise necesario, xa que logo,introducir ferramentas de investigación que faciliten a súa real participación.

Recoñecer o valor do coñecemento tradicional non significa negar o da visión científica. Asestratexias de intervención que pretendan valorizar o patrimonio cultural inmaterial deberánbuscar a confluencia de todas as fontes de coñecemento. Na actualidade, son as formas e ossaberes que darán lugar a un mundo rural sustentable os que corren perigo de se perder. Asías accións que se deben encetar para alcanzar este obxectivo non poden ser postergadas.

A antedita atomización do coñecemento tradicional afecta directamente os colectivos quetraballan en cada un dos seus campos. É moi frecuente observar persoas que dedican esforzosconsiderábeis ao estudo dalgún campo, con pouca ou ningunha relación con compañeiros quededican os seus esforzos a outros saberes. De feito, a propia clasificación en cinco ámbitospode conducir a un minifundismo no estudo. O feito de crear unha estrutura de coordinaciónten, entre outras, a finalidade e obxectivo de tentar que as accións de traballo non se desen-volvan unicamente dun xeito vertical para cada un dos ámbitos, senón que haxa traballo hori-zontal entre todas e cada unha delas. Máis aínda, a división artificial do patrimonio en mate-rial e inmaterial xa supón un atranco que a metodoloxía de traballo terá que superar.

Na definición das accións de salvagarda séguese un proceso que está subdividido en tresfases que dun xeito sistemático aparecen recollidas na Táboa 1: Comprensión, Inter-vención e Recomposición.

Táboa 1: Fases do proceso de salvagarda.

Salvagarda Etapas e conceptos de salvagarda

1. Comprensión Identificación Documentación Investigación

2. Intervención Protección

3. Recomposición Promoción Transmisión Difusión

Cada unha das tres fases divídese nunha ou varias etapas, sen orde preestablecida. Naprimeira fase, estudarase o metabolismo das prácticas e a sintaxe dos procesos asociados aopatrimonio cultural inmaterial. Dita fase está dividida nas tres etapas sinaladas. Na fase deintervención preténdese propoñer unha dimensión xurídica ás medidas de salvagarda pro-

Page 73: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

73

Introdución

postas. Finalmente, na fase de Recomposición, definiranse todas e cada unha das medidasencamiñadas a garantir a viabilidade do patrimonio cultural inmaterial mediante propos-tas participativas que sirvan para que os valores do inmaterial se convertan en piares fun-damentais dun plan de desenvolvemento socioeconómico e cultural.

2.1. A Fase de Comprensión

Para todos e cada un dos ámbitos de traballo proponse desenvolver durante os primei-ros meses de traballo un proceso de documentación e identificación, requirindo:

1. Recoñecemento das persoas, dos colectivos, asociacións e organismos que traballena prol da defensa do coñecemento considerado tradicional e/ou sexan portadores.

2. Identificación e contacto cos investigadores referentes neste campo.3. Acceso a fontes documentais e localización de todo tipo de información, en calque-

ra tipo de soporte, que sirva para os propósitos marcados.

Deste xeito será posible localizar aos axentes que poidan participar activamente duran-te todo o proceso. A inercia xerada desde a candidatura presentada pola Asociación Cul-tural e Pedagóxica “Ponte... nas Ondas!” e a rede de Escolas Asociadas á UNESCO servirápara axilizar este importante proceso. Logo desta fase, comezarán a funcionar seminariosparticipativos e abertos nos que participarán os axentes detectados e nos que se determi-narán as liñas mestras de traballo. Os seus principais obxectivos serán:

1. Definir o estado da cuestión.2. Establecer ámbitos estratéxicos de actuación.3. Marcar as liñas globais de desenvolvemento tanto na fase de Comprensión como na

fase de Recomposición.4. Crear un Grupo de Traballo.

No cuarto mes comezarían a traballar os Grupos de Traballo, nun número que depen-derá do ámbito de actuación. Como exemplo sinalaremos que o ámbito da cosmovisión sexebraría en dous posíbeis grupos: un para o ámbito marítimo-fluvial e outro para o agra-rio. Os Grupos de Traballo, que contarán cos membros necesarios para o desenvolvemen-to das tarefas, terán que deseñar a estratexia global de Comprensión, Intervención eRecomposición do coñecemento tradicional.

En relación á fase de comprensión, as tarefas do Grupo de Traballo son:

1. Definir os tipos de portadores e o camiño ou camiños para chegar onda eles.2. Complementar a identificación e documentación previa.3. Deseñar as necesidades de investigación e encargarse de realizala ou encomendar a

pesquisa precisa.4. Manter constantemente unha perspectiva holística que teña en conta os estudos rea-

lizados nas comunidades veciñas, engadindo novas interpretacións que alimenten acomprensión dos fenómenos inmateriais propios.

Como resultado desta primeira fase, o Grupo de Traballo acharase en disposición derealizar unha diagnose rigorosa sobre a situación na que se encontra o patrimonio culturalasí como de definir as principais Accións de Salvagarda no seu ámbito. Entre outros, ha deser quen de respostar ás seguintes cuestións:

1. Caracterización dos portadores: número, actividade, localización xeográfica, etc.2. Censo dos espazos que reproducen a estrutura asociada aos coñecementos tradicio-

nais: graos de presenza, definir estrutura e función, zonificación, etc.

Page 74: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

74

08 Accións de salvagarda para o patrimonio cultural inmaterial

3. Definición de Accións de Salvagarda: amplitude da acción, suxeitos participantes,relación con outras accións/áreas, etc.

4. Definir marcos xerais que guíen as accións de valorización do coñecemento tradicional.

Táboa 2: Proceso de Documentación e Identificación.

Dous primeiros meses Terceiro mes do Proxecto Cuarto mes do Proxecto

Documentación Seminario Participativo Formación

Identificación Liñas mestras Grupos de Traballo

DiagnoseAxentes potenciais

Seminarios de formaciónSeminarios de formación

2.2. A Fase de Protección

Na fase de Protección as tarefas do Grupo de Traballo consistirán en deseñar medi-das activas que favorezan a conservación do patrimonio cultural inmaterial. Neste sen-tido ábrense polo menos dous camiños diferentes: a prevención do dano, coa conse-guinte responsabilidade do causante, ou o impulso das iniciativas que conserven o pa-trimonio cultural inmaterial.

2.3. A Fase de Recomposición

A fase da Recomposición ou Remobilización do patrimonio, finalmente, busca a súaposta en valor mediante accións que o transmitan, o promocionen e o difundan de manei-ra participativa. Isto é, a súa inserción en procesos de desenvolvemento que contribúanpositivamente a garantir as necesidades sociais. Neste marco, o Grupo de Traballo terá asig-nadas, entre outras, as seguintes tarefas:

1. Propoñer a patrimonialización dun repertorio de elementos culturais inmateriais.2. Contribuír a definir, de xeito participativo, as estratexias que permitan alcanzar mode-

los de desenvolvemento que, a partir do patrimonio cultural inmaterial, garantan con-dicións de vida dignas así como o uso sustentable dos recursos naturais e sociais.

3. Elaborar programas informativos e de comunicación. Contidos para amosar naPlataforma Global de Difusión do Patrimonio cultural inmaterial e noutros medios.

4. Propiciar acordos entre partes que beneficien a conservación e valorización dopatrimonio cultural inmaterial.

5. Introducir información nas bases de datos da Plataforma Global de Difusión doPatrimonio cultural inmaterial.

6. Pór en marcha programas formativos en estudo, conservación e valorización dopatrimonio cultural inmaterial.

7. Elaborar programas de divulgación nas Escolas de Ensino Primario e Secundario(unidades didácticas; actividades extraescolares, etc.).

8. Elaborar programas de promoción do patrimonio inmaterial nas asociacións deveciños, nos centros culturais, etc.

9. Elaborar unha Oferta Global de Produtos e Servizos derivados do patrimonio cul-tural inmaterial, asociada a unha nova marca.

10. Establecer Redes Sociais de Intercambio Urbano-Rural: feiras de produtos artesa-nais, de produtos agroecolóxicos; granxas escola; excursións para recoñecer a bio-diversidade de ecosistemas e a diversidade de coñecementos, etc.

Page 75: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

75

Introdución

11. Establecer Redes Sociais de Intercambio Galiza-Comunidades de Emigrantes.12. Propiciar, de xeito preferente, a transmisión dentro da comunidade cultural portadora.13. Definir Mostras do Patrimonio Inmaterial.14. Definir Encontros de Portadores.15. Organizar Congresos Científicos e Seminarios Abertos.16. Crear exposicións itinerantes que combinen diferentes compoñentes do patrimonio

cultural inmaterial.17. Crear Roteiros Agroecolóxicos que reproduzan o ciclo agrario.18. Crear Roteiros Festivos, construídos a partir das diferentes manifestacións do patri-

monio cultural inmaterial galego no universo do lecer, vinculados preferentementeco Turismo Rural.

3. O Plan/Programa de Accións de Salvagarda

As accións de salvagarda específicas, ou un conxunto ordenado delas, que dean lugar aprogramas ou propostas de intervención na conservación, defensa e valorización do patri-monio cultural inmaterial, serán sometidas ao seguinte proceso:

1. Recepción de propostas de salvagarda.2. Xeración de propostas de salvagarda.3. Exame da viabilidade das propostas de salvagarda.4. Formulación das propostas de salvagarda.5. Supervisión do desenvolvemento de todas e cada unha das propostas que se executen.

O desenvolvemento do proceso de salvagarda, recollido na Táboa 1, que ha realizar oGrupo de Traballo mediante as tres fases sinaladas en cada un dos ámbitos, non conducenecesariamente a solucións concretas e fáciles de pór en práctica. Neste punto convertera-se en relevante o esforzo de coordinación exercido desde cada ámbito e desde a coordina-ción xeral. A súa importancia require da posta en marcha de espazos participativos de dis-cusión que permitan aquelar axeitadamente os resultados parciais de cada ámbito. Maliaser posible a posta en marcha de estratexias individualizadas para a conservación dunhaúnica compoñente dun único ámbito, a valorización do patrimonio cultural inmaterialhase entender de forma conxunta.

Táboa 3: Coordinación para as accións concretas por ámbitos.

Ámbito 1

Cord.

Ámbito 2

Cord.

Ámbito 3

Cord

Ámbito 4

Cord

Ámbito 5

Comprensión Comprensión Comprensión Comprensión Comprensión

Intervención Intervención Intervención Intervención Intervención

Recomposición Recomposición Recomposición Recomposición RecomposiciónAcción i1 Acción i2 Acción i3 Acción i4 Acción i5Acción j1 Acción j2 Acción j3 Acción j4 Acción j5Acción k1 Acción k2 Acción k3 Acción k4 Acción k5

Outrasaccións...

Outrasaccións...

Outrasaccións...

Outrasaccións... Outras accións.

As posíbeis accións ou conxunto de accións encamiñadas á defensa e valorización dopatrimonio cultural inmaterial requiren de sinerxías con diferentes espazos. Entre elascómpre sinalar:

1. Adoptar unha política xeral encamiñada a realzar a función do patrimonio cultu-ral inmaterial na sociedade e a integrar a súa salvagarda en programas de planifi-cación do futuro.

Page 76: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

76

08 Accións de salvagarda para o patrimonio cultural inmaterial

2. Propoñer estruturas de funcionamento locais que garantan a autosostibilidade dasaccións.

3. Considerar os espazos xeográficos veciños como un mesmo sistema no cal se reco-ñecen variantes das prácticas sociais comúns, principalmente mediante a análise deestudos alí realizados.

4. Adoptar as medidas de orde xurídica, técnica, administrativa e orzamentaria axeita-das para:

a) Favorecer a creación ou o fortalecemento de institucións de formación en xes-tión de patrimonio cultural inmaterial, así como a transmisión deste patrimo-nio nos foros e espazos destinados á súa manifestación e expresión.

b) Garantir o acceso ao patrimonio cultural inmaterial, respectando ao mesmotempo os usos consuetudinarios polos que se rexe o acceso a determinadosaspectos de dito patrimonio.

c) Crear institucións de documentación sobre o patrimonio cultural inmaterial efacilitar o acceso a elas.

d) Garantir a pervivencia das comunidades e os seus sistemas produtivos adap-tados ás circunstancias do mundo actual.

Nos programas de valorización do patrimonio cultural inmaterial, por outra parte, ha terun rol determinante o ámbito educativo. Neste senso, tentarase por todos os medios aseguraro coñecemento, o respecto e valorización do patrimonio cultural inmaterial na sociedade, enparticular mediante accións encamiñadas aos ámbitos profesional, social e educativo:

1. Programas educativos, de sensibilización e de difusión de información dirixidos aopúblico xeral.

2. Programas educativos e de formación específicos nas comunidades e grupos intere-sados.

3. Actividades de fortalecemento de capacidades en materia de salvagarda do patrimo-nio cultural inmaterial, e especialmente de xestión e de investigación científica.

4. Medios non formais de transmisión do saber.5. Promover a educación sobre a protección de espazos eco-xeográficos fundamentais

para a memoria colectiva.6. Manter ao público informado das actividades realizadas, das políticas culturais do

inmaterial, e en concreto das ameazas que pesan sobre determinadas prácticas so-ciais ou procesos.

Page 77: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

O coñecemento tradicional como un alicerce para construírmos o futuro

Xavier Simón FernándezUniversidade de Vigo

09

Até hai pouco tempo, as bases enerxética, agraria, pesqueira, gandeira, forestal e de produtostransformados da economía galega eran o resultado da combinación dinámica do que hoxedamos en chamar coñecementos tradicionais coas condicións ambientais específicas dos eco-sistemas apropiados. O proceso de apropiación da natureza, inicio do metabolismo social, rea-lizado mediante os coñecementos dispoñíbeis, e as técnicas asociadas, explica a conformaciónespecífica da sociedade galega nas décadas previas ao avance da modernización. Paralelamenteá dinámica da economía galega, baseada na apropiación dos recursos naturais renovábeismediante o coñecemento tradicional, agromaban distintas manifestacións culturais asociadascoa súa base material e enerxética (actividades lúdicas asociadas co ciclo agrario, por exemplo)ou coa dinámica social propia de sociedades agrarias (música, romarías, cantigas, seráns,....).

Aquela Galiza xa é parte da historia. Durante os últimos trinta anos, o modo de vidavinculado co predominio do coñecemento tradicional foi progresivamente substituídopolas distintas formas nas que se manifestan as forzas da economía global de mercado, quecolonizan espazos xeográficos pero tamén ámbitos culturais, impoñendo modos de vida.Este proceso, deixar atrás o tradicional e abarcar o moderno, iniciouse en Galiza cando enHolanda, Reino Unido e outros países europeos xa apareceran os primeiros indicios daeventual insustentabilidade do modelo moderno.

A pesares do retardo, as políticas agrarias comezan a facer os seus efectos transforman-do a base produtiva do agro galego, deixando atrás as estratexias de supervivencia median-te o policultivo e abrazando a especialización e a venda completa da produción. Nos sec-tores máis especializados mellorou a Renda Agraria. Mentres isto ocorría, as remesas dosemigrantes europeos e do resto do Estado contribuían a financiar un proceso de moderni-zación demasiado acelerado e, finalmente, declarado fracasado, no sentido de que o mode-lo implantado estaba eivado para dar resposta ás necesidades de fortalecemento da peque-na produción familiar, daquela principal axente do campo galego.

Esas políticas agrarias son as que pretendían reducir severamente a poboación activa naagricultura. E abofé que o conseguiron: Galiza pasou en 30 anos de 500.000 a 170.000 empre-gos na agricultura. O que era ollado como un obxectivo desexábel, compartido tamén polamaioría da intelectualidade, trouxo novos e serios problemas derivados do abandono dosrecursos naturais e dos ecosistemas, da perda de unidades produtivas, da perda das varieda-

Page 78: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

78

09 O coñecemento tradicional como un alicerce para construírmos o futuro

des propias, derivados, en fin, da destrución da base enerxética ematerial da economía galega tradicional. Ao mesmo tempo esmo-receron as outras manifestacións culturais asociadas con aquelmundo vivo, diverso e dinámico que constituía a sociedade galegatal e como estaba configurada antes do avance da modernización

A hipótese que se manexa nesta publicación, e da que danmostra moitas das xenerosas contribucións recollidas, é quedefinir estratexias de intervención, construídas de xeito partici-pativo en base ao tradicional, que concedan oportunidades deasentamento e ocupación do espazo rural hase converter enpunto de partida do Plan Global de Salvagarda e Valorización doPatrimonio Inmaterial (véxase o artigo anterior).

A valorización do coñecemento tradicional, como compoñentedo PI, ha render tanto para atallar o abandono crecente como paradesintensificar as experiencias máis industrializadas. Efectiva-mente, semella que as unidades produtivas intermedias moi inten-sivas que pasan por problemas de rendibilidade e que non teñenmedios, e moitas veces forzas, para un novo investimento topan naextensificación unha saída económica e tecnicamente viábel.

Ademais, moitas estratexias de manexo de recursos derivadasdo coñecemento tradicional están cargadas dunha racionalidadeambiental que garante en maior medida a conservación da basede recursos e dos ecosistemas. Este valor adicional, moitas vecesesquecido, concede á agricultura galega oportunidades únicaspara converter a produción de bens e servizos de elevada cali-dade ambiental nun referente, nunha marca que axude a recon-ducir o proceso de desenvolvemento.

O valor dos coñecementos tradicionaisOs portadores e portadoras almacenan información sobre o funcionamento dos siste-

mas naturais, sobre os principais arranxos estruturais, sobre a organización das unidadesprodutivas e as mellores opcións de cultivo segundo as características dos predios que sevan ocupar. Coñecen, tamén, unha ampla variedade de cultivos así como plantas silvestresademais de seren uns facendeiros bastante ben dotados para o manexo do gando.

A base do modelo do coñecemento tradicional é a experiencia persoal, a dos portado-res e portadoras, desenvolvida nunha localidade. Refírese ao concreto e ao prácticomediante unha visión globalizadora, no sentido de non estar reducida a unha “disciplina”,de incorporar coñecementos diversos. Ao contrario, a base do modelo do coñecementomoderno agroma da xustificación obxectiva e universal, refírese ao abstracto e ao teórico,sendo impersoal e especializada.

Pola súa propia definición e configuración o coñecemento tradicional está atomizado,incorporado no saber facer individual ou comunitario. Así, o éxito no seu proceso de valo-rización require da incorporación dunha visión participativa: arredor dos portadores e por-tadoras xirará o proceso de recuperación e posterior valorización.

A posta en valor do coñecemento tradicional crearía novas oportunidades de empregoe renda e, ao mesmo tempo, contribuiría a fortalecer ao rural galego, no sentido de facerao noso modo de vida máis resistente fronte a presións ou perturbacións externas.

Page 79: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

79

Introdución

Recoñecer o valor do coñecemento tradicional non significa, neste caso, negar o davisión científica. Máis ben, as estratexias de intervención que pretendan valorizar o PIhan buscar a confluencia das dúas fontes de coñecemento (véxase o artigo nº 28). Nonse trata de substituír un imperialismo científico por outro tradicional. Porén, na actua-lidade, son as formas e os saberes que darían lugar a un mundo rural sustentábel, osque corren perigo de se perder para sempre. Cómpre encetar inmediatamente o cami-ño dirixido a evitar perdas irreversíbeis.

Caracterizando a estratexia de valorización

Como diciamos, moitas das achegas que aparecen nas páxinas desta publicación vanencamiñadas a pór en valor o PI. Isto significa ir alén da súa conservación estática en muse-os. Significa, fundamentalmente, definir estratexias globais de apropiación/produción/con-sumo e satisfacción de necesidades que, edificadas a partir da dotación local de patrimo-nio material (construído e natural) e inmaterial (síntese dos coñecementos tradicionais ecientíficos) doten a sociedade galega de capacidade propia para reaccionar cando esteasometida a presións ou perturbacións. Isto é, estratexias que permitan que a sociedadegalega avance no camiño da sustentabilidade.

Unha condición necesaria da sustentabilidade é a viabilidade socioeconómica. No casoque nos ocupa, podemos dicir, deixando á marxe as eivas derivadas da estrutura econo-micista das decisións económicas, que aquela viabilidade hase conseguir, estruturalmentefalando, reconstruíndo o sistema agrario tradicional e pulando pola redución de custosmonetarios externos como principio de xestión.

A continuación sinalamos, de vagar, algúns dos elementos que son parte da estratexiade valorización:

1. O sistema agrario tradicional é complexo: a complexidade debe ser manexada, non eli-minada nin ocultada. A complexidade como característica da agricultura tradicionalobsérvase no elevado número de subsistemas que a conforman, no número elevado deespecies animais e vexetais manexadas e na gran diversidade de prácticas produtivas exis-tentes. A complexidade da agricultura tradicional galega pode ser ollada tanto dentro dasunidades produtivas como a través do espazo. Isto é, a diversidade de formas de organi-zación do espazo agrario, así como a diverxencia nas condicións ambientais, configurousubsistemas agrarios diversificados ao longo e ancho do territorio galego. A maior com-plexidade dos sistemas agrarios trae como beneficio social unha maior estabilidade.

2. Máximo aproveitamento da terra dispoñíbel mediante unha elevada diversidade de prác-ticas, cultivos e sistemas de manexo. As terras de cultivo sempre foron o elemento rela-tivamente escaso na agricultura galega. A terra era mobilizada de forma permanente can-do as súas aptitudes así o permitían, dando lugar a unha agricultura moi intensiva. Ofactor que se intensificaba era, claro, o máis abundante, a forza de traballo. Esta agricul-tura intensiva era altamente diversa: diversidade de especies (alto número de especies),xenética (variabilidade da información xenética intra e inter especies), vertical (aprovei-tamentos en diferentes niveis), horizontal (distintos patróns de distribución de organis-mos), estrutural (elevado número de nichos, papeis tróficos… na organización dos sis-temas) funcional (complexidade nas interaccións entre subsistemas) e, finalmente, diver-sidade temporal (heteroxeneidade nos cambios cíclicos nos sistemas). O máximo apro-veitamento da terra dispoñíbel mediante estratexias diversas conduce a beneficios talescomo: fortalecemento do sistema fronte ás pragas, mellora da fertilidade da terra e, polotanto, dos rendementos, alta capacidade para facer fronte a perturbacións…

Page 80: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

80

09 O coñecemento tradicional como un alicerce para construírmos o futuro

3. No sistema agrario tradicional os procesos eran cíclicos, reproducindo a “normal” cicli-cidade dos procesos naturais, o que permitía viabilizar as estratexias de supervivenciaasociadas. Tal é o caso do sistema de fertilización imperante na agricultura tradicional:o complexo monte/cultivo/prado permite que o monte, coa axuda dos sistemas de apro-veitamento directo dos recursos forraxeiros, se converta no principal subministrador debiomasa que os animais van descompor nas súas cortes para incorporar en forma deesterco ás terras de cultivo, sen necesidade de acudir ao mercado. Neste “ciclo da ferti-lidade” o obxectivo era repor a fertilidade extraída coa colleita. Outro exemplo da cicli-cidade, moi relacionado co anterior, era a ausencia de residuos, tal e como os entende-mos agora, no sistema agrario tradicional.

4. A apropiación do monte era o centro sobre o que xiraba a reprodución do sistemaagrario tradicional. Xunto coa función sinalada no punto anterior, o monte taméncumpría outras funcións: producía pasto natural para o gando (vacún, ovino oucaprino que se alimentaba a dente nos pastos comunais das parroquias); era a fonteenerxética principal (economía da leña); eventualmente tamén contribuía á alimenta-ción humana (as estivadas, práctica que, por certo, incorporaba unha lóxica ecolóxi-ca que garantía un uso non destrutivo do recurso); etc. Fronte a esta natureza multi-funcional e de máximo aproveitamento, na xestión do monte galego observamos dousprocesos contrapostos: especialización na produción de madeira de ciclo curto xun-to coa recente función de produción de bioelectricidade e, por outra banda, abando-no progresivo das superficies a monte que ou ben non encaixan naquela estratexiaespecializadora ou ben sofren de problemas estruturais (o principal, o gran partilla-mento do monte privado). Os resultados dunha estratexia como esta son ben coñeci-dos: incendios reiterados como consecuencia do abandono e concentración en pou-cas mans das rendas derivadas do aproveitamento especializado do monte. Para corri-xir estes problemas é necesario recuperar a multifuncionalidade do monte e reinte-gralo nas unidades produtivas ben para cumprir funcións específicas no seu procesoprodutivo ben como xeradoras de renda que fortalezan os procesos de asentamentono rural. En relación con isto, gustaría de mencionar o caso dos parques eólicos: pro-dución de rendas no mundo rural por axentes alleos que foxen do rural e non per-miten reverter a tendencia ao despoboamento.

5. Presenza de tecnoloxías rexenerativas, isto é, tecnoloxías que conservan os recursosexistentes na unidade produtiva (nutrientes, predadores, auga, solo,...) e introducennovos elementos que incrementan aqueles recursos, substituíndo os recursos externos.Estas tecnoloxías son, en xeral, tecnoloxías multifuncionais. É dicir, a súa posta en mar-cha xera beneficios favorábeis en varias compoñentes dos agroecosistemas. Comoexemplos, pódense citar os seguintes: a. Os abonos verdes. Foron utilizados desde sempre na agricultura tradicional galega.

Tal é o caso do cultivo dos “altramuces”, unha leguminosa que permite mellorar afertilidade do solo aumentando os nutrientes. Pero ademais, os “altramuces” redu-cen a posibilidade de erosión, axudan á fixación de auga e son un posible hábitatpara organismos benéficos para os cultivos.

b. A utilización de barreiras naturais, coñecidas en Galiza como sebes, beneficia aausencia de erosión e serven, así mesmo, de nicho para organismos benéficos.

c. O manexo de variedades e razas autóctonas. Os beneficios derivados son: aprovei-tamento gratuíto de biomasa autóctona que evita incendios; redución das doenzas epragas padecidas polos cultivos e os animais que converte en ocasional o gastomonetario derivado dos tratamentos veterinarios; etc.

Page 81: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

Introdución

6. Construíndo novos ámbitos para o intercambio. Calquera estra-texia que pretenda transformar o estado actual do sistema agrariogalego debe ser consciente da escasa presenza que os intereses dosprodutores teñen nos mercados. Máis ben ocorre todo o contrario:as diferenzas entre os prezos percibidos polos produtores e os pre-zos pagados polos consumidores alcanzan cifras escandalosas. Poroutra parte, as actuais pautas de consumo e condicións de merca-dos, impulsadas polo avance do neoliberalismo, favorecen os pro-cesos de concentración e homoxeneización da produción. Nesaestratexia sempre perden as agriculturas familiares de pequena oumediana escala, como as galegas. No sistema agrario tradicionalencontramos, tamén, algúns aspectos relacionados con este ele-mento: as feiras, semanais, mensuais ou anuais que se celebrabanpor todo o noso país son unha mostra útil dun sistema que vincu-laba produtores e consumidores locais (malia ser o sistema agrariotradicional aquel que produce case todo o que consome e consomecase todo o que produce). Estes sistemas de intercambio de produ-

tos (alimentos, remedios, insumos, capital.....), servizos (lecer, música, contadores de his-torias....) e información dannos pistas sobre cal debe ser o punto de partida. Necesitamosimaxinación e compromiso para definirmos eses novos ámbitos de intercambio que desem-peñen o papel requirido dentro da estratexia global de valorización do PI.

Desenvolver estratexias nas que estes elementos, xunto a outros, conformaban o cerneda reprodución social foi o realizado durante centos de anos polos nosos devanceiros:deseñaban estratexias de manexo que permitían a supervivencia familiar e comunitaria, senpór en risco severo a capacidade produtiva dos agroecosistemas. Paralelamente a estasestratexias de supervivencia material desenvolvíanse outras manifestacións culturais (con-tos, lendas, festas, músicas, etc.) que eran mostra do “estilo de vida” tradicional, na súacompoñente festiva e lúdica.

É certo, por outra parte, que as carencias materiais, e os conflitos, estaban sempre pre-sentes e que as condicións de vida non eran, nin moito menos, as axeitadas. Porén, en ter-mos de ocupación do espazo e de respecto ou manexo dos condicionantes impostos polosecosistemas apropiados, os sistemas tradicionais deseñados polos labregos e labregaspódennos ser útiles na actualidade. Curiosamente, eses son, agora, algúns dos principaisproblemas que afronta o agro galego: a desocupación do espazo, mediante o xurdimentodo denominado barbeito improdutivo, e, en segundo lugar,o deterioro da base material eambiental do rural mediante, fundamentalmente, os incendios forestais.

O proceso de recuperación, investigación e salvagarda do coñecemento tradicional ser-virá, potencialmente, para construír un futuro diferente para o mundo rural galego. Unfuturo no que teñamos o espazo ocupado mediante sistemas de apropiación dos ecosiste-mas que garantan a súa supervivencia. Un futuro onde os sistemas de produción contri-búan a pechar os ciclos mediante tecnoloxías rexenerativas. Finalmente, os novos proce-sos de desenvolvemento avanzarán na medida en sexamos capaces de xerar novas estrutu-ras de intercambio de produtos e servizos.

Page 82: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural
Page 83: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

1016

Page 84: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

A candidatura do PI galego-portugués como obra

mestra da humanidade

Page 85: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

Romance e árbore das tradicións orais galego-portuguesasJorge Santos Silva e Xabier Prado Orbán

Presenza de elementos culturais europeos na culturatradicional galego-portuguesaXosé L. Méndez Ferrín

Candidatura de patrimonio inmaterial e desenvolvemento ruralXabier Prado Orbán

Ponte… nas Ondas!: 1 patrimonio para o futuroSantiago Veloso

Un patrimonio para o futuro: manifesto a favor dopatrimonio inmaterial galego-portuguésSuso de Toro

10

11

12

13

14As escolas UNESCO e o desenvolvementoLuisa Márquez

A lusofonia como um factor valorizador da cultura tradicional galega e das súas potencialidades económicasJorge Rodrigues Gomes

15

16

Page 86: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural
Page 87: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

10

Un patrimonio para o futuro: manifesto a favor do Patrimonio Inmaterial galego-portugués

Suso de Toro

O punto máis avanzado de Europa, no noroeste da Península Ibérica, onde os suevos esta-bleceron o primeiro reino dentro do Imperio Romano, foi sempre un lugar habitadísimo.Anteriormente aquí floreceu unha cultura céltica, a cultura dos castros. É unha fin do mun-do onde chegaron sucesivas vagas de pobos e persoas que aquí chegaban e ficaban, poisnon podían continuar alén do mar, aquel mar onde morría o sol cada tarde. É unha esqui-na da Europa que non é lugar de paso, senón un recipiente no que se foron integrando ele-mentos diversos de modo continuado. A cultura deste lugar está marcada pola con-tradición entre a terra e o mar: o continente eurasiático e o océano Atlántico. Pola terra che-garon sempre dende Oriente vagas culturais, o bronce, o ferro, Roma, os suevos, o SacroImperio..., polo mar tamén chegaron os gregos e romanos mais sobre todo por el viaxarone comerciaron os poboadores deste noroeste peninsular.

O ser un “Finisterrae” pouco comunicado, fixo que aquí durasen máis tempo os ciclos his-tóricos, a Historia viviuse aquí ralentizada. En moitos sensos a cultura propia do noroeste éunha síntese da civilización romana, as mesmas falas desta zona están aínda moi perto da súaorixe romana, e tamén conserva como un eco antropolóxico as raíces do mundo xermánicoeuropeo que levantou no seu tempo o mundo feudal e perdurou aquí até nós como unha cos-movisión na cultura popular. Foi a este noroeste a onde chegou, a través do Camiño deSantiago, a torrenteira da cultura europea dende Carlomagno até a Reforma e Contrarreforma.

Aquí vemos que o máis específico local noso é precisamente a cultura europea máis pro-funda. O que aínda permanece conservado alén do seu tempo histórico é para nós partetamén deste tempo contemporáneo que vivimos adultos e nenos.

Son precisamente os nenos e nenas o centro do proxecto que apoiamos. O proxecto éantes de nada estimular a estima polo patrimonio cultural rico e complexo que herdamose tamén estimular a curiosidade por coñecer aos veciños por riba de fronteiras. O respec-to por un propio e o recoñecemento dos demais. E sobre este propósito de educar xera-cións que saben vivir no seu tempo sendo leais co seu pasado queremos que o mundoenteiro, a través da proclamación pola UNESCO como Obra Mestra do Patrimonio Oral eInmaterial da Humanidade, recoñeza AS TRADICIÓNS ORAIS GALEGO-PORTUGUESAS.Unha rica literatura de tradición oral, a cultura marítima que mantivo os vínculos entreambas as comunidades e o espírito comunitario presente nas actividades agrarias tradicio-

Page 88: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

88

10 Un patrimonio para o futuro: manifesto a favor do Patrimonio Inmaterial galego-portugués

nais e as variadas expresións lúdicas, festivas e delecer. Todos estes ámbitos engloban unha culturacomún que satisfai as condicións establecidas polaUNESCO: ser unha cultura aínda viva mais enperigo de desaparición e enraizada nunha tradi-ción con manifestacións de excelencia.

Conseguir esta proclamación vai permitir a pos-ta en valor da cultura tradicional, que aquí ten unhadensidade enorme, como factor de dignificación,orgullo e marca de identidade. Terá efectos positivosno desenvolvemento endóxeno e sustentábel portodo o territorio onde se expresa esta cultura.

A cultura nacida neste territorio, con esta pro-clamación, será motivo de orgullo en todo o mun-do a través das persoas e países nos que fai parteda súa identidade.

Asinantes do Manifesto:

Federico Mayor Zaragoza, Ignacio Ramonet, José García, José Saramago, Manu Chao,Manuel Dios Diz, Manuel Rivas, Mário Claudio, Nélida Piñón, Ramón Chao, Suso deToro, Uxía, Vasco Graça Moura

Page 89: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

Romance e árbore das tradicións orais galego-portuguesas

Jorge Santos Silva; Xabier Prado Orbán

11

Señoras e meus señores:dun modo pintoresco,vouvos contar a historiada Candidatura á UNESCO

Como se fosen as follasdunha árbore ornamental,contarei as Tradiciónsda Galiza e Portugal

Culturas do mar… e do agro…do saber tradicional,das Festas e Romerías,da Literatura Oral

Page 90: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

90

11 Romance e árbore das tradicións orais galego-portuguesas

Auga que nos liga ao río,lava o corpo ao suar,rega o millo, leva o barcoe pon a aceña a rodar.

Unindo as dúas beiras,corre o Miño para o mar,levando a nosa Dorna,de Vela triangular

Leva redes e outras artesque nos permiten pescar,meixón, salmón e lamprea,e troita sempre a saltar

Ás praias chega o sargazo,para as terras adubar,collido por sargaceirosque danzan para o festexar

E o carro de bois, xunto á praia, é o mesmo que vai chiar,cargadiño de milloou cestos de vendimar.

Por iso, aquí nestas bandas,hai unha mestura sen par:o pescador labra a terra e o labrador vai ao mar

Se do traballo da terraao longo do ano falamos,falamos do agro e do monteonde todos axudamos

Rapar e ferrar cabalos, nos montes comunitarios,son actos só de palabrasen precisar de notarios

Fican as espigas núasaos golpes dos malladorespola forza, ritmo e xeitode que eles son portadores

Para enganar o cansazo,na altura das labradas,cántanse coplas alegresnas gargantas afinadas

Co pretexto das colleitase das vendimas, hai danza.xúntanse ranchos de xente,da casa e da veciñanza

Page 91: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

91

A candidatura do PI galego-portugués como obra mestra da humanidade

Hai que saber, p´ra ensinar,o aprendido dos avós;hai que facer, p’ra mostrar,a arte que hai en nós.

Os tecidos que vestimosde la e liño, fiados,suman arte e naturezase lle xuntan os bordados.

Tecen as redes os homes…os palillos as mulleres…artesáns de mans perfectas,peritos nos seus mesteres.

Teñen falas ben estrañasos afiadores ambulantes,cesteiros, pedreiros, telleirose até mesmo os feirantes.

Pérdense no po da Historia,sempre da mesma maneira,os cestos, canastas e piposfeitos de vime ou madeira

De barro, collido á terra,a ola feita na rodae a tella cocida ao Sol,nunca pasarán de moda.

Temos xogos popularestemos festas romerías,celebradas nestas terrastrescentos sesenta días.

Para un vira, a concertina…muiñeira…gaita afinada;para cantar, o adufe;os bombos p’ra treboada

Caretos e peliqueirosson os reis do Carnavalcelebrado na Galiza e norte de Portugal

A cantar nas noites frías,Nadal e Reis celebradose o traballo con floresnos Maios ornamentados.

A pretexto dos vikingos,en Catoira hai romería;en Viana vai ao mara Senhora D’Agonia.

Ao ar libre fanse xogos:se a puntería non falla,bilros, chaves e billardason parecidos coa malha.

Page 92: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

92

11 Romance e árbore das tradicións orais galego-portuguesas

Antes do Libro, xurdidona Idade Medieval,xa a Cultura era servidana Literatura Oral.

Esfolladas e lareirasmotivos p’ra namoricos:é o fogo, ao pé da estopa…sexan beijos, sexan bicos

Mitos e lendas…iguais,nas marxes que o Río lava:comeza o conto o Minhoto…vén o Galego que o acaba.

Os cruceiros son comúns…As rezas son defumadasAfife: Serran a Velha…Na Galiza: as Queimadas…

A regueifa na Galiza,desgarrada en Portugal,e o repente no Brasilimprovisan por igual.

En común, 1 Patrimonioque para nós é seguro:Teremos que preservalose o queremos Para o Futuro

Se o SABER dun anciáné riqueza milenarficaremos ben máis pobresse non o podemos gardar

É un saber que é Herdanzade Todos…por Tradición.a conservar na Terriñaou no lar da Emigración.

Iso apréndese na escolado A,B,C, ou da Vida,que é preciso, ao Patrimonio,conservalo…dar guarida…

Produtos tradicionaisfeitos na terra, co’amorpor ser unha Obra Mestrateñen moito máis valor

E é tamaña a riquezaque coñecemos, agora, que temos de compartilacos turistas, cos de fóra.

Por iso, este Patrimonioque queremos de Verdade,deixará de ser só noso,para ser da Humanidade

Da Candidatura, o inicioserá igualiño ao final:Viv’as “Tradicións Oraisda Galiza e Portugal”

Page 93: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

Presenza de elementos culturais europeos na cultura tradicional galego-portuguesa

Texto elaborado a partir dunha conversa de Xosé L. Méndez Ferríncon Xabier Prado Orbán, Hortensia Bautista e Isabel Fernández

12

A cultura galego-portuguesa é o resultado da adaptación do pobo ás condición naturais ehistóricas, así como das influencias recibidas do exterior.

Estas influencias foron resultado dos contactos que galegos e portugueses mantiveroncon outros pobos. Por unha banda a través da colonización e da emigración, sobre todo ócontinente americano, e por outra polo contacto coas culturas europeas ó longo da histo-ria, tanto polas sucesivas invasións coma polo comercio ou intercambios culturais.

Como resultado disto último, pódese dicir que estamos a falar dunha cultura europeano máis amplo sentido do termo.

A cultura castrexa pódese considerar debida a achegas indoeuropeas e celtas sobre unhaspoboacións anteriores.

Asóciase a cultura castrexa co concepto cultural e simbólico do “filociclismo” ou pre-ferencia polos conceptos cíclicos fronte aos lineais (as casas, os adornos, as propiasmurallas reflicten esta característica cíclica, relacionada tamén co ciclo anual e cunhacerta maneira de ser).

En relación cos celtas, existen unhas claras relacións de carácter ambiental con paísescomo Irlanda ou a Bretaña Francesa, como é o caso curioso do “toxo”, planta que é comúne moi abundante en Irlanda, Bretaña e a Gallaecia, e case inexistente noutros territorios declimas semellantes.

A palabra Samaín é gaélica, e polo tanto de orixe celta, e dende hai 30 anos é utilizadapor asociacións galegas que buscan revitalizar unha festa tradicional, a dos calacús. Estenome é prerromano.

Na Bretaña existen topónimos moi similares a outros galegos moi arcaicos, como é ocaso do “Caurel”.

En relación con Irlanda, nun antigo libro en gaélico existe unha referencia a Breogáncomo heroe fundador procedente da Península, o que foi considerado un referente simbó-lico polos nacionalistas galegos como Pondal. O Himno Galego refírese a Galiza como oterritorio orixinario deste heroe.

A influencia de Irlanda na música folclórica é enorme, existindo actualmente moita coo-peración e algunhas influencias mutuas.

Cando chegaron os romanos, existía neste territorio un pobo denominado “Callaiki”nos arredores do actual Porto (a palabra “Porto Callaiki” deu orixe ao nome de Portugal).

Page 94: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

94

12 Presenza de elementos culturais europeos na cultura tradicional galego-portuguesa

Dadas as analoxías culturais entre estes “Callaiki” e os pobos tamén celtas cos que se tiñanrelacionado anteriormente (Galos, Gálatas), os romanos tenderon a denominalos “Gallae-chi”, nome que mantiveron cando posteriormente conquistaron todo o territorio.

A Gallaecia pódese considerar equivalente á rexión de cultura castrexa, aínda que comoprovincia romana tense estendido máis alá.

A Gallaecia, debido a esta forte unidade cultural e natural preexistente, é a única pro-vincia de todo o Imperio Romano que sobreviviu con ese nome, ademais da Britannia (nes-te caso por outras razóns, xa que é unha illa).

A cultura da Gallaecia, o mesmo que a italiana, francesa, etc., forma parte da Romania(territorios abarcados no seu momento polo Imperio Romano).

A lingua pertence a ese conxunto de orixe latino, existindo evidencias dun substratoanterior á romanización.

O carro era un elemento común en todo este vasto territorio do Imperio, e perviveu enmoitos lugares antes da construción de estradas. Existe, nun museo ao lado de Oxford, uncarro dunha tipoloxía idéntica ao carro galego-portugués.

O mesmo acontece co arado romano, de estrutura arcaica e uso universal no Imperio.O hórreo, coa estrutura de graneiro sobre pés, era común ao norte da Península, e a tra-

vés da Gascuña estendíase ata territorios da Imperio tan afastados como a actual Eslovenia.Dentro deste vasto conxunto, a tipoloxía do hórreo galego é moi específica e mantén unhaorixinalidade e identidade características.

Considéranse produtos de contribución romana o viño (pois as poboacións prerroma-nas bebían sidra ou hidromel), e tal vez a castaña (algúns teñen dito que a abundancia decastiñeiros ao redor das minas de ouro das Médulas é o resultado das necesidades alimen-ticias do gran continxente de escravos que alí traballaban).

Os suevos eran unha tribo xermánica procedente dos bosques de carballos nas ribeiras doDanubio da actual Eslovenia,. O seu rei Hermerico, a principios do século IV, cruza no ano405 o xeado río Rin cos vándalos e alanos, entrando na Galia. Pasan os Pirineos, e instálansea partir do 409 no sudoeste da península (Lusitania). No ano 411 xóganse ás tabas as provin-cias romanas da Península, e correspóndelles aos suevos o Convento Bracarense (a Gallaecia).

A partir do 420 consolídase o seu reino como o 1º reino constituído en Europa sobreterritorio do Imperio Romano, co nome de “Gallaecia Regnum”, no que sucedeu un pro-ceso de mestizaxe coa poboación galaico-romana existente. A ausencia de referencias a estemesmo permite supor que non tivo un carácter traumático.

Hermerico (do cal se cita a anécdota de que reinou 2 veces) abdicou por enfermidadeno ano 438. O seu fillo Requila “O Conquistador” (438-448) expande os territorios do rei-no. Os sucesivos reis suevos mantiveron relacións co reino visigodo de Aquitania, o dosvándalos do norte de África, cos restantes reinos peninsulares e incluso co ImperioBizantino, privilexiando sempre as relacións N-S (de feito, a súa entrada na Gallaecia pro-duciuse dende o sur).

Requiario (448-456), é derrotado polos visigodos nos Campos Páramos de Astorga, e oprimeiro reino suevo remata coa caída da capital, Braga, e a morte do rei.

Os visigodos instalan guarnicións no territorio, o cal non impide a formación dun segun-do reino suevo, no cal destacan como dirixentes Cararico (572-582) e Miro (550-559).

Finalmente, o rei visigodo Leovixildo derrota aos suevos na batalla de Órbigo, aíndaque o reino da Gallaecia seguiu mantendo poder e funcionando como tal, o que é eviden-ciado, entre outros feitos, pola cuñación de moeda en cecas propias.

A lingua galega pódese dicir que é unha creación sueva, xa que anteriormente falábaseo latín vulgar común a todo o Imperio Romano.

Page 95: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

95

A candidatura do PI galego-portugués como obra mestra da humanidade

Existen numerosos nomes de orixe xermánica, como os rematados en –il ou en –iz e moi-tos outros, ata chegar a xuntar o 99% dos topónimos de orixe xermánica de toda a penínsu-la. Isto evidencia a súa existencia antes do 711, xa que as persoas de orixe xermánico que che-garon durante os séculos de loitas contra os musulmáns se repartiron por toda a península.

Os topónimos xermánicos proceden na súa maioría de nomes de persoas, como é o casode Mondariz (Vila de Munderico), Gondomar (Vila de Gundemaro), Guitiriz (Vila deWiterico), Allariz (Vila de Aliarico), etc.

Un documento excepcional, as Parochiales de 572, testemuña da organización territo-rial en parroquias e freguesías, que perviviu ata hoxe.

O monte comunal asóciase co que os historiadores do Dereito denominan DereitoXermánico en contraposición ao Dereito Romano, que contempla exclusivamente a pro-piedade individual e patriarcal.

A pervivencia do monte comunal durante séculos, ata que finalmente foi recuperadopola presión do nacionalismo, evidencia unha implantación maior que noutras áreaspeninsulares onde tamén existía. Na actual Alemaña máis do 20% dos montes son taménde carácter comunal, coa diferenza de que están asociados a unha cultura do “bosque” conconnotacións positivas (a batalla do Bosque Teutónico foi a que garantiu a independenciados xermanos en relación co Imperio Romano).

As relacións coa actual Francia foron sempre moi intensas, como testemuña a existen-cia en Santiago do barrio do Franco, que era onde residían os franceses.

O Camiño de Santiago foi sempre de ida e volta, existindo influencias recíprocas.O Códice calixtino é escrito por un francés (Aymeric Picaud).Os xograres provenzais mantiveron relacións de influencia mutua cos trobadores galai-

cos, que desenvolveron modelos propios (as cantigas de escarnio e maldicir, por exemplo).A existencia dun poema provenzal no que se loan as “altas ondas do mar” é outra mostrada influencia recíproca.

Desde a actual Escandinavia, de acordo a Staffan Moerling, profesor sueco na escolaNaval de Marín, chegaron influencias no que se refire á construción de embarcacións tra-dicionais como a dorna. As táboas da dorna están montadas unhas por riba das outras,nunha estrutura coñecida en castelán por “tingladillo” e en galego por “escarba”, palabra

Page 96: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

96

12 Presenza de elementos culturais europeos na cultura tradicional galego-portuguesa

esta que corresponde cun vocábulo sueco que designa a mesma estrutura, existente taménnos “drakkars” vikingos.

A Romaría Vikinga de Catoira foi establecida polo “Ateneo do Ullán”, por iniciativa deFaustino Rey Romero, propietario da fábrica Cedonosa e a participación de personalidadescomo o propio Borobó.

Page 97: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

Candidatura de Patrimonio Inmaterial edesenvolvemento rural

Xabier Prado Orbán

13

A valorización da cultura tradicional é un requisito para garantir a súa supervivencia nofuturo. O aproveitamento sustentábel dos recursos, o respecto e coñecemento profundos domedio ambiente, a biodiversidade, o traballo e a propiedade comunitarias, formas específi-cas de lecer, artesanía, as expresións orais e a cosmovisión non deberían estar condenadas aseren substituídas por formas culturais alleas baixo un suposto concepto de modernidade.

A cultura tradicional galega está intimamente ligada ao modo de vida rural, e os seusportadores son as persoas máis vellas. De aí a necesidade de transmitir os saberes aos máisnovos, xerando neles o interese polas súas raíces, así como de conseguir unhas condiciónsde vida dignas para evitar o despoboamento do mundo rural.

A Candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués á proclamación pola UNESCOcomo Obra Mestra da Humanidade é unha iniciativa nacida no mundo educativo con von-tade de contribuír á salvagarda dos saberes tradicionais.

Cando as Escolas Asociadas á UNESCO fomos coñecedoras do proceso establecidopola UNESCO (a iniciativa de Juan Goytisolo, con quen contactamos persoalmente)para a presentación de candidaturas de Patrimonio Inmaterial, comprendemos que esapodería ser unha vía para contribuír a salvagardar a nosa cultura tradicional. A UNES-CO privilexia a presentación de candidaturas multinacionais para fomentar a coopera-ción internacional, perspectiva que abriu a posibilidade de presentar ao mundo o feitoda pervivencia no noroeste da Península Ibérica dunha cultura tradicional común den-de épocas remotas. Esta cultura tradicional foi posteriormente espallada polo mundoconstituíndo un referente para toda a lusofonía.

Na xénese deste concepto interveñen varios proxectos das Escolas Asociadas que mere-cen unha breve explicación:

❙ Ruta do Escravo: Proxecto de carácter triangular entre Europa, África e América noque se trata de quebrar o silencio secular sobre un período oculto da historia no calmais de 40 millóns de africanos foron trasladados á forza en barcos europeos ás colo-nias americanas para traballar o resto da súa vida como escravos. Este feito históri-co tivo consecuencias na conformación do mundo actual, como as teorías racistassobre a inferioridade das persoas de cor negra, a mestizaxe cultural de moitos paí-ses americanos e a presenza de elementos africanos nas artes (Música, Plástica, etc.).

Page 98: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

98

13 Candidatura de Patrimonio Inmaterial e desenvolvemento rural

As escolas galegas entraron neste proxecto a pesar da posición do Goberno español,que negaba ter participado na trata negreira transatlántica.

❙ Patrimonio nas mans dos xoves: Proxecto internacional que trata de sensibilizaraos escolares da importancia de valorar e preservar o patrimonio cultural do seucontorno, como unha forma de contribuír á preservación a nivel mundial. As esco-las galegas desenvolveron de forma especial a súa actividade no campo específico dopatrimonio inmaterial, que ten características diferenciadoras que o fan especial-mente atractivo no noso país: ser un patrimonio vivo, que vai coas persoas (en con-traposición aos monumentos, que permanecen inmutábeis e no mesmo lugar sem-pre). Estas persoas poden ser obxecto de atención preferente nas aulas, e en granparte tamén nas propias familias dos alumnos (valorización do papel dos avós). Poroutra parte, existe na Galiza unha enorme riqueza de tradición oral que corre graví-simo perigo de desaparición, algo que as escolas poden contribuír a evitar.

❙ Proxecto Atlántico: Iniciativa xurdida das escolas galegas como alternativa aoProxecto Mediterráneo, un dos proxectos-faro da UNESCO no que as escolas dosur da Europa e norte de África participan no sentido de recoñecer afinidadesculturais e ambientais, realizando actividades de defensa do medio ambiente,intercambios culturais, publicacións conxuntas, etc. No Proxecto Atlántico, asescolas galegas e portuguesas manifestan a súa vontade de contribuír a un desen-volvemento sustentábel dentro do marco de referencia do Océano Atlántico, ele-mento xeográfico de primeira orde á hora de procurar referentes culturais,ambientais e históricos para o noso país.

O proceso de proxección social dos proxectos das Escolas Asociadas á UNESCO, quexa tiña producido experiencias interesantes no campo de actividades específicas como acelebración do Día da Paz, no que se ten contado coa colaboración de Concellos eAsociacións locais, deu un paso adiante no caso do proxecto da Ruta do Escravo.Promovéronse actividades de sensibilización cara á presenza crecente de inmigrantes afri-canos e latinoamericanos, relacionándoa con fenómenos migratorios anteriores de galegose portugueses, denominándoos “Camiños de Ida e Volta”.

Na procura de alianzas que se fixo necesaria para levar adiante o traballo, recibiuse unapoio total por parte da Comissão Nacional para a UNESCO de Portugal e das escolas por-tuguesas participantes no proxecto. Na mesma liña, as escolas galegas propoñen ao colec-tivo de escolas participantes no programa Ponte…nas Ondas! incorporar a Ruta do Escravocomo tema de traballo no ano 2001. As escolas UNESCO de Portugal achegaron toda ainformación de carácter escrito, dado que este feito histórico forma parte importante dosprogramas educativos en Portugal.

A Comissão Nacional para a UNESCO de Portugal convidou as escolas galegas a un espec-táculo teatral específico sobre a trata negreira en Porto, e a participación de escolas UNES-CO de Portugal, Brasil, Angola e Mozambique permitiu darlle ao programa de radio esco-lar unha dimensión transatlántica, así como tratar un tema específico de relevancia social.

Esta liña de incorporación de proxectos da UNESCO ás actividades de Ponte… nasOndas! continuou no ano seguinte co ofrecemento da información sobre o PatrimonioInmaterial que permitiu facer o traballo de preparación dos programas no ano 2002.

A oportunidade de contribuír a canalizar os traballos de promoción do PI na direccióndun desenvolvemento rural sustentábel (dada a énfase concedida pola UNESCO ao papeldos portadores e ao mantemento do modo de vida das súas comunidades) situaba este pro-xecto, ademais, en consonancia cos obxectivos incorporados no Proxecto Atlántico por par-te das Escolas Asociadas á UNESCO.

Page 99: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

99

A candidatura do PI galego-portugués como obra mestra da humanidade

O positivo da experiencia, e o contacto directo establecido polas Escolas UNESCO coaDivisión de Patrimonio Inmaterial da UNESCO, permitiron contemplar a posibilidade depromover unha candidatura conxuntamente coa Asociación Ponte...Nas Ondas!. Desde asescolas da Rede PEA-UNESCO recolleuse a información necesaria, realizando un materialaudiovisual que serviu como elemento promocional durante os anos seguintes, en que serealizaron toda clase de contactos con asociacións e institucións.

Seguindo sempre as orientacións da UNESCO, as escolas promotoras consideraronnecesario contribuír a xerar unha actitude positiva no conxunto da sociedade de cara agarantizar un futuro para a cultura tradicional.

Neste sentido, foi fundamental o apoio recibido ao longo dos catro anos de xestación epromoción da candidatura por parte das Asociacións de Montes Comunais, Asociacións eInstitucións Culturais, Centros educativos, Concellos e Deputacións que foron gradual-mente apoiando a candidatura, merecéndose destacar a contribución decisiva do Conselloda Cultura Galega na materialización do dossier, da Comunidade de Traballo Galicia-Nortede Portugal na publicación da revista, e de AGADER na realización de traballos de campoe na posta en marcha da páxina web da candidatura, www.opatrimonio.org.

O mundo universitario reaccionou de forma positiva ante esta iniciativa. Proba diso é aparticipación do CEER (Centro de Estudios da Eurorrexión) na Comisión Promotora daCandidatura, a declaración institucional da Universidade da Coruña en favor doPatrimonio Inmaterial e da candidatura, a colaboración de profesores da Universidade deSantiago en actividades de promoción do PI (reflectido en varios artigos desta publicación),e a presentación do Plan de Salvagarda do Patrimonio Inmaterial pola Universidade de Vigo.Tamén participaron no proceso a Universidade de Trás-Os-Montes (UTAD) a través do pro-fesor Américo Nunes Peres, a Universidade do Minho co profesor Paulo Rodrigues (direc-tivo da Associação de Sociologos do Alto Minho, unha das entidades promotoras da can-didatura), a Universidade do Porto mediante o apoio prestado polo profesor AugustoSantos Silva (actualmente ministro en Lisboa), e incluso a Universidade de Belo Horizonte(Brasil) a través dos textos enviados polo profesor Andityas Soares de Moura en relacióncoa presenza da cultura galega no Brasil.

Os apoios de personalidades do mundo da cultura foron tamén relevantes, como foi ocaso dos redactores do texto do dossier, os profesores Álvaro Campelo, director do Centrode Antropologia Aplicada de Porto, e Xosé Manuel González Reboredo do Consello daCultura Galega, dos fotógrafos Gualberto Boa-Morte e Víctor Vaqueiro, de Carlos Núñez(logotipo e ideas para a campaña de promoción), Felipe Senén (textos sobre simbolismo),Eloy Lozano (no video presentado finalmente ante a UNESCO), e os intelectuais asinantesdo Manifesto en favor do PI redactado por Suso de Toro.

Despois de catro anos de promoción da candidatura ante unha desesperante atonía gober-namental, o cambio de escenario político producido con motivo da entrada do novo Gobernoda Xunta de Galicia nas eleccións autonómicas do ano 2005 permite dedicar os 3 meses pre-vios ás proclamacións das Obras Mestras do PI pola UNESCO a unha campaña de informa-ción e sensibilización na sociedade, actividade á que se dedicou a Asociación Ponte…NasOndas! co apoio das Consellerías de Cultura e Educación, da CRTVG e de Turgalicia.

As Escolas UNESCO, nese intre, consideran interesante potenciar a liña de traballo derelacionar a candidatura co desenvolvemento rural, que durante todo este tempo tiña esta-do implícita no proxecto. Pretendeuse ofrecer un punto de confluencia para as múltiplesiniciativas en defensa da nosa cultura existentes por toda a xeografía e na emigración.Recibiuse o apoio para iso das Consellerías de Desenvolvemento Rural, de Industria e daSecretaría Xeral de Emigración do novo Goberno.

Page 100: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

100

13 Candidatura de Patrimonio Inmaterial e desenvolvemento rural

Resultado desta actuación son o Plan de Salvagarda do PI e esta publicación, que foirealizada grazas a contribucións de moi diversos ámbitos que coinciden na defensa domundo rural e da cultura tradicional. Estas aportacións veñen reflectidas nos artigoscorrespondentes, e aquí faise tan só unha breve explicación do proceso no que se foronxuntando vontades, coa intención de dar unha visión optimista de cara ao futuro.

Os primeiros contactos nesa dirección foron feitos coa Universidade de Vigo, a través doprofesor Xavier Simón Fernández, do Departamento de Economía Aplicada, quen recolleestas ideas e as incorpora a unha proposta de revitalizar o mundo rural a partir da valoriza-ción da cultura tradicional. Posteriormente contactouse cos promotores da UniversidadeRural Galega, unha vez comprobada a coincidencia de obxectivos coa mesma.

O traballo do Consello da Cultura Galega, as actividades de dinamización do Museo doPobo Galego, a incorporación da defensa do PI dentro do Plan Estratéxico do Eixo Atlántico,a revista oral O Pazo das Musas realizada polo Museo Provincial de Lugo e na que o prota-gonismo é das persoas portadoras do PI, ou a loita tenaz das asociacións culturais deSantiso do Eo, no Occidente Asturiano, e do Seminario de Estudios Bercianos, na comar-ca do Bierzo, pola defensa da súa identidade mediante a realización de Encontros dePortadores, son só algunhas das moitas iniciativas que pretenden potenciar o papel da cul-tura tradicional na dinamización do mundo rural.

Por último, a colaboración coa candidatura e a defensa do PI do Seminario Galego deEducación para a Paz, da Asociación Galego-Portuguesa de Educadores/as pola Paz, daAsociación Socio-Pedagóxica Galega, da CIG-Ensino e da propia Consellería de Educaciónamosan a importante contribución que pode facer o mundo educativo a asegurar un futu-ro para os saberes tradicionais mediante a transmisión ás xeracións máis novas.

Todas estas iniciativas non constitúen máis que unha pequena mostra do potencial exis-tente na nosa sociedade para poñer en valor a cultura tradicional. Nese sentido, pensamosque se deben planificar estratexias axeitadas para a dinamización do mundo rural unifi-cando forzas e vontades, e cunha perspectiva de optimismo a pesar do lastre das políticasde desertización territorial e cultural que leva sufrido o noso país.

A vitalidade do tecido social aínda é impresionante, o estado do paciente é crítico maisaínda mantén todas as súas constantes vitais, polo que urxe unha medicación axeitada.

Page 101: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

Ponte… nas Ondas!: 1 patrimonio para o futuro

Santiago Veloso Troncoso

14

A experiencia de comunicación Ponte... nas Ondas! realizada desde hai máis de 11 anosten demostrado as potencialidades que unha iniciativa nacida nesta parte do territorio écapaz de desenvolver atendendo as posibilidades propias.

Desde o ámbito educativo, Ponte... nas Ondas! foi quen de implicar a sociedade galega eportuguesa nun proxecto común, na defensa e posta en valor do seu patrimonio culturalcomún. A Candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués presentada á 3ª proclamacióndas Obras Mestras do Patrimonio Oral e Inmaterial da Humanidade constituíu un acontece-mento histórico sen precedentes na historia das dúas comunidades. A cultura galego-portu-guesa, esa marca de identidade que conforma a cosmovisión de galegos e portugueses, foi pos-ta en primeiro plano da actualidade e levada á UNESCO para o seu recoñecemento mundial.Pero, tal vez, o máis importante deste proceso, que arrancou no ano 2001 a raíz das primei-ras proclamacións, teña sido a implicación de colectivos e institucións na toma de concienciada existencia deste patrimonio compartido. O labor desenvolvido por Ponte...nas Ondas!como asociación coordinadora de todo este proceso supón xa un precedente importante paraas relacións futuras entre Galiza e Portugal. É evidente que o protagonismo é dos galegos e por-tugueses, das comunidades que se implicaron na transmisión e preservación deste patrimonioao longo da historia e nese sentido sentímonos orgullosos de pertencer a unha cultura mile-naria que soubo manter a súa unidade esencial a pesar da separación política dos dous pobos.

A experiencia de Ponte...nas Ondas! nace da necesidade de estender pontes de comu-nicación entre esa cultura común que permanece viva por riba das fronteiras. Crendo nacondición de arraianos e sendo transfronteirizos fomos quen de poñer en valor esta privi-lexiada situación, non só xeográfica senón tamén cultural e humana. A ponte que unepolas ondas desde o ano 1995 as dúas beiras do Miño ten demostrado e evidenciado anecesidade de comunicación entre galegos e portugueses, e non só no ámbito educativo,como foi a primeira intención desta experiencia.

A incorporación activa dos xoves ao traballo cos medios de comunicación e especial-mente a un medio de comunicación como é a radio, cunha clara finalidade educativa e achegada das novas tecnoloxías enriqueceron e agrandaron as potencialidades iniciais. Se aisto lle engadimos unha presenza constante do mundo da cultura e dos medios de comu-nicación, chegamos á fórmula que deu o éxito a esta actividade: educación + medios decomunicación + novas tecnoloxías + cultura = Ponte... nas Ondas!

Page 102: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

102

14 Ponte… nas Ondas!: 1 patrimonio para o futuro

E é no ámbito de dinamización cultural onde a intensidadeda experiencia se ten centrado nos últimos anos. A acollida deproxectos multiculturais da UNESCO como a A Ruta do Es-cravo ou o Patrimonio Inmaterial permitiu levar ás aulas etamén á xornada de radio interescolar un contido cultural trans-versal, propiciando a realización de actividades culturais comoexposicións, ciclos de conferencias, proxeccións, concertos, etc.

O traballo co patrimonio inmaterial galego-portugués permi-tiu que este fose posto en valor, non só nas aulas senón taménna sociedade. Concertos como a Mostra da Oralidade Galego-Portuguesa xuntaron arredor da experiencia a un amplo abanorepresentativo da nosa cultura e de Portugal.

A presenza de escritores, investigadores, etnógrafos, artistas,músicos e xornalistas configuran unha dinámica que realza otraballo dos xoves e os implica directamente na cultura, nosmedios e nas novas tecnoloxías.

A xestión de todo o proceso da Candidatura de PatrimonioInmaterial Galego-Portugués por parte da Asociación Ponte... nas Ondas! demostrou acapacidade dun equipo de profesorado capaz de transmitir á sociedade e ás institucións aconfianza nun proxecto común. O proceso, modélico desde o punto de vista da UNESCO,cualificado de “boa práctica”, constitúe un exemplo singular de traballo con este patrimo-nio, pioneiro no mundo e seguindo as directrices da Convención do PatrimonioInmaterial aprobada pola UNESCO no ano 2003 que outorga ao sistema educativo unpapel destacado na protección e na transmisión deste patrimonio ás novas xeracións.

Se a experiencia en si mesma de Ponte... nas Ondas! resulta innovadora e singular, novasfacetas teñen sido desenvolvidas. A última, o proxecto Meniños Cantores, un traballo edi-tado xunto co estudo Casa de Tolos que se concretou nun libro-disco-dvd e que constitúeun bo exemplo sobre a necesidade de abordar o patrimonio inmaterial coas novas xeracións.

A experiencia de Ponte... nas Ondas! cumpriu neste ano 2005 once anos e culminouesta traxectoria coa presentación da Candidatura de Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués. Un ciclo que, lonxe de fecharse en si mesmo, quere abrirse á sociedade galegae portuguesa, para compartir e ofrecer, unha actividade innovadora e creativa.

Page 103: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

15

As Escolas UNESCO e o desenvolvemento

Luísa Márquez Rodríguez

¿Quen somos?

A Rede de Escolas Asociadas á UNESCO (PEA) é unha organización internacional queagrupa ao redor de 8.000 escolas de todos os niveis educativos, dende infantil ata univer-sitario, e que ten presenza nos cinco continentes.

É unha rede única, comprometida en promover os ideais da UNESCO, a educacióninternacional e a calidade desta, partindo da premisa de que “a educación é o motor dodesenvolvemento”.

Todas as escolas comparten valores e obxectivos comúns, servindo de laboratorios paraa innovación educativa mellorando os contidos, os materiais educativos e os seus enfoques,nos seus catro temas de estudio principias:

❙ As preocupacións mundiais e o sistema das Nacións Unidas❙ Os Dereitos Humanos e a Democracia❙ A aprendizaxe intercultural❙ A protección do medio ambiente e o desenvolvemento sostible

A existencia desta rede permite ás escolas superar as barreiras económicas, políticas,sociais ou lingüísticas establecendo acordos coa UNESCO que lles facilita os recursos nece-sarios e impulsando o establecemento de parcerías e programas de solidariedade entre asdiferentes escolas.

Accións para o desenvolvemento

A Rede-PEA promove a participación das súas escolas en proxectos faro e proxectospiloto, Ruta do escravo, O Patrimonio nas mans das e dos xoves, Linguapax, Atlántico, Youth-Exchange, que serven para reforzar os catro piares da aprendizaxe para o século XXI:

❙ Aprender a facer

❙ Aprender a coñecer

❙ Aprender a ser

❙ Aprender a vivir xuntos

Page 104: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

104

15 As Escolas UNESCO e o desenvolvemento

A experiencia da Candidatura dePatrimonio Inmaterial

A existencia previa de dous destes proxectos, “OPatrimonio nas mans das e dos xoves” e o “Atlán-tico”, levou ás Escolas Asociadas a converterse, xun-to coa Asociación Cultural e Pedagóxica “Ponte…nas Ondas!”, en promotoras da Candidatura a ObraMestra da Humanidade do Patrimonio InmaterialGalego-Portugués iniciando os contactos coa divi-sión de Patrimonio Inmaterial da UNESCO porrecomendación de Juan Goytosolo, nese momentopresidente do xurado internacional. Durante todoo proceso as Escolas Asociadas asumiron un fortecompromiso na conservación, difusión e protec-ción dese Patrimonio Inmaterial, abrindo as súasaulas aos portadores, recompilando as falas parti-culares, aprendendo os vellos oficios, montandoexposicións e participando xunto coas escolas do outro lado do Atlántico no programa deradio “Ponte... nas Ondas!”.

As Escolas Asociadas, ademais, impulsamos a celebración de dous Encontros ao redordo Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués. Un no mes de febreiro do 2005 en Santiago,o II ENCONTRO GALEGO que reuniu a 300 estudantes dende infantil ata bacharelato e35 mestres e mestras. O segundo, no mes de xullo, o XVIII ENCONTRO ESTATAL DAREDE DE ESCOLAS ASOCIADAS reuniu en Pontevedra a 153 escolas das 17Comunidades Autónomas e tivo como eixo central o “Patrimonio Inmaterial”.

O proxecto “Atlántico”, ademais, serviulles ás Escolas Asociadas para ampliar o ámbitode estudo dese Patrimonio, xa que o seu traballo de recuperación da memoria da emigraciónabriu unha nova perspectiva. Xunto cos homes e mulleres viaxaron a través do Atlántico astradicións, a música e as danzas, os saberes tradicionais e o imaxinario popular, conforman-do un fondo cultural común entre as dúas beiras do océano que se converteu nunha ponteintercultural que permitiu a preservación e difusión dese patrimonio inmaterial.

A Rede de Escolas Asociadas á UNESCO permite desenvolver iniciativas de promociónexterior e teñen unha compoñente de interese cultural, de respecto mutuo, de multicultu-ralismo, que contribuiría a connotar positivamente o turismo en prol do patrimonio e axu-daría a converter a cultura tradicional en motor de desenvolvemento.

Page 105: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

A lusofonia como um factor valorizador da cultura tradicional galega e as súas potencialidades económicas

Jorge Rodrigues Gomes

16

Nas linhas que seguem tencionamos expor brevemente as conseqüências positivas dasrelaçons da cultura galega com a chamada Lusofonia, focando dous aspectos, o da identi-dade e o da oportunidade.

A identidade é o reconhecimento do que alguém, neste caso umha comunidade, é, e asconseqüências que dela se derivam. A identidade galega é historicamente equívoca, comoa de todos os povos forçados a integrar-se numha cultura alheia, fruto do conflito entreumha identidade espontánea e umha identidade impingida, quer dizer, entre o que o povoé na sua manifestaçom cultural quotidiana e o que se lhe di que é ou que deve ser.Conseqüência deste conflito é o menosprezo da identidade objectivamente própria e a alie-naçom que supom o distanciamento desta e a identificaçom com formas culturais alheias.A identidade estabelece-se sempre face aos “outros”, isto é, existe-se como colectivo huma-no porque se percebe diferente a outras comunidades, dependendo do grau de diferençasa integraçom nuns grupos ou noutros. A percepçom da diferença pode estabelecer um“estranhamento” ou um “reconhecimento” em relaçom com outros grupos culturais próxi-mos. A cultura portuguesa é, em geral, pouco conhecida entre a populaçom galega, masquando se descobre manifesta-se sempre um sentimento de identificaçom, como se podeverificar nos intelectuais galegos que desde o século XIX se comprometêrom com a defesada cultura pátria. Dado que a cultura portuguesa é umha cultura reconhecida e valorada,presente como um elemento de referência no sistema cultural internacional, a semelhançaque a galega apresenta com ela é umha característica que por si própria tem valor norma-lizador. Tem sido discutido o maior ou menor grau de identidade da cultura tradicionalgalega com a portuguesa, mas nom essa identidade, salientada por toda a intelectualidadegalega que ao longo dos séculos XIX e XX criou o sistema cultural galego contemporáneo(Eduardo Pondal, Manuel Murguia, Joám Vicente Viqueira, Antom Vilar Ponte, VicenteRisco, Castelao, etc.). Quanto a elementos concretos que a efectivam podemos citar, ape-nas como exemplo, o reconhecimento administrativo da freguesia em Portugal, reinvindi-cado na Galiza historicamente e ainda hoje nom realizado; a vitalidade de manifestaçonsdo património oral comum como os cantos ao desafio ou regueifas em Portugal, quase des-aparecidos na Galiza; a recepçom natural que os produtos culturais galegos como a músi-ca, o cinema e a literatura podem ter em Portugal devido à compreensom lingüística. Neste

Page 106: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

106

16 A lusofonia como um factor valorizador da cultura tradicional galega e as súas potencialidades económicas

último ponto podemos fazer um pequeno comentário: os cantores/as galegos/as tenhemum mercado limitado e, quase reduzido a Galiza, visto que no Estado Espanhol nom somfacilmente aceites por questons lingüísticas, assim a ausência de cantores/as galegos/as nosmeios de comunicaçom estatais, rádio e televisom, é absoluta; talvez estes cantores/as deve-riam dirigir os seus esforços de difusom no mercado através do mundo lusófono.

O segundo ponto da nossa reflexom sobre a importáncia da Lusofonia em relaçom coma cultura galega é a “oportunidade”. Além de ser um elemento de reforço da identidadetamém significa oportunidades de desenvolvimento material. A proximidade cultural como mundo Lusófono pode concretizar-se numha vantagem competitiva nas relaçons econó-micas e sociais com umha parte do mundo que oferece um mercado potencial de mais de220 milhons de pessoas e somam um Produto Interno Bruto (PIB) de 669.541 milhons dedólares, 1,83% do PIB mundial, com presença nos cinco continentes através de oito paísesentre os que destaca o Brasil, como futura potência mundial emergente (junto com a Chinae a Ìndia); neste sentido, em pouco tempo estamos a ver como se estabelecem acordos decooperaçom regional entre os países da América do Sul com o Brasil como centro, e comoa diplomacia brasileira toma iniciativas cada vez mais autónomas em partes tam distantescomo o Oriente Asiático (aliança estratégica com a China, cooperaçom com Timor, etc.),sempre com a vista posta nos países lusófonos da África. A releváncia e potencialidade des-ta área observamo-la tamém em dados como o de Angola ser o segundo produtor de petró-leo da África sub-sariana e principal fornecedor da China suplantando a Arábia Saudita naliderança das relaçons petrolíferas com o gigante asiático. A identidade cultural continua aser, como é natural, um valor nas relaçons internacionais, e supom um segundo poder,após o enconómico, que coloca em vantagem aos países que a partilham, e assim temos oexemplo do mundo árabe ou dos países hispano-americanos. Galiza encontra-se precisa-mente relacionada com duas grandes áreas, a lusófona e a hispano-americana, podendoservir de ponte entre as duas do ponto de vista cultural, geográfico e mesmo económico.Potenciar a identidade galega é potenciar a proximidade cultural com um mundo que podereceber a Galiza nom como se fosse mais um país estrangeiro, mas como um parceiro quepartilha interesses comuns. As relaçons históricas com Portugal, mas tamém com o Brasil,surprenderiam a qualquer cidadá/ao desinformado e devem ser divulgadas e aproveitadascomo umha prova da naturalidade com que se devem assumir futuras relaçons. Convémigualmente acabar com mitos e tergiversaçons históricas que predisponhem as mentes daspessoas em sentidos errados. Um primeiro passo seria o estudo e divulgaçom da históriado reino da Galiza e a sua profunda relaçom com Portugal.

Resumindo as ideias expostas, a Lusofonia pode significar um reforço e revalorizaçomda cultura tradicional galega, e umha vantagem competitiva nas relaçons internacionaisque a Galiza deveria aproveitar.

Page 107: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

1723

Page 108: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

Institucións, axentes e PI

Page 109: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

Actividades de dinamización do Museo do PoboGalegoAna Estévez

Museu Agrícola de Entre Douro e Minho e o seu contributo para dar visibilidade a um tesouro invisívelAbraão Veloso

Xermolos na recuperación do patrimonioAlfonso Blanco Torrado

Cando o museo está dentro da escolaSecundino García

O Consello da Cultura Galega e os estudos deetnografía en GaliciaX.M. González Reboredo

17

18

19

20

21A Universidade Rural Paulo Freire do EumeMiguel Teixido Sotelo; Xavier Briset

Achegas ao perfil humano do emigrante galegoXosé Lois García

22

23

Page 110: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural
Page 111: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

17

O Consello da Cultura Galega e os estudos de etnografía en Galicia

Xosé Manuel González Reboredo

Galicia mantivo entre o século XIX e os últimos decenios do século XX unha cultura tra-dicional da que nos quedan numerosas lembranzas e documentos. Os folkoristas e etnó-grafos da nosa terra, e algún foráneo, dirixiron a súa mirada a esta nosa realidade socio-cultural de maneira constante, con nomes como M. Murguía, N. Tenorio, V. Risco, F.Bouza-Brey, A. Fraguas, X. Lorenzo, X. Taboada, etc. A eles habería que engadir as novase anovadoras achegas de antropólogos aínda en activo. O labor destes estudiosos foi, enocasións, de carácter individual, mais en moitas outras levouse a cabo no seo de institu-cións como o Seminario de Estudos Galegos, o Instituto de Estudios Galegos “P. Sarmiento”, ou,nas últimas décadas, nas universidades galegas e museos como o Museo do Pobo Galego.Grazas a este continuado e diverso labor contamos hoxe cun corpus de información sobreo que era, e en certas ocasións moi puntuais aínda segue a ser, a cultura dos nosos labre-gos, artesáns e mariñeiros.

Entre as institucións que dedicaron medios humanos e materiais ao coñecemento dasnosas formas culturais tradicionais, ou ás comunidades situadas nos lindeiros da Galiciaadministrativa, é de salientar a levada a cabo polo Consello da Cultura Galega, institucióncontemplada no noso Estatuto de Autonomía coa encomenda de estudar e difundir o nosopatrimonio cultural, así como asesorar en asuntos que se refiran a ese patrimonio. Dendeo ano 1985 o Consello conta con Sección de Antropoloxía Cultural, a cal desenvolveuunha actividade que amosarei de maneira sintética.

1. Estudos de comunidades situadas nos lindeiros do territorio da Galicia actual

A sección aprobou no ano 1989 un plan a longo prazo de estudo daquelas comunida-des que, situadas inmediatamente despois das fronteiras administrativas de Galicia, teñen,por continuidade xeográfica, por relacións sociais e por vínculos históricos, numerosos tra-zos compartidos ou coincidentes cos característicos da nosa terra. Nun primeiro intento,varias licenciadas universitarias dirixidas polo profesor X. A. Fernández de Rota, levaron acabo unha breve investigación de campo nas localidades de S. Antolín de Ibias (Asturias),Oencia e a Cabreira Baixa (León), Porto de Sanabria (Zamora) e Beça (Portugal), tratando

Page 112: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

112

17 O Consello da Cultura Galega e os estudos de etnografía en Galicia

de descubrir, en liñas xerais, as semellanzas coas localidades galegas próximas e os niveisde identidade manifestados polos seus veciños.

Como era oportuno ampliar esta visión con outros investigadores, galegos ou foráneos, queenriquecesen o debate mediante ideas, conceptos ou datos, decidiuse convocar dous simpo-sios dedicados ao tema dos Lindeiros da Galeguidade. O primeiro tivo lugar en xullo de 1990en dúas localidades do oriente galaico, O Cebreiro e Pobra de Navia, e unha administrativa-mente leonesa, Vilafranca do Bierzo. O segundo levouse a cabo no ano seguinte, con xorna-das en Verín (Ourense), Chaves (Portugal) e Lubián (Zamora). En conxunto, participaron nes-tes simposios investigadores de Asturias, Galicia, Portugal, Castilla-León e outros países, o queenriqueceu o debate sobre o tan difícil tema das zonas situadas nos límites administrativos eculturais, que presentan formas de cultura común e relacións sociais constantes, mais os seushabitantes manteñen unha difusa e cambiante identidade segundo as circunstancias.

Os ensaios anteriores foron complementados con posterioridade mediante investiga-cións máis demoradas, e de maior calado. Botando man do vello método de estudo decomunidades, levouse a cabo, primeiramente, un traballo de campo nas localidades do valdo río Ancares, na vertente leonesa da serra deste nome, nos anos 1993 e 1994. Nunsegundo momento, nos anos 1999 e 2000, programouse un novo estudo do val de Fornela,no curso alto do río Cúa.

O tema dos lindeiros da galeguidade segue aberto no seo da Sección, e posiblemente enanos vindeiros programaranse novas xeiras de traballo nunha liña de investigación querequire constancia e innovadoras perspectivas.

2. Reedición de textos que conteñen informacións sobre a culturapopular galega do pasado

Unha segunda liña de actuación centrouse na reedición, ou recuperación no caso deestar inéditos, de escritos de interese etnográfico feitos en tempos pasados, pois nelestemos datos para unha etnohistoria de Galicia e para contrastar coas realidades que poderecompoñer o etnógrafo no presente. Dentro desta actividade, a primeira obra que viu aluz foi a Arqueología jurídico-consuetudinaria-económica de la región gallega, de A. GarcíaRamos, obra editada orixinariamente en 1912. En anos diversos foron aparecendo outrostextos, como as respostas á enquisa do Ateneo de Madrid sobre nacemento, casamento emorte (1901-1902), a Memoria da pesca da sardiña de J. Cornide (1774) e o libro de B.Rodríguez Santamaría Los pescadores del Norte y Noroeste de España (1916).

Page 113: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

113

Institucións, axentes e PI

3. Convocatoria de simposios de Antropoloxía

Dende o momento da súa constitución, e consonte as misións encomendadas por lei aoConsello da Cultura Galega, a Sección de Antropoloxía Cultural asumiu a responsabilida-de de convocar encontros nos que se abordasen temas antropolóxicos de especial interese,tratando de combinar as novas de investigadores do país galego coas de antropólogos dapenínsula, de Europa e de América, co obxectivo de poder contrastar puntos de vista emetodoloxías de análise. Os sete simposios convocados ata o presente versaron sobre“Identidade e Territorio” (1988), “Folklore, Etnografía, Literatura Oral” (1992), “Romaríase Peregrinacións” (1993), “Tecnoloxía Tradicional” (1994), “Medicina popular e Antropo-loxía da Saúde” (1995), “Antropoloxía Mariñeira” (1997) e “Etnicidade e Nacionalismo”(2000). Neles participaron, con relatorio, un total de 68 investigadores de Galicia, 42 deEspaña e Portugal, 19 doutros países de Europa e 3 de América.

A xeito de remate

Amosei de maneira sintética o que os antropólogos vencellados ao Consello daCultura Galega fixeron nos dous últimos decenios. Mais non rematarei estas liñas senadvertir que o mundo tradicional galego está sendo sometido a fondos cambios dendehai tres décadas, e tamén a unha fonda desagrarización que fai que moitas das cons-trucións, aveños de labranza, embarcacións, formas de sociabilidade ou valores e cren-zas estean desaparecendo de maneira ás veces vertixinosa. Como sinala un estudioso dopatrimonio etnográfico andaluz, Salvador Rodríguez Becerra, a cultura tradicional foivivida polos avós e coñecida polos pais, pero os netos xa non a coñecen. Prodúcese asíunha indesexable ruptura co pasado que é preciso corrixir. Por iso os gobernos, ou asinstitucións encargadas da formación e información dos cidadáns, deben de tratar derecuperar “lugares da memoria”, ou “tempos da memoria”, para que os galegos e gale-gas se reconcilien co seu pasado e o asuman como punto de partida na construción dunfuturo de benestar.

Neste labor os axentes de desenvolvemento rural teñen un papel importante, pois osintentos de frear esa abusiva desagrarización da nosa terra contan na cultura tradicionalcon algúns elementos que poden ser recuperados de maneira operativa, con fins turísticos,comerciais, de agricultura ecolóxica ou de cohesión social. Penso, neste aspecto, que o tra-ballo levado a cabo pola Sección de Antropoloxía Cultural do C. C. G., reflectida en publi-cacións que citarei a seguir, pode serlles de utilidade.

Bibliografía

Cito aquí as publicacións nas que se recollen os estudios, reedicións e simposios feitosno seo do C. C. G. e aludidos neste escrito.

1) Lindeiros da galeguidade:

X. A. FERNÁNDEZ DE ROTA (dir.).- Nos lindeiros da galeguidade. C.C.G., Santiago, 1990.X. M. GONZÁLEZ REBOREDO/ X. A. FERNÁNDEZ DE ROTA (Coords.).- Lindeiros da

galeguidade I. Actas do Simposio de Antropoloxía. C. C. G., Santiago, 1991).X. A. FERNÁNDEZ DE ROTA/ X. A. FIDALGO SANTAMARIÑA/ X. M. GONZÁLEZ

REBOREDO (Coords.).- Lindeiros da Galeguidade II. Simposio de Antropoloxía. C.C.G.,Santiago, 1993.

Page 114: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

114

17 O Consello da Cultura Galega e os estudos de etnografía en Galicia

X. M. GONZÁLEZ REBOREDO/ C. GONZÁLEZ PÉREZ.- Sociedade e tecnoloxía tradicionaisdo val de Ancares. C.C.G., Santiago, 1996.

X. M. GONZÁLEZ REBOREDO/ L. COSTA VÁZQUEZ-MARIÑO/ C. GONZÁLEZPÉREZ. Nos lindeiros da Galeguidade. Estudio antropolóxico do val de Fornela. C. C. G.,Santiago, 2002.

2) Edición ou reedición de textos antigos:

A. GARCÍA RAMOS.- Arqueología jurídico-consuetudinaria-económica de la región gallega.Madrid, 1912. Edición Facsímil do C.C. G. Introdución de A. FRAGUAS.

X. M. GONZÁLEZ REBOREDO (Superv.).- Nacemento, casamento e morte en Galicia.Respostas á Enquisa do Ateneo de Madrid (1901-1902). C. C. G., Santiago, 1990.

J. CORNIDE.- Memoria sobre la pesca de la sardina. Madrid, MDCCLXXIV. Ed. Facsímil. C.C. G., Santiago, 1997. Edición e estudo de F. CALO LOURIDO.

B. RODRÍGUEZ SANTAMARÍA.- Los pescadores del norte y noroeste de España. Ed. Facsímildo orixinal de 1916. C. C. G., Santiago, 2005. Introdución de F. CALO LOURIDO.

3) Actas de simposios de Antropoloxía:

X. M. GONZÁLEZ REBOREDO / X. A. FERNÁNDEZ DE ROTA.- Actas do simposio inter-nacional de Antropoloxía “Identidade e Territorio”. C. C. G., Santiago, 1990.

A. FRAGUAS/ X. M. GONZÁLEZ REBOREDO/ X. A. FIDALGO SANTAMARIÑA (Coords.).-Actas do Simposio de Antropoloxía in memoriam F. Bouza-Brey. C. C. G., Santiago, 1994.

A. FRAGUAS / X. M. GONZÁLEZ REBOREDO/ X. A. FIDALGO SANTAMARIÑA (Coords.).-Romarías e peregrinacións. Simposio de Antropoloxía. C. C. G., Santiago, 1995.

A. FRAGUAS FRAGUAS/ X. A. FIDALGO SANTAMARIÑA (Coords).- Tecnoloxía tradicio-nal: dimensión patrimonial e valoración antropolóxica. Actas do simposio internacional deAntropoloxía in memoriam X. Lorenzo. C. C. G., Santiago, 1996.

X. M. GONZÁLEZ REBOREDO (Coord.).- Medicina popular e antropoloxía da saúde. Actasdo simposio internacional en homenaxe a D. Antonio Fraguas. C. C. G., Santiago, 1997.

F. CALO LOURIDO (Coord.).- Antropoloxía mariñeira. Actas do simposio internacional inmemoriam X. Filgueira Valverde. C. C. G., Santiago, 1998.

X. M. GONZÁLEZ REBOREDO (coord.).- Actas do simposio internacional de Antropoloxía“Etnicidade e Nacionalismo”. C. C. G., Santiago, 2001.

Page 115: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

Actividades de dinamización do Museo doPobo Galego

Ana Estévez

18

O Museo do Pobo Galego foi creado en 1976, por un Padroado que aglutina a boa partedas institucións e persoas que traballan a prol da cultura en Galicia. Constitúese así, a par-tir dunha iniciativa civil e sen ter titularidade de ningunha das administracións públicas.As primeiras salas inauguráronse en 1977, no edificio do antigo convento de SanDomingos de Bonaval, cedido polo concello de Santiago de Compostela. É o primeiromuseo de Galicia que, desde a perspectiva da antropoloxía cultural, tenta abranguer e rela-cionar as diversas manifestacións humanas no seo dunha comunidade diferenciada. En1993, por decreto da Xunta de Galicia, é recoñecido como “ centro sintetizador dos museose coleccións antropolóxicas de Galicia”.

Dende a súa apertura, boa parte da actividade da institución oriéntase cara a difusión.Na actualidade, as actividades do Museo atenden á demanda dunha diversidade de públi-co que vai dende os cativos en idade escolar até os profesionais e/ou especialistas. Todoseles teñen cabida á hora de planificar e xestionar os recursos cos que o Museo conta.

Dende a organización de cursos e congresos ata as actividades para grupos escolares,todo no Museo está orientado a facilitar elementos de referencia e integración, a través dasdiferentes mostras da cultura da propia comunidade.

Moitas das actividades desenvolvidas teñen relación directa cos aspectos intanxibles dacultura, co chamado patrimonio inmaterial. Hai que ter en conta que ditos aspectos estánunidos de forma inextricable aos oficios, os saberes, as prácticas de toda orde polo que seatopan presentes de xeito implícito en todo o discurso expositivo. Pero ademais a apertu-ra da sala denominada A sociedade, memoria e tradición, completou o repertorio das salaspermanentes cunha presentación máis conceptual e suxestiva dos elementos intanxibles dacultura tradicional: a casa e as relacións familiares, a propiedade e o sistema de herdanza,os traballos e os días, as idades, as festas...

En moitas ocasións, o patrimonio inmaterial é o elemento central de moitas das activi-dades realizadas. Nesta liña, o Museo ten desenvolvido diversas accións ao respecto, entreas que cabe destacar:

Exposicións temporais producidas polo Museo nos últimos anos, como “ O Entroido” ou“Enredos e Ixolas”; traballos de investigación con recollida de materiais e montaxe de vídeossobre o cultivo e transformación do liño, os cabaqueiros do Baixo Miño, ou o entroido deVilariño de Conso; xornadas como as dedicadas á cultura popular na escola, en colaboración

Page 116: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

116

18 Actividades de dinamización do Museo do Pobo Galego

coa Asociación Socio-Pedagóxica Galega centra-das, en dúas ocasións, na música e na tradiciónoral; a constitución da Sección de Etnomedicina,que integra a profesionais da Antropoloxía e daMedicina. Dentro do seu traballo de saúde mentale desenvolvemento comunitario, realizou a grava-ción de prácticas curativas tradicionais noConcello de Carballo.

Un apartado especial merecen os seguintesproxectos:

❙ Recupera-la tradición oral: un proxectointeractivo museo-escola. En 1994, oMuseo do Pobo Galego presentouno áConsellería de Educación e OrdenaciónUniversitaria. A metodoloxía do traballoprocuraba introducir un elemento de siste-matización nos traballos que, de formaespontánea e como froito do interese dalgúns profesores e centros, se viñan desenvol-vendo. A actividade constou de catro sesións teóricas, celebradas nas dependencias doMuseo do Pobo Galego, e un semestre dedicado ao traballo de campo, no que partici-paron profesores e alumnos. A última fase do traballo consistiu na ordenación e clasi-ficación polo Museo da información recollida, de xeito que permitira o estudio, selec-ción e elaboración de materiais para a confección dunha guía didáctica e a ulterior for-mación dunha base de datos para fins de investigación.

❙ O Proxecto didáctico Antonio Fraguas que vén desenvolvéndose dende o ano2003, é unha iniciativa conxunta da Fundación Antonio Fraguas Fraguas e o Museodo Pobo Galego. O proxecto, encamiñado á realización dun programa de pescudasobre o patrimonio etnográfico, antropolóxico, xeográfico, histórico e artístico docontorno inmediato entre os centros escolares de Galicia, ten o propósito de alen-tar entre a comunidade escolar un traballo sistemático orientado á educación patri-monial, ao coñecemento do medio e á posta en valor dos máis diversos elementosdo noso acervo cultural. Establécense dúas modalidades: ensino primario e ensinosecundario. En cada unha delas elíxese un proxecto, para desenvolver durante oseguinte ano lectivo, cunha dotación económica dedicada integramente á realiza-ción do proxecto, coordinado polo Departamento de Educación e Acción Culturaldo Museo do Pobo Galego.

O Museo do Pobo Galego tamén desenvolve o seu labor divulgativo dende a prácticaeditorial, publicando diversos traballos de investigación, elaborando unha serie didácticasobre etnografía galega ou levando a cabo a recuperación e difusión de textos fundamen-tais da nosa cultura.

En toda esta actividade a consolidación dun Departamento de Educación e AcciónCultural, no ano 1990, significou un avance significativo na procura dun Museo comoespazo de encontro e de participación no que é a propia comunidade a que define o que érelevante. A relación coa cultura popular nun contexto de normalidade, na que non sexapresentada como subalterna, pretérita ou exótica senón como unha ferramenta útil decomprensión do presente e de construción de futuro.

Nesta dedicación a establecer programas de actividades para o público non especializa-do, consolidouse o uso dos aspectos intanxibles da cultura no traballo de adaptación ás

Page 117: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

117

Institucións, axentes e PI

características dos distintos colectivos que o conforman e aoscambios socioculturais producidos nos últimos anos. Escolares,turistas, maiores, familias, colectivos de diversa índole con carac-terísticas propias e, en ocasións, ben diferentes atenden e enten-den o achegamento á cultura popular como expresión dos logrosdunha colectividade pero, e por iso mesmo, susceptible de sufrirunha selección e reflexión crítica pola súa parte.

Visitas monitoradas, obradoiros, materiais didácticos e deconsulta, accións formativas... en todas estas actuacións, tantodende o DEAC como dende o resto dos departamentos doMuseo, esforzámonos por trasladar os conceptos, os procesossociais e un xeito de ver os obxectos non tanto polo seu inte-rese formal como por ser elementos significativos da culturarepresentada. En xeral pretendemos transmitir a interrelacióndos distintos aspectos que conforman o sistema socioculturale a súa evolución.

Page 118: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural
Page 119: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

19

Museu Agrícola de Entre Douro e Minho e o seu contributo para dar visibilidadea um tesouro invisível: O Património Imaterial do Mundo Rural

Abraão Veloso

O Museu Agrícola de Entre Douro e Minho foi inaugurado em Março de 1989 depois detrês anos de intenso trabalho de recolha por todo o noroeste de Portugal. Está instalado emVairão-Vila do Conde no antigo assento de lavoura de uma quinta de finais do século XIX.As construções e as colecções relativas ao vinho, milho, leite, linho, alfaias agrícolas etc…bem como o centro de documentação são elementos muito importantes para uma melhorcompreensão da agricultura minhota e de sua evolução.

Para uma melhor compreensão deste território e dos seus habitantes aqui deixo tam-bém as palavras sábias do Prof. Eugénio Castro Caldas infelizmente já falecido: Em maréde recordações tenho aqui de prestar homenagem ao Dr. Ernesto Veiga de Oliveira,Fernando Galhano (infelizmente já falecidos) e Benjamim Pereira pelo seu apoioinestimá-vel na fase crucial da instalação do Museu. Benjamim Pereira continua a honrar-nos com asua amizade e com o seu apoio.

A recolha e conservação do património rural móvel, a conservação do património cons-truído, a montagem da exposições e a comunicação com os mais diversos públicos, emespecial com o público escolar têm constituído as principais áreas de actividade do Museuque também se tem apresentado fora de portas com diversas exposições visando promovero mundo rural e as suas potencialidades.

As presenças mais significativas O Minho, a Terra e o Homem aconteceram em Lisboa naFIL-EXPO, Mostra do Mundo Rural e no Centro Comercial BragaParques em Braga noevento “Tradições” coordenado pelo Museu D. Diogo de Sousa e que envolveu diversosMuseus da Região.

Neste percurso tenho a salientar até pelas responsabilidades acrescidas a integração em2004 do Museu na Rede Portuguesa de Museus.

A equipa que tem desenvolvido este projecto sente que se pode ir mais além e quequer o percurso já efectuado quer o facto do Museu pertencer à Direcção Regional deAgricultura de Entre Douro e Minho –que detém um papel muito importante no desenvolvimento rural da Região– permitem prever um Museu mais actuante a nívelda Região.

O Museu, além de contribuir para preservar o passado, vai cada vez mais contribuirpara a leitura e a valorização do mundo rural dos nossos dias e dos seus produtos.

Page 120: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

120

19 Museu Agrícola de Entre Douro e Minho e o seu contributo para dar visibilidade a um tesouro invisível

Nesse sentido estão actualmente em reformulação algumas dassuas exposições permanentes. É também com esse objectivo queo Museu e a Direcção Regional de Agricultura de Entre Douro eMinho tem apoiado desde o primeiro contacto a candidatura “ATradição Oral Galaico-Portuguesa: Simbologia e Apropriação doMeio Natural” a Património Imaterial da Humanidade.

Em abono da verdade tenho a dizer que a temáticaPatrimónio Imaterial-Um Tesouro Invisível não poderá ser maisoportuna pois permite chamar a atenção para o facto de todos ospatrimónios nas suas componentes materiais e imateriais seremuma mais valia para o Noroeste Peninsular, e necessitarem de serprotegidos e valorizados; Património genético animal e vegetal;Património gastronómico; Património paisagístico; Patrimóniocultural; etc…

O desenvolvimento do nosso território obriga-nos a identifi-car todas as potencialidades e a aproveitar e valorizar as suascomplementaridades. A Candidaturam “A Tradição OralGalaico-Portuguesa: Simbologia e Apropriação do Meio Natural” a Património Imaterial deHumanidade é pois benéfica pois numa primeira fase obriga a olhar para o território commais cuidado visando identificar património imaterial ainda vivo, de excelência e com ris-cos de extinção para que esses aspectos sejam proclamados, defendidos e valorizados.

A tecnologia tradicional do linho e o artesanato são aspectos a realçar no nosso Patri-mónio Imaterial. No Museu está já em marcha a reformulação do tema linho com umanova exposição permanente numa perspectiva que vai do património imaterial constituídopelos saberes e tradições orais dos agricultores e artesãos ao património material constitu-ído pelos utensílios e equipamentos utilizados na tecnologia tradicional, pelas inovaçõestecnológicas e pelos produtos provenientes do artesanato do linho.

Para a reformulação e montagem desta exposição “Linho-As Voltas da Tecnologia-O Somdas Tradições”, será determinante a participação dos agricultores e artesãos para a identifica-ção no território de práticas culturais, canções, lendas, etc…, ligadas ao linho. No final seráinteressante a realização de um seminário Galaico-Português sobre o tema “Tecnologias eSaberes do Mundo Rural-Do Património Imaterial ao Património Material”

Esta viagem pelo património imaterial proporcionado em parte por esta candidaturapermite chamar mais uma vez atenção para o facto do Património Imaterial se preservar, ese transmitir através das pessoas e que quando uma aldeia é abandonada só fica patrimó-nio material e mesmo esse correndo sérios riscos de degradação e desaparecimento.

Assim a defesa do espaço rural e do seu património imaterial passa pela fixação daspopulações que só se consegue através da criação de emprego e de condições de vida dig-na de todos aqueles que por opção pretendem manter-se no espaço rural. A preser OMinho, a Terra e o Homem vação do nosso património imaterial passa pela compreensão daspessoas, das suas ambições e expectativas, dos seus modos de vida e das tecnologias utili-zadas, passa também pelo aperfeiçoamento das competências e pela criação de novas com-petências que possibilitem novas fontes de receita e de riqueza e que diminuam dessa for-ma o risco de despovoamento, de concentração das populações nas sedes dos concelhosou ainda no pior dos cenários de sua emigração para as grandes cidades, para o litoral oupara o estrangeiro. A identificação, compreensão e valorização das experiências de sucessoquer a nível individual quer a nível associativo, será também importante como factor moti-vador para o mundo rural.

Page 121: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

121

Institucións, axentes e PI

Esta perspectiva leva-me a procurar identificar prioritariamente aspectos do nossoPatrimónio Imaterial que possam constituir elementos valorizadores de um pacote deturismo rural, ecológico e de qualidade.

E aqui identifico, a conquista, o aproveitamento e a gestão da água feita ao longo dosséculos de forma sábia pelos nossos agricultores, para mover os mais diversos mecanismosou para a rega das suas propriedades.

Como será interessante explicar a um turista nórdico como ocorreu a socalcação doterritório, como foi feita a conquista de água com os seus milhares de quilómetros deminas, poças, levadas construídas depois da introdução do milho e mantidas século apósséculo até aos nossos dias através de um associativismo de base das populações.

Explicar-lhe que esses sistemas mantêm-se funcionais nos nossos dias e que os custosde manutenção desses regadios são calculados em função da quantidade de água de rega eda frequência das regas. Como poderá ser valorizador do nosso território chamar a aten-ção para alguns desses sistemas de rara beleza arquitectónica a par de outros de grandesimplicidade e pragmatismo. Naturalmente tudo isto acompanhado pela nossa gastrono-mia regada com um bom vinho verde tinto ou branco produzido nos mesmos socalcosconstruídos para a cultura do milho.

De facto parece-nos que os nossos regadios tradicionais podem e devem ser trazidospara a ribalta. A conquista de água é algo de muito caro para o noroeste peninsular. Emmuitas regiões a manutenção destes regadios é uma questão de sobrevivência da agricul-tura e logicamente de manutenção de pessoas no tecido rural.

Mas na nossa divagação pelo território o que dizer das vezeiras, uma forma de coope-ração agropastoril secular em que o pastoreio colectivo dos animais é assumido rotativa-mente pelos proprietários em função do número de animais que possuem?

Ligadas as nossas raças autóctones, caprinas, bovinas e equinas existem outras práticas ver-dadeiramente únicas no contexto europeu que merecem ser realçadas. Mais uma vez temos dereferir que o desaparecimento destas práticas e desta forma de organização social arrastará con-

sigo um maior despovoamento das zonas ruraise que pouco restará para esses territórios… queapesar de tudo tem muito para oferecer.

Produtos de qualidade, beleza paisagística,flora rica e variada, hospitalidade das popula-ções. Mas também é certo que muita da valori-zação destes aspectos não depende das popula-ções aí residentes.

No âmbito desta candidatura o MuseuAgrícola de Entre Douro e Minho vai procurardar o seu contributo nomeadamente na identi-ficação e registo destes e de outros aspectos donosso Património Imaterial para dessa formapermitir a sua maior visibilidade perante a opi-nião pública.

A proclamação esperada de “A TradiçãoOral Galaico-Portuguesa: Simbologia e Apro-priação do Meio Natural” como PatrimónioImaterial da Humanidade virá com certezapotenciar acções visando, preservar e valorizareste Tesouro Invisível.

Page 122: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

122

19 Museu Agrícola de Entre Douro e Minho e o seu contributo para dar visibilidade a um tesouro invisível

Ser Minhoto”... Ser minhoto é ser Celta;Castrejo Galaico, poucoLusitano; mais Suevo do queVisigodo; nada Mouro.Aragem do Atlântico sobre oMediterrâneo.Do berço de Portugal, não dacolónia.Se perguntar se e bem ou mal,julgo que é apenas tal e qual:mais enxada do que charrua,mais regadio do que sequeiro,mais prado do que pousio, maistrabalho do que terra...”

Page 123: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

Xermolos na recuperación do patrimonio

Alfonso Blanco Torrado

20

Experiencias e actividades desenvolvidas por Xermolos

Dinamización cultural na vila de Guitiriz

Neste momento cando está a xurdir a Universidade Rural Galega, Xermolos quere ache-gar a súa maduración grazas á cultura tradicional que a inspirou ata aquí, conscientes deque o traballo conxunto de todos estes colectivos abre un novo horizonte. Cando abrolla-ron naquela primavera política e cultural que eran os comezos da transición (1976), osmáis remisos miraban de esguello unha asociación cultural e xuvenil que apostaba polanosa identidade, e alcumárona coma “os do pobo”. Estaban a acertar, porque era a orixedo seu ser e facer. En moitas xeiras foron descubrindo a sabedoría do pobo, fronte aos quea desprezaban como incultura, ou a marxinaban nunha segunda clase, como algo menosrefinado. Este alleamento e ignorancia impedíalles gozar da creación máis orixinal quemedraba no seu contorno; ata perderan a memoria do seu.

Xermolos, recoñecéndose e medrando neste leito, foi acadando con tensión a súa ver-dadeira personalidade. A primeira imbricación foi o idioma, nunha vila que como apun-tou o analista da Galiza rural, Benxamín Casal, padecía un certo alleamento no uso cotiándun castrapo fóra de lugar. Xermolos detectouno nas manifestacións dalgúns veciños vile-gos, incapacitados a cotío para expresar os sentimentos e as emocións nun idioma que nonera o propio, pero fronte a esta alienación eran depositarios dunha cultura inconmensurá-bel, a da transmisión oral: cantigas, ditos populares, oficios, romaxes, etc., que comunica-ban o seu auténtico sentir e reflectían toda a simboloxía da vida deste recanto da Terra Cha.Á par que convocaban cursos para estudar a lingua (esa estrutura ou son que define a per-sonalidade do pobo), tamén fixaban por escrito ou en coreografías e escenificacións as len-das, oficios, festas, que ían recollendo con risco de desaparición, na escolla “As Raíces”, epensando nos máis novos, difunden algunhas en cómic.

Nesta universalización da cultura, reforzouse a programación para coñecer o máis noso noscursos de Educación de Adultos e na Escola Social Rural que funcionaron ao longo de variosanos: idioma, costumes, arte popular..., con relatorios e visitas a espazos simbólicos da zona.

Atacaron ese desprezo polo propio descubrindo aos escritores da comarca que coa súaobra fortalecen a lingua e a cultura, e rescataron do esquecemento ao poeta de Guitiriz,

Page 124: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

124

20 Xermolos na recuperación do patrimonio

Xosé María Díaz Castro, con recitais e estudos dunha poesía queforon capaces de transmitir coma un camiño para coñecersemellor coa forza emocional da lírica.

Asumiron que este legado estivera xermolando e medrandonunha paisaxe, nunha terra, nun xeito de poboación: a Chaira,e cos “Encontros da Terra Cha”, cada ano, foron penetrando naobra de escritores, artesáns, músicos..., que deron lugar a dúascolleitas: “Guieiros”, mergullándose na súa obra para sentirsemembros desta colectividade, e “Letras Chairegas”. Neles taménhai unha reivindicación da gastronomía da zona, coma unhaactividade a salvagardar. Na liña de difundir a nosa literaturapopular, publicaron “Panxoliñas” e “Novena a Santa Isabel deOuteiro de Rei” do escritor Manuel María.

Neste proceso de identificación dos veciños co amplo caudalda súa cultura atopouse un filón máxico na arte da improvisa-ción dalgúns deles, verdadeiros versificadores: desafíos, parrafe-os, combates verbais..., cos que se busca a participación activana celebración do Martes de Entroido, na praza, non só proclamando o “Sermón deEntroido”, tamén construíndo romances sobre acontecementos sociais coma o Casón, polí-tica local, etc., algúns xa herdanza de xeracións anteriores.

Xermolos ten a teima de arrincar as festas estacionais (Nadal, Entroido, San Xoán...) dadeturpación do consumo. Co “Entroido na Rúa” mobiliza a persoas e grupos para que tra-ballen durante semanas na confección de traxes, comparsas, cantigas, máscaras, nunha liñade recuperación da tradición. O Nadal, non é a “cabalgata” estereotipada, é un “nacemen-to” vivo nos cubertos da feira de Parga, reivindicando esta arquitectura abandonada, repre-sentando oficios: fiadoras, lavandeiras, zoqueiros, etc., e mesmo formando un grupo deinvestigación e recolleita de “panxoliñas”, “reis”..., que están a perderse. Algúns anos amocidade foi cantar estes “reis” por varias parroquias, converténdose en axentes activos,dando novo pulo a unha tradición que estaban a recibir dos avós.

Para estimar o patrimonio hai que coñecelo

Neste crecemento a asociación foi tomando consciencia de que para protexer o patri-monio, hai que coñecelo e investigalo. Fíxose un achegamento aos artesáns e publicaronvarios cadernos sobre estes artistas. E nas edicións de Xermolos hai traballos sobre asmallas, feiras, lendas recollidas nas parroquias, cultivo do liño, San Xoán..., e tamén se ser-viu doutras canles como as coreografías e representacións de romaxes, procesións, fías, etc.

Organizan todos os anos a Mostra de Artesanía coma un espazo do Festival de Pardiñas,“Feira e Festa da Música e da Arte”, e convocan sesións de estudo nos seus talleres conespecialistas e con persoas interesadas en descubrir estas verdadeiras tecnoloxías e saberesque son un sinal da riqueza e relevancia da nosa cultura.

Xermolos sentiu sempre unha especial predilección pola música tradicional, non só nasúa escola, tamén dando a coñecer os instrumentos e a súa interpretación. A través dos con-certos do Festival de Pardiñas, xa na 26 edición, e da Mostra de Artesáns de Instrumentosque é cada ano unha oportunidade para coñecer mellor a música da man dos obradoirosmáis importantes do país, grazas á organización da Asociación de Gaiteiros Galegos. Esteespazo achega exposicións, concertos, seminarios sobre instrumentos, danza, etc., abertos ebuscando a participación de todos. Froito desta sensibilidade foi nacendo en Pardiñas un

Page 125: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

125

Institucións, axentes e PI

manancial de creación arredor do taller do músico SitoCarracedo, investigador e artífice de gaitas de varios países deEuropa, e tamén de libros como “A palleta maldita”, o primeirométodo de afinación, traducido a varios idiomas. Este eventocultural supón unha chamada a centos de forasteiros que visitanGuitiriz neses días, supoñendo un incremento económico, unmotivo para dar a coñecer esta comarca, e o taller de gaitas atraeao longo do ano a estudosos mesmo doutros pobos.

No labor de fixación destas manifestacións tradicionais ensoportes perdurábeis para non perdelas, e pensando na mocida-de, este colectivo viu a necesidade de dinamizalas a través de can-les de produción e comercio, axeitadas a estes tempos, nese retode unir tradición e modernidade. Buscáronse e interpretáronsedanzas tradicionais desta comarca, pero tamén se abriron alcobase rescatáronse traxes da zona e mesmo se fixeron cursos e estudoscon mestres artesáns sobre os de faena e os de festa, para confec-cionalos, permitindo a algunha muller adicar horas e recursos

para acadar unha mellora na estabilidade económica. Un grupo percorreu as parroquias bus-cando, debuxando e clasificando vestimenta antiga que aínda se conserva nas casas.

Esta asociación non só inventou un festival para dar a coñecer a música de raíces e outras,tamén loitou porque as parroquias recuperasen o sentido orixinal das romaxes, achegando osgrupos de gaitas, danzas, teatro e demais actividades de Xermolos ás festas patronais.

Dinamizando o patrimonio

Publicaron cadernos sobre os canteiros da Terra Cha, pero tamén organizaron cursospara mozos, desempregados, mulleres..., e así recuperar un oficio que estaba a perderse.Algúns seguen a traballar na cantería coma vocación da súa vida en empresas ou en talle-res propios, outros montaron, co apoio de Xermolos, a cooperativa “Arxina”, coma canlede busca de mercados. Neses anos pasaron ducias de mozas e mozos por esta formaciónocupacional, e creouse unha autoestima social e artística da cultura da pedra a nivel daChaira, dende hai séculos un dos recursos económicos fundamentais destas terras deParga. Sen esquecer a recuperación do patrimonio artístico en labores de construción defontes, cruceiros, esculturas, ou conservación como a restauración do Santuario deBascuas, agora convertido en mostra de cultura e arte relixiosa popular. En varias salas haivestixios das crenzas, mesmo precristiás, como o culto aos mortos: unha estela romana ourepresentacións escultóricas da Santa Compaña, o culto á auga, lume..., tamén referenciasda relixiosidade popular unidas á cultura labrega e a celebracións coma o San Marcos notempo das sementeiras con bendición dos campos.

Xermolos tamén loitou pola restauración de edificios exemplares: a reitoral de Marizagora convertida nun espazo de recolleita de ferramentas e útiles antigos.

Neste eido, Xermolos redobrou o seu esforzo, publicando achegas sobre lápidas roma-nas, arte románica..., deseñando roteiros, remarcando os monumentos naturais e artísticosque cómpre coñecer e conservar. Para isto ten lugar cada ano o Congreso Cultural da TerraCha no que hai un achegamento ao patrimonio da comarca, con conferencias e visitas decampo. Mesmo tomando conciencia da calidade da cultura labrega dende o neolítico contestemuñas como as mámoas tan estudadas pola Asociación e que mostran a vixencia deséculos dunha sabedoría popular que dá sentido á vida e á morte.

Page 126: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

126

20 Xermolos na recuperación do patrimonio

A estas alturas da súa evolución Xermolos puido deseñar un espazo coma fogar e lugarde encontro, cos seus sinais de identidade, a “Casa das Palabras”, convencidos de que apalabra é a alma do pobo e grazas a ela pode seguir enxergando toda esta vida. Aquí gar-da, con toda devoción, a cultura oral que foi definindo o rumbo desta colectividade, a tra-vés da palabra transmitida xeración tras xeración, en lendas expresadas en murais dun xei-to plástico por artesáns chairegos en barro, pedra..., ou a través de gravados. Tamén a outrapalabra, a escrita en tinta viva co pulso e o ritmo do corazón do poeta de Guitiriz, DíazCastro, así como as dos seus amigos e críticos literarios: Iglesia Alvariño, Otero Pedrayo,Manuel María, Novoneyra..., e, en fin, a comunicación verbal que está a socializar e facerpobo neste momento. Tecendo a vida cotiá, pero tamén actividades como a “Escola damemoria”, un tempo de comunicación de experiencias vitais e singulares, no sentido deque entregaron a súa existencia á comunidade, o mesmo có “Taller de creación”, que é aachega dos máis novos. Sempre co concurso de sabedores e especialistas sobre estes coñe-cementos e saberes acumulados no medio do pobo.

Page 127: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

Cando o museo está dentro da escola

Secundino García

21

No ano 1981, co gallo de conmemorar o “Día das Letras Galegas” montouse no C.E.I.P“Mosteiro de Caaveiro”, da Capela, a Iª Mostra do Libro Galego. Coa finalidade de am-bientala pedíuselles aos alumnos que trouxesen das súas casas “obxectos antigos”.

A idea tivo unha grande acollida achegándose ao redor dunhas 50 pezas. Isto levou-nos a pensar que, dado o interese amosado polos nenos e a boa disposición dos pais, estaexperiencia non debería rematar aquí. Guiados por un certo sentido da oportunidadeenvióuselles ás familias unha circular na que se lles manifestaba a idea de ampliar aMostra e facela permanente.

De novo a resposta foi moi favorable grazas a que pais, mestres, veciños en xeral... perosobre todo os nenos e as nenas, se converteron en auténticos buscadores de tesouros vellospor faiados, alpendres, palleiras, casas abandonadas,... e, as máis das veces, en salvadoresde pezas que pasaran a durmir o sono do que xa non ten valor de uso ao tempo que íandescubrindo o seu pasado recente.

A colección foi medrando pouco a pouco ata chegar ás aproximadamente 1.000 pezasdiferentes coas que conta na actualidade. A maior parte foron recollidas na área de influen-cia do Colexio (A Capela, Soaserra...). Todas foron doadas desinteresadamente.

As pezas están distribuídas en seccións polos corredores e o comedor do colexio. Secciónscomo as adicadas a: enredos e a escola antiga; a lareira; o pan (a sega, os muíños e o forno);paxes e cestos; traballo nas fragas (o soutelo, as foias de carbón, a casca...); oficios: tecelá, cos-tureira, cantorleiro, zapateiro, carpinteiro, zoqueiro, follalateiro, ferreiro, canteiro... e labregos.

O conxunto permite facernos unha idea bastante aproximada de como era a vida nomundo rural e do porqué desa vida pasada. Na súa maioría son obxectos saídos das mansanónimas dos nosos labregos que, cando as faenas do campo eran máis liviás –no inverno,principalmente– fabricaban as súas ferramentas e utensilios. Son auténticas obras de arte;destacan pola súa subxectividade, de aí que sexa moi difícil atopar dúas pezas idénticasaínda que representen o mesmo obxecto. Estes artistas anónimos souberon sempre conce-derlle ás súas obras unha individualidade que a produción en serie xa ten desterrada; unhaindividualidade na que se combina en perfecta harmonía unha singular beleza coa máisestrita funcionalidade do obxecto. Ao mesmo tempo que o seu enxeño, o seu saber... sor-préndenos a perfecta compenetración que ao longo da historia mantiveron estes artistasdescoñecidos co seu contorno.

Page 128: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

128

21 Cando o museo está dentro da escola

En resumo, esta colección permítenos ache-garnos a unha cultura tradicional milenaria, quecomeza a desaparecer cando se incrementa ocomercio e se mercan obxectos fabricados enserie; co que tamén se inicia a desaparición demoitos oficios e actividades. Unha testemuña quese vai borrando coa memoria dos máis vellos.

Unha das principais características destacolección vén dada pola relación dos escolarescon ela, que non son as que habitualmente sedan no visitante ocasional ao uso: a de obser-vador pasivo. Desde un principio se procurouque o seu papel non se reducira a aportarpezas; a súa colaboración foi moi importanteno proceso que vai desde a recepción da pezaata que pasa a ser exposta (recollida de infor-mación, inventario, catalogación...).

Aínda que os novos alumnos se acostuman, tras un primeiro e breve período deestrañeza, coa inevitable indiferenza do cotián a aqueles obxectos que invaden os corre-dores e esquinas do colexio, o proxecto seguiu sempre enxertado na vida didáctica doCentro. Tamén eles, os alumnos novos, polo tanto, acabaron por establecer unha rela-ción activa con el (labores de limpeza e conservación, elaboración de fichas, campañasde recolleita de pezas, atención visitas escolares...). Quizais por iso todos consideranque as pezas da colección son algo propio, algo que lles pertence, polo que as respec-tan, as coidan e as valoran. Sentimento que se fai extensible aos “maiores” que sentencon orgullo que aquelas cousas súas cobraron importancia nas mans do nenos ao seconverteren en nobres pezas de Museo.

Amais das actividades relacionadas directamente co seu funcionamento o Museo xerouun senfín de actividades paralelas; en consonancia cun dos principios básicos do Centro:un ensino contextualizado e en galego. Unha escola que vive en contacto coa realidade e omedio no que se desenvolven os nenos, para que o coñezan en todos os seus aspectos (xeo-gráfico, socioeconómico, cultural...), o valoren e se sintan protagonistas afectivos del. Entreoutras podemos destacar:

❙ Traballos de recompilación e estudo das variadas mostras da literatura popular de tra-dición oral (refráns, lendas, contos...) recollidas logo na revista escolar Xenar ou enlibros como O refraneiro do ano (1989) ou Lerias na Parañeira (1999).

❙ Traballos de investigación –a partir das achegas dos nosos maiores– sobre diferentes sec-cións do Museo: oficios, tradicións...; traballos que se recolleron en monográficos como:Os muíños da Capela, Os canteiros de Cabalar, Miña nai foi tecelá...

❙ Recuperación dos Xogos tradicionais. A partir da sección adicada aos enredos e do tra-ballo de campo Brinquedos (1981) no que se recollían os xogos de antes e os siste-mas de sortes da zona organizamos os “Encontros do Xogo Popular”. Esta experien-cia permitiu recuperar para a escola xogos como: o chantón, o peón, os chancos, amariola, as lombas, as bólas, o cinto,....

❙ Recuperación de tradicións perdidas que se incorporan á programación de actividadesparalelas: o soutelo (a castañada), celebración do Entroido...

Deixando á marxe a curiosidade, o bonito ou decorativo que poida ter esta colecciónetnográfica e o seu recoñecemento como experiencia pioneira no eido do ensino, o seu ver-

Page 129: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

Institucións, axentes e PI

dadeiro valor vén determinado pola consecución dos obxectivos que se marcaron desde unprincipio:

❙ Apertura da escola á realidade circundante, integrando na vida escolar a tradiciónpopular da zona.

❙ Fomentar a comprensión do presente, descubrindo a importancia do pasado.❙ Comprensión, por comparación, da evolución sufrida nas formas de vida e o que

representan os procesos de industrialización e mecanización do campo.❙ Descubrir e valorar o propio patrimonio cultural. Estes mesmos obxectivos –amais doutros que non se poden acadar desde un colexio–

son os que nos moveron a participar na creación da U.R.G.Tamén hai que recoñecer que son innumerables as necesidades e carencias desta Co-

lección; a maioría inherentes á súa peculiaridade: falta de persoal (todo depende do volun-tarismo) e dun financiamento mínimo; edificios e instalacións inadecuadas que carrexanunha montaxe asimétrica, amoreamento de pezas, deficientes condicións de conservación,falta de seguridade, freo ao enriquecemento con máis fondos... Por todo isto e pola perdados alumnos “maiores” da antiga E.X.B (os auténticos motores durante dúas décadas dacolección) no ano 2001 creouse xunto co Concello e o movemento asociativo da Capela o“Padroado do Museo Etnográfico da Capela”. O seu principal obxectivo é o de reubicare ampliar a colección en espazos máis axeitados. Así na primavera do 2006 inauguraranse–tralas obras de restauración– a Casa do Pazo (adicado á casa rural) e o Parque Etnográficodo Sesín (os traballos na Fraga). En fases posteriores se ampliarase esta Rede de Museos conoutros proxectos.

“O presente e o futuro constrúense sobre o pasado”

Page 130: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural
Page 131: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

A Universidade Rural Paulo Freire do Eume

Miguel Teixido Sotelo; Xavier Briset

22

Antecedentes

Os avatares sufridos polo medio rural nos últimos anos, especialmente a partir da segundametade do século pasado, conlevaron unha profunda transformación nel. Transformaciónque tivo aspectos positivos pero tamén moitos negativos. O modelo de desenvolvementoimposto significou, e significa, para o medio rural a desaparición de aldeas, servizos de pro-ximidade, servizos culturais, escolas, transportes, actividades, paisaxe, VIDA...

Todo isto está a levar por diante prácticas culturais, oficios, tradicións, etc., en definiti-va toda unha cultura popular, un coñecemento baseado en moitos casos nunha experien-cia práctica de anos. O feito de que estes coñecementos/tradicións non foran contempla-dos polos novos modelos de desenvolvemento provocou, nalgúns casos, o rexeitamentodaquilo que representa a cultura popular rural, o que conleva o rexeitamento do propio,perda de autoestima...

Tal e como se recolle no convenio1; “Ao mesmo tempo existe unha sabedoría local-ruralque permitiría fortalecer outros modelos de desenvolvemento, que parten do propio, recu-perando o coñecemento local e revalorizando o respecto cara a terra, auga, sementes (bio-diversidade) alimentos e persoas, tendo presente a diversidade cultural. Para iso é necesa-rio crear unha entidade que por unha banda non deixe esquecidos saberes populares, e poroutra os difunda e os perfeccione, para coñecemento das persoas que formamos parte des-ta sociedade e de xeracións futuras.

A creación da UNIVERSIDADE RURAL PAULO FREIRE (URPF) permitirá a promocióndun espazo educativo que ofreza instrumentos de formación vinculados aos novos retosque presenta a sociedade, e que permita a transmisión dos coñecementos rurais dendeunha recuperación e construción do local, cumprindo as seguintes funcións:

❙ estar ligada ao desenvolvemento local/global❙ estar ligada a unha forma de educación permanente das persoas adultas”

1 Fai referencia ao convenio asinado polas entidades de desenvolvemento rural para desenvolver o proxectoda URPF. As comarcas participantes figuran na páxina seguinte.

Page 132: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

132

23 A Universidade Rural Paulo Freire do Eume

O Proxecto

A construción da UNIVERSIDADE RURAL PAULO FREIRE é o resultado dun procesoparticipativo que se inicia no ano 2002 a partir do 3º FORO POR UN MUNDO RURALVIVO, convocado pola PLATAFORMA RURAL. En 2003 nove asociacións que traballan noeido do desenvolvemento rural firman un convenio de colaboración para desenvolver oproxecto da URPF en cadansúa comarca: Sierra Francia-Sierra de Béjar, Riaza-Duratón,Tierra de Campos, Vega Valdavia en Castilla y León, Sierra del Segura, La Manchuela, laManchuela Conquense en Castilla la Mancha, Serranía de Ronda en Andalucía e aAsociación EuroEume no marco do Eume aquí en Galicia.

A partir deste momento constitúese a Universidade Rural Paulo Freire do Eume enAbril de 2004. Conscientes de que nas últimas décadas estamos perdendo o noso patri-monio inmaterial así como os nosos protagonistas anónimos, que aínda son capaces derelacionarnos coa tradición a diferenza doutros lugares de Occidente, convócase un con-curso público, a través da Iniciativa LEADER que xestiona EuroEume, para a realizacióndun Estudo sobre a Memoria Histórica e Oral dos Concellos de Cabanas, Capela, Moeche,Monfero, Pontedeume, As Pontes de García Rodríguez, San Sadurniño, As Somozas eVilarmaior, todos eles na provincia de A Coruña.

Para iso, recolleranse documentos conservados nos diversos arquivos, publicacións,bibliografía e material publicado na prensa relacionado co territorio, elementos icónicos(fotos, postais, documentais, cine e vídeo afeccionado), fornecerase unha relación deexpertos coñecedores das realidades do Eume, así como unha serie de entrevistas efectua-das aos portadores da memoria colectiva (Historia Oral; persoas que desexen transmitir osseus coñecementos, sensacións, sentimentos ou experiencias vencelladas ás súas vivenciasen relación co territorio).

Con todo iso preténdese crear un Fondo de Documentación para o Coñecemento doTerritorio. Dito Fondo deberá permitirnos coñecer o pasado para poder interpretar o pre-sente e planificar o futuro, e para a súa elaboración valorábase especialmente o carácterparticipativo da actuación e a implicación da poboación local na investigación..

Toda esta información servirá de base para a propia URPF do Eume, que deberá darllecontinuidade aos traballos aquí iniciados, con novas investigacións, aproveitando os recur-sos para o seu proxecto educativo, musealizacións, etc.

Así, unha vez adxudicada dita licitación a Los Ocho Mares, e co proxecto avanzado, xadispoñemos a día de hoxe (a espera de rematar esta primeira fase a finais do ano 2006),dunha base de datos provisional, con máis de 400 entradas bibliográficas, de traballospublicados sobre temas vinculados ao noso territorio. Estamos realizando o baleirado dahemeroteca, localizando noticias publicadas sobre a comarca ao longo do século XX.Dispoñemos de información dos fondos arquivísticos con documentación que nos afecta,dende a Idade Media. Localizamos importantes coleccións de fotografías, vídeos gravadose películas filmadas e avanzamos nun listado de expertos sobre algún tema transcendentepara o coñecemento do noso territorio.

Un aspecto clave deste proxecto é a creación dunha videoteca que conteña as grava-cións, realizadas en vídeo dixital, daquelas persoas que podemos considerar como porta-doras da memoria colectiva, dispoñendo xa de 64 horas gravadas a 77 protagonistas, estan-do previsto incrementar significativamente estas cifras.

Con toda esta información, que quedará a disposición de calquera investigador ou veci-ño interesado, e con certo apoio, estaremos en condicións de musealizar os seus contidospermitíndonos, co apoio de medios audiovisuais e tecnoloxía 3D, a reconstrución da vida

Page 133: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

133

Institucións, axentes e PI

da comarca durante o século XX. Dividindo a centuria nunha primeira etapa na que serepresentaría dende o complexo calendario agrícola ata o mundo das crenzas, costumes,oficios, alimentación, vivenda, organización humana, industrialización, enerxía, comercio,escapados, emigración, sanidade, feiras… todo o conxunto da sociedade precapitalista quetermina na década dos 50 desprazada pola economía industrial. Dende ese momento ata opresente trataríase da evolución e adaptación á nova realidade.

Coa súa musealización e divulgación conseguiremos poñer en valor o noso PATRIMO-NIO INMATERIAL, xerando unha dinámica de autoestima para un mundo que foi sempreincomprendido pola cultura urbana, a pesares de ser exemplo de adaptación respectuosaao medio, exemplo de convivencia con valores solidarios, exemplo de autosuficiencia, deesforzo para sobrevivir a pesares das adversidades, exemplo de resistencia ante a agresióne exemplo de tolerancia.

Esta historia está por contar e contarana os seus protagonistas, non para deleite nostál-xico senón para impedir o proceso de aculturización, facilitando que estudantes, veci-ños/as, visitantes e xeracións futuras poidan dispoñer de información e documentos de pri-meira man, fundamentais para participar creativamente na cultura Universal.

¿Onde temos un continente á medida destes xigantes? Se eles son o corazón da Fraga,sen dúbida nun lugar como o Mosteiro de Caaveiro estarán moi a gusto.

Page 134: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural
Page 135: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

Achegas ao perfil humano do emigrantegalego

Xosé Lois García

23

Durante séculos falouse moito dos diversos perfís do emigrante galego desde varios paráme-tros sociais, económicos, culturais e de integración e desintegración. Pero foron moi poucas asachegas en encadrar ese outro perfil, bastante esquecido, como é o sentimento pola matria denacenza ou o conflito existencial que verificamos no cambio de pasar de ser unha persoa indi-ferente (aceptando o molde de silencio imposto na Galiza desde os solemnizados ReisCatólicos, os da “Doma y Castración del Antiguo Reino de Galicia” –como deixou constanciao cronista Zurita) a ser súper sensíbel coa realidade persoal e existencial. Este tránsito non sedebe a unha manifestación saudosa ou a un recurso que procura unha estabilidade determi-nada ao asumir unha nova realidade en terra allea. Neste contexto é onde comeza a ser críti-co coas causas e coas fins pretendidas sobre o éxodo galego polas clases dominantes da Galiza.

É ben sabido que a emigración galega, esa enorme pantasma que sempre nos afastoudas nosas propias realidades e convivencias, historicamente, foi un invento opresor porparte do Estado centralista que nos levou a unha grande desfeita sen precedentes. Candoobservamos aquela emigración galega levada á Alpujarra granadina, en tempos de FelipeII, recrutando unha serie de homes de oficios e súas familias para poboar aquelas ermasterras. Desde aquí verifícase todo un mosaico de actitudes administrativas co fin de alienare empobrecer Galiza por medio de levar braceiros galegos a lugares moi concretos co finde beneficiar as arcas do Estado opresor. Este comportamento foi unha constante desdeFelipe II ata o réxime franquista.

Se tivésemos que facer un estudo sociolóxico e paralelamente outro psicolóxico deca-tariámonos de que o perfil máis axeitado, grosso modo, do emigrante galego en calquera doshemisferios onde se atopou e atopa ofrécenos unha característica e uns trazos moi parti-culares de conciencia sobre o seu país de orixe. O amor e a paixón polo seu ente nativocómpre non confundilo cunha simple saudade cando a súa conciencia supera tódalas emo-cións posíbeis que poda lembrar do seu pasado por moi abstractas que estas sexan. E nes-te transvase, de territorio físico e de nomenclatura humana, o emigrante comeza a percibirun novo estado de conciencia comparativa, entre as diversas frecuencias que hai entre opaís nativo e o pais de recepción. Esta conciencia dinámica non disimula nin oculta as dúasrealidades, ao marxe do emocional que lle pode resultar manter o seu espírito no lugarnativo que perfilou e glorificou a súa personalidade.

Page 136: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

136

23 Achegas ao perfil humano do emigrante galego

O espírito de materializar unha acción determinada en pro de Galiza, por parte do emi-grante galego, sempre o convocou a resistir e a emanciparse cos atributos que lle deron idio-sincrasia ao seu ser. Isto resúltanos sorprendente cando detectamos o perfil xeneral do emi-grante galego que saíu da súa terra, semianalfabeto ou analfabeto total, só aspirando a supe-rar a súa subsistencia. Mais por isto, non chegou a integrarse senón a adaptarse. Eu mesmo,como emigrante en Cataluña desde hai corenta anos, nunca me sentín un integrado e si unadaptado, malia a falar e escribir en catalán. Para integrarse hai que desintegrarse do perfilorixinario e isto non é un dogma ou unha simple metáfora, é unha contundente realidade.

Os emigrantes galegos, pola súa incontinencia ruralista, malia dicir que se integrabannunca o fixeron, o problema é que non tiveran conciencia da súa adaptación nin son cons-cientes do que significa integración e adaptación. Por iso é que as relacións dun adaptado,como é todo emigrante galego, non son de renuncia ás súas orixes. E pode que a críticasexa obxectiva ou subxectiva pero os dous conceptos sempre estarán centrados baixo eseperfil de sentimento pola terra nativa. Galiza sempre aparece detrás desa grande tea de fon-do no gran teatro dramático e emocional. Pode que as emocións afoguen ese sentido doridículo que o outro, o receptor, faga da súa forma de ser, e se converta nun crítico de simesmo e do outro. Sen dúbida, aquí pode comezar o gran reto de descubrir ou teorizarsobre o seu país e os seus referentes.

Cando o Estado centralista coidaba que o efecto emigratorio ía converter aos emigran-tes nun amoado de filloas ou desintegrarnos, aqueles labregos e mariñeiros condenados aoéxodo, perfilaron en terras foráneas grandes concursos e centros de non asimilación, ondeGaliza tiña seu respiro, espiritual e material, en lonxincuas terras. Aquí vemos como aadaptación tomándolle o pulso á integración venceu a esta. Todos eses centros asociativosque o emigrante galego ergueu no seu país de acollida, veñen a ser o buque insignia desapráctica constante de construír unha Galiza progresista e, deste prodixio, saíron propostasna emigración que foron efectivas na nación galega, como a fundación da Real Academiade Lingua Galega, o himno galego, a bandeira e centos de escolas rurais que se construí-ron coa intelixencia e a dádiva dos emigrantes.

Do negativo que ten a emigración para Galiza, como sangría, os emigrantes, partindode moi diversas concepcións, aportaron ideas innovadoras fronte ao estático poder omní-modo dunhas forzas opresivas e intermediarias do Poder centralista que se lucraron dosagraviados emigrantes. Mais o emigrante non pensou nunha Galiza idealizada ou suxeridapola súa propia saudade, foi extraordinariamente coidadoso en aportar, coa súa crítica esúa práctica, recursos humanos que conforman ese ideario de transformación e lexitima-ción da nosa personalidade histórica.

Non cabe dúbida de que a emigración galega non deixa de ser un dos patrimonios máisdistinguidos e cómpre cultivar as súas numerosas leccións e aprendizaxes. Todo un perfilde autenticidade galega malia aos contrastes e as renuncias que se poidan detectar nalgúnsdos casos. Evidentemente estamos falando dun perfil asimétrico e de tantas continxenciasdesiguais, pero dunha grandiosa mobilidade que cómpre rescatar e integrar a unha Galizaque comeza abrir portas ao seu futuro.

Page 137: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

2434

Page 138: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

Manifestacións de PI: a cosmovisión

Page 139: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

¡Non sen elas! O papel das mulleres na cultura tradicionalRosa Pascual Abal; Puri Pérez Leirós

A agricultura tradicional como opción de futuroXoán Carlos Carreira Pérez

Agricultura tradicional alternativa na aldea deReboredaPilar Penín Penín; Eloi Davila González

Conservando e valorizando a biodiversidade: un exemplo pioneiroe exitoso manexando o vacún na provincia de OurenseJosé Luís Vaz Fernández

A Universidade Rural Galega e a posta en valordos SaberesSecundino García

24

25

26

27

28

Un novo impulso para os montes veciñais: un patrimonio únicoXosé Represas Giráldez

Desenvolvemento local e patrimonio. Mardelira: unproxecto de desenvolvemento sustentableEmilio Louro Lamela

Agora ou nunca. A talasonimiaXosé Lois Pilar Pedreira

As embarcacións fluviais como recursoXosé Manuel Vázquez

A galiña piñeiraXan Ramón Díaz Saavedra29

30

31

32

33As pesqueiras do Miño, un patrimonio en perigoInma Peniza34

Page 140: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural
Page 141: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

24

A Universidade Rural Galega e a posta en valor dos Saberes

Secundino García

Conxunto de coñecementos, literarios, históricos, científicos ou de calquera outra índo-le que se teñen como froito da instrución e da experiencia; esta pode ser unha definicióndo que se entende por CULTURA.

En xeral, a CULTURA é unha manifestación moi restrinxida: dar unha conferencia,escribir un libro, pintar, ir ao teatro, ter unha carreira… ter unha grande información sobreun tema determinado. Todo iso non é en exclusiva cultura aínda que é cultura. Pero, paratodos, é a CULTURA con maiúsculas, a do poder económico, social; é a cultura que se aso-cia coa escola, a da universidade; a que todos queremos para os nosos fillos.

Pero á par desta cultura dominante hai outra cultura esquecida, que non aparece –oupouco– nos libros da escola, que case sempre foi refugada e non é aceptada como tal polosposuidores da cultura con maiúsculas e mesmo polos portadores desta propia cultura.

Unha cultura que se identifica co pobo, unha cultura que se manifesta en todo o querodea ao home: nas súas crenzas, ritos, usanzas sociais, costumes…

Unha cultura que ten fartura de caracteres distintivos que a individualizan e son visi-bles desde moi antigo, probablemente desde que os primeiros seres humanos chegarona estes vales.

Se lles preguntasemos ás pedras pulimentadas do paleolítico, aos símbolos de orixe cas-trexa, ás técnicas e instrumentos agrícolas conservados desde os romanos, ás lendarias covasonde os mouros gardaban os seus tesouros, aos estilos xurídicos vixentes desde a IdadeMedia, ás pequenas aldeas, aos procesos artesanais e oficios tradicionais, ás diferentes mani-festación da literatura de tradición oral, aos diferentes espazos xeográficos…. contestarían-nos cun alto, forte e carraxento SI; que existe unha cultura milenaria expresada, en primei-ro lugar, nunha fala común que é o noso maior sinal de identidade, unha fala –dito sexa depaso– que se conservou, conserva e ¿conservará? grazas aos labregos e mariñeiros.

Esta cultura chámase popular porque é do pobo; pero o pobo é xente, polo tanto todohome ou muller é posuidor desta cultura que se forxa na experiencia da vida. Persoas quenalgún caso ata son iletradas, que pisaron pouco a escola, que non pasan das catro regras,que… pero que saben: ollar o ceo, dos ciclos da natureza, das árbores e dos paxaros; per-soas que gardaron os segredos dunha forma de vida máis equilibrada e sostible; persoasque se guiaron por un sistema de valores baseado en ter sempre “a honra do nome por

Page 142: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

142

24 A Universidade Rural Galega e a posta en valor dos Saberes

espello”; persoas que aprenderon vivindo avida; persoas que lle transmitiron aos seus fillosos seus saberes sen necesidade de infraestrutu-ra formativa ningunha.

Mais esta CULTURA sobreviviu principal-mente no mundo rural; nas aldeas espalladas emoi a miúdo reducida ás humildes lareiras… a pesar dese movemento uniformante iniciadohai máis de 500 anos. Este movemento actuoucon maior ou menor peso segundo as circuns-tancias históricas e foi paseniñamente afondan-do nas diferentes xeracións ata producir unauténtico drama; conseguir que as xentes vivanen oposición teimosa e constante coa propiahistoria, as propias tradicións e co mesmo mar-co xeográfico…

É agora, no transcurso das últimas décadas–en pleno proceso de globalización– cando o drama se está a facer máis intenso e extensofavorecido polos cambios radicais que se produciron no medio rural. A expansión indus-trial e o mercado empézanlle a comer terreo ás formas de vida da aldea; moitos trebellosson substituídos por modernas máquinas iniciándose así a desaparición paulatina de moi-tos oficios e actividades e polo tanto de moitos saberes, artes e costumes tradicionais.

Estes cambios levan non só á perda dun gran acervo cultural que se vai borrando pase-niñamente coa memoria dos máis vellos senón que tamén están a producir unha grandecrise no mundo rural actual; o despoboamento coa conseguinte falta de renovación xera-cional; as poboacións máis novas xa non están a vivir no mesmo medio no que o fixeronos seus avós ¡Un auténtico etnocidio¡

Pola contra hai moitas persoas, asociacións, entidades que, conscientes desta desfeita, estántraballando con moita creatividade e teimosía para tentar subverter esta tendencia negativa.

Un grupo delas (Asociación EuroEume, A.D.R Ancares, Preescolar na Casa, ColectivoEstiño, Xermolos, C.E.I.P Mosteiro de Caaveiro…). comezamos a xuntarnos desde hai unano para tentar poñer en valor o traballo das persoas e grupos que están a desenvolver enGaliza proxectos e accións que favorezan o recoñecemento e dignificación tanto do mun-do rural actual coma da súa historia.

Este horizonte esixe a creación dun ente que, por un lado, non permita que se esque-zan os saberes populares e, por outro, os difunda e os perfeccione dándolles un valor enga-dido para coñecemento da sociedade e xeracións futuras. Isto é o que pretende ser a UNI-VERSIDADE RURAL GALEGA (U.R.G); unha organización:

❙ EFICAZ, coa estrutura, orzamento, medios e profesionais axeitados para levar a caboos traballos necesarios para acadar eses obxectivos.

❙ PLURAL, na que poidan converxer diferentes opcións políticas e ideolóxicas en arasduns mínimos comúns orientados fundamentalmente por logros concretos no eidoda etnografía, da cultura e do desenvolvemento rural.

❙ LIGADA esencialmente a proxectos de base de animación e de desenvolvementorural e realizacións concretas culturais e etnográficas.

Así a U.R.G márcase como obxectivos xerais:

1. Colaborar na recuperación, conservación e difusión dos saberes tradicionais domundo rural.

Page 143: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

143

Manifestacións de PI: a cosmovisión

A. Realizando un Banco de saberes que sirva de recurso achegado para utilizar polosdistintos ámbitos da sociedade e centralizado nun lugar físico, nun enderezoconcreto…

B. Artellando o Banco de saberes en función da utilidade que para a sociedade ruralteña o seu saber (saúde, vestido, construción, alimentación, lecer, cultura…) dexeito que se poida ofertar un servizo de coñecemento para os propios sabedorese de orientación para a sociedade en xeral.

C. Ofertando un servizo de mediación entre as posibilidades dos sabedores e osinteresados nas aprendizaxes.

D. Organizando un amplo fondo bibliográfico e documental a partir dos recursosque se atopan espallados por domicilios, asociacións… que queiran sumarse áiniciativa.

E. Organizando unha oferta formativa anual animada e xestionada pola propiaU.R.G directamente ou en colaboración con algún outro grupo.

F. Organizando anualmente a Feira dos saberes.

2. Colaborar e poñer en valor canta iniciativa de recollida, conservación e difusión dastradicións rurais que se atopan espalladas por Galicia.

A. Elaborando un censo de todas as persoas e grupos que en Galicia están a traba-llar no eido da conservación e recuperación de usos e costumes rurais.

B. Colaborando na publicidade e coñecemento das actividades destas persoas egrupos.

C. Elaborando o diagnóstico da situación deste sector: problemas, carencias, ex-pectativas.

D. Organizando anualmente, sempre en colaboración con algún dos gruposimplicados, un foro sectorial (agricultura, lecer, cultura…) de intercambio edebate.

3. Favorecer todo o tipo de actuacións que dignifiquen e melloren a vida no mundorural galego.

A. Poñendo en marcha un observatorio da realidade no que se analicen as actuaciónsque se están a levar a cabo no mundo rural e se fagan propostas en consecuencia.

B. Elaborando o censo de todos os grupos que están a levar a cabo proxectos dedesenvolvemento no mundo rural.

C. Elaborando un dossier pedagóxico no que se conte o máis salientable das expe-riencias de desenvolvemento.

D. Elaborando un sistema de intercomunicación que posibilite a circulación e ointercambio de información.

E. Celebrando un encontro anual para debater a problemática, perspectivas, meto-doloxías… no mundo rural.

4. Axudar á consolidación dunha organización eficaz, ampla e aberta en todos os sen-tidos do termo que posibilite a consecución dos obxectivos anteriores. (Desen-volvemento da U.R.G.).

A. Consolidando e potenciando todo o labor feito.B. Organizando unha boa campaña que posibilite chegar á práctica totalidade de

grupos que están a traballar polo mundo rural de xeito que podan sumarse aoproxecto.

C. Consolidando e favorecendo unhas boas condicións do servizo así como un boequipo técnico.

Page 144: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

144

24 A Universidade Rural Galega e a posta en valor dos Saberes

A criatura xa naceu (IV A); agora unha comisión está a traballar para que dea os seusprimeiros pasos (IV C); logo farase o posible para que todos (IV B) camiñemos xuntos polovieiro da recuperación (I) e posta en valor (II) do saber tradicional cara a un desenvolve-mento equilibrado do mundo rural (III).

Se xa queres sumarte á iniciativa podes contactar con: C.D.R. Ancares: Ramiro 982.364560 - [email protected]. Mosteiro de Caaveiro: Secundino 981. 459022 /459133 [email protected]é C. Figueroa 686783800 - [email protected]

Page 145: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

En todas as culturas a importancia das mulleres na construción e transmisión dos elemen-tos constituíntes do patrimonio tradicional é indiscutible. Ademais de compartir a maioría dostraballos produtivos e de contribuír na elaboración do patrimonio inmaterial (crenzas, costu-mes, ritos, etc.) algúns aspectos tan significativos como o referido á saúde da familia, aos reme-dios caseiros, ao coñecemento das plantas e aos seus diversos usos, ao coidado dos animais, áeducación dos nenos e nenas en crenzas e valores, á organización do espazo doméstico, etc.,teñen un marcado carácter feminino, cando non son ámbitos exclusivos das mulleres.

En Galiza esta importante presenza feminina viuse reforzada polo feito da emigración,que no tránsito do século XIX ao XX e nas décadas centrais do XX, foi protagonizada maio-ritariamente por varóns e deixou nas mans das mulleres toda a carga de sostemento, coida-do e responsabilidade da familia e do seu contorno.

A pesares da súa relevancia como creadoras de cultura atopamos nos estudos, exposicións,etc., que se veñen realizando sobre aspectos da cultura tradicional, escasas referencias ás con-tribucións das mulleres e detectamos un proceso de invisibilización das mesmas. Se ben é cer-to que a cultura tradicional é claramente patriarcal e discrimina e aínda explota as mulleres,non obstante recoñece a importancia do seu traballo e o papel da muller é, nel, moi visible.

Por que entón esta presenza non se reflicte en moitos estudos e por que campos impor-tantes da cultura, tradicionalmente femininos, están perdéndose da memoria colectiva? A nosainterpretación é que a difusión das ideas propias da sociedade liberal, industrial e urbana quedividiron a sociedade en dúas esferas, a pública, a dos varóns, e a privada, a das mulleres, con-finadas no espazo doméstico, e o ideal burgués feminino de “anxo do fogar” limitado a súafunción como nai e “descanso do guerreiro” favoreceron a desvalorización do seu traballo e dasúa achega á cultura. Esta visión permanece hoxe en día e conforma a nosa mirada, influíndosobre o enfoque co que nos achegamos a realidades diferentes, favorecendo neste caso a ocul-tación do papel das mulleres, que non obstante, era recoñecido na súa comunidade.

Esta ocultación ten consecuencias de gran calado, xa que non é só unha carencia quepode resolverse engadindo un pequeno apartado aquí ou alá, é pola contra unha distorsiónda memoria histórica que pretendemos recuperar e transmitir. Non se trata só dunha cues-tión de facer xustiza ao labor das mulleres, a cuestión é que non nos podemos permitir per-der por ignorancia ou prexuízos esa acumulación de coñecementos, esa sabedoría que nos

¡Non sen elas! O papel das mulleres na culturatradicional

Rosa Pascual Abal; Puri Pérez Leirós

25

Page 146: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

146

25 ¡Non sen elas! O papel das mulleres na cultura tradicional

resulta imprescindible para poder afrontar, con posibilidades deéxito, os problemas do presente, na construción dunha socieda-de máis xusta, máis rica e tolerante.

O campo de traballo é polo tanto moi amplo, levará tempo esumar esforzos e non queremos rematar sen apuntar algunhaspropostas, para ir comezando...

É urxente recoller as testemuñas das mulleres sabedoras,portadoras de coñecementos, para que estes non se perdan coasúa desaparición. Con esta información poderíamos:

❙ elaborar pequenas biografías daquelas mulleres máisrepresentativas

❙ elaborar catálogos de usos tradicionais de herbas, costu-mes, etc.

❙ elaborar pequenas monografías sobre aspectos concretos.

Tamén é importante involucrar aos rapaces e rapazas doscentros de ensino medio das comarcas na recollida e tratamentodesta información, co asesoramento e supervisión do profesora-do experto en técnicas de tradición oral, para facer as novas xera-cións conscientes do valor deste patrimonio e tamén do seu pro-pio valor como transmisores.

Debemos facer chegar ás entidades, concellos, departamentosuniversitarios, asociacións culturais, etc., é dicir a todos aquelesque traballan, investigan e ou difunden este tipo de coñecemen-tos, a importancia de seren rigorosos e darlles aos axentes a pre-senza que lles corresponde, é dicir, non se pode facer estes tra-ballos sen contar coas mulleres, non sen elas!

Non sen elas porque son creadoras e portadoras dun patri-monio, que por levar a marca de “elas”, a marca de mulleres, foi,é, infravalorado e polo tanto retirado dos circuítos relacionadosco ben considerado, co valor económico, social, etc. Renunciar atodo este patrimonio é renunciar polo tanto á unha parte da nosaidentidade, a unha parte da nosa Historia.

Que propostas de acción se poden desenvolverou se están a desenvolver nestes momentos?

As mulleres como portadoras, conservadoras e transmisorasde patrimonio nos anos da emigración cara América.

❙ Recollida de receitas.❙ Recollida de remedios, enxertos, etc. utilizados na agricul-

tura.❙ Recollida de oficios realizados polas mulleres.❙ Biografías de mulleres das distintas zonas de Galicia.❙ Recollida de rituais, cerimonias, etc.

Page 147: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

A agricultura tradicional como opción de futuro

Xoán Carlos Carreira Pérez

26

En máis dunha ocasión temos escoitado que un país, Galiza neste caso, debe aproveitaras súas vantaxes comparativas. Poñer en valor, como se di agora, a agricultura tradicionalé sen dubida actuar neste camiño.

Moitas veces a reivindicación de conservar os nosos bosques, o noso patrimonio etno-gráfico, a nosa paisaxe, a nosa agricultura, a nosa gandería faise dende unha perspectivaconservadora (máis que conservacionista). Con todo, hai outra visión que pode unir avalorización das practicas agrícolas tradicionais coa modernidade e o futuro.

Galicia ten perdido en certo xeito o tren da modernidade no sector agroalimentario,agás na pesca. Temos fracasado no formulación dun potente sector agroindustrial tanto nosector do leite como no da carne e en case que todas as producións agrícolas agás excep-cións. Hoxe a nosa Produción Final Agraria achégase a un monocultivo do leite e da carnede vacún mais exportamos materia prima sen transformar, de moi pouco valor engadido,mentres importamos dende queixos a conservas vexetais.O mesmo podemos dicir do nosodesenvolvemento económico nos termos máis aceptados na economía oficial.

Porén, aquilo que pode ser considerado un fracaso pode ser tamén unha vantaxe com-parativa. O modelo de intensificación xeradora de excedentes, o modelo de gandería e agri-cultura industrial que quedou duramente cuestionado coa crise das “vacas tolas” pode queteña os días (ou anos ou decenios) contados no noso contorno xeográfico. Por iso aquelessoutos que non foron destruídos grazas ao atraso económico, e que seguen poboando aín-da unha parte importante das nosas serras orientais, pode que agora sexan un ben estraté-xico dende o punto de vista económico. O mesmo poderiamos dicir da nosa agriculturatradicional. Nun contexto de reconversión ou evolución cara unha produción respectuosaco medio e garante de calidade e seguridade alimentaria, chamémoslle ecolóxica en senti-do amplo, a pervivencia aínda das prácticas de agricultura tradicional en Galicia pode serunha vantaxe comparativa.

Non vou insistir nos aspectos positivos destas prácticas da agricultura tradicional,outras persoas poderán fala diso mellor ca min. Con todo, se cadra ten interese lembraralgunha sen ser exhaustivo:

❙ A importancia da fertilización orgánica e os seus beneficios sobre o solo fronte aosexcesos da fertilización mineral parecen hoxe evidentes.

Page 148: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

148

26 A agricultura tradicional como opción de futuro

A existencia de sebes que serven de refuxio a fauna que serve para controlar pragaspode facer que mesmo agradezamos que en algures non chegaran as concentracións par-celarias e determinadas prácticas de reordenación da propiedade.

A utilización de variedades autóctonas, se aínda estamos a tempo de conservalas e recu-peralas, pode permitir unha oferta de produtos diferenciados recolleitados en temporada.

En todo caso a concepción da agricultura tradicional como unha posíbel vantaxe com-parativa de Galiza significa reflexionar sobre algunhas cuestións que me atrevo a formularaquí sendo consciente de que non deixan de ser unha herexía mesmo no meu campo ide-olóxico, aínda que sabedor tamén de que apenas houbo avances sociais e científicos quenon naceran nunha herexía.

A primeira reflexión que me fago e vos fago é de se o minifundio segue a ser, no sécu-lo XXI, un problema para o desenvolvemento agrario de Galicia. A máis moderna das agri-culturas oficiais é hoxe a chamada “agricultura de precisión” e/ou a “rega por goteo” quediscrimina as labores, a rega e tratamentos que hai que dar, etc., en función non xa da par-cela senón de cada parte da parcela. Os tractores guiados por GPS e demais avances podencambiar mesmo as doses de tratamentos, aboamento, densidade de semente, etc., segundopor onde estean a traballar. Claro que estamos falando de parcelas de centos de Has nun-ha agricultura altamente tecnificada. Mais pensando un pouco ¿non resposta o minifundioa unha adaptación ao medio ademais dunha necesidade social que levaba á división da pro-piedade? ¿Non é o minifundio en Galiza en certa maneira unha agricultura de precisión,feita iso si a base dun enorme esforzo e traballo humano? Xa que logo, non valerá a penacoñecer por que se dividiu o territorio do xeito que se fixo ao longo de tantos anos? ¿nonserá reconvertíbel nunha “agricultura de precisión” á galega e polo tanto un punto de par-tida para coller o sendeiro da modernidade dando un salto no tempo?

En relación co anterior non teño claro se debemos seguir cifrando as nosas esperanzasde desenvolvemento agrario no sector lácteo e gandeiro e/ou na constitución dun potentegrupo agroalimentario galego neste sector. Dada a evolución, os cambios nos hábitos deconsumo (co avance da alimentación baseada ou máis orientada cara os vexetais), dadosos problemas de saúde que xera unha alimentación que produce taxas alarmantes de obe-sidade, ¿non será o momento de apostar estratexicamente, de novo, pola produción agrí-cola agora dende unha perspectiva ecolóxica en sentido amplo, tomando a dianteira nesteterreo nun mercado que vai seguir expandíndose sen parar nos próximos anos?

A terceira das reflexións ten que ver cos avances de I+D+i no sector agrario. ¿Non serámáis útil recoller o que os labregos e labregas investigaron (si, investigaron ou experimen-taron, como queirades) a través dos tempos e que até de agora desprezamos como atraso?Tivo que ser un estranxeiro, Abel Bouhier, quen demostrara claramente a tremenda eficaciadunha prácticas agrícolas que usaban do xeito máis sostíbel posíbel os recursos dispoñíbeis.Este saber aproveitar o medio de xeito sostíbel (que concepto máis vangardista que xa erapracticado polos nosos avós) pódese perder na próxima década se non facemos un esforzoinvestigador para recollelo dunha xeración a punto de desaparecer, mais ¿convenceremos aalguén de que isto é realmente investigación, desenvolvemento e innovación?

Outro aspecto que se está poñendo en cuestión é propio concepto de agricultura., A agri-cultura tradicional (e aquela pola que entendo debemos apostar no futuro) xera riqueza pai-saxística, descontaminación de solos e augas, etc. como parte do propio proceso produtivoe está, en certa maneira, indisolubelmente unida a el. Porén, non é remunerada.

Salvando as distancias que toda comparación ten, poderiamos dicir que é como se osprodutores/as de leite tivesen que regalar os becerros que xorden como parte indispensá-bel do seu proceso produtivo porque aparecen inevitábelmente “sen querer”. Porén, eu non

Page 149: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

149

Manifestacións de PI: a cosmovisión

teño dúbidas en que os/as labregos/as deben ser remunerados/as polo sociedade xa queresultados consubstanciais do propio proceso produtivo se converten hoxe en bens sociaisde enorme valor. Hai varias formas de remunerar esta función social da agricultura tradi-cional, dende unha renda básica parcial para aquelas persoas que practiquen determinadotipo de agricultura, até a valoración do que supón o respecto do medio e da paisaxe e aconservación de recursos naturais.

Por exemplo no Plan Zonal Agro-Ambiental do Parque Nacional da Peneda Gerês, ava-líase cal é o custo e como debe ser remunerado o compromiso de utilizar especies locais,cultivar e gardar as sementes en cantidade suficiente para nova sementeira, proporcionarsementes para o Banco Nacional de Germoplasma Vegetal, etc. Tamén se avalía por exem-plo cal é o custo e como debe ser remunerado o compromiso de mantemento do cultivoen socalcos, incluíndo recuperación de muros de soporte en mal estado de conservación emantemento dos que estean en bo estado, etc.

O mesmo día que escribo este artigo, o xornal recolle o traballo de Albino Prada queconfirma a intuición que eu xa tiña sobre a dispoñibilidade dos galegos e galegas a pagarpola conservación do medio e en contía nada desprezábel, superior mesmo aos doutrospaíses. Non hai pois desculpa para que os poderes públicos non afronten este tema cunhaopinión pública tan favorábel como amosa o estudo.

A ultima reflexión refírese á agricultura a tempo parcial ou simbiótica en termos máispropios dos economistas galegos. Sempre foi considerada como unha agricultura de segun-da orde que en nada axudaba á modernización porque non permitía unha profesionaliza-ción axeitada, paso indispensábel para a modernización e intensificación da produciónagraria. Mais, ¿segue a ser válido esta análise nun contexto onde moitos labregos e labre-gas de tempo parcial son precisamente os depositarios/as daquilo que hoxe debemos valo-rizar? ¿Segue a ser válida hoxe esta valoración da agricultura a tempo parcial cando os seus“defectos” implícitos poden ser hoxe vantaxes? En todo caso, da importancia económicadeste tipo de agricultura (que probabelmente non recolle axeitadamente o a metodoloxíade cálculo do PIB) dannos idea estes datos: o número de persoas que están inscritas naSeguridade Social Agraria en Galicia son 57.000, a Poboación activa agraria estímase en117.000 persoas e as Unidades de Traballos para obter a Produción Agraria estímanse en194.000. ¿Quen se ocupa da produción agraria?

Será ben que deteña as reflexións e as preguntas aínda que quedan algunhas máis. Tansó unha ultima cuestión final. Non hai dúbida (polo menos para min) de que estamos aoremate dunha crise agraria. A reconversión agraria xa chegou ou está a punto de chegar aofinal. Cumpríronse, por desgraza, as previsións daqueles que denunciabamos os posíbeisefectos de determinadas políticas agrarias. Mais precisamente por iso deberiamos ollar arealidade tal cal, ver as posibilidades que nos ofrece o que agora temos, non o que pode-riamos ter se hai trinta anos a política agraria tivera seguido outro camiño.

E aquí é onde, dende o meu punto de vista, xorde a necesidade de saír da crise connovas formulacións nas que aparece o enorme valor da agricultura tradicional, con todo oseu saber secular, as súas practicas sostíbeis, os vellos-novos produtos, o seu papel na con-servación do medio e da paisaxe, a súa xeración de actividades económicas auxiliares(turismo rural, sendeirismo, pesca, produción artesanal, etc. non terán éxito sen este tipode agricultura). Mais para apostar por este novo camiño cómpre non perder tempo, por-que apenas nos quedan uns anos para evitar que se perdan de xeito irreparábel saberes,prácticas, produtos, variedades, paisaxe...

Page 150: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural
Page 151: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

Agricultura tradicional alternativa na aldea de Reboreda

Pilar Penín Penín; Eloi Davila González

27

Moitas veces as ideas preconcibidas e os prexuízos cara o pasado non nos deixan ana-lizar e apreciar o saber facer daquelas xentes. Todos estamos afeitos a oír dicir que a labran-za de antes era todo miseria, unha agricultura de subsistencia da que se malvivía.Educáronnos así, estudamos as modernas técnicas menosprezando a cultura popular. Cotempo deixamos de ser tan arrogantes e empezamos a fixarnos nos pais e nos veciños can-do traballan na horta ¿Que segredo gardan os maiores nas súas mans que as sementes pare-ce que xa van nacendo antes de tocar a terra?

Tradicionalmente había un aproveitamento racional da terra e dos recursos naturais. Olabrego era un observador do entorno e coñecía perfectamente o seu lugar, asignándolle unuso determinado a cada zona. O monte tiña moita importancia, había terreo herdativo ecomunal, e abastecía de leña, madeira, estrume de mellor calidade que o da veiga, pedras,pastos para o gando, centeo... e dende logo, polo valor que supuña, non ardía.

Nas terras de labranza distinguíase entre:

❙ Prados; para pastos e herba seca.❙ Hortas; con verza negra.❙ Nabás; que eran de regadío e nunca folgaban, había unha sucesión continua de cul-

tivos. Na primavera sementábase millo que podía levar asociado fabas e cabazos. Enagosto, despois xa dunha sacha do millo, sementábanse nabos e cando nacían sachá-base entre eles e sementábase o centeo. Unha vez recollido o millo podían recoller-se os nabos e por último a ferraña, que se segaba para o gando. Estercábase, arába-se e volvía empezar o ciclo.

❙ As leiras; nas que se alternaban dous cultivos. A calidade da terra marcaba tres gran-des zonas, de mellor a menor, destinguíanse leiras de patacas/centeo, leiras demillo/centeo, leiras de centeo/barbeito. Seguían unha pauta curiosa á hora de rotaros cultivos que reflectía o tipo de organización social; o pobo era un clan, todossementaban o mesmo cultivo no lugar que ese ano tocaba. Non facía falla falalo, xaestaba establecido de antigo e todo o mundo sabía que as patacas este ano van nascaldas e o centeo na praza do Barreiro. Isto era extrapolable a moitos traballos e cos-tumes, marcando un ritmo e unha sintonía entre os labradores e no entorno no quevivían; había harmonía

Page 152: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

152

27 Agricultura tradicional alternativa na aldea de Reboreda

Esta organización co parcelamento desaparece.As sementes eran gardadas dun ano para outro, e recollidas en boa lúa. Estas sementes

que pasaban de xeración en xeración eran seleccionadas dos mellores exemplares, estabanadaptadas perfectamente ás condicións climáticas do lugar e tiñan unha maior resistencia ásenfermidades e insectos cos que convivían, converténdose así, ano tras ano, en variedadesrústicas, duras e resistentes que non presentaban practicamente problemas no seu cultivo.

Abonábase con esterco provinte das cortes dos animais e dos camiños que se estrabancon estrume.

A laboura, que se realizaba con animais ou manualmente, respectaba a estrutura do soloe non provocaba as compactacións do solo que aparecen actualmente o empregar maqui-naria pesada.

A existencia de sebes, regatos, paredes de pedra, arboredo, e de toda a fauna que atopa-ba abrigo e alimento neles, permitía manter un equilibrio do ecosistema, favorecendo enor-memente os cultivos. O cultivo non se impuña sobre a natureza senón que coexistía con ela.

Estes sistemas eran pechados e autosuficientes porque non había desperdicios, todo tiñaa súa utilidade, onde a agricultura e a gandería eran actividades complementarias, non seentendía unha sen a outra. Estas formas de traballar non só non contaminaban senón quepreservaban o entorno, mantiñan a paisaxe e salvagardaban as especies animais e vexetais.

A partires da revolución verde, nos anos sesenta, este panorama cambia rapidisima-mente acentuándose a industrialización do campo. O labrego pasa a ser “empresario agrí-cola”, un operario que explota a terra, valorando unicamente a rendibilidade. Este proce-so industrializador provoca unha serie de problemas:

❙ O uso indiscriminado de pesticidas; estas sustancias son moi contaminantes para omedio ambiente e moi nocivas tanto para a saúde do labrego como dos consumidores.

❙ O labrego perde o control das sementes; xa non se gardan dun ano para outro senónque se mercan na tenda, xeralmente variedades híbridas que non están adaptadas aolugar, polo que son máis susceptibles a enfermidades e pragas, incrementándose asío uso de pesticidas. As multinacionais que controlan as sementes limítanse a sacarao mercado unhas poucas variedades comerciais, co que unha grande parte dasvariedades que existían desaparecen.

❙ Establécense grandes monocultivos onde un único agricultor, cun bo parque demaquinaría, fai todo o traballo.

❙ O solo deixa de ser importante e pasa a ser un mero soporte para as plantas, non se con-sidera como o ser vivo que é, no que se acolle unha grande cantidade de vida xerado-ra de fertilidade. Por iso o uso de pesticidas mata toda a vida canta hai e se reduce a fer-tilidade natural da terra. Esta falla de respecto pola terra (uso de agroquímica, labourasinadecuadas, non aportar adubos orgánicos…) leva co tempo á desertización.

❙ Os agricultores deixan de ser autosuficientes para pasar a depender das multinacio-nais que os abastecen de sementes, produtos fitosanitarios, maquinaria… perdendotamén o control dos prezos das súas colleitas

Todos estes problemas derivados da industrialización da agricultura conducen ao des-poboamento do rural e á aglomeración nas cidades, cos conseguintes problemas sociais. Osagricultores que quedan non ven claras as perspectivas de futuro e cada ano salta algunhacrise alimentaria, que non son máis que avisos que indican que isto non vai ben.

Ante este panorama rexorde a agricultura biolóxica como unha alternativa; non é vol-ver ao pasado senón que recolle esa verdadeira sabedoría popular, froito da experiencia, eadáptase ao noso tempo, aproveitándonos para iso das modernas técnicas e dos coñece-mentos actuais.

Page 153: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

153

Manifestacións de PI: a cosmovisión

Os nosos pais, e a maioría dos galegos, o último que queren para os seus fillos é quesexan labregos.

Nós somos Pilar e Eloi, vivimos na aldea de Reboreda no concello de Porqueira.Estudamos e traballamos durante algún tempo na cidade e démonos conta de que non erao que nós buscabamos. Decidimos entón volver para a aldea. Levamos seis anos cultivan-do hortalizas usando métodos de agricultura biolóxica, aínda que os nosos comezos foroncon agricultura convencional, producindo para unha cooperativa flores en invernadoiro ehortalizas ao aire libre. Nun principio era cómodo seguir as directrices de cultivo que nosmarcaban e ter asegurada a venda das producións. A agricultura convencional baséase enfacer tratamentos preventivos sistematicamente con agroquímicos, cada semana aplicaba-mos varios centos de litros de funxicidas, insecticidas, herbicidas... Son produtos moi tóxi-cos e aínda que os empregabamos con luvas e máscaras empezamos a ter problemas desaúde. A raíz disto decidimos non usar máis este tipo de produto pero isto levou a que osnosos cultivos non cumpriran os criterios de calidade convencionais.

Agora sabemos que facer agricultura biolóxica non só consiste en non empregar pro-dutos químicos de síntese, senón que é máis ben un conxunto de actuacións: abonarcorrectamente cada planta, aplicar preventivamente infusións, maceracións e xurros deplantas, elixir variedades rústicas e adaptadas o lugar, fomentar a biodiversidade, pór sebesde plantas silvestres, contemplar as rotacións de cultivos e asociacións de plantas que sebeneficien mutuamente, sementar nas épocas apropiadas...

Era normal que os caraveis empezaran a ter problemas sen lle manter esa burbulla asép-tica que conseguían as fumigacións. Ao ser un monocultivo favorecíase que se estendesenas pragas, son plantas seleccionadas para que produzan moito con adubos químicos peroextremadamente delicadas e inapropiadas para o cultivo biolóxico.

Durante estes anos fomos a cursos, buscamos información en libros, visitamos outrosagricultores para que nos contaran a súa forma de traballar, pero o máis importante é levará práctica estes coñecementos facendo probas e experiencias na túa horta, porque haiunhas leis xerais pero cada agricultor ten que ver que é o que lle dá resultado nas súas cir-cunstancias particulares.

Para facer unha agricultura respectuosa co medio ambiente é imprescindible aliarse coanatureza, intentar coñecela e seguir os seus ritmos. Se se ven uns cantos bichiños, non hai quealarmarse e ir correndo á tenda fitoagraria máis achegada para que nos dean un veleno, debe-riamos ser pacientes e esperar porque cando se fomenta a biodiversidade na horta permítesea convivencia de distintas especies e establécese un equilibrio entre a posible praga e os seusdepredadores. Un ataque de pulgón pode ser controlado por depredadores como a xoaniña,a cadela dos frades..., por parasitos, como a avespa que pon o seu ovo dentro do pulgón… Seben, como último recurso, podemos empregar insecticidas e funxicidas de orixe natural.

A paciencia é outra das virtudes que ten que cultivar o agricultor, e digo paciencia, nonresignación. Non hai que declararlle a guerra á natureza e ter a sulfatadora cargada apun-tando a todo o que se mova. Temos que ser observadores e se unha planta non vai benteriamos que preguntarnos que é o que fixemos mal (sementar en mal momento, por unhavariedade que non se adapta, abonar demasiado...). Para conseguir a saúde das plantas anosa función pódese resumir en intentar manter ese equilibrio natural que se ve mermadocando o único que intentas é producir a toda custa. De todas formas temos moita varieda-de de hortalizas, non arriscamos todo a unha carta, se algunha falla é unha mágoa pero noné unha catástrofe. Isto tamén nos favorece á hora de vender porque ofertamos variedade.

Vendemos o máis directamente posible, eliminando intermediarios, así nós obtemos unmellor prezo e ao consumidor resúltalle máis barato. Estamos dentro dunha asociación

Page 154: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

154

27 Agricultura tradicional alternativa na aldea de Reboreda

“Labregos Daiquí” da Carballal (Rairiz de Veiga). Alí María e Manuel encárganse de cen-tralizar a produción de varios labregos, e por outra banda recollen os pedidos dos consu-midores e fan o reparto semanal.

A forma de certificar que os produtos son biolóxicos é a través de aval do ConselloRegulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia. No noso caso, o non estar inscritos noConsello Regulador, é importante que teñamos un contacto persoal cos nosos consumido-res para establecer unha relación de confianza.

Cultivamos a terra nunha zona onde se fixo a concentración parcelaria cuadriculada elambida, así que cambiou moito o entorno. Onde antes a xente dicía que tiña nabás (quelevaban millo, ferraña e nabos), as leiras, os prados, as hortas, agora son todo parcelas, xano hai regatos retortos senón canles dereitas de formigón, e onde antes era húmido agoraé seco e viceversa. Desapareceron eses carballos maxestosos que gardaban as historias quecontaban ás súas sombras os avós e bisavós dos que os cortaron. Está un pouco todo patasarriba, aínda que a maioría da xente está contenta co cambio. Por iso na parcela ondetemos os invernadoiros plantamos unha sebe de salgueiros, amieiros, sabugueiros, puxe-mos algunha que outra árbore intercalada e deixamos que medre espontaneamente algúntoxo, xestas…

Non sei se algún día os coñecementos que teñamos os humanos sobre o planeta nos leva-rán a dicir “a vida xa non ten segredos para nós”. Pero grazas a Deus por moi importantesque nos consideremos, o noso coñecemento é bastante superficial, e a vida mantense grazasa millóns de sutilezas que nós descoñecemos. Todo está en constante relación con todo, poriso unha árbore nas nosas fincas non a vemos como un estorbo á hora de laborar co tractor,senón que debaixo dela podo descansar á súa sombra, acollerá moita vida (paxaros, insectos,fungos...) que sen dúbida beneficiará dalgún xeito os nosos cultivos. As súas raíces recolle-rán minerais das capas profundas da terra e no outono as follas caídas alimentarana de novo.Cando chova, as raíces dirixiran a auga cara ás profundidades e non deixarán que as esco-rrentas marchen co solo. Son tan xenerosos que nos dan osíxeno e nos limpan o aire que res-piramos, alégrannos a vista e avisan os despistados en que estación estamos. Podería xustifi-car a súa importancia con máis beneficios que todos sabemos e con mil que descoñecemos.

Cremos na vida das aldeas, valoramos moito a relación entre os veciños e aínda que nosven cun pouco de receo cando lles dicimos que tanta química non é boa, que todo ser vivoten igual importancia sexa sapo, cobra, toxo, amieiro…, pero nunca dubidan en botarnosunha man cando a precisamos

A nós claro que nos gustaría cambiar varios aspectos desta sociedade que menosprezaa natureza e o traballo dos labradores, pero a xente está cansada de discursos, así que anosa táctica e seguir desfrutando co que facemos, co tempo iso vaise transmitindo.Consideramos que somos uns privilexiados por poder vivir no campo deste xeito, sendobastante autosuficientes e fuxindo así, dentro do que podemos, deste consumismo no quenon nos sentimos a gusto.

Participamos no proxecto da Universidade Rural Galega porque nos gustaría afondarmáis nestes coñecementos populares antes de que desaparezan por non ser valorados.

Animamos a todos os que teñan medo a manchar as mans a que planten, aínda que sexano balcón da casa, unhas leitugas, uns tomates, o que máis lles guste. É unha boa terapiapara combater o mal do “aquí e agora” desta sociedade do inmediato e marabillarémonosvendo como a partires dunha minúscula semente e uns poucos coidados o tempo conse-guirá uns froitos que saberán a gloria.

Page 155: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

Conservando e valorizando a biodiversidade:un exemplo pioneiro e exitoso manexando o vacún na provincia de Ourense

José Luís Vaz Fernández

28

VERIN-BIOCOOP Sociedade Cooperativa Limitada, é unha sociedade fundada no ano1998, froito da unión de once gandeiros con explotacións de gando vacún de leite e car-ne. A súa pretensión era orientar e reconverter as explotacións en unidades produtivas res-pectuosas co medio ambiente e coa saúde de todos. Na actualidade Biocoop está integra-da por 28 socios distribuídos por toda a provincia ourensá.

A zona de influencia abarca todo o ámbito xeográfico da provincia de Ourense.Podemos atopar socios nos concellos seguintes: A Veiga, Allariz, Barbadás, Blancos, Coles,Cualedro, Laza, Montederramo, Monterrei, Ourense, Quintela de Leirado, Riós, San Xoánde Río, Sandiás, Verín, Xinzo de Limia, Entrimo, Calvos de Randín e A Teixeira.

Os socios agrúpanse en tres liñas de produción:

❙ Cinco gandeiros posúen ganderías de produción leiteira.❙ Oito socios teñen explotacións intensivas de vacún: Tenreira Galega.❙ Quince son os socios que rexentan ganderías ecolóxicas extensivas.

Biocoop ocúpase de dar unha ampla gama de servizos ós seus socios. No que atinxe ás gan-derías ecolóxicas, a nosa cooperativa encárgase de subministrar o penso ecolóxico así comotodo tipo de servizos en relación ó asesoramento técnico e produtivo. Outra función que cum-pre a cooperativa é a de colocar os produtos ecolóxicos das nosas ganderías no mercado.

Principios xerais de Biocoop

❙ Prezo xusto ó produtor. O produtor ecolóxico asociado recibe entre un 10 e un 15% porencima dos prezos de referencia da tenreira galega suprema. Isto conseguímolo aínda sen-do conscientes de que temos que competir no mercado con prezos en orixe máis baixosnoutras zonas do Estado español. O noso principal aval é a calidade das nosas carnes.

❙ Prezo xusto ó consumidor. Consideramos que o prezo final da nosa carne ecolóxicanon pode exceder demasiado o da carne convencional (10 – 15%), para evitar que sexaun produto de elites, só accesible ós grupos sociais de maior renda. Para conseguir esteobxectivo pensamos que é necesario establecer un contrato social, que fixe unha trans-ferencia de renda ás producións ecolóxicas, como xa está ocorrendo coas axudasmedioambientais, polo labor social que desenvolvemos:

Page 156: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

156

28 Conservando e valorizando a biodiversidade: un exemplo pioneiro e exitoso manexando o vacún…

❙ impacto cero ou mínimo na natureza❙ control de incendios no medio rural

galego.❙ minoración do cambio climático.

En definitiva, somos auténticos XARDINEI-ROS DA NATUREZA e merecemos o recoñece-mento social polo noso labor, que incide moipositivamente nas arcas públicas e na saúde dosnosos consumidores.

Producindo carne con biodiversidadepropia

Unha das principais virtudes que, en xeral,amosa a experiencia de Biocoop é que o mate-rial xenético das nosas vacas é único e exclusi-vo destas terras. Non é que non valoremos opotencial produtivo que teñen outras razas senón que traballando con razas autóctonasconseguimos: reducir ó mínimo os gastos de fóra do sector ó seren razas perfectamenteadaptadas ás condicións ambientais locais. Por outra parte, valorizando as razas autócto-nas estamos conseguindo que ese patrimonio xenético, froito do traballo milenario dosnosos devanceiros, non se perda de forma irreversible.

Alén da rubia galega, a raza autóctona máis coñecida, as ganderías asociadas en Biocooptraballan con material xenético das RAZAS EN PERIGO DE EXTINCIÓN: cachena, caldelá,limiá, frieiresa e vianesa. En xeral, trátase de unidades produtivas extensivas: os animais, enestado salvaxe, están en liberdade, non pechados. Trátase pois de imitar no posible a situa-ción natural na que se atoparían os animais se o home non interviñese, permitir que formenmandas, proporcionarlles diversidade de zonas (pasto, bosque, zonas húmidas,…) para quesexan eles os que elixan onde queren estar, deixar que se reproduzan cando consideren queé o momento óptimo, darlles sempre alimentos ecolóxicos que consumirán de xeito natural.

As ganderías extensivas permiten aproveitar os recursos que ofrece a zona, axudandoincluso á limpeza dos montes e polo tanto, a reducir a propagación dos incendios. Trátasede que a produción dos animais sexa respectuosa:

❙ Co medio no que se integran, para constituír un ecosistema sostible.❙ Coa saúde dos consumidores, xa que os animais se alimentan exclusivamente de pro-

dutos ecolóxicos (pastos ós que teñen acceso, cereais e leguminosas de produciónecolóxica, millo das propias unidades produtivas e feo).

❙ Cos propios animais que integran a Unidade Produtiva, xa que hai que permitirllesque, mentres estean na gandería, se desenvolvan e se encontren o mellor posible esen sufrir tensións, e dicir, o máis parecido a como se atoparían en estado salvaxe.Que os xatos non tomen medicamentos (antibióticos, antiinflamatorios...) ó longoda súa vida fai que a súa carne sexa de maior calidade e máis segura sanitariamen-te, posto que non teñen substancias nocivas acumuladas nos seus organismos.

Como resultado do manexo realizado, os animais encóntranse fortes, vigorosos, alegrese sans, o que permite que non reciban ningún tipo de tratamento medicamentoso. Está cla-ro que para que os animais dunha gandería estean en perfecto estado, é imprescindible ecase requisito único respectar a súa forma de vida.

Page 157: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

157

Manifestacións de PI: a cosmovisión

Outros elementos que caracterizan a algunhas das unidades produtivas que fan parte deBiocoop son os seguintes:

❙ A intervención dos coidadores está na procura das mellores condicións posibles paraa estadía dos animais, buscando a rusticidade e pragmatismo nas construcións e ten-tando obter boas producións de pasto mediante a contribución de compost e xurrosobtidos pola maceración de plantas en auga.

❙ A busca da autosuficiencia. A meirande parte dos complementos alimentarios quese lles proporcionan ós animais son producidos nas propias Unidades Produtivas.Cando é necesario impórtanse de fóra das unidades, pero sempre de procedenciaecolóxica certificada.

❙ Recuperación de variedades vexetais propias, como foi o caso dunha variedade rústi-ca de centeo, orixinario da comarca da Limia. Trátase dun cereal que se sementaba nomonte. O seu gran servirá de alimento para os xatos e a palla como cama do gando.

❙ As crías nacen no monte, xa que os animais están ceibes sempre. Os xatos que vanser destinados ó consumo humano maman das súas proxenitoras ata que chega omomento do sacrificio, mentres que as crías que van quedar na unidade paraaumentar os seus efectivos maman ata que son destetadas polas nais.

Este tipo de ganderías proporciónalles ós animais as condicións (consultar ganderíaOuteiro) perfectas para que se desenvolvan fortes e sans, de xeito que non precisan de tra-tamentos medicamentosos.

A preparación dos produtos

Os becerros que se crían nas unidades produtivas de Biocoop son comercializados a tra-vés da propia cooperativa seguindo o proceso descrito a continuación:

❙ O sacrificio lévase a cabo entre os 9 e 11 meses de idade do becerro. Ten lugar nomatadoiro da Estrada – Pontevedra, que está homologado polo CRAEGA (ConselloRegulador da Agricultura Ecolóxica en Galicia). Os animais cualificados como eco-lóxicos han de ser sacrificados en tempos e/ou espazos diferentes ós convencionais,para evitar todo tipo de contaxio.

❙ A maduración/transformación ten lugar nas salas de Cocarga S.L, sita en Vigo, taménhomologada polo CRAEGA. Trala matanza, o proceso de faenas comeza coa madu-ración dos canais (2 ºC, durante 5-6 días ) nas cámaras frigoríficas. Logo, o animalé desosado e despezado no tipo de porcións que elixiu o cliente. Tamén comerciali-zamos canais e medios canais.

❙ O envasado. As diferentes porcións (solombo, entrecot, filetes 1ª a e 1ª b, redondo, fon-due, rotti, ragout, xarrete, hamburguesas –carne picada con sal mariño groso e oure-go de produción ecolóxica– e carne picada) son envasadas ó baleiro seguindo diferen-tes sistemas: sistema darfresh, skin ou termoformado. Esta tecnoloxía de envasado,que combina o baleiro e a micropasteurización superficial da carne, permite unha con-servación óptima do produto durante 30 días e unha longa caducidade.

A venda dos produtos

Para que a carne ecolóxica non resulte cara e poida chegar ó mercado a un prezo razoable(sopesando a relación calidade/prezo) é necesario pór en contacto o produtor co consumidorfinal, evitando no posible a intermediación comercial. Para conseguir este propósito é necesa-rio que os gandeiros unan forzas como fixeron os gandeiros ecolóxicos asociados a Biocoop.

Page 158: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

158

28 Conservando e valorizando a biodiversidade: un exemplo pioneiro e exitoso manexando o vacún…

A cooperativa é quen organiza e vende, directamente, os xatos das súas ganderías eco-lóxicas ás amas de casa, ás familias, asociacións de consumidores ecolóxicos, ás tendas erestaurantes ecolóxicos.

Este sistema de venda directa permítenos valorizar a nosa tenreira autóctona e libéra-nos da escravitude de non ter un canal comercial de “alto rendemento”.

Biocoop coloca os seus produtos en calquera punto do estado español en 48 horasmediante transporte de frío, seguindo dous sistemas de venda:

❙ Sistema darfresh: venda directa a particulares, tendas ecolóxicas, liñas de grandessuperficies (por exemplo, centros de El Corte Inglés de Galicia).

❙ Canais e medios canais: venda a profesionais carniceiros, moi sensíbeis á calidadediferenciada e singular. Por exemplo, Carnicería “Gallaecia”, 100 % ecolóxica, naCoruña; “Raza Nostra” en Madrid; Equanto S. A., en Lisboa, que nos compra 6canais semanais; alén de balnearios e casas de turismo rural en Galicia e carniceríasde Valencia e Castellón.

Sistemas de control

As unidades gandeiras de Biocoop sométense ó control externo exercido polo CRAEGA.Así, as unidades son inspeccionadas dúas veces por ano, realizando analíticas de terra,auga, vexetación, alimentos, pelo dos animais, etc. O obxectivo dos controis é buscar cal-quera residuo de produtos non permitidos na gandería ecolóxica.

Alén do control externo, os socios da cooperativa conforman unha agrupaciónmedioambiental Biocoop, organismo de control interno que pretende, entre outras fun-cións, velar polo bo cumprimento da normativa ecolóxica e inspeccionar e controlar perio-dicamente as ganderías

Para desenvolver estes labores contamos con persoal técnico capacitado: unha bióloga(Anabel Dacosta) e unha enxeñeira agrónoma (Begoña Gómez).

Page 159: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

A galiña piñeira (proxecto da fundación ACIVEGA)

Xan Ramón Díaz Saavedra

29

Na provincia da Coruña existiu sempre unha pita de tipo silvestre, aperdigada, e denomi-nada popularmente “piñeira” que foron mellorando os habitantes da zona do concello doPiñeiro e os seus limítrofes, seleccionando exemplares que derivaron cara unha pita de tipoprodutivo de aptitude cárnica e poñedora.

A poboación actual desta pita silvestre veuse reducindo, ficando na actualidade nunspoucos exemplares, ao redor de 400. Endexamais se estudou, nin catalogou na súa varie-dade silvestre; e a selección artesá fíxose de xeito empírico e sen as precisas actuacións quese derivarían dun axeitado estudo das unidades orixinais.

A pita piñeira é unha raza moi maternal: presenta unha plumaxe acastañada, mestura-da con azuis e grises, nas femias, e de cor negra no peito e nos cabos extremos dos machos.

O proxecto de ACIVEGA sobre a PITA PIÑEIRA ten os seguintes obxectivos:1. Recuperar unha raza autóctona e campeira.2. Estudar a comercialización dos seus produtos: ovos, carne e plumas.3. Mellorar a raza e gardar a selección xenética nun banco de xenes.Co primeiro obxectivo do proxecto trátase de marcar pautas para a conservación e

mellora da raza cara ao seu mantemento e recuperación. Obter datos fidedignos que per-mitan a utilización produtiva da pita.

No segundo obxectivo preocuparémonos da produción fundamentalmente de ovos,carne e plumas para a mosca na pesca deportiva.

Co terceiro obxectivo trátase de crear un banco xenético onde este material se conservepara os futuros produtores que poidan iniciarse neste sistema produtivo, e ao mesmo tempotratar de conservar para os nosos fillos e netos unha raza galega que non debe desaparecer.

Entre as iniciativas e plans deseñados para executar este proxecto establecéronse osseguintes:

1º Buscar máis espazo para desenvolver o actual galiñeiro experimental.2º Ampliar a poboación deste galiñeiro a 100 aves3º Construír un almacén e unha dependencia comercial cara ao produtor4º Instalar un minilaboratorio para o control de calidadeA conclusión principal do proxecto:❙ Recuperar e darlle valor ao noso patrimonio, e é polo que estamos integrados e cola-

boramos co proxecto da UNIVERSIDADE RURAL GALEGA.

Page 160: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural
Page 161: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

Un novo impulso para os montes veciñais: un patrimonio único

Xosé Represas Giráldez

30

Pasados xa máis de 25 anos do “recoñecemento legal” dos montes veciñais, que repre-sentan case a cuarta parte do territorio de Galicia. Esta forma de posesión, tan propia deGalicia e Portugal, nace coa conformación dos núcleos de poboación, sendo anterior ás ins-titucións de poder local.

Os montes veciñais foron clasificados como tales, cando a Comunidade Veciñal xa esta-ba inoperativa e vivía de costas ó monte, pola crise da agricultura e os costumes tradicio-nais, polos cambios sociais e económicos.

Nesta situación, coa comunidade desorganizada e sen a utilidade e importancia que omonte tiña na agricultura tradicional, os montes que antes lles usurparan sonlles recoñe-cidos ós veciños, pero sen delimitar, con contratos que non se realizaron, sen planificaciónde ningún tipo e con escasos recursos que poder reinvestir, e sen que o Estado recoñecesetodo o dano causado ás Comunidades Veciñais polos continuos ataques contra os montesveciñais dende 1835 (ano no se inicia o deseño do novo mapa municipal). Queda así frus-trado o recoñecemento, por estas eivas e limitacións.

O Estado ten cos montes veciñais de Galicia unha débeda histórica sen reparar, poisnunca foron indemnizadas as Comunidades Veciñais pola marxinación que sufriron nalexislación forestal española, asignando a súa titularidade ós Concellos. Ademais do “reco-ñecemento legal”, non houbo, ó longo destes anos, ningunha actuación significativa quede forma planificada permitise normalizar o funcionamento das Comunidades Veciñais.Unicamente cabe reseñar que na Lei Estatal de 1980, o seu artigo 14 recolle que aAdministración asumirá con respecto ós montes veciñais os seguintes cometidos: deslindee amolloamento, asegurar a conservación e integridade, divulgación e asesoramento técnico, pro-gramas de transformación e plans de investimento, realización dun plan xeral de aproveitamen-to de montes veciñais coas dotacións técnica, financeira e orzamentaria necesarias. Isto quepodía ser parte desa indemnización, nunca foi realizado e tampouco recollido no acordode transferencia de competencias á Comunidade Autónoma.

A consolidación da comunidade e do monte veciñalA Comunidade Veciñal ten estado todos este anos nunha situación de debilidade e

abandono, sufrindo ataques de diversos sectores, sendo precisa por tanto unha actuación deci-dida de defensa e consolidación da propiedade e da Institución.

Page 162: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

162

30 Un novo impulso para os montes veciñais: un patrimonio único

A consolidación do monte veciñal vai unida á recuperación efuncionamento normalizado da comunidade de veciños, pois atransmisión de coñecemento, usos e organización que foi corta-da de forma radical durante a ditadura provocou unha desvin-culación case total, requirindo agora un esforzo en dous senti-dos; na recuperación da Institución Veciñal e ó mesmo tempoque esta utilice o monte en función dos seus intereses nomomento actual, pois só así pode preocuparse por coidalo.

Para a consolidación da propiedade veciñal, é necesario com-pletar o proceso de clasificación realizado polos Xurados no seudía incluíndo ademais dos deslindes toda a información, contra-tos e planimetría en canto ás ocupacións e servidumes realizadassobre os montes antes da clasificación; é dicir de todos os nego-cios xurídicos realizados sen a intervención da Comunidade,como liñas eléctricas, etc.

A consolidación destas propiedades cara ó futuro, precisa dediversas medidas que permitan coidar e transmitir este patrimo-nio, indo máis alá da parte tanxible e facilmente valorable, pois se aínda hoxe temos estaspropiedades coas súas características tan ben definidas e coñecidas pola maioría dos quevivimos en áreas rurais, é sobre todo pola transmisión oral, de xeración en xeración, da for-ma de organización, etc., pois esta forma de posesión dos “montes veciñais” en Galicia een zonas de Zamora, León e Asturias, así como dos “montes baldíos” en Portugal, formaparte do patrimonio cultural común que compartimos. Historicamente estiveron rexidospola comunidade de veciños de cada parroquia, “freguesía” ou lugar, que fixaba as normas,sistemas de aproveitamento e conservacións dos montes e demais cousas “do común”como os regadíos, os muíños, as fontes, os fornos, etc., sendo esta forma de posesión ante-rior a calquera documento escrito.

Ás veces parece que xa se ten falado moito das posibilidades dos montes veciñais, dasúa orixe, da súa importancia, por se-los grandes latifundios galegos que representan máisdo 22% do territorio galego e que pertencen por igual ós veciños de cada parroquia oulugar, pero máis alá dunha breve referencia neste sentido, para máis da metade dos gale-gos que xa viven nas cidades e grandes vilas, resulta en boa parte descoñecido o funciona-mento e forma de organización.

A función social do monte veciñal no século XXI

A evolución e funcionamento actual de aproximadamente o 40% do total de comuni-dades clasificadas que teñen unha actividade regular é debido ó interese dun bo grupo decomunidades e tamén polo voluntarismo de moitos directivos, reorientando as funciónsque deben cumprir os montes para os veciños e a sociedade no século XXI, atendendo ásdemandas de tipo social, cultural, formativo, de realización de obras de interese parroquial,etc. Grazas a este esforzo, xa podemos falar de experiencias innovadoras que teñen resul-tado moi ben valoradas polos veciños e que están a guiar a función social que cumprenhoxe as comunidades.

Unha xestión adecuada dos recursos pode reportar outros beneficios directos para osveciños, donos dos montes veciñais, e tamén poden axudar a compensar marxinacións edesvantaxes, con respecto ós que viven en vilas e cidades, por dispoñer sobre todo dunmaior número de servizos próximos.

Page 163: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

163

Manifestacións de PI: a cosmovisión

Un exemplo das posibilidades dun mellor aprovei-tamento dos recursos dos montes témolo nos restos decortas, rareos, podas e árbores sen aproveitamentopara madeira que antes se utilizaban para leñas e queagora quedan nos montes, todo isto que coñecemoscomo biomasa forestal, representa un 25% da madei-ra que producen os nosos montes e que agora estáincrementando o risco de incendio. Resulta, candomenos chocante, que importemos petróleo, cada vezmáis caro, para producir calor e que teñamos ó ladodas nosas casas este recurso sen aproveitar.

Posibilidades de innovación a curto prazo

Hoxe en día é posible estender, no medio rural, ainstalación de pequenas caldeiras que queimenmadeira en lascas, para dar calor a casas ou edificios

públicos, como xa sucede noutros países de Europa, coa mesma comodidade que se utili-za o gasóleo e ó mesmo tempo o diñeiro quedaría todo no país, sen pagar facturas deimportación de petróleo e cun aforro do 40% dos custes para os veciños. Este exemplo deinnovación, no seu desenvolvemento inicial, precisa da implicación da administración,ademais da participación directa dalgunhas comunidades de montes. Este tipo de accións,permite cumprir simultaneamente, con diversos obxectivos, pois crea emprego, diminúe orisco de incendios, axuda a coidar os montes, recupera un aproveitamento tradicional peroadaptado ó momento actual, aporta melloras medioambientais, fixa poboación, é compa-tible con outros traballos estacionais no medio rural, etc.

Como toda acción innovadora, precisa dun tempo para superar os atrancos iniciais,pero, pola experiencia durante anos, noutros países de Europa, resulta viable a nivel téc-nico e económico, só é necesario establecer un sistema estable de subministro de las-cas achegado ás áreas de consumo, para competir cos derivados do petróleo en con-dicións de maior comodidade para os veciños consumidores, garantindo ó mesmotempo un aforro de custes, que cada ano será maior, ofrecendo ó mesmo tempo poucasdúbidas cara ó futuro.

Iniciativas deste tipo só poden saír do interese das comunidades de montes, de propie-tarios particulares agrupados ou da administración, porque a súa maior riqueza está nosbeneficios sociais que crea, máis que na marxe de beneficio da actividade. Todo o contra-rio do que sucedeu nestes anos cos aproveitamentos eólicos nos montes, que si contaroncon elevados investimentos empresariais pero ignorando a propiedade e sen que os bene-ficios deste recurso repercutan alí onde se aproveitan. Mediante unha xusta compensación,cunha renda anual dunha porcentaxe sobre a facturación, evitariamos a expropiación dorecurso eólico dos nosos montes que foi o que ó final sucedeu, grazas á normativa que per-mite utilizar a declaración de utilidade pública para este negocio privado.

Os aproveitamentos dos recursos enerxéticos dos montes, permiten valorar outras fon-tes de posibles ingresos, permitindo uns maiores beneficios para os veciños e achegandorecursos para recuperar os montes para acadar unha xestión sostible deles.

Durante estes anos tamén se teñen dado iniciativas empresariais, por parte dalgunhascomunidades, para xerar emprego e participar no aproveitamento e transformación dosrecursos dos seus montes, mais estas iniciativas chocaron coas limitacións legais da nor-

Page 164: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

164

30 Un novo impulso para os montes veciñais: un patrimonio único

mativa vixente dende 1989 que limita a capacidade xurídica das comunidades de montesveciñais en man común.

Para un novo impulso dos montes veciñais, ademais de consolidar a propiedade e aInstitución Veciñal; valorar as súas potencialidades e divulgar os seus valores culturais,medioambentais e paisaxísticos; apoiar, a súa xestión sostible aportando beneficios sociaisós veciños, a innovación no aproveitamento dos seus recursos, precisa ademais de modifi-cacións legais, que permitan actuar ás comunidades de montes con plena capacidade xurí-dica no momento actual, para non ter limitadas as súas posibilidades, garantindo ó mes-mo tempo as características da propia figura xurídica.

Centro de Documentación e Divulgación dos Montes Veciñais

Mais a pesares desta enorme riqueza e patrimonio coa que en diversos aspectos contanos montes veciñais, bótase en falla a creación dun Centro de Documentación que permiti-se recompilar toda a documentación histórica que está moi dispersa sobre montes veciñaise que ó mesmo tempo servise como centro de referencia para divulgar a importancia social,cultural e económica das comunidades de montes na sociedade galega.

Page 165: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

Desenvolvemento local e patrimonio Mardelira: un proxecto de desenvolvemento sustentable

Emilio Louro Lamela “Milucho”

31

Traballo na confraría desde o ano 1989 e nos últimos anos, desde o ano 2000, estamosa desenvolver unha serie de iniciativas pioneiras en Galiza e nalgúns dos casos, mesmo noEstado Español, que teñen como nexo común a posta en valor do coñecemento tradicio-nal dos pescadores para artellar un futuro mellor para o sector

Hai un dato curioso que resaltar na miña biografía, nacín o 25 de febreiro do ano 1966en Lariño, parroquia veciña de Lira. Esta data coincide cun feito histórico salientable comofoi o naufraxio dunha fragata da armada española chamada “Ariete” e no que grazas ó com-portamento heroico do pobo de Lira se salvaron os 167 tripulantes da embarcación. Ensinal de agradecemento o Almirante Nieto Antúnez xestionou a construción da primeirarampla e o dique de abrigo do porto de Portocubelo, onde antes era un porto natural. Polotanto podemos falar de que a evolución moderna do porto de Lira produciuse a raíz doreferido acontecemento histórico. A coincidencia fixo posible que unha persoa veciña nadanesa mesma data acabara vinculada e traballando na Confraría de Pescadores de Lira.

O termo SOLIDARIEDADE en Lira escríbese en maiúsculas. No 1966 grazas ó apoiodesinteresado de toda unha vila, e pondo en perigo as súas propias vidas, salvaron a tódo-los mariños do “Ariete” (de aí que no escudo do Concello de Carnota apareza o de “MoiHumanitario”). No 2002 hai outro feito inesquecible para toda Galiza pero moi en concretopara Carnota e de forma moi especial para Lira. Estou falando da catástrofe provocada polo“Prestige”. O chapapote procedente dese barco maldito no seu deambular errático ó longode toda costa castigou de forma moi especial a comunidade pesqueira na que teño a hon-ra de traballar. Falamos de que Lira se converteu na zona cero biolóxica. Trinta e sete anosdespois do naufraxio do Ariete, Lira foi receptora da maior mostra de solidariedade que selembra no Estado Español. Era a gran marea branca, que acudiu, para salvar o noso mar.Máis de 90.000 voluntarios fixeron posible que unha pequena comunidade pesqueirarecuperara o ánimo e se puxera a traballar para reverter unha situación que apestaba a cha-papote e, unha vez máis, a emigración.

Esta circunstancia foi un dos desencadeantes para que os pescadores que compoñen acomunidade de Lira, especialmente sensibilizados pola situación de catástrofe ecolóxicavivida, pensasen en buscar fórmulas para buscarlle unha rendibilidade a actividade pes-queira e que se concienciase na importancia que ten o respecto ós recursos mariños e ómedio ambiente.

Page 166: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

166

31 Desenvolvemento local e patrimonio. Mardelira: un proxecto de desenvolvemento sustentable

Lira é unha pequena poboación do concellode Carnota ubicada no límite da Costa daMorte. A poboación de pouco máis de mil habi-tantes está marcada historicamente pola emi-gración. Máis do 35% da poboación activa vivedirectamente da pesca artesanal e o marisqueopolo tanto podemos dicir que é unha zona alta-mente dependente da pesca.

Desde a confraría de pescadores de Liradetectamos como nos últimos anos había unabandono progresivo da actividade pesqueira.Máis da metade dos mariñeiros ou marisca-dor@s están por riba dos 51 anos e tan só o26% ten menos de 25 anos de idade. Polo tan-to estamos a falar dunha clara falta de relevoxeracional principalmente porque non se consi-dera rendible a actividade pesqueira.

Unha vez detectada esta situación entre un grupo de colaboradores da confraría e xentedo propio sector pesqueiro elaboramos un diagnóstico da situación e puidemos relacionarunha serie de problemáticas do sector que cremos que impiden o seu desenvolvemento(desestruturación sectorial, malas prácticas de pesca, escaseza de recursos, sobreexplota-ción, deficiente comercialización, impacto “Prestige”, previsible recorte dos fondos U.E. apartires do 2007…)

Diante deste diagnóstico pensamos en buscarlle solucións a estes problemas incidindofundamentalmente en 3 áreas de actuación (ECONÓMICA, BIOLÓXICA E SOCIO-CUL-TURAL), interrelacionadas entre si e buscando sinerxías entre elas:

❙ ECONÓMICAEra preciso acometer unha serie de melloras infraestruturais e de servizos no porto e

mellorar a comercialización. Iso logrouse coa dotación do porto da maior parte dos servi-zos que precisabamos (servizos de carnadas, combustible, varadoiro, casetas de usuarios,nave de comercialización, loxística propia e poxa automática) e creando unha empresa decomercialización directa xunto con outras 3 confrarías e a achega de capital de investido-res privados. Lonxanet Directo S.L. encargase de facer chegar directamente do produtor óconsumidor final os produtos procedente da pesca artesanal e o marisqueo coas máximagarantías de frescura e calidade, nun servizo urxente de transporte (menos de 24 horas acalquera punto da península), garantindo en todo momento a trazabilidade do produto. Aposta en funcionamento deste sistema de venda supuxo que o mariñeiro se decatase de quese vendemos ben podemos pescar mellor.

❙ BIOLÓXICAA iniciativa do propio sector ten presentada unha proposta diante da Consellería de

Pesca e Asuntos Marítimos para establecer unha zona de Reserva Mariña de InteresePesqueiro (RMIP) ou Área Marítima Protexida (AMP) como unha ferramenta que axude aracionalizar de maneira sustentable as prácticas de explotación dos recursos delimitandounha zona que quede protexida da pesca indiscriminada e doutros usos deportivos ou deocio con impacto ambiental negativo e creando 2 zonas de reservas integrais que permitana recuperación dos ecosistemas mariños, tendo como obxectivo a restauración do equili-brio do ecosistema costeiro e conservar os recursos para conservar os pescadores No casoda RMIP ou AMP fronte a outras AMPs do Estado que foron implementadas dende as dife-

Page 167: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

167

Manifestacións de PI: a cosmovisión

rentes administracións, a de Lira foron os propios pescadores os que a propuxeron. Peroademais, no deseño da área empregouse o propio coñecemento dos pescadores, foi cons-truída cós seus propios criterios e visión: ubicación, tamaño, localización, reservas inte-grais, zonificación doutros espazos e sobor de todo como xestionala no futuro.

❙ SOCIO-CULTURALNeste campo púxose en marcha un proxecto que se denomina “Mardelira” que preten-

de dar a coñecer á sociedade o senlleiro valor do patrimonio cultural da pesca artesanal, acomplexidade do mundo da pesca e do mar e dinamizar socialmente o contorno do porto,coa presenza de novos actores (nenos, mestres, turistas) coa fin de recuperar a autoestimados pescadores integrando no Proxecto todas as xentes do mar, a poboación laboralmenteactiva e non activa da pesca (profesionais pescadores, xubilados e mariscadoras). Mardelira,amosa o mar, as tradicións, a historia e as lendas desta vila cos ollos dos mariñeiros.

O fundamento do Proxecto Mardelira é a xeración dun modelo de desenvolvementoapoiado na pesca sustentable.

O proxecto consta de 2 áreas de actividades: un taller de pesca e un programa de turis-mo mariñeiro.

❙ O taller de pesca está orientado a nenos en idade escolar con rutas temáticas guia-das vinculadas ó mundo da pesca e o mar. A oferta das rutas aínda que incorporaun pormenorizado inventario dos bens patrimoniais do concello e dos limítrofes,está artellada arredor do patrimonio pesqueiro. Nelas amósanse recursos tanxibles eintanxibles do patrimonio natural e cultural (espazos naturais, embarcacións, apa-rellos, instrumentos para a confección de artes de pesca, casetas de pescadores, his-toria de naufraxios, lendas…)Unha caseta de pescadores do século XIX rehabilitada para este proxecto (Caseta de“Pepe do Cuco”), é utilizada como pequeno centro cunha exposición permanentesobre a historia de Lira, mediante paneis explicativos, utensilios de pesca restaura-dos, artes de pesca en desuso… expresivos da adaptación da actividade pesqueiratradicional ós tempos.

❙ O Turismo Mariñeiro vai destinado a aquelas persoas que desexen vivir unha xor-nada de pesca con mariñeiros deste porto como unha proposta de turismo activonunha costa como é a Costa da Morte. Esta actividade ofrécese como unha expe-riencia de transmisión de coñecementos e valores da cultura da pesca tradicional.Durante a xornada de pesca o patrón eríxese como guía da actividade pesqueira evai expoñendo en alto o seu pensamento, transmitíndolle o importante caudal deinformación e de coñecementos de que dispón. O turista poderá presenciar como serealiza a actividade laboral dun pescador, coñecer de primeira man as súas inque-danzas, dificultades e a propia fala mariñeira. Desde a embarcación pódese apreciaro perfil da costa, dos baixos, observar aves e cetáceos… A Actividade de Turismo Mariñeiro preséntase como unha experiencia mutua entrepescadores e turistas. Os primeiros, cunha alteración mínima da súa rutina, gozandunha nova relación espontánea, pero planificada. Os segundos intégranse nunmedio social e natural para eles descoñecido e sorprendente.

No tempo que levamos desenrolando este programa podemos detectar a importanteinxección de autoestima que supón para os patróns poder participar como actores princi-pais neste proxecto.

En definitiva, en Mardelira rescatamos a memoria oral, a pequena historia desta comu-nidade de pescadores, rescatamos e interpretamos aqueles elementos vencellados ó mar

Page 168: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

168

31 Desenvolvemento local e patrimonio. Mardelira: un proxecto de desenvolvemento sustentable

como o espazo portuario, as actividades pesqueiras, as artes, as especies, os antigos alma-céns de salga, os barcos… O coñecemento tradicional que teñen os pescadores sobre o eco-sistema costeiro emprégase na voz dos propios pescadores, comunicándoo en interaccióncos usuarios que participan no proxecto de turismo mariñeiro.

Os destinatarios deste coñecemento etnográfico son a sociedade en xeral e, sobor detodo, os nenos coa finalidade de que, de adultos, a experiencia de ter pasado por Lira osfaga máis sensíbeis e receptivos ó mundo do mar e os pescadores.

Os actores que transfiren este capital cultural son os propios pescadores, mariscadorase xubilados do mar. Esta é a nosa forma de converter a etnografía en patrimonio.

Pero dentro do eido socio-cultural a confraría de Pescadores de Lira tamén participa dun-ha Rede de Comunidades Pesqueiras Artesanais polo Desenvolvemento Sustentable (RECO-PADES) que foi constituída en Lira o 19 de novembro do 2004, e onde participamos ini-cialmente catro comunidades pesqueiras (La Rocha-Uruguai, Puerto Madryn-Arxentina, Illade Hierro-Canarias e Lira-Galiza) neste ano 2005 nunha xuntanza celebrada en Ushuaia arede incrementouse con comunidades pesqueiras de Chile, Brasil e outras de Arxentina.

No caso de RECOPADES a única forma de enriquecer e mellorar a nosa cultura propiaé coñecendo as realidades sociais, culturais e económicas doutros pobos que como nósviven e dependen da pesca. Esta cremos que é a maneira de compartir problemas e coo-perar na súa resolución. Abríndonos ós demais, seguiremos aprendendo e mellorando anosa realidade cultural.

Despois de todo o exposto consideramos que as distintas iniciativas nas que estamosinmersos se encadran no campo da cultura pesqueira e o desenvolvemento local, é dicir nadinamización económica e social do sector pesqueiro de Lira empregando entre outrosrecursos a cultura pesqueira.

Page 169: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

Agora ou nunca. A talasonimia

Xosé Lois Pilar Pedreira

32

Cando queremos saber dos nomes das rúas dunha cidade acudimos ó mapa de rúasque se vende en quioscos e librerías. Se a nosa viaxe vai alén do territorio que trepamose percorremos de cote entón mercamos un mapa de estradas no que figuran cidades,vilas, ríos, montañas... cada día máis, mapas e planos e atlas e globos terráqueos van per-dendo terreo a prol dos aparellos que nos localizan por G.P.S. (Global Position System)en calquera sitio do mundo.

Pero se o que queremos saber non son as rúas de Malpica nin as da Guarda, nin son asestradas de Ortigueira a Oia, senón os nomes da costa e do fondo e da superficie do mardesde o Miño até a praia de Patos, para encher a nosa curiosidade consultamos mapascatastrais e de estradas, cartas náuticas, derroteiros, programas informáticos, aeroguías,libros antigos, etc., etc... Logo de moitas pescudas bibliográficas decatámonos do baleiroinformativo das fontes escritas e tivemos que recorrer ó mellor programa informático, ámellor carta náutica, ó mellor derroteiro, tivemos que acudir á experiencia e á memoria dasmulleres e homes que levan centos, miles de anos explotando o medio mariño. Xente daGuarda, Oia, Panxón, Baiona e Baredo que pesca, apaña argazo, colle percebes nas pedrasda beiramar, nos areais, no fondo do mar, ó redor de illas e illotes. Tivemos que falar coneles para deixar constancia escrita dos topónimos do mar: a talasonimia, a hidrotoponimia.

Entramos así no máis “esbrugho” do patrimonio inmaterial que supón un nome, moitasveces xamais escrito, só proferido no aire, só pronunciado e escoitado, sen máis soporte paraa súa existencia que o cerebro, a memoria dos nosos mariñeiros, argaceiras e percebeiros.

Para recuperar os hidrotopónimos desde a parroquia de Salcidos (A Guarda) até A Areadas Canas (Panxón) entrevistamos a medio cento de persoas que nos forneceron uns 1.400nomes da costa, do río e do mar neste tramo de 70 quilómetros.

Entre toda a bibliografía consultada non xuntamos máis ca uns 300 topónimos no espa-zo no que a transmisión oral nos achegou 1.400. Esta recollida ten en por si a importan-cia de perpetuar na escrita un tesouro memorístico que á volta de poucos, moi poucosanos, se perdería para sempre. Non recollemos os nomes nunha simple e insípida listaxesenón que a cada nome lle fixemos unha ficha, un diagnóstico e en colaboración co SIT-GA (Sistema de Información Territorial de Galicia) xeorreferenciamos os nomes que fica-ron localizados no lugar exacto sobre fotografía aérea recente.

Page 170: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

170

32 Agora ou nunca. A talasonimia

E como era de lei, a colaboración coa confraría de Baiona deu como froito a publica-ción dunha aeroguía litoral con tódolos topónimos recollidos até remates do ano 2004.Ademais o traballo de recolleita ten un aproveitamento desde o punto de vista filolóxico,arqueolóxico e patrimonial no que se está a traballar desde o IEM (Instituto de EstudosMiñoranos) e colaborando con Iván Sestai que comezou a recolleita na ría de Aldán e pen-samos en breve xuntarnos nun ou noutro punto do concello de Vigo.

Brindamos o noso traballo á ANPA do Colexio da Cruz de Camos (Nigrán) que coa pro-fesora Pilar Barreiro está a traballar no proxecto didáctico “A toponimia do Val Miñor”merecente do 3º premio Antonio Fraguas que concede o padroado homónimo do Museodo Pobo Galego. Eis entón a vertente pedagóxica da hidrotoponimia.

Tanto o traballo de campo como o traballo de gabinete son moi gratificantes. A conversacoas xentes que traballaron ou aínda traballan no mar está inzada do sufrimento do traba-llo, da dureza do medio mariño, as anécdotas e intres de perigo das súas vidas, a narraciónde afogamentos, naufraxios, embarcacións seladas ou capotes, supersticións... Un senfín dematices no que poder afondar, por exemplo:

❙ Hai naufraxios que deixan nome que ás veces son evidentes como O Barco do Salou O Conde de Barbate, pero outras sabémolo pola conxunción do traballo dehemeroteca e a recollida oral. Por iso sabemos que na pedra chamada O Cunichánafundiu o Collingham o 25 de xaneiro de 1906 cargado de semente de algodón, ouseis anos antes afundiu o veleiro de Baiona La Regente na enseada do Baleal agoratamén coñecida coma do Peito Ancho, alcuño do armador e dalgúns tripulantes dalancha. En 1917 enxurrou o Cabo Oropesa nos baixos ó sur de Rebel, na Guarda,logo coñecidos como Os Baixos do Oropesa.

❙ A hidrotoponimia descubriunos unha radiografía do patrimonio marítimo inmoble quetantas veces ten tratado e defendido Dionisio Pereira e a Federación Galega pola CulturaMarítima e Fluvial (FGCMF). Podemos individualizar diversas categorías como asenta-mentos protohistóricos ( O Castro) e medievais (A Pescaría), arquitectura popular, muí-ños de vento (Os Muíños), hidráulicos (O Muíño de Facorro), tendais de redes (O Tendalde Maciel) e de argazo (A Laxe da Felicia) así como instalacións industriais, militares,portuarias, construcións relixiosas, sinais marítimos e monumentos varios.

Page 171: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

171

Manifestacións de PI: a cosmovisión

❙ A constatación dun importante grupo de xenéricos, que veñen ser o nome específi-co que recibe cada realidade xeográfica ou topográfica nunha determinada zona. Unseco é aquela parte emerxente nun fondo máis ou menos uniforme, e o limpo é unhasuperficie do fondo do mar cuberta de area, unha allada é unha mancha de area, abeirada é a franxa ou zona de contacto entre o limpo e a superficie rochosa, unhaolga é unha laxe que non descobre coa baixamar e que se pode ollar desde a embar-cación, e castizal, brugal, porto, serrón, corveiro mesiña, ladeira, banqueta...

Estamos a constatar o tesouro que supón a toponimia, no caso que nos ocupa a TALA-SONIMIA, só existente na súa inmensa maioría na memoria dos homes e mulleres vincu-lados vitalmente ó río e ó mar.

Estamos a constatar que a principal fonte de información para construír un rexistrotoponímico do mar está a desaparecer e estamos a facer pouco por recuperalo. Ou ago-ra ou nunca.

Page 172: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural
Page 173: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

As embarcacións fluviais como recurso

Xosé Manuel Vázquez

33

A finais dos anos noventa comezamos a interesarnos pola cultura fluvial. De partida oabandono faise notar: estudos incompletos (pechados arredor das arcaicas e veneradas pes-quisas de Xaquín Lorenzo) e desprezo polo propio (barcas elaboradas en madeira de cas-tiñeiro podrecendo en Belesar e en Pincelo, acoso legal aos últimos barqueiros e promo-ción da Ribeira Sacra na rede con imaxes de embarcacións marítimas). O escaso intereseque motivaran as ribeiras era para recoller pezas singulares, logo descontextualizadas enlocais de hostalería de Lugo e Ourense, decoración de xardíns en Outeiro de Rei e VilaNova de Cerveira, alén de exemplares gardados no Museo Etnográfico da Limia, noEtnolóxico de Ribadavia e no Municipal de Caminha.

Despois dun par de anos de xestación, en 2001 comeza a traballar o colectivo Barcas doMinho. A experiencia a seguir foi a da emerxente Federación Galega pola CulturaMarítima, coa suma de Fluvial desde 2003 para recoller mellor a amplitude do medio acuá-tico, dinamismo asociativo galego que é debedor das agrupacións do norte de Europa emodelo na Península Ibérica.

Bases de partida

Sinalemos de entrada que non se pretende sacralizar un aparello, nin esquecemos que oconcepto de patrimonio é unha construción cultural, e polo tanto muda coa sociedade. Abarca propia pode sumar, entendendo que serve á comunidade no futuro: o legado patrimo-nial, repetimos, é unha elaboración social, ideado por alguén nun momento histórico con-creto, de acordo cos seus intereses e fins (Llorenç Prats, Antropología y patrimonio, Barcelona,1997). A pregunta inmediata que debemos formularnos é se temos motivos para manter asembarcacións fluviais, dos significados e da utilidade –como símbolos para representar unhaidentidade– que a súa conservación reporta para o presente e as xeracións vindeiras.

As barcas fluviais son elementos patrimonializables pola súa relación coa natureza, ahistoria e a inspiración colectiva. Pola contra, a nobreza, a perda de funcionalidade e aescaseza non son criterios admisibles hoxe, por moito que sigan aparecendo resaltadoscando se difunde o legado cultural. Lembremos que até a segunda metade do século XX oespallamento das barcas de río foi notorio. Pensamos que todas as vías fluviais de certaentidade contaron con embarcacións. Anotamos a presenza de barcas cando menos nos

Page 174: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

174

33 As embarcacións fluviais como recurso

ríos Miño, Anllo, Támoga, Ladra, Parga, Narla, Asma, Avia eArnoia; no Sil, Bibei e Cabe; no Limia e Támega; no Navia, Eo eLandro; e no Eume, Mandeo, Tambre, Ulla, Umia e Lérez.

A diversidade nas tipoloxías fluviais por nós recollidas, unhadecena sen considerar as variantes locais, é unha mostra da rique-za do que foi a densa cultura das ribeiras. Como medios de paso,pesca e lecer deron resposta ás necesidades dos ribeiraos. Contex-tualizadas debidamente, comprenderemos como todas as formasson válidas, axeitadas á zona na que se desenvolven, e froito deanos de experiencia e de evolución propia.

Cando propoñemos unha intervención destinada a potenciara navegación fluvial de recreo, partimos dunha historia e costu-mes apenas interrompidos na nosa área cultural –moi estendidanos estados do norte de Europa, chegando a xuntar en SulKava(Finlandia) 8.100 participantes nunha proba de remo e 20.000visitantes, tendo ademais catro artesáns que gañan a vida cons-truíndo embarcacións, nunha zona que soubo aproveitar paraeste proxecto o programa de desenvolvemento europeoLEADER II–, tradición que se une á crecente demanda de acti-vidades respectuosas coa natureza, de encontro e de interacciónsocial. Unha liña de actuación presente en mesas de traballoonde se están a abordar alternativas para as embarcacións tradi-cionais (Ontzi tradizionalak milurteko berriaren atarian. Lasembarcaciones tradicionales ante el nuevo milenio, Untzi Museoa-Museo Naval, Donostia, 2000).

Postulados teóricos

Dentro das premisas do etno-desenvolvemento, onde non só atendemos ao rescate, pro-tección e difusión de prácticas culturais, senón que buscamos a participación concreta dacomunidade en proxectos definidos segundo os propios valores e aspiracións, procuramosacomodo para a cultura das ribeiras. Este punto de vista teórico leva aparellada unha novanoción de patrimonio.

Superado o culto polo obxecto illado, as barcas, pasamos a contextualizalo no territo-rio, onde para comprender é preciso integrar legado cultural e natural. A visión local enri-quece se está englobada no seu contexto, sempre que sexa aberta e plural (mais moitasveces é localista, autosuficiente e pechada –guiada por eruditos locais que defenden unhaidentidade forzada, en ocasións simples comparsas do poder municipal– polo que resultaempobrecedora). De priorizar unha obra material pasamos a interesarnos polas manifesta-cións culturais variadas (valores, tradicións, costumes) máis próximas aos veciños dasribeiras que a rodean.

As embarcacións, máis que como un valor por si mesmas, considerámolas en canto ásposibles utilizacións que estas ofrecen aos ribeiraos. O emerxente asociacionismo que tra-ta de poñer en valor o patrimonio marítimo e fluvial destaca o uso social do herdado entreas súas finalidades. Alleos ao fetichismo formalista dos museos de estilo decimonónico–que anacronicamente persisten e seguen a proxectarse–, apostamos pola socialización e odesfrute dos bens culturais. Máis alá de pedestais, vitrinas e cordas delimitadoras dos visi-tantes, inserir as embarcacións na dinámica social é democratizar o patrimonio.

Page 175: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

175

Manifestacións de PI: a cosmovisión

Sobrepasado o rescate folclórico, de contemplar só ao público visitante pasamos a dar-lle prioridade á poboación local, así estaremos preparados para recibir o turismo como fac-tor de mellora territorial. Se a comunidade é forte, o intercambio será enriquecedor paraambas partes. As chaves seguen a ser darlle preferencia aos veciños das ribeiras no lugarde dirixirse só aos potenciais turistas, na vivencia –non na impresión, nin en celebrar gran-des espectáculos– e na reciprocidade –de suxeito pasivo a participativo, aberto a interac-tuar– que integre tamén ao visitante.

Realizacións e proxectos

Desaparecida a necesidade de comunicación transversal pola proliferación de pasos ele-vados, e cortada a riqueza natural manifestada na pesca fluvial (salvo o último tramo doMiño, libre de encoros, e os caneiros de Portomarín e da Terra Cha), quedamos coa ocu-pación do tempo libre como única alternativa de futuro para as barcas de río. Os primei-ros pasos, encamiñados á utilización das embarcacións tradicionais como recurso, estansedando en variadas activacións patrimoniais: desde as lanchas para o propio lecer dos veci-ños do Barco de Valdeorras –dirixidos por A Figueiriña-Lanchas do Sil–, ás barcas daRibeira Sacra –en Monforte de Lemos e no río Miño–, abertas a un posible uso de visitan-tes de fóra da comunidade ribeirá.

A proposta de Barcas do Minho foi o Concello de Lugo o primeiro en acoller encontrosde embarcacións e mostras da cultura das ribeiras desde 2001, aposta á que en 2005 seincorpora o Concello de Monforte de Lemos baixo a denominación de Festa do Río, acom-pañada de paseos en barca polo Cabe no verán, e proxectando un centro de interpretacióne unha escola-obradoiro de temática fluvial.

Nos últimos anos tamén debemos anotar na área ambiental o proxecto de Terras do Miño(INLUDES-Deputación Provincial de Lugo) e de xeito moi especial a realización doAquamuseu de Vila Nova de Cerveira. Na liña do uso social do patrimonio ten maior intere-se a presenza de dúas embarcacións para os hóspedes nunha casa de turismo rural do Corgo.

Barcas do Minho encargouse da produción de mostras itinerantes sobre a cultura flu-vial –embarcacións tradicionais, rescatando os derradeiros exemplares acompañados deréplicas navegantes, elaborando maquetas e contando coa colección máis completa de artesde pesca–, chegando a máis dun centenar de localidades galegas e do norte de Portugal. Aoferta mellorouse con audiovisuais e publicacións propias. No proxecto do grupo está anecesidade de crear un centro estable sobre a cultura das ribeiras, alén de participar eninvestigacións, asesoramento e coordinación das realizacións xa existentes.

Sabido é, finalmente, que un dos elementos máis intimamente relacionados cos sinaisde identidade comunitaria é a recuperación patrimonial. Restablecer as barcas de paseoaxuda a entender a natureza e a historia dos núcleos da ribeira, posibilita as relaciónssociais arredor do río, engade un símbolo ou imaxe para o turismo e, especialmente, xeraunha nova memoria colectiva. Apostamos por fomentar a participación dos visitantes e dosveciños das distintas poboacións no restablecemento e conservación –xa sexa con activi-dades económicas sostibles ou con ocupacións de lecer– do contorno das correntes flu-viais. Miramos ao futuro sabendo que nas embarcacións tradicionais temos un potencialque podemos aproveitar.

Page 176: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural
Page 177: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

As pesqueiras do Miño, un patrimonio en perigo

Inma Peniza

34

A razón deste artigo é o intento de divulgar a existencia dun valioso acervo de constru-cións de arquitectura popular, que aparecen en ámbalas dúas marxes do río Miño e queaínda hoxe en día son utilizadas para a pesca. O estudo, a protección e o respecto destevalioso patrimonio débese afrontar dende agora xa que corre o perigo de desaparecer. Opasado mércores día 21 de decembro deuse un gran paso adiante neste proceso xa que foiaprobada por unanimidade pola comisión de cultura do Parlamento Galego o inicio doexpediente de declaración de Ben de interese cultural ás pesqueiras do Miño. A Conselleríade Cultura contará a partir de agora con 20 meses para elaborar o informe final necesariopara que o Consello da Xunta aprobe a declaración das Pesqueiras como Ben de IntereseCultural na categoría de Lugar de Interese Etnográfico (art. 8.4 f da lei 8/1995), trátase damaior protección prevista pola lei para os bens culturais desta entidade. Existe unha ini-ciativa similar para presentar ante a goberno portugués.

Estamos ante un fito fundamental dun longo e tortuoso camiño que comezou hai máisde vintecinco anos. Este artigo quere render unha homenaxe a todas aquelas persoas queloitaron por salvar un patrimonio e un río en perigo: Eliseo Alonso, César Portela, AnteroLeite, Xaquín Lourenzo, Daniel Pino, Manuel Caamaño, Tarrago Cid, Molinero Llorente,Agustín Ferreira, Luis Dorado, Anxo Saborido e tantos outros. Pero sobre todo, o esforzoesquecido dun pescador de Lampreas de Arbo, Ignacio Gago. Grazas ao seu afán e tesónas pesqueiras iniciaron o camiño da protección legal no ano 1979. Co seu empeño conse-guiu que se incoase o expediente de declaración das pesqueiras de Salvaterra, As Neves,Arbo e Crecente como “Patrimonio Histórico-Artístico”. A burocracia é tortuosa e o seuexpediente nunca se concluíu, e a protección unicamente acadou os pescos localizados noconcello de Arbo, que figuran desde entón como “elementos inventariados”, o nivel de pro-tección máis elemental que considera a Lei do Patrimonio Cultural de Galiza. Vintecincoanos despois creouse a Plataforma Cívica en defensa do Río Miño formada polos Concellosda ribeira galega do río, partidos políticos de ámbito no Condado, agrupacións ecoloxistas(temos que destacar o labor de ADENCO e ANABAM) asociacións veciñais, culturais,deportivas, escolas e institutos de ensino medio, que pretendía por un lado, a protecciónintegral do Miño, a paralización do construción de novos encoros nas dúas marxes do ríoe instar de novo á Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta de Galiza, a declaración das pes-queiras de todos os concellos afectados como Bens de Interese Cultural (BIC). Dende o IES

Page 178: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

178

34 As pesqueiras do Miño, un patrimonio en perigo

“Pazo da Merced” das Neves e o IES “Pedra da Auga” de Ponteareas un grupo de seis pro-fesores (Carlos Rei, Baltasar Berciano, Miguel Fernández, Álvaro Groba, Rafael RodríguezPaz, e Inma Peniza) comezaron a desenvolver unha serie de actividades interdisciplinarese intercentros co obxectivo de revalorizar, recuperar e preservar as pesqueiras do río Miño.Estudar as súas peculiaridades e o patrimonio material e inmaterial aportado polos homese as mulleres adicados á súa explotación económica. O obxectivo esencial é que o alum-nado teña un coñecemento da área xeográfica, do ecosistema e das especies animais e vexe-tais no entorno do río, dos aspectos económicos e sociais e das características construtivasdas pesqueiras. As actividades intentan unha implicación de tódolos elementos integrantesno proceso educativo: alumnado, profesorado, pais e nais. Procúrase incidir na realizaciónpor parte do alumnado de traballos de campo que recollan a toponimia, as tradicións, cos-tumes, cancións, bailes, usos lingüísticos propios, costumes culinarios, as festas en torno aeste patrimonio. Por outra banda estase intentando incidir na dinámica dos Centros edu-cativos da comarca de xeito que o conxunto da comunidade escolar teña en conta este temanas súas actividades transversais. O mesmo tempo, estase tentando implicar tamén aoscentros educativos da outra ribeira do Miño. Este traballo tivo os seus froitos xa que reci-biu o Premio Antón Fraguas do Museo do Pobo Galego na súa cuarta edición.

¿Qué son as pesqueiras?

Dende etapas prehistóricas vense aproveitando a riqueza piscícola dos ríos galegos: troi-tas, anguías, lampreas, sábalos, salmóns... capturáronse dende sempre utilizando variedadesde artes de pesca como canas, liñas, fisgas, nasas, redes lampreeiras, bituróns, cabaceiras,etc. En ocasións utilizábanse embarcacións, pero na maior parte dos casos, as pesca fíxosedende a terra. Para facilitar a captura dos peixes necesitouse erixir unha serie de constru-cións ás beiras dos cursos dos ríos: as pesqueiras ou pescos son un tipo de construción pre-sente nos grandes ríos de Galiza (Tambre, Ulla, Miño). Situadas sempre en lugares estraté-xicos, onde se producen as correntes e remuíños e que facilitan a captura dos peixes.

As pesqueiras do Miño

Levantadas en forma de sólidos bloques graníticos, as pesqueiras do río Miño levan sécu-los axudando aos pescadores a pescar lampreas, salmóns, sábalos, sollas... Suponse que xana Prehistoria a pesca era unha actividade esencial nunha economía de recolección e de sub-sistencia en ambas marxes do río Miño e como tal, aparecen vestixios da práctica desta artena época Mesolítica e da etapa Castrexa. Así, temos importantes vestixios líticos (poutadas)ou restos de anzois na zona da desembocadura do Miño. Da época romana temos testemu-ñas das descricións de autores clásicos como Estabón, Plinio, Gracio e Marcial que confir-ma a explotación da riqueza piscícola do Miño e a exportación de peixes, especialmente alamprea, ata a cidade de Roma onde era considerada un manxar exquisito. A romanizaciónseguramente puido traer melloras na construción dos pescos que facilitarían as capturas nosríos. Pero as primeiras referencias documentais precisas sobre o uso de pesqueiras data osséculos IX e X, trátanse de doazóns reais ou privilexios de construción e explotación a mos-teiros e o bispado de Tui. A propiedade das pesqueiras durante a Idade Media era esencial-mente eclesiástica malia tamén as haber de señorío nobiliar. Ese ben apreciado polos cam-pesiños e campesiñas como complemento esencial da súa precaria economía agraria de sub-sistencia, era usufrutuada en réxime foral e o seu beneficio pasou durante séculos en her-danza de pais e nais a fillos e fillas, o mesmo que ocorría co réxime foral no usufruto da

Page 179: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

179

Manifestacións de PI: a cosmovisión

terra. Así creouse unha rede de multiplicidadede beneficiarios dese usufruto que foi diluíndoo papel dos verdadeiros propietarios que recibí-an a cambio o pago do foro en especie (lampre-as, sábalos). Sobre o usufruto da pesqueiratamén recaía o pago do desmo á Igrexa e o pagode impostos o Rei.

A propiedade e o usufruto das pesqueirascreou serios roces e enfrontamentos non soentre señores e campesiños senón tamén entreas poboacións das dúas marxes do río. Logo daindependencia do reino de Portugal en 1640,encontramos verdadeiros enfrontamentos entreos dereitos dos propietarios e os usufrutuariosdesa pesca que levarán por exemplo a que aúnica peza teatral da época escura que se con-serva sexa unha obra do licenciado Feixoo de

Araúxo, suponse que oriúndo da raia do Miño e que debeu vivir entre os séculos XVII eXVIII e que escribiu o “Entremés famoso sobre a pesca do río Miño” a primeira peza coñe-cida de teatro en lingua galega, que se conserva na Biblioteca Nacional de Madrid. O argu-mento da peza é sintomático da importancia que o uso e beneficio dos pescos tiña para ospescadores das dúas ribeiras do Miño. Trátase dun episodio de enfrontamento fronteirizoentre os veciños de Caldelas de Tui e os do veciño Portugal acabando o episodio nun tra-to e unha festa pacífica. É de destacar a linguaxe usada na obra, popular da ribeira do Miñoe da que aínda agora se conservan algunhas expresións, ademais as diferenzas entre a lin-gua das dúas marxes que se recollen son mínimas.

Na Idade Moderna o Catastro do Marqués de Ensenada (S. XVIII) fai un inventario destepatrimonio e xa recolle referencias ao número de pesqueiras existentes no Miño, así como aosbeneficios que acadaban os seus titulares. Na vila de Arbo existen documentos do séculoXVIII denominados tabalas (verdadeiras xoias documentais), nos que se fixa o rexistro dapropiedade das pesqueiras, os días de pesca, a feitura das redes, como armalas e incluso atécnica de construción dos pescos. A desamortización liberal do século XIX vai a incidir naliberalización do foro eclesiástico e señorial en beneficio dun entramado de múltiples copro-pietarios en réxime de herdeiros (similar o dos muíños) que perdurou ata fai poucos anos.Actualmente UNIÓN FENOSA, na marxe Galega do río e ELECTRICIDADE DE PORTUGALpor parte da raia Portuguesa, son os propietarios do 90% dos pescos dende Crecente ataSalvaterra. O proxecto de construción de tres minicentrais no tramo libre do río Miño entreFrieira e Salvaterra levaría a desaparición definitiva deste patrimonio secular. Así mesmo éesencial recordar que unha de cada tres pesqueiras do Miño desapareceron xa para semprepola construción dos encoros de Frieira, Castrelo do Miño, Velle, Os Peares e Belesar.

As pesqueiras son construcións ciclópeas feitas a base de grandes cachotes de granitoque se chaman poios e que, segundo o tipo de pesqueira poden ser dous, tres ou catro.Arrancan xusto da beira do río e adéntranse diagonalmente nel, no sentido sempre dacorrente (ás veces pode ser paralela a ela). O corpo das pesqueiras levántase en cachoteríaconcertada construída a seco, isto é, sen argamasa. Segundo o arquitecto César Portela(1985), nas últimas décadas tense incorporado a argamasa, grampas de ferro e incluso oformigón. Entre os poios fórmanse estreitos canellóns ou rúas, de menos de un metro,entre os que discorre a auga do río e na que se coloca a arte de pesca. Cada poio pode

Page 180: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

180

34 As pesqueiras do Miño, un patrimonio en perigo

medir entre 4 ou 5 metros de longo, dous metros de anchura e de 4 a 6 metros de altura.As pesqueiras fúndense coa paisaxe rochosa das ribeiras do río e confúndense coa nature-za nunha fusión de rara beleza na que é difícil distinguir onde empeza a obra do home eonde empezan os elementos da paisaxe natural. A pesqueira é así un compendio de sécu-los de sabedoría acumulada das persoas que viviron do río e co o río en plena simbiose.

Segundo a forza que leve a corrente das augas do río ata a desembocadura podemos ato-par tres formas diferentes de pesqueiras:

❙ As que se sitúan nos rápidos dos ríos, onde a corrente é maior, trátase tamén da tipo-loxía máis numerosa, está formada por varios muros ou poios. Estes poios dispóñensede maneira graduada desde o punto de vista volumétrico, perdendo altura a medidaque penetran no río. Estas construcións aprovéitanse para utilizar a arte de pesca dobiturón, trátase dunha rede en forma de funil que se coloca nas rúas contra corrente.

❙ As pesqueiras que se sitúan en augas máis tranquilas, un dos poios adéntrase ata unterzo no río a modo de represa impedindo a subida do peixe río arriba e utilízasetamén o biturón.

❙ Na zona de Arbo, utilízase un único muro ciclópeo de cachotería de granito de for-ma trapezoidal ou de paralelepípeda, que se ergue á beira do río, ben de forma obli-cua ou paralela ao leito, e adéntrase un terzo no río (en ámbalas dúas ribeiras, a gale-ga e a portuguesa) utilizándose aquí unha arte de pesca chamada rede cabaceira,máis grande que o biturón.

Actualmente as pesqueiras que se conservan están englobadas nunha zona restrinxidado Baixo Miño, de máis de 30 quilómetros, seguindo o curso do río dende o concello deCrecente, Arbo, Salvaterra, e Caldelas de Tui pola marxe galega e dende Paços ata Lapelapola marxe portuguesa. O número de pesqueiras en produción non fixo senón diminuírprogresivamente, pasando dos 700 exemplares útiles no ano 1963 aos 450 do ano 2004(243 na marxe galega, dos que só se utilizan a metade). O mesmo tempo, o número decapturas descendeu de maneira alarmante nas últimas décadas. A contaminación dasaugas, a sobrepesca, as areeiras e os encoros son os causantes da perda de vida do río.

Para concluír, temos que engadir que a protección das pesqueiras ten un papel esencialna revalorización da paisaxe natural e cultural de ambas ribeiras do Miño. A súa con-

Page 181: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

181

Manifestacións de PI: a cosmovisión

servación e protección son esenciais para dinamizar un desenvolvemento integrado esostible do curso final do río, a última zona ceibe e con vida natural, que porta unhariqueza material, inmaterial e natural que é propia do noso acervo cultural dende haiséculos e que é deber esencial transmitir ás xeracións futuras. A natureza, a pesca, a pai-saxe, as construcións populares, o turismo, o deporte de aventura, a gastronomía teñenque ser vieiros para dinamizar un territorio no futuro. Debemos concienciarnos da nece-sidade de preservar o noso patrimonio como parte da nosa identidade cultural que estáa piques de desaparecer por un proceso atroz de aculturación que nos leva á desapari-ción como entidade cultural. Polo tanto, cómpre manter na memoria colectiva as nosasraíces e o noso patrimonio.

Bibliografía

ANTERO LEITE: As pesqueiras do río Minho. Economía, sociedade e Patrimonio. Caminha1999.

Alberte REBOREDA: “As Pesqueiras do río Miño, Bens de interese cultural”. A Trabe deOuro. Publicación Galega de Pensamento Crítico. Nº 60 Tomo IV ano XV 2004.

Xaquín LORENZO: O Mar e os ríos. Editorial Galaxia 1982.Eliseo ALONSO: Pescadores del río Miño. Deputación de Pontevedra 1989.Manuel CAAMAÑO SUÁREZ: As Construccións da arquitectura Popular. Patrimonio etnográfico

de Galicia. Consello Galego do Colexio de Aparelladores e Arquitectos Técnicos 2003.Staffan MÖRLING: Las embarcaciones tradicionales en Galicia. Santiago 1989Ernesto IGLESIAS ALMEIDA: Notas históricas del Bajo Miño, Puertos, Barcas, Pesqueras. Tui

1888.Cadernos Museo do Pobo Galego: As construccións adxectivas. Museo do Pobo Galego.

Santiago.Agustín FERREIRA LORENZO: Monografías de la Asociación Naturalista “Baixo Miño”

Anabam Nº 9: Guia para andar por el estuario del Miño.Agustín FERREIRA LORENZO e Luis DORADO SENRA, Monografías de la Asociación

Naturalista “Baixo Miño” Anabam Nº11: A Costa do Baixo Miño.Olga GALLEGO DOMÍNGUEZ: As barcas e os barcos de pasaxe da provincia de Ourense no

Antigo Réxime. Ourense 1999

Page 182: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural
Page 183: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

3538

Page 184: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

Manifestacións do PI: o universo artesán

Page 185: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

Centro de Recuperación da Cultura Popular (CRCP)do Castelo de Vilasobroso (Ponteareas)Ilda Amoedo Amoedo; Rafa González Goyanes

As olerías de Sober: unha experienciaTomás López González

Os derradeiros batáns de GaliciaManuel Suárez Suárez

A tradición, un patrimonio para o futuroJosé Antonio González Fernández35

36

37

38

Page 186: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural
Page 187: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

A tradición, un patrimonio para o futuro

José Antonio González Fernández, Toño O Cesteiro

35

Con este lema preséntanseme un grupo de persoas sensibilizadas co deterioro e a deca-dencia dunha cultura na que nos criamos e que hoxe en día está sendo arrasada por outraallea que destrúe o acadado por séculos de traballos e acumulación de saberes, en prolduns intereses multinacionais que queiman a terra, esgotan o mar e polúen o aire. Síntomefondamente identificado con eles e dende a miña posición intencionada de Aldeano-Cesteiro tentarei mostrar a miña visión do asunto da Tradición e o medo que teño a vivirnun mundo sen terra, sen mar e sen aire.

Un cidadán medio de calquera parte do planeta consome de noventa a cen veces máisenerxía da que realmente precisa, xerando unha destrución do medio ambiente como nun-ca se producira na historia da humanidade.

O aldeán con cultura tradicional, pola contra, mellora o medio que habita, constrúe cosmateriais que ten cerca, planta árbores, cultiva a terra de forma biolóxica, etc.

A política franquista da segunda metade do século pasado de achegar man de obra aoscentros de produción das cidades, situounos aos aldeáns en clara desvantaxe e inferiorida-de á hora de defender o noso dereito de vivir e crecer nas nosas aldeas, de maneira quehoxe en día xa non emigramos para vivir máis folgados economicamente, senón por puranecesidade, quedando grande parte do país a monte.

A transmisión da tradición oral facíase nas aldeas de maneira directa e automática, cadacasa e cada porta tiña un portador dalgún saber necesario para o sostemento da vida cotián.

Gaiteiros, ferreiros, canteiros, cesteiros, tecedeiras e todos os demais oficios que forma-ban o tecido vital das aldeas de Galiza raramente eran practicados a tempo completo,senón compartidos co resto dos labores agrarios propios de cada época do ano. Ademais,é moi común o dominio de varios saberes pola mesma persoa.

Hoxe en día os centros de produción están illados das persoas, especialmente dosnenos, xa non poden aprender directamente senón a través de terceiros.

Incluír a ensinanza da Tradición Oral nos colexios e mesmo na universidade parécemeimprescindible se queremos manter a nosa identidade.

Dende hai uns anos adico parte do meu tempo a ensinar cestería en cursos organizadosao tempo que fago exposicións de cestería tradicional de Galiza en colexios e festas cultu-rais. Esta actividade deume a oportunidade de mostrar en público a gran riqueza que rodeaa nosa cestería. Aquí, falando de cestos, falo das árbores que empregan os cesteiros, árbo-

Page 188: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

188

35 A tradición, un patrimonio para o futuro

res autóctonas (sanguiño, carballo, castiñeiro, salgueiro, cerdeira brava) que adornan asnosas ribeiras acubillando e alimentando unha gran diversidade de fauna, en contraposi-ción comento os piñeiros e eucaliptos que á parte de non servir para cestear queiman e afe-an a terra onde son masivamente cultivados.

Nomeo e mostro recipientes para o transporte, exposición e almacenamento de produ-tos cultivados e elaborados no noso país, en contraste co costume actual de abusar dosenvoltorios plásticos que os supermercados se encargan de obrigarnos a consumir e quetanto prexudican o medio ambiente.

Falo tamén do grande amor e arte con que a nosa xente se adicaba aos labores cotiáns,así di a cantiga:

Miren os cestose mírenos benque como elesnon os fai ninguén.Iste cestiño foi feitocon cariño e amor.Non é prata nen ouromáis belo como unha florO meu cestiño de vergaque vai á mesa do rei.Miña alma por ti morre,A túa por min non sei

Dado o secular illamento de aldeas e xentes, cada comarca ten os seus propios cestos,distintos materiais, técnicas e formas para os mesmos usos.

❙ Os grandes culeiros de castiñeiro ou salgueiro teñen con eles a historia dos socalcosda Ribeira Sacra.

❙ As esportas, patelas, medidas e lavaxes contan faenas mariñeiras e de regateiras.❙ O paxe das cunchas de Viveiro permítenos lembrar como as algas e as cunchas da

beiramar servían para enriquecer as terras de cultivo e endurecer as cascas dos ovosdas galiñas.

Page 189: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

189

Manifestacións de PI: o universo artesán

❙ As nasas do Miño deixaron de ser útiles cando os encoros trancaron o río e asanguías xa non puideron traspasar Frieira.

❙ O cesto do millo da Baixa Limia permite mostrar o proceso completo do pan dendea leira ao galleiro.

❙ A cesta do fuso atesoura riquezas de la e liño, mazarocas e novelos, tesouros femininos.❙ Cacipos que noutrora rebordaban de troitas en calquera regato, o que hoxe é só

unha lembranza.❙ Curuchos de palla centea que protexían as colmeas das inclemencias do tempo.❙ Sombreiros e corozas que facían o mesmo con homes e mulleres.❙ O cestín do furón dos Ancares onde se transportaba este bicho e que fala do tempo

en que os coellos inzaban o monte ata que unha peste do “progreso” deu cabo deles.❙ A cesta galocheira, forte, rexa, percorrendo camiños coa ferramenta dos moitos ofi-

cios ambulantes que se exercían no país: cesteiros, zoqueiros, carpinteiros, etc.❙ Sonoros axóuxeres para arrincar sorrisos da face dos meniños.❙ Grandes canastros de varas que mostran fartura, xa que neles se gardaba o millo can-

do a colleita non cabía nos cabazos de pedra.

E así un sen número de pexas, cada unha con historias que contar e que convén man-ter vivas para que un patrimonio tan rico siga formando parte dunha industria ecolóxica,barata, sostible, que aproveita uns recursos que hoxe arden a cotío por mor do descoidodo noso agro e que nos identifican como pobo.

O fomento da cultura tradicional faranos máis capaces de afrontar o inevitable esgota-mento do petróleo e de colaborar activamente na redución da emisión de gases de efectoinvernadoiro.

Page 190: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural
Page 191: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

Centro de Recuperación da Cultura Popular(CRCP) do Castelo de Vilasobroso (Ponteareas)

Ilda Amoedo Amoedo; Rafa González Goyanes

Entrevista feita por Xabier Prado Orbán

36

X: ¿Por que razón vos adicades a isto?I: Eu creo que unha das razóns que influíu en nós os dous foi o feito de ternos criado

no estranxeiro e ter recibido un patrimonio… Eu, no meu caso, nacín aquí, marchei sen-do moi nena, e entón isto, para min, era o ideal. E aínda coñecín a vida tradicional. Candovolvín, xa con 17-18 anos, esa vida estaba desaparecendo, e xa foi unha obsesión: apren-der as cousas, que non desapareceran, que quedaran, contos, lendas, sistemas de curación,todas estas cousas.

R: Eu algo parecido, o que pasa é que creo que tiven a gran sorte de ter un pai que metransmitiu tan forte, tan forte as súas sensacións e as súas vivencias, que eu cada vez queviña tiña ganas de non volver para onde estabamos.

X: ¿Poderíase dicir que a emigración, que normalmente se considera negativa, puido ter algúnefecto positivo en vós de cara a valorizar a cultura tradicional?

R: Eu porque era algo totalmente distinto de onde estaba que me identificaba moito, nes-te caso cos meus pais, e eu xa dende moi pequeno fun revolvendo en todo o que encontra-ba vello e con todo o que tivera algo que ver co que me contaba, máis que nada do seu avó.

I: Eu, por exemplo, cando volvín, nos anos 70, cando todo se volvía plástico, despre-zábase totalmente o antigo, eu reaccionaba ao contrario. Eu, claro, do plástico xa viña.Entón a min o que me gustaba era o antigo, que me contaran os contos de antes, que mefalaran desas cousas. No noso caso foi positivo, a ese nivel.

X: Describide moi brevemente o contido da vosa actividade.R: O que facemos é unha cousa, o que pretendemos facer é outra. Rexentamos o pequeno museo etnográfico do Castelo de Vilasobroso, a través dun conve-

nio que temos co Concello, que pon o local e nós poñemos o resto, e sentímonos moi con-tentos e moi felices de saber que todo o que está dentro é noso, por dicilo dalgunha forma.Non porque sexa noso como propiedade, senón porque é noso como traballo.

I: O que fixemos foi iso, recuperar todo o proceso do liño e da la, e de confección decousas, sobre todo das que teñen utilidade para os fogares.

R: E despois aínda temos a parte de conservar todo o que temos, e temos feito, tanto anivel particular como en conxunto, o que son reproducións auténticas feitas por nós dal-gunhas das pezas vellas que temos. Sobre todo téxtiles.

Page 192: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

192

36 Centro de Recuperación da Cultura Popular (CRCP) do Castelo de Vilasobroso (Ponteareas)

I: E finalmente, claro, como temos que comer, damos o gran-de salto, que tivemos que montar tamén unha tenda. Porque sóa outra parte non dá.

X: ¿E como diciades antes, que é o que vos gustaría poder facer? R: Dedicarnos única e exclusivamente a manter, a conservar

e a buscar máis para ensinar, non ter que traballar como tecedore como bordadora, non ter que vender como tendeiros, vamos,senón á outra parte.

I: A recuperación, a transmisión, a conservación.

X: ¿E como se podería conseguir iso?I: Con fondos públicos. É imposible facelo só dende unha

empresa privada.R: Claro, se nos poñemos alí explicándolle aos nenos, días e

días un detrás doutro, e despois queres ir a unha aldea e botartoda unha tarde cun vello de charla e recoller todo iso para trans-mitilo, entón como comemos?

I: A nós o da roupa gústanos moito, e o proceso téxtil gústa-nos moito, pero temos información sobre curacións, sobre cociña, sobre contos, sobremúsica, sobre cantares, danzas, traballos da aldea, sobre un montón de cousas.

E por outra parte sería marabilloso, pillar unha das moitas aldeas abandonadas que haie alí montar unha aldea cos traballos que hai e co resultado dos traballos, e tamén como“ecoaldea”, non?

X: Cres, entón, que o patrimonio inmaterial incorpora tamén valores de respecto á natureza, ¿ouque?

I: Si, Si. Nós cremos nos costumes e nos produtos feitos con materias propias perotamén valoramos a relación que toda a vida tivemos co campo e coa Natureza, e que eraperfecta. Galicia decaeu cando rompemos esa relación. Fíxate, en Galicia, en concreto nasCortellas (Ponteareas), organizouse a mediados dos oitenta o primeiro curso de “perma-cultura” que houbo en España, e a mestra que veu, cando mirou como plantabamos, can-do mirou unha veiga na cal había viñas, na cal había millo, había nabizas, había feixóns,había xudías e calacús, dixo: isto é permacultura, non tedes que aprender nada dos ame-ricanos nin dos australianos, isto é permacultura.

X: ¿Como recibistes ese saber, de que forma chegou ata vós?R: Eu no meu caso metérame en cursos de restauración e conservación do téxtil, e unha

vez que montamos todo o rollo, entre os dous, pasamos a aprender a tecer, porque tiñamosos traxes, eu tiña unha parte de roupa e ela tiña todos os trebellos do liño. E aprendemosa tecer e a fiar. E unha vez que aprendiches, o mecanismo o máis básico, despois de aí endiante sempre fun autodidacta.

I: E eu no meu caso, pois a última muller que había e que aínda traballara no liño, eaínda recordaba todo o proceso, falei con ela para que me ensinara. E logo, gustoume e funa Madrid a facer un curso xa para aprender outras técnicas, que aquí non se aplicaban peroporque me gustaba tinxir, fun cunha das grandes artesás do téxtil de España, non? E logo,claro, cando se organizou o curso este de animación sociocultural, eu daba este curso, e eunon podo evitar, nos cursos de animación sociocultural sempre falo da cultura popular…E Rafa, que era alumno, e eramos dous chalados, movemos a todos os demais a organizaro Obradoiro de Noutrora, unha iniciativa pioneira nosa para achegar as escolas e a socie-dade aos artesáns tradicionais locais e que tivo moita repercusión.

Page 193: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

193

Manifestacións de PI: o universo artesán

X: ¿En que consistiu ese Obradoiro?R: Dividiámonos en grupos de traballo, e

uns ían buscar os telleiros, outros levaran oscesteiros, outros levaran unha señora que viñatecer, e chegamos a un punto que non tiñamosnin ocos, que estabamos todo o tempo seguidoatendendo rapaces das escolas. Que nós pensa-mos en dous días e ao final quedaron catro, acousa impresionaba. E entonces a cousa que-dou así, acabou o curso, e entón Ilda e eu, nunmomento determinado, dixemos: e que imosfacer con todo isto que tes ti e que teño eu,parado na casa, alí metido? Sería bo que fixe-sen algo aquí. E propuxémoslles a idea. Perohoubo que dárllelo todo masticadiño para quedespois eles dixeran: Pois bueno, pois si.Botamos tres anos para montar o tinglado. E

montado o tinglado, cuns convenios que había, co organismo oficial de turno, botamostres anos, pero tres anos enteiros, os dous traballando e atendendo ao tinglado.

A nosa ilusión era conseguir recuperar o máis que se puidera, expoñelo, conservalo, edivulgar dalgunha forma en todas as áreas que nos fora posible, e facer incluso talleres, quechegamos incluso a levar algún no verán, onde cocéramos o pan, e se fixeran cousas debarro, e fiaran, e teceran, e todo iso, esa era a idea. Ir mostrando todo, aínda que fora porfases, ou por épocas do ano, xa se distribuiría como fora. Pero aquilo era moito.

X: ¿E como reaccionaban os artesáns a esa proposta vosa?R: Había de todo. Polo xeral, bastante ben. O que pasa é que tiñan que… a ver, esta-

ban cansos, cansos de traballar. Entón, cando nós chegamos e lles dicimos: por que nonvides con nós un día para alí? Mira, levade a quen queirades, a min deixádeme en paz, levotoda a vida de Dios facendo cestos, e agora estou retirado, a min xa me chega ben, non que-ro facer máis cestos ningúns. Entón, o que pasaba era iso, que eles xa estaban un poucoaburridos, pero despois, tamén tiñan a outra parte, que era como un recoñecemento ao seutraballo, un recoñecemento público, da xente que viña, e entón, a veces, chegamos nalgúnpunto, por exemplo coa señora que é tecedora, que tivemos que mandala para casa por-que ela aínda seguía vindo. Collía o autobús desde alá, de Mondariz, e seguía vindo, xa coafeira desmontada, porque ela quería seguir tecendo.

X: ¿Vedes algún futuro para estas actividades?I: A artesanía, como artesanía tradicional, é moi difícil que comercialmente a saques

adiante. Vai adiante a artesanía nova, con bixuterías, con non sei que máis, que son os arte-sáns que hai hoxe en día. Artesáns tradicionais, quedan os catro vellos, que a medida quese van xubilando o deixan.

R: A nivel artesáns témonos movido, de feito bastante, non só por aquí, estivemos enIntergift (feira internacional bianual dos agasallos en Madrid), estivemos en Bilbao, enfeiras grandes. E entón dáste conta de que a artesanía non ten moi boa… Non cabentodas, nin moito menos. Porque na de Intergift, por exemplo, un día chegounos unseñor que estaba namoradísimo das alfombras que facemos nós, e preguntoulle a Ildacántas facíamos ao día.

I: “Qué producción tienen diaria?” Diaria… home, ao mes, a veces facemos unha alfom-bra. A veces.

Page 194: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

194

36 Centro de Recuperación da Cultura Popular (CRCP) do Castelo de Vilasobroso (Ponteareas)

X: ¿Pero se houbese unha boa rede de comercialización, o produto en si podería ter un prezorendible?

I: Se realmente houbese un respaldo, real, detrás da artesanía, que a nivel institucionalse crearan redes, se crearan marcas, denominacións de… calidade, ou o que fora, e hou-bese apertura cara mercados que realmente aprecian iso, si. Pero, agora, que tes que comer-ciar ti co Corte Inglés, que che di que deixes o teu produto, e que tres meses despois detelo vendido cho van pagar, triplicando o prezo eles, ti aí non podes…

R: Téñense feito campañas, todos sabemos que se teñen feito campañas de artesanía deGalicia e todo o demais, pero o que pasa é que cremos que non están todo o enfocadas quedeberían. A veces temos falado isto entre nós, e parece que hai como a creación dunha ima-xe, sen chegar a beneficiar ao produtor.

I: E por exemplo, unha idea que temos, a de montar aquí un mercado de principios deséculo, que hai imaxes, hai memorias, e quen ten memorias dunha feira medieval?

E o interesante de organizar esa feira proposta por nós sería que o que fai falta precisa-mente é xente que veña cos cestos e que venda as cestas, e xente que traballara as cabazas,que precisamente aquí había unha feira das cabazas, etc..

X: Se houbera algún tipo de control da organización desas feiras…I: Iso é o que pedimos os artesáns. É que por exemplo hai unha inxustiza patente, non?

Ti, por exemplo, es artesán pero non estás dado de alta, e eu son artesá e estou dada dealta, e resulta que imos a unha feira onde imos pagar 300 euros por posto, ti gastas os teus300 euros e despois todo o que vendas lévalo para a túa casiña, pero eu pago os meus 300euros igual ca ti e despois aínda teño que pagar impostos, seguridade social e todo odemais. Non estamos en igualdade de condicións, e iso non se respecta en absoluto.

X: Iso podería ser tamén unha reivindicación.I: Home, por favor, é que como mínimo, equipararnos aos campesiños, ao seguro agra-

rio, non? Ou que distingan. Por exemplo, un rapaz que coñecemos de Madrid, que ten untaller de fundición de vidro, artesanal, con 20 empregados, ao mellor pode pagar uns segu-ros normais. Agora, un tecedor, que ten que pagar tódolos meses trinta e pico mil pelas deseguridade social …

Hai que sacar aos artesáns da economía irregular, porque moitos quererían estar dadosde alta, xa que o día de mañá tamén aspiras a ter unha pensión e o que sexa.

R: Aquí hai algo que eu non sei ben como, pero que habería que buscar unhas condi-cións específicas e especiais para os que facemos estas actividades artesanais.

E despois unha axuda pública para os que fagamos a outra parte, a de divulgación, paraa parte cultural.

I: E despois, no caso particular daquela artesanía tradicional en vías de desaparición,que aquelas persoas que aínda saben facer eses traballos teñan unha recompensa e un reco-ñecemento. O que se fai en Xapón. O mestre tal, de tal artesanía, cobra tanto ao ano porter tantos alumnos, pero ese alumno vai ter que estar con el un ano ou ano e pico ata quedemostre que o sabe facer.

R: O malo é que hai moitos cartos para moitas historias, pero volvo a dicir o mesmo,estarán mal encamiñados.

Page 195: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

As olerías de Sober: unha experiencia

Tomás López González

37

Aínda que eu empecei en 1998, non sei certo se o meu interese pola olería vén dunha tíaavoa, da influencia das telleiras de Canabal ou do propio misterio de facer unha peza debarro de distintos xeitos. Despois de traballar fóra de Galicia, cando regresei, no ano 82,unha das primeiras preocupacións que tiven foi falar cos oleiros e ver como traballaban.Acudín dúas ou tres veces a Gundivós. O meu novo traballo daquela era en Tui e, ben per-to, nas Gándaras de Budiño, había unha familia alfareira, os Cortiñas, á que visitei con fre-cuencia. Eran pai, nai, unha filla e un fillo de quince anos, aínda que o xeito de traballardeles era en roda alta que ten pouco que ver co xeito de traballar a olería coñecida como deGundivós. Para quen non o saiba, Gundivós é unha parroquia do concello de Sober, en plenaRibeira Sacra. En Sober había varias parroquias onde se traballaba o barro. Ademais deGundivós estaban Liñarán, Figueiroá, Neiras e algunha outra. Pola metade do século XX fóron-se acabando todos os oleiros. Uns emigraron a Asturias, outros a Suíza, Francia e Alemaña.

No ano 82 volveu de Europa Obdulia, máis coñecida por Lula, e Alonso volveu de As-turias. Foi por ese tempo cando, entre eles que puxeron os xarros e os viñateiros de Amandique trouxeron o viño, se montou unha mostra que hoxe é coñecida como a Feira do Viño deAmandi. Iso animou a outros oleiros, como Ventura, Federico e Agapito, a retomar o traba-llo. O de facer xarros comezaba de novo a dar cartos, recuperando aquel fío que rachara nos50-60 coa chegada do plástico. No ano 1998, por posibilidades de traballo, puiden achegar-me a Gundivós e aprender como traballaban Alonso, Lula e principalmente Agapito. Unsmeses despois a Deputación e o Concello promoveron un curso de aprendizaxe desta olería,no que impartiron clases Agapito e Alonso, repartindo os alumnos, unha ducia, entre osdous. O curso foi en dúas etapas. Despois de rematar, no 2000, só seguimos Otilia e máis eu.

Neste momento, a situación é a seguinte: Alonso e Federico morreron, Lula e Venturaestán moi maiores e non traballan e Agapito xa está canso. Permanecemos activos catrooleiros: Camilo en Monforte, Otilia e máis eu en Proendos e Elías en Gundivós.

A olería en roda baixa

A olería de Sober faise distintamente á do resto dos oleiros tradicionais de Galicia. Asque máis se coñecen son en roda alta, pero a forma máis primaria de facer barro é en rodabaixa que é a que utilizamos nós.

Page 196: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

196

37 As olerías de Sober: unha experiencia

A técnica de facer as pezas é o enrolado con churros ou cerillotes. Sobre a base ou cuda peza aplícase o enrolado. A roda úsase para o centrifugado do barro, con ela dáselle aforma axeitada.

O barro que empregamos non é un barro comercial. Témolo que buscar nas parroquiasde Bulso, Santa Cruz, Figueiroá e Proendos.

Temos dous tipos de barro: o farabullán que se usa para os asadores e cazolas, e o corre-údo que serve para olas, xarros e demais pezas.

O forno que empregamos correspóndese coa figura dun cono truncado e invertido, depedra, e aberto por riba. A cocedura, entre a carga e o atizado, vén levando sobre novehoras. Quéimanse toxos, carqueixas e xestas.

Esta olería conta con 45 tipos distintos de pezas tradicionais, tales como ámboas, esco-rrecubas, xarros, olas, meleiras, barreñóns, etc. Non eran decorativas, eran útiles campesi-ños. Hoxe en día séguense a usar, pero, agora si, con finalidade principalmente decorativa.

O color que máis se lle coñece na actualidade é o negro, aínda que tradicionalmente sóse facían negras tres pezas: a ámboa, o xarro e algúns escorrecubas.

Unha peculiaridade tamén desta olería é a impermeabilización, que se fai con pez (resi-na de piñeiro). Noutras olerías úsanse esmaltes.

Tanto as formas, sobre todo o xarro, como a impermeabilización, son moi pouco fre-cuentes, se cadra únicas, hoxe en día en Europa.

Pensando no futuro

Desde o punto de vista institucional hai que ter en conta que as obras públicas que sefan e as instalacións que se crean (por exemplo no sector turístico, caso de paradores, casasde turismo rural, etc.) están obrigadas por lei a que o 30% do investimento de decoraciónsexa en artesanía da zona. Mais o certo é que esta norma non se cumpre. As pezas dos para-dores son iguais en Monforte que en Sevilla ou en Cataluña. Algo semellante sucede coascaixas de aforros que decoran algunhas das súas instalacións con pezas de importación,traídas non sei se do sueste asiático ou doutros lugares. Hai que ter en conta que o cum-primento da norma anunciada antes sería máis relevante polo seu efecto sobre a divulga-ción das obras que pola súa propia contía económica.

Page 197: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

197

Manifestacións de PI: o universo artesán

Tamén é importante a aprendizaxe na escola e sobre todo a transmisión. É dicir, algotan doado e elemental como que os rapaces saiban da olería que se fai na súa comarca, casesempre unha vella e bela descoñecida.

No meu caso persoal, podo dicir que me gustaría transmitirlles o oficio aos meus fillos.De feito a filla máis nova algo empeza a facer. Mais non me sinto con ánimo para introdu-cila, cando menos coa idea de que sexa o seu medio de vida.

Por outra parte, non penso que o camiño que se deba seguir sexa o de converter os arte-sáns en industriais da olería, unha especie de fabricación que acabaría coa artesanía e queademais atoparía moita competencia.

O traballo dos ferreiros, oleiros, cesteiros e algúns máis debería ser considerado, namiña opinión, máis que artesanía a secas, artesanía etnográfica.

Page 198: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural
Page 199: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

Os derradeiros batáns de Galicia

Manuel Suárez Suárez

38

No concello de Vimianzo (Terra de Soneira) a Deputación Provincial da Coruña mercouen 1998 os batáns e muíños do Mosquetín coa finalidade de convertelos nun conxuntoetnográfico que fose tamén unha homenaxe aos bataneiros e muiñeiros que traballarondurante máis de 250 anos na beira do río Grande.

O Mosquetín é o lugar máis pequeno –só dúas casas– e tamén máis solitario detodos os que forman a extensa parroquia de Santa María de Salto que está constituídaademais por estes outros: Cainzadas, Castro, Castromil, O Careixo, Reboredo,Reparada, Señorás e Torelo.

Ata 1966 os batáns estiveron funcionando sen interrupcións xa que despois os seusdonos lle venderon os dereitos da auga á empresa que instalou alí unha piscifactoría aíndaque seguiron abatanando para cumprir con encargos ata 1970. Os históricos batáns doMosquetín case con certeza foron os últimos que funcionaron en Galicia e a súa ben gaña-da sona facíalles recibir siareiros das comarcas de Bergantiños, Soneira e Xallas.

Nos tempos antigos, cando a industria da lá aínda estaba en mans artesanais, o batán eraun elemento imprescindible para complementa-la elaboración dos tecidos. Os tecidos casei-ros, feitos con fío fiado na roca e tecido en teares manuais que había nalgunhas casas de cadaaldea ou parroquia, presentaba á saída do tear unha contextura frouxa, pouco densa e pou-co firme, que se esfiaba doadamente. Requiría unha operación especial de acabado.

Os tecidos de la debíanse abatanar, especialmente aqueles destinados a soporta-la chu-via e o frío e particularmente as mantas. Abatana-los tecidos é batelos fortemente en molla-do durante bastante tempo, para aperta-la trama e mesmo a tea, amalgamando as fibras,así váiselle quitando o pelo e transformando nunha pasta feltrosa, homoxénea e forte,como un feltro. Ó mesmo tempo, o tecido lávase e desengráxase da sucidade e restos dasuarda natural de la ou do aceite e demais produtos con que se prepara antes da fía, conauga e xabón, que ó mesmo tempo os limpa das fibras soltas.

O batán –tamén chamado folón ou pisón noutras zonas—é unha máquina movida porforza hidráulica, composta por uns grosos mazos de madeira movidos por un eixe, que ser-ve para bater en mollado o tecido saído do tear, para aperta-lo seu entramado e amalgama-las fibras, ó mesmo tempo que o lava e desengraxa.

Tódolos batáns tradicionais son aparellos moi rudos e primitivos, moi pesados, feitoscase na súa totalidade en madeira rudamente traballada. Esta madeira é de carballo para

Page 200: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

200

38 Os derradeiros batáns de Galicia

que resista mellor a humidade, unicamente o groso eixe e as paletas do rodicio son depiñeiro. A utilización da madeira case en exclusiva quizais se deba a que o emprego doferro podería racha-lo pano.

O seu principio mecánico é moi simple, constando de tres pezas fundamentais, inde-pendentes pero relacionadas entre si e en conexión unhas coas outras: unha caixa, dousmazos e unha roda.

Partes do aparello: 1º. A caixa é unha sólida e resistente armazón (a mesa), asentada no chan do edificio,

que conta cunha cavidade aberta na parte dianteira (a pía); é aquí onde petan osmazos, sobre o tecido por abatanar.

2º. Os dous voluminosos mazos descansan no interior da pía e van pendurados dunhasbisagras por encima da mesa, cando se poñan en funcionamento vanse erguer alter-nativamente para petar na pía como martelos e bate-lo tecido alí situado.

3º. A roda, disposta verticalmente é a que vai poñer en marcha o mecanismo ó virarimpulsada pola forza continua da auga dun río, que chega ó aparello mediante unhacanle artificial aberta no extremo dunha represa, á súa vez, vai facer virar un grosoeixe onde se insiren, en puntos diferentes, dous espigóns en posición perpendicularun con relación ó outro, que van se-los que consigan ergue-los pesados mazos.

FICHA TÉCNICA. Batáns do Mosquetín [Salto-Vimianzo-A Coruña]

Denominación batán.

Tipoloxía roda interior, propulsión inferior, manlles de petada horizontal.

Material predominante madeira de carballo.

As partes do aparello

A) a mesa do batán

1. trabes da mesa

2. pía

3. contrapé

4. postes da mesa

5. tiradores

6. travesas

7. xugos

8. coloucóns

B) as manlles:

9. cravillas

10. manlles

11. almancas11a. zapatas das almancas

C) o eixe:

12. eixe

13. levadoras

14. veos

15. buxas

16. rodicio16a. cambas16b. rellas16c. penas

* O sistema de abatanamento

Page 201: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

201

Manifestacións de PI: o universo artesán

Estrela Lema Andujar é descendente deAntonio de Romar quen en 1753 aparece noCatastro de Ensenada como posuidor dun dosbatáns do Mosquetín. Os pais, avós, bisavós e tata-ravós de Estrela foron bataneiros e ela participouarredor de 1970 nos últimos abatanamentos. Asílle comenta ó prof. Lema Suárez, autor do traballoinédito O conxunto etnográfico dos batáns e muíñosdo Mosquetín:

“Ós nosos batáns traían mantas para abatanar des-de moi lonxe: desde Carballo e mesmo desde aparte de Noia; aquí chegaba xente de Serramo, deBaíñas, da Picota e como é natural de toda a nosaredonda.Antes había moitos rabaños de ovellas; non lonxede aquí, eu acórdome de Fruitoso, das torres doApalzaduiro (Nande), que era ovelleiro e vendíamoita la. Rapábase a la das ovellas, lavábase e car-dábase; despois fiábase no fuso e na roca e prepa-rábase no tear. Pola comarca aínda había uns can-tos teares en casas particulares: en Reparada(Salto), en Lamas, Tines, Serramo, Borneiro... Asmantas viñan do tear como as redes, cos fíos moiseparados entre si, ou aínda peor cás redes, poiscabían cumpridamente os dedos entre os fíos.Cando o cliente nos entregaba as mantas que traíao primeiro que se facía era medilas unha por unha:habíaas de varas, de 16, de 20 varas, etc. Cada

vara eran 84 cm. Despois poñíaselle a cada manta uns sinais, uns remendiños nos bor-dos, para saber de quen eran; algúns xa traían un lote de remendos, de cincuenta colo-res; tamén se lles podía atar un fiaño distintivo calquera.Na casa tíñamos un libro onde apuntábamos o dono da manta, as varas que medía estae o sinal que tiña.Nos tempos de miña avoa cobrábase a vara a patacón; despois subiuse a un real e, unpouco máis tarde, a dous reás. Polos anos trinta xa custaba unha peseta a vara e lem-bro que de ano en ano se ía subindo un pouquiño máis, ata que se chegou a un peso.Cando xa estaban as mantas chegadas, ó cabo das 28 horas, sacábanse, estirábanse e vol-víanse á pía para lavar. Unha canaleta –a cana– feita nun longo varal de piñeiro levaba augacorrente desde a canle exterior á pía, na que entraba por un buratiño lateral. Pero aínda llehabía que botar varios caldeiros de auga na pía para axudarlle a lavar, pois non daba abas-to. E así ata que estivesen lavadas, sen xabón e sen outra cousa. Entre batán e batán habíaunha pedra longa e lisa moi xeitosiña; había que lava-la ben, pois alí era onde se enrolabanas mantas, apertándoas ben, ó quitalas definitivamente da pía. A continuación poñíanse asmantas unha despois doutra nunha táboa longa que había ó longo da parede sur, desde omedio do edificio á esquina; quedaban alí a escorrer dun día para outro”.

Page 202: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural
Page 203: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

3944

Page 204: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

Manifestacións do PI: o universo lúdico-festivo

Page 205: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

O proxecto Galicia Encantada. A web da fantasíapopular de GaliciaAntonio Reigosa

39O patrimonio lúdico galegoLois Pardo40Algunhas propostas de acción de salvagarda en torno á música tradicionalIván Area Carracedo; Pablo Carpintero Arias

41Os ranchos de Reis na Galiza. O caso de Guláns(Ponteareas)Nieves Barrera; Marisol González

42Os músicos da LimiaIván Area Carracedo; Cástor Castro Vicente43Chegou o EntroidoXosé Manuel Atanes44

Page 206: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural
Page 207: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

39

O proxecto Galicia Encantada. A web da fantasía popular de Galicia

Antonio Reigosa

Desde os primeiros días de marzo de 2005 está operativo na rede un proxecto denomi-nado Galicia Encantada, Enciclopedia da fantasía popular de Galicia (www.galiciaencantada.com) promovido por quen subscribe e co asesoramento técnico de ManuelFernández Prado, da empresa Desarrollos Lugonet, S.L.

Entre os obxectivos de partida o principal consiste en aproveitar as inmensas posi-bilidades da internet para achegar a calquera interesado, sexa cal sexa o punto xeográ-fico onde se atope, a máxima información posible arredor da cultura tradicional gale-ga. Ao mesmo tempo, e á inversa, esta mesma vía permite estar en disposición de incor-porar á súa base de datos todos aqueles textos, documentos, lendas e demais manifes-tacións do tradicional galego que calquera colaborador, desde o recuncho máis insos-peitado, teña a ben achegar.

Por outra parte, cremos que a nosa cultura tradicional, aínda sendo conscientes do seuprogresivo esmorecemento, non é debidamente coñecida. Pretendemos contribuír, xa quelogo, a unha maior difusión da nosa lingua e cultura, a unha posta en valor dos nosos refe-rentes culturais tradicionais, non para que pervivan como mostras arqueolóxicas do pasa-do senón como alicerces do futuro. Sabendo de onde vimos, mellor atinaremos cos cami-ños que queremos transitar no futuro.

Ademais, Galicia Encantada quere atender especialmente ás manifestacións de carácterlocal. Así as lendas e os seres míticos que habitan castros, mámoas, fontes, penedos, covas,illas... etc. coas súas particularidades locais vannos ir axudando a elaborar o grande corpusda fantasía popular de Galicia. Desde o pequeno, do individual e do local, chegaremos acomprender, cremos nós, o colectivo cultural que representamos dentro dun mundo glo-balizado e totalizador.

Outro dos grandes obxectivos de Galicia Encantada é o de achegarse ás novas xera-cións, aos docentes e aos escolares que traballan arredor da literatura e da mitoloxíapopular tradicional.

Entendemos que merece a pena poñer en valor a literatura de tradición oral, a primeiraliteratura que existiu, amosar as posibilidades deste patrimonio oral con actividades axeita-das, concienciar os máis novos para que nun futuro tomen interese polo estudo, a investiga-ción e a difusión da literatura oral galega como parte que é dun sistema literario antigo e uni-versal, incentivar o coñecemento do entorno e dos seus habitantes, do valor das tradicións e

Page 208: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

208

39 O proxecto Galicia Encantada. A web da fantasía popular de Galicia

das persoas maiores que as coñecen e as transmiten, valorar o papel da conversa e a necesi-dade de saber contar, integrar os escolares procedentes doutras culturas, compartindo os seuscontos e os nosos, que, ao cabo, son os mesmos, transmitir a idea de que se poden divertircontando e escoitando; escribindo coa boca e lendo cos oídos, para, finalmente, integrar as novasTecnoloxías da Información e da Comunicación (TIC) no traballo dos escolares, que pode-rán aprender como dous mundos, aparentemente incompatibles, o da tradición e o damodernidade, se enriquecen mutuamente. É unha obriga tamén dos poderes públicos con-tribuír a que así sexa, e a que o resto do mundo saiba da nosa existencia

Estar na rede é unha das mellores maneiras de estar no mundo. A cultura galega debeaproveitar, non pode deixar de lado este medio, para ocupar o lugar que lle corresponde.Aquí os galegos de Australia e os de Lugo, poño por caso, poden conversar ou relacionar-se en tempo real gracias á rede.

A web Galicia Encantada organízase en Categorías atendendo aos contidos: a morte, amedicina, os ritos, a fauna ou a flora, a literatura, a mitoloxía relixiosa, o lume, o calenda-rio... etc. E tamén conta con seccións ás que, paseniño, se vai incorporando material deinvestigación, propostas didácticas, e conta cunha área re-creativa onde se irá dando cabi-da ás creacións de autor que revisen e actualicen o discurso da tradición. Así mesmo con-ta con fotos e ilustracións que poñen cara aos mitos da nosa tradición.

Por último, lembrámoslle ao viaxeiro polas páxinas de Galicia Encantada que pode con-tribuír ao seu crecemento a través do formulario “Envía unha lenda”. Dende calquera pun-to xeográfico de Galicia ou do mundo quen así o desexe pode achegar os seus coñece-mentos sobre a cultura popular galega a esta “lareira virtual”, ao calor dunha culturacomún, sentida e compartida polos galegos do mundo.

Page 209: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

O patrimonio lúdico galego

Lois Pardo

40

Os homes son en realidade deuses que inventaron o mundo como un xogo.Entón, descenderon a el, rematando por se converter en vítimas da súa pro-pia amnesia, até o punto de ficar atrapados no xogo para sempre.

(L. Ron Hubbard)

Podemos definir ao xogo tradicional como aquel nacido ou desenvolvido nunha deter-minada comunidade para dar satisfacción ás súas necesidades lúdicas, marcadas polo seuparticular xeito de vida. Consideramos de importancia capital o conxunto das nosas prác-ticas lúdicas tradicionais, sendo varias as razóns que nos levan a esta conclusión. Entre elaspodemos enumerar:

❙ Algúns dos xogos tradicionais que integran o Patrimonio Lúdico galego son prácti-cas culturais máis antigas que moitos dos monumentos arquitectónicos que temostodos na cabeza.

❙ O material preciso para a práctica dos diversos xogos tradicionais acostuma ser debalde ou moi económico, polo que facilita a dinámica social dos xogos e diminúe oslímites sociais.

❙ A súa práctica favorece a comunicación interxeracional, tan en desuso nos nososdías, que vén ser o principal xeito de transmisión cultural e afectiva.

Brinquedia. O nacemento dunha Rede

Actualmente, os xogos e deportes populares e tradicionais galegos están gozando dunpequeno auxe despois de atravesar unha situación de desaparición progresiva. Podemosconstatar nos últimos tempos a continua aparición de colectivos (clubs, asociacións,empresas, centros de ensino, iniciativas particulares...) interesados ben na recuperacióndas prácticas lúdicas tradicionais en xeral, ben dunha modalidade específica. Podemossalientar as ligas de birlos/bolos do Val Miñor, de Viana do Bolo, de Xove ou da Órrea; asregatas de dornas da Illa de Arousa e de Ribeira; as ligas de chave de Ourense e Ferrol,Santiago e A Coruña; a realización de numerosas actividades no tecido asociativo, o trata-mento incipiente dos nosos xogos nos centros de ensino (de salientar aquí o Museo deXogos Populares do CEIP de Esteiro en Ferrol ou o CEIP Mosteiro de Caaveiro na Capela,

Page 210: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

210

40 O patrimonio lúdico galego

nas terras do Eume, colexio que ademais, proxectaa apertura dun Centro de Interpretación dos XogosTradicionais, recuperando espazos do patio escolare marcando diferentes zonas de xogo con paneisexplicativos); a creación de novos espazos e infra-estruturas que gardan estreita relación co mundodo xogo (o MUPEGA en Santiago, o Palao enOurense, o Museo do Xoguete en Allariz...) e mul-titude de asociacións e centros de ensino que tra-ballan arredor dos xogos tradicionais, ben no día adía, ben na organización de interesantes e frutuo-sas actividades.

Porén, tamén observamos que, malia existirtantas iniciativas, o xogo tradicional non se ato-pa recoñecido socialmente, véndose relegadohabitualmente a unha segunda plana. Con rela-ción a isto, podemos nomear o caso tan curiosode que a Asociación da Chave de Ourense (xogo galego de fondo raizame), para poderdesenvolver a súa Liga, teña que estar inscrita na Federación de Petanca (xogo impor-tado da Francia hai apenas un século). Do mesmo xeito, constatamos que ao longo das3 últimas décadas o xogo tradicional (agás algunhas excepcións) perdeu presenzanomeadamente entre a mocidade, centrándose a súa práctica entre os “vellos”, ou benen programas culturais que os protexen.

Estes argumentos tiveron un peso especial cando a finais maio do 2004, un grupo depersoas e colectivos participantes do I Curso de Xogos e Deportes Tradicionais –celebrado enOurense– aprobabamos entre as Conclusións do Congreso a necesidade de crear unha enti-dade que agrupase a todas as manifestacións que arredor dos xogos tradicionais existiranen Galiza e deseñase un proxecto de actuación común.

Cumpriu case un ano e diversas reunións en distintos puntos do país para lle dar for-ma á idea. En Melide redactamos o Documento Fundacional, na Capela xestáronse os IEncontros Escolares de Xogos Tradicionais e finalmente en Riotorto celebramos a AsembleaFundacional o 27 de marzo de 2005.

Entre os obxectivos marcados por Brinquedia-Rede Galega do Xogo Tradicional, pode-mos salientar:

❙ Creación dunha Rede de información e comunicación entre todas as iniciativas adi-cadas aos xogos tradicionais.

❙ Deseño dun Plan Galego de Rehabilitación dos Xogos Tradicionais e inclusión doPatrimonio Lúdico na lexislación deportiva e cultural galega.

❙ Difusión e promoción do catálogo lúdico tradicional.❙ Contemplar a creación e adaptación de espazos para os nosos xogos ao deseñar as

infraestruturas escolares, deportivas e de lecer.❙ Implicación dos medios de comunicación galegos e dos representantes das distintas

disciplinas artísticas, recoñecendo ao xogo tradicional como unha parte máis danosa Cultura.

❙ Conservar e promover a cultura popular; a través da promoción do PatrimonioLúdico, promovemos tamén o coñecemento da lingua e do medio galego, as clasesde árbores, de madeiras, pedras, crenzas, oficios, ferramentas e moitos outros apar-tados do noso Patrimonio Inmaterial.

Page 211: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

211

Manifestacións de PI: o universo lúdico-festivo

❙ Ademais disto, desde Brinquedia, impulsamos a organización de distintas activi-dades, como o I Encontro Escolar de Xogos Tradicionais, que o pasado 21 de maioreuniu no Campo de Bonaval –en Santiago– a máis de 800 nenos/as ou a iniciati-va, tamén escolar, Polo San Martiño, peóns ao camiño, que pretendía potenciar oxogo do peón na que tradicionalmente foi a data que marcaba a estacionalidade des-te xogo, conseguindo que nesa xornada bailasen ao longo do noso país máis dunmilleiro de trompos.

O xogo tradicional

O concepto de xogo tradicional quizais teña mudado nos últimos anos grazas á existen-cia de certos traballos etnográficos, sociolóxicos e antropolóxicos que viñeron a comple-mentar pouco a pouco o punto de vista que se tiña del; posibilitando así que estas prácti-cas deixasen de ser curiosidades exótico-folclóricas, para as incluír –dun xeito reflexionado ecoa importancia que merecen– dentro do Patrimonio Cultural de cada pobo.

Así, pois, o proceso de rehabilitación xa non se fai acudindo a unha visión nostálxicaou a unha recuperación museística, senón que pasa por favorecer a súa promoción actual,conscientes da realidade e coñecedores das distintas prácticas lúdicas.

Os xogos representan, logo, un adestramento variado do concepto de calidade social ecomunitaria, conformando un punto de reunión e de comunicación interxeracional. Sonunha fonte de enriquecemento individual e colectivo así como unha experiencia local eterritorial. E dado que moitos xogos teñen unha práctica semellante fóra do noso país,levan implícita unha clara dimensión internacional e globalizadora.

Page 212: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural
Page 213: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

Algunhas propostas de acción de salvagardaen torno á música tradicional

Iván Area Carracedo; Pablo Carpintero Arias

41

Neste artigo, facemos distintas propostas de accións concretas en relación coa músicatradicional, orientadas a unha posíbel dinamización do mundo rural. Entre outras, pre-téndese a posta en marcha dunha iniciativa que na Bretaña francesa está a dar moi bosresultados, relacionada coa realización de feiras de produtos artesanais de alta calidade ecoa organización, subvención e mantemento de xuntanzas semellantes ás antigas reunións,denominadas na Galiza seráns, foliadas, polavilas, etc.

Os zoolóxicos están moi ben… pero preferimos a liberdade. Cando os últimos exem-plares dunha especie animal están nos zoolóxicos, calquera persoa entenderá que a desa-parición da especie terá lugar nun prazo de tempo máis ou menos curto. Tecnicamentefalando, cando isto sucede a especie xa non existe, posto que o seu nicho ecolóxico, o lugaronde vive e se relaciona, é unha parte consubstancial das especies. A supervivencia dasespecies non depende única e exclusivamente da existencia de exemplares; cómpre taménque existan as condicións naturais para que os animais poidan desenvolver todas e cadaunha das súas competencias vitais; as especies precisan un entorno natural ao que poucoe pouco, co paso do tempo se foron adaptando, un espazo que foron penetrando tan inti-mamente que, ao desaparecer este, desaparecerá a especie tamén. Non basta con que teña-mos miles de exemplares dun animal en concreto, se non conservamos o espazo onde vive,a especie está acabada de antemán.

Facendo un pequeno exercicio de abstracción, e cunha intención que dista moito debuscar comparacións, apliquemos esta evidencia a calquera manifestación cultural, en par-ticular á música tradicional. A nosa música leva miles de anos vivindo nun espazo naturalque actualmente se define como Galiza, adaptándose a este entorno natural e vivindo fun-damentalmente no campo, no rural. Para o seu desenvolvemento e pervivencia é necesa-rio algo máis que a existencia de bailadores e músicos coñecedores da nosa tradición (osindividuos da especie); cómpre, ademais, que exista o espazo onde se interpretan as melo-días e onde se baila, ou que dito espazo teña evolucionado a formas onde a música e o bai-le tradicionais poidan estar presentes. Sen espazo para a nosa música e o noso baile, ambosmorrerán sen lugar a dúbidas. Hoxe por hoxe o seu espazo natural está esmorecendo e conel as nosas manifestacións musicais tradicionais. Os seráns, as malladas, as segas, os fian-dóns, os bailes... alí vivía a nosa música tradicional; hoxe faino nos escenarios, xa non for-ma parte do entorno natural, xa vive nun zoolóxico. Debemos lembrar que unha determi-

Page 214: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

214

41 Algunhas propostas de acción de salvagarda en torno á música tradicional

nada forma de expresión artística pertence nor-malmente a unha área sociocultural determina-da cando ten relevancia social, no sentido deposuír, no grupo ao que nos referimos, signifi-cados, usos e funcións. Se lle quitamos á nosamúsica os seus usos tradicionais (acompañar aotraballo e servir de base para o baile son dúasdas máis importantes funcións) estaremos aca-bando con ela. Hoxe a función e o uso practica-mente desapareceron, e se queremos revitalizaro noso patrimonio musical tradicional debemosrecuperar a funcionalidade das nosas tradicións,o cal pasa, indefectibelmente, por recuperar omedio rural e por tentar darlle, ás nosas mani-festacións culturais tradicionais, un uso e unhafunción entre os poboadores das cidades, ondehoxe xa se concentra a maior parte da poboa-ción galega. Por suposto, tamén cómpre darlle unha funcionalidade urbana á música e aobaile tradicionais, procurando sempre a antedita relevancia social para eles.

Debemos ter en conta que o patrimonio inmaterial non é exclusivo do ámbito rural, se benas propostas teñen unha compoñente moi forte nesta liña, pois existe un problema real de des-poboamento. A súa importancia é a mesma no ámbito rural e no ámbito urbano. Tamén énecesario evitar posíbeis atomizacións do patrimonio, comezando pola división entre materiale inmaterial, realizando propostas conxuntas que involucren estas dúas partes indisociábeis.

Existen na actualidade un número importante de conceptos previos errados na socie-dade galega en relación coa cultura tradicional, de xeito que é necesario realizar bastantetraballo de recoñecemento, estudo e transmisión, co obxecto de que a sociedade no seuconxunto chegue a asumir como propios os valores do patrimonio material e inmaterial,saíndo deste xeito dos círculos dos estudosos. Pasaremos de observar o patrimonio unica-mente na súa vertente histórica, dándolle unha dimensión de activación e revitalización,en xeral, do patrimonio cultural.

Nunha reunión da Xunta Directiva da Asociación de Gaiteiros Galegos, un compañei-ro, cunha intencionalidade reducionista, sinalaba: “Se un individuo pertence a un grupo,ou é por diñeiro ou é por sexo. Posto que aquí non hai diñeiro...”. Historicamente a músi-ca foi, ademais dun xeito de expresión cultural, unha escusa para favorecer a relación entremozos e mozas dunha aldea ou de aldeas veciñas, entre veciños en xeral, que entendemosé como interpretar o antedito comentario. Nos últimos cincuenta anos, desde a entradadun xeito masivo da radio na Galiza, moito teñen cambiado as cousas neste aspecto. Máisaínda nos últimos tempos.

Coa chegada da radio, e posteriormente da televisión1, non só a música, senón tamén obaile e, en xeral, unha boa parte das nosas manifestacións culturais pasaron, en termino-loxía televisiva, a un segundo plano. As manifestacións lúdicas tradicionais non tiveronunha continuidade no tempo e, simultaneamente, foron perdendo a súa relevancia social.Pasamos da música participativa social a unha música de virtuosismo, unha música deescenario, sen uso nin utilidade. Mutatis mutandis podemos observar unha situación seme-

1 Esta última é moito máis doada de situar no tempo, tendo en conta que as primeiras emisións de TVE foronrealizadas en 1956. En relación coa radio inclúese un pequeno apéndice sobre o tema.

Fernando Paradela Lage e

grupo, Sarreaus. Tocando para

Franco no ano 1957.

Page 215: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

215

Manifestacións de PI: o universo lúdico-festivo

llante no baile e en outras moitas manifestacións culturais. Cómpre ter presente en todomomento que a música que temos recibido é o froito do filtro dos nosos devanceiros, quenafirmaban ou negaban certas manifestacións artísticas en virtude da sociedade; nas festas,torreiros, seráns, foliadas e polavilas, os músicos escollían de xeito natural aquelas melo-días que tivesen unha mellor aceptación por parte do público que participaba na festa. Noninterviña unicamente a calidade dos artistas, senón tamén o que realmente interpretaban.

Máis aínda, debemos ter en conta que durante o século XX se produce simultaneamenteunha migración desde o rural ás vilas e cidades que contribúe dun xeito excepcional a mar-xinar e esquecer as nosas manifestacións culturais, incluso en ocasións a ridiculizalas.Nesta liña non podemos deixar de mencionar o traballo contra o patrimonio inmaterial,na súa vertente de ridiculización mediática e a nivel do ensino impartido, que se leva rea-lizado co apoio da Deputación de Ourense nos últimos tempos, á que ultimamente sesumou a Deputación de Pontevedra.

Unha posíbel cuestión é como ser quen de que a música contribúa a revitalizar a vidano medio rural. Como poden a música e o baile tradicionais, así como outras manifesta-cións folclóricas, axudar a dinamizar a cultura no medio rural como un xeito de evitar oseu despoboamento e favorecer o seu desenvolvemento?

Unha proposta é a revitalización dos seráns por todo o país, e non só no rural, senón taménnas cidades. Debemos ofrecer, dun xeito aberto e participativo, a nosa música e o noso bailecomo vehículos de relación entre as persoas. Vexamos como se podería acadar este obxectivo.

En primeiro lugar cómpre adaptarse aos novos tempos en relación cos horarios. Ofrecerá xuventude2 locais nas principais poboacións onde se faga música e baile tradicional aoantigo uso, de xeito participativo e integrado nos tempos actuais é unha prioridade. Estasofertas poden chegar a ser unha opción moito máis interesantes que o tristemente célebre“botellón”, sempre e cando os horarios destes centros de cultura tradicional teñan en con-ta tamén os hábitos e costumes tanto da xente máis nova canto de persoas máis adultas.Sen pretensión de sermos demagóxicos, os que redactamos estas liñas teñen participadoactivamente en moitas “fins de ano” onde a música tradicional constitúe o eixo funda-mental da festa. Curiosamente estas iniciativas non son endogámicas, achegándose egozando delas xentes que pouco ou nada teñen que ver coa música tradicional.

Por suposto, a participación dos músicos ten que ser aberta e contar cos representanteslocais, quen, con certeza, aínda terán moito que aportar. Este tipo de iniciativas permitirárealizar traballos de recolleita activa, cos músicos dentro do seu espazo natural e coas con-dicións ideais para que realicen o traballo que levan facendo toda a súa vida. Ademais, ainteracción entre músicos curtidos e non tan veteranos dará lugar a un proceso de trans-misión que estivo cortado durante moito tempo3, o mesmo sucederá co baile, actividadeque xera directamente e promove as relacións interpersoais, ou o canto. Deste xeito asmelodías por interpretar retoman o filtro social do cal están a carecer nos últimos tempos,sendo os participantes nas festas os que, dun xeito ou outro, axuden a incorporar novasmelodías ao tempo que se deixan de interpretar outras. Evidentemente, a interacción demúsicos de fóra da bisbarra terá como consecuencia a superación do ámbito local. Taméné verdade que hai un certo risco de folclorización, mais consideramos importante levala acabo polas numerosísimas compoñentes positivas que contén esta proposta.

2 E por extensión á toda a sociedade, incluídas as persoas maiores que poden facer bastantes máis activida-des que o tai-chi.

3 Se ben é verdade que sempre existiron grupos, colectivos, asociacións e individuos dedicados a recompi-lacións de campo, non se ten traballado demasiado na proposta de participar activamente nun mesmo actodiferentes xeracións de músicos e bailadores.

Page 216: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

216

41 Algunhas propostas de acción de salvagarda en torno á música tradicional

Ademais, este tipo de iniciativas deberan ser coordinadas por todo o país, tendo a debi-da publicidade. É un dos xeitos de garantir a presenza de participantes e de evitar compe-tencias non procuradas.

Non debemos deixar de mencionar a necesidade do recoñecemento aos músicos e aosbailadores. Na actualidade existen experiencias similares nas que de xeito sistemático osmembros de grupos tradicionais son “convidados” a participar; a maior parte das veces rea-lízase este tipo de actuacións por militancia, se ben a xente é consciente de que este non éo xeito de que a situación prospere. Ademais, preténdese que esta iniciativa sexa autofi-nanciábel a medio prazo, sendo fundamental a transmisión á sociedade do valor do nosopatrimonio cultural que permitirá, a longo prazo, ser consumidores no lugar de sermosconsumidos ou fagocitados.

Nunha sociedade onde a utilidade é un dos factores para que calquera produto triúnfeno mercado, unha posíbel opción para transmitir é, por dicilo dalgún xeito, as relacións.

O interese turístico das manifestacións patrimoniais

Dende hai séculos a nosa cultura inmaterial e, máis concretamente, a música e o bailetradicional teñen actuado como vehículo de relación e ligazón entre os habitantes do mediorural dun xeito moi notorio. Até os nosos días chegou o costume de facer determinadaslabras, aquelas que esixen un grande esforzo, de xeito comunal (sachadas, matanzas, fiadas,segas, etc.). Os veciños axúdanse neste tipo de tarefas, dando lugar a manifestacións decultura, moitas delas cun grande atractivo cando son realizadas polos métodos tradicionais.Tamén as reunións que antigamente se facían despois do traballo e determinadasmanifestacións asociadas ás festas patronais (danzas de procesión, penlas, danzas gremiais,etc.) ou ao ciclo do ano (cantos de Reis, Entroidos moi característicos que aínda sobreviven,Maios, etc.) posúen un grande interese, que se pode traducir directamente como intereseturístico. Moitas das manifestacións lúdicas e festivas que aínda perduran entre as nosasxentes teñen un inestimábel valor turístico que achamos está moi infravalorado, sobre tododebido a unha carencia case total de publicidade dos mesmos. Exemplos do ben que podenfuncionar a este nivel as nosas manifestacións patrimoniais son os entroidos de Xinzo, Verínou Vilariño de Conso que atraen a xente de toda Galiza e de fóra do país. Cremos que seestes eventos fosen correctamente publicitados, postos en valor e, sobre todo, se a súacontinuidade fose asegurada mediante unha política cultural que permitise a súa correctasubvención4, cantos de Reis, malladas veciñais ao antigo uso, seráns, danzas de todo tipoque sobreviven por toda Galiza, entroidos, etc., poderíanse transformar en actos de grandepoder de congregación. Só un exemplo no sentido de que practicamente todo é posíbel namaior parte dos lugares da Galiza: o Entroido da Ribeira Sacra Lucense, sendo un dos máisrechamantes, é practicamente descoñecido no resto da Galiza. A afluencia de públicolimítase á xente das aldeas implicadas e polo tanto, debido o despoboamento do rural e aperda de interese da xente nova nestas manifestacións (froito dunha política de difusión evalorización cultural nefasta) este Entroido deixouse de celebrar nos últimos anos. Sedesde os estamentos políticos se mimaran estas manifestacións poderiamos, neste casoconcreto, ofrecer ao público un motivo para visitar a Ribeira Sacra en inverno cando asactividades turísticas da Ribeira Sacra se centran fundamentalmente en actividades estivais.

4 Tendo en conta que, por exemplo, algunhas das políticas de subsidio foron encamiñadas a converter oEntroido nun pseudo-carnaval ou en representacións de máscaras, moi lonxe do que deberan ser, ou a pro-mocionar os mal denominados “Día da Muiñeira” que ademais de ser unha lamentábel folclorización con-segue desactivar o interese pola música na base do ridículo.

Page 217: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

217

Manifestacións de PI: o universo lúdico-festivo

Como se sinalaba anteriormente, este tipo demanifestacións patrimoniais susceptíbeis de recibirunha grande afluencia de público existen portodas as nosas aldeas. A súa lista sería enorme,pode semellar que son só unhas poucas, mais estaimpresión e simplemente o froito do descoñece-mento que en xeneral temos delas. Publicitando eorganizando estas actividades correctamentepotenciaremos o turismo no rural e este é un xeitoimportantísimo de adaptar as manifestacións patri-moniais do rural aos tempos modernos ao mesmotempo que se fornece as aldeas dunha fonte deingresos substancial. Catro liñas claras deactuación deberan ser:

1. Estudar e documentar todos os eventos patrimo-niais susceptíbeis de ser obxectivo turístico.2. Unha vez documentados, dar a coñecer estes

eventos ao público en xeral mediante campañas publicitarias adecuadas quesobrepasen, a ser posíbel, o nivel da nosa comunidade (pensemos no caso do fol-clore andaluz).

3. Dotar as aldeas dos medios necesarios para manter vivas estas manifestacións. Urxeunha boa política de planificación.

4. Organizar os eventos desde o punto de vista turístico mantendo inalterada a súa esen-cia; pensemos por exemplo no éxito que as feiras gastronómicas están tendo e a canti-dade de xente que atraen, é dicir, a situación ideal sería aquela na que os turistas poi-dan participar dun xeito máis ou menos directo na celebración do evento, onde a expe-riencia indica que pode ser recomendábel a difusión dunhas directrices de conduta.

Calidade dos produtos manufacturados de xeito tradicional

Nos últimos tempos observamos unha clara tendencia no mercado a ofrecer produtosmanufacturados de moi alta calidade e valor engadido. Este tipo de produtos baseadosnunha manufactura feita ao xeito tradicional están a ter unha grande acollida, pensemosno grande éxito acadado por empresas como Prada a Tope, cuxa filosofía de venta é ofre-cer ao público produtos fabricados ao xeito tradicional, ou a proliferación de tendas ondese ofrecen este tipo de produtos fundamentalmente orientados ao turismo.

Na Galiza gozamos dunha grandísima cantidade de produtos susceptíbeis de seren tra-tados deste xeito, a fabricación de moitos deles está directamente relacionada con prácti-cas de produción moi antigas que renden un produto de moi alta calidade.

Desde o goberno da autonomía debera terse en conta este factor que pode contribuírtanto ao desenvolvemento da economía rural, como á conservación de procedementos pro-dutivos implantados no noso saber secular. As liñas de actuación para acadar este obxec-tivo poderían ser as seguintes:

1. Estudar e documentar os procesos tradicionais de obtención de produtos agrícolase manufacturados producidos no rural.

2. Realizar un estudo económico e de mercado para pescudar: cales destes produtosson ou poden ser demandados pola sociedade, que estratexias de venda son as ade-cuadas para cada tipo de produto (venda centralizada ou anexada os centros de pro-

Gaiteiros de Vilar, Calvos deRandín.

Page 218: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

218

41 Algunhas propostas de acción de salvagarda en torno á música tradicional

dución) e cales son susceptíbeis de aportar un beneficio económico substancial aosseus produtores.

3. Revitalizar e publicitar as feiras tradicionais para devolverlles o seu papel como vehí-culo de relación entre os habitantes do medio rural (e a interacción actual co mun-do urbano e rurbano) e como punto de venda deste tipo de produtos.

4. Tentar ofrecer aos turistas a oportunidade de participar directamente nestes proce-sos de produción tradicional organizando nas diferentes zonas e ao nivel que se eli-xa (comarcal, municipal ou parroquial) centros de referencia onde se podan apren-der diversas técnicas tradicionais. Co obxecto de pór exemplos concretos a cociñatradicional, a olería, os procesos de confección de teceláns, palilleiras, bordadoras,etc., diversos traballos do campo como sachadas, cacheos, segas, vendimas, etc.,poden ser dun grande atractivo turístico se son ofertadas do xeito adecuado.

5. Organizar unha rede de distribución dos produtos manufacturados baseada nestescentros de referencia.

Con estas actuacións aseguraremos o estudo e a supervivencia dos nosos traballos tra-dicionais, a súa posta en valor e, ao mesmo tempo, ofreceremos un vehículo de desenvol-vemento ao medio rural a través da rendibilización económica destes procesos e os seusprodutos resultantes.

Deste xeito, se queremos recuperar a funcionalidade e devolver un uso á nosa músicatradicional, para que esta continúe a vivir e recupere a súa saúde, deberemos seguir unhasliñas xerais de actuación:

1. Estudar e dar a coñecer as partes esquecidas da nosa cultura no medio rural: a educa-ción infantil é absolutamente prioritaria, sen poder descoidar ao resto da sociedade.

2. Recuperar o espazo natural da nosa cultura: apertura de centros para reunións e sub-vención de grupos de música e monitores para volver a iniciar a transmisión oral.

3. Revalorizar os antigos oficios para a produción de items tradicionais con valor turís-tico ou mercantil (cesteiros, zoqueiros, diferentes tipos de comidas e bebidas tradi-cionais...) centrándose na calidade e non na cantidade. Ofrecer á par do turismorural un turismo folclórico, sen caer no folclorismo, procurando alternativas de vidaá xente do campo para evitar a emigración ás cidades.

A integración do exposto é posíbel mediante a realización dos seráns dentro e logo dasfeiras revitalizadas onde os produtos galegos de calidade teñan un papel prioritario. Destexeito, a planificación temporal tórnase moito máis doada pois ao longo dos séculos as vilase aldeas foron variando as datas de celebración evitando as competencias directas entrevilas excesivamente próximas ao tempo que se contribúe á non atomización dos saberesque constitúen o patrimonio cultural inmaterial.

Finalmente, sinalar que no presente traballo estamos a reducir dun xeito implícito asposibilidades do mundo rural pois, en certo modo, estamos a dar propostas que van naliña de preconceptos establecidos sobre el, cousa que habitualmente non se fai ao pensarno mundo urbano. Propostas moito máis abertas serán tratadas en futuros traballos.

Page 219: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

219

Manifestacións de PI: o universo lúdico-festivo

Apéndice

(tomado de Evolución dos recursos interpretativos na gaita galegapor Iván Area, Iván Costa e Xesús Vaamonde, en prensa desde o ano 2000 para a colección “Clásicos da Música Galega”)

En relación coa entrada da Radio5 na Galiza convén sinalar que a radio comezou naGaliza a finais dos anos 20 e durante os 30, case dez anos máis tarde da súa aparición enBarcelona e Madrid. Tratábase de iniciativas privadas, moi precarias, promovidas por par-ticulares e con carácter experimental, difíciles de contabilizar, e que só nalgúns casos cris-talizaron en emisións regulares. Até 1932, baixo o amparo da lexislación republicana, nonse inaugura oficialmente ningunha emisora de radio na Galiza: Radio Galicia en Santiagode Compostela, pertencente á “Sociedad Española de Radiodifusión” (SER). Naquel mes-mo ano de 1932, Ramón Puga Noguerol inicia en Ourense unha serie de experienciasradiofónicas desde unha moi pequena e rudimentaria emisora instalada nun cuarto do seuestablecemento comercial da rúa das Tendas. En 1935 inaugúrase oficialmente “RadioOrense”. “Radio Pontevedra” inicia as súas emisións regulares en marzo de 1934, da mando avogado Enrique Vázquez Lascaille. Polas mesmas datas comeza a emitir “RadioCoruña” creada por Francisco Hervada García-Sampedro, e un mes despois, “Radio Vigo”fundada por Santiago Montenegro Costas e Emilio Torrado Lima. A partir de 1935, emite“Radio Lugo”, propiedade de Ramón Beberide Ledo, que foi e seu director até 1980. Adécada dos cincuenta, é a grande década da radio, pese ás limitacións técnicas e de liber-dades existentes. É a época dos seriais, concursos, espectáculos, programas e actuacións decara ao público. A aparición do transistor, masivamente introducido polos emigrantes,multiplica a audiencia, coas repercusións sinaladas para a cultura tradicional.

No mesmo artigo de onde se tomaron estes datos tamén se fai unha análise das apari-cións das denominadas orquestras e a súa implantación na Galiza.

5 O inventor do sistema de sinais por radio foi Guglielmo Marconi quen fixo a primeira transmisión de sinaissen fíos a través do océano en 1899.

Page 220: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural
Page 221: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

Os ranchos de Reis na Galiza. O caso de Guláns (Ponteareas)

Nieves Barrera; Marisol González

Entrevista feita por Xabier Prado Orbán a Marisol González (M) e Nieves Barrera (N) en presencia doutras compoñentes do rancho de Reis de Guláns

42

X: ¿Quen sodes, e cal é a actividade que facedes dentro da cultura tradicional?M: Chámome Marisol, e participo no Rancho de Reis, que é unha cousa tradicional de

Guláns, e fágoo porque me encanta, e non me importa perder o tempo nin nada, de ver-dade que o fago por satisfacción persoal, e gustaríame que isto seguira adiante.

N: Eu chámome Nieves, e ao igual que Marisol gústame o rancho porque o desfruto,pásoo ben, sácolle horas ao sono, trato de coordinar co traballo e é algo que nesta épocame atrae, igual que che pode atraer calquera outra cousa.

X: Explicádeme un pouco en que consiste o rancho de Reis.M: O Rancho de Reis é unha agrupación, que pode ser de 4, de 6, de 8, ata 12 ou 18,

pode ser moita xente. Homes e mulleres que se xuntan e que fan unhas danzas, unha concastañetas, outra con arquillos, con distinta música e distintos pasos. É moi brincadeira emoi alegre, tanto a música nun caso como no outro.

X: ¿Cando se fai isto?N: Faise durante o Nadal. Antigamente saían durante todo o Nadal e ían de concello en

concello. Hoxe en día non, poden actuar nalgún sitio moi concreto que chamen por elespara ir, pero cando se fai fixo é o día de Reis e, en Guláns, o día de San Xulián. É o día 7,ao final de Reis, ao final das vacacións de Nadal e alí é o día que se danza diante de todos.Ademais, primeiro dánzase diante do santo, na procesión, e despois faise unha exhibiciónpública, claro. A danza diante do santo é moi particular e distinta das outras, porque nelanon se pode en ningún momento darlle o cu ao santo.

X: ¿Como se organiza, prepara, é dicir: que hai que facer antes?M: Pois sobre 15 días antes, ou así, quedamos e ensaiamos, é dicir, recordamos, porque

como non volvemos a bailar esquecémonos xa un pouco, pero bueno, todo o malo é empe-zar e xa volves a lembrar. Pouco se ensaia, eh? Unha vez que o saibas, porque se non o sabes,ao principio cústache, pero unha vez que o sabes adoitas recordar os pasos da vez anterior.

X: ¿Existe unha asociación ou algo así, ou é algo espontáneo?M: É unha cousa bastante espontánea. Hai un rancho eiquí que si, que ten unha cabe-

za visible que está aí, que podes chamalo por teléfono e ao mellor pódenche dicir quepoden ir actuar ou que non, pero así como asociación, non.

Page 222: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

222

42 Os ranchos de Reis na Galiza. O caso de Guláns (Ponteareas)

X: ¿E o material necesario, traxes, elemento, iso todo, de onde sae?M: Iso de casa en casa. As castañetas son antigas, e vanse pedindo á familia tal, que é

quen as ten, os gorros tamén, fixéronnos no ano 77, os últimos, despois fíxoos Lino, queé un dos do rancho, volveu a facelos, pero os así … tal, son do ano 77. Que os fixeronSecundino, Anxo, Porto e todos estes, e que quedan moi bonitos. E despois os panos etodo iso é de casa en casa. Os que teñen, que a conservan alí como unha reliquia, e quepasamos pola casa a pedirllas. Non poñen ningún problema, vas alí e dis que o queres edin: podedes vir a buscalo.

No ano 77 gravaron un programa, chamábase “Raíces”, da Televisión Española, gra-vouse en Guláns, primeiro gravouse a parte cos nenos, xogos, e despois na igrexa grava-mos varias das danzas. Non recordo exactamente se 3, se 4. Pedíuselle á TVE, hai anos,que nos mandaran un vídeo, e actualmente algúns de nós conservámolo.

X: ¿Como aprendestes, como entrantes nisto?N: Desde pequena míralo, porque é unha cousa que tes aí en Reis sempre, entón se

che gusta a música, ou che gusta bailar, pois ti bótaslle unha ollada e miras: fan así, fanalá, de pequenos collías unha vimbia e tratabas de facelo, non quere dicir que o fixeras,e menos ti soa, non? Pero despois cando tiñas unha certa idade, a xente íao deixando,outra vai entrando, e pedíronnos, a min polo menos pedíronme para ir, e dixéronme: tifai o que fan os outros, e entón de vez en cando dicíanche: rapariga, ti por aquí, ti poralá, e así aprendías.

M: Eu creo que non recordo ben como empecei, pero fun o primeiro ano, agarrei o pau,porque tamén se baila a danza do pau, e despois o segundo ano creo recordar que Nievesmarchara e facía falta unha persoa para o grupo dos maiores, e chamáronme a min. Ensaiei,e ata hoxe. Debía ter sobre 16-17 anos. E agora o que se fai é que a quen queira aprender,dámoslle unhas clases, agora durante os meses de novembro e decembro, e os rapaces quequeiran apuntarse poden ir. Ensínaslles os pasos, e despois xa cando veña o gaiteiro e todoiso, coa música faise máis levadeiro.

X: ¿E que tal responden?N: Neste momento non responden moi ben.

Hai moi poucos nenos e nenas. Danzantes aíndahai, pero xa son todos de vinte e tantos anos,pequenos nestes momentos non hai.

Os de vinte anos xa saben, só veñen ensaiarpara ir a bailar. A recordar os pasos e bailar comoo ano pasado. Pero para aprender de novo xa chedigo que, agora mesmo, non hai nenos.

Eu creo que agora os nenos, non a xuventu-de, os nenos, teñen todo. E ir danzar, ao mellor éun esforzo para eles. Nós antes, era para podersaír, ir cos amigos ou coñecer sitios novos, aíndaque sexa ir coñecer Redondela ou Vigo, que aomellor non os coñecías. Pero agora eles, se nonvan a danzar, van igual. Eu creo que agora, paraeles, realmente é un esforzo aprender iso. Salvo,ao mellor, raras excepcións. Si, porque antes, sedicías que ías co rancho, xa non che facían máispreguntas os pais, e ías co rancho todo o día poraí, chegabas a calquera hora, liberdade total, e iso

Page 223: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

223

Manifestacións de PI: o universo lúdico-festivo

era unha novidade, pero hoxe en día non nece-sitas nada diso para saír.

X: ¿E que pensades que lles aporta aos rapaces queestán aí?

M: Creo que curiosidade, a verdade é quenunca lles preguntamos, e ao mellor non esta-mos valorando de verdade o que eles querenaprender. O feito de ensinalo, de poñer o traxe,iso tamén inflúe. Non deixa de ser un traxe unpouco pintoresco.

Penso que senten que é algo importante por serde Guláns, aí polos arredores non queda moito.

N: A miña filla di que unha das cousas polasque o fai é porque lle gusta, para que non se per-da, e creo que no fondo é porque o pasa ben.Coas súas amigas, e tal, e van actuar aquí, e alá,e coñecen xente, e van de acampada, e aprovei-

tan, e esas cousas todas. Pero ao mellor o que necesitaban era un incentivo económico,tamén. Para que elas sigan e animen á xente que vén detrás delas, non?

X: ¿Que pensades que se podería facer para que no futuro isto tivera continuidade nas mellorescondicións? Pensades que neste momento o rancho de Reis ten forza dabondo para manterse porsi mesmo?

N: Eu penso que si, que neste momento por unha razón ou por outra estase mantendopor si só, como se estivo mantendo sempre.

Quizais onde teñamos un pouco de problema é cos músicos. O problema pode ser queos maiores se fixan tanto, que os novos non queren ir. Porque hai xente que toca a gaita,xente que toca o bombo e xente que toca o tambor, e ao mellor vanche un par de veces edespois xa non volven. Realmente, non sabemos o que pasa.

M: A miña opinión persoal é que ao mellor os maiores critican demasiado e despois osmúsicos xa non queren expoñerse a que os critiquen.

N: Normalmente, os músicos son de aquí ou de moi cerquiña, e a música é música dorancho, é moi concreta. Cada peza ten a súa música, non é calquera música. Os músicosaprenden duns a outros, de oído.

X: ¿E os gaiteiros tocan só para o rancho, ou participan tamén noutros grupos folclóricos?N: Non, non tocan só para o rancho, e ao mellor era o que necesitabamos: un grupo de

músicos específico. Iso pode que si, que fose boa idea, ves?

X: ¿E o rancho, na situación actual, mantense por si mesmo, ou tedes necesidades onde podanaxudarvos?

N: O rancho actualmente deféndese ben, pero temos un problemiña aínda, e ímoschoexplicar: os homes, co traxe, van todos igual, pero as mulleres novas van cun traxe, e as demáis idade vamos con outro. A diferenza é que antigamente no rancho, e isto contában-nolo todos, había a Madama, levaban a Madama con eles, que normalmente parece ser quepola época, despois da guerra ou algo así, era un neno que vestían de nena, poñíanlle todosos abalorios e todo. Pero os de Guláns, as mulleres nesa época comezaron a vestir o traxegalego, coa saia e os panos en encarnado e negro. Pero antes da guerra parece ser que habíaun traxe branco, só que non logramos definilo. Entón temos o traxe branco, co sombreirode flores, o traxe branco clásico da Madama, e tal. Pero pensamos que lle falta algo, por-

Page 224: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

224

42 Os ranchos de Reis na Galiza. O caso de Guláns (Ponteareas)

que para ser de inverno é un pouco frescodemais. E entón aí é algo que non temos, e aomellor o que necesitamos é alguén que nos axu-de a investigar un pouco o que pasou ou o quepasa con isto. Porque temos unha persoa quecoñecemos que é Anxo Porto que é un gran inves-tigador destas cousas, e el encontrou algo en Tui,no antigo Arquivo Diocesano, do ano mil sete-centos e pico ou algo así, que xa nomean o ran-cho de Reis de Guláns. O que pasa é que non dinada aparte de nomealo, e o que tratamos é deque alguén nos axudara un pouco a buscar o quehai do traxe branco e do traxe encarnado, ou sede verdade é que o traxe encarnado xa viña deatrás. Gustaríanos ter un pouco máis de segurida-de no que facemos. Queremos que de verdadesexa algo que reflicte a tradición.

Ti coa xente que tes, actualmente, vaslle preguntando. Acórdome de preguntarlle ata áseñora Encarnación, e ela dicíame: Eu cando era nova si que ía aos Reis, iamos todos aosReis e tal. Pero co dos traxes, dicía: non, iamos todos con eles, co que tiñamos, tratabamosde saír… Ou sexa que tampouco tiñan algo definido. E Anxo sempre me di: mira, Nieves,que o traxe é o encarnado. Home, é máis bonito.

Carmen (señora maior presente na conversa): para min, é. Eu vexo as levitas que leva-des e non…

Eu son Carmen de Habanero, para sabelo en todo Guláns. E que non me gusta o traxebranco. Cada vez que vos miro con aqueles traxes, digo: eu non digo que son de Guláns.Parece que van sen nada, en camisón. Aí a Florinda ten ela a saia de hai corenta anos, eaínda a mirei eu dentro dunha maleta vella, e había os calcetíns e todo, co conto dos Reise co conto dos Carnavais desapareceu iso e moitas cousas mais. E non falo mais nada, quedespois sae aí todo.

X: ¿Alguén máis quere facer algún comentario de algo que non se falara?I: Eu son Isabel González, e o que comentabades antes das subvencións, ou de axudas,

eu penso que a veces podía haber unha idea de intercambio de culturas, con outros sitios,que ao mellor podía ser interesante como iniciativa, para que a xente se involucre e siganas tradicións adiante. Tanto esta de aquí como pode ser doutro sitio cerca. Ou lonxe, dáigual. Como aliciente, algo haberá que facer coas culturas que se están perdendo, non?Movelas dalgunha maneira. Porque por si, todos tan modernos somos que vamos perden-do o que traemos detrás. Que a veces nin nos acordamos.

R: Eu son Rosa María González, e tamén quero dicir unha cousa. Eu creo que non sevai perder, porque nós agora estamos tranquilos porque a cousa está en auxe, pero se mira-mos que se perde eu creo que imos convencer aos nosos fillos para que aprendan, non?Cando teñan idade, claro. Agora estamos tranquilos porque están elas, están os máis novos,pero creo que se miramos que a cousa perde, entón imos intentar convencer máis aos rapa-ces. Imos ir, se fai falla, á escola.

N: Iso xa pasou hai anos. Houbo unha época que non saía o rancho. E foron algúnsmaiores que estaban aí, que foron buscar aos rapaces, que lles ensinaron, levaron un tra-ballo enorme, porque non a todo o mundo lle gusta bailar, non todo o mundo lle pega aese ritmo, non? E así volveron outra vez a levantalo. Porque eu me lembro que a primeira

Page 225: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

225

Manifestacións de PI: o universo lúdico-festivo

vez que fun levaba un ano ou dous en que o rancho non saíra. E ese ano as persoas queforon con nós foron os homes, xa os casados, eran Isabel e Pepe da Barxa. E Secundino,xente maior. E Caseira. Estivo alí con nós, na biblioteca, e ensinaba. E Manuel Esperanza,que aínda nos aprendeu a nós. E Secundino tamén axudou, ensinounos, cando levaba aofillo. Houbo un grupo de xente que loitou para que non se perdera, alá polo ano 74, oupor aí. Hai varios anos tentamos recuperar o grupo de maiores, e xuntamos xente de máisde 40 anos, o máis vello tiña 68. 12 bailaríns, 6 mulleres e 6 homes. Algúns levaban vin-te tantos anos sen bailar.

NOTA: Os ranchos de Reis, unha manifestación singular da cultura tradicional galega concertas influencias da emigración a Latinoamérica, foron frecuentes en moitas parroquias dopaís. Consérvanse aínda nalgúns casos, aparte do de Guláns, como poden ser os de Riofríoou Salceda de Caselas, entre outros. Hai mostras dun grande interese na súa recuperaciónou revitalización, como pode ser o caso de Barbadás en Ourense ou Boimorto en Santiago.

Page 226: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural
Page 227: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

Os músicos da Limia

Iván Area Carracedo; Cástor Castro Vicente

43

As compilacións de música tradicional son unha realidade na Galiza desde hai xa máis decento cincuenta anos. Nas primeiras épocas houbo un traballo importante de recompila-ción de letras e cantigas; máis adiante ampliando os intereses ás melodías. Nesta liña, con-sidérase ao estradense Marcial de Valladares Núñez (1821-1903) o primeiro recompiladormusical da Galiza. Ademais, pensamos que aínda outra volta era necesaria: ter en conta aspropias vidas dos músicos.

Desde hai preto de quince anos, un grupo de investigadores1 da música patrimonial rea-lizamos un rastrexo sistemático dunha bisbarra da xeografía galega na que non se tiña fei-to un excesivo traballo de campo. En obras cuasi-enciclopédicas anteriores, como pode sero Cancioneiro de Dorothé Schubarth e Antón Santamarina, o de Eduardo Martínez Tornere Jesús Bal y Gay, ou mesmo o de Casto Sampedro, as referencias a músicos limiaos sonpracticamente nulas. Incluso en obras centradas na provincia de Ourense, como pode sero Cancioneiro de Daniel González Rodríguez, non comparábel aos anteriores, non existe unnúmero apreciábel de melodías ou letras desta bisbarra. Entre todos os cancioneiros publi-cados apenas se xuntan arredor de vinte referencias. No ano 2003 a agrupación CastroFloxo edita o segundo volume do Cancioneiro popular da provincia de Ourense dedicado áLimia, con 39 cantigas e 48 pezas instrumentais (recollidas pola agrupación e achegas dou-tros investigadores), que constitúe unha pequena mostra do que é realmente o folcloremusical da bisbarra. Sendo honestos, tiñamos un preconcepto previo: non habería unnúmero excesivo de músicos. Se non, como pasou desapercibida esta bisbarra a tantosinvestigadores anteriores a nós? A nosa sorpresa, a medida que avanzaron os anos foimaiúscula. Pouco a pouco aparecían máis e máis músicos, como unha tea de araña sen fin.

Abordamos este traballo desde unha nova perspectiva. Non só procurar músicos, xun-to coas letras, cantigas e melodías, senón ademais, prestar especial atención ás vidas des-tas persoas que contribuíron dun xeito excepcional a manter vivo un dos nosos máis gran-des tesouros. Desde o punto de vista musical e vital, os intereses prioritarios foron saberdas súas motivacións para aprender a tocar, os distintos e variados ámbitos nos que semovían, as súas relacións con outros músicos da bisbarra ou de fóra dela, nalgúns casos as

1 Cástor Castro, Socorro Rúa, Iván Area, Félix Castro, Pablo Carpintero, Roberto de Andrés, María delCarmen Gil.

Page 228: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

228

43 Os músicos da Limia

razóns e motivos polos que deixaron de tocar, a súa historia labo-ral, as frecuentes emigracións das persoas desta bisbarra...Ademais, tivemos especial interese en aprender dos portadores osdistintos e variados aspectos culturais relacionados coas expre-sións musicais, amén de numerosas anécdotas que serven paracomprender as realidades sociais dos distintos momentos históri-cos que aparecen reflectidos na obra. Por suposto, as melodíasforon tamén aprendidas.

Coa finalidade de completar o estudo o máximo posíbel,entrevistamos non só a músicos vivos, senón tamén a familiarese veciños que nos puidesen aportar información daqueles músi-cos que xa finaran, e que polas referencias obtidas formaban par-te substancial da historia da comarca. Neste sentido houbo bas-tantes referencias a músicos que xa forman parte do acervo cul-tural limiao.

En Setembro de 2004 xurdiu a oportunidade de publicar unhaparte moi pequena do traballo de campo recompilado, baixo onome Catálogo de Músicos da Limia: Música Tradicional dentro dun-ha colección promovida polo Museo da Limia (Concello de Vilarde Santos) e editada por Difusora de Artes, Letras e Ideas, sendoos textos “obra” de Delfín Caseiro e Cástor Castro, facendo unhacondensada síntese das transcricións das máis de cen entrevistas (e máis de cento cincuen-ta horas de gravación) que se fixeran ata aquela data. En certo modo aumentou, dun xei-to case exponencial, o traballo de recompilación entre setembro de 2004 e febreiro de2005, tendo en conta a existencia dunha data para rematar o traballo. Agora continuamosa desenvolver traballo na Limia co incentivo de ter unha parte xa publicada e coa finalida-de de publicar unha obra na que sexa posíbel achar a maior parte da información recompi-lada. Debemos sinalar que froito do intenso traballo o listado final mostra máis de 125 músi-cos tradicionais (máis de 250 ao contar individualmente os membros de cada grupo –caixa,bombo, etc.) dos que no Catálogo saen referenciados 79. Neste punto foi altamente acerta-da a solución editorial elixida para o Catálogo, xa que se trata dunha obra de pequeno for-mato e fácil lectura, coa que se ten acadado a máxima difusión, fronte á complexidade dou-tro tipo de obras de folclore dirixidas a especialistas.

O espazo temporal dos músicos estudados abrangue desde finais do s. XIX até os anos70, e inclúense tanto gaiteiros solistas, como grupos de gaitas (nas distintas formacións:dúo de gaitas, gaitas e clarinete, acompañados maioritariamente por caixa e bombo), acor-deonistas (principalmente de diatónico), e violinistas e acordeonistas cegos, e tamén demodo testemuñal varias cantareiras destacadas. Sorprendeunos especialmente achar un bonúmero de cegos músicos que acudían ás romarías e celebracións da bisbarra cos seusromances, desafíos e cuartetas, coma foron o Cego de Sas, o da Alberguería, o da Gándara,ou o de Buxán. Tamén foi moi interesante constatar a abondosa presenza de acordeonistasdiatónicos, que entraban en competencia cos gaiteiros, cando outros investigadores os ubi-caban vinculados a zonas costeiras.

A pretensión do noso equipo de traballo foi, en todo momento, unha difusión do patri-monio musical desta bisbarra, que sirva como alicerce do futuro, dándolle todo o prota-gonismo aos músicos. Nesta liña de pensamento, a presentación oficial do Catálogo, reali-zada no Museo da Limia co gallo de celebración do Día das Letras Galegas do ano 2005, áque acudiron preto de cincuenta dos músicos e moitos familiares e amigos, foi un acto

Ermelinda Seguín Matías,Ermelinda do Muíño. Sas. Sarrreaus.Fotografía de Alba VázquezCarpentier.

Page 229: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

229

Manifestacións de PI: o universo lúdico-festivo

entrañábel no que se recoñeceu a importancia de todas estas persoasque contribuíron e contribúen á transmisión da música tradicional naLimia.

Como liña de continuidade organizamos o domingo 25 de setembro,día grande da festa da Saínza, a romaría da Limia, no prado afortunadoda maxestosa Carballa da Rocha, o “I Encontro de Músicos da Limia”,depositarios e transmisores da arte e do saber dos devanceiros, coa pre-senza gozosa de moitos dos músicos limiaos vivos e dos parentes dosfinados.

Por outra banda, nas distintas edicións celebradas do “Día doOrgullo Gaiteiro”, que organizamos desde a Aula de Música TradicionalGomes Mouro, rendeuse merecida homenaxe a músicos da Limia. Seno ano pasado se lle fixo a D. Francisco Villarino Ojea, o Sr. Paco deEscornabois, neste ano 2005, o noso especial recoñecemento foi paraos Músicos de Vilar (Calvos de Randín). Cómpre sinalar que a data decelebración desta xornada é o 17 de decembro, pois dese mesmo díado ano 1458 data o documento, achado polo escritor e historiadorXesús Ferro Couselo, no que o gaiteiro “Gomes Mouro”, do que aAsociación toma nome é recibido como veciño da vila de Ourense. Esadata supón a primeira constancia escrita da presenza dun gaiteiro nacidade de Ourense e a segunda en toda Galiza, e foi tomada pola Auladesde hai xa varios anos como xornada “reivindicativa” e lúdica arre-dor da nosa música tradicional.

As vivencias, saberes e cariño que nos transmitiron e transmitentodas as persoas coas que contactamos durante este traballo vai moitomáis aló do que se pode reflectir nunha gravación de campo ou nunartigo. O feito de que un grupo de investigadores, escritores, fotógrafose finalmente o editor, se acheguen aos músicos limiaos interesándose

polos seus coñecementos e saberes, as súas vidas e as súas ilusións, que finalmente se venplasmadas nun libro onde se ven reflectidos e se senten identificados, ten elevado a auto-estima e a consideración dentro da súa familia e veciños. Ademais, as convocatorias queperiodicamente se lles realiza para participar en encontros, mostras, homenaxes, incre-menta máis aínda este recoñecemento, entrando no valor emocional do patrimonio.

Finalmente queremos facer unha última consideración aplicábel tanto á Limia como aoresto das bisbarras da provincia de Ourense onde a Deputación leva máis de dez anos sub-vencionando unha estrutura altamente criticada tanto polo colectivo de estudosos da músi-ca tradicional como polos propios músicos que aparecen recollidos no Catálogo, concomentarios certamente atinados. Nestas mal denominadas “Escolas de Gaita” ofértaseunha formación orientada a crear bandas para competicións, cunhas técnicas que nonteñen nada que ver coa nosa tradición musical, sempre de costas aos músicos tradicionaisda bisbarra, que foron desprazados do seu ámbito e rompendo a cadea de transmisión dosaber. Cumprirá un especial esforzo na fase de comprensión do patrimonio, así como nade protección, antes de poder abordar de xeito efectivo políticas de recomposición.

Francisco Villarino Ojea,Escornabois, Trasmiras.Tocando xunto a peliqueiroen Castro de Laza.

Page 230: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural
Page 231: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

Chegou o Entroido

Xosé Manuel Atanes

44

Chegou o Entroido. Remataba o longo inverno na Limia, e igual có ano pasado, aqueldomingo á beira do lume xantabamos o pedro con grelos, cachola e patacas.

Inmediatamente despois, xa quedabamos todos os nenos na Aira do Forno. Utiliza-bamos un cartón con dous buratos para tapar a cara e a roupa de ir ó esterco dos nosospais. Despois de ensarillar as mans no pote, corriamos polas corredoiras de Soutelo cheasde bulleiro de arriba cara abaixo meténdolles medo ata ós maiores. Parecía que lles diver-tía pois algún ata nos daba unha galleta, ou unha moeda. Faciámolo simplemente porquetamén o facían os nenos maiores.

Ben entrada a noite volviamos a cear o que sobrou do mediodía. Meus pais semprerepetían a mesmo conversa:

– Maruja, ¿acórdaste no baile daquel ano, cando levaba aquel bigote e ti vestida de car-pinteiro, e ninguén nos coñecía?

– Cala, cala, daquela non podiamos tapar a cara, e tiñamos medo... Pero máis me acor-do da vergoña que pasei cando o sancristán lía o testamento, repartindo o burro:

Á Maruja de Soutelopor ser pastora de ovellastamén lle daremos algoanque sexan ás orellas.

Despois miraban cara nós e dicían:– No Entroido non saiades da aldea. Andan os zarramoncalleiros, as pantallas, e os peli-

queiros, que collen os nenos.O do reparto do burro xa non se facía, pero as ameazas daqueles seres…Xa eramos nenos maiores, cando nun Entroido fomos á vila. Mellor me sería facerlle

caso á miña nai. Cando na rúa de San Roque, un ruído estremecedor se achegaba cara nós,o xentío recuaba cara as paredes. Eles a min nin me viron, pero eu case me mexo. Aqueles“monstros” corrían polo centro da rúa bourando unhas vexigas enormes no ar. ¡Querían“comer” un home que corría diante deles!. Aquela imaxe quedou gravada na miña cabezapara toda a vida. Eran as Pantallas.

Eramos xa mozotes, cando con outros mozos veciños corrín o primeiro Entroido enXinzo. O Pepe prestoume unha pantalla, e a iso das cinco da tarde puxémonos a correr

Page 232: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

232

44 Chegou o Entroido

polas rúas. Sentíame un pouco ridículo intentan-do berrar coma eles, e ata me mancaba a careta.

Non sei quen dixo non sei que, e todos corre-mos como tolos detrás dun señor. Cando o colle-mos, os máis veteranos bouraban a eito abrindocamiño entre a xente, e outros catro metémolo ócolo no Mesón. No momento xa tiñamos sitionaquel bar ateigado de xente. Dentro, todos saca-mos as caretas e “o Rizos” abrazouse a el.

– ¿Pero home, ti outra vez?. Teremos quemercarche nós un disfrace.

– A min ata me gusta que me collan. ¡Ponunha botella!.

El bebeu primeiro, e nós, a rolda despois. Derepente empezamos todos a bourar coas vexi-gas, e a xirar a cintura para que os cintos soa-ran. Berrabamos:

– O Entroido de Xinzo que bonito éandar de parranda e durmir de pé.

Coido que se oía en toda a Limia. Despedímonos do señor, dándolle todos as grazas.Saímos, puxemos as caretas, e como foguetes dirección á praza.

Xa non me mancaba a careta. Xa non me sentía ridículo. Ata me gustaba berrar comaeles. Dábame conta de que a xente nos deixaba paso.Víame a min mesmo en cada nenoque fuxía, ou se metía na saia da nai. O ruído dos cintos marcaba o paso da nosa carreira.As vexigas boura que boura. A Rúa de San Roque, A Praza, a Rúa dous de Maio, os Viños...todo era noso. Saudamos a outras pantallas que cruzan.

Aínda vai frío, pero a suor corre por dentro da careta. Vemos outro home sen disfrazar,que alguén dos que vai connosco recoñece. Repítese a historia unha e outra vez.

Cae a noite, entre o cansazo e o viño ímonos retirando ó parque. Tombados na fría her-ba contamos as anécdotas da xornada con outras pantallas.

– Mira que outra vez o cura, tódolos anos igual.– Pois nós tamén o collemos– ¿Mañá corredes outra vez?.– Pois claro.– Entón non poderedes co corpo o martes.– Si, home si. Sempre se puido.Nós retirámonos a cear o pote de tódolos anos.Caéronme as bágoas cando ó ano seguinte, a miña irmá Raquel me regalou unha panta-

lla nova. Axudoume a vestila. O cinto era de vintecinco campás, a min non me pesaba nada.Unicamente oía o seu ruxido. A careta, preciosa, mágoa que desde dentro non se vexa.

Corría cara onde os outros escoitándome a min mesmo. Paso diante dos veciños e ninguénme recoñece. Invádeme unha sensación de poder e liberdade. Síntome inmune, intocable. Sono rei do mundo. Os demais van disfrazados. Eu son pantalla. A pantalla ten vida propia.

O vento da emigración espallounos polo mundo. Pero fieis a nosa cita, cada domingode Entroido, e ano tras ano, ás catro e media todos estabamos no bar “Fentos” para correroutra vez. Sempre faltaba unha vexiga, unha luva..., sempre había algún veciño sen disfra-zar, se non... para pagar un viño valía calquera. Ata nos pediu un forasteiro que bailaramoscara el, e meteramos nun bar ó seu acompañante.

Page 233: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

233

Manifestacións de PI: o universo lúdico-festivo

Os máis vellos ían abandonando a panda, eu fíxeno cando unha señora me dixo:– ¿”Usted” está enseñando a estos niños?.Sigo vivindo o Entroido. Escoito a miña pantalla pedir que a vista. Unha vez que es pan-

talla, elo para sempre. Aínda corro un anaco do desfile do martes, e tomo unhas cuncas nobarrio dos viños.

Despois descúbrome e espero que pasen os meus herdeiros para que me collan, e memetan ó colo:

– ¡Pon unha botella!

Page 234: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural
Page 235: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

4550

Page 236: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

Traballando co patrimonioinmaterial: as prácticas textuais

Page 237: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

A revista oral O Pazo das Musas. Unha propostapara a dinamización da cultura popularAntonio Reigosa

Cultura tradicional nas aulas: improvisación oralHortensia Bautista Fernández

A regueifa no mundo actualPinto de Herbón

Educación ambiental a través dos contos tradicionaisPapaventos. Escola Ambiental

Cago na guineta: da salvagarda como reciprocidadeentre texto e habitanteAnxo Fernández Ocampo

45

46

47

48

49Dinamización cultural na parroquia de ProendosAlfonso Campos; Manuel Falagueiro50

Page 238: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural
Page 239: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

Cago na guineta: da salvagarda como reciprocidadeentre texto e habitante

Anxo Fernández Ocampo

45

Velaí algo que expoñemos con decisión: se nesta intervención relativa ao patrimonio tex-tual preferimos desbotar o uso dunha locución como “literatura (popular) de tradiciónoral”, non é porque tal etiqueta sexa incorrecta, senón porque preferimos incidir nosseguintes aspectos, que por veces tenden a pasan desapercibidos.

Por unha banda non habería nada que obxectar respecto do carácter oral da literaturapopular, só que a oralidade en si non é enteiramente definitoria das prácticas que se dannos espazos a estudo neste volume. Por un lado a sociedade rural dende moi antigo e naépoca moderna soubo compoñer e transmitir o signo gráfico, cando non subverteu ouadoptou signos trazados ou escritos, e por outro a oralidade tamén forma parte da socie-dade urbana. Non é logo que a etiqueta de “oral” non sirva, senón máis ben que se tendea limitar ao mundo rural sen que se recoñeza plenamente a importancia da oralidade noconxunto dos espazos sociais.

Por outra banda coidamos que cómpre abrir o debate da literatura oral nun cadro máisamplo e revelador dunha diversidade de prácticas: as prácticas textuais. Falar de prácticaslémbranos que a lingua e outras linguaxes constitúen auténticas prácticas sociais, mentresque con “textuais” consideramos o tema dende o punto de vista do produto, sexa cal sexaa canle utilizada (falada, cantada, escrita, berrada, debuxada, xesticulada, etc.) e do seupolimorfismo, cando o texto é practicado como forma sonora, visual ou táctil, como esce-nificación da paisaxe que compón o universo doméstico e o monte, ou como interpreta-ción do estranxeiro e as formas de viaxar para el.

Nos últimos anos as ciencias sociais foron erguendo moitas barreiras que separabanpolos aparentemente opostos. Iso lle aconteceu ao paradigma popular/culto e todas as súasdeclinacións: oral/escrito, rural/urbano, tradicional/moderno, e en definitiva tamén par-vo/listo, como Xan e Pedro nos contos, pois xa sabemos que un é parvo e acepta a her-danza da mai e outro é listo e emigra para a cidade.

Mais o que é hoxe obvio para os investigadores das ciencias sociais tamén debería selopara calquera que volva a súa mirada sobre as prácticas populares, o seu tratamento e estu-do. E sería mágoa que sigamos recreando e asumindo semellante dualidade, que ao cabodesemboca na negación da contemporaneidade das prácticas en cuestión. Aceptar esa pola-rización significa admitir que o espazo rural practicamente só pode limitarse a recrear for-

Page 240: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

240

45 Cago na guineta: da salvagarda como reciprocidade entre texto e habitante

mas pasadas. Por esta razón é arriscado querer definir o tradi-cional por oposición ao non-tradicional. Sabemos ademais quepode existir “tradición” en procesos dos espazos predominante-mente urbanos como rurais, e tocante ás prácticas de calqueraclase social, non só as populares.

O carácter de urxencia tamén condiciona negativamente odiscurso sobre o inmaterial e a súa patrimonialización. Xa entreos argumentos dos irmáns Grimm verbo do seu proxecto acomezos do século dezanove facíase referencia á urxencia coaque había que recoller os contos populares. O efecto Grimmdesigna de feito o clixé polo que se di que “cómpre recoller axi-ña mostras tradicionais antes de que desaparezan”. Sen negar afraxilidade da existencia das formas concretas polas que nosinteresamos, debemos admitir que o efecto Grimm provén sobretodo do discurso polo que a intelectualidade se reserva o derei-to hoxe a sinalar qué se entende por formas tradicionais patri-monializables, é dicir qué formas merecen ser reaproveitadas, equé partes do patrimonio son as que están ameazadas.

Efectivamente, a tradición só é visible cando un determinado tecido de prácticasperde vitalidade, quedando aparente a súa proxección cara ao pasado. É dicir, que a tra-dicionalidade é unha característica socialmente visible a partir da cal á práctica afecta-da se lle confiren, entre outras características, certa emotividade e poder de lexitima-ción identitaria. Dito isto, é doado adiviñar que a patrimonialización é unha operaciónrelativamente laboriosa e que non existen prácticas patrimoniais por definición senónpolíticas de patrimonialización.

Aínda que a cultura oficial vexa nas manifestacións artísticas populares formas empo-brecidas da arte, con todo sempre considerou que existían, por cadrar nalgunha categoríadefinida (poesía, danza, etc.). Pola contra pouca ou ningunha atención se leva prestado amoitas prácticas recorrentes pero non percibidas como formas patrimonializables. Nestecaso cómpre deitar unha mirada etnográfica sobre a expresión cotiá das clases populares,tanto urbanas como rurais.

Así, moitas prácticas sociais textuais (ou non textuais) presentan aspectos materiaisou inmateriais alleos á consideración institucional pero que son constitutivos da expre-sión popular. Son prácticas recorrentes pero non adoitan ser percibidas como formaspatrimonializables: no rexistro da escritura, os carteis, os grafitos, a correspondencia ouos anuncios de venda de material agrícola desprenden tanto valor patrimonializablecomo as manifestacións lúdicas máis estéticas. Esa diversidade existe igualmente nosrexistros orais, por exemplo no emprego do teléfono para “meterlle o Entroido” aointerlocutor despistado.

A tradición non é logo indiscutible. É máis, o conto, a cántiga ou a fórmula non son sóelementos dun repertorio que a clase culta somete a estudo e clasificación, senón querepresentan a materia coa que se envolve a experiencia tanxible e que permite operar sobreo nome das cousas, da xente e dos lugares. Sen a súa dimensión textual, calquera trans-formación sería imposible. Véxase se non.

Corrían os anos cincuenta para toda a xente e tamén para Alfredo Felipe, portugués daprimeira República refuxiado no noso país logo da revolución do 1926. Un día foi serrarunha nogueira que medrara apertada entre dúas paredes. Mais para serrala Alfredo houbode pronunciar unhas palabras con forma de tirarrollas, unhas verbas para desenroscar a

Xosé de Minguxo (co permiso de VictoriaConde Marqués).Fotografía de Anxo FernándezOcampo.

Page 241: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

241

Traballando co patrimonio inmaterial: as prácticas textuais

árbore, un resorte que relembraba cara atrás o nacemento daplanta, co poder de operar nela ou desprazala.

cago na guineta [xeneta]que comeu o rato que tiña que comer a noz que tirou o corvo

Velaí foi como se evocou a orixe da nogueira encaixada.Polo tanto, en vez de problematizar a salvagarda de prácticas

textuais, máis fácil é recoñecer que elas, pola súa maleabilidade,poden servir de instrumento de salvagarda das demais prácticas.Neste aspecto hase ter en conta a veciñanza co patrimonio mate-rial que, de mesmo xeito que o textual, se ten concibido comorepertorio cerrado de monumentos, provocando a emerxenciade illotes patrimonializados en medio de desfeitas de planifica-ción. En calquera caso e dado que os elementos materiais se vol-ven interpretables á luz das prácticas textuais (e viceversa), seríadesexable compartir metodoloxías de salvagarda, nun espírito

de superación da oposición artificial entre material e inmaterial.Dito isto, subliñaremos tres das dimensións aproveitables das prácticas textuais nun

programa de patrimonialización, unhas dimensións que non sexan obxecto de mecánicasde recolección/repetición e que non contemplen só os textos da literatura popular:

a) As posibilidades da lingua popular respecto da introdución do galego nos usos lin-güísticos, alimentándoa con recursos estilísticos, fraseolóxicos, terminolóxicos, etc.Entre as variedades menos coñecidas figura o galego practicado na emigración, hoxetecido vivo con recursos sorprendentes e recorrentes, un medio excelente no queobservar as claves do galego sobre a capacidade e a forma de ler e interpretar os sis-temas alleos.

b) A paisaxe como texto, composto dunha sintaxe de elementos lexibles nunha trama(micro)toponímica, e asociados á lenda ou á historia de vida.

c) As propiedades narrativas das artes decorativas (talladas, pintadas, tecidas, cocidas,etc.) que narran e que traducen formas dos nomes de seres e cousas.

Para todo isto precisamos confiar na autonomía dos sistemas locais, baseada nunhavontade que pon orde na interdependencia cos demais sistemas veciños. Dentro de cadasistema fíxanse as variantes e constrúese un cosmos a partir da experiencia vital dos seusintérpretes. O sistema confire uns límites teóricos á identidade fronte aos demais. Podeminguar ou estirarse, pode ser o lugar, a parroquia, grupos de parentesco ou calqueraoutro tipo de unidade no centro do cal se sitúen os axentes que a forman.

Mais a identidade local non provén dunha herdanza estática e singular, senón que éresponsabilidade constante dos axentes (intérpretes e público) da comunidade, atentos aoque pasa fóra e dentro do seu sistema de vida. Neste senso a etimoloxía da polavila débe-se precisamente ao acto de narrar o que pasa pola vila, pois idealmente as paraxismastráense da vila. Daquela a identidade local fúndase e establécese continuamente median-te o ir e vir entre os espazos, e como en calquera sistema, mediante filtros e estratexias dedomesticación, a novidade ten que ser desactivada e as novas experiencias irán adecuán-dose a un repertorio constantemente actualizado. Como mostra de como incidiu a revo-lución industrial no imaxinario dos intérpretes de enxameadas e contos de esaxero, é tem-po de evocarmos a Xosé de Minguxo.

O antropónimo Minguxo(casa de Minguxo, Sampaio,A Pontenova) emerxe comoescrita vernácula, mentres amicrotoponimia estende atrama dos nomes que fanlexible o espazo humano e social.Fotografía de Anxo FernándezOcampo.

Page 242: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

242

45 Cago na guineta: da salvagarda como reciprocidade entre texto e habitante

Xosé de Minguxo posuía unha axilidade poucocomún. O día da festa podía pasar unha perna porriba da muller coa que bailaba, e cando varexabacastiñeiros, sempre en zocas, dicíase que botaba odía enteiro subido a eles e pasaba dun a outro enequilibrio sobre a vara de varexar.

Xosé era un excelente narrador de enxameadas e,como no caso do barón de Münchhausen, el mesmoera o protagonista das accións. Así, para aforrar oprezo do billete do tranvía, competía co transportepúblico correndo en equilibrio sobre a varanda daponte de Baracaldo mentres o tranvía circulaba polavía da ponte. Á máquina leváballe trinta minutoscruzar, pero a el só quince. Sendo camareiro, poñí-ase na cabeza dunha mesa de vintecatro servizos emandaba os pratos todos á vez polo aire e cada unquedaba no seu sitio. Ademais, de obreiro en Bilbaosacou horas libres para facer a estatua dun homónimo veciño del, un tal Ramiro deCampaña, toda picada ao buril.

Non dubidamos agora de que as prácticas textuais son dinámicas e que a partir delas éposible construír xuízos contemporáneos. Agora, canto ás accións propiamente destinadasa salvagardar as prácticas textuais, nos límites deste pequeno artigo cabe adiantar tres ini-ciativas, entre moitas outras, en termos de investigación, planificación e participación:

a) Unha investigación que non se limite á compilación/clasificación nacionalizadora eque basee o seu esforzo no estudo das tensións entre variantes.

b) O deseño de estratexias de xeración e aproveitamento sustentable dos recursos tex-tuais, en particular no turismo. As entidades locais hoxe xa se ven concernidas porun traballo de fixación e particularización no campo terminolóxico e social, e com-piten polo dereito de usar etiquetas e nomes (propios ou de produtos).

c) A capacidade dos axentes sociais locais para controlar a produción e a difusión dosseus produtos e derivados textuais, incluídas a tradución e interpretación queenchan eficazmente o espazo entre o noso sistema cultural e o dos outros.

Con todo, é na súa dimensión participativa na que poden xurdir os principais atrancosás accións de salvagarda das prácticas textuais.

Con Bourdieu sabemos que unha das propiedades da sociedade rural é a de cambiaren comunicación e cooperación as relacións de reciprocidade xeradas polo parentesco,pola veciñanza e polo traballo colectivo. Transfórmanse esas obrigas en tarefas de repro-dución das relacións establecidas (festas, intercambios de bens, visitas, sinais de boaeducación, vodas, etc.). Acontece como se a sociedade “tradicional” teimase en negar aacción económica disfrazándoa de intercambio como único modo de circulación dosbens. As actividades lúdicas fan aparecer as transaccións como actos de xenerosidade,danlle invariablemente ao público a sensación de que o traballo no campo é unha formade festa colectiva, e alimentan a crenza conforme o rural ten que ser necesariamente unespazo de produción e de lecer (polo tanto non un espazo no que se tomen decisións).

Algo semellante acontece canto aos recursos textuais desenvolvidos nun sistema local,cando a patrimonialización (mediante coleccións ou difusión ao público xeral) non coidaas condicións de consumo dos propios axentes sociais do lugar. Ábrese nestes casos unha

Esluíndose a fronteira entrepatrimonio material einmaterial: un sebeiro galegoé interpretado para unhalinguaxe plástica de textos edebuxos polos francesesHervé Bacquet, pintor, eYves Bergeret, poeta.Difusión e proxección noestranxeiro dos valoresestéticos do nosopatrimonio.Fotografía de Anxo FernándezOcampo.

Page 243: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

243

Traballando co patrimonio inmaterial: as prácticas textuais

fenda entre o valor de intercambio que ten avariante local dentro do circuíto ao que pertence eo valor totalmente diferente que se lle confire aopublicala en circuítos aos que non acceden osaxentes sociais.

Así, e xogando co binomio etic/emic, diremosque sobre a literatura popular existen compila-cións (por exemplo do tipo “contos populares gale-gos”) destinadas a alimentar proxectos académicos,empresas editoriais ou correntes intelectuais. Sonprodutos de ámbito nacional ou administrativodende o noso punto de vista necesarios, mais coinconveniente de que desarticulan as variantes decada un dos sistemas culturais locais de onde seextraeron as variantes. Pensamos logo que se correo risco, de seguir entendendo a patrimonializacióndas prácticas textuais unicamente como recolleita e

difusión de formas literarias populares, de estar a valorizar determinadas prácticas estéti-cas coincidentes co canon para convertelas en subsistema dos modelos chamados cultos.En certa maneira, como viamos, a identidade local é secuestrada para ser convertida enpeza doutro sistema, o cal non contribúe a que o habitante perciba as posibilidades inter-pretativas que lle ofrecen as súas propias prácticas.

Nunha época na que o estudo etnográfico abandona o rural ou as selvas do exótico paraandar (por fin) a vida cotiá de todos os espazos sociais, agora que sabemos que a etnogra-fía non é un mero pretexto para a constitución de repertorios de recolleita, é cando preci-samos que un número suficiente de antropólogos e antropólogas cun manexo rigoroso dadisciplina etnográfica sintan como novidade aqueles espazos rurais nos que chorar as risasdo tempo presente.

Patrimonio e formas dapaisaxe: os paxelos que osromeiros atan nas pólas péda fonte do San Pedro Fiz(Vilarmide, A Pontenova)reproducen o aliñamento e omovemento das calesbrancas das casas da aldeano trasfondo. Aquí, o valorpatrimonial inmaterialdepende da disposición dospanos.Fotografía de Anxo FernándezOcampo.

Page 244: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural
Page 245: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

A revista oral O Pazo das Musas. Unha proposta para a dinamización da cultura popular

Antonio Reigosa

46

Dende decembro do ano 2004 o Museo Provincial de Lugo, a través do seu Depar-tamento de Didáctica, edita trimestralmente unha revista oral denominada O Pazo dasMusas. As funcións teñen lugar no outrora refectorio do convento franciscano, hoxe sé domuseo, e adoitan celebrarse o derradeiro xoves do trimestre. Ten unha duración aproxi-mada de noventa minutos e unha programación variada atendendo á actualidade cultural.Ten como obxectivo ser un foro de opinión e de debate no que participan os protagonis-tas e axentes involucrados na creación e difusión da cultura en xeral.

A denominación “Pazo das Musas” fai referencia á morada das musas clásicas, de ondeprovén o nome dos museos e, ao mesmo tempo, quere ser unha homenaxe a eses perso-naxes mitolóxicos que aportan a inspiración imprescindible para os creadores de cultura.

Todos os números da revista contan con seccións fixas como a música e a poesía; o res-to dos contidos varían en función das circunstancias ou se así se considera, como foi o casohai pouco tempo, dedícase un número monográfico a un tema de grande importancia, deactualidade ou transcendencia social. Referímonos ao número especial do pasado día 29 desetembro de 2005 co que se pretendeu divulgar e apoiar a Candidatura para o recoñece-mento por parte da UNESCO da Tradición Oral Galego-Portuguesa como Obra Mestra doPatrimonio Oral e Intanxible da Humanidade. Sumámonos así á vontade das persoas, agrupa-cións, entidades e institucións que interviñeron e colaboraron con este proxecto para tentaracadar a desexada declaración, co modesto obxectivo de que este patrimonio se difunda, sepoña en valor e se salvagarde para o futuro. Xa sabemos que desta vez non foi posible aca-dar o éxito mais, visto con ollos optimistas, tampouco importa demasiado. A cultura e a tra-dición seguen vivas, que é o principal; polo tanto, xa virán os recoñecementos.

Nese número extraordinario interviñeron, entre outros, portadores coma Elva Requeijo,músicos coma Emilio do Pando, da Fonsagrada, e as mozas de Cantar das Eiras, de Lugo,o antropólogo X. Manuel González Reboredo, os representantes da candidatura XabierPrado e Mª Lourdes Carita, o investigador Xoán Cuba, a xove aprendiz de contos tradicio-nais Clara Reigosa, leuse o Manifesto de Apoio á Candidatura elaborado polo MuseoProvincial de Lugo, visionouse o filme O carro de Antonio Román e do inesquecible XaquínLourenzo, e na parte gráfica gozamos das espléndidas imaxes que captara na zona orien-tal da provincia de Lugo hai máis de oitenta anos o alemán Walter Ebeling, arquivo ago-ra propiedade da Excma. Deputación Provincial de Lugo.

Page 246: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

246

46 A revista oral O Pazo das Musas. Unha proposta para a dinamización da cultura popular

A fórmula da revista oral O pazo das Musas revelouse, a pesar da pouca andaina con queconta, moi útil e efectiva para a divulgación cultural. Ademais, trala experiencia do núme-ro monográfico dedicado á cultura inmaterial, considerámola singularmente eficaz para adifusión da cultura tradicional. Neste formato teñen cabida todas as manifestacións, desdeaquelas que xa esmoreceron pero que se poden relembrar, ata as máis puxantes e vivas. Éposible facer demostracións de cultura material e, ao tempo, desfrutar dun espectáculomusical ou poético, narrar un conto ou unha lenda, escoitar aos científicos popularesfacendo a predición do tempo ou recomendando remedios curativos para os males máiscorrentes. Acae a intervención do investigador e a do portador, a do creador e a do recrea-dor. Todo é posible nun formato no que o esencial é comunicar.

Por todo o que acabamos de dicir, e por máis razóns que seguramente o lector deducirá,entendemos que a nosa cultura tradicional precisa de imaxinación e de recursos para sobrevi-vir. Entre todos debemos buscar maneiras de achegala a todos, especialmente aos máis novos,para que se coñeza e para que se valore, e, debemos recoñecelo, non sempre atinamos.

Esta só é unha proposta por explorar; os resultados terán que verse co tempo, mais paraque se poidan ver, algo haberá que intentar.

Page 247: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

Cultura tradicional nas aulas: improvisación oral

Hortensia Bautista Fernández

47

Punto de partida

Cómpre sinalar, que esta experiencia xurdiu como resultado da reflexión por parte dungrupo de mestres sobre a evolución do uso do galego desde a aprobación do Estatuto noano 1981, onde no seu artigo 27 se recoñecen as competencias exclusivas da ComunidadeAutónoma na promoción e ensino da lingua galega.

Esta data coincidiu co comezo da actividade académica dalgúns de nós como ensinantesde educación pública na comarca do Condado, concretamente no concello de Ponteareas.

Se ben é innegable que dende aquela asistimos a un aumento sen precedentes na his-toria do noso país, no que se refire a publicacións editoriais e a un maior coñecemento eemprego do galego escrito, non acontece o mesmo na lingua falada.

Nesta comarca nos últimos vintecinco anos constatouse unha perda real de galegofalan-tes, pasándose dunha situación de uso maioritario polos escolares de principio dos oiten-ta á situación actual onde a tendencia é claramente inversa.

Esta realidade, levounos a realizar unha pequena análise previa e indagar sobre as posi-bles razóns do descenso do uso do galego oral no entorno dos escolares de infantil, pri-maria e secundaria no entorno educativo na nosa Comarca.

❙ Progresivo abandono das actividades agrícolas, a favor da industria e servizos, quese acelerou coa entrada na UE. Isto trouxo como resultado a perda de identidade cogrupo da parroquia e o esmorecemento da cultura popular agraria e rural, onde ouso do galego era exclusivo.

❙ Percepción do galego como lingua secundaria, de escaso prestixio, asociada a deter-minadas profesións, apenas usada nas consideradas de alta escala profesional, ereducida en moitos casos a un uso exclusivamente familiar ou anecdótico.

❙ Desruralización e forte incremento da poboación en núcleos urbanos: adopción deformas de comportamento urbano que produciu un desapego e mesmo desprezopor xeito de celebracións propias das parroquias, adoptando entre os máis novosmodas impostas pola presión dos media.

❙ Progresivo aumento do emprego do castelán no entorno familiar tanto no mediourbano coma nos núcleos rurais próximos, como lingua materna exclusiva, para asocialización dos máis pequenos.

Page 248: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

248

47 Cultura tradicional nas aulas: improvisación oral

Ao anterior habería que engadir unha situación de diglosia dogalego tamén no ámbito educativo no que se aprecia:

❙ Uso maioritario do castelán entre os membros da comuni-dade educativa.

❙ Introdución de formas de cultura alleas que veñen subs-tituír formas autóctonas en celebracións tradicionaiscíclicas.

❙ Diferente tratamento por parte das editoriais na presenta-ción, ilustracións e deseño dos libros de texto en funciónda edición, apreciándose un claro interese e esmero nostextos escritos na lingua castelá.

Situación actual

Consideramos que polo anteriormente exposto a realidade reflectida podería parecerpreocupante e mesmo irreversible, pero os acontecementos tanto políticos coma culturaisacaecidos nos últimos anos demostraron que aínda se poder frear ou mesmo mudar estatendencia polo que é necesario que á institución escolar adopte unha postura de clara van-garda na defensa da lingua e na recuperación de formas de cultura propias.

A raíz disto, varios ensinantes de primaria e secundaria, propuxémonos elaborar unproxecto de traballo entre tres centros de ensino do concello de Ponteareas, coa finalidadede introducir a improvisación oral como instrumento de capacitación para un mellordesenvolvemento da linguaxe en distintos contextos.

Este proxecto foi presentado e aprobado polo CEFORES de Vigo hai xa tres anos, e nelcontinuamos a traballar na actualidade.

Resumo da experiencia

No primeiro ano (2003-2004) adicámonos a realizar un estudo introdutorio das dife-rentes manifestacións orais en Galiza, centrándonos máis na nosa comarca, O Condado.

Fixemos un percorrido centrándonos en informantes direct@s nas parroquias de Mon-dariz, Mouriscados, Leirado, Padróns, Fozara, Bugarín, Areas e Ponteareas.

As mostras foron realizadas entre persoas maiores de 65 anos que aínda conservan amemoria viva destas manifestacións da oralidade, e entre outras máis xoves interesadas naconservación destas manifestacións culturais.

Ademais contamos coas contribucións dos membros do Centro de Recuperación daCultura Popular de Ponteareas, mediante información recollida sobre as diferentes mani-festacións da oralidade.

Recollemos coplas, ditos, refráns, cantigas que se cantaban en diferentes acontecemen-tos sociofestivos e actividades relacionadas coas faenas agrícolas: añas, seráns, Nadal,Entroido, cornetadas…

Constatamos que existía unha maior valoración e nivel de colaboración entre os porta-dores máis novos que entre os máis vellos, dándose nestes últimos unha inicial reticenciadebido á escasa autovaloración do seu saber. Isto mudaba cando se lles facía ver a impor-tancia da súa achega para poder transmitir esta cultura ás novas xeracións e impedir a súadesaparición definitiva.

En segundo lugar tratamos de achegar ás aulas dos centros participantes mostras daimprovisación oral aínda viva. Ao traveso da asociación O.R.A.L puxémonos en contacto

Page 249: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

249

Traballando co patrimonio inmaterial: as prácticas textuais

cos regueifeiros Luís Caruncho e Pinto de Herbón, organizando unha xornada sobreregueifas con escolares dos centros CEIP Fermín Bouza Brey e IES Val do Tea.

Esta experiencia demostrou que a arte de regueifar non lles resultaba allea aos máisnovos. Malia non estar acostumados a escoitar nin practicar esta arte, entendían perfecta-mente a controversia, a ironía dos regueifeiros e participaron animadamente nos xogos depalabras que eles lles propoñían, conseguindo durante a sesión iniciarse na improvisación.

No segundo ano (2004-2005) adicámonos ao deseño de actividades para a posta en prác-tica da improvisación oral na aula, tanto en verso coma en prosa, e a recollida de lendas e rela-tos tradicionais da zona sobre lugares, aparecidos, estántigas, procesión de Santa Compaña…

Empezamos por sesións de relatos orais nas aulas entre os alumnos, contando as len-das, contos, ditos… que os rapaces escoitaran dos seus avós.

Paralelamente iniciamos a práctica da improvisación primeiro en verso como as coplas cogallo do Entroido, actividade moi motivadora onde puidemos constatar a presenza de “poten-ciais improvisadores” entre algúns alumnos que espontaneamente se desafiaban en verso.

Posteriormente continuamos con improvisacións en prosa sobre diferentes temas, ondese constataba o diferente grao de fluidez dos rapaces para expresarse en galego, decrecen-te en función da pertenza a un centro urbano coma o alumnado do C.E.I.P Fermín BouzaBrey, fronte á maior espontaneidade nos rapaces do centro rural, alumnado galegofalantedo C.E.I.P. Fraga do Rei, ambos no concello de Ponteareas.

No presente ano (2005-2006) intentamos elaborar unha secuenciación de actividadese deseñar unha metodoloxía que permita chegar a formar improvisadores desde a escola.

Comprobamos despois da experiencia destes dous últimos anos que do mesmo modoque para a música, a pintura e calquera actividade artística, tamén para a improvisación, éfundamental o talento innato de cada individuo, pero non é menos certo, que cunha meto-doloxía axeitada, todos podemos aprender a tocar un instrumento, pintar un cadro ou che-gar a ser improvisadores e en calquera caso inculcar a sensibilidade cara á cultura propia eparticularmente á arte de improvisar.

Apuntar a necesidade fundamental de continuidade neste tipo de actividades, precisapara unha observación sistemática dos progresos acadados tanto no coñecemento das dife-rentes manifestacións orais tradicionais coma na improvisación oral. De aí que sexa nece-sario traballar co mesmo grupo de alumnos cos que se comezou a experiencia durante uncerto tempo de forma ininterrompida.

Reflexión final

Necesidade de recuperar o papel da escola na vangarda de recuperación e difusión danosa cultura debido o perigo real de desaparición. “Cando un ancián morre, unha biblio-teca desaparece” (Hampate Ba, intelectual africano de Mali).

Os centros de ensino reúnen unha serie de factores que os fan idóneos para este cometido:

❙ Accesibilidade a portadores a través dos seus descendentes.❙ Posibilidade de difusión entre tódolos membros da Comunidade Educativa.❙ Capacidade de intercambiar experiencias e acometer un programa común de actua-

ción entre os diferentes centros dun mesmo concello e /ou da comarca, con exposi-cións e certames coa participación de todos os escolares.

Estas medidas posibilitarían que nun espazo de tempo relativamente curto, se poderíarecuperar unha boa parte do noso patrimonio inmaterial e etnográfico que permitiríagarantir un futuro esperanzador para a nosa cultura.

Page 250: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural
Page 251: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

A regueifa no mundo actual

Pinto de Herbón

Entrevista feita por Xabier Prado Orbán

48

– Preséntate cunha copla

Voume a presentar amigoscon ledicia e emoción.Adícome á regueifae son o Pinto de Herbón.

– Cal é a túa actividade no campo da cultura tradicional e por que o fas?Eu fago regueifa, e fago isto porque me gusta e porque me serve para espremer o siso

cada vez que regueifo con outro compañeiro.

– Responde cunha copla a esta:Iso de facer regueifasonche cousas do pasado,demóstrasme que a Galizaaínda é un país atrasado

As políticas practicadas leváronnos ao inferno.A Galiza entre todos faremos un país moderno.

– Pensas que a improvisación oral pode aportar algo ás novas xeracións?Non é que o pense, é que estou completamente convencido. Por exemplo, a regueifa

serve para axilizar o enxeño, para que os nenos na escola, facendo unha tonada, fagan octo-sílabos por un tubo; atopen nas súas cuartetas as figuras métricas que tanto traballo llescusta atopar, cando os mestres lles ensinan métrica. E ademais, non se pode dicir que o díade mañá non haxa xente que viva da regueifa como forma de espectáculo.

– Fai unha copla que inclúa estas palabras: “Cultura, Tradición, Moderno”O mundo da tradicióno global xa non atura.O moderno hoxe en día é a defensa da cultura.

Page 252: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

252

48 A regueifa no mundo actual

– Pensas que a cultura tradicional pode ter algún papel no mundo actual?Estou seguro de que si, porque no mundo actual do que din que todos somos iguais,

iso de certo ten moi pouco, porque uns son máis iguais ca outros. Non é o mesmo un gale-go ca un gringo (por sorte), a diferenza é abismal. Nós temos unhas sensibilidades que elesnon teñen ou aparentan non ter: como que non miramos para outro lado cando bombar-dean hospitais, ou por exemplo (aínda que sexa pouco importante para outros pero paramin é importantísimo) a matanza do porco e todo o ritual e significado que iso ten para osgalegos que o vivimos toda a vida. Pois ese tipo de cousas que ten a nosa cultura tradicio-nal é o que nos fai auténticos como galegos e como cidadáns do mundo.

– Fai unha copla que comece por: “Debemos valorar o noso…”Debemos valorar o noso.Digo esto, non me confundo,porque desde hai moito tempoo galego está no mundo.

– Que pensas da autoestima e da valoración mutua de galegos e portugueses?Home, é un camiño que está moi pouco andado. Ou moi prexudicado (como diría o

outro), debido a tantos séculos escoitando desde a meseta que non tiñamos nada que veros galegos e os portugueses. Ben, desde a meseta e mais dos nosos veciños de par da casa,pero penso que estamos nun intre doce para trocar esa concepción.

– Fai unha copla que remate con este pé forzado: “…desenvolvemento rural”.Estamos traballando arreodunha forma especial,para que aquí xa haxadesenvolvemento rural.

– Cales serían as condicións para unha vida digna no rural?Primeiro, ter un goberno galego que crea no rural. Logo, levar a cabo unha serie de

infraestruturas para que os que nos adicamos ao agro ou á gandería ou á explotación demasas forestais teñamos facilidades nas nosas tarefas, como por exemplo:

❙ Sistemas de regadío e acabar co traballoso labor de andar coa bomba de aquí pra alá.

Page 253: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

253

Traballando co patrimonio inmaterial: as prácticas textuais

❙ Concentración parcelaria tanto agrícola como forestal.❙ Buscar un sistema de recollida e reciclaxe do plástico sobrante dos sementoiros (en

Herbón tallóns).❙ Atopar unha saída á biomasa que aflora nos nosos montes (antes había vacas e a xen-

te do rural utilizábaa para estra-los animais).❙ Cultiva-los montes de árbores autóctonas para producir madeira ou froitos secos

para a industria da transformación.❙ E moitas outras cousas que a política seria, formal e creativa ten o deber de levar

adiante.

– Véndeme pementos nunha copla.Se calidá queres comerleva ppementos de Herbón.Unha vez na boca os metasaledarás o corazón.

– Cres que a cultura tradicional pode contribuír á valorización dos produtos?Iso non fai falla que o diga eu, iso xa hai tempo que o mercado nolo recoñeceu. Hai que

seguir por este camiño: “Calidade, Calidade, Calidade”, este é o nome dos nosos produtosagrícolas. Feito dunha tradición agrícola e cultural. De aquí veñen: viños, lacóns, queixos,pementos, rabizas, etc.

– Escribe unha copla libre A regueifa é rebeldePoetisa e divertida.Cásate con ela amigoQue che ha de dá-la vida.

– Tes algunha reflexión máis como PORTADOR que consideres interesante para que a teñan enconta os axentes de desenvolvemento á hora de planificar actuacións sobre a cultura tradicionale sobre o desenvolvemento rural?

Temos auga, temos vida, temos medios, sabemos traballar. Só falta crer en nós mesmoscomo país e como cultura. Se chegamos aquí por qué parar agora.

– Copla de despedida.Xa me despido agora,digo adeus a todo quisque.Aínda que moitos non queirana nazón galega existe.

– Expresarías algún desexo de cara ao futuro?O primeiro desexo que teño de cara o futuro é que cando me volvas a poñer versos para

que eu empece ou remate a cuadra (cuarteta), fainos de oito sílabas porque na regueifa sonde oito, os teus son de nove. Se non, observa:

- De/be/mos va/lo/rar o no/so/: 9- De/sen/vol/ve/men/to ru/ral: 8+1 (é agudo) = 9Non esquezamos que a regueifa é poesía e débese a unhas normas e regras.E o outro desexo é que pensemos no noso como valor engadido e non como unha cou-

sa que non vale e que non ten futuro, porque iso sería mentirnos a nós mesmos.Temos idioma, temos cultura, temos recursos e temos futuro: A traballar, que o futuro

empeza hoxe.

Page 254: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural
Page 255: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

No ano 1990, un grupo de educadoras e educadores vinculados o movemento ecolo-xista galego, puxemos en funcionamento un proxecto de educación ambiental na pequenaaldea chantadina de Garabelos. Co apoio de etnógrafos e historiadores tentabamos vincu-lar o achegamento ao entorno natural a través da riqueza e a diversidade do acervo cultu-ral e patrimonial do noso contorno. Así nacían as Aulas da Natureza de Papaventos quenunha convivencia quincenal amosaban unha visión diferente, máis próxima, das raícesdos propios participantes con frecuencia ignoradas e practicamente desaparecidas nas pro-postas educativas “oficiais”. Obradoiros de artesanía popular, roteiros ata igrexas, castros,fervenzas, torres, fragas e montañas, talleres de reciclaxe, e sobre todo, contos, teatro,mímica, o achegamento do propio a través das lendas, das historias, dos protagonistas dunimaxinario rural que se ía perdendo pouco a pouco.

Unha vez transcorridos os primeiros campamentos da natureza, Papaventos decidiuampliar toda esta experiencia ás propias escolas, cando menos para abrir por uns minu-tos as portas da educación á reivindicación continua e constante do coñecemento dopropio como única posibilidade para promover hábitos diarios para o seu coidado e pro-tección. O principio consistía en explicar a través dun conto teatralizado a importanciado bosque e polo tanto a necesidade de iniciativas como a da reciclaxe do papel. Máistarde foron xurdindo novas propostas que promovendo o conto deron forma a unhaexperiencia lúdico-pedagóxica na que anualmente participan 13.000 nenas e nenos enmáis de 330 sesións nos centros escolares, bibliotecas e aulas de cultura de 250 conce-llos de Galiza, Asturias, O Bierzo e Portugal, e que ten merecido recoñecementos comoo Premio de Educación Ambiental en Galicia 1990 (convocatoria Xunta-Conxuga) ou oPremio á mellora da calidade de vida “Agronatura 1991” (Convocatoria Inorde-Depu-tación de Ourense).

Non hai dúbida de que hoxe para espertar e sobre todo motivar a atención escolar sobretemas tan importantes como a protección do patrimonio natural e cultural, sobre a nece-sidade de mantelos vivos, é preciso e necesario o emprego de metodoloxías que sexanatractivas e sobre todo moi participativas para as/os alumnas/os dos centros escolares. EnPapaventos topamos nos contos esa óptima ferramenta de motivación educativa, e con eladesenvolvemos un feixe de proxectos que a continuación relacionamos.

Educación ambiental a través dos contostradicionais

Papaventos. Escola Ambiental

49

Page 256: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

256

49 Educación ambiental a través dos contos tradicionais

1. Embarcaescola: En colaboración coa Asociación Cultural Barcas do Minho, facemosunha “baixada” polas escolas da nosa vía fluvial (de Meira a Caminha) acompaña-dos por unha ducia de maquetas, feitas en madeira, das diferentes tipoloxías que aolongo dos séculos sucaron os ríos galegos e acompañamos todo isto cun feixiño doschamados “Contos da Xacia Meira” recuperando personaxes fluviais, como osxacios e xacias, que xurdían do río con forma de homes e mulleres peixe. Temostamén un pallaso malabar de nome Xaciño que se adentra nos contos tentando con-vencer os nenos para limpar o río cun cepillo de dentes, unha vasoira, ou un plu-meiro, e despois converte o lixo en bólas malabares. Todos estes contos conformanun interesante proxecto de contacontos dentro das mesmas barcas tradicionais,mentres imos remando polo río, desenvolvido nos Encontros de EmbarcaciónsTradicionais do Río Cabe.

2. Ciclo-biblioteca: Un proxecto de achegamento da bibliografía medioambiental a tra-vés dunha bicicleta que percorre as escolas cargada de libros medioambientais coafin de que nos libros as nenas e os nenos descubran toda a riqueza do seu contornoe sobre todo se comprometan a protexelo, levando con ela personaxes coma o loboMarroxo, a sobreira Suberiña, a Coureliña e o lobo Lor, o paxaro Vicentiño, defen-sor do río Miño...

3. Os xogos do lixo: Xogos cooperativos baseados en personaxes como trasnos, as fadas, quetentan ensinar os participantes a separación en orixe do lixo a través das tres “erres”.Reducir, Reutilizar e Reciclar.

4. Papainventos: Inventos baseados en xogos populares como poden ser:

❙ Tira-beloteiro-plantabosques: Un tiracoios tradicional feito con galla de maceira,cámara de bicicleta, que dispara belotas repoboando os montes e montañas… cosque contamos as historias da “Casa das landras voadoras”.

❙ Paraugas “Dame-augas”: Un paraugas reciclado coa lenda “dame-augas” e con debu-xos para que chova, chova e non pare de chover. Que se abre para contar os contosde “Ogheb, a muller chuvia”.

❙ Árbores “atrapa-contos”: Árbores feitas de cartón reutilizado que teñen na copa unburaco tecido con fíos e agulla para atrapar contos solidarios.

5. Obradoiro-teatro “O bosque desanimado”: Teatro sobre os problemas do bosque autócto-no no que as nenas e nenos viaxan nunha bicicleta imaxinaria (facendo curvas, subidas,baixadas…) ata o bosque onde descobren os seus problemas e a través da mímica e duntaller de reciclaxe de papel tentan axudalo.

6. Abraza-contos: Recuperamos a historia certa dunha curandeira de Sober que recomen-daba aos doentes que abrazaran as árbores como xeito de recibir a súa enerxía. A tra-vés dun taller de “afectividade” nenas e nenos interpretan a árbores e doentes que seabrazan e despois eles mesmos abrazan as árbores e coa súa imaxinación contan todo oque lles dixeron, inventando conversas neno-árbore.

7. Contos reciclados: Contos tradicionais de recolleitas feitas en Galiza que se reciclan paracomprometer as nenas e nenos co coidado do seu contorno.

Exemplos: ❙ “O trasno do lixo”: “O trasno do lixo vai polo bosque tirando no lixo cando esvara

nun verquedoiro incontrolado, emporcállase todo e quere que o limpen a el, así quevai onde unha herba (interpretada por unha nena):

– Herba, limpa o trasno do lixo que vai polo bosque tirando no lixo.

Page 257: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

257

Traballando co patrimonio inmaterial: as prácticas textuais

¿Que dixo a nena? (e responden todos os nenos):– ¡Non tires máis lixo!

Despois o trasno vai onde a vaca e dille:– Vaca, come a herba, que non quere limpar o trasno do lixo que vai polo bos-que tirando no lixo.

¿Que dixo a vaca? (e responden todos os nenos):– ¡Non tires máis lixo!

Así sucesivamente con paus, lume, auga, burros, …Ata que os nenos e nenas ao remate saen pola escola, polo aldea, pola vila, dicíndo-lle a todo o mundo

– ¡Non tires máis lixo!

❙ “O Casamento do Sil e o Miño”O Sil e o Miño querían casar e non tiñan pan para festexar, saíu a carballa da súacarballeira: ¡Mandaime recado que son panadeira!Miña vidiña, panciño xa o temos, fáltanos vestido, onde o atoparemos?Do seu sobreiral saíu a sobreira: ¡Mandaime recado que eu son tecedeira!Así van aparecendo castiñeiras, aciñeiras, érbedos, acivros, teixos… ata conformarun casamento, ao mesmo tempo que nenos e nenas coñecen o patrimonio.

8. Roteiros pequeneiros “un paseo pola historia”: Rutas de interpretación ambiental e do patri-monio, no que mentres camiñamos descubrimos con contos o propio patrimonio cultural.

❙ Exemplo: para explicar as orixes das sepulturas antropomórficas de Fornas(Chantada) contamos a xeito de lenda medieval poética a historia do namoro entreun labrego e unha doncela.

10. “ContoSolidarios”. En colaboración coa ONG “Bicis Pola Paz”, son proxectos de conta-contos para falar das desigualdades sociais, dos refuxiados, a fame e as guerras a travésde personaxes doutras culturas.

❙ Juja, o trasno do deserto saharauí, as bonecas quitapenas de Guatemala… fusiona-dos con personaxes propios da nosa cultura.

11. “Ceiba-contos”. Consiste en ceibar contos propios para que a xente os recicle, os adap-te, os adopte, os mellore, os empeore, os conte, os manteña vivos. Non cremos na pro-piedade intelectual do conto (como noutras propiedades), tal como fixeron os nososdevanceiros que crearon contos sen “copy-right”.

Avaliación

A nosa experiencia de 16 anos polas escolas fai que teñamos absolutamente claro queo conto é un xeito claro de achegar problemas, que vive o noso patrimonio natural e cul-tural, e sobre todo o conto pode crear hábitos de que sexan os propios participantes os quemanteñan viva a imaxinación dun pobo creador de historias grazas ao seu contorno máxi-co que hoxe lamentablemente entre tanto incendio, lixo, contaminación, pode desapare-cer. O conto educativo baseado na recuperación da tradición oral galega debe mantersevivo polo que o obxectivo fundamental das nosas propostas, que pouco a pouco se vanplasmando na realidade –como por exemplo vimos de facer no concello de Toén (Ourense)coa primeira Escola de Contacontos, dentro dun proxecto de interculturalidade e quepronto dará os seus froitos en forma dun libro de contos do/as propios alumnos/as– é quesexan as nenas e os nenos galegos quen sigan a cadea para darlle continuidade á riqueza

Page 258: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

258

49 Educación ambiental a través dos contos tradicionais

do seu patrimonio adaptado aos novos tempos. Eles serán a nosa esperanza na educaciónambiental e na defensa do patrimonio cultural.

Papaventos forma parte da iniciativa da creación da Universidade Rural Galega comoese referente integrador necesario para a universalización e sobre todo para manter vivo opatrimonio cultural galego.

Máis información: Papaventos Escola AmbientalGarabelos-Mariz 27518 Chantada-Galizae-mail:[email protected]: www.contosolidarios.org

Page 259: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

Dinamización cultural na parroquia de Proendos

Alfonso Campos; Manuel Falagueiro

Diálogo entre Alfonso Campos (A) e Manuel Falagueiro (M), da parroquia de Proendos (Sober)sobre as actividades de dinamización parroquial. Gravación: Xabier Prado Orbán (X).

50

X: Gustaríame que falasedes entre vós sobre as actividades que fixestes durante todos estes anospara contribuír a dinamizar a vida cultural e social na vosa parroquia.

A: Ben, cando nos propuxemos traballar dende a Asociación de Veciños “PROENCIA”da parroquia de Proendos en Sober (Lugo), tiñamos en mente a recuperación da tradición,principalmente oral, que existía aínda viva na súa xente. Así o fomos plasmando nunhaserie de boletíns que para o noso gusto tiveron moitísimo éxito e que a xente se implicou,non só a xente que vivía na parroquia, senón que nos gustou que esa xente tamén que esta-ba fóra, na emigración ou xa asentada en Vigo, Barcelona, en fin, iso interesáballes moití-simo porque era un punto de contacto coa súa terra.

M: É que a parroquia, a principios do século pasado, tivera unha actividade cultural bas-tante ampla. Era famoso en todo o contorno o Entroido de Proendos. Era unha tradición quexa viña de moi atrás e que perdurou especificamente en Proendos. Conta a miña nai que nasúa época xente de Pinol, de Gundivós, Anllo, de todas as parroquias ao redor, chegaban odía do Entroido a Proendos e era unha inmensidade de xente a que se xuntaba. A xente pre-paraba as súas obras de teatro e tiñan un deus, Momo (igual que no Brasil). Publicábanse eeditábanse coplas, moitas veces satíricas. Había unha inquietude cultural bastante grande. Isopor un lado. Por outro lado tamén que na parroquia (isto era terra de músicos) había taménmoito músico. Entón tentamos recoller un pouquiño toda esa tradición de anos atrás candoas parroquias vivían e tiñan un montón de xente nova, cousa que agora xa non sucede por-que quedan os que quedan e están todos de 70 para riba practicamente. Pois esas cousas queeles valoraron tanto, que tiveron tanta importancia, pois que non se perdan. Polo menos quequeden recollidas en papel para que se vén alguén posteriormente pois que non se esquezan.

X: ¿E como enfocastes o traballo? ¿Foi pouco a pouco, ou …?M: Non, en principio partimos do traballo da Asociación de Veciños, que xa debe levar

unha andaina de máis de 15 anos. Pensamos en sacar en principio unha revista, e démos-lle máis que nada importancia á tradición cultural e tamén á etnografía. Un pouco reco-llendo as cousas doutras épocas anteriores. Eiquí estivera Mini, na súa primeira andaina demestre estivera co colexio de Sober, se cadra hai xa 30 anos. Entón il, que xa daquela tiñamoitas inquedanzas, dedicárase a andalas recollendo e claro, atopou moitísimo materialparte do cal publicouno en dous dos seus libros de cantares de cego, coplas e por aí.

Page 260: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

260

50 Dinamización cultural na parroquia de Proendos

A: O que intentamos na parroquia tamén, poisanque o Entroido foi moi importante, procuramosdarlle uso por exemplo á reitoral. Proendos é moirico. Pode ser que noutras zonas ocorra algo pare-cido, pero temos eiquí un asentamento castrexo,romano, e iso da pé a cincuenta mil historias e acerto orgullo, tamén. Por exemplo, é unha zonaonde aras e encontras unha pía, ou calquera desascousas. Tamén é unha zona bastante dinámica,incluso un coro que facía o cura ían cantar por aí,non? E facían os bailes istes das cintas, recordan ira Cadeiras. Resultounos bastante fácil porque cola-boraban, estaban desexando. Recordo unha señoraque lle fun facer unha trasnada e ateille un cancelo,isto fai anos, non? E dixo Home! Se digo a verdadeera a do Tarabela, a señora Asunción, non? E dixo“Xa era hora de que volveran as trasnadas!” E eraunha trasnada, pero ela quería que volveran.

M: A parroquia, como todas as do interior de Galicia, sufriu unha despoboación terri-ble aí polos anos 55 a 65-70, marchou a xente máis ou menos nova daquela época. Entóna parroquia fervía de xente, era un maremagnum de xente nova, e xente con ganas dedivertirse, porque non había o tipo de diversións que hai hoxe en día e a xente buscabaoutro tipo de diversións. Montaban farras e parrandas en calquera monte.

A: O Mini sempre dicía que quedou sorprendido cando estivo aquí porque claro, ían caraa Pena, estaba o Marcelino, estaba o Bautista, e claro, cantaban xa espontaneamente a tresvoces. Cando non eran catro. Porque ningún quería facer a mesma. Eu inda me acordo xun-tarnos en certa zona a cantar. Practicamente afinado. Aínda na nosa época. E os de atrás máis.

M: Debido a que a poboación foi quedando tan escasa e tan mermada na parroquia,sobre todo a xente nova, pois era máis que nada recoller para que non se perdera, polomenos xa non só saber que existiu, polo menos que quedase plasmado de que algo habíaou algo houbo.

A: E intentar conectar dalgún xeito un pouco coa xeración nova, inda que é complicado.M: Si, si, moi difícil.A. É dicir, que unha das funcións, se un pensa que a súa parroquia, por pensar nun

ámbito no que un ás veces se circunscribe e se identifica, e por extensión seguir amplian-do o territorio, non? Se pensamos na parroquia, interesa que teña futuro, e para iso poistes que, a xente ten que sentirse identificada e saber que pode haber unha forma de… Aomellor non a curto prazo, pero si ao mellor a máis longo prazo, pero para iso necesitas todaesa xente, que algunha a veces estivo vinculada, dalgunha forma que se siga sentindo vin-culada e que se sinta que aí hai vida e houbo vida, non? Porque agora os rapaces, moitascousas destas que hai por aí, e que conste que consultan tamén, nos traballiños das clases,os nosos boletíns que se lles puxeron aí na biblioteca, pero están completamente desvin-culados, non saben. Por exemplo, os petroglifos, algún día teremos que levar aos rapacesa ver os petroglifos, de, en fin, 7 ou 8 puntos perfectamente accesibles. Ser son 16, pero…

X: E entón, esa experiencia que presentastes en San Tirso de Abres…A: ¿O Trícole? Iso é un curso de adultos, que se fixo aquí na Escola de Música de Sober,

que por certo durante moitos anos a maioría dos músicos da banda eran de Proendos. EnSober hai unha tradición musical moi estendida, o que dicíamos antes de xente capaz de

Page 261: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

261

Traballando co patrimonio inmaterial: as prácticas textuais

cantar en voces dunha forma case espontánea porque a música está metida en todas as fami-lias. Entón o que lles demos foi ese curso de adultos, como o solfexo adoita ser moi aburri-do, pois á parte de solfexo démoslles unha idea: recoller a tradición oral, como por exem-plo o que hai nestes cadernos: un pouquiño de tradición oral do concello de Sober. Esto sontranscricións de cintas. E loxicamente, claro, eu por exemplo son de Proendos, pero unhavez alá en Pinol, falo doutra parroquia, chovía e tiña bastante présa. E había uns vellos meti-dos nun couso deses dos pequenos que lle poñen, non? Entón xa pasei e cheguei á estrada.E dixen: Carallo, están aquí istes, o señor Manuel, que eu aínda non o coñecía, e o doNoguedo, que teñen noventa e pico de anos todos… Vou parar. Entón, claro, empezamos afalar: e logo usté de onde é? Son de Proendos. E… tal, tal. De Proendos cal? De Francos…Bueno, cando me vin, vaia, como un animal, que digo o abren e souberon todas as tripas, apartir de aí xa puiden empezar a preguntar, non? E foi impresionante o que aquil día saqueidesa xente. Dende un castro con cousas que romperan e que apareceran, ata cousas de bru-xas, de lendas, il era un canteiro que foi capaz de levar dúas pedras de muíño que lle fa-cían… unha delas anda por eiquí, que facían no monte e que baixou, fixéranlle unha apos-ta, e todo iso, ou sexa, aquilo deume para volver cincuenta… Realmente, o que sabe cal-quera paisano… porque hoxe non sabemos nada. Un paisano facía de carpinteiro, se facíafalta ata de electricista, non era cuestión só de cousas pasadas, aprendía todo.

M: O contacto da xente, a pesar de que ás veces te coñecen, é bastante difícil. Porque axente cóntache as historias cando está realmente convencida de que aquilo vai ter algun-ha importancia. Déuseme, por exemplo, un caso dunha lenda. Contactando con este señor,que estaba fóra, pero bueno, vén á súa casa, está só practicamente, que xa non ten familiaeiquí, familia achegada, pero bueno, lle apetece sentarse no seu corredor e estar alí, e undía, pois recorrendo a parroquia fomos por alí e atopámolo. Máis ou menos sacámoslle alenda porque tiñamos referencias de que no sitio deles había a lenda esa. E preguntámos-lle, e tal, e dixo que aquilo era unha tontería, que nin se podía contar, a ver se iamos pen-sar que era unha chorrada aquilo que nos ía contar, e non nolo contou. Pero bueno, hai queinsistir, e hai que traballar coa xente, e hai que falar, falar se cadra doutras cousas menosimportantes ata que realmente chega o momento e contan o que realmente estás buscan-do, o que estás esperando.

A: Pero podiamos mellorar, aproveitar iso e evolucionar, por suposto. Pero hoxe porexemplo non sabemos nada de plantas. E a miña nai é capaz de dicirme: isto, a xarxa, épara tal, a miña avoa acórdome que facía mexunxes de tal. E todo iso, que lle transmitironas nais, é froito de que vivían dunha forma que hoxe non existe.

M: Somos testemuñas da ruptura que houbo no campo, onde a xente nova abandonoutotalmente o campo, poucos quedamos e os que quedamos non traballamos nel, e é unhapena, vivimos cando eramos pequenos o traballo do campo, ir coas vacas, axudar na casa,e todo tipo de traballos, e claro, iso agora xa non se dá. Porque pasou de ser unha poboa-ción rural a unha poboación que vive das pensiós. Trabállase unha horta e practicamentenon se fai outra cousa.

Se a entrada na Comunidade Económica Europea sucedese hai 50 anos, cando había unmontón de xente nova aínda que podía vivir nas aldeas, pois si, pero é que agora case nonhai ninguén con quen falar na parroquia. E entón vaise un pouco perdendo todo e vai unpouco decaendo. Eu non lle vexo futuro, véxollo totalmente negro. Eiquí non houbo axudascando realmente tivo que habelas, pró campo… Entón a xente tratou de buscar a vida, omellor que puido, por outro lado. Porque había que traballar. Na miña casa, por exemplo,había cinco persoas maiores que traballaban arreo, un montón, e chegar a fin de mes e estarpracticamente como o primeiro día, é dicir, que no campo non vivías nin miserablemente.

Page 262: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

262

50 Dinamización cultural na parroquia de Proendos

A: O xeito de vida acabouse e, como din algúns, ao transformarse a economía tamén setransforma a sociedade. O cambio no xeito de vida é total. Eu aínda fun coas vacas, fun aoabono, fun aínda algo á cava, é dicir, participei na vida labrega, pero é que istes xa non.

X: Estades caendo nun pesimismo moi grande, e vou tentar ser algo optimista.A: Non, somos realistas.M: É distinto de ver unha parroquia que estea perto dunha cidade. Non ten por que

estar mesmo pegada, pero bueno, a unha distancia prudencial onde pode haber novassegundas residencias de xente que xa non era da parroquia pero que se asenten alí, e bue-no, que pode haber unha actividade cultural porque hai xente nova. Pero estas parroquiasque estamos tan deixadas da mao de Deus, tan afastados, eu vexo realmente difícil que estovolva outra vez a rexurdir, porque é que non sei por onde se podía coller. Eu nese aspec-to son totalmente negativo, si, si. De ver as leiras e lameiros todo traballado, pero ben tra-ballado, e ves que agora vai quedando a monte, van saíndo xestas, van saíndo toxos, empe-zan a aparecer carballos, e dis: bueno, esto é o bosque autóctono de Galicia pero tal e comoera fai dous mil ou tres mil anos. Igual, igual.

Page 263: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

5158

Page 264: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

Territorio, patrimonio edesenvolvemento

Page 265: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

53

Achegamento a algúns principios do desenvolvemento sustentableRamón López Rodríguez

A cultura da auga: balnearios e mares interiores nacomarca do RibeiroRosario Álvarez Cao; Arturo Revilla Bonnin

A cultura enerxética en Galicia. Cara ao turismo industrial na comarca do EumeRosario Álvarez Cao; Arturo Revilla Bonnin

A cultura vitivinícola na comarca do Ribeiro. A ruta das aldeas vitivinícolas medievaisRosario Álvarez Cao; Luis Cohen Bossié; Arturo Revilla Bonnin; Ana Suárez Samaniego

52

54

55A valorización dos produtos tradicionais na comarcada Ulloa. A súa integración no Proxecto CantataRosario Álvarez Cao; Guadalupe Fernández Bouza

Marca de Calidade Territorial ULLAUMIAXosé Mª Tobío Iglesias

O Centro de Desenvolvemento Rural “Ancares”Ramiro Martínez Carballosa

56

57

58

As imaxes do territorio: paisaxes e marcas deidentidadeXosé Manuel Souto González

51

Page 266: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural
Page 267: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

As imaxes do territorio: paisaxes e marcas de identidade

Xosé Manuel Souto González

51

O ser humano percibe o territorio a partir de filtros culturais e sensoriais. Sen dúbida, ogusto, tacto, ouvido, vista e olfacto teñen unha importancia grande na creación dun ima-xinario territorial, pero sobre todo son os referentes culturais que chegan a través das ima-xes visuais dos estímulos publicitarios os que deciden o noso comportamento espacial eque serven de guieiro nos desprazamentos cotiáns sobre a cidade ou na contemplación daspaisaxes nos campos, montes e praias (C. de Castro, 1997).

A manipulación das imaxes territoriais incide nas expectativas dos veciños e sobre tododos actores sociais que realizan investimentos para cambiar a escena da paisaxe. Nunscasos uns convértense en turistas ávidos dunha “paisaxe natural”, aínda que se teña cons-ciencia de que é artificial, noutros os promotores das urbanizacións “venden” un espazoconstruído como se fora un paraíso natural. Pero ao mesmo tempo, a fixación desta imaxeno inconsciente persoal fai que perdan valor aspectos que existen realmente no territorio,pero que pasan desapercibidos aos cidadáns, sobre todo cando non poden establecer com-paracións con outros lugares. As paisaxes sintetizan a visión persoal do territorio e as diná-micas ambientais e sociais deste, polo que é preciso descubrir os factores ocultos que expli-can a súa formación (Souto, 2000).

No caso do conxunto político denominado Eixo Atlántico temos unha oportunidade deanalizar as transformacións e os proxectos de identidade territorial, que se difunden a par-tir das técnicas de mercadoloxía. O Eixo é unha iniciativa que xorde en 1992 a partir doliderado do Porto, cidade que aparece nos documentos do Comisión Europea de 1995como o gran núcleo urbano existente entre a área de Lisboa e o triángulo asturiano no de-nominado Arco Atlántico, un dos dez bloques suprarrexionais que utilizou a antedita Co-misión para planificar o futuro territorial da Unión. Isto significa que existe un intento detransformar desde o global (as estratexias rexionais da UE) o local (a eurorrexión do nor-oeste ibérico) contando co protagonismo das cidades e dos poderes locais. En consecuen-cia, as imaxes que se van difundir desde o Eixo estarán moi relacionadas cos proxectos polí-ticos que teñen os alcaldes, concelleiros, poderes económicos, culturais e sociais das dezaoi-to cidades do Eixo respecto do conxunto territorial, onde a paisaxe ten un valor incuestio-nable. Isto non podía ser doutra maneira, en tanto que o proxecto do Eixo aparece comounha consigna da Europa dos cidadáns fronte ás ideas da Europa das rexións. Poboación eterritorio outra vez elementos fundamentais dun proxecto de identidade territorial.

Page 268: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

268

51 As imaxes do territorio: paisaxes e marcas de identidade

O cambio de escala de Arco Atlántico a Eixo Atlántico non éalgo fútil. Presupón unha toma de posición das autonomíaslocais fronte ao poder das autoridades estatais e das Autonomíasespañolas ou das Comissões da Coordenação Regional dePortugal. Non obstante, esta opción supón a existencia de novosretos: relacións políticas entre o Eixo e a Comunidade de TraballoGaliza-Norte de Portugal, relacións técnicas e de promociónterritorial entre os 18 municipios que no ano 2000 configuran oEixo Atlántico. E aquí reside o cerne da nosa argumentación:poden as cidades e a cultura urbana, caso de que a poidamosdefinir como tal, ser quen de impulsar unha política de merca-doloxía territorial que poña en valor crecente a paisaxe, os aspec-tos inmateriais, as percepcións e os sentimentos do conxuntoeurorrexional? Pode a cultura da poboación máis densa, dinámi-ca e accesible ser quen de definir un proxecto cultural que saibaredefinir desde unha simbiose os conceptos de rural e urbano,espallado e concentrado, tradición e modernidade?

Hoxe a poboación da eurorrexión do noroeste peninsularestá concentrada fundamentalmente nas cidades e áreas deinfluencia inmediata. A organización municipal do século XIXten pouco sentido dous séculos máis tarde, cando os proble-mas aparecen nas áreas metropolitanas nas que se integran ascidades principais, como no caso do pacto intermunicipal das18 cidades que constitúen o Eixo. Por iso os conceptos urba-no/rural perden o significado de oposición estrutural queantano posuían.

O espazo urbano coincide cun proceso de transformación danatureza que se espalla desde unha cidade, a través da mobili-dade da poboación, das mercadorías e das informacións. Nesta dinámica absorbe a paisa-xe rural, escenario de actividades agrarias, comerciais, forestais, turísticas e artesanais. Unmedio rural que xa dispón dunhas características de vida material que son semellantes ásdas cidades: ciclo da auga en todas as vivendas, rede eléctrica, telefonía, internet... aíndaque con problemas de accesibilidade aos grandes centros de servizos: teatros, universida-des, cines, comercios especializados... E isto xera unha demanda de infraestruturas e novosservizos para un espazo que chamamos periurbano (Boira e Souto, 1995)

En efecto, o crecemento inmobiliario e demográfico, que desbordou os límites munici-pais, provocou importantes problemas ambientais (contaminación do manto freático, lixei-ras incontroladas, ausencia de xerarquía viaria) que non son aceptables nunha proposta dedesenvolvemento sustentable, tal como se recomenda desde as máis importantes institu-cións mundiais (ONU e Unión Europea). Unha crise ambiental á que nos anos de cambiode milenio se une a fin dun ciclo económico das economías de escala industrial, que engran medida se correspondía cos alicerces económicos de Vigo e O Ferrol dos anos sesen-ta e que provocou o enorme crecemento demográfico e do parque inmobiliario entre 1960e 1980. A posterior crise do téxtil incidiu no devecer dos vales do Ave e Cávado, así comoa continua perda da rendibilidade agropecuaria fai minguar a poboación que se localiza nasbisbarras de Bragança, Chaves, Lugo ou Monforte. Os procesos económicos mostran queas cidades, vilas e aldeas teñen ciclos de vida, moitas veces ignorados cando só explicamoso presente desde unha perspectiva temporal moi curta.

Page 269: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

269

Territorio, patrimonio e desenvolvemento

Os ciclos de vida das cidades tamén inciden no devecer do rural, que estaba ensarilla-do na súa dinámica desigual (Veltz, 1995). Pero o rural é algo máis que unha actividadeeconómica, unhas infraestruturas viarias e un hábitat, cunha elevada calidade de vida seestá próximo a unha gran cidade. Tamén é o que levan nos seus miolos as persoas que alóviven, ou ben que o visitan depositando unha serie de valores polos que senten saudade.A paisaxe rural é percibida como unha identidade territorial para moitas persoas, aíndapara moitos é unha idealización bucólica de fins de semana ou vacacións estivais. E istotamén é o rural. Por iso desde as cidades cómpre analizar, dar pulo ao medio rural, facili-tar proxectos que favorezan a biodiversidade non só botánica ou faunística, senón taménantrópica. Un pobo que esquece os seus sinais de identidade é un pobo amnésico, é unpobo con alzheimer. Pero sobre todo un pobo que estraga o seu medio comete un atenta-do mortal contra si mesmo: un suicidio colectivo.

Un estudo sobre a mercadotecnia territorial quere mostrar un camiño de reflexión e acciónsobre a toma de decisións que implica unha modificación no desenvolvemento económi-co, social e xeográfico. Para isto pretendemos escolmar aqueles recursos potenciais quepoden facilitar o dinamismo económico, social e cultural e que, polo mesmo, teñan inci-dencia sobre o territorio do noroeste peninsular. Referímonos aos produtos territoriais espe-cíficos de cada área e do conxunto eurorrexional e, sobre todo, aquelas marcas ou poten-cialidades de localización de actividades que permitan ensarillar ás áreas urbanas e aosmedios rurais do noroeste ibérico no conxunto da globalización. Un proxecto de merca-doloxía permite situar un espazo local no planeta global, para isto facilita a creación demarcas de identidade.

A mercadoloxía territorial é un conxunto de coñecementos que se aplica no planeamen-to estratéxico, para conseguir a emancipación política e económica, pois considérase que nonsó os recursos produtivos e a oferta de traballo provocan o desenvolvemento, senón tamén aimaxe que proxecta o territorio sobre o exterior. Neste senso, o Eixo Atlántico ten que mos-trar que é capaz de xerar unha imaxe territorial cuns recursos produtivos (a auga, a paisaxe,a cualificación laboral, a cultura inmaterial, o ambiente urbano entre outros) que xere expec-tativas de investimentos exteriores e que mellore a calidade de vida dos veciños de seu.

Trátase de valorar as identidades locais para promover dinámicas territoriais de desen-volvemento. Procúranse definir os puntos fortes do desenvolvemento de cada área local,subliñando os cambios económicos que se teñen producido e definindo as tendencias futu-ras. Preténdese utilizar o patrimonio arquitectónico e paisaxístico como elemento de refor-zo da dinámica cultural, ensarillando as pequenas cidades no sistema urbano do Eixo e esteno conxunto de relacións europeas. Un esforzo polo desenvolvemento dos recursos insti-tucionais co gallo de alcanzar propostas de colaboración transfronteiriza en materias deplaneamento, de tal xeito que se poidan albiscar os alicerces dun crecemento das áreasperiurbanas no contexto do desenvolvemento sustentable. Trátase de promover unhadefensa do patrimonio ambiental, pero que non sexa gravoso para a poboación que vivanestes lugares e vai soportar a presión dos habitantes das cidades, o que significa aumen-tar as condicións de vida e rendas da poboación de espazos lonxe das cidades, pero quedeterminará en gran medida o ocio e lecer dos cidadáns.

Neste senso entendemos que a mellor definición para o conxunto do Eixo Atlántico, easí o propuxemos para as dezaoito cidades-municipios, é o de “os territorios da pedra, daauga e da saudade”. As pedras de cantería están presentes en case todas as edificacións, aín-da que na zona oriental aparezan as lousas nas casas máis vellas e en todas as cidades poi-damos observar o ladrillo e o formigón como símbolo da modernidade arquitectónica. Aauga mariña, fluvial, da chuvia, aparece por todos os lugares. As cidades simbolizan unha

Page 270: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

espesa néboa, gotas de condensación de milleiros de recordoshistóricos, de fitos do pasado que veñen onda nós; no mediorural a auga transforma nun mosaico polícromo as paisaxesagropecuarias, forestais, para lembrarnos o que continuamentequixo e continúa a ser. E por último as cidades e aldeas da morri-ña e da hospitalidade, un sentimento que abrangue por igualaos cidadáns de Galiza ca do norte de Portugal. Se nun caso osindianos ou americanos regresaban de Arxentina ou Venezuela,noutra beira do Miño viñan de Brasil e nos dous casos a súaincidencia sobre a promoción inmobiliaria e o desenvolvemen-to de servizos urbanos (educativos, culturais) foi semellante.Era o seu amor á terra nai, a onde volvían para morrer, o quelles facía investir neste solares, sen desprezar a propia activida-de empresarial.

Un continuo tecer e destecer de tramas urbanas parcelarias ede construír e reconstruír volumes pétreos. Por iso pretendemosvalorar os recursos materiais e humanos que podan dar lugar aun desenvolvemento integrado, un desenvolvemento sustentable para as xeracións vindei-ras. En consecuencia, non só estudamos os centros históricos das 18 cidades, senón taménespazos próximos que manteñen unha estreita relación coas principais cidades. Porqueentendemos que as áreas de influencia urbana das cidades do Eixo abranguen practica-mente a totalidade da antiga Gallaecia e, polo mesmo, as decisións que teñan unha orixenas cidades van chegar ata as últimas aldeas que reciben a visita ou o investimento dosaxentes sociais urbanos. Pero isto significa definir a cultura urbana en Galiza e norte dePortugal desde unha perspectiva de achegamento dialéctico entre o local e o global (Borjae Castells, 1997). Significa facer visible, colocar no mapa do mundo a presenza cultura daeurorrexión desde os seus valores e patrimonios, materiais e inmateriais.

Sen dúbida, os recursos patrimoniais, construídos polo home ou baixo o determinantedas forzas da natureza, permiten mellorar a calidade de vida ambiental e social dos cida-dáns a través das medidas anteriores, pois é factible crear un programa de actuación quepoda ser xestionado polas autoridades locais. Un programa que reforce a especificidade decada cidade, pero ao mesmo tempo que procure crear unha marca, un símbolo cultural queidentifique ás cidades do Eixo no conxunto europeo. Pero as marcas non teñen sentido senon van acompañadas dun proceso de participación cidadá e de creación de sinais de iden-tidade coas anteditas marcas. E para isto é preciso un proxecto de gobernanza local, ondeos concellos son os fulcros do proceso político e social. Nos concellos é o lugar onde conmáis facilidade é posible chegar a un acordo entre as iniciativas sociais e culturais doscolectivos e persoas e as forzas institucionais do poder político.

Por iso un proxecto de mercadoloxía territorial debe conceder un gran peso específicoao tecido asociativo, pois entendemos que o movemento cidadán, artellado en asociaciónsveciñais, culturais ou laborais, é o gromo dunha nova cultura territorial, pois como dixe-mos a identidade territorial, así como o consenso e participación dos axentes sociais napromoción das cidades e da eurorrexión é fundamental para o éxito do planeamento. Nestesenso temos que celebrar a presencia de federacións veciñais, agrupacións culturais e unhacoordinación das principais forzas políticas e sindicais nos debates dos planes territoriaisnas cidades do Eixo, como sucedeu no caso do Congreso do Segundo Plano Estratéxico doEixo Atlántico celebrado os días 30 e 31 de marzo de 2005 en Ourense. En calquera casoaínda falta camiño por percorrer.

270

51 As imaxes do territorio: paisaxes e marcas de identidade

Page 271: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

Neste guieiro é preciso contar cun proxectode márketing ou mercadotecnia territorial. Unproceso de definición dos puntos fortes do terri-torio que poida ser avaliada polos cidadáns, unproceso que implique a participación dos axen-tes sociais organizados en colectivos. Unha parti-cipación dos axentes institucionais, das empre-sas privadas, dos poderes políticos públicos quesexan capaces de crear as condicións dunha novaxeira de crecemento, que teña os seus alicercesnas novas tecnoloxías, na economía da informa-ción e no papel rector das cidades.

Finalmente queremos subliñar que un pro-xecto de márketing territorial non é un de defi-nición de produtos turísticos, aínda que estespoden aproveitar os resultados da avaliacióndos recursos territoriais e sociais que se fai nel.

A mercadotecnia territorial procura ofrecer aos diferentes grupos que teñen intereses sobreo territorio (investidores, axentes de turismo, políticos, dirixentes veciñais, empresarios...)unha descrición da potencialidade do territorio, dentro dunhas coordenadas que nós tipi-ficamos como desenvolvemento sustentable.

Por iso escolmamos as pedras, as augas e a morriña pola terra de seu como identidadescreadas no proceso histórico. Pero a Historia non é un conxunto de feitos do pasado que secontan dunha maneira estática e pasiva. Antes ben, o coñecemento histórico debe servirpara situar o porvir, para comprender criticamente o presente a través da explicación dopasado, dos ciclos históricos que unha vez pechados poden ser analizados con rigor. Nesteproxecto de explicación científica cobra sentido a análise que facemos dos proxectos incon-clusos de innovación, pois sabemos que nestas innovacións está agochado o gromo do futu-ro. Unha innovación que utiliza o pasado (as pedras), o presente (a potencialidade do recur-so da auga) e o futuro (a formación da poboación que se sente identificada co territorio).

Referencias bibliográficasBOIRA, J.V.; SOUTO, X.M. Percepción del medio y planificación del territorio: el caso de

Vigo, Boletín de la A.G.E., nº 20, 1995, pp. 67-80 BORJA, Jordi, CASTELLS, Manuel. Local y global. La gestión de las ciudades en la era de la

información, Madrid, Taurus, 1997CASTRO, Constancio de. La geografía en la vida cotidiana, Barcelona, Serbal, 1997FERRÁS SEXTO, Carlos. Contraurbanización, suburbanización y cambio social en la Euro-

pa Atlántica: estudio comparado de Galiza e Irlanda c. 1970-1990, Universidade deSantiago de Compostela, Tese de Doutoramento, inédita, 1995.

SOUTO GONZÁLEZ, Xosé Manuel. Cambios culturais, globalización e periurbanización.Paisaxe, poboamento e ordenamento territorial. Galicia fai dous mil anos. O feito diferen-cial galego, Santiago: Museo do Pobo Galego, 2000; páxinas 61-103

VELTZ, Pierre. Mundialización, ciudades y territorios, Barcelona, Ariel, 1999

Bibliografía do Eixo Atlántico relacionada coa mercadoloxía territorialFIGUEIREDO, António Manuel et alli. Proposta de Estudo estratégico das cidades do Eixo

Atlântico, Planum Lda., Porto, 1993. Material xerocopiado.

271

Territorio, patrimonio e desenvolvemento

Page 272: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

272

51 As imaxes do territorio: paisaxes e marcas de identidade

— Estudo estratégico do E.A. Vol. 1: As formas do terciàrio superior, Cámara Municipal doPorto, 1995.

— Estudo estratégico do E.A. Vol. 2: Anàlise dos centros históricos, Cámara Municipal do Porto,1995.

— Estudo estratégico do E.A. Vol. 3: Novas dinâmicas urbanas, Cámara Municipal do Porto,1995.

HIDALGO CUÑARRO, José Manuel et al. Rutas arqueológicas. Vigo, Eixo Atlántico doNoroeste Peninsular, 2005.

NOGUEIRA, Mario e HIDALGO, J.M. (coord.) Museos do Eixo Atlántico, Vigo, EixoAtlántico do Noroeste Peninsular, 2004.

PARDELLAS DE BLAS, Xulio (director) Plan de Infraestructuras do Eixo Atlántico, Vigo, EixoAtlántico do Noroeste Peninsular e Deputación de Pontevedra, 2000.

PARDELLAS DE BLAS, Xulio (director) Abordagem á actividade turística nas cidades do EixoAtlântico, Vigo, Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular, 2002.

SOUTO GONZÁLEZ, Xosé M. (coord.) Xeografía do Eixo Atlántico, Vigo, Eixo Atlántico doNoroeste Peninsular, 1999.

SOUTO GONZÁLEZ, Xosé M. (coord.) A Historia no Eixo Atlántico, Vigo, Eixo Atlántico doNoroeste Peninsular, 1999.

SOUTO GONZÁLEZ, Xosé M. (coord.) Planeamento estratéxico e mercadotecnia territorial,Vigo, Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular, 2001.

SOUTO GONZÁLEZ, Xosé M. e MARQUES, Raul Jorge (coord.) Participación cidadá e desen-volvemento local no Eixo Atlántico: Monforte e Chaves, Vigo, Eixo Atlántico do NoroestePeninsular, 2003.

Page 273: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

Achegamento a algúns principios do desenvolvemento sustentable

Ramón López Rodríguez

52

É evidente que a situación actual de moitas rexións e zonas do noso planeta se mostraclaramente como insustentable, con case dúas terceiras partes da poboación total carecen-do do básico; e cun panorama onde as agresións ao medio ambiente, o desperdicio derecursos naturais e os desequilibrios sociais constituíronse en condicionamentos que seadoitan asumir como irremediables dentro dos modelos de funcionamento vixentes.Resulta evidente a necesidade dun xiro efectivo cara a un futuro distinto, que aporte novosvalores e principios que poidan proporcionar posibilidades dun cambio e posterior estabi-lización que moita xente desexa. Nesa liña, e como alternativa, a finais do pasado séculoXX emerxe un novo concepto: o do desenvolvemento sustentable.

A expresión desenvolvemento sustentable fíxose popular desde que foi adoptada comoproposta de futuro no Cume de Río, converténdose progresivamente nun novo talismán queusan cada vez máis persoas ou grupos e nun indispensable aval de numerosos proxectos erealizacións. Con todo, en moitas ocasións estas palabras non sempre teñen detrás sequeraunha idea; de forma que a miúdo é complicado saber de que se está falando cando se falade sustentabilidade. Por iso, primeiro de nada parece conveniente deterse na propia defini-ción, buscando cando menos unha posible aproximación ao concepto nela implícito.

A Comisión Brundtland definiu o desenvolvemento sustentable como aquel capaz desatisfacer as necesidades da xeración presente, pero sen comprometer a capacidade das xeraciónsfuturas para satisfacer as súas propias necesidades (‘O noso Foro Común’, 1989). E o certo éque en si mesma non é unha verdadeira definición, senón máis ben unha declaración deintencións, de forma que a vaguidade a caracteriza: ¿cales son as necesidades que sería pre-ciso satisfacer? ¿de que grao de satisfacción falamos? ¿cantas xeracións futuras e de quedimensións? ¿que cabería entender por desenvolvemento? etc.; son preguntas sen respos-ta explícita que se poden suscitar deseguida. En realidade posiblemente esta vaguidadepoida explicar o seu éxito como cita, porque permite que poida ser usada indistintamentepor partidarios e adversarios do crecemento económico.

En calquera caso, a propia definición de desenvolvemento sustentable parece encerrarou conter tres conceptos fundamentais: o de necesidades o de limitacións e o de futuro:

1. O de necesidades, porque así se manifesta explicitamente na propia definición; e nestesentido evolucionar cara a un desenvolvemento sustentable tería necesariamente que supoñer

Page 274: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

274

52 Achegamento a algúns principios do desenvolvemento sustentable

intentar satisfacer as necesidades básicas de todos, e xa que logo en particular as necesidadesesenciais dos que actualmente non as teñen cubertas, que aínda son maioría en moitas zonasdo planeta. E esta cobertura de necesidades que poida estender e incrementar o benestar atodos os habitantes do planeta, parece levar consigo a aceptación dalgúns principios:

Por exemplo o principio de responsabilidade e racionalidade no consumo de recursos, queimplica a conseguinte modificación de hábitos de consumo absolutamente insustentablesdas sociedades avanzadas. Del tamén se deriva a necesaria evolución cara modelos e polí-ticas de auténtico desenvolvemento que busquen transformar o exclusivo benestar mate-rial en auténtica calidade de vida, dotándoa das correspondentes dimensións sociais, éti-cas, culturais e espirituais.

E sobre todo o principio de equidade para que poidan saír da pobreza e alcanzar benes-tar e desenvolvemento aqueles que agora non o teñen. Equidade, tanto intraxeracional: osbeneficios, as oportunidades e en xeral a cobertura de necesidades hanse de compartirequitativamente entre todos os pobos e persoas; como interxeracional, xa que esta conse-cución se ha de garantir non só para o presente senón así mesmo para xeracións futuras.

2. O de limitacións, porque esa satisfacción de necesidades para as xeracións actuais efuturas está condicionada polos límites impostos pola propia biosfera. Límites establecidospolos recursos naturais existentes, e aínda dunha forma máis importante pola capacidadede asimilación de residuos, que é probablemente o ámbito onde se xeraron a maioría emáis graves problemas ambientais coñecidos.

De feito, e en canto a este concepto de limitación, esencial en calquera formulaciónde sustentabilidade, existen hoxe en día diferentes interpretacións, que fundamental-mente se poderían concretar nas dúas seguintes: a que deriva os seus argumentos e prin-cipios basicamente da ecoloxía, e a que os deriva basicamente da economía. A primeiraparte da existencia dunha limitación física inescusable, marcada por unha biosfera fini-ta (tanto en recursos, como en canto á asimilación de residuos), que condiciona taména existencia de límites claros ao crecemento económico continuado, que nunca poderíaexceder esas limitacións ecolóxicas. Pola súa banda, a posición economicista suscita asposibilidades de substitución que crea a propia economía xunto co progreso tecnolóxi-co, que podería permitir superar os límites naturais; obviando xa que logo calquera posi-bilidade de freo á expansión económica.

De todos os xeitos, a existencia de límites medioambientais parece que dificilmentepode poñerse en dúbida desde a óptica que representa a crise ambiental actual. De feitohoxe o coñecemento científico permite establecer con bastante aproximación cales sonestes, de forma que o problema non está en que non os coñezamos, senón que, coñe-céndoos, os excedemos. Esta situación colócanos baixo dun modelo que se caracterizapola súa evidente insustentabilidade.

A existencia deses límites, que se pode observar na degradación de determinados sistemassustentadores da vida, como a atmosfera, o chan, a auga ou a perda de diversidade biolóxi-ca, debe estar presente no deseño das políticas do século XXI co obxectivo de reducirmos ainsustentabilidade actual. A aceptación da existencia de límites medioambientais, e dos topesque estes impoñen ás actividades humanas, supón tamén a aceptación de varios principios:

❙ Como o principio de eficiencia, cuxa aplicación resulta especialmente importante nossistemas de produción, mediante a urxente orientación da tecnoloxía cara a unha efi-ciencia específica para a sustentabilidade, e non soamente en producir máis comoxenericamente se ten feito ata agora. O significado da eficiencia ao servizo da sus-tentabilidade poderíase resumir no seguinte lema: producir máis con menos (usan-do menos recursos e xerando menos contaminación).

Page 275: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

275

Territorio, patrimonio e desenvolvemento

❙ Outro principio que ten que ver cos límites é o indispensable principio de suficiencia,que dirixe a súa mirada sobre todo ao cidadán e as súas necesidades e a organiza-ción da sociedade, suscitando o sentido dos límites e xa que logo a necesidade decomplementar eficiencia con suficiencia: pouco se solucionaría facendo coches coametade de recursos, que consuman e que contaminen a metade (eficiencia), se mul-tiplicamos sucesivamente o parque automobilístico.

❙ Ou en última instancia o principio de compensación, que se fundamenta nun necesarioe drástico axuste das cargas fiscais en función da incidencia dos proxectos e procesossobre o medio ambiente e a sostibilidade en xeral. Este principio podemos entendelocomo aquel no que ‘quen máis recursos consuma e máis contamine máis terá quepagar; e, sobre todo, quen menos o faga máis deberá de gañar fiscalmente’. En todocaso, é necesario facer mención a que a transformación do dano, do deterioro ambien-tal en carga fiscal non garante, por si só, a corrección dos problemas ambientais.

3. E o de futuro, porque a cobertura de necesidades das xeracións actuais non pode com-prometer a capacidade das xeracións futuras de cubrir as súas propias necesidades. E aíndaque é certo que a este respecto se poderían suscitar reflexións relevantes como que ambas xera-cións non van participar de mercados idénticos, nin dos mesmos coñecementos e avances tec-nolóxicos, nin sequera de valores ou patróns necesariamente similares, e polo tanto non pode-mos enfocar o futuro cos ollos do presente; con todo, desde un punto de vista pragmático, acuestión poderíase resumir finalmente nunha idea simple: o desenvolvemento poderá ser máiscompatible con sostibilidade se as xeracións futuras herdan un medio similar ou mellor que oque recibiron as xeracións presentes. E o modelo de desenvolvemento que supón esta ideaparece implicar tamén a aceptación polo menos de tres principios importantes:

❙ O principio de precaución, que propugna unha visión e unhas formulacións preventi-vas que supoñen valorar as consecuencias e anticiparse aos problemas, buscando endefinitiva xestionar o futuro en lugar de xestionar as crises como moitas veces face-mos actualmente.

❙ O principio de participación de todos os compoñentes da sociedade nos mecanismosde toma de decisións; resultando neste sentido fundamental a máxima participacióne consenso para decidir os usos do medio que afectarán ao futuro.

❙ E o xa citado principio de equidade, neste caso entre as xeracións actuais e futuras.

Deste xeito, a evolución ou transición cara a un novo modelo sustentable, que poida ofre-cer garantías de compatibilizar adecuadamente a cobertura de necesidades coas limitaciónsecolóxicas, suscita a necesidade de profundos cambios estruturais no modelo actual, quesupoñen e requiren así mesmo cambios fundamentais nos valores, nas formas de pensamen-to e nas actuacións, dentro do entramado social que sostén e soporta devandito modelo.

A recuperación e posta en valor do patrimonio inmaterial que atesouramos as culturasmáis ancestrais, como a nosa, tan cargado de valores ambientais, de valores cooperativos eoutros, ha de xogar un papel significativo á hora de avanzar na senda da sustentabilidade.

Así, e desde a certeza de que a natureza da crise social e ambiental existente se enmar-ca en gran medida nas relacións entre modos de desenvolvemento vixentes e o medioambiente, calquera proposta dun modelo alternativo, como é a do desenvolvemento sus-tentable, ten que suscitar e asumir a necesidade non só dun cambio xenérico nas relaciónsentre modelo social e medio ambiente, senón especificamente nas relacións entre os pro-pios individuos e destes co medio.

En síntese, a sostibilidade require un equilibrio dinámico entre moitos factores. O quese busca é un modelo de desenvolvemento compatible co medio ambiente, que permita

Page 276: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

276

52 Achegamento a algúns principios do desenvolvemento sustentable

alcanzar a todos os seres humanos a verdadeira condición humana. E isto só poderá lograr-se como resultado dun proceso de cambio gradual, que permita ás sociedades, especial-mente ás menos avanzadas, mellorar as súas condicións de vida e ambientais, mellorandoas súas capacidades científicas, tecnolóxicas, organizativas e económicas; e dentro dun sis-tema de valores distinto compatible coas condicións de todo tipo que lle son propias.

Isto quere dicir, en definitiva, que un verdadeiro desenvolvemento sustentable non é des-de logo compatible co deterioro do medio ambiente; pero tampouco coa pobreza e a fame,nin coa carencia de dereitos humanos, de paz e liberdade; nin coa ignorancia ou a discrimi-nación de calquera tipo, nin cos conflitos ou as guerras. Non se trata tampouco dun asuntomeramente económico, científico, tecnolóxico, ou de lexislación; senón que demanda cues-tións conxuntas e globais que impliquen verdadeiros cambios nos modelos e formas de vidaimperantes, e nese sentido require do apoio e participación de todos os grupos sociais, eco-nómicos e políticos da sociedade, e de todos os cidadáns comprometidos nesa liña.

E, precisamente por iso, a educación ambiental atópase no centro de todo este compli-cado panorama, e considérase un dos medios fundamentais para fomentar a conciencia esobre todo a capacitación cidadá, que axuden a promover e executar as necesarias acciónssociais, económicas, científicas, técnicas e de valores, que poidan significar a transicióncara a un desenvolvemento realmente sustentable. Nese proceso, como diciamos, o nosopatrimonio inmaterial debe ser un elemento presente e activo.

Page 277: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

A cultura da auga: balnearios e mares interiores na comarca do Ribeiro

Rosario Álvarez Cao; Arturo Revilla Bonnin

53

Introdución

Dando un paseo ao longo dos tempos descubrimos o papel destacado que a auga tivono decorrer da historia. Nas civilizacións máis remotas existiron mitos relacionados coaauga; fontes, ríos, lagos ou estanques estaban en posesión dunha divindade ou dunha gran-de variedade de xenios acuáticos. A mitoloxía está chea de exemplos nos que a auga cura,embelece, crea, limpa e purifica.

Gregos e romanos coñecían e aproveitaban as virtudes terapéuticas das augas a travésdas fontes e da súa afección aos baños. Esas augas curativas considerábanse unha expre-sión do poder sobrenatural dos deuses e os lugares nos que elas se atopaban chegaban aser centros de culto, as máis das veces, de grandiosidade arquitectónica.

A auga era un don dos deuses que nun diálogo íntimo co home deu orixe a moitasmanifestacións tradicionais. En estado sólido, líquido ou gasoso é un elemento esencial davida, relacionado coa saúde e a fertilidade e tamén co mundo funerario sendo, nalgunhasculturas, o elemento que permite o tránsito ao máis alá.

En Galicia hai unha tradición prerromana de adoración das fontes e mananciais quecontinuou ata os nosos días aínda que perdeu ese carácter místico-relixioso en favor dassúas virtudes terapéuticas. Pero a auga segue sendo un tesouro, un recurso natural de pri-meira orde para contribuír ao desenvolvemento dun territorio, inserto na tradición, na cul-tura popular, nas formas de vida, na sociedade en suma: ir buscar auga á fonte, lavar aolavadeiro, regar aos prados e ás terras, moer aos muíños movidos pola súa forza motriz, irtomar as augas…, son actividades habituais na nosa cultura. Foi, desde os inicios dos tem-pos, un medio de produción que desenvolveu unha arquitectura específica (muíños,batáns, ferrerías…) e con múltiples vertentes desde o punto de vista etnográfico (folclore,toponimia, organización social…). Pero foi tamén un elemento de socialización que favo-recía o encontro social e o xurdir de novas relacións sociais.

As fontes con propiedades minero-medicinais deron pé, nos séculos XVII e XVIII, aonacemento de balnearios, cuxa orixe atopámola nos baños romanos. O balneario era unespazo de curación, tanto física como espiritual, de intensa vida social, que trocaba a vidacotiá do contorno no que estaba –xeralmente ligada á actividade agraria–, e permitía un cer-to progreso dese espazo respecto ao medio rural circundante. A poboación dese contorno

Río Avia ao seu paso porLeiro. Fotografía de J. Salgado.

Page 278: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

278

53 A cultura da auga: balnearios e mares interiores na comarca do Ribeiro

pasaba da actividade agrícola-gandeira habituala adicarse, nos meses do estío, ao traballo nobalneario, ao servizo dos clientes e visitantes.

No século XIX é cando a actividade balnea-ria adquire maior relevo, e o ritual termal, quese inicia coa viaxe, favorece que bosques, par-ques e xardíns do contorno das instalaciónsbalnearias se revaloricen e se enchan dun certoaire cosmopolita e intelectual.

A Carta Europea da Auga recoñece tamén oseu valor estratéxico e sinala que “non hai vidasen auga. Ela é un estimado ben, indispensablepara tódalas actividades humanas”.

“A auga é sabia e sabe onde nacer” di orefrán e certamente parece ser así porque oslugares onde mana acostuman amosar unhabeleza singular.

A auga como recurso achéganos a unha mellor calidade de vida: no económico, noaspecto social, no ámbito sanitario, no tempo de lecer e de ocio. É necesario recoñecer osvalores sociais, culturais e de identidade que significan fontes, ríos, lagos e zonas húmidase, baixo criterios de sostibilidade, manter e potenciar eses valores que forman parte donoso patrimonio material e inmaterial.

No marco do proxecto Cantata, INTERREG III B Espazo Atlántico, estamos a traballarpor definir produtos turísticos “xenuínos” nas comarcas do Eume, A Ulloa e O Ribeiro.Imos achegarnos a esta última comarca, a do Ribeiro, para descubrir como a auga é unrecurso estratéxico que está xerando crecemento económico e desenvolvemento social des-de os seus valores salutíferos, a través das fontes e balnearios e mediante as actividades deocio que permite realizar.

Nesta Galicia dos mil ríos, aínda que Ourense é a única provincia totalmente interior,nas súas comarcas atópase unha gran variedade de fontes e balnearios, de ríos e mares inte-riores –naturais e resultado da man do home–, que ademais da práctica de actividadesdeportivas e de ocio, abastecen os nosos fogares grazas á produción hidroeléctrica, sendopolo tanto elemento esencial no benestar individual e social.

O Ribeiro, un mundo de auga e viño

A comarca do Ribeiro atópase no extremo occidental da provincia de Ourense e com-prende dez concellos: A Arnoia, Avión, Beade, Carballeda de Avia, Castrelo de Miño,Cenlle, Cortegada, Leiro, Melón e Ribadavia –verdadeiro centro histórico da comarca–. Asúa morfoloxía é moi variada, e vai dende os penedos das alturas de Avión, nas serras doSuído e Faro de Avión ata os fértiles vales do río Miño e dos seus afluentes Arnoia e Avia,configurando paisaxes moi compartimentadas e de gran beleza. Estes ríos forman unhatipoloxía paisaxística moi característica: os “ribeiros”, que dan nome á comarca. Por outraparte, as especiais características xeolóxicas outorgan a esta comarca unha peculiaridade,que é o fenómeno do termalismo, coñecido xa na época romana e empregado asiduamen-te pola poboación ao longo da historia.

Esta comarca é unha das mellor definidas de Galicia pola súa longa historia, pola súarelación co mundo da auga e polo cultivo da vide, moi relacionado co río Miño. Nas súas

Vista de Ribadavia. Fotografía de J. Salgado.

Page 279: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

279

Territorio, patrimonio e desenvolvemento

ribeiras e na dos seus ríos tributarios concéntrase este cultivo, que marcou ao longo dotempo o seu carácter e ten marcado moi claramente a súa paisaxe, moi humanizada e trans-formada polo cultivo da vide, que tivo que adaptarse aos vales dos ríos –os socalcos. Taméno clima fai a súa contribución, pois proporciona temperaturas suaves e a humidade preci-sa para este cultivo milenario.

Auga corrente –ríos e encoros–, auga termal –balnearios e fontes– e viño son os princi-pais elementos configuradores da rica e longa historia do Ribeiro.

A historia da comarca

A comarca do Ribeiro faise presente na historia moi cedo, non faltando referencias mis-teriosas á fundación de Ribadavia, presentes na primeira historiografía, que atribúe diver-sas orixes –gregos, cartaxineses e mesmo fenicios– á toponimia e aos nomes dos ríos. Nonhai dúbida de que estamos ante un territorio poboado dende moi antigo, feito corrobora-do polos achados arqueolóxicos. Xa o xeógrafo romano Estrabón fala de que estas terraseran moi activas na época romana, e que tiñan interese económico para a metrópole.

Máis tarde, nos séculos IX e X, na época da repoboación de Galicia, aparecen as pri-meiras referencias documentais acerca das terras do Avia e do Miño e do seu viño. Taménse fala destas terras como a “Castela de Ourense”, a causa das numerosas fortificacións quese localizaban na comarca. O interese amosado polas ordes relixiosas –xa dende a primei-ra Idade Media– por instalar mosteiros nestas terras –San Clodio, Melón, o Convento deSanto Domingo, etc.– fala tamén da importancia estratéxica e económica do Ribeiro.

No século XI O Ribeiro adquire importancia porque o rei Afonso IX outorgou un pri-vilexio polo que Ribadavia se convertía en Vila Regis. Máis tarde, en 1065, o rei García I deGalicia elixe a Ribadavia como capital do seu reino. O tempo que transcorre entre os sécu-los X e XVI é moi movido polas continuas loitas e a acumulación de poder e terras danobreza galega, ordes militares e os relixiosos. Os restos da fortaleza dos Sarmiento, en

Ribadavia, son testemuño do feudalismo na comarca, que de-tentaba poder e privilexios.

Cómpre destacar o mosteiro de San Clodio, beneditino noprincipio, cisterciense despois e beneditino outra vez ao final;fundado a principios do século X e mantivo a súa importanciaata o ano 1779. A súa contribución á comarca foi o impulso aocultivo da vide, que transformou o tecido social e ata a paisaxedo Ribeiro. O viño adquiriu importancia comercial a finais daIdade Media coa apertura de fronteiras, que permitiu o comer-cio internacional e que iniciou unha etapa de florecemento eco-nómico para o Ribeiro. Nesta época de prosperidade foi candose asentou en Ribadavia unha importante colonia xudía, da quena actualidade se conserva o chamado “Barrio Xudeu”.

A partir do século XVII iniciouse un paulatino declive des-tas terras ao entrar en competencia o viño do Ribeiro cos viñosportugueses e do resto de España, e isto a pesar de que aumen-tou moito o cultivo da vide, o que favoreceu, nun primeiromomento, un forte aumento da poboación, feito que non fixosenón aumentar a presión sobre a terra e que, en épocas demalas ou escasas colleitas, se deran na comarca situacións defame e miseria.

Muralla de Ribadavia. Fotografía de J. Salgado.

Page 280: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

280

53 A cultura da auga: balnearios e mares interiores na comarca do Ribeiro

Os séculos seguintes transcorren ligados ásvicisitudes do cultivo da vide e á elaboracióndo viño, e non hai máis feitos dignos de men-ción que a Guerra da Independencia, que casti-gou varias veces a comarca. No século XIXconstituíronse os novos concellos, e a comarcasufriu unha reorganización territorial, á custadas xurisdicións dos mosteiros, especialmenteo de San Clodio.

O termalismo

O termalismo está relacionado dende assúas orixes coa saúde. O descubrimento dasvirtudes medicinais das augas minerais dátaseno século V (a. C.) e destaca a contribución dosromanos, que difundiron por todo o mundocoñecido o uso social deste tipo de augas. Ante a demostrada eficacia das augas con finscurativas, as xeracións posteriores non só asumiron a crenza nas mesmas, senón que segui-ron investigando neste campo coa fin de determinar a causa-efecto das augas minerais, asícomo outros métodos de aplicación, á parte dos tradicionalmente empregados na época.

Na actualidade este fenómeno mestúrase tamén co turismo e co desenvolvementoendóxeno dos territorios onde aparece. O turismo de saúde ofrece unha alternativa ao con-cepto tradicional de turismo ao conxugar o seu carácter de centro de saúde coas posibili-dades turísticas e de lecer que presentan os contornos naturais nos que se enclavan.

A procedencia das augas minerais e termais é, na gran maioría dos casos, meteórica.Este mesmo proceso dáse en ocasións a maior profundidade grazas a fracturas de grandesenvolvemento vertical, o que ocasiona un progresivo quentamento da auga debido aogradiente xeotérmico, o calor xerado polas propias tensións da fractura ou a procesos dedesintegración radioactiva de minerais presentes nas rochas graníticas polas que circula.Nestes casos os mecanismos de afloramento son os constituídos pola carga hidrostática docircuíto ou pola presión de vapor acadada, dando lugar desde xeito a mananciais de augastermais. A temperatura de afloramento destes mananciais depende da profundidade á quecircula a auga, da temperatura máxima acadada no almacén subterráneo, da velocidade deascenso e das posibles mesturas con augas superficiais nos últimos tramos do circuíto, oque incide directamente no seu arrefriamento. As profundidades e as temperaturas mediasde almacéns relacionados coas augas termais galegas son da orde de 2.500 m e 100ºC res-pectivamente. En canto á tipoloxía e composición química das augas minerais, dependenen gran medida da composición da auga que se infiltra, da natureza dos terreos polos quediscorre e dos procesos bioquímicos da zona non saturada e, finalmente, do tipo de mine-rais das rochas que están en contacto coa auga que as atravesa. Debido a estes condiciona-mentos e á diversidade do substrato xeolóxico de Galicia, as augas minerais teñen unhaimportante variedade de sales minerais disoltas.

O emprego das augas termais en Galicia remóntase polo menos á época romana, comoo demostran os achados arqueolóxicos de Lugo, Caldas de Reis, etc., xerándose unha arrai-gada tradición hidrotermal na poboación galega, que fai que este recurso siga a empregar-se de moitos xeitos. Efectivamente, a auga é, seguramente, o medio de tratamento máisantigo. A orixe da cura balnearia confúndese cos tempos remotos da orixe da medicina,

Balneario de Laias. Fotografías de S. A.Desenvolvemento Comarcal deGalicia.

Page 281: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

281

Territorio, patrimonio e desenvolvemento

que nos seus principios empregou medios físicos, e entre eles, aauga. Tras un longo período de decadencia, o emprego destetipo de augas mineromedicinais foi rexurdindo paulatinamente.Nos últimos tempos o concepto de augas minerais sufriu pro-fundos cambios, feito ao que ten contribuído o seu significativoaumento de produción, aplicación e consumo. Actualmente, asaugas minerais son explotadas por sociedades ou por particula-res, e tamén por asociacións veciñais ou concellos, pero a maiorsignificación económica provén do ámbito das augas mineraisenvasadas e polos balnearios, responsables estes últimos daespectacular modernización recente do sector.

Mención á parte merece o gran número de fontes e mananciaisde uso tradicional espalladas por toda Galicia, que a pesar de nonteren infraestruturas de aproveitamento e non sendo explotadascon fins económicas, son empregadas polos veciños das poboa-cións circundantes.

Balnearios e mananciais na comarca do Ribeiro

Sen lugar a dúbidas, a comarca do Ribeiro constitúe, xunto coas veciñas comarcas deOurense e O Carballiño, un dos paraísos do termalismo en Galicia. O Ribeiro conta con cin-co balnearios activos, aos que se suman outras fontes e mananciais empregados tradicio-nalmente pola poboación. Estes balnearios son un dos motores da economía da comarca,poñendo en valor os recursos naturais desde un prisma de respecto ao medio ambiente.

Vila Termal da Arnoia

O actual balneario, inaugurado en 1995, localízase na marxe esquerda do río Miño, pre-to das localidades de Reza e San Mauro. As súas augas saen a 22ºC sendo indicadas paraestrés, afeccións dermatolóxicas e respiratorias, reumatismos, procesos posquirúrxicos epostraumáticos.

Balneario de Berán. (Leiro)

O balneario de Berán, na parroquia do mesmo nome, consta dunha pequena casa debaños e unha piscina termal con augas a 28ºC e de forte forte cheiro a sulfhídrico.

As primeiras referencias históricas aparecen no ano 1619. Hoxe está próximo a entraren funcionamento un novo balneario, nun moderno edificio situado a carón do vello.

Vila Termal de Laias (Cenlle)

O emprego das augas termais deste balneario data da época romana, como o demostranos vestixios duns baños romanos, con inscricións latinas que fan referencia a Aquae Leae econtinuou na Idade Media e chega ata a actualidade. Ao longo do século XIX construíron-se varios pilóns de pedra sobre as antigas termas romanas. O balneario primitivo atópasehoxe medio asolagado polas augas do encoro de Castrelo de Miño. As actuais instalaciónsempregan o mesmo manancial. O balneario de Laias, situado en Santa Olaia de Laias con-siste nun moderno establecemento, inaugurado no ano 2001 e dotado dun gran número deprogramas e actividades, posúe unhas augas bicarbonatadas sódicas, alcalinas e hiperter-mais, que saen a 51ºC, indicadas para afeccións respiratorias, gástricas e reumatolóxicas.

Detalle da Vila Termal daArnoia. Fotografías de S. A.Desenvolvemento Comarcal deGalicia.

Page 282: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

282

53 A cultura da auga: balnearios e mares interiores na comarca do Ribeiro

Balneario de Cortegada (Cortegada)

Non se coñece a data do descubrimento do manancial, peropénsase que a súa orixe é moi remota. As augas termais deCortegada xorden en tres fontes principais: chamadas Baños daPedra, do Campo e do Monte, que contaban con pilóns ao airelibre e con algunhas casetas de madeira, que se montaban ao ini-cio da temporada de baños.

A pesar de ter estas augas grande sona en toda Galicia, des-taca a precariedade das súas instalacións a causa da proximida-de do río Miño, que coas súas crecidas estragaba as infraestru-turas, e pola falla de recursos. A construción do encoro deFrieira fixo que o antigo edificio e os mananciais quedaran bai-xo das augas. O balneario de Cortegada sitúase na marxe esquer-da do río Miño; foi restaurado recentemente e posto de novo enactividade. As súas augas xorden a 26ºC.

Os Baños do Monte están nunha pequena casa de baños, conauga procedente dun manancial que mana de catro fontes contemperaturas de 16ºC; son oligometálicas, cluoruradas, bicarbonatadas sódicas e cálcicas,sulfatadas e ferruxinosas.

Termas de Prexigueiro (Melón)

Os Baños de Prexigueiro estiveron inactivos bastantes anos, pero a súa recente moder-nización permitiu de novo a entrada en funcionamento deste tradicional establecementotermal. Os baños están na beira do río Cerves, de cuxo leito xorden as augas, hipertermais,de natureza sulfurosa, bicarbonatadas sódicas e de boas propiedades terapéuticas.

Castrelo de Miño

Do antigo balneario, empregado xa en época da dominación romana, non queda nin-gún vestixio, ao ser toda a zona asolagada polo encoro de Castrelo de Miño.

Na actualidade, o tradicional costume de “ir tomar as augas” mantense na nosa socie-dade aínda que a renovación das instalacións balnearias permitiu abrir estas a un turismode saúde, de descanso e de ocio. As augas termais están presentes na oferta que a comar-ca do Ribeiro achega aos visitantes e aos propios do lugar. Un aspecto importante aíndapendente de resolución na actividade balnearia é a forte estacionalidade que acusa, agás nocaso dos grandes complexos (Vilas Termais de Arnoia e Laias).

Os ríos e os mares interiores

A comarca do Ribeiro está fortemente vencellada ao río Miño e a un dos seus principaistributarios, o Avia, que dá nome a Ribadavia (Ribeira do Avia), centro histórico da comar-ca e antiga capital de Galicia (S.XI). A hidrografía da comarca está actualmente moi condi-cionada pola existencia de tres encoros: Albarellos no río Avia, e os encoros de Castrelo deMiño e da Frieira, ámbolos dous no Miño.

O encoro de Castrelo é de 1960 e o da Frieira entrou en funcionamento en 1970. Oaproveitamento de ámbolos dous encoros é hidroeléctrico e constitúen tamén un espazode lecer. Pola súa parte, o río Avia está represado en Boborás, na veciña comarca do

Encoro de Albarellos.

Page 283: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

283

Territorio, patrimonio e desenvolvemento

Carballiño, no encoro de Albarellos, inaugurado en 1972. Estes encoros son mares inte-riores que permiten a realización de actividades turísticas e de ocio. O Club Náutico Cas-trelo de Miño oferta unha ampla variedade de actividades de deporte náutico: vela, remo,piragüismo, windsurf, caiac, pedaleta. Así mesmo, desenvólvese no encoro de Castrelo deMiño un notable programa de competicións náuticas, que abarca regatas nacionais, trofe-os e campionatos galegos.

O río Miño achéganos a unha paisaxe de augas e permítenos ir descubrindo as entra-ñas desta comarca, a súa razón básica, xeoloxía, hidrografía..., a súa natureza telúrica. Orío Miño entra na comarca en Barbantes (Cenlle), xa encorado na presa de Castrelo, e saedesta á altura da desembocadura do río Deva, onde se inicia o encoro da Frieira. Recibenumerosos regueiros no seu percorrido destacando, pola marxe esquerda, o Arnoia á altu-ra do concello do mesmo nome. O río Arnoia nace na serra de San Mamede e percorre asterras da veciña comarca de Celanova; o seu tramo final, que é o tramo do Ribeiro, é deforte pendente a causa do importante desnivel que ten que salvar dende a superficie apla-nada de Celanova ata o curso do Miño.

Pero é sen dúbida a marxe dereita do Miño, co río Avia drenando a súa superficie, moi-to máis interesante dende o punto de vista hidrográfico. O Avia nace en Fonte Avia, naSerra do Suído a uns 1.000 m. de altitude, no concello de Avión. Recolle as augas dediversos regos para verter no encoro de Albarellos. Augas abaixo do encoro recibe unimportante afluente, o Arenteiro, e entra plenamente na comarca, ata desembocar noMiño en Ribadavia. Posteriormente, o Miño recibe o Brul e o Cerves, procedentes dasladeiras orientais do Faro de Avión. No río Cerves existen numerosas cachoeiras ou fer-venzas, entre as que destacan as de Melón e as de Tourón, orixinadas pola erosión dife-rencial dos materiais que vai cortando o río –xistos e granitos. Nesta zona, o Miño estáfortemente encaixado, sendo nas zonas de substrato granítico, por ser rochas máis duras,onde o val se encaixa e afonda, entre Castrelo e Ribadavia, abrindo o seu val nas zonasmetasedimentarias de tipo xistoso (concello de Castrelo de Miño). Por outra parte, a for-te tectónica á que se viu sometida toda a área produto da existencia de fallas de direcciónNE/SW e NNW/SSW tivo como resultados unha serie de foxas tectónicas, con diversosbloques levantados e outros afundidos, dando unha estrutura xeolóxica de enorme com-plexidade. O río Miño aproveita parte destas fracturas para acomodar a súa conca.

Outra característica xeomorfolóxica é a presenza de depósitos aluviais e de terrazasfluviais a diferentes alturas, terreos importantes na produción agrícola, fundamental-mente vitícola da comarca. Os depósitos aluviais aparecen nas canles dos principaisríos, destacando na actualidade os do río Avia, dende Beade ata Leiro, dando lugar aunha pequena veiga aluvial. A extensión deste tipo de depósitos foi moi superior áactual, pero a construción dos diversos encoros provocou o seu asolagamento. En can-to ás terrazas fluviais localízanse no val do río Miño, na vertente de Cenlle e enCastrelo, e no val do Avia, na zona de Beade.

Como se pode apreciar ao longo deste artigo, a auga é un elemento identificativo dacomarca do Ribeiro. Un recurso natural totalmente imbricado na vida da comarca, augasquedas e tranquilas e augas que corren, brincadeiras, augas que dan saúde, augas que danvida e que abren camiños á diversificación da economía comarcal e inciden na calidade devida e benestar da poboación que vive e visita este territorio.

“As augas encerran tódolos remedios, lavan os pecados e curan a enfermidade, van cheas de vida ó home que reclama os seus socorros vixiando a súa casa e benestar”

Libro de Hiranyakecin

Page 284: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

Bibliografía

AA.VV. Plan de Desenvolvemento Comarcal do Ribeiro. 1995. Xunta de Galicia,

DE JUANA, J. (Dir.). O Ribeiro (a terra que regou o viño). Ir Indo Eds. Vigo, 1993.

LUIS RODRIGUEZ MÍGUEZ: Ourense Termal. Alva Gráfica Edcs.2001.

MAITE SUÁREZ SANTOS: “Auga Fonte de Saúde” en Natureza Galega, rev. bimestral.1994.

MARIA A. LEBOREIRO: A vida nos balnearios de Galicia. Ir Indo Edcs.1996.

CONSELLO DA CULTURA GALEGA: “As augas de Galicia”. Ponencia de Patrimonio natu-ral. 1996.

284

53 A cultura da auga: balnearios e mares interiores na comarca do Ribeiro

Page 285: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

A cultura enerxética en Galicia.Cara ao turismo industrial na comarca do Eume

Rosario Álvarez Cao; Arturo Revilla Bonnin

54

O recurso enerxético é susceptible de ser aproveitado para o feito turístico; é un recursopropio, vencellado á cultura galega e que tenta ser posto en valor a través de iniciativas espe-cíficas e do proxecto Cantata, INTERREG III B Espazo Atlántico, integrándoo na ofertacomarcal de produtos turísticos. Non se trata só dunha arquitectura específica senón que, entorno á enerxía, aproveitada para distintas utilidades, xira todo un mundo de tradicións cul-turais, de costumes e de modos de vida, que hoxe manteñen un carácter testemuñal pero queestán nas raíces do noso pobo e que non deben esquecerse na memoria. Este “mundo” cons-titúe, sen dúbida, un elemento de interese no proceso de desenvolvemento do territorio.

O home, o longo da súa historia, ten precisado sempre da enerxía para a súa subsis-tencia. Ao principio era un simple lume para cociñar os alimentos e quentarse. Máis tarde,utilizou a tracción animal para o transporte, e a auga e o vento, que se empregaban naobtención de enerxía que abondaba para a industria do momento. Non será ata o inicio daRevolución Industrial cando se inicie o uso dos combustíbeis fósiles, como o carbón nun-ha primeira fase, e o petróleo máis tarde. É dicir, a grandes trazos, o emprego da enerxíapolo home pode dividirse en dúas fases: a primeira vai dende os albores da historia ata aRevolución Industrial, e caracterízase pola utilización de enerxías renovables (o sol, a augae o vento). A segunda fase vai dende a Revolución Industrial ata a actualidade, e está carac-terizada polo emprego de combustibles non renovables, ademais do uso da enerxía elec-trohidráulica. Desta segunda fase cómpre destacar que nas últimas décadas aumentou ointerese pola obtención de enerxías alternativas, interese que ten favorecido o desenvolve-mento da enerxía eléctrica obtida a través das placas fotovoltaicas ou das turbinas eólicas.

En Galicia as dúas fases mencionadas están perfectamente representadas aínda que osmétodos tradicionais de obtención de enerxía persistiron ata datas ben recentes, en queforon caendo en desuso a causa da progresiva xeneralización das fontes masivas de ener-xía, nomeadamente a termoeléctrica e a electrohidráulica.

Galicia posúe moi boas condicións naturais para a obtención de enerxía a partir derecursos naturais e renovábeis: a climatoloxía proporciona auga en abundancia e vento. Enefecto, a auga foi unha das principais fontes de enerxía ao longo da historia. Así, o mapahidrográfico de Galicia está cheo de muíños, principalmente nos pequenos ríos e regatos enormalmente afastados das aldeas, que eran empregados basicamente para moer cereais,aínda que tamén eran empregados en batáns e outras industrias. Estes muíños foron moi

Parque eólico. Fotografías de S. A.Desenvolvemento Comarcal deGalicia.

Page 286: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

286

54 A cultura enerxética en Galicia. Cara ao turismo industrial na comarca do Eume

importantes para a economía do país e incluso conformaronparte da etnografía e do folclore dos últimos séculos.

Outro importante recurso proporciónao o mar, que coas súasvariacións periódicas de nivel facilita a instalación de muíños demarés e aceas, moi presentes ao longo da costa galega –principal-mente nos fondos das rías–, e que serviron tamén para moer ogran e para a industria. Outro recurso natural é o vento, que foiempregado e desenvolvido xa polas primeiras civilizacións. EnGalicia este recurso preséntase en forma de ventos abondo cons-tantes e fortes, como é o caso do sector comprendido entre aEstaca de Bares e Fisterra. Cómpre dicir que os muíños de ventotiveron aquí menos importancia que noutros lugares a causa pre-cisamente da abundancia de cursos de auga. Por esa mesmarazón, os muíños de vento situáronse en zonas de boas condi-cións de vento e que sufrían secas periódicas no verán. Por iso, naGalicia interior a súa presencia é practicamente testemuñal.

Muíños de auga nos ríos e regatos de toda Galicia, muíñosde marés nas rías e muíños de vento en diversos puntos da costa son as principais fontesde enerxía tradicional de Galicia, elementos presentes aínda hoxe en día na paisaxe galegae que forman parte do patrimonio etnográfico galego. Os muíños –especialmente os muí-ños de auga–, ademais da función produtiva, tiveron na cultura galega unha función socialrelevante; constituían un elemento de relacións entre veciños, homes e mulleres, mozos emozas, coñecidos e foráneos. Eran lugares e pretextos para a festa, para as relacións, paramocear, para a cultura popular..., feitos que queda claramente resumidos nas lendas, con-tos, cancións e nas numerosas cantigas que teñen como tema central o muíño:

Unha noite no muíño,unha noite non é nada,unha semaniña enteira,iso si que é muiñada

Ou aquela outra de carácter amoroso que di:

Na porta daquel muíñohai dúas pedras d’asentounha é para namorare outra pra pasa-lo tempo

Nos anos centrais do pasado século iniciouse a construción de encoros e presas hidro-eléctricas nos principais ríos, feito que fixo de Galicia un importante produtor de electri-cidade. Un pouco máis tarde instaláronse –en Meirama e nas Pontes– dúas centrais térmi-cas alimentadas por dous importantes xacementos de lignitos, que situaron a Galicia unpouco máis arriba no ranking da produción de enerxía eléctrica, aínda que como factor encontra teñen o consumo de recursos non renovábeis e a contaminación atmosférica queproducen ámbalas dúas centrais.

Nos últimos anos a enerxía eólica experimentou un espectacular desenvolvemento enGalicia, sendo xa importante a súa produción eléctrica en termos porcentuais. Así, os princi-pais cumios e serras galegas, tanto da costa como no interior, están poboados de modernosmuíños de vento. Estes muíños teñen ao seu favor a nula contaminación e o aproveitamentode enerxía renovable, e, en contra, fálase do seu impacto visual, aínda que pola dispersión quepresentan os parques eólicos non teñen producido unha transformación severa da paisaxe.

Muíño de auga.Fotografías de S. A.Desenvolvemento Comarcal deGalicia.

Page 287: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

287

Territorio, patrimonio e desenvolvemento

Cómpre tamén falar doutras formas de produción de enerxía,aínda que a súa importancia é moito menor –normalmente, a súaescala é a local–. Exemplos destas instalacións son as minicentraishidroeléctricas, as centrais de ciclo combinado e as de coxeración,que aproveitan refugallos e residuos forestais na produción deenerxía. Por outra parte, atópase en fase avanzada de investigacióna produción de biocombustibles, destinados principalmente áautomoción e o transporte e á produción de electricidade.

Na vila das Pontes de García Rodríguez (A Coruña) iniciouse,en 1972, a construción dunha central térmica para aproveitar oxacemento de lignito atopado nas proximidades, central que foiinaugurada no ano 1976. O longo destes anos, a mina de lignitofoi chegando progresivamente o seu límite de rendibilidade –ade-mais de que os niveis de contaminación que xeraba a queima delignito eran xa insostíbeis-– polo que a finais do século XX come-zou a queimar carbón importado a través do porto de Ferrol, queconstruíu un peirao especializado na descarga de grandes volumes

de carbón. Por outra parte, esta cuestión ten contribuído –como factor colateral– a dotar oconcello das Pontes dunha boa accesibilidade. Esta central ten hoxe data de caducidade, e amina está xa fóra de servicio –existe un proxecto de converter o burato nun lago.

Desde a Asociación EuroEume, xestora do programa PRODER, elaborouse un Plan deDesenvolvemento Turístico baseado na combinación do turismo rural e do turismo industrial,dado o importante papel que a actividade industrial xoga nesta comarca; este último centradoen visitas a empresas, arqueoloxía e patrimonio industrial e museos científicos e técnicos. Aenerxía é o fío condutor desta proposta. Neste contexto insírese o proxecto da Casa da Enerxía,eixo dun parque temático da enerxía, da que o complexo mineiro-industrial das Pontes é uncompoñente básico. A Casa da Enerxía é un museo técnico e centro de interpretación para aco-ller e introducir na realidade local os visitantes. O parque temático complétase con visitas aempresas da zona e ao complexo mineiro-eléctrico das Pontes, así como a outros exemplos deaparellos hidráulicos, forxas antigas, etc. integrados en Rutas da enerxía.

O proxecto Cantata, apoia este traballo e considera que a enerxía, e o contorno rela-cionado, é un elemento vivo nesta comarca, ligado a súa historia e que constitúe, por simesmo e/ou en combinación con outros, un produto turístico xenuíno de grande atracti-vo no mercado actual. Nas mans do empresariado comarcal e das organizacións comarcaisde desenvolvemento está o traballar e potenciar os recursos do seu territorio.

Bibliografía

ANDRÉS SAMPEDRO: “Tódolos muíños da Terra Galega”. Colección Etnografía Galega, T.II.Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía (AGCE). Eds. Cardeñoso, Vigo, 1990.

BEGOÑA BAS: Muíños de Marés e de Vento en Galicia. Fundación Pedro Barrié de la Maza.A Coruña, 1991.

GESTENGA: As enerxías renovables e Galicia. 1991.

ASOCIACIÓN EUROEUME: Plan de Desarrollo Turístico del Eume. Parque temático de la Energía.

Muíños sobre un regato.Fotografías de S. A.Desenvolvemento Comarcal deGalicia.

Page 288: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural
Page 289: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

A cultura vitivinícola na comarca do Ribeiro. A ruta das aldeas vitivinícolas medievais

Rosario Álvarez Cao; Luis Cohen Bossié; Arturo Revilla Bonnin;Ana Suárez Samaniego

55

Os pobos do Mediterráneo comezaron a saír do barbarismo candoaprenderon a cultivar o viño.

TUCÍDIDES s.V a.C.

O viño, ofrenda sagrada, herdado dos gregos foi globalizado polos romanos que o popu-larizaron e expandiron co seu imperio, en ritos estritamente regulamentados. Este estreitovínculo entre viño e relixión remóntase á noite dos tempos e sublímase no cristianismo, sen-do a Igrexa a través dos mosteiros e conventos quen elevou o seu cultivo a nivel universal.Unido tamén á adiviñación e á maxia, o cultivo dos viñedos imprime carácter nos pobos enas paisaxes. A solemnidade dos viñedos outonais, a súa serenidade chea de colorido,impregna tamén os caldos resultantes. A lentitude do proceso, no silencio e na penumbra,chega á súa plenitude no viño, enchendo os sentidos e o padal de sensacións.

O cultivo da vide, a viña, a elaboración do viño e os seus derivados, a súa promoción éindubidable que teñen unha vocación social e unha dimensión cultural mesturada coaciencia, coa economía, coa literatura e tradición popular, co patrimonio. En moitas zonasrurais a produción vitivinícola vertebra a sociedade e incide na súa calidade de vida. O viti-cultor, o bodegueiro, as cooperativas vinícolas recollen unha tradición e, desde ese saberfacer tradicional, proxéctanse ao mundo e ábrense a el. Non é de estrañar porque desde aantigüidade o viño foi un factor civilizador e cultural; considerado polos comerciantes feni-cios tan valioso como o metal precioso, foi unha bebida digna de deuses que circulabaentre os homes e que requiría un marco adecuado para ser degustado.

As faenas agrícolas ligadas ao cultivo dos viñedos e a produción de viño foron sempreunha ocasión de compartir cos veciños: as vendimas, o traballo no lagar e nas adegas... nonse entenden sen o bulicio e a alegría da xente que participa nelas. Ademais dos numerososaparellos utilizados na produción vitivinícola, existe tamén unha arquitectura ligada aoviño. Arquitectura, etnografía, costumes, folclore... constitúen unha riqueza e diversidadepatrimonial que merece ser coñecida e que pode aportar novos vieiros ao desenvolvemen-to local partindo do seu coñecemento e valorización.

Nota: Agradecemos a colaboración na documentación sobre ruta de Antonio Amil, técnico en turismo doConcello de Ribadavia.

Page 290: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

290

55 A cultura vitivinícola na comarca do Ribeiro. A ruta das aldeas vitivinícolas medievais

Esta é a contribución que o proxecto Cantata, cofinanciado por INTERREG III B EspazoAtlántico, espera lograr: crear un produto turístico singular e viable que promocione a cul-tura do viño, no máis amplo sentido, como parte esencial da historia da comarca, reforceo desenvolvemento económico do medio rural e valorice o patrimonio histórico-etnográ-fico e a natureza.

O viño está tan presente en toda a historia do Ribeiro que até se pode dicir que é o ver-dadeiro elemento conformador da mesma historia e da paisaxe ribeirá desta comarcaourensá bañada polas augas do Miño, do Avia e do Arnoia. Os viñedos, nos vales ou ensocalcos nas ladeiras, impregnan de singularidade esta terra.

Se nun primeiro momento é a auga o factor de atracción, coas augas termais, descu-bertas polos romanos, e a navegabilidade do Miño para a saída dos produtos das minas,cedo será a dispoñibilidade de viño –en cantidade e calidade– o que faga que monxes –osgrandes impulsores do cultivo da vide en Galicia– e señores –grandes propietarios– se ins-talen nestas terras. Esta conxunción de intensidade no cultivo da vide e o predominio dosgrandes propietarios da terra en detrimento dos pequenos fixo que a paisaxe cambiara moirapidamente, adquirindo unha forma semellante á disposición actual do territorio. Cómprerecordar que a importancia do viño nestas datas vén dada da consideración de alimentoque tiña para a poboación xeral, mentres que para o clero era un elemento litúrxico.Ademais, o viño era elemento fiscal, co que se pagaban as numerosas exaccións da época.Incluso o viño formaba parte dos ingredientes empregados nas boticas.

Pola propia documentación monástica sabemos hoxe que a ocupación da vide foi inten-sa xa no século XI e XII, e que xa se comerciaba co viño, o que indica que, unha vez paga-dos foros, impostos, dereitos e portaxes, aínda quedaban excedentes para comerciar coasprincipais vilas galegas e mesmo co estranxeiro, de xeito que no século XIV o viño, xunto copeixe, era o principal produto galego de exportación. Así as cousas, compréndese a radicalimportancia que ten o viño para o Ribeiro: social pola gran masa de asalariados que empre-gaba, e económica polos rendementos que proporcionaba o seu comercio. Este último extre-mo tiña a vantaxe –e o inconveniente, segundo os casos– de inserir plenamente o Ribeiro noscircuítos comerciais, polo que as crises de prezos, as regulacións dos mercados ou unha sim-ple sucesión de malas colleitas tiña graves repercusións en toda a poboación. Os xudeus asen-tados en Ribadavia especializáronse no comercio do viño. Non menos perigoso era o ano deabundancia para o colleiteiro; non podendo conserva-los viños máis aló do seguinte verán,tiña que malvendelos aos arrieiros, perdendo así o froito do seu traballo.

A época de esplendor do Ribeiro chega ata as postrimerías do século XVII, cando a com-petencia doutros viños amosa os perigos dunha excesiva especialización –neste caso, de terunha agricultura moi pouco diversificada-. Neste século iniciase un período de dificultades,que aínda tardaron en superarse. Por outra parte, as fallas de innovacións e o atraso impe-rante no que atinxe á elaboración do viño na comarca prolongou o período de decadenciaque sufriu o Ribeiro pola incapacidade de facer fronte á competencia dos viños doutrasrexións. Á crise recorrente engádese, a finais do século XIX, a aparición de pragas que trou-xeron a necesidade de renovar tanto as prácticas do cultivo como as de vinificación, que per-manecían case inalteradas dende a Idade Media. A filoxera, que apareceu no Ribeiro a prin-cipios do século XX, supuxo a fin do predominio das castes autóctonas e a introdución dou-tras variedades máis resistentes, como o palomino e a garnacha, distribución varietal quepermanece na actualidade. En 1957 a zona de produción obtivo a Denominación de Orixeque hoxe abarca 13 concellos ourensáns do Ribeiro e da comarca do Carballiño.

Os traballos da viña ocupaban todo o ano, e só se daba unha pausa ao chegar o verán,e retomábanse coa vendima, a finais de agosto ou setembro. O resto do ano pasábase en

Page 291: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

291

Territorio, patrimonio e desenvolvemento

podas, bimas, estercados e rodrigados. A chegada das pragas complicou o cultivo da videcoa aparición de novas técnicas como o enxofrado, o sulfatado, ou o esfollado das cepas,que encarecía o cultivo, o ter que mercar produtos químicos ou pagar máis xornais. Oreemprazo de vides aproveitouse para introducir o aramado, ou ordenación dos pés talcomo se coñece hoxe, o que permitía un considerable aforro en xornais. Se os cambios nocultivo foron moi rápidos, nas adegas non pasou o mesmo e seguíronse as técnicas antigas,o que se reflectía na calidade do viño.

Só nos primeiros anos do século XX se introduciron innovacións no prensado da uva,como a chegada da chamada prensa francesa, que homoxeneizaba a produción de mostose permitía controlar mellor a fermentación do viño. Tamén se coñeceu o fenómeno do“matute”, viños foráneos e de peor calidade, que se vendían como viños do Ribeiro, feitoque causou grave dano –que se está reparando– á comarca polos abusos e irregularidadescometidas tanto na elaboración como na comercialización dos viños.

Nos anos 60 do pasado século iniciouse o embotellado da man do cooperativismo, oque permitiu un mellor control da calidade dos viños, que contaban xa cun ConselloRegulador que verificaba a calidade da materia prima. Nos últimos tempos, todo o sectorvitivinícola do Ribeiro, grandes cooperativas e pequenos colleiteiros, está coñecendo unhaimportante renovación e modernización onde teñen cabida innovación e investigación,recuperando variedades tradicionais. As adegas do Ribeiro adaptáronse á mudanza nosgustos dos consumidores, producindo viños limpos e afroitados que pouco a pouco vanrestituíndo a fama que tiña en séculos pretéritos e que constitúen, xunto con toda a cultu-ra que os rodea, un atractivo turístico interesante.

Ruta das aldeas vitivinícolas medievais

A viticultura, que conta cunha tradición de séculos nestas terras, deixou entre outrosvestixios un número importante de aldeas que se remontan á Idade Media, caracterizadaspor unha especialización produtiva centrada no viño.

No marco do proxecto Cantata, que está a financiar a Iniciativa Comunitaria INTERREGIIIB, Espazo Atlántico, trátase de valorizar este patrimonio arquitectónico, cultural e etno-gráfico mediante a promoción dunha Ruta de Aldeas Vitivinícolas Medievais do Ribeiro que, na

Page 292: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

292

55 A cultura vitivinícola na comarca do Ribeiro. A ruta das aldeas vitivinícolas medievais

súa concepción inicial, foi un deseño conxunto daFundación para o Desenvolvemento da Comarca doRibeiro e da Oficina de Turismo do Concello deRibadavia. Trátase dun percorrido de aproximada-mente 30 km., que, saíndo de Ribadavia en direc-ción ao Carballiño, transcorre por unha serie dealdeas e enclaves historicamente ligados á produ-ción de viño e á cultura que esta actividade xera.

A vila medieval de Ribadavia, declarada Con-xunto Histórico Artístico, é a sede do Consello Re-gulador da D.O. Ribeiro. O seu entramado de rúas,restos dun rico pasado e o barrio xudeu, integradona rede de xuderías de España, somérxennos nou-tro tempo e achégannos unha variada oferta deactividades: visitas guiadas e interpretadas, catas,museos, servizos de restauración e aloxamento, etc.

Seguindo a estrada OUR-210 en dirección aCarballiño, á altura de San Cristovo, cóllese a man esquerda unha estrada local que nosintroduce nunha paisaxe de viñedos para chegar, ao cabo de dous quilómetros, á igrexa daMisericordia.

Por pleno val do Avia, entre extensos terreos de viñedo en dirección a Beade, chégase áEncomenda de Beade, unha das máis importantes de Galicia. A súa igrexa, con fachada deestilo barroco e cun esvelto campanario, contén restos arquitectónicos desde o románicoata os nosos días; ante ela érguese un cruceiro. Garda no seu interior interesantes retablose un impresionante viacrucis, ao que xa facía referencia Castelao no libro “As cruces napedra”; trátase de cruces patibularias ás que os ladróns están amarrados con grosas cordas.O viacrucis comeza no adro da igrexa e termina na inmediata capela de San Roque, ondese sitúa o Calvario.

Neste punto do percorrido hai dúas opcións: continuar en dirección a Beade ou bendesviarnos por un sendeiro para facer unha ruta a pé, duns trinta minutos de duración,que sae por detrás do viacrucis e que transcorre por Redimoas e Regadas –núcleo tradi-cional con construcións típicas do Ribeiro vitivinícola–, para acabar en Beade, onde pode-mos visitar as adegas Eladio Rodríguez ou A Portela, que foi unha das primeiras adegas enelaborar o afamado “tostado” do Ribeiro.

Retomando a ruta inicial desde Beade, cóllese dirección a Berán. No transcurso destetramo do percorrido, encravado nunha paisaxe idílica, atopamos a man dereita o HotelBalneario de Berán que conta con tódolos avances técnicos para o desfrute das súas augastermais en tratamentos médicos ou simplemente de ocio.

Preto de aquí avistaremos a aldea de Berán, o noso próximo destino.Berán é un conxunto histórico singular que conta cun entramado urbano medieval con

construcións típicas da zona e rodeado de viñedos.No núcleo existen varias adegas visitables, adscritas á D.O. Ribeiro, como a de Avelino

Lorenzo, en pleno casco histórico, á que se accede baixando polas rúas medievais á vez quese desfruta da arquitectura tradicional e das estreitas rúas de pedra que lle confiren ao con-xunto un encanto especial. Berán disporá en breve dun hotel rural.

Durante o paseo pola aldea pódense atopar con frecuencia diferentes ferramentas utili-zadas no cultivo e proceso de elaboración do viño, como presas e estacas utilizadas na“rodriga”, en definitiva, materiais e elementos etnográficos que impregnan de identidade

Page 293: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

293

Territorio, patrimonio e desenvolvemento

cultural estas terras do Ribeiro na súa relación histórica co cul-tivo dos viñedos.

A igrexa barroca de San Breixo de Berán será un bo remate aesta visita. Restos do renacemento e o escudo dos Sarmientocomparten fachada coas esculturas dos santos Verísimo, Bárbarae Margarita. No seu interior destacan unha Virxe co Neno deestilo gótico e o retablo maior, de finais do XVIII.

De Berán dirixímonos a Leiro, unha vez alí tómase o camiñoque vai dar á aldea de Barzamedelle, cuxas rúas e camiñosempedrados nos permitirán retroceder no tempo, axudadospola paisaxe, os olores e o doce son das augas do río Avia.

De aquí, cruzando o río pola ponte gótica, marabillosa obraarquitectónica do século XIV, chégase á aldea de San Clodio,onde se pode visitar a adega Viña Meín, ubicada nunha singularparaxe de viñedos en terrazas de granito. Nesta adega, orixina-ria do século XII e recuperada recentemente polos seus propie-tarios, conxúgase á perfección tradición e modernidade. Dispón

de aloxamento para doce persoas, degustación e venda de viños.O conxunto San Clodio-A Ponte-Barzamedelle, declarado Conxunto Histórico Artís-

tico, localízase nun ámbito natural de moito interese, atravesado polo camiño da ruta doAvia que vén de Pazos de Arenteiro e vai a Ribadavia. O mosteiro de San Clodio, do sécu-lo XV, con dous magníficos claustros –renacentista e barroco–, pertenceu aos monxes cis-tercienses e posteriormente aos beneditinos. Hoxe é un hotel-monumento de catro estre-las –o primeiro en Galicia no seu día– e mantén a beleza e a estrutura orixinal.

En San Clodio atópase tamén a case de turismo rural Doña Blanca, con spa propio.Baixo os soportais dun edificio de pedra os restaurantes típicos, como O Mosteiro permi-tiran ao visitante alimentar o corpo coa boa mesa e a alma coa serenidade da paisaxe.Cerquiña de San Clodio pódese visitar a Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia, quenos achegará máis polo miúdo á cultura do viño.

De volta a Ribadavia varias adegas invitan a deterse: a cooperativa San Roque, inaugu-rada no 2005 e sita no km 4 da estrada Carballiño-Ribadavia, cunha produción de máisdun millón de litros; a adega Casal de Armán, con establecemento de turismo rural; a ade-ga Sameirás e a adega Cooperativa Vitivinícola do Ribeiro, unha das de maior produciónde viño de Galicia.

Ao longo de toda a ruta, sexa a pé, en bicicleta ou coche, carballos, freixos, castiñeiros,cipreses e outra vexetación autóctona acompañan o camiñante mesturados con especiesforáneas, pero son os viñedos os que enchen tódolos espazos dominando a paisaxe.

Bibliografía

AA.VV. O Ribeiro, o viño da cultura, a cultura do viño. Mirabel, S.L. Vigo, 2001.

Page 294: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural
Page 295: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

A valorización dos produtos tradicionais na comarca da Ulloa. A súa integración no Proxecto Cantata

Rosario Álvarez Cao; Guadalupe Fernández Bouza

56

O nome da Ulloa está vencellado á literatura. Emilia Pardo Bazán na súa obra Os Pazosda Ulloa, inmortalizou esta comarca debuxando, con gran realismo, a sociedade ruraldeminonónica, a precaria existencia das xentes, os costumes, a economía, as condiciónsecolóxicas, as paisaxes. Estas altas terras de “lugares montuosos”, como as cualifica oCódice Calixtino, sitúanse na zona central de Galicia, na provincia de Lugo, ocupandounha superficie de 417,6 km2. Antas de Ulla, Monterroso e Palas de Rei, dan vida á comar-ca da Ulloa, na que o relevo asemella un anfiteatro aberto cara ao oeste e que arrola o ríoUlla no seu nacemento, definido por suaves cordais montañosos (Sª do Careón, O Fareloe os Montes da Vacaloura) e con calmos e altivos vales.

A xeografía desta comarca foi testemuña no discorrer do tempo, das formas de vida, dostraballos labregos, do rico folclore, dos recursos que a foron achegando ao desenvolve-mento. Castelos, pazos, mosteiros e igrexas, balnearios e ríos, señores, labregos e peregri-nos falan dun camiño percorrido na historia cara ao presente.

A Ulloa aínda conserva moitas tradicións propias e moitas outras daquelas que caracte-rizan o rural galego de interior. Desde esa tradición, cada vez son máis as iniciativas queconseguen darlle un carácter modernizado á economía desta comarca que ten no campo enas materias primas que del se derivan a súa principal fonte de riqueza.

Nunha economía agraria, o autoconsumo e a pequena venda de excedentes na agricul-tura e na gandería foron as características que definiron a economía da Ulloa ata os últimosanos de finais do século XX. Este estilo de vida tradicional veuse na obriga de evolucionarcara a novas formas de explotación dos recursos para facer fronte, no posible, ao despo-boamento da comarca, dándolle un impulso a súa economía. A pesar de que se segue man-tendo certo tradicionalismo, as novas xeracións, que buscan o seu futuro na Ulloa, estan-se a decantar pola implantación de novos proxectos que potencien o rural desde a sostibi-lidade dos recursos propios.

A actividade gandeira foi o xerme da reactivación económica e a que primeiro empezou asúa modernización. Os beneficios obtidos da produción de leite e de carne permitiron que asexplotacións medrasen en número de cabezas de gando e se modernizaran, tanto en instala-cións como en maquinaria. Así mesmo, asistiuse a unha progresiva roturación dos montes paraconvertelos en pastos. A actividade agraria quedou supeditada aos usos gandeiros, aínda queno concello de Antas de Ulla son importantes as plantacións de trigo, que é a base para a ela-

Page 296: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

296

56 A valorización dos produtos tradicionais na comarca da Ulloa. A súa integración no Proxecto Cantata

boración do famoso pan de Antas e que nos últimos anos mellorouda man da investigación.

Sen dúbida o recurso económico que mellor define A Ulloa é aprodución de queixo. A base da calidade deste produto está namateria prima empregada, leite de vaca pasteurizado, e nun coida-do proceso de elaboración. Esta actividade pasou de ser totalmen-te artesanal, feita de xeito individual nas casas particulares e senningún tipo de control, a converterse no produto estrela da comar-ca. A pesar de que o proceso de fabricación segue mantendo o seucarácter tradicional, a produción realízase de maneira industrialnas queixerías locais, sometida a ríxidos controis de calidade. A súadignificación dentro da denominación de orixe Arzúa-Ulloa dotou-no de fama e renome, por iso toda a comarca lle rende culto na súafeira de exaltación que ten lugar tódolos anos, de modo rotativo,entre os tres concellos que conforman estas terras.

A avicultura tamén é outro valor en alza na cadea produti-va da Ulloa. Na actualidade hai instaladas dúas granxas avíco-las a pleno rendemento que, aínda seguindo filosofías de empresa distintas, constitúenun piar importante na economía desta zona. Unha das iniciativas cría galiñas en semi-liberdade apostando por unha produción ecolóxica de calidade, mentres a outra optoupor conseguir a máxima produción tendo como ferramentas indispensables os últimosavances en tecnoloxía e mecanización.

A explotación innovadora de produtos tradicionais estase convertendo nunha vía de futu-ro importante. Unha empresa agroalimentaria –Arotz S.A.– instalada en Monterroso impulsouas plantacións de framboesas e amorodos silvestres para sometelos a un proceso de envase econxelación que os prepara para seren distribuídos nos mercados. Estes cultivos lévanse a cabode maneira controlada e con coñecementos biolóxicos para garantir as mellores condicións decalidade. Nesta iniciativa foi importante acadar a participación da poboación e a súa implica-ción directa e indirecta. Outra das materias primas empregadas é a castaña. Os abundantessoutos que se conservan son a base para este tipo de cultivo; porén, estase a estudar o proxectode facer plantacións que melloren en calidade e en cantidade os índices de produción rexis-trados na actualidade. Destacan tamén os cogomelos e os espárragos trigueiros, estes últimoscunha extensa plantación que se está desenvolvendo nos últimos anos.

Unha iniciativa pioneira que se está abrindo paso en Palas de Rei ten como protagonis-tas a tres mozos emprendedores. Trátase dunha cooperativa na que se producen plantasmedicinais e aromáticas coas que se fabrican infusións, aceites aromatizados e sales debaño. Ademais cultivan plantas de viveiro e sementes. A característica que diferencia o tra-ballo destes mozos é a comercialización de froitas e hortalizas deshidratadas a través dunproceso que conserva tódalas súas propiedades nutritivas.

O complemento perfecto a estas novas formas de economía produtiva reside no sector tu-rístico. As iniciativas de turismo rural levadas a cabo durante os últimos anos dotaron A Ulloadunha rede de aloxamentos dedicados a esta actividade que ofrecen unha oferta variada aosvisitantes. Esta modalidade de turismo permitiu non só a rehabilitación de antigas edificaciónsque seguen a conservar o estilo propio da arquitectura popular da comarca, senón tamén a po-tenciación dos seus recursos naturais e do seu patrimonio. A filosofía deste sector tamén con-tribúe activamente a conservar e poñer en alza a cultura propia, os costumes e as tradicións.

A identidade e a idea de unidade dun pobo baséanse na cultura e nas tradicións que lleson propias, por iso, cada zona intenta manter vivas as mensaxes e formas de vida herda-

Page 297: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

297

Territorio, patrimonio e desenvolvemento

das dos seus antergos. O rural galego caracterizouse durante séculos por estar poboado confamilias numerosas que convivían en aldeas de moitos veciños. A maioría destes núcleospoboacionais atopábanse illados e a súa única maneira de pasar o tempo de ocio era xun-tándose nas casas ou organizando bailes e festas.

Neste contexto nacen multitude de manifestacións literarias populares que conseguironchegar aos nosos días grazas á tradición oral. A vida cotiá das comunidades rurais é reflec-tida nas cantigas que se interpretaban nos bailes que conmemoraban as colleitas e as dis-tintas actividades agrarias. Tamén son moi coñecidas as “regueifas”, coplas espontáneas nasque dúas persoas se dan a réplica nun desafío cuxa temática pode ser moi variada e quenormalmente son improvisadas segundo se van cantando.

Outra manifestación moi coñecida son as lendas ou contos que recrean historias fantás-ticas con personaxes ficticios e que normalmente teñen como escenario algunha paraxe con-creta. Entre as fadas e mouros que protagonizaban as historias contadas ao redor da lareira,na Ulloa son famosos os nubeiros, homiños de dous palmos de altura co corpo cuberto depelo e cun rabo retorcido, que son os responsables de que se desaten as treboadas.

Un dos mellores exemplos da pervivencia dunha tradición é a Feira de Santos deMonterroso, que ten as súas raíces en séculos pasados –s. XV–. As transaccións económi-cas levadas a cabo nesta feira convertéronse nun acontecemento social na comarca e teñenmoita sona incluso no resto da comunidade galega. Ademais disto son moitas as festivida-des que se manteñen ao longo de toda A Ulloa e que veñen de antano, sobre todo, aque-las que veneran santos como o Santo Cristo en Antas de Ulla, o San Miguel en Monterrosoou o Ecce Homo en Palas de Rei.

Esta riqueza cultural intenta manterse viva no paso do tempo a través de distintos gru-pos de baile, teatro ou corais que recuperan e transmiten dita herdanza. Tamén hai publi-cacións que recompilan as mostras orais para que quede constancia escrita das mesmas ea súa conservación sexa máis doada.

Riqueza natural nas súas paisaxes montesías e de ribeira; singular legado monumental cunrománico rural ben conservado, unha arquitectura popular resultado da relación do home comedio natural e numerosas mostras de arquitectura civil e militar resaltada nos pazos e noCastelo de Pambre –un dos máis interesantes e mellor conservados de Galicia–; rutas e cami-ños de peregrinación cara a Santiago de Compostela; diversidade económica e gastronómicaasentada nos recursos tradicionais.... en definitiva, A Ulloa: unha comarca de interior queintenta recuperar a súa economía dándolles un pulo aos produtos tradicionais para adapta-los ás novas esixencias do mercado e das economías de escala e que, sen deixar de mirar aofuturo, considera a potenciación dos costumes propios como un piar fundamental para man-ter a súa identidade e proxectarse como unha parte do todo que é a cultura galega.

Todas estas iniciativas e os produtos que as sustentan contribúen a manter viva a iden-tidade desta comarca e xeran dinamismo económico, xeran riqueza. O empresariado localquere abrirse a novos mercados organizando os seus produtos nunha oferta turística rica ediversa que achegue ao visitante a autenticidade destas xentes e da comarca na que viven,e moito máis, da comarca que senten e que lles permite manter viva a súa razón de ser.

O proxecto Cantata, INTERREG III B Espazo Atlántico, é un instrumento posto ao ser-vizo dos empresarios e as xentes con vontade da comarca, para abrir unha porta cara á ilu-sión e ao futuro cun traballo conxunto e imaxinativo, incrementando así o valor engadidodo seu territorio.

Page 298: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural
Page 299: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

Marca de Calidade Territorial ULLAUMIA

Xosé Mª Tobío Iglesias

57

A Marca de Calidade Territorial ULLAUMIA é un proxecto estratéxico de cooperación dentroda iniciativa comunitaria LEADER+ que ten como obxectivo crear unha etiqueta de calidade,a nivel europeo, que contribúa ao desenvolvemento sostible do territorio Ulla-Umia.

A súa orixe remóntase ao deseño do plan estratéxico de desenvolvemento do territorioUlla-Umia (concellos de Caldas de Reis, Catoira, Cuntis, Moraña, Portas, Pontecesurese Valga), e xorde ante a necesidade de estabiliza-la súa poboación, de mellora-la súa renda eemprego e en definitiva de revitalizala económica e socialmente ante uns mercados cada vezmáis abertos e globalizados.

Este proxecto de calidade caracterízase ademais, por perseguir os seguintes obxectivosespecíficos:

❙ Valorizar o patrimonio natural e cultural como panca de desenvolvemento económico.❙ Contribuír ao desenvolvemento de estratexias dos sectores empresariais baixo o prisma da

durabilidade e globalidade do enfoque “calidade UllaUmia”.❙ Impulsar a interacción dos sectores entre si.❙ Ir creando solidariedades e sinerxías entre os axentes, grazas aos valores comúns com-

partidos.❙ Centrar ao empresario/a no seu territorio para que asuma o papel e a responsabilida-

de que lle corresponde no desenvolvemento do territorio onde vive e exerce a súaactividade.

❙ Acurtar as redes de distribución entre os axentes comprometidos no enfoque de cali-dade, favorecendo unha produción e unha distribución máis racional e solidaria.

❙ Construír unha identidade colectiva, asentada en valores comúns.❙ Compartir os valores fundamentais, mellorando a cohesión social. Sen solidariedade

non hai calidade territorial.❙ Defender os valores ambientais como indispensables para a calidade dos produtos e

servizos.❙ A introdución tecnolóxica nos produtos e servizos do territorio como ferramenta indis-

pensable para afrontar o mercado global e compatible co “saber facer” tradicional.❙ Definir unha imaxe acorde coa identidade compartida.❙ Provocar accións de comunicación e promoción intersectoriais.

Page 300: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

300

57 Marca de Calidade Territorial ULLAUMIA

❙ Informar aos consumidores non só da dimensión cualitativa de cada produto, senóntamén do compromiso polo desenvolvemento sostible do seu territorio.

❙ Constituír unha rede de territorios comprometidos cun proceso de desenvolvemento ede valorización de seus produtos e servizos, creando as condicións para a súa expe-rimentación e difusión.

❙ Conseguir o recoñecemento a nivel europeo da Marca de Calidade Territorial e o seudispositivo de xestión.

Un modelo de calidade: a calidade territorial

Trátase dun novo concepto de calidade, máis aló dos valores normativos e das denomi-nacións de orixe, que consiste en crear un produto-territorio competitivo no mercadobaseado na asociación de dous elementos clave: territorio e sostibilidade.

❙ Territorio, referido a súa identidade, é dicir, ao conxunto de elementos materiais einmateriais que contén e que poden diferencialo e actuar como forza de cohesióninterna, reforzando a implicación de todos os actores locais, nos ámbitos económi-co, social e cultural.

❙ Sostibilidade, a través da aceptación dun compromiso para mellorar a calidade devida das persoas, satisfacendo as necesidades do presente sen comprometer a capa-cidade das xeracións futuras de satisfacer as súas, nun equilibrio harmonioso entremedio ambiente, sociedade e economía.

MARCA DE CALIDADE TERRITORIALFerramenta e método de XESTIÓN COMPROMETIDO

co territorio, co seu presente e futuro

TERRITORIO

➡ Identidade-cohesión social: favorecedor dasrelacións entre poboación, comarca, produtose servizos.

➡ Aposta polo potencial endóxeno.

SOSTIBILIDADE

➡ Mellora da calidade de vida da poboaciónsatisfacendo as necesidades presentes e sencomprometer as futuras.

➡ Equilibrio medioambiental, social e económico.

Referímonos, polo tanto, á Marca de Calidade ULLAUMIA, como algo máis ca unhasimple marca comercial; como un motor de desenvolvemento rural, a través dun proxectode Calidade global, dos produtos, servizos, actividades, eventos etc. da comarca e que sefundamenta na calidade económica, na responsabilidade social e no respecto medioambientaldas empresas ou entidades que os producen ou realizan.

Características

❙ Adhesión voluntaria e aberta para empresas, entidades e organizacións do territorio.❙ Complementariedade: a marca é compatible con outros procesos ou sistemas de calidade.

Page 301: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

301

Territorio, patrimonio e desenvolvemento

❙ Identidade territorial: a marca caracteriza a empresas, produtos, servizos, eventos, etc. doterritorio, proporcionándolles un carácter de exclusividade.

❙ Garantía/autenticidade: a marca como garantía para o/a consumidor/a das característi-cas, trazabilidade, orixe, etc. dos produtos/servizos.

❙ Cultura de responsabilidade social: Establecemento dun código ético ou de conduta, paraempresas ou organizacións, respectuoso cos dereitos fundamentais, a igualdade deoportunidades, a protección do medio ambiente, etc.

A Calidade territorial como estratexia de cooperación: a masa crítica necesaria

O territorio Ulla-Umia é, de momento, a única comarca de Galicia que forma parte des-ta iniciativa pioneira en Europa.

Agora ben, unha marca comarcal non é suficiente para garantir a sustentabilidade amedio e longo prazo. É preciso, polo tanto, aglutinar esforzos nun marco de cooperaciónentre territorios, para que esa marca comarcal, en alianza con outras marcas similares,alcance unha razoable masa crítica.

A imaxe da marca ULLAUMIA adquire así un segundo “apelido” común (CalidadeRural) que actúa de marca paraugas para acceder ao mercado.

Na actualidade son 10 as comarcas rurais españolas que forman parte da rede CalidadeRural, agrupando a 138 concellos e 440.935 cidadáns de sete comunidades autónomas.

Se ademais ampliamos esta cooperación a nivel europeo, a capacidade de éxito damarca é maior, ao mellorar as sinerxías e economías de escala, e garantir unha maior pre-senza e forza nos mercados, facilitando ao consumidor a súa identificación.

Actualmente, o proxecto vén de iniciar a súa andaina transnacional, coa incorporaciónde nove zonas rurais de Francia, Italia e Grecia, quedando integrada a rede “CalidadeRural” por un total de 586 concellos e 1.024.398 habitantes.

Page 302: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural
Page 303: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

O Centro de Desenvolvemento Rural “Ancares”

Ramiro Martínez Carballosa

58

1. A historia do Centro de Desenvolvemento Rural Ancares

A historia do C.D.R. “Ancares” naceu no ano 1.986, malia non nos rexistrarmos legal-mente ata febreiro de 1992

Traballamos no concello de Cervantes que é un concello da montaña luguesa de 276Km.2 nos que están esparexidos 132 núcleos de poboación con 1973 persoas.

Os membros do centro foron variando ó longo destes anos pero unha constante manten-se: a incorporación de xente da zona. Na actualidade somos 9 socios máis 19 voluntarios quecolaboran activamente nunha parte importante das accións; todos residimos en Cervantes.

O funcionamento do equipo ten catro fontes básicas de financiamento: subvencións,donativos, fondos propios, contribucións en traballo, material, locais, etc. por parte doequipo e do grupo de voluntarios/as.

2. Metodoloxicamente teñen importancia básica tres elementos

a) Ser ou estar na zona: coñecemento e trato veciñal; coñecemento da problemática, dosrecursos e doutros proxectos da zona; empatía, valoración positiva e ganas de colabo-rar no desenrolo propio e no das persoas coas que se vai actuar.

b) Moverse: como a dispersión da poboación é moi grande e as dificultades para comuni-carse e xuntarse tamén se fai necesario que os animadores e os propios veciños viaxenconstantemente pola zona para visitar, aprender, animar, apoiar, asesorar, coordinar,acompañar…

c) Formación: tanto do propio equipo da asociación como das persoas pertencentes óscolectivos beneficiarios do programa.

3. Programas

a) Programa económico:

❙ Xuntanzas polos núcleos para: organización de comunidades de montes, de veciños,realizacións de pastizais, etc.

Page 304: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

304

58 Centro de Desenvolvemento Rural “Ancares”

❙ Visitas ás explotacións agrarias para promover melloras técnicas.❙ Preparación de sesións de formación e charlas informativas dirixidas a toda a poboación.❙ Colaboración coa cooperativa “A Carqueixa” na xestión de vendas (vacún de carne, cas-

tañas, mazás) e compras (gasóleo, penso, abonos…).

Temos a convicción de que sen melloras no sistema da pro-dución non vai haber melloras sociais e por iso adoptamos esteprograma como o prioritario.

A Cooperativa naceu do empeño de 27 persoas que en con-tra da opinión dos “técnicos” decidiron montala; o tempo veudarlles a razón pois foi un acicate que animou a toda a zona eaumentou a autoestima; hoxe son 243 socios.

Fomos aprendendo que o déficit de capital e de nivel nos cri-terios de rendibilidade marcados pola P.A.C hai que superaloscon xenerosidade e creatividade; se non tivesen custeado e bus-cado novas fórmulas de venda, se non tivesen mandado bece-rros sen saber certamente se ían cobrar ou non... a cooperativanon sería posible.

Tamén aprendemos que os cambios de verdade e duradeirosnon empezan pola terra senón polas cabezas e polo tanto progresarsignifica un traballo educativo a partir de experiencias concretas.

Fixéronse bastantes melloras técnicas e multiplicouse o númerode cabezas de gando pero moito queda por facer para acadar niveisde vida dignos e isto pasa por ser capaces de buscar fórmulas eco-nómicas que complementen a gandería, a construción e o turismorural. Temos cocendo un proxecto a partir do coidado dos vellos...volvemos a estar moi ilusionados.

b) Programa de maiores

❙ Pequenos arranxos nas vivendas.❙ Percorrido diario de visitas ós/ás vellos/as.❙ Colaboración con Cáritas na realización do programa “Vivir na Casa”.❙ Realización de xestións e visitas ós hospitais.❙ Visitas de acompañamento ó médico, órganos de xestión.

Dos 1873 habitantes de Cervantes 714 son maiores de 65 anos e destes 284 viven senningunha persoa menor de 65 anos na casa. Desde hai 18 anos marcharon, que nosoutroscontrolemos, para a cidade ou para residencias 83 vellos/as (algunhas aínda hoxe nos doen).

Como non hai transporte público os gastos para ir ó médico ou facer xestións necesa-rias ascenden de xeito considerable e discriminante respecto dos/das vellos/as das cidadesou das vilas grandes.

Ó longo destes anos fomos aprendendo 1) que non queremos que se nos vaian máisvellos/as e que temos que buscar fórmulas para que poidan quedar na casa de xeito digno.Por digno entendemos: que cada vello/a poida decidir, en diálogo coa coordinadora doprograma, cando, quen e que axuda necesita; alguén achegado que poida levalo/a rapida-mente ó medico en caso de urxencia; uns mínimos de hixiene, alimentación, vivenda; veci-ñanza... e 2) que os vellos son un excelente recurso humano, cultural e económico. A pro-pósito, estamos rematando un proxecto de “vellos/as” co que estamos moi ilusionados eque vai pasar a ser a prioridade do CDR durante 3 anos.

Page 305: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

305

Territorio, patrimonio e desenvolvemento

c) Promoción da muller

❙ Visitas á maioría das mulleres de concello para falar dos seus problemas e a súa dispo-ñibilidade.

❙ Algunhas xuntanzas esporádicas para tratar temas que lles preocupen.❙ Organizacións de cursos de formación escollidos por elas.❙ Visitas para acompañar algunhas mulleres ó médico ou facer algunha xestión❙ Visitas de asesoramento e acompañamento persoal.

En Cervantes hai 883 mulleres das que 353 son menores de 65 anos. Se nos poñemosa escribir a riqueza e a problemática de todas estas mulleres seguro que enchemos un doslibros máis bonitos e tenros e ó mesmo tempo máis duros da actualidade. Como este noné nin o contexto nin o obxectivo destas liñas só diremos que nosoutros nos limitamos a 1)visitar e acompañalas todo o que podemos; 2)poñer por escrito e transformar en proxectopresentable as inquedanzas que lles imos escoitando e 3) artellar na medida en que pode-mos xuntoiros, obradoiros, cursos, ceas e farras.

Do máis visible que fixemos ultimamente foi artellar dúas tandadas de clases aquí enCervantes para obter o carné de conducir un total de 28 mulleres: hai que dicilo: un éxi-to, todas teñen hoxe o prezado carné e a algunhas “cambioulles a vida”.

Agora andamos preparando outros cursos de informática e mulleres son a meirandeparte (2 homes) das voluntarias que levan adiante o programa de nenos/as.

No día a día quedan moitas mulleres ás que chegar, moitos estereotipos que romper emoitos empregos que crear e moitas... pero cando vemos algunhas das farras ou a evolu-ción dalgunha delas reafirmámonos en que merece a pena e que hai que seguir.

d) Programa de nenos/as

❙ Visitas personalizadas a cada unha das familias que presentan situacións problemáticas.❙ Reunións semanais encol de actividades de lecer e tempo libre.

• Formación de equipos de fútbol.• Sesións de autoestima e valoración da zona.• Sesións de xogos didácticos.• Sesións de manualidades.

❙ Reunións semanais para realizar actividades de apoio escolar.❙ Apoio económico e de asesoramento a algunhas familias.❙ Varias viaxes para leva-los/as nenos/as ó cine…

En Cervantes temos 114 nenos/as en idade escolar. Presentan, ó noso entender, tresproblemas particularmente preocupantes:

A dispersión e o illamento. Hai bastantes nenos/as que, agás nun contexto tan regula-do como é o colexio, pasan o día con persoas adultas ou como moito teñen na veciñanzaoutro ou dous nenos/as e probablemente de idades moi dispares. Entendemos que isto éun problemón por canto carecen dos “feed-back” axeitados que lles permita ir elaborandounha imaxe correcta de si mesmos así como ir elaborando mecanismos de defensa fronteás agresións ou as normais frustracións. Sen entrar en máis matizacións, fronte a este fenó-meno nosoutros pretendemos reforzar ou organizar o meirande número posible de tempose espazos para que os/as nenos/as convivan e xoguen coa maior liberdade posible.

Moi baixa autoestima e negativa valoración do seu entorno. Fronte a isto organizamosactividades lúdicas e formativas que volteen esta dinámica.

Por razóns que non procede aquí analizar temos un elevado fracaso escolar. Fronte aisto organizamos grupos de apoio escolar, totalmente insuficientes porque non dispoñe-

Page 306: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

306

58 Centro de Desenvolvemento Rural “Ancares”

mos de moitos medios e sobre todo falta xente con formación académica suficiente (sobretodo para ESO) que poida e queira meterse nesta historia. Neste traballo temos unha estrei-ta colaboración cos colexios.

4. De cara ó futuro

Estamos bastante animados aínda que ás veces nos poida tanta xente que se nos vai,tanta cheminea que para de fumear, tanta “polavila” esmorecida, tanto suspenso nos/asnenos/as... Será por iso polo que ás veces botamos de menos grupos doutras zonas deGalicia parecidas á nosa e con formas parecidas de traballar cos que compartir, xente conteimas parecidas para animarnos, plataformas que permitan xestionar cartos e organizar-nos os que pelexamos por un modelo de desenvolvemento dalgún xeito alternativo... Poriso apoiamos e estamos ilusionados na posta en marcha da Universidade Rural Galega.

Page 307: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

5962

Page 308: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

Transmisión e difusión do PI

Page 309: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

O sobrevivir do rural. A experiencia de San Tirsode AbresLoli Gutiérrez

Encontro da cultura tradicional do Bierzo e As PortelasMarisa Cela López; Héctor M. Silveiro Fernández

Estiño: un pouco de historiaAna Vila; Luis Fernández; Natalia López; Aurora Besteiro; Mari Carmen Seijar

Mostra do Patrimonio Inmaterial en OurenseXerardo Feijoo; Lois Pardo59

60

61

62

Page 310: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural
Page 311: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

Mostra de Patrimonio Inmaterial en Ourense

Xerardo Feijoo; Lois Pardo

59

Cando, rematando o mes de maio do ano 2005, presentabamos en París os derradeirosdocumentos que compuñan o Dossier solicitado pola UNESCO para participar na terceiraproclamación de Obras Mestras da Humanidade de Patrimonio Inmaterial, dentro dacomisión promotora naceu a necesidade de facer visíbel diante da sociedade galega e por-tuguesa a realidade de que tal candidatura existía e que o conxunto social fose conscientede que, como portadores ou receptores desa cultura, todos estabamos a ser, dun xeito oudoutro, avaliados pola UNESCO en París.

Para conseguir esta fin trazamos un calendario de festas e celebracións con renome etranscendencia dentro do eido no que nos moviamos, ou sexa, tradicións culturais decarácter inmaterial. Así, percorremos o país como queda demostrado no feixe de activida-des, que se describen nesta publicación, e noutras máis que por diversas razóns non teñencabida neste traballo.

Cando pensamos cal sería a época máis acaída para facer a presentación diante dasociedade ourensá, non nos coubo dúbida ningunha, as festas do outono: as cabazas emailo magosto.

Tendo claro o cando, comezamos a matinar no como. O primeiro paso foi pornos encontacto co concello de Ourense, na persoa do Concelleiro de Cultura que nos deu luz ver-de e respaldo institucional para levar adiante o noso proxecto. Con esta seguridade come-zamos a traballar.

Outra das nosas teimas era o noso desexo, que considerabamos vital, de contar coasescolas; que os centros educativos, os rapaces, as rapazas os profesores e as profesoras,coñecesen primeiro este proxecto e que, dentro do posíbel, o fixesen seu participandonas actividades que queriamos propor. Con este obxectivo, propuxémoslle áConcelleira de Educación do Concello de Ourense que convocara unha xuntanza dedirectores de tódolos centros escolares da capital, convocatoria que fixo, e na que, dian-te de máis de cincuenta representantes dos centros escolares, expuxemos o proxecto,lles repartimos diversos materiais e tivemos un intercambio de opinións con eles paraacto seguido xuntarnos coa representación das ANPAs da capital para facer tamén estescolectivos partícipes das actividades.

E tendo cumprida a primeira parte do noso plan puxémonos a traballar na organizacióndas actividades.

Page 312: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

312

59 Mostra de Patrimonio Inmaterial en Ourense

Dende algún tempo atrás víñase celebrando en Ourense oHalloween en distintos centros de ensino e locais de hostalería,polo que este ano queriamos reconducir este costume exótico edarlle a dimensión de ser unha festa de fonda raíz galega e, aomesmo tempo, formar parte dun proxecto máis transcendentecomo era o feito de formaren parte da candidatura. Para conseguiresta fin tratamos de implicar a certos sectores comerciais, nomea-damente a Asociación de Artesáns de Ourense e o día 31 de outu-bro convocamos nunha praza do casco vello a todas as persoasque desexaran participar e máis de 150 cabazas foron talladasneste acto, aparte das que se tallaron nas escolas. Con todo esematerial percorremos, nunha fantasmal procesión, as rúas do cas-co vello das que previamente foran apagadas as luces.

O día do San Martiño, patrón católico da cidade, é o día noque tradicionalmente e dende tempo inmemorial as xentes dacidade do Miño se achegan ás abas dos montes que rodean acapital co obxectivo de acender as fogueiras rituais nas que asaras castañas, e así dende primeiras horas da tarde columnas de fume mesto coroan as altu-ras que rodean a vila. Esta data pensamos que sería a máis acaída para facer a presentaciónda Candidatura de Patrimonio Oral e Inmaterial na cidade das Burgas, pero unha dúbidasobrevoaba a nosa intención posto que sería incongruente que no día en que se celebraunha festa tradicional, nós propuxeramos rachar esta tradición e mudar os costumes paraintroducir unha presentación. Tratamos de evitar tal cousa e deixamos libre o espazo detempo que normalmente se adica á festa concentrando as actividades nos momentos nosque quer a festa non comezara quer xa rematara.

Pola mañá celebramos un Desfile-Mostra do Patrimonio coa intención de chamar á fes-ta e de representar unha das expresións máis enxebres do calendario tradicional da provin-cia ourensá como é o Entroido. Neste desfile participaron representantes de varias máscarasda provincia como son: os boteiros de Viana, as mázcaras de Manzaneda, cigarróns de Veríne as pitas das Eiroás así como folións de Viana do Bolo e de Manzaneda. Tamén participa-ron neste lúdico desfile representantes dunha asociación cultural da cidade que portaban unmaio, agrupacións de gaiteiros tradicionais, representación de traballos comunitarios. Osecos dos bombos e o resoar das gaitas por toda a rúa do Paseo atraeron a atención de grancantidade de xente espertando viva expectación sobre o que estaba a pasar na cidade.

Ao remate do percorrido tivo lugar a presentación institucional no salón de plenos doConcello onde tomaron a palabra representantes dalgúns dos grupos invitados ao desfile,o representante da coordinadora da Candidatura, o Delegado da Consellería de Cultura naprovincia e o Alcalde do Concello de Ourense.

A Asociación Brinquedia, Rede de Xogo Tradicional, unha das entidades promotoras daCandidatura, propuxera a actividade “Polo San Martiño... peóns ao camiño”. A propostafoi recollida pola nosa Asociación e démoslle a difusión precisa para que ese día se xogaraao peón nos nosos colexios e institutos. Esta actividade tivo repercusión tamén no torrei-ro onde se celebraba o magosto popular da cidade, onde novos e vellos se xuntaron paradesfrutar co vello e tradicional xogo. As bocas dos máis novos abríanse de par en par can-do vían algúns dos seus avós lanzar o peón, algúns tamén bailaban de cu, e recollelo coapalma da man despois de lanzalos ao ar, e mesmo facelos bailar na unlla.

Unha vez rematada a hora na que se celebran os magostos, e xa as primeiras sombrasda noite tomaban o relevo da luz do sol, que se retiraba por detrás dos montes do

Page 313: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

313

Transmisión e difusión do PI

Seminario, deu comezo a Mostra Festival da Oralidade. Tres obxectivos nos propuxemosdende o inicio da organización da actividade:

❙ Que fose moi oral, que a verba tivera preponderancia, toda a velada.❙ Que fose moi “ourensá”, é dicir, que a meirande parte das actividades tivesen como

orixe a provincia onde faciamos a presentación.❙ Que fose unha mostra representativa do calendario lúdico-festivo anual.

A presentación do acontecemento correu a cargo de dous regueifeiros, Luís Correa“Caruncho” e Pinto de Herbón, que ao tempo que informaban aos presentes da presenta-ción da Candidatura, facían escachar coa risa co seu enxeño e malicia.

O percorrido polo ciclo anual comezou cos cantos de Reis cantados pola Sra. Her-melinda. Seguiu Matías de Sarreaus, que no medio do frío da noite outoniza que case podecon el, nos deleitou con tres cantos de Reis dos moitos que sabe, e unha vez entrado encalor sóubolle a pouco a súa actuación.

A continuación a gran festa invernal por excelencia: o Entroido. Manuel Quintas“Dopa”, testamenteiro de Laza, vestido cunha rechamante coroza tradicional, leunos unextracto dun “Testamento do burro”.

Rematado o inverno achégase a primavera e nas terras ourensás queda intacto a costu-me de, nenos e vellos agasallar a recén entrada estación cos monumentos florais e vexetaisque chamamos maios, ao tempo que un grupo de mozos e mozas recitaban algunhas dastradicionais coplas.

Chega o verán e con el o San Xoán, festa de música e troula na que os mozos saen aroubar carros e cancelas das portas para deixalos no adro das igrexas. Para lembrar esta fes-ta a Aula Gomes Mouro interpretounos algunhas pezas musicais do seu repertorio, que ani-maron a bailar porque xa o frío comezaba a facer fraquear

Quixemos representar a continuación os traballos comunitarios que se realizaban nasépocas do verán e para iso un grupo de mulleres pertencentes ao CDR Eirada de Paradado Outeiro, concello de Vilar de Santos, representaron uns momentos do traballo do liño,acompañadas coas cantigas dunhas pandereteiras.

Outra celebración desta estación son as festas arredor das celebracións das Virxes doverán. Para representar estes acontecementos, o Centro de Cultura Popular Xaquín Lo-renzo de Ourense interpretou unha danza procesional.

E volvemos ao principio para fechar o ciclo festivo anual no punto onde comezamos:as festas outonais. Para representalas introducíronse varias cabazas talladas e con candeei-ros acesos no seu interior, mentres que tódolos participantes mailo público en xeral canta-ba a cantiga “Non chas quero....”.

Ao mesmo tempo que se desenvolvía o Festival, nunha pantalla situada no escenarioproxectábanse diversas imaxes de diferentes manifestacións do Patrimonio Inmaterial. Estagrande mostra rematou cun concerto musical levado a cabo polos grupos Aula de MúsicaTradicional Gomes Mouro e Os Cempés do Ferrol.

Rematada a festa queda o pouso da reflexión e da inquedanza de pensares se o que sefixo tivo algunha transcendencia ou se foi como unha faísca que sae do lume e vai esmo-recendo no ar. Este pensamento non tarda en abandonarnos cando lembramos a cara dospícaros, e a dos avós, xogando ao peón ou os folgos dos “folioneiros” petando nos seusbombos, do pórse ao noso dispor das xentes para vir cos seus vestidos de Entroido a pesa-res de ser día laborábel, do frío da señora Hermelinda que pasou axiña que comezou a can-tar, do repenicar das pandeiretas das mozas novas mentres as súas avoas ripaban e espa-delaban no liño, e cómo todos e todas bailamos as muiñeiras e as xotas dos gaiteiros daGomes Mouro. Todo iso foi a demostración de que o noso patrimonio existe, está moi vivoe de que para nós…. É OBRA MESTRA DA HUMANIDADE.

Page 314: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural
Page 315: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

O sobrevivir do rural. A experiencia de San Tirso de Abres

Loli Gutiérrez

60

A realidade

San Tirso de Abres é unha poboación situada no extremo máis occidental de Asturias,eminentemente rural. Nos anos 70 rondaba os 1.300 habitantes, hoxe, apenas pasa dos600 dos que un 60% son maiores de 65 anos.

Probablemente cada un de vós só teñades que modificar o nome e a situación xeográ-fica para pensar que estou a falar desa aldea da vosa infancia, e sentirvos identificados cotema que nos ocupa.

Buscar culpables desta situación non é o que nos interesa senón buscar solucións, e seé ben seguro que parte da culpa a ten a administración tamén é certo que a solución pasapolas súas mans.

Poderiamos escribir páxinas e páxinas falando do que podería ser e non é, pero a miñaanálise ten que ser por forza positiva e construtiva, así que o que chama a atención aosmeus ollos é o que, grazas a esta situación, se gañou.

Estamos a falar de lugares onde aínda hoxe, se nos afastamos un pouco da poboación,podemos camiñar durante horas sen atopar ningún coche, onde podemos observar o voodun azor, onde se cadra, nos pode saír ao paso un raposo que foxe asustado ao nos ver.Fontes nas que o cano é unha pedra que a auga debuxou ao seu antollo.

Se paras na beira do río podes escoitar a auga que trae no seu pasar contos de SanAndrés, de Eilale ou da Pontenova. Se queres ver garzas, tes que achegarte na primavera ese queres ver patos, no inverno. Porque estes ríos non están civilizados e as aves se déixan-se ver cando o tempo as trae e hai que ir velas antes de que marchen cara a outras latitudes.

Camiñamos e atopamos casas con cans na porta, con cabozos (hórreos) que se utilizanaínda para a súa fin primaria. Podemos ter que apartar do camiño para deixar pasar unhasvacas rubias, cansas, que no único que se diferencian das que recordamos da infancia é noseu DNI pendurado da orella.

Falando coa xente dáste conta de que todos coñecen cesteiros ou zoqueiros, que podesbotar horas falando de mallas de trigo, de esfollas, de sementeiras e de romarías, das tar-des nas que se ía lavar a roupa no río…

Estas xentes viviron unha infancia diferente á nosa: os seus xoguetes non eran electróni-cos, as bonecas non andaban soas. Os seus xoguetes, nos máis dos casos, eran fabricados por

Page 316: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

316

60 O sobrevivir do rural. A experiencia de San Tirso de Abres

eles mesmos con paus, latas, ou pedras. Os seuscontos non tiñan ilustracións chamativas nin pes-tanas para tirar delas: os contos eran os que escoi-taban ao pé do lume nas tardes de inverno candoos avós tiñan a ben contar. Non tiñan mp3, nindiscman: para a música había que esperar a quehoubese romaría ou aos seráns das mallas, aíndaque tamén as nais e as avoas sabían cantigas fer-mosas que lles aprenderan as súas nais e avoas.

En resumo, estamos a falar de lugares onde,aínda hoxe pervive a cultura tradicional e ossaberes de transmisión oral. De lugares que, pordesgraza están abocados a desaparecer e con elesos seus saberes.

Como valorizar esta cultura

A Asociación Cultural San Tirso de Eo leva traballando en actividades encamiñadas áposta en valor da cultura tradicional dende hai xa varios anos.

Comezamos a facer a Festa da Malla hai 3 anos. A idea partiu dun veciño que se ofre-ceu a labrar o trigo. Con isto puxémonos en marcha, comezamos a organizar a festa.Queriamos que fose como eran antes as mallas: a sega co atado dos mollos, a meda, amalla, limpar o grao e facer o palleiro, comer todos xuntos como se facía antes, alí no cam-po, e para despois de comer buscar algún gaiteiro que nos fixera bailar ata a noitiña.

Falamos cos veciños e toda a xente se apuntou: uns para segar, outros para atar mollos,outros para axudar a facer a meda, para poñer a punto o motor da malladora, para darmollos á máquina, recoller o grao ou para facer a comida. Tamén houbo quen se apuntoupara contarnos un conto na hora do café.

E fixemos a Festa e pasámolo moi ben. Cando rematou, a xente comezou a falar do quese podía facer para mellorala o ano seguinte. Así que xa empezamos a falar da II Festa daMalla. E fixemos a II Festa da Malla, e pasámolo moi ben, e cando rematou, comezamos afalar da III Festa da Malla.

E aí coñecemos a Ponte… nas Ondas!, e a súa candidatura á UNESCO. E pensamos quetiñamos que participar e apoiar esta candidatura. E decidimos facer, xunto coa III Festa daMalla, o I Encontro de Portadores da Tradición Oral do Occidente Asturiano.

O que fixemos foi sinxelo: falar coa xente. Falamos cun ferreiro de garfelos, cun zoquei-ro que había 15 anos que non facía unhas zocas, cos veciños de Meredo que se xuntan aosdomingos a botar a partida de patefa, cuns malladores que sabían mallar con mallos, cun-has mulleres que sabían fiar, cuns teitadores, cunha muller que facía encaixe, co museo deGrandas de Salime, cun cesteiro, cun artesán da madeira. E ningún deles dubidou en dicirque si, que contasemos con eles para o que fixera falta. Falamos con algún alcalde para quenos enviase o seu grupo de gaitas municipal. Ponte… nas Ondas! e a candidatura trouxé-ronnos un rancho portugués e xogos tradicionais.

E falamos coas institucións para buscar financiamento: con Caja Rural, Cajastur, Ayun-tamiento de San Tirso de Abres, Ceder Oscos-Eo e a Consejería de Cultura, ComunicaciónSocial y Turismo do Principado de Asturias.

Caja Rural prometeunos 100 €, o Ceder 1000 € e a Consejería de Cultura 600 €, queaínda hoxe non cobramos.

Page 317: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

317

Transmisión e difusión do PI

Pero a III Festa da Malla de San Tirso de Abres foi un éxito rotundo. Nunca tanta xen-te se xuntou alí en ningunha festa: había máis de 1.000 persoas que desfrutaron, uns derememorar saberes, e outros de velos por primeira vez. Toda a xente participou dalgunhamaneira e todos se sentiron protagonistas, porque falaban de se na súa aldea se facía aque-la cousa da mesma forma ou se había algunha variación.

Isto animounos a preparar a esfolla do millo. E o proceso foi igual: falar coa xente.Buscamos o millo, e buscamos as persoas para facer as distintas labores relacionadas: esca-nalo, esfollalo, debullalo, moelo. Veu tamén un artesán de gaitas e un cesteiro e uns serran-chíns. Viñeron pandereteiras e gaiteiros, regueifeiros e cantores de música tradicional. Evolvemos a pasalo ben así que xa estamos pensando que facer para a primavera. Porquenós tamén nos movemos cos ciclos agrarios (será herdanza xenética).

Con isto demóstrase que non é necesario un grande investimento económico pararealizar actividades de promoción da cultura tradicional, senón ilusión, traballo e tem-po para falar coa xente.

Como evitar a súa desaparición

Nas formas de vida tradicionais son fundamentais as relacións entre as persoas, o quecontribúe a unha maior riqueza cultural. Fronte ao individualismo e a competitividade querexen a vida de hoxe, atopamos os traballos comunitarios e o colaboracionismo indispen-sables para o entendemento entre as persoas.

Evitar a desaparición da cultura tradicional, tanto material como inmaterial, é o quenos preocupa, por iso fixemos o Plan de Promoción e Salvagarda da Cultura Tradicionaldo Eo-Navia. Non se trata de industrializar o medio rural, senón de conservar estasmanifestacións culturais para, desta maneira, garantir o desenvolvemento sustentabledestas comunidades que, co seu modo de vida tradicional, son a base da supervivenciadesta cultura.

Dentro deste plan contémplanse tanto os labores de investigación, documentación earquivo como labores de promoción, transmisión e divulgación.

Crearíanse dous centros claves: un Centro de Estudos da Cultura Tradicional Eo-Naviaen San Tirso de Abres que incluiría no seu seo un Centro de Formación Profesional Rural,e un Centro de Estudos de Música e Danza na Caridá.

É importante tamén a introdución da cultura tradicional en todos os ámbitos do ensi-no, por iso propoñemos a súa incorporación no ensino infantil, na educación primaria ena ESO a través das materias de plástica, música e tecnoloxía, ademais da súa inclusión noprograma de garantía social.

Na universidade é necesaria a creación dunha materia sobre cultura tradicional que sir-va de base a todos aqueles que dediquen a súa vida profesional á actuación sobre o medio(Xeografía, Arquitectura, Enxeñerías, Turismo...)

Consideramos fundamental o recoñecemento dos portadores deste patrimonio e, paraevitar a súa desaparición é imprescindible a formación de formadores, orientada a crearespecialistas en cultura tradicional.

Que os maiores se sintan útiles transmitindo os seus saberes aos máis novos contribui-ría a un maior entendemento das nosas raíces e iso conseguiríase organizando encontrosentre eles a través dos centros de estudos e os centros da terceira idade.

Esta sería a parte institucional. Pero hai outra parte, a da promoción, na que interviríanactivamente as asociacións civís: organizando festas, feiras, romarías e encontros de porta-dores que ofrecerían un atractivo turístico de calidade. A teatralización das lendas e histo-

Page 318: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

318

60 O sobrevivir do rural. A experiencia de San Tirso de Abres

rias tradicionais por parte das compañías teatrais contribuirían a que eses saberes de trans-misión oral sigan influíndo nas novas xeracións para que valoren e aprecien as súas raíces.

Coa realización deste plan crearíase un gran parque temático respectuoso co medio.Pensamos que con este plan se conseguiría:❙ Non só evitar o despoboamento senón promover o aumento de poboación a través

do desenvolvemento sustentable do medio rural.❙ Evitar a perda dos saberes tradicionais.❙ Impulsar a relación entre comunidades a través da cultura.

Page 319: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

Encontro da cultura tradicional do Bierzo e As Portelas

Marisa Cela López; Héctor M. Silveiro Fernández

61

¿Pode un atoparse diante de mairande fazaña que pasar de boca en boca, as creaciois e sabi-duría populares que compoin os contos, as lendas, refrais, remedios meciñeiros ou conocementossobre o tempo, e mantelos sen máis instrumentos que a memoria ó longo de tanto tempo? A unantóxaselle empresa ben pouco doada, máis inda logo de comprobar que quen vos fala tuvo quevalerse en máis dunha ocasión, véndose sen papel e bolígrafo, dunhos pedazos de lousa pra rexis-trar por escrito nomes ou expresiois co medo do que miña memoria non pudera manter duranteunhas horas algo que non conviña esquecer.

Todo este cachón cultural colectivo vai desaparecendo porque a terra abonada na que nacíane medraban as creaciois populares quedou a poulo. Touvos falando do fiandón, fiandeiro ou serao,mairande acto social de xuntanza ou reunión no Bierzo, que foi coiñeiro de tradiciois no pasadopero que quedou achicado pra sempre polos modernos medios de comunicación ou polos temposque nos toca vivir. Polo tanto, toda esa sabiduría popular que, mal que ben, foi resistindo deicaastora, leva camiño de cochar pra sempre.

Estas son palabras de Aquilino Poncelas, recompilador da tradición oral na comarca,palabras que daban inicio a unha xornada en Vilafranca do Bierzo, a un emotivo día, o 17de setembro, escollido para apoiar desde O Bierzo (León) conxuntamente coas Portelas(Zamora), eses territorios controvertidos onde hai lingua e cultura galegas da Comunidadede Castela e León, á Candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués á UNESCO.

A idea de apoiar esta Candidatura nacera tras do contacto cos seus promotores oficiaisde Galicia e Portugal que tivo lugar no pasado mes de xuño en Melgaço (Portugal) noEncontro de Portadores da Tradición no que estivemos presentes coa ancestral Festa doMaio de Vilafranca, ocasión na que ata a Ministra de Cultura portuguesa se interesou polapeculiaridade deste costume no Bierzo.

Baixo o lema UN PATRIMONIO PARA O FUTURO a Comisión Cultural MartínSarmiento e a Asociación Cultural Escola de Gaitas, ambas de Vilafranca, xunto coa Aso-ciación Cultural Xente Nova das Portelas, co apoio institucional da Concellería de Culturado Concello de Vilafranca configuraron un denso programa de actos.

Na sesión matinal, no Teatro Vilafranquino, tras das palabras de benvida dos convocan-tes do acto e de Concepción López, Concelleira de Cultura do Concello de Vilafranca e tras

Page 320: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

320

61 Encontro da cultura tradicional do Bierzo e As Portelas

da presentación da Candidatura por parte de Xerardo Feijoo, houbo dúas intervencións domovemento asociativo que apoiaba a Candidatura: a Asociación da Lingua Xarmenta, AMorteira e Fala Ceibe do Bierzo e a ADISAC de Sanabria e Carballeda. Logo deuse paso aintervención de Aquilino Poncelas, un relatorio sobre a tradición oral no Bierzo.

A continuación, tras unhas palabras da súa coordinadora, Marisa Cela, inaugurouse aExposición de Artesanías e Oficios Tradicionais que ocupaban diversas ubicacións. Naentrada do teatro unha sección adicada ao tear e os tecidos. A señora Manuela co seu teartraído desde Vilarubín e as tecedeiras a señora Remedios de Ribón, Isabel das Veigas doSeo e de Santalla Guti con rocas e fusos. Había tamén dúas palilleiras, Pilar e Dina, deVilafranca e Parandois. No exterior do teatro, a mesma Praza Maior centro neurálxico davila, foi o espazo escollido para esta mostra. Á beira dos soportais un cesteiro deDragonte, Domingo Gómez, traballaba afanosamente para amosar o seu labor artesán her-dado dos seus maiores. Outro artesán cesteiro de Burbia, Lorenzo González, preparaba aoseu carón as vimbias. Bernardino Poncelas, galocheiro, veu dende Porcarizas, unha aldeada montaña da Somoza, e rematou ante o público, que se congregaba curioso, unhas galo-chas. Alí estaban traballando a madeira Domingo Gómez, a carón de Mila Suárez. DeDomingo, tallador de recoñecido prestixio, é a figura que aparece no cartaz que se editoupara esta xornada. Este cartaz foi un deseño de Oswaldo Pereira que utilizou unha fer-mosísima foto de Luisma Gaztelu sacada para a ocasión na ferrería de Pereda de Ancares.Precisamente os ferreiros de Penacaira e de Parada de Souto José Moral, ao non poderdesprazar a fragua, amosaron na praza a súa ferramenta. O mesmo que lle ocorreu ao can-teiro de Vilar de Aceiro Fernando Alba e Alejandro, sobrín de Domingo González deCanteixeira, que esta aprendendo a tallar a madeira como o seu tío. Para desfrute dos máispequenos estaba tamén o ceramista Felipe Hoyos de Iglesia de Campo, co que moitosnenos e nenas tiveron un primeiro contacto coa artesanía do barro. Pero dúas cousas cha-maron especialmente a atención da exposición. Por un lado, a mostra do rabel, un con-xunto de tres destes instrumentos tradicionais feitos por Amador Bruña de Porto(Zamora) e, o que resultou máis espectacular, o traballo en vivo dos teitadores JuanGonzález de Chan de Vilar e Manuel Santín de Burbia que cos “vincallos de palla na mao”e sobre unha estrutura de madeira que simulaba un lateral dunha palloza, apoiada nafachada da Casa Consistorial, fixeron unha demostración completa de como se teita estaconstrución tradicional típica da Somoza e Ancares.

A primeira hora da tarde na Alameda, para mozos e non tan mozos, tivo lugar outrademostración da presenza do Patrimonio Inmaterial común no Bierzo a través dos xogos tra-dicionais. A billarda da que se encargou, entre outros, Constento Ortega e dos bolos deTeixeira, dos que se ocupou de explicar Elpidio Alba, un verdadeiro especialista e entusiastaxogador. Houbo tamén outros xogos que trouxeron dende Ourense os amigos de Brinquedia,asociación pola recuperación dos xogos tradicionais. Tamén dende Ourense desprazouseunha representación do mundo editorial e libreiro, a Libraría Torga, que organizou un postocon unha moi abondosa bibliografía sobre o patrimonio cultural e a literatura de tradiciónoral na Praza Maior a carón da Exposición de Artesanías e Oficios Tradicionais que estivo acti-va tamén pola tarde ata pouco antes de dar comezo os actos de clausura.

A clausura do acto tentou ser unha mostra entre teórico, lírico e musical do que o Bierzoe as Portelas aportan ao conxunto do Patrimonio Inmaterial galego-portugués, quixo taméndivulgar os obxectivos que levaron a Ponte… nas Ondas! a presentar esta Candidatura e á vezser un acto público de apoio institucional de diversas autoridades de Castela e León áCandidatura. Tras da presentación do audiovisual da Candidatura e as palabras de XerardoFeijoo ante un teatro abarrotado de público viñeron as intervencións institucionais de Vicente

Page 321: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

321

Transmisión e difusión do PI

Cela, Alcalde de Vilafranca do Bierzo patrocinador destes actos, Ricardo González Saavedra,Presidente do Consello Comarcal do Bierzo que no galego da zona argumentou as “razois”polas que o organismo que preside acordou asumir un compromiso coa posta en valor dopatrimonio inmaterial común que teñen o Bierzo, Galicia e o norte de Portugal. Logo foi FelipeLubián que en calidade de Procurador por Zamora nas Cortes de Castela e León fixo unha rei-vindicación dos valores da cultura tradicional e da lingua galega nos territorios que están fórada Galicia administrativa, pero que son galegofalantes. Rematou este apartado Luís Bará,Director Xeral de Creación e Difusión Cultural da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia,quen compartiu con nós toda a xornada, sinalou a transcendencia da realización deste acto noBierzo e subliñou o compromiso que dende a súa responsabilidade debe haber dende o gober-no galego co estudo, coa revitalización e a posta en valor de todo o patrimonio cultural gale-go no Bierzo e nas Portelas.

A continuación proxectouse un pequeno audiovisual realizado por Héctor Silveiro,coordinador desta xornada, titulado Vilafranca e o Bierzo, portadores da Tradición, no quese pon en evidencia o conxunto de manifestacións patrimoniais que a comarca e, enespecial, a vila onde naceu o ilustrado Martín Sarmiento conservan e deben ser consi-deradas parte fundamental do nosos valores patrimoniais á vez que son a esencia danosa identidade cultural. Tomou logo a palabra o escritor Anxo Angueira para recitarunha selección de versos do poeta do Rexurdimento berciano Antonio Fernández yMorales que este compuxera baseándose na fala do Bierzo e na tradición oral. Angueira,estudoso do poemario Ensayos poéticos en dialecto berciano (1861) fixo un recitado car-gado de expresividade e emotividade que sorprendeu a todos os presentes e foi corres-pondido con fortes aplausos.

Houbo no acto de clausura tamén un espazo para evidenciar os lazos que Valdeorras eo Bierzo teñen de vello, lazos históricos, sociais e culturais. Encargouse de sinalalos AngelFernández, Presidente do Instituto de Estudos Valdeorreses, quen aproveitou a ocasiónpara manifestar tamén o seu apoio á Candidatura. Tras das súas palabras actuou o grupode música e baile tradicional da Rúa de Valdeorras ABERTAL, un dos máis prestixiosos gru-pos da comarca veciña. Tras dun segundo recitado de Anxo Angueira cos versos adicadosa Vilafranca de Fernández y Morales que no galego da zona din:

Page 322: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

322

61 Encontro da cultura tradicional do Bierzo e As Portelas

Tornemos a nosa villa Cual tesoro q´a codiciafranca, garrida, sencilla, de dous avaros escoltacos honores de ciudá, con xusticia, ou sin xusticia,que de dous ríos na orilla tira por ela Galicia,e nun val clavada está. máis Castilla non a solta.

Comezou a derradeira actuación musical, a da Escola de Gaitas de Vilafranca, queentrou no escenario cantando as coplas tradicionais do Maio de Vilafranca, unha das pezasmáis singulares do noso patrimonio inmaterial, rematando coa interpretación da Danza dexigantes e cabezudos que desfilan nas festas patronais polas rúas da vila.

Foi unha xornada inesquecible que sería imposible realizar se non fose por un grupode persoas que anonimamente sumaron ilusións, esforzos e interese para que todo saíseben. Houbo quen colaborou na montaxe da exposición, a preparación da estrutura do tei-to para os teitadores ou nos contactos coas persoas precisas en cada aldea, mesmo procu-rou que houbese paus para os xogos da billarda. Houbo pois moitos implicados e de dis-tintas maneiras na posta a punto dos diversos apartados do programa, membros das aso-ciacións Escola de Gaitas ou da Morteira ou persoas que espontaneamente se sentironmotivados polos obxectivos da xornada. E houbo finalmente un xeito importante de par-ticipar do evento como é formar parte do público entre entusiasta e curioso, emocionadoou comprometido, como os membros do goberno municipal e da oposición do Concellode Vilafranca, tamén algún dirixente destacado da UPL e deputado nas Cortes de Castelae León, xente coñecida ou membros menos coñecidos da comunidade académica daUniversidade de Vigo como Xosé M. Cid, vicedecano da Facultade de Humanidades doCampus de Ourense, entre outros e un longo etcétera de bercianos asistentes aos actos.

As razóns que nos moveron a apoiar a Candidatura están en que no rico conxunto patri-monial do Bierzo (León) e As Portelas (Zamora), un dos elementos que se está poñendo envalor é ese patrimonio da tradición oral, da fala e o patrimonio inmaterial que constitúenun universo relacionado coas actividades agrarias, as artesanías e o ciclo festivo.Precisamente un primeiro argumento que avala a nosa contribución ao patrimonio galaicoé o feito de que as autoridades autónomas de “Castilla y León” e o propio ParlamentoEspañol recoñezan no Bierzo unha comarca con carácter peculiar e a existencia da linguagalega nos seus territorios. O Bierzo é unha comunidade bilingüe como tantas outras haino mundo, este debe ser un elemento que nos enriqueza.

A nosa contribución ao patrimonio inmaterial galaico-portugués está viva, é significati-va e relevante. Chegamos ao século XXI conservando unha boa parte das diversas mani-festaciois da nosa forma de vivir e ver o mundo, vellos oficios, costumes, lendas e festasque son hoxe símbolo do que fomos onte.

Debemos estar orgullosos dese conxunto de persoas que foron e son aínda os verdadei-ros transmisores a día de hoxe deste legado cultural que, como tamén é sabido, está amea-zada pola configuración dun mundo globalizado e polo declive das sociedades agrarias.

A presente Candidatura do patrimonio inmaterial do galego-portugués á UNESCO foi,sen dúbida, unha oportunidade irrepetible de defender o noso patrimonio e de coñecermáis a fondo a nosa identidade, por iso a apoiamos sabendo que así apoiamos un patri-monio para o futuro.

Page 323: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

Estiño: un pouco de historia

Ana Vila; Luis Fernández; Natalia López; Aurora Besteiro; Mari Carmen Seijas

62

Polos anos setenta un grupo de mestras e mestres de escolas unitarias da provincia deLugo empezamos a reunirnos para intercambiar experiencias, compartir recursos e buscarresposta á problemática escolar rural daquel momento.

Co paso do tempo viuse a necesidade de dar amparo legal a este grupo. Así nace oColectivo Pedagóxico Estiño no ano 1983.

Obxectivos

Aqueles primeiros obxectivos de postas en común, comentarios de experiencias, traba-llos... vense ampliados e concretados nos estatutos:

“Este colectivo ten por finalidade promover toda clase de estudos e actividades sociaise pedagóxicas sobre a escola rural galega e o seu medio.

❙ Potenciará a recollida da cultura galega e o seu espallamento.

❙ Promoverá a publicación de traballos escolares.

❙ Tratará de dignificar a Escola Rural en tódolos seus aspectos.

❙ Potenciará todo o que axude a facer da escola de hoxe unha escola galega”.

Na actualidade

Na actualidade mantemos os mesmos obxectivos aínda que houbo cambios nos centros,no profesorado e na dinámica de traballo.

O noso traballo pedagóxico persegue que toda a comunidade educativa se implique noestudo dos distintos aspectos da cultura galega, a valore e axude a mantela viva.

Outra das nosas metas é conseguir sentirnos orgullosos do noso pobo, para mellorar aautoestima e contribuír á mellora do mundo rural. Na medida das nosas posibilidadestamén estamos colaborando coa Universidade Rural Galega.

O póster-calendario

Un dos nosos traballos é un póster-calendario (imos no número 27).

Page 324: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

324

62 Estiño: un pouco de historia

Calendario de Estiño

Coma tódolos anos, desde 1980, o Colectivo PedagóxicoEstiño elabora o seu calendario-póster.

Participaron na súa elaboración os/as nenos/as de: A Ponte,Casás, Lousada, Mosteiro, IES de Meira, Bretoña, San Román deCervantes, Chao de Pousadoiro, Xoán de Requeixo (Chantada) eOleiros (Vilalba) da provincia de Lugo, e A Veiga, Viana e IES deAllariz da provincia de Ourense.

O calendario do 2006 trata dos animais do monteNas viñetas hai debuxos dos seguintes: a garduña, a donicela,

o furón, o esquío, o gato bravo, o armiño, a xineta, o morcego, alebre, o coello, o raposo, o xabarín, o corzo, o cervo, o lobo, oporco teixo, o rato, a teipa, a perdiz, o ourizo, o oso, a pita domonte, a lontra, a serpe, a píntega, o lagarto, a ra e o sapo.

Ademais hai pegadas pola marxe e pódense ler textos referi-dos ós animais:

Que fina é a xente,come o do meu cu deixa o do meu dente.Se te morde unha donicela busca lus e busca vela que mañá irás para a terra.Ora velaí vai a raposa polo prado,Ora velaí vai co seu rabo recachado.Ora velaí vai a raposa polo trigo,Ora velaí vai co seu rabo retorcido. Etc.

O calendario véndese a 1,5 € e o recadado emprégase para pagar o calendario, a revis-ta Miuzallas, e para colaborar en proxectos educativos en Nicaragua.

Os temas de anos anteriores foron: 1. Os traballos 19802. Cousas de nenos 19813. Ditos 19824. As estacións 19835. A nosa memoria colectiva 19846. Rosalía 19857. Castelao 19868. Xogo dos cogumelos 19879. Tempo libre 198810. Árbores 198911. Música 199012. A natureza é vida 199113. ¿Xogas? 199114. Festas 199315. Dereitos dos nenos e nenas 199416. Herbas máxicas 199517. De pedra 1996

Page 325: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

325

Transmisión e difusión do PI

18. Os oficios 199719. Enredos 199820. Lendas 199921. Roupa 200022. Herbas medicinais 200123. De madeira 200224. Máquinas 200325. 25 anos de ESTIÑO 200426. Os animais da casa 200527. Os animais do monte 2006

A exposición dos 27 calendarios está a disposición dos interesados.

O proceso de elaboración do calendario

1. As nenas e os nenos dos colexios con profesorado do colectivo ESTIÑO propoñentemas e fan unha relación dos máis votados.

2. Os mestres e mestras escollemos un tema valorando a súa relación coa CULTURAGALEGA.

3. O alumnado fai deseños para plasmar o tema. 4. Os profes escollemos o deseño que nos parece máis axeitado, ampliámolo e repartí-

molo en viñetas para os distintos colexios.5. Cada colexio estuda e investiga sobre o tema seleccionado, profundando especial-

mente na parte que lle tocou debuxar. Normalmente é neste momento, no primeirotrimestre do curso, cando se poden ver nos colexios exposicións relacionadas cotema elixido (plantas medicinais, mobles, traxes tradicionais, enredos...).

6. Fanse os debuxos procurando que sexan significativos e que vaian ben coloreados.Nos colexios faise a primeira selección dos debuxos.

7. Montamos os debuxos seleccionados sobre unha cartolina coma se fora un quebra-cabezas e lévase á imprenta.

Cando os nenos e nenas ven o resultado do seu traballo unido ó dos outros centros sor-préndense gratamente e séntense satisfeitos.

Page 326: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

Relación de autoras e autores

Page 327: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

327

[O1, 53, 54, 55, 56] Álvarez Cao, RosarioSociedade para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia (Xunta de Galicia)

[36] Amoedo Amoedo, Ilda CRCT do Castelo de Vilasobroso (Ponteareas)

[08, 41, 43] Area Carracedo, Iván. Universidade de Vigo

[44] Atanes, Xosé Manuel

[42] Barrera, NievesVeciña de Guláns (Ponteareas)

[47] Bautista Fernández, HortensiaCoordinadora do Seminario Permanente sobre Improvisación na Aula

[62] Besteiro, AuroraColectivo Pedagóxico Estiño de Escolas Rurais

[20] Blanco Torrado, AlfonsoXermolos. Guitiriz

[22] Briset, XavierLos Ocho Mares

[02] Campelo, AlvaroCentro de Antropologia Cultural, Porto

[50] Campos, AlfonsoVeciño de Proendos

[04] Cao Fernández, ManuelCoordinador Técnico da Comunidade de Traballo Galicia-Norte de Portugal

[41] Carpintero Arias, Pablo

[26] Carreira Pérez, Xan CarlosEscola Politécnica de Lugo. USC

[43] Castro Vicente, Cástor

[61] Cela López, MarisaSeminario de Estudios Bercianos

[55] Cohen Bossié, LuisProxecto CANTATA, I.C. Interreg III B Espazo Atlántico. Sociedade para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia

[27] Davila González, EloiLabrego. URG. Labregos Deiquí

[29] Díaz Saavedra, Xan RamónSecretario da Fundación ACIVEGA

Page 328: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

328

Relación de autoras e autores

[18] Estevez, AnaMuseo do Pobo Galego

[05] F. Santomé, XerardoAsociación de Gaiteiros da Xistra

[50] Falagueiro, ManuelVeciño de Proendos

[59] Feijoo, XerardoDirectivo de Ponte... nas Ondas!

[56] Fernández Bouza, GuadalupeFundación para o Desenvolvemento da Comarca da Ulloa

[08, 45] Fernández Ocampo, AnxoUniversidade de Vigo

[03] Fernández Rei, FranciscoFederación Galega pola Cultura Marítimo-fluvial

[62] Fernández, LuisColectivo Pedagóxico Estiño de Escolas Rurais

[21, 24] García, SecundinoDirector do CEIP “Mosteiro de Caaveiro”, A Capela. URG

[23] García, Xosé LoisEmigrante en Barcelona. Director do Arquivo Histórico Municipal de Sant Andreude la Barca

[35] González Fernández, José Antonio“Toño O Cesteiro”, de Lobeira (Entrimo)

[36] González Goyanes, RafaCRCT do Castelo de Vilasobroso (Ponteareas)

[17] González Reboredo, X.M. Sección de Antropoloxía Cultural do Consello da Cultura Galega

[42] González, MarisolVeciña de Guláns (Ponteareas)

[60] Gutiérrez, LoliAsociación Cultural San Tirso de Eo. Asturias

[37] López González, TomásOleiro de Gundivós

[52] López Rodríguez, RamónEscola Universitaria de Maxisterio de Lugo. USC

[62] López, NataliaColectivo Pedagóxico Estiño de Escolas Rurais

[31] Louro Lamela, Emilio “Milucho”Xerente da Confraría de Pescadores de Lira

[15] Márquez, LuisaCoordenadora das Escolas Asociadas á UNESCO de Galicia

Page 329: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

329

Cultura tradicional e desenvolvemento rural

[58] Martínez Carballosa, RamiroCDR Ancares

[12] Méndez Ferrín, X.L. Escritor e Ensaísta

[49] Papaventos. Escola Ambiental

[40, 59] Pardo, LoisPresidente de Brinquedia-Rede Galega de Xogo Tradicional

[25] Pascual Abal, Rosa. IES de Beade. Vigo

[06] Patiño, AntónPintor galego e Vicepresidente do Círculo de Bellas Artes de Madrid

[27] Penín Penín, PilarLabrega. URG. Labregos Deiquí

[34] Peniza, InmaIES Pedra da Auga. Ponteareas

[25] Pérez Leirós, PuriIES 1º de Marzo. Baiona

[32] Pilar Pedreira, Xosé LoisMembro do Instituto de Estudos Miñoranos (IEM)

[48] Pinto de HerbónRegueifeiro galego. Herbón (Padrón)

[08, 11, 13] Prado, XabierIES Pedra da Auga. Ponteareas

[39, 46] Reigosa Carreiras, AntonioMembro do Grupo Chaira. Coordinador da Revista Oral O Pazo das Musas

[30] Represas Giraldez, XoséDirectivo da CMVMC de Xinzo (Ponteareas)

[53, 54, 55] Revilla Bonnin, Arturo Proxecto CANTATA, I.C.Interreg III B Espazo Atlántico.Sociedade para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia

[16] Rodrigues Gomes, JorgeIES Pedra da Auga. Ponteareas

[62] Seijas, Mari CarmenColectivo Pedagóxico Estiño de Escolas Rurais

[07] Sierra Rodríguez, Xosé C.Museo Etnolóxico de Ribadavia

[11] Silva, Jorge S.

[61] Silveiro Fernández, Héctor M. Seminario de Estudios Bercianos

[08, 09] Simón Fernández, XavierUniversidade de Vigo

Page 330: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

330

Relación de autoras e autores

[51] Souto González, Xosé ManuelSociedade Galega de Xeografía

[55] Suárez Samaniego, AnaProxecto CANTATA, I.C.Interreg III B Espazo Atlántico.Sociedade para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia

[38] Suárez Súarez, ManuelSecretario do Seminario de Estudos Comarcais para a promoción do patrimonio cultural da Costa da Morte

[22] Teixido Sotelo, MiguelAsociación EuroEume

[57] Tobío Iglesias, Xosé MªCoordinador da A.D.R. Ulla-Umia

[10] Toro, Suso deEscritor e Ensaísta

[28] Vaz Fernández, José LuisXerente de Verín Biocoop SCG

[33] Vázquez, Xosé ManuelAsociación Barcas do Minho

[14] Veloso Troncoso, SantiagoPresidente da Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte... nas ondas!

[19] Veloso, AbraãoMuseu Agrícola de Entre Douro e Minho

[62] Vila, AnaColectivo Pedagóxico Estiño de Escolas Rurais

Page 331: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural
Page 332: Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

rurale desenvolvemento

Cu

ltu

ra t

rad

icio

na

l e

de

sen

volv

em

en

to r

ura

l

Cultura tradicional

Xavier Simón Fernández e Xabier Prado Orbán (eds.)

Edición co Patrocinio de

Proxecto cofinanciado polo FEDER

Coa participación da UNIÓN EUROPEA