Libro 4.

8
HAI TANTA VIDA NO MAR, COMO NO TEU CORAZÓN.

Transcript of Libro 4.

Page 1: Libro 4.

HAI TANTA VIDA NO MAR, COMO NO TEU CORAZÓN.

Page 2: Libro 4.

O 4 de maio de 2008.

16 Rúa Porto, Aguiño.

Miña querida Susana:

Téñote que contar algo. É importante, atende ben. Pode que esta carta te chegue ou non. Tiven outra predición. Non te asustes. Pase o que pase, lee esta carta. Onte escribinte isto, para que a leas o mais pronto posible.

Acabábame de espertar e vin todo o que me ía acontecer reflexado no espello do baño. Como ven sabes, non volvo ata dentro de 11 meses e levo un. O viaxe non durará tanto. No segundo mes tócame estar en Escocia. Antes de chegar sufriremos unha gran e terrible tormenta que fará que moitos de nós morramos, eu caerei e levarei un bo susto, pero nada mais. Non vas a crer o que nos vai pasar. Atopamos a Nessie, o monstro do lago Ness. Foi el quen me salvou. É incrible. Sublime. É un pouco mais grande ca un elefante, e tan divertido como un golfiño. A verdade e que vamos a ter moitas grandes aventuras. Aquí amósote unha fotografía.

Page 3: Libro 4.

Cando marchemos de alí, o capitán sufrirá un infarto. E fareime eu cargo, pero deixareille o mando a Manolo. É o mellor para ese posto. O viaxe é largo, xa levarei 5 meses cando cheguemos ao descubrimento da Atlantida. Aí pararemos, uns comerán, outros traballaran pero eu máis Manolo iremos nadar. Mentres nadabamos observamos que algo brillante asomaba no fondo mariño e somerxémonos no mar. Atoparamos unha cidade, da que se houbésemos baixado mais morreriamos porque comezaron a saír cousas estrañas, peces malformados e ata pode que pantasmas. Amoso outra fotografía.

Subimos de súpeto, como se levaramos un foguete no cú. Pode que sexa a vez que mais medo pasara na miña vida, presenzar tales cousas, ou pode que so sexa un mal presentimento. O barco estaba moi lonxe e cando Manolo e eu estabamos respirando por fin, algo tocoume a perna. Un home medio zombi, que so dicía rooooob, roob. Rectifico, a vez que mais medo pasarei será esa. O barco chegou e nos dixo que atoparon outro sen

Page 4: Libro 4.

tripulación chamado Arbalakaya, a nos dábanos igual queríamos subir pero o que non nos contara era a outra metade que entrara no barco e homes como o que nos atacou converteran aos demais tamén e tivemos que deixalos.

Nesta viaxe nos imos saír moitos vivos. Aínda non o vin pero vendo o que nos vai pasar, xa é de esperar.

Por fin chegaremos ao Polo, xa non sei sé e o Norte ou o Sur, pero será o Sur, por lóxica. Só quedamos 5, Manolo, Xosé, Paco, Francisco e eu.

Francisco non aturará o frío e morrera.

Quedamos 4, nin que fora a película que viramos aquel día. Como era... Destino final, pode ser. Unha carallada de película.

O barco pararase e caerei, outra vez, xa sabes o torpe que son e o mal que esta isto. Estarei debaixo da capa de xeo intentando saír, mentres os demais ven a miña cara de pánico a través do xeo e ti serás o meu ultimo pensamento, neniña. Pero ti non sufras, es forte e apañaraste sen min, xa non terás que aturar a este vello. Seguramente e coñecéndote, agora mesmo estes chorando. Miña filla, como sinto dicirte isto pero, o viaxe xa comezou, estou a dous días de que pase e cando remates de ler esta carta, quedarei sen osixeno.

Pequena, non fagas das túas e sé feliz. Contra o destino e o mar non se pode loitar.

Bicos.

Quérete o teu pai.

Page 5: Libro 4.

Son o pensamento de Susana:

Non podo deixar que morras se de min depende. Non deixarei de lela carta se así ti vives. E leuna unha e dúas e dez veces.

Son o pensamento do Pai:

Que esta a pasar? Porque non morro? Non e que queira pero suponse que o vira no espello. Xa que non morro intentarei salvarme. E así o fixen, dunha patada rompín o xeo e saín. Volvín o Barco cos meus compañeiros e cheguei a casa, a petar na porta.

Son o pensamento de Susana:

Pasou tanto tempo, tantas veces lin a carta, que quedei durmir, e amencín chorando.

Page 6: Libro 4.

Ao verse os dous, bicáronse. A alegría mais enorme das súas vidas, terse un ao outro a pesar de todo. Pero quen sabe, se ía volver ou non; porque o mar e como a vida, vese o principio pero non o final.

Page 7: Libro 4.

FIN

Ana Mª Fdez Fieiro (3ºESO-A) e Sara López Asorey (3ºESO-B)