LIBRETO 2006 - MOZART

30
XXXVII Xogos Florais 1

description

XOGOS FLORAIS 2006 - MOZART

Transcript of LIBRETO 2006 - MOZART

Page 1: LIBRETO 2006 - MOZART

XXXVII Xogos Florais

1

Page 2: LIBRETO 2006 - MOZART

XXXVII Xogos Florais

2

PRESENTACIÓN DO ACTO:

Sexan todos benvidos a este trixésimo sétimo certame dos Xogos Florais, no que as

letras e a música son as protagonistas. Este ano temos como fío condutor do acto a

MOZART, xa que o día 27 de xaneiro tería cumprido 250 anos. Por desgraza, non

chegou a cumprir nin tan sequera corenta, mais foron dabondo para acadar a

inmortalidade, quen sabe ata ónde podería ter chegado, e qué tería composto…

Quéroche dicir, Wolfgang Amadeus, anxo truncado no seu voo, que te sentes aquí, xunto a nós, neste recuncho agarimoso que faremos nacer entre poemas para volver a ser máis puros, quizá para volver a ser, tan só... Ponte cómodo, amigo, que nesta tarde non haberá tristura que nos poida render, aínda que algún clavicémbalo nos queira ferir as perdidas memorias.

Page 3: LIBRETO 2006 - MOZART

XXXVII Xogos Florais

3

PRESENTACIÓN DA CORTE DOS XOGOS FLORAIS 2005:

Permítanme darlles as grazas por estar aquí, asegúrolles que non lles

defraudará o que esta tarde van vivir. Disfruten da poesía, da música de

Mozart, da compañía do veciño, da serenidade, da harmonía...

Disfruten da beleza da que son representantes de excepción os membros da

corte, que a continuación pásolles a presentar:

Prégase que ninguén se levante para facer fotos durante o acto. Ó final do

mesmo deixarase un tempo axeitado para iso.

CABALEIRO 1: PABLO LÓPEZ PAULA

Con tres aniños chegaches, amigo PABLO, a estes lares. Con dezasete deixarasnos feito un home de verdade. Sinxelo, que non simple, honrado e “simpaticote” fan de ti un mozo nobre aínda que un pouco “vagote”

Gústanche cousas tan dispares coma a Arte e a Economía, xa veremos como xuntas tales gustos na túa vida. A túa irmá, os amigos, o Real Madrid e a festa son as paixóns deste mozo de corazón xeneroso.

Vaias onde vaias, meu benquerido amigo, non te esquezas deste dito: ¡vive como alguén que sabe que todo o que se aprende na vida nunca é tempo perdido!

Voa libre e feliz pola vida, que teñas unha boa viaxe, desexamos para ti que acades o que soñaches

E cando veñas a vernos quizás esteamos os de sempre, de seguro un pouco máis vellos, mais con moitas ganas de verte.

Ante todos nós chega: PABLO LÓPEZ PAULA; cabaleiro acompañante.

Page 4: LIBRETO 2006 - MOZART

XXXVII Xogos Florais

4

DAMA 1: LUCÍA GARZA VÁZQUEZ

Chega o teu momento, LUCÍA, fóra a timidez, levanta a cabeza, mira de fronte, vén: ¡déixate ver! Moitos amigos aquí tes, catorce anos dan para moito, ¿non é? Aínda que este curso resultou unha chisca agoniante, que brille o sorriso no teu rostro e mira cara diante.

Deixa de lado ó estrés e disfruta lembrando os bos ratos pasados: a viaxe a Salou, o curso de 4º, as excursións que fixemos e o camiño a Santiago.

Sen esquecer, como non, o agarimo recibido polos mestres e os amigos.

Alegre, responsable, e amiga das túas amigas son os riscos que non deben deixar de soster a túa vida.

Elixas o que elixas no camiño que te espera: Fisioterapia, Medicina ou o que raios sexa, oxalá acades unha existencia chea de ledicia e plena.

As nosas portas non se pechan: sempre estarán abertas agardando que algún día a este, o teu colexio, de visita veñas, e nos contes que acadaches as imaxinadas metas.

Loita polas túas ilusións, rille ó mundo enteiro, camiña sen vacilar: ¡vive sen ter medo!

Con todos nós: LUCÍA GARZA VÁZQUEZ; dama de honra da Raíña

Page 5: LIBRETO 2006 - MOZART

XXXVII Xogos Florais

5

CABALEIRO 2: MARCOS GONZÁLEZ GONZÁLEZ

A vez chégalle agora a MARCOS, namorado das Ciencias da Terra está, imaxinamos que tamén algunha rapaza o corazón roubaralle quizá.

Xogar ó baloncesto, ver perder ó Madrid e cos amigos departir é o que lle pon contento.

Estudiará Dereito Ou quizá Empresariais Iso non o sabe nin el, Xa veremos a qué chegará. Amable, simpático, gracioso e alegre fanche un rapaz de trato sinxelo.

Recoñeces que es un pouco vaguete, isto xa “non procede”.

Pasáchelo ben nas excursións e disto non te esquecerás, cando os anos pasando vaian coas lembranzas moito rirás.

A “obra” do cole remata xa e os actores da túa formación baixamos o telón, tócache a ti, amigo, seguir coa función. Non esquezas, MARCOS, o que aquí tes aprendido: faite un home de proveito e loita polo camiño.

Ante todos nós chega: MARCOS GONZÁLEZ GONZÁLEZ; cabaleiro acompañante.

Page 6: LIBRETO 2006 - MOZART

XXXVII Xogos Florais

6

DAMA 2: CRISTINA MORANTE COBIÁN

Tras unha viaxe de quince anos polas aulas deste centro, cremos que xa é hora de facer lembranza desta moza tan lozana. CRISTINA se chama a que ante nós aquí se achega. Este é un bo momento para que, en poucos versos, vexamos cómo lle foi o conto.

Gústalle moito o Inglés, non tanto o galego... colleulle o tranganillo a falar como Shakespeare, esperemos que non vaia a menos. Escoitar música é o que lle priva, tamén: ler, saír e estar cos seus amigos.

É unha rapaza amable, xenerosa, divertida boa compañeira e mellor amiga. Un pouco impulsiva di que é, o que pasa que na vida moitas, moitas, moitas veces éche mellor non querer ver... ¡ten paciencia, muller.!

O máis positivo do teu paso entre nós, ademais dos compañeiros, a relación cos mestres e a formación, foron, cómo non: ¡as excursións!.

Pronto tes que elixir qué carreira vas facer, quizá che resulte difícil, mais problema non ten, pois o que de verdade importa é a PERSOA que vas ser .

Tes bastante acadado xa, mais aínda moito camiño por percorrer, se loitas con tesón, CRISTINA, lograrás o que desexas obter.

Con todos nós: CRISTINA MORANTE COBIÁN; dama de honra da Raíña

Page 7: LIBRETO 2006 - MOZART

XXXVII Xogos Florais

7

CABALEIRO 3: DIEGO BIZARRO FERNÁNDEZ Amigo DIEGO, sae aquí e achégate a nós. Camiña con paso firme, pois tras quince anos no colexio o teu momento chegou.

Daquel rapaciño que entrou con tres aniños no cole, sae un home feito e dereito que en moitas cousas medrou.

Grande en corpo e corazón, grande coma o mundo enteiro que os seus brazos che abre para que saias a vivir sen celo.

Co sorriso no teu rostro de cotío animas á xente, iso é un don, faino, por favor, sempre.

Amigos e bos recordos lévaste na mochila, aquí queda a lembranza de quince anos da túa vida. Arquitecto ou mestre de Infantil, aínda que non o pareza son dúas opcións iguais, pois fagas casas ou persoas todo é edificar.

Dende aquí xa rematamos o traballo encomendado, agora tócache a ti proseguir co comezado. Marchas coa música a outra parte a tocar a melodía que o camiño te vaia amosando. ¡ Sorte, amigo, na vida!

Ante todos nós chega: DIEGO BIZARRO FERNÁNDEZ; cabaleiro acompañante.

Page 8: LIBRETO 2006 - MOZART

XXXVII Xogos Florais

8

DAMA 3: MARTA VÁZQUEZ GONZÁLEZ

Da man de Victoria e Manuel un día chegou unha nena, MARTA leva por nome a que hoxe vedes de princesa

Dama da Raíña é, quén o fora a dicir, cando con catro aniños chegou a esta súa “segunda casa” a vivir.

Escoitar música lle gusta, tamén o cine e o volei, mais o que lle apaixona de veras son os amigos do cole:

esa xentiña nobre de corazón xeneroso, tola e festeira ás veces, que sempre lembrará con gozo. Quizá estudies Dereito iso xa se verá, pero polo que tes que loitar é por ser feliz nada máis. O tempo pasa depresa, quince anos xa marcharon... Sae e camiña polo mundo con paso firme e rotundo. Avanza día a día sen medo mais con prudencia, pois aínda que moito xa sabes nesta aventura non hai ciencia

Con todos nós: MARTA VÁZQUEZ GONZÁLEZ; dama de honra da Raíña

Page 9: LIBRETO 2006 - MOZART

XXXVII Xogos Florais

9

CABALEIRO ACOMPAÑANTE DA RAÍÑA: MARCOS VÁZQUEZ BLANCO

Ante nós achégase MARCOS, un mozo moi ¿puntual...? tras seis anos connosco parece que non lle vai mal. Nadar, ler, ir ó cine, cos amigos ir de marcha e o Latín, son as cousas que a este mozo máis lle fan “tilín”. Respectuoso e divertido, parece un rapaz de trato cordial. Se mañá estudia Dereito será un advocatus con trazas de ser leal

Valora do seu paso polo centro a axuda ofrecida para formarse como persoa, agora, meu amigo, tes no teu tellado a pelota.

Non esquezas os bos ratos pasados como a viaxe de Salou, oxalá rías lembrando as aventuras deste cole, e a xente que te formou.

Lánzate sen temor ó mar da vida, MARCOS, e bracea forte cara ó teu destino, confiamos e desexamos que teñas un bo camiño.

Ante todos nós chega: MARCOS VÁZQUEZ BLANCO; cabaleiro acompañante.

Page 10: LIBRETO 2006 - MOZART

XXXVII Xogos Florais

Curso 2005 - 2006

PRESENTACIÓN da CORTE

10

RAÍÑA: IRIA OSORIO VÁZQUEZ

Tras catorce anos no colexio moito tes para lembrar: como as ganas tolas que tiñas por vir ó colexio co teu irmán. Con catro anos de vida acadaches o teu pupitre primeiro, mais a inocencia infantil daqueles aniños tenros tornaríase en madurez; atrás e lonxe quedaron aqueles sonos da nenez... Dinámica e alegre, tamén responsable e sincera. Ti es unha persoa de confianza, aínda que de fixas ideas. Cantar, bailar, pintar e ler; escoitar música e cos amigos saír son as cousas que máis che agradan, e así queres vivir. O futuro xa está chamando á túa porta e invítate a tomar as rendas dun camiño que importa.

Comezan as opcións: ¿Biotecnoloxía, Medicina, Psicoloxía tal vez...? ¡Que difícil elección!, agora, ¿que vas facer? Ninguén dixo que fose sinxelo... tanto coma os exames ¿verdade? Sen embargo, todo chega, isto é unha realidade. O teu periplo polo colexio ten rematado, pois o tempo non é soamente o movemento das agullas dun reloxo incontrolado Agardamos que estiveses ben connosco, que aprendeses, sobre todo, a ser persoa, e nós, que te vimos crecer e progresar, querémoste dar a noraboa Agora tócache voar, IRIA, voa e sé feliz e non te esquezas de nós.

Con todos nós: IRIA OSORIO VÁZQUEZ; a Raíña

Page 11: LIBRETO 2006 - MOZART

XXXVII Xogos Florais

11

PRESENTACIÓN DO XURADO:

Chegado este momento, e coa Corte de Honra presidindo o salón, temos a

obriga de lles presentar ós xuíces do acto. Hai que os ter en alta

consideración, pois a súa tarefa no é doada. Tócalles elixir, xulgar..., en

definitiva: teñen que estar concentrados nos poemas dende o punto de vista

crítico... Neste senso, quizás se perdan a maxia de languidecer deixándose

levar polo doce sabor das verbas aderezadas co licor inconfundible da música

de Mozart... Son, inda que só sexa por isto, dignos de admiración. Os

membros do xurado deste ano, son:

Dona Ángela Pérez Fernández (presidenta do xurado)

Dona Amparo Pereira Araujo

Dona Estrella Crespo Pérez

Don Juan Rivero González

Dona Rosa Caporale Scarfoni

Don Domingo Gómez Freire

INTRODUCIÓN Á DECLAMACIÓN DOS POEMAS:

Hoxe, Mozart, querémosche render homenaxe, queremos viaxar polo tempo lembrando a túa vida, a túa obra, e que a arte se funda coa música, e que a poesía se mergulle nas augas cálidas e doces con que as notas flúen, e que todos disfrutemos co que a continuación escoitaremos.

Page 12: LIBRETO 2006 - MOZART

XXXVII Xogos Florais

12

PRESENTACIÓN 1:

Parece incrible, Mozart, que tras máis de 200 anos da túa morte o teu nome sexa incombustible... Sen dúbida, meu amigo, fuches un xenio, un dos que nacen unha vez cada mil anos. Fonte de calidades inesgotables, moldeador da música sen límites...

Abre os xogos florais deste ano SARA GONZÁLEZ FERNÁNDEZ de 1º ESO

A, que nos declama o seu poema: UN SOÑO REAL.

UN SOÑO REAL A miña mirada ergueu o voo entre bágoas de soidade e brillo de dor a fermosa luz abriuse paso con estrañas esperanzas, promesas de felicidade, caricias falsas. O latexo da vida, a ledicia perdida, sentimentos novos nun novo amencer no que a divinidade do sol semellaba distinta, no que acuarelas de felicidade deseñaban o meu ser. Aquela mañá o sorriso vestía a miña face, un mundo de soños formaban a realidade, unha verdade baixo as melancolías oculta un agarimo do vento, o sabor da amizade. Sentín que o reiseñor anhelaba poder cantar alto, el desexaba que a súa melodía puidese namorar desexaba voar entre mundos de paixóns que só as notas dun home puideron espertar.

Cos meus inquedos ollos vin que as musas que habitan as augas quedaron destronadas da dozura do seu cantar, unha beleza etérea que agora quedou en cinzas, unha melosa voz que quedou en eco esquecido. Os meus beizos selaron a súa melodía, silenciados pola vergoña de amosar sentimentos que unha sinfonía traída do ceo acababan de espertar.. ¿que era o que sentía?¿vida?¿ledicia?¿medos? Os meus oídos rogaron por non escoitar, os meus ollos verdes volveron a chorar, os meus beizos esbozaron un sorriso e a miña mente descubriu o paraíso. Espertei na miña cama, un pesadelo vivido coma certo... un pesadelo ou a inocencia dunha nena pequena que crecera, a luz do sol era branca coma a pureza da máis bela perla, pero a música de Mozart seguíase a escoitar....

Page 13: LIBRETO 2006 - MOZART

XXXVII Xogos Florais

13

PRESENTACIÓN 2:

En Salzburgo naciches, Mozart, pronto se soubo que os deuses te

elixiron como o seu representante na Terra, mais o teu pai quitouche

os xogos dos nenos a cambio de que asombraras á

corte.

Os seus petos contigo se enchían, sen embargo o teu corazón

baleirábase de afecto.

Ós seis anos lías notas musicais, pero inda non sabías ler

a cobiza nos ollos dos maiores... ¡Naceu un xenio destinado a

triunfar, sufrindo...!

Hoxe, ca música de Mozart neno de fondo, achégase a recitar o seu poema

CORA SABURIDO REPRESA de 1º ESO B, titulado ¿POR QUÉ?

Palabras sen razón que se dicen sen motivo. Ideales mal formados que caen ó vacío. Loitas que ocorren e non teñen sentido. Follas que caen da árbore dos recordos á terra dos olvidos. Frases que se escriben nun momento preciso. Situacións que aparecen pola forza dun capricho.

Mentres que divagando chega ata o infinito. Crenzas relixiosas que nacen a raíz dun mito. Unha mente que navega entre a realidade e a incoherencia. Outra mente que oscila entre a cordura e a demencia. Unha estrela que pola noite da luz a un viaxeiro que busca con ternura un amigo sinceiro. Unha situación absurda que nos fai ser felices. Uns lazos non desexados que nos impiden ser libres.

Page 14: LIBRETO 2006 - MOZART

XXXVII Xogos Florais

14

PRESENTACIÓN 3:

Múnic, Viena..., con seis

aniños, viaxando polo mundo, moita xente

Mozart, coñeciches e xa empezaches a crear:

sonata para piano, sonata para violín...

A túa primeira sinfonía con oito anos chegou e o

mundo rendíase ós teus pés.

Tanta maxia nun neno

é cousa de non crer, mais ben certo é,

tanto como que a auga sempre corre cara a baixo... Un meniño xoga... reparte

as cartas, lanza uns dados... e suprime o azar.

De seguro que o rapaz de trece anos que de seguido comparece ante nós

amosa na súa arte poética un saber facer moi propio dos xenios. Con todos

vos, IVÁN NÚÑEZ ACOSTA de 1º ESO C, co seu poema titulado: MIL

SOÑOS.

Mil soños teño e mil mares encontro. En cada mar, en cada mar mil sorrisos encontro. Mil soños teño e mil bosques encontro. Nun bosque, nun bosque mil nomos encontro. Mil soños teño mil cidades encontro nunha cidade, nunha cidade mil persoas encontro. En mil soños aparezo de sopetón,

e en mil soños desaparezo de sopetón. Mil soños, mil soños, mil soños de corazón. Mil soños, mil soños, mil soños esperanzadores. Mil soños terei, mil soños empezarei. En mil estarei soñando e mil soños rematarei. Un soño terei, pero ese non o rematarei. Ese soño, ese soño, ese soño é o definitivo.

Page 15: LIBRETO 2006 - MOZART

XXXVII Xogos Florais

15

PRESENTACIÓN 4:

Con trece anos xa fuches escollido,

considerado mestre entre os músicos da túa cidade. Poucos poden presumir de ser tan grandes, a pesar de

ser tan pequenos. Cabe preguntarse se pega a

pena deixar o camiño dos

meniños para se meter na rúa, sempre complicada, dos

adultos. Ti, Mozart, fuches

arrastrado por aduladores sen escrúpulos, e quizás

por iso, nunca deixaches de ser neno.

De 2º ESO A achégase a declamar a súa poesía CULPABLE o poeta

MIGUEL GARCÍA CAMPOS.

Culpable de que gire el cuello para mirarla. Culpable de dejar un sello en mi alma. Eres culpable de que tenga sentido todo lo que hable. Puede que no tenga Ninguna esperanza, pero mi amor hundiría mil balanzas ¿Tienes idea de lo que un chico enamorado alcanza? Un chico estancado que la gente dice que no avanza, porque tengo tanto miedo como en extinción osos panda Cuando mi cariño hacia ti más se expanda y más lejos te tenga, más sufrimiento en mí por soñar con una leyenda más me costará ir por esta gran cuerda. La cuerda de la vida, vida sin sentido sin ti. Recuerda: quiero verte reír. Si tienes algo mejor no lo pierdas Y la verdad, nada ni nadie me importan más.

El día en que mi amor por ti se extinga No será porque yo me rinda, puedo asegurar que cada día necesito verte para encontrar la fuerza que me hace Incapaz de detenerme. Si no te tengo, no duermo. Aún estoy enfermo de este amor eterno. Lucho por encontrar tu calor En este continuo invierno, pero sigo tumbado sin saber qué hacer, pensando en que no te voy a tener, que sólo eres un sueño, una fábula, pero te necesito, eres mi piedra angular ¿Cómo voy a funcionar? si no te tengo al lado, si todo el afecto dado vale más que cualquier bloque dorado no se si te vale como prueba La seguridad de este fantasioso poema. Me sentía encerrado en una cueva. Me hiciste ver la luz entre la oscuridad. En cada verso, represento mi más profunda sinceridad

Page 16: LIBRETO 2006 - MOZART

XXXVII Xogos Florais

16

PRESENTACIÓN 5:

Por Italia andaches mostrando a

túa xenialidade. En Milán coñeciches a grandes da música que se renderon ós teus pés. O

Papa condecoroute como cabaleiro, os teus ollos de neno

enchéronse de ouro e o teu

corazón palpitaba de aplausos. Con catorce anos escribiches a

grande ópera Mitridate rei do Ponto,

e con ela a túa fama chegou a tocar o ceo. ¿Arrepenticheste

algunha vez?

Sen dúbida, Mozart foi un autor prolífico, ó cal lle agradeceron as xeracións

posteriores, así como nós agradecemos que a xente nova faga poesía e nos

faga conmover. Con todos nós, dende 2º ESO B, MARTA SOTELO GARCÍA

co seu poema titulado: EL LADRÓN DE LA LUZ.

Ayer conocí a una muchacha… sin luz en la mirada. Un amigo me dijo una vez, que eso es señal de no estar enamorada, y yo lo atribuí al amor que quizá, de una madre, le faltaba. Ayer conocí a un joven… sin luz en la mirada. Sus ojos observaban, a una mujer, que, de la mano, otro hombre llevaba, y yo lo atribuí al amor que quizá, de esa mujer, le faltaba. Ayer conocí a un hombre… sin luz en la mirada. Sus ojos observaban a otro que rodeado por sus nietos, reía y con ellos jugaba, y yo lo atribuí al amor, que quizá, de una familia, le faltaba. Ayer vi por primera vez a un recién nacido… sin luz en la mirada. Sus ojos estaban nublados, porque las lágrimas de ellos brotaban, y yo lo atribuí al calor, que quizá, de un hogar, le faltaba. Ayer vi mi reflejo en un charco. Mis facciones, en las que nunca reparé, habían cambiado. Por un instante pensé: Esa no puedo ser yo… Pero aquel lunar en mi mejilla, seguía igual, solo que,

sobre una piel más avejentada. Mis manos…estaban arrugadas, no como yo las recordaba, morenas, aquel verano. Y mi pelo…ya no era castaño claro. Se blanqueó, como mis ojos, que perdieron aquella luz de mi mirada. La luz que tantos anhelaban, alguien me la robó, alguien que me hizo sufrir, sumiéndome en un mundo de dolor. Aquella luz única, la mía, desapareció sin que yo lo notara. Ahora busco al ladrón, de la luz de mi mirada. Aunque la encuentre, se que no será igual, pero puede que de este modo, mis ojos brillen un segundo más. Quizá vuelva a ser por un instante, aquel ángel… dueño de una inocencia casi infantil, que jugaba con guiños a ser mayor. Aquel ángel… que no supo ver, en el amado de su corazón, la traición, a un ruin ladrón. Aquel ladrón, que un día le dio todo su amor, que le dijo que siempre la querría, que tantas sonrisas le sonsacó. Y aunque parezcan tonterías, aquel ladrón, todo se llevó, pero ahora de él no queda más que rabia y el profundo dolor de una espina… clavada en lo más hondo del corazón.

Page 17: LIBRETO 2006 - MOZART

XXXVII Xogos Florais

17

PRESENTACIÓN 6:

Con quince anos volviches á casa, alí compuxeches os teus primeiros cuartetos

para corda, máis sinfonías,

un concerto para fagot, varias óperas,

diversos concertos e as primeiras sonatas para

piano...

¿Onde quedaron os amigos,

as conversas sen presa ó carón do lume?

¿Que foi dos xogos, das carreiras atoladas polo

parque? ¿Onde marchou o tempo de ser neno?

Foise, amigo, e xa nunca máis virá...

Non sempre as cousas son como un quere, de seguro que a poetisa de 2º ESO

C NEREA VÁZQUEZ AÑEL nos fai esquecer o mal trago de Mozart en París

co seu poema MIS SENTIMIENTOS.

Si supiera expresar lo que siento En este preciso momento Sabrías que mi sentimiento Es algo que llevo muy dentro. Siento odio, siento amor Y a su vez siento dolor Siento ira, siento ardor Y a su vez siento rencor. Pienso que sé que no siento Pero siento que en esto no miento Ya no encuentro aquel sentimiento Que aquel día llevaba tan dentro. Si tú entiendes lo que siento No vengas pidiendo perdón Porque con un sentimiento Me has herido el corazón. Si notas que sientes dolor Por lo que aquel día hiciste Demuestra que en el corazón Por dentro te arrepentiste. Ya sé que mi corazón Sabe que quiero quererte Pero existe una razón por la que no quiero verte.

Si yo he intentado abrazarte Y mi abrazo has rechazado Si yo he intentado hablarte Y mi palabra has negado. Intenté vivir sin ti Pero no lo he conseguido Quizás porque dentro de mí Aún existe tú cariño. Sin ti no puedo vivir, Tampoco puedo morir. Sin ti no puedo seguir Y tampoco puedo huir. ¿Y si yo me he equivocado y no lo sé asimilar ? Pero tú me has engañado Y lo tendrás que pagar. Yo te quiero, no lo niego Pero daño me has causado Y si todo fue amor ciego ¿Por qué ahora lo has dejado? Nunca de mi corazón te fuiste Nunca yo te he olvidado Pero así como viniste Tu amor me ha abandonado.

Page 18: LIBRETO 2006 - MOZART

XXXVII Xogos Florais

18

PRESENTACIÓN 7:

A Alemaña fuches

coa túa nai adorada, o veleno da cobiza

prendeu no teu corazón, mais os teus desexos de diñeiro

voaron coma as londras... Namorácheste de Aloysia,

pero nunca ela te quixo a ti.

A pesar dos éxitos, xa en París,

a dor pola morte da túa naiciña

queimoute no peito. Pouco che importaba o

menosprezo dos aristócratas da capital

francesa... Seguiches demostrando o que

sabías: tecer o vento coa dozura da túa música...

O xenio nunca para, a pesar dos pesares.

Así era Mozart, un espírito libre, cheo de xenio e de afán creador,

igualmente a poetisa de 3º ESO A CRISTINA LEIS RODRÍGUEZ achégase

a demostrar os seus dotes poéticos coa súa composición titulada:

NOSTALGIA.

Navega sola en su corazón perdido. Velas desgarradas coronan el mástil de un amor perdido y grande; de un sueño vivo, pero frágil. Un segundo, una hora, un día… Sólo son dos agujas malditas a las que nada les importa, que se limitan a ver fluir la vida. La vida que pasa sentada en el alféizar de una ventana sombría mirando la lluvia en la calle, barrera húmeda y fría. Recuerdos de fuego, recuerdos de amor, de días mejores que se pierden en la niebla tras la tormenta. Todo lo arrasó, destruyó su vida y el sol no regresa ni ahuyenta los fantasmas, porque el pasado nunca murió. Sus labios heridos, sus ojos muertos, su alma desgarrada

en un destino incierto. Cicatrices de llanto que no se curan con olvido. Siempre se destapan y le marcan el camino. Castillos en el aire, en nubes que ahora lloran sobre calles vacías, sobre el mar y sus olas. Un nombre grabado en la piedra de su memoria. Una playa en la noche, una luna llena y sola, tan solo acompañada de dos amantes furtivos que ahora son dos extraños que viven escondidos. Una caricia que ahora sabe amarga. Una canción especial que ya no significa nada. Eso es todo lo que queda de aquel amor perdido y grande, de una historia que muere y de una tristeza que nace.

Page 19: LIBRETO 2006 - MOZART

XXXVII Xogos Florais

19

PRESENTACIÓN 8:

En Viena traballas para o

emperador, mais quen reinaba no teu corazón foi

Constanze. Con ela casaches,

tiñas 26 anos. Ela era a irmá pequena

daquela

que te rexeitou, ¿foi por despeito...?

Ou namoraches de certo... Xuntos vivistes perseguidos

polas débedas ata a túa morte...

Así fuches, Mozart, paxaro libre, co ceo como único

teito.

Ante todos nós o poema de 3º ESO B TÚ ERES LA POESÍA, escrito pola

poetisa RAQUEL CASTRO GARRIDO

No sé escribir poesía no puede existir sin sentimiento amor, dolor, ausencia, alegría,... deberías de llevarlo dentro. No sé escribir poemas solo imágenes de mi día a día un millón de letras enfermas, sin ritmo, sin melodía. ¿Cómo saco una pizca de color de un alma pintada de gris? ¿Encontraré la blanca luz en este corazón de oscura niebla?

Cuento el tiempo que me queda para ver lo no visible y contarte solo un cuento sin contar con lo posible. Abriré las ventanas de mis alas para volar, bajito para verte y alto para encontrarte. Recoge tus viejos pinceles y píntame sabores nuevos. olerás el llanto de los niños oirás en tu cara la brisa verás de los pájaros sus trinos y sentirás que tú eres la poesía.

Page 20: LIBRETO 2006 - MOZART

XXXVII Xogos Florais

20

PRESENTACIÓN 9:

Ó teu amigo Haydin,

a quen quiseches coma un irmá, adicácheslle seis cuartetos.

¡Ai, a verdadeira amizade,

esa meleciña que sana o corazón e eclipsa á pezoñenta envexa...!

Por eses anos, contabas xa con 29, chegaron as túas obras mestras:

Le nozze dei Figaro, Don Giovanni e Così fan tutte… ¡Qué fermosura...!,

estas obras inda seguen a namorar ós que

as escoitamos, mestre dos mestres, inda que sexamos virxes na complexidade das óperas.

Quén sabe se a poetisa de 3º ESO C ANDREA MERCEDES RODRÍGUEZ

OTERO, será lembrada polas xeracións futuras polo seu ben facer na arte

das letras. Ante nós chega co seu poema UNA NOCHE.

Todas las noches escondo bajo mi almohada la semilla de los sueños para empezar a soñar. Sueño, con escuchar cantar a la sirena blanca en el mar. Sueño, con un mundo perfecto en el que no existe el dolor. Sueño, con la amistad, aquella que es difícil de encontrar, que está escondida en aquel viejo rincón y por la que debo luchar, para poder disfrutar. Sueño con llegar a las estrellas y ponerme a bailar el silencioso sonido del mar. Sueño, vivo, siento, imagino, hasta que llega el lamento. Nubes oscuras cierran la puerta de mi felicidad, y dan a descubrir aquella oscura puerta del mal, algo que me hace temblar, hasta que mi cuerpo logra despertar. Despierto en la noche fría, oscura y solitaria, que me hace pensar

en las cosas tristes que un día me hicieron llorar. Esos recuerdos oscuros que nunca podré olvidar, que los aparto a un lado, para volver a soñar y encontrar de nuevo mi felicidad. Mis ojos se vuelven a cerrar, poco a poco, primero uno y después el otro, y los sueños empiezo a sembrar. Sueño con la libertad, sueño para no olvidar todo aquello por lo que luchar, sueño con sonreír y dejar de sufrir. Sueño que hay nieve en pleno verano, nieve pálida y blanca, sueño que vuelo por el cielo azul, mientras los pájaros cantan. Sueño, hasta que escucho a lo lejos el gallo que canta y veo el resplandor del sol que atraviesa mi ventana.

Page 21: LIBRETO 2006 - MOZART

XXXVII Xogos Florais

21

PRESENTACIÓN 10:

Con débedas e fame

chegas ó derradeiro capítulo da túa vida:

un círculo vicioso de congoxas e angurias:

¡pobres fillos teus...!

O Réquiem en Re menor que non puideches rematar,

pois a morte chamou á túa porta, foi a derradeira mostra do teu poderío creador.

Foi un 5 de decembro, con 34 anos soamente,

cando deixaches o mundo dos vivos para presidir

o reino dos eximios inmortais A grandeza e a traxedia fúndense

neste suspiro preludio do final. A través da túa música, finalmente, asistimos

a unha existencia chea de soidade e extravagancia mundana

imposibles de igualar... Xa o din: “a fama, de pena mata”

Esta foi a última páxina da vida daquel home pequeno, extremadamente delgado e

moi orgulloso da súa abundante melena rubia. Mozart segue vivo entre nós, xa que

a súa arte permanecerá por sempre. Escoitamos á poetisa de 4º ESO A: LAURA

MARTÍNEZ FERNÁNDEZ, co seu poema titulado ETERNAMENTE.

Amar e non ser amada é querer o que non quere é soñar co que non soña é loitar sen conseguir vitoria. Amar o que eesquece que o amor é cousa de dous é como amar a un ser inerte, non te escoita, non te agarima, non che dá a súa calor e non pensa darche amor. Que é iso?... Iso é o que eu sinto, iso é o que ti me fas sentir. Amar por amar. Que tontería! Dirán. Pero eu sei que non son querida, que loito, pero son vencida, que choro, pero non son escoitada, que fuxo, sen atopar a saída. Arrincarme as feridas, arrincarme os sentidos, arrincarme a alma, arrincarme de min. Fuxir, só quero fuxir, perdín o teu amor e con el a ilusión. Ceo gris, nubes negras, no firmamento tristes estrelas. Todo o eras ti, e agora que non estás eu xa non son nada… Tan só son unha pegada que un mar de dúbidas se leva consigo. Levouse a realidade, levouse a fantasía, xa non sei en que mundo vivo

se ti non estás comigo. Foi difícil terte non meus brazos e moi fácil perderte. O doce sabor dos teus beizos, o teu sorriso, o teu mirar, a túa pel, o teu olor son cousas que xamais esquecerei. Espertarme e ver que xa non estás, durmir e soñar que volverás. Loito contra toda esperanza, e desespero… Desespérome e debézome por terte de novo xunto a min. Miro o atardecer sentada nunha rocha, mirando o mar, ese mar que un día me levou, levoume a un lugar mellor, Onde o ceo se viste azul, onde as nubes xamais tapan o sol, onde as estrelas loitan con esplendor e o universo se fai pequeño… Xa non hai problemas, xa non hai dor, logrei arrincarte de min pero contigo marchou o meu corazón. Anacos pequenos no ceo quedaron. Cada unha das estrelas un anaco de min. Cada unha, un forte sentimento. se algunha vez se apagase unha outra no seu lugar se acenderá, porque o olvido sempre volve ó presente, porque te olvidei pero inconscientemente, a escondidas, e desde alí arriba velarei polo teu corazón eternamente…

Page 22: LIBRETO 2006 - MOZART

XXXVII Xogos Florais

22

PRESENTACIÓN 11:

En vida, meu amigo, fuches

considerado como un artesán, mais hoxe en día,

o mundo enteiro quérete e respéctate como o xenio ilustre que, postergando a emperadores,

reis, políticos, militares e a

toda a excelsa nómina de intelectuais, nos mira de perfil

dende o cume da fama.

¡Oh, ínclito Mozart! Incluso quen xamais escoitou unha soa nota de música culta

sabe quen es...

Escoitamos o poema de ANDREA VILLA FEIJÓO de 4º ESO B titulado SEN

MÁIS.

Todo continúa… E parece ser que ninguén se preocupa, que a ninguén lle importa… Pero mentres a vida segue adiante eu atópome aquí, soa, entre as sombras, neste lugar do mundo ó que sempre podo acudir a respirar paz, a apreciar o valor do silencio, a gozar dunha noite estrelecida coma esta, a encontrarme a min mesma. Si, a min mesma. Ás veces dubido e non sei quen son, Quizais unha tola máis no mundo, quizais a miña peor inimiga; crítica, dura e inflexible. Sen ganas de volver a tecer cun fío de esperanza o que a amarga agulla da desconfianza xa coseu. Coma aquel paxaro de ás rotas, cansadas, que xa non ten ganas de volver a voar, nin esperanza, nin soños, nin forzas… Ó igual que aquel triste meniño que soamente agarda por un doce e cálido sorriso que por fin o poida consolar. Meniños, inocentes meniños, ¿por que o tempo segue adiante e xura non pasar en van? Constantemente vixiando, expectante…

Xura marcarnos para sempre e xamais o podemos enganar. Ó fin e ó cabo forma parte da nosa existencia. Esa que nós enchemos, esa que nós creamos, esa que nós tecemos. Destapo sen temor o baúl dos meus recordos. Miro, observo, remexo dentro e alí atopo tódolos sucesos da miña vida: bos, malos momentos, alegrías, tristezas… En fin, o paso o tempo. Agora todo continúa de novo... E segue parecendo que ninguén se preocupa, que a ninguén lle importa… Pero mentres a vida segue eu atópome aquí, soa, entre as sombras, neste lugar do mundo ó que sempre podo acudir a respirar paz, a apreciar o valor do silencio, a gozar dunha cálida noite estrelecida coma esta, a encontrarme a min mesma. Si, a min mesma. Ás veces unha tola máis no mundo, ás veces a miña peor inimiga. Esperando que aínda teña xente ó meu lado, dubidando e sen saber se a hai. Temendo o paso do tempo, insegura, Así son eu, sen máis.

Page 23: LIBRETO 2006 - MOZART

XXXVII Xogos Florais

23

PRESENTACIÓN 12:

A túa obra é prolixa e sublime

¡toda ela....! Nunca te abandonou a inspiración, ni tan sequera na proximidade da

morte, presaxiada por ese Réquiem inacabado que,chegado

un punto, se torna máis escuro...

para seguir sendo, igualmente, fermoso...

De seguro,

meu benquerido Mozart, gozarías sen taxa vendo como a túa música serve para cimentar

bos sentimentos, ou para enaltecer

a beleza pura e sinxela como soamente

os mestres saben facer.

Con este recordo á xenialidade do músico austríaco, escoitamos o poema de

ALBA ARAÚJO GIL de 4º ESO C, titulado EXISTES ASÍ.

Existes así, sendo tan só ti, sendo TANTO. Es dun modo silencioso, inquietas e queimas... Como lume do que estás feito. Esgótasme... Esqueceste que hai... Mais alá, un xesto incesante, unha man que xamais (nunca xamais) se moverá ó compás do fatal adeus e tremes... Ó amencer choras, a pureza das túas bágoas, tan só anxos terribles, baixan póla túa cara… O telepático amor, fala sen césar...

Berra... Desfrute e crea novas historias, pequenos enfados, nos que ignoras o brillo violento dos meus ollos, ós que non te queres enfrontar para non poder perder... Brillas cando miras, does cando non dis, e calas a túa forza que descoñeces. Choras... Humedécense os teus ollos que cada día me espertan coa súa acolledora luz. Eses ollos que agora teñen medo... ós que xa non queren ver. Non chores, non o fagas porque cando choras, non respiro e morro.

Page 24: LIBRETO 2006 - MOZART

XXXVII Xogos Florais

24

PRESENTACIÓN 13:

A tristura no corazón

non anquilosou as ganas de vivir que tiñas, Mozart.

Sempre viviches lendo as notas da seguinte melodía

nas cores suaves da mañá, no canto dos paxaros,

na tardiña melosa e serena, ou na noite fría e solitaria...

Admirable creador,

namoraches á caterva e sementaches orde e harmonía

no corazón de moitos. Sen tempo para outra cousa

que para facer arte coa música, abriches as portas de par en par

para que todos puidésemos pasar ó salón das delicias...

¡Grazas, amigo!

Vexamos se este é o caso da seguinte poetisa de 1º BACH. A ANA

CARNICERO IGLESIAS que co seu poema titulado CUÉNTAME UN

CUENTO ten moito futuro por de diante no campo da lírica.

Cuéntame un cuento, de esos bonitos cuéntame un cuento para poder dormir una historia bella, de amores hermosos una bella historia de un amor sin fin. Un amor grande y noble, que no tenga medida un amor inmenso que no se pueda describir. Un amor de esos de los de antes. Como el de Romeo y Julieta, pero con un bello fin. Donde él la quiere sin condiciones ni medidas, donde ella lo ama porque es su vivir, donde solo se respira amor por donde vayas, donde nada importe, aparte de su existir... Hoy que soy más grande me cuentan cuentos, Hoy que soy más grande no me dejan dormir Los cuentos de hadas desaparecieron, Los cuentos hermosos llegaron a su fin...

Hoy me cuentan cuentos de desilusiones, Hoy me cuentan historias para no dormir, Hoy me cuentan cosas que de niña no sabía. Ni pensaba que en este mundo pudiesen existir... Cuéntame un cuento de esos bonitos, cuéntame un cuento que necesito dormir, cuéntame una historia de esas de entonces cuando dos se aman y te sientes feliz. A mí se me olvidaron esos cuentos bellos, a mí se me olvidaron esas historias de amor, se me olvidó también que el amor existe, El hada de mis sueños desapareció... Hoy necesito un cuento o una historia de amor, Necesito saber que existo, necesito saber que el amor no se extinguió...

Page 25: LIBRETO 2006 - MOZART

XXXVII Xogos Florais

25

PRESENTACIÓN 14:

Quéroche dicir, Mozart, que nesta tarde téñenme falado

todos os teus violonchelos: comentaban aqueles vellos días

de salitre tan ebrios na ausencia, tan cheos de area e soidade,

tan sempre retornados.

Soamente che quero dicir que resumes o tempo nas nosas

sens, que as túas ás nos cobren

para tomar o pulso ás mañás, que a nosa torpe chuvia se dilúe como o fume esquecido dun mal

sono ó escoitar a túa luz...

Din que a poesía ten un efecto relaxante nos espíritos e contribúe a

erradicar o estrés das nosas vidas… Non sei se isto é ou non certo, pero

quizá saiamos da dúbida escoitando o poema de AGENOR PRIETO

MACHADO de 1º BACH. B titulado ESE LUGAR

Ayer estuve en aquel lugar Ese lugar al que llegas sin saber cómo

Aquel precioso paraje Donde una noche puede ser toda una vida

Y allí te ví Iba hacia ti,

Estabas tal cual eres Llena de vida, brillante Corrí para alcanzarte

Pero me perdí, Tu necesidad me ha traicionado, Ahora en mi aparente soledad

Te siento, Te puedo oler en el viento

Y soy vulnerable, desabrigado, solo, Te siento en la armonía del ambiente

En las formas y las sombras de la naturaleza Es la explosión de los sentidos, del sentir.

Quiero romper estas cadenas que me tienen prisionero Y viajar a ese lugar donde no se percibe el tiempo

Y correr libre, más allá de la imaginación Vivir contigo donde no empieza ni acaba nada

Donde todos los días son el primer día El único, eternamente

Donde la palabra infinito Cobra mas significado que nunca.

Page 26: LIBRETO 2006 - MOZART

XXXVII Xogos Florais

26

PRESENTACIÓN 15:

De todos é sabido,

que de todos os sons, o da frauta non o aturabas, amigo.

Acostumabas a dicir, inda que pareza mentira, que

o único peor a unha frauta, son dous...

Mais, inda así, fuches capaz

de crear concertos para este instrumento...

A túa extravagancia, propia dos xenios,

non mutilou as posibilidades que a música che ofrecía,

non te cegaron os caprichos, nin permitiches

que o teu meloso carácter se impuxera...

E por iso acadaches a coroa dos mellores.

Nós, polo de agora, parece que non temos o problema que tiña Mozart coas frautas cos

poemas que estamos a escoitar nesta tarde lírica. E para seguir deleitándonos chega o

cabaleiro DIEGO BIZARRO FERNÁNDEZ, que dende 2º BACHARELATO A, vén co

seu poema RINCÓN PARA DOS.

Sonríe, que mi alma canta con cada nuevo día que saludas, que cuando me abrazo al sol ya

no me quema, porque ha estado entre tus tibios brazos. Sé que catorce pétalos de rosas

no bastan para mostrar amor, para sentir calor, y cada vez le cuesta mas a mi

renegado bolígrafo escribir los versos más bellos, las palabras que puedan expresar que

te quiero, que con cada suspiro te llevo dentro, que con cada sentido te tengo

grabada como el pensamiento que arruga mi cuerpo.

Ya queda poco. Dos cuerpos son uno solo cuando las almas funden el hielo, cuando

congelan el fuego. Alguien dijo que la distancia es el olvido, algún insensato escribió

“amar es peligroso”. No han encontrado todavía la gema preciosa, que eclipsa el

diamante,…. Yo la encontré un día y la dejé escapar. Tú quisiste volar con las alas rotas. Yo alzaba tu cuerpo al viento para que tus

pupilas se llenaran de amaneceres. Yo quise soñar con los ojos abiertos, y tú grabaste tu mirada en cada uno de esos

sueños.

Una postal sin remitente, el hollín de las aceras, y una lágrima baldía. He llorado, sí, he llorado…

Tanto que mi corazón se secó, y por el río que mantenía mi vida, ya no corre ni tu risa, ni tu

voz, ni tu llanto. Pero el odioso fin llegó, un amargo telón

cubrió esos bonitos besos y esas sencillas caricias que nos arrancamos.

Y el escenario se volvió tan pequeño que solo quedaba espacio para dos.

Dos que se rieron ante un público de piedra, dos que se amaron contra viento y marea, pero todo pasa, y después… sólo queda

calma, un silencio roto por un latido, por un papel y la tinta que mancha mi mente

demente.

Y me siento solo, tengo miedo de no tenerte, de no saber amarte como mereces, sólo

puedo decir que te quiero, a mi manera, y mi manera es un ser que siente confinado al frío,

de un carente olvido.

Page 27: LIBRETO 2006 - MOZART

XXXVII Xogos Florais

27

PRESENTACIÓN 16:

Recordando os versos de Luis Cernuda:

Si alguno alguna vez te preguntase: La música, ¿qué es? Mozart, dirías, es la música misma. Sí, el cuerpo entero de la armonía impalpable e invisible.

O ano de Mozart, neste 2006, é un bo momento para deterse e escoitar, inda que sexa

por “obligación”, a mensaxe que nos deixou, a alma posta nas notas, o arte en estado

puro… Grazas Mozart. E grazas a LETICIA OLMEDO CORTÉS de 2º BACH. B por

traer ante nós o seu poema titulado PARA NO VOLVER.

Cuando el destino burlesco acecha y una tela blanca con fondo oro nos espera para bordar en ella con hilos de colores y sombras plata. Érase una vez... los duendes y las hadas, las piñatas con caramelos, los dueños de trenes de madera, y de casitas de muñecas. Minuto a minuto el sol se acuesta, el cielo se tiñe caramelo, la noche aturdida comienza su lucha titánica con el día. Érase una vez... Aquellos que juntos, Comenzamos la aventura De pintar el lienzo de nuestras vidas Para seguir por separado Y , quien sabe, Terminarlo juntos.

Érase una vez... las curvas del futuro y las líneas del pasado. Érase una vez, una risa y un llanto, una bota y un zapato un águila y un gato. Érase una vez, la luna en bañador y el sol en pijama. Finalmente, La infancia, al amanecer, endeudada con la felicidad, y derramando una lágrima, partió olvidando su diario en el andén, cargada con su maleta de sueños, y los ojos brillantes por la ilusión, y cogió el primer tren, muchos dicen, para no volver.

Page 28: LIBRETO 2006 - MOZART

XXXVII Xogos Florais

28

SAE Á CORTE A DELIBERAR:

Neste momento é cando lle rogamos o xurado que saia a deliberar. Que a

musa os oriente, que a deusa das letras os ampare e que a xusta balanza se

incline a favor do merecemento. Despidámolos cun forte aplauso.

A CORTE DE HONRA BAIXA Ó PATIO DE BUTACAS E PRESENTACIÓN

DO ENTRACTO MUSICAL:

Así mesmo pregámoslle á Corte de Honra que baixe ó patio de butacas, dado

que neste intre imos deleitarnos cunha magnífica interpretación musical a

cargo de xoves, rebosantes do don da música.

Esperamos que lles agrade.

A CORTE DE HONRA SOBE DE NOVO Ó ESCENARIO PARA REMATA-

LO ACTO:

Pregamos encarecidamente á Corte de Honra que soba de novo ó escenario e

ocupe os seus escanos para presidi-la entrega de premios e a despedida do

acto.

Page 29: LIBRETO 2006 - MOZART

XXXVII Xogos Florais

29

ENTREGA DE PREMIOS LITERARIOS

SAÚDO DO XURADO

Tras laboriosa deliberación e unha vez estimados os méritos de cada unha

das composicións presentadas, este xurado tivo a ben conceder os premios as

seguientes poesías e segundo a orde que se sinala a continuación:

ENTREGA DE PREMIOS (Ver acta de entrega de premios – ANEXO1 y ver

quiénes entregan os premios – ANEXO 2)

ANEXO 2: Quiénes entregan os premios

ENTREGA DOS PREMIOS (le un membro do xurado):

Tras laboriosa deliberación e unha vez estimados os méritos de cada unha

das composicións presentadas, este xurado tivo a ben conceder os premios as

seguientes poesías e segundo a orde que se sinala a continuación:

ENTREGARÁN OS PREMIOS:

Dona Ángela Pérez Fernández (Presidenta do xurado)

Dona Amparo Pereira Araujo (membro de xurado)

Dona Estrella Crespo Pérez (membro de xurado)

Dona Juan Rivero González (membro de xurado)

Don Domingo Gómez Freire (membro de xurado)

DIEGO BIZARRO FERNÁNDEZ (Cabaleiro 3)

MARTA VÁZQUEZ GONZÁLEZ (Dama 3)

PABLO LÓPEZ PAULA (Cabaleiro 2)

CRISTINA MORANTE COBIÁN (Dama 2)

MARCOS GONZÁLEZ GONZÁLEZ (Cabaleiro 1)

LUCÍA GARZA VÁZQUEZ (Dama 1)

MARCOS VÁZQUEZ BLANCO (Cabaleiro da Raíña)

IRIA OSORIO VÁZQUEZ (Raíña)

Dona Lucía Pampín Gómez (Directora do Colexio)

___________________________ (Membro da A.M.P.A.)

Don Álvaro Leis Martínez (Xefe de Estudos do Colexio)

Page 30: LIBRETO 2006 - MOZART

XXXVII Xogos Florais

30

FELICITACIÓN DO XURADO ÓS POETAS

Este xurado, ó felicitar ós poetas, quere expresar, o mesmo tempo, a súa

satisfacción ante iste valioso acto en pro do cultivo e fomento de tan nobre

manifestación artístico-cultural e manifiesta o seu desexo ferviente de que,

non só non decaiga o entusiasmo, senon que floreza cada ano, como unha

Primavera, nun novo empeño e renovado esforzo de superación. ¡¡NORABOA

A TODOS OS POETAS!!

AGRADECEMENTO A.N.P.A.

Como non, expresamos o noso agradecemento o A.N.P.A. por contribuír a

que este evento sega sendo un momento tan especial para a comunidade

educativa. Grazas pola vosa colaboración e polo apoio recibido, deste xeito, e

xa levamos 37 edicións, cumpriremos o noso obxectivo de disfrutar ca arte

da poesía, loitando cada ano por mellorar. Grazas.

DESPEDIDA E PECHE:

Como dixo alguén acerca de Mozart: "¿Cómo, se non, podería manifestarse a

Divindade, a non ser pola evidencia dos milagres que se producen nalgúns

homes, que non fan senón asombrarnos e desconcertarnos?".

A nobreza do teu arte, Mozart, en ningures o atopei. Xenio insigne, de dotes insolentes e maxia desbordante...

Cociñeiro de melodías que estralan nos corazóns. Mozart, amigo, grazas por non esquivar os susurros da musa, esa musa única que so ti soubeches escoitar...

A túa música nunca deixará de asombrarnos, ti es unha broma que, de cando en vez, se compracen os deuses, revoltosos eles, en gastar ós moradores da Terra...

Cando o xenio remata a súa tarefa, todo é harmonía, todo é equilibrio... Quédanos unha música deliciosa, emotiva, única... ¡Feliz aniversario!

Moitas grazas a todos pola vosa presencia. Ata o ano que vén.

FIN